A influencia da obriga moral e o contexto na acción política colectiva
Full text
A influencia da obriga moral e o contexto na acción política colectiva Autora: Xiana Vilas Castro Director: Dr. José Manuel Sabucedo Cameselle Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía Facultade de Psicoloxía Universidade de Santiago de Compostela Tese Doutoral
AGRADECEMENTOS A miña inquietude pola psicoloxía social e concretamente polos movementos sociais vén dada polo meu gusto polo colectivo. Por tal motivo non podo concibir este traballo doutra maneira que non sexa o resultado de varios esforzos colectivos. Esta longa etapa de traballo sería impensable sen a axuda e apoio de tódalas persoas que en maior ou menor medida achegaron o seu grao de area. En primeiro lugar, síntome afortunada por contar coas orientacións e directrices de expertos de grande prestixio nesta materia. Grazas ós seus coñecementos e á súa dedicación posibilitaron que este traballo saíse adiante. Debo dedicar, xa que logo, os meus máis sinceros agradecementos ó director desta tese, o profesor José Manuel Sabucedo, por velar que cada paso fose un acerto. As súas achegas veñen enriquecendo a miña formación dende hai anos, pero non só debo agradecer os seus sabios e inspiradores consellos, senón que a súa contribución vai máis alá do ámbito académico ó depositar a súa confianza en min. Tamén debo agradecer ós membros do grupo de investigación, que cos seus coñecementos, o seu cariño e o seu tesón fan que un se senta a gusto traballando en equipo, grazas polo tanto, a Mauro Rodríguez, Mónica Alzate, Mar Durán e Cristina Gómez. Así mesmo debo agradecer ó persoal de metodoloxía, especialmente ás profesoras Gloria Seoane e María José Ferraces pola dedicación do seu tempo nos momentos de dúbida e polas súas intelixentes orientacións sempre acompañados dun sorriso; tamén a Constantino Arce e a Elena Andrade polas súas agradables e nobres conversas. Preciso facer unha mención especial ó enriquecemento profesional e persoal que me achegaron as personalidades de Bert Klandermans e Jacquelien Van Stekelenburg durante a miña estancia na VU University de Amsterdam, que me permitiron seguir con paixón esta frutífera experiencia; así como o seu grupo de investigación “Social Conflict and Change”, que durante as Bert lunches’ axudáronme a comprender o verdadeiro sentido da investigación. Non podo esquecerme dos meus compañeiros cos que me sinto especialmente a gusto ó seu carón: Cristina, Diana, Julio e Javier, sempre dispostos a botar unha man, posibilitando deste xeito que o traballo se faga máis fluído e agradable. Por suposto tampouco podo esquecerme daqueles que fóra do ámbito académico fixeron co seu apoio emocional, e ás veces máis que iso, que este traballo puidese meu compañeiro Alberto, e á miña familia, Rosa, E a todos aqueles que aínda non mencionados nestas páxinas cariño e afecto, aínda dende a distancia, finalizar esta etapa sería imposible. dar os seus froitos, quero agradecer a Andrés e Leixo, por estar aí sempre. saben que sen o seu Cando a realización dun traballo se acada en presenza de tan boa compañía unha decátase da fortuna que supón estar rodeada de xente tan valiosa. Nestes momentos doume de conta que verdadeiramente sen os demais esta experiencia vital sería impracticable. Grazas a todos.
ÍNDICE I. INTRODUCIÓN………………………………………………………………..………7 II. MARCO TEÓRICO…………………………………………………………………..15 1. Aproximación conceptual á mobilización social e a súa incidencia política na actualidade……………………………….17 1.1. Delimitación conceptual……………………………………….……19 1.2. A incidencia da protesta política e o proceso de normalización da protesta…………………………………………23 1.2.1. Difusión dos repertorios de acción fronte ás formas clásicas de protesta…………………………………..25 1.2.2. Cambios nos axentes de acción……………………………..27 1.2.3. Descenso dos limiares da protesta…………………………..28 2. A acción colectiva e as perspectivas históricas clásicas………………..31 2.1. As teorías da masa…………………………………………………34 2.2. Teorías de orixe marxista……………………………………….….35 2.3. A escola de Chicago. O Interaccionismo Simbólico..…………...36 2.4. As teorías da Deprivación Relativa…………………………..…...38 2.5. A teoría de Mobilización de Recursos…………………………….40 2.6. As teorías dos Novos Movementos Sociais……………………...44 3. Primeiras aproximacións psicosociais: a construción social da protesta e marcos de acción colectiva………………………………...47 3.1. A Construción Social da Protesta………………………………....50 3.2. Esquemas interpretativos e Marcos de acción…………………..54 3.3. Aliñamento de marcos……………………………….……….…….55 3.4. Teoría dos Marcos de Acción Colectiva: inxustiza, axencia e identidade……………………………………………………………57 4. Modelos psicosociais actuais………………………………………………63 4.1. Modelo dual de Simon……………………………………………...66 4.1.1. Eficacia…………………………………………………………..66 4.1.2. Identidade……………………………………………………….68 4.2. Modelo dual de Van Zomeren……………………………………..72 4.2.1. A vía da ira: o grupo baseado na emoción………………….74 4.2.2. A vía instrumental: o grupo baseado na eficacia…………...75 4.3. Modelo de Klandermans e Van Stedelenburg: a ideoloxía dentro da acción política colectiva………………………………..78 4.3.1. Os valores……………………………………………………....79
5. Máis alá da instrumentalidade: a obriga moral a participar……………..85 5.1. Aclaracións conceptuais sobre a obriga moral…………..……...90 5.2. Instrumentalidade e racionalidade………………………………..92 6. Mobilización social e contexto……………………………………………..97 6.1. Individuo e Contexto………………………………………………100 6.2. O contexto de mobilización e o contexto político………………101 III. ESTUDO EMPÍRICO………………………………………………………….……111 1. Introdución……………..……………………………………………..…….113 2. Contexto de mobilización e contexto político……………………………114 2.1. Contexto de mobilización…………………………………………115 2.2. Contexto político………………………………………………...…116 3. Obxectivos e hipóteses………… ………………………….……………..119 3.1. Obxectivos xerais………………………….………………………119 3.2. Hipóteses…………………………………….………………….….119 4. Método……………………………………………………………………....120 4.1. Participantes…………………………………………………….…120 4.2. Procedemento……………………………………………………..121 4.3. Instrumento………………………………………………………...124 5. Análise de datos……………………………………………………………126 5.1. Análise descritivo……………………………………………….....126 5.2. Análise de regresión xerárquica da mostra total……………….129 5.3. Os efectos do contexto sobre os motivos de participación………….……………………………………………132 5.4. Os efectos da interacción do contexto de mobilización e político sobre os motivos de participación…………………...139 IV. CONCLUSIÓN E DISCUSIÓN DE RESULTADOS….…………………..……..149 V. REFERENCIAS………………………………………….…………………..….….165 VI. ANEXOS…………………………………………………..………………………...183
Abstract Os movementos sociais son fenómenos que dinamizan as nosas sociedades. Nos últimos anos estamos asistindo ó desenvolvemento de propostas teóricas de grande interese para explicar a protesta política e os movementos sociais. A nosa achega baséase no estudo da influenci a de determinados elementos como a obriga moral e o contexto sobre a motivación a participar neste tipo de eventos. A obriga moral refírese á implicación dos individuos en accións de mobilización política como resposta a unha moralidade que se sinte ferida ou atacad a, desta maneira a incursión na protesta pode darse sen a presenza dunha per spectiva de éxito, e non por iso perderá o seu carácter racional. Por outra banda as variacións contextuais producen os seus efectos no conxunto motivacional dos participantes, no entanto, esta temática estivo esquecida durante as últimas décadas. Poñeremos así mesmo en conxunción estas variables con outras como as sociocognitivas, instrumentais e de identidade, o que nos permitirá elaborar un modelo teórico integrador e innovador sobre a mobilización social.
Introdución 12 reflectido na emerxencia de estudos sobre este tema nas últimas décadas. Este incipiente empeño por coñecer mellor a complexidade da súa realidade levou a científicos sociais de todo o planeta a realizar estudos de envergadura internacional para poder facer análises comparativas entre países (ESF, 2009). A pesar dos avances acadados nos últimos tempos aínda quedan interrogantes por resolver, como a influencia das variables emocionais e socio-cognitivas sobre os actores da protesta, as implicacións das conviccións éticas e morais, o papel que exerce o contexto sobre as variacións motivacionais dos suxeitos, ou os cambios provocados polas innovacións tecnolóxicas sobre aspectos organizativos e formais das redes de mobilización, por nomear algúns exemplos. Nós pretendemos abordar o estudo da acción política colectiva tendo en conta as diferentes variables psicolóxicas: cognitivas, motivacionais e emocionais, sen esquecernos das implicacións do contexto socio-político. Klandermans (1992, 2003) sostén que non só as formas estruturais dun país inflúen na protesta política, senón que son tamén as propias percepcións subxectivas, crenzas e emocións fundamentais para o compromiso coa mobilización social. Por iso necesitamos comprender como o individuo percibe e interpreta o contexto onde se encontra. Tentaremos pois, partir dunha visión integradora do mundo dos movementos sociais para desvelar os motivos que conducen á protesta política, especialmente resaltaremos a relevancia que recentemente se lle está a conceder ós valores morais e éticos que emerxen nas novas sociedades e que guían comportamentos. Sen dúbida, considero firmemente que a análise dos diferentes motivos de participación política e das distintas formas de mobilización social permitiranos comprender mellor a nosa historia, as novas sociedades e así mesmo o comportamento do ser humano en xeral.
Introdución 13 O presente traballo dividiuse en tres grandes partes. Na primeira parte achegaremos as consideracións teóricas máis relevantes para o estudo da mobilización social que nos servirán de apoio para a presentación das hipóteses posteriores presentadas na parte empírica. No capítulo 1 trataremos de delimitar conceptualmente o termo de mobilización social, estudaremos tamén os cambios que veu sufrindo nos últimos tempos e o nivel de incidencia na sociedade actual. Nos capítulos 2, 3 e 4 reflexionaremos sobre a evolución histórica no estudo desta realidade, realizaremos así un percorrido histórico polas distintas aproximacións teóricas, amosando a súa evolución e partindo sempre da ampla riqueza epistemolóxica existente, para centrarnos finalmente nas posturas psicosociais de maior relevancia na actualidade. De seguido, ocuparémonos no quinto capítulo dunha nova variable, a obriga moral a participar, e do recente debate sobre a instrumentalidade das accións dos seres humanos, partimos da idea de que se poden emprender accións fóra dun utilitarismo, sen pretensión de acadar vantaxes ou beneficios. Ofreceremos desta maneira a posibilidade de que se dean accións racionais produto dunha obriga moral intrínseca a participar en eventos políticos. O tema do que se ocupará o último capítulo da primeira parte teórica dedicarase ó contexto na análise da mobilización social. Desta maneira reivindicaremos a necesidade de conectar as implicacións do contexto de mobilización e político cos aspectos motivacionais do individuo, para así dar unha visión ampla e integradora dos movementos sociais. Na segunda grande sección deste traballo pasarase á presentación do estudo empírico onde se explorarán os obxectivos perseguidos nesta investigación. Ímonos centrar nun movemento social que emerxe a partires dun conflito político, produto do desacordo dunha parte da sociedade española co proceso de negociación do goberno
Introdución 14 con ETA. Desta maneira utilizaranse os datos obtidos na concentración da AVT en Madrid para tentar dar resposta ós nosos interrogantes. Neste apartado estudaremos as distintas variables psicosociais, emocionais e contextuais implicadas a partires da aplicación de diferentes técnicas de análise estatística. No seguinte gran apartado pasaremos a debater as implicacións dos resultados acadados coas concepcións teóricas presentadas no primeiro tramo deste traballo. Destacaremos o papel das variables psicosociais de maior relevancia, prestando especial atención á obriga moral. Ademais estudaremos como as variacións do contexto fan alterar os motivos de participación. Dende aquí queremos facer un achegamento ó mundo dos movementos sociais coas palabras impresas nesta tese que non veñen sendo máis que o froito da paixón polo universo da protesta política. Nesta ocasión o acercamento será dende unha perspectiva externa a través do estudo académico e científico, e non produto dunha participación activa. Porén, non por abordar o tema dende certa distancia vainos impedir penetrar no mesmo corazón da protesta coa mesma intensidade e anhelo, senón que todo o contrario, cremos firmemente que somerxéndose desta maneira na complexa realidade dos movementos sociais permitiranos unha análise axeitada dos mesmos.
