scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Acordo do Consello de Goberno do 19-06-20, polo que se aproba a modificación do Regulamento de creación e réxime de funcionamento de Cátedras Institucionais e o texto consolidado

Universidade de Santiago de Compostela. Consello de Goberno

Full text

DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión ordinaria celebrada o día 19 de xuño de 2020 aprobou a modificación do Regulamento de creación e réxime de funcionamento de cátedras institucionais, de acordo coa proposta e texto consolidado que se adxuntan. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/A5EE-7618-4CC8-8B9B Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: A5EE-7618-4CC8-8B9B 1 / 24 PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DE CREACIÓN E RÉXIME DE FUNCIONAMENTO DE CÁTEDRAS INSTITUCIONAIS Por acordo do Consello de Goberno da USC de data 07/02/2020 aprobouse o Regulamento de creación e réxime de funcionamento de Cátedras institucionais nesta Universidade, procedéndose á súa publicación no Taboleiro electrónico institucional o día 20/02/2020. Tendo en conta que pode ser de interese da USC participar na creación de Cátedras interuniversitarias, adherirse ás existentes noutras universidades ou ben que outras universidades se adhiran ás xa creadas na nosa Universidade, considérase procedente modificar puntualmente o Regulamento de creación e réxime de funcionamento das Cátedras Institucionais da USC para contemplar estas posibilidades. En consecuencia, proponse a seguinte modificación do Regulamento de creación e réxime de funcionamento de cátedras institucionais: Primeiro.- Engadir ao apartado 1 do artigo 1, o seguinte texto: Asemade, mediante convenio, poderán crearse cátedras institucionais de carácter interuniversitario, formalizar a adhesión a outras cátedras institucionais previamente creadas por outras universidades ou que outras universidades se adhiran ás xa creadas na USC. Segundo.- Introducir un novo artigo, co número 19, co seguinte texto: Artigo 19 . Cátedras Institucionais Interuniversitarias 1. Poderán crearse Cátedras Institucionais interuniversitarias, ou formalizar a adhesión ás previamente creadas por outras universidades, mediante un convenio que deberá recoller obxectivos e finalidades e ser obxecto de tramitación consonte cos artigos 2 e 3 do presente regulamento. 2. A condición de director ou directora das Cátedras Institucionais interuniversitarias deberá recaer nun membro do persoal docente e investigador con vinculación permanente dunha das universidades asinantes cuxa actividade investigadora garde relación co ámbito actividade da cátedra. O convenio recollerá o procedemento de súa designación. 3. Os demais aspectos que afecten o funcionamento da Cátedra Interuniversitaria recolleranse no convenio de creación ou adhesión. 4. Ás Cátedras Institucionais vixentes na USC poderán adquirir carácter interuniversitario mediante a adhesión doutras universidades que se formalizará nun convenio entre todas as partes da cátedra. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/A5EE-7618-4CC8-8B9B Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: A5EE-7618-4CC8-8B9B 2 / 24 1 REGULAMENTO DE CREACIÓN E RÉXIME DE FUNCIONAMENTO DE CÁTEDRAS INSTITUCIONAIS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (Aprobado polo Consello de Goberno o día 7 de febreiro de 2020) (Modificado polo Consello de Goberno o día 19 de xuño de 2020) Preámbulo Entre as funcións básicas encomendadas ás Universidades, ademais da actividade docente e a xeración de novos coñecementos por medio da investigación, está a súa contribución a través da transferencia do dito coñecemento ao servizo da cultura, a mellora da calidade de vida e o desenvolvemento sustentábel da sociedade. Ao carón destas funcións básicas no artigo 4.2 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (en adiante, USC), aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, menciónanse outras actividades de extensión universitaria entre as que figura a proxección das funcións e os servizos da Universidade ao contorno social. De acordo co disposto no artigo 2.2 da Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades entre as atribucións e competencias propias da autonomía universitaria figuran a creación de estruturas específicas que actúen como soporte da investigación e da docencia, así como o establecemento de relacións con outras entidades