Acordo do Consello de Goberno do 29-06-2022, polo que se aproba o Regulamento do Persoal Directivo Profesional da USC
Full text
DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de xuño de 2022 aprobou o Regulamento do Persoal Directivo Profesional da Universidade de Santiago de Compostela que incorpora a relación de postos directivos profesionais da Universidade de Santiago de Compostela, nos termos do documento adxunto. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3E13-58BA-427C-8224 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3E13-58BA-427C-8224 1 / 16
1 de 14 ACORDO DO CONSELLO DE GOBERNO DO 29 DE XUÑO DE 2022 POLO QUE SE APROBA O REGULAMENTO DO PERSOAL DIRECTIVO PROFESIONAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, dispoñen no seu artigo 91 o seguinte: “2. A Xerencia estará asistida polas unidades directivas necesarias para o desempeño das súas competencias. Estas poderán estruturarse xerarquicamente, en función da especialidade ou da complexidade das funcións que asuman, en vicexerencias, xefaturas de área, servizos, oficinas e outras unidades de xestión cualificada. 3. A creación, modificación ou supresión destas unidades directivas realizarase a través da relación de postos de traballo do persoal de administración e servizos, e corresponderalle ao Consello de Goberno. 4. Para garantir a profesionalización da xestión na Universidade de Santiago de Compostela, o desempeño das funcións directivas no ámbito da Xerencia corresponderalle, en todos os casos, ao persoal de administración e servizos, sen prexuízo da forma de provisión dos postos de traballo que corresponda aplicar, de acordo co establecido nestes estatutos e na relación de postos de traballo daquel.” Con posterioridade, o artigo 13 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público configurou as características básicas do persoal directivo profesional nos seguintes termos: 1. Es personal directivo el que desarrolla funciones directivas profesionales en las Administraciones Públicas, definidas como tales en las normas específicas de cada Administración. 2. Su designación atenderá a principios de mérito y capacidad y a criterios de idoneidad, y se llevará a cabo mediante procedimientos que garanticen la publicidad y concurrencia. 3. El personal directivo estará sujeto a evaluación con arreglo a los criterios de eficacia y eficiencia, responsabilidad por su gestión y control de resultados en relación con los objetivos que les hayan sido fijados. 4. La determinación de las condiciones de empleo del personal directivo no tendrá la consideración de materia objeto de negociación colectiva a los efectos de esta ley. Cuando el personal directivo reúna la condición de personal laboral estará sometido a la relación laboral de carácter especial de alta dirección. Pola súa banda, a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia desenvolve a disposición estatal regulando no Capítulo II o concepto, a adquisición da condición de Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3E13-58BA-427C-8224 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3E13-58BA-427C-8224 2 / 16
2 de 14 persoal directivo e carreira directiva, as retribucións e sistema de avaliación e o réxime de incompatibilidades. En relación co concepto, o artigo 33.2 define o persoal directivo como segue: “Enténdese por funcións directivas as tarefas xerenciais ou de dirección ou coordinación de unidades administrativas integradas polo número mínimo de efectivos de persoal que se determine regulamentariamente. Os postos que serán cubertos por esta clase de persoal contemplaranse nunha relación de postos directivos de contido análogo ao da relación de postos de traballo”. O artigo 34 da mesma Lei regula a adquisición da condición de persoal directivo mediante a concorrencia, como regra xeral, de persoal funcionario de carreira e laboral fixo. Como excepción, no suposto de entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e as dependentes de entidades locais, a provisión dos postos de persoal directivo profesional poderase realizar entre persoal que non teña a condición de persoal directivo. Tendo en conta o anterior, e a ausencia dun marco normativo propio para este persoal na Universidade de Santiago de Compostela e as súas entidades dependentes e adscritas, cómpre facer un desenvolvemento normativo que permita empregar esta figura cuxa natureza responde ao desempeño de funcións xerenciais con carácter profesional previstas nos Estatutos da Universidade, cun nivel alto de autonomía e responsabilidade, de conformidade cos criterios e instrucións directas dos seus superiores xerárquicos. O presente regulamento consta de catro capítulos, 12 artigos, dúas disposicións adicionais e dúas disposicións transitorias. O Capítulo I establece as disposicións xerais sobre o obxecto do regulamento, o réxime xurídico do persoal directivo profesional e a ordenación dos postos directivos a través dunha relación de postos. O Capítulo II desenvolve a natureza dos postos directivos e os requisitos para o seu desempeño. O Capítulo III establece o procedemento de adquisición da condición de persoal directivo profesional, o seu nomeamento e cesamento. O Capítulo IV dispón as características dos postos directivos profesionais, a avaliación do seu desempeño, as retribucións e o réxime disciplinario e de incompatibilidades. As disposicións adicionais establecen a continuación do desempeño de postos clasificados como directivos e que estean ocupados no momento da entrada en vigor deste regulamento e a relación de postos directivos profesionais inicial que se aproba xunto con este regulamento. As disposicións transitorias regulan as retribucións complementarias dos postos directivos e a consolidación do grao do persoal funcionario en tanto non se desenvolva a carreira profesional. No Anexo recóllese a relación de postos directivos profesional inicial da Universidade de Santiago de Compostela. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3E13-58BA-427C-8224 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3E13-58BA-427C-8224 3 / 16