II. MARCO TEÓRICO
CAPÍTULO 1 APROXIMACIÓN CONCEPTUAL Á MOBILIZACIÓN SOCIAL E A SÚA INCIDENCIA POLÍTICA NA ACTUALIDADE
Marco Teórico 19 1. APROXIMACIÓN CONCEPTUAL Á MOBILIZACIÓN SOCIAL E A SÚA INCIDENCIA POLÍTICA NA ACTUALIDADE 1.1. DELIMITACIÓN CONCEPTUAL Posiblemente todos temos nas nosas mentes unha idea máis ou menos clara do que son os movementos sociais posto que estamos afeitos a eles. A través das diferentes canles de difusión, prensa, televisión e internet chégannos de maneira frecuente imaxes e información sobre estes fenómenos. Deste xeito, podemos pensar en axitadores sociais, manifestacións, protestas de diferentes tipos e por diferentes motivos, violentas ou non violentas. No entanto, parece que non é tan sinxelo achegar unha definición que abrace toda a complexidade que os caracteriza. Ó introducirnos máis profundamente neste terreo, ímonos atopar cunha serie de dificultades á hora da súa delimitación conceptual. Estas dificultades veñen dadas principalmente pola riqueza de matices que presentan devanditos fenómenos e pola existencia de múltiples perspectivas procedentes de diversas disciplinas dende os que foron abordados. Ó longo dos tempos houbo varios intentos de definir a mobilización social, mais parece non haber un consenso sobre a súa delimitación conceptual que acabe de satisfacer á comunidade de científicos sociais. Agora ben, vai ser grazas a esta discordia e a través de continuos debates conceptuais o que permitiu un maior enriquecemento do que se entende hoxe por mobilización social. É preciso, ademais, establecer os criterios para diferenciar de maneira axeitada acción ou comportamento colectivo e movemento social, pois aínda que en ocasións véñense utilizando indistintamente hai unha serie de matices que os caracterizan. A característica máis distintiva entre comportamento colectivo e movemento social, reside no carácter máis amplo e inclusivo do primeiro termo. O comportamento
Marco Teórico 20 colectivo abrangue unha vasta diversidade de fenómenos referentes ás multitudes, modas, desastres, movementos sociais e revolucións; de tal xeito que dentro de tal categoría atopámonos con fenómenos pasaxeiros e espontáneos como a reacción dos seguidores dun equipo antes ou despois dun partido; ou tamén con fenómenos máis calculados e duradeiros, como os movementos ecoloxistas ou feministas (Javaloy, 2001) . Debido a esta natureza extensa do comportamento colectivo inclúense accións de cariz moi diferente, con ou sen pretensións políticas, espontáneas ou premeditadas. Os movementos sociais serían, polo tanto, unha forma complexa de acción colectiva, debido a que se trata de esforzos colectivos sostidos no tempo e cunha ampla variedade de repertorio de acción. A concepción de mobilización social entrará, xa que logo, dentro desta categoría da acción colectiva ou comportamento colectivo. Mais nós aquí utilizaremos de forma equivalente ambos conceptos co fin de non crear confusión nas seguintes páxinas; historicamente véñense utilizaron como sinónimos e faría moi complexa unha permanente explicación dos motivos de uso explícito do termo en cada momento. Ora ben, para delimitar a natureza da mobilización social é preciso ofrecer unha definición máis específica, que consiga abranguer os distintos matices que conforman estes fenómenos e así diferencialos doutras formas de acción colectiva. Neste traballo preferímonos decantarnos pola definición achegada por Tarrow que pola súa sinxeleza e precisión consegue un acercamento bastante axeitado, “os movementos sociais son desafíos colectivos levados a cabo por xente con obxectivos comúns e cunha solidariedade compartida que mantén unha interacción coas elites e as autoridades” (Tarrow, 1994, p.4). Esta definición comprende tres elementos clave que son merecedores dunha atención máis detallada.
Marco Teórico 21 En primeiro lugar, fai referencia a que son desafíos colectivos. Aquí destaca o valor colectivo dun grupo de persoas que se opón a unhas elites, autoridades ou outros grupos. É de interese salientar esta idea de colectividade, pois supón que existe unha interacción entre os membros do grupo e que dá sentido de unidade, deixando de lado concepcións demasiado individualistas ou estruturais. Pero ó mesmo tempo é preciso que esta colectividade se opoña a un exogrupo que é o adversario. Sabucedo e cols. (1998) defenden que os movementos son axentes de influencia e cambio, xeradores de significado, que tentan desafiar as interpretacións dominantes (adoptadas polo grupo opoñente) sobre distintos aspectos da realidade. En segundo lugar esta definición amosa que ha de existir unha solidariedade entre os membros do grupo que defenden obxectivos comúns. As aclamacións compartidas abren novas cuestións e pretenden producir ou evitar cambios, mais sempre deben estar arraigadas a un sentimento de solidariedade e identificación colectiva. Por último os movementos sociais requiren que a acción colectiva estea suxeita a unha certa organización e unha relativa continuidade no tempo. Esta relativa organización suxire un carácter deliberado e premeditado que os distingue de formas máis espontáneas, pero ó mesmo tempo deixan de ser excesivamente formais. Dita organización non parte dunhas estruturas altamente formais ou institucionalizadas, como sería o voto; senón que serían formas de incidencia política non formais ou non institucionais, presentando en ocasións novos repertorios de acción (Fernández, 2004). Este relativo grao de organización vén acompañado de forma intrínseca dunha continuidade requirida. Diversos autores destacaron este aspecto de acción sostida no tempo. Por exemplo Turner e Killian (1987, p.223) apuntan que un movemento social é
Marco Teórico 28 unha cohesión social e comportaría un efecto positivo na socialización e na democracia, mentres que a primeira levaría a unha organización máis segregada das sociedades (Putnam, 2000). Walgrave puntualiza que tal diversidade interna non só depende do tema da protesta, que adoita ser de gran relevancia á hora de congregar a grupos con certa diversidade ideolóxica; por exemplo, en protestas na defensa da paz mundial suponse que habería unha grande diversidade de actores implicados. Podemos comprobar que outras cuestións como o contexto socio-político tamén poderían afectar a tal diversidade. Por exemplo o signo do partido do poder tamén determinaría en certa medida os sectores sociais máis activos (Klandermans, 2009). Cando goberna a dereita a esquerda móstrase máis activa e pola contra cando goberna a esquerda é a dereita. Dalgunha maneira a alternancia do poder condiciona os actores da protesta en cada ciclo político. 1.2.3. Descenso dos limiares para a protesta Ademais da heteroxeneidade dos actores, Walgrave (2004) sostén que a normalización da protesta dáse grazas a que están a diminuír os limiares para desencadeala, o que quere dicir, que cada vez é máis doado optar por esta vía de acción política. Nas sociedades democráticas occidentais a mobilización social vense facendo cada vez máis común; e como vemos, converteuse nun mecanismo de presión política que se atopa en progresivo aumento e abrangue a sectores cada vez máis diversos. Sabucedo e Arce (1991) argumentan que o mundo político tornouse co tempo máis familiar, o que implica un incremento nos niveis de auto-confianza política. Por outra
Marco Teórico 29 banda, Klandermans (2003) sinala que a acción colectiva pode ser sorprendentemente efectiva, sinalando que aproximadamente un terzo das mesmas o son. Esta alta efectividade podería funcionar como incentivo para promover accións de corte similar no futuro. Ademais disto, o fenómeno de popularización da protesta vén acompañado da idea de que estas accións son un síntoma de saúde democrática, posto que revitalizarían o seu funcionamento (Martínez, 2000; Walgrave, 2004). En definitiva, cómpre indicar que hoxe en día non sería acertado seguir incluíndo a protesta política dentro da categoría non convencional de participación política, pois habería que cuestionar a idoneidade desta diferenciación. As razón polas que isto non sería axeitado residen en que as características que sinalaban Barnes e Kaase para delimitar as accións convencionais, frecuencia e predicibilidade, forman xa parte da propia natureza da mobilización social. Como vimos, un descenso dos limiares da protesta fai que cada vez máis sectores sociais do máis diverso utilicen esta vía como forma de incidencia política, o que fortalece a idea de que favorecen o funcionamento do sistema democrático. Alén destas características, que normalizan a situación da protesta, hai autores que consideran que a mobilización social non acontece de forma espontánea, senón que adoitan ser froito dunha organización, coordinación e formulación previas (Polleta, 1998).
