scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

As rimas do corpus poético de Fernan Fernandez Cogominho

González, Déborah

Full text

ISBN 978-84-453-4784-3 9 788445 347843 Pola melhor dona de quantas fez nostro senhor homenaxe á Profesora Giulia lanciani Pola melhor dona de quantas fez nostro senhor homenaxe á Profesora Giulia lanciani 0-Indices.indd 1 23/3/09 11:24:56 0-Indices.indd 2 23/3/09 11:24:57 Pola melhor dona de quantas fez nostro Senhor Homenaxe á Profesora Giulia Lanciani 0-Indices.indd 3 23/3/09 11:24:57 Edita Xunta de Galicia Secretaría Xeral de Política Lingüística Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades Coordinador científico Manuel González González Director Técnico de Literatura Anxo Tarrío Varela Colaboraron na revisión formal dos textos María Alonso Torregrosa Antonio Fernández Guiadanes David González Couso Marina Meléndez Cabo Gerardo Pérez Barcala Imprime Grafisant, S.L. ISBN: 978-84-453-4784-3 Depósito legal: C 778-2009 Santiago de Compostela, 2009 0-Indices.indd 4 23/3/09 11:24:57 Pola melhor dona de quantas fez nostro Senhor Homenaxe á Profesora Giulia Lanciani Coordinado por Mercedes Brea Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades Santiago de Compostela 2009 0-Indices.indd 5 23/3/09 11:24:58 0-Indices.indd 6 23/3/09 11:24:58 0-Indices.indd 7 23/3/09 11:24:58 0-Indices.indd 8 23/3/09 11:24:58 267AS RIMAS DO CORPUS POÉTICO DE FERNAN FERNANDEZ COGOMINHO da lagoa12, a partir do exame sintáctico e semántico, esta parece situarse no penúltimo verso. Non obstante, o problema podería te-lo seu punto de partida no verso anterior (ca muitas vezes perdi x’assi), en tanto que este vén caracterizado por: a) ser hipérmetro nunha composición de versos octosílabos regulares, sen existir a posibilidade de establecer un equilibrio na medida mediante a práctica de sinalefas; b) ca muitas vezes perdi x’assi / … / cativo, porque m’én parti é unha expresión que, desde o punto de vista sintáctico e semántico, fica incompleta (entre outras razóns porque o verbo queda desprovisto do seu CD) de forma irreparable, ó non existiren indicios textuais que permitan establecer reconstrucións fiables; a isto engádeselle que na parte final se inclúe un pronome dativo de terceira persoa dificilmente asimilable a esa parte do texto tal e como vén transmitido no manuscrito13; c) altérase neste verso a fórmula seguida nas cobras anteriores, dada a substitución do rimema c polo a. Unha parte da crítica considerou que ese cambio no cadro de rimas ten orixe noutro problema de copia no que interveñen o v. 4 e este v. 514. Por todas estas razóns, vemos probable que en orixe a cobra seguise o modelo das anteriores (abbacca), e que fose o problema de transmisión textual o que deturpou a estrutura orixinal da cantiga. Non obstante, tal e como 12 Michaëlis, partindo da hipótese de que o último verso é o omitido, optou pola regularización da métrica e da fórmula abbacca mediante a práctica dunha emenda nos dous últimos versos transmitidos e na inserción dun novo verso final: “ca muitas vezes perdi ben, / ¡cativo! Porque partim’én / [d’u nunca devia partir]”; nas notas ó texto, a editora explicou a necesidade de remodelar esta última estrofa, xa que, na súa concepción da composición, sería necesario buscar unha rima a común á das dúas cobras anteriores. Ademais, sinala que para o último verso non deu localizado unha rima satisfactoria en -i, “ou terminação differente para o penultimo e antepenultimo, que não estão bem” (cfr. C. Michaëlis, CA, vol. I, pp. 832-833 [nº 422]). Por esta razón, Lang, na