Protocolo de tratamento de datos persoais na recompilación de fontes orais para investigadores
Full text
PROTOCOLO DE TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS NA RECOMPILACIÓN DE FONTES ORAIS PARA INVESTIGADORES Anjhara Gómez Rodríguez
Autoría: Anjhara Gómez Rodríguez Proxecto “Comunidad, conflicto y revuelta en la Galiza rural del siglo XX” (COREGAL) PID2020-117858RA-100/AEI/10.13039/501100011033 Protocolo de tratamento de datos persoais na recopilación de fontes orais para investigadores © 2024 by Anjhara Gómez Rodríguez is licensed under CC BY-NC-ND 4.0
ÍNDICE DE CONTIDOS 1.- Que é a protección de datos persoais? 2.- A importancia do cumprimento da normativa de protección de datos 3.- Requisitos de cumprimento da investigación coa lei de protección de datos 4. – Principios da protección de datos 5.- Difusión e publicación dos resultados da investigación
1 Esta guía xorde da necesidade de cumprir coa protección de datos propia das investigacións en Ciencias Humanas, en xeral, e do proxecto Proxecto “Comunidad, conflicto y revuelta en la Galiza rural del siglo XX” (COREGAL) PID2020-117858RA- 100/AEI/10.13039/501100011033. A normativa de referencia aplicable é: ▪ Regulamento (UE) 2016/679 Xeral de Protección de Datos (RGPD) https://www.boe.es/doue/2016/119/L00001-00088.pdf ▪ Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2018- 16673 No caso de que os investigadores precisen máis asesoramento poderán poñerse en contacto co Delegado de Protección de Datos, encargado da xestión da actividade investigadora na Universidade de Santiago de Compostela ([email protected] ).
8 a isto o tratamento destes datos e soportes debe cumprir coas obrigas legais en materia de protección de datos. b. Que son os datos persoais de categoría especial? O RGPD establece que son aqueles datos persoais que, pola súa natureza, son particularmente sensibles e por iso merecen especial protección xa que o seu tratamento podería implicar importantes riscos para os dereitos e as liberdades fundamentais dos afectados. Os referidos datos son os seguintes: - Os que revelen a orixe étnica ou racial - As opinións políticas ou ideolóxicas - As crenzas relixiosas ou filosóficas - A afiliación sindical - A orientación ou vida sexual - Os datos relativos á saúde física ou mental - Os datos xenéticos - Os datos biométricos
9 Con carácter xeral, tense prohibido recadar e tratar estes datos pola súa especial sensibilidade e transcendencia para a intimidade dos interesados, salvo excepcións previstas con carácter exhaustivo no artigo 9 do RGPD. No ámbito de investigación das humanidades e as ciencias sociais é común recadar e tratar datos persoais de categoría especial, polo que é requisito imprescindible antes de proceder á recompilación de fontes orais recadar o consentimento explícito e informado do interesado (art. 9.2a). Pódense utilizar os modelos adxuntos a este protocolo ou ben utilizar outros da preferencia dos investigadores/as sempre que conteñan tódolos requisitos legais. E débese facer un tratamento adecuado dos datos persoais con fins de investigación científica (art. 9.2 j), de acordo co art. 89.1, respectando no esencial os intereses e dereitos fundamentais das persoas. Así pois, para a recompilación de fontes orais requírese que o equipo de investigación obteña o
10 consentimento de xeito particular e específico para o obxecto da investigación. c. Tratamento de imaxes e vídeos A captación e gravación de imaxes, vídeos ou son no ámbito da investigación para a súa posterior reprodución ou divulgación require o consentimento previo e expreso das persoas afectadas no caso de que poidan ser identificadas, porque, ademais da normativa de protección de datos, débese ter en conta o dereito e protección da propia imaxe (LO 1/1982, de 5 de maio, de protección civil del derecho al honor, a la intimidad personal y familiar y a la propia imagen). As sesións de gravación deberán realizarse nun entorno cómodo e seguro para a testemuña, respectando en todo momento a súa imaxe e declaracións, interrompendo a sesión no caso de que o entrevistado amose indicios de estrés, malestar ou exprese o seu desexo de parar.
