scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Regulamento do Servicio de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela

Universidade de Santiago de Compostela

Full text

REGULAMENTO DO SERVICIO DE PSICOLOXÍA DA USC. (Facultade de Psicoloxía-Universidade de Santiago de Compostela) 1 REGULAMENTO DO SERVICIO DE PSICOLOXÍA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA. PREÁMBULO A necesidade de potenciar os campos aplicados da Psicoloxía leva a promover a creación do Servicio de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. A este obxectivo xeral cabe engadir entre outros os seguintes motivos: O Desenvolvemento producido nas iniciativas xa en marcha require novas estructuras: Aínda que ata agora grupos e unidades contaron con apoio do centro, o importante incremento das actividades, o seu impacto interno (captación de recursos, prestación de servicios, ...) e externo (atención a casos, repercusión nos medios, convenios con entidades publicas e privadas, ...), require dar un paso mais no sentido de vertebración, formalización oficial, etc. que ata agora non se facía imprescindible. A creación do Servicio de Psicoloxía (SP) acompáñase dun bo número de beneficios, entre eles: Economía de escala no establecemento de servicios comúns de apoio. O SP abre posibilidades colectivas que están fora do alcance das unidades individuais. Optimización do aproveitamento de instalacións e recursos. A creación do SP permitira unha utilización mais flexible e coordinada das infraestructuras ao seu dispor. As posibilidade de coordinación entre unidades e o enlace garantido cos órganos de goberno da Facultade posibilitaran unha mais rápida adaptación as fluctuacións que ano a ano se produzan nos programas de actividade das distintas unidades. Mecanismos de asesoramento e seguimento. A natureza e complexidade das actividades require apoio, pero tamén, asesoramento, seguimento e criterios de funcionamento acordes cos obxectivos xerais da universidade e o seu entramado normativo. Apoio a novas iniciativas. Ademais de facilitar o funcionamento das unidades existentes é obxectivo central impulsar e apoiar nas primeiras fases a proxectos de unidades que se están xa a presentar e que carecen de experiencia, asesoramento ou outros respaldos para se concretar. Potenciación de obxectivos docentes. A existencia do SP posibilitará unha mellor planificación e aproveitamento das actividades nel desenvoltas de cara a docencias especializadas de segundo ciclo, practicum, docencia de terceiro ciclo e postgrado ou actividades de formación continua. Desenvolvemento da actividade investigadora no ámbito aplicado. A creación do servicio abrirá novas posibilidades para a investigación nos ámbitos mais aplicados da Psicoloxía. Dispoñibilidade de infraestructuras e medios estables que faciliten a instalación de equipamentos, accesdo a mostras en locais axeitados, emprego de dispositivos e equipamentos que non poden ser desplazados, aumento nas posibilidades de colaboración entre áreas e interdisciplinaria, etc. son so algúns dos beneficios do SP. REGULAMENTO DO SERVICIO DE PSICOLOXÍA DA USC. (Facultade de Psicoloxía-Universidade de Santiago de Compostela) 2 Facilitación da transferencia de coñecemento a través da prestación de servicios. O SP aumenta as oportunidades para deseñar e poñer en marcha protocolos e propostas de actuación que incorporen os últimos avances teóricos e técnicos da psicoloxía. Tamén pode posibilitar con carácter estratéxico a posta en marcha de iniciativas xa consolidadas en outros lugares pero que non están dispoñibles na nosa comunidade. Millora no achegamento a institucións públicas e privadas cos que se poidan compartir obxectivos comuns, dende iniciativas que contan co respaldo do centro. Por último, cabe sinalar que esta iniciativa nace desde o centro e é reflexo dun amplo debate e dun longo proceso de maduración no que se chegou a un moi amplo consenso. Nel participaron tanto os grupos directamente implicados como o resto da Xunta de Facultade. TÍTULO I CREACIÓN DO SERVICIO DE PSICOLOXÍA Art. 1º O Servicio de Psicoloxía da (SP) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) constitúese coa finalidade de promover a formación, a investigación e a transferencia