scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Saúde mental e crise económica

Betanzos Freire, Sarela

Abstract

Obxectivo: O obxectivo deste estudo é realizar unha revisión da literatura publicada ata o momento sobre a influencia que a última crise económica sufrida en España (2008-2014) tivo sobre a saúde mental da poboación adulta española. Material e métodos: Realizouse unha busca sistemática en PubMed, Medline e Scopus obténdose finalmente un total de 21 artigos para revisar. Resultados: A saúde mental da poboación española veuse afectada negativamente pola crise, aumentando a prevalencia de trastornos mentais e hospitalizacións por causa psiquiátrica. Ademais obsérvase o efecto diferenciador que teñen a idade, o sexo, o estado laboral e o soporte social. E ao mesmo tempo evidénciase o efecto negativo que situacións estresantes derivadas da crise tiveron sobre o benestar mental da sociedade, como son as execucións hipotecarias e os desafiuzamentos. Conclusións: Son necesarias políticas sanitarias, sociais, educativas e administrativas que mitiguen ou freen os efectos que a pasada crise aínda pode estar exercendo sobre a sociedade e que ao mesmo tempo se anticipen á futura recesión que se deriva da pandemia de COVID-19 e que previsiblemente vai ter un comportamento similar en canto a efectos na saúde mental da poboación adulta española

Full text

Traballo de fin de grao Título en castelán: Salud mental y crisis económica Título en galego: Saúde mental e crise económica Autora: Sarela Betanzos Freire Titora: Mario Páramo Fernández Cotitora: Departamento: Psiquiatría Xuño 2021 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Medicina SARELA BETANZOS FREIRE 2 Contido RESUMO ESTRUCTURADO 3 STRUCTURED SUMMARY 3 INTRODUCIÓN/XUSTIFICACIÓN 4 PREGUNTA REVISIÓN E OBXECTIVO 5 MATERIAL E MÉTODO 6 FINANCIACIÓN 10 RESULTADOS 10 DISCUSIÓN 13 CONCLUSIÓNS 15 BIBLIOGRAFÍA 17 ANEXO: TÁBOA RESULTADOS. 20 SAÚDE MENTAL E CRISE ECONÓMICA 3 RESUMO ESTRUCTURADO • Obxectivo: O obxectivo deste estudo é realizar unha revisión da literatura publicada ata o momento sobre a influencia que a última crise económica sufrida en España (2008-2014) tivo sobre a saúde mental da poboación adulta española. • Material e métodos: Realizouse unha busca sistemática en PubMed, Medline e Scopus obténdose finalmente un total de 21 artigos para revisar. • Resultados: A saúde mental da poboación española veuse afectada negativamente pola crise, aumentando a prevalencia de trastornos mentais e hospitalizacións por causa psiquiátrica. Ademais obsérvase o efecto diferenciador que teñen a idade, o sexo, o estado laboral e o soporte social. E ao mesmo tempo evidénciase o efecto negativo que situacións estresantes derivadas da crise tiveron sobre o benestar mental da sociedade, como son as execucións hipotecarias e os desafiuzamentos. • Conclusións: Son necesarias políticas sanitarias, sociais, educativas e administrativas que mitiguen ou freen os efectos que a pasada crise aínda pode estar exercendo sobre a sociedade e que ao mesmo tempo se anticipen á futura recesión que se deriva da pandemia de COVID-19 e que previsiblemente vai ter un comportamento similar en canto a efectos na saúde mental da poboación adulta española. STRUCTURED SUMMARY • Objective: The aim of this study is to review the literature published so far on the influence that the last economic crisis suffered in Spain (2008-2014) had on the mental health of the Spanish adult population. • Material and methods: A systematic search was carried out in PubMed, Medline and Scopus finally obtaining a total of 21 articles to review. • Results: The mental health of the Spanish population has been negatively affected by the crisis, increasing the prevalence of mental disorders and hospitalizations for psychiatric causes. In addition, the differentiating effect of age, sex, employment status and social support is observed. And at the same time it highlights the negative effect that stressful situations arising from the crisis have had on the mental well-being of society, such as foreclosures and evictions. • Conclusions: Health, social, educational and administrative policies are needed to mitigate or curb the effects that the last crisis may still be having on society and at the same time anticipate the future recession resulting from the COVID-19 pandemic and which is expected to have a similar behavior in terms of effects on the mental health of the Spanish adult population. SARELA BETANZOS FREIRE 4 INTRODUCIÓN/XUSTIFICACIÓN • Que é unha crise económica Podemos definir crise económica como un momento grave de estancamento ou retroceso da actividade de produción, comercialización ou de consumo de produtos que se da nun país e que se encadra dentro dos chamados ciclos ou flutuacións económicas cíclicas que sofre periodicamente a economía mundial1. Ao marxe desta definición oficial de crise de dous trimestres consecutivos de caída do PIB real, dende a perspectiva de saúde, a crise é un fenómeno difuso, xa que a afectación ao empobrecemento das familias, ao desemprego e ao desmantelamento dos servizos públicos básicos como educación e sanidade, é constante e continuado2. • Como foi no 2008 En 2008 , a raíz de varios acontecementos determinantes, como foron a subida do prezo do petróleo, unha gran crise alimentaria, o escándalo das chamadas “hipotecas lixo” e bruscas caídas nos mercado de valores mundiais, desencadeouse unha gran crise económica que golpeou fortemente o conxunto dos chamados países desenvolvidos. A Gran Recesión afectou moi intensamente e a diversos niveis á sociedade, xerando pobreza, inseguridade e dificultades económicas nun gran número de fogares, e aínda que o ciclo pode considerarse concluído, os seus efectos son aínda obxectivables. • Como afectou a España Oficialmente, a crise en España comezou no terceiro trimestre de 2008 e concluíu no segundo trimestre de 2014, mais o PIB do ano 2007 non se superou até 2016 e o máximo de 2008 no se volveu alcanzar até o primeiro trimestre de 20172. En agosto de 2009 tomáronse algunhas medidas gobernamentais para reactivar a economía e alcanzouse o maior gasto sanitario público. Os primeiros recortes foron en maio de 2010, diminuíndo considerablemente o gasto sanitario ata 20113. Esta situación tradúcese na poboación como descensos na renda percibida e na riqueza e aumento da pobreza. Ademais obsérvase como España pasa de ser un país receptor de poboación dende finais dos 90, para volverse emisor dende 2011 nunha dinámica de perda de poboación relativamente abrupta. Así, pódese considerar que as condicións de vida derivadas desta situación, como son o desemprego e as dificultades relacionadas co mantemento da vivenda, son os peores efectos sociais da crise sobre a sociedade española, e potencialmente dos máis perigosos para a súa saúde4. Igualmente, a desigualdade, o risco de pobreza e de exclusión social agudizáronse durante a crise, incrementándose en España entre 2008 e 2016 ate situar ao estado entre os países europeos con maior desigualdade e maior crecemento da mesma2. Ao mesmo tempo obxectívase descenso da renda media e da riqueza media4. SAÚDE MENTAL E CRISE ECONÓMICA 5 • Consecuencias para a saúde xeral Hai controversia a respecto de como afecta a crise á saúde da sociedade, xa que hai estudos que indican que esta debería verse afectada negativamente neste período ao diminuír a capacidade adquisitiva das familias, o traballo, o estado de ánimo, o