11 Durante as gravacións deberase respectar o principio de minimización de datos persoais polo que tan só se deben recadar aqueles datos, imaxes ou sons que sexan exclusivamente pertinentes, necesarios e proporcionais para o obxectivo da investigación. 4. – Principios da protección de datos Ao inicio deste documento mencionouse a necesidade de atender a uns determinados principios no tratamento de datos persoais que se especifican a continuación para que os investigadores dispoñan dunha guía de actuación. - Proporcionalidade: Toda investigación que trate datos de carácter persoal deberá basearse no principio de proporcionalidade na súa dobre versión de idoneidade e intervención mínima. A idoneidade determina que só se poderán utilizar aqueles procedementos ou técnicas científicas que resulten adecuadas e idóneas
12 para o propósito da investigación. A intervención mínima esixe a ponderación, en cada caso, entre a finalidade pretendida e a posible afectación á intimidade das persoas, debendo elixir sempre as técnicas ou métodos que sexan menos intrusivos para a privacidade dos participantes. - Lealdade, Licitude e Transparencia • Tratamento Leal: Este principio require que os investigadores previamente ao inicio do proxecto deben considerar como este podería afectar aos dereitos e liberdades das persoas obxecto de investigación. Deste xeito poderá ponderar os uso de datos persoais e o interese do proxecto en si. • Tratamento Lícito: O tratamento de datos persoais debe ter unha base lexítima de entre as establecidas no art. 6.1 del RGPD que fundamente a recollida e tratamento dos datos. No ámbito da investigación as bases xurídicas son:
13 a) Consentimento: manifestación da vontade libre, específica, informada e inequívoca pola cal o participante na investigación acepta o tratamento dos seus datos persoais. Este consentimento debe cumprir unhas determinadas condicións para que sexa válido: ❖ Libre e voluntario: O consentimento debe ser obtido libremente polo interesado, sen obriga nin condición, e debe ter a posibilidade de retiralo en calquera momento da investigación. Isto require do investigador/a unha planificación do proxecto que permita suprimir inmediatamente os datos persoais dos participantes na investigación en caso de solicitude. ❖ Informado: O interesado debe dispoñer de información clara e sinxela do tratamento que se vai facer da súa testemuña e datos persoais, da metodoloxía e da duración do proxecto. En particular, o interesado/a debe coñecer como mínimo a identidade e datos de contacto da investigadora principal (IP), os fins e base xurídica para recadar e tratar os seus datos
14 persoais, durante canto tempo e onde se van a almacenar, a quen se van a comunicar os datos, así como o exercicio dos seus dereitos. ❖ Determinado e específico: Cando o tratamento teña varias finalidades deberá de darse o consentimento para cada unha delas, non sendo válido un consentimento xeral e indeterminado para todas. ❖ Inequívoco e explícito: é precisa unha declaración por escrito ou clara acción afirmativa para a prestación do consentimento, non admitíndose o silencio, as casiñas premarcadas ou a inacción. O modelo de declaración de consentimento debe ser comprensible e empregar unha linguaxe clara e sinxela. ❖ Demostrable: O investigador debe ser capaz de demostrar que o interesado ten dado o seu consentimento ao tratamento dos seus datos persoais, polo que este deberá ser almacenado e conservado mentres sexa necesario.
15 b) Interese público ou no exercicio de poderes públicos: Nunha investigación realizada no seo da Universidade considerase que se fai un tratamento necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou en beneficio do interese xeral en conexión co artigo 1 da Lei Orgánica de Universidades que establece “La Universidad realiza el servicio público de la educación superior mediante la investigación, la docencia y el estudio”. A investigación terá a consideración de interese público cando se realice no seo dun proxecto institucional desenvolvido no marco de programas e convocatorias de proxectos de investigación competitivos a nivel nacional, europeo ou internacional. c) Interese lexítimo: En último caso, o tratamento pode ser preciso para a satisfacción de intereses lexítimos perseguidos polos investigadores/as, sempre que sobre estes intereses non prevalezan os dereitos á intimidade e
16 protección de datos do interesado. Para isto deberase realizar novamente un xuízo de ponderación tendo en conta a idoneidade, a necesidade e a proporcionalidade para determinar, en función das circunstancias concorrentes en cada suposto, se o interese lexítimo do investigador/a debe prevalecer ou non sobre o dereito dos afectados. • Tratamento Transparente: Implica a información ao interesado de xeito comprensible e claro, con unha linguaxe sinxela e evitando tecnicismos, o tratamento que se vai facer dos seus datos persoais así como dos posibles riscos, no momento da recollida de datos ou con anterioridade. De acordo co art 13 del RGPD e o art 11 de LOPDGDD, o interesado debe coñecer como mínimo a identidade e datos de contacto da investigadora principal (IP), os datos que se van a recadar e tratar, o que se quere facer con eles, os posibles destinatarios aos que se comuniquen os datos, durante canto tempo se van a conservar, onde se van a gardar ou
17 almacenar, así como o exercicio dos seus dereitos de acceso, rectificación e supresión. - Limitación da finalidade Os datos recolleranse unicamente para os fins determinados na investigación, explícitos e concretos, e non deberán ser tratados para outros usos ou finalidades posteriores que sexan incompatibles con esta finalidade orixinal. Por iso, os investigadores/as deberán adquirir o compromiso explícito de non traspasar datos a outros proxectos ou outros investigadores/as sen a previa autorización ou consentimento dos suxeitos participantes no estudo. De tódolos xeitos, o tratamento ulterior dos datos con fins de investigación científica, histórica ou estatística non se considerará incompatible cos fins iniciais ou principais para os que se acadaron os datos. - Minimización Recadaranse e trataranse exclusivamente aqueles datos persoais que sexan adecuados, idóneos