reseña que fixo á obra, suxeriu muda-lo último verso en d’u eu nunca partir devi (H. R. Lang, “Zum Cancioneiro da Ajuda”, Zeitschrift für Romanische Philologie, XXXII, 1908, pp. 129-160, 290-311, 385-399 [p. 394]). Segundo a nosa perspectiva, e de acordo coas palabras de Nobiling, pensamos que este é un dos casos frecuentes nos que as rimas das dúas primeiras cobras presentan unha relación maior cás da terceira, polo que nesta é aceptable a rima que presenta sen que necesariamente teña que ser mudada a -ir para igualarse ás outras dúas. A partir da hipótese de que a omisión de texto afecta de forma especial ó penúltimo verso, e non ó último como considerou Michaëlis, Nobiling propuxo dúas solucións para esta parte tan conflitiva do texto, consistentes na emenda do rimante no v. 4, a reconstrución do rimante do v. 5 e o v. 6 completo, deixando intacto o último verso: “que ven end’a quen (sen) vai x’assi: / ca muitas vezes perdi [sen, / e perdi sono, e perdi ben,] / cativo! porque m’én parti”; ou ben “ca muitas vezes perdi [ja / sono e ben, u al non á,] / cativo! porque m’én parti” (vid. Frateschi Vieira, Oskar Nobiling, pp. 215-216; Nobiling, “Zur Text”, pp. 382-383). 13 Michaëlis describiu os contextos e os usos que o pronome presenta habitualmente: 1) acompáñase doutro pronome na oración; 2) complementa verbos que van construídos accidentalmente como reflexivos ou que se acompañan de auxiliares (poder, querer, fazer ou saber); 3) cando acompaña os verbos ser, estar e aver, ten función de dativo ético con frecuencia; vid. Michaëlis, “Glossario do Cancioneiro da Ajuda”, CA, vol. II, p. 95. 14 Segundo a hipótese defendida por Nobiling. Véxase a nota 12. 16-D.G.MARTINEZ.indd 267 23/3/09 12:46:33 268 DÉbORAH GONZáLEZ MARTíNEZ nos chega o texto, é imposible reconstruí-los rimantes e presentar unha rima concreta correspondente ó rimema c desta estrofa, pois non existe ningún indicio que permita efectuar esta práctica con seguridade15. En conclusión, as opcións que vemos como máis plausibles son: ou ben respecta-lo texto segundo o transmitido no testemuño, marcando unicamente a existencia dunha lagoa no penúltimo verso (polo que a fórmula rimática sería abbaa- a*), ou ben pensar na posibilidade dun erro de copia no v. 5 (polo que se pensaría no esquema abba--a*), co que talvez se defendería mellor a hipótese dun previo rimema c, que, en todo caso, será irreconstruíble de forma segura no plano concreto das rimas16. Alén da complicación deses versos finais, localízanse nesta cobra outras cuestións interesantes desde o punto de vista rimático, como a relación asonante entre min e os rimantes en i17, e o problema que se encontra no final do v. 418. — A fórmula aabbb documéntase para a cantiga de mestría B 364: nº ms nº rm xén. mod. cobras fórmula f rima B364 40 6 A M 3 cobras sing. aabbb -a: or, ados, an b: oita, orte, al Esta cantiga representa o único caso no corpus da lírica profana da combinación dun dístico monorrimo seguido dun trístico monorrimo no interior dunha cantiga de mestría (modalidade que lle corresponde segundo o noso 15 Así, tampouco Montero Santalla presentou os rimantes que lles corresponderían ós vv. 4, 5 e 6. Vid. Montero Santalla, As rimas, vol. I, pp. 344-345. 16 Segundo a lectura que facemos da cobra, e optando por non facer emendas nin reconstrucións, esta quedaría como segue: “E esto sei eu ben per min, / ca volo non digo por al, / mais porque sei eu ja o mal / que vén end’a quen s’én va i; / ca muitas vezes perdi x’assi / … / cativo, porque m’én parti”. 