Regulamento de acceso e admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao para as persoas maiores de 40 anos que acrediten experiencia profesional ou laboral
Full text
1 REGULAMENTO DE ACCESO E ADMISIÓN ÁS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS OFICIAIS DE GRAO PARA AS PERSOAS MAIORES DE 40 ANOS QUE ACREDITEN EXPERIENCIA PROFESIONAL OU LABORAL A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades, na redacción dada pola Lei Orgánica 4/2007 de 12 de abril, no seu artigo 42.3 determina que corresponde ao Goberno establecer as normas básicas para a admisión dos estudantes que soliciten ingresar nos centros universitarios, correspondendo á Conferencia Xeral de Política Universitaria velar para que este procedemento se realice de xeito obxectivo e teña validez en tódalas universidades españolas e sexa acorde aos criterios do espazo europeo de educación superior. No artigo 42.4 esta Lei establécese que: co fin de facilitar a actualización da formación, a readaptación profesional e a plena participación na vida cultural económica e social, o Goberno regulará os procedementos para o acceso á universidade das persoas que non dispoñan da titulación académica legalmente requirida, logo do informe do Consello de Universidades. Verbo deste mandato o Goberno ditou o RD 1892/2008, do 14 de novembro, modificado polo RD 558/2010, do 7 de maio, polo que se regulan as condicións para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas. No Capítulo V Outras vías de acceso á universidade, artigo 36 Acceso mediante acreditación de experiencia laboral ou profesional, e apartado 2 dise que: “poderán acceder por esta vía os candidatos con experiencia laboral e profesional, en relación con unha ensinanza, que non posúan ningunha titulación académica habilitante para acceder á universidade por outras vías e cumpran ou teñan cumprido 40 anos de idade antes do día 1 de outubro do ano de comezo do curso académico. Este acceso realizarase respecto dunhas ensinanzas concretas”. Para ilo, as memorias dos graos verificados consonte o RD 1393/2007 do 29 de outubro, deberán incluír os criterios de acreditación e ámbito da experiencia laboral e profesional para cada ensinanza que permitan ordenar as solicitudes. Entre estes criterios terá que incluírse a realización dunha entrevista persoal co solicitante. Tendo en conta o que establecen as memorias dos títulos de Grao da USC e esta normativa, o Consello de Goberno, na súa reunión do 23 de marzo de 2011, acorda aprobar o Regulamento de acceso e admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao para as persoas maiores de 40 anos que acrediten experiencia laboral e profesional e non teñan titulación habilitante. Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación Esta norma ten por obxecto regular o proceso de acceso e admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao das persoas maiores de 40 anos que acrediten experiencia laboral e profesional e non teñan un título habilitante consonte ao establecido no RD 1892/2008.
2 Artigo 2. Requisitos de acceso As persoas maiores de 40 anos de idade que desexen concorrer a este proceso deberán reunir os seguintes requisitos: a) Ter cumpridos 40 anos antes do 1 de outubro do ano natural no que comeza o curso para o que se solicita o acceso. b) Non posuír ningunha titulación académica habilitante para acceder á universidade por outras vías de acceso. c) Acreditar experiencia laboral e profesional en relación coa ensinanza universitaria oficial do grao solicitado d) Superación dunha entrevista persoal de adecuación ao perfil de estudos. Artigo 3.- Convocatoria Unha vez determinado o número de prazas a convocar por esta cota a USC realizará unha convocatoria anual para o acceso por esta vía nos prazos que permitan aos/as candidatos/as concorrer debidamente aos procedementos de admisión. A convocatoria establecerá o modelo e prazos de solicitude, documentación e calquera outro requisito necesario para a resolución do procedemento de acordo co establecido neste Regulamento. Artigo 4. Estrutura e cualificación da proba Coa fin de avaliar a experiencia laboral e profesional considéranse dúas fases: a Fase de valoración da experiencia laboral e curriculum (en diante Primeira Fase) e a Fase de entrevista (en diante Segunda Fase); a puntuación en cada unha delas non poderá superar os 10 puntos. Os Tribunais con carácter previo á avaliación poderán establecer, e de ser o caso, deberán publicar os criterios específicos de valoración que deberán adecuarse en todo caso aos establecidos con carácter xeral nos parágrafos seguintes. Criterios para a avaliación da Primeira Fase: deberán considerarse os seguintes apartados: a) Experiencia laboral e profesional en traballos que teñan unha actividade directamente relacionados ou que sexa afín aos estudos solicitados e que se poida acreditar. Esta acreditación, poderá facerse mediante o contrato de traballo ou nomeamento, vida laboral ou outros medios probatorios admitidos en Dereito, deberá indicar as funcións do posto, ou postos ocupados, tempo de dedicación, nivel de competencia e presentar a certificación oficial dos períodos de cotización aos sistemas públicos de previsión social. A valoración deberá expresarse mediante cualificación numérica con dous decimais e non
