Instrución VII/2020 da xerencia de 26 de marzo pola que se establece a xestión orzamentaria como consecuencia da crise polo COVID-19
Full text
Xerencia Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 15782, Santiago de Compostela Tel 881 81 10 10 Ext.11010 [email protected] 1 INSTRUCIÓN VII/2020 DA XERENCIA DE 26 DE MARZO POLA QUE SE ESTABLECE A XESTIÓN ORZAMENTARIA COMO CONSECUENCIA DA CRISE POLO COVID-19 A declaración de emerxencia sanitaria por acordo do Consello da Xunta de Galicia de 13 de marzo de 2020 e a declaración de estado de alarma realizada polo goberno estatal o 14 de marzo de 2020 deron lugar ás Resolucións reitorais do 12 e 13 de marzo de 2020, polas que se estableceu a suspensión da actividade docente presencial e se dispuxeron medidas de prevención en relación co COVID-19; a Resolución reitoral do 13 de marzo, pola que se estableceu o peche das instalacións da Universidade de Santiago de Compostela, e a do 16 de marzo de 2020, pola que se estableceron os protocolos de actuación na USC durante o estado de alarma. A suspensión da actividade docente presencial en primeiro lugar e o peche das instalacións posteriormente supuxo unha reorganización co fin de continuar a prestación dos servizos de xeito non presencial cando fose posible e de manter os servizos esenciais que por razón da súa natureza son imprescindibles. Pola súa banda, o Real decreto-lei de 18 de marzo de 2020 dispuxo no artigo 34 as medidas en materia de contratación pública para paliar as consecuencias do COVID- 19, e, entre elas, no apartado 6b) exceptúa da posibilidade de suspensión os contratos de servizos de seguridade, limpeza ou mantemento de sistemas informáticos. Esta disposición, adoptada pola Universidade con anterioridade xa á publicación do Real decreto-lei, e a garantía de manter os servizos esenciais necesarios para a actividade universitaria que se está levando a cabo, esixen reservar os recursos existentes para destinalos ás actuacións prioritarias baixo os principios de control de eficacia e eficiencia no gasto graves dificultades de tesourería derivadas da diminución dos ingresos, e tendo en conta que a súa magnitude dependerá da duración da situación. Isto obriga, polo tanto, á contención sobre a disposición do gasto, para o que cómpre adoptar mecanismos de autorización previa. Por outra parte, a interrupción na prestación de servizos á comunidade universitaria, singularmente as residencias universitarias, a Escola Infantil Breogán e as actividades deportivas, afecta á xestión dos ingresos e gastos derivados delas, polo que cómpre adoptar medidas que garantan a indemnidade das persoas usuarias. No uso das competencias atribuídas polos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, pola Resolución do 20 de xuño de 2018 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios, e pola Disposición derradeira primeira das bases de execución dos orzamentos da Universidade de Santiago de Compostela para o ano 2020, aprobados polo Consello de Goberno o 20 de decembro de 2019 e polo Consello Social o 27 de decembro de 2019, DISPOÑO Primeiro. Gastos extraordinarios derivados do COVID-19 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0BF9-567C-405A-BEC9 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0BF9-567C-405A-BEC9 1 / 4
Xerencia Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 15782, Santiago de Compostela Tel 881 81 10 10 Ext.11010 [email protected] 2 1. Co fin de atender os gastos extraordinarios de calquera natureza derivados da situación de estado de alarma, dótase unha partida «8075 5900 22100» con cargo ao Capítulo V. Fondo de continxencia e outros imprevistos coa denominación Subministracións crise COVID-19. 2. Os gastos que os distintos centros e unidades entendan susceptibles de imputarse a esta partida deberán ser comunicados á Xerencia, que deberá autorizar a súa disposición. Segundo. Suspensión e devolución de cotas 1. Queda suspendido o cobro das cotas do Sistema Universitario de Residencias, Escola Infantil Breogán e das actividades de extensión universitaria durante a vixencia desta instrución. 2. Procederase de oficio á devolución das cotas aboadas pola prestación dos servizos indicados no apartado anterior pola parte correspondente desde a data de peche das instalacións da Universidade e ata a fin da vixencia desta instrución. Terceiro. Autorización e execución de gasto 1. Durante o tempo de vixencia desta instrución só se poderán autorizar aqueles gastos que sexan urxentes e inaprazables para o funcionamento da Universidade de Santiago de Compostela, así como para contribuír a fins que se declaren prioritarios por razóns sociais, sanitarias ou institucionais. 2. A Xerencia poderá autorizar outros gastos que se deriven de contratos e compromisos adquiridos anteriormente e que non sexan susceptibles de aprazamento. 3. A descentralización nos centros de gasto das fases de autorización e disposición do gasto queda condicionada á previa autorización da Xerencia para operacións por importe superior a mil euros. Para obter a autorización, o director do centro de gasto remitirá un correo electrónico a [email protected] coa seguinte información mínima: - Natureza do gasto que precisa realizar - Xustificación da necesidade que obriga a contraer o gasto - Declaración da existencia de crédito suficiente e adecuado na aplicación orzamentaria na que se pretende imputar. Cuarto. Tesourería da Universidade de Santiago de Compostela A autorización de pagamentos e, polo tanto, a tesourería da Universidade de Santiago de Compostela destinarase con carácter preferente aos seguintes gastos: - Gastos de persoal, que só incluirán os conceptos ordinarios da nómina, excluíndo as retribucións extraordinarias. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0BF9-567C-405A-BEC9 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0BF9-567C-405A-BEC9 2 / 4
Xerencia Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 15782, Santiago de Compostela Tel 881 81 10 10 Ext.11010 [email protected] 3 - Gasto corrente correspondente aos servizos de limpeza, seguridade e subministracións de servizos básicos para as infraestruturas. - Gastos derivados da partida extraordinaria que se dispón no apartado Primeiro.1. Quinto. Incorporación de remanentes 1. En relación coa incorporación dos remanentes de crédito do exercicio 2019 que corresponden actividades de investigación finalizadas nese exercicio, procederase á incorporación do 50 por 100 cando a contía sexa superior a 3.000 euros. No caso de contías inferiores procederase á incorporación na súa totalidade. 2. O resto do remanente incorporarase, unha vez superada esta situación extraordinaria, tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria da Universidade. Disposición adicional única. Instrucións para a xestión económico orzamentaria Facúltase ao Vicexerente de Economía e Infraestruturas para que dite as instrucións necesarias sobre a xestión económico-orzamentaria coa finalidade de adaptala á prestación do servizo non presencial. Disposición final. Vixencia Esta instrución será de aplicación desde a súa publicación ata a súa revogación cando rematen as circunstancias que determinaron a súa adopción. Santiago de Compostela O xerente Antonio Javier Ferreira Fernández Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0BF9-567C-405A-BEC9 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0BF9-567C-405A-BEC9 3 / 4
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO JAVIER FERREIRA FERNANDEZ, XERENTE, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27/03/2020 10:32:44. CSV: 0BF9-567C-405A-BEC9 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0BF9-567C-405A-BEC9 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0BF9-567C-405A-BEC9 4 / 4