scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

O grao topolóxico de Leray-Schauder e aplicacións ás ecuacións diferenciais

Álvarez Rodríguez, Manuel

Abstract

Na primeira década do século XX comezan os primeiros estudos sobre o grao topolóxico, unha ferramenta de utilidade na topoloxía alxébrica e na análise funcional non linear. No presente traballo, desenvolvemos unha pormenorizada introdución á teoría do grao. Partindo de espazos de dimensión finita, definimos o grao de Brouwer para funcións continuamente diferenciables e, posteriormente, para funcións continuas. Presentamos as propiedades máis importantes do grao, que nos permiten, entre outras aplicacións, garantir a existencia de solución dunha ecuación dada. Partindo do grao, probamos teoremas clásicos como o de punto fixo de Brouwer ou o da bóla peluda. En espazos de dimensión infinita, os resultados relativos ó grao de Brouwer non son certos, en xeral. Por este motivo, cómpre redefinir o grao, coa limitación de facelo para unha clase máis restritiva de funcións, as perturbacións compactas da identidade. Construímos, partindo do grao de Brouwer, o grao de Leray-Schauder. Destacamos algunhas das propiedades máis interesantes e xeneralizamos os teoremas de punto fixo para espazos de dimensión infinita. Existen aplicacións da teoría do grao en moitos eidos das matemáticas. Facendo uso do Teorema de punto fixo de Schauder e das propiedades do grao, probamos a existencia de solución local dun problema de valor inicial e a conexidade do seu espazo de solucións

Full text

Traballo Fin de Grao O grao topolóxico de Leray-Schauder e aplicacións ás ecuacións diferenciais Manuel Álvarez Rodríguez 2021-2022 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA GRAO DE MATEMÁTICAS Traballo Fin de Grao O grao topolóxico de Leray-Schauder e aplicacións ás ecuacións diferenciais Manuel Álvarez Rodríguez Xullo, 2022 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Traballo proposto Área de Coñecemento: Análise Matemática Título: O grao topolóxico de Leray-Schauder e aplicacións ás ecuacións diferenciais Breve descrición do contido O grao topolóxico de Leray-Schauder, que xeneraliza a espazos normados a teoría do grao de Brouwer, é unha ferramenta moi útil en análise non lineal para probar a existencia de solución dunha ecuación dada. Partindo do caso de dimensión nita, presentarase esta teoría xunto coas súas propiedades máis relevantes. Logo, como consecuencia da mesma, probaranse algúns teoremas de punto xo (Brouwer, Schauder, Schaefer...). Como unha aplicación, usarase a teoría no estudo de existencia de solución para ecuacións diferenciais ordinarias. Recomendacións Outras observacións iii Índice Resumo viii Introdución xi 1. Grao Topolóxico de Brouwer 1 1.1. Resultadosprevios ................................... 1 1.2. Denición do grao de Brouwer . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 4 1.3. Propiedades do grao de Brouwer . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 13 1.3.1. Resultados topolóxicos previos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 13 1.3.2. Cambios en f e b ................................ 14 1.3.3. Cambiosnodominio.............................. 16 1.4. Teorema de punto xo de Brouwer . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 19 2. Grao topolóxico de Leray-Schauder 23 2.1. Introdución do grao para espazos de dimensión innita . . . . . . . . . . . . . . . 23 2.2. Denición do grao de Leray-Schauder . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 25 2.3. Propiedades do grao de Leray-Schauder . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 28 2.4. Teoremasdepuntoxo ................................ 33 2.4.1. Teorema de punto xo de Schauder . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 33 2.4.2. TeoremadeSchaeer.............................. 35 v vi ÍNDICE 3. Aplicacións da Teoría do grao ás ecuacións diferenciais 37 Bibliografía 45 Capítulo 1 Grao Topolóxico de Brouwer Imos comezar amosando algunhas denicións e resultados que cómpre recordar pois faremos moito uso dos mesmos ó longo do traballo. Dado que non son obxecto de estudo, non afondaremos moito nestes resultados e remitimos ó lector ós libros [5], [7] e [16], que son unha boa referencia dos apartados 1.1 e 1.3.1. Os resultados que se recollen nas seccións restantes deste primeiro capítulo pódense atopar principalmente nos libros [13] e [14]. Nestas fálase do grao de Brouwer, preséntanse algunhas denicións máis amplas do mesmo, analízanse as súas propiedades e tamén algunha aplicación máis directa, como o Teorema de punto xo de Brouwer. 1.1. Resultados previos Como xa comentamos, neste apartado preséntanse algúns termos procedentes do análise funcional e da topoloxía que en xeral son coñecidos. Ademais aclárase a notación que se utilizará e recóllense resultados máis especícos, que non son propios da teoría do grao, como o Teorema da Función Inversa 1.17, o Teorema de Sard 1.18 e o Teorema de Weierstrass 1.19. Denición 1.1. Un espazo linear E sobre R é un conxunto de elementos que satisfán as seguintes condicións: 1. (E, +) é un grupo abeliano. 