de coñecemento nos ámbitos aplicados da Psicoloxía, ofrecendo no seu caso á comunidade universitaria e á sociedade unha atención especializada de calidade. Para conseguir dita finalidade, o SP organízase a partires de Unidades de Servicio que se crean por iniciativa dos profesores da Facultade de Psicoloxía. Art 2º A existencia do SP permitirá enriquecer e complementar a formación teórica do alumno coa formación práctica especializada, e estimular a investigación aplicada entre o profesorado. Para isto, o SP servirase das distintas canles regulamentarias para colaborar con aqueles axentes sociais, centros, institucións e organismos sectorialmente implicados que poidan contribuír á mellora do servicio asistencial e da formación especializada. Art. 3º O SP da USC pretende converterse nunha estructura axeitada para achegar a investigación e a formación teórica dos distintos Departamentos e Áreas de Coñecemento da Facultade de Psicoloxía ao ámbito aplicado. Neste senso, e desde o seu específico ámbito de actuación, o SP pretende contribuír a dar á Universidade un maior vínculo co entorno social. REGULAMENTO DO SERVICIO DE PSICOLOXÍA DA USC. (Facultade de Psicoloxía-Universidade de Santiago de Compostela) 3 Art. 4º.Como servicio o SP desenvolverá, en ámbitos específicos, actividades de prevención, avaliación, diagnóstico, tratamento, consultoría e asesoramento psicolóxico, entre outros servicios propios da Psicoloxía. TÍTULO II OBXECTIVOS DO SP Art. 5º O SP constitúe un conxunto de recursos humanos e materiais integrados e organizados para ofrecer: a) Ao alumnado de posgrao e do practicum: unha formación práctica intensa, ampla e acorde coa realidade do seu entorno e as súas necesidades de formación. b) Ao profesorado: unha posibilidade de formación continua e de ampliación das súas liñas de investigación, así como de desenrolo e perfeccionamento de novas técnicas nos campos aplicados correspondentes á súa Área de Coñecemento. c) Á comunidade Universitaria e á sociedade, a través dos convenios oportunos, un servicio especializado de alto nivel nos diferentes ámbitos de aplicación da Psicoloxía. d) Ao profesional da psicoloxía: unha infraestructura de apoio no seu labor aplicado e formativo. e) Ás Unidades de Servicio que conforman o SP: unha vía de comunicación e promoción dos servicios que ofertan á comunidade. TÍTULO III RELACIÓNS CON OUTRAS INSTITUCIÓNS. REGULAMENTO DO SERVICIO DE PSICOLOXÍA DA USC. (Facultade de Psicoloxía-Universidade de Santiago de Compostela) 4 Art. 6º Cada unha das Unidades de Servicio que conforman o SP así como o propio SP, poderá establecer convenios con institucións públicas ou privadas dentro do marco legal e dos estatutos da USC. TÍTULO IV ESTRUCTURA DO SP Art. 7º O SP configúrase como un servicio da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, dependendo dos órganos de goberno do centro. Art. 8º O SP estará constituído por: a) A Comisión de Coordinación b) As Unidades de Servicio actualmente en funcionamento e outras novas que o soliciten. c) Un servicio de apoio administrativo, no caso de que a Comisión de Coordinación o estime conveniente e de acordo coas estructuras que a USC dispoña a este respecto. Art. 9º A Comisión de Coordinación do SP estará integrada por: a) O Decano ou persoa en quen delegue, que actuará como Director da Comisión de Coordinación. b) Os Directores das Unidades de Servicio. c) No seu caso, o secretario da Comisión de Coordinación. d) Un representante do profesorado elixido pola Xunta de Facultade. TÍTULO V FUNCIÓNS DO SP Art. 10º A función primordial do SP será a de promover a investigación e formación nos ámbitos aplicados da Psicoloxía, ofrecendo á comunidade universitaria e á sociedade atención e asesoramento psicolóxico especializado, así como proporcionando, cando se requira, un marco adecuado para que os estudiantes de posgrao e do practicum poidan incrementar a súa formación nos diferentes ámbitos de aplicación da Psicoloxía. No caso REGULAMENTO DO SERVICIO DE PSICOLOXÍA DA USC. (Facultade de Psicoloxía-Universidade de Santiago de Compostela) 5 de que o SP e os Directores das distintas Unidades o consideren conveniente e posible, este labor formativo tamén podería ampliarse a alumnos de segundo ciclo. Art. 