CAPÍTULO 2 A ACCIÓN COLECTIVA E AS PERSPECTIVAS HISTÓRICAS CLÁSICAS
Marco Teórico 33 2. A ACCIÓN COLECTIVA E AS PERSPECTIVAS HISTÓRICAS CLÁSICAS Neste apartado imos facer un breve percorrido histórico daquelas aproximacións teóricas máis significativas e que exerceron unha maior influencia no estudo da acción colectiva. Non é o noso propósito aquí facer un tratado sobre as teorías que tentaron buscar explicacións a esta problemática, pois o que nos interesa é unicamente presentar unha visión global para ter un referente histórico que nos axude a comprender tanto o estado actual no que se encontra a investigación social sobre ditos fenómenos, como a natureza dos mesmos. Esta andaina polas distintas aproximacións teóricas desenvoltas ó longo dos tempos serviramos como preludio para introducirnos posteriormente no campo da construción social da protesta e dos marcos de acción colectiva que conformarán as principais fontes de influencia deste traballo. As correntes teóricas van parellas ó momento histórico onde se producen, é importante por iso ter en conta o contexto no que se desenvolveron e non interpretalas nun escenario vacuo de contido socio-político. Como vimos, os movementos sociais son fenómenos propios da sociedade moderna que comezan a xurdir a finais do século XVIII e comezos do XIX, derivados de cambios socio-políticos como a Revolución Francesa e a Revolución Industrial. Un pouco máis tarde entra o século XX cun revulsivo protagonizado pola loita obreira e os movementos de principios de século que fai que estes movementos se establezan na cultura mobilizadora dos países occidentais cunha certa consistencia. Xa no século XX, sobre os anos 60, comeza a aparecer tanto en Europa como en EEUU un repertorio de acción novo e máis xeral (barricadas, peticións públicas, boicots, manifestacións...) que vai estar asociado ás novas transformacións sociais, como as promulgadas pola loita estudantil, a loita polos dereitos civís, a loita feminista e a ecoloxista por nomear algúns exemplos. A diferenza fundamental coas anteriores
Marco Teórico 34 formas de protesta reside en que este repertorio pode ser usado por unha variedade de actores sociais en nome de distintas esixencias. Universalízanse, xa que logo, as ferramentas de actuación, dando froito desta maneira a unha forma máis organizada de acción que conformará o que actualmente se coñece como a mobilización social. Como consecuencia, na actualidade a mobilización concíbese como unha forma común de facer política. É indiscutible o feito de que ven funcionando como recurso habitual de protesta para aqueles grupos máis descontentos e insatisfeitos. De aí que, este tipo de eventos, soen ser ben aceptados pola comunidade social, agás cando se acollen prácticas violentas ou controvertidas. Con todo, estas formas de protesta non foron sempre ben toleradas pola sociedade, nin tampouco polos científicos sociais que se dedicaban a estudala, tal como veremos a continuación. 2.1. AS TEORÍAS DA MASA Un claro exemplo deste tipo de posturas é a tese de Le Bon que consideraba estas accións como unha desviación do comportamento, pois para el eran propias dunha conduta de tipo patolóxico que a través do contaxio emocional implicaba a multitude no devir das masas. Na súa obra máis célebre “A psicoloxía das masas” (1893), o tratamento que fai sobre o funcionamento das mesmas parte dunha visión totalmente negativa. Os grupos de acción social son considerados como unha masa ou multitude onde nada bo pode acontecer neles. Estas masas son presentadas como figuras altamente suxestionables e faltas de toda racionalidade. Son elementos perturbadores onde os individuos perden a súa capacidade de raciocinio, adoptando unha mente grupal primitiva, caracterizada por ser irracional, emotiva e xeralmente destrutiva: “nas almas colectivas
Marco Teórico 35 bórranse as aptitudes xerais dos homes, e en consecuencia, a súa individualidade” (1983, p.31). Le Bon é amplamente recoñecido como o fundador do estudo do comportamento colectivo, a pesares de ser o responsable dunha visión que ía predominar na psicoloxía social que tende a manter que os grupos son un perigo para os individuos. Moscovici (citado en Javaloy, 2001) considerou, aínda non comulgando coas súas ideas, que a obra de Le Bon axudou a comprender a historia do século XX. Esta obra, porén, non deixa de recibir críticas dende os especialistas deste campo pola súa falta de rigorosidade científica e pola presenza dun imperante nesgo de ideoloxía reaccionaria. Tamén se lle acusa de prescindir por completo dos factores socias e políticos que inflúen no comportamento individual. Mais as herdanzas que deixou Le Bon van máis alá do ámbito académico, posto que se veu reflectida tamén no campo social, creando estereotipos falsos sobre a suxestionabilidade da multitude, e o seu carácter destrutivo, irracional e emotivo. Esta tendencia conservadora das teorías do contaxio, logrou introducirse nas crenzas das sociedades, cuxas trazas nótanse aínda hoxe en día (Javaloy, 2001). Aquí vemos como o nesgo ideolóxico pode condicionar as interpretacións que se fagan dos acontecementos. 2.2. TEORÍAS DE ORIXE MARXISTA Desta maneira non é de estrañar que as primeiras teorías de oposición veñan da influencia do marxismo, poñendo énfase na racionalidade das masas dos traballadores que loitaron a finais do século XIX. Os manifestos marxistas consideraban a loita de clases como o motor da historia, predicindo que as persoas sumaríanse
Marco Teórico 36 automaticamente ás accións colectivas cando a clase social á que pertencían entrase en contradición cos seus antagonistas. Este enfoque ten as súas raíces nas filosofías dos librepensadores da Ilustración, Locke, Rousseau e Montesquie, que consideraban as masas como a expresión da vontade do pobo; posturas das que Marx se faría eco posteriormente. Dende estas formulacións os autores defenden as masas como dinamizadores das sociedades. Voltaire, por exemplo, sostiña que era normal que os individuos con menos poder se agrupasen para incidir no sistema político e na sociedade, e Elias Canetti na súa obra “Masa e poder” (1960) refírese á “sensatez das masas e á tolería do poder” (Javaloy, 2001). Así e todo, até o primeiro terzo do século XX cando os referentes teóricos se desprazan de Europa a EEUU as teses de Le Bon foron as predominantes na explicación da conduta colectiva. 2.3. A ESCOLA DE CHICAGO. O INTERACCIONISMO SIMBÓLICO. A aparición da Escola de Chicago ó redor dos anos trinta nos EEUU (Blumer, 1951; Park, 1921), denominada en ocasións Escola Ecolóxica, vai a supor unha ruptura coas concepcións pexorativas dos movementos sociais e vai a propor unha nova liña de estudo máis estable, a pesares das influencias aínda notables das tese de Le Bon. Para esta Escola os grupos e a sociedade constitúense sobre as bases de interaccións simbólicas dos individuos, baseándose na comunicación como proceso social por antonomasia. De tal maneira que o suxeito comeza a adoptar un rol máis activo, tomándose central a definición dos problemas colectivos polos grupos máis desvantaxados.
Marco Teórico 37 Dentro deste marco vanse comezar a investigar os procesos cognitivos e psicosociais mediante os cales os actores colectivos formulan novas bases para a acción. A importancia da Escola de Chicago non reside só na ruptura que supón coas anteriores teorías das masas, senón que tamén supuxo un cambio de perspectiva no estudo da mobilización social abordándoa dende un plano psicosocial, debido ó recoñecemento que dende esta corrente se lle outorga ó suxeito como parte activa da comunidade. Nesta Escola comézase a falar dun punto de vista interacionista onde se concibe a acción social como a reacción a situacións indefinidas ou desestruturadas e resultado das relacións do suxeito co entorno. Os movementos sociais vanse ver como produto dun desequilibrio social onde os individuos se ven obrigados a buscar novos patróns de organización social (Blumer, 1951). Cando as organizacións estables se amosan insuficientes para arranxar os problemas da comunidade van a ser os esforzos colectivos non institucionais os que van a reconstruír esta ruptura social. Turner e Killian nun interacionismo simbólico posterior (1957) desenvolven as teses de Blumer. Parten de que o comportamento colectivo acontece cando a orde social establecida entra en crise, de tal xeito que grazas á comunicación e á interacción dos individuos van emerxer normas de creación espontánea distintas das normas convencionais polas que se van rexer os suxeitos. Esta norma emerxente define os significados e dirixe a acción. No caso da mobilización social a definición compartida asume un sentido de inxustiza. Dentro das limitacións deste enfoque atopámonos con que esta concepción do comportamento colectivo sitúa este tipo de condutas fóra dos patrón culturais normais. Con todo, non deberiamos encadralas dentro de categorías de comportamento anómalo, senón como parte da vida social e da vida cotiá. Outra das limitacións destacadas desta corrente é a inclusión da mobilización social dentro da ampla
Marco Teórico 44 multitude ó tratala como racional. Pero, por outra banda, trouxo consecuencias tales como a de desestimar variables de crucial importancia na protesta política. 2.6. A TEORÍA DOS NOVOS MOVEMENTOS SOCIAIS Mentres nos EEUU triunfaba o enfoque da Mobilización de Recursos en Europa xurdiu un pouco máis tarde, nos anos 80, o enfoque dos Novos Movementos Sociais, o cal vai partir de supostos completamente diferentes ós dos seus colegas norteamericanos. Os defensores desta aproximación van dirixir o punto de mira aos novos movementos que emerxen a finais dos anos 60 e se desenvolven na década dos setenta, como o pacifismo, o ecoloxismo e o feminismo. Esta aproximación teórica defende que se produciu un cambio cualitativo, tanto nos fins perseguidos polos movementos como na base social que os sustenta, así como as formas e estilos da acción colectiva. O xurdimento e o funcionamento destes novos movementos contrastaban coas características propias do movemento obreiro e a protesta proletaria que tiñan caracterizado a mobilización social en épocas anteriores. A novidade vaise a dar en diferentes ámbitos, nos obxectivos, nos actores, no estilo e nas formas de organización. Ideoloxicamente os novos movementos defendían un novo paradigma social, os axentes de acción xa non eran os obreiros, senón xente da clase media acomodada e mesmo proveniente doutros sectores da poboación, como funcionarios, estudantes ou agricultores. En canto á organización, fronte ás estruturas tradicionais ríxidas e centralizadas, a estrutura organizativa dos novos movementos vai ser máis aberta e participativa. Os analistas europeos consideraban que nestes movementos había novos elementos de acción política e social, ben diferenciados das mobilizacións obreiras de principios
Marco Teórico 45 do século XX. De aí xurde a necesidade de cambiar o punto de análise da acción colectiva. Así que estes autores vanse centrar nos conflitos propios da sociedade postindustrial e na relación dos individuos fronte a estes novos conflitos (a reafirmación da propia identidade ou o espertar de novas aspiracións e valores). As revoltas estudantís, que teñen como símbolo o maio francés do 68, presentaban características ben distintas ao movemento proletario, posto que non estaban organizadas por unha clase social determinada, os fins eran novos e as formas de organización e acción non tiñan fins claros. As contradicións sociais que denunciaban os novos movementos non se debían xa a conflitos económicos, senón a problemas de tipo cultural. Ó contrario que ocorría coa Teoría de Mobilización de Recursos, dende esta teoría faise especial fincapé na existencia de agravios e inxustizas para xustificar a implicación dos suxeitos nas acción colectivas (Sabucedo, 1996). Melucci (1989) vai sinalar a importancia da construción dunha identidade colectiva que sexa capaz de vincular solidariamente ás persoas, grupos e organizacións de tal modo que os individuos estean dispostos a actuar nas mesmas accións colectivas. Para este autor, con este proceso de construción da identidade créanse códigos culturais alternativos cos que redefinir e interpretar a complexa realidade social. Para concluír, o enfoque dos Novos Movementos Sociais vai supor a superación de moitas das limitacións dos modelos psicoloxicistas anteriores, xa que sitúa o centro da análise nas interaccións a nivel social. Mais, como é de supoñer, non está exenta de críticas. As principais eivas destas teorías baséanse no excesivo énfase que puxeron nos aspectos estruturais dos conflitos, xa que sinalaban unicamente as características diferenciais da nova era dos movementos, sen facer unha análise máis profunda sobre
Marco Teórico 46 os actores ou a constitución dos movementos. Tamén se criticou dende a outra beira do atlántico que eses cambios non foron tan radicais como nos fan ver os seus defensores, que non hai nada novo neles, pois son a manifestación dun ciclo de protestas máis amplo e non consecuencia dos cambios estruturais do sistema capitalista. Estas teorías centráronse demasiado no porqué pero pouco no cómo, obviaron temas como a organización, as formas de recrutamento de activistas e as formas de actuación, centrando os seus esforzos practicamente en desvelar as tensións estruturais que provocaron a irrupción dos novos movementos. Para superar a controversia entre as dúas frontes, a europea e a norteamericana, buscouse un achegamento de ambas aproximacións e así solucionar os problemas que cada unha delas carrexaba. Abriuse entón un diálogo entre os defensores das dúas posicións o que supuxo un contacto entre ambas posturas. Isto levou á aparición de novas explicacións alternativas ás aproximacións anteriores. Pero estas tentativas de converxencia resultaron non ser suficientes para superar as deficiencias que cada unha delas achegaba, o que levou ao xurdimento de novas tendencias que superase enfoques excesivamente psicolóxicos ou sociolóxicos.