2. Está denida unha operación ·:R×E→E vericando para λ, µ ∈R e x, y ∈E , a ) λ·(x+y) = λ·x+λ·y , b ) (λ+µ)·x=λ·x+µ·x , c ) λ·(µ·x)=(λ·µ)·x , 1 2 1. Grao Topolóxico de Brouwer d ) 1·x=x . En xeral a denición de espazo vectorial e linear é a mesma aínda que non teñen a mesma interpretación xeométrica. Denición 1.2. Sexa E un espazo linear real. Unha norma sobre E é unha aplicación ∥·∥:E→R que verica para x, y ∈E e a∈R : 1. ∥x∥ ≥ 0 , 2. ∥x∥= 0 se e só se x= 0 , 3. ∥ax∥=|a|∥x∥ , 4. ∥x+y∥ ≤ ∥x∥+∥y∥ . Un espazo linear dotado dunha norma, (E, ∥·∥) , chámase espazo linear normado . Notación 1.3 . Referirémonos a un espazo linear real soamente como espazo linear. Notación 1.4 . [13, Páx. 36] Sexa Ω un subconxunto de Rn aberto e limitado. Referirémonos a Ck(¯ Ω,Rn) como o espazo de funcións, f: Ω →Rn , k veces diferenciables en Ω tal que f e as súas derivadas de orden inferior a k+ 1 se poden estender de forma continua a ¯ Ω . Notación 1.5 . Sexa E un espazo linear de dimensión nita n . Utilizaremos para x∈E a seguinte norma, |x|= m´ax{|xi|:i= 1, ..., n}. Notación 1.6 . Sexa Ω un subconxunto de Rn aberto e limitado. Sexa unha función f∈C(¯ Ω,Rn) , denotaremos a súa norma como ∥f∥≡∥f∥∞= sup x∈Ω|f(x)|. Observación 1.7 . Todo espazo linear normado (E, ∥·∥) se pode considerar como espazo métrico baixo a métrica, ρ(x, y) = ∥x−y∥ , inducida pola norma. Denición 1.8. Dados dous conxuntos A e B nun espazo métrico (E, ρ) , defínese a distancia entre os conxuntos A e B como ρ(A, B) = ´ınf{ρ(x, y) : x∈A, y ∈B}. Denición 1.9. Defínese o produto interno sobre un espazo linear E como unha aplicación ⟨·,·⟩ :E×E→R, que cumpre para x, y, z ∈E e a∈R : 1.1. Resultados previos 3 1. ⟨x, y⟩=⟨y, x⟩ , 2. ⟨ax, y⟩=a⟨x, y⟩ , 3. ⟨x, y +z⟩=⟨x, y⟩+⟨x, z⟩ , 4. ⟨x, x⟩ ≥ 0 , ⟨x, x⟩= 0 se e só se x= 0 . Observación 1.10 . A todo produto interno se asocia unha norma, ∥x∥=p⟨x, x⟩ . Denición 1.11. Sexa X un conxunto arbitrario e f unha función de X en Rn . O soporte de f , denótase por supp(f) e defínese como: supp(f) = {x∈X:f(x)= 0} , isto é, a clausura do conxunto de puntos para os cales a función non se anula. Denición 1.12. Unha sucesión {xn} nun espazo métrico X dise sucesión de Cauchy se ∀ε > 0∃N∈N/ n, m ≥N=⇒d(xn, xm)<ε. Denición 1.13. Un espazo métrico dise que é completo se toda sucesión de Cauchy no espazo é converxente. Denición 1.14. Se un espazo linear normado é completo, entón dise que é un espazo de Banach . Denición 1.15. Sexan U⊂Rn e V⊂Rm dous espazos calquera. Unha aplicación f:U⊂Rn→V⊂Rm é un homeomorsmo se é continua, bixectiva e a súa inversa f−1 é tamén continua. Non entramos máis en detalle nestes conceptos topolóxicos pois non serán necesarios para denir o grao, polo que se verán na sección 1.3.1. Continuamos con dous importantes teoremas do análise e unhas últimas denicións para dar paso á denición do grao. Corolario 1.16. Sexa f: Ω ⊆Rn→Rm diferenciable en x∈Ω . A matriz xacobiana de f en x vén dada como Df(x) = ∂(f1, f2, ... , fm) ∂(x1, x2, ... , xn)=           ∂f1 ∂x1 ∂f1 ∂x2··· ∂f1 ∂xn ∂f2 ∂x1 ∂f2 ∂x2··· ∂f2 ∂xn . . .. . ..... . . ∂fm ∂x1 ∂fm ∂x2··· ∂fm ∂xn           Se n=m , o determinante da matriz xacobiana, det(Df(x)) , denótase por Jf(x) . 4 1. Grao Topolóxico de Brouwer Demostración. Véxase en [21, Páx.78] Teorema 1.17 (da Función Inversa) . Sexan Ω⊂Rn un conxunto aberto e f∈C1(Ω,Rn) . Dado a∈Ω tal que f(a) = b e Jf(a)= 0 , entón existen veciñanzas abertas de a e b , Ua e Vb , tal que f:Ua→ Vb ten unha inversa f−1:Vb→ Ua continuamente diferenciable. Demostración. Véxase en [22, Páx.35]. Teorema 1.18 (de Sard) . Sexa Ω un subconxunto aberto de Rn , f∈C1(Ω,Rn) e S o conxunto {x∈Ω : Jf(x) = 0} . Entón f(S) ten medida de Lebesgue nula en Rn . Teorema 1.19. (de Weierstrass) Sexa K un conxunto cerrado e limitado de Rn e f∈C(K, Rn) . Entón existe unha sucesión de funcións fn∈C∞(K, Rn) que converxen uniformemente a f . Denición 1.20. Sexa f: Ω ⊆Rn→Rm unha función diferenciable e x∈Ω . Dise que x é un punto crítico se o rango de Df(x) é menor que m . Pola contra, se Df(x) alcanza o rango máximo, x é un punto regular . Denición 1.21. Sexa f: Ω ⊆Rn→Rm e y∈Rm . Dise que y é un valor crítico se é imaxe dun punto crítico, isto é, se existe x∈Ω tal que y=f(x) e o rango de Df(x) é menor que m . Noutro caso dise que y é un valor regular . Se nos restrinximos a funcións f∈ C1(Ω,Rn) , Ω⊆Rn , é sinxelo ver que un punto x é crítico se e só se Jf(x) = 0 . Logo, facendo uso do Teorema de Sard 1.18 sabemos que o conxunto de valores críticos ten medida nula. Denición 1.22. Deniremos a función signo , sgn(x) : R→ {−1,0,1} , como sgn(x) =        −1 se x < 0, 0 se x= 0, 1 se x > 0. 1.2. Denición do grao de Brouwer Neste apartado presentamos a denición de grao topolóxico para espazos de dimensión nita dada por Brouwer, unha caracterización da mesma e algunha denición máis xeral. Ademais veremos algún exemplo. Convén aclarar que, para facilitar a lectura, xaremos a seguinte notación. Notación 1.23 . Sexa f∈C1(¯ Ω,Rn) . Fixamos, salvo que se indique o contrario, ó conxunto Ω⊂Rn como aberto e limitado, e denotaremos por S ó conxunto de puntos críticos de f . 1.2. Denición do grao de Brouwer 5 Denición 1.24. Sexa Ω⊂Rn aberto e limitado, f∈C1(¯ Ω,Rn) , S o conxunto de punto críticos de f e b /∈f(S)∪f(∂Ω) . Defínese o grao de f en Ω respecto a b como d(f, Ω, b) = (0, se f−1(b) = ∅, Px∈f−1(b)sgn (Jf(x)) , noutro caso. Para ver que está ben denida a función do grao, debemos probar con anterioridade o seguinte resultado. Teorema 1.25. Se f∈C1(¯ Ω,Rn) e b /∈f(S) , entón o conxunto f−1(b) = {x∈¯ Ω : f(x) = b} é nito. Demostración. Vexámolo por redución ó absurdo. Supoñamos que o conxunto f−1(b)⊂¯ Ω é innito. Polo teorema de Heine-Borel, sabemos que ¯ Ω⊂Rn é compacto, entón, pola condición de Bolzano-Weierstrass, f−1(b) ten un punto de acumulación, ¯x . Logo existe unha sucesión {xn}n∈N⊂f−1(b) converxente a ¯x tal que xk=xl , para todo k=l . Por ser f diferenciable tense que, para un n sucientemente grande, 0 = f(xn)−f(¯x) = Df(¯x)(xn−¯x)+(xn−¯x)ε(xn−¯x), (1.1) onde ε é unha función real tal que l´ımt→0ε(t) = 0 . Ademais Jf(¯x)= 0 , pois ¯x∈f−1(b) e b /∈f(S) . Polo tanto, 0< γ := ´ınf{∥Df(¯x)u∥:u∈Rn,∥u∥= 1}. (1.2) Por (1.1), sabemos que para un n sucientemente grande, Df(¯x)xn−¯x ∥xn−¯x∥ é tan pequeno como desexemos. En particular,     Df(¯x)xn−¯x ∥xn−¯x∥    <γ 2. Polo tanto, tendo en conta (1.2), temos que γ≤    Df(¯x)xn−¯x ∥xn−¯x∥    <γ 2, chegando a unha contradición. Logo f−1(b) é nito como queriamos probar. Agora somos quen de ver que o grao está ben denido. Por ser b /∈f(S)∪f(∂Ω) , Df(x) está denida para todo x∈f−1(b) e Jf(x)= 0 . Entón Df(x) é invertible e, polo Teorema da función inversa, existe un entorno de x para o cal f é invertible. Ademais, temos probado que f−1(b) é nito e polo tanto a suma Px∈f−1(b)sgn (Jf(x)) é nita. 6 1. Grao Topolóxico de Brouwer