benestar... mais, hai outros estudos que aventuran todo o contrario, indicando que a saúde pode experimentar unha mellora ao reducirse o consumo de tabaco e alcohol, ter máis tempo libre para realizar exercicio, menos estrés relacionado co traballo, menos contaminación...3 • Consecuencias para a saúde mental A saúde mental é parte indivisible da saúde pública e xoga un papel determinante na funcionamento das comunidades nos ámbitos social e económico, e polo tanto podemos considerala non só como a ausencia de patoloxía mental, senón como un pilar fundamental no benestar xeral e na produtividade das persoas5. Ademais, forma parte da definición de saúde establecida pola OMS como “estado de completo benestar físico, mental e social, e non só a ausencia de afeccións e enfermidades”6. Así, podemos entender a saúde mental como un concepto holístico que depende das características biolóxicas, sociais e psíquicas de cada individuo, polo que é previsible que cambios no ambiente social e económico dun entorno afecten ao benestar mental das persoas que nel se atopan. PREGUNTA REVISIÓN E OBXECTIVO O obxectivo deste estudo é realizar unha revisión da literatura publicada ata o momento sobre a influencia que a última crise económica sufrida en España (2008-2014) tivo sobre a saúde mental da poboación adulta española, para así estudar o papel que os factores económicos e sociais xogan na patoloxía psiquiátrica e ao mesmo tempo detectar os grupos máis vulnerables a estes efectos. Ao mesmo tempo pretende servir como modelo para anticiparnos ao posible impacto que unha nova crise motivada pola COVID-19 podería exercer sobre o país, e así poder tomar as medidas máis pertinentes e necesarias que na medida do posible sirvan para amortecer estes efectos. SARELA BETANZOS FREIRE 6 MATERIAL E MÉTODO Para a busca dos artigos que forman parte desta revisión sistemática seguiuse a declaración PRISMA (Preferred Reporting Items for Systematic reviews and Meta-Analyses)7. • DISEÑO DO ESTUDO (TIPO RS) Revisión bibliográfica sistemática. • CRITERIOS DE SELECIÓN-INCLUSIÓN o Inclusión: ▪ Tipos de participantes: poboación adulta española. ▪ Tipos de intervencións: crise económica. ▪ Tipos de estudios: Estudos transversais, de cohortes ou de casoscontrois. ▪ Tipos de comparativa: Antes e despois da crise económica ▪ Termos de busca ou descritores: “crisis económica or economic crisis”, “mental health or salud mental”, “Spain or España” ▪ Incluiranse aqueles artigos escritos en español ou inglés. o Exclusión: ▪ Excluiranse aquelas publicacións que inclúan os termos:“covid-19, coronavirus, 2019-ncov, sars-cov-2, cov-19” ▪ Excluiranse aquelas publicacións que inclúan poboación pediátrica (<15 anos) ou poboación inmigrante. ▪ Excluiranse aquelas publicacións escritas noutro idioma diferente ao castelán ou inglés. ▪ Excluiranse aquelas publicacións que abarquen temática non relacionada coa influencia da crise económica na saúde mental. ▪ Excluiranse aquelas revisións sistemáticas ou revisións narrativas. • ESTRATEXIA BÚSQUEDA E FONTES DE DATOS Realizouse a busca nas seguintes bases de datos: Medline, PubMed e Scopus con data límite o 18 de febreiro de 2021. A estratexia de busca realizouse de maneira independente en cada base de datos. As palabras chave foron “salud mental”, ”mental health”, “crisis económica”, “economic crisis”, “España” e “Spain”, e excluíronse as palabras chave relacionadas co COVID-19. En MEDLINE realizouse a seguinte busca: TX ( crisis economica or economic crisis ) AND ( mental health or salud mental ) AND CY ( spain or españa ) NOT ( covid-19 or coronavirus or 2019-ncov or sars-cov-2 or cov- 19) AMPLIADORES: APLICAR MATERIAS EQUIVALENTES DATA PUBLICACIÓN: 2007-Actualidade Obténdose 14 resultados. SAÚDE MENTAL E CRISE ECONÓMICA 7 En SCOPUS realizouse a seguinte busca: ( TITLE-ABS-KEY ( mental AND health OR salud AND mental ) AND TITLE-ABS-KEY ( economic AND crisis OR crisis AND economica ) AND AFFILCOUNTRY ( spain OR españa ) AND NOT TITLE-ABS-KEY ( covid-19 OR coronavirus ) ) AND PUBYEAR > 2006 Obténdose 6 resultados. En PUBMED realizouse a seguinte busca: (((crisis economica or economic crisis) AND (mental health or salud mental)) AND (spain or españa)) NOT (covid-19 or coronavirus or 2019-ncov or sars-cov-2 or cov-19) LIMITAR A: FREE FULL TEXT DATA PUBLICACIÓN: 2007-ACTUALIDADE Obténdose 40 artigos. Así en total obtivéronse 60 artigos. Logo dunha revisión en Refworks e de maneira manual, detectáronse 17 duplicacións. Posteriormente realizouse unha selección por título e resumo, excluíndo 22 artigos. Finalmente, cos 21 artigos seleccionados, realizouse unha lectura crítica e deseñouse unha táboa de datos estandarizados que incluía: Información do artigo, información sobre o tipo de estudo, información sobre o motivo de exclusión, resultados principais do estudo. Artigos excluídos e motivos de exclusión: Artigo Motivo exclusión Austerity policy and child health in European countries: a systematic literature review Non poboación adulta Cuts, austerity and health. SESPAS report 2014 Revisión narrativa Economic crisis and mental health. SESPAS report 2014 Revisión narrativa Financial fraud and health: a qualitative approach Fraude económico en xeral, non centrado na crise de 2008 Health care on drug use in economic crisis context Papel da enfermaría nos problemas mentais da crise Health promotion and prevention in the economic crisis: the role of the health sector. SESPAS report 2014 Revisión narrativa Impact of Great Recession on mental health in Spain. SESPAS Report 2020 Revisión narrativa Impact of the crisis on the relationship between housing and health. Policies for good practice to Revisión narrativa SARELA BETANZOS FREIRE 8 reduce inequalities in health related to housing conditions Impact of the economic crisis on children's health in Catalonia: a beforeafter approach Non poboación adulta Influence maternal background has on children's mental health Non poboación adulta Is Being Employed Always Better for Mental Wellbeing Than Being Unemployed? Exploring the Role of Gender and Welfare State Regimes during the Economic Crisis Países europeos en xeral, non centrado en España Lessons from abroad. Current and previous crisis in other countries. SESPAS report 2014 Revisión narrativa Mental health impact of the economic crisis in Spain Revisión narrativa Occupational Health and Safety of Immigrant Workers in Italy and Spain: A Scoping Review Non poboación española The health of adults undergoing an eviction process Saúde xeral, non centrado en saúde mental The impact of financial crisis and austerity policies in Andalusia, Spain: disentangling the mechanisms of social inequalities in health through the perceptions and experiences of experts and the general population Saúde xeral, non centrado en saúde mental The impact of the economic crisis on the health and healthcare of the immigrant population. SESPAS report 2014 (Reflexiones sobre el impacto de la crisis en la salud y la atención sanitaria de la población inmigrante. Informe SESPAS 2014) Non poboación española Trends in social determinants of child health and perinatal outcomes in European countries 2005-2015 by level of austerity imposed by governments: a repeat cross-sectional analysis of routinely available data Non poboación adulta Understanding the impact of the economic crisis on child health: the case of Spain Non poboación adulta Unrecorded Alcohol Consumption in Seven European Union Countries