CAPÍTULO 3 PRIMEIRAS APROXIMACIÓNS PSICOSOCIAIS: A CONSTRUCIÓN SOCIAL DA PROTESTA E MARCOS DE ACCIÓN COLECTIVA
Marco Teórico 49 3. PRIMEIRAS APROXIMACIÓNS PSICOSOCIAIS: A CONSTRUCIÓN SOCIAL DA PROTESTA E MARCOS DE ACCIÓN COLECTIVA Nos anos 80 comezan a producirse reaccións contra o predominio na década anterior da teoría de mobilización de recursos, e consecuentemente contra a exclusión de factores subxectivos e simbólicos na construción da realidade. Por outra banda as aproximacións europeas dos novos movementos sociais estaban demasiado ocupadas en desvelar os cambios culturais e a incidencia social dos movementos. A pesares do recoñecemento do valor destas novas achegas dende unha postura construcionista destácase a importancia daqueles elementos omitidos e deféndese un estudo interactivo entre individuo e sociedade, fóra dos lindes exclusivamente sociolóxico ou psicolóxico. Dende este enfoque psicosocial considérase que os individuos baixo condicións estruturais similares toman respostas de mobilización distintas, posto que unha posición común non prevé que se produzan comportamentos idénticos. Os análises mencionados previamente obviaron temas como a construción de significados, o proceso de interpretación e concienciación ou a comunicación persuasiva. De tal xeito que científicos sociais dedicados ó estudo da mobilización con formación psicolóxica comezan a reivindicar aspectos esquecidos e outros innovadores como o significado compartido, os marcos interpretativos, a identidade colectiva, as cognicións, as emocións e os discurso; achegando explicacións dende ópticas distintas ás precedentes. Non se trata de obviar a estrutura social e política ou os factores históricos e culturais; senón de centrarse nas formas en que os individuos perciban, interpreten, e signifiquen a historia, a cultura e a estrutura socio-política.
Marco Teórico 50 De tal modo que van a xurdir diversos enfoques que parten dende un punto de vista común, a interacción entre individuo e sociedade. Temos polo tanto a teoría da construción social da protesta (Klandermans, 1992), a teoría dos marcos de acción colectiva de Gamson (1992), e a teoría de aliñamento de marcos de Snow (1986) que van producir un xiro psicosocial na maneira de entender a protesta política. Dende estas posturas reivindícase tanto a necesidade de introducir as variables psicolóxicas dos individuos na participación política como dos condicionantes históricos e contextuais. Ademais retómanse temas clásicos do enfoque psicosocial do comportamento colectivo, como a ideoloxía e o sentido de inxustiza para asocialos coas tendencias recentes da psicoloxía social cognitiva, como os valores, as crenzas ou os marcos cognitivos. 3.1. A CONSTRUCIÓN SOCIAL DA PROTESTA Para Klandermans os dous modelos estudados anteriormente, o modelo de mobilización de recursos e o enfoque dos novos movementos sociais presentaban un problema fundamental, aínda combinados non teñen capacidade para explicar que fai que as persoas definan a situación de xeito que a participación nun movemento social pareza a opción máis acertada. En ámbalas dúas obsérvase unha tendencia a establecer lazos entre as circunstancias obxectivas e os comportamentos individuais, mais non se ten en conta a relevancia dos procesos que interveñen na definición e interpretación da propia situación (Rodríguez, 1992). Tendo en conta esta eiva, Klandermans e cols. (1992) elaboran unha nova teoría que salienta a importancia da atribución de significados e a interpretación que facemos da realidade en que vivimos para motivar a acción social. Este novo marco teórico encádrase dentro da corrente denominada a Construción Social da Protesta. Isto é, vai
Marco Teórico 51 existir un problema nunha comunidade na medida en que é definido como tal polos propios membros, se non se identifica o problema, este non vai formar parte da súa realidade. Ou dito doutra maneira, como sinala Sabucedo “as accións de protesta responden a un proceso de definicións colectivas e non a unha realidade externa e obxectiva” (Sabucedo 1996, p. 118). A diferenza destas interpretacións coas posturas clásicas de privación relativa fraternal reside na idea de que, dende o construcionismo social, recoñécense as cognicións e emocións que desencadean a protesta como aspectos naturais da vida cotiá e non como patolóxicos. Non será entón a situación obxectiva na que se atopa un grupo o que o leva á acción, pois un problema social non xera un movemento social senón é formulado como tal (Klandermans, 1992). Mentres uns individuos séntense avergoñados debido ás condicións sociais que sofren, outros séntense ofendidos, outros enfadados e outros mesmo poden sentir medo ou orgullo. Por iso para desvelar as razóns de tales diferenzas individuais en situacións socio-estruturais similares tómase man de conceptos como a construción de significados, identidade, emocións e motivacións. Faremos a continuación unha breve descrición destes elementos que se tornan relevantes nesta teoría psicosocial. A construción de significados fai referencia ás cognicións e polo tanto ó coñecemento que a xente ten das súas condicións como grupo, isto é, desenvólvese un proceso de atribución de significados a unha realidade. Obviamente as cognicións non son fixas, senón que están suxeitas a cambios e son susceptibles á construción de novos significados que en marcos de mobilización adoitan desafiar ás estruturas de significado xa existentes (Snow e Oliver 1993, p. 586). O concepto de identidade provén das teorías de identidade social de Tajfel e Turner (1986). Tajfel (1978, 1982) considera que a identidade “é unha parte do autoconcepto
Marco Teórico 52 que deriva do propio coñecemento de pertenza a un grupo social xunto co valor emocional e de significado ligado a tal pertenza ó grupo”. Debido a que a acción colectiva é un fenómeno colectivo e non individual, a referencia do grupo para o suxeito vai ser fundamental. Cando unha identidade vese ameazada ademais de pasar dunha percepción individual a unha grupal, do que “eu quero” ó que “nós queremos” axuda a clarificar ó grupo adversario responsable da situación inxusta, que serían “os outros” (Sabucedo, 2001). O individuo desenvolve, xa que logo, sentimentos de cohesión e solidariedade con respecto ós demais membros do grupo. En canto ás emocións foron relegadas ó esquecemento durante moito tempo no panorama do estudo da acción colectiva. Un dos primeiros autores en incorporar o impacto das emocións na protesta política foi Gamson (1992) cando introduce a ira como elemento emocional froito de percibir a situación como inxusta. Para Goodwin, Jasper e Polleta (2000) as emocións son construídas socialmente, e aquelas politicamente relevantes o están aínda máis. Deste xeito os activistas van dirixir os seus esforzos para producir rabia e ira na poboación, posto que a ira é a emoción mobilizadora por excelencia. Como vemos os marcos interpretativos non só exercen influencia a nivel cognitivo senón que tamén a nivel emocional. Van Stekelenburg (2006) atribúe ás emocións un poder amplificador ou acelerador. Isto é, os aceleradores fan que algo se mova máis rápido e os amplificadores que sexa máis forte, de tal maneira que as emocións intensifican os motivos que empuxan ós suxeitos a saír á rúa. Un dos elementos clave nesta teoría fai referencia á motivación dos suxeitos a participar, posto que vai ser determinante para que finalmente o individuo se implique ou non na protesta. É necesario que se de un nivel de motivación suficiente para que se desencadee a acción, os suxeitos poden ser coñecedores da mobilización, e
Marco Teórico 53 mesmo simpatizar cos seus fins, pero se non se atopan motivados non tomarán as rúas. Os axentes sociais necesitan niveis motivacionais axeitados para dirixir as súas enerxías cara unha acción. Os elementos que vimos anteriormente son os motivos que animan ós suxeitos á participación e polo tanto funcionarían como incentivadores da motivación. Klandermans sinala ademais varios pasos previos necesarios para que xermine unha protesta política e fundamentalmente distingue dúas etapas clave: a mobilización para o consenso e a mobilización para a acción. A mobilización para o consenso fai referencia ó proceso de comunicación persuasiva levado a cabo pola organización do movemento, neste sentido se tentan acercar posturas coa cidadanía e influenciar a opinión pública facendo fronte ós argumentos dos opoñentes, destes discursos se desprenderían as interpretacións que actuarían como axente mobilizador. Un proceso de concienciación se realizaría a través do discurso para convencer simpatizantes e tornalos en potenciais activistas. As campañas de mobilización teñen como obxectivo persuadir as audiencias sobre a veracidade das súas propostas e a inxustiza da situación. O éxito da mobilización para o consenso daríase cando se acada a segunda etapa, a de mobilización para a acción, onde os suxeitos xa están convencidos da necesidade de emendar unha problemática social e só é preciso que estean o suficientemente motivados para acudir ó acto de protesta. A segunda etapa, a mobilización para a acción é unha etapa esencial pois nunca se mobiliza a totalidade de simpatizantes dun movemento, é preciso que se dean unhas determinadas condicións relativas tanto á propia organización como ás variables internas de tipo motivacional. Pode darse que suxeitos aínda sendo simpatizantes non estean ben informados sobre a mobilización ou poden non estar o suficientemente motivados. Resumindo, a transformación do potencial de mobilización en participación efectiva vén dada pola axeitada creación dos marcos de acción colectiva e unha comunicación
Marco Teórico 60 O máis interesante desta teoría é que consegue articular unha liña de acción baseada en distinto compoñentes que van ser esencias para que os actores se impliquen na protesta. Como vimos, faise fincapé en aspectos cognitivos, afectivos e colectivos, aínda que tamén nos aspectos culturais e sociais, pois estes marcos xorden e se constrúen en contextos culturais repletos de simboloxía e que conforman o noso acervo cultural. Estas compoñentes son marcos que permiten ver as situacións vellas baixo unha óptica nova, posto que dotan de novos significados ás experiencias pasadas, permiten interpretacións alternativas e fan que os participantes potenciais dos movementos vexan posibilidades de cambio. Así mesmo conseguen significar as experiencias como colectivas e lexitiman a acción como recurso necesario para posibilitar o cambio. Este proceso da construción de marcos de acción colectiva é unha tarefa complexa, no que cada paso ha de ser ben articulado polos movementos sociais para conseguir un índice de participación satisfactorio. Para concluír, os marcos de acción colectiva son marcos de referencia que concentran a súa atención en definir unha situación particular como problemática, producir unha atribución de responsabilidades e artellar propostas, entre as que se atopan as accións que os actores do movemento deben realizar para conseguir o cambio desexado. A partires desta teoría abriuse un importante período de investigación empírica onde se pretendía analizar a importancia destas compoñentes na mobilización social. Efectivamente a percepción dunha situación social como inxusta é un precedente esencial para que o grupo social atope a necesidade de emendar tal situación. A identidade colectiva, pola súa banda, permite distinguir os responsables da situación inxusta e promover sentimentos de cohesión e solidariedade co grupo e amosou ser un factor importante á hora da implicación na protesta política (Sabucedo, Rodríguez e Fernández, 2000; Simon, 2003; Sturmen e Simon, 2004). Non obstante a compoñente de eficacia, como veremos máis adiante, a pesares de ter amosado un
Marco Teórico 61 forte poder explicativo non parece ser unha condición imprescindible para a implicación na acción colectiva. Certos estudos indican que non sempre é preciso que os suxeitos pretendan mudar a situación (Van Stekelenburg, 2006), senón que facer constancia da súa indignación e expresar posturas discordes pode ser o obxectivo principal da protesta.
