scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Boletín do CEDE da USC. 2024, Vol. 7 (xullo)

Full text

BOLETÍN DO CEDE DA USC ISSN 1989-1369 2024 • Volume 7 (xullo) CONTIDOS Actualidade 1 Oportunidades 6 Prácticas remuneradas 6 Emprego 6 Financiamento 7 Participación dos cidadáns 9 Consultas públicas aos cidadáns 9 Actos xurídicos 10 Actos lexislativos 10 Outros actos 11 Sentenzas do Tribunal de Xustiza da UE 12 Procesos por infracción contra España 15 Estatísticas do Eurostat 17 Indicadores económicos 17 Outros datos 17 Publicacións do Tribunal de Contas da UE 19 Sondaxes do Eurobarómetro 20 Suxestións bibliográficas 22 Obras dispoñibles na biblioteca da USC 22 Outras obras 23 Para recibir un correo electrónico co anuncio de cada novo Boletín do CEDE, subscríbase á lista de distribución. Para máis información sobre este boletín e sobre o CEDE da USC, visite a nosa páxina web. Edición: Jesús M. Saavedra Carballido. Elaboración dos contidos propios: Jesús M. Saavedra Carballido. Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 7 (xullo) ACTUALIDADE Presidencia da Comisión Con 401 votos a favor nun Parlamento Europeo composto por 719 membros, a conservadora alemá Ursula von der Leyen foi elixida presidenta da Comisión Europea para o período 2024-2029. Este será o segundo mandato de Von der Leyen como presidenta da Comisión. Foi elixida por primeira vez polos eurodeputados en xullo de 2019. Agora os estados membros deben presentar os seus candidatos aos postos de comisarios da UE. Comunicado de prensa no sitio do Parlamento Europeo. Máis información na BBC e no The Guardian (en inglés) e no EuroEFE-Euractiv. Opinión no Le Monde (en francés). Presidencia do Parlamento Europeo O plenario do Parlamento Europeo reelixiu a conservadora maltesa Roberta Metsola como presidenta do Parlamento Europeo até 2027. A candidatura Metsola saíu adiante na primeira volta, ao obter unha maioría absoluta dos votos válidos emitidos (562 dun total de 623). Continuará a dirixir o Parlamento durante os primeiros dous anos e medio da décima lexislatura. Comunicado de prensa no sitio do Parlamento Europeo. Máis información no Politico (en inglés) e no Le Monde (en francés). Composición do Parlamento Europeo A Agrupación Nacional (RN polas siglas francesas) da francesa Marine Lle Pen e a liga italiana de Matteo Salvini sumáronse ao grupo ultradereitista e nacionalista impulsado na Eurocámara polo primeiro ministro húngaro, Viktor Orbán, o que torna esa coalición — á cal tamén pertence o partido español Vox — na terceira máis grande do hemiciclo comunitario, só por tras do Partido Popular Europeo (PPE) e os Socialistas e Demócratas. O presidente dese grupo, chamado Patriotas para Europa, será o presidente da RN francesa e eurodeputado do mesmo partido, Jordan Bardella. O novo grupo conta con 84 deputados de 12 países. Os Patriotas superan así os 78 escanos dos Conservadores e Reformistas Europeos (ECR, polas siglas inglesas, onde se sitúan os partidos ultraconservadores Irmáns de Italia de Giorgia Meloni e PiS de Polonia), e os 76 de Renovar Europa (liberais), que tradicionalmente ocupaban o terceiro lugar en número de eurodeputados e agora serán a quinta forza. Entre tanto, o Movemento Cinco Estrelas (MS5), o partido do ex primeiro ministro italiano Giuseppe Conte, incorporouse como membro da Esquerda no Parlamento Europeo. Sumando os 8 eurodeputados do MS5, o grupo da Esquerda Europea contará con 47 integrantes na cámara. Máis información sobre os grupos de utradereita no The Guardian (en inglés) e no EuroEFE- Euractiv. Máis información sobre o grupo da esquerda no Politico (en inglés) e no EuroEFE-Euractiv. Presidencia rotatoria do Consello da UE Hungría asumiu a presidencia rotatoria do Consello, formado polos ministros dos estados membros. O estado que exerce a presidencia durante seis meses organiza e preside as reunións do Consello, e representa esta institución nas súas relacións coas demais institucións da UE. Hungría 1 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 7 (xullo) ocupará esta posición desde xullo até decembro, proseguindo os traballos da presidencia anterior (Bélxica) antes de pasar á próxima presidencia (Polonia). • O xefe da diplomacia comunitaria, Josep Borrell, manifestou que existe un «profundo malestar» na UE polas recentes viaxes do primeiro ministro húngaro, Viktor Orbán, a Rusia e a China. Poucos días despois de Hungría asumir a presidencia rotatoria do Consello da UE, Orbán, o membro