scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Harry Potter, da tradición oral á oralidade pop

Veiga Izaguirre, Marta

Full text

1 Harry Potter, da tradición oral á oralidade pop Marta Veiga Izaguirre Traballo de Fin de Mestrado. Liña Investigación Director: Jesús Varela Zapata Máster Universitario en Servizos Culturais Curso Académico 2015/2016 2 3 Índice 1. Limiar: Ao principio foi o conto .................................................................. 5 2. Deconstructing Harry................................................................................... 22 2.1. Xéneros, técnicas literarias e recursos estilísticos............................. 27 2.2. Criaturas, animais, plantas e obxectos máxicos................................ 34 2.3. Ecos do ciclo artúrico, Canterbury, Macbeth e Fausto...................... 42 2.4. A novela do XIX, C.S. Lewis, JRR Tolkien e as referencias bíblicas...................................................................................................... 49 2.5. A fórmula Campbell e a fórmula Propp............................................. 55 3. O longo camiño cara ao folclore do terceiro milenio............................... 104 3.1. Os noventa, Seattle e Margareth Thatcher....................................... 114 3.2. Mutantes, efectos especiais e cultura pop........................................ 118 3.3. Internet e a utopía multipantalla...................................................... 123 4. Conclusións: Este conto non remata aquí................................................ 133 5. Bibliografía e referencias........................................................................... 144 4 5 “We may be a small country, but we're a great one, too. The country of Shakespeare, Churchill, The Beatles, Sean Connery, Harry Potter. David Beckham's right foot. David Beckham's left foot, come to that”. 1 1. Limiar: Ao principio foi o conto A historia persoal de Joanne Kathleen Rowling ten moito de conto marabilloso, como ela mesma e os seus biógrafos teñen teimado en trasladarlle ao mundo, nunha construción épica con elementos de fantasía e de superación persoal que ben podería encaixar nalgunha das 4.100 páxinas da serie literaria máis exitosa de todos os tempos, a do neno meigo Harry Potter que ela mesma escribiu e mantén viva para o fandom2. Joanne Rowling relata que Harry Potter, un neno de 11 anos orfo e maltratado –na mellor tradición británica dickensiana— que descobre que é un meigo, foi produto dunha soneca nunha viaxe en tren entre Manchester e Londres un día de 1990, cando a autora –unha licenciada en filoloxía francesa natural de Bristol— tiña 25 anos. Naquel traxecto naceron os personaxes principais da serie de novelas e o que sería o xermolo de Harry Potter e a pedra filosofal, a obra auroral da heptaloxía. O pequeno Potter, coa súa cicatriz en forma de lóstrego na fronte, acompañou a Rowling nos seguintes anos da súa vida e converteríase nunha táboa de salvación cando a mediados dos noventa, empobrecida, desempregada, cunha filla froito dunha relación fracasada en Portugal e protexida cunha orde de alonxamento do seu exmarido, a autora desembarca en Edimburgo, cabo da súa irmá, co obxectivo de rematar esa historia e probar sorte como escritora. Rowling rememora nas entrevistas os tempos dos subsidios e dos apartamentos sen calefacción e como 1 Extracto da comparecencia do personaxe de David, o primeiro ministro do Reino Unido, interpretado por Hugh Grant, perante o presidente dos Estados Unidos, encarnado por Billy Bob Thorton, no filme de Richard Curtis Love Actually (2003). 2 Segundo o dicionario Oxford, fandom pode ser un nome contable ou incontable que serve para referirse ao estado e condición de ser fan ou seareiro de algo ou dalguén e tamén ao conxunto dos seareiros dunha persoa particular, equipo deportivo ou narrativa de ficción, recoñecido colectivamente como unha comunidade ou subcultura. Na entrada do vocablo fandom na web do dicionario Oxford emprégase como exemplo unha frase relativa ás historias de Harry Potter. Na actual cultura xuvenil de masas o termo fandom é de uso común noutras linguas, aínda que non está incorporado aos diccionarios da Real Academia Galega ou da Real Academia Española. 6 ela agardaba a que a súa filla quedase durmida para entrar nunha cafetería e escribir ao quente. Hoxendía, algún destes locais da capital de Escocia teñen mudado en lugares de peregrinación para os seareiros, como sucede co Nicholson's. En 1995, o último ano antes de lle atopar editorial a Harry Potter e a pedra filosofal, JK Rowling asegura que foi máis pobre ca nunca na vida. Que residía nun cuarto infestado de ratos, que escribía a man porque non tiña cartos nin para mercar unha máquina de escribir e que vivía dunha prestación do Goberno británico para nais solteiras. A sorte comezou a mudar ao recibir unha bolsa do Consello Escocés das Artes, de 12.000 euros, que ela asegura que gastou en pagarlle a mulleres para que coidasen da súa filla mentres preparaba o texto definitivo para o prelo. Esa foi outra aventura. O primeiro axente ao que lle enviou os tres primeiros capítulos da novela devolvéullelos ao día seguinte. O segundo, Chistoper Little, pediulle o resto do manuscrito, mais tardou un ano en atopar unha editorial interesada, logo de nove rexeitamentos. Finalmente foi Bloomsbury, un nome agora indisolublemente asociado ao de Harry Potter e que ten medrado grazas ao neno meigo, quen fixo unha oferta. Nas negociacións editoriais, Rowling perdeu o seu nome de pía para se converter en JK Rowling, unha recomendación dos editores, que entendían que os nenos e mozos (varóns) son reticentes a mercar ou ler calquera produto cultural que leve por diante o nome dunha muller. E así, con certo misterio sobre a autoría que mesmo levou a pensar que se trataba dun pseudónimo, viuse nas librarías do Reino Unido por primeia vez Harry Potter and The Philosopher's Stone o 30 de xuño de 1997. Imprimiron 500 copias. O éxito non foi inmediato, pero case. Con motivo de celebrárense 15 anos da estrea editorial da serie pottérica, o diario The Guardian recuperou a primeira información na que se facía referencia a este “fenómeno crecente”, xa en xullo de 1997. “Autora novel e nai solteira vende un libro infantil por 100.000 libras”, titulara o The Guardian, sobre o acordo coa editorial estadounidense Scholastic para a súa publicación en América. Xa naquela altura explicaba a reportaxe do The Guardian que había dous estudos de Hollywood interesados na historia e aventuraba o xornalista Dan Glaister, o seu autor, que Harry Potter podería ser algún día tan célebre coma o Charlie da fábrica de chocolate de Roald Dahl. O diario escocés The Scotsman publicara a primeira reseña da que se ten noticia o 28 de xuño de 1997, a cargo de Lindsay Fraser, que defende Harry Potter como un relato que ten trazas de clásico, “unha mostra inexpugnable do poder da narración fronte ás fórmulas da literatura de 7 terror e as novelas románticas”. Emprega Fraser o vocablo inglés 'storytelling', derivado de 'story-teller', a palabra usada para definir os fabuladores e contadores de contos nas sociedades orais tradicionais e que nas novas sociedades orais da cultura de masas se emprega tamén para referirse ao director de xogo (game master), á persoa que dirixe as narracións colaborativas dos xogos de rol. Rowling é quen de facer unha novela relativamente longa para o que se viña estilando en lecturas de nenos de nove a once anos, que é para os que se recomenda. A pedra filosofal ten 255 páxinas nas que se atopa a pegada dos contos de fadas, as lendas e a mitoloxía da literatura oral europea tradicional, aderezada con ecos das novelas de internados británicos e con vocación de Bildungsroman ou de relato de formación. As sete novelas que compoñen o corpus principal da serie de Harry Potter responden a unha fórmula estrita: 1. Fin das vacacións de verán. 2. Inicio do curso e transición do escenario non máxico ao escenario máxico. 3. Chegada ao internado de Hogwarts. 4. Conflito/enfrontamento. 5. Resolución. 6. Moralexa, case sempre por conta do profesor Albus Dumbledore. Só o sétimo e último libro muda lixeiramente a estrutura. Salvo excepcións puntuais, estamos perante unha narrativa fantástica que toma tamén elementos das novelas de aventuras e misterio de Sherlock Holmes ou Agatha Christie e que emprega a terceira persoa e a ferramenta da narración omnisciente focalizada en Harry Potter. Fronte a outros arquetipos das narrativas seriadas contemporáneas, nas que os personaxes permanecen inalterables no tempo, os lectores asisten á transformación duns protagonistas que comezan a historia como nenos de once anos e que enfrontan todo tipo de complicacións no mundo máxico ao tempo que xestionan a súa transición á pubertade e logo á adolescencia e á idade adulta. Como sucede coa literatura oral tradicional da que Harry Potter é debedor, a morte é o tema principal dos libros, nos que tamén ten cabida a reflexión política –enténdase política non unicamente como ideoloxía, aínda que tamén—. Están aí a opresión, o poder e o seu abuso, a autoridade, a desobediencia, a normalidade, nós e o Outro, a supervivencia, a superación dos estándares, a tolerancia, a decepción, a frustración, a solidariedade... É tamén Harry Potter un produto do seu tempo, duns anos noventa nos que o posthatcherismo de John Mayor e mesmo de Tony Blair consagran a demonización das clases menos privilexiadas no Reino Unido. E Rowling, defensora férrea do Estado do benestar, é unha cidadá que esculca nos seus libros a desigualdade e que aproveita a súa fortuna para facerlle 8 xenerosas doazóns ao Partido Laborista británico (e tamén para sufragar cun millón de libras a campaña pola permanencia de Escocia no Reino Unido). A máis temperá reseña no diario español El País non aparece ata o 31 de outubro de 1999. “El auge de la literatura infantil también llega a España”, titula Lucía Argos. O primeiro volume de Harry Potter viña de ser traducido en español en abril dese mesmo ano, pola editorial Salamandra, e o segundo levaba dez días nas librarías. Entre abril e outubro despacharan 10.000 exemplares, correspondentes a cinco edicións, e os editores consideraban que as cifras eran aínda discretas. “Es habitual que los fenómenos lleguen aquí con un poco de retraso”, dicían os editores de Salamandra na reportaxe de El País. Naquela altura, os tres primeiros exemplares de Harry Potter venderan máis de oito millóns de volumes en Estados Unidos e outros 2,2 millóns no resto do mercado anglosaxón. O fenómeno fan que se iniciara no mundo anglosaxón non tardou en ser replicado noutros sistemas literarios. Sinalaban os lingüistas que o emprego de frases curtas e sinxelas axudaba os nenos con dislexia e outros problemas de lectura a continuar ata o final da historia, xa que non se perdían en descricións e figuras que a cotío resultan frustrantes. O verdadeiro punto de inflexión experiméntase en 1999, cando Warner Bros lle paga a JK Rowling un millón de libras polos dereitos dos catro primeiros títulos da serie do neno meigo para facer outras tantas películas. E así, o lanzamento do cuatro libro, Harry Potter e o cáliz de fogo, é xa no verán do ano 2000 todo un acontecemento de carácter global, con vixilias nas librarías e despacho considerable de exemplares en inglés en países de fala non inglesa, demandados por fans que non son quen de agardar as traducións (a española non chegaría ata 2001). Potter, porén, non lle gusta a todo o mundo. O 11 de xullo de 2000, o sacrosanto gardián do canon literario occidental, Harold Bloom, publica unha crítica feroz en The Wall Street Joural sobre Harry Potter e a pedra filosofal, o primeiro libro da serie. “Poden 35 millóns de compradores de libros estar equivocados?”, pregúntase Bloom. Non é un interrogante retórico, xa que a resposta é afirmativa: “Si, poden estar equivocados”. É Harry Potter canon da literatura infantil e xuvenil? A BBC, a cadea pública de radiodifusión británica, elaborou en abril do ano pasado unha (moi anglosaxona e occidental) listaxe na que están as Mulleriñas de Louisa May Alcott, O principiño de Saint-Exúpery e O león, a bruxa e o armario de C.S. Lewis, pero ningunha das novelas do neno meigo. Tampouco aparecen na selección destes once mellores títulos infantís de todos os tempos ningún de contemporáneos 9 como Philip Pullman ou Terry Pratcher nin os clásicos de J.R.R. Tolkien. Estas opinións non impiden que a conta de beneficios de Harry Potter sexa cada vez máis avultada. A milagre do libro infantil que case que da noite á mañá sacou unha nai solteira da miseria xa adoita saír publicada en xornais de todo o mundo e resulta un filón para os medios audiovisuais, sempre na procura de historias exemplares das xentes do común cun final feliz. A historia de superación persoal de Rowling intégrase como unha peza máis na promoción da primeira das películas, Harry Potter e a pedra filosofal, que será estreada con vistas ao Nadal de 2001. Convértese nun éxito inmediato que retroalimenta o fenómeno: os fans poden verlles as caras aos personaxes que bosquexaron cando leron os libros e, ao tempo, moitos nenos, adolescentes e adultos engaiolados coa atmosfera do filme –conseguida grazas á música de John Williams e a unha fotografia espectacular de paisaxes escocesas e un bo feixe de actores británicos de prestixio, entre outros moitos méritos— se achegan tamén aos libros. A progresión das vendas e da popularidade son xeométricas desde 2001 en diante. Ata 2002 non chegan as traducións en galego, de mans da editorial Galaxia e a cargo de Marilar Aleixandre (A pedra filosofal) e Eva Almazán (A Cámara dos Segredos), e xa condicionadas polos dereitos propiedade de Warner Bros, o merchandising e a existencia dun imaxinario e unha mitoloxía pottéricas no mercado anglosaxón e mesmo no castelanparlante. Para 2003, o dicionario Oxford introduce o vocablo muggle3 e os medios británicos sinalan que Joanne Katheleen Rowling é xa a muller máis rica do Reino Unido, por diante da raíña Sabela II e, en 2007, a revista Time elíxea como finalista da súa selección de Persoa do Ano. Por detrás de Vladimir Putin e por diante de Al Gore. En novembro de 2007 calcúlase que a marca Harry Potter vale 15.000 millóns de dólares. A escritora vén de entregarlle ao prelo e aos fans o derradeiro libro da heptaloxía, Harry Potter and The Deathly Hallows (Harry Potter e as reliquias da morte) e xura que non haberá máis aventuras, que o conto está pechado. Para consolo dos fans, aínda quedaban por estrear tres películas. En 2013, a revista Time fai un balance dos números da serie Harry Potter que conta traducións a 73 idiomas e 450 millóns de exemplares vendidos en todo o mundo. As cifras semellan desorbitadas, pero as contas saen se se ten en conta que As reliquias da morte logrou o récord 3Muggle, segundo o dicionario Oxford, é un nome que no seu uso informal serve para referirse a unha persoa que non está dotada para unha actividade ou aptitude en particular. Explica a entrada on-line do dicionario que foi acuñada nos anos noventa por JK Rowling para os libros de Harry Potter e que se refire a unha persoa sen facultades máxicas. Explica, asemade, a entrada do dicionario que a etimoloxía procede da palabra mug, para designar unha taza con asa, máis o sufixo -le, procedente do inglés antigo a partir do latín. 16 filólogo e poeta Elías Portela: As sagas nórdicas, a gran contribución de Islandia á literatura europea, viñeron ao mundo cando morría o primeiro milenio nun lugar inhóspito do Atlántico Norte onde non había pedra idónea para construír, nin madeira dabondo para tallar, nin metais para moldear, polo que a expresión artística dos primeiros poboadores se fundou nalgo que xa levaban consigo: a palabra. Nas longas noites de inverno, ao abeiro do lume, as sagas permaneceron na tradición oral dos islandeses durante varias xeracións de homes. Os sagnamenn repetíanas de memoria nos banquetes, sermóns e asembleas. Logo, no século XII, cando cada vez eran menos os nobres que posuían barco propio, convertéronse en literatura escrita. A palabra abandonaba o océano do verbo para pór o pé na terra firme do signo. Este salto foi propiciado en gran medida pola implantación do cristianismo en Escandinavia. Se por unha banda a nova relixión supuxo o declive do mundo no que se inspirara a literatura nórdica antiga, especialmente no que respecta á súa mitoloxía, tamén significou a preservación da literatura oral, xa que coa cristianización chegou o alfabeto latino e tamén o pergamiño. De igual modo que a imposición do cristianismo precipitou a desaparición do mundo que inspirara as sagas –narracións que tamén integran o Epos heroico occidental, por certo— e supuxo a oportunidade de conservar a súa produción literaria oral ata os nosos días, Propp considera que a desaparición de determinados ritos afianza a pervivencia dos contos marabillosos que se basean neles. O sociólogo e antropólogo francés Lucien Lévy-Bruhl19 establece que o tema e a composición do conto marabilloso son produto dun réxime de clan nun estadio de evolución representado, por exemplo, polas tribos americanas estudadas polos antropólogos George Amos Dorsey ou Franz Boas na transición do século XIX ao XX. A partir desta idea, Vladimir Propp sentenza que o momento de desaparición do rito coincide co intre de nacemento do conto marabilloso, mentres que o tempo de sincretismo co rito é a súa prehistoria. Deste xeito, os relatos asociados aos rituais da morte, de paso á idade adulta, de fertilidade, de matrimonio... deixan de ter sentido por causa dunha mudanza de estrutura social –unha vez máis a estrutura e a superestrutura marxistas na análise de Propp—. Coa nova orde aqueles vellos ritos xa non teñen razón de ser, pero permanecen a través dos contos marabillosos no imaxinario colectivo, que os preserva e os conserva cunha utilidade puramente artística. 19 Propp, V. (1974). Las raíces históricas del cuento. Madrid: Editorial Fundamentos (p. 530-535). 17 O conto, porén, non representa por si só algo inferior ao ritual no que ten a súa orixe nin ao mito que o motiva, senón que, ao contrario, paseniñamente se enriquece e recibe elementos de diferentes realidades sociais e vive unha existencia esplendorosa no eido das creacións artísticas. Para Propp, este tipo de relatos son, desde logo, anteriores ao capitalismo e máis antigos có feudalismo, e a súa orixe non está en conexión coa base económica que os empezou a pór por escrito no século XIX20. Isto non quere dicir, sen embargo, que os contos non teñan recollido no seu percorrido polos séculos as condicións de vida de cada etapa histórica na que seguen vivos, de xeito que aparecen neles tipos coma os gobernantes déspotas, os usureiros avaros ou o campesiñado empobrecido. Segundo Las raíces históricas del cuento, os relatos sobrevivintes e mutantes da oralidade tradicional reflicten un mundo no que a agricultura é “mínima” e a sociedade recolectoracazadora ten moita máis presenza. Aínda máis: Propp pormenoriza que se aparece algún personaxe que labra a terra, adoita ser ao principio, na parte do relato máis suceptible de modificacións –estas si— destinadas a adaptar o conto ao contexto social no que se está a contar en cada preciso momento. O investigador soviético mesmo indica que a antigüidade dos contos fainos mesmo imposibles de confrontar co réxime patriarcal, aínda que si que reflicten institucións propias do patriarcado. Si que existe conexión, porén, co ámbito dos cultos relixiosos, en tanto en canto a definición de Friedrich Engels21 e a clasificación dos fenómenos relixiosos en cognoscitivos –dogmas ou doutrinas que explican o mundo—, volitivos –actos ou accións para dominar a natureza— e ritos e costumes. Engade Propp que, ás veces, se observa unha completa coincidencia entre o relato marabilloso e o rito, pero que a “transposición do sentido do mito” provoca que se substitúan no relato algúns elementos do rito que se volveron superfluos e incomprensibles co paso do tempo, nunha deformación e alteración das formas primixenias. Isto sucede porque na vida do pobo que creou un determinado conto marabilloso sobreviñeron determinadas mudanzas que arrastraron consigo tamén un cambio de motivo. Fala asemade Propp da “inversión do rito”, é dicir, se nunha comunidade existiron algunha vez rituais como matar anciáns ou ofrecer mozas en sacrificio, desenvólvese na súa narrativa popular unha “unidade de antítese” e a 20 Considérase o francés Charles Perrault (1628-1703) como o primeiro compilador de contos populares europeos. Débense a el as versións coñecidas de Carapuchiña Vermella ou a Cinsenta. (Nota da autora). 21 “Toda religión no es otra cosa que el modo que tienen de reflejarse fantásticamente en la mente de los hombres las fuerzas exteriores que reinan por encima de ellos, en su vida cotidiana; es un reflejo en el que las fuerzas terrenas asumen la forma de fuerzas sobrenaturales”. (Propp, V. (1974). Las raíces históricas del cuento. Madrid: Editorial Fundamentos (p. 23)). 18 primeira persoa que se nega é presentada como un heroe. Conclúe Vladimir Propp que a “analoxía universal dos temas folclóricos”, a constatación de como se repiten os medos, as inquedanzas, as critauras monstrosas, as accións heroicas, os personaxes arquetípicos en lugares afastados xeográfica e temporalmente en contos marabillosos recollidos en moi diferentes lugares do mundo, responde a que estas formas do folclore teñen a súa motivación nas condicións materiais e económicas das sociedades primitivas que lles deron orixe, ao tempo que o folclorista rexeita as chamadas teoría das migracións e teoría da unidade da psique humana da escola antropolóxica. A unidade de composición do mito, a coincidencia nos relatos enxendrados por distintas comunidades humanas, observáse nesta analoxía universal. Están nos relatos da viaxe á ultratumba, na narración do chamán e no conto e máis tarde do poema, así como na lenda heroica e na epopea. É un movemento que vai de abaixo a arriba, enfatiza Propp nas derradeiras liñas de Las raíces históricas del cuento, xa que no albor da cultura feudal, os elementos do folclore pasan a se converter en patrimonio das clases dominantes. Sobre a base dese folclore ven a luz os ciclos de lendas heroicas, como o Grial, Beowulf, Tristán e Isolda o Canto dos Nibelungos. Os mesmos alicerces nos que se sustentan narracións contemporáneas coma O señor dos aneis, A Song of Ice and Fire e por suposto, Harry Potter. Sobre en canto coinciden mito e conto marabilloso e se son o mesmo resulta de grande axuda a monografía Myth and Fairy Tale in Contemporary Women's Fiction22, da autora británica Susan Sellers, quen na introdución da obra confronta os conceptos mito e conto maravilloso e compila achegas de diferentes autores ao respecto. Recolle propostas tan estendidas coma a dos arquetipos de Carl Gustav Jung, que se corresponde co que Propp denomina a teoría da unidade da psique humana. A chave desta teoría descansa nun inconsciente colectivo común a todos, conformado por arquetipos, definidos como formas típicas de comportamento que se manifiestan a través de ideas e imaxes na mente consciente. Defende Jung que os arquetipos xeran e lle dan forma ao noso máis poderoso pensamento, xa que son os iniciadores tanto da ciencia e da filosofía como da mitoloxía e a relixión. Para este médico e psicólogo suízo, os mitos son moito máis ca unha expresión alegórica dun fenómeno natural, en tanto en canto símbolos do drama interior inconsciente que só se torna accesible a través da proxección e a narración. 22 Sellers, S. (2002). Myth and Fairy Tale in Contemporary Women's Fiction. Nueva York: Palgrave McMillan (p. 6-25). 19 Baixo o epígrafe titulado Myth vs Fairy Tale, Susan Sellers repasa as aproximacións de estudosos como G.S. Kirk, que entende que o mito agocha un grave e serio propósito, mentres que os contos de fadas só reflicten situacións sociais simples, medos e aspiracións ordinarios. Pola súa banda, Mircea Eliade é da opinión de que os contos populares constitúen unha alterantiva profana e rebelde fronte á santidade do mito e Marie-Louise von Franz rexeita distinguir entre contos de fadas e mito, ao tempo que Jack Zipes defende que toda división inicial hai moitos séculos que desapareceu. De Maria M. Tartar, investigadora das compilacións dos irmáns Grimm, Sellers rescata a idea de como os contos marabillosos reverten todas as condicións delimitadas ao comezo da historia e a definición do xénero como radicalmente inestable e que viola toda as normas da narrativa. Incide Tartar na misoxinia dos contos tradicionais, que obrigan as heroínas a pasar un completo proceso de humillación cando isto non sucede cos personaxes masculinos. Radicalmente oposta é a percepción de Marina Warner, que coincide con Propp en situar a orixe destes relatos nun momento anterior á instauración do patriarcado e quen fala deles coma un xénero narrativo e literario “inherentemente feminista”. Werner enfatiza que o dereito das mulleres a escoller os homes por amor e non polos intereses de alianzas familiares, unha constante nos contos marabillosos, constitúe un obxectivo feminista. Recorre tamén Susan Sellers, profesora de Literatura Comparada na universidade escocesa de Saint Andrews, aos estudos de Vladimir Propp e Bruno Bettleheim. Do primeiro queda coa idea de que, no conto marabilloso da tradición oral –un xénero paradoxalmente variado e uniforme—, o que fan os personaxes é máis importante có que son. Do segundo dos autores considera valiosa a opinión de que os contos son unha ferramenta que serve para presentar de xeito simbólico o camiño cara a independencia dos mozos e mozas, logo de reducir un proceso complicado de socialización aos seus paradigmas constituíntes. Na escolma de Sellers, Italo Calvino considera, como Bettleheim, que a importancia dos contos marabillosos nos primeiros estadios da vida da persoa radica en que axudan a comprender as vicisitudes de medrar, marchar da casa e enfrontarse á madureza. O marxista Frederic Jameson, pola súa banda, entende que estas narracións populares non son senón a voz da expresión irreprimible das clases desfavorecidas dos sistemas de dominación. Dos autores e autoras de diferentes disciplinas académicas que cita Susan Sellers na súa obra resultan especialmente reveladoras as investigacións de Maureen Duffy e Rosemary Jackson, que coinciden en falar dos contos marabillosos como experiencias vicarias. E así, Duffy 20 explica que os contos nos posibilitan experiencias e desexos de forma vicaria, xa que nunca seremos quen de vivir as aventuras que relatan directamente, e cre que son un instrumento que capacita os nenos a participar emocionalmente en situacións que aínda non dan comprendido por seren moi inmaduros. Jackson vai un paso máis aló e refírese ao poder dos contos marabillosos como o cumprimento vicario dun desexo que chega a través de figuracións de incesto, violacións, asasinato, parricidio e rebelión e que serve para soster a orde social mediante compensación pola súa privación. E isto é así, segundo Rosemary Jackson, porque a característica máis distintiva dos contos de fadas é a “absoluta autoridade” da súa voz narrativa omnisciente. As fórmulas de comezo e despedida, ben sexan no inglés “Once upon a time...” e “...happily after ever” ou “Era unha vez...” e máis “...aí vai o meu conto contado, con sete cadelos ao rabo”, en galego, transportan a un pasado remoto e transforman a quen escoita ou le nun suxeito pasivo que recibe os eventos relatados. 