CAPÍTULO 4 MODELOS PSICOSOCIAIS ACTUAIS
Marco Teórico 65 4. MODELOS PSICOSOCIAIS ACTUAIS Os modelos revisados no apartado anterior, a teoría de mobilización de recursos, a teoría dos novos movementos sociais e máis recentemente as teorías psicosociais, supuxeron un grande avance no estudo dos movementos sociais e do comportamento colectivo. O seu mérito non só reside na capacidade de elaborar teorías explicativas ben articuladas, senón que por fin lograron desprenderse das visións de corte irracional que predominaron en épocas anteriores. Ademais as aproximacións psicosociais supuxeron o lanzamento dun período de esixencia de estudos empíricos para comprobar a forza das variables propostas, o que nos leva a considerar os últimos avances que dentro destas teorías téñense producido. Nos últimos anos estamos asistindo ó desenvolvemento de novas propostas teóricas de grande interese que bebendo dos modelos precedentes tentan arranxar as fisuras que os anteriores non lograron. Estas novas teorías psicosociais van destacar aspectos de interese recente e abrir novos interrogantes. Coa teoría da mobilización de recursos, o foco de atención no estudo dos movementos sociais centrouse sobre todo na avaliación dos recursos e da eficacia, partindo dunha visión demasiado individualista. Bert Klandermans foi un dos primeiros en propor a ampliación desta teoría, incorporando variables psicosociais, sendo os seus traballos amplamente recoñecidos polos investigadores desta área. As reaccións á considerada excesiva visión instrumentalista dos movementos sociais, defendía a necesidade de incorporar variables como a identificación colectiva, ou as variables emocionais ensombrecidas durante moito tempo. Isto deu lugar a unha nova maneira de explicar e entender o comportamento político a partires dunha visión máis colectiva, o que supuxo traspasar o foco de atención cara este tipo de variables. Por exemplo, queda por coñecer cal é a influencia que existe entre estes elementos
Marco Teórico 66 referidos á instrumentalidade, ó comportamento emocional e á identidade colectiva coa acción política colectiva e baixo que condicións algún deles resulta máis significativo que outros. Desta maneira os modelos instrumentais da acción colectiva foron complementados incorporando dimensións relativas á identidade social ou ás emocións, e sen dúbida estes avances son importantes, pero aínda queda traballo por facer, pois nos últimos tempos estase a reivindicar a relevancia doutras variables que foron esquecidas como a ideoloxía e a obriga moral. Estas e outras cuestión son as que se tratan de solucionar no presente traballo de investigación. Estas novas propostas presentan a evolución dos modelos psicosociais actuais, e formulan teorías duais de acción colectiva, onde se destacan fundamentalmente dúas vías para desencadear a protesta. 4.1. MODELO DUAL DE SIMON: ISTRUMENTALIDADE E IDENTIDADE Este autor defende que os procesos psicosociais que determinan a motivación dos membros dun grupo se converteron en temas esenciais no estudo da mobilización e polo tanto propón dúas vías independentes para promover a acción baseadas neste tipo de variables (Simon, 2003; Stürmer e Simon, 2004). Presenta dúas vías de acción: unha vía estaría baseada na eficacia e a outra estaría baseada na identificación colectiva. Estes autores van facer especial fincapé na segunda liña de acción. 4.1.1. Eficacia O elemento de eficacia é determinante na aproximación de expectativa x valor, presentada por Klandermans (1984). Esta teoría formula que a motivación individual para comprometerse con calquera acción depende do valor que se lle conceden ós
Marco Teórico 67 resultados esperados de dita conduta. Este construto conforma un conxunto de valores subxectivos con respecto á expectativa de alcance de ditas metas, canto máis valor se lle concedan ás consecuencias esperadas maior probabilidade de iniciar unha acción. Esta explicación instrumental está intimamente relacionada coa percepción de maximizar os beneficios e reducir os custes. Posto que se trata de que as accións sexan o máis eficaces posible con menos custes. Dentro da acción colectiva estes beneficios poden considerarse a nivel individual, incentivos selectivos, ou a nivel colectivo, incentivos colectivos, relacionados coa consecución das metas colectivas que un movemento persegue. Dende hai tempo diferentes estudos veñen ratificando a relevancia desta variable de eficacia (Klandermans, 1984; Saducedo, Rodríguez e Fernández, 2001; Van Zomeren, 2004, Spears e Fisher, 2004) e durante un tempo considerouse como elemento esencial para motivar ós suxeitos a implicarse en accións de protesta, especialmente naquelas cuns obxectivos moi específicos e dirixidos cara uns opoñentes claros. Esta maneira de entender a implicación política parte das ideas propostas pola teoría de mobilización de recursos, onde se describe o homo economicus, de tal xeito que parece que a natureza humana esta encamiñada a conducir os seus actos en función dos beneficios que destes poida obter. Mais a consideración desta visión dos participantes da acción colectiva pode ser vista como excesivamente instrumental, individualista e atomista, onde a persecución de recompensas parece a única opción viable para os suxeito. O nesgo de recoñecer o ser humano como tal vai carrexar problemas á hora de comprender a súa complexa natureza. Por iso faise complicado afirmar de forma contundente que este é un factor indispensable.
Marco Teórico 68 4.1.2. Identidade De feito Simon resalta principalmente o rol que a identidade colectiva xoga na implicación dos suxeitos neste tipo de fenómenos, así que vai propoñer outra vía posible, suficiente e independente da anterior, baseada na identificación colectiva (Simon, 2003; Simon e klandermans, 2001; Simon et al., 2008). De acordo coa teoría da identidade social de Tajfel e Turner (1986) a identidade social representa unha forma máis inclusiva do auto-concepto referida á pertenza do individuo a un grupo. A clave deste concepto reside en que se diferenza o “Eu” baseado en termos individuais e o “Nós” referido á identificación que o individuo sente cun grupo. A identidade social supón que os individuos séntese mais próximos ós restantes membros do endogrupo e establecen fronteiras cognitivas e emocionais fronte os membros doutros grupos. Como vimos a identidade colectiva presenta un nivel máis inclusivo das autopercepcións ou auto-concepto, isto implica en certo sentido un grao de despersonalización posto que os membros do grupo vólvense intercambiables (“Nós, homosexuais”). A persoa pode ter distintas identidades colectivas dependendo dos grupos ós que pertenza. Non obstante non todas as identidades colectivas posúen a mesma importancia para o suxeito, de tal maneira que a saliencia que se lle conceda a cada unha é variable, isto é, o nivel de implicación para defender unha ou outra tamén varía. Mais non só a saliencia vai a determinar o grao de identificación cun colectivo, senón que o contexto social vai facer que en certos momentos sexa unha identidade ou outra máis significativa, sobre todo cando esta se ve ameazada debido a algún conflito intergrupal. A identidade tamén vese reforzada cando os límites entre o grupo son percibidos como impermeables e as diferenzas de estatus son vistas como ilexítimas, inestables e inseguras (Stürmer e Simon, 2004). De tal xeito que a única
Marco Teórico 69 maneira de alterar tal situación na que se atopa o grupo é a de actuar colectivamente en favor do grupo. Pódense distinguir cinco funcións da identidade colectiva particularmente importantes: a función de pertenza que fai referencia a que o individuo ocupa un lugar determinado no mundo social, a función de distinción, este lugar é distinto do lugar que ocupan outros, a función de respecto, é dicir, tratar con respecto polo menos a aqueles que son similares e a función de axencia, posto que un pode contar co apoio social e coa solidariedade doutros membros e así acadar ser un axente máis eficaz. Estas funcións da identidade colectiva revélannos que son de importancia crucial para o individuo e que manteñen unha relación coas necesidades psicolóxicas básicas (Simon e Klandermans, 2001). Neste sentido Morales afirma que “todas estas funcións demostran que a fidelidade ó grupo é racional e adaptativa, incluso nos casos nos que o suxeito debe pospor o seu propio interese” (2007, p.14). Seguindo esta argumentación, se temos en conta que a fidelidade do grupo é racional tamén o vai ser comprometerse nas acción colectivas, a pesares de que tales accións non pretendan ser eficaces. Este concepto de identidade colectiva, polo tanto, é básico para analizar as dinámicas grupais, e vólvese esencial para entender as relacións intergrupais e os fenómenos políticos. Neste último caso, cando o endogrupo vese ameazado, unha alta identificación co mesmo incita á acción colectiva. Así, o grao de identificación ou compromiso co grupo cobra especial relevancia. Canto máis vinculado estea un individuo ó grupo, máis disposto estará a participar no seu nome e a asumir maiores sacrificios polo ben colectivo (Sabucedo, Durán e Alzate, 2010). Por estas razóns e pola forza que este elemento amosa no terreo da mobilización social está a suscitar un interese crecente por parte dos psicólogos socias. Ademais, diversos estudos teñen demostrado xa a relevancia desta variable (Sabucedo, Rodríguez, e Concepción,
Marco Teórico 76 a situación pode ser modificada. Nas ocasión en que isto acontece, xogaría un papel fundamental o apoio social dos outros membros do grupo. Klandermans (1997) considera o apoio social instrumental un recurso que reforza a eficacia do grupo e promove o cambio social a través da acción colectiva. Este apoio social instrumental diferénciase do apoio social emocional en que o primeiro se conceptualiza en función dos recursos e da información que os outros achegan sobre a súa participación, o que prevé un potencial de mobilización determinado, preciso para que a conduta sexa eficaz; mentres que o segundo tipo de apoio fai referencia á información e ás crenzas que os membros comparten sobre a situación de inxustiza. Porén, o apoio instrumental vai máis alá do coñecemento de que os membros do grupo comparten unha situación inxusta, senón que implica a información da intención real dos membros a participar. Desta maneira, a información sobre o apoio instrumental, vai axudar a incrementar os sentimentos de eficacia e a promover a implicación na acción a través do grupo. Van Zomeren relaciona estas dúas vías cara a acción colectiva, a da ira e a da eficacia, coas estratexias de afrontamento que propón Lazarus (1991, 2001). Este autor expón dúas formas distintas de facer fronte ás situacións. Unha sería de tipo emocional, onde se trata de regular as emocións ligadas á situación. E o outro tipo de enfrontamento sería instrumental, referido á necesidade de modificar a situación e céntrase máis especificamente no problema. Van Zomeren considera que este tipo de enfrontamento por parte dos membros do grupo está relacionada coa avaliación da situación como inxusta e ilexítima; e onde se teñen en conta os custes e os beneficios da acción, polo que será a vía da eficacia a que empurrará ós suxeitos a participar. Por outra banda nas situación relacionadas coa emoción e cun apoio social emocional tomarase a ruta de acción baseada na ira.