do bloque comunitario máis próximo ao Kremlin, visitou por iniciativa propia Kiev, Moscova, Pequín e Washington no que describiu como unha «misión de paz» para acabar coa guerra na Ucraína. Estas visitas xeraron, segundo Borrell, «unha confusión lamentable», xa que Orbán tentou dar ás súas viaxes un ton oficial — utilizando, por exemplo, o logotipo do seu estado como presidente do Consello da UE nas súas viaxes á China e Rusia — a pesar de a UE insistir en que non ten a competencia nin a autoridade para negociar no seu nome. • En resposta ás actividades de Orbán, a Comisión decidiu non enviar comisarios ás reunións informais organizadas en Hungría no marco da súa presidencia do Consello, e Borrell organizou unha reunión informal de ministros de relacións externas dos estados membros que non será presidida, como é o habitual, por Hungría. Páxina web sobre a presidencia rotatoria de Hungría no sitio do Consello. Máis información sobre o comezo da presidencia húngara do Consello no Politico (en inglés) e no EuroEFE-Euractiv. Máis información sobre as declaración de Borrell no EuroEFE-Euractiv. Máis información sobre a ausencia de comisarios nas reunións informais en Hungría no The Guardian (en inglés) e no Le Monde (en francés), e sobre a reunión convocada por Borrell na BBC e no The Guardian (en inglés) e no EuroEFE-Euractiv. Inflación e desemprego na eurozona Na eurozona a inflación moderouse unha décima no mes de xuño, até unha taxa interanual de 2,5 %, en canto en maio o desemprego aumentou en 38.000 persoas. Ambos os datos, publicados pola axencia comunitaria de estatística Eurostat, apuntan a unha certa estabilidade, coa taxa de desemprego no seu mínimo histórico e a inflación de volta á senda descendente que se rompeu o mes pasado. Pola súa vez, a inflación subxacente — que exclúe a enerxía, os alimentos frescos e o tabaco pola súa volatilidade, e é a referencia que utiliza o Banco Central Europeo (BCE) para fixar a súa política monetaria — mantívose estable en 2,9 %. Máis información no EuroEFE-Euractiv. Guerra comercial coa China A UE aumentou provisoriamente as tarifas aduaneiras aos vehículos eléctricos chineses, como parte das medidas que a Comisión tomou para protexer a industria automobilística do bloque comunitario. Os novos impostos alfandegarios aos fabricantes individuais van de 17,4 % a 37,6 %, que se suman a unha tarifa de 10 % xa en vigor para todos os coches eléctricos importados da China. Isto podería aumentar o prezo dos vehículos eléctricos en toda a UE, facéndoos menos accesibles para os consumidores da UE. Os funcionarios da UE din que o aumento das importacións de coches eléctricos chineses se viu impulsado por unha «subvención inxusta», que permitiu que se vendesen a prezos moito máis baixos que os producidos nos estados membros. China negou a acusación. Máis información na BBC (en inglés) e no Le Monde (en francés). 2 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 7 (xullo) Compañías aéreas Lufthansa obtivo a aprobación da UE para comprar unha participación na compañía aérea estatal italiana ITA Airways despois que unhas concesións de último momento aliviasen as tensións entre Roma e Bruxelas. A compañía alemá, que xa era a maior de Europa en termos de ingresos, agora suma rotas italianas á súa rede, o que garante o futuro da deficitaria compañía italiana, sucesora da antiga Alitalia. Máis información no Politico (en inglés). Relatorio sobre o estado de dereito na UE A Comisión publicou o seu quinto relatorio anual sobre o estado de dereito, que fai un seguimento da evolución significativa e fai balance da situación do estado de dereito en todos os estados da UE. O relatorio conclúe que a UE está moito mellor preparada que ha cinco anos para detectar, previr e abordar os desafíos emerxentes. Segundo o relatorio, isto significa democracias máis resilientes, confianza mutua dentro da UE, bo funcionamento do mercado único e un ambiente empresarial que fomenta a competitividade e o crecemento sustentable. Comunicado de prensa no sitio da Comisión. Relatorios sobre os dereitos humanos As autoridades dos estados membros da UE non están a facer o suficiente para investigar os relatorios cribles de violacións dos dereitos humanos, incluíndo as mortes, nas súas fronteiras, segundo afirmou a Axencia dos Dereitos Fundamentais da UE (FRA polas siglas inglesas). Segundo o documento da FRA, as axencias de dereitos humanos e as ONG estaban a informar de «violacións graves, recorrentes