21 22 JK Rowling: “My Holy Grail is to end the seven-book series and know I was really true to what I wanted to write”23. 2. Deconstructing Harry O corpus desta investigación está conformado polas sete novelas da serie Harry Potter de JK Rowling, na súa tradución ao galego pola editorial Galaxia: Harry Potter e a pedra filosofal, publicado en inglés en 1997 e traducido en 2002. Harry Potter e a Cámara dos Segredos. Publicado orixinalmente en 1998 e traducido ao galego en 2002. Harry Potter e o preso de Azkaban. De 1999 o orixinal en inglés, verquido ao galego en 2004. Harry Potter e o Cáliz de Fogo. De 2005 a versión galega e do 2000 o que veu a luz en inglés. Harry Potter e a Orde do Fénix. En 2003 se publicou en lingua inglesa; en galego, en 2008. Harry Potter e o misterio do príncipe. De 2005 en inglés e de 2008 en galego. Harry Potter e as reliquias da morte, que saiu en galego en 2008, uns meses despois da súa publicación en inglés. Empregaranse, así mesmo, materiais escritos por JK Rowling no seu sitio web Pottermore.com e na súa páxina web persoal, www.jkrowling.com, ademais de artigos e entrevistas en medios de comunicación escritos e audiovisuais e na monografía Animales fantásticos y dónde encontrarlos, tamén obra de JK Rowling. A narración comeza en Harry Potter e a pedra filosofal dez anos despois da fin dunha cruenta guerra no mundo máxico, cando Harry Potter, un neno orfo criado por uns tíos que o maltratan e menosprezan, recibe o día do seu undécimo aniversario a nova de que é meigo e vén de ser admitido na escola Hogwarts, o principal colexio británico de feiticería, situado nun lugar indeterminado das Highlands escocesas. O pequeno Harry vivira sen saber que os 23 Thomas, S. (20 de outubro de 2000). Interview: JK Rowling has the future mapped out for Harry Potter. Houston: Houston Chronicle. 23 seus pais tamén tiñan poderes máxicos e que morreran no contexto daquela guerra e non nun accidente de tráfico, como lle tiñan dito. Ao tempo que Harry Potter inicia a súa xeira escolar coñece os que serán os seus inseparables amigos Hermione Granger –unha rapaza esperta e intelixente que tamén está a descubrir o mundo máxico porque é filla de muggles— e Ron Weasley, o sexto fillo varón dunha numerosísima familia de meigos de vello, con evidentes dificultades económicas e que, sen embargo, lle ofrecerá ao neno orfo desprezado polos seus tíos calor de fogar por primeira vez na súa vida. A descuberta do mundo máxico ábrelle ao protagonista a porta dun mundo marabilloso, agochado do que el coñecera ata aquela altura: o suburbio de Privet Drive, con casiñas adosadas ordinarias e xentes de vidas ordinarias que teñen traballos ordinarios. Porén, ao achegarse á travesa Diagon ou ao andén Nove e Tres Cuartos da estación de tren de King's Cross, en Londres, ao subir ao Expresso de Hogwarts, o Harry preadolescente bate de fociños cunha realidade na que as curuxas substitúen o servizo postal, os sumicios xestionan os cartos no banco de Gringott's, os elfos están escravizados no traballo doméstico, as pantasmas son profesores de secundaria, os hipogrifos non estan tallados nunha gárgola e os nenos beben cervexa, aínda que sexa de manteiga. Coñece Harry aliados coma o semixigante Hagrid, o gardián da fraga máxica que arrodea os terreos de Hogwarts, e o excepcional meigo Albus Dumbledore, director do colexio, mentor e figura de autoridade e sabedoría que lle irá dosificando coñecementos e encargando tarefas cada vez máis complicadas durante os sete libros/cursos académicos nos que se desenvolve a acción. Na narración aparecen tamén axiña outras figuras menos amables. Unha némese, no personaxe de Draco Malfoy –clasista, cruel, malcriado, abusón— e alguén tan turbio como Severus Snape, profesor implacable, sempre sospeitoso nas súas alianzas e que, por algún motivo, ten a Harry Potter debaixo dun dente e non desaproveita a ocasión para facerllo ver. Desde os primeiros capítulos do primeiro libro o lector percibe a ameaza de Lord Voldemort – O Que Non Debe Amentarse, o Señor Escuro ou Xa-Sabes-Quen, chámanlle, polo terror que produce xa o seu nome—, un meigo tenebroso que se cría vencido na primeira guerra cando foi derrotado por un bebé dun ano logo de asasinar os pais da criatura. O meniño era Harry Potter e o único recordo que ten daquel infausto día é unha cicatriz en forma de lóstrego na fronte. Voldemort pretende agora regresar para impór un réxime liderado polos magos e 24 bruxas de sangue puro, onde os fillos de muggles son considerados “fillos de lameiro”24. Ao longo dos sete volumes da serie aparecen novos niveis de lectura que fan máis e máis complexa a historia a medida que os personaxes medran e as súas accións e desexos se complican. Os protagonistas teñen once anos ao inicio da aventura e remátana como mozos adultos, con dezaoito anos. Aínda que as tramas son acumulativas, cada un dos libros funciona como unha historia de xeito autónomo, coa súa presentación –nas vacacións escolares—, o seu nó –durante o curso en Hogwarts— e o seu desenlace, no remate do ano académico. Sabemos practicamente desde o comezo que Harry, ao seu pesar, é unha sorte de celebridade no mundo máxico –O Neno que Viviu, O Elixido—, que lle acarrea unha encomenda que terá que ir cumprindo ao longo do conxunto dos libros. Aínda así, en cada historia atopa atrancos diferentes. En A pedra filosofal, o neno recén chegado á escola máxica terá que burlar un can de tres cabezas e os feitizos dun profesor que boicotea todo canto fai, mentres que A Cámara dos Segredos é un relato no que os perigos veñen dun vello diario maldito que afecta a irmá máis nova de Ron, Ginny, e un basilisco que petrifica os alumnos nacidos de muggles. En O preso de Azkaban, o terceiro libro da serie, as preocupacións de Harry e os seus amigos chegan por conta de Sirius Black, un meigo escuro que vén de fugarse do cárcere máxico de alta seguridade. O Cáliz de Fogo é, pola súa banda, unha ximcana na que Harry terá que loitar contra dragóns, monstros mariños e saír dun labirinto no Torneo dos Tres Magos. En A Orde do Fénix coñecemos o regreso de Lord Voldemort e o protagonista terá que enfrontar unha campaña mediática de descrédito por parte do Ministerio de Maxia e tamén a Dolores Umbridge, unha infiltrada gobernamental en Hogwarts que impón un réxime de castigos físicos e control na escola. Nos dous últimos libros, O misterio do príncipe e As reliquias da morte, Harry coñece a existencia dunha profecía que aventura que deberá ter un enfrontamento a morte con Lord Voldemort para salvar o mundo máxico. En O misterio do príncipe o seu cometido será arrincarlle ao novo profesor de Apócemas un recordo imprescindible para derrotar o meigo tenebroso, todo isto, mentres batalla pola atracción que sente cara a Ginny Weasley. Na derradeira das aventuras, As reliquias da morte, Harry, Ron e Hermione non volven á escola, que foi tomada polos magos escuros, ao igual que o Ministerio de Maxia, tralo ascenso do réxime de terror de Voldemort e o asasinato de Albus Dumbledore. O cometido de Harry será atopar e destruír os sete horcrux nos que O Que Non Debe Amentarse ten divido a súa alma 24 Na tradución galega óptase para a tradución do inglés mud-blood pola fórmula fillo de lameiro, moito máis acaída e axustada, na miña opinión, cá castelá sangre sucia. 25 para sobrevivir a morte. O protagonista e os seus amigos están máis desprotexidos ca nunca, á intemperie, nun percorrido errático. A historia das sete novelas remata cunha gran batalla en Hogwarts entre as forzas escuras de Voldemort e unha resistencia artellada en torno ao recordo de Dumbledore e o liderado de Harry Potter. O mozo comprende que o cometido para o que o preparou defunto profesor é o de dar a súa propia vida. Harry é o derradeiro horcrux, xa que un pedazo da alma de Voldemort vive nel desde o enfrontamento no que os seus pais foron asasinados. Harry asume que ten morrer para matar a Voldemort. Entrégase, sacrifícase, e ese xesto de amor incondicional salva a vida do protagonista. Para saber en canto é debedor Harry Potter do folclore tradicional é útil comezar por preguntarlle á súa creadora. Afortunadamente para as investigadoras, JK Rowling produce os máis diversos contidos metapottéricos aos que é sinxelo achegarse cunha simple conexión a internet. Transcribo un extracto do programa especial Living with Harry Potter, de BBC Radio4, no que o actor, cineasta, guionista e xornalista Stephen Fry mantivo unha longa conversa con JK Rowling en decembro de 2005. Stephen Fry (SF): [...] Well, let's think about the world that you've used, in terms of its tradition, if you like, from little cornish pixies to, you know, kelpies and, you know, mentions of particular types of plant, like mandragora and so on. JK Rowling (JKR): Mmm. SF: These are all real and a lot of children will, of course, imagine you made them up completely. JKR: I've taken horrible liberties with folklore and mythology, but I'm quite unashamed about that, because British folklore and British mythology is a totally bastard mythology. You know, we've been invaded by people, we've appropriated their gods, we've taken their mythical creatures, and we've soldered them all together to make, what I would say, is one of the richest folklores in the world, because it's so varied. So I feel no compunction about borrowing from that freely, but adding a few things of my own. SF: Absolutely. JKR: But you're right, yes, children, they know, obviously, they know that I didn't invent unicorns, but I've had to explain frequently that I didn't actually invent hippogriffs. Although a hippogriff is quite obscure, I went looking, because when I do 32 para refirirse a un mesmo personaxe. Isto é claro co protagonista, que sabemos que se chama Harry Potter, pero a quen tamén ao longo das máis de catro mil páxinas os outros personaxes chaman O Neno Que Viviu, O Elixido (tamén en sentido irónico), O Neno que Mentiu e O Indesexable Número Un. Sucede outro tanto co vilán, que nace con nome de pía de Tom Marvolo Riddle, tres palabras cuxas letras dan como resultado a frase “I Am Lord Voldemort”29. Os acólitos de Voldemort a cotío falan del coma O Señor Escuro, Mestre ou Señor das Tebras. Entre a pobación meiga o terror que causa Voldemort dá como resultado nomes eufemísticos como Xa-Sabes-Quen ou O Que Non Debe Amentarse, entre outros moitos, aínda que Albus Dumbledore é partidario de non recorrer a estas fórmulas para demostrar que Voldemort é un medo que se pode enfrontar (e mesmo vencer). Durante a derradeira das novelas de Rowling, o Ministerio de Maxia controlado polas forzas escuras colócalle un tabú ao nome de Voldemort, xa que se decatan de que os que ousan chamalo así son os verdadeiros inimigos do Señor Escuro, xa que non lle teñen respecto abondo. O incumprimento deste tabú será costoso para Harry, Hermione e Ron, que son localizados e feitos prisioneiros na mansión dos Malfoy. Ao final da serie, co vilán xa derrotado por sempre, vemos que Peeves, o irreverente poltergeist de Hogwarts, compón unhas coplas humorísticas nas que lle chama “Voldy”. Segundo a tese de María Adela García Gómez, a escritora inglesa recorre, asemade, ao latín, ao igual que bota man de cultismos, arcaísmos e estranxeirismos para poñerlles nomes ás súas criaturas humanas, na procura de significacións e simbolismos xa presentes nos contos marabillosos. Constitúen unha proba desta habelencia da autora os nomes de Albus30 (Dumbledore) ou Severus31 (Snape), de Bellatrix32 (Lestrange) ou de Nymphadora33 (Tonks) e Luna34 (Lovegood), os apelidos Voldemort35, Malfoy36, Lupin37 ou Lockhart38, as maldicións que se chaman cruciatus, imperius ou avada kedavra, feitizos como vingardium leviosa, 29 En inglés, “Eu son Lord Voldemort”. 30 Branco, en latín. 31 Tomado do latín, co mesmo significado ca en galego. 32 Nome dunha estrela da constelación de Orion e, tamén, a forma latina para referirse ás guerreiras. Unha das figuras arquetípicas da épica medieval e dos libros de cabalería é a virgo bellatrix ou doncela guerreira. 33 Relativo ás ninfas da mitoloxía grega. 34 Tamén na súa frma latina, e co significado de lúa, no orixinal en inglés. 35 Nome para o vilán tomado do francés. 36 Tamén francés, co significado de mala fe. 37 Do latín lupus, lobo. Remus Lupin é un lobishome e comprobamos tamén que seu nome de pía é latino e referido a un dos fundadores de Roma. 38 Conta Rowling que atopou o apelido de Gilderoy Lockhart nun camposanto escocés. En inglés soa igual que a adición das palabras locked+heart, que traducidas ao galego virían significar corazón fechado. 33 expecto patronum, expelliarmus ou sectumsempra... Achega luz nesta altura da investigación unha convidada excepcional: Marilar Aleixandre, a primeira tradutora de Harry Potter á lingua galega e, por iso, responsable de facernos chegar aos lectores nesta lingua o canon da complexidade pottérica dos nomes de persoa, animais, criaturas, feitizos, obxectos e lugares construídos por JK Rowling para as aventuras do seu neno meigo. No ensaio Samaín versus Halloween, cultura e mercancías: nomes da tradución de Harry Potter, que pode atoparse en PDF na páxina web do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, Aleixandre reflexiona sobre o papel da tradutora nunha obra dirixida ao público infantil e que agocha na súa lingua orixinal, o inglés, semellante complexidade simbólica e de composición. Cómpre ter en conta que, no orxinal en inglés, Joanne Rowling utiliza nomes que teñen significados moi específicos, aínda que quizais estes non sempre sexan captados polos lectores máis novos. Por exemplo, os libros agochan múltiples homenaxes ás súas autoras favoritas: Harry Potter leva o apelido de Beatrix, unha das autoras británicas de literatura infantil máis famosas; a Señora Norris, a odiosa gata de Filch, chámase igual que un antipático personaxe de Mansfield Park, de Jane Austen, quen segundo declarou Rowling en diversas ocasións é a escritora que máis admira. En canto a outros nomes de personaxes, a autora acode ao latín e a francés: Albus, Minerva, para os 'bos'; Voldemort, que inclúe morte, Malfoy (que, ademais de mal, soa como foe, inimigo) para os malvados. Filch, o porteiro de Hogwarts, chámase Argus, en referencia ao personaxe mitolóxico. Mesmo Dobby, o encantador trasno doméstico, procede dos mitos de Yorkshire. Nigún dos nomes que acabo de citar foron traducidos (só Argus foi galeguizado a Argos, aínda que estritamente debería ser Argo); o que quero subliñar é que nunha obra na que os nomes son importantes, parece adecuado recrear a onomástica para que o público galego poida acceder a eses significados. Á hora de emprender o seu cometido como tradutora, Marilar Aleixandre conta que se veu condicionada polo feito de que a editorial Salamandra posúe os dereitos de Harry Potter para todas as linguas de España e, ao tempo, porque a partir do ano 2000 é a distribuidora cinematográfica estadounidense Warner Bros “a propietaria dos dereitos e está levando a cabo a comercialización de xoguetes e obxectos co nome en inglés en todo o mundo”. 34 2.2. Criaturas, animais, plantas e obxectos máxicos Sinala Vladimir Propp que os contos marabillosos e os contos de animais non son separables, xa que non poucas veces o bechos teñen cualidades antropomorfas ou son pasados polo recurso estilístico da personificación e son capaces de comunicarse, dar consellos e interactuar con outros animais ou con persoas. Pola súa banda, JRR Tolkien entende que se ben os personaxes de tipo sobrenatural constitúen unha das principais características dos contos marabillosos, os únicos personaxes verdadeiramente sobrenaturais que hai neles son os humanos, xa que son os únicos que non pertencen ao mundo de fantasía que se está a recrear. Sobrenatural es una palabra peligrosa y ardua en cualquiera de sus sentidos, los más amplios o los más reducidos, y es difícil aplicarla a las hadas, a menos que sobre se tome meramente como prefijo superlativo. Porque es el homre, en contraste, quien es sobrenatural (y a menudo de talla reducida), mientras que ellas son naturales, muchísimo más naturales que él. Tal es su sino. El camino que lleva a la tierra de las hadas no es el del Cielo; ni siquiera, imagino, el del Infierno, a pesar de que algunos han sostenido que pueden llevar directamente a él, como diezmo que se paga al Diablo.39 Sobre as criaturas máxicas protagonistas dos contos marabillosos, Tolkien tamén percibe que na tradición británica as fadas non aparecen nos rexistros ata a época dos Tudor e defende os elfos coma seres moito máis acaídos no seu folclore. Los cuentos de hadas no son en el uso diario de la lengua relatos sobre hadas o elfos, sino relatos sobre el País de las Hadas, es decir, Fantasía40, la región o el reino en el que las hadas tienen su existencia. Fantasía cuenta con muchas más cosas que elfos y hadas, con más incluso que enanos, brujas, gnomos, gigantes o dragones; cuenta con mares, con el sol, la luna y el cielo; con la tierra y todo cuanto ella contiene: árboles y pájaros, agua y piedra, vino y pan, y nosotros mismos, los hombres mortales, cuando quedamos hechizados.41 39 Tolkien, JRR. (1994). Árbol y hoja y el poema Mitopoeia. Barcelona: Minotauro (p. 11). 40 Na versión en inglés escribe Faerie, o País das Fadas, unha palabra moi próxima ao substantivo común fairy, que significa fada. 41 Tolkien, JRR. (1994). Árbol y hoja y el poema Mitopoeia. Barcelona : Minotauro (p. 14). 35 Rowling bota man nas súas novelas de meigos e bruxas, por suposto, pero tamén doutras critauras antropomorfas e fantásticas coma pantasmas, xigantes, vampiros ou lobishomes. Atopamos metamorfomagos e animagos que remiten aos cambiapeles ou cambiaformas de distintas tradicións folclóricas, trasnos de diferentes familias, sumicios ou trolls, todos eles presentes na tradición oral dos pobos de Europa Occidental. Non faltan animais míticos coma os unicornios, os cabalos alados ou os dragóns, nin outros perfectamente reais e asociados á meiguería desde a noite dos tempos: mouchos e curuxas, ratas, gatos, sapos, arañas... Cando Marilar Aleixandre tivo que nomear en galego todos estes habitantes sobrenaturais dos libros de Harry Potter buscou os referentes máis próximos. Nos libros de Harry Potter aparecen polo menos tres grupos [de trasnos]: os trasnos propiamente ditos (House-elf), os sumicios (goblins) e os sacaúntos (bogies). Decidiuse deixar o nome de trasnos para os primeiros, de carácter doméstico, como Dobby, aínda que non aparecen ata o segundo libro da serie, por entender que había unha correspondencia entre estes trasnos familiares e os galegos. Para os sumicios, que gardan tesouros baixo a terra, sendo os encargados por exemplo da Banca dos Meigos, recoñezo a miña débeda con Xosé Miranda, especialista en habitantes da Galicia máxica, con quen consultei a cuestión. En canto aos bogies, é certo que en inglés son máis numerosos ca en galego, onde o Sacaúntos acostuma ser un individuo isolado, mais as súas sinistras actividades son do mesmo carácter, o que levou a escoller este nome entre outros posibles. Os alumnos de Hogwarts estudan a materia de Herboloxía e coñecen plantas coma as branquialgas –invención de Rowling— ou a mandrágora, existente e empregada con profusión nos rituais da relixión wiccana. Empregan e atopan obxectos enfeitizados e máxicos –tantas veces múltiplos de tres ou de sete, os números da maxia— ideados pola autora, como o mapa do tunante, o viratempo, a capa de invisibilidade e toda a galería de obxectos de broma que maquinan os irmáns Weasley, a carón doutros con tanta presenza na literatura oral coma as variñas máxicas, a pedra filosofal, espadas poderosas, libros enmeigados, cálices e espellos máxicos. —Daquela —dixo Dumbledore, erguéndose no pupitre e sentado no chan con Harry —, ti coma centos doutros antes ca ti, descubriches as delicias do Espello de Oxesed. —Non sabía que se chamaba así, señor. —Pero supoño que xa te decataches do que fai? 36 —Pois... mostra a miña familia... —E mostroulle ao teu amigo Ron a el mesmo como delegado. —Como o sabe? —Eu non preciso unha capa para facerme invisible —dixo Dumbledore amablemente —. E agora, podes pensar que é o que nos mostra o Espello de Oxesed? Harry abaneou a cabeza. —Explicareicho. O home máis feliz do mundo podería usar o Espello de Oxesed como un espello normal, ou sexa, miraría nel e veríase a si mesmo exactamente como é. Axúdache iso? Harry pensou. Logo dixo lentamente —Móstranos o que queremos... calquera cousa que queiramos... —Si e non —dixo Dumbledore baixiño—. Móstranos nada máis e nada menos que o máis fondo, o máis desesperado desexo do noso corazón. Ti, que nunca coñeciches a túa familia, velos arredor teu. Ronald Weasley, que sempre viviu á sombra dos seus irmáns, vese el só, o mellor de todos. Non embargantes, este espello non nos fornece nin coñecemento nin verdade. Moitos consumíronse ante el, extasiados polo que viron ou entolecidos, sen saber se o que mostra é real ou sequera posible.42 Listaxe de criaturas máxicas Animago/cambiapeles. Algúns dos meigos do universo pottérico son animagos, unha cualidade que lles permite transformarse en animais e que conecta con distintas tradicións folclóricas europeas e norteamericanas, como as dos cambiapeles ou cambiaformas43. Unha das castes máis icónicas de cambiapeles é a dos lobishomes, moi presentes en diferentes tradicións orais. Remus Lupin –xa analizamos nun apartado anterior a etimoloxía do nome—, un dos profesores de Harry e os seus colegas, é un lobishome. No relato aparecen outros moito máis feros e crueis, como Fenrir Greyback, que toma o seu nome dun lobo monstroso da mitoloxía nórdica que aparece nas eddas islandesas. Augurey. É o Fénix irlandés, aínda que en Fantastic Beasts and Where to Find Them se sinala que tamén se pode atopar en Gran Bretaña e o norte de Europa. O augurey aparece nun dos contos dos Little Red Books do folclorista Gulliver Pokeby, de 1824. 42 Rowling, JK. (2002). Harry Potter e a pedra filosofal. Vigo: Galaxia (p. 179-180). 43 Sobre a orixe do termo en inglés skin-changer, no dicionario Oxford: “Mid 19th century; earliest use found in The North American Review. After classical Latin versipellis shape-shifter, werewolf”. 37 Ave Fénix. Na mitoloxía clásica, un Fénix é unha ave fabulosa que sorprendentemente renacía das súas cinsas, despois de vivir varios séculos, segundo recolle o dicionario da Real Academia Galega. Nos libros de Rowling, coñecemos unha ave Fénix, Fawkes, a mascota de Albus Dumbledore, unha criatura cuxas lágrimas teñen o poder sandar os estragos do máis poderoso dos velenos. Banshee. Da tradición irlandesa, espectro con forma feminina cuxo grito desacougante anuncia unha morte nunha casa. O dicionario Oxford sinala que a palabra banshee pasou ao inglés no século XVII desde o gaélico irlandés. A función da banshee non a fai tan diferente da de outras formas espectrais, aínda que colectivas e en procesión, como a Santa Compaña galega. Na tradición de seres anunciadores da morte, sabemos que a un membro da familia Weasley se lle apareceu un grim44 e morreu de alí a unhas horas. Os grim proceden da tradición popular xermánica e teñen a forma dun espectral can xigantesco. Basilisco. A familia das serpes cumpre unha función moi destacada entre as criaturas máxicas da serie Harry Potter. Eis o basilisco, unha serpe xigantesca, grosa coma o tronco dun carballo, dunha cor verde velenosa brillante, cuns cairos asasinos e que pode matar unha persoa soamente coa mirada. Esta criatura fabulosa está presente na tradición clásica grecorromana. Boggart. É un espírito maligno que vive en lugares escuros e sombrizos do que non se sabe cal é o seu aspecto, xa que toma a aparencia daquilo que máis teme a persoa que ten diante. Rowling deseña o seus boggarts a partir dos espíritos domésticos malignos deste nome que aparecen no folclore escocés e do norte de Inglaterra. Cabalos alados. Animais mitolóxicos presentes en diferentes culturas e recorrentes nos mitos grecorromanos –Pegaso—, no universo de Harry Potter clasifícanse en catro ordes. Os abraxan, que transportan os carruaxes do colexio máxico francés de Beuxbattons en O Cáliz de Fogo, son xigantescos e moi fortes e o seu nome remite a Abraxas, un dos cabalos da deusa romana Aurora. Están tamén os aethonan, claramente vencellados a Aethon, un dos équidos que tiraban do carro do titán Helios na mitoloxía grega. Pola súa banda, os granian ecoan o nome de Grani, a besta máis veloz có vento do heroe xermánico Sigfrido. Finalmente, os threstals son os cabalos alados adestrados de Hogwarts, con corpo esquelético e ameazantes cabezas e ás de dragón. Só poden velos aqueles que presenciaron en primeira persoa a morte. 44 En inglés, o composto Grim Reaper refírese á personificación da morte e a palabra grim é un adxectivo co significado de infausto ou desacougante. 