Consumo alcohol, non datos patoloxía SAÚDE MENTAL E CRISE ECONÓMICA 9 • SELECIÓN EVALUACIÓN DE CALIDADE Realizouse unha avaliación da calidade de cada artigo seguindo a declaración de Critical Appraisal tool da Universidade de Adelaide8. Diagrama de fluxo PRISMA Rexistros identificados nas buscas (n = 60 ) Rexistros adicionais identificados noutras fontes (n = 0 ) Rexistros despois de eliminar os duplicados (n = 43 ) Rexistros cribados (n = 43 ) Rexistros excluídos (n = 13 ) Textos completos analizados para a súa elexibilidade (n = 30 ) Textos completos excluídos, con razóns (n = 9 ) Estudos incluídos na síntese cualitativa (n = 21 ) Inclusión Elexibilidade Cribado Identification SARELA BETANZOS FREIRE 16 Como xa vimos, tanto a crise económica como a saúde mental, son dous campos moi complexos e extensos, e aínda que é sinxelo intuír lazos de retroalimentación entre ambos, necesítanse máis estudos que profunden en todos os factores que se ven implicados e esclarezan as relacións causais que poidan existir. Neste sentido sería moi importante o estudo de cada Comunidade Autónoma en particular, polas importantes diferencias sociais, demográficas e económicas que existen entre elas. Ademais disto, sería interesante tamén repetir os estudos de prevalencia para avaliar se os efectos da crise xa se mitigaron ou se seguen vixentes a día de hoxe. É particularmente importante que analicemos e demarquemos en profundidade os efectos e o alcance desta crise económica canto antes, porque é previsible que pronto suframos o impacto doutra recesión derivada da pandemia do COVID-19. Temos unha oportunidade moi boa para anticiparnos e implementar as políticas e actuacións necesarias para evitar, mitigar ou prever os efectos deleterios que esta pandemia poida exercer sobre a saúde en xeral, e mental en particular na nosa poboación30. Unha explicación para que os maiores recortes en investimento público se realicen no ámbito da saúde mental pode ser o gran estigma que existe arredor desta. Por iso, este é un reto máis que debemos asumir, traballar en conxunto co sector sanitario, educativo, administrativo e dos medios de comunicación para frear a discriminación e rexeitamento que existe na poboación ante os trastornos mentais e ante quen os sufre. Hai gran evidencia que demostra a relación entre saúde mental e morbilidade física e mortalidade, e en definitiva entre benestar mental e calidade de vida. Segundo unha meta-análise da Emory University de Atlanta, o risco de morte entre aquelas persoas con enfermidade mental é 2.22 veces máis alto que entre o resto da poboación. É por isto que , “non hai saúde sen saúde mental”33. SAÚDE MENTAL E CRISE ECONÓMICA 17 BIBLIOGRAFÍA 1. Real Academia Española. Definición crisis . https://dle.rae.es/crisis. Accessed 16 Mayo, 2021. 2. De Sanidad M, Consumo YB, Social. Crisis económica y salud en españa INFORMES, ESTUDIOS E INVESTIGACIÓN 2018. MINISTERIO DE SANIDAD, CONSUMO Y BIENESTAR SOCIAL CENTRO DE PUBLICACIONES. 2018. 3. Segura Benedicto A. Cuts, austerity and health. SESPAS report 2014. Gac Sanit. 2014;28 Suppl 1:7-11. doi: S0213-9111(14)00050-8. 4. Equipo de trabajo E. Impacto de la crisis económica en la salud y en el sistema sanitario en españa. Escuela Andaluza de Salud Pública. :150. 5. WHO. Impact of economic crises on mental health. . 2011. 6. OMS. Salud mental. https://www.who.int/topics/mental_health/es/. 7. Urrútia G, Bonfill X. Declaración PRISMA: Una propuesta para mejorar la publicación de revisiones sistemáticas y metaanálisis. Medicina clínica. 2009;135(11):507-511. https://www.clinicalkey.es/playcontent/1-s2.0- S0025775310001454. doi: 10.1016/j.medcli.2010.01.015. 8. The University of Adelaide. Critical appraisal tools. https://jbi.global/criticalappraisal-tools. Accessed 16 Mayo, 2021. 9. Basterra V. Prevalence trends of high risk of mental disorders in the spanish adult population: 2006-2012. Gac Sanit. 2017;31(4):324-326. doi: S0213-9111(17)30062-6 . 10. Pérez-Romero S, Gascón-Cánovas JJ, de la Cruz-Sánchez E, Sánchez-Ruiz JF, Parra-Hidalgo P, Monteagudo-Piqueras O. Economic recession (2006-2012) and changes in the health status of the spanish population. Salud Publica de Mexico. 2016;58(1):41-48. doi: 10.21149/spm.v58i1.7666. 11. Medel-Herrero A, Gomez-Beneyto M. The impact of the 2008 economic crisis on the increasing number of young psychiatric inpatients. Revista de Psiquiatria y Salud Mental. 2019;12(1):28-36. doi: 10.1016/j.rpsm.2017.10.002. 12. Tamayo-Fonseca N, Nolasco A, Moncho J, et al. Contribution of the economic crisis to the risk increase of poor mental health in a region of spain. Int J Environ Res Public Health. 2018;15(11):2517. doi: 10.3390/ijerph15112517. doi: 10.3390/ijerph15112517. 13. Gili M, López-Navarro E, Castro A, et al. Gender differences in mental health during the economic crisis. Psicothema. 2016;28(4):407-413. doi: 10.7334/psicothema2015.288. SARELA BETANZOS FREIRE 18 14. Moncho J, Pereyra-Zamora P, Tamayo-Fonseca N, Giron M, Gómez-Beneyto M, Nolasco A. Is recession bad for your mental health? the answer could be complex: Evidence from the 2008 crisis in spain. BMC Med Res Methodol. 2018;18(1):78-2. doi: 10.1186/s12874-018-0538-2. 15. Spijker J, Zueras P. Socioeconomic health inequalities in the catalan population aged 50+ during the last economic crisis. Rev Esp Salud Publica. 2018;92:e201811085. doi: e201811085. 16. Fernandez A, Garcia-Alonso J, Royo-Pastor C, et al. Effects of the economic crisis and social support on health-related quality of life: First wave of a longitudinal study in spain. Br J Gen Pract. 2015;65(632):198. doi: 10.3399/bjgp15X684025. 17. Córdoba-Doña JA, Escolar-Pujolar A, San Sebastián M, Gustafsson PE. How are the employed and unemployed affected by the economic crisis in spain? educational inequalities, life conditions and mental health in a context of high unemployment. BMC Public Health. 2016;16:267-z. doi: 10.1186/s12889-016-2934-z. 18. Navarro-Mateu F, Tormo MJ, Salmerón D, et al. Prevalence of mental disorders in the south-east of spain, one of the european regions most affected by the economic crisis: The cross-sectional PEGASUS-murcia project. PLoS One. 2015;10(9):e0137293. doi: 10.1371/journal.pone.0137293. 19. Ruiz-Pérez I, Bermúdez-Tamayo C, Rodríguez-Barranco M. Socio-economic factors linked with mental health during the recession: A multilevel analysis. Int J Equity Health. 2017;16(1):45-x. doi: 10.1186/s12939-017-0518-x. 20. Arroyo E, Cabrera-León A, Renart G, et al. Did psychotropic drug consumption increase during the 2008 financial crisis? A cross-sectional population-based study in spain. BMJ Open. 2019;9(1):e021440-021440. doi: 10.1136/bmjopen-2017-021440. 21. Urbanos-Garrido R, López-Valcárcel BG. Unemployment and health: An analysis of the impact of the economic crisis on the health of the spanish population. Estudios de Economia Aplicada. 2020;31(2):303-326. doi: 10.25115/EEA.V31I2.3284. 22. Bacigalupe A, Esnaola S, Martín U. The impact of the great recession on mental health and its inequalities: The case of a southern european region, 1997-2013. Int J Equity Health. 2016;15:17-7. doi: 10.1186/s12939-015-0283-7. 23. Thompson K, Wagemakers A, van Ophem J. Assessing health outcomes in the aftermath of the great recession: A comparison of spain and the netherlands. Int J Equity Health. 2020;19(1):84-6. doi: 10.1186/s12939-020-01203-6. 