e xeneralizadas dos dereitos dos migrantes e refuxiados durante a xestión das fronteiras», mais a pesar dos informes «cribles», moitos deles non se investigaron. A FRA conclúe propondo dez medidas para promover investigacións rápidas e efectivas que os estados poden realizar sobre incidentes de maos tratos nas fronteiras. • Noutro relatorio, a FRA advertiu que a operación militar lanzada en Gaza polo exército israelí, en resposta aos ataques terroristas de Hamás contra Israel, xerou unha onda de antisemitismo na UE e un maior acoso á comunidade xudía dos estados membros. Relatorio sobre as fronteiras na páxina web da FRA (en inglés). Máis información sobre o relatorio relativo ás fronteiras na BBC e no The Guardian (en inglés) e no EuroEFE-Euractiv. Relatorio sobre o aumento do antisemitismo na páxina web da FRA (en inglés). Máis información sobre o aumento do antisemitismo no Le Monde (en francés) e no EuroEFE-Euractiv. Acordo con Serbia para o litio O chanceler alemán Olaf Scholz e o vicepresidente eslovaco da Comisión Europea Maroš Šefčovič fecharon unha serie de acordos que outorgan á UE e aos fabricantes de automóbiles dos estados membros acceso exclusivo ao litio serbio, abrindo camiño para a construción dunha das minas de litio máis grandes do continente. Espérase que o acordo beneficie fabricantes de automóbiles como a Mercedes-Benz e a Stellantis, mais é moi impopular no estado balcánico, por razóns ambientais entre outras. Máis información na BBC e no Politico (en inglés). 3 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 7 (xullo) Eleccións en Venezuela O alto representante da UE para as Relacións Externas e a Política de Seguranza, o español Josep Borrell, declarou que os resultados das eleccións presidenciais en Venezuela «non foron verificados e non poderán ser considerados representativos da vontade do pobo venezolano até seren publicados e verificados». O xefe da diplomacia comunitaria instou o Consello Nacional Electoral de Venezuela a que «actúe coa máxima transparencia no proceso de tabulación dos resultados, incluíndo o acceso inmediato ás actas de votación de todas as mesas electorais e a publicación dos resultados electorais desagregados». Primeiro comunicado de prensa de Borrell no sitio do Servizo Europeo para a Acción Externa (EEAS). Segundo comunicado de prensa de Borrell no sitio do Servizo Europeo para a Acción Externa (EEAS). Máis información no EuroEFE-Euractiv. Directrices sobre os dereitos dos pasaxeiros A Comisión publicou unhas directrices interpretativas revistas sobre os dereitos dos pasaxeiros aéreos que facilitarán o cumprimento das normas e harmonizarán a aplicación por parte dos organismos dps estados. A revisión ten en conta, nomeadamente, as sentenzas do Tribunal de Xustiza desde 2016 que aclaran determinadas disposicións, permitindo unha aplicación máis eficaz e coherente das normas. Tamén se acrecentou unha nova sección sobre as perturbacións masivas das viaxes. Alén diso, foron publicadas directrices interpretativas revistas sobre os dereitos das persoas con discapacidade e as persoas de mobilidade reducida no transporte aéreo. Comunicado de prensa no sitio da Comisión. Programa Horizonte Europa Canadá súmase ao crecente grupo de estados non pertencentes á UE asociados ao programa de investigación e innovación da UE, Horizonte Europa, e traballarán conxuntamente en proxectos de grande escala para abordar os maiores desafíos globais. Canadá asóciase ao Pilar II de Horizonte Europa, o cal financia proxectos de investigación colaborativos nunha ampla gama de dominios. As entidades canadenses poden agora unirse e liderar consorcios de investigación con algunhas das mellores organizacións de investigación do mundo. Terán a oportunidade de recibir financiamento directamente do programa, en canto Canadá contribuirá ao seu orzamento. Comunicado de prensa no sitio da Comisión. Investimento nos Balcáns Occidentais A Comisión Europea anunciou o sexto paquete de investimentos no marco do Plano Económico e de Investimento da UE para os Balcáns Occidentais, que esperar mobilizar 1.200 millóns de euros en investimentos nesa zona. Este paquete apoiará oito novos investimentos emblemáticos nos sectores do abastecemento de auga e o saneamento, o tratamento de augas residuais e o transporte ferroviario, alén da innovación e a transformación ecolóxica nas pequenas e medianas empresas. Os investimentos serán levados a cabo en estreita cooperación cos parceiros dos Balcáns Occidentais e as institucións financeiras internacionais. Comunicado de prensa no sitio da Comisión. 