11º Será función do SP fomentar a investigación aplicada e a transferencia de coñecementos á sociedade con fins preventivos, de avaliación, diagnóstico, tratamento, asesoramento e consultoría, en coordinación cos mecanismos dos que dispoña a Universidade. Ademáis, creará un marco axeitado para a especialización de alumnos de posgrao, para o desenrolo profesional dos seus integrantes, e para a prestación de servicios a todos os profesionais da Psicoloxía. Art. 12º O SP contará entre as súas funcións a de promover e colaborar na creación de novas Unidades de Servicio, promover as Unidades de Servicio en funcionamento, e ser para todas elas unha canle para o seu desenrolo. Art. 13º O campo de intervención do SP abarcará tanto á Universidade de Santiago de Compostela como a persoas privadas, agrupacións e institucións públicas ou privadas; sempre segundo as súas posibilidades e de acordo co marco establecido polos respectivos convenios. Art. 14º O SP elevará á Xunta de Facultade unha memoria anual dos servicios prestados xunto cos proxectos de actuación que as Unidades pretenden desenrolar. TÍTULO VI EMPRAZAMENTO DO SP Art. 15º O SP estará situado nas dependencias do complexo de edificios da Facultade de Psicoloxía, ou en calquera outro lugar que, a solicitude da Facultade de Psicoloxía, sexa designado pola Universidade de Santiago de Compostela. REGULAMENTO DO SERVICIO DE PSICOLOXÍA DA USC. (Facultade de Psicoloxía-Universidade de Santiago de Compostela) 6 TÍTULO VII UNIDADES DE SERVICIOS E PRESTACIÓNS. Art. 16º As Unidades de Servicio novas que desexen formar parte do SP constituiranse a solicitude de un ou varios profesores da Facultade de Psicoloxía. Ditos profesores presentarán un proxecto de actuación da Unidade á Comisión de Coordinación do SP para a súa valoración. Art. 17º As Unidades en funcionamento que así o desexen solicitarán bianualmente a renovación do seu proxecto de actuación á Comisión de Coordinación. Ademais, no caso de que durante o período bianual se produzan cambios significativos no proxecto de actuación presentarase unha petición de renovación incluíndo ditos cambios. Art. 18º No proxecto de actuación deben quedar reflectidos os obxectivos, estructura, membros da Unidade e servicios específicos que se ofertan, así como a súa viabilidade económica e todos aqueles aspectos que se consideren de interese. Tamén se incluirá o compromiso de canalizar a actividade económica da Unidade a través dos convenios, mecanismos de xestión e normativa que a USC establece a este respecto. Art. 19º As Unidades presentarán bianualmente á Comisión de Coordinación unha memoria das actividades desenroladas polas mesmas. Art. 20º As prestacións que realizará o SP, a través das distintas Unidades de Servicio que o compoñen, poderán ser: a) Servicios de prevención. b) Servicios de diagnóstico e avaliación. c) Servicios de tratamento especializado. d) Servicio de asesoramento e consultoría. e) Promoción de formación continua e transferencia de coñecementos. f) Formación dos alumnos do practicum e de posgrao. REGULAMENTO DO SERVICIO DE PSICOLOXÍA DA USC. (Facultade de Psicoloxía-Universidade de Santiago de Compostela) 7 Art. 21º Á marxe da posible adscrición de persoal asignado ao SP, cada Unidade, atendendo os seus contratos, convenios ou proxectos, dotarase do persoal adecuado para o cumprimento dos seus fins. Art. 22ºÁ marxe da posible adscrición de material ao SP, cada Unidade dotarase do material necesario para o desenvolvemento das súas actividades. Art. 23º Todas as actividades profesionais do SP serán responsabilidade dos profesionais encargados da prestación do servicio, do supervisor ou titor, no caso dos alumnos en formación, e, en última instancia, do Director de cada Unidade. TÍTULO VIII FUNCIONAMENTO DA COMISIÓN DE COORDINACIÓN Art. 24 A Comisión de Coordinación terá carácter consultivo e de organización, elevando as súas propostas á Xunta de Facultade para a súa aprobación se procede. Art. 25 Son funcións da Comisión de Coordinación: a) Elaborar anualmente a memoria xeral do SP que incluirá as memorias presentadas polas Unidades de Servicio que o conforman. Dita memoria xeral será presentada á Xunta de Facultade de Psicoloxía. b) Informar á Xunta de Facultade das