3 de 14 Á vista do exposto e en virtude das competencias atribuídas polos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, o Consello de Goberno na súa sesión do 29 de xuño de 2022, ACORDA Artigo único. Aprobación do regulamento Apróbase o regulamento do persoal directivo profesional da Universidade de Santiago de Compostela. Disposición final. Entrada en vigor. O regulamento entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Taboleiro Electrónico da Universidade de Santiago de Compostela Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3E13-58BA-427C-8224 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3E13-58BA-427C-8224 4 / 16
4 de 14 REGULAMENTO DO PERSOAL DIRECTIVO PROFESIONAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3E13-58BA-427C-8224 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3E13-58BA-427C-8224 5 / 16
5 de 14 ÍNDICE CAPÍTULO I ................................................................................................................. 6 Disposicións xerais.................................................................................................... 6 Artigo 1. Obxecto. .................................................................................................. 6 Artigo 2. Réxime xurídico. ...................................................................................... 6 Artigo 3. Ordenación dos postos directivos. ........................................................... 6 CAPÍTULO II ................................................................................................................ 7 Natureza dos postos directivos profesionais.............................................................. 7 Artigo 4. Postos directivos profesionais. ................................................................ 7 Artigo 5. Funcións. ................................................................................................. 7 Artigo 6. Requisitos. ............................................................................................... 7 CAPÍTULO III ............................................................................................................... 8 Provisión de postos directivos profesionais ............................................................... 8 Artigo 7. Procedemento de provisión. .................................................................... 8 Artigo 8. Desenvolvemento da convocatoria de provisión. ..................................... 9 Artigo 9. Nomeamento e cesamento. ..................................................................... 9 CAPÍTULO IV ............................................................................................................. 10 Dirección pública profesional ................................................................................... 10 Artigo 10. Avaliación de obxectivos e rendición de contas. .................................. 10 Artigo 11. Retribucións ......................................................................................... 10 Artigo 12. Réxime disciplinario e incompatibilidades ............................................ 11 Disposición adicional primeira. Persoal directivo da Universidade de Santiago de Compostela. ........................................................................................................ 11 Disposición adicional segunda. Relación de postos directivos profesionais. ........ 12 Disposición transitoria primeira. Retribucións complementarias do persoal directivo profesional. .......................................................................................................... 12 Disposición transitoria segunda. Grao persoal ..................................................... 12 ANEXO. Relación de postos directivos profesionais da Universidade de Santiago de Compostela .......................................................................................................... 14 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3E13-58BA-427C-8224 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3E13-58BA-427C-8224 6 / 16
6 de 14 CAPÍTULO I Disposicións xerais Artigo 1. Obxecto. Este regulamento ten por obxecto establecer a regulación do persoal directivo profesional da Universidade de Santiago de Compostela e das súas entidades dependentes, o procedemento de provisión de postos directivos e o réxime xurídico aplicable ao persoal que desempeñe eses postos. Artigo 2. Réxime xurídico. 1. O persoal funcionario de carreira ou laboral fixo das Administracións públicas que ocupe postos directivos profesionais da Universidade de Santiago de Compostela rexerase polo disposto neste regulamento e polo disposto na Lei 2/2025, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. 2. O persoal de entidades dependentes da Universidade de Santiago de Compostela que non teña a condición de funcionario de carreira ou laboral fixo das Administracións públicas, terá unha relación laboral de alta dirección, de carácter temporal, e rexerase polas cláusulas establecidas no seu contrato e polo disposto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial de persoal de alta dirección. Artigo 3. Ordenación dos postos directivos. 1. Os postos de traballo de persoal directivo profesional da Universidade de Santiago de Compostela incluiranse nunha relación de postos directivos cuxa aprobación e modificación corresponderá ao Consello de Goberno, por proposta da Reitoría, previo informe económico da Xerencia. 2. A relación de postos de persoal directivo profesional será pública e conterá, como mínimo, a seguinte información: - Código de identificación - Denominación do posto - Dependencia funcional - Localización do posto de traballo - Forma de provisión - Grupo e subgrupo de clasificación profesional ao que se asimilen as súas funcións - Requisitos esixidos para o desempeño do posto e reserva, de ser o caso, a persoal funcionario de carreira - Retribucións do posto 3. A determinación das condicións de emprego do persoal directivo non terá a consideración de materia obxecto de negociación colectivo de conformidade co previsto Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3E13-58BA-427C-8224 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3E13-58BA-427C-8224 7 / 16