4 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 7 (xullo) Axuda militar para Xeorxia A UE conxelou un paquete de axuda militar a Xeorxia de 30 millóns de euros. Este é o primeiro paso da paralización de facto do seu proceso de integración no bloque comunitario, despois que Xeorxia adoptase unha lei que coarta a liberdade das ONG e dos medios de comunicación. Con esa lei as organizacións non gobernamentais e os medios con máis de 20 % de financiamento externo terán que presentar unha vez ao ano declaracións públicas. Máis información no EuroEFE-Euractiv. Xigantes dixitais A Comisión Europea aceptou este xoves o compromiso da empresa Apple de dar acceso aos seus rivais á súa tecnoloxía de pagamento á distancia («contactless»), o que na práctica significa que a multinacional estadounidense evita unha multa por abuso de posición dominante no mercado comunitario. Máis información sobre a Apple no The Guardian (en inglés) e no EuroEFE-Euractiv. Pagamento do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia en España A Comisión Europea anunciou o desembolso a España duns 9.900 millóns de euros correspondentes ao cuarto pagamento do fondo de recuperación. Esta cuarta parte dependía, nomeadamente, de 61 reformas e investimentos, entre elas a reforma do sistema de pensións e a reforma do subsidio por desemprego. O pagamento foi posible tras recibir luz verde dos outros estados membros, en liña coa avaliación positiva — excepto o fito relacionado coa dixitalización de pemes — feita polo executivo comunitario. Comunicado de prensa no sitio da Representación da Comisión en España. Máis información no EuroEFE-Euractiv. 5 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 7 (xullo) OPORTUNIDADES Selección das convocatorias recentes consideradas máis relevantes. Prácticas remuneradas •Para estudantes de ciencias, a través de Euraxess (buscando traineeship e trainee). Varios prazos. •Centro Común de Investigación (Joint Research Centre, JRC). Varios prazos. •Banco Central Europeo. Varios prazos. •Servizo Europeo para a Acción Externa (EEAS). Varios prazos. •Comisión Europea. Prazo até 30 de agosto. •Tribunal de Xustiza da UE. Prazo até 15 de setembro. •Comité Económico e Social. Prazo até 30 de setembro. •Comité das Rexións. Prazo até 30 de setembro. Emprego •Empregos para investigadores financiados polas accións Marie Skłodowska-Curie en diferentes campos científicos (sección Job vacancies, en inglés). Varios prazos. •Empregos para investigadores no Centro Común de Investigación da Comisión (Joint Research Centre, JRC) (en inglés). Varios prazos. •Empregos para investigadores científicos ofrecidos por Euraxess (en inglés). Varios prazos. •Procesos de selección da EPSO para a Comisión e diferentes institucións, organismos e axencias da UE. Varios prazos. •Banco Central Europeo. Varios prazos. •Servizo Europeo para a Acción Externa. Varios prazos. 6 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 7 (xullo) Financiamento Asuntos marítimos e pesca •Rede Mediterránea de Economía Azul. Prazo até 26 de agosto. Investigación e innovación •2.ª convocatoria aberta ICOS. Prazo até 6 de setembro. •AI Challenge 2024. Prazo até 15 de setembro. •IMERMAID. Prazo até 19 de setembro. •Materias primas IET 2024. Prazo até 19 de setembro. •WASABI. Prazo até 20 de setembro. •EU-IL Deep-Tech Exchange. Prazo até 24 de setembro. •Premio Europeo para Mulleres Innovadoras. Prazo até 25 de setembro. •Premios europeos innovación 2024.Prazo até 26 de setembro. •Solucións innovadoras para as zonas rurais. Prazo até 30 de setembro. •Transición sustentable de empresas. Prazo até 1 de outubro. •Iniciativas Innovadoras da Empresa Común de Saúde 2024. Prazo até 10 de outubro. •Asociación Europea para as Peme Innovadoras. Prazo até 15 de outubro. •ERC Synergy Grants 2025. Prazo até 6 de novembro. •CLIMAAX. Prazo até 15 de outubro. •Loita contra a delincuencia e o terrorismo 2024. Prazo até 20 de novembro. •Sociedade resistente áqs catástrofes 2024. Prazo até 20 de novembro. •Aumento da Ciberseguranza 2024. Prazo até 20 de novembro. •Infraestruturas resilientes 2024. Prazo até 20 de novembro. •Xestión de fronteiras 2024. Prazo até 20 de novembro. Empresas e comercio •Apoio financeiro a start-ups. Prazo até 6 de setembro. •Eurostars-3. Convocatoria 7. Prazo até 12 de setembro. •Colaboración peme turísticas ST3ER. Prazo até 30 de setembro. Mercado único e concorrencia •RE-CENTRE Go International. Prazo até 12 de setembro. 