solicitudes de creación de novas Unidades xunto cos seus proxectos de actuación e, se é o caso, propor a súa creación. c) Informar á Xunta de Facultade das solicitudes de renovación das Unidades xunto cos seus proxectos de actuación, e, se é o caso, propor a súa renovación. d) Propor á Xunta de Facultade colaboracións e convenios con entidades públicas ou privadas de calquera orde que favorezan o funcionamento xeral do SP. e) Elaborar e presentar propostas relativas ao desenrolo ou ampliación dos obxectivos das Unidades de Servicio. f) Se o estima oportuno, propor modificacións do regulamento do SP. g) Establecer os criterios de xestión e administración dos recursos, humanos e materiais, asignados ao SP polos órganos de Goberno da USC, ben procedentes REGULAMENTO DO SERVICIO DE PSICOLOXÍA DA USC. (Facultade de Psicoloxía-Universidade de Santiago de Compostela) 8 da propia actividade do Servicio ou de institucións públicas e privadas, sen menoscabo da autonomía de funcionamento de cada Unidade. h) Impulsar a actividade do SP, para o mellor desenrolo das súas funcións, velando polo exacto cumprimento das obrigacións dos seus membros. i) Calquera outra función e tarefa que lle atribúan as disposicións legais vixentes e o propio SP. j) Todas as que afecten á mellora do SP. Art. 26º As sesións ordinarias da Comisión de Coordinación, serán, ao menos, unha por semestre. Serán convocadas por orde do director do SP con fixación da orde do día, a iniciativa propia do Director do SP ou a petición vinculante da cuarta parte dos membros da Comisión de Coordinación. No caso de ser necesario o director do SP poderá convocar sesións extraordinarias. Art. 27º Son funcións do Director do SP: a) Ostentar a máxima representación do SP e velar polo seu adecuado funcionamento. b) Presidir as reunións da Comisión de Coordinación. c) Executar os acordos da Comisión de Coordinación. d) De ser o caso, presentar o proxecto de presuposto anual do SP e supervisar a actividade administrativa e económica do SP. e) Calquera outra que se lle atribúa polo presente regulamento e, en xeral, aquelas que afectando ao SP non estean atribuídas a outro órgano. Art. 28º No caso de que se estime conveniente, o Director da Comisión de Coordinación poderá elixir un secretario de entre os seus membros. Art. 29º Son funcións do secretario: a) Convocar as sesións da Comisión de Coordinación por orden do Director do SP. b) Procurar que o material e documentación do SP estean a disposición dos seus membros. c) De ser o caso, ocuparse da xestión económica do SP. REGULAMENTO DO SERVICIO DE PSICOLOXÍA DA USC. (Facultade de Psicoloxía-Universidade de Santiago de Compostela) 9 d) Certificar aspectos documentais das Unidades de Servicio, co Visto Bo do Director cando sexa pertinente. Art. 30º Para a adopción de acordos precisarase a asistencia, en primeira convocatoria, da metade máis un dos compoñentes da Comisión de Coordinación. En segunda convocatoria deberase contar, ao menos, coa presencia de un tercio dos compoñentes. a) Os acordos para ser válidos deberán contar, ao menos, coa maioría simple dos votos. TÍTULO IX RÉXIME ECONÓMICO Art. 31º Para o adecuado funcionamento do SP e o correcto cumprimento dos fins, este poderá contar cos seguintes tipos de ingresos: a) Os de procedencia orzamentaria, ben sexa por vía directa desde a Universidade ou a través de subvencións procedentes de outras Administracións públicas. b) Doazón de Institucións públicas ou privadas. c) Os aportados por aquelas Unidades de Servicio que así o estimen por acordo explícito de estas. d) De calquera outra procedencia legalmente establecida. Art. 32º Os ingresos do SP han de asignarse ao seu axeitado funcionamento, propoñendo o seu destino á Xunta de Facultade e seguindo a normativa que a USC dispoña a este respecto. Art. 33º Os recursos obtidos por cada Unidade de Servicio serán xestionados por cada Unidade para o cumprimento dos seus obxectivos. Tanto os ingresos como os gastos derivados de cada Unidade de Servicio serán asumidos pola propia Unidade de acordo aos convenios, contratos ou proxectos asinados. Serán canalizados a través dos órganos que a USC teña establecidos e xestionados autonomamente por cada Unidade para o cumplimento dos seus obxectivos.