Marco Teórico 77 Estas dúas vías funcionan de forma independente, con todo, é importante sinalar que tamén poden actuar conxuntamente polo que disparará a motivación a participar. En canto á racionalidade ou irracionalidade das accións este autor entende que ambas rutas poden ser racionais no sentido en que pódese facer un uso correcto delas. Mais si especifica que estes termos non son os máis axeitados para cualificar este tipo de condutas, senón que deberían entenderse mellor como vías dependentes do contexto ou que conforman medios adaptativos que a xente utiliza para enfrontarse ante a desvantaxe colectiva (Marx e Wood, 1975). En definitiva, este é un modelo que tenta integrar distintas teorías da acción colectiva e a teoría do appraisal cognitivo de Lazarus. Deste xeito, Van Zomeren consegue unha formulación dinámica e sensible ó contexto, pois logra incluír dentro do seu modelo a consideración de variables que dependen do contexto como o apoio social instrumental ou emocional, desta maneira ofrece diferentes posibilidades á hora da explicación do comportamento colectivo. Mais, a pesares do seu valor integrador e de ser unha teoría coidadosamente elaborada, presenta algúns problemas. Unha das eivas está relacionada coa excesiva xustaposición de variables, que parte do intento dunha combinación articulada das distintas argumentacións e teorías. Neste sentido podemos dicir que non é un modelo que alcance as pretensións científicas de parsimonia, pois non logra adecuar explicacións sinxelas con tales intentos de converxencia. Outra debilidade deste modelo radica en que aínda incluíndo elementos utilizados por aproximacións precedentes, deixa algunhas lagoas sen resolver e non consegue responder a certos interrogantes. Por exemplo, este modelo aparta das súas explicación a función doutros elementos relevantes, como pode ser o estudo doutras emocións e non só a ira ou a función da ideoloxía na protesta política. Esta
Marco Teórico 78 formulación deixa de lado cuestións políticas que poden ser importantes fontes motivadoras. A forza da ideoloxía, por exemplo, estimula a acción, sobre todo cando se ven atacados valores cruciais para o individuo; a obriga moral do mesmo xeito pode ser de grande influencia en momentos onde o individuo sente que debe actuar congruentemente cos seus principios. Por outra banda as consideracións contextuais inmersas neste modelo, relacionadas coas reaccións do grupo, obvian elementos que dependen dun contexto máis global, como pode ser o contexto político. Estas e outras cuestión abordarémolas nos seguintes apartados. 4.3. MODELO DE KLANDERMANS E VAN STEKELENBURG: A IDEOLOXÍA DENTRO DA ACCIÓN POLÍTICA COLECTIVA Van Stekelenburg, Klandermans e Van Dijk (2007) fixeron novas achegas no campo de estudo da mobilización social, pois axudaron a ampliar o seu marxe de análises coa introducción da ideoloxía como novo elemento. A parte das variables de ira, identidade e instrumentalidade expostas xa nos modelos anteriores, estes autores atoparon nos seus estudos que a compoñente ideolóxica revélase como variable relevante á hora de participar na protesta política, sobre todo naquelas mobilizacións orientadas a defender certos valores. Esta recente incorporación supón unha importante adhesión e un interesante avance nos modelos de acción colectiva. Así, estes autores van considerar que a xente está disposta a actuar ideoloxicamente cando perciben que os seus valores foron violados por algún axente externo, de xeito que queren expresar o seu enfado e a súa indignación por atoparse en tal situación. Klandermans expuxo que a xente enfadada, desenvolve sentimentos de indignación moral sobre o estado das cousas ou sobre unha decisión das autoridades, desexa que este estado se de a coñecer, e polo tanto
Marco Teórico 79 saia á luz. Así os individuos non só van participar para producir un cambio político, senón que os individuos tamén van actuar para gañar dignidade nas súas vidas a través da loita e da expresión moral (2003, p.684). 4.3.1 Os valores A implicación dos actores sociais na protesta política pode acontecer cando valores profundamente arraigados foron visto atacados. Así, os suxeitos perciben un estado ilexítimo das cousas que foi producido por un grupo externo. Deste xeito, a través de consideracións ideolóxicas os individuos deciden tomar parte en accións de protesta para denunciar tal situación e amosar a súa indignación e enfado. Os valores fundamentais dos membros do endo_grupo son danados de tal maneira que a xente sinte a necesidade de manifestarse. Neste sentido, os individuos dun grupo vanse guiar en ocasións polos seus valores, canto máis perciban unha situación como ilexítima ou inxusta, maior será a súa disposición cara a participación ( Van Stekelenburg, 2006). A pesares de que o estudo dos valores foi abordado por unha cantidade de autores, imos centrarnos nos esforzos de Rokeach para dilucidar os aspectos máis controvertidos sobre este tema e por ser o autor que realizou dos traballos máis interesantes. Rokeach (1973) considera que “un valor é unha crenza duradeira de que un específico modo de conduta ou un estado final de existencia é persoal ou socialmente preferido a outro modo de conduta ou estado final de existencia oposto ou contraditorio” (p.5). Un sistema de valores é, polo tanto, unha organización duradeira de crenzas que fican nun continuo de importancia relativa.
Marco Teórico 80 Este autor defende que os valores son standard empregados para dicirnos que crenzas, actitudes, valores e accións dos outros merecen ser desafiados, e intentar inducir o cambio. Este valor refírese a construtos psicolóxicos, é dicir, a conceptos individuais do que é desexable máis que a obxectos desexados; polo tanto son subxectivos, parten dunha visión interior, e non son elementos obxectivos externos. É conveniente sinalar que Rokeach admite unha compoñente emocional, pois actuar conforme ós propio valores ou non vai asociado a sentimentos de benestar ou malestar cun mesmo. Pero ademais os valores teñen un importante poder motivacional, que ten que ver co nivel de implicación ó que o suxeito se somete para loitar por eles. Tanto a compoñente motivacional como a compoñente emocional, son aspectos fundamentais á hora de ter en conta a participación na protesta política. Resumindo, Rokeach identifica dúas funcións que os valores desempeñan, unha delas é a normativa, posto que dirixen a nosa conduta, os valores axudan a avaliar, xulgar, alagar e condenar a nosa conduta e a dos demais. E a outra función que xa vimos é a motivacional, que trata que o suxeito persiga os seus valores. Posteriormente Schwartz (1992) vai elaborar unha definición algo máis detallada sobre os valores: “os valores son conceptos de crenzas que pertencen a estados finais ou condutas desexables que transcenden a situacións específicas, guían a selección e avaliación de condutas e eventos, e son ordenados en función dunha relativa importancia” (p.4). Os valores entendidos desta maneira, difiren das actitudes, primeiramente na súa xeneralización ou abstracción e en que son ordenados de forma xerárquica por
Marco Teórico 81 importancia. Van Stekelenburg (2006) expón que en principio esta diferenciación é clara, as actitudes refírense a avaliacións de obxectos específicos, mentres que os valores son standard moito máis xerais, que se usan como base para numerosas avaliacións específicas a través das situacións. Neste sentido Rokeach di que os valores determinan as actitudes e a conduta subseguinte (citado en Durán, 2002). Retornando ó elemento de ideoloxía, Van Stekelenburg e Klandermans apóianse nesta visión dos valores para desenvolver a súas teses sobre o camiño ideolóxico cara a acción. Os suxeitos van a actuar para defender os seus valores cando estes se ven atacados, así estes autores asumen que a participación por motivos ideolóxicos baséase na percepción da violación dos propios valores. Esta situación dada pode facer que as metas ideolóxicas se convertan en metas en si mesmas, isto é, o importante non é modificar unha posición inxusta ou ilexítima, senón amosar o enfado e a indignación ante tal situación. Nun estudo realizado sobre unha protesta en contra dos plans de austeridade dos goberno en relación ós dereitos de xubilación, atopouse que o motivo ideolóxico era o que máis forza exercía sobre a motivación a participar, seguido dos motivos de identidade, ira, e por último eficacia. Este estudo mostra como a ideoloxía presentou ter moita maior influencia sobre os participantes que os outros elementos. O que nos fai ter en conta que non se pode abordar o estudo do comportamento colectivo obviando esta variable, que en certos acontecementos pode ser esencial para que os suxeitos saian á rúa. Estes autores formulan ademais, que a ideoloxía vai estar fortemente relacionada co mantemento dunha integridade moral e un equilibrio emocional. Isto é, os suxeitos van actuar a través dunha obriga moral (Van Stekelenburg, 2006) que procede do interior do individuo e polo tanto emerxe como unha obriga interna. Neste sentido, pódese dicir que este tipo de conduta se atinxe á función normativa anteriormente expresada. Así o suxeito elabora normas morais baseadas nos valores de tal xeito que debe
Marco Teórico 82 actuar en congruencia, senón este entrará en disonancia e terá sentimentos de malestar consigo mesmo. No próximo apartado centrarémonos máis detidamente neste aspecto da obriga moral posto que vai constituír un dos elementos centrais desta tese. Isto é así porque consideramos que a inclusión desta variable permitirá un importante avance no entendemento da acción colectiva, así como da conduta humana. A énfase nas explicacións racionais e instrumentais da conduta relegou ó esquecemento certo tipo de variables explicativas do comportamento colectivo. Así, a ideoloxía foi apartada dos estudos da protesta política ata que Van Stekelenburg e Klandermans volven reivindicar a importancia deste elemento. Como vimos, estes autores defenden que a mobilización pode darse a pesares de que as súas metas non se centren en alterar o estado das cousas, senón en dar a coñecer e expresar a indignación que senten os suxeitos que se atopan baixo unha situación de inxustiza. Son precisamente estas ganas de amosar ante o mundo o desacordo e o enfado polo estado das cousas que os levará a saír á rúa. O interesante a partir desta teoría é desvelar cales son as relacións destas variables coas demais anteriormente propostas, as emocionais, as instrumentais, e de identidade; así como explorar que acontecementos ou contextos levan ós suxeitos a tomar un camiño ou outro cara a acción política colectiva, e baixo que condicións é máis probable que se activen uns elementos ou outros. Para finalizar con este apartado queremos sinalar que o principal obxectivo deste estudo é elaborar un modelo integrador da conduta colectiva e dos movementos sociais. Polo que se tomarán como punto de partida os modelos psicosociais anteriores para dar conta dunha mobilización que aconteceu en España no ano 2006
Marco Teórico 83 cando o goberno decidiu iniciar negociacións coa banda terrorista ETA, á cal unha parte dos españois se opuxo fortemente. Dende este estudo imos desenmascarar as razóns que levaron a estes suxeitos á saír á rúa, baseándonos nunha teoría psicosocial da acción colectiva e formulando un modelo integrador. Fronte ás formulación teóricas actuais que propoñen a existencia de rutas independentes (instrumentalidade e identidade, ou instrumentalidade e emocións) para a participación dos suxeitos nese tipo de accións, a nosa alternativa defende a necesidade de integrar estas vías e de analizar as relacións existentes entre elas, incorporando ademais a novidade da existencia dunha variable relacionada coa moralidade dos individuos que os impulsarían a participar neste tipo de eventos. Seguiremos esta liña de investigación iniciada recentemente no estudo da implicación das emoción, da ideoloxía e da identidade na participación política e a súa organización e estruturación en contextos de mobilización social.