Exemplo 1.26. (Normalización) Sexa Id : Ω →Rn a función identidade. Tense que DId(x) = In , onde In é a matriz identidade de orde n , logo JId(x)=1n= 1 e sgn(JId(x)) = 1 para todo x∈Ω . Entón o grao de Id en Ω respecto a b∈Rn é d(Id, Ω, b) = (1 se b∈Ω, 0 se b /∈¯ Ω. xa que Id−1(b) = b para b∈Ω . De xeito análogo obtense que J−Id(x) = (−1)n , logo se n é par o grao é o mesmo que no caso anterior. Se n é impar o grao de −Id en Ω respecto a b∈Rn é d(−Id, Ω, b) = (−1 se b∈Ω, 0 se b /∈¯ Ω. Exemplo 1.27. Sexa f(x) = sen(x) e Ω = (0,2π) . O conxunto (0,2π) é aberto e limitado en R , f∈C∞(¯ Ω) e Jf(x) = f′(x) = cos(x) . Vexamos os puntos onde o grao non está denido, isto é, calculamos f(S) e f(∂Ω) = f({0,2π}) : S={x∈(0,2π) : cos(x) = 0}=π 2,3π 4, f(S) = {−1,1} e f(∂Ω) = f({0,2π}) = {sen(0),sen(2π)}={0}, logo verifícanse as hipóteses da denición 1.24 para algún b∈R\{−1,0,1} . O grao de f en Ω respecto b= 2 é d(f, Ω,2) = 0 , pois f−1(b) = {x∈Ω : sen(x)=2}=∅. Para b=1 √2 , f−1(b) = x∈(0,2π) : sen(x) = 1 √2=π 4,3π 4 logo, df, Ω,1 √2= sgn cos π 4+ sgn cos 3π 4= 1 −1=0. É lóxico preguntarnos se podemos modicar ou facer menos restritivas as hipóteses da de- nición 1.24. A resposta é armativa pero para elo cómpre dar unha caracterización do grao e algún resultado máis técnico que nos permitirán probalo. Proposición 1.28. Sexa f∈C1(¯ Ω,Rn) e b /∈f(S)∪f(∂Ω) , entón existe εo tal que, d(f, Ω, b) = ZΩ φε(f(x)−b)Jf(x)dx, (1.3) para todo 0<ε<εo , onde φε é unha función C∞(Rn,R) cuxo soporte está contido na bóla B(0, ε) de centro 0 e radio ε e satisfai ZRn φε(x)dx =ZB(0,ε) φε(x)dx = 1. (1.4) 1.2. Denición do grao de Brouwer 7 Demostración. Se f−1(b) = ∅ , eliximos εo< ρ(b, f(¯ Ω)) . Tense que para todo x∈¯ Ω , |f(x)−b| ≥ ρ(b, f(¯ Ω)) > εo> ε, logo f−1(b)/∈B(0, ε)⊇supp(φε) e polo tanto φε(f(x)−b) = 0 vericando (1.3) trivialmente. Noutro caso, supoñamos que f−1(b) = {x1, x2, ... , xm} . Sabemos, por ser b /∈f(S) , que Jf(xi)= 0 , 1≤i≤m . Logo, aplicando o teorema da función inversa, existen veciñanzas Ui de xi disxuntas dous a dous e veciñanzas Vi de b tal que f|Ui:Ui→ Vi é un homeomorsmo. Ademais podemos garantir que Jf ten signo constante en Ui . Escollamos εo>0 tal que B(b, εo)⊂ m \ i=1 Vi e sexan Wi=f−1(B(b, εo)) ∩Ui. (1.5) Entón os conxuntos Wi son disxuntos dous a dous e Jf ten signo constante en cada un deles. Ademais, se 0<ε<εo e x /∈ ∪m i=1Wi , tense φε(f(x)−b)=0 . Isto é certo, xa que por hipótese φε(f(x)−b)=0 se f(x)−b /∈B(0, ε) e se x /∈ ∪m i=1Wi entón f(x)−b /∈B(0, ε) . Vexamos esta implicación con detalle. Se f(x)−b∈B(0, ε) entón f(x)∈B(b, ε)⊂B(b, εo)⊂ ∩m i=1Vi logo f(x) está en B(b, ε)∩ Vi e por ser f|Ui un homeomorsmo, x∈f−1(B(b, εo)) ∩ Ui=Wi . Con todo isto, tense que ZΩ φε(f(x)−b)Jf(x)dx = m X i=1 ZWi φε(f(x)−b)Jf(x)dx = m X i=1 sgn(Jf(xi)) ZWi φε(f(x)−b)|Jf(x)|dx = m X i=1 sgn(Jf(xi)) ZB(0,ε) φε(y)dy =d(f, Ω, b), facendo na terceira igualdade un cambio de variable e usando a hipótese (1.4) na última igualdade concluímos a demostración. Lema 1.29. Sexa g∈C2(¯ Ω,Rn−1) e Bi= (∂1g, ... , ∂i−1g, ... , ∂i+1g, ... , ∂ng) onde ∂ig=∂g1 ∂xi ,∂g2 ∂xi , ... , ∂gn−1 ∂xit , entón n X i=1 (−1)i∂iBi= 0. Demostración. Fixamos 1≤i≤n e denimos 8 1. Grao Topolóxico de Brouwer Cij =       0 se i=j, det (∂1g, ... , ∂i−1g, ∂i+1g, ... , ∂j−1g, ∂ijg, ∂j+1g, ... , ∂ng) se i < j, det (∂1g, ... , ∂j−1g, ∂ijg, ∂j+1g, ... , ∂i−1g, ∂i+1g, ... , ∂ng) se i > j. Sabemos que se A(x)=(F1(x), ... , Fn(x)) entón ∂idet(A(x)) = det(∂iF1, F2, ... , Fn) + det(F1, ∂iF2, ... , Fn) + ... + det(F1, F2, ... , ∂iFn. Logo aplicando isto, temos que ∂iBi=Pn j=1 Cij e polo tanto Pn i=1(−1)i∂iBi é o mesmo que Pn i,j=1(−1)iCij . Por ser g∈ C2 , facendo uso do Teorema de Schwarz, ∂ijg=∂jig , e pola propiedade dos determinantes ao traspoñer columnas, cúmprese o seguinte: Cij = (−1)j+i−1Cji. Co anterior, facemos os seguintes cálculos n X i,j=1 (−1)iCij = n X i,j=1 (−1)i(−1)j+i−1Cji = n X i,j=1 ((−1)2)i(−1)j−1Cji =− n X i,j=1 (−1)jCji =− n X i,j=1 (−1)iCij, onde a última igualdade se obtén intercambiando os índices libres. Así, temos que n X i=1 (−1)i∂iBi= n X i,j=1 (−1)iCij = 0, como queríamos probar. Lema 1.30. Sexa f∈C2¯ Ω,Rn e Aij(x)=(−1)i+jMji , sendo Mji o menor (j, i) complementario de Jf(x) . Entón para todo 1≤j≤n , n X i=1 ∂iAij = 0. Demostración. Por hipótese temos que Aij = (−1)i+jdet(∂lfk)k=j,l=i. Logo, xando j e aplicando o lema 1.29 a g= (f1, ... , fj−1, fj+1, ... , fn) concluímos a demostración. Observación 1.31 . Para n= 2 o lema anterior arma que ∂1A11 +∂2A21 =∂1A12 +∂2A22 = 0, sendo A= ∂2f2−∂2f1 −∂1f2∂1f1!. Isto é, ∂1∂2f2=∂2∂1f2 e ∂1∂2f1=∂2∂1f1 . 1.2. Denición do grao de Brouwer 9 Agora xa estamos en condicións de presentar a seguinte proposición, que permite unha de- nición máis ampla do grao. Proposición 1.32. Sexa f∈C2(¯ Ω,Rn) e b /∈f(∂Ω) . Dados bi∈B(b, ρo) , sendo i= 1,2 e ρo=ρ(b, f(∂Ω)) . Se bi/∈f(S) , entón d(f, Ω, b1) = d(f, Ω, b2). Demostración. Posto que os bi foron escollidos fóra de f(∂Ω) e por hipótese, o grao d(f, Ω, bi) está ben denido para i= 1,2 . Sexa σ > 0 tal que σ < ρo−|b−bi|, i = 1,2. Entón, pola caracterización do grao (proposición 1.28), existe ε<σ tal que d(f, Ω, bi) = ZΩ φε(f(x)−bi)Jf(x)dx , i = 1,2, baixo as hipóteses do mesmo. Logo φε(y−b2)−φε(y−b1) = Z1 0 d dtφε(y−b1+t(b1−b2))dt = (b1−b2)Z1 0∇φε(y−b1+t(b1−b2))dt = div(w(y)), onde w(y) = Z1 0 φε(y−b1+t(b1−b2)) dt·(b1−b2). Se y∈f(∂Ω) , |y−(1 −t)b1−tb2|=|(y−b) + (1 −t) (b−b1) + t(b−b2)| > ρo−(1 −t) (ρo−σ)−t(ρo−σ) = σ > ε. Posto que supp(φε) está contido na bóla B(0, ε) , tense que w(y) = 0 para y∈f(∂Ω) . Denimos, vi(x) =   Pn j=1 wj(f(x))Aij(x), x ∈¯ Ω, 0, x ∈Rn\¯ Ω, 1≤i≤n. Polo anterior tense que vi= 0 en ∂Ω . Ademais ∂vi ∂xi = n X j,k=1 ∂wj ∂xk (f(x))∂fk ∂xi (x)Aij(x) + n X j=1 wj(f(x)) ∂ ∂xi Aij(x) logo, div(v(x)) = n X j,k=1 ∂wj ∂xk (f(x)) n X i=1 ∂fk ∂xi (x)Aij(x)!+ n X j=1 wj(f(x)) n X i=1 ∂ ∂xi Aij(x)!. 