17 Para non estendérmonos en exceso, remitimos á bibliografía elemental para aproximarse á cuestión da posible relación entre min e os rimantes en -i: C. Ferreira da Cunha, “Rima de vogal oral com vogal nasal”, Estudos de poética trovadoresca: versificação e ecdótica, Rio de Janeiro: Ministério da Educación e Cultura-Instituto Nacional do Livro, 1961, pp. 173-200; M. Rodrigues Lapa, “Nótulas trovadorescas: Tres cantigas de Gil Peres Conde”, in Miscelânea de Língua e Literatura Portuguesa Medieval, Coimbra: Coimbra editora-Universidade de Coimbra, 1982, pp. 263-272 [publ. previa en Cuadernos de Estudios Gallegos, XXVII, 1954, pp. 5-146], pp. 272-273); V. bertolucci, As poesías de Martin Soares, Vigo: Galaxia, 1992 [trad. da ed. de 1963] pp. 37-38; Montero Santalla, As rimas, vol. III, pp. 1446-1448. 18 Montero Santalla deixou sen indica-lo rimante deste verso (vid. As rimas, vol. I, pp. 344-345). Michaëlis propuxo o sintagma va i (vid. CA, vol. I, pp. 832-833 [nº 422]). Lang, a pesar de acepta-la posibilidade de identificar en va un presente de indicativo analóxico a da ou a está, defendeu a forma vai seguida da reconstrución da palabra en rima [i] (vid. “Zum CA”, pp. 393-394). Pola súa parte, Nobiling parte da hipótese dun erro de copia e presenta a alternativa vai x’assi (vid. “Zur Text”, pp. 382-383). Os Machado ofreceron como rimante a forma vay, o que implica unha alteración no sistema de rimas (E. Machado – J. P. Machado, Cancioneiro da Biblioteca Nacional, antigo Colocci-Brancuti, Lisboa, 1949-1964, 8 vols (cfr. vol. II, pp. 138-142 [nº 303])). 16-D.G.MARTINEZ.indd 268 23/3/09 12:46:33 269AS RIMAS DO CORPUS POÉTICO DE FERNAN FERNANDEZ COGOMINHO punto de vista)19, pois esta fórmula non é estraña nas de refrán, principalmente no xénero de amigo20. — Por último, para a cantiga B703 / V304 a fórmula considerada é abB, que, segundo parece, está unicamente plasmada neste texto do corpus lírico profano. nº ms nº rm xén. mod. cobras fórmula f rima B703 / V304 40 4 AM R 2 cobras: a sing., b unis. abB -a: ęr, i b: ẹr Cómpre advertir que non é o único esquema que lle foi adxudicado a esta cantiga, pois foille tamén aplicada a fórmula aaBB por Montero Santalla no seu traballo sobre as rimas da lírica galego-portuguesa, e por R. Cohen na súa edición das cantigas de amigo21 (que ademais foi a incorporada na MedDB2)22. Así mesmo Â. Correia, no seu estudo sobre a tipoloxía do refrán, clasifica esta composición no grupo das que teñen un retrouso cun número de versos igual ós da cobra, aceptando a proposta do referido editor23. Entre as razóns que moverían a muda-lo esquema de tres a catro versos, hai unha de tipo rimático: o primeiro verso de cada cobra queda libre de rima tanto a nivel intraestrófico como interestrófico (pois a segue o modelo das cobras singulares, fronte a b que segue o das unisonantes). Esta existencia de versos libres de rima podería identificarse co procedemento denominado palabra perduda24, que, vén definida deste xeito na poética fragmentaria transmitida no cancioneiro B: 19 Vid. D. González, “Unha aproximación ao paralelismo e ao refrán na lírica galego-portuguesa”, La lírica romanza del medioevo. Storia, tradizioni, interpretazioni. VI Convegno Triennale della Societá Italiana di Filologia Romanza (Padova, 27 de setembro - 1 outubro 2006), pp. 507-528 [no prelo]. 20 Segundo a MedDB (2008), ofrécese: aabbB nas cantigas de amigo 58 1 e 122 4; aabBB nas de amor 8 3 e 15 2, nas de amigo 55 2 e 77 12, e no escarnio persoal 16 11; aaBBB nas de amor 11 1 e 157 42, nas de amigo 11 7, 35 1, 55 1 (dialogada), 55 2, 63 10, 67 3 (romaría), 77 4 (romaría), 93 2, 93 8 (romaría), 95 5, 114 4 (mariña), 134 4, e nas de escarnio 125 9 (esc. de amor) e 127 11 (esc. social). 