para a promoción e o desenvolvemento dos seus fins institucionais. Na mesma idea insiste o artigo 17.6 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema Universitario de Galicia (SUG), que se refire á posibilidade de cooperación das universidades con organismos públicos de investigación e con empresas, entre outras opcións previstas para un mellor servizo á sociedade. No marco da formación, investigación e transferencia de resultados no sistema universitario, o artigo 64 da Lei 2/2011, do 4 de marzo, de economía sustentábel, dispón que as Universidades potenciarán as súas funcións de investigación básica e aplicada de transferencia do coñecemento á sociedade, para a mellora do benestar e a competitividade, mediante o desenvolvemento de proxectos e iniciativas de colaboración co sector produtivo. Esta colaboración poderá levarse a cabo mediante calquera instrumento admitido polo ordenamento xurídico, entre eles a creación de cátedras-empresa (art. 64.2,letra e, Lei 2/2011) Baixo a denominación xenérica de Cátedras Institucionais, a USC vén desenvolvendo desde hai moito tempo relacións de colaboración con Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/A5EE-7618-4CC8-8B9B Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: A5EE-7618-4CC8-8B9B 3 / 24 2 empresas e outra entidades, tanto públicas como privadas, que dentro da súa heteroxeneidade conflúen no propósito común de que as actuacións desenvolvidas redunden non só en beneficio da comunidade universitaria, senón tamén das propias empresas e entidades patrocinadoras das cátedras. O crecente número de cátedras constituídas nos últimos anos e a súa previsible progresión, de cara a conformar unha relación cada vez máis estreita e duradeira entre a Universidade de Santiago de Compostela e o seu contorno empresarial, organizativo e institucional, ademais dalgunhas modificacións normativas de alcance introducidas recentemente —é o caso da nova regulación dos convenios nos artigos 47 a 53 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público— fan aconsellable a revisión e actualización do Protocolo de creación e marco de actuación de cátedras institucionais da USC, que fora aprobado polo Consello de Goberno no ano 2007, dotando á nova regulación de rango normativo regulamentario. CAPÍTULO I DEFINICIÓN, OBXECTIVOS E RÉXIME DE CREACIÓN DAS CÁTEDRAS INSTITUCIONAIS Artigo 1. Definición 1. As Cátedras Institucionais son instrumentos específicos de colaboración da USC tanto con empresas como con outras entidades (fundacións, asociacións, centros de investigación, administracións públicas ou calquera outra organización con personalidade xurídica propia) coa finalidade do desenvolvemento e o incremento da oferta de actividades complementarias que contribúan á difusión da cultura, da calidade de vida e ao desenvolvemento sustentábel da sociedade. Constitúen ademais un medio ou instrumento para a captación de recursos externos á actividade universitaria, de cara á realización desas actividades. En canto a súa natureza xurídica, ás Cátedras Institucionais teñen a consideración de estruturas de carácter mixto sen personalidade xurídica, e precisan como requisito previo para a súa formalización a sinatura do correspondente convenio constitutivo da cátedra. Asemade, mediante convenio, poderán crearse Cátedras Institucionais de carácter interuniversitario, formalizar a adhesión a outras Cátedras Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/A5EE-7618-4CC8-8B9B Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: A5EE-7618-4CC8-8B9B 4 / 24 3 Institucionais previamente creadas por outras universidades ou que outras universidades se adhiran ás xa creadas na USC. 2. De xeito excepcional poderán constituírse cátedras que non estean vinculadas a convenios, senón que correspondan a compromisos derivados de doazóns, legados ou outras figuras semellantes. Artigo 2. Obxectivos e finalidade As Cátedras Institucionais terán como obxectivos e finalidade última a realización de actividades de formación, creación cultural e artística, promoción da investigación e innovación, desenvolvemento tecnolóxico, así como a divulgación e transferencia de coñecementos nunha área cultural, científica ou técnica de interese común, tomando como base o establecido no convenio constitutivo. Entre os grupos de actividades que poderán programarse dentro dunha Cátedra figuran os seguintes: a) Actividades formativas, de apoio e