16 1. Grao Topolóxico de Brouwer Corolario 1.45. Se d(f, Ω, b)= 0 , entón f(Ω) é unha veciñanza de b . Demostración. Sexa Cb a compoñente conexa de b en Rn\f(∂Ω) . Entón, para todo c∈Cb sabemos que d(f, Ω, c)= 0 . Logo, pola proposición anterior, Cb⊂f(Ω) . Só queda probar que Cb é aberto. Sabemos que, polo Lema 1.42, Rn\f(∂Ω) é localmente conexo por camiños. Logo polo Teorema 1.41 Cb é aberto. Veremos a continuación algún resultado que nos permitirá modicar o dominio da función á que estudamos o grao. 1.3.3. Cambios no dominio Teorema 1.46. 1. (Aditividade) Sexan Ω1∩Ω2=∅ e b /∈f(∂Ω1)∪f(∂Ω2) , onde f∈C¯ Ω,Rn e Ω=Ω1∪Ω2 . Entón d(f, Ω, b) = d(f, Ω1, b) + d(f, Ω2, b). 2. (Descomposición do dominio) Sexan f∈C(¯ Ω,Rn) e b /∈f(∂Ω) . Se {Ωj}j∈J é unha cobertura aberta de Ω tal que Ωj∩Ωi=∅ , para todo i=j . Entón d(f, Ω, b) = X j∈J d(f, Ωj, b). 3. (Excisión) Sexa f∈C(¯ Ω,Rn) e b /∈f(∂Ω) . Se K⊂¯ Ω é un conxunto pechado e b /∈f(K) , entón d(f, Ω, b) = d(f, Ω\K, b). Demostración. 1. Sexa g∈ C2 tal que ∥f−g∥∞< ρo/2 , ρo=ρ(b, f(∂Ω1)∪f(∂Ω2)) . Entón pola denición do grao, d(f, Ω, b) = d(g, Ω, b), d(f, Ωi, b) = d(g, Ωi, b), i = 1,2. (1.12) Fixamos B=B(b, ρo/2) que é conexo e está contido en Rn\g(∂Ω) . Está tamén contido en Rn\g(∂Ωi) e polo tanto nas compoñentes conexa de b en Ωi , para i= 1,2 . O Teorema de Sard (1.18) garántenos a existencia dun valor regular c∈B que, pola invariancia nas compoñentes conexas, cumpre: d(g, Ω, b) = d(g, Ω, c), d(g, Ωi, b) = d(g, Ωi, c), i = 1,2. 1.3. Propiedades do grao de Brouwer 17 Logo por ser g de clase 2 e c un valor regular séguese da denición 1.24 que d(g, Ω, b) = d(g, Ω1, b) + d(g, Ω2, b), e pola igualdade (1.12) concluímos a demostración. 2. Cómpre demostrar primeiramente que ∂Ωj⊂∂Ω . Por redución ó absurdo, supoñamos que existe un p∈∂Ωj tal que p /∈∂Ω . Entón p∈Ω , pois ∂Ωj⊂¯ Ωj⊂¯ Ω . Logo existe un i∈J , i=j , tal que p∈Ωi . Por ser a cobertura aberta, existe un entorno Up de p en Ωi . En particular, por ser os Ωk disxuntos, Up∩Ωj=∅ . Chegando a unha contradición, pois p∈∂Ωj . Fixamos ρo=ρ(b, f(∂Ω)) e escollemos unha función g∈C2(¯ Ω,Rn) tal que b non é un valor crítico de g e ∥f−g∥∞< ρo/2 . Temos que ∂Ωj⊂∂Ω , b /∈g(∂Ωj) e |f(x)−g(x)|< ρ(b, f(∂Ωj))/2, x ∈¯ Ωj. Logo, por denición, d(f, Ω, b) = d(g, Ω, b) e d(f, Ωj, b) = d(g, Ωj, b) , para todo j∈J . Entón, tense que d(f, Ω, b) = d(g, Ω, b) = X x∈g−1(b) sgn(Jg(x)) = X j∈JX x∈g−1(b)∩Ωj sgn(Jg(x)) = X j∈J d(g, Ωj, b) =X j∈J d(f, Ωj, b). 3. É sinxelo probalo por denición, pero para elo necesitamos unha función C2 e un valor regular sucientemente próximos ós orixinais. Escollemos unha función g∈C2(¯ Ω,Rn) tal que d(f, Ω, b) = d(g, Ω, b) e eliximos un valor regular c /∈g(K) sucientemente próximo a b , cuxas compoñentes conexas en Rn\g(∂Ω) e Rn\g(∂(Ω\K)) sexan as mesmas. Entón por denición d(f, Ω, b) = d(g, Ω, c) = X x∈g−1(c)∩Ω sgn(Jg(x)) = X x∈g−1(c)∩Ω\K sgn(Jg(x)) =d(g, Ω\K, c) = d(f, Ω\K, b). Teorema 1.47 (Dependencia dos valores fronteira) . Sexan f, g ∈C(¯ Ω,Rn) tales que f|∂Ω=g|∂Ω e b /∈f(∂Ω) , entón d(f, Ω, b) = d(g, Ω, b). 18 1. Grao Topolóxico de Brouwer Demostración. Denimos a función H:¯ Ω×[0,1] −→ Rn (x, t)7→ H(x, t) := tf(x) + (1 −t)g(x). As funcións f e g están ben denidas e son continuas polo que H tamén estará ben denida e será continua. Ademais H satisfai o seguinte:        H(·,0) = f, H(·,1) = g, H(x, t) = f(x) = g(x),∀x∈∂Ω. Logo H é unha homotopía entre f e g , e b /∈f(∂Ω) = H(∂Ω×[0,1]) . Entón d(f, Ω, b) = d(g, Ω, b) pola invariancia baixo homotopía. Corolario 1.48. Sexan f, g ∈C(¯ Ω,Rn) . Se existe unha función H∈C(∂Ω×[0,1],Rn) tal que b /∈H(∂Ω×[0,1]) , H(·,0) = f|∂Ω e H(·,1) = g|∂Ω , entón d(f, Ω, b) = d(g, Ω, b). Demostración. Pode consultarse en [13, Páx. 49]. Este corolario mostra que non é necesaria a igualdade das funcións na fronteira para a existencia dunha homotopía que manteña invariante o grao, nin cómpre que as funcións sexan homótopas en todo o seu dominio. Pois basta que as funcións sexan homótopas na fronteira e que b non sexa imaxe deses puntos para estas funcións. En resumo, mentres b non se alcance ao longo da homotopía na fronteira, o grao está determinado pola clase de homotopía de funcións continuas denida na fronteira. O teorema seguinte é un resultado moi similar ó corolario anterior. Teorema 1.49 (de Poincaré-Bohl) . Sexan f, g ∈C(¯ Ω,Rn) . Se b /∈[f(x), g(x)] , isto é, se b non está contido no segmento que une f(x) e g(x) , para todo x∈∂Ω , entón d(f, Ω, b) = d(g, Ω, b) . Demostración. Basta tomar a homotopía H(x, t) = tf(x) + (1 −t)g(x) , (x, t)∈¯ Ω×[0,1] . Por hipótese, H(x, t)=b para todo (x, t)∈∂Ω×[0,1] e o resultado verifícase pola invariancia baixo homotopía. 1.4. Teorema de punto xo de Brouwer 19 1.4. Teorema de punto xo de Brouwer Neste apartado presentamos un dos máis famosos teoremas de punto xo, demostrado en 1911 por Brouwer. En 1930, Schauder xeneraliza este resultado para espazos de Banach, como veremos na sección seguinte, e posteriormente Kakutani establece o teorema para funcións multívocas. En xeral, os teoremas de punto xo son importantes en moitos eidos das matemáticas. De feito, o teorema de punto xo de Brouwer ten demostracións moi diversas usando, entre outras, cohomoloxía [15], combinatoria [12], o teorema de Stoke ou a teoría do grao. Notación 1.50 . Denotaremos por Bn a bóla unidade en Rn e por Sn−1 a esfera de radio 1 contida en Rn . Proposición 1.51. Se n é impar as funcións Id e −Id non son homótopas en Sn−1 , é dicir, non existe unha aplicación H∈C(Sn−1×[0,1],Sn−1) tal que H(x, 0) = x e H(x, 1) = −x para todo x∈Sn−1 . Demostración. Sexan −Id, Id ∈C(Bn,Rn) e b∈Bn . Se existira unha homotopía de Id|Sn−1 a −Id|Sn−1 entón polo Corolario 1.48 teriamos que d(Id, Bn, b) = d(−Id, Bn, b) , chegando a unha contradición pois d(Id, Bn, b)=1=−1 = d(−Id, Bn, b), como xa calculamos no Exemplo 1.26. Teorema 1.52 (da bóla peluda) . Se n é un número impar, non existe unha aplicación continua φ:Sn−1→Rn tal que φ(x)= 0 e ⟨φ(x), x⟩= 0 para todo x∈Sn−1 . Demostración. Probémolo por redución ó absurdo. Supoñamos que existe unha aplicación φ nas condicións do enunciado. Denamos ψ(x) = φ(x)/∥φ(x)∥ , que é continua pois ∥φ(x)∥>0 para todo x∈Sn−1 e φ∈C(Sn−1,Rn) . Entón a función H:Sn−1×[0,1] −→ Sn−1 (x, t)7→ H(x, t) := cos(πt)x+ sen(πt)ψ(x) dene unha homotopía entre Id e −Id , contradicindo a Proposición 1.51, xa que (H(x, 0) = cos(0)x+ sen(0)ψ(x) = x, H(x, 1) = cos(π)x+ sen(π)ψ(x) = −x, e H(x, t)∈Sn−1 para todo (x, t)∈Sn−1×[0,1] . Para comprobar que H(x, t)∈Sn−1 basta ver que ∥H(x, t)∥= 1 . Para todo x∈Sn−1 e t∈[0,1] temos que, ∥H(x, t)∥2=⟨H(x, t), H(x, t)⟩= cos(πt)2⟨x, x⟩+ sen(πt)2⟨ψ(x), ψ(x)⟩+ 2⟨cos(πt),sen(πt)ψ(x)⟩ = cos(πt)2+ sen(πt)2+ 2 1 ∥φ(x)∥cos(πt) sen(πt)⟨x, φ(x)⟩ =1 + 0 = 1, 20 1. Grao Topolóxico de Brouwer usando que ∥x∥= 1 , ∥ψ(x)∥= 1 e a hipótese ⟨φ(x), x⟩= 0 en Sn−1 . Logo como queriamos ∥H(x, t)∥= 1 , rematando a demostración. Proposición 1.53. Non existen funcións continuas φ:Bn→Sn−1 , Bn⊂Rn , tal que φ(x) = x para todo x∈Sn−1 . Demostración. Por redución ó absurdo, supoñamos que existe unha función φ:Bn→Sn−1 , tal que φ(x) = x para todo x∈Sn−1 . Logo, pola dependencia do grao nos valores fronteira, Teorema 1.47, temos que 0 = d(φ, Bn,0) = d(Id, Bn,0) = 1, chegando así a unha contradición. A igualdade da esquerda séguese da denición do grao pois 0/∈φ(¯ Bn) e a igualdade dereita viuse no Exemplo 1.26. Teorema 1.54 (de punto xo de Brouwer) . Toda aplicación continua da bóla cerrada en si mesma ten un punto xo. Isto é, dada unha aplicación continua f:¯ Bn→¯ Bn , existe x∈¯ Bn tal que f(x) = x . Demostración. Vexámolo de novo por redución ó absurdo. Supoñamos f(x)=x para todo x∈¯ Bn . Consideremos o segmento que vai de x a f(x) , que está ben denido e, xada una orientación, denotamos por φ(x) o punto do segmento anterior que incide na esfera Sn−1 . Se demostramos que φ:¯ Bn→Sn−1 é continua e φ|Sn−1=Id chegaremos a unha contradición pola Proposición 1.53. Fixado x∈¯ Bn , denimos a recta que vai de x a f(x) como φ(t) = x+t(f(x)−x), t ∈R, e xamos unha orientación, t≥0 . Queremos achar o t para o cal o segmento corta a Sn−1 , isto é, ∥φ(t)∥=∥x+t(f(x)−x)∥= 1 , ou o que é o mesmo, 1 = ∥φ(t)∥2=⟨φ(t), φ(t)⟩ . Entón: ⟨φ(t), φ(t)⟩=⟨x, x⟩+ 2t⟨x, f(x)−x⟩+t2⟨f(x)−x, f(x)−x⟩ =t2∥f(x)−x∥2+ 2t⟨x, f(x)−x⟩+∥x∥2 = 1. Temos que ∥x∥ ≤ 1 e ∥f(x)∥ ≤ 1 pois x, f(x)∈¯ Bn e f(x)=x logo ∥f(x)−x∥ = 0 . Entón temos unha ecuación de segundo grao, cuxas solucións son: t(x) = −2⟨x, f(x)−x⟩±p(2⟨x, f(x)−x⟩)2−4∥f(x)−x∥2(∥x∥2−1) 2∥f(x)−x∥2. Polo tanto, se ∥x∥<1 temos dúas solucións t1, t2∈R tal que t1<0< t2 . Escollemos t2>0 logo a solución é única e ademais continua respecto a x . Se x∈Sn−1 , ∥x∥2= 1 e polo tanto t(x)=0 e φ(x) = x . Con todo temos que φ:¯ Bn−→ Sn−1 x7→ φ(x) = x+t(x)(f(x)−x) 1.4. Teorema de punto xo de Brouwer 21 é unha función continua tal que φ(x) = x para todo x∈Sn−1 , chegando a contradición. Como xa dixemos, existen moitas demostracións para este teorema. Presentamos a continuación unha delas, distinta á primeira, que se basea en propiedades do grao e non utiliza a Proposición 1.53. Demostración. Supoñamos que f(x)=x para x∈Sn−1 , pois doutro xeito o enunciado é trivialmente certo. Denimos a homotopía H(x, t) := x−tf(x) para (x, t)∈¯ Bn×[0,1] . Se x∈Sn−1 e 0≤t < 1 , tf(x)∈¯ Bn\Sn−1 logo H(x, t)= 0 . Se x∈Sn−1 e t= 1 , H(x, 1) = x−f(x)= 0 . Entón, estamos en condicións de aplicar a propiedade de invariancia baixo homotopía como segue: d(Id −f, Bn,0) = d(H(·,1), Bn,0) = d(H(·,0), Bn,0) = d(Id, Bn,0) = 1. Polo Proposición 1.44 existe un x∈Bn tal que (Id−f)(x)=0 , ou o que é mesmo, f(x) = x . É sinxelo comprobar que o Teorema de punto xo de Brouwer é certo para funcións f∈C(¯ Ω,¯ Ω) , onde ¯ Ω é calquera conxunto homeomorfo á bóla pechada. Para velo, bastaría reducirnos ó caso anterior tomando a función g=h◦f◦h−1 , sendo h o homeomorsmo de ¯ Ω en ¯ Bn . Corolario 1.55. Sexa K⊂Rn un conxunto compacto e convexo e sexa f:K→K unha función continua, entón f ten un punto xo. Demostración. Por ser K compacto existe un R > 0 tal que K⊂¯ B(0, R) . Polo Teorema de proxección de Hilbert [5, Páx. 139], existe unha función continua PK:Rn→K tal que, dado x∈Rn , PK(x) é o único punto tal que ∥x−PK(x)∥= m´ın y∈K∥x−y∥. Denimos g:¯ B(0, R)−→ K⊂¯ B(0, R) x7→ g(x) = f(PK(x)), que é continua. Posto que ¯ B(0, R) é homeomorfa a ¯ Bn podemos usar o Teorema de punto xo 1.54. Entón g ten un punto xo xo∈¯ B(0, R) , é dicir, existe xo∈¯ B(0, R) tal que xo= g(xo) = f(PK(x0)) ∈K . Como xo∈K , temos que PK(xo) = xo e xo=f(PK(xo)) = f(xo) . Polo tanto xo é un punto xo de f como queriamos probar. Capítulo 2 Grao topolóxico de Leray-Schauder 2.1. Introdución do grao para espazos de dimensión innita Introducimos o concepto de grao topolóxico para espazos de dimensión innita. Para elo traballaremos con espazos lineais normados de dimensión innita, aínda que os mesmos resultados se poderían estender axeitadamente a espazos localmente convexos, como se pode ver en [11, Páx. 315]. Os resultados vistos sobre o grao de Brouwer non son certos, en xeral, para funcións soamente continuas denidas nun espazo de dimensión innita como exemplica Jean Leray en 1936 e pode consultarse en [10, Páx. 172]. A raíz deste problema, xurde a necesidade de redenir o grao para espazos de dimensión innita coa limitación, como veremos, de facelo para unha clase máis restritiva de funcións. A notación que usaremos é semellante á do capítulo anterior. Sexa (X, ∥·∥) un espazo linear normado e Ω un conxunto aberto e limitado de X . Cómpre denir o grao para unha certa clase de funcións de xeito que d(f, Ω, b) sexa un número enteiro e se garantan as tres propiedades básicas seguintes: 1. (Normalización) d(Id, Ω, b) = 1 para todo b∈Ω , 2. (Aditividade) Sexan Ω1∩Ω2=∅ e b /∈f(∂Ω1)∪f(∂Ω2) , sendo Ω=Ω1∪Ω2 . Entón d(f, Ω, b) = d(f, Ω1, b) + d(f, Ω2, b). 