Full text
Beatriz Villares García Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión: Análise da relación nunha mostra de 473 adolescentes galegos Facultade de Psicoloxía Grao en Psicoloxía Ano 2017 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Psicoloxía Traballo de fin de grao Modalidade 2 “Proxecto de investigación empírica e/ou desenvolvemento dun estudo piloto” Autora do TFG
Beatriz Villares García 2 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión Índice Índice ......................................................................................................................................... 2 Resumo ...................................................................................................................................... 3 Abstract ..................................................................................................................................... 4 1. Introdución ........................................................................................................................... 5 1.1. Sexismo .......................................................................................................................... 5 1.2. Sexo, xénero e sexismo .................................................................................................. 9 1.3. Agresión, sexo, xénero e sexismo ................................................................................ 12 2. Método ................................................................................................................................ 16 2.1. Plantexamento do problema ......................................................................................... 16 2.2. Obxectivos e hipóteses ................................................................................................. 16 2.3. Participantes ................................................................................................................. 18 2.4. Instrumentos ................................................................................................................. 18 2.5. Procedemento ............................................................................................................... 22 2.6. Análises ........................................................................................................................ 25 3. Resultados ........................................................................................................................... 27 3.1. Análises descritivas ...................................................................................................... 27 3.2. Análises de comparación de medias ............................................................................ 27 3.3. Análises de correlación ................................................................................................ 28 3.4. Análises de regresión ................................................................................................... 31 4. Discusión e conclusións ...................................................................................................... 35 4.1. Diferenzas en identidade de xénero, sexismo e agresión en función do sexo .............. 35 4.2. Relación entre identidade de xénero, sexismo e agresión ............................................ 38 4.3. Relación entre sexismo e agresión ............................................................................... 40 4.4. Limitacións ................................................................................................................... 41 5. Referencias bibliográficas ................................................................................................. 44 Índice de figuras ..................................................................................................................... 48 Índice de táboas ...................................................................................................................... 49 Anexo ....................................................................................................................................... 50
Beatriz Villares García 3 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión Resumo Este traballo intenta determinar en que medida a realización de condutas agresivas se ve condicionada polas variables sexo, sexismo e identidade de xénero nos xóvenes galegos. Para iso realizouse un estudo empírico cunha mostra de 473 adolescentes (222 homes e 251 mulleres), con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos, pertencentes a distintas localidades da Comunidade Autónoma de Galicia. A todos os participantes se lles aplicou a versión en castelán do Ambivalent Sexism Inventory (Glick e Fiske, 1996), o Extended Personal Attributes Questionnaire (Spence e Helmreich, 1979) e o Direct and Indirect Aggression Scale (Björkqvist, Lagerspetz e Österman, 1992). Os resultados confirman que as actitudes sexistas e as condutas agresivas seguen moi presentes nos xóvenes escolarizados. A presenza destas condutas e actitudes vese condicionada polo sexo biolóxico e os rasgos de xénero asumidos polos rapaces, atopándose que: a) os homes son máis sexistas e agreden con máis frecuencia que as mulleres; b) a masculinidade negativa (os aspectos socialmente indesexables da masculinidade) é un bo preditor da agresión tanto en homes como en mulleres; c) a feminidade só contribue a explicar a agresión nas mulleres, e d) o sexismo relaciónase positivamente coa agresión en ambos sexos. A natureza destes achados revela a importancia dos factores educacionais e ambientais na xénese da agresión, así como a conveniencia de iniciar medidas preventivas adicionais para a erradicación da violencia entre os máis novos. Palabras chave: Agresión, sexo, sexismo, identidade de xénero. Número de palabras: 10.944.
Beatriz Villares García 4 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión Abstract This work was made to determine the way in which aggressive behavior could be influenced by sex, sexism and gender identity in Galician youth. An empirical research was made counting on a sample of 473 adolescents (222 men and 251 women), aged between 14 and 18, from different locations of the Autonomous Community of Galicia. It was applied to all participants the Spanish version of the Ambivalent Sexism Inventory (Glick & Fiske, 1996), the Extended Personal Attributes Questionnaire (Spence & Helmreich, 1979) and the Direct and Indirect Aggression Scale (Björkqvist, Lagerspetz & Österman, 1992). The results show that sexist attitudes and aggressive behavior continue to be present in schooled youth. The presence of these behaviors and attitudes is conditioned by adolescents´ sex and gender attributes, so it was found that: a) men are more sexist and aggressive than women; b) negative masculinity (social undesirable attributes of masculinity) is a good predictor of aggressive behavior; c) femininity only contributes to explain the aggressive behavior in women, and d), sexism is positively related to aggression in both sexes. The nature of these findings reveals the importance of educational and environmental factors in the genesis of aggression, and the convenience of taking preventing actions to eradicate violence in youth people. Keywords: Aggression, sex, sexism, gender identity. Number of words: 10.944.
Beatriz Villares García 5 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión 1......Introdución Restan poucos anos para que o século XXI chegue á vintena. Con todo, as sociedades occidentais seguen inmersas nun proceso de cambio e axuste a través do cal pretenden a consecución dun sistema máis igualitario, que garanta os dereitos e oportunidades de todos os individuos por enriba de certas condicións que os fan, nun sentido estrito, diferentes. Falamos de elementos diferenciadores coma o sexo, a idade, a raza, a condición sexual, a ideoloxía ou o nivel económico, factores que tradicionalmente foron empregados como base para a formación de desequilibrios entre individuos e a xénese de condutas discriminatorias. A diferenciación por sexos é, tradicionalmente, unha das grandes fontes de promoción da desigualdade. A pesar dos grandes avances experimentados nos últimos anos, as sociedades modernas comparten unha estrutura e unha orde de tipo patriarcal, isto é, fundamentada nun sistema de valores, normas organizativas e crenzas que favorecen o dominio do home sobre a muller. Sistemas moi elementais de crenzas, como as sexistas, contribúen a manter o sistema patriarcal vixente. As crenzas sexistas gardan relación con variables persoais, como a identidade, e xogan un papel na manifestación de conductas sociais indesexables coma os comportamentos agresivos. Neste traballo analizamos a relación entre o sexo e o xénero e o mantemento de actitudes sexistas, así como a influencia destas variables na realización de distintos tipos de agresión. 1.1. Sexismo O estudo do sexismo conta con longa tradición dentro da Psicoloxía Social. Ese interese mantense ata os nosos días, motivado en parte polos cambios sociais e políticos que buscan a consecución da igualdade entre sexos. A presenza de actitudes sexistas tense identificado coma un dos factores que mellor anticipa o desigual reparto de poder entre homes e mulleres, así como os episodios de discriminación e minusvaloración destinados a estas últimas (Expósito, Moya e Glick, 1998).
Beatriz Villares García 6 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión Asumindo este feito, a asignación de recursos á investigación sobre o sexismo parece sobradamente xustificada. A conceptualización do sexismo, así como as súas implicacións a nivel teórico e práctico, cambiaron substancialmente ao longo das últimas décadas. Un dos primeiros intentos de aproximación ao concepto vén de mans de Allport (1954), que o describe coma un prexuízo social análogo ao racismo. O enfoque deste autor é un bo exemplo da visión tradicional do sexismo, concebido como unha actitude abertamente hostil e negativa dirixida ás mulleres. Desenvolvementos teóricos posteriores (Tougas, Brown, Beaton e Joly, 1995; Swim, Alkin, Hall e Hunter, 1995; Glick e Fiske, 1996) indican que o sexismo ten unha natureza máis complexa. A idea central da que parten é que as formas de sexismo abertamente hostís conviven con formas de sexismo menos evidentes, que non buscan un ataque directo aos individuos, e que se camuflan baixo manifestacións de axuda, coidado ou idealización. É un feito que na sociedade coexisten afectos e actitudes positivas e negativas cara ás mulleres (Castro, Lameiras, Carrera e Garrido, 2009). Moitas destas actitudes positivas poden considerarse sexistas porque, aínda que de maneira benévola, contribúen á visión da muller coma un ser inferior. Un bo exemplo son as actitudes proteccionistas ou de control, que baixo o pretexto de coidar á muller están limitando a súa autonomía e capacidade de desenvolvemento persoal. A tendencia das sociedades modernas a asumir valores máis igualitarios e o impacto do movemento feminista contribúen a reducir a incidencia das formas de sexismo máis “duras”. En consecuencia, prolifera o uso destas formas sutís e encubertas, caracterizadas por un ton afectivo positivo. Os primeiros traballos que avanzan nesta dirección toman como referente as novas formas de racismo, adoptando polo tanto unha perspectiva de estudo social e intergrupal. Para estes autores, a hostilidade convértese nunha expresión inaceptable, o que provoca a evolución do sexismo a formas máis sutís (Castro et al, 2009).