21 R. Cohen, 500 Cantigas d’Amigo, edição crítica de-, Porto: Campo das Letras, 2003, p. 188. 22 Vid. MedDB2 (2008). 23 Â. Correia, O refram nos cancioneiros galego-portugueses (Escrita e tipologia), Lisboa: Facultade de Letras da Universidade de Lisboa [Dissertação de Mestrado em Literatura Portuguesa policopiada], 1992, p. 101. 24 Este artificio tería o seu equivalente máis próximo a aquel practicado polos poetas provenzais denominado rim espars: “nozione che corrisponde a tre situazioni differenti a seconda del modo in cui il fenomeno così designato (intrastrofico) si integra o meno in una connessione interstrofica. Di queste situazioni, due sono prese in considerazione dal trattato tolosano, che parla di rim estramp quando non c’è ripresa, e di rim dissolut quando il rim espars trova un’eco regolare nelle altre strofe, nella stessa posizione relativa all’interno di ciascuna strofa” (cfr. D. billy, “L’arte delle connessione nei trobadores”, in D. billy – P. Canettieri – C. Pulsoni – A. Rossell, La lirica galego-portoghese: Saggi di metrica e musica comparata, Roma: Carocci, 2003, pp. 11-111, p. 15). 16-D.G.MARTINEZ.indd 269 23/3/09 12:46:34 270 DÉbORAH GONZáLEZ MARTíNEZ Por que algũus trobadores pera mostrarẽ maor meestria meterõ en ssas cantigas que fezeron hũa palavra que nõ rrimasse cõ as outras [ch]amãlhe palabra perduda. E esta palavra pode meter o trobador no começo ou no meyo ou na cima da cobra, ẽ qual logar quiser, pero que se a meter ẽ hũa cobra deve-a meter nas outras en cada hũa delas en aquel lugar. E esta palavra deve de seer [de] maor me[e]stria, ou er pode meter ssenhas palavras en cada cobra que rrimẽ hũas [cõ] outras, ou se er quiser[e] en cada cobra de senhas rrimas. E outrosy pode meter na cobra hũa palavra perduda duas vezes per esta maneira25. Porén, a crítica non interpreta a definición que ofrece o tratado unanimemente, e hai discrepancias na concepción da técnica. Para Montero Santalla, o artificio debería ser entendido como un ornato literario consistente nun verso libre a nivel intraestrófico, mais sería “um instrumento de ligação estrófica, em quanto repete em duas ou mais estrofes uma mesma rima”26. Para outros investigadores, a palabra perduda é entendida como a integración dun verso de rima libre que se reitera á mesma altura estrutural en cada unidade estrófica, mais, a nivel interestrófico, os versos poden igualarse nas rimas ou presentar unha rima diferente27. Esta última concepción permite dispoñe-lo texto do seguinte xeito: cobra rimas rimantes Ia: ęr b: ẹrPalabra perduda: prouguer Palabra-rima: veer Refrán: prazer II a: i b: ẹrPalabra perduda: vi Palabra-rima: veer Refrán: prazer O esquema 10a 10a 2B 8B28 fixado por Cohen implica que o que para nós constitúe unha palabra-rima, nesa proposta é un verso independente que inicia o refrán. Tal modificación ten como consecuencia a necesidade de 25 J. M. D’Heur (ed.), “L’Art de trouver du Chansonnier Colocci-brancuti. Édition et analyse”, Arquivos do Centro Cultural Português, IX, 1975, pp. 321-398, p. 384. 26 Cfr. Montero Santalla, As Rimas, vol. III, p. 1454 (vid. vol. I, pp. 224-225; 450-451). 27 Para máis información sobre esta técnica, vid. Â. Correia, “Palavra Perduda”, in Giulia Lanciani – Giuseppe Tavani (coords.), Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa, Lisboa: Caminho, 1993, p. 506; M. C. Rodríguez Castaño, “A palavra perduda: da teoría á práctica”, in S. Fortuño – T. Martínez (eds.), Actas del VII Congrés de L’Associació Hispànica de Literatura Medieval (Castelló de la Plana, 22-26 de setembre de 1997), Castelló de la Plana: Publicacións da Universidade Jaume I, 1999, vol. III, pp. 263-285 [263-265]; M. brea – P. Lorenzo, A cantiga de amigo, Vigo: Xerais, 1998, pp. 196-201. 