38 Dementor. Rowling explica que esta criatura humanoide e cega, de tres metros de altura e que se alimenta da esperanza e lle rouba a calor e a alegría á xente e ao mundo naceu no seu maxín cando sobrelevaba unha depresión, sobrepasada polo éxito de Harry Potter. Os dementores son os gardiáns do cárcere de Azkaban e castigan cun bico que absorbe o espírito e deixa as persoas coma unha casca baleira. Conecta en certo modo cos názgul de O señor dos aneis de Tolkien ou os espectros de A materia escura de Phillip Pullman. Dragón. Os dragóns son animais marabillosos presentes en moitos folclores de Europa e de Asia e tamén na iconografía cristiá. Harry ten que enfrontar dragóns ao longo da serie e mesmo é rescatado por un da cámara acoirazada de Bellatrix Lestrange en Gringotts na aventura final. Sobre a construción arquetípica do dragón como perigo no mundo dos contos populares, Rowling incorpora a súa marca persoal. Lemos a Marilar Aleixandre: “Os diferentes tipos de dragóns merecían unha tradución adecuada: O Verde Galés do País (Common Weslh Green) e o Negro das Hébridas (Hebridean Black). Un caso especial é o de Norberto, o cristado noruegués (Norbert, the Norwegian Ridgeback) a mascota de Hagrid que dá nome ao capítulo 14, pois resulta difícil comprender por que o dragón Norberto non pode ser cristado, senón ridgeback. A única razón que se deu é que en castelán o calificativo non fora traducido, talvez por descoñecemento da criptozooloxía, ou da zooloxía a secas, pois cristado é como se denomina un animal que levan unha crista no lombo, exactamente o que sigifica ridgeback. Rowling xoga aquí, para evocar a ferocidade, co nome dun can de caza (Rhodesian Ridgeback) empregado orixinalmente para cazar leóns, e chamado así por posuír no lombo unha crista de pelos que van en dirección contraria”. Gnomos, fadas e xente miúda. Os gnomos de Harry Potter son criaturas diminutas, de menos dun pé de altura, que a cotío infesta os xardíns das vivendas os meigos de Europa e Norteamérica. Nas súas estancias no Tobo, Harry adoita axudar coa tarefa de desgnomizar o xardín. Ao longo das sete novelas, son múltiples as formas que nelas aparecen do que os folcloristas denominan xente miúda, máis veces como praga doméstica, como sucede cos doxies, que son pequenas fadas con ás, ou cos gamberros duendes45, tamén voadores, de cor azul e presentes na tradición oral de Cornualles e de Devon, en Gran Bretaña. No dicionario Oxford aparecen como sinónimos destes seres outros dos habitantes do mundo máxico de 45 Na versión orixinal chámanse Cornwall pixies. Pixie é un dos vocablos ingleses que aínda se empregan para referirse ás fadas. É de uso habitual na cultura pop pola arquetípica figura das Manic Pixie Dream Girl nas narrativas literarias e audiovisuais, que o crítico de cine Nathan Rabin define así: “That bubbly, shallow cinematic creature that exists solely in the fevered imaginations of sensitive writer-director to teach broodingly soulful young men to embrace life and its infinite mysteries and adventures”, na súa reseña sobre a película Elizabethtown para a revista dixital A.V. Club. 39 Harry Potter, como é o caso dos brownies46, homiños bonachóns que fan traballo doméstico secretamente e presentes na tradición folclórica escocesa. Do mesmo xeito, un grupo numeroso de leprechauns fai as veces de mascotas da selección irlandesa nos mundiais de quidditch. Son estes seres antropomorfos diminutos, falcatrueiros e trastes e de longas barbas rubias, quizais os máis identificativos do folclore irlandés. Hipogrifos e máis do bestiario grecolatino. O hipogrifo é un animal imaxinario da mitoloxía clásica, con corpo de cabalo e cabeza de aguia, recollido na obra poética de Virgilo. É un dos animais máxicos que os alumnos de Hogwarts descobren grazas á materia de Coidado da Criaturas Máxicas. Pola súa banda, as harpías son os monstros fabulosos da mitoloxía grega con rostro de muller e corpo de ave de rapina. Rowling bota man dos bestiarios clásicos e nas súas historias aparecen tamén quimeras ou mantícoras, outros monstros híbridos do clasicismo mediterráneo, e tamén ou os centauros de tronco humano e corpo de cabalo un remedo do mítico can Cerbeiro, o cadelo de tres cabezas que gardaba as portas do inferno e que nestas novelas leva por nome Fluffy. Hidras, grifos ou hipocampos son outros seres fabulosos procedentes do clasicismo mediterráneo. Inferi. Na mitoloxía romana, dei inferi son as divindades da ultratumba. Na serie de novelas de Harry Potter son unha creación de Rowling que se corresponde con cadáveres poseídos por algún tipo de maleficio e que son empregados como exército polas forzas do mal. Ao igual que sucede cos zombis, non contan con ningunha habilidade máxica reseñable e o seu único poder reside en que se comportan como unha masa ben amaestrada. Pantasma. Define o dicionario da RAG pantasma como alma dun defunto que se supón que anda entre os vivos, penando polas súas culpas. As ánimas e os aparecidos son habituais en todos os folclores do mundo. En Hogwarts, o profesor de Historia da Maxia, Cuthbert Binns, é unha pantasma e, asemade, cada unha das casas da escola conta con cadansúa pantasma. Rowling faille, mesmo, unha chiscadela ás lendas de pantasmas sen cabeza ao presentarnos o personaxe de Sir Nicholas de Mimsy-Porpington, a quen os alumnos coñecen como Nick Case Decapitado. Asemade, en Hogwarts residen pantasmas coma Peeves, un poltergeist47 inspirado na tradición oral xermánica, mentres que a familia Weasley conta co seu propio ghoul48, un espírito maligno que fai referencia a un ser sobrenatural da tradición árabe e ao 46 O dicionario Oxford sinala que a voz brownie se incorpora á lingua inglesa a principios do século XVI, no significado de “‘wee brown man’ often appears in Scottish ballads and fairy tales”. 47 A entrada da palabra poltergeist no dicionario Oxford on-line sinala que foi incorporada ao inglés procedente do alemán durante o século XIX. 48 En inglés, o sustantivo ghoul e o adxectivo ghoulish son de uso común para referirse a persoas morbosas interesadas na morte ou nos desastres. O dicionario Oxford explica que comezou a usarse no século XVIII, 40 que se lle atribúen roubos de tumbas para logo devorar os seus corpos. Sereas e xente da auga. As sereas en Harry Potter teñen máis que ver coa descrita por Andersen no seu conto A sereíña que coas que atopa o Ulises de Homero durante a Odisea, de corpo de paxaro e torso de muller. Porén, ao igual cás sereas clásicas, os seres pisciformes teñen fermosas voces que agochan perigos. Estas xentes da auga están presentes en boa parte das tradicións europeas. O Dicionario dos seres míticos galegos de Xoán Ramiro Cuba, Xosé Miranda e Antonio Reigosa recolle a denominación de xacios e xacias para a xente da auga no folclore galego. Ademais de sereas, Rowling describe outros seres mariños coma os selkies de Escocia (aínda que tamén presentes nos folclores, islandés, feroés e irlandés), con corpos de foca, e os merrows de Irlanda, homes e mulleres con cola de peixe que os milesios enfrontan, segundo recolle o Libro das Invasións49. Finalmente, os grindylows son demos das augas, con cornos e dedos longos que apreixan as súas vítimas para non deixalas emerxer á superficie. Aparecen nos contos do folclore de Yorkshire e Lancashire. Outros dos demoños acuáticos referennciados nas novelas son os kelpies, que Rowling toma da cultura oral gaélica escocesa. Os kelpies adoitan adoptar forma de cabalo con crinas de xunco, pero o kelpie máis célebre de todo o mundo, o monstro do lago Ness, prefire asemellarse a unha serpe xigante. No lago de Hogwarts vive, asemade, unha lura xigantesca ou, o que é o mesmo, un kraken, un dos máis terribles monstros da mitoloxía nórdica. Trasnos e sumicios. Aparecen os trasnos no folclore oral de toda Europa como criaturas pequenas e rebeldes. Correspóndense na tradución ao galego co inglés elf, máis próximo aos trasnos galegos, aos trasgus cántabros e aos duendes casteláns cós elfos creados por Tolkien para O señor dos aneis. O dicionario da Real Academia Galega define sumicio como un “ente imaxinario que fai desaparecer as cousas”. Os sumicios agochan tesouros baixo terra e Rowling fai deles os responsables das finanzas dos meigos, así como de forxar espadas e ensamblar alfaias. Troll. O folclore dos pobos nórdicos achega esta criatura homínida, non moi esperta, que vive en grutas e cavernas e que se converten en pedra cando lles dá a luz do sol. A palabra troll pasou ao inglés a partir do nórdico antigo e, segundo o dicionario Oxford, o primeiro rexistro en lingua inglesa está documentado nas escocesas illas Shetland, que foron asentamento procedente do árabe. 49 O Lebor Gabála Érenn ou Libro das Invasións de Irlanda é un volume que compila poemas épicos e prosa narrativa sobre as orixes míticas de Irlanda. Crese que a compilación dos textos se realizou a partir do século XI. Unha das greis referenciadas como poboadoras de Irlanda é a dos milesios, ou fillos Mil, orixinarios de Galicia. 41 noruegués ata ben avanzado o século XV. Os trolls en Harry Potter son tan parvos como perigosos. Harry, Ron e Hermione selan a súa amizade logo de enfrontarse a un troll na noite de Halloween do seu primeiro curso en Hogwarts. Unicornio. Son os unicornios magníficos cabalos cun único corno na súa fronte, ao que atribúen múltiples propiedades sandadoras, ao tempo que o équido fabuloso é un símbolo de pureza e ben absoluto. Aparecen estes seres na mitoloxía grecorromana e, durante a Idade Media foi profusa a súa presenza en lendas de toda Europa. No universo pottérico, os unicornios son animais en risco de extinción ue habitan na fraga encantada de Hogwarts e sabemos que Lord Voldemort se alimenta do seu sangue para fortalecerse e regresar á forma corpórea. Faise referencia tamén aos bicornios, que na mitoloxía son criaturas malignas que se alimentan de carne humana. Vampiro. A mitoloxía eslava e centroeuropea achega o mito dos vampiros, monstros antropomorfos e zugasangues que constitúen un dos eternos da novela gótica e as narrativas fantásticas. Harry Potter coñece un vampiro como convidado a unha festa de celebridades do profesor de Apócemas Horace Slughorn, en O misterio do príncipe. Asemade, sabemos que unha das compañeiras de clase de Ginny Weasley, de nome Luna Lovegood, cre que o ministro de Maxia Rufus Scrimgeour é un vampiro. Wila. É unha criatura semihumana, coa aparencia de muller fermosa de cabelos e pel de cor branca dourada, que semellan brillar coma a luz da lúa. Cando se enfadan, as wilas adoptan unha imaxe moito máis fera: con cabezas picudas, semellantes ás dos paxaros, e ameazadoras ás que lles nacen dos ombreiros. As wilas proceden da mitoloxía eslava, e na historia aparecen na comitiva do equipo de quidditch de Bulgaria. Xigante. Estes homínidos de tamaño colosal, coa súa propia cultura e linguaxe, existen tamén nas tradicións orais de todo o mundo. Están recollidos na cultura grecolatina en figuras coma o Coloso de Rodas, ou no bíblico Goliat. O gardián das chaves de Hogwarts, Hagrid, é un semixigante, do mesmo xeito que Madame Olympe Maxime, a directora do colexio máxico francés de Beauxbattons. En Harry Potter e a Orde do Fénix, Rowling preséntanos a Gwarp, medio irmán de Hagrid por parte materna e un xigante “baixiño” duns cinco metros de altura. Como nos folclores do centro e do norte de Europa, os xigantes son considerados violentos e temidos e odiados polas xentes meigas. 48 familiar mestiza e que o levou ao orfanato. O mito faústico implica un pacto co diaño –Mefistófeles, no folclore alemán— en troco da inmortalidade. O pacto simbólico de Voldemort con Mefistófeles ten lugar cando o aínda alumno de Hogwarts Tom Riddle manipula ao profesor de Apócemas Horace Slughorn para coñecer o funcionamento dos horcrux, que permiten seccionar a alma propia e gardala en obxectos ou seres animados logo de cometer un asasinato. Sabemos que Voldemort dividiu a súa alma ata sete veces e que a conservou en obxectos de importante simboloxía co fin de ser capaz de usalas para volver á forma corpórea se calquera cousa lle pasase. Os seguidores de Voldemort son dos devoradores da morte, os que vencen e controlan a morte, o máis salvaxe desexo de Tom Riddle. Amais de Voldemort, atopamos outra figura de resoancias faústicas na serie de Harry Potter en Gellert Grindelwald58, un meigo escuro anterior derrotado polo seu outrora amigo Albus Dumbledore. Grindelwald é descrito coma un sociópata. Dumbledore coñéceo cando ambos os dous teñen dezasete anos e queda abraiado por el. Nas novelas non se nos conta, mais JK Rowling explicou nunha entrevista logo de rematar as sete novelas de Harry Potter que Dumbledore estivo completamente namorado dun Grindelwald deslumbrante, autoconsciente, idealista e tremendamente ambicioso, capaz de recoñecer o talento nos demais e de utilizalo no seu propio beneficio e cun temperamento explosivo. 2.4. A novela do XIX, C.S. Lewis, JRR Tolkien e as referencias bíblicas A novela do século XIX –chámese vitoriana, romántica ou gótica— é outro dos referentes claros que confesa JK Rowling cando é preguntada pola inspiración para Harry Potter. A autora sitúa a Jane Austen como a súa autora favorita de todos os tempos e, ao tempo, tamén se considera debedora dun escritor tan importante para a lingua inglesa no século XIX como foi Charles Dickens. 58 Rowling escolle para este personaje un nome húngaro de raíz xermana e un apelido de clara inspiración alemá, mentres que Voldemort e moitos dos seus seguidores optan por apelidos que soan franceses, como Malfoy ou Lestrange. Nota da autora. 49 I re-read Austen's novels in rotation —I've just started Mansfield Park again—. I could have chosen any number of passages from each of her novels, but I finally settled on Emma, which is the most skilfully managed mystery I've ever read and has the merit of having a heroine who annoys me because she is in some ways so like me. I must have read it at least 20 times, always wondering how I could have missed the glaringly obvious fact that Frank Churchill and Jane Fairfax were engaged all along. But I did miss it, and I've yet to meet a person who didn't, and I have never set up a surprise ending in a Harry Potter book without knowing I can never, and will never, do it anywhere near as well as Austen did in Emma.59 Recoñécese moito de Austen e da novela do XIX no tratamento das tensións románticas entre uns personaxes, os protagonistas, que son adolescentes e que non poden evitar o revoltillo hormonal por moito mundo máxico que estean a salvar. Os encontros e desencontros entre Ron Weasley e Hermione Granger, a parella mellor desenvolvida para os lectores –xa que é presentada a través dos ollos de Harry Potter, un testemuño de excepción por ser o mellor amigo de ambos os dous— teñen un aquel dos de Elizabeth Bennet e Darcy –talvez cos roles revertidos—, mentres que nas renuncias e procederes de moitos dos personaxes atopamos, asemade, os ecos de comportamentos sacrificados e nobles no terreo amoroso dos que caracterizan a narrativa decimonónica. Non obstante, o amor romántico ocupa un plano moi secundario na trama de Harry Potter en comparación co amor da amizade, fraternal, familiar e do amor aos que son diferentes. O final da saga descubriranos que a principal fortaleza de Harry reside en que é capaz de amar os demais; que a súa excepcionalidade lle vén dada polo amor dunha nai que elixiu morrer por defendelo das gadoupas de Voldemort. Como lle explicará a Harry Dumbledore en A Orde do Fénix, o grande erro do Señor Escuro, o que o levará á derrota, está no seu desprezo absoluto polo poder do amor: “O amor é unha forza que é máis fermosa e máis terrible que a morte”. En Cómo leer literatura, o profesor e crítico angloirlandés Terry Eagleton, acubilla a Harry Potter no mesmo hospicio de orfos literarios no que malviven Oliver Twist, da novela homónima, ou o Pip de Grandes esperanzas, ambas as dúas obras de Dickens, así como a Jane Eyre de Charlotte Brontë. Eagleton apunta que as novelas vitorianas amosan “fascinación” polos personaxes que pasan de mendigos a ricachos a forza de traballo e mérito. Ao tempo, as figuras dos orfos espertan a compaixón dos lectores por ser vulnerables e 59 Rowling, JK. (21 de maio de 2000). From Mr. Darcy to Harry Potter by way of Lolita. Glasgow: Sunday Herald. 50 minusvaloradas que, asemade, se marabillan co seu encono por buscar un lugar no mundo. Los huérfanos son figuras anómalas, con un pie dentro y otro fuera de las familias que los acogen. Su existencia está, por así decirlo, sesgada por sus circunstancias. El huérfano está de más, está desubicado, es un comodín de la baraja familiar. Es esta perturbación la que pone en marcha la narrativa. Por eso los huérfanos resultan más últiles a la hora de contar historias. Si somos lectores victorianos, sabemos que las cosas les acabarán saliendo bien, pero sentimos curiosidad por saber cómo conseguirán salir adelante y qué adversidades se encontrarán por el camino. Por consiguiente, sentimos inquietud y tranquilidad al mismo tiempo, lo que siempre resulta una ambigüedad agradable. Las películas de terror nos inquietan por el miedo que produce, pero nos tranquiliza saber que el terror que producen no es real.60 Na trama novelesca/tráxica, segundo a denominación de Eco en Apocalípticos e integrados, ao protagonista sucédenlle unha serie de acontecementos e peripecias, lastimosas ou terroríficas e cun desenlace catastrófico. A ficción de Harry Potter chega á súa fin logo de sete novelas e precipítase cunha dramática guerra entre o ben e o mal que deixará incontables baixas. É a trama novelesca, asegura o ensaísta italiano, unha sucesión de ligazóns dramáticas nunha serie continua e articulada que, no caso da novela popular, ao se converter en finalidade de si propia, debe proliferar canto sexa posible, “ad infinitum”. A civilización da novela do século XIX deixános algúns dos máis importantes nomes do canon literario occidental, máis tamén supón un ensaio para o que será a sociedade de comunicación de masas. O século XIX é o da revolución industrial no Reino Unido e os albores do capitalismo, que vai da man da e consolidación das grandes cabeceiras xornalísticas de periocididade diaria, un tempo dourado para a prensa escrita, que serve de catalizador da literatura popular ao publicarse novelas seriadas nos xornais e revistas. Para as clases populares, en éxodo desde os núcleos rurais ata os centros fabrís e que comezan a ser alfabetizadas, créase unha literatura barata baixo o nome despectivo de penny dreadful61 (os horrores do pequine, xa que ese era o seu prezo), de periodicidade semanal. Os penny dreadful62 adaptaban –e mesmo plaxiaban— obras de Dickens ou Sir Walter Scott e surtían os 60 Eagleton, T. (2016). Cómo leer literatura. Barcelona: Península (p. 188). 61 Léger-St-Jean, M. (18 de xuño de 2015) Price One Penny: A Database of Cheap Literature, 1837-1860. Faculty of English, Cambridge (http://priceonepenny.info). 62 A referencia máis recente sobre penny dreadful é a serie de televisión do mesmo nome, creada por John Logan e producida por Sam Mendes para as cadeas Sky e Showtime. Nas tres tempadas da ficción televisiva, ambientadas no Londres de finais do século XIX, atopamos unha galería de personaxes que van de Van Helsing e Mina e o Dracula de Bram Stoker a Victor Frankenstein e o seu Caliban, segundo a obra de Mary 51 mozos de clase traballadora con historias breves que podían estar ambientadas nunha lonxana e idílica Idade Media e revivían o mito de Robin Hood ou inspiradas nos máis sanguinarios crimes e sucesos da nova vida urbana. Do mesmo xeito, serviron para consolidar para a contemporaniedade eses monstros míticos e arquetípicos da tradición oral: vampiros, lobishomes, feiticeiras... Nas narrativas asociadas a heroes posmodernos que Umberto Eco exemplifica en Supermán, obsérvase a recorrencia ao que se coñece como imaginary tales ou untold tales, relatos habituais da civilización da novela que concernen a acontecementos xa narrados, pero nos que se deixara de narrar algo, ao tempo que este autor fala tamén da crise dos conceptos de causalidade, temporalidade e irreversibilidade de acontecementos, que son maleados en función da ficción. Observamos no universo pottérico esta circunstancia: Harry non descobre que o seu sino –o seu fatum— é o de sacrificarse e entregar a vida pola comunidade máxica ata unhas páxinas antes de que Rowling escriba o epílogo con que culmina as máis de catro mil páxinas. Soubemos da profecía que o sinalaba coma o elixido que se batería a morte contra Voldemort, máis non se desvela ata o final que o mozo meigo protagonista é o sétimo horcrux. Outro dos elementos da novela decimonónica que aproveita Rowling para Harry Potter é a iteración. Nas aventuras de Potter e os seus amigos somos quen de identificar un esquema iterativo, no que unha serie de acontecementos se repiten segundo un esquema fixo: as aborrecibles vacacións de verán que pasa Harry na casa dos Dursley, o traslado a algún lugar máxico –xa sexa a Travesa Diagon con Hagrid ou o Tobo, a casa da familia Weasley—, a viaxe cara ao colexio no Expresso de Hogwarts, o inicio do curso escolar, as competicións de quidditch, a copa das casas, o remate do curso... Explica Umberto Eco en Apocalípticos e integrados que non supón esta característica ningunha novidade sobre a literatura popular, xa que a iteración é unha das formas características de todas as narrativas tradicionais, e engade que o achádego da iteración ten a súa orixe nos fundamentos do xogo, naquilo no que se fundan os principios da evasión. No momento de determinar se os libros de Harry Potter son literatura infantil ou literatura fantástica, hai unhas páxinas, xa recorremos a JRR Tolkien, autor de O hobbit ou a triloxía de O señor dos aneis. Calquera creación no eido da literatura fantástica posterior á segunda metade so século XX é inevitablemente comparada co traballo de Tolkien, construtor dunha Shelley, ata o Dr. Jekyll e Mr. Hyde de Robert Louis Stevenson ou o Dorian Grey de Oscar Wilde. Nota da autora. 52 mitoloxía de criaturas sobrenaturais que bebe das tradicións orais europeas e de enorme influencia na cultura popular ata os nosos días. O traballo doutoral de María Adela García Gómez sitúanos, asemade, nos ecos que se atopan nas aventuras de Harry Potter de Un mago de Terramar, a serie iniciada en 1968 pola autora de ciencia ficción, fantasía, literatura infantil e ensaísta estadounidense Ursula Kroeber Le Guin. Os libros de Terramar de Le Guin seguen o proceso de formación dun meigo mozo, denomidao Ged, que chega a un arquipélago para formarse nunha escola de feiticería. Preguntada por Harry Potter e JK Rowling, U.K. Le Guin ten afirmado que se poden dicir moitas cosas boas dos libros da escritora inglesa, pero que a orixinalidade non sería unha delas63. JK Rowling confésase lectora adolescente de O señor dos aneis e ten asegurado que non se enfrontou ao texto de O hobbit ata que xa tivo comezadas as aventuras de Harry. Tanto o neno meigo de Hogwarts coma Bilbo e Frodo Bolsón, protagonistas das principais obras de ficción de Tolkien, coinciden por seren heroes cuxa épica reside na vulnerabilidade e na consciencia de que precisan axuda para levar adiante encomendas moi difíciles. Non son os máis intelixentes nin os máis avezados, nin sequera os máis grandes, fortes ou covardes, de xeito que á lectora media lle é facil identificarse con eles. A pesar de comportárense dun xeito tan pouco extraordinario nun mundo extraordinario, son elixidos eles e non outros. O traballo de doutoramento de María Adela García Gómez para a Universidad de Extremadura, xa citado anteriormente, determina que Rowling se inspira en Tolkien no emprego de obxectos como capas máxicas e aneis enmeigados, e pormenoriza que os horcrux e a conexión de Harry con Voldemort en tanto que séptimo horcrux teñen un comportamento que atopa unha fonda semellanza cos pensamentos funestos e a paranoia que manifestan Boromir, Frodo ou Gollum cando portan o anel de poder que debe ser destruído. Do mesmo xeito, a doutora cita a Fernando Savater e convén que o Gandalf de O señor dos aneis –outro Merlín máis— é tan antecedente de Albus Dumbledore como o terrible Voldemort bebe do meigo escuro Sauron que creou Tolkien. Unha das principais diferenzas que se observan entre a serie literaria de Harry Potter e calquera das de Tolkien son os planos narrativos. Así, mentres que tanto O señor dos aneis como O hobbit transcorren nun mundo imaxinario, que supoñemos lonxano no tempo e no espazo e que é unha brillante réplica das fantasías antiquísimas dos mitos e os contos 63 Jaggi, M. (17 de decembro de 2005). The magician. Londres: The Guardian. https://www.theguardian.com/books/2005/dec/17/booksforchildrenandteenagers.shopping 53 marabillosos das sociedades orais primitivas, coñecemos a Harry Potter coma un neno de once anos dun barrio residencial dunha pequena cidade de Inglaterra, a quen lle corresponde comezar o seu ingreso no instituto nos anos noventa do século pasado. Nun mundo recoñecible para os lectores, porque é o seu propio. Harry será quen de descubrir –e descubrirnos— un mundo máxico que, neste caso, está neste o noso mundo, agochado á vista dos muggles, máis discorrendo a un tempo, coas súas regulacións, as súas normas, as súas instituciones, o seu propio sistema económico e a súa cultura pop. Esta circunstancia lévamos ao armario de Narnia e a C.S. Lewis, de quen JK Rowling se confesa unha grande admiradora. Ao igual que na serie de Lewis, os personaxes do universo pottérico móvense entre un mundo ordinario e un territorio máxico. A barreira do andén Nove e Tres Cuartos da estación de King's Cross, que permire acceder ao Expreso de Hogwarts e á maxia, foi creada, segundo recoñeceu a súa autora, coa idea do armario de Narnia moi presente. C.S. Lewis conforma aos seus protagonistas, os irmáns Pevensie, coma uns nenos do tempo e as circunstancias do autor, a Inglaterra da altura da Segunda Guerra Mundial, que grazas a unha porta atopada casualmente nun armario son quen de trasladarse a un lugar irrecoñecible e fantástico nun tempo que é imposible de determinar, non tan distante da Terra Media de Tolkien. Como xa dixemos anteriormente, en Harry Potter o mundo máxico e o mundo muggle son coetáneos. Unha característica que comparte o Harry Potter de Rowling con O señor dos aneis de Tolkien e a serie de Narnia de C.S. Lewis é o carácter mesiánico que se atopa en relixións monoteístas coma o Cristianismo. JK Rowling ten sido acusada por fundamentalistas cristiáns de satánica e de fomentar a superstición e o esoterismo entre os nenos e, asemade, ten explicado en máis dunha ocasión que non escribe co obxectivo de complacer a ningunha xerarquía relixiosa. Por contra, tanto JRR Tolkien como C.S. Lewis, que foron coetáneos e amigos, estiveron fondamente influídos polas súas crenzas; o primeiro, como católico de vello, e o segundo, como converso á Igrexa de Inglaterra logo dunha mocidade na que abrazou o ateísmo. A loita do ben contra o mal, o sagrado, a resurrección e a vida máis aló da morte, o sacrificio, a chegada dun 'elixido' para salvar o mundo... constitúen elementos da tradición xudeocristiá adoptados polos sistema de valores do mundo occidental durante séculos e séculos facilmente identificables nos relatos de Lewis e de Tolkien, así como nas sete novelas de Rowling sobre 54 Harry Potter. Asemade, a autora recorre a citas bíblicas que gardan unha importancia esencial64 no conxunto da súa obra. Así, ten revelado que os epitafios que aparecen nas tumbas dos pais de Harry –“O último inimigo que debe ser derrotado é a morte”— e da familia Dumbledore –“Alí onde esta o teu tesouro estará o teu corazón”— en Godric's Hallow foron tomadas da carta de San Paulo aos Corintios e do Evanxeo de San Mateo, respectivamente. Rowling asegura que estas dúas sentenzas “practicamente epitomizan toda a serie” de novelas sobre o neno meigo. Se lembramos a Vladimir Propp, o conto marabilloso e o mito comparten a mesma orixe, referida a relatos sobre a divindade e as crenzas sagradas das comunidades primitivas que teñen evoluído nas relixións como hoxe as coñecemos. O escritor arxentino Jorge Luis Borges, un dos estudosos e remozadores contemporáneos do Epos heroico occidental de ilíadas, eneidas, eddas, sagas, beowulfs e cantares de xesta, xa falaba da Biblia coma unha prototípica representación da mellor literatura fantástica. Pola súa banda, o marxista católico Terry Eagleton emparenta o texto bíblico cos contos marabillosos e os mitos: “El narrador del Génesis utiliza la expresión 'En el principio' porque, igual que 'Érase una vez', es una forma tradicional de empezar a contar una historia. 'Érase una vez' es el inicio típico de la mayoría de los cuentos infantiles, mientras que 'En el principio' es como empiezan los mitos sobre los orígenes”65. Como muchas otras figuras redentoras, Harry debe morir para devolver la vida a otros personajes. Si él no muere, Voldemort tampoco puede fallecer. Sin embargo, las historias infantiles son tradicionalmente cómicas para que, a la hora de apagar la luz, los niños no se queden temblando con un trauma, de manera que la narrativa muestra un verdadero despliegue de recursos mágicos para salvar a Harry de su destino. Las últimas palabras son las que están impresas en cualquier final de comedia: 'No había nada de qué preocuparse'66. 64 Adler, S. (17 de outubro de 2007). 