promoción: - Organización de conferencias, seminarios, encontros e cursos de extensión universitaria. - Realización de prácticas de estudantes, curriculares ou extracurriculares. - Dotación de premios a proxectos, concursos de ideas e traballos fin de grao e máster. - Fomento da integración dos membros da comunidade universitaria no entorno da empresa. - Promoción de encontros con expertos e visitas a entidades, empresas e institucións. b) Actividades de promoción da investigación e innovación: - Potenciación de liñas ou proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) de interese conxunto. - Fomentar a participación en proxectos de investigación. - Promover a realización de TFG, TFM e teses de doutoramento. c) Actividades de difusión e transferencia de coñecemento: - Realización de xornadas de divulgación cultural, científica, social ou humanística. - Publicacións sobre temas de interese relacionados coa temática da Cátedra. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/A5EE-7618-4CC8-8B9B Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: A5EE-7618-4CC8-8B9B 5 / 24 4 - Divulgación das actividades realizadas. Artigo 3. Procedemento de creación 1. A iniciativa para a creación das Cátedras Institucionais da USC poderá corresponder ao equipo de goberno así como ao persoal docente e investigador con vinculación permanente avalado por algún ámbito da estrutura orgánica da USC (Centros, Departamentos ou Institutos). A iniciativa para a creación das Cátedras reguladas no artigo 1, apartado 2 corresponderá unicamente ao equipo de goberno. 2. A proposta de creación da Cátedra constará dunha memoria da que se dará conta á Vicerreitoría competente en materia de Cátedras Institucionais quen a someterá á decisión do equipo de goberno, emitindo dita Vicerreitoría o informe preceptivo correspondente. Na memoria faranse constar as razóns que xustifican a proposta, os obxectivos e o plan de desenvolvemento das actuacións previstas, así como as previsións do financiamento da Cátedra. Será tamén preceptivo o informe do Centro, Departamento ou Instituto no ámbito da Cátedra, no suposto de que lle afecte e non sexa o autor da proposta. 3. No suposto de que a proposta obtivera informe favorable, iniciaranse os trámites para a redacción e posterior sinatura do correspondente convenio de colaboración. 4. A proposta de creación informada favorablemente e, no seu caso, o convenio que lle sirve de base, elevarase ao Consello de Goberno da USC para a súa aprobación. 5. As Cátedras Institucionais adscribiranse á Vicerreitoría competente en materia de cátedras. Artigo 4. Acordo de aprobación e contido mínimo do convenio 1. No acordo de aprobación para a creación das Cátedras Institucionais adoptado polo Consello de Goberno incluirase, en todo caso, a súa denominación, obxecto, estrutura e financiamento. 2. O contido do convenio no que se formalizará a creación das Cátedras institucionais comprenderá, cando menos, os seguintes aspectos: a) A denominación da Cátedra. b) As actividades a desenvolver no marco da Cátedra. c) A duración do convenio nas condicións establecidas no artigo 5 do presente regulamento. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/A5EE-7618-4CC8-8B9B Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: A5EE-7618-4CC8-8B9B 6 / 24 5 d) As condicións económicas, de acordo co disposto no capítulo III deste regulamento. e) As obrigas asumidas polas partes. f) A localización ou sede da Cátedra. g) A composición e funcións dos órganos da Cátedra, de acordo co disposto no capítulo II deste regulamento h) A enumeración dos equipamentos destinados ás actuacións previstas por cada unha das partes, de ser o caso. i) O compromiso de difusión da existencia e actividades da Cátedra. j) As consecuencias en caso de incumprimento das obrigas asumidas polas partes. k) O mecanismo de seguimento, vixilancia e control da execución das actividades previstas nos termos fixados no artigo 11 deste regulamento. l) Os efectos da extinción do convenio sobre as actividades en execución. 3. O convenio designará como partes asinantes: - Por parte da USC, ó/a Reitor/a. - Por parte da/s entidade/s ou empresa/s patrocinadoras, a persoa ou persoas designadas con poderes suficientes para a sinatura do convenio. 