7 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 7 (xullo) •GreenBoost4WISEs. Prazo até 30 de setembro. •SEE BRIDGE. Prazo até 1 de outubro. Institucións, organismos e axencias da UE •Avaliación do risco para as plantas ornamentais. Prazo até 1 de outubro. Sociedade dixital •Chips Dixitais. Prazo até 2 de outubro. •Habilidades Dixitais Avanzadas. Prazo até 21 de novembro. •Acelerar o uso das tecnoloxías. Prazo até 21 de novembro. •Accións no dominio da ciberseguranza. Prazo até 21 de xaneiro de 2025. Cidadáns •Fundacións políticas europeas 2024. Prazo até 16 de outubro. Educación, deporte e xuventude •Accións deportivas de emerxencia para persoas novas. Prazo até 17 de outubro. •Erasmus+. Xuventude 2024. Prazo até 1 de outubro. Emprego e asuntos sociais •Programa de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza. Prazo até 18 de outubro. 8 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 7 (xullo) PROCESOS POR INFRACCIÓN CONTRA ESPAÑA Servizos financeiros A Comisión Europea decidiu incoar un procedemento de infracción enviando unha carta de emprazamento a España [INFR(2024)4009] en relación con determinadas restricións introducidas por normas españolas aos réximes de pensións profesionais e individuais. España dispón agora de dous meses para responder e solucionar as deficiencias sinaladas pola Comisión. Caso contrario, a Comisión podería optar por emitir un ditame motivado. A Comisión Europea decidiu incoar un procedemento de infracción enviando unha carta de emprazamento a España [INFR(2024)2178] por non traspor completamente as modificacións da Directiva sobre recuperación e resolución bancarias (Directiva 2014/59/UE, «DRRB») introducidas polo Regulamento (UE) 2022/2036, relativas ao tratamento prudencial de entidades de importancia sistémica mundial e a capacidade de absorción de perdas e de recapitalización dos grupos bancarios. España dispón agora de dous meses para responder e solucionar as deficiencias sinaladas pola Comisión. Caso contrario, a Comisión podería optar por emitir un ditame motivado. A Comisión Europea decidiu incoar un procedemento de infracción enviando unha carta de emprazamento a España [INFR(2024)2187] por non notificar á Comisión as normas sobre sancións administrativas e outras medidas aplicables ás infraccións do Regulamento relativo a un produto paneuropeo de pensións individuais [Regulamento (UE) 2019/1238]. España dispón agora de dous meses para responder e solucionar as deficiencias sinaladas pola Comisión. Caso contrario, a Comisión podería optar por emitir un ditame motivado. A Comisión Europea decidiu enviar un ditame motivado a España [INFR(2024)0047] pola transposición incompleta da Directiva sobre os administradores de créditos e os compradores de créditos (Directiva (UE) 2021/2167). España dispón agora de dous meses para responder e adoptar as medidas necesarias. Caso contrario, a Comisión podería optar por remitir os asuntos ao Tribunal de Xustiza da UE. Mobilidade e transporte A Comisión Europea decidiu incoar un procedemento de infracción enviando unha carta de emprazamento a España [INFR(2024)2088] por non aplicar correctamente determinadas disposicións do sistema de avaliación do rendemento e de tarificación dos servizos de navegación aérea do ceo único europeo. España dispón agora de dous meses para responder e solucionar as deficiencias sinaladas pola Comisión. Caso contrario, a Comisión podería optar por emitir un ditame motivado. Economía dixital A Comisión Europea decidiu incoar un procedemento de infracción enviando unha carta de emprazamento a España [INFR(2024)2165] por incumprimentos relativos ás autoridades competentes en materia de servizos dixitais. España dispón agora de dous meses para responder e solucionar as deficiencias sinaladas pola Comisión. Caso contrario, a Comisión podería optar por emitir un ditame motivado. 