'Harry Potter' author JK Rowling opens up about books' Christian Imaginery. MTV.com (http://www.mtv.com/news/1572107/harry-potter-author-jk-rowling-opens-up-about- books-christian-imagery/). 65 Eagleton, T. (2016). Cómo leer literatura. Barcelona: Editorial Península (p. 31). 66 Eagleton, T. (2016). Cómo leer literatura. Barcelona: Editorial Península (p. 192). 55 2.5. A fórmula Campbell e a fórmula Propp O folclorista Vladimir Propp, ademais de pescudar nas orixes dos contos en Las raíces históricas del cuento, é autor de Morfología del cuento, un volume no que identifica as 31 funcións narrativas que se repiten nos relatos marabillosos e supoñen unha ferramenta de grande utilidade tanto para a análise literaria e simbólica como para coñecer os ingredientes que é necesario combinar para construír ex novo (se é que é posible) un conto marabilloso. Pola súa banda, o mitólogo e antropólogo estadounidense Joseph Campbell desenvolve en El héroe de las mil caras o patrón que el atopa en cada unha das historias que le e compila durante as súas viaxes. É o que se chama a teoría da Viaxe do Heroe ou do monomito. Malia que, como despois comprobaremos, as estruturas na fórmula de Campbell e na fórmula de Propp non están tan afastadas e poderían servir mesmo para compoñer unha receita sincrética, a interpretación que un e outro lle dan aos mitos non pode ser máis diferente. Xa espuxemos no limiar deste TFM que Propp entende o conto marabilloso como un residuo de cerimonias e rituais das sociedades anteriores ao feudalismo e mesmo á agricultura, mentres que os postulados de Campbell son máis próximos á teoría da unidade da psique humana de Carl Gustav Jung. Comezamos, logo, polas 31 funcións de Propp: I. Algún dos membros da familia alónxase da casa. No primeiro capítulo do primeiro libro da serie dáse conta de que os pais de Harry Potter, Lily e James Potter, veñen de morrer logo de se enfrontar a Lord Voldemort. —O que están dicindo —insistiu ela— é que a noite pasada Voldemort apareceu en Godric's Hollow. Foi alá para encontrar os Potter. O rumor é que Lily e James Potter están... están... que están mortos. Dumbledoore inclinou a cabeza. A profesora McGonagall abriu a boca. —Lily e James... Non podo crelo. Non quero crelo. Ouh, Albus!67 67 Rowling, JK. (2002). Harry Potter e a pedra filosofal. Vigo: Editorial Galaxia (p. 17). 56 II. Un personaxe recibe unha prohibición ou unha orde. O feito de que os personaxes principais sexan nenos e adolescentes provoca que sexan moitas as ordes e prohibicións ás que son sometidos na vida escolar e familiar. As normas vólvense máis ríxidas desde o quinto libro, co regreso de Lord Voldemort e o posterior réxime de terror que instaura. Servan como exemplos estes extractos dos libros segundo e sétimo. —Ai, meu señor! —inou, enxugando a cara cunha punta da cotrenta funda de almofada que levaba posta—. Harry Potter é afouto e destemido! A cantos perigos non lles leva xa feito fronte! Pero o Dobby veu para protexer a Harry Potter, para avisalo mesmose despois ten de se pillar as orellas na porta do forno... Harry Potter non pode volver a Hogwarts! Produciuse un silencio que só rompía o tintinar dos coitelos e garfos que chegaba do piso de abaixo e o distante ruxerruxe da voz do tío Vernon. —O... o que? —tatabexou Harry—. Ai, eu teño que volver! O curso empeza o primeiro de setembro. Iso é o único que me quita de ir aló agora mesmiño! Ti non sabes o que é vivir aquí. Este non é sitio para min. Eu teño que estar no teu mundo, en Hogwarts. —Que non, que non, que non! —chiaba o Doby ao tempo ue sacudía a cabeza con tanta forza que as orellas lle voaban coma ás—. Harry Potter ten que quedar onde estea salvo. É grande de máis, bo de máis para se perder. Se Harry Potter volve para Hogwarts, estará en perigo de morte.68 —Que está planeando Voldemort para Hogwarts? —preguntoulle a Lupin. —A asistencia é agora obrigatoria para cada meiga e meigo novos —contestou—. Iso anunciárono onte. É un cambio, porque nunca fora obrigatorio antes. Claro que case todas as meigas e meigos de Inglaterra foron educados en Hogwarts, pero s pais tiñan o dereito a aprenderlles na casa ou envialos fóra se o preferían. Desta forma, Voldemort terá toda a poboación meiga baixo o seu ollo desde unha idade moi temperá. E esa é outra forma de eliminar os de ascendencia muggle, porque aos estudantes hai que darlles o certificado de sangue, é dicir, que xa lle probaron ao Ministerio que son de ascendencia meiga antes de que se lles permita empezar.69 68 Rowling, JK. (2002). Harry Potter e a Cámara dos Segredos. Vigo: Editorial Galaxia (p. 21) 69 Rowling, JK. (2008). Harry Potter e as reliquias da morte. Vigo: Editorial Galaxia (p. 183). 57 III. A orde é transgredida. As ordes e prohibicións reseñadas anteriormente son incumpridas. En A Cámara dos Segredos, Harry foxe da casa dos Dursley, onde o mantén recluído o trasno Dobby para protexelo, grazas á axuda de Ron Weasley e os seus irmáns Fred e George, que collen sen permiso o Ford Anglia de cor turquesa da familia e chegan a Howgarts logo de sobrevoar Inglaterra e Escocia e manter unha pelea co salgueiro zoscón. Polo que respecta á obrigatoriedade de escolarización en Hogwarts que se impón en As reliquias da morte, nin Harry nin Ron, de acreditada estirpe máxica, volverán á escola no transcurso do ano académico. Os personaxes principais de Harry Potter rachan coas prohibicións unha e outra vez, malia as reticencias iniciais de Hermione Granger: Púxose de pé, mirándoos asañada. —Espero que esteades contentos. Puidemos acabar todos mortos... ou peor, expulsados. Agora, se non vos importa marcho para a cama.. Ron mirou para o lugar por onde marchara, coa boa aberta.70 IV. O vilán procura obter información. Son abondas as ocasións nas que os inimigos de Harry e os seus aliados procuran información para seren máis poderosos. Unha das personaxes que eleva ata a extorsión as prácticas para saber sobre os seus rivais é Dolores Umbridge, en A Orde do Fénix. —Moi ben, Potter, vou tomarlle a palabra desta vez, pero estea avisado: o poder do Ministerio está detrás de min. Todos os canais de comunicación cara a dentro e cara fóra desta escola están sendo controlados. Un regulador da rede de flu está facendo garda en cada lume en Hogwarts, menos no meu, por suposto. A miña Patrulla Inquisitorial abre e le todo o correo moucheiro que entra e sae do castelo, e o señor Filch observa todos os pasadizos secretos que entran e saen. Se atopo un fío de evidencia...71 70 Rowling, JK. (2002). Harry Potter e a pedra filosofal. Vigo: Editorial Galaxia (p. 137-138). 71 Rowling, JK. (2008). Harry Potter e a Orde do Fénix. Vigo: Editorial Galaxia (p. 650). 64 —Creo —dixo Ron—, que teremos que ser pezas de xadrez. Camiñou ata un cabalo negro e alongou a man para tocalo. Ao momento a pedra cobrou vida. O cabalo deu un couce no chan e o cabaleiro xirou a cabeza cuberta cun helmo para mirar a Ron desde arriba. —Temos que... er... unirnos a vosoutros para poder cruzar? O cabaleiro negro asentiu. Ron volveuse cara aos outros dous. —Isto require pensar algo... —dixo—. Supoño que temos que tomar o lugar de tres pezas negras... Harry e Hermione estaban calados, observando como Ron pensaba. Á fin dixo: —Que non vos pareza mal, pero ningún dos dous sodes demasiados bos ao xadrez... —Non nos parece mal —dixo Harry rapidamente—. Dinos que temos que facer. —Vale, Harry, ti ocupa o lugar daquel alfil; e Hermione, ponte xunto a el no lugar daquela torre. —E ti que? —Eu serei un cabalo.84 —Ehem —dixo Dumbledore—. Teño que presentarvos algúns puntos de última hora. Imos ver. Si... —Primeiro... ao señor Ronald Weasley... Ron púxose de cor púrpura; parecía como unha remolacha que tomase sol de máis. —...pola mellor partida de xadrez que se viu en Hogwarts en moitos anos. Outorgo á casa de Gryffindor cincuenta puntos. [...]. Podíase oír a Percy dicíndolles aos outros prefectos: —Meu irmán, sabes! Meu irmán máis novo! Conseguiu atravesar o xogo de xadrez xigante de McGonagall!85 XIII. O heroe reacciona ás accións do doador. As probas, físicas e intelectuais, están tamén relacionadas co feito de que os heroes ou protagonistas se fagan merecedores dalgo. Así, en O misterio do príncipe, Harry Potter recibe do seu profesor Horace Slughorn unha botelliña de felix felicis, unha apócema 84 Rowling, JK. (2002). Harry Potter e a pedra filosofal. Vigo: Galaxia (p. 234). 85 Rowling, JK. (2002). Harry Potter e a pedra filosofal. Vigo: Galaxia (p. 252). 65 moi poderosa de “sorte líquida” que terá un efecto moi importante na trama. Para gañar a poción máxica, Harry terá que competir cos seus compañeiros e elaborar na aula o mellor filtro de mortos en vida. Do mesmo xeito, antes de que Scrimgeour acceda a deixarlles os bens que lles legou Dumbledore no seu testamento, Harry, Hermione e Ron terán que sufrir un interrogatorio por parte do ministro de Maxia. —Velaquí o claro gañador! —berrou para toda a aula. Excelente, excelente, Harry! Meu deus, está claro que herdaches o talento de túa nai, vaia fenómeno era a Lily para as apócemas! Pois aquí tes, colle... como prometín, unha botella de Felix Felicis, e úsaa ben!86 XIV. O heroe recibe o obxecto axudante máxico. Os obxectos máxicos resultan imprescindibles para resolver as tramas en Harry Potter. O neno merca a súa primeira variña na tenda de Ollivander da travesa Diagon e é a vara quen o escolle a el. Xa no primeiro curso recibe a capa de invisibilidade que posúen os antergos dos Potter e que Dumbledore lle gardou ao rapaz logo da morte do seu pai, ata o ingreso en Hogwarts, e que o salva de numerosos castigos e lle permite saír aos corredores e á fraga encantada pola noite sen ser visto. Máis adiante recibirá dos xemelgos Fred e George Weasley o mapa do tunante, un plano encantado que amosa todos os pasadizos e travesas de Hogwarts e por onde circulan todos os habitantes do castelo. Non só Harry é o beneficiario dos obxectos máxicos. No seu terceiro curso, Hermione quere cursar máis materias académicas cás que lle corresponden e axúdase dun viratempo que lle presta a profesora Minerva McGonagall e que será a chave para salvar un hipogrifo de ser decapitado ao final da aventura e para axudar o fuxidío Sirius Black. Igualmente relevantes son os bens que lles quedan a Harry, Ron e Hermione no testamento de Dumbledore: unha pispa (unha das bólas coas que se xoga ao quidditch), que se abre cunha adiviña; un desluminador, que lle serve a Ron para atopar o camiño de volta logo de abandonar os seus amigos, e unha versión rúnica dos Contos de Beedle o Bardo, que será imprescindible para descubrir o signifcado das reliquias da morte e saber a quen amosa lealdade outro obxecto máxico: a vara de bieiteiro, a máis poderosa de todas as variñas máxicas. 86 Rowling, JK. (2008). Harry Potter e o misterio do príncipe. Vigo: Galaxia (p. 185). 66 — [...] Quería saber todo o que lle puidese contar sobre a variña coñecida por varios nomes como a lanza da Morte, a variña do Destino ou a variña de Bieiteiro. [...]. —O Señor Escuro sempre estivera contento coa variña que lle fixera [...]. Agora el anada na busca doutra variña máis poderosa [...]. —O Señor Escuro xa non busca a Variña de Bieiteiro para a súa destrución, señor Potter. Está decidido a posuíla porque cre que o vai facer verdadeiramente invulnerable87 Quizais o caso máis chamativo dos obxectos máxicos en Harry Potter é a espada de Godric Gryffindor, que se lle aparece aos “verdadeiros Gryffindor” cando a necesitan e son merecedores dela. A espada de Gryffinfor é o instrumento que lle chega a Harry como deus ex machina da segunda novela para matar o basilisco. Durante a súa fuxida na séptima novela, Harry, Ron e Hermione saben que varios alumnos de Hogwarts, entre eles Ginny Weasley e Neville Longbottom, foron castigados por tentar roubar a espada de Gryffinfor do despacho de Snape e é este mesmo quen lla facilita a Harry unha noite de inverno logo de mandarlle un sinal e obrigalo a mergullarse nun lago conxelado para obtela. A espada de Gryffindor foi forxada por sumicios e a súa maxia é tan poderosa que serve para destruír os horcrux. Cando o camiño de Harry e os seus amigos se cruza co do sumicio Griphok, este reclámaa, baixo o argumento de que calquera cousa feita por sumicios pertence aos sumicios, e Harry ten que recorrer a tretas e promesas vagas para que lla deixe utilizar. Durante a batalla de Hogwarts, a espada de Gryffindor se lle aparece a Neville Longbottom e con ela mata a Nagini, a serpe de Lord Voldemort. Nun áxil e rápido movemento, Neville liberouse do maleficio Amalloador que caera sobre el; o sombreiro ardente caeu tamén e el sacou do seu interior ago prateado, cunha empuñadura brillante e cuberta de rubís. A estocada do gume de prata non se escoitou sobre o bramido da multitude que se achegaba, nin os sons dos xigantes a baterse, ou o balbordo dos centauros, e non obstante, pareceu atraer a atención de todos os ollos. Dun só golpe, Neville tallara a enorme cabeza da serpe que saíu voando polo aire, brillando baixo a luz que procedíado vestíbulo de entrada, e Voldemort abriu a boca nun berro de furia que ninguén puido oír, e o 87 Rowling, JK. (2008). Harry Potter e as reliquias da morte. Vigo: Galaxia (p. 416-417). 67 corpo da serpe caeu ao chan, aos seus pés...88 XV. O heroe é transportado onde se atopa o obxecto da súa busca. A procura dos horcrux é un dos motivos principais da sétima novela, mais comenza ao final da sexta, O misterio do príncipe, cando Dumbledore transporta por aparición –só os meigos maiores de dezasete anos están autoridados a aparecerse e teñen que quitar un permiso— a Harry ata unha gruta na que logo de loitar contra unha caterva de inferii e beber unha apócema que provoca delirios consiguen rescatar un relicario. — [...] A ver, ponme unha man debaixo do brazo, Harry. Non fai falta que apertes moito, só te teño que guiar. Á de tres: un... dous... tres... Harry xirou sobre si. Inmediatamente tivo aquela horrible sensación de pasar por un tubo de goma apertado; non daba respirado, tiña case todo o corpo comprimido ata un límite intolerable, e xusto cando pensaba que se ía asfixiar, as correas invisibles romperon e apareceu no medio da escuridade, inhalando a pleno pulmón un aire fresco e salgado.89 XVI. O heroe e o vilán enfróntanse en combate. O primeiro enfrontamento entre Harry Potter e Lord Voldemort ten lugar cando este era un meniño e Harry non garda ningunha lembranza daquela data na que os seus pais foron asasinados e Voldemort derrotado por un bebé. Teñén un segundo cara a cara ao final do cuarto libro, O Cáliz de Fogo, cando unha traslachave o conduce a un cemiterio onde Voldemort e os seus acólitos están a preparar un esconxuro para que o Señor Escuro poida volver á súa forma corpórea. Un berro amortecido fíxolle pensar que lle dera a un deles polos menos, mais non había tempo de parar a mirar; saltou por riba da Copa e botou o corpo á terra cando oíu tras el oo ruído de máis disparos; por encima da cabeza viu voar máis raios de luz mentres caía e estiraba unha man para agarrar a Cedric do brazo. —Saíde do medio! Vouno matar eu! É meu! —chiaba Voldemort. Harry cerrou a man en torno ao pulso de Cedric; unha lápida interpúñase entre el e 88 Rowling, JK. (2008). Harry Potter e as reliquias da morte. Vigo: Galaxia (p. 607). 89 Rowling, JK. (2008). Harry Potter e o misterio do príncipe. Vigo: Galaxia (pa. 511-512). 68 Voldemort, pero o peso de Cedric impedía que o carretase, e a Copa quedaba fóra do seu alcance. Os ollos vermellos de Voldemort fulguraron na escuridade. Harry viu que curvaba a boca nun sorriso, viu que erguía a variña. —Accio! —berrou Harry, apuntando coa variña para a Copa dos Tres Meigos. Saíu voando polo aire e planou ata el. Harry pillouna pola asa, Oíu que Voldemort profería un berro de furia xusto no mesmo instante en que el notou o tirón debaixo do embigo que significaba que a traslachave funcionara com debera: estábao transportando a toda velocidade nun remuíño de vento e cores, e con el a Cedric. Volvían.90 XVII. O heroe é marcado. Harry Potter é un heroe marcado desde que era un bebé. Lord Voldemort, sabedor de que existe unha profecía pronunciada pola adiviña Sybill Trelawney sobre un neno nacido no sétimo mes, búscao e intenta acabar con el. Asasina primeiro os seus pais, pero é incapaz de mancar o meniño, xa que o sacrificio da súa nai desencadea unha maxia antiga que fai que rebote o maleficio. Harry segue vivo, pero quédalle como lembranza unha cicatriz na fronte en forma de lóstegro, ademais da capacidade de falar a lingua das serpes e de abrir unha porta de comunicación co inimigo. Unha figura elevouse dela, envolvida en chales, cos ollos aumentados a un tamaño enorme detrás das súas lentes e deu voltas devagar; cos pés na bacía. Pero cando Sybil Trelawney falou, non era a súa voz mística habitual, senón un ton áspero e rouco que Harry lle escoitara unha vez antes: —O que ten o poder de vencer o Señor Escuro achégase... nacido daqueles que tres veces o desafiaron, nacido cando o sétimo mes morre... e o Señor Escuro ha de marcalo coma o seu igual, pero terá un poder que o Señor Escuro non coñece... e un deles debe morrer nas mans do outro, porque ningún pode vivir mentres o outro sobreviva... o que ten o poder de vencer o Señor Escuro nacerá cando o sétimo mes morra...91 —Ningún problema, non? 90 Rowling, JK. (2008). Harry Potter e o Cáliz de Fogo. Vigo: Galaxia (p. 582). 91 Rowling, JK. (2008). Harry Potter e a Orde do Fénix. Vigo: Galaxia (p. 861). 69 —Ningún, señor... a casa estaba case desfeita pero tireino de alí antes de que os muggles comezasen a enxamear. Quedou durmido mentres voabamos sobre Bristol. Dumbledore e a profesora McGonagall inclináronse sobre o envurullo. Dentro, apenas visible, había un neno profundamente durmido. Baixo un guecho de cabelo negro na sua fronte puideron ver un corte dunha estraña forma, como un lóstrego. —É aí onde...? —Murmurou a profesora McGonagall. —É —dixo Dumbledore. Levará esa cicatriz sempre. —Non pode facer algo, Dumbledore? —Aínda que puidese , non o faría. As cicatrices poden resultar útiles. Eu mesmo teño unha sobre o xeonllo esquerdo que é un plano perfecto do Metro de Londres. Ben, damo, Hagrid; mellor acabamos con isto.92 XVIII. O vilán é derrotado. Harry é quen de saír con ben de todos os seus enfrontamentos con Lord Voldemort, desde aquel primeiro co que se lle pon fin á primeira guerra máxica ata o que acontece no segundo libro, no que derrota o espectro do Voldemort de dezaseis anos contido no diario enmeigado, o do final da cuarta aventura e o que lle pon fin á existencia de Voldemort co remate da sexta novela, As reliquias da morte. Ao longo da historia, terán Harry e os seus aliados que enfrontar outros viláns de distinta consideración: devoradores da morte ou monstros tan arrepiantes coma a subsecretaria do Ministerio de Maxia e suma inquisidora de Hogwarts Dolores Umbridge, unha muller baixiña, vestida de cor rosa e amante dos lazos e as fotos de gatiños que instaura un réxime de terror, control e castigo físico no internado. —Pregunto que quen es, humana —dixo Mangorian bruscamente. —Son Dolores Umbridge! —dixo cuha aguda e aterrorizada voz—. Subsecretaria Superior do Ministro de Maxia e Alta Inquisidora de Hogwarts! —Es do Ministerio de Maxia? —dixo Mangorian, mentres moitos do centauros do círculo darredor deles se movían impacientemente. —Iso é! —dixo Umbridge, nunha voz aínda máis aguda— así que tende coidado! Polas leis aprobadas polo departamento para o Regulamento e Control das 92 Rowling, JK. (2002). Harry Potter e a pedra filosofal. Vigo: Galaxia (p. 20). 70 Criaturas Máxicas, calquera ataque por parte de recastados coma vós a un humano... —Que nos chamaches? —berrou un centauro negro de cara salvaxe, que Harry recoñeceu como Bane. Houbo un gran balbordo de murmurios furiosos e de arcos que se tensaban arredor deles. [...]. —Nooooon! —escoitou berrar a Udmbridge—. Noooooon... Son subsecretaria superior... non podedes... Soltádeme, animais... noooooon.93 A súa voz [do ministro de Maxia Cornelius Fudge] esvaeceuse mentres Dumbledore o observaba maxisterialmente por riba das súas lentes de media lúa. —Vas dar a orde de retirar a Umbridge de Hogwarts —dixo Dumbledore—.94 A profesora Umbridge abandonou Hogwarts o día anterior á fin do trimestre. Parecía que saíra da enfermería durante a cea, evidentemente esperando marchar sen que ninguén a vise, pero desgraciadamente para ela atopou a Peeves95 polo camiño, que aproveitou a súa última oportunidade para facer o que Fred lle ordenara, e seguiuna contento polas instalacións baténdolle alternativamente cun bastón e cun calcetín cheo de xiz. Moitos alumnos correron ata o vestíbulo da entrada para vela correr polo camiño e os directores das casas tentaron contelos, aínda que con pouco entusiasmo. De feito, a profesora McGonagall volveu afundirse na súa cadeira na mesa dos profesores logo duns febles reproches e escoitóuselle claramente expresar apena de que ela non puidese correr tras de Umbridge, porque Peeves lle collera o bastón.96 XIX. O dano inicial é reparado. No transcurso dos sete anos de escolarización de Harry Potter e os seus amigos en Hogwarts lógrase o obxectivo principal que é liberar o mundo máxico da presenza tiránica e terrorífica de Lord Voldemort e dos seus acólitos. Polo camiño, outros dos derramos ocasionados polos meigos escuros e os seus aliados ou pola incapacidade do Ministerio de Maxia foron solucionándose paseniñamente, en cada unha das novelas. Por exemplo, en A Cámara dos Segredos, Ginny Weasley recupérase da posesión á 93 Rowling, JK. (2008). Harry Potter e a Orde do Fénix. Vigo: Galaxia (p. 772-773). 94 Rowling, JK. (2008). Harry Potter e a Orde do Fénix. Vigo: Galaxia (p. 838). 95 Peeves é o poltergeist de Hogwarts. Nota da autra. 96 Rowling, JK. (2008). Harry Potter e a Orde do Fénix. Vigo: Galaxia (p. 876). 71 que é sometida por Voldemort a través do seu diario cando Harry acaba co espectro de Tom Riddle, o Voldemort de dezaseis anos. E nese momento, procedente da outra punta da Cámara, chegou un feble xemido. Ginny empezaba a rebulir. Mentres Harry corría cara a ela, soergueuse. Os seus ollos desconcertados foron da xigantesca figura do Basilisco morto, pasando por Harry, coa túnica enchoupada por sangue, ata o diario que levaba na man. Deu un intenso impo entrecortado e empezaron a correrlle as bágoas pola cara abaixo. —Harry, ai, Harry! Eu quíxenvolo dicir a al-almorzo, pero non o d-dei d-dito diante de Percy! Funche eu, Harry, pero eu x-xúroche que non q-quería! R-Riddle obrigoume, met-metéuseme d-dentro e... e eu...! C-como mataches esa... esa... ccousa? Onde v-vai Riddle? O último que ac-cordo é que saíu do d-diario e... —Non pasa nada, dixo Harry, acercándolle o diario para lle mostrar o furado do dente—. Riddle xa non está. Mira! Nin el nin o Basilisco! Vamos, Ginny, saiamos de aquí.97 XX. O heroe regresa. Como lemos na función décima oitava, logo de que o seu sangue sexa empregado no esconxuro que regresa a Lord Voldemort á forma corpórea, do asasinato de Cedric Diggory e de enfrontarse ao renacido Señor Escuro, Harry regresa ao espazo de Hogwarts onde a multitude agarda que finalice o Torneo dos Tres Meigos. Ao igual que chegara ao cemiterio da mansión Riddle, o lugar onde tivo lugar o cara a cara, ao activar a traslachave da copa do torneo no centro do labirinto, a mesma traslachave serve para devolvelo aos terreos do colexio. Harry viuse espandullado contra a terra; quedara de face para a herba: a olor dela penetroulle no nariz. Cerrara os ollos mentres era transportado pola traslachave, e non os abriu. Non se moveu. O golpe baleiráralle os pulmóns de aire; a cabeza dáballe mil voltas, tanto que se sentía como se a terra sobre a que xacía estivese a menxerse coma a cuberta dun barco. Para topar tento, apertou con máis forza as dúas cousas que aínda tiña agarradas: a asa fría e suave da Copa Tres Meigos e o corpo de Cedric. Tiña a impresión de que, se soltaba calquera das dúas cousas, caería na negrura que empezaba a entrar polos bordos da súa mente. A conmoción 97 Rowling, JK. (2002). Harry Potter e a Cámara dos Segredos. Vigo: Galaxia (p. 270). 72 e o esgotamento non lle permitían máis ca seguir tendido na terra, aspirando a olor da herba, agardando... agardando por que alguén fixese algo... por que sucedese algo... Sentindo sen cesar a xorda queimura da cicatriz da testa. Produciuse unha repentina algarabía que o confundiu e enxordeceu; chegábannlle voces de todas as direccións, berros... el quedou onde estaba, a expresión crispada ante aquel batifondo, coma se fose un pesadelo que acabaría pasando... Entón, un par de mans aferrouno con forza e deulle a volta.98 XXI. O heroe é perseguido. Harry Potter sofre a a espreita das forzas escuras durante toda a serie de novelas, xa sexa na forma de profesores infiltrados en Hogwarts, como Quirrel, que no seu primeiro curso na escola de feiticería actúa coma un infiltrado de Voldemort e que lle ocasiona a Harry accidentes durante os partidos de quidditch mediante feitizos non verbais, ou de seres coma os dementores, os gardiáns do cárcere de Azkaban, que chuchan o espírito e a alegría das persoas e son utilizados polos devoradores da morte. Harry, Ron e Hermione botan practicamente toda a sétima aventura a agocharse de rastreadores, carroñeiros e aliados de Xa-Sabes-Quen, que buscan alumnos fuxidos de Hogwarts en xeral e, moi particularmente a Harry, que vén de se converter no indesexable número un, e aos seus máis próximos aliados. Observamos a persección que sofren Hermione Granger e outros nacidos de muggle polos defensores da pureza do sangue, e como a familia Weasley tamén ten que defenderse por causa da súa condición de traidores á causa do sangue puro. É perseguido Sirius Black, fugado de Azkaban, xa que aos ollos da comunidade máxica segue a ser cupable de traizoar os pais de Harry, malia que fose Peter Pettigrew quen lle deu a información a Voldemort, e tamén o profesor Remus Lupin é acosado pola súa condición de licántropo. Porén, destacaremos nesta función unha persecución menos física, pero con idéntica capacidade de mancar. Harry Potter e Albus Dumbledore son sometidos durante A Orde do Fénix, a quinta novela, a unha campaña de descrédito por parte do Ministerio de Maxia e dos medios de comunicación afíns, como o diario O Profeta, que aseguran que alumno e profesor menten cando aseguran que Voldemort regresou á súa forma corpórea: “—E todo grazas a ti, colega —dixo George—. Pero non te preocupes... 98 Rowling, JK. (2004). Harry Potter e o Cáliz de Fogo. Vigo: Galaxia (p. 583). 