4. Na procura da uniformidade na actuación,o modelo-tipo de convenio será o que se recolle como anexo a este regulamento. Artigo 5. Duración e prórroga 1. Pola súa propia natureza, as Cátedras Institucionais requiren dunha permanencia das actividades vinculadas a elas. A duración mínima das cátedras será dun ano. Aquelas formalizadas mediante un convenio de colaboración terán en conta os prazos de vixencia previstos na Lei de Réxime Xurídico do Sector Público, 2. O convenio de colaboración poderá prorrogarse de forma expresa por acordo de ambas as dúas partes co limite máximo de oito anos de duración. Finalizado este prazo procederá formalizar un novo convenio. 3. A dirección da Cátedra Institucional será a encargada de presentar a proposta de prórroga á Vicerreitoría competente en materia de Cátedras Institucionais, sendo competente para a súa aprobación o Consello de Goberno. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/A5EE-7618-4CC8-8B9B Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: A5EE-7618-4CC8-8B9B 7 / 24 6 4. No suposto de non haber prórroga, se existiran proxectos ou actividades no ámbito da Cátedra en período de execución, dito proxectos proseguirán ate o seu remate. De existir remanente de crédito este deberá destinarse a fins acordes cos obxectivos e finalidades da Cátedra. Artigo 6. Extinción A extinción das Cátedras Institucionais producirase de acordo co previsto no convenio de creación. No suposto de inactividade da Cátedra ao longo dun ano, ou o incumprimento das obrigas e estipulacións contidas no convenio de colaboración, a Vicerreitoría competente en materia de Cátedras Institucionais deberá propoñer ó/á Reitor/a a denuncia do convenio e a extinción da Cátedra. As Cátedras Institucionais non formalizadas mediante convenio de colaboración poderán extinguirse por acordo do Consello de Goberno a proposta vicerreitor do Reitor. CAPÍTULO II ESTRUTURA E DIRECCIÓN DAS CÁTEDRAS INSTITUCIONAIS Artigo 7. Estrutura 1. As cátedras contarán coa seguinte estrutura organizativa: a) Un Director ou Directora, quen actuará como órgano unipersoal de dirección e xestión da Cátedra. b) Unha Comisión de Seguimento que actuará como órgano colexiado, e que necesariamente figurará recollida no convenio de colaboración. c) Adicionalmente poderán nomearse outros órganos consultivos, sempre que se xustifique a necesidade da súa existencia e resulten pertinentes atendendo á complexidade temática que se derive das actividades da Cátedra. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/A5EE-7618-4CC8-8B9B Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: A5EE-7618-4CC8-8B9B 8 / 24 7 Artigo 8. Dirección da Cátedra 1. A condición de director ou directora da Cátedra recaerá nunha persoa de recoñecido prestixio profesional, técnico e científico no ámbito temático correspondente, con vinculación permanente como persoal docente e investigador (PDI) con dedicación a tempo completo á USC, ou ben nun profesor/a emérito/a da mesma. 2. A Cátedra poderá contar cunha Subdirección/Co-dirección de apoio, que será cuberta cunha persoa cuxa actividade garde igualmente relación coa temática da Cátedra. 3. A persoa designada para a dirixir a Cátedra será nomeada polo Reitor/a, a proposta da Vicerreitoría competente en materia de Cátedras Institucionais e oída a Comisión de Seguimento. Do seu nomeamento darase conta ao Consello de Goberno. A persoa con funcións de subdirección/co-dirección será designada polo/a Reitor/a a proposta da Vicerreitor/a competente en materia de Cátedras Institucionais, coa iniciativa da Dirección da Cátedra. 4. A duración da dirección e da subdirección/co-dirección vincúlase ao período de vixencia do convenio, incluídas as prórrogas, podendo ser designados novamente no suposto de renovación do convenio ou ben cesar por decisión do Reitor/a ou por renuncia aceptada deste. 5. A xestión económica das cátedras contará co apoio do PAS da unidade orgánica onde estea vinculada a partida orzamentaria. Artigo 9. Funcións da Dirección da Cátedra 1. O/a director/a da Cátedra xestionará e dirixirá as actividades relacionadas co ámbito temático desta, atendendo ás directrices da Comisión de Seguimento e co apoio, se é o caso, da persoa que ostente a subdirección da Cátedra. 2. Serán funcións do director, entre outras: a) A representación á Cátedra en cantas reunións, accións ou actividades o requiran. b) A elaboración, organización, coordinación e o desenvolvemento da programación anual de actividades e proxectos propios da Cátedra, que previamente valide a Comisión de Seguimento. c) A elaboración e xestión económica do orzamento anual necesario para levar a cabo as actividades programadas. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/A5EE-7618-4CC8-8B9B Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: A5EE-7618-4CC8-8B9B 9 / 24 14 MANIFESTAN 1. Que a USC é unha institución de dereito público que ten como finalidade a prestación do servizo público da educación superior mediante a docencia, o estudio e a investigación. 2. Que (nome da empresa/institución) é unha ................ que ten entre os seus obxectivos a .......................... 3. Que a USC e a (nome da empresa ou institución) desexan colaborar, mediante a creación da Cátedra Institucional na ..................... En virtude do exposto, e co obxecto de fixar as condicións segundo que se rexerá tal colaboración, ambas partes conveñen celebrar o presente Convenio de conformidade coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- Obxecto. O obxecto do presente Convenio é regular as condicións segundo as cales se rexerá a Cátedra de .................. (en adiante denominada ”Cátedra”), a cal é creada no presente acto polas dúas partes, coa finalidade de fomentar a docencia, investigación e difusión dos coñecementos no campo da ....................... SEGUNDA.- Obxectivos. Todas as actividades da Cátedra estarán dirixidas á consecución dos seguintes obxectivos: a) Realizar cursos, seminarios, conferencias e cantas actividades académicas redunden na difusión, o coñecemento e a práctica da .................... Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/A5EE-7618-4CC8-8B9B Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: A5EE-7618-4CC8-8B9B 16 / 24 15 b) Promover e organizar actividades que contribúan a facilitar a reflexión e o debate, co fin de acadar o seu mutuo enriquecemento intelectual e a mellora da súa formación. c) Colaborar cos profesores e Departamentos da USC en todo aquilo que favoreza a formación integral dos alumnos. d) Favorecer a difusión e o coñecemento das investigacións realizadas mediante publicacións e outras accións de comunicación. e) A creación e mantemento dun fondo bibliográfico e documental sobre as materias específicas da .......................... e as disciplinas con ela relacionadas. f) Facilitar a inserción profesional dos estudantes da USC participando, no seu caso, nas actividades realizadas pola Cátedra. g) Procurar que a .................... se vincule cada vez máis estreitamente coa formación das promocións de ................ formadas na Universidade de Santiago de Compostela. h) Fomentar a colaboración entre a USC e o sector profesional no ámbito de .............. i) Outras A Cátedra servirá, así mesmo, como instrumento para favorecer a colaboración entre investigadores, profesores e profesionais de renome internacional, tanto cos profesores e investigadores da USC como cos ............... vinculados á ...................... As actividades da Cátedra desenvolveranse en castelán, galego e inglés, e en calquera outro idioma que se considere idóneo. TERCEIRA.- Dirección da Cátedra. A Cátedra contará como órgano unipersoal con un/unha Director/a que será nomeado/a polo Reitor/a da USC a proposta da Vicerreitoría competente en materia de Cátedras Institucionais e oída a Comisión de Seguimento. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/A5EE-7618-4CC8-8B9B Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: A5EE-7618-4CC8-8B9B 17 / 24 16 Ase mesmo, poderá designarse unha Subdirección/Co-dirección de apoio nomeada polo Reitor/a da USC a proposta da Vicerreitoría competente en materia de Cátedras Institucionais, coa iniciativa da Dirección da Cátedra. Serán funcións da Dirección da Cátedra:  Elaborar, organizar e desenvolver a programación anual de actividades e proxectos propios da Cátedra que previamente valide a Comisión de Seguimento.  Elaborar e xestionar economicamente os presupostos anuais da Cátedra necesarios para o desenvolvemento da programación das actividades.  Presentar á Comisión de Seguimento a memoria anual de actividades e a memoria económica da Cátedra.  Presentar á Reitoría mostras dos materiais divulgativos e publicitarios que se elaboren dentro do ámbito de actividade da Cátedra. CUARTA.