28 Como forma de xustificar a pertinencia deste modelo métrico-rimático, o editor ofrece dous exemplos: B 627 / V 228 (47 27) e B 628 / V 229 (47 2), textos atribuídos a Fernan Rodriguez de Calheiros, para os que presenta unha solución semellante á adoptada na cantiga de Fernan Fernandez. Nesas cantigas transmitidas por B e V, o texto correspondente ó refrán vén transcrito nunha única liña gráfica, que Cohen divide para dispoñe-lo retrouso en dous versos: viver, / ca non poss’eu al 16-D.G.MARTINEZ.indd 270 23/3/09 12:46:34 271AS RIMAS DO CORPUS POÉTICO DE FERNAN FERNANDEZ COGOMINHO reconstruí-lo segundo rimante na cobra II, polo que o editor integra o adverbio pronominal i. O cadro rimático da súa proposta queda como segue29: 30 31 cobra rimas rimantes Ia: ęr b: ẹr prouguer / poder30 Refrán: veer / prazer II a: i b: ẹr vi / [i]31 Refrán: veer / prazer Desde a nosa perspectiva, a copia nos manuscritos parece apoia-lo esquema consistente en dúas cobras de tres versos32, dos que o último funciona como retrouso, e de aquí que se vexa como mellor opción a fórmula abB, que foi a que no seu momento lle asignou G. Tavani33. 2. As rimas Os trobadores galego-portugueses priorizaron nas súas composicións o verso agudo sobre o grave, posiblemente a causa da importancia que este acadou na escola provenzal; mais, como indicou beltrán, aquilo que para os trobadors “non era senón resultado da contextura fónica da lingua, entre os nosos trobadores convertérase en criterio de selección de carácter literario”34. Entre as rimas máis frecuentes no corpus lírico (estimadas por Montero Santalla como aquelas que ocorren en máis de 500 versos), predominan de forma evidente (tanto en ocorrencias como en diversidade) as rimas agudas: -er /’ẹr/ (4731), -ar (4436), -en (2933), -or (2793), -i (2471), -on (2373), -ei (2142), -al (1557), -ir (1143), -ou (960), -er /’ęr/ (887), -a (845), -eus (577), ben querer e estar; / ave-l’ei ja sempr’ a desejar (vid. Cohen, 500 Cantigas d’Amigo, pp. 112-113). Porén, a disposición da copia non é igual á que se presenta na cantiga de Fernan Fernandez Cogominho. 29 Vid. Cohen, 500 Cantigas de Amigo, p. 188. 30 Corresponde á forma do P1 do futuro de subxuntivo. 31 A nivel de rimas, a diferenza que se establece entre a solución ofrecida por R. Cohen e a de J. M. Montero Santalla radica na reconstrución dun rimante para o segundo verso da segunda cobra, pois só o primeiro presentou unha palabra en rima para este lugar, consistente no adverbio pronominal i, mentres que o segundo non deu indicacións sobre o rimante do v. 2 da segunda cobra. 32 Nos dous testemuños a cantiga está disposta en dúas cobras de tres versos, sen que o traballo dos copistas leve a pensar que no seu antecedente a distribución versal era diferente á que presentan estes. En V 304, como é a práctica habitual do copista deste cancioneiro, transcribíronse en maiúscula a inicial capital de cantiga e a inicial da cobra seguinte, mentres que tódolos demais versos comezan en minúscula. O cancioneiro Colocci-brancutti, ofrece, desde este punto de vista, un indicio máis favorable á hipótese de se-lo esquema abB, en tanto que en B 703 as maiúsculas se aplicaron tamén ós versos que inician o refrán; non se observa ningún elemento que leve a pensar que o inicio do refrán estaría situado na última palabra da segunda liña gráfica transcrita. 