CAPÍTULO 5: MÁIS ALÁ DA INSTRUMENTALIDADE: A OBRIGA MORAL A PARTICIPAR
Marco Teórico 92 5.2. INSTRUMENTALIDADE E RACIONALIDADE Dentro do campo de análise da mobilización social véñense realizando dende hai tempo frutíferos estudos que pretenden desenmascarar os motivos que levan ás persoas a involucrarse en accións de protesta. Mais as aproximacións anteriores centráronse demasiado nos factores instrumentais como a eficacia e as redes organizativas, e esquecéronse doutros aspectos igualmente importantes no terreo do comportamento colectivo que non teñen que ver con este tipo de características. Vimos como as orientacións xurdidas nos últimos anos supuxeron un desafío ás posturas máis tradicionais da masa que asumían a perda de individualidade dos participantes e convertíanse en marionetas irracionais manexadas pola suxestión emocional ou o delirio colectivo. A teoría de mobilización de recursos logrou superar con éxito esta visión irracional do comportamento colectivo. Abordou a problemática da mobilización tratando de explicar a conduta do individuo en función dos beneficios que este espera obter das súas accións. Así os puntos de análises trasladáronse da suxestión e a irracionalidade á importancia das metas, dos obxectivos, da racionalidade dos comportamentos e a eficacia das accións (Zald e McAdams, 1990). Esta aproximación teórica que se enfrontou ás teorías da multitude acolleu o termo de elección racional e achegou unha visión instrumental da conduta humana baseándose na consecución de obxectivos, desta maneira conseguiu renovar a antiga visión despersonalizada e irracional dos activistas. Pero este afán de reivindicar a racionalidade humana, levou a visións excesivamente reducionistas do comportamento e a erros na análise da acción colectiva. Ó converter ó individuo nun escrupuloso calculador das súas accións, enténdese que este egoistamente vai orientar a súa conduta en función da utilidade da mesma (Beaudoux, 1999). É
Marco Teórico 93 importante sinalar que as teorías do comportamento racional fixeron achegas moi interesantes no estudo da mobilización social, pero é necesaria unha nova visión que nos permita ilustrar o ser humano de maneira máis completa, e ó mesmo tempo, sen perder a concepción da racionalidade da que se apoderaron. Parece que as teorías de orientacións máis economicistas del S.XX arrebataron o termo de racionalidade para expresar só aqueles comportamentos dos cales o individuo obtén algún beneficio ou aquelas condutas que se consideran eficaces. Despois da teoría de mobilización de recursos comezaron a xurdir outras teorías con novas variables psicosociais, como a identidade ou a ira, que intentaron superar a perspectiva instrumental que se impuxera a finais dos anos 80, sen embargo a noción de eficacia permaneceu no trasfondo destas teorías. Por un lado é importante considerar que estas teorías conseguiron apartar a mirada cara outras fontes, pero por outra banda non lograron despoxarse do peso das visións máis racionalistas. Por exemplo, a concepción de eficacia segue fortemente ligada a estas teorías. En oposición ás teorías de custes-beneficios onde se ponderan as consecuencias de cada conduta, cabe preguntarse por exemplo: como se pode calcular a cada paso o peso das nosas accións? Que acontece cando nos atopamos ante dúas alternativas moi equitativas? Como se explicaría o comportamento humano cando este actúa baixo impulsos, intuicións ou heurísticos? Ou que ocorre cando o individuo actúa baixo as emocións ou baixo a intuición, está a actuar de forma irracional? Este tipos de cuestións son moi difíciles de responder dende as teorías máis racionalistas (Schwartz, 1977). A escasa atención ás emocións son un claro exemplo das tendencias racionalistas da época, pois foron durante moito tempo relegadas ó esquecemento por seren consideradas irracionais. Mais un mundo ausente de emocións parece que non tería sentido, sen elas non hai nada bonito, prezado e admirado que poida causar un acto humano.
Marco Teórico 94 Se pensamos que o individuo ha de recibir recompensas como requisito para iniciar a acción, non cabería a posibilidade de entender condutas puramente altruístas. Schwartz incorpora nas súas teorías a obrigación moral para explicar sobre todo as condutas de axuda e altruístas. Teorías anteriores consideraban ó voluntario como un calculador en alerta polas recompensas sociais e materiais, sen embargo para Schwartz hai fontes internas de motivación que non foron consideradas en estudos precedentes. É certo que sempre que se realiza unha conduta altruísta recíbese algo, pero o habitual é que se trate de cousas intanxibles, como sentimentos dunha autoestima saudable ou sentirse ben con uno mesmo (Vera, Martín, Martínez e Paterna, 2004). Moitas das definicións de altruísmo admiten este tipo de benestar persoal, sen que por iso manteñan matices egoístas ou deixen de ser consideradas condutas altruístas. Foi precisamente en traballos sobre conduta deste tipo onde a compoñente de obrigación moral recibiu unha maior atención (Kaiser, 2006; Oteberg, 2001; Skitka, 2002, 2005). Estes estudos informan da influencia da obrigación moral sobre condutas solidarias, como poden ser a dotación de sangue, o voluntariado, ou a conservación ambiental. Dende a socioloxía Lipovetsky explica que este tipo de comportamentos xorden como oposición á excesiva preocupación por un mesmo para contrarrestar as excesivas tenencias individualistas da sociedade actual (Lipovetsky, 2002). O noso enfoque defende que o individuo pode actuar sen pretensións instrumentais; como di Tanner (2008) os individuos poden basear ás súas condutas baixo unha orientación deontolóxica e non só consequencialista. As actuacións baixo a orientación deontolóxica virán motivadas por sentimentos de obriga moral. Con todo, podemos preguntarnos tamén porqué a xente actúa baixo sentimentos de obriga moral aínda sendo os custes non morais altos. A resposta é clara, en ocasións o precepto moral pode acadar un peso tal que neutralice tales custes. É dicir, o individuo precisa comportarse baixo unha coherencia persoal que o leva a actuar conforme unhas
Marco Teórico 95 prescricións morais, especialmente cando son relevantes e se viron atacadas. Os altos custes non teñen que ser un impedimento para certo tipo de condutas como por exemplo o voluntariado. Jasper, pola súa banda, indica que a moralidade é a noción clave para motivar a participación en actividades de alto risco. Pola contra, a omisión da conduta pode producir un custe aínda maior, a traizón á coherencia persoal. No caso de omisión da conduta moral, é a non-acción o moralmente condenable, pois a violación das normas persoais significa una traizón a un sistema de valores construído por un mesmo. Que acontece si violamos o que nos mesmos construímos? Pois ben, prodúcese unha disonancia, unha discordia e malestar que é preciso arranxar, con accións compensatorias ou cambiando o noso sistema de valores posto que este fallou (Rawls, 1999). Polo anterior entendemos que este comportamento descrito non se atopa fóra dos lindes da racionalidade. Ó igual que actuar baixo os efectos das emocións, non podemos dicir que actuar conforme ós nosos principios morais sexa actuar irracionalmente, ambos elementos ademais son fortes motivadores da conduta. Estudos recentes dende outras disciplinas como a neurociencia, avalan as nosas teses, xa que indican que o individuo pode actuar racionalmente sen ter como obxectivo fins materiais. O traballo de Knoch, Pascual-Leone, Meyer e Fehr (2006) demostra a existencia de certos mecanismos neurolóxicos que interveñen cando os individuos renuncian ós seus intereses preferindo actuar de forma coherente ós seus principios, e sinala que en ocasións a toma de decisións está guiada por una lóxica de orde moral, pese ós custes que isto poida supoñer. Outros traballos tamén xustifican tales posturas, Tanner, Medin, e Ileiv (2008) encontraron que as persoas se centraban máis nas preocupacións morais que nas consecuencias das accións, seguindo unha orientación deontolóxica. Hai
Marco Teórico 96 aproximacións, polo tanto, que consideran que esta orientación pode ser fundamental no proceso de toma de decisións, independentemente dos resultados. Unha visión deontolóxica da toma de decisións usa a moralidade como guía e referencia da conduta, mentres que as teorías consecuencialistas consideran que a toma de decisións diríxense a maximizar os beneficios, sen estar afectadas por normas ou factores externos ós resultados. Así mesmo Skitka (2002, 2005) considera que unha importante guía da conduta é o que chama mandato moral ó indicarnos o que está ben e o que está mal. Este autor asume que a xente actúa en función do seu sistema central de valores, sobre todo cando algún deles foi violado, porque se isto non acontece verase atacada a autenticidade moral da persoa. É nestas ocasións cando os beneficios ou recompensas materiais deixan de ter relevancia, posto que emerxe o imperativo da moralidade, suficiente para que se de a acción. Finalmente, hai que ter en conta que non pretendemos dende aquí cuestionar a relevancia que poida ter a instrumentalidade, pois xa foi demostrada en repetidas ocasións. Porén o que queremos dicir son dúas cousas. Primeiramente que a obriga moral pode ter en ocasións unha forza motivacional maior que a instrumentalidade. E segundo, que actuar desa maneira non resta ningunha racionalidade a este comportamento, salvo que a racionalidade sexa entendida como un mero cálculo de custes e beneficios.
CAPÍTULO 6: MOBILIZACIÓN SOCIAL E CONTEXTO
Marco Teórico 99 6. MOBILIZACIÓN SOCIAL E CONTEXTO A participación en fenómenos sociais non se da en ausencia dun contexto, sempre que acontece unha mobilización política unha serie de circunstancias a rodean. Este cúmulo de circunstancias van actuar como axentes inhibidores ou facilitadores deste tipo de actividade política. De xeito que o encadre socio-político onde se da a acción colectiva vai ser esencial para una completa comprensión de ditos fenómenos. Mais a dificultade de consideración deste termo, o contexto, reside na súa falta de concreción e o seu carácter inespecífico, pois é un concepto moi amplo. Este refírese a aqueles factores que non dependen directamente dos axentes de acción, a pesares de que en maior ou menos medida estas persoas poidan chegar a introducir algunhas modificacións no mesmo (Rodríguez, Costa e Sabucedo, 1993). Como se recordará, modelos anteriores tentaron xa introducir esta variable de maneira máis ou menos sistemática a través do que se denominou a Estrutura de Oportunidade Política. Dentro dos traballos de Tarrow (1983) podemos distinguir tres dimensións dentro do concepto: o grao de apertura do acceso político formal, a dispoñibilidade e posición estratéxica de posibles aliados e o grao de estabilidade/inestabilidade das alianzas políticas. É preciso indicar que dita estrutura non está composta por factores baixo o control directo dos actores, de tal maneira que os cambios non poden ser anticipados por estes. Sen embargo non podemos restrinxir a influencia do contexto no campo das propiedades dun sistema político. Senón que a parte das características socio estruturais propias dun Estado, que son de carácter moi xeral, hai outros factores contextuais que afectan á implicación ou non dos individuos na protesta, como o ambiente social e político máis específico en torno a unha mobilización que poden ser claves para motivar a participación.