3 poderá ser superior a 6 puntos. A estes efectos deberá utilizarse o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais1 (Instituto Nacional de Cualificacións) mediante o que se establecerá a afinidade entre as familias profesionais, o nivel de cualificación e as titulacións de Grao da USC, de acordo co ANEXO I. b) Formación: poderá acadarse un máximo de 2 puntos, debendo puntuar a Titulación de Técnico de Formación Profesional ou equivalente en ciclos formativos de grao medio directamente relacionados coa titulación (Segundo o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais), e a formación continúa ou cursos de formación recibida con contidos relacionados coa titulación solicitada e que poidan ser acreditados por centros ou organismos oficiais de traballo. A puntuación será de 1 punto polo título de Técnico/a de Formación Profesional ou ciclos formativos de grao medio e 0,01 puntos por hora nos cursos de formación. Non poderá valorarse o mesmo curso máis dunha vez; no caso de ter varias edicións só se valorará a última. c) Galego: O coñecemento acreditado da Lingua Galega Valorarase con 1 punto o nivel máis alto (Celga, Escola de Idiomas, etc). d) Outros méritos: O coñecemento acreditado de Idiomas comunitarios valorarase con 1 punto. Neste apartado tamén se poderán valorar aspectos relacionados coas competencias do grao ao que se opta tales como: coñecementos informáticos postos desenvoltos, mobilidade, etc. sempre que non se tiveran en conta noutros apartados. Para superar a Primeira Fase deberá obterse unha puntuación mínima de 4 puntos Criterios para a avaliación da Segunda fase.- So poderán acceder a ela os que superen a Fase de valoración da experiencia laboral e curriculum. A duración máxima da entrevista deberá determinarse polo Tribunal. Na avaliación da entrevista persoal deberá considerarse: a expresión oral do/a solicitante, a adecuación dos seus coñecementos e competencias ás do título solicitado, a motivación, etc. A cualificación da entrevista non poderá superar os 10 puntos, e para superar esta Segunda Fase será necesario obter unha puntuación igual ou superior a 4 puntos. Cualificación final: será a media aritmética das puntuacións obtidas na Primeira Fase e na Segunda Fase. Considérase superado o acceso cando a cualificación obtida sexa igual ou superior a 5 puntos. 1O Catálogo Nacional de Cualificación Profesionais (CNCP) é o instrumento do Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional (SNCFP) que ordena as cualificacións profesionais susceptibles de recoñecemento e acreditación, identificadas no sistema produtivo en función das competencias apropiadas para o exercicio profesional.
4 A publicación da resolución cos resultados farase na páxina web da USC e nas listaxes que se expoñerán nos taboleiros de anuncios do Servizo de Xestión Académica (Sección de Admisión e Xestión). Potenciarase o uso das novas tecnoloxías nas comunicacións cos aspirantes. Artigo 5.- Inscrición na proba Os/as interesados/as deberán dirixir as solicitudes ao reitor en tempo e forma segundo indique a convocatoria, indicando a titulación oficial de grao á que pretenden acceder. Cada candidato só poderá solicitar a participación no procedemento para unha única ensinanza universitaria de grao en cada convocatoria. Extraordinariamente poderá autorizarse a participación en máis dunha titulación se as datas da Segunda Fase (entrevista), non son coincidentes. A documentación que se deberá presentar xunto coa solicitude será: a) Fotocopia do DNI ou pasaporte. b) Xustificación do correspondente abono do prezo público que corresponda. c) Documentación acreditativa da Experiencia laboral e curriculum que se establece no artigo 3 deste regulamento, que de ser o caso posúan. Artigo 6.- Tribunal cualificador O Reitor da USC nomeará un tribunal para cada un dos centros, a proposta da Xunta de Centro. Este Tribunal será o responsable de cualificar, ao abeiro deste regulamento, aos candidatos/as que se presenten ás titulacións de grao que organiza cada centro. Os Tribunais estarán formados como mínimo polo - Decano ou persoa na que delegue que actuará de Presidente e dous profesores que deberán ter como mínimo cinco anos de experiencia docente avaliados positivamente. Destes profesores, un actuará como Secretario do Tribunal. - O Centro poderá designar dous profesores suplentes cos mesmos requisitos indicados no apartado anterior. A súa composición deberá ser equilibrada entre homes e mulleres. No caso de centros que xestionen varias titulacións, os membros do Tribunal poderán ter un maior número de vogais (debendo ser o número total de membros impar) ou ben constituír máis dun tribunal. Os membros dos Tribunais deberán absterse ou poderán ser recusados polos interesados cando concorran neles as circunstancias previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.