73 Mamá non sabe nada. Ela xa non le O Profeta Diario, polo de que andar a contar bolas sobre ti e Dumbledore”99. XXII. O heroe é socorrido Harry Potter acada notables éxitos como meigo no seu tempo escolar, pero case que sempre é axudado polos seus compañeiros e, algunha vez, tamén por algúns dos adultos aliados que aparecen nas aventuras. Mesmo Narcissa Malfoy, irmá de Bellatrix Lestrange e na órbita das forzas escuras, axuda a Harry fronte a Voldemort, aínda que sexa para saber que o seu fillo, Draco Malfoy, aínda sobrevive a batalla de Hogwarts. Ron Weasley e , sobre todo, Hermione Granger, os máis próximos amigos ao protagonista, serán quen máis veces cumpran a función de auxilio. A lealdade, a afouteza, a destreza como meiga e os seus amplos coñecementos teóricos supoñen a meirande parte das veces un seguro de vida para Harry. —O que nos fai falla —dixo Dumbledore pausadamente, desviando os ollos azuis desde Harry a Hermione— é máis tempo. —Pero... empezou a dicir Hermione. E entón abriu os ollos coma pratos—. OH! —E agora presten atención —dixo Dumbledore, falando en voz moi baixa e moi clara—. Sirius está encerrado no despacho do profesor Flitwick, no sétimo andar. É a décimo terceira fiestra pola dereita contando desde a Torre Oeste. Se todo vai ben, esta noite han ter vostedes a oportunidade de slavar máis dunha vida inocente. Pero teñan presente o que vou dicir agora: non os pode ver ninguén. Señorita Granger, vostede sabe o que di a lei e é consciente do que nos xogamos aquí. Repítollo: non os pode ver ninguén. Harry non tiña nin a máis remota idea do que estaba a pasar. Dumbledore dera media volta e, ao chegar á porta, mirou para atrás. —Vounos fechar aquí dentro. Son —mirou o reloxo— as doce menos cinco. Señorita Granger, haberán abondar tres voltas. Boa sorte. —Boa sorte? —repetiu Harry cando a porta se pechou ao paso de Dumbledore—. Como que tres voltas? De que está a falar? Que é o que se supón que temos que facer? Mais Hermione andaba a fedellar no colo da túnica e sacou de debaixo dela unha 99 Rowling, JK. (2008). Harry Potter e a Orde do Fénix. Vigo: Galaxia (p. 116). 80 por Harry. As lectoras sempre tivemos dúbidas sobre as súas verdadeiras lealdades, pero contra a fin do sétimo libro descubrimos que verdadeiramente renunciou ao Señor Escuro polo amor que lle tiña a Lily Evans, a nai de Harry Potter, e que non asasinou a Dumbledore a sangue frío, senón que pactou con el unha morte digna cando o director de Hogwarts soubo que tiña unha maldición incurable. Rowling preséntanos todas estas revelacións nun derradeiro recordo que Snape lle deixa a Harry, xusto despois de que Lord Voldemort asasine o profesor. No epílogo que segue ao final do sétimo libro, sabemos que Harry Potter lle puxo ao seu segundo fillo Albus Severus coma homenaxe a Albus Dumbledore e Severus Snape. —Pero, Harry —apresurouse a dicir Lupin—, non o ves? Todo este tempo pensamos que Sirius traizoara a teus pais e que Peter lle dera caza, pero foi ao reves! Non te dás de conta? Quen traizoou a túa mai e o teu pai foi Peter! E Sirius foi quen lle foi detrás a el!107 —Fixeches un bo traballo, Severus. Canto tempo cres que teño? O ton de Dumbledore era conversacional, coma se lle preguntase pola predición meteorolóxica. Snape vacilou, e logo dixo: —Non podo dicilo... se cadra un ano. Non hai maneira de parar este tipo de esconxuros para sempre. Nalgún momento acabará por espallarse, é o tipo de maleficio que se reforza ao longo do tempo. [...] —Ti tes que matarme. Produciuse agora unha longa pausa, interrompida só por un ruído estraño, coma un estralo; Fawkes o fénix estaba a rillar nun óso de choco. —Quere que o faga agora? —preguntou Snape, coa voz cargada de ironía—. Ou prefire que lle deixe uns minutos para escribir o seu epitafio? [...] —Se non lle importa morrer —dixo Snape bruscamente—, por que non deixa que o faga Draco? —A alma dese rapaz aínda non está tan estragada —dixo Dumbledore—. Eu non deixaría que lla estragasen pola miña culpa. —E a miña, Dumbledore? A miña que, logo? —Só ti sabes se ha de danar a túa alma axudar un ancián a evitar a dor e a humillación —dixo Dumbledore. Pídoche ese gran favor, Severus, porque a morte vén a por min tan seguro como que os Canóns de Chudley han acabar os últimos 107Rowling, JK. (2003). Harry Potter e o preso de Azkaban. Vigo: Galaxia (p. 319). 81 na liga este ano. Confeso que preferiría unha saída rápida e indolora antes que o asunto prolongado e confuso que sería se, por exemplo, Greyback se mete polo medio... Polo que teño entendido Voldemort recrutouno, Ou a querida Bellatrix, que lle gusta xogar coa comida antes de devorala.108 Harry achegouse de maneira que a cara de Albus quedase algo por riba da súa. Dos tres fillos de Harry só Albus herdara os ollos de Lily. —Albus Severus —dixo Harry con calma, de forma que ninguén que non fose Ginny puidese escoitar, e ela foi respectuosa de máis como para facer que saudaba a Rose, que xa subira ao tren—, puxémosche ese nome por dous directores de Hogwarts. Un deles era un Slytherin109 e foi probablemente o home máis valente que nunca coñecín.110 XXVIII. O falso heroe ou vilán é desenmascarado. Ao longo deste repaso polas funcións de Propp nas sete novelas de Harry Potter descubrimos impostores como Peter Pettigrew, que se cría morto logo de morrer coma un mártir na primera guerra e que estivo agochado como animago non rexistrado polo Ministerio de Maxia na forma dunha rata, Scabbers, mascota primeiro de Percy Weasley e logo do seu irmán máis novo, Ron. Tamén quedou ao descuberto o profesor Gilderoy Lockhart, vaidoso e narcisista, de quen sabemos ao final de A Cámara dos Segredos que non é quen de preservar a seguridade de Hogwarts nin de axudar a Harry e Ron a salvar a Ginny do meigallo que lle botou Voldemort. Outro dos falsos heroes desenmascarados na serie é Barty Crouch Jr., un dos máis fieis colaboradores do Señor Escuro, que logo de escapar da prisión de Azkaban é quen –grazas, unha vez máis, á poción polizume— de facerse pasar polo auror Alastor Ollotolo Moody, que vén de ser seleccionado como profesor de Defensa contra a Maxia Escura de Hogwarts. É Crouch quen introduce o nome de Harry Potter no Cáliz de Fogo e ocasiona que sexa seleccionado para participar no Torneo dos Tres Meigos malia que este non ten a idade mínima regulamentaria e quen se preocupa de que chegue á proba final e que active a traslachave na que converteu a Copa do certame, que levará a Harry ata o cemiterio onde se produce o rito de resurrección de Voldemort, para o que precisan o sangue do 108 Rowling, JK. (2008). Harry Potter e as reliquias da morte. Vigo: Galaxia (p. 567-568). 109 Severus Snape fora o director da casa de Slytherin en Hogwarts. Nota da autora. 110 Rowling, JK. (2008). Harry Potter e as reliquias da morte. Vigo: Galaxia (p. 629). 82 protagonista. —O Moody —dixo Harry. Seguía nun estado de total incredulidade—. Como puido ser o Moody? —Este non che é Alastor Moody —dixo Dumbledore con quedanza—. Ti non coñeces a Alastor Moody. O verdadeiro Moody non te levaría onde eu te puidese ver despois de que ocorreu hoxe. No instante no que te levou, entendino... e funlle detrás. [...] Estaba vendo [Harry] unha especie de foxo, un soto excavado baixo terra, e nel, tendido no chan a uns tres metros de profundidade, aparentemente sumido nun sono profundo, fraco e esfameado en aparencia, estaba o verdadeiro Ollotolo Moody. Faltáballe a pata de pau, a cunca en que debía ir o ollo máxico parecía estar baleira debaixo da pálpebra, e tiña calvas no cabelo medio cano. Harry miraba alternativamente, totalmente confundido, para o Moody que estaba no fondo do baúl e para o que xacía, inconsciente, no piso do despacho. Dumbledore meteuse no baúl, deixouse baixar e aterrou suavemente a carón do Moody que durmía. Dobrouse para miralo ben. —Está estupefacto. Dominado polo Maleficio Imperius. Moi feble —dixo—. Claro, tiña que mantelo con vida. Harry, pásame a capa do impostor: Alastor está mortiño de frío. Madame Pomfrey ha ter que recoñecelo, pero non me parece que a súa vida corra inmediato perigo. Harry obedeceu; Dumbledore cubriu a Moody coa capa, envurullouno ben e impulsouse para saír do baúl. Despois colleu a petaca que repousaba na mesa, destapouna e verteu o seu contido. Un líquido gordo e pegañento espallouse polo piso do despacho. —Poción Polizume, Harry —dixo Dumbledore—. Ves canta simpleza, canta intelixencia?111 XXIX. O protagonista recibe unha nova aparencia. Logo de acudir á fraga encantada de Hogwarts a entregarse a Voldemort para que o mate e cumprir a encomenda do defunto Albus Dumbledore, Harry acorda nunha sorte de limbo que semella a estación de tren de King's Cross de Londres. Xa non precisa 111 Rowling, JK. (2004). Harry Potter e o Cáliz de Fogo. Vigo: Galaxia (p. 591-592). 83 lentes e está espido. Atopa alí a Dumbledore, que lle explica que non só non morreu ao se sacrificar, senón que a súa alma é enteira e completamente súa, xa que —Pero está morto —dixo Harry. —Ah, si —dixo Dumbledore pragmático. —Logo, eu estou morto tamén? —Ah, dixo Dumbledore, sorrindo aínda máis amplamente—. Velaí a pregunta, non? En xeral, querido rapaz, creo que non. Miráronse o un ao outro, o vello aínda a sorrir. —Non?, repetiu Harry. —Non, dixo Dumbledore. —Pero... —Harry elevou a man instintivamente á cicatriz en forma de lóstrego. Parecía que non estaba alí—. Pero eu debín morrer... non me defendín! Eu quería deixar que me matase! —E iso —dixo Dumbledore—, debeu ser o que marcou a diferenza. [...] —Explíquese —dixo Harry. —Pero ti xa o sabes —dixo Dumbledore. Xogaba a facer bitoques, xirando os polgares un contra o outro. —Deixei que me matara —dixo Harry—. Non si? —Deixaches, si —dixo Dumbledore—, asentindo—. Sigue. —De maneira que á parte de alma que estaba en min... —Dumbledore asentiu máis entusiasta, animando a Harry a continuar coas súas preguntas, cun enorme sorriso de ánimo na cara. —... desapareceu? —Ah, si! —dixo Dumbledore. Si, el destruíuna. A túa alma está completa e é completamente túa, Harry.112 XXX. O falso heroe ou agresor é castigado. Lucius Malfoy, o pai de Draco Malfoy e simpatizante dos devoradores da morte, é encarcerado en Azkaban logo da batalla do Departamento de Misterios de A Orde do Fénix. Fora el quen puxera o diario enmeigado de Tom Riddle entre os libros de Ginny Weasley en A Cámara dos Segredos e sabemos, asemade, que foi un amo cruel para o 112 Rowling, JK. (2008). Harry Potter e as reliquias da morte. Vigo: Galaxia (p. 587). 84 elfo doméstico Dobby. Peter Pettigrew, Rabeleiro, amigo da infancia do pai de Harry Potter que os traizoou, é atacado pola súa propia man de prata en As reliquias da morte. Bellatrix Lestrange, a máis integrista e brutal dos seareiros de Voldemort, responsable dos asasinatos de Sirius Black (co agravante de parentesco, xa que son curmáns) e da tortura de Hermione Granger e dos pais de Neville Longbotton, morre a mans de Molly, a matriarca da familia Weasley. Tamén en As reliquias da morte. Narcissa alzou a mirada cara a el cun elocuente xesto de desesperación. —Si, Severus. Creo que ti es o único que me pode axudar, non teño máis ninguén a quen recorrer. Lucius está no cárcere e... [...] —Nin o Señor Escuro se vai deixar intentar convencer nin eu son tan parvo como para tentalo —dixo Snape, friamente—. Non vou negar que o Señor Escuro estea furioso con Lucius. Supúñase que Lucius estaba ao mando. Deixou que o prendesen xunta moitos outros e aínda por riba non foi quen de facerse coa profecía. Efectivamente, o Señor Escurso está furioso, furioso de verdade.113 Sen variña. Indefenso, as pupilas de Pettigrew dilatáronse con terror. Os seus ollos esvaraban da cara de Harry a outra cousa. Os seus propios dedos de prata achegábanse inexorablemente á súa gorxa. —Non... Sen parar a pensar, Harry tentou retirar a man cara atrás, pero non había forma de parala. A ferramenta de prata que Voldemort lle dera ao máis covarde dos seus serventes revirouse contra o seu desarmado e inútil dono; Pettigrew recollía a súa recompensa por vacilar, polo seu momento de piedade estaba sendo estrangulado diante dos seus ollos. —Non! Ron soltara tamén a Rabeleiro, e xuntos, el e Harry, tentaban arricar os oprimentes dedos metálicos de arredor da gorxa de Rabeleiro, pero era inútil. Pettigrew estaba poñéndose azul. —Relashio! —dixo Ron, sinalando coa variña a man de prata, pero non pasou nada; Pettigrew caeu de xeonllos e ,ao mesmo momento, Hermione deu un terrible berro desde arriba. Os ollos de Rabeleiro reviráronse na súa cara violeta; deu un último tirón e quedou quieto.114 113 Rowling, JK. (2008). Harry Potter e o misterio do príncipe. Vigo: Galaxia (p. 38-40). 114 Rowling, JK. (2008). Harry Potter e as reliquias da morte. Vigo: Galaxia (p. 395). 85 Bellatrix seguía loitando tamén, uns cincuenta metros afastada de Voldemort e, coma o seu amo, lidaba contra tres ao mesmo tempo: Hermione, Ginny e Luna, todas baténdose o mellor que podían, pero Bellatrix era igual ca elas; a atención de Harry desviouse cando un maleficio da Morte pasou tan cerca de Ginny que ela escapou da morte por uns centímetros... Cambiou de rumbo correndo contra Bellatrix en troques de contra Voldemort, pero antes de que puidese dar moitos pasos, tiraron con el a un lado. —A MIÑA FILLA NON, LOBA115! A señora Weasley arrincou a túnica mentres corría, liberando os brazos. Bellatrix xirou no sitio, ruxindo coa risa ao ver a súa nova contendente. —QUITADE DO MEDIO! —berroulles a señora Weasley ás tres rapazas, e cunha sacudida sinxela da variña empezaron a baterse. [...] —Ti... non... vas... volver... tocar... os nosos... fillos... na vida! —berrou a señora Weasley. Bellatrix riu xubilosa, a mesma gargallada esaxerada que soltara o seu curmán Sirius antes de caer a través do veo, e soubo de súpeto o que ía acontecer antes de que pasase. O maleficio de Molly voou por debaixo do brazo estirado de Bellatrix e deulle de cheo no peito, directo no corazón. O sorriso de deleite de Bellatrix quedou conxelado, os seus ollos pareceron avultarse. Durante unha minúscula fracción de tempo soubo o que pasara, e logo caeu, e a multitude expectante ruxiu e Voldemort berrou.116 XXXI. O heroe casa e ascende ao trono. As autoras de fanfics teñen escrito un milleiro de veces a voda de Harry Potter e Ginny Weasley, pero JK Rowling non relata nos libros cando ou como ten lugar a cerimonia. Si que coñecemos, nos últimos parágrafos do derradeiro libro, que logo de acabar definitivamente con Voldemort grazas a un esconxuro desarmador que repele unha maldición asasina do Señor Escuro, Harry busca a Ginny: “Viu a Ginny dúas mesas máis alá, sentada, coa cabeza no ombro da súa mai: habería tempo para falaren 115 Na versión orixinal esta frase é: “NOT MY DAUGHTER, YOU BITCH” e aínda non sei por que o tradutor optou por traducir 'bitch' como loba e non como 'cadela' na versión galega. 116 Rowling, JK. (2008). Harry Potter e as reliquias da morte. Vigo: Galaxia (p. 609-610). 86 despois, horas e días, e se cadra anos nos que latricar”117. Unhas páxinas máis adiante, no epílogo, Harry e Ginny son unha parella de trinta e tantos que levan os fillos a estación de tren para que o Expresso de Hogwarts os conduza ao colexio no primeiro día do curso. O ascenso ao trono de Harry Potter non o atopamos no sentido literal, senón que nos chega cando o sabemos vencedor da Morte ao facerse dono da variña de bieiteiro, a máis poderosa de todas as varas máxicas. O mozo utilízaa para reparar a súa vella vara de acivro, esganada no transcurso da fuxida que el e Hermione protagnizaran en Godric's Hollow, pero decide non quedar coa Lanza da Morte. —E logo está isto. Harry ergueu a Variña de Bieiteiro, e Ron e Hermione miraron para ela cunha reverencia que mesmo no seu estado confuso e canso, a Harry non lle gustou nada ver. —Non a quero —dixo Harry.118 Finalmente, Harry recibe logo da fin desta segunda guerra máxica a calor dos compañeiros, mestres e aqueles que integraran a resistencia contra Voldemort, que o sinalan como o seu líder, unha sorte de rei para eles: “O sol elevouse de vagar sobre Hogwarts e a Gran Sala relucía de vida e de luz. Harry era unha parte indispensable da mestura de rebentos de xúbilo e loito, o seu líder e símbolo, o seu salvador e guía”119. A disección formalista de Vladimir Propp complétase coa sistematización das sete categorías de dramatis personae que, segundo el, aparecen en todos os contos; e dicir, segundo este autor, en todo relato marabilloso os personaxes –os animais e os obxectos poden actuar como personaxes tamén120— poden enmarcarse alomenos nunha das sete esferas de acción: 1. O agresor. O principal vilán ao longo das sete novelas de Harry Potter é Lord Voldemort, aínda que en cada un dos volumes atopamos agresores de diferente envergadura: o profesor Quirrell, Draco Malfoy, Bellatrix Lestrange, Dolores Umbridge, Lucius Malfoy... 117Rowling, JK: (2008). Harry Potter e as reliquias da morte. Vigo: Galaxia (p. 618). 118Rowling, JK. (2008). Harry Potter e as reliquias da morte. Vigo: Galaxia (p. 620). 119Rowling, JK. (2008). Harry Potter e as reliquias da morte. Vigo: Galaxia (p. 617), 120Lembremos que Propp sinala en Las raíces históricas del cuento que os contos marabillosos non son separables das narracións de contos con animais. 87 2. O doador, amigo ou hostil. Esta figura proporciona coñecementos e obxectos máxicos ao protagonista a medida que este é quen de resolver probas, físicas ou intelectuais, que o fan merecedores destes novos recursos. Os doadores no universo potterico son aliados como os xemelgos Weasley, Sirius Black, Horace Slughorn e, sobre todo, Albus Dumbledore, mais tamén alguén hostil coma Severus Snape. 3. O auxiliar. Harry conta coa colaboración de Hermione Granger e Ron Weasley, como principais aliados, mais tamén doutros compañeiros como Ginny Weasley, Neville Longbottom ou Luna Lovegood que o axudan nas súas misións. Válese durante os seus sete anos de escolarización en Hogwarts de diferentes obxectos máxicos que tamén cumpren a función de auxiliar, por exemplo, a capa de invisibilidade, o mapa do tunante, a espada de Gryffindor, o sombreiro seleccionador, o viratempo, o desluminador, distintas apócemas e platas máxicas... Tamén é axudado por criaturas máxicas, desde centauros a trasnos domésticos, por pantasmas e ata polo poltergeist do castelo de Hogwarts. 4. A princesa e/ou o seu pai. Nos contos tradicionais rusos estudados por Propp, o matrimonio e a subida ao trono do heroe están intimamente conectados. A princesa adoita ser unha muller independente e detentadora da estirpe e da maxia totémica. “Es el 'rey-doncella', pero puede ser comparada también con la esposa celestial del chamán y, además, con la viuda o la hija del rey muerto y eliminado por el sucesor”121. Ginny Weasley é a primeira muller que nace na familia Weasley en xeracións e, polo tanto, excepcional, ademais dunha rapaza de maxia poderosa, valiente e decidida. Durante a quinta novela, A Orde do Fénix, Voldemort fire de gravidade a Arthur Weasley, o pai de Ginny. 5. O mandatario. Desde os primeiros libros temos consciencia do Ministerio de Maxia coma unha sorte de burocracia, non sempre moi efectiva, que ostenta o poder institucional no mundo máxico. Rowling preséntanos funcionarios comprometidos e capaces, máis tamén moitos líderes que buscan instrumentalizar propagandisticamente a Harry, unha celebridade para magos e bruxas desde nenos. 6. O heroe buscador e o heroe vítima. Harry cumpre ambos os roles. Polo feito de ser perseguido e ameazado unha e outra vez por Voldemort e as forzas escuras e en tanto en canto que supera obstáculos para buscar as respostas e os recursos que o axuden a 121 Propp, Vladimir (1974). Las raíces históricas del cuento. Madrid: Editorial Fundamentos (p. 526). 88 derrotar o Señor Escuro. Nalgún momento da serie tamén Ron e Hermione funcionan como heroes buscadores e Severus Snape é na sétima novela un heroe vítima asasinado por Voldemort. 7. O falso heroe. O protagonista e os seus aliados son quen de desenmascarar falsos heroes coma o profesor Gilderoy Lockhart, Peter Rabeleiro Pettigrew ou Barty Courch Jr. Transmutado en Alastor Ollotolo Moody. Ao tempo, Rowling déixanos tamén unha galería de falsos viláns nos que destacan Sirius Black e Severus Snape. Logo de repasar as funcións de Propp, seguimos cos doce pasos do patrón narrativo de Campbell: 1. Mundo ordinario no que vive o heroe, a súa contorna habitual. Ata que cumpre once anos de idade, Harry Potter é un neno orfo que vive cos seus tíos, Petunia e Vernos Dursley, e co seu curmán, Dudley Dursley, no número catro de Privet Drive, un barrio residencial da vila de Little Whinging, situada no condado de Surrey, no surleste de Inglaterra. Petunia, irmá da defunta nai de Harry Potter, Lily Evans, asegura que ela e a súa familia son “normais de todo, moitas grazas”. Sabemos polas primeiras páxinas de A pedra filosofal que os Dursley son de todo menos afectuosos con Harry. Vive nunha lacena, no oco da escaleira, e ten que madrugar para lle facer o almorzo a toda a familia e sempre lle fan sentir que está de máis na casa. Ao mesmo tempo, Dudley, da mesma idade ca Harry, medra coma un neno caprichoso e malcriado que recibe 39 agasallos de cumpleanos, que ocupa dúas habitacións –unha para os seus xoguetes— e que actúa coma un abusón con respecto ao seu curmán. Harry estaba contento de que a escola acabase, pero non había forma de escapar á panda de Dudley que visitaban a casa todos os días. Piers, Dennis, Malcolm e Gordon eran todos grandóns e parvos; pero como Dudley era o máis grande e o máis parvo, era o xefe. Os demais estaban encantados de unirse a el no seu deporte favorito: a caza de Harry.122 122 Rowling, JK. (2002) Harry Potter e a pedra filosofal. Vigo: Galaxia (p. 33). 89 Os plans que teñen os seus tíos para Harry agora que ten que empezar a secundaria é que acuda ao instituto público local123, mentres que Dudley irá á antiga escola na que estudou Vernon. 2. Chamada á aventura; presentación dun desafío. A chamada á aventura para Harry Potter correspóndese cunha carta que recibe –a primeira ao seu nome na vida— un día de xullo de 1991. Harry esquivou o bastón e foi coller o correo. No felpudo había tres cousas: unha postal de Marge, a irmá de tío Vernon, que estaba de vacacións na illa de Wight; un sobre marrón que parecía unha factura; e... unha carta para Harry. Harry colleuna e fitouna, o seu corazón abalando como unha goma xigante. Nunca, en toda a súa vida, lle escribirá ninguén. Quen ía escribirlle? Non tiña amigos nin parentes... non era membro da biblioteca, daquela nin sequera recibía notas ásperas esixindo libros de volta. Sen embargo, aquí estaba, unha carta, co enderezo tan claro que non había dúbida: Señor H. Potter O armario debaixo das escaleiras Privet Drive, 4 Little Whinging Surrey”124. Harry non é quen de abrir a carta que lle comunica que é un meigo e que vén de ser admitido na escola Hogwarts de maxia e feiticería ata que Hagrid, o semixigante gardián das chaves do colexio, lla entrega en man, por orde de Dumbledore. Nela, pode ler: “ESCOLA HOGWARTS DE MAXIA E FEITICERÍA Director: Albus Dumbledore (Orde de Merlín, Primeira Clase, Grande Feiticeiro, Vedoiro xefe, 123 Na versión orixinal en inglés emprégase o termo 'comprehensive', que se refire aos institutos, que no elitista e clasista sistema educativo de Inglaterra e Gales, non seleccionan os alumnos. Nota da autora. 124 Rowling, JK. (2002) Harry Potter e a pedra filosofal. Vigo: Galaxia (p. 35). 96 —Só a ti e Ron, vale? —Home —dixo Hermione, cunha expresión ansiosa de novo—. Home... a ver, non te poñas no bico da vasoira outra vez, Harry, por favor; pero de verdade creo que deberías ensinarlle a calquera que queira aprender. Quero dicir, estamos falando de defendernos contra V-Voldemort. Oh, non sexas patético, Ron. Non parece moi xusto se non lles ofrecemos a posibilidade a outra xente. —Si, pero dubido que ninguén de non ser vós os dous quixese que eu lles dese clases. Eu son un chalado, non lembrades? [...]. —A ver, quen dicides que se supón que vai vir ata aquí?— preguntou Harry abrindo a chapa oxidada da súa cervexa de manteiga e dándolle un grolo. —Só un par de persoas. —repetiu Hermione, comprobando o reloxo e mirando ansiosa cara á porta—. Díxenlles que estivesen aquí a esta hora e estou segura de que todos saben onde é... Ah, mirade, estes deben ser eles xa. A porta do pub abriuse. Unha grosa raiola de sol poeirenta dividiu o cuarto en dous por un momento e logo esvaeceuse, bloqueada pola chegada dun grupo de persoas. Primeiro entrou Neville con Dean e Lavender, seguidos de cerca por Parvati e Padma Patil con, e o estómago de Harry déulle unha volta, Cho e unha das súas amigas coas que xeralmente andaba ás risiñas, logo, soa e tan soñadora que ben podería ser que entrase alí por accidente, Luna Lovegood; logo Katie Bell, Alica Spinnet e Angelina Johnson, Colin e Denis Creevey, Ernie McMillan, Justin Finch- Fletchley, Hannah Abbot e unha rapaza de Hufflepuff cunha longa trenza ás costas cun nome que Harry non sabía; tres rapaces de Ravenclaw que el estaba case seguro de que se chamaban Anthony Goldstein, Michael Corner e Terry Boot, Ginny, seguida de cerca por un rapaz alto e delgado cun nariz levantado que Harry recoñeceu vagamente por ser membro do equipo de quidditch de Hufflepuff e logo, para rematar, Fred e George Weasley co seu amigo Lee Jordan, os tres levando unhas enormes bolsas de papel a rebordar de produtos da de Zonko. —Un par de persoas? —díxolle Harry con voz rouca a Hermione—. Un par de persoas?132 132 Rowling, JK. (2008). Harry Potter e a Orde do Fénix. Vigo: Galaxia (p. 347-355). 97 8. A gran proba. Cara á metade da historia, o heroe enfronta o seu meirande medo e o seu mundo especial, o momento de maior perigo. O momento para o que se prepara Harry chega ao final do quinto libro, logo da batalla do Departamento de Misterios. O enfrontamento entre devoradores da morte fugados de Azkaban e a resistencia da Orde do Fénix supón para o protagonista e os seus amigos danos importantes que teñen que ser reparados no Hospital de San Mungo, porque son de maior consideración que aqueles que os levaban cada curso á enfermaría do colexio. Os aliados do protagonista acadan o seu obxectivo –que Lord Voldemort non consiga facerse cunha profecía crucial sobre a conexión entre el e máis Harry—, pero o prezo é moi elevado. Sirius Black morre a mans da súa curmá Bellatrix Lestrange e, logo dun par de anos a saber dun padriño que mira por el, o heroe terá que enfrontara súa perda. Todo, cando xa o Ministerio de Maxia non pode negar o evidente e comeza a segunda guerra máxica e co coñecemento dunha profecía que di que será Harry o elixido para manter unha contenda a morte co Señor Escuro. O QUE NON DEBE AMENTARSE VOLVE Nunha breve declaración o venres pola noite, o Ministro de Maxia, Cornelius Fudge, confirmou que O Que Non Debe Amentarse volveu a este país e está de novo activo. “Con gran desgusto debo confirmar que o meigo que de denomina Lord, ben, xa sabedes a quen me refiro, está vivo e entre nós de novo”, dixo Fudge, con aspecto cansado e nervioso, mentres se dirixía aos xornalistas. “E con case o mesmo desgusto debemos informar da revolta dos dementores de Azkaban, que acaban de renunciar a continuar traballando baixo o goberno do ministerio. Cremos que os dementores agora obedecen as ordes de Lord... como sexa”. “Recomendámoslle á poboación meiga que permaneza á espreita. O ministerio está publicando guías de defensa persoa el do fogar que se lles proporcionarán gratuitamente a todos os fogares meigos no próximo mes”. As declaracións do ministro foron recibidas con consternación e alarma por parte da comunidade meiga, que tan só o mércores pasado recibía garantías do ministerio de que non había “nada de verdade neses rumores persistentes de que Xa-Sabedes-Quen está operando de novo”. 