3. (Invariancia baixo homotopía) Se H é unha homotopía tal que b /∈H(∂Ω×[0,1]) , entón d(H(·, t),Ω, b) é independente de t . En particular, se consideramos a clase de función continuas C(¯ Ω, X) sendo X un espazo de 23 24 2. Grao topolóxico de Leray-Schauder dimensión nita pódese probar que existe e é único o grao que satisfai as tres propiedades básicas. No primeiro capítulo do libro [8] pode verse unha demostración detallada deste resultado. Observación 2.1 . Nótese que todos os resultados desta sección son válidos en particular para espazos de Banach. Denición 2.2. Sexan X e Y espazos lineais normados. A aplicación T:X→Y é compacta se é continua e para todo subconxunto A⊂X limitado entón T(A) é relativamente compacto, isto é, T(A) é compacto. Denición 2.3. Sexa X un espazo linear normado e A un subconxunto de X . Dise que A é de dimensión nita se A está contido nun subespazo de dimensión nita de X . Denición 2.4. Sexan X, Y dous espazos lineais normados e sexa T:X→Y . Dise que T é de rango nito se a imaxe, T(X) , é de dimensión nita. Lema 2.5. Sexan X, Y dous espazos normados e sexa T:X→Y continua. Se T é de rango nito entón T é unha aplicación compacta. Teorema 2.6. Sexan X e Y espazos lineais normados, M un subconxunto limitado de X e T:X→Y unha aplicación compacta. Dado ε > 0 existe unha aplicación continua Tε:M→Y de rango nito tal que ∥T(x)−Tε(x)∥< ε para todo x∈M . Demostración. Por ser M limitado e T compacta, T(M) é compacto, logo para toda cobertura de T(M) existe unha subcobertura nita da mesma. En particular, dado ε > 0 existen bi∈T(M) , i= 1, ... , n , tal que T(M)⊂ n [ i=1 B(bi, ε). Denimos as funcións mi(·, ε) : M−→ R+ x7→ mi(x, ε) := m´ax{0, ε −∥T(x)−bi∥}, para todo i∈ {1, ... , n} , que son continuas. Denimos tamén as funcións θi(·, ε) : M−→ R+ x7→ θi(x, ε) := mi(x, ε) Pn j=1 mj(x, ε), para todo i∈ {1, ... , n} . Estas funcións están ben denidas e son continuas. Para ver que están ben denidas vexamos que Pn j=1 mj(x, ε)>0 para i= 1, ... , n . Dado x∈M existe un j∈ {1, ... , n} tal que T(x)∈B(bj, ε) , logo ∥T(x)−bj∥< ε e polo tanto n X k=1 mk(x, ε)≥mj(x, ε)>0. 2.2. Denición do grao de Leray-Schauder 25 Por último, denimos Tε(x) := n X i=1 θi(x, ε)·bi. Ademais sabemos que n X i=1 θi(x, ε) = n X i=1 mi(x, ε) Pn j=1 mj(x, ε)= 1. Entón, temos que ∥T(x)−Tε(x)∥=∥T(x)− n X i=1 θi(x, ε)bi∥ =∥ n X i=1 θi(x, ε)T(x)− n X i=1 θi(x, ε)bi∥ =∥ n X i=1 θi(x, ε) [T(x)−bi]∥ ≤ n X i=1 ∥θi(x, ε)[T(x)−bi]∥ = n X i=1 θi(x, ε)∥T(x)−bi∥ < ε n X i=1 θi(x, ε) = ε, usando na última desigualdade que ∥T(x)−bj∥< ε , temos rematado a demostración. Denición 2.7. Sexan T:¯ Ω→X unha aplicación compacta e Id a aplicación identidade. Dise que φ:= Id −T é unha perturbación compacta da identidade . 2.2. Denición do grao de Leray-Schauder Estamos xa en condicións de denir o grao topolóxico para espazos de dimensión innita e achegar as súas propiedades básicas. Para elo, centrarémonos principalmente na información recollida nos libros [10], [13] e [14]. A idea fundamental desta sección é calcular o grao de funcións da forma Id −T , sendo T unha aplicación compacta, a partir de funcións continuas de rango nito que estean tan próximas a ela como nos queiramos e cuxa existencia xa garantimos no Teorema 2.6. Antes de dar unha denición axeitada do grao para espazos de dimensión innita, necesitaremos algún resultado previo pois, entre outras cuestións, polo de agora só traballamos con funcións cuxo dominio e imaxe estaban contidos en espazos da mesma dimensión. 32 2. Grao topolóxico de Leray-Schauder Proposición 2.22. (Dependencia dos valores fronteira) Sexan T, S ∈K(¯ Ω, X) tales que S(x) = T(x) para todo x∈∂Ω . Se b /∈(Id −T)(∂Ω) entón d(Id −T, Ω, b) = d(Id −S, Ω, b). Demostración. Denimos a homotopía H(x, t) = t(Id −T)(x) + (1 −t)(Id −S)(x) para x∈¯ Ω e t∈[0,1] . H(x, ·)=(Id −T)(x) para todo x∈∂Ω logo b /∈H(∂Ω×[0,1]) . En virtude do Teorema 2.20 temos que d(Id −T, Ω, b) = d(Id −S, Ω, b), por ser Id −T e Id −S homótopas. Proposición 2.23. Sexa T∈K(¯ Ω, X) e b /∈(Id −T)(∂Ω) . Se d(Id −T, Ω, b)= 0 , entón existe x∈Ω tal que (Id −T)(x) = b . Demostración. Para todo n∈N tal que n > 1/ρo existe unha aplicación de rango nito Tn tal que ∥T−Tn∥∞<1 n, (2.7) e un Fn un subespazo de dimensión nita tal que Tn(¯ Ω) ⊂Fn e b∈Fn . Pola denición do grao d(Id −T, Ω, b) = d(Id −Tn,Ω∩Fn, b). Logo, por hipótese, d(Id−Tn,Ω∩Fn, b)= 0 . En virtude da Proposición 1.44 existen xn∈Ω∩Fn tal que (Id −Tn)(xn) = b. (2.8) Por ser Ω∩Fn limitado e T compacta, existe y∈X límite dunha subsucesión que denotaremos T(xn) , onde xn∈Ω∩Fn e n∈N . Da igualdade (2.8) dedúcese que o límite da subsucesión xn coincide co límite da subsucesión b+Tn(xn) , e este a súa vez, grazas a (2.7), ten o mesmo límite que a subsucesión b+T(xn) que xa sabemos é b+y . Logo b+y é o límite de xn cando n tende a innito. Pola continuidade de T temos que (Id −T)(y+b) = l´ım n→∞(Id −T)(xn) = l´ım n→∞xn−T(xn) = b. (2.9) Polo tanto, y+b é solución da ecuación (Id−T)(x) = b . Vexamos que y+b∈Ω . Por ser y+b límite da subsucesión {xn}n∈N⊂Ω , y+b∈¯ Ω . Supoñamos que y+b∈∂Ω , entón de (2.9) dedúcese que b∈(Id −T)(∂Ω) . Chegando así a unha contradición, pois por hipótese b /∈(Id −T)(∂Ω) , logo y+b∈Ω . 2.4. Teoremas de punto xo 33 2.4. Teoremas de punto xo 2.4.1. Teorema de punto xo de Schauder Para espazos de dimensión innita, o Teorema de punto xo de Brouwer 1.54 non é certo, xa que a bóla unidade dun espazo normado de dimensión innita non é compacta, [10, Páx. 203]. Non obstante o Corolario 1.48 si é certo para espazos de dimensión innita, e foi enunciado por Juliusz Schauder en 1930. Vexamos un contraexemplo para o Teorema de punto xo de Brouwer nun espazo de dimensión innita. Exemplo 2.24. Sexa H=l2 o espazo de sucesións con cadrado sumable, isto é, tal que ∥x∥2=∞ X i=1 |xi|2<∞, para todo x= (x1, x2, ... )∈l2 . Sexa ¯ B={x∈l2:∥x∥ ≤ 1} a bóla pechada de raio un no espazo H e denamos a función T:¯ B−→ ¯ B x7→ T(x)=(p1−∥x∥2, x1, x2, ... ), que é continua. Tense que ∥T(x)∥2= (p1−∥x∥2)2+x2 1+x2 2+··· = 1 −∥x∥+∥x∥= 1, logo ∥T(x)∥= 1 para todo x∈¯ B . Se existira un x∈¯ B tal que T(x) = x teríase que ∥x∥= ∥T(x)∥= 1 pero entón,              p1−∥x∥=x1=⇒x1= 0, x1=x2=⇒x2= 0, x2=x3=⇒x3= 0, . . .. . . . Polo tanto x= 0 chegando a unha contradición. Logo T é unha aplicación continua da bóla pechada en si mesma sen puntos xos. Denición 2.25. Sexa X un espazo normado e K un subconxunto de X . Defínese a envoltura convexa de K como co K=(x∈X:x= n X i=1 αixi onde αi≥0, n X i=1 αi= 1 e xi∈K para 0≤i≤n). 