5 Artigo 7.- Reclamacións Os/as solicitantes poderán reclamar de forma motivada respecto da cualificación outorgada perante o presidente do Tribunal. O prazo de presentación destas reclamacións será de cinco días hábiles, contados dende a data de publicación das cualificacións. O escrito coa reclamación presentarase no lugar indicado na Convocatoria da proba. Transcorrido o prazo para a presentación das reclamacións, e logo da súa resolución motivada do Tribunal, publicarase a resolución definitiva coas cualificacións. Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse o correspondente recurso perante o reitor. Disposición adicional. A actualización do Anexo II realizarase ao abeiro da actualización do Catálogo de Cualificacións profesionais, incorporando os correspondentes acceso aos graos, mediante Resolución Reitoral previa consulta aos centros. Disposición final Esta Normativa entrará en vigor para o acceso por esta vía para o curso 2011-2012.
6 ANEXOI Adscrición das familias profesionais ás ramas de coñecemento do RD 1393/2007 do 29 de outubro Familia Profesional Rama de coñecemento Actividades Física e deportivas Ciencias da Saúde Ciencias Sociais e Xurídicas Administración e Xestión Artes e Humanidades Ciencias Sociais e Xurídicas Agraria Ciencias Ciencias da Saúde Enxeñaría e Arquitectura Artes Gráficas Artes e Humanidades Ciencias Sociais e Xurídicas Enxeñaría e Arquitectura Artes e Artesanías Artes e Humanidades Ciencias Sociais e Xurídicas Comercio e Mercadotecnia Artes e Humanidades Ciencias Sociais e Xurídicas Edificación e Obra civil Ciencias Enxeñaría e Arquitectura Electricidade e Electrónica Ciencias Enxeñaría e Arquitectura Enerxía e Auga Ciencias Enxeñaría e Arquitectura Fabricación Mecánica Ciencias Enxeñaría e Arquitectura Hostalaría e Turismo Artes e Humanidades Ciencias Sociais e Xurídicas Imaxe Persoal Artes e Humanidades Ciencias Sociais e Xurídicas Comunicación imaxe e son Artes e Humanidades Ciencias Sociais e Xurídicas Enxeñaría e Arquitectura Industrias Alimentarias Ciencias Ciencias da Saúde Enxeñaría e Arquitectura Industrias extractivas Ciencias Enxeñaría e Arquitectura Informática e comunicacións Ciencias Enxeñaría e Arquitectura Instalacións e Mantemento Ciencias Enxeñaría e Arquitectura Madeira Moble e Cortiza Ciencias Enxeñaría e Arquitectura
7 Familia Profesional Rama de coñecemento Marítimo Pesqueira Ciencias Enxeñaría e Arquitectura Química Ciencias Ciencias da Saúde Enxeñaría e Arquitectura Sanidade Ciencias Ciencias da Saúde Seguridade e Medio Ambiente Ciencias da Saúde Ciencias Sociais e Xurídicas Servizos Socioculturais e á Comunidade Artes e Humanidades Ciencias da Saúde Ciencias Sociais e Xurídicas Téxtil, Confección e Pel Ciencias Enxeñaría e Arquitectura Transporte e Mantemento de Vehículos Ciencias Enxeñaría e Arquitectura Vidro e Cerámica Ciencias Enxeñaría e Arquitectura