Beatriz Villares García 7 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión Unha das contribucións máis recentes e que goza de maior aceptación é a Teoría do Sexismo Ambivalente de Glick e Fiske (1996). Para estes autores, o sexismo inclúe todo tipo de valoracións realizadas en función do sexo biolóxico, xa sexan de carácter positivo ou negativo, e xa esteñan dirixidas a un home ou a unha muller (Expósito et al, 1998). A diferenza dos que establecían unha similitude co racismo moderno, Glick e Fiske asumen que o sexismo non se fundamenta no conflito entre as ideas igualitarias do individuo e as súas actitudes negativas. Dende un enfoque máis relacional, estes autores sosteñen que as actitudes hostís e benévolas non necesariamente colocan ao individuo nunha situación de conflito interno, e que o sexista pode experimentar xenuinos sentimentos positivos cara á muller á vez que a discrimina. A Teoría do Sexismo Ambivalente explica a dobre valencia do construto desenvolvendo os conceptos de sexismo hostil e sexismo benevolente. Mentres que o sexismo hostil se corresponde esencialmente co sexismo tradicional descrito por Allport, o sexismo benevolente abarca un conxunto de actitudes interrelacionadas cara ás mulleres que son sexistas en canto as considera de maneira estereotipada e limitadas a certos roles, pero teñen un ton afectivo positivo (para o perceptor) e tenden a suscitar neste condutas típicamente categorizadas como prosociais ou de búsqueda de intimidade (Glick e Fiske, 1996). Ambas manifestacións de sexismo son complementarias, non contrarias, malia a valencia oposta das actitudes que producen. O sexismo hostil e o sexismo benevolente funcionan na mesma dirección e contribúen a manter a desigualdade entre sexos. É de esperar, por tanto, que ambas dimensións esteñan correlacionadas. Un individuo sexista pode manifestar de maneira simultánea ambos tipos de actitude, sempre en función dos destinatarios do prexuízo. É probable que unha muller sexa foco de actitudes benevolentes cando se adecúe aos estereotipos de xénero aceptables (por exemplo, sendo unha boa filla, nai e esposa, e amosando condutas de subordinación) e será foco de actitudes hostís só cando decida romper as expectativas sociais (por exemplo, revelándose contra o dominio masculino). O modelo teórico de Glick e Fiske considera que cada un destes dous factores está composto á súa vez por tres elementos: paternalismo, diferenciación de xénero e heterosexualidade.
Beatriz Villares García 8 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión No sexismo hostil estes elementos adquirirán un ton afectivo negativo, mentres que no sexismo benevolente adquirirán unha orientación positiva. Desta maneira, o paternalismo ten unha manifestación benévola e outra hostil. O mesmo ocorre coa diferenciación de xénero e a heterosexualidade. O modo en que se describen e organizan estes factores descríbese no seguinte cadro (cadro 1): Cadro 1: Compoñentes do sexismo (Glick e Fiske, 1996) Dimensións Sexismo Hostil Sexismo Benevolente Paternalismo Define unha relación coas mulleres similar á relación paterno-filial Paternalismo Dominante Crenza de que a muller precisa dunha figura masculina que a dirixa. Paternalismo Protector Crenza de que a muller precisa un “pai” protector Diferenciación de Xénero Define roles, características persoais, aspiracións, etc… diferenciais para homes e mulleres Diferenciación Competitiva de Xénero Crenza de que só os homes reúnen as habilidades, competencias e características necesarias para dirixir as institucións sociais importantes Diferenciación Complementaria de Xénero Crenza de que é necesario manter unha distribución complementaria de tarefas e de roles: o home como proveedor e a muller como ama de casa Heterosexualidade Define as relacións coas mulleres a partir dunha motivación sexual Hostilidade Heterosexual Crenza de que as mulleres empregan ou poden empregar o desexo sexual dos homes para dominalos Intimidade Heterosexual Crenza de que os homes necesitan desenvolver relacións de intimidade coas mulleres para ser felices Cada compoñente contén unha serie de crenzas que serven para xustificar e explicar as condicións sociais e biolóxicas que caracterizan as relacións entre os sexos (Glick e Fiske, 1996). O paternalismo leva ao establecemento dun vínculo que imita a relación paterno-filial. Nela, un dos membros actúa como autoridade e proveedor de coidados, asumindo que o outro é inmaduro e indefenso, ou que simplemente non ten as capacidades para tomar decisións e gobernar a propia vida. Isto implica que existirá protección, control e dirección por parte dun membro sobre o outro. O paternalismo establece que a muller non ten as cualidades necesarias para asumir o poder e o control, e que é un ser débil que precisa da supervisión masculina. Isto
Beatriz Villares García 9 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión deriva, por unha parte, na subordinación ao mandato masculino (paternalismo dominante), e por outra, na necesidade de ser protexida polos homes (paternalismo protector). Todas as culturas empregan as diferenzas físicas entre os sexos como base para facer distincións sociais. Ao igual que ocorre co paternalismo dominante, a diferenciación por xénero competitiva presenta unha xustificación para o poder estrutural masculino. A idea é que homes e mulleres posúen cualidades distintas, sendo os homes os que teñen as máis adecuadas para gobernar e liderar, o que leva á exclusión da muller destes ámbitos. Por outra banda, existe unha dependencia diádica entre home e muller, na que paradoxicamente o sexo dominante depende do dominado para o desempeño de certos papeis sociais. O feito de que os homes necesiten ás mulleres leva a unha forma benévola de diferenciación de xénero (complementaria), na que ás mulleres se lles atribúen cualidades positivas que compensan a diferenciación competitiva e que son complementarias ás masculinas (ex.: sensibilidade). Isto favorece ideas preconcebidas destinadas aos sexos que determinan a asunción de roles e condutas complementarios (Glick e Fiske, 1996). As relacións heterosexuais son designadas como o tipo de relacións máis íntimas e próximas que os homes posúen. Isto crea de novo unha dependencia sexual e relacional entre sexos, na que o home precisa a intimidade e a satisfacción sexual que só as mulleres poden proporcionarlle. Esta vulnerabilidade masculina polariza a percepción da muller como obxecto sexual, indo dende a idealización á vexación. A hostilidade heterosexual fundaméntase na crenza de que as mulleres, como posuidoras deste recurso, o empregan para dominar, manipular e prexudicar aos homes. A intimidade heterosexual fai referencia ao desexo dos homes de formar relacións íntimas coa muller e na idealización desta como obxecto amoroso. De forma paralela ao modelo teórico, Glick e Fiske (1996) constrúen un instrumento para a avaliación do sexismo ambivalente (Ambivalent Sexism Inventory, ASI), que se convertiu no instrumento máis utilizado a nivel internacional para a avaliación do sexismo. 1.2. Sexo, xénero e sexismo A diferenciación conceptual entre sexo e xénero é relativamente recente, e supuxo un verdadeiro reto no campo da Psicoloxía e doutras ciencias.