15 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 7 (xullo) Emprego e dereitos sociais A Comisión Europea decidiu enviar unha segunda carta de emprazamento a España [INFR(2014)4224] por non traspor correctamente ao seu dereito a Directiva 1999/70/CE do Consello, que prohibe a discriminación dos traballadores cun contrato de duración determinada. España dispón agora de dous meses para responder e solucionar as deficiencias sinaladas pola Comisión. Caso contrario, a Comisión podería optar por emitir un ditame motivado. Ambiente A Comisión Europea decidiu incoar un procedemento de infracción enviando cartas de emprazamento a todos estados membros, incluíndo España [INFR(2024)2147], por non cumpriren os obxectivos de recolla e reciclaxe de residuos. España dispón agora de dous meses para responder e solucionar as deficiencias sinaladas pola Comisión. Caso contrario, a Comisión podería optar por emitir un ditame motivado. A Comisión Europea decidiu incoar un procedemento de infracción enviando cartas de emprazamento a todos estados membros, incluíndo España, por non traspor plenamente ao seu dereito as disposicións da Directiva revista sobre o réxime de comercio de dereitos de emisión da UE (RCDE UE) relacionadas co novo réxime de comercio de dereitos de emisión (RCDE2). España dispón agora de dous meses para responder e solucionar as deficiencias sinaladas pola Comisión. Caso contrario, a Comisión podería optar por emitir un ditame motivado. 16 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 7 (xullo) ESTATÍSTICAS DO EUROSTAT Todas as estatísticas son en inglés. Indicadores económicos •Consumo familiar real per cápita. •Débeda pública na eurozona. •Déficit público axustado estacionalmente. •Produción na construción. •Inflación anual na eurozona. •Superávit do comercio internacional de mercadorías na eurozona. •Produción industrial. •Produción no sector dos servizos. •Volume de comercio retallista. •Prezos da vivenda na eurozona. •Ssuperávit en conta corrente da UE. •Taxa de aforro das familias na eurozona. •Prezos da produción industrial. •Desemprego na eurozona. Outros datos •Reservas de aloxamento a través de plataformas en liña. •Persoas empregadas no sector dos deportes. •Sobrecualificación profesional. •Duración da vida laboral. •Produción de bens manufaturados. •Datos básicos dos estados membros. •Government finance statistics: long-term debt securities •Títulos de crédito a longo prazo. •Datos sobre as crianzas. •Estatísticas sobre Hungría. 17 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 7 (xullo) •Importacións de produtos enerxéticos. •Uso de fertilizantes na agricultura. •Ordes de expulsión e expulsións. •Satisfacción co tempo de lecer. •Fontes de produción de enerxía. •Empresas e persoas empregadas no sector inmobiliario. •Prezos agrícolas. •Transporte acuático. •Peticións de asilo. •Menores en risco de pobreza ou exclusión social. •Datos chave das empresas da UE. •Emprego en plataformas dixitais. •Estatísticas chave. •Ingresos por impostos ambientais. •Exportacións extracomunitarias. •Persoas en risco de pobreza. •Camas de hospital. •Poboación da UE. •Datos chave. •Estatísticas de asilo e inmigración. •Vendas de vivendas. •Persoas con protección termporal. •Produción mercantil total. •Datos chave sobre o sistema de Dublín. •Prezos da vivenda e alugueres. •Prezo do cacao. •Cota de mercado das grandes empresas eléctricas. •Impacto económico do turismo. 18 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 7 (xullo) PUBLICACIÓNS DO TRIBUNAL DE CONTAS DA UE •Relatorio Especial 10/2024: Recoñecemento de cualificacións profesionais na UE. •Análise 03/2024: Visión xeral do cadro de fiabilidade e dos factores chave que contribúen aos erros no gasto de cohesión 2014-2020. •Relatorio Especial 11/2024: A política industrial da UE para o hidróxeno renovable. 19 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 7 (xullo) SONDAXES DO EUROBARÓMETRO Desafíos e prioridades da UE As persoas consultadas identifican o respecto da democracia, dos dereitos humanos e do estado de dereito (38 %) e o poder económico, industrial e comercial (34 %) como os principais puntos fortes da UE, seguidos das boas relacións e a solidariedade entre os estados membros da UE (28 %). Os cidadáns da UE mencionan con maior frecuencia o ambiente e as alteracións climáticas (33 %) e a migración irregular (tamén 33 %), seguidos da seguranza e a defensa (29 %) e a guerra na Ucraína (25 %) como dominios que a UE debería abordar con carácter prioritario. Ao mesmo tempo, a guerra na Ucraína ocupa o primeiro posto canto aos desafíos que encara a UE, mencionada por 50 % das persoas. A migración irregular (41 %) e as cuestións ambientais e as alteracións climáticas (35 %) seguen en segundo e terceiro lugar. Cando se pregunta polos valores que a UE encarna mellor en comparación con outros estados do mundo, os cidadáns indican claramente o respecto dos dereitos e valores fundamentais, alén da liberdade de expresión (cada un con 53 %). 