98 Os detalles dos eventos que levaron ao cambio de opinión do ministerio aínda son confusos, aínda que se cre que O Que Non Debe Amentarse e un selecto grupo dos seus seguidores, coñecidos como devoradores da morte, entraron no mesmo Ministerio de Maxia o xoves pola tarde. Albus Dumbledore, recentemente renomeado director da Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, membro restituído da Confederación Internacional de Meigos e renomeado presidente do Tribunal Superior de Maxia, ata o momento non fixo ningunha declaración. El insistiu durante o ano pasado que Xa-Sabedes-Quen non está morto, como se esperaba e se cría comunmente, senón que de novo estaba buscando seguidores para un novo intento de facerse co poder. Mentres, o “O neno que viviu”... —Aí, o tes, Harry, sabía que habían de meterte polo medio dalgunha forma — dixoo Hermione, mirando cara a el por riba do xornal. Estaban na enfermería. Harry sentara ao pé da cama de Ron e estaban os dous escoitando a Hermione mentres lía a primeira páxina d'O Profeta Dominical.133 9. Recompensa. As gratificacións que logra Harry polos atrancos que vai salvando en Hogwarts correspóndense nos primeiros libros con puntos que suman para a Copa da Escola. Logo do Torneo dos Tres Meigos do cuarto libro recibe un premio económico que emprega para financiar o negocio de obxectos máxicos de broma dos xemelgos Weasley. A partir dese punto, as recompensas virán na forma de coñecementos e obxectos máxicos, xa que Dumbledore o ilustra desde lembranzas do pasado que estudan ambos os dous no pensadoiro e recibe clases de Oclumancia de Severus Snape. Asemade, grazas a unha pequena trampa obtén unha botella de poción felix felicis que lle será moi útil no sexto curso e, antes de lanzarse á caza de horcrux no sétimo e último libro da serie, os bens que Dumbledore inclúe no seu testamento para Harry, Ron e Hermione serán cruciais para a resolución da historia. —Fred, George: agardade un momentiño —os xemelgos volvéronse. Harry abriu o baúl e sacou del o premio do Torneo Tres Meigos—. Tomade —dixo, e púxolle o saquiño a George nas mans. 133 Rowling, JK. (2008). Harry Potter e a Orde do Fénix. Vigo: Galaxia (p. 865-866). 99 —Que? —dixo Fred, atónito. —Que tomedes —repetiulle Harry con firmeza—. Eu non volo quero. —Ti estás mal da cachola —dixo George, querendo devolverllo a Harry. —Non estou, non —dixo Harry—. Quedades vós cos cartos e poñedevos a inventar cousas. É para a tenda de bromas. —Definitivamente, está mal da cachola —dixo Fred nun ton que case era de medo. aMirade, dixo Harry, resolto—. Se vós non mo colledes heino botar polo dasaugadoiro. Nin o quero, nin me fai falla. O que si me facía falla é rir un pouco. A min e a todo o mundo. Dáme a alma que de aquí en diante imos ter máis falta de riso que de costume. —Harry, dixo George cun fío de voz, sopesando o saquiño de cartos nas mans—, aquí ten que haber mil galeóns polo menos.134 10. O camiño de volta. O heroe ten que voltar ao mundo ordinario para completar a aventura. Sabemos que Harry Potter está obrigado a regresar á casa dos Dursley, no mundo ordinario, cada verán ao rematar o curso escolar ata que acade a maioría de idade (que no mundo dos meigos e as bruxas chega os 17 anos) porque a extraordinaria protección que lle regalou a súa nai ao deixar que Voldemort a matase para protexelo cando era un bebé está motivada por unha maxia antiquísima ligada ao sangue denominada priori incantaem, que terá efecto mentres viva baixo o mesmo teito cós seus familiares cosanguíneos. —[...] Estou falando, por suposto, do feito de que a túa nai morrese para salvar a túa vida. Ela deuche unha protección permanente que el nunca esperou, unha protección que corre polas túas veas ata hoxe. Eu puxen a miña confianza, por tanto, no sangue da túa nai. Entregueite á súa irmá, o seu único familiar vivo. —Ela non me quere —dixo Harry de súpeto—. A ela non lle importa. —Pero acolleute —cortouno Dumbledore—. Pode que te acollese de mala gana, sen querer e amargamente, pero aínda así, colleute, e ao facelo, ela selou o encanto que eu puxera sobre ti. O sacrificio da túa nai fixo do lazo do angue o escudo máis forte que eu che podería proporcionar. 134 Rowling, JK. (2004). Harry Potter e o Cáliz de Fogo. Vigo: Galaxia (p. 635). 100 —Sigo sen... —Mentres ti aínda poidas chamarlle fogar ao lugar onde habite o sangue datúa nai, alí non poderás ser tocado nin danado por Voldemort. El verteu o seu sangue, pero vive en ti e na súa irmá. O seu sangue converteuse no teu refuxio. Tes que volver alí só unha vez ao ano, pero mentres poidas seguir chamándoo fogar, mentres esteas alí, el non pode danarte. A túa tía sabe isto. Eu expliquei o que fixera na carta que deixei contigo, na súa porta. Ela sabe que permitíndoche vivir alí foi o que te mantivo vivo estes últimos quince anos.135 Por outra banda, logo de seis novelas cunha estrutura circular que arranca cun Harry a pasar o verán aborrecido na dos seus tíos, o traslado a algún escenario máxico –a travesa Diagon ou o Tobo, a casa da familia Weasley en Ottery Saint Catchpole—, o desprazamento a Hogwarts e o desenvolvemento do curso académico para volver regresar á vivenda dos seus tíos no número catro de Privet Drive, a sétima racha coa fórmula. Así, Harry abandona para sempre o fogar dos Dursley uns días antes de cumprir os dezasete, pero ten ben claro que o día primeiro de setembro non estará nun tren camiño de Hogwarts, senón que a súa intención é lanzarse aos camiños, a un mundo inseguro e lonxe de todos os encantamentos protectores da escola de maxia, para rematar coa tarefa que o finado Dumbledore lle encomendou. Un dos primeiros sitios que quere visitar é Godric's Hollow, onde naceu e os seus pais fixeran fogar. —Vou volver onda os Dursley porque é o que me mandou Dumbledore —dixo Harry. Pero a visita vai durar pouco, e despois penso marchar para sempre de alí. —Pero se non volves á escola, onde vas ir? —Pensei en ir a Godric's Hollow —murmurou Harry. Levaba a darlle voltas á idea xa desde a noite en que morrera Dumbledore—. Para min, todo comezou alí. Simplemente, hai algo que me di que teño que ir alí. E tamén me gustaría visitar as tumbas dos meus pais.136 11. Resurrección. Outra gran proba de vida ou morte. Harry Potter é quen de localizar os horcrux e traza como destruílos. Cando apenas quedan unhas páxinas para finalizar a sétima das novelas, JK Rowling confírmanos a 135 Rowling, JK. (2008). Harry Potter e a Orde do Fénix. Vigo: Galaxia. (p. 856). 136 Rowling, JK. (2008). Harry Potter e o misterio do príncipe. Vigo: Galaxia (p. 598-599). 101 través dunha lembranza que o moribundo Severus Snape rescata para Harry, que o mozo é o sétimo horcrux e que para que Voldemort morra terá que morrer el a mans do Señor Escuro. Harry asume o seu destino e encamíñase á fraga encantada, na procura do vilán. Voldemort pronuncia a maldición asasina e Harry non se defende. Debería estar morto, pero cando acorda, nunha sorte de limbo, Dumbledore lle di que sobreviviu e que xa non queda ningunha pegada da alma de Voldemort na súa. Unha vez máis, o priori incantatem, o amor incondicional da nai de Harry, actuou coma un escudo ao ter utilizado Voldemort o sangue do mozo no esconxuro para regresar á forma corpórea. Os pensamentos sobre o que ía acontecer logo foron caendo sobre Harry gradualmente ao longo daqueles minutos coma se fosen flocos de neve ata que concluíu: —Teño que volver, non si? —Iso depende de ti. —Podo escoller? —Oh, si —sorriulle Dumbledore—. Estamos en King's Cross non dis? Creo que se decides non volver, poderías... a ver... subir a un tren. —E onde me levaría? —Cara adiante —dixo Dumbledore simplemente. Silencio de novo. —Voldemort ten a Variña de Bieiteiro. —É certo. Voldemort ten a Variña de Bieiteiro. —Pero vostede quere que volva? —Eu creo —dixo Dumbledore—, que se decides volver, hai unha posibilidade de acabar con el para sempre. Non o podo prometer. Pero o que sei con certeza, Harry, é que ti tes menos medo de volver aquí que el.137 12. Regreso co elixir. O heroe será quen de transformar o mundo ao igual que el foi transformado. Cando o daban por morto, Harry reincorpórase á batalla, primeiro oculto baixo a capa de invisibilidade e máis adiante dá a coñecer que segue en pé. A viaxe e a transformación de Harry Potter fixeron del o único mago en todo o mundo que é quen 137 Rowling, JK. (2008). Harry Potter e as reliquias da morte. Vigo: Galaxia (p. 598). 102 de acabar con Voldemort. Non só xuntou e maquinou como destruir os horcrux, cada unha das pezas nas que o Señor Escuro seccionou a súa alma para facerse inmortal, senón que comprendeu o significado das reliquias da morte e a máis poderosa delas, a variña de bieiteiro, lle debe lealdade. No enfrontamento definitivo con Voldemort, un simple feitizo para desarmar é abondo para neutralizar a maldición e liberar por sempre o mundo máxico do Señor Escuro. —Así que todo vén sendo isto, non si? —murmurou Harry. A variña da túa man sabe que o seu último dono foi desarmado? Porque se o sabe... eu son o verdadeiro señor da Variña de Bieiteiro. Un fulgor vermello emanou de repente do ceo enmeigado sobre eles, mentres unha raiola de sol rechamante penetraba nun peitoril da fiestra máis próxima. A luz bateu nos seus rostros ao tempo, de maneira que Voldemort se converteu de repente nunha mancha flamexante. Harry escoitou a voz grave e clara chiar mentres el tamén ouveaba con todas as súas esperanzas apuntando coa variña de Draco: —Avada Kedavra! —Expelliarmus! O estourido foi coma un canonazo, e as labaradas douradas que emanaron entre eles, no centro morto do círculo que estiveran a marcar, marcaron o punto onde colidiron os esconxuros. Harry viu o relampo verde de Voldemort chocar contra o seu propio esconxuro, viu a Variña de Bieiteiro voar polo aire, escura contra a luz do amencer, dando voltas a través do ceo enmeigado como a cabeza de Nagini, xirando polo aire cara ao señor que non ía matar, que viñera a tomar posesión dela por fin. E Harry, coa infalible precisión do Buscador, colleu a variña na súa man libre, mentres Voldemort caía para atrás, cos brazos abertos, coas pupilas fendidas nos ollos escarlata perdendo a vida. Tom Riddle bateu contra o chan cunha finalidade mundana, o seu corpo feble e afundido, as mans brancas, baleiras, a cara de serpe sen expresión e inconsciente. Voldemort estaba morto, asasinado polo rebote do seu propio maleficio, e Harry quedou coas dúas variñas na man, mirando para o corpo do seu inimigo.138 138 Rowling, JK (2008). Harry Potter e as reliquias da morte. Vigo: Galaxia (p. 616). 103 104 “Le haré yo ahora una pregunta a usted: ¿Por qué Harry Potter es tan famoso?, ¿por qué una fantasía occidental de la Edad Media ha conquistado todo el mundo? ¿Por qué? Porque te permite imaginar. Pensar que algo maravilloso sucede en la pantalla”139. 3. O longo camiño cara ao folclore do terceiro milenio Unha vez analizados os elementos dos contos tradicionais no universo literario creado por JK Rowling para Harry Potter, os seus colegas, aliados e inimigos, é tempo de trazar unha viaxe para a que cumpriría tomar prestado o viratempo que a profesora Minerva McGonnagal lle deixa a Hermione Granger no seu terceiro curso en Hogwarts, xa que pretendo darlle resposta á pregunta de como é que as narracións e mitos asociados a ritos e costumes das sociedades primitivas se teñen mantido con vida, e mesmo se renovan e actualizan, nas sociedades posmodernas e postindustriais contemporáneas. Lévanos o camiño de regreso, momentaneamente, ao folclorista soviético Vladimir Propp, quen xa nos contara no segundo capítulo deste TFM que a desaparición do rito e do modo de vida que o alumbrou non significa a desaparición do conto. Todo o contrario: a trama dos contos marabillosos absorbe as novas particularidades dunha realidade histórica máis tardía, e acomódase, deste xeito, ás sociedades campesiñas e feudais cuxos modos de produción e reprodución estiveron vixentes no Occidente máis desenvolvido ata a Revolución Industrial do século XIX e, en tantos puntos do planeta –tamén Galicia— ata practicamente antonte. Somos coñecedoras grazas a Propp de que a “vida nova” crea xéneros literarios novos (o conto novelado, poemas narrativos, epopeas, cantares de xesta, romances, eddas e sagas...) e dá lugar a ese Epos heroico occidental que é o susbstrato que ten abonado as terras todas da narrativa desde a Antigüidade grecolatina e durante o tempo de pervivencia das sociedades campesiñas, exemplificadas na Idade Media. “A evolución ten lugar mediante estratificacións, 139 Corzo, B. (28 de decembro de 2012). Derrick de Harkhove: “El mérito del papel es que no es interactivo, hay que protegerlo”. Barcelona: La Vanguardia. 105 substitucións, transposicións de sentido e mediante novas formacións”140, especifica Propp. No anterior capítulo temos comprobado que a Biblia, a Materia de Bretaña, os Contos de Canterbury, Macbeth, Oliver Twist, Emma ou Jane Eyre, os penny dreadful, Narnia ou O señor dos aneis constitúen relatos –entre moitos outros— continuadores do Epos heroico anteriores a Harry Potter. Non obstante, por moi herdeiro das narrativas da noite dos tempos e das aventuras medievais de cabaleiría que supoñamos a Harry Potter, habemos ser conscientes tamén de que é fillo dun tempo e dun lugar, a Escocia dos anos noventa do século XX e dos primeiros dousmil. Polo tanto, Harry Potter é, sobre todo, unha produción cultural occidental contemporánea e dun estadio tecnificado da sociedade postindustrial, tamén definida como sociedade de comunicación de masas ou sociedade da información e como posmodernidade. O tempo que lle segue á Segunda Guerra Mundial é o da Guerra Fría e a política de bloques, as ditaduras ibéricas e os movementos descolonizadores e de liberación popular. É o momento da loita antirracista e dos feminismos de segunda a terceira vaga, dos movementos indixenistas e da posta en cuestión da hexemonía do home branco occidental de mediana idade. Desde 1945 consolídanse as democracias occidentais en boa parte de Europa e América, xa sexa no seu modelo liberal exemplarizado nos Estados Unidos ou como sociedades do Estado do Benestar no Reino Unido e nos países nórdicos. A prosperidade dos anos cincuenta e sesenta do século pasado en Occidente contribúe a asentar os dereitos laborais e a estender a universalización da educación pública nos países desenvolvivos e concédelles tempo e recursos para o lecer aos adultos e, sobre todo, a mozos e adolescentes das clases traballadoras, que por primeira vez son creadores e consumidores de cultura. Son os anos dourados do cinema de Hollywood, cos grandes estudos e as estrelas máis rutilantes. Asemade, o inimigo comunista resulta un magnífico recurso para a banda deseñada de superheroes, que xa nos anos trinta e corenta inflamara os ánimos en tempos bélicos. Fóra da ficción, os heroes da mocidade son as estrelas do cine e, desde os anos sesenta, cada vez máis os músicos ou cantantes de pop e tamén moitos deportistas, que adquiren a dimensión de estrelas do rock. A produción cultural desta sociedade do consumo dáse en chamar cultura pop, para ser diferenciada a alta cultura, obra das elites intelectuais de vello. Na cultura pop caben o cine 140 Propp, V. (1974). Las raíces históricas del cuento. Madrid: Editorial Fundamentos (p. 525-526). 112 Bauman é responsable de diagnosticarlle a esta modernidade líquida doenzas que se denominan “síndrome da impaciencia” e de pulsións movidas polo único desexo de consumo, así como felicidades aspiracionais que son individuais no canto de procurarse para o conxunto da humanidade. O pensamento de Bauman conecta cos movementos altermundistas, críticos coa globalización imperialista e que advirten sobre os perigos da disolución das identidades locais e grupais nunha nova identidade mundializada que se apropia das culturas locais para logo facelas desaparecer nunha cultura global. Sería imprudente negar o menospreciar el profundo cambio que el advenimiento de la 'modernidad fluida' ha impuesto a la condición humana. El hecho de que la estructura sistémica se haya vuelto remota e inalcanzable, combinado con el estado fluido y desestructurado del encuadre de la política de vida, ha cambiado la condición humana de modo radical y exige repensar los viejos conceptos que solían enmarcar su discurso narrativo. Como zombis, esos conceptos están hoy vivos y muertos al mismo tiempo. La pregunta es si su resurrección –aun en una nueva forma o encarnación— es factible; o, si no lo es, cómo disponer para ellos un funeral y una sepultura decentes.152 O sociólogo asturiano César Rendueles, no seu Sociofobia. El cambio político en la utopía de la era digital, concorda con Bauman en que rabuñar un chisco entre as raíces ideolóxicas do noso tempo é abondo para “detectar un poderoso aroma milenarista incompatible con ninguna sociedad real”153. Para este autor, a posmodernidade acelerou a destrución das ligazóns sociais tradicionais e, no seu lugar, achéganos un remedo baseado nas novas formas de sociabilidade que proporcionan as tecnoloxías da información e da comunicación dixitais. Internet habría hecho realidad así la utopía sociológica del comunismo: un delicado equilibrio de libertad individual y calidez comunitaria, o al menos el sucedáneo que nos pueden proporcionar Facebook o Google+. [...] Hoy los científicos sociales utilizan la metáfora de la red para explicar toda clase de relaciones, estén mediadas por la tecnología digital o no: las migraciones, el trabajo, el sexo, la cultura, la familia...154 152 Bauman, Z. (2002). Modernidad líquida. Buenos Aires: Fondo de Cultura Económica de Argentina. (p. 13- 14). 153 Rendueles, C. (2013). Sociofobia. El cambio político en la utopía de la era digital. Madrid: Capitán Swing. (p. 22). 154 Rendueles, C. (2013). Sociofobia. El cambio político en la era de la utopía digital. Madrid: Capitán Swing. (p. 34). 113 Isto é o que Rendueles, doutor en Filosofía, profesor na facultade de Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid e fundador do colectivo Ladinamo, denomina a ciberutopía ou utopía dixital. Considera que as tecnoloxías dixitais contemporáneas dulcifican o programa neoliberal, para facer pasar por inofensivo algo perigoso, mentres acuña e/ou emprega termos como 'ciberfetichismo', 'tecnofilia', 'ciberentusiasmo' ou capitalistimo postnuclear e amosa as fraquezas da utopía do copyleft ou da cooperación 2.0. Así, este ensaísta entende que as tecnoloxías, por moitas posibilidades de interconexión que ofrezan, non son abondas para superar as eivas das democracias liberais contemporáneas, xa que son precisas condicións sociais e políticas, compromiso, fraternidade e sentido do colectivo e do público. Fronte ao pesimismo de Bauman e Rendueles, aparecen visións coma a do estadounidense Henry Jenkins, doutor en Comunicación e profesor no Instituto Tecnolóxico de Massachussets e na Universidade do Sureste de California155. Jenkins é un dos principais teóricos do transmedia storytelling, a cultura participativa, o fenómeno fan e da cultura da converxencia dos medios de comunicación, na que se produce un choque entre os intereses empresariais e as culturas da aprendizaxe informal, que lles permites aos máis novos capacitarse para seren membros cabais da súa comunidade. “O utopismo crítico está fundamentado na noción de empoderamento, mentres que o pesismismo crítico se asenta na vitimización”, sinala este autor nunha tradución libre da principal tese de Convergence Culture: Where Old and New Media Collide. Jenkins define a cultura da participación como aquela que ten poucas barreiras para a súa expresión, na que se observa con naturalidade a creación e o partillar con outros as obras creadas e na que se xera unha titoría informal, de xeito que os máis avanzados lles transmiten o coñecemento aos novatos. Unha cultura que, por outra parte, conecta coas sociedades orais primitivas no modo de difundir o coñecemento. 155 O sociólogo e xornalista francés Frédéric Martel chámalle a este centro a “universidade do mainstream”. Nota da autora. 114 3.1. Os noventa, Seattle e Margareth Thatcher A década dos noventa comeza en novembro de 1989, coa caída do muro de Berlín, o principio do colapso da Unión Soviética e a fin da Guerra Fría, segundo a monografía The Nineties. What the F**k Was that All About, de John Robb. Este autor sentenza que a dos noventa foi a década na que as barreiras se viñeron abaixo: “The nineties was going to be the decade of idealistic, hedonistic kick-ass action and astonishing political freedom”156. Os noventa supuxeron, quizais por derradeira vez na historia da cultura pop, o agromar de heroes atípicos e insospeitados que emerxen desde o underground, coma nos contos marabillosos. Un deses heroes tipicamente noventeiros é Kurt Cobain, o líder da banda grunge Nirvana que se suicidou o 5 de abril de 1994 aos 27 anos. Outro é Harry Potter, un meigo de ficción de once anos que chegou ás librarías no verán de 1997. Para a doutora en Filosofía e profesora universitaria francesa Isabelle Smadja, Harry Potter é o primeiro heroe de ficción do altermundismo. Porque outro dos eternos da década dos noventa é o movemento antiglobalización, que cuestiona a posmodernidade capitalista da Fin da Historia e procura unha orde social máis xusta baixo o lema 'Outro mundo é posible'. Smadja atopa nas novelas de Rowling, referencias máis ou menos explícitas a asuntos como o ecoloxísmo, a xeopolítca, os totalitarismos, o racismo e a xenofobia ou o control dos medios de comunicación e do sistema educativo. O altermundismo, nacido a partir de diversas correntes sociais e políticas a mediados dos noventa, chega aos seus quince minutos de fama nos telexornais en 1999, coas protestas en Seattle –a cidade da eclosión grunge e de Kurt Cobain, por certo— contra a celebración do cumio da Organización Mundial do Comercio. Naomi Klein, Susan George, Ignacio Ramonet, Noam Chomsky, José Bové ou o Subcomandamente Marcos son algúns dos altermundistas máis recoñecidos, que proceden de eidos tan diversos como a lingüística, o xornalismo, a agricultura ou mandos militares de exércitos de liberación nacional. Isabelle Smadja atopa un oco entre eles para Harry Potter e considera que unha análise das novelas de Rowling ofrece como resultado unha crítica feroz á sociedade de consumo e ao libre mercado, mesmo co paradoxo de seren os libros –e todo o que se xerou ao seu redor— 156 Robb, J. (1999). The Nineties. What the F**k Was that All About. Londres: Ebury Press (p. 11). 115 semellante éxito comercial e de márketing de dimensións globais. Observa esta investigadora valores en favor dos países empobrecidos e do chamado terceiro mundo e entende que amosar a realidade no universo pottérico dos trasnos domésticos, unhas criaturas que na súa maioría semellan satisfeitas coas condicións de escravitude ás que os someten os meigos, supón unha analoxía coas comunidades e os países empobrecidos, “tan cegos e expostos ao poder de atracción dos sistema que os explota que non expresan o desexo de rebelarse na súa contra”157. As análises dos discursos políticos en Harry Potter resultan sorprendentemente diverxentes. Un vistazo á Wikipedia serve para decatarse de que tanto poden ser asumidos polo órgano do Partido Comunista de Estados Unidos como criticados por conservadores, neoliberais e etnocentristas. JK Rowling é unha simpatizante recoñecida do Partido Laborista británico. Nestes días de finais de agosto e principios de setembro de 2016, a súa conta persoal de Twitter serve para amosar que considera que o actual líder laborista, Jeremy Corbyn, leva camiño de escribir a acta de defunción do vello partido da clase traballadora do Reino Unido, na travesía do deserto da oposición desde que foi primeiro ministro Gordon Brown, amigo persoal de Rowling, por outra banda. Rowling recoñécese na socialdemocracia europea e sinala unha heroína de mocidade, a escritora, xornalista e activista pols dereitos civís Jessica Mitford: Jessica Mitford has been my heroine since I was 14 years old, when I overheard my formidable great-aunt discussing how Mitford had run away at the age of 19 to fight with the Reds in the Spanish Civil War: 'And she charged a camera to her poor father's account to take with her!' It was the camera that captivated me, and I asked for further details. My great-aunt, who taught classics and approved of a thirst for knowledge, even of a questionable kind, produced a very old copy of Hons and Rebels, the first volume of Jessica Mitford's autobiography.158 My most influential writer, without a doubt, is Jessica Mitford. When my great-aunt gave me Hons and Rebels when I was 14, she instantly became my heroine. She ran away from home to fight in the Spanish Civil War, taking with her a camera that she had charged to her father's account. I wished I'd had the nerve to do something like that. I love the way she never outgrew some of her adolescent traits, remaining true to her politics –she was a self-taught socialist— throughout her life. I think I've read 157 Lichfield, J. (5 de xullo de 2004). French Go Potty Over Harry's Politics. The Star 5 158 Rowling, JK (26 de novembro de 2006). The First It Girl. Londres: The Telegraph. 116 everything she wrote. I even called my daughter after her.159 O crítico francés Jean-Claude Milner, profesor de Lingüística na Universidade de París, considera que Harry Potter é un mozo esquerdista e que as novelas son unha alegoría do Reino Unido thatcherista160, un tempo que empeza en 1979, no intre no que Margareth Thatcher, do partido conservador, xura o cargo de primeira ministra, e que continúa co seu correlixinario John Mayor, que goberna desde 1990 ata 1997. Milner e analistas coma Owen Jones entenden que o laborismo de terceira vía que chega a Downing Street con Tony Blair na primavera de 1997 non sé senón unha continuación do thatcherismo. En Chavs. La demonización de la clase obrera, Owen Jones traza un relato de comos os gabinetes de Margareth Thatcher supuxeron un empobrecemento do proletariado británico, atacado cunha reconversión industrial que eliminou postos de traballo na industria pesada e nas minas e que empregou os seus excendentes nun precarizado sector servizos. A perda de identidade colectiva da clase traballadora, a estigmatización nos medios de comunicación e unha fenda cada vez maior entre as clases medias acomodadas e as traballadoras son algunhas das consecuencias da acción de Thatcher e os seus continuadores. Jean-Claude Milner fala de que en Harry Potter se pode atopar unha analoxía da “revolución thatcherista”, que resultou desastrosa e na que a cultura ten que sobrevivir como una “ciencia oculta”. Para este profesor universitario, os tíos muggles de Harry, representan a perfección da sociedade tory británica, uns heroes no mundo ideal de Margareth Thatcher, coa súa casiña limpa e ordenada nun suburbio de propiedades idénticas. Milner vai aínda máis aló e considera que a tía Marge de Vernon Dursley (á súa vez tío político de Harry), inflada e a voar coma un globo aerostático no terceiro libro das aventuras do neno meigo, é unha sátira de Thatcher, xa desde o nome de pía da propia personaxe, que é o mesmo có da exprimeira ministra. Owen Jones sinala que, desde os anos sesenta e ata avanzados os anos noventa, as clases traballadoras británicas foron quen de producir e consumir a súa cultura: unha cultura pop. Na actualidade, engade, están reducidos a un mero papel de consumidores do que producen unhas clases medias acomodadas que foron quen de apropiarse da cultura pop. Así como asegura que a demonización do proletariado británico está nas axendas políticas, admite que as historias de sacrificio persoal, como a de JK Rowling e a que ela conta de Harry Potter, 159 Fraser, L. (novembro de 2002). Harry Potter – Harry and Me. Edimburgo: The Scotsman. 