24. Alvarez-Galvez J, Salinas-Perez JA, Rodero-Cosano ML, Salvador-Carulla L. Methodological barriers to studying the association between the economic crisis and suicide in spain. BMC Public Health. 2017;17(1):694-0. doi: 10.1186/s12889-017- 4702-0. SAÚDE MENTAL E CRISE ECONÓMICA 19 25. Vásquez-Vera H, Rodríguez-Sanz M, Palència L, Borrell C. Foreclosure and health in southern europe: Results from the platform for people affected by mortgages. J Urban Health. 2016;93(2):312-330. doi: 10.1007/s11524-016-0030-4. 26. Bernal-Solano M, Bolívar-Muñoz J, Mateo-Rodríguez I, et al. Associations between home foreclosure and health outcomes in a spanish city. Int J Environ Res Public Health. 2019;16(6):981. doi: 10.3390/ijerph16060981. doi: 10.3390/ijerph16060981. 27. Barceló MA, Coll-Negre M, Coll-de-Tuero G, Saez M. Effects of the financial crisis on psychotropic drug consumption in a cohort from a semi-urban region in catalonia, spain. PLoS One. 2016;11(2):e0148594. doi: 10.1371/journal.pone.0148594 . 28. Real E, Jover L, Verdaguer R, et al. Factors associated with long-term sickness absence due to mental disorders: A cohort study of 7.112 patients during the spanish economic crisis. PLoS One. 2016;11(1):e0146382. doi: 10.1371/journal.pone.0146382. 29. Iglesias García C, Sáiz Martinez P, García-Portilla González MP, et al. Effects of the economic crisis on demand due to mental disorders in asturias: Data from the asturias cumulative psychiatric case register (2000-2010). Actas Esp Psiquiatr. 2014;42(3):108-115. 30. Oliva J, López-Varcárcel BG, Pérez PB, Peña-Longobardo LM, Garrido RMU, González NZ. Impact of great recession on mental health in spain. SESPAS report 2020. Gac Sanit. 2020;34 Suppl 1:48-53. doi: S0213-9111(20)30138-2. 31. Rivadeneyra-Sicilia A, Minué Lorenzo S, Artundo Purroy C, Márquez Calderón S. Lessons from abroad. current and previous crisis in other countries. SESPAS report 2014. Gac Sanit. 2014;28 Suppl 1:12-17. doi: S0213-9111(14)00087-9. 32. Gili M, García Campayo J, Roca M. Economic crisis and mental health. SESPAS report 2014. Gac Sanit. 2014;28 Suppl 1:104-108. doi: S0213-9111(14)00045-4. 33. Prince M, Prof, Patel V, Prof, Saxena S, MD, et al. No health without mental health. The Lancet (British edition). 2007;370(9590):859-877. doi: 10.1016/S0140- 6736(07)61238-0. SARELA BETANZOS FREIRE 20 ANEXO: TÁBOA RESULTADOS. 1. Assessing health outcomes in the aftermath of the great recession: a comparison of Spain and the Netherlands REFERENCIA Cita abreviada: Thompson et al., 2020 ESTUDO Deseño: Estudo transversal analítico Obxectivos: 1: Relación seguridade financeira con saúde. 2: Como a relación entre a seguridade financeira e a saúde varía entre países. POBOACIÓN Número participantes/grupo: 1001 españois e 1010 holandeses Características participantes: Inclúense só persoas en idade laboral (25-65 anos) Fonte de datos: European Social Survey 7 (2014) VARIABLES A ESTUDO Variable dependente: Saúde mental, Saúde física, Saúde social. Variable independente: Seguridade financeira RESULTADO Resultados: Persoas españolas teñen seguridade financeira por debaixo da media, mentres que holandeses por enriba. As mulleres teñen unha seguridade financeira por debaixo da media e homes por riba. Non diferencias en idade. A media de seguridade financeira aumenta co nivel educativo. Maior seguridade financeira entre aqueles que cohabitan con parella sentimental. A seguridade financeira está positivamente asociada coa saúde en xeral e coa saúde mental en particular. Ser español está asociado negativamente con peor saúde en xeral e saúde mental en particular. Non se atopa evidencia de que a relación entre seguridade financeira e saúde sexa máis forte en España que en Holanda. CONCLUSIÓNS Conclusións: Atópase clara evidencia de relación positiva entre saúde e seguridade financeira e tamén que os resultados de saúde son en xeral peores en España comparados con Holanda. Sen embargo, ser español fai máis débil a asociación ente saúde e seguridade financeira. CALIDADE EVIDENCIA Calidade evidencia: Alta 2. Associations between Home Foreclosure and Health Outcomes in a Spanish City REFERENCIA Cita abreviada: Bernal-Solano et al., 2019 ESTUDO Deseño: Estudo transversal analítico SAÚDE MENTAL E CRISE ECONÓMICA 21 Obxectivos: Analizar e describir os cambios nos indicadores de saúde das persoas afectadas por procesos de desafiuzamentos e as características socio-demográficas e socio-económicas asociadas con estes cambios. POBOACIÓN Número participantes/grupo: 205 persoas Características participantes: Persoas participantes nas reunións semanais da plataforma “Stop-Desahucios” de Granada maiores de 18 anos. Fonte de datos: Entrevistas pesoais. VARIABLES A ESTUDO Variable dependente: Indicadores de saúde, Hábitos relacionados coa saúde, Medicación, Uso dos servicios de saúde. Variable independente: Socio-demográfica, socioeconómicas, relacionadas co proceso de desafiuzamento. Instrumento de medida: Escalas específicas de saúde mental. RESULTADO Resultados: Razóns máis frecuentes do desafiuzamento en homes: perda do traballo, mulleres: problemas domésticos. Cambios máis frecuentes foron incremento dos episodios de ansiedade, depresión e/ou estrés e empeoramento do patrón do sono. Homes aumento do consumo de alcohol. Mulleres aumento do consumo de psicofármacos e aumento do uso dos servizos de saúde. CONCLUSIÓNS Conclusións: Empeoramento da saúde atribuíble a procesos de desafiuzamento. CALIDADE EVIDENCIA Calidade evidencia: Alta 3. Contribution of the Economic Crisis to the Risk Increase of Poor Mental Health in a Region of Spain REFERENCIA Cita abreviada: Tamayo-Fonseca et al., 2018 ESTUDO Deseño: Estudio transversal Obxectivos: Analizar a asociación de risco de mala saúde mental con variables demográficas, socio-económicas, de estado de saúde, calidade de vida e de soporte social; e máis concretamente, avaliar a contribución das variables socio-económicas máis afectadas pola situación económica (estado laboral e ingresos) en cambios na prevalencia de risco de mala saúde mental entre 2005 e 2010 na Comunidade Valenciana. POBOACIÓN Número participantes/grupo: 5781 en 2005 e 3479 en 2010 Características participantes: Adultos incluídos nas ESCV que representan a saúde adulta xeral non institucionalizada da Comunidade Valenciana Fonte de datos: Encuesta de Salud de la Comunidad Valenciana (ESCV) SARELA BETANZOS FREIRE 22 VARIABLES A ESTUDO Variable dependente: Caso con risco de mala saúde mental Variable independente: sexo, idade, país de nacemento, educación, estado laboral, nivel de ingresos autopercibido, clase traballadora, presencia de enfermidade crónica non mental, número de enfermidades crónicas non mentais, presencia de minusvalía, calidade de vida autopercibida, estado marital, convivencia con parella. Instrumento de medida: General Health Questionary- 12 (GHQ-12) (>=3 indica risco de mala saúde) RESULTADO Resultados: En 2005 a prevalencia máis alta de GHQ+ atopouse entre homes maiores, sen estudos, desempregados, con baixo nivel de ingresos, con presencia de algunha enfermidade crónica non mental, con presencia de minusvalía, separados, divorciados ou enviuvados, e con pouco soporte social En 2010 a prevalencia máis alta de GHQ+ atopouse ente nacidos fora de España, desempregados, baixo nivel de ingresos, traballadores manuais, con enfermidade crónica non mental, con minusvalía, separados, divorciados, enviuvados, ou solteiros, e con mal soporte social. En mulleres, en 2005 a prevalencia máis alta de GHQ+ atopouse entre persoas