- Comisión de Seguimento da Cátedra A efectos de favorecer o establecemento dunha comunicación fluída entre a USC e a (nome da empresa ou institución), co obxectivo de satisfacer as súas necesidades e mellorar a promoción e o seguimento das actividades e presupostos que se desenvolvan dentro do ámbito de actuación da Cátedra, constituirase unha Comisión de Seguimento paritaria presidida polo Vicerreitor/a competente en materia de Cátedras Institucionais. Dita Comisión reunirase, como mínimo, unha vez ó ano. A súa composición será a seguinte: Pola USC:  O/A Vicerreitor/a con competencias en Cátedras Institucionais, que presidirá as reunións desta Comisión.  O/A Director/a da Cátedra. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/A5EE-7618-4CC8-8B9B Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: A5EE-7618-4CC8-8B9B 18 / 24 17  Os/as profesores/as de .................. que, por razón da materia, puideran estar vinculados á actividade da Cátedra. Pola (nome da empresa/institución):  .............................  ..............................  .............................. Actuará como Secretario/a da Comisión o Director/a da Cátedra. A totalidade dos integrantes desta Comisión de Seguimento terán dereito a voz e voto nas deliberacións e adopción de acordos. Corresponderá á Comisión de Seguimento:  Aprobar o plan anual de actividades, xunto co orzamento correspondente, ademais de calquera modificación do mesmo.  Recibir información puntual sobre a marcha das actividades e proxectos programados.  Promover e autorizar a intervención doutras entidades que desexen colaborar coa Cátedra en temas de interese común que favorezan a consecución dos seus obxectivos.  Deliberar sobre calquera cuestión que poida xurdir relacionada coa Cátedra.  Resolver as posibles controversias respecto da interpretación, modificación, resolución e efectos do convenio de colaboración polo que se constitúe a Cátedra. QUINTA.- Actividades da Cátedra. A Dirección da Cátedra elaborará un Plan Anual de Actividades da Cátedra. Cada actividade realizarase de acordo cos termos e condicións que se contemplen no correspondente proxecto, que deberá conter, como mínimo, os seguintes aspectos: Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/A5EE-7618-4CC8-8B9B Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: A5EE-7618-4CC8-8B9B 19 / 24 18 a) Definición do obxectivo que se persegue. b) Descrición do plan de traballo, que incluirá as distintas fases do mesmo e a cronoloxía do seu desenvolvemento. c) Presuposto total desglosado por conceptos. d) Medios materiais e humanos que requira a actividade. e) Normas para a coordinación, execución e seguimento do proxecto. f) Nome da persoa designada respectivamente pola Universidade e pola (nome da empresa/institución) responsables da actividade. SEXTA.- Obrigas da USC. A Universidade de Santiago de Compostela proporcionará o espazo físico, de uso non necesariamente exclusivo, e os medios materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades da Cátedra (<indicar a localización ou sede da Cátedra>) SÉTIMA.- Obrigas da (Empresa/institución) A (nome da empresa/institución) financiará a Cátedra cunha aportación fixa anual de (mínimo 25.000 €), ingresando esta cantidade na conta bancaria que a USC designe coa sinatura do presente convenio. O resto de aportacións anuais efectuaranse no primeiro trimestre de cada ano natural. Poderanse realizar plans de financiamento da Cátedra por parte de terceiros interesados en colaborar coas actividades da mesma, así como solicitudes de financiamento en convocatorias públicas. OITAVA.- Confidencialidade e difusión das actividades. As partes comprométense a non difundir, baixo ningún concepto, calquera información referente a aspectos científicos, técnicos, ou de organización interna pertencente á outra parte, á que puidese ter acceso na execución deste Convenio, salvo que esas informacións sexan de dominio público. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/A5EE-7618-4CC8-8B9B Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: A5EE-7618-4CC8-8B9B 20 / 24 19 As partes, de mutuo acordo, acordarán as accións de comunicación oportunas para a difusión dos resultados das actividades programadas. En todas as comunicacións públicas das actividades da Cátedra, en publicacións ou noutros medios de difusión, deberá constar a colaboración entre a USC e a (nome da empresa/institución) NOVENA.- Dereitos de propiedade Intelectual e Industral. Todos os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial que puidesen desenvolverse durante a execución do exercicio das actividades da Cátedra pertencerán ás Partes, como titulares dos mesmos, debéndose citar aos autores. Na explotación dos dereitos a participación será proporcional a aportación realizada na consecución dos mesmos. DÉCIMA.