Beatriz Villares García 16 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión 2. Método 2.1. Plantexamento do problema Partindo da literatura previa existente sobre o tema, neste traballo intentaremos comprobar a relación entre a agresión, o sexo, a identidade de xénero e o mantemento de actitudes sexistas nunha mostra de adolescentes e xóvenes escolarizados. A adolescencia e a adultez temperá son momentos críticos para a definición da propia identidade así como para a asunción de actitudes, anticipando, con moita seguridade, as crenzas e percepcións que se manterán no resto da vida. Na medida en que os adolescentes e novos adultos están consolidando a súa visión do mundo, interesa saber en que medida variables como o sexismo se asocian, aínda hoxe, a fenómenos como a violencia. Ademais, a adolescencia é un momento crítico con respecto á manifestación de comportamentos antisociais, entre os que se inclúen a agresión e a violencia (Rutter, Giller e Sánchez, 1988). Aínda que en España a implicación dos máis xóvenes en actos de violencia é menor que noutras zonas ou rexións (OMS, 2002), exiten datos que apoian a súa participación en condutas agresivas de menor nivel, a priori con consecuencias menos severas, pero que poden axudar a predecir a incidencia de fenómenos máis complexos como o acoso escolar ou a violencia nas relacións de parella. Segundo as investigacións con estudantes de secundaria realizadas para o Defensor do Pobo (2007), un 40,9% dos adolescentes empregan insultos, un 6,6% incorren e agresións físicas cara aos seus compañeiros, e un 0,3% recoñece ter ameazado a outras persoas con distintos tipos de armas. Aínda que os datos varían enormemente entre distintas investigacións (Gómez et al, 2007), Díaz-Aguado, Martínez-Arias, Martín-Barro (2013), atopan que un 3,8% dos alumnos de secundaria reportan ter sido vítimas de agresión, un 2,4% defínense como agresores e un 0,7% indican que exerceron ambos roles. 2.2. Obxectivos e hipóteses Como acabamos de sinalar, o principal obxectivo deste traballo é determinar en que medida o sexo, a identidade de xénero e o sexismo, se atopan relacionados coa maior
Beatriz Villares García 17 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión probabilidade de emisión de condutas agresivas, tomando como referencia unha mostra de adolescentes galegos. Este obxectivo xeral pode desglosarse nos seguintes obxectivos específicos: 1. Analizar en que medida ser home ou muller se relaciona con: Asumir una identidade de xénero masculina e/ou feminina. Manter actitudes sexistas, tanto no que se refire a sexismo hostil como a sexismo benevolente. Manifestar condutas agresivas, tanto físicas como verbais. 2. Analizar en que medida manter unha identidade de xénero masculina e/ou feminina se relaciona con: Manter actitudes sexistas, tanto no que se refire a sexismo hostil como a sexismo benevolente. Manifestar condutas agresivas, tanto físicas como verbais. 3. Analizar en que medida manter actidudes sexistas, tanto no que se refire a sexismo hostil como a sexismo benevolente se relaciona con: Manifestar condutas agresivas, tanto físicas como verbais. Partindo dos obxectivos plantexados, e tendo en conta os resultados de investigacións anteriores e os marcos teóricos nos que se apoian, podemos establecer as seguintes hipóteses: Hipótese 1: os homes manifestarán maior nivel de masculinidade, sexismo (hostil e benevolente) e máis conduta agresiva (física e verbal).
Beatriz Villares García 18 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión Hipótese 2: os suxeitos altos en masculinidade, independentemente do seu sexo, manifestarán maiores niveis de sexismo (tanto hostil como benevolente) e maior nivel de conduta agresiva (tanto física como verbal). Hipótese 3: as persoas que puntúen alto en sexismo, tanto hostil como benevolente, manifestarán maior nivel de agresión, tanto física como verbal. 2.3. Participantes A mostra do estudo inclúe 473 adolescentes galegos con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos, pertencentes tanto a poboacións urbanas como rurais. Buscouse unha distribución por sexos proporcional á da poboación. O rango de idade pretendía abarcar as distintas etapas da adolescencia, aínda que se excluíron os rapaces menores de 14 anos por razóns que sinalaremos máis adiante. Dos 473 participantes, 222 son homes e 251 mulleres, supoñendo respectivamente o 46.93% e o 53.06% da mostra. No tocante á idade, a media da mostra total é de 15.51 anos. A media de idade para os homes é de 15.59 anos, cunha desviación típica de 1.12, e para as mulleres de 15.45 anos, cunha desviación típica 1.10. A comparación de medias de idade entre a submostra de homes e a submostra de mulleres non sinalou a existencia de diferenzas significativas entre ambos grupos (t=1.14; p= 0.160). 2.4. Instrumentos 2.4.1. Ambivalent Sexism Inventory -ASI- (Glick e Fiske,1996) O ASI é unha escala deseñada para medir as actitudes sexistas dende o marco da Teoría do Sexismo Ambivalente, tendo como meta a diferenciación entre os dous subcompoñentes do sexismo (hostil e benévolo).
Beatriz Villares García 19 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión Consta de 22 ítems repartidos entre dúas subescalas: sexismo hostil (11 ítems) e sexismo benevolente (11 ítems). Á súa vez, dentro do sexismo benevolente distínguense os factores de paternalismo protector (4 ítems), diferenciación de xénero complementaria (3 ítems) e intimidade heterosexual (4 ítems). Todos os ítems se presentan nunha escala de resposta tipo Likert, cun rango de valores que vai dende 1 (“totalmente en desacordo”) a 5 (“totalmente dacordo”). As medidas psicométricas obtidas para esta versión foron satisfactorias. O ASI foi posto a proba por Glick e Fiske en 6 estudos empíricos diferentes, que incluían principalmente mostras universitarias . A análise factorial confirmou só en parte a validez do modelo estrutural descrito por estes autores, dado que non se puido asegurar a natureza multidimensional da escala de sexismo hostil. As análises de fiabilidade revelaron unha alfa aceptable en todos os estudos. Para este traballo empregouse a versión en castelán do ASI, desenvolvida por Expósito e colaboradores (1998). A Escala de Sexismo Ambivalente conta coa mesma estrutura e coa mesma distribución por ítems que a escala orixinal, aínda que non é necesario revertir os ítems á hora de correxir os cuestionarios. Os ítems tamén se presentan nunha modalidade de resposta tipo Likert, cun rango de puntuacións que vai dende 0 (“completamente en desacordo”) ata 5 (“totalmente dacordo”). As análises para a escala en castelán verificaron, tal e como estableceran previamente Glick e Fiske (1996), coeficientes alfa de fiabilidade moi aceptables, tal como se pode ver na táboa 1, en dististas mostras. Táboa 1. Coeficientes de Fiabilidade (Alfa de Cronbach) para o ASI na versión orixinal (Glick e Fiske) e na versión en castelán (Expósito et al) Glick e Fiske (1996) Expósito et al (1998) Estudo 1 2 3 4 5 6 1 2 Escala Sexismo Total .92 .88 .83 .83 .87 .90 .88 .90 Sexismo Hostil .92 .87 .80 .87 .91 .89 .87 .89 Sexismo Benévolo .85 .75 .77 .78 .73 .83 .84 .86
Beatriz Villares García 20 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión A fiabilidade (Alfa de Cronbach) obtida no presente estudo foi de .91 para a escala total, .90 para sexismo hostil é .84 para sexismo benevolente. 2.4.2. Direct and Indirect Aggression Scale–DIAS- (Björkqvist, Lagerspetz e Österman, 1992). Björkqvist et al (1992) elaboran un instrumento de medida da agresión directa e indirecta, e dentro da directa, verbal e física. Foi deseñada para rexistrar a frecuencia de condutas agresivas reportadas polos propios individuos (autoinforme) ou polos seus achegados (heteroinforme). Posúe un total de 24 ítems, todos eles presentados nunha modalidade de resposta tipo Likert que vai dende 0 (“nunca”) a 4 (“moi a miúdo”). A escala estrutúrase en tres subescalas: Agresión Física Directa (5 ítems), Agresión Verbal Directa (7 ítems) e Agresión Indirecta (12 ítems). Neste traballo empregamos o DIAS como unha ferramenta para avaliar os niveis de agresión directa referidos polos adolescentes. As análises factoriais amosaron un bo axuste do modelo trifactorial (Salmivalli et al, 2000; Toldos, 2005). Con respecto á fiabilidade, varía ao longo de distintos estudos, atopándose en xeral niveis aceptables, tal como se pode observar na táboa 2. Táboa 2. Coeficientes de Fiabilidade (Alfa de Cronbach) para o DIAS Salmivalli et al (2000) Toldos (2005) Agresión Física .96 .89 Agresión Verbal .91 .62 Agresión Indirecta .92 .88 A fiabilidade (Alfa de Cronbach) obtida no presente estudo foi de .84 para a escala de agresión física e de .79 para a de agresión verbal. 2.4.3. Extended Personal Attributes Questionnaire-EPAQ- (Spence e Helmreich, 1979).