maiores, sen estudos, desempregada, con baixo nivel de ingresos, con enfermidade crónica non mental, con minusvalía, enviuvada ou solteira e con mal soporte social. En 2010 a prevalencia máis alta atopouse entre mulleres maiores, sen estudos, desempregadas, con baixo nivel de ingresos, con enfermidade crónica non mental, con minusvalía, enviuvada e con mal soporte social. Para ambos sexos, apréciase aumento da prevalencia de risco de mala saúde mental entre 2005 e 2010 para a maioría das categorías estudadas. Atópase asociación significativa entre as categorías “desempregado” e “baixo nivel de ingresos” e risco de mala saúde mental. Atópase unha contribución dos cambios na estrutura social ao risco de mala saúde mental en termos relativos do 43,5% en homes e 31,8% en mulleres. CONCLUSIÓNS Conclusións: A prevalencia de risco de mala saúde mental aumentou considerabelmente entre 2005 e 2010 na Comunidade Valenciana. O sexo, a idade, o país de nacemento, as enfermidades crónicas, a minusvalía, a calidade de vida e o soporte social están intimamente ligadas a este aumento. Hai unha contribución en termos relativos das variables “desemprego” e “baixo nivel de ingresos” ao aumento do SAÚDE MENTAL E CRISE ECONÓMICA 23 risco de mala saúde mental do 43,5% en homes e 31,8% en mulleres, e o resto débese a outros factores. Isto confirma a sensibilidade da saúde mental aos detrimentos económicos causados pola crise. CALIDADE EVIDENCIA Calidade evidencia: Alta 4. Did psychotropic drug consumption increase during the 2008 financial crisis? A cross-sectional population-based study in Spain REFERENCIA Cita abreviada: Arroyo et al., 2018. ESTUDO Deseño: Estudo transversal. Obxectivos: Analizar as diferencias en consumo de psicofármacos entre a poboación española entre 2006-2007 e 2011-2012, tendo en conta o xénero e o estado laboral. POBOACIÓN Número participantes/grupo: 28954 en 2006-7 e 20509 en 2011-12. Características participantes: Individuos >15 anos que responderon aos cuestionarios de Adulto e de Fogar. Fonte de datos: Enquisa Nacional Saúde de España períodos 2006-2007 e 2011-2012 VARIABLES A ESTUDO Variable dependente: consumo (ou non) de antidepresivos ou sedantes. Variable independente: ano da enquisa (2006-7 antes da crise, 2011-12 durante a crise), xénero e estado laboral. RESULTADO Resultados: O ano da enquisa non é significativo, polo que indica que a crise económica non cambiou significativamente a probabilidade de tomar antidepresivos. Observouse que, en xeral, a probabilidade de consumir antidepresivos en homes e mulleres descendeu, pero máis marcadamente en homes, e depende en gran medida do estado laboral. En individuos retirados o risco de consumo entre mulleres non cambia entre os dous períodos, pero en homes descende dramaticamente. Sen embargo, en individuos estudantes redúcese o consumo en ambos sexos. No grupo de traballadores domésticos (96% mulleres) é no único no que o risco aumenta nas mulleres e descende nos homes. O ano da enquisa non é significativo, polo que indica que a crise económica non cambiou significativamente a probabilidade de tomar sedantes. Obsérvanse grandes diferencias entre homes e mulleres cando se ten en conta o estado laboral no período 2011-12. En individuos desempregados de corta evolución ambos homes e mulleres presentan aumento no risco de consumo, mais acusadamente entre mulleres. En individuos desempregados de larga evolución as mulleres aumentan o risco mentres que os homes diminúen. En individuos estudantes ambos sexos diminúen o risco. SARELA BETANZOS FREIRE 24 CONCLUSIÓNS Conclusións: A crise económica non cambiou estatisticamente o risco de consumo de psicofármacos, mais obsérvase que as mulleres desempregadas de longa evolución, retiradas ou traballadoras domésticas presentan maior risco de consumo de psicofármacos que os homes durante unha crise económica. CALIDADE EVIDENCIA Calidade evidencia: Alta 5. Economic recession (2006-2012) and changes in the health status of the Spanish population. REFERENCIA Cita abreviada: Pérez-Romero et al., 2015. ESTUDO Deseño: Estudo transversal comparativo. Obxectivos: Analizar a relación dos problemas de saúde mental na poboación española coa recesión económica (2006- 2012) e establecer en que sentido afecta á auto percepción do estado de saúde. POBOACIÓN Número participantes/grupo: 18.202 en 2006-2007 e 12.615 en 2011-2012. Características participantes: Suxeitos ente 18 e 64 anos considerados poboación potencialmente activa (excluídos estudantes, xubilados e aqueles con incapacidade laboral permanente) Fonte de datos: Enquisa Nacional de Saúde de España 2006-2007 e 2011-2012. VARIABLES A ESTUDO Variable dependente: Prevalencia de persoas que consumiron medicamentos de tipo ansiolítico ou somnífero durante dúas semanas previas á entrevista, risco de mala saúde mental (GHQ-12 >3) Variable independente: Período pre-recesión (2006-7) e maior declive económico (2011-12), sexo, idade, clase social ocupacional, país de nacemento (e IDH do mesmo), zona de residencia, estado civil, nivel educativo, estado laboral, limitación de actividades diarias, apoio social. RESULTADO Resultados: Aumento da cifra de suxeitos desempregados así como ascenso das clases sociais menos cualificadas. Maior consumo de somníferos e ansiolíticos significativamente asociado co período de crise económica tanto en homes como en mulleres, mais e máis probable entre mulleres con menor nivel de estudos. Aumento do consumo destes fármacos conforme diminúe o apoio social percibido e cando o IDH do país de orixe é maior. Resultaron ser factores protectores de consumo de psicofármacos estar na franxa de idade 16-44 anos e ter emprego. A disfunción mental (medida co GHQ) aumenta durante o período da crise en homes mentres que en mulleres non mostra cambios significativos. Este aumento prodúcese en SAÚDE MENTAL E CRISE ECONÓMICA 25 canto diminúe o apoio social e cando aumenta as limitación nas actividades diarias. O estar solteiro e casado asóciase con menos casos de disfunción mental. A saúde auto percibida cualificada como óptima (outro indicador estudado) non mostrou cambios significativos na poboación asociados ao período de crise. CONCLUSIÓNS Conclusións: A recesión económica mostrou unha relación variable coa saúde mental e xeral da poboación e coincidiu cun aumento dos trastornos de saúde mental. CALIDADE EVIDENCIA Calidade evidencia: Alta 6. Effects of the economic crisis and social support on health-related quality of life first wave of a longitudinal study in Spain REFERENCIA Cita abreviada: Fernández et al., 2014 ESTUDO Deseño: Estudo transversal Obxectivos: Estimar o impacto de ser persoalmente afectado por unha crise económica en calidade de vida relacionada coa saúde (HRQoL) tendo en conta o efecto amortecedor do soporte social percibido. POBOACIÓN Número participantes/grupo: 143 persoas Características participantes: Usuarios do centro de saúde do veciñanza de Sant Adrià de Besòs (Barcelona). Fonte de datos: Cupo de 6 profesionales do centro de atención primaria. VARIABLES A ESTUDO Variable dependente: Calidade de vida relacionada coa saúde Variable independente: Ter sufrido unha crise económica, apoio social percibido. Instrumento de medida: versión española 1.0 do Short- Form Health Survey (SF-12), Cuestionario Experiencias Ameazadoras, Cuestionario de Duke. RESULTADO Resultados: Calidade de vida relacionada coa saúde física: Non asociación significativa con ter sufrido unha crise