8 ANEXO II Táboa coas familias profesionais e o nivel das cualificacións de acceso aos graos Código Grao Familia profesional e nivel mínimo de cualificacións G3071V01 GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS Administración e Xestión (niveis 2 e 3) Comercio e Márketing (niveis 2 e 3) G3101V01 GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS [L] Administración e Xestión (niveis 2 e 3) Comercio e Márketing (niveis 2 e 3) G1021V01 GRAO EN BIOLOXÍA Industrias alimentarias (nivel 3) Química (nivel 2 e 3) Sanidade (nivel 2 e 3) Seguridade e Medio Ambiente (nivel 2 e 3) G3011V01 GRAO EN CIENCIA POLITICA E DA ADMINISTRACIÓN Todas as familias e as cualificacións de niveis 3 G5101V01 GRAO EN CIENCIAS DA CULTURA E DIFUSIÓN CULTURAL [L] Administración e Xestión (nivel 2) Artes Gráficas (nivel 2) Comercio e Marketing (nivel 2) Hostalería e Turismo (nivel 2) Comunicación, imaxe e son (nivel 2) Servizos Socioculturais e á Comunidade (nivel 2) G3041V01 GRAO EN COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL Actividades Físicas e Deportivas (nivel 3) Administración e Xestión (nivel 3) Artes Gráficas (nivel 3) Comercio e Marketing (nivel 3) Hostalería e Turismo (nivel 3) Imaxe Persoal (nivel 3) Comunicación, Imaxe e Son (nivel 3) Seguridade e Medio Ambiente (nivel 3) Servizos Socioculturais e á Comunidade (nivel 3) G3161V01 GRAO EN DEREITO Administración e Xestión (nivel 3) G3061V01 GRAO EN ECONOMÍA Administración e Xestión (niveis 2 e 3) Comercio e Márketing (niveis 2 e 3) G3091V01 GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL Servizos Socioculturais á Comunidade (niveis 2 e 3) Seguridade e Medio Ambiente (niveis 2 e 3) Actividades Físicas e Deportivas (niveis 2 e 3) Comunicación, Imaxe e Son (niveis 2 e 3) G2021V01 GRAO EN ENFERMARÍA Sanidade (niveis 2 e 3) Servizos Socioculturais e á Comunidade (niveis 2 e 3) G2031V01 GRAO EN ENFERMARÍA [L] Sanidade (niveis 2 e 3) Servizos Socioculturais e á Comunidade (niveis 2 e 3)
9 Código Grao Familia profesional e nivel mínimo de cualificacións G4061V01 GRAO EN ENXEÑARÍA AGRÍCOLA E DO MEDIO RURAL [L] Agraria (niveis 2 e 3) Electricidade e electrónica (niveis 2 e 3) Enerxía e auga (niveis 2 e 3) Fabricación mecánica (niveis 2 e 3) Marítimo pesqueira (niveis 2 e 3) Transporte e mantemento de vehículo (niveis 2 e 3) G4041V01 GRAO EN ENXEÑARÍA CIVIL [L] Edificación e obra civil (nivel 3) Enerxía e auga (nivel 3) Industrias extractivas (nivel 3) G4081V01 GRAO EN ENXEÑARÍA DAS INDUSTRIAS AGROALIMENTARIAS [L] Agraria (niveis 2 e 3) Electricidade e electrónica (niveis 2 e 3) Enerxía e auga (niveis 2 e 3) Industrias alimentarias (niveis 2 e 3) Instalacións e mantemento (niveis 2 e 3) Marítimo pesqueira (niveis 2 e 3) Transporte e mantemento de vehículo (niveis 2 e 3) G4051V01 GRAO EN ENXEÑARÍA EN XEOMÁTICA E TOPOGRAFÍA [L] Edificación e obra civil (nivel 3) Enerxía e auga (nivel 3) G4071V01 GRAO EN ENXEÑARÍA FORESTAL E DO MEDIO NATURAL [L] Agraria (niveis 2 e 3) Electricidade e electrónica (niveis 2 e 3) Enerxía e auga (niveis 2 e 3) Madeira, moble e corcho (niveis 2 e 3) Marítimo pesqueira (niveis 2 e 3) Química (nivel 2) G4031V01 GRAO EN ENXEÑARÍA DE PROCESOS QUÍMICOS INDUSTRIAIS [L] Edificación e obra civil (nivel 3) Electricidade e electrónica (nivel 3) Enerxía e auga (nivel 3) Fabricación mecánica (nivel 3) Instalación e mantemento (nivel 3) Química (nivel 3) Vidro e cerámica (nivel 3) G4011V01 GRAO EN ENXEÑARÍA INFORMÁTICA Comunicación, imaxen e son (nivel 3) Informática e comunicacións (nivel 2) G4021V01 GRAO EN ENXEÑARÍA QUÍMICA Industrias alimentarias (nivel 3) Instalación e mantemento (nivel 3) Química (nivel 3) Vidro e cerámica (nivel 3) G2081V01 GRAO EN FARMACIA Sanidade (niveis 2 e 3) G5071V01 GRAO EN FILOLOXÍA CLÁSICA Todas as familias e as cualificacións de niveis 2 e 3 G5031V01 GRAO EN FILOSOFÍA Todas as familias e as cualificacións de niveis 3