Beatriz Villares García 21 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión Este cuestionario foi deseñado para avaliar a identidade de xénero, incorporando unha serie de características ou atributos que definen a masculinidade e a feminidade. A principal vantaxe deste cuestionario de avaliación da identidade de xénero é que considera, dentro de cada dimensión, os atributos que son socialmente desexables e os que son socialmente indesexables. Desta maneira, o instrumento permite avaliar catro dimensións: Masculinidade positiva (M+): aspectos socialmente ben valorados da definición prototípica da masculinidade, por exemplo a perseverancia ou a confianza nun mesmo. Masculinidade negativa (M-): aspectos socialmente mal valorados da definición prototípica da masculinidade, como a arrogancia ou a hostilidade. Feminidade positiva (F+): aspectos socialmente ben valorados da definición prototípica da feminidade, como a calidez e o interese polo benestar dos outros. Feminidade negativa (F-): aspectos socialmente mal valorados da definición prototípica da feminidade, por exemplo a inxenuidade ou a covardía. A escala conta cun total de 32 ítems (8 para cada unha das catro subescalas), todos eles presentados nunha modalidade de resposta tipo Likert con valores comprendidos entre 1 (“moi pouco propio de min”) e 5 (“moi propio de min”). As análisis psicométricas deste cuestionario amosan una adecuada fiabilidade para as súas dimensións, especialmente M+, F+ e M- (Helmreich, Spence e Wilhelm, 1981). Táboa 3. Coeficientes de fiabilidade (Alfa de Cronbach) para o EPAQ Escala Alfa de Cronbach Masculinidade positiva .74 Masculinidade negativa .73 Feminidade positiva .70 Feminidade negativa .63
Beatriz Villares García 22 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión A fiabilidade (Alfa de Cronbach) obtida no presente estudo foi de .68 para M+, .73 para M-, .76 para F+, e .58 para F-. É dicir, os coeficientes de fiabilidade foron satisfactorios a excepción da escala de F-, tal e como ocorría no estudo de Helmreich, Spence e Wilhelm (1981). 2.5. Procedemento Unha condición necesaria para a realización deste estudo foi a consecución dunha mostra de adolescentes o suficientemente numerosa, algo que podía resultar complexo e que se convertiu na primeira dificultdade a solventar. Decidiuse solicitar a colaboración de centros de ensinanza pública, o que permitía un acceso rápido a grupos de adolescentes de idades variadas. Co obxectivo de non limitar o tipo de adolescentes incluídos na mostra, procurouse que houbera centros pertencentes a poboacións rurais e a poboacións urbanas. A estratexia ideada para incrementar o número de participantes foi o acordo de compartir a recollida de datos con outras dúas estudantes de psicoloxía, que abordaban o seu traballo partindo dunha temática similar e que estaban interesadas en traballar cunha mostra destas características. En total, contouse con tres persoas para a búsqueda de participantes e a recollida de datos, o que permitiu elevar considerablemente o tamaño da mostra. O carácter colaborativo da recollida de información fixo necesario o establecemento de pautas de actuación comúns para as tres entrevistadoras, principalmente no referido ao contacto cos centros, a maneira de abordar aos participantes e os materiais empregados. Un novo obstáculo que se presentou foi o de conseguir reunir nun único caderno os instrumentos que cada unha das entrevistadoras precisaba para realizar a súa investigación individual. O caderno debía presentar unha estrutura homoxénea e ser o suficientemente curto para poder realizarse nunha única aplicación, dada a escasa dispoñibilidade horaria do alumnado.
Beatriz Villares García 23 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión Boa parte dos instrumentos empregados foron compartidos para as tres investigacións. Ademais do Extended Personal Attributes Questionnaire (Spence et al, 1979), o Ambivalent Sexism Inventory (Glick e Fiske, 1996; Expósito et al, 1998) e as subescalas de agresión física e agresión verbal do DIAS (Björkqvist et al, 1992), o caderno incluiu unha escala de Desconexión Moral (Bandura, Barbaranelli, Caprara e Pastorelli, 1996) e a subescala de agresión indirecta do DIAS, cuxos datos non foron empregados no presente estudo. Foron en total catro instrumentos, cuxos ítems se presentaron nun mesmo formato e numerados de maneira continua (coma se se tratase dun único test), a fin de facilitar as respostas dos adolescentes. O número final de ítems foi de 113. A modalidade de resposta foi idéntica para todos os ítems (escala tipo Likert), aínda que con variacións nos valores das puntuacións para cada test. As instrucións para a cumplimentación do test repetíanse varias veces ao longo do mesmo, permitindo fragmentalo e así diminuir a sensación de cansancio e evitar erros nas respostas. Antes da súa aplicación á mostra definitiva, o caderno debía ser posto a proba para verificar o seu funcionamento. Con este obxectivo, procedeuse ao deseño dun estudo piloto, co cal se pretendía analizar a capacidade do caderno para recoller a información desexada. Aínda que cada un dos tests orixinais dos que se compón o caderno tiña sobrada reputación e vagaxe empírica, fíxose imprescindible comprobar o seu funcionamento cando todos eles se presentaban de maneira simultánea. Tamén resultaba fundamental estudar o funcionamento dos ítems tras ser traducidos ao castelán, así como a adecuación do seu contido á idade, nivel de comprensión e contexto sociocultural dos participantes. Tendo en mente estas premisas, o caderno foi posto a proba nun pequeno grupo de adolescentes que reunían as mesmas características que a poboación obxectivo. En total foron seleccionados 11 rapaces, (8 mulleres e 3 homes), de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos. A aplicación da proba foi individual, precedida dunha breve explicación na que se resumían as características do caderno e a maneira adecuada de cumplimentalo. Durante a proba as entrevistadoras prestaron atención ao tempo de execución, ás actitudes e reaccións cara á proba e á presenza de dúbidas ou dificultades de comprensión que poideran afectar ás respostas. Todas as impresións foron recollidas e postas en común nunha reunión posterior.
Beatriz Villares García 24 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión O tempo de execución estivo entre os 15 e os 20 minutos, polo que se considerou aceptable. As actitudes e reaccións dos rapaces ante o cuestionario foron, en xeral, positivas, sen que isto impedira que se amosaran críticos con algunha das ideas reflexadas no caderno. Os problemas máis importantes estiveron relacionados coa comprensión dalgúns ítems, o que fixo necesaria a súa revisión e modificación. Os ítems do EPAQ “Arrogante, engreída” e “Pusilánime, apocada”, necesitaron da inclusión de conceptos sinónimos máis coloquiais e accesibles aos adolescentes. As versións finais dos ítems foron, respectivamente, “Arrogante (engreída, creída)” e “Pusilánime (apocada, cobardica)”. As dificultades presentadas polos máis xóvenes do grupo (rapaces de 12 e 13 anos), puxeron de manifesto a necesidade de variar os criterios de selección da mostra. Os individuos menores de 14 anos presentaban demasiados problemas para comprender o significado de moitas expresións ou darlle coherencia a cada un dos ítems, polo que se decidiu incluír na mostra final suxeitos de entre 14 e 18 anos. A mostra recolleuse en oito centros públicos de Ensinanza Secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia. A distribución dos centros permitiu abarcar un total de tres provincias (A Coruña, Lugo e Ourense) e incorporar tanto poboación rural como urbana. A natureza do mostreo foi, por tanto, intencional e accidental, xa que se recurriu aos individuos dispoñibles e que decidían participar voluntariamente. De maneira previa á aplicación solicitouse o compromiso e consentimento formal por parte dos tutores legais dos alumnos e a directiva do centro. A aplicación foi colectiva, xeralmente aproveitando as horas de titorías, e contando coa distribución ordinaria dos alumnos en clases de 25-30 individuos. A entrevistadora estivo presente durante todo o proceso de recollida de información, encargándose de aportar unha explicación breve da maneira de completar a proba e resolvendo posibles dúbidas que puidesen xurdir durante a mesma. Coa idea de favorecer a sinceridade e compromiso dos rapaces, insistiuse no carácter anónimo e voluntario da participación. En total conseguiuse unha mostra de 678 adolescentes, dos cales 28 foron eliminados inicialmente por incongruencia das respostas e/ou excesivo número de datos missing. Dos
Beatriz Villares García 25 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión 650 restantes, e dada a amplitude da mostra, optouse por eliminar tamén aqueles suxeitos que tiveran tan só un ou máis elementos perdidos. Con isto axustabamos máis o rigor da medición ao non ter que repoñer a información perdida, o que pode incrementar o erro de estimación. Isto deixou unha mostra final de 473 participantes, o que se considerou suficiente para levar a cabo as análises previstas. As características máis destacables da mostra recóllense na táboa 4. Táboa 4. Número e porcentaxe de suxeitos da mostra en cada categoría das variables sexo, idade e lugar de residencia Variable Valor N % Sexo Home 222 46.93 Muller 251 53.06 Idade 14 112 23.67 15 120 25.36 16 133 23.89 17 102 21.56 18 6 1.26 Lugar de Residencia Rural 371 78.43 Urbano 102 21.55 Finalmente, os 473 cuestionarios foron codificados e os datos introducidos no paquete estatístico SPSS (versión 20.0), coa fin de sometelos ás análises pertinentes. 2.6. Análises Coa análise de datos buscouse verificar ou rexeitar as hipóteses de traballo. As análises realizadas foron as seguintes: Análises descritivas, para determinar as medias e desviacións típicas da mostra nas variables de estudo. Proba t de Student de comparación de medias, entre homes e mulleres.