160 “Harry Potter Lives in Thatcher's Britain”. (27 de outubro de 2007). N/A. Londres: The Telegraph. http://www.telegraph.co.uk/news/worldnews/1567536/Harry-Potter-lives-in-Thatchers-Britain.html 117 tiveron o seu público nun tempo de 'turismo de clase': En los noventa se puso de moda rebajar tu estatus social, demostraba heroicidad. Se veía como algo positivo, porque en el fondo si venías de un entorno obrero, se asumía que estabas ahí por tu talento. En la música el epítome de la glorificación de lo obrero fue Oasis, mientras que ahora está Coldplay, una banda considerada algo ñoña y de entorno privilegiado. Ahora no se me ocurre ningún grupo de la importancia de Oasis que pueda cumplir ese perfil. En la actualidad en las universidades lo que está de moda es ser pijo, incluso sólo estéticamente.161 O tempo das novelas de Harry Potter desenvólvese entre 1991 e 1998, a excepción do primeiro capítulo do primeiro libro, A pedra filosofal, que acontece en 1981, xusto despois de que Voldemort mate os pais de Harry, e o epílogo da sétima novela, As reliquias da morte, que ten lugar en 2017, dezanove anos despois da batalla de Hogwarts. Por contra, o tempo de publicación das historias alóngase durante dez anos, desde o verán de 1997, que ve a saída do prelo do primeiro volume, ata xullo de 2007, cando sae a derradeira das novelas. Os mesmos dez anos nos que Tony Blair foi primeiro ministro do Reino Unido. Nunha reseña publicada pola editorial Galaxia co gallo de saír ao mercado a tradución da aventura final de Harry Potter ao galego, o filólogo Xabier Cid, naquela altura lector de galego na universidade escocesa de Stirling, tiraba a seguinte reflexión: Se un toma un pequeno almorzo con haggis no Nicolson’s podería pensar que Harry Potter é unha novela escocesa. En realidade, é unha novela británica, superbritánica, metáfora dun país en simultánea creación e decadencia. Non falo dos elementos tipistas, das comidas amargas, dos deportes bizarros, non falo da presenza da vida salvaxe nas cidades, nin dos colexios maiores herdeiros dunha tradición literaria de colexios maiores e pícaros en gravata. Falo de política, de construción nacional. Harry Potter é un agudísimo retrato do Reino Unido do blairismo, disfrazado, iso si, de divertimento máxico, de fábula sobre o ben e o mal, como polo demais todas as grandes novelas. O peso ideolóxico é máis intenso a cada volume: o poder político revélase contraditorio, moitas veces corrupto, pero sobre todo vaidoso, dominado por conxuros que lle subverten a conciencia; un poder no que resulta difícil confiar, pero 161 Litjmaer, L. (20 de maio de 2014). Owen Jones: “Las cosas han empeorado desde que escribí Chavs”. Madrid: Eldiario.es http://www.eldiario.es/cultura/entrevistas/Owen-Jones-empeorado-escribi- Chavs_0_262124428.html 118 ao mesmo tempo representante dos valores democráticos da sociedade. Unha comunidade cidadá en estado de permanente desconfianza: non é iso o legado de Blair? Nesa sociedade británica que ten como ídolo o boxeador Amir Khan e que cre que o prato nacional é o polo tikka masala o multiculturalismo é algo máis cá unha palabra va. A tensión está a flor de pel e as trincheiras son difusas. A oposición étnica entre meigos e muggles participa de todos os complexos matices que agora mesmo pasean por exemplo pola Moor Street de Birmingham.162 3.2. Mutantes, efectos especiais e cultura pop A cultura pop dos noventa está caracterizada polo acid house, o clubbing e a época dourada das boy-band e as girl-bands –de New Kids of The Block e Backstreet Boys a Spice Girls—. É o maior momento glorioso para o britpop desde o tempo da beatlemanía nos sesenta e a industria blockbuster produce comedias románticas sen descanso para as carteleiras de cine. Conta John Robb en The Nineties. What the F**k Was that All About, desde unha ollada case que enteiramente británicocentrista, que os noventa foron un tempo de regreso á urxencia punk, de traveller culture e de lad culture en Livepool, Manchester ou Glasgow e os tempos aurorais do feminismo de terceira onda da man da escena riot grrrl. A derradeira década do século XX aloumiñou a geeks, nerds, freaks –os rapaces e rapazas estudosos, con poucas habilidades sociais, escaso sentido da moda e máis interesados en videoxogos, xogos de rol, cómics ou literatura fantástica— e outras tribos invisibilizadas e ridiculizadas nas décadas anteriores. Os perdedores do instituto comezaron a ser redimidos pola industria mainstream en películas e series de televisión que lles outorgaban un papel protagonista e dignificado e que comezaba a darlle visibilidade ás alteridades: raciais, de xénero, de clase ou de orientación sexual. Cando Harry Potter chega aos andeis das librarías en 1997, o universo de fantasía favorito dos lectores británicos era o Mundo Disco de Terry Pratchet e pasaran sete anos do pasamento do 162 Cid, X. (2008). De Harry Potter a Tony Blair. Vigo: Editorial Galaxia. http://www.editorialgalaxia.es/parati/libro.php?id=706 119 galés Roald Dahl, autor de títulos de literatura infantil como Charlie e a fábrica de chocolate, As bruxas ou Matilda, unha nena cuxa familia ben podería ser un antecedente dos terribles Dursley que lle caen a Harry Potter en desgraza. JK Rowling non só é filla dunha tradición literaria, oral, manuscrita e impresa, que vai dos contos marabillosos primitivos á high fantasy de Lewis ou Tolkien, senón que se ten criado no contexto dunha sociedade de comunicación de masas e ten consumido cultura pop. Jim Henson, o creador de Fraggle Rock, marabillara o mundo en 1988 coa súa serie de fantasía animada The Storyteller, que adaptaba ao formato televisivo distintos contos marabillosos da tradición europea en toda a súa crueza anterior ás relecturas de Disney, sempre edulcoradas, conservadoras e coa teima de non producirlles pesadelos aos nenos. O mesmo Jim Henson elixira en 1986 ao icónico David Bowie e a unha descoñecida Jennifer Connelly para protagonizar Labyrinth, unha fábula con madrastra, trasnos e meiguería onde, igual ca en Harry Potter, atopamos un plano do mundo ordinario e un universo sobrenatural. De igual modo, a novela A historia interminable, publicada en 1983 polo alemán Michael Ende, se converteu nun éxito inmediato que chegou ao cinema para facer soñar unha xeración de nenos, mozos e non tan mozos nunha versión alemá en 1984 e noutra con marchamo Hollywood en 1990. Desde finais da década dos oitenta e durante a década dos noventa prodúcese en todos os ámbitos da cultura pop unha querencia pola fantasía que vai de Dragóns e mazmorras –que comeza como un xogo de rol e ten as súas réplicas como serie de animación e película— ata os manga e anime xaponeses que achegan historias tan populares como Saint Seiya ou Dragon Ball. Tamén as grandes producións de Hollywood amosan unha querencia pola espada e a bruxería, xa sexa na adaptación de cómics como Conan, o bárbaro; na escolla de narrativas do Epos heroico occidental, como poidan ser Robin Hood, o príncipe dos ladróns ou O primeiro cabaleiro, sobre o mito artúrico, ou con clásicos contemporáneos como Willow. Na década dos sesenta, trinta anos antes de que Harry recibise a súa carta de Hogwarts, o profesor Charles Xavier dos cómics X-Men de Marvel, creados por Stan Lee e Jack Kirby, crea a Mansión X, unha escola para que os nenos con capacidades extraordinarias non se 120 sintan bechos raros e poidan aprender a xestionar as súas habilidades. O tirapuxa nas relacións entre xentes do común e mutantes e como as tiranías quererán apropiarse das habilidades extraordinarias que realata X-Men replícase anos máis tarde entre meigos e muggles nos libros de Harry Potter. Estuda Umberto Eco en Apocalípticos e integrados a mitificación na produción dos mass media exemplificada na industria da banda deseñada, pola coparticipación popular nun repertorio mitolóxico claramente instituído desde o alto, creado por unha industria editorial que depende dos gustos do público. Coincide esta ánalise de corte gramsciano con aquela de Vladimir Propp que sinalaba que, co paso das sociedades primitivas ao feudalismo, existe unha apropiación por parte das elites da mitoloxía e dos relatos creados polo pobo. Os cómics teñen cada vez máis pegada en persoas adultas ca en mozos. “A literatura de masas ten unha eficacia de persuasión só comparable con aquelas grandes producións mitolóxicas compartidas por toda a colectividade”, incide Eco. Escolle Eco a Supermán como arquetipo dos superheroes de cómic e produto das décadas centrais do século XX. Descríbeo coma un heroe dotado con poderes superiores aos do home común, unha constante da imaxinación popular desde Hércules a Sigfrido, desde Orlando a Pantagruel e a Peter Pan. En defintiva, un máis dos protagonistas do Epos heroico. Non é preciso que os poderes do heroe sexan sobrenaturais (o caso do detective Sherlock Holmes). O Supermán dos tebeos de DC Comics non é terrícola, senón un natural de Kripton, un planeta destruído nunha catástrofe cósmica. O neno kriptoniano é salvado e enviado á Terra polos seus pais nunha derradeira acción heroica antes de morreren. O aspecto mortal de Clark Kent, o alias terrícola de Supermán, é anódino. “Clark Kent exemplifica o lector medio asaltado polos complexos”. Os paralelismos coa protohistoria de Harry Potter son evidentes: o neno meigo vive entre muggles, pero non é un deles, senón un bebé rescatado dunha guerra no mundo máxico que lles costa a vida aos seus pais; o seu aspecto tamén é do máis vulgar, como para que calquera rapaz ou rapaza de once anos acosados no colexio se poidan sentir identificados. Na opinión de Umberto Eco, Supermán ten unha connotación mitolóxica diferente á das figuras tradicionais, dos heroes da mitoloxía clásica, nórdica ou das “relixións reveladas”. E así, o semiólogo italiano considera que mentres o heroe tradicional é un personaxe fixado nas súas características eternas e na súa vicisitude “irreversible” —Edipo, o mecanismo da fábula —, o personaxe dos cómics “nace no ámbito da civilización da novela”. Explica neste punto 121 o autor que o público das sociedades orais tradicionais non quere nada novo, “senón a eterna narración dun mito”, en tanto que a tradición romántica establece no século XIX un novo interese polo imprevisible daquilo que vai acontecer. De igual modo có feuilleton destinado ás masas coas aventuras de Rocambole ou de Arsène Lupin, Harry Potter, como Superman e os superheroes de cómic, é tamén fillo da civilización da novela do século XIX, cuxo “principal valor artesán” radica na invención enxeñosa de máis e máis acontecementos insólitos. Considera o autor italiano que a novela decimonónica engade unha nova “dimensión” fronte aos relatos previsibles contados unha e un milleiro de veces, na procura dunha “universalidade” estética que se contaxia aos xéneros da cultura pop. Un dos primeiros narradores que confesou ter seguido a fórmula Campbell para artellar unha das súas creacións foi o guionista, produtor de director de cine George Lucas, que lle aplica conscientemente a teoría do monomito ao seu filme Star Wars (A guerra das galaxias), un fito que revolucionou a cultura pop en 1977. Observa Terry Eagleton en Cómo leer literatura unha analoxía entre o Luke Skywalker de A guerra das galaxias e Harry Potter e tamén entre Darth Vader, o principal vilán da primeira triloxía de películas de George Lucas, e Lord Voldemort, o antagonista de Potter. Neste último caso, maniféstase a semellanza, apunta Eagleton, mesmo na V inicial dos apelidos de ambos os dous señores escuros: Es cierto que Voldemort en realidad no es el progenitor de Harry y en cambio Darth Vader sí es el padre de Luke, pero Harry lleva una parte de Voldemort en su interior del mismo modo que todos llevamos dentro una parte de nuestros padres. Cuando busca destruir al Señor Oscuro, pues, Harry también está luchando contra sí mismo. E verdadero enemigo es siempre el que llevamos dentro. Esta dividido entre su odio por ese tirano y esa intimidad que comparte a regañadientes con él. 'Detesto que pueda meterse dentro de mí –protesta Harry—, pero voy a utilizarlo'. Harry y Voldemort están a un nivel idéntico. Como tantos otros rivales legendarios, uno es el reflejo del otro. Pero Harry puede aprovecharse de esa capacidad para acceder a la mente del villano y vencerlo. Voldemort es una imagen del padre obscenamente cruel y opresivo, al contrario de lo que ocurre con los verdaderos padres de Harry, abnegados y afectuosos. Representa al padre como elemento de prohibición o superego, lo que para Freud es una fuerza dentro del yo, no una autoridad externa. En el pensamiento de Freud, ese lado oscuro 128 multipantalla, propia tamén do actual estadio da posmodernidade, e outorgoulles aos personaxes e aos escenarios unha aparencia que supuxeron un fito na cultura pop; marabillaron a nenos e adultos e achegaron aos libros a quen aínda non tiña coñecemento do Harry en negro sobre branco. A música de John Williams, un dos máis importantes compositores de bandas sonoras das últimas décadas da historia do cine, a biblioteca de Hogwarts ou as escaleiras en movemento; os voos en vasoira e mesmo o deseño dos uniformes e os escudos de cada unha das casas de Hogwarts pasaron a converterse dun xeito instantáneo en conformadores da cultura pop contemporánea. Harry Potter e a pedra filosofal foi a película que máis cartos fixo en billeteira no ano 2001, mentres que Harry Potter e as reliquias da morte. Parte 2, ademais de ter o récord de 2011 resultou a película máis exitosa da serie e converteuse na película da historia do cinema máis taquilleira na fin de semana da súa estrea tanto en Estados Unidos como en Europa. A película final de Harry Potter fulminou naquela altura os rexistros de ingresos nas salas nun só día e tamén os de venda anticipada de entradas e a demanda de estreas a medianoite. Na actualidade, considérase a 'saga'170 de Harry Potter a segunda máis exitosa en billeteira na historia do cine171, por detrás do universo cinematográfico de Marvel e por diante das de Star Wars e James Bond. Cómpre ter en conta, de todos os xeitos, que mentres a compañía de banda deseñada estreou xa trece títulos e o axente 007 vai pola vixésima cuarta entrega, os filmes do universo pottérico proxectados nas salas comerciais son, polo de agora, oito. A tipografía empregada na edición estadounidense de A pedra filosofal converteuse en logo grazas ás películas e imprimiuse en revistas e todo tipo de merchandising. Nenos e non tan nenos comezaron a ir vestidos ás presentacións, sinaturas de libros e estreas das películas como os estudantes de meigueiría das películas e os actores máis emblemáticos do teatro e o cine do Reino Unido amosaban o seu interese por aparecer nos novos títulos da franquicia, que converteu os tres protagonistas infantís, Daniel Radcliffe, Emma Watson e Rupert Grint, nos adolescentes mellor pagados do star system. Malia a produción hollywoodiense, as películas de Harry Potter contaron a todos os efectos de subvencións, axudas e cotas de pantalla como cine europeo pola participación británica e a gravación en distintos puntos de 170 Aínda que a cultura pop impón o sustantivo de saga, incorporado do islandés, para referirse ás series de ficción literaria, cinematográfica, banda deseñada ou videoxogos, intento ao logo desde TFM evitar o seu emprego, por saber que é incorrecto, xa que as acepcións que recolle o dicionario da RAG para saga son relato histórico ou mitolóxico da literatura medieval de Escandinavia e relato lendario da historia dunha familia. 171 Un informe de Forbes sinalaba en 2015 que as oito películas de Harry Potter fixeran só en Norteamérica 2.390.000.000 dólares, mentres que Box Office Mojo, un dos enderezos de referencia para medir o éxito económico das películas, sinala que a recadación mundial superou os 7.700.000.000 dólares. 129 Inglaterra, Gales, Escocia e Irlanda. Harry Potter encarna a utopía multipantalla da modernidade líquida como moi poucos outros produtos culturais. O mesmo ano no que a serie chegou ao cinema, en 2001, un dos xigantes do sector, a firma Electronic Arts lanzou un xogo baseado en A pedra filosofal para PC, Game Boy e PlayStation que máis adiante chegaría tamén para as plataformas Mac, Nintendo GameCube, PlayStation 2 e XboX. Máis adiante, asinaríanse acordos con firmas de entretemento como a danesa Lego para fabricar bonecos e, á súa vez, videoxogos baseados neses bonecos. Aínda que moito máis descoñecidos para o gran público, os audiolibros de Harry Potter tamén constitúen un fito. Na súa versión británica o narrador é o actor Stephen Fry, amigo persoal de Rowling. Así mesmo, os audiolibros editados nos Estados Unidos teñen erixido nunha celebridade ao actor de teatro, cantante, actor de voz e presentador de televisión británico Jim Dale, que ten gañado ata dous premios Grammy grazas ao seu traballo coas novelas escritas por Rowling. Se as páxinas web contribuíron a iniciar a pottermanía, cumpriron un papel amplificador sobre o fenómeno co gallo da chegada da primeira das películas ás carteleiras. Explícao Melissa Anelli, webmaster de The Leaky Cauldron: That's when fans needed a stronger visual fix of Potter; they wanted to see more pictures of the celebrities, they wanted to read about them and see clips from the films. So, they hit the websites –and discovered wellsprings of information for their love of the books, too. They found encyclopedias and games and guides and fan-fiction and fan-art– enough to keep even the most rabid fan sated between novels.172 Aínda que compañías como Lucasfilm, de George Lucas, persiguen a todo aquel que escriba fanfiction verbo da Guerra das Galaxias e malia que Warner Bros intentou pechar os sitios dos fans de Harry Potter cando se fixo cos dereitos da historia para levar adiante as películas, a produtora estadounidense asumiu que os potterheads de internet eran aliados á hora de esparexer a mensaxe, así que mudou a política de empresa e comezou a convidar os webmasters e responsables dos sitios de fans máis influíntes aos eventos relacionados coas promocións das películas. 172 Italie, H. (11 de abril de 2007). Potter Sites Wild About Harry. Toronto: The Star. https://www.thestar.com/entertainment/2007/04/11/potter_sites_wild_about_harry.html 130 A actitude de JK Rowling sempre foi de achegamento á comunidade internauta pottérica, que conseguíu da súa admirada escritora un feedback ou retroalimentación, segundo o modelo de comunicación de Harold Lasswell, que non adoitaba ser habitual na cultura do libro impreso da galaxia de Gutenberg. Rowling alenta os seus seguidores para que escriban as súas historias e ten manifestado publicamente que é unha grande lectora de fanfics sobre Harry Potter, nos que atopa tanto ideas salvaxes e insólitas como outras ben suxestivas que son do seu agrado; tamén tira grande utilidade de ferramentas como o portal Harry Potter Lexicon, que asegura consultar cando ten algunha dúbiba sobre o universo que ela mesma creou. A escritora entendeu cedo que a súa criatura esixía actitudes como concederlles entrevistas aos seus seareiros dos portais web ou convocar certames que distingan o mellor recuncho pottérico en internet. Tamén contribuíu a engrandecer a mitoloxía das novelas cos novos materiais complemetarios ás historias, nomeadamente os libros Quidditch a través de los tiempos, Animales fantásticos y dónde encontrarlos ou Los cuentos de Beedle el bardo, tres volumes que aparecen nomeados ao longo da historia, por seren libros de texto que estudan os alumnos de Hogwarts, agasallos de Nadal ou aniversario ou lecturas populares para a comunidade máxica. En 2011, tres anos despois da saída da derradeira novela da heptaloxía e cando acababa de estrearse Harry Potter e as Reliquias da Morte. Parte 2, o título final da serie cinematográfica, Rowling, co soporte da compañía Sony –implicada no mercado de terminais para libros electrónicos—, lanza o portal web Pottermore. Un sitio oficial para o fandom, onde ela vai liberando historias e textos novos sobre un ou outro personaxe e que, na súa versión beta, aceptou só uns poucos fieis que se deron de alta a unha hora determinada e cumpriron a correspondente cerimonia de selección para unha das casas de Hogwarts. O ingreso en Pottermore aquel 31 de xullo de 2011, o día que Harry cumpriría 31 anos, incluía a selección dunha mascota máxica e facerse cunha variña para conxurar feitizos. Esa primeira versión da web, con filosofía a medio camiño entre o videoxogo e a rede social, foi mudada por outra máis convencional que non esquece tampouco a interactividade. En vésperas da posta en funcionamento de Pottermore, Henry Jenkins escribiu un artigo na súa bitároca persoal na que falaba da franquicia de Rowling como o proxecto transmedia máis importante da histora da cultura pop, que contribúe a expander o coñecemento e profundar na experiencia sobre o relato, ao tempo que reflexionaba sobre se este regalo de Rowling aos seus seareiros podería ser un cabalo de Troia lanzado para facerse co control de todo o 131 fandom de Harry Potter e privilexiar uns seguidores sobre outros173. A industria cultural de Harry Potter completouse nos últimos anos coa apertura de parques temáticos que recrean a Travesa Diagon ou a Fraga Encantada de Hogwarts en emprazamentos tan lonxanos aos escenarios ingleses e escoceses descritos nos libros como Osaka, en Xapón, ou Orlando, en Estados Unidos. Na primavera deste 2016, Universal Estudios inaugurou The Wizaring World od Harry Potter na mesmísima meca do cine en Hollywood, con atraccións en 3D como Harry Potter a a viaxe prohibida, unha montaña rusa chada O voo do hipogrifo e réplicas do castelo de Hogwarts e a vila máxica de Hogsmeade. Esta incursión nos parques temáticos da franquicia resulta dun acordo entre Universal Parks & Resorts, a división do xigante da comunicación estadounidense NBCUniversal, e Warner Bros Entertaiment, posuidora dos dereitos de explotación do universo pottérico. Sen o paraugas de Universal, Warner Bros abrira o 31 de marzo de 2012 nos estudos Leavesden de Londres, onde se construíron os sets e platós para filmar os interiores das oito películas da serie, The Making of Harry Potter, unha atracción que se ten convertido nunha das que conta con mellor reputación da capital británica en portais como Trip Advisor e que recibe máis de 6.000 persoas cada día. Por un prezo duns 80 euros (a entrada para adultos) os visitantes poden viaxar no Hogwarts Express, sentar no gran comedor de Hogwarts, tomar un té na palloza de Hagrid, procurar que unha vara máxica os escolla na de Ollivander's e darlle un grolo a unha auténtica cervexa de manteiga. The Making of Harry Potter despraza os fanáticos desde o centro de Londres nun autobús con wi-fi, para que a experiencia multipantalla non deteña o seu ciclo e continúe grazas a fotos e comentarios compartidos nas redes sociais de Twitter, Facebook ou Instragram. 173 Jenkins, H. (24 de xullo de 2011). Three Reasons Why Pottermore Matters.... Los Ángeles: Confessions of an Aca-Fan. The Officil Weblog of Henry Jenkins. http://henryjenkins.org/2011/06/three_reasons_why_pottermore_m.html 132 133 "@ jk_rowling You just don't stop being ace. If there was a choice between saving you or Stonehenge, I'd choose you xxx”174. 4. Conclusións: Este conto non remata aquí É o primero de setembro de 2016 e centos –quizais milleiros— de mozos e non tan mozos en todo o mundo celebran o Back to Hogwarts Day, que vén de conseguir un trending topic mundial na rede social de Twitter. A tuiteira JK Rowling chiou hai uns minutos na súa conta que hoxe é o día no que acontece o epílogo de As reliquias da morte, dos dezanove anos despois da batalla de Hogwarts. Case que medio medio minuto despois, ten que rectificar: a data na que os Potter e os Granger-Weasley levan os seus fillos Albus e Rose por primeira vez á estación King's Cross de Londres para subir ao Expresso de Hogwarts será en setembro de 2017. Varias ducias de potterheads acaban de facerlle saber á escritora que estaba equivocada. Nas últimas semanas, os medios de comunicación convencionais cóntannos que a estrea da obra de teatro Harry Potter and The Cursed Child no West End de Londres está a ser un éxito sen precedentes na escena, polo volume de entradas despachadas e por como funciona a venda anticipada. O fandom de Harry Potter está a responder masivamente e, mesmo, nunha caste de fidelidade neste tempo de filtracións e spoilers, aqueles que acudiron aos ensaios antes da estrea oficial foron quen de non adiantar a trama e de seguir a campaña KeepTheSecret que se puxera en marcha desde a contorna de Rowling e da produción da peza teatral. O libreto da representación teatral, asinado a seis mans por JK Rowling, John Tiffany e John Thorne, o director da obra, saiu á venda o 31 de xullo, data de aniversario de Harry Potter, e foron moitas as librarías que abriron á medianoite para acougar os seareiros. Este novo texto, un supervendas inmediato, xa tiña críticas publicadas on-line hora e media despois de que fose posible facerse cun exemplar. A editorial Salamandra anunciou que a tradución en castelán, Harry Potter y el legado maldito, estará lista o 28 de setembro, mais aínda se descoñece cando haberá versión en galego. 174 A xornalista e escritora Caitlin Moran a JK Rowling, na súa rede social de Twitter, o 2 de setembro de 2016. 