34 2. Grao topolóxico de Leray-Schauder Denición 2.26. Defínese a envoltura convexa cerrada de K como o conxunto convexo e pechado máis pequeno que o contén, e denótase por coK . Lema 2.27. Sexa X é un espazo normado. Se K⊂X é compacto, entón coK é compacto. Demostración. Véxase [1, Páx. 174]. Teorema 2.28 (de punto xo de Schauder) . Sexan X un espazo normado e K⊂X un conxunto compacto e convexo. Se T:K→K é unha aplicación continua entón, T ten un punto xo, non necesariamente único. Demostración. Por ser T continua e K compacto, T é compacta pois a clausura dun conxunto é sempre pechada e todo pechado nun compacto é compacto. Ademais por ser K compacto, K é pechado e limitado. Estamos en condicións de aplicar o Teorema 2.6. Dado ε > 0 , existe unha aplicación de rango nito Tε:K→K nas condicións do Teorema 2.6. En base á demostración do mesmo Teorema, sabemos que Tε(K)⊂span({v1, ... , vn})⊂K e Tε(x) é unha combinación convexa de v1, ... , vn logo Tε(x)∈Kε , sendo Kε:= co({v1, ... , vn}) . Polo Lema 2.27, Kε é un conxunto compacto e convexo e Kε⊂K por ser K cerrado e convexo, logo Tε(Kε)⊂Tε(K) . Polo tanto Tε:Kε→Kε é unha aplicación continua e Kε é un subconxunto compacto e convexo dun espazo de dimensión nita. En virtude do Corolario 1.55, cuxas hipóteses acabamos de vericar, existe xε∈Kε punto xo de Tε . Por ser K compacto, existe unha subsucesión {xϵ}ε∈R+ de puntos xos converxentes a xo∈K cando ε tende a 0. Vexamos que xo é un punto xo de T . Temos que 0≤ ∥T(xo)−xo∥≤∥T(xo)−T(xε)∥+∥T(xε)−xε∥+∥xε−xo∥, (2.10) e sabemos que o primeiro e terceiro termo do lado dereito da desigualdade se anulan por paso o límite, o terceiro por ser xo límite da subsucesión xε e o primeiro séguese do mesmo razoamento en base a continuidade da función, é dicir, por ser T(xo) o límite de T(xε) . Ademais, 0≤ ∥T(xε)−xε∥=∥T(xε)−Tε(xε)∥< ε, onde a desigualdade da dereita se segue de ∥T−Tε∥∞< ε . Con todo, tomando límites en (2.10) se ten que ∥T(xo)−xo∥= 0 , logo T(xo) = xo . Polo tanto, xo∈K é un punto xo de T . Presentamos un enunciado alternativo ó Teorema de punto xo de Schauder. Nótese que aínda sendo os resultados equivalentes, a variación nas hipóteses dos mesmos resulta de utilidade para a súa aplicación práctica. 2.4. Teoremas de punto xo 35 Teorema 2.29. Sexa X un espazo normado e K⊂X cerrado, limitado e convexo. Se T:K→K é compacta, entón T ten un punto xo, non necesariamente único. Demostración. Por ser T compacta é K limitado, T(K) é compacto. Polo tanto, en virtude do Lema 2.27, a súa envoltura convexa pechada ˆ K é compacta. Ademais ˆ K⊂K xa que T(K)⊂K e K é cerrado e convexo, e polo tanto T(ˆ K)⊂T(K)⊂ˆ K . Entón a aplicación T|ˆ K:ˆ K→ˆ K é continua e o Teorema 2.28 garante a existencia dun punto xo de T|ˆ K en ˆ K , logo T ten un punto xo en K . Corolario 2.30. Sexan X un espazo normado e K⊂X compacto e convexo. Se D é un conxunto homeomorfo a K e T:D→D é compacta, entón T ten un punto xo en D . Demostración. Sexa h un homeomorsmo entre K e D e denamos ˆ T:= h−1◦T◦h , entón ˆ T:K→K é unha aplicación compacta. O Teorema 2.28 garante a existencia dun punto xo de ˆ T en K , isto é, existe x∈K tal que x=ˆ T(x) = h−1(T(h(x))) . Polo tanto y=h(x) = T(h(x)) = T(y) e y∈h(K) = D . Logo, T ten un punto xo en D . Denición 2.31. Dise que un conxunto K⊂X satisfai a propiedade de punto xo se toda función continua de K en si mesma ten un punto xo. Corolario 2.32. Todo subconxunto compacto e convexo dun espazo normado satisfai a propiedade de punto xo. Demostración. Sexa K⊂X compacto e convexo. Para toda función T:S→S continua o Teorema de punto xo de Schauder 2.28 asegúranos a existencia dun punto xo en S . Os resultados anteriores son certos en particular para espazos de Banach. 2.4.2. Teorema de Schaeer Teorema 2.33 (Schaeer) . Sexa T:X→X unha aplicación compacta. Denamos S={x∈X:x=λT(x), sendo 0≤λ≤1}. Se existe R > 0 tal que ∥x∥< R para todo x∈S , entón T ten un punto xo en B(0, R) . Demostración. Denamos a homotopía H:B(0, R)×[0,1] −→ B(0, R) (x, λ)7→ H(x, λ) := x−λT(x). 36 2. Grao topolóxico de Leray-Schauder Por hipótese, se x /∈B(0, R) temos que x−λT(x)= 0 para todo λ no intervalo [0,1] . Logo 0/∈H(∂B(0, R)×[0,1]) . Polo Teorema 2.20 temos que d(I−T, B(0, R),0) = d(I, B(0, R),0) = 1, (2.11) onde a segunda igualdade se obtén da Proposición 2.18 xa que 0∈B(0, R) . En base á Proposición 2.23, da igualdade (2.11) dedúcese a existencia dun x∈B(0, R) tal que (I−T)(x) = 0 . Logo T ten un punto xo en B(0, R) . Capítulo 3 Aplicacións da Teoría do grao ás ecuacións diferenciais Existen diversas aplicacións do grao de Leray-Schauder ás ecuacións diferenciais. No presente traballo estudaremos a existencia de solución dun problema de valor inicial e probaremos que o seu espazo de solucións é conexo. Para elo traballaremos coa ecuación integral, pois a partir da mesma deniremos unha función compacta á que poder aplicarlle a teoría de punto xo. Utilizaremos fundamentalmente as referencias [10] e [13] para ilustrar estes resultados. Dados a, c ∈R tales que a<c e f: [a, c]×R→R unha función continua, consideremos o seguinte problema de valor inicial (PVI), (x′(t) = f(t, x(t)), x(to) = x0. (3.1) Sabemos ademais que atopar solucións ó problema de Cauchy é equivalente a facelo para a ecuación integral asociada, x(t) = xo+Zt to f(s, x(s))ds. Denimos X≡C([a, c],R) que é un espazo de Banach coa norma ∥y∥∞= m´ax {|y(t)|:a≤t≤c}. Dado R > 0 , sexan M > sup {|f(t, u)|:t∈[a, c], u ∈[−R, R]} e b:= a+ m´ın c−a, R M. Denición 3.1. Dise que unha familia de funcións S⊂X é equicontinua no intervalo [a, c] se para todo ε > 0 existe δ > 0 tal que para todo y∈S e t, t′∈[a, c] , se ten |y(t)−y(t′)|< ε sempre que |t−t′|< δ . 