Beatriz Villares García 32 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión O modelo deseñado permite explicar o 22% da varianza da agresión verbal na mostra de homes. A masculinidade negativa é a única variable cun potencial preditivo significativo para a agresión verbal (β = .38; p = .000). O sexismo hostil acada niveis próximos á significación estatística (β = .14; p = .055). Na táboa 12 recóllese o modelo de regresión para a agresión física na submostra de homes. Táboa 12. Resumo e coeficientes para o modelo de regresión da variable agresión física na submostra de homes R .41 R2 .17 R2 Axustada.15 Erro estándar 4.86 Variable Β t p (sign) Constante .00 .03 .977 Sexismo Hostil .08 1.11 .268 Sexismo Benevolente .06 .87 .386 Masculinidade Positiva .01 .13 .893 Masculinidade Negativa .36 4.80 .000 Feminidade Positiva -.04 -.54 .592 Feminidade Negativa -.01 -.10 .918 O modelo permite explicar o 15% da varianza da agresión física nos homes. De maneira semellante ao que ocorría coa agresión verbal, a masculinidade negativa é a única variable cun peso significativo á hora de explicar a varianza en agresión física para este sector da mostra (β = .36; p = .000). Os resultados da análise de regresión para a submostra de mulleres recóllense nas táboas 13 e 14. Táboa 13. Resumo e coeficientes para o modelo de regresión da variable agresión verbal na submostra de mulleres R .51 R2 .26 R2 Axustada.24 Erro estándar 3.24 Variable β t p (sign) Constante .00 .94 .348 Sexismo Hostil -.01 -.13 .897 Sexismo Benevolente .10 1.59 .113 Masculinidade Positiva .01 .17 .866 Masculinidade Negativa .38 5.62 .000 Feminidade Positiva -.16 -2.70 .008 Feminidade Negativa .16 2.42 .016
Beatriz Villares García 33 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión O modelo deseñado permite explicar o 24% da varianza da agresión verbal na submostra de mulleres (ver táboa 13). A masculinidade negativa, ao igual que ocorría na submostra de homes, é a variable preditora máis importante para explicar a varianza na agresión verbal (β = .38; P = .000). As dúas dimensións de feminidade parecen ter un peso significativo para determinar os niveis de agresión verbal nas mulleres, o que non se observaba na mostra de homes. A feminidade positiva parece inhibir ou diminuir a agresión verbal (β = -.16; p = .008), mentres que a feminidade negativa potencia a súa aparición (β = .16; p = .016). Táboa 14. Resumo e coeficientes para o modelo de regresión da variable agresión físicana submostra de mulleres R .45 R2 .21 R2 Axustada.19 Erro estándar 3.73 Variable Β t p (sign) Constante .00 1.33 .184 Sexismo Hostil .13 2.03 .043 Sexismo Benevolente .07 1.09 .277 Masculinidade Positiva .06 .91 .361 Masculinidade Negativa .29 4.07 .000 Feminidade Positiva -.22 -3.44 .001 Feminidade Negativa .06 .85 .397 O modelo permite explicar o 19% da varianza da agresión física para a submostra de mulleres (ver táboa 14). De novo, a masculinidade negativa é a variable cun poder preditivo máis forte sobre a agresión físisca (β = .29; p = .000). A feminidade postiva parece desempeñar un papel inhibitorio da agresión física, pero só na mostra de mulleres (β = -.22; p = .001). O sexismo hostil ten un peso significativo aínda que menos importante para explicar a varianza en agresión física nas mulleres (β = .13; p = .043). A nivel xeral, obsérvase que as dimensións de sexismo non teñen relevancia para explicar a varianza en agresión física e verbal na mostra de homes e de mulleres. O sexismo hostil é a dimensión que máis se aproxima á significación estatística, aínda que só a acada no caso da agresión física exercida por mulleres. Independentemente da mostra e do tipo de agresión, a masculinidade negativa é a variable que mellor predí a conduta agresiva (p < .001). As características recollidas baixo esta
Beatriz Villares García 34 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión dimensión parecen determinar en boa medida os niveis de agresión física e verbal exercidos por homes e mulleres. As dimensións de feminidade parecen ter un papel relevante para predecir a conduta agresiva, pero só no caso das mulleres. Tanto na modalidade física como verbal, a feminidade positiva inhibe a agresión. Con respecto á feminidade negativa, potencia a conduta agresiva nas mulleres, pero só na modalidade de agresión verbal.
Beatriz Villares García 35 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión 4. Discusión e conclusións Este estudo permitiu constatar a existencia de relacións importantes entre as variables sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión. As hipóteses de partida foron verificadas en gran parte, constatándose que: a) Os homes manifestan maiores niveis de masculinidade (negativa e positiva), sexismo (hostil e benevolente), e agresión (física e verbal). b) A masculinidade relaciónase positiva e consistentemente coa agresión, tanto en homes como en mulleres. Tamén se observa unha relación entre masculinidade e sexismo, con máis intensidade nos homes. c) A feminidade positiva inhibe as condutas agresivas físicas e verbais, pero só nas mulleres, mentres que a feminidade negativa potencia a agresión verbal nos dous sexos. A feminidade non se relaciona co sexismo nin en homes nin en mulleres. d) O sexismo hostil relaciónase coa agresión física tanto en homes coma en mulleres, e con agresión verbal nos homes. O sexismo benevolente asóciase á agresión física e verbal só nas mulleres. A continuación explicaremos máis polo miúdo estes achados, intentando aportar explicacións coherentes que dean sentido a cada unha das relacións atopadas. 4.1. Diferenzas en identidade de xénero, sexismo e agresión en función do sexo. 4.1.1. Diferenzas en identidade de xénero Os homes identifícanse máis cos rasgos masculinos en comparación coas mulleres, e as mulleres máis cos rasgos femininos en comparación cos homes. Estes resultados coinciden co esperado, e poden explicarse tendo en conta os factores de socialización diferenciais aos que están sometidos rapaces e rapazas. Por outra banda, os adolescentes e as adolescentes
Beatriz Villares García 36 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión identifícanse máis con caracteres de xénero positivos (M+, F+), o que pode explicarse pola desexabilidade social. A pesar destes resultados, tamén se observa que os homes e as mulleres se describen a si mesmos empregando tanto características tradicionalmente masculinas como características tradicionalmente femininas. Neste sentido, é interesante destacar que a puntuación media en masculinidade positiva e feminidade positiva é practicamente idéntica na mostra dos varóns, mentres que na mostra de mulleres a media en feminidade positiva é superior á media de masculinidade positiva. A maior aceptación social dos valores femininos na nosa sociedade podería explicar a tendencia dos homes a asumir estes rasgos. A pesar disto, non sería esperable que un cambio social tan recente revertira a tradicional prevalencia da masculinidade nos varóns. Tampouco sería lóxico esperar que se produza unha maior asunción dos rasgos negativos (F-), os cales non son ben vistos a nivel social. A pesar de que os individuos son cada vez máis andróxinos (incorporan rasgos masculinos e femininos dunha maneira equilibrada e independentemente do sexo), deberían ser as mulleres as que incorporaran máis os rasgos masculinos, na medida en que estes seguen gozando de maior aceptación e son os máis adaptativos nunha sociedade de tipo patriarcal e individualista. Aínda que nalgúns traballos (Twenge, 1997; García-Vega, Menéndez, García- Fernández e Rico, 2010) se observa que a tendencia á androxinia é máis evidente nas mulleres (pasan a asumir máis características masculinas), noutros obsérvase unha maior tendencia dos homes a asumir características tradicionalmente femininas. Por exemplo, Vega (2007) atopa que os homes arxentinos se describen como máis andróxinos cás mulleres, o que se explica pola maior aceptación social dos rasgos femininos. Esta pauta repetíase nos países cunha cultura colectivista, na que os homes seguen sendo ben valorados cando asumen rasgos relacionados co coidado e a formación de relacións positivas cos outros. Todo isto indica que a androxinia, así como a forma en que se manifesta en ambos sexos, é unha tendencia moi influída pola cultura e a evolución histórica das sociedades. 4.1.2. Diferenzas en sexismo