58 % dos cidadáns tende a ser optimista sobre o futuro da UE. 55 % deles afirma ter moita ou algo de confianza na fortaleza da democracia da UE no próximos cinco anos. Con todo, ao mesmo tempo, 64 % dos cidadáns da UE tenden a estar preocupados pola seguranza da UE no próximos cinco anos. Páxina web da sondaxe (en inglés). Estado de dereito 72 % da persoas consultadas considera que a UE desempeña un papel importante á hora de contribuír á defensa do estado de dereito no seu país. 89 % afirma que é importante para eles que todos os estados membros da UE respecten os valores fundamentais da UE, incluíndo os dereitos fundamentais, o estado de dereito e a democracia. Ao mesmo tempo, 86 % afirma que é importante para eles que os medios de comunicación e as organizacións da sociedade civil de todos os outros estados membros diferentes do seu propio estado poidan actuar libremente e sen presións, mesmo cando sexan críticos. 53 % das persoas consultadas afirma que se sente informado sobre o estado de dereito. Páxina web da sondaxe (en inglés). Actitudes das empresas perante a corrupción na UE en 2024 51 % das empresas con sede na UE cre que as persoas ou empresas que incorren en prácticas corruptas son descubertas ou denunciadas ás autoridades. Destas empresas, máis de tres cuartas partes cren que as ligazóns demasiado estreitas entre as empresas e a política conducen á corrupción (79 %) e que o favoritismo e a corrupción minan a concorrencia empresarial (74 %). 64 % das empresas con sede na UE considera que a corrupción está moi espallada nos seus estados membros. Páxina web da sondaxe (en inglés). Actitudes dos cidadáns perante a corrupción na UE en 2024 As persoas consultadas fican escépticas a respecto dos esforzos dos gobernos dos seus estados para combateren a corrupción: 65 % dos cidadáns cre que os casos de corrupción de alto nivel non 20 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 7 (xullo) se perseguen o suficiente, e só 30 % pensa que os esforzos dos gobernos para combater a corrupción son eficaces. 68 % dos cidadáns considera que a corrupción está moi espallada nos seus estados membros. Páxina web da sondaxe (en inglés). Década dixital Este inquérito explora se, e en que medida, as actitudes dos cidadáns da UE evolucionaron durante o último ano neste dominio en rápida evolución. O impacto da dixitalización parece moi forte: case tres cuartas partes das persoas consultadas (73 %) consideran que a dixitalización dos servizos públicos e privados cotiáns lles torna a vida máis fácil, incluído 19 % que di que lles torna a vida «moito máis fácil». Pouco menos dunha cuarta parte (23 %) di que a dixitalización dos servizos públicos e privados diarios está a tornarlles a vida máis difícil. Páxina web da sondaxe (en inglés). 21 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 7 (xullo) SUXESTIÓNS BIBLIOGRÁFICAS Obras dispoñibles na biblioteca da USC Mankowski, Peter, e Ulrich Magnus, eds. 2023. Brussels Ibis Regulation: Commentary (European Commentaries on Private International Law, ECPIL). 2.ª edición revista. Colonia: Otto Schmidt. Este libro, pioneiro entre os comentarios «artigo por artigo» en inglés no ámbito do dereito internacional privado, aparece na súa segunda edición co comentario ao Regulamento Bruxelas Ia (Regulamento Bruxelas Ibis). Este comentario sobre un regulamento central do dereito civil comunitario proporciona respostas ben fundadas e concretas a cuestións prácticas, como as cláusulas de resolución de disputas, que deberían estar ao comezo de todo contrato «B2B» transfronteirizo. O equipo de autores está formado por especialistas xurídicos de renome de toda Europa e presta especial atención á xurisprudencia do TXUE. Müller-Terpitz, Ralf, e Markus Köhler, eds. 2024. Digital Services Act: Gesetz über digitale Dienste: Kommentar. Múnic: C.H. Beck. A Lei de Servizos Dixitais de 2022 (DSA polas siglas inglesas), sobre transaccións comerciais na internet, contén, entre outras cousas, regulacións sobre a responsabilidade das plataformas intermediarias e requisitos das plataformas, por exemplo, disposicións sobre persoas de contacto, normas de transparencia, disposicións sobre a influencia indirecta de termos e condicións xerais a través de dereitos fundamentais, obrigacións de información, sistemas de queixas e denuncias, así como sistemas de resolución de disputas. O novo regulamento da UE diríxese aos operadores de plataformas, motores de busca e redes sociais que actualmente teñen polo