- Vixencia do Convenio. O presente Convenio entrará en vigor o día seguinte da súa sinatura e terá unha vixencia de ..... anos, podendo ser renovado por acordo expreso por unha duración máxima de .... (ter presente o establecido na Lei de Réxime Xurídico do Sector Público vixente á sinatura do Convenio) Finalizada a vixencia do convenio a USC poderá seguir desenvolvendo as actividades programadas pendentes de execución, destinando os remanentes de crédito que houbese aos fins da cátedra. UNDÉCIMA.- Novación. Ningunha das partes poderá ceder a un terceiro os dereitos e obrigas adquiridas en virtude do presente Convenio, salvo expresa autorización por escrito da outra parte do convenio. Así mesmo, calquera modificación que as partes acorden realizar sobre o presente Convenio deberá ser aprobada polos órganos de goberno das dúas institucións e subscrita polos seus representantes legais como adenda ao presente convenio. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/A5EE-7618-4CC8-8B9B Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: A5EE-7618-4CC8-8B9B 21 / 24 20 DUODÉCIMA.- Protección de datos e Publicidade do convenio A USC e a (nome da empresa/institución) respectarán todas as previsións legais establecidas na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais e no Regulamento Xeral de Protección de Datos. A estes efectos, os datos persoais que figuran neste documento van a ser utilizados pola USC para a tramitación do procedemento de aprobación e execución do Convenio, sen os cales non sería posible tramitalo. A información adicional sobre protección de datos de carácter persoal na USC pode solicitarse no enderezo electrónico [email protected] e se lle informará do responsable do tratamento, do delegado de protección de datos, dos fins do tratamento e a súa base xurídica, da lexitimación do tratamento, dos destinatarios dos seus datos e dos dereitos que se poden exercer. Ase mesmo, a USC dispón dunha política de privacidade e protección de datos en: http://www.usc.es/es/normativa/protecciondatos/Politica-privacidade.html, Tamén pode accederse a información adicional sobre protección de datos na web: http://www.usc.es/es/normativa/protecciondatos/index.html A información sobre protección de datos da (nome da empresa/institución) poderá solicitarse no enderezo electrónico: ………….. En aplicación da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, os datos relativos as partes asinantes, obxecto do convenio , prazo de duración, obrigados ás prestacións e no seu caso as obrigas económicas convidas, poden ser obxecto de publicación pola USC. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/A5EE-7618-4CC8-8B9B Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: A5EE-7618-4CC8-8B9B 22 / 24 21 DUODÉCIMA.- Resolución de controversias. As partes comprométense a realizar todos os esforzos razoables para resolver de xeito amigable, a través da Comisión de Seguimento, calquera desacordo que se puidese derivar da interpretación ou execución deste convenio. No caso de que as partes non puidesen resolver amigablemente as controversias, someteranse expresamente á xurisdición contenciosoadministrativa, dado o carácter público da Universidade. DISPOSICIÓN FINAL O presente Convenio constitúe o acordo íntegro e definitivo das partes respecto da materia obxecto do mesmo, substituíndo e anulando a toda correspondencia, cartas de intencións e acordos verbais ou escritos que previamente poidan existir entre as partes. En proba de conformidade coas anteriores estipulacións, ambas partes asinan por duplicado e a un só efecto o presente Convenio no lugar e data sinalada no encabezamento. Pola Universidade de Santiago de Compostela O/A Reitor/a, Asdo.: Pola (nome da empresa/ institución) O/A............... Asdo.: Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/A5EE-7618-4CC8-8B9B Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: A5EE-7618-4CC8-8B9B 23 / 24 Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26/06/2020 20:38:36. Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25/06/2020 20:55:59. CSV: A5EE-7618-4CC8-8B9B Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/A5EE-7618-4CC8-8B9B Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: A5EE-7618-4CC8-8B9B 24 / 24