económica nin con mal apoio social. Asociado con enfermidade grave nos últimos 6 meses, ser home, idade avanzada. Calidade de vida relacionada coa saúde mental: Asociación significativa con ter sufrido unha crise económica, con enfermidade grave nos últimos 6 meses, e con mal apoio social. CONCLUSIÓNS Conclusións: Altos niveles de soporte social amortecen o efecto da crise económica na calidade de vida relacionada coa saúde mental, pero non ca saúde física. CALIDADE EVIDENCIA Calidade evidencia: Alta SARELA BETANZOS FREIRE 32 ESTUDO Deseño: Estudo transversal comparativo Obxectivos: Analizar o impacto da crise económica na saúde mental, incluíndo os posibles efectos pro-cíclicos, e especificamente, investigar a variación da prevalencia de problemas mentais (GHQ+) na poboación xeral en relación con variación en factores demográficos e socioeconómicos relacionados coa crise, ademais de soporte social e saúde. POBOACIÓN Número participantes/grupo: 20,787 Características participantes: Poboación economicamente activa (16 a 64 anos) Fonte de datos: Enquisa Nacional de saúde de España de 2006 e 2011 VARIABLES A ESTUDO Variable dependente: Risco de mala saúde mental (GHQ+) Variable independente: socio-demográficas, socioeconómicas, soporte social, variables de saúde. Instrumento de medida: GHQ-12 RESULTADO Resultados: Prevalencia de GHQ+ aumentou en homes pero diminuíu en mulleres. Para ambos sexos, atopouse unha asociación estatisticamente significativa entre ser GHQ+ e ter baixo nivel educativo, estar separado, ter baixo soporte social, desempregado, baixo nivel de ingresos familiares, ter unha enfermidade somática e ter unha limitación por unha enfermidade somática. Frecuencia de persoas desempregadas e persoas vivindo en unidades familiares con baixos ingresos aumentou, mentres que frecuencia de persoas vivindo en unidades familiares con ingresos medios e aqueles con enfermidades somáticas e con limitacións por enfermidades somáticas descendeu. Para ambos sexos, atopouse unha maior prevalencia de GHQ+ en 2006 e 2011 nos niveles con máis risco (desempregados, ingresos baixos, enfermidade somática, limitación por enfermidade somática) Non se atopou asociación estatisticamente significativa entre estado laboral e saúde somática antes da crise económica. Atopouse relación estatisticamente significativa entre ter enfermidade somática e ser GHQ+ tanto en 2006 como 2011. CONCLUSIÓNS Conclusións: Atopouse evidencia de que a recesión económica exerce un complexo efecto na saúde mental en homes. A redución da prevalencia de trastornos mentais en mulleres non se asociou a cambios nos factores socioeconómicos relacionados coa crise nin con cambios na saúde somática. SAÚDE MENTAL E CRISE ECONÓMICA 33 O aumento nos factores socioeconómicos relacionados coa crise tivo impacto significativo no aumento de prevalencia de casos GHQ+. O descenso das enfermidades somáticas e nas limitacións derivadas destas durante a recesión tenden a mitigar esta prevalencia. En conxunto, estes efectos contrapostos tenden a neutralizar o efecto da crise na prevalencia de casos GHQ+ en homes e mulleres, indicando que o aumento absoluto observado na prevalencia de casos GHQ+ en homes e a súa redución en mulleres debe ser debido a outros factores ademais dos estudados aquí. CALIDADE EVIDENCIA Calidade evidencia: Alta 14. Methodological barriers to studying the association between the economic crisis and suicide in Spain REFERENCIA Cita abreviada: Álvarez-Gálvez et al., 2017 ESTUDO Deseño: Análise de serie temporal Obxectivos: 1. Identificar fases de asociación entre períodos da crise económica e datos de suicidio. 2. Comparar o efecto de diferentes determinantes de saúde sociais que foron mencionados en literatura especializada 3. Evitar o problema metodolóxico de usar diferentes fontes de datos e períodos temporais levando a cabo unha análise de series temporal interrompida. POBOACIÓN Número participantes/grupo: Taxa de suicidio mensual do INE. Características: Xaneiro de 1995 a Decembro de 2006, Xaneiro de 2007 a Xullo de 2011, Agosto de 2011 a Decembro de 2014- Fonte de datos: Instituto Nacional de Estatística (INE) VARIABLES A ESTUDO Variable dependente: Taxa de suicidio por 100,000 habitantes en total, para homes e para mulleres Variable independente: Produto Interior Bruto (PIB), taxa de desemprego, gasto social RESULTADO Resultados: Obsérvase un incremento na taxa de suicidios no período entre 2007 e 2014 (coincide cun cambio nos termos de rexistro das bases de datos) Taxa de suicidios mantense estable no primeiro período da crise (entre 2007 e 2011), mentres que hai un incremento estatisticamente significativo no segundo período (2011- 2014). Demostrouse un efecto estatisticamente significativo na taxa de suicidio do PIB e da taxa de desemprego, mentres que o gasto social non presentou relación significativa. SARELA BETANZOS FREIRE 34 Durante o segundo período a taxa de suicidio en homes foi significativamente máis alta que en mulleres. As taxas de suicidio en mulleres ao longo do tempo mantéñense máis estables que as de homes, que sufriron grandes variacións no período analizado. CONCLUSIÓNS Conclusións: Evidénciase relación entre a crise económica e o aumento das taxas de suicidio, mais só no segundo período (2011-2014), período no cal se produciron os maiores recortes en protección social. O desemprego e o PIB están fortemente relacionadas coa taxa de suicidio a nivel estatal. CALIDADE EVIDENCIA Calidade evidencia: Alta 15. Prevalence of Mental Disorders in the South-East of Spain, One of the European Regions Most Affected by the Economic Crisis: The Cross-Sectional PEGASUS-Murcia REFERENCIA Cita abreviada: Navarro-Mateu et al., 2015 ESTUDO Deseño: Estudo transversal Obxectivos: Describir a prevalencia, severidade e idade de debut de trastornos mentais e explorar a asociación entre as variables socio-demográficas e estresores económicos cos trastornos mentais durante a crise económica na poboación xeral de Murcia. POBOACIÓN Número participantes/grupo: 2,621 participantes Características participantes: Mostra de adultos (>18 anos), non-institucionalizados da poboación xeral da Rexión de Murcia. Fonte de datos: Rexistro PERSAN VARIABLES A ESTUDO Variable dependente: Prevalencia de trastornos de ansiedade, trastornos do ánimo, trastorno de control de impulsos, trastorno de abuso de sustancias, severidade e idade de debut dos trastornos. Variable independente: Idade, sexo, anos de educación completados, estado matrimonial, ingresos familiares Instrumento de medida: Composite International Diagnostic Interview (CIDI 3.0), Cuestionario de lista de experiencias ameazadoras (LTE-Q) RESULTADO Resultados: Un terzo da poboación cumpriu o criterio de presencia de trastorno mental algunha vez na vida, e o 16% experimentaron un trastorno nos 12 meses anteriores ao estudo. O 15% relata historia de trastorno de ansiedade, algo menos de trastornos do ánimo, 2.4% trastornos de control de impulsos e 8% abuso de sustancias. Depresión maior, abuso do alcohol con ou sen dependencia e fobias específicas foron as tres afeccións psiquiátricas máis frecuentes. SAÚDE MENTAL E CRISE ECONÓMICA 35 Non diferencias de xénero en ningún trastorno, excepto no número de trastornos presentados, no que as mulleres tiveron maior número que os homes. Mulleres máis risco de sufrir trastornos de ansiedade e de ánimo que os homes. Persoas máis xoves teñen máis risco que os maiores de sufrir trastornos de