37 38 3. Aplicacións da Teoría do grao ás ecuacións diferenciais Denición 3.2. Unha familia de funcións S⊂X é uniformemente limitada se existe M > 0 tal que |y(t)| ≤ M para todo y∈S e todo t∈[a, c] . Teorema 3.3 (de Arzelà-Ascoli) . Sexa S⊂X unha familia de funcións continuas. Se S é uniformemente limitada e equicontinua entón S é un conxunto relativamente compacto en X . Demostración. Véxase [5, Páx. 15]. Lema 3.4. Sexa Ω = B(0, R) a bóla aberta de radio R e centrada na orixe en X . Sexa T unha función denida como T:¯ Ω−→ X y7→ T(y)(t) = Zt a f(s, y(s))ds. (3.2) Entón T é unha aplicación compacta. Demostración. Comprobaremos en primeiro lugar a continuidade de T e despois, a partir dos resultados previos, probaremos que T(¯ Ω) é relativamente compacto. Sexa ε > 0 dado. Pola continuidade de f e a compacidade de [a, c]×[−R, R] dedúcese que f|[a,c]×[−R,R] é uniformemente continua. Logo existe δ > 0 tal que |f(s, u)−f(s, v)|<ε c−a, (3.3) para todo s∈[a, c] e u, v ∈[−R, R] , |u−v|< δ . Entón temos que |T(x)(t)−T(y)(t)|=Zt a [f(s, x(s)) −f(s, y(s))] ds≤Zt a|f(s, x(s)) −f(s, y(s))|ds <Zt a ε c−ads < ε, para todo x, y ∈¯ Ω , ∥x−y∥∞< δ e todo t∈[a, c] . Logo ∥T(x)−T(y)∥∞< ε , probando así a continuidade de T en ¯ Ω . Por outra banda, para todo t∈[a, c] e x∈¯ Ω , temos que |x(t)| ≤ R e |T(x)(t)|=Zt a f(s, x(s))ds≤Zt a Mds =M(t−a)≤M(c−a), logo T(¯ Ω) é uniformemente limitada. Ademais, dados t, t′∈[a, c] e x∈¯ Ω tense que |T(x)(t)−T(x)(t′)|=Zt a f(s, x(s))ds −Zt′ a f(s, x(s))ds =Zt t′ f(s, x(s))ds≤M|t−t′|, e polo tanto T(¯ Ω) é equicontinua. En virtude do Teorema de Arzelà-Ascoli 3.3, T(¯ Ω) é relativamente compacto, como queriamos probar. 39 Teorema 3.5 (Existencia) . O problema de valor inicial (x′(t) = f(t, x(t)), x(a)=0. (3.4) denido para t∈(a, b) ten polo menos unha solución x∈C1([a, b],R) . Demostración. Para todo t∈[a, b]⊂[a, c] e x∈¯ Ω , temos que |x(t)| ≤ R e |T(x)(t)|=Zt a f(s, x(s))ds≤Zt a Mds =M(t−a)≤M(b−a)≤R MM=R, logo T(¯ Ω) ⊂¯ Ω . Entón T∈K(¯ Ω,¯ Ω) . Polo Teorema de punto xo 2.29, existe x∈¯ Ω⊂X tal que x=T(x) , é dicir, x(t) = Zt a f(s, x(s))ds, t ∈[a, b]. Ademais, por ser f continua en [a, b] tense que x∈C1([a, b],R) . Para rematar, por ser x solución da ecuación integral, x é solución do problema de valor inicial. Este teorema garante a existencia de solución local pero esta pode non ser global. Ilustramos este razoamento cun contraexemplo. Exemplo 3.6. Consideremos o seguinte problema de valor inicial (x′(t) = x(t)2+ 1, x(0) = 0. (3.5) Claramente, f(t, x) = x2+ 1 , logo f∈C∞(R×R,R) . Achamos a solución de (3.5), Zdx x2+ 1 =Zdt =⇒arctan(x) = t+C, C ∈R=⇒x(t) = tan(t+C), C ∈R. Se impoñemos as condicións iniciais obtemos, x(0) = tan(C) = 0 =⇒C= 0. Comprobemos que x(t) = tan(t) sexa solución de 3.5, x′(t) = 1 cos2(t)=sen2(t) + cos2(t) cos2(t)=x(t)2+ 1, Logo x é solución de (3.5), mais só localmente. Pois tan(t) non esta denida nos puntos nπ 2+kπ :k∈No, e polo tanto x(t) non pode ser unha solución global. 40 3. Aplicacións da Teoría do grao ás ecuacións diferenciais O Teorema 3.5 tampouco garante a unicidade de solución do problema de Cauchy. Presentamos un exemplo dun PVI nas hipóteses do Teorema 3.5 con máis dunha solución. Exemplo 3.7. Consideremos o seguinte problema de valor inicial. (x′=3 √x2, x(0) = 0. (3.6) Temos que f(t, x) = 3 √x2 , logo f∈C(R×R,R) . A función constante 0 é solución trivial de (3.6). Se x= 0 , calculemos outra solución distinta, Zdx x−3/2=Zdt =⇒33 √x=t+C, C ∈R=⇒x(t) = t+C 33 , C ∈R. Se impoñemos as condicións iniciais obtemos, x(0) = C 33 = 0 =⇒C= 0. Comprobemos que x(t)=(t/3)3 é solución de (3.6), x′(t) = t 32 = t 33!2/3 =3 px(t)2. Logo x é unha solución de (3.6) distinta da trivial. Veremos agora que para todo instante t∈[a, b] o conxunto de puntos x(t) para toda solución x do problema de valor inicial é conexo. Polo tanto, se temos dúas solución distintas do mesmo PVI, teremos entón innitas solucións. Teorema 3.8 (Krasnoselsk'ii-Perov) . Sexan X un espazo de Banach, Ω⊂X aberto e limitado e T∈K(¯ Ω, X) tal que 0/∈(Id −T)(∂Ω) . Supoñamos que son certas as seguintes condicións: 1. Para todo ε > 0 existe Tε∈K(¯ Ω, X) tal que ∥T−Tε∥∞< ε . 2. Se ∥b∥< ε entón a ecuación x−Tε(x) = b admite como moito unha solución en ¯ Ω . 3. d(Id −T, Ω,0) = 0 . Entón o conxunto de solucións S≡ {y∈¯ Ω : T(y) = y} é compacto e conexo. Demostración. Por ser d(Id −T, ¯ Ω,0) = 0 grazas á Proposición 2.23 sabemos que o conxunto de solución é non baleiro. Por ser Id −T propia (Lema 2.8), S={y∈¯ Ω:(Id −T)(y)=0} é compacto. Probemos por redución ó absurdo a conexidade. Supoñamos que S é non conexo, entón S é unión de dous compactos disxuntos non baleiros. Logo, existen abertos non baleiros U 41 e V tales que ¯ U ∩ ¯ V=∅ , S⊂ U ∪V , S∩U = 0 e S∩V = 0 . Polo tanto, existe unha solución x∈S∩ U , e dicir, T(x) = x . Dado ε > 0 e unha aplicación Tε nas condicións das hipóteses, denimos φε(y) = (y−Tε(y)) −(x−Tε(x)), para y∈¯ V . Denimos agora a homotopía H∈C(¯ V ×[0,1], X) como segue H(y, t) = tφε(y) + (1 −t)(Id −T)(y). Sabemos que 0/∈(Id −T)(∂V) , pois S∩∂V=∅ , e (Id −T) é pechada, grazas o Lema 2.8, logo existe α > 0 tal que ´ınfy∈∂V∥(Id −T)(y)∥ ≥ α . Entón, ∥H(y, t)∥≥∥(Id −T)(y)∥−∥T(y)−Tε(y)∥−∥x−Tε(x)∥ =∥(Id −T)(y)∥−∥T(y)−Tε(y)∥−∥T(x)−Tε(x)∥ > α −ε−ε >0, para todo y∈∂V escollendo ε < α/2 . Polo tanto 0/∈H(∂V ×[0,1]) e d(H(·, t),V,0) está ben denido e é independente de t . Aplicando a propiedade de invariancia baixo homotopía para o grao de Leray-Schauder temos que d(Id −T, V,0) = d(φε,V,0). Probemos que a ecuación φε(y) = 0 non ten solución en V . Por redución ó absurdo, sexa y∈ V unha solución, entón y−Tε(y) = x−Tε(x). Fixemos b=x−Tε(x) , tal que ∥b∥=∥x−Tε(x)∥=∥T(x)−Tε(x)∥< ε. Entón, por denición, x∈ U e y∈ V son solución de u−Tε(u) = b chegando así a unha contradición pois por hipótese a solución é única e U ∩V =∅ . Logo d(Id −T, V,0) = d(φε,V,0) = 0. De maneira análoga obtemos d(Id −T, U,0) = 0 . Basta aplicar as propiedades de excisión e aditividade para chegar a contradición, d(Id −T, Ω,0) = d(Id −T, U ∪V,0) = d(Id −T, U,0) + d(Id −T, V,0) = 0. Logo o conxunto de solución S é conexo.