33 Vid. Tavani, RM, p. 138. 34 V. beltrán, A Cantiga de Amor, Vigo: Xerais, 1995, p. 81. 16-D.G.MARTINEZ.indd 271 23/3/09 12:46:34 272 DÉbORAH GONZáLEZ MARTíNEZ -an (536). Mentres que as rimas graves que superan as 500 ocorrencias son só catro: -ia (2262), -ado (1575), -ada (963), -ade (528) 35. En relación ó corpus poético atribuído a Fernan Fernandez Cogominho, vemos que as rimas agudas utilizadas son as seguintes (ordenadas por frecuencia): -er /’ẹr/ (13 / 29)36, -i (10 / 17)37, -ei (7 / 13), -a (6 / 10), -an (6 / 10), -ar (10 / 10), -ir (7 / 8), -al (4 / 7), -en (4 / 7), -eus (2 / 4), -on (3 / 4), -eu (2 / 4), -e (2 / 4), -er (3 / 3), -or (2 / 2), -in (1 / 1); mentres que as graves son: -ado (3 / 12), -ades (6 / 6), -igo (4 / 6), -edes (4 / 4), -oita (2 / 3), -orte (2 / 3), -ada (2 / 2), -ados (2 / 2), -ade (2 / 2), -esse (2 / 2), -ides (2 / 2), -irdes (2 / 2). Se cruzámo-los datos ata aquí presentados, e os que se obteñen de observa-los rimantes que se presentan para cada unha destas rimas, podemos establece-las seguintes conclusións: — Na obra do autor predominan as rimas agudas sobre as graves, algo que non é de estrañar se se ten en conta a tendencia dominante na escola galego-portuguesa. Esta supremacía dos versos agudos conséguese mediante a diversidade de rimantes agudos utilizados, e pola reiteración en posición de rima que algúns deles experimentan. A rima máis utilizada no corpus atribuído a Fernan Fernandez coincide con aquela máis empregada no conxunto da lírica galego-portuguesa, isto é, a rima aguda er /’ẹr/. — Malia iso, non se pode dicir que a rima grave teña un uso marxinal na obra de Cogominho; pode exemplificarse o seu emprego coa composición B702 / V303, na que só se inclúen versos graves (a: -ades, -ada, -igo; b: -edes, -irdes, -ade; C: -ado), coas cantigas B704 / V305 (a: -ei, -igo, -on; b: -er, -en, -esse; C: -an), B705 / V306 (a: -ades, -igo; b: -er, -edes, -ides; C: -ado) e B364 (a: -or, -ados, -an; b: -oita, -orte, -al), nas que se ofrece unha combinación de rimas graves e agudas. — Ademais, queremos chama-la atención sobre a diversidade de rimas agudas e graves documentadas, pois a pesar de ser máis numerosos e variados os rimantes agudos, en canto ás rimas en si, establécese certa proximidade: hai 15 rimas agudas diferentes e 13 rimas graves. — boa parte das rimas teñen a súa realización en rimantes que corresponden a formas verbais ou nominais, caracterizadas por presentaren unha terminación facilmente relacionable. Sobre a cuestión, beltrán destacou que a escola galego-portuguesa non priorizou a rima complicada, difícil nin rebuscada, senón que se preferiu introducir tempos verbais e sufixos nominais, que desde o punto de vista literario funcionan habitualmente como apoio e canle do desenvolvemento semántico, e “en definitiva, a elección dunhas poucas palabras e das formas flexivas dos verbos permítelles [ós 35 Vid. Montero Santalla, As rimas, vol. III, p. 1516. 36 A primeira cifra marca o número de rimantes diferentes que conteñen tal rima, e o segundo ó índice de ocorrencias da rima nos versos. 37 Habería que pór en relación con esta rima o rimante min, coa rima aguda que figura ó final da lista. 