ansiedade, pero non de ánimo. Incremento do risco nos individuos a medida que os ingresos baixaban para calquera trastorno. Aqueles que estiveron expostos á vez aos 3 eventos estresantes estudados (desempregados ou buscando traballo durante un mes, ter unha crise financeira ou problemas económicos graves, ser despedido) nos anteriores 12 meses ao estudo tiñan case sete veces máis risco de ter un trastorno mental, especialmente trastornos de ansiedade. CONCLUSIÓNS Conclusións: A crise económica afecta a todos os subgrupos da poboación, sen ter en conta a clase social ou o estado ocupacional. Os trastornos mentais son frecuentes na poboación, máis en mulleres e casos moderados-serios foron case dous terzos dos diagnósticos por DSM-IV durante a crise económica en Murcia. Os trastornos de ansiedade son máis prevalentes que os trastornos do ánimo. A prevalencia de trastornos mentais nos 12 meses anteriores ao estudo en Murcia durante a crise económica foi significativamente superior á descrita en España 10 anos antes. Estar casado, o nivel educativo e o estado ocupacional non se asociou con trastornos mentais. Eventos vitais estresantes relacionáronse con trastornos mentais, especificamente con depresión e con trastornos de ansiedade. CALIDADE EVIDENCIA Calidade evidencia: Alta 16. Prevalence trends of high risk of mental disorders in the Spanish adult population 2006-2012 REFERENCIA Cita abreviada: Basterra, 2017 ESTUDO Deseño: Estudo transversal descritivo Obxectivos: Avaliar a prevalencia de alto risco de morbilidade psiquiátrica na poboación adulta española e o seu cambio entre 2006 e 2012. POBOACIÓN Número participantes/grupo: 47,905 participantes Características participantes: Poboación española non institucionalizada >=16 anos Fonte de datos: Enquisa Nacional de Saúde 2006 e 2012 SARELA BETANZOS FREIRE 36 VARIABLES A ESTUDO Variable dependente: Alto risco de trastorno mental común (ARTMC) Variable independente: idade, sexo, clase social, nivel académico do cabeza de familia e ano da enquisa. Instrumento de medida: GHQ-12 RESULTADO Resultados: En 2021 prevalencia de ARTMC 20.5%. Descenso significativo en 2012 respecto 2006. Descenso nas mulleres de todas as idades. Descenso nos homes >=65 anos pero aumento en <65 anos. Mulleres maior prevalencia de ARTMC que homes en todos os tramos de idade e en ambas enquisas. Non asociación significativa entre nivel académico, clase social e risco de padecer TMC. CONCLUSIÓNS Conclusións: A prevalencia de alto risco de morbilidade psiquiátrica diminuíu, salvo nos varóns <65 anos, que son máis vulnerables á crise económica. CALIDADE EVIDENCIA Calidade evidencia: Alta 17. Socio-economic factors linked with mental health during the recession: a multilevel analysis REFERENCIA Cita abreviada: Ruiz-Pérez et al., 2017 ESTUDO Deseño: Estudo transversal comparativo Obxectivos: Analizar os factores contextuais asociados a saúde mental entre a poboación española durante a crise económica. POBOACIÓN Número participantes/grupo: 25,234 (2006) e 20,754 (2012) Características participantes: Poboación >16 anos residente en España Fonte de datos: Enquisa Nacional de Saúde de España (ENSE) VARIABLES A ESTUDO Variable dependente: Morbilidade psiquiátrica Variable independente: Socio-demográficas, psicosociais, financeiras. Instrumento de medida: GHQ-12, Instituto Nacional de Estatística (INE) RESULTADO Resultados: En homes, a mala saúde mental aumentou significativamente entre o grupo de idade de 30-34 anos, entre o de 45-59 anos, entre os casados, entre aqueles con baixo nivel educativo, entre aqueles con soporte social normal. Non se atopou ningún nexo entre clase socio-profesional e diferencias en prevalencia de morbilidade psiquiátrica. SAÚDE MENTAL E CRISE ECONÓMICA 37 18. Socioeconomic health inequalities in the Catalan population aged 50+ during the last economic crisis REFERENCIA Cita abreviada: Spijker et al., 2018 ESTUDO Deseño: Estudo transversal Obxectivos: Avaliar como afectou a desigualdade social no poboación maior de 50 anos durante a recesión. POBOACIÓN Número participantes/grupo: 6667 (2006), 4458 (2010-12) 3 5469 (2013-15) Características participantes: Poboación >50 anos. Fonte de datos: Enquisa Nacional de Cataluña (ESCA) 2006 , 2010-12 e 2013-15 VARIABLES A ESTUDO Variable dependente: Saúde auto-percibida, saúde mental., toma de medicamentos, sedentarismo Variable independente: Relación coa actividade, nivel de instrución, cobertura sanitaria, clase social do fogar e ingresos mensuais do fogar. RESULTADO Resultados: O que maior efecto mantivo sobre a saúde na poboación maior de 50 anos foi a súa relación coa actividade económica, seguida da variable educativa. En mulleres atopouse descenso significativo na mala saúde mental no grupo de 16-29 anos, máis de 60 anos, casadas, viúvas, traballadoras, retiradas e estudantes. Homes viúvos teñen máis risco de mala saúde mental que aqueles solteiros, separados ou divorciados. Homes casados teñen menor risco de morbilidade psiquiátrica que os solteiros. Desempregados teñen maior risco que aqueles traballando ou retirados. EN mulleres, viúvas teñen maior risco que solteiras, separadas ou divorciadas. Traballadoras do fogar teñen maior risco que as traballadoras ou as retiradas. Atopouse asociación tanto en homes como mulleres entre pouco gasto sanitario per capita e alto porcentaxe de traballadores temporais con peor saúde mental. En mulleres por cada 100 euros menos de gasto sanitario incrementouse o risco de mala saúde mental nun 6%. En homes por cada 5 puntos de aumento de porcentaxe de traballadores temporais aumenta o risco de saúde mental nun 8%. CONCLUSIÓNS Conclusións: As desigualdades sociais en España aumentaron dende o comezo da crise económica. Estas son non só un efecto, senón tamén un factor determinante da crise. Altas taxas de traballo precario ten efectos negativos na saúde mental da poboación, ao igual que baixo investimento en sanidade per capita. CALIDADE EVIDENCIA Calidade evidencia: Alta SARELA BETANZOS FREIRE 38 Os indicadores máis reactivos á crise foron o risco de saúde mental e a toma de medicamentos, que aumentaron sensiblemente, sobre todo entre 2006 e 2010-12. O risco de ter mala saúde mental aumentou de maneira máis acusada entre os que estaban traballando, e entre aqueles con nivel educativo e ingresos máis altos. A toma de medicamentos aumentou entre a poboación que non traballaba e entre aqueles con nivel educativo máis baixo. A saúde auto-percibida mellorou durante o período en todos os estratos sociais. O nivel socio-económico tivo un maior efecto no estado de saúde da poboación nas idades entre 50-64 anos que nas máis maiores. O aumento da brecha social só se observou entre as mulleres de 50 a 64 anos. Para elas as variables discriminantes incluíron tamén os ingresos e a dobre cobertura sanitaria. Entre os homes de 65 anos ou máis, manterse no mercado laboral ten un asociación positiva coa saúde e provoca diferencias significativas coa poboación inactiva. Sedentarismo descendeu entre 2006 e o principio da crise pero aumentou posteriormente. CONCLUSIÓNS Conclusións: A saúde da poboación de >50 anos mellorou en xeral, e as desigualdades socio-económicas diminuíron durante o período de crise, salvo para as mulleres entre 50 e 64 anos que aumentou. O risco de mala saúde mental e a toma de medicamentos apareceron máis reactivos ao contexto económico adverso. O impacto negativo da recesión foi máis importante entre a poboación entre 50 