menos 45 millóns de usuarios activos mensuais na UE. En canto a «Lei de Mercados Dixitais», aprobada paralelamente, ten como obxectivo limitar o poder de mercado de xigantes da internet, a DSA, segundo os desexos da Comisión, ocúpase da regulación dos contidos compartidos por estes intermediarios. O que está prohibido fóra de liña tamén debería estar prohibido en liña. Isto inclúe, por exemplo, o odio ilegal e os produtos falsificados. Ademais, a DSA tamén contén disposicións detalladas sobre cando os operadores de plataformas, as redes sociais e outros intermediarios poden acollerse a privilexios de responsabilidade, é dicir, cando non son responsables do contido publicado. Restrínxense aínda máis a publicidade en liña e os chamados «padróns escuros». Os excesos das plataformas, como os anuncios baseados no seguimento ou os deseños enganosos, están regulados de forma máis estrita. Tamén se introducen regulacións detalladas sobre como abordar as decisións de moderación do contido da plataforma. A DSA tamén crea amplas oportunidades para impor sancións eficientes. Nogueira Guastavino, Magdalena, Olga Fotinopoulou Basurko, e José María Miranda Boto, eds. 2024. Lecciones de derecho social de la Unión Europea. 2.a edición. Valencia: Tirant lo Blanch. Esta obra, na cal participan recoñecidos especialistas sobre o dereito social comunitario, ofrece unha introdución completa e accesible á política social da UE, o ordenamento xurídico e os principios nos cales asenta, o papel de todos os axentes implicados, e o sistema xurisdicional que cela polo seu bo funcionamento. 22 Boletín do CEDE da USC • ISSN 1989-1369 2024 • Volume 7 (xullo) Outras obras Biscop, Sven. 2024. This Is Not a New World Order: Europe Rediscovers Geopolitics, from Ukraine to Taiwan. Ghent: Owl Press. Levamos máis de tres décadas vivindo nun mundo multipolar. Os europeos apenas agora se están afacendo de novo a como funciona un mundo de grandes potencias. Neste proceso, a UE redescubriu a importancia da xeopolítica. Sen consciencia xeopolítica é imposible elaborar unha boa estratexia. Mais, segundo o autor desta obra, non todos os problemas son xeopolíticos, e a estratexia abarca moito máis que a xeopolítica. En definitiva, a UE precisa dunha estratexia intelixente para xestionar a rivalidade xeopolítica. O obxectivo: manter o mundo unido. Comte, Jean. 2024. Au cœur du lobbying européen: Les voies de l’influence. Edición revista e aumentada. Liège: Presses universitaires de Liège. Aínda que sexa común denunciar o traballo dos lobbistas en Bruxelas, poucos estudos tentan comprender as razóns da súa influencia. O autor desta obra inverte a perspectiva e analiza a utilidade que teñen, para quen fai as leis, os representantes de intereses. Destaca así a función pouco coñecida mais esencial dos lobbies como conduto de información e experiencia, dos sectores que eles defenden até as institucións comunitarias. Isto explica a posición esencial que adquiriron no aparello institucional da UE. Delbeke, Jos, ed. 2024. Delivering a Climate Neutral Europe. Oxford: Taylor & Francis Group. https://doi.org/10.4324/9781003493730. Nesta obra resúmense as consecucións de 25 anos de política climática da UE, con énfase no que se conseguiu até agora no marco do Pacto Verde. Tamén se salientan as cuestións climáticas que están sobre a mesa dos responsables políticos no próximo ciclo de políticas comunitarias (2024-2029). Os capítulos desta obra están escritos por funcionarios responsables dos servizos da Comisión Europea que participaron activamente nas negociacións relacionadas coa lexislación climática. Explican como se prepararon os ambiciosos obxectivos para 2030 e 2050 con vistas a implementar os compromisos asumidos en 2015 en virtude do Acordo de París e presentan a arquitectura xeral da política para contrarrestar a idea de que se está desenvolvendo unha avalancha de accións lexislativas sen moita estrutura. En particular, este libro examina a ferramenta de fixación de prezos do carbono que Europa implementou no marco do Sistema de Comercio de Emisións da UE (RCDE UE), os obxectivos diferenciados que os estados membros deben cumprir e a lexislación da UE relevante para o clima nos dominios da enerxía, o transporte, a industria, as finanzas, e a agricultura e a silvicultura. Os autores tamén analizan os ventos en contra que se aveciñan en forma dun crecente escepticismo entre a opinión pública e o impacto das guerras nas inmediacións do continente europeo. 23