16-D.G.MARTINEZ.indd 272 23/3/09 12:46:34 273AS RIMAS DO CORPUS POÉTICO DE FERNAN FERNANDEZ COGOMINHO trobadores] situar na rima os termos clave dos seus poemas”; deste xeito “a rima fácil ponse ó servicio da difícil arte de subliñar sempre os termos de maior carga poética”38. A este respecto, de entre os existentes no corpus do autor, referirémonos a dous casos paradigmáticos: — O primeiro exemplo consiste no uso paranomásico dos rimantes migo - sigo (en B704 / V305)39, que se presentan relacionados entre si con frecuencia no conxunto da lírica (ou a carón doutros rimantes, como amigo ou Vigo). Non obstante, o que singulariza a súa ocorrencia nesta composición é que o trobador se serviu da inclusión dos dous pronomes en posición de rima para enfatiza-la diferenza entre a situación que vive a moza namorada que agarda morriñenta novas do seu namorado, e o rei que retén ó amigo consigo: “En quanto falardes migo, / dizede, se vos venha ben, / se vos disse novas alguen / dos que el rei levou sigo”. — O segundo caso ó que aludiremos é o dos rimantes doita-coita-coita, forte-morte-morte e tal-mal-mal (en B364); a súa inclusión, combinando as técnicas da paronomasia e do dobre, reforzan e reiteran expresivamente o tema principal desenvolvido na composición, non só mediante a reaparición en rima dos substantivos coita, morte e mal, senón tamén mediante a súa asociación cun adxectivo, ou pronome indefinido, parónimos que os enfatizan e intensifican. A isto engádese que as rimas -oita e -orte sexan moi pouco utilizadas no corpus lírico profano: -oita preséntase en 14 versos, no interior de só catro cantigas, e unicamente baixo os rimantes coita e doita40; -orte figura en 29 versos, distribuídos en 13 textos, concretizándose só en forte e morte41. Estas figuras de dicción e repetición engádense ós restantes procedementos retóricos utilizados neste texto para deseñar e chegar a expresar unha dor incomparable, facela verosímil e magnificala. 38 Cfr. beltrán, A Cantiga de Amor, p. 83. 39 C. P. Martínez, “Falad’amigo… Falade migo. Para a descrición e discreción dos usos paronomásicos no trobadorismo profano galego-portugués”, in M. brea (coord.), O Cancioneiro da Ajuda cen anos despois: Actas do Congreso realizado pola Dirección Xeral de Promoción Cultural en Santiago de Compostela e na Illa de San Simón os días 25-28 de maio de 2004, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia-Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, 2004, pp. 403-425, p. 424. 40 Fóra da cantiga de Fernan Fernandez, a rima -oita ten lugar noutras tres cantigas: en 25 129, aparecen relacionados coita-doita-coita; en 70 8 inclúese coita-coita como parella reiterada nas tres cobras; e, por último, en 104 9 aparece dúas veces o termo coita, mais só relacionado entre si a nivel interestrófico. 41 Ademais de se ofreceren nesta cantiga os dous termos como rimantes asociados, aparece morte-forte en tres textos (25 21, 25 61, 30 23), forte-morte en seis (25 9, 25 15, 25 16, 25 22, 28 1, 79 44), morte-forte-morte en 25 129 (o que deixa ver unha relación entre esta composición, na que tamén se recolle a rima -oita, como coita-doita-coita, e a composición de Fernan Fernandez Cogominho). A excepción a esta parella é forte-amostre en 83 6, e morte no refrán de 22 3. 16-D.G.MARTINEZ.indd 273 23/3/09 12:46:34 274 DÉbORAH GONZáLEZ MARTíNEZ bIbLIOGRAFíA beltrán, Vicenç, A cantiga de Amor, Vigo: Xerais, 1995. bertolucci Pizzorusso, Valeria, As poesías de Martin Soares, Vigo: Galaxia, 1992 [trad. da ed. de 1963]. billy, Dominique, “L’arte delle connessione nei trobadores”, in D. billy – P. Canettieri – C. Pulsoni – A. Rossell, La lirica galego-portoghese: Saggi di metrica e musica comparata, Roma: Carocci, 2003, pp. 11-111. brea, Mercedes – Pilar Lorenzo Gradín, A Cantiga de Amigo, Vigo: Xerais, 1998. Correia, Ângela, O refram nos cancioneiros galego-portugueses (Escrita e tipologia), Lisboa: Facultade de Letras da Universidade de Lisboa [Dissertação de Mestrado em Literatura Portuguesa policopiada], 1992. —, “Palavra Perduda”, in G. Lanciani – G. Tavani (coords.), Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa, Lisboa: Caminho, 1993, p. 506. Cunha, Celso Ferreira da, “Rima de vogal oral com vogal nasal”, Estudos de poética trovadoresca: versificação e ecdótica, Rio de Janeiro: Ministério da Educación e Cultura-Instituto Nacional do Livro, 1961, pp. 173-200. D’Heur, Jean-Marie (ed.), “L’Art de trouver du Chansonnier Colocci-brancuti. Édition et analyse”, Arquivos do Centro Cultural Português, IX, 1975, pp. 321-398. Finazzi-Agró, Alessandro, “Rima”, in G. Lanciani – G. Tavani (coords.), Dicionário de Literatura Medieval Galega e Portuguesa, Lisboa: Caminho, 1993, pp. 576-577. González Martínez, Déborah, “Unha aproximación ao paralelismo e ao refrán na lírica galego-portuguesa”, in La lirica romanza del medioevo. Storia, tradizioni, interpretazioni. VI Convegno Triennale della Societá Italiana di Filologia Romanza (Padova, 27 de setembro - 1 outubro 2006), pp. 507-528 [no prelo]. Lapa, Manuel Rodrigues, “Nótulas trovadorescas: Tres cantigas de Gil Peres Conde”, in Miscelânea de Língua e Literatura Portuguesa Medieval, Coimbra: Coimbra editora-Universidade de Coimbra, 1982, pp. 263-272 [publ. previa en: Cuadernos de Estudios Gallegos, XXVII, 1954, pp. 5-146]. Machado, Jose Pedro – Elsa Paxeco Machado, Cancioneiro da Biblioteca Nacional, antigo Colocci-Brancuti, Lisboa, 1949-1964, 8 vols. Martínez Pereiro, Carlos Paulo, “Falad’amigo… Falade migo. Para a descrición e discreción dos usos paronomásicos no trobadorismo profano galego-portugués”, in M. brea (coord.), O Cancioneiro da Ajuda cen anos despois: Actas do Congreso realizado pola Dirección Xeral de Promoción Cultural en Santiago de Compostela e na Illa de San Simón os días 25-28 de maio de 2004, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia-Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, 2004, pp. 403-425. MedDB: Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa, Versión 2.0.3, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, <http://www.cirp. es/ > [data de consulta: 2008]. 16-D.G.MARTINEZ.indd 274 23/3/09 12:46:34 275AS RIMAS DO CORPUS POÉTICO DE FERNAN FERNANDEZ COGOMINHO Michaëlis de Vasconcelos, Carolina, Cancioneiro da Ajuda. Edição critica e commentada por-, Lisboa: Imprensa Nacional - Casa da Moeda, 1990, 2 vols. [reimpresión da ed. Halle A. S.: Max Nemeyer, 1904]. Montero Santalla, José Martín, As rimas da poesia trovadoresca galego-portuguesa: catálogo e análise, [Tese de doutoramento en Filoloxía Hispánica, Sec. Galego-Portuguesa], A Coruña, 3 vols., 2000 [Inédita]. Nobiling, Oskar, “Zu Text und Interpretation des Cancioneiro da Ajuda”, Romanische Forschungen, 23, 1907, pp. 339-385. Rodríguez Castaño, María del Carmen, “A Palavra Perduda: Da teoría á práctica”, in S. Fortuño – T. Martínez (eds.), Actas del VII Congrés de L’Associació Hispànica de Literatura Medieval (Castelló de la Plana, 22-26 de setembre de 1997), Castelló de la Plana: Publicacións da Universidade Jaume I, 1999, vol. III, pp. 263-285. Tavani, Giuseppe, Repertorio métrico della lirica galego-portoghese, Roma: Edizioni dell’Ateneo, 1967 [= RM]. —, A poesía lírica galego-portuguesa, Vigo: Galaxia, 1991. Vieira, Yara Frateschi (ed.), Oskar Nobiling: As cantigas de D. Johan Garcia de Guilhade e estudos dispersos, Nitéroi: Ed. UFF, 2007. 16-D.G.MARTINEZ.indd 275 23/3/09 12:46:35 16-D.G.MARTINEZ.indd 276 23/3/09 12:46:35