7 de 14 nos artigos 13.4.e 37.2.c) do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e no artigo 33.5 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. CAPÍTULO II Natureza dos postos directivos profesionais Artigo 4. Postos directivos profesionais. 1. Son postos directivos profesionais os que figuren con tal carácter na correspondente relación de postos directivos. 2. Cualificaranse como postos directivos profesionais os que reúnan as seguintes condicións: a) Que dependan directa e inmediatamente das persoas titulares dos órganos de goberno da Universidade de Santiago de Compostela ou que realicen tarefas xerenciais no ámbito das entidades dependentes e adscritas da Universidade. b) Que teñan un alto nivel de autonomía funcional, limitada unicamente polos criterios e instrucións directas dos seus superiores xerárquicos. c) Que teñan atribuídas funcións directivas e responsabilidades sobre o desenvolvemento de políticas, programas e proxectos e a responsabilidade no cumprimento dos seus obxectivos. Artigo 5. Funcións. 1. Corresponden aos postos directivos as seguintes funcións: a) A participación no deseño e a formulación de políticas, programas e proxectos. b) A planificación, dirección, coordinación, supervisión e avaliación das actividades que se leven a cabo para a execución dos programas ou proxectos que se lle asignen ou a consecución dos obxectivos que se establezan. c) A dirección, coordinación e supervisión das persoas dos centros ou unidades que estean baixo a súa dependencia, así como dos servizos, medios materiais, e recursos que se lle asignen. d) A proposta e, se procede, a implantación de medidas de innovación e mellora en relación cos servizos e actividades do seu ámbito competencial. e) A rendición de contas. 2. Poderán atribuírse aos postos directivos profesionais o exercicio de competencias propias ou delegadas. Artigo 6. Requisitos. 1. Para desempeñar un posto directivo profesional na Universidade de Santiago de Compostela será necesario ter a condición de persoal funcionario de carreira do subgrupo A1 ou A2 ou persoal laboral fixo dos grupos 1 e 2 da Universidade de Santiago Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3E13-58BA-427C-8224 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3E13-58BA-427C-8224 8 / 16
8 de 14 de Compostela e, se así se establece na relación de postos directivos, de calquera Administración pública e non atoparse na situación administrativa de suspensión de funcións ou, de ser o caso, suspensión de emprego e soldo. 2. Nas entidades dependentes e adscritas da Universidade de Santiago de Compostela, con carácter excepcional, poden desempeñar postos directivos profesionais as persoas que non teñan a condición de funcionario de carreira ou persoal laboral fixo de calquera Administración pública, sempre que reúnan os requisitos esixidos para o desempeño do posto directivo. 3. Ademais do anterior, para o acceso á condición de persoal directivo serán necesario acreditar competencias directivas. Para os efectos do previsto neste regulamento entenderase que se posúen competencias directivas en calquera dos seguintes supostos: a) Estar en posesión da certificación acreditativa de ter superado un curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva impartido pola Universidade de Santiago de Compostela ou por centros de formación acreditados doutras Administracións públicas. b) Estar en posesión dun mestrado ou título de posgrao, de carácter oficial, sobre dirección pública. c) Ter desempeñado postos directivos en calquera Administración pública durante, polo menos, dous anos continuados. 4. Na relación de postos directivos poderán incluírse outros requisitos específicos para o seu desempeño como titulacións específicas, idiomas ou outros que se consideren imprescindibles. 5. O persoal directivo profesional deberá acreditar os requisitos xerais previstos no artigo 50 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. CAPÍTULO III Provisión de postos directivos profesionais Artigo 7. Procedemento de provisión. 1. A provisión dos postos directivos profesionais realizarase previa convocatoria pública específica para a cobertura do posto que se publicará no Taboleiro Electrónico da Universidade de Santiago de Compostela e, de ser o caso, noutros medios de difusión que se determinen na convocatoria. 2. A competencia para convocar e resolver os procedementos de provisión de postos directivos profesionais corresponde á Reitoría que poderá nomear unha comisión asesora para levar a cabo a avaliación da documentación presentada e, de ser o caso, das entrevistas que se realicen durante o proceso. 3. A convocatoria incluirá, como mínimo, a seguinte información: - Indicación das condicións de participación no procedemento de selección. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3E13-58BA-427C-8224 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3E13-58BA-427C-8224 9 / 16
Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 06/07/2022 11:00:31. Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 06/07/2022 10:14:53. CSV: 3E13-58BA-427C-8224 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3E13-58BA-427C-8224 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3E13-58BA-427C-8224 16 / 16