Beatriz Villares García 37 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión As diferenzas entre homes e mulleres en sexismo revelan que os homes se describen como máis sexistas, confirmando os resultados atopados noutras investigacións (Glick e Fiske, 1996; Glick et al, 2000). Estas diferenzas son máis acentuadas para o sexismo hostil que para o sexismo benevolente, seguindo o plantexamento de Glick et al (2000). As actitudes que subxacen ao sexismo hostil son abertamente ofensivas e vexatorias para a muller, sendo fáciles de identificar coma un ataque polo grupo ao que van dirixidas. As mulleres experimentarían maior reactancia ante enunciados deste tipo que ante enunciados sutís, de aí as baixas puntuacións en sexismo hostil. As mulleres puntúan máis elevado en sexismo benevolente, o que se explicaría como unha maior dificultade para categorizar estas actitudes como “verdadeiramente sexistas”. Por outra banda, non debemos esquecer que este sexismo sutil ten beneficios inmediatos para o colectivo das mulleres (mediante condutas de protección e coidado por parte dos homes). Dende esta perspectiva, as maiores puntuacións das mulleres en sexismo benevolente poderían explicarse como unha forma de compensar a situación de vulnerabilidade na que se atopan polo dominio masculino e a presenza de actitudes hostís. As mulleres buscarían a protección dos homes para defenderse doutros homes que manifestasen condutas hostís e vexatorias, dándose unha situación paradóxica na que a muller busca amparo no mesmo grupo que as subordina e agrede (Smuts, 1996). As puntuacións máis elevadas dos homes en sexismo son esperables se temos en conta que este tipo de actitudes son a base dos seus privilexios sobre a muller. A pesar das influencias que reciben os rapaces en prol da igualdade, o rexeitamento das actitudes sexistas supón unnha perda dos privilexios sociais e unha posible situación de incertidume. A socialización orientada ao poder e ao dominio acaba contradecíndose coas mensaxes explícitos de igualdade, que non acaban de revertir por completo os prexuizos sexistas de base. Nestas circunstancias, os homes poden experimentar reactancia a un cambio social que pretende privalos da superioridade sobre o outro sexo. Esta explicación viría apoiada polo dato de que os homes puntúan máis en sexismo hostil que en seximo benevolente (experimentan máis actitudes negativas que positivas con respecto ás mulleres). Aínda que sería esperable que, tendo en conta os cambios lexislativos e sociais, as actitudes sexistas hostís fosen menos prevalentes, Glick e Fiske (1996) tamén observaron nalgúns dos seus estudos que os homes puntuaban máis elevado en sexismo hostil
Beatriz Villares García 38 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión que en sexismo benevolente (aínda cando as diferenzas nas puntuacións en ambas dimensións non eran moi elevadas). 4.1.3. Diferenzas en agresión Os homes refiren puntuacións máis elevadas en agresión física e verbal, confirmando os resultados atopados en investigacións previas (Archer, 2004; Salmivalli e Kaukiainen, 2004; Sánchez, Moreira e Mirón, 2011; Campbell, 2006). Os homes empregan de maneira máis frecuente a agresión como unha estratexia de resolución de conflitos, tanto a nivel verbal como físico. Estes datos desminten o tópico de que as mulleres agreden verbalmente máis que os varóns. Aínda cando o tipo de agresión máis realizado polas mulleres é a agresión verbal, isto non significa que realicen máis agresión verbal que os varóns. As mulleres recurren con maior frecuencia á agresión verbal, unha tendencia que se apreciou noutras investigacións (Salmivalli, Kaukiainen e Lagerspetz, 2000; Sánchez, Moreira e Mirón, 2011). A agresión verbal, ao non implicar dano físico, é máis asumible por un colectivo que ten que adecuarse a estereotipos de subordinación, fraxilidade e empatía. Neste sentido, a agresión verbal sería menos inaceptable para as mulleres que a agresión física. 4.2 Relación entre identidade de xénero, sexismo e agresión. 4.2.1. Identidade de xénero e agresión A masculinidade é a variable que se vincula de maneira máis consistente coa agresión e co sexismo en ambos sexos. As análises realizadas amosan que a masculinidade negativa pode explicar parte da varianza da agresión, tanto na mostra de homes como na de mulleres, e tanto en agresión física como verbal. Os individuos que posúen este tipo de rasgos (hostilidade, cinismo, egoísmo, arrogancia) agreden máis, independentemente do seu sexo, e sérvense das distintas modalidades de agresión. A masculinindade positiva, porén, non permite predecir a agresión, aínda que correlaciona coa agresión física e verbal na mostra dos homes. En todo caso, este
Beatriz Villares García 39 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión traballo pon de manifesto que son especialmente os aspectos non desexables da masculinidade os que amosan maior incidencia sobre a posibilidade de agredir, independentemente do sexo. A feminidade si que se relaciona coa presenza de condutas agresivas, sobre todo nas mulleres. Nestas últimas tanto a feminidade positiva como a feminidade negativa permiten predecir a presenza de condutas agresivas físicas e verbais, aínda que de distinta maneira. Cando as mulleres se identifican con rasgos femininos positivos (emotividade, adicación aos demais, amabilidade, calidez) é menos probable que agredan. Isto é entendible na medida en que os rasgos femininos positivos están orientados ao coidado e interese polos outros, o que non é compatible coas condutas antisociais. A feminidade positiva inhibe a agresión, polo que é un factor que potenciado reduce a probabilidade de agredir. Non obstante, este efecto protector só se produce nas mulleres. Aínda que os homes puntúan bastante elevado en feminidade positiva, isto non reduce a probabilidade de que agredan. A feminidade negativa relaciónase positivamente coa agresión verbal. Nas mulleres, a feminidade negativa ten un valor preditivo claro sobre este tipo de agresión. Esta relación non se produce para a agresión física en ningún dos sexos. 4.2.2. Identidade de xénero e sexismo O sexismo só se relaciona coa identidade de xénero nos homes. Cando estes posúen máis rasgos masculinos, tanto positivos como negativos, tamén mostran actitudes máis sexistas hostís. O sexismo benevolente relaciónase só coa masculindade positiva, o que é esperable se temos en conta que o sexismo benevolente implica actitudes e condutas aparentemente positivas cara a muller. A feminidade non se relaciona consistentemente co sexismo nin en homes nin en mulleres. Que os individuos se identifiquen con rasgos femininos, tanto positivos como negativos, non indica a maior presenza de actitudes sexistas, nin hostís nin benevolentes.
Beatriz Villares García 40 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión 4.3. Relación entre sexismo e agresión As relacións atopadas neste estudo entre sexismo e agresión son complexas. Aínda que se esperaba que ambas dimensións do sexismo (hostil e benevolente) estiveran relacionadas coas dúas dimensións da agresión (física e verbal), as relacións atopadas só se producen para algúns tipos de agresión, e varían en función do sexo. Quizais o dato máis consistente sexa que o sexismo hostil correlaciona positivamente coa agresión física, tanto en homes como en mulleres. Cando os individuos asumen este tipo de actitudes é máis probable que coexista a agresión física, o que indica que ambos fenómenos se asocian dunha maneira consistente. O sexismo hostil, como actitude negativa, podería indicar a presenza de moitas outras actitudes negativas dirixidas a distintos colectivos. As actitudes negativas e os prexuízos revelan unha predisposición desfavorable cara os outros, o que faría máis probable a aparición de condutas antisociais e a posta en marcha de mecanismos que facilitan a agresión (ex.: deshumanización, despersonalización). Os resultados con sexismo benevolente son menos consistentes. Esta dimensión non se relaciona coa agresión nos homes, pero sí nas mulleres. Aínda que se observan correlacións entre sexismo e agresión, o sexismo, considerado conxuntamente co resto de variables, non parece ter un poder preditivo importante sobre esta variable. Só na mostra das mulleres, o sexismo hostil permite predecir unha parte da varianza explicada para a agresión física, aínda que os niveis de significación son discretos. Este dato é congruente coa idea de que a agresión nas mulleres está condicionada por máis factores (M+, F+, F-, SH), mentres que nos homes a agresión parece depender mais claramente da masculinidade negativa. A tenor destes resultados, podemos concluír que sexismo e agresión se atopan relacionados, pero a relación entre ambas variables parece modulada por outras variables coma o xénero e o sexo, e moi probablemente por outro tipo de actitudes.