e 64 anos. A actividade laboral é un discriminante máis importante para os homes que para as mulleres. O nivel educativo é un discriminante máis importante para as mulleres, ao igual que os ingresos e a cobertura sanitaria, o que suxire que a saúde delas non só depende da súa situación persoal, senón tamén da do fogar. As categorías socio-económicas máis alta parecen estar mellor informadas e protexidas en temas de saúde que as clases sociais máis baixas. Un par de anos de crise pode comportar un aumento da actividade física, pero a prolongación pode reverter este efecto. CALIDADE EVIDENCIA Calidade evidencia: Alta 19. The impact of the 2008 economic crisis on the increasing number of young psychiatric inpatients REFERENCIA Cita abreviada: Medel-Herrero et al., 2019 SAÚDE MENTAL E CRISE ECONÓMICA 39 ESTUDO Deseño: Análise de serie temporal interrompido Obxectivos: Analizar posible asociación a curto prazo entre crise económica e número de hospitalizacións psiquiátricas. POBOACIÓN Número casos: 1.152.880 hospitalizacións psiquiátricas Características casos: 69 meses antes e despois do inicio da crise económica (Abril 2018) Fonte de datos: Enquisa de Morbilidade Hospitalaria (EMH), Instituto Nacional de Estatística VARIABLES A ESTUDO Variable dependente: Taxa de hospitalización psiquiátrica Variable independente: Produto Interior Bruto (PIB) RESULTADO Resultados: Tendencia decrecente da taxa de hospitalización antes da crise (Xullo 2002-marzo 2008) cambio durante o período de crise (Abril 2008-decembro 2013). O momento da intervención (abril 2008) resultou estatísticamente significativo para estes achados. Por rangos de idade, atopouse punto de inflexión da tendencia decrecente da taxa de hospitalización en abril de 2008, para os comprendidos entre 15-19, 20-24, 25-29 e 30- 34 anos. Para este rango de idade a taxa de hospitalización aumentou un 18,2% por mes respecto á tendencia observada durante o período previo á crise. As taxas de hospitalización que cambiaron a súa tendencia en abril de 2008 foron por trastornos de alcohol/drogas, trastornos neuróticos e de personalidade, depresión e trastornos de conducta e emocións na infancia e na adolescencia. Atopouse un aumento estatisticamente significativo do 51,6% por mes para a depresión e un aumento do 46,1% para as hospitalizacións causadas por trastornos de conducta e emoción na infancia e na adolescencia no rango de idade de 15 a 34 anos. Os trastornos neuróticos e de personalidade aumentaron nun 26,6% e os trastornos por alcohol/drogas aumentaron nun 26,2% dende o inicio da crise económica. CONCLUSIÓNS Conclusións: As hospitalizacións psiquiátricas aumentaron abruptamente en 2008 por encima da tendencia observada no período anterior. O aumento da taxa de hospitalización limitouse ás hospitalizacións de pacientes no rango de idade de 15-34 anos. As hospitalizacións asociadas coa psicose orgánica e o retraso mental non cambiaron de tendencia nos pacientes de 15-34 anos, mais demostrouse un aumento abrupto nos pacientes de 15-34 anos de idade para os seguintes diagnósticos: trastornos relacionados co alcohol/drogas, depresión, trastornos de conducta e emocións e trastornos SARELA BETANZOS FREIRE 40 neuróticos e de personalidade. O valor da taxa aumentou gradualmente algúns meses despois do inicio da crise nas hospitalizacións asociadas coa reacción axustada/aguda ao estrés, a psicose funcional e no conxunto de todos os demais diagnósticos non incluídos nas categorías anteriores. CALIDADE EVIDENCIA Calidade evidencia: Alta 20. The impact of the Great Recession on mental health and its inequalities: the case of a Southern European region, 1997-2013 REFERENCIA Cita abreviada: Bacigalupe et al., 2016 ESTUDO Deseño: Estudo transversal Obxectivos: Analizar os cambios en saúde mental na poboación en idade activa no País Vasco e as desigualdades sociais seguindo o desencadeamento da crise do 2008, con especial énfase no papel do desemprego. POBOACIÓN Número participantes/grupo: 20,231 participantes Características participantes: Poboación non institucionalizada entre 16 e 64 anos. Fonte de datos: Enquisa de Saúde do País Vasco de 1997, 2002, 2007 e 2013 VARIABLES A ESTUDO Variable dependente: Mala saúde mental Variable independente: Ano da enquisa, estado laboral e clase social. Instrumento de medida: Mental Heatlh Inventory Scale (MHI-5) RESULTADO Resultados: Mala saúde mental foi máis prevalente en mulleres que en homes durante o período estudado. No período de 2007 a 2013 observouse un empeoramento significativo na saúde mental tanto de homes como de mulleres, especialmente relevante entre aqueles con 35-44 anos. O incremento en homes só foi estatisticamente significativo entre os empregados, en mulleres entre as desempregadas. Obsérvase un aumento de mala saúde mental sobre todo entre as clases sociais máis altas. O risco atribuíble mostra que no 2013, o 6% do total da prevalencia de mala saúde mental en homes foi atribuíble ás desigualdades sociais. Nas mulleres o 3% do total da prevalencia de mala saúde mental en homes foi atribuíble ás desigualdades sociais CONCLUSIÓNS Conclusións: A Gran Recesión acompañouse dun deterioro na saúde mental da poboación do País Vasco, especialmente entre os homes. O empeoramento da saúde mental foi máis evidente entre o grupo de idade 35-44 anos. SAÚDE MENTAL E CRISE ECONÓMICA 41 Os cambios de estado laboral (incremento de desemprego) non explican totalmente o s cambios observados en saúde mental. Pode estar relacionado o deterioro das condicións de vida daqueles grupos economicamente activos como estudantes e desempregados. Aumentaron as desigualdades sociais en saúde mental en homes. CALIDADE EVIDENCIA Calidade evidencia: Alta 21. Unemployment and health: An analysis of the impact of the economic crisis on the health of the Spanish population REFERENCIA Cita abreviada: Urbanos-Garrido et al., ESTUDO Deseño: Estudo lonxitudinal e transversal. Obxectivos: Analizar ata que punto o desemprego e a súa duración inflúen na percepción da saúde física e mental da saúde española. POBOACIÓN Número participantes/grupo: 12.873 Características participantes: Individuos adultos que se atopan activos durante ao menos dous dos anos de seguimento, sexa en situación de ocupados ou de desempregados. Fonte de datos: Enquisa Condicións de Vida (ECV) 2007 a 2010, Enquisa Nacional de Saúde de España 2011-12. VARIABLES A ESTUDO Variable dependente: Auto valoración do estado de saúde Variable independente: Estado laboral, renda individual, situación económica familiar, capacidade para cubrir necesidades, condicións habitabilidade vivenda RESULTADO Resultados: Análise de datos lonxitudinais: As condicións da vivenda e as proxies de necesidades cubertas inflúen significativamente na saúde auto valorada , mais as variacións na renda individual e paso de situación de emprego a estar parado non teñen influencia significativa sobre a auto valoración da estado de saúde. Análise de datos transversais: Estar parado ten un impacto negativo sobre a saúde mental. A duración do desemprego é un factor significativo na explicación das diferencias no estado de saúde (física e mental) dos adultos españoles. Estar parado máis de 2 anos está asociado de forma significativa a unha peor saúde. CONCLUSIÓNS Conclusións: Os datos de sección cruzada evidencia relación negativa entre desemprego e saúde auto valorada, mentres que os datos lonxitudinais desméntena. CALIDADE EVIDENCIA Calidade evidencia: Alta