scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Resolución da Secretaría Xeral do 20 de novembro de 2023 pola que se modifica a resolución da Secretaría Xeral do 15 de outubro de 2020 de delegación de sinatura da potestade de certificación da secretaria ou secretario Xeral en determinados órganos e unidades

Universidade de Santiago de Compostela. Secretaría Xeral

Full text

RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DO 20 DE NOVEMBRO DE 2023 POLA QUE SE MODIFICA A RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DO 15 DE OUTUBRO DE 2020 DE DELEGACIÓN DE SINATURA DA POTESTADE DE CERTIFICACIÓN DA SECRETARIA OU SECRETARIO XERAL EN DETERMINADOS ÓRGANOS E UNIDADES Os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) no seu artigo 89 establecen entre as funcións específicas do secretario ou secretaria xeral da Universidade a de expedir certificacións da documentación oficial da USC e a de dar fe pública dos acordos dos órganos de goberno, representación e administración da Universidade. A Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime xurídico do sector público establece no seu artigo 12, sobre delegación de sinatura, que: “1. Los titulares de los órganos administrativos podrán, en materias de su competencia, que ostenten, bien por atribución, bien por delegación de competencias, delegar la firma de sus resoluciones y actos administrativos en los titulares de los órganos o unidades administrativas que de ellos dependan, dentro de los límites señalados en el artículo 9. 2. La delegación de firma no alterará la competencia del órgano delegante y para su validez no será necesaria su publicación. 3. En las resoluciones y actos que se firmen por delegación se hará constar esta circunstancia y la autoridad de procedencia.” Ao ser competencia propia do secretario ou secretaria xeral a facultade de certificación, co obxecto de axilizar a xestión dos procedementos administrativos, por resolución da Secretaría Xeral do 15 de outubro de 2020 realizouse unha delegación de sinatura en determinados órganos, modificada posteriormente por resolucións da Secretaría Xeral do 1 de xullo de 2021, do 6 de outubro de 2021, do 20 de xullo de 2022, e do 23 de novembro de 2022. Por mor de cambios nas atribucións administrativas na Área de Xestión da Investigación, cómpre adaptar a Resolución da Secretaría Xeral do 15 de outubro de 2020, de delegación de sinatura da secretaria ou secretario xeral a esta nova situación. Por todo o anterior, RESOLVO: Primeiro. Modificar o apartado quinto da Resolución da Secretaría Xeral do 15 de outubro de 2020 de delegación de sinatura da potestade de certificación da secretaria ou secretario xeral en determinados órganos e unidades, que queda redactado do seguinte xeito: Quinto. Delegación na Xerencia. 1.- Delégase na persoa titular da Xerencia a expedición de certificacións de carácter económico para informar de operacións que son resultado da execución dos orzamentos e das que hai constancia nos asentos da súa contabilidade orzamentaria. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=4164-8FF3-4BE0-91C7 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 4164-8FF3-4BE0-91C7 1 / 3 2.- Delégase na persoa titular da Vicexerencia Xeral Técnica a sinatura das seguintes certificacións: a. As relativas ao financiamento, ingresos, execución de gastos e información económica en xeral, destinadas exclusivamente á xustificación diante das entidades financiadoras, das actividades de I+D que se realicen na USC. b. As relativas aos datos que consten na documentación que se atopa nos arquivos da Subárea de Convocatorias e Programas de Recursos Humanos. Segundo. Suprimir o apartado sexto da Resolución da Secretaría Xeral do 15 de outubro de 2020 de delegación de sinatura da potestade de certificación da secretaria ou secretario xeral en determinados órganos e unidades, relativo á delegación na Área de Xestión de Investigación. Terceiro. A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Taboleiro Electrónico da USC. A secretaria xeral Dulce Mª García Mella Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). TABOLEIRO ELECTRÓNICO Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=4164-8FF3-4BE0-91C7 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 4164-8FF3-4BE0-91C7 2 / 3 Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20/11/2023 14:04:24. CSV: 4164-8FF3-4BE0-91C7 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/sede/ferramentas/publicAPP/comprobarCSV.htm?csvId=4164-8FF3-4BE0-91C7 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 4164-8FF3-4BE0-91C7 3 / 3