Beatriz Villares García 41 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión 4.4 Limitacións Este estudo non está exento das limitacións que comunmente rodean a calquera investigación empírica. Algúns dos aspectos que poderían ser obxecto de mellora nun futuro son os seguintes: Natureza do material de recollida de información: perdeuse arredor dun 30% da mostra recollida inicialmente, sobre todo pola existencia de datos missing. A presentación dos cuestionarios, tanto polo número de ítems como polo formato das escalas, podería favorecer o cansancio e os erros non intencionados nas respostas. Idioma: o cuestionario aplicouse en castelán, aínda que gran parte da mostra era galegofalante. Aínda que se presupón o bilingüismo dos participantes, as diferenzas na lingua materna poden introducir matices na interpretación dos conceptos que se recollen nos cuestionarios. Representatividade da mostra: aínda que se recolleu unha mostra ampla, de distintas idades, en distintas localidades e de ambos sexos, non se trata dunha mostra representativa, polo que os datos obtidos non poden ser xeneralizados a toda a poboación de adolescentes escolarizados. Trátase dun estudo correlacional, polo que non é posible inferir relacións de causalidade entre as variables. Sería conveniente iniciar novos traballos con mostras representativas, no que se amplíe o número de variables. O valor da investigación en Psicoloxía Social fundaméntase non só no desenvolvemento de teorías, senón na capacidade de atender a necesidades sociais relevantes. Con este traballo pretendíase acadar un maior coñecemento dos fenómenos estudados e ver como ese coñecemento podía ser empregado na sociedade para contribuír á súa mellora. A evidencia demostrou que o sexismo e as condutas agresivas seguen moi presentes nos xóvenes escolarizados galegos. Aínda que as puntuacións medias en ambas variables son
Beatriz Villares García 48 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión Índice de figuras Cadro 1: Compoñentes do sexismo (Glick e Fiske, 1996) ....................................................... 8
Beatriz Villares García 49 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión Índice de táboas Táboa 1. Coeficientes de Fiabilidade (Alfa de Cronbach) para o ASI na versión orixinal (Glick e Fiske, 1996) e na versión en español (Expósito et al, 1998)................................................. 19 Táboa 2. Coeficientes de Fiabilidade (Alfa de Cronbach) para o DIAS .................................. 20 Táboa 3. Coeficientes de Fiabilidade (Alfa de Cronbach) para o EPAQ ................................. 21 Táboa 4. Número e porcentaxe de suxeitos en cada categoría da variable sexo, idade e lugar de residencia ................................................................................................................................. 25 Táboa 5. Media e desviación típica da mostra total nas variables sexismo, agresión e identidade de xénero .................................................................................................................................. 27 Táboa 6. Comparación entre as puntuacións medias (proba t de Student) de homes e mulleres nas variables de estudo............................................................................................................. 28 Táboa 7. Coeficientes de correlación de Pearson entre as dimensións de sexismo, identidade de xénero e agresión na mostra de homes .................................................................................... 29 Táboa 8. Coeficientes de correlación de Pearson entre as dimensións de sexismo, identidade de xénero e agresión na mostra de mulleres ................................................................................. 29 Táboa 9. Correlacións entre as subescalas de identidade de xénero e sexismo na submostra de homes ....................................................................................................................................... 30 Táboa 10. Correlacións entre as subescalas de identidade de xénero e sexismo na submostra de mulleres .................................................................................................................................... 31 Táboa 11. Resumo e coeficientes para o modelo de regresión da variable agresión verbal na submostra de homes ................................................................................................................. 31 Táboa 12. Resumo e coeficientes para o modelo de regresión da variable agresión física na submostra de homes ................................................................................................................. 32 Táboa 13. Resumo e coeficientes para o modelo de regresión da variable agresión verbal na submostra de mulleres.............................................................................................................. 32 Táboa 14. Resumo e coeficientes para o modelo de regresión da variable agresión física na submostra de mulleres.............................................................................................................. 33
Beatriz Villares García 50 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión Anexo
Beatriz Villares García 51 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión Cuestionario Nº (a cubrir por el encuestador): _____ Este cuestionario es estrictamente confidencial y anónimo. La participación es voluntaria, pero te agradeceríamos que contestes, dado que los datos nos permitirán conocer mejor algunas características, conductas y opiniones de las personas de tu edad. Por favor, lee atentamente las preguntas y responde con sinceridad a TODAS ellas. Muchas gracias por tu participación. 1. Sexo: 2. Edad: 3. Lugar de residencia Hombre Mujer --------- años Rural (aldea, pueblo) Urbano (ciudad) En primer lugar te presentamos una serie de características, marca con una X el número que indique el grado en el que esa característica te define a ti. Por ejemplo, si te presentamos la característica: Gracioso Si marcas el 1 quiere decir que te consideras MUY POCO gracioso Si marcas el 2 es que te consideras ALGO gracioso Si marcas el 3 es que MODERADAMENTE gracioso Si marcas el 4 es que te consideras BASTANTE gracioso Si marcas el 5 es que te consideras MUY gracioso SIENDO MUY SINCERO/A: ¿En qué medida dirías que eres una persona?: 4. Independiente 1 2 3 4 5 5. Arrogante (engreída, creída) 1 2 3 4 5 6. Emotiva (sensible, emocional) 1 2 3 4 5 7. Sumisa (dependiente, complaciente) 1 2 3 4 5 8. Activa (te gusta hacer muchas cosas) 1 2 3 4 5 9. Presumida/ orgullosa 1 2 3 4 5 10. Dedicada al bienestar de los demás 1 2 3 4 5 11. Pusilánime (apocada, cobardica) 1 2 3 4 5 12. Competitiva 1 2 3 4 5 13. Egoísta 1 2 3 4 5 14. Amable 1 2 3 4 5 15. Ingenua/crédula 1 2 3 4 5 16. Que toma decisiones con facilidad 1 2 3 4 5 17. Codiciosa (avariciosa, acaparadora) 1 2 3 4 5 18. Interesada en ayudar a otros 1 2 3 4 5 19. Abnegada (que te sacrificas por el bienestar de otros) 1 2 3 4 5 20. Perseverante (que no te rindes con facilidad) 1 2 3 4 5 21. Dictatorial (que te gusta mandar en otros) 1 2 3 4 5 22. Cariñosa 1 2 3 4 5 23. Quejica 1 2 3 4 5 24. Con confianza en ti misma 1 2 3 4 5 25. Cínica (capaz de engañar por interés) 1 2 3 4 5 26. Pendiente de los sentimientos de otros 1 2 3 4 5 27. Protestona, gruñona 1 2 3 4 5 28. Que se siente superior 1 2 3 4 5 29. Preocupada sobre todo por ti misma 1 2 3 4 5 30. Comprensiva 1 2 3 4 5 31. Fastidiosa, pesada 1 2 3 4 5 32. Que se mantiene firme bajo presión 1 2 3 4 5 33. Hostil (desconfías de las intenciones de los demás) 1 2 3 4 5 34. Cálida en las relaciones con otros 1 2 3 4 5 35. Quisquillosa/exigente 1 2 3 4 5