134 Boa parte dos seareiros da serie amósanse un chisco decepcionados porque contaban con atopar nas librarías –ou no buzón da súa casa, logo de facer un pedido a través de internet— unha nova novela que continuase a historia de Harry Potter alí onde a deixou Rowling no epílogo de As reliquias da morte. Non é así: é o libreto dunha obra de teatro é un texto dramático, coas limitacións obrigadas porque debe poder ser representado e cómpre acoutar os escenarios, tempos e personaxes que aparecen. Para moitos, quizais este Harry Potter and the Cursed Child sexa a súa primeira incursión nun teatro ou na lectura de literatura dramática. Ademais, céntrase como personaxes principais nos fillos de Harry, Ginny, Ron, Hermione e Draco Malfoy. O booktuber lugués Sebas G. Mouret, responsable da canle en YouTube El Coleccionista de Mundos e potterhead confeso, elaborou nas vésperas da chegada ás librarías de The Cursed Child un vídeo no que explica como este novo texto non continúa o corpus principal das sete novelas –el di saga—, senón que completa o volume de materais adicionais facilitados por Rowling, de igual modo que os libros Quidditch a través de los tiempos, Animales fantásticos y dónde encontrarlos e Los cuentos de Beedle el bardo ou o portal de internet Pottermore. Á noitiña do 30 de xullo, mentres desfilaba pola alfombra vermella antes de entrar ao Palace Theatre de Londres para asistir ao primeiro pase de The Cursed Child, JK Rowling aseguraba que agora si que acabara con Harry: “He goes on a very big journey during these two plays and then, yeah, I think we’re done. This is the next generation, you know. So, I’m thrilled to see it realised so beautifully but, no, Harry is done now”175. Canto ten esta afirmación de certa? A máquina do universo pottérico está engraxada e nin JK Rowling nin Warner Bros semellan dispostos a querer dicirlle adeus ao seu neno dourado. Só uns días depois de que The Cursed Child devolvese a pottermanía ás primeiras páxinas dos diarios e aos telexornais, o portal Pottermore anunciaba a publicación en formato ebook de tres novos títulos: Short Stories from Hogwarts: Power, Politics and Pesky Poltergeists, Short Stories from Hogwarts: Heroism, Hardship and Dangerous Hobbies e Hogwarts: An Incomplete and Unreliable Guide, que poden adquirirse desde o 6 de setembro por un prezo de 2,99 dólares. O 18 de novembro, como quen di, nuns días, estréase nos cines de todo o mundo Fantastic Beasts and Where to Find Them, o primeiro título da que será unha triloxía de películas 175 JK Rowling: I think we're down with Harry Potter now. N/A. (1 de agosto de 2016). Londres: The Guardian. https://www.theguardian.com/books/2016/aug/01/jk-rowling-done-with-harry-potter-now-cursed-child 135 ambientada en Estados Unidos, setenta anos antes de que Harry, Hermione e Ron teñan que estudar o libro de título homónimo en Hogwarts. As novas películas estarán protagonizadas por Newt Scamander, un naturalista do mundo máxico, que será interpretado polo gañador dun Oscar Eddie Redmayne. Acompáñano no reparto Samantha Morton, Jon Voight, Katherine Waterstone, Ezra Miller ou Ron Pearlman. Dirixe David Yates, responsable das películas da serie principal de Harry Potter desde os títulos quinto ata o oitavo, e JK Rowling ocúpase da escrita do guión e sitúase como produtora executiva. Unha vez máis, o control ao que se refería Henry Jenkins no seu ensaio de 2011. A pegada de Harry Potter cando andamos no camiño de cumprírense dúas décadas desde a publicación de A pedra filosofal en 1997 é innegable e ten o vento a favor por ser un produto de orixe anglosaxona, que nunha sociedade globalizada e fortemente anglocentrista é o ingrediente principal do que se dá en chamar cultura popular universal. En películas como a estadounidense Devil Wears Prada fálase de moreas de nenos en ringleiiras ás portas dunha libraría para mercar o máis recente título de Harry Potter. Noutra película, a moi británica Love Actually, un primeiro ministro (que lembra lixeiramente a Tony Blair?) interpretado por Hugh Grant pronuncia un discurso sobre a grandeza do Reino Unido fronte ao comportamento matón do presidente dos Estados Unidos no que apela á identidade... e a Harry Potter. Cando en 2012 o cineasta Danny Boyle foi o encargado da realización da apertura dos Xogos Olímpicos de Londres, elaborou unha galería de viláns co Capitán Garfio, Cruela de Vil, o atrapanenos da película Chitty Chitty Bang Bang (con guión de Roald Dahl) e Lord Voldemort; JK Rowling foi unha das estrelas da cerimonia, a ler un fragmento de Peter Pan, e o actor Rupert Grint, quen interpreta a Ron Weasley, foi un dos portadores do facho olímpico. En 2014, a revista Entertaiment Weekley, una das biblias das industrias cuturais contemporáneas, seleccionaba con motivo do día de San Valentín as 25 mellores parellas da cultura pop e colocaba a Hermione Granger e Ron Weasley, os amigos de Harry Potter, no oitavo lugar, e a carón de Rick e Ilsa en Casablanca, Homer e Marge Simpson, Aragorn e Arwen de O señor dos aneis, Mickey e Minnie Mouse ou Han Solo e a Princesa Leia de A guerra das galaxias. No episodio The Convict da versión estadounidense da serie de televisión The Office, o personaxe Michael Scott, interpretado polo cómico Steve Carell, narra uha suposta estancia no cárcere como se os gardiáns fosen os dementores de Azkaban do universo pottérico. Outra serie estadounidense pero de espírito británico como The Royals elixe que unha das súas 136 personaxes se refira co nome de Hagrid, coma o semixigante gardián das chaves de Hogwarts, a un gardaespaldas alto e corpulento que lle asignan. En The Big Bang Theory, unha das ficcións televisivas máis exitosas dos últimos anos e unha auténtica homenaxe á subcultura nerd, os seus protagonistas verbalizan certo espírito potterhead, ao chamaren muggles a aqueles que non comprenden de que están a falar ou ao sinalar que o único deporte ao que lle teñen lei é o quidditch. Este mesmo verán, o 24 de agosto, o xornal El Progreso publicaba unha reportaxe de Ana López no suplemento De Verano que relataba que o parque do Sagrado Corazón de Lugo está a ser o escenario dos primeiros adestramentos do equipo de quidditch Lucus Centauri, que competirá está tempada na Liga Galega de Quidditch. No seu traballo de documentación, a Ana López contoulle un estudante do grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte que nos programas de esta titulación xa están a aparecer as normas do xogo muggle de quidditch. O deporte do quidditch para muggles ten a súa orixe en 2005, cando alumnos da universidade estadounidense de Vermont adaptaron para o seu xogo nas canchas das vilas e campus universitarios as regras máxicas do deporte ideado por JK Rowling para os seus libros176. Explican que se trata dunha mestura de brilé, rugbi, voleibol e balonmán. Mágoa das vasoiras voadoras; para suplir a súa falta, os xogadores –en equipos mixtos, ao igual ca nas novelas— teñen que disputar os encontros cun pau entre as pernas. Esta versión terrenal do deporte dos meigos é moi popular nos Estados Unidos e en Canadá e este verán, a cidade alemá de Francfort acolleu a 350 quidditchistas de 21 combinados nacionais de todo o mundo –estaban España... e Cataluña177— para xogar un campionato mundial que gañou Australia e no que a praza de finalista foi para Estados Unidos. Asemade, os combinados de España e Cataluña coincidiron nun dos cruzamentos do torneo e o primeiro equipo gañoulle ao segundo por 120 a 80 puntos. A pottermanía ten todas as trazas de estar aquí para quedar moito tempo. Unha das miñas compañeiras de traballo vestía hai uns días unha camisola cos escudos de armas das catro casas de Hogwarts; no inverno de 2011, coincidín nos cines As Termas de Lugo na proxección de Harry Potter e as reliquias da morte. Parte 1 con outra das mozas coas que traballo, 176 Rowling ten repetido en varias ocasións que escribir os partidos de quidditch foi unha das cousas que máis traballo lle daba das novelas. 177 Mentres se estaba a xogar o Campionato Mundial de Quidditch en Fráncfort este verán, o capitán dos Lucus Centauri, Andrés Carballosa, explicou na súa conta de Twitter que Cataluña ten a súa selección propia porque ten equipos e está establecida como rexión (NGB) para a Federación Internacional de Quiddtich (IQA) antes de que se practicase este deporte en ningún outro lugar de España. Galicia, polo de agora non contaría co número mínimo de equipos como para poder contar cunha selección propia. Nota da autora. 137 vestida co seu uniforme de Gryffindor. Mentres gozaba das miñas vacacións en xullo, a tatuaxe no antebrazo dun mozo que aparecía nunha fotografía no xornal chamou a miña atención –e madia leva—, xa que era a marca tenebrosa da que se vale Lord Voldemort para convocar os devoradores da morte. Recoñécense potterheads escritoras de literatura fantástica e xuvenil como a burelá Sabelá González, autora da triloxía das Crónicas de Landereina; o curmán máis novo do meu home; a miña cuñada; o fillo do meu colega Santiago Jaureguizar; o presidente dos Estados Unidos, Barack Obama, e a duquesa de Cambridge, Kate Middleton. E, ademais, os subprodutos do potterismo nacidos do fandom, de abaixo cara arriba, semellan non ter fin. En 2002, dous irmáns estadunidenses, Joe e Paul DeGeorge, crearon como divertimento nunha festa na súa casa Harry and The Potters, a banda que inaugura o xénero musical do Wizard Rock, que conta con varios centos de grupos esparexidos por todo o mundo. O Wizard Rock inspírase nos aconteceres das historias de Rowling e os músicos adoptan o rol dalgúns dos personaxes máis o menos principiais do universo pottérico. A súa repercusión ten chegado ata o portal web da todopoderosa canle MTV, que escolma algúns dos mellores combos do xénero, entre os que se atopan os xa citados Harry and The Potters e outros como Draco and The Malfoys, The Hermione Crookhanks Experience ou Band in A Horcrux. A pottermanía sobe un banzo con iniciativas do cariz de The Harry Potter Alliance, unha sorte de escuadrón de benfeitores integrados por fans da franquicia que queren combatir as inxustizas sociais a imaxe e semellanza do Exército de Dumbledore formado polos alumnos de Hogwarts na quinta novela da serie para defendérense das inxerencias de Dolores Umbridge e do Ministerio na escola. 'Nuestro primer evento fue un concierto de rock para magos cuya recaudación fue para Amnistía Internacional. Poco después, conseguimos miles de dólares para la protección de los civiles en Darfur y Birmania', explica Lauren Bird, directora de comunicación de The Harry Potter Alliance. Su mayor éxito lo alcanzaron en 2010, cuando obtuvieron algo más de 106.000 euros (123.000 dólares) que destinaron a Haití en forma de provisiones, tras el terremoto acaecido el mismo año.178 Sexa como for, un reciente estudo da investigadora e profesora da facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Pennsylvania Diana Mutz, do que se teñen feito eco no mes de xullo deste 2016 medios de comunicación estadounidenses e tamén europeos, conclúe que os 178 Chacón, P. (22 de xaneiro de 2015). La Alianza de Harry Potter: cuando la cultura 'pop' combate la injusticia. Madrid: Yorokobu. http://www.yorokobu.es/alianza-harry-potter/ 144 5. Bibliografía e referencias Libros e artigos Adler, S. (17 de outubro de 2007). 'Harry Potter' author JK Rowling opens up about books' Christian Imaginery. MTV.com http://www.mtv.com/news/1572107/harry-potter-author-jk- rowling-opens-up-about-books-christian-imagery/ Aleixandre, M. (2000). La lengua del espejo: Harry Potter traducido. CLIJ: Cuadernos de literatura infantil y juvenil, 13(133), 49-50. Aleixandre, M. (2002). Samaín versus Halloween, cultura e mercancías: nomes na tradución de Harry Potter. Santiago: Actas do I Congreso de Onomástica Frei Martín Sarmiento. (p. 633-642). http://ilg.usc.es/agon/wp-content/uploads/2013/10/38.Aleixandre.pdf Algeo, J. (2001). A Fancy for the Fantastic: Reflections on Names in Fantasy Literature. Names, 49(4), 248-253. Bauman, Z. (2002). Modernidad líquida. Buenos Aires: Fondo de Cultura Económica de Argentina. Beahm, G. W., Kirk, T., & McDaniel, B. (2005). Fact, fiction, and folklore in Harry Potter's world: An unofficial guide. Bettleheim, B. (1994). El psicoanálisis de los cuentos de hadas. Colección Drakontos. Crítica: Barcelona Bloom, H. (2001). Can 35 million book buyers be wrong? Yes. The San Francisco Jung Institute Library Journal, 19(4), 49-51. Blume, H. (25 de febreiro de 2016). “All my effort is to transform machines into narrative, to show how much narrative power they have inside them, how they can tell stories”. Boston: 145 The Arts Fuse. Brøndsted, K., & Dollerup, C. (2004). The names in Harry Potter. Perspectives: Studies in Translatology, 12(1), 56-72. Burgueño, M. E. Elogio de un libro ruin. El fenómeno Harry Potter. Chasque.net. http://www.chasque.net/frontpage/relacion/0104/Potter.html Cantrell, S. K. (2011). " I solemnly swear I am up to no good": Foucault's Heterotopias and Deleuze's Any-Spaces-Whatever in JK Rowling's Harry Potter Series. Children's Literature, 39(1), 195-212. Carro, N. (24 de xullo de 2016). LuGO, territorio de caza Pokémon. Lugo: El Progreso. http://elprogreso.galiciae.com/noticia/575541/lugo-territorio-de-caza-pokemon Chacón, P. (22 de xaneiro de 2015). La Alianza de Harry Potter: cuando la cultura 'pop' combate la injusticia. Madrid: Yorokobu. http://www.yorokobu.es/alianza-harry-potter/ Chandler, Jo (16 July 2005). "Google-eyed over Harry". Melbourne: The Age. Chappell, D. (2008). Sneaking out after dark: Resistance, agency, and the postmodern child in JK Rowling’s Harry Potter series. Children's Literature in Education, 39(4), 281-293. Cid, X. (2008). De Harry Potter a Tony Blair. Vigo: Editorial Galaxia. http://www.editorialgalaxia.es/parati/libro.php?id=706 Corzo, B. (28 de decembro de 2012). Derrick de Harkhove: “El mérito del papel es que no es interactivo, hay que protegerlo”. Barcelona: La Vanguardia. http://www.lavanguardia.com/magazine/20121228/54356514928/derrick-de-kerckhove- entrevista-magazine.html D. Morris, P. (2004). Elements of the Arthurian Tradition in Harry Potter. Harrypotterforseekers.com http://www.harrypotterforseekers.com/articles/elementsofarthur.phpç De Moragas, M. (1985). Sociología de la comunicación de masas. II. Estructura, funciones y efectos. Barcelona: Editorial Gustavo Gili. Dickinson, R. (2006). Harry Potter pedagogy: What we learn about teaching and learning from JK Rowling. The Clearing House: A Journal of Educational Strategies, Issues and Ideas, 79(6), 240-244. 146 Eagleton, T. (2016). Cómo leer literatura. Barcelona: Península Eco, U. (1995). Apocalípticos e integrados. Barcelona: Fábula. Editorial Lumen. Eco, U. (2013). Historia de las tierras y los lugares legendarios. Barcelona: Lumen. Tusquets. Eco, U. (12 de maio de 2012). Harry Potter para adultos. México DF: La Jornada Semanal. Universidad Autónoma de México. http://www.jornada.unam.mx/ultimas/2016/02/19/umberto-eco-en-la-jornada-archivo-harry- potter-para-adultos-1960.html Ellis, B. (2015). Lucifer ascending: the occult in folklore and popular culture. Fenske, C. (2008). Muggles, monsters and magicians: A literary analysis of the Harry Potter series. Fernández Paz, A. (2003). Literatura que tamén poden ler os nenos. Grial. Revista Galega de Cultura, nº 157 (p. 88-95) Fraser, L. (novembro de 2002). Harry Potter – Harry and Me. Edimburgo: The Scotsman. http://www.accio-quote.org/articles/2002/1102-fraser-scotsman.html Fresneda, C. (19 de maio de 2013). Ideas ante la crisis. Entrevista al sociólogo Zygmunt Bauman: “¿Qué futuro estamos construyendo?”. Londres: El Mundo. Fry, S. (10 de decembro de 2005).'Living with Harry Potter', BBC Radio4. URL: http://www.accio-quote.org/articles/2005/1205-bbc-fry.html Gaarder, J. (2002). ¿ Libros para un mundo sin lectores. Conferência Magistral pronunciada durante el 28º Congresso de IBBY. Basileia: IBBY. García, A. E. M. (2009). Cultura literaria y cultura mediática. Implicaciones para la educación literaria. Campo Abierto. Revista de Educación, 28(2), 31-46. García Gómez, M. A. (2014). Claves lingüísticas y literarias en la narrativa de JK Rowling y de UK Le Guin para el fomento de la lectura: Análisis de las versiones en español de la saga de Terramar y de las aventuras de Harry Potter. Gemmill, M. A., & Nexon, D. H. (2006). Children’s Crusade: The Religious Politics of Harry Potter. Harry Potter and International Relations, 79-100. 147 Gibbs, N. (2007). JK Rowling. TIME. “Harry Potter Lives in Thatcher's Britain”. (27 de outubro de 2007). N/A. Londres: The Telegraph. http://www.telegraph.co.uk/news/worldnews/1567536/Harry-Potter-lives-in- Thatchers-Britain.html Herrera, E. y Navarro, V. (26 de marzo de 2016). El fenómeno fanfiction: las escenas de sexo perdidas de Harry Potter y otras historias que tenían que existir. Madrid: Yorokobu. http://www.yorokobu.es/fanfiction/ Higgins, J. (20 de xullo de 2016). Harry Potter Readers More Likely to Dislike Donald Trump: Study. Nova York: Time. http://time.com/4413658/donald-trump-harry-potter-study/ Hopper, R. (2005). What are teenagers reading? Adolescent fiction reading habits and reading choices. Literacy, 39(3), 113-120.. Italie, H. (11 de abril de 2007). Potter Sites Wild About Harry. Toronto: The Star. https://www.thestar.com/entertainment/2007/04/11/potter_sites_wild_about_harry.html Jaggi, M. (17 de decembro de 2005). The magician. Londres: The Guardian. https://www.theguardian.com/books/2005/dec/17/booksforchildrenandteenagers.shopping Jenkins, H. (2002). Interactive audiences? The collective intelligence of media fans. The new media book, 157-170. Jenkins, H. (2006). Convergence culture: Where old and new media collide. NYU press. Jenkins, H. (2006). Fans, bloggers, and gamers: Exploring participatory culture. NYU Press. Jenkins, H. (24 de xullo de 2011). Three Reasons Why Pottermore Matters.... Los Ángeles: Confessions of an Aca-Fan. The Officil Weblog of Henry Jenkins. http://henryjenkins.org/2011/06/three_reasons_why_pottermore_m.html JK Rowling: I think we're down with Harry Potter now. N/A. (1 de agosto de 2016). Londres: The Guardian. https://www.theguardian.com/books/2016/aug/01/jk-rowling-done-with-harry- potter-now-cursed-child Jones, O. (2012). Chavs. La demonización de la clase obrera. Barcelona: Capitán Swing. Kidd, D. (2007). Harry Potter and the functions of popular culture. The journal of popular culture, 40(1), 69-89. 148 Kirk, C. A. (2003). JK Rowling: a biography. Koven, M. J. (2003). Folklore studies and popular film and television: A necessary critical survey. Journal of American Folklore, 116(460), 176-195. Larrington, C. (2015). The Land of the Green Man: A Journey Through the Supernatural Landscapes of the British Isles. Londres: I.B. Tauris Léger-St-Jean, M. (18 de xuño de 2015) Price One Penny: A Database of Cheap Literature, 1837-1860. Faculty of English, Cambridge (http://priceonepenny.info). Lichfield, J. (5 de xullo de 2004). French Go Potty Over Harry's Politics. The Star 5. Litjmaer, L. (20 de maio de 2014). Owen Jones: “Las cosas han empeorado desde que escribí Chavs”. Madrid: Eldiario.es http://www.eldiario.es/cultura/entrevistas/Owen-Jones- empeorado-escribi-Chavs_0_262124428.html Lyotard, J.F. (1996). La posmodernidad (explicada a los niños). Barcelona: Gedisa. López, A. (24 de agosto de 2016). La magia de quidditch aterriza en Lugo, que ya tiene su propio equipo. Lugo: El Progreso. (p. 32-33). Manlove, C. N. (2003). From Alice to Harry Potter: Children's Fantasy in England. Martel, F. (2012). Cultura mainstream. Cómo nacen los fenóomenos de masas. Madrid: Punto de Lectura. Santillana. McLuhan, M. (1985). La galaxia Gutenberg. Barcelona: Obras Maestras del Pensamiento Conemporáneo. Planeta-Agostini. McNally, V. (22 de xullo de 2015). 17 'Harry Potter’ Bands That Would Put The Weird Sisters To Shame. MTV.com. http://www.mtv.com/news/2220836/harry-potter-wizard-rock-bands/ Molina Cañabate, J. P. (2013). Transmedia y storytelling. Nel, P. (2001). JK Rowling's Harry Potter novels: a reader's guide. Nilsen, D. L., & Nilsen, A. P. (2009). Naming Tropes and Schemes in JK Rowling's Harry Potter Books. English Journal, 60-68. Piñeiro, M. (27 de decembro de 2015). Ovejas negras y camisas rojas. Lugo: Táboa Redonda. El Progreso. http://galiciae.com/sites/default/files/documentos/20151229/taboaredonda27122015.pdf 149 Portela, E. (tradutor) (2010). Saga dos groenlandeses. Saga de Erik o Roxo. Cangas do Morrazo: Rinoceronte Editora Propp, V. (1974). Las raíces históricas del cuento. Madrid: Editorial Fundamentos. Propp, V. (2000). Morfología del cuento. Madrid: Editorial Fundamentos. Rendueles, C. (2013). Sociofobia. El cambio político en la utopía de la era digital. Madrid: Capitán Swing Riaño, P.H. (9 de agosto de 2010). Harry Potter leyó a Aristóteles. Madrid: Diario Público. http://www.publico.es/culturas/harry-potter-leyo-aristoteles.html Richardson, M., & Tan, D. (2009). The Art of Retelling: Harry Potter and Copyright in a Fan- Literature Era. MALR, 14(1), 31. Robb, J. (1999). The Nineties. What the F**k Was that All About. Londres: Ebury Press. Rossenberg, A. (9 de agosto de 2016). The missing ingredient in 'Harry Potter and The Cursed Child': Good writting. Washington. The Washington Post. https://www.washingtonpost.com/news/act-four/wp/2016/08/09/the-missing-ingredient-in- harry-potter-and-the-cursed-child-good-writing/?utm_term=.9e4548d8115f Rowling, JK. (2002). Harry Potter e a pedra filosofal. Vigo: Galaxia. Rowling, JK. (2002). Harry Potter e a Cámara dos Segredos. Vigo: Editorial Galaxia Rowling, JK. (2003). Harry Potter e o preso de Azkaban. Vigo: Galaxia Rowling, JK. (2008). Harry Potter e as reliquias da morte. Vigo: Galaxia Rowling, JK. (2004). Harry Potter e o Cáliz de Fogo. Vigo: Galaxia Rowling JK. (2008). Harry Potter e a Orde do Fénix. Vigo: Galaxia Rowling, JK. (2008). Harry Potter e o misterio do príncipe. Vigo: Galaxia Rowling, JK. (2001). Animales fantásticos y dónde encontrarlos. Barcelona: Salamandra. Rowling, JK. (2001) Quidditch a través de los tiempos. Barcelona: Salamandra. Rowling, JK. (2008). Los cuentos de Beedle el bardo. Barcelona: Salamandra. Rowling, JK. (2016). Harry Potter and The Cursed Child. Londres: Bloomsbury. 150 Rowling, JK. (21 de maio de 2000). From Mr. Darcy to Harry Potter by way of Lolita. Glasgow: Sunday Herald. Rowling, J. K. (2006). My fight by JK Rowling. The Sunday Times, 5. Rowling, J. K. (2008). The fringe benefits of failure, and the importance of imagination. Harvard Magazine, 5. Rowling, JK (26 de novembro de 2006). The First It Girl. Londres: The Telegraph. http://www.telegraph.co.uk/culture/books/3656769/The-first-It-Girl.html Ruiz, T. Z. (2007). El cuento de hadas, el cuento maravilloso o el cuento de encantamiento: un recorrido teórico sobre sus características literarias. Ryan, M. L. (2013). Transmedial storytelling and transfictionality. Poetics Today, 34(3), 361- 388. Schabe, P. (30 de xullo de 2007). The Boy Who Lives On. Harry Potter's Place in Popular Culture. Pop Matters. http://www.popmatters.com/feature/the-boy-who-lives-on-harry- potters-place-in-popular-culture/ Sellers, S. (2002). Myth and Fairy Tale in Contemporary Women's Fiction. Nueva York: Palgrave McMillan Sullivan, C.W., III (Fall 2001). Folklore and Fantastic Literature. Western Folklore. Long Beach: California Folklore Society. (p. 279-296) Thomas, S. (20 de outubro de 2000). Interview: JK Rowling has the future mapped out for Harry Potter. Houston: Houston Chronicle. Tolkien, J.R.R. (1994). Árbol y hoja y el poema Mitopoeia. Barcelona: Minotauro. Goethe, J. W. (2005). Fausto (Lois Tobío, trad.). A Coruña: La Voz de Galicia/Edicións Xerais. Treneman, A. (2000). JK Rowling, the interview. The Times. Valcárcel, M. (15 de decembro de 2015). 'Star Wars': El héroe en el mundo líquido. Lugo: Táboa Redonda. El Progreso. http://elprogreso.galiciae.com/noticia/479021/star-wars-el- heroe-en-el-mundo-liquido Veiga, M. (15 de abril de 2009). Antonio Reigosa: “As páxinas de sucesos de xornais moi 151 serios están cheas de lendas urbanas”. Lugo: El Progreso. http://elprogreso.galiciae.com/noticia/38072/antonio-reigosa-paxinas-de-sucesos-de-xornais- moi-serios-estan-cheas-de-lendas-urbanas Veiga, M. (22 de decembro de 2015). Nova literatura infantil: Elas son as que contan. Lugo: Táboa Redonda. El Progreso. http://elprogreso.galiciae.com/noticia/482295/nova-literatura- infantil-elas-son-que-contan Veiga, M. (12 de xaneiro de 2016). Os heroes da clase traballadora. Lugo: Táboa Redonda. El Progreso. http://elprogreso.galiciae.com/noticia/489263/os-heroes-da-clase-traballadora Veiga, M. (11 de abril de 2016). Unha fantasía de tolleitos, bastardos e cousas rotas. Lugo: Táboa Redonda. El Progreso. http://elprogreso.galiciae.com/noticia/529414/unha-fantasia-de- tolleitos-bastardos-e-cousas-rotas Watson, E. (2014). Emma's Interview with JK Rowling. Londres: EmmaWatson.net. http://emma-watson.net/2014/02/07/emmas-interview-with-jk-rowling/ Wilson, A.N. (28 de novembro de 2005). Why Harry Potter is the Heir to Faust. Londres: World of Books. The Telegraph http://www.telegraph.co.uk/comment/personalview/3621358/World-of- books.html Whited, L. A. (2004). The ivory tower and Harry Potter: Perspectives on a literary phenomenon. Whited, L. A., & Grimes, M. K. (2002). What would Harry do? JK Rowling and Lawrence Kohlberg’s theories of moral development. The ivory tower and Harry Potter: Perspectives on a literary phenomenon, 182-208. Películas e series de televisión Daniels, G. e Gervais, R. (produtores). (2006). “The Convict”. The Office. Tempada 3. EE.UU. Deedle-Dee Productions/Reveille Productions/NBCUniversal Television Studio. 152 Finnerman, W. (produtora) e Frankel, D. (director). (2006). El diablo viste de Prada. Estados Unidos: Twentieth Century Fox. Heyman, D. (produtor) e Colombus, C. (director). (2001). Harry Potter e a pedra filosofal. EE.UU./Reino Unido: Heyday Films/Warner Bros. Heyman, D. (produtor) e Colombus, C. (director). (2002). Harry Potter e a Cámara dos Segredos. EE.UU./Reino Unido: Heyday Films/Warner Bros. Heyman, D., Colombus, C., Radcliffe, M. (produtores) e Cuarón, A. (director). (2004). Harry Potter e o preso de Azkaban. EE.UU./Reino Unido: Heyday Films/Warner Bros. Heyman, D. (produtor) e Newell, M. (director). (2005). Harry Potter e o Cáliz de Fogo. EE.UU./Reino Unido: Heyday Films/Warner Bros. Heyman, D., Barron, D. (produtores) e Yates, D. (director). (2007). Harry Potter e a Orde do Fénix. EE.UU./Reino Unido: Heyday Films/Warner Bros. Heyman, D., Barron, D. (produtores) e Yates, D. (director). (2009). Harry Potter e o misterio do príncipe. EE.UU./Reino Unido: Heyday Films/Warner Bros. Heyman, D., Barron, D. (produtores) e Yates, D. (director). (2010). Harry Potter e as reliquias da morte. Parte I. EE.UU./Reino Unido: Heyday Films/Warner Bros. Heyman, D., Barron, D. (produtores) e Yates, D. (director). (2011). Harry Potter e as reliquias da morte. Parte II. EE.UU./Reino Unido: Heyday Films/Warner Bros. Kenworthy, D.; Bevan,T.; Fellner, E.; Hayward, D. e Chasin, L. (produtores) e Curtis, R. (director). (2003). Love Actually. EE.UU./Reino Unido: Universal Pictures/Working Title Films/DNA Films. Lorre, C., Prady, B. E Aronsohn, L. (produtores). (2007-2016). The Big Bang Theory. Tempadas de 1 a 9. EE.UU.: CBS/Warner Bros Television. Parker, O. e Thompsom, B. (produtores) e Thompsom, B. e Parker, O. (directores). (2007). St. Trinian's. Reino Unido: Ealing Studios/Fragile Films/UK Film Council. Schwahn, M., Robbins, B., Davola, J. e Phelan, S. (produtores). (2015-2016). The Royals. Tempadas 1 e 2. EE.UU.: Mastermind Laboratories Varsity Pictures/Lionsgate Television/Universal Cable Productions. 153 Recursos on-line Animales Fantásticos y Dónde Encontrarlos http://animalesfantasticosydondencontrarlos.blogspot.com.es/ BlogHowarts http://bloghogwarts.com/ Confessions of an Aca-Fan. The Official Weblog of Henry Jenkins. http://henryjenkins.org/ Dicionario Oxford http://www.oxforddictionaries.com/ Dicionario da Real Academia Española http://dle.rae.es/?w=diccionario Dicionario da Real Academia Galega http://portaldaspalabras.gal/ El Coleccionista de Mundos de Sebas G. Mouret https://www.youtube.com/user/channelcoleccionista Fanfiction.net https://www.fanfiction.net/ FilmsInstitute. Para Cineastas Independientes y Amantes del Séptimo Arte filmstitute.com Galicia Encantada http://www.galiciaencantada.com/ Heather Show http://www.heathershow.com/ Historia Brittonum http://sourcebooks.fordham.edu/halsall/basis/nennius-full.asp International Quidditch Association http://www.iqaquidditch.org/ JK Rowling's Website http://www.jkrowling.com/ Mugglenet http://www.mugglenet.com/ Potterfics http://www.potterfics.com/ Pottermore https://www.pottermore.com/ Potterpedia http://potterpedia.wikia.com/wiki/PotterPedia_Wiki