Beatriz Villares García 52 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión Ahora te presentamos una serie de frases que reflejan opiniones, te pedimos que indiques en qué medida estás de acuerdo con cada una de las frases marcando el número que corresponda: Si marcas el 0 quiere decir que estás COMPLETAMENTE EN DESACUERDO Si marcas el 1 quiere decir que estás BASTANTE EN DESACUERDO Si marcas el 2 quiere decir que estás ALGO EN DESACUERDO Si marcas el 3 quiere decir que estás ALGO DE ACUERDO Si marcas el 4 quiere decir que estás BASTANTE DE ACUERDO Si marcas el 5 quiere decir que estás COMPLETAMENTE DE ACUERDO. 3 6 Aun cuando un hombre logre muchas cosas en su vida, nunca podrá sentirse verdaderamente completo a menos que tenga el amor de una mujer 0 1 2 3 4 5 3 7 Con el pretexto de pedir “igualdad”, muchas mujeres buscan privilegios especiales, tales como condiciones de trabajo que las favorezcan a ellas sobre los hombres 0 1 2 3 4 5 3 8 En caso de una catástrofe, las mujeres deben ser rescatadas antes que los hombres 0 1 2 3 4 5 3 9 La mayoría de las mujeres interpreta comentarios o conductas inocentes como sexistas, es decir, como expresiones de prejuicio o discriminación en contra de ellas 0 1 2 3 4 5 4 0 Las mujeres se ofenden muy fácilmente 0 1 2 3 4 5 4 1 Las personas no pueden ser verdaderamente felices en sus vidas a menos que tengan pareja 0 1 2 3 4 5 4 2 En el fondo, las mujeres feministas pretenden que la mujer tenga más poder que el hombre 0 1 2 3 4 5 4 3 Muchas mujeres se caracterizan por una pureza que pocos hombres poseen 0 1 2 3 4 5 4 4 Las mujeres deben ser queridas y protegidas por los hombres 0 1 2 3 4 5 4 5 La mayoría de las mujeres no aprecia completamente todo lo que los hombres hacen por ellas 0 1 2 3 4 5 4 6 Las mujeres intentan ganar poder controlando a los hombres 0 1 2 3 4 5 4 7 Todo hombre debe tener una mujer a quien amar 0 1 2 3 4 5 4 8 El hombre está incompleto sin la mujer 0 1 2 3 4 5 4 9 Las mujeres exageran los problemas que tienen en el trabajo 0 1 2 3 4 5 5 0 Una vez que una mujer logra que un hombre se comprometa con ella, por lo general intenta controlarlo estrechamente 0 1 2 3 4 5 5 1 Cuando las mujeres son vencidas por los hombres en una competición justa, generalmente se quejan de haber sido discriminadas 0 1 2 3 4 5 5 2 Una buena mujer debería ser puesta en un pedestal por su hombre 0 1 2 3 4 5 5 3 Existen muchas mujeres que, para burlarse de los hombres, primero se insinúan sexualmente a ellos y luego rechazan los avances de éstos 0 1 2 3 4 5 5 4 Las mujeres, en comparación con los hombres, tienden a tener una mayor sensibilidad moral 0 1 2 3 4 5 5 5 Los hombres deberían estar siempre dispuestos a sacrificar su propio bienestar con el fin de proporcionar seguridad económica a las mujeres 0 1 2 3 4 5 5 6 Las mujeres feministas están haciendo demandas completamente irracionales a los hombres 0 1 2 3 4 5 5 7 Las mujeres, en comparación con los hombres, tienden a tener un sentido más refinado de la cultura y el buen gusto 0 1 2 3 4 5
Beatriz Villares García 53 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión 58 Está justificado pelearse si es para proteger a tus amigos 0 1 2 3 4 5 59 Dar un bofetón o empujar a alguien es solo una forma de bromear 0 1 2 3 4 5 60 Dañar los objetos o propiedades de los demás no es muy grave, sobre todo si lo comparamos con pegar a la gente 0 1 2 3 4 5 61 Un miembro de una banda no debería ser culpado de los problemas que ocasiona la banda en su conjunto 0 1 2 3 4 5 62 Las personas que están viviendo en condiciones difíciles no tienen la culpa de comportarse agresivamente 0 1 2 3 4 5 63 Contar pequeñas mentiras realmente no causa ningún daño 0 1 2 3 4 5 64 Hay personas que merecen que se las trate como a animales 0 1 2 3 4 5 65 Si los alumnos se pelean o tienen un mal comportamiento en el colegio, la culpa es de los profesores 0 1 2 3 4 5 66 Está justificado pegar a alguien que critica o menosprecia a tu familia 0 1 2 3 4 5 67 Pegar a compañeros de clase que resultan molestos es una forma de darles una lección 0 1 2 3 4 5 68 Robar un poco de dinero no es algo tan serio si lo comparamos con robar mucho dinero 0 1 2 3 4 5 69 La persona que sugiere hacer algo incorrecto no tendría la culpa de que otros lo lleven a la práctica 0 1 2 3 4 5 70 Si alguien no ha sido bien educado, no tiene la culpa de portarse mal 0 1 2 3 4 5 71 Cuando alguien se mete contigo también puede significar que está mostrando interés por ti 0 1 2 3 4 5 72 Tratar mal a alguien que se comporta como un gusano está justificado 0 1 2 3 4 5 73 Si la gente no tiene cuidado con sus cosas, es culpa suya si se las roban 0 1 2 3 4 5 74 Está bien pelearse si el honor de nuestro grupo ha sido dañado 0 1 2 3 4 5 75 Cogerle la bicicleta a alguien sin su permiso no es más que “cogérsela prestada” 0 1 2 3 4 5 76 Insultar a un compañero de clase no es tan grave, comparado con pegarle 0 1 2 3 4 5 77 Culpar a un miembro de un grupo por un daño planificado y realizado conjuntamente por todo el grupo no es justo 0 1 2 3 4 5 78 Culpar a alguien por decir tacos si todos sus amigos lo hacen no es justo 0 1 2 3 4 5 79 Incordiar a alguien no le causa verdadero daño 0 1 2 3 4 5 80 Una persona despreciable/detestable no merece ser tratado como un ser humano 0 1 2 3 4 5 81 Normalmente las personas que son maltratadas han hecho algo para merecerlo 0 1 2 3 4 5 82 Está justificado mentir para librar a tus amigos de problemas 0 1 2 3 4 5 83 “colocarse” de vez en cuando no es malo 0 1 2 3 4 5 84 Comparado con algunos delitos que se cometen, llevarse algo de una tienda sin pagar no es tan malo 0 1 2 3 4 5 85 Sería injusto culpar a una persona que ha contribuido sólo en una pequeña parte del daño causado por su grupo 0 1 2 3 4 5 86 Culpar a alguien por su mal comportamiento, si sus amigos le presionan para que actúe así, no es justo 0 1 2 3 4 5 87 Los insultos, sobre todo entre niños, no hacen daño 0 1 2 3 4 5 88 A las personas que no tienen sentimientos no importa tratarlas mal 0 1 2 3 4 5 89 Los niños no tienen la culpa de sus malos comportamientos cuando sus padres son muy exigentes 0 1 2 3 4 5
Beatriz Villares García 54 Sexo, sexismo, identidade de xénero e agresión Por último te presentamos un listado de conductas, que puedes o no haber realizado en alguna ocasión. Léelas con atención y contesta de acuerdo con lo que te indicamos a continuación: Si marcas el 0 quiere decir que no la has realizado NUNCA Si marcas el 1 quiere decir que la has realizado MUY POCAS VECES, casi nunca Si marcas el 2 quiere decir que la has realizado VARIAS VECES Si marcas el 3 quiere decir que la has realizado BASTANTES VECES Si marcas el 4 quiere decir que la has realizado A MENUDO, muchas veces 90 Echar a alguien fuera de tu grupo 0 1 2 3 4 91 Gritar o discutir con alguien 0 1 2 3 4 92 Hacerte amigo de alguien para vengarte de otra persona 0 1 2 3 4 93 Dar una patada a alguien 0 1 2 3 4 94 Ignorar a alguien 0 1 2 3 4 95 Insultar a alguien 0 1 2 3 4 96 Extender rumores sobre la persona con la que estás enfadado/a 0 1 2 3 4 97 Poner la zancadilla a alguien para que se caiga 0 1 2 3 4 98 Divulgar falsas historias sobre alguien 0 1 2 3 4 99 Decirle a alguien que le vas a hacer daño 0 1 2 3 4 100 Hacer planes secretos para perjudicar a alguien 0 1 2 3 4 101 Dar un empujón a alguien 0 1 2 3 4 102 Hablar mal de alguien a sus espaldas 0 1 2 3 4 103 Dirigirte a una persona utilizando motes/apodos ofensivos 0 1 2 3 4 104 Decirle a otros que no se relacionen con alguien 0 1 2 3 4 105 Coger cosas de otra persona. 0 1 2 3 4 106 Contar los secretos de alguien a una tercera persona 0 1 2 3 4 107 Burlarte de alguien 0 1 2 3 4 108 Mandar notitas donde se critica a alguien 0 1 2 3 4 109 Tirar a alguien al suelo 0 1 2 3 4 110 Criticar el aspecto físico (ropa, pelo, etc.) de alguien 0 1 2 3 4 111 Zarandear a alguien 0 1 2 3 4 112 Poner a otros en contra de la persona con la que estás enfadado 0 1 2 3 4 113 Golpear a alguien 0 1 2 3 4 Por favor, comprueba que has contestado a todas las preguntas. Te agradecemos, muy sinceramente, tu participación