Marco Teórico 100 Isto é, os cidadáns viven inmersos nunha realidade social e política, polo que a interacción continua destes co medio vai ser fundamental na expresión dos seus comportamentos. Veremos a continuación as posición en relación ó comportamento humano e o ambiente ou contexto inmediato. 6.1. INDIVIDUO E CONTEXTO Aínda buscando as formas máis puras, a conduta humana non se da nun baldeiro contextual, senón que o ser humano é un ser social. Así as relacións que acontecen entre os individuos, os grupos e o entorno danse dentro dun entramado social, histórico e político. De tal forma que as diferentes dinámicas onde se da a interacción van modular a natureza da conduta.Con todo, hai que ter en conta que non se pode falar do contexto como unha entelequia allea ó individuo, pois o acompaña a cada momento, xa que un individuo é un ser social incluso cando está só. Non podemos esquecer que as interaccións entre a persoa e o seu ambiente danse en sentido bidireccional. Así como as situacións onde se atopan os suxeitos van condicionar o seu comportamento, estes tamén interfiren na esfera social e se converten en axentes de acción. Un exemplo ben ilustrativo desta forma de incidencia é precisamente a mobilización social que en moitas ocasións persegue producir cambios nas sociedades. Determinadas cuestións ligadas a esta problemática veñen preocupando ós científicos do comportamento dende hai moito tempo, por exemplo, cando podemos dicir que o comportamento humano está determinado pola situación na que se encontra ou polas súas propias disposicións psicolóxicas? Porque hai individuos que en condicións de alto risco non actúan de acordo coa súa propia moralidade e do que consideran que
Marco Teórico 101 está ben e pola contra hai xente que en tales condicións reivindican esta moralidade? Os límites son difíciles de establecer. Non obstante, non pola dificultade de esclarecer tales lindes vanse obviar uns aspectos ou outros. Algúns célebres estudos científicos amplamente coñecidos dentro da psicoloxía social como por exemplo os estudos sobre a autoridade de Milgram levados a cabo na Universidade de Yale en 1963 ou o experimento da cárcere de Stanford levado a cabo nesa mesma Universidade polo profesor Zimbardo no ano 1971 apuntan cara un predominio das variables situacionais sobre as disposicionais. Estes autores a través de estudos de laboratorio desvelaron distintos procesos de influencia social que afectan ó individuo cando se atopa en determinadas situacións extremas. Destes estudos conclúese que unha situación nos pon o marco para actuar, independentemente das nosas características persoais. Así mesmo, Martín-Baró (1998) participando en dito debate adopta unha posición que podemos chamar “Construcionismo Construtivista”, onde a pesares de destacar a importancia de variables subxectivas como o fatalismo (crenza de que a situación inxusta é inmutable e externa ás persoas), infire que estas crenzas non se dan se non hai unhas condicións estruturais que así a propician, é dicir, a orde e o funcionamento de cada réxime social facilita que predominen unhas actitudes fronte a outras, e premia certas formas de comportamento, mentres castiga outras: “Llegamos así a la consecuencia de que, aunque el fatalismo constituye un síndrome personal, representa un correlato psíquico de determinadas estruturas sociales. Reaparece así la vieja tesis psicosocial que postula unha correlación entre estruturas objetivas y subjetivas, entre las exigencias de los regímenes sociales y los rasgos caracterológicos de los individuos” Martín-Baró, I. (1998, p.92/93)
Marco Teórico 108 Máis alá do recoñecemento das súas contribucións, xa que foron dos primeiros estudos onde conxugan variables contextuais no ámbito concreto da mobilización e os motivos que levan ós suxeitos a participar, é preciso sinalar que presentan algunhas limitacións, posto que a estes estudos se lles escapa a consideración dun contexto global máis amplo. Non teñen en conta, ó quedarse ancorados só nun contexto de mobilización, as influencias do contexto político, que se volve especialmente relevante no ámbito da protesta política. A diferenza destes estudos presentados previamente nós imos resaltar a importancia de considerar tamén o contexto político específico e non só o de mobilización, debido á importancia das connotacións políticas que presentan este tipo de fenómenos. Estas dinámicas socio-políticas van influír tanto no proceso de definición como no tipo de motivos que van impulsar ós suxeitos á protesta. Os marcos interpretativos existentes nunha sociedade poden entrar a debate a través das declaracións de políticos, a énfase dos medios de comunicación ou os comunicados de grupos sociais e os movementos. Así este tipo de intercambios veñen determinados polo contexto político no momento en que se dan. É sinxelo comprobar como cuestións relativas o signo do partido do poder poden influír en certa medida ós sectores sociais que se amosan máis activos. Cando goberna a dereita a esquerda móstrase máis activa e pola contra cando goberna a esquerda é a dereita. Dalgunha maneira a alternancia do poder condiciona os actores da protesta en cada ciclo político. Pretendemos dar unha visión integradora, posto que moitas veces uns aspectos son difíciles de entender sen os outros. Os sistemas políticos, as características lingüístico culturais dunha sociedade e o nivel educativo, entre outros, son aspectos a ter en conta no xurdimento e desenrolo dos movementos sociais, pois aínda que non son aspectos determinantes funcionan como caldo de cultivo para a súa proliferación.
Marco Teórico 109 Partindo do coñecemento de que as características socio-estruturais dunha nación así como o seu sistema socio-político van producir impactos naqueles motivos psicolóxicos, defendemos a necesidade de considerar estes aspectos nos modelos de mobilización social. Se ben por seren estes aspectos demasiado amplos e xerais a consideración do contexto político máis específico como o clima político nun momento determinado ou o signo do partido que está no poder poden funcionar como elementos contextuais moi útiles para comprender a implicación dos participantes. Un esquema explicativo das influencias do contexto sobre a mobilización é presentado a continuación. Nel vemos que tanto o contexto político dunha determinada nación, como o contexto máis específico da mobilización van condicionar os motivos polos que a xente se mobiliza, así como os propios axentes de acción. CONTEXTO NACIÓN DE MOBILIZACIÓN MANIFESTACIÓN SUXEITO Figura 1: Modelo do proxecto internacional do programa da ESF : “Caught in the act of protest: contextualizing contention” (2009) Nesta tese, xa que logo, ímonos inspirar neste modelo, o que nos vai permitir unha visión máis ampla desta problemática; se incluirán as variables contextuais tanto as relacionadas co contexto político como as referidas ó entorno máis inmediato da mobilización. Imos soster que as variacións do contexto van a influír no tipo de suxeitos que se mobilizan incidindo polo tanto no quén?, e por que? CONTEXTO POLÍTICO DEMANDA SUMINISTRO MOBILIZACIÓN TEMA MANIFESTACIÓN CARACTERÍSTICAS QUEN? PORQUE? COMO?
Marco Teórico 110 Para rematar, debemos indicar que esta necesidade ineludible de conxugar os tipos de análise vense aireando dende moito tempo, con todo, non pareceu manifestarse de maneira clara ata a realización de estudos empíricos recentes, que como vimos nas páxinas anteriores tentaron conectar tales aspectos irreconciliables da mobilización. O que se botou en falta nestes traballos foi a consideración dun contexto algo máis global, relacionado co entramado político do momento. A continuación, na segunda parte desta tese dedicada ó estudo empírico dunha mobilización en concreto, centrarémonos nos elementos psicosociais mencionados durante esta introdución teórica que tiveron unha especial relevancia na literatura da protesta. Tentaremos, pois, desvelar nas seguintes páxinas os motivos psicosociais implicados nunha protesta concreta relativa á mobilización da AVT en contra do proceso de paz iniciado polo goberno; así como conxugar as distintas características do contexto, coa pretensión de dar unha visión integradora, completa e enriquecedora do mundo da protesta política.
III. ESTUDO EMPÍRICO
Estudo Empírico 113 1. INTRODUCCIÓN Ó abeiro dos fundamentos teóricos articulados previamente, analizaremos nas seguintes páxinas cal é o poder explicativo de cada unha das variables expostas nos capítulos anteriores. Nesta ocasión a incursión no mundo da protesta política farase a través do estudo e análise dunha mobilización concreta. Esta mobilización, na que nos centraremos a continuación, xorde para protestar en contra do proceso de negociación que iniciou o goberno con ETA no ano 2006. Dende o anuncio da tregua de ETA, unha parte da sociedade española manifestou non estar de acordo co comezo dunha etapa de negociacións cos terroristas, de xeito que este sector da poboación comezou a emprender accións de protesta en contra de dito proceso. Estas accións foron encabezadas pola Asociación de Vítimas do Terrorismo (AVT) e apoiadas polo partido político na oposición, o PP. Ante a nova do alto ó fogo de ETA, a sociedade española veuse dividida entre os que apoiaban o proceso de negociación, pois vían que era unha oportunidade válida para acadar a paz e os que se opuñan a tal proceso, ó considerar que o diálogo cos terroristas é algo inmoral e ó crer que se trataba dunha trampa auspiciada polos terroristas. Nesta investigación imos utilizar datos recollidos na concentración acaecida o 10 de xuño do 2006 en Madrid convocada pola AVT. A afluencia de xente a dita concentración foi masiva, aínda que á hora do reconto houbo un lixeiro baile de cifras entre os distintos medios de comunicación. Acudiron arredor de 200.000 persoas segundo o diario El País, 216.000 segundo o xornal El Mundo, 243.000 segundo a delegación do goberno e en torno a medio millón foi a cifra estimada pola comunidade de Madrid, aínda que este último dato presentouse sen información sobre a realización de dito cálculo.
Estudo Empírico 114 O noso interese por este tipo de mobilización vén dado pola propia idiosincrasia da situación onde estes fenómenos acontecían. O clima político que se vivía en España pouco despois dos atentados do 11-M, o xiro electoral co triunfo do PSOE e a peculiaridade das mobilizacións promovidas polas víctimas do terrorismo son factores que dotan dunhas características especiais a esta protesta. Lonxe de ser consideradas estas condicións un obstáculo, actúan como unha oportunidade ideal para analizar os temas de principal interese. Por un lado o clima político tan distintivo que envolvía estas accións, permitiranos afondar na influencia do contexto político sobre os motivos de protesta. Por outra banda, a carga emocional e moral de dita mobilización vainos posibilitar ampliar o coñecemento sobre estas compoñentes pouco abordadas en estudos previos. Ó ser o terrorismo un dos temas que máis preocupa á sociedade española e ó estar encabezada esta mobilización por unha asociación de vítimas, as compoñentes de tipo emocional e moral van xogar un papel importante, polo que ocuparán o noso foco de atención neste traballo entre outros que serán presentados no seguinte apartado. 2. O CONTEXTO DE MOBILIZACIÓN E O CONTEXTO POLÍTICO Non podemos entender como e porque se produce un movemento social se non temos en conta o momento histórico e político no que este acontece. Así pois, para poder explicar a complexidade dun movemento que está a emerxer, é preciso primeiramente analizar tanto o contexto histórico como socio-político no que se ve inmerso. Como as inquietudes de cambio dunha sociedade veñen dadas polas características particulares de cada momento, imos, antes de mergullarnos de cheo na análise de datos, a proporcionar unha serie de pinceladas referidas ó contexto no que xorde esta acción colectiva.
Estudo Empírico 115 2.1. CONTEXTO DE MOBILIZACIÓN O contexto de mobilización refírese ó contexto máis inmediato, e está directamente relacionado con aquelas organizacións que convocan á xente ou que apoian a mobilización. Neste caso foi a Asociación de Vítimas do Terrorismo (AVT) a organización que convocou a presente concentración. Esta é unha asociación apolítica creada para apoiar de forma legal e psicolóxica ás vítimas do terrorismo, e fundouse no 1981 por vítimas de diferentes grupos terroristas (ETA, GRAPO, etc.) máis seus familiares. Ó redor de 6.000 membros conforman esta asociación, o seu principal obxectivo é respaldar e auxiliar ás vítimas do terrorismo, así como de concienciar á poboación sobre os problemas das mesmas. Aínda que esta organización non foi creada con pretensións políticas vese fortemente apoiada polo partido político da dereita, o PP. A AVT formou parte de importantes protestas relacionadas con decisións políticas sobre terrorismo, e comezou unha forte campaña contra o empeño do goberno de dialogar con ETA, xa dende o primeiro momento en que se anunciaron as súas intencións. A AVT cría que era ilexítimo negociar temas políticos con terroristas responsables de crimes de sangue. Deste xeito, para as vítimas o goberno estaba a facer concesións ó inimigo. Algúns traballos precedentes (Bar-Tal, Halperin e de Rivera, 2007; Fernández-Dols, Carrera, Hurtado de Mendoza e Oceja, 2007) sobre os impactos da vivencia de situacións conflictivas sinalan a emerxencia de emocións colectivas que son compartidas por un grupo social. Cando o goberno lle está a dar voz ós terroristas, ós cales as vítimas toman polo mesmo demo, dótaos de calidades humanas ó actuaren como interlocutores. Deste xeito, cando sitúan ós terroristas nunha posición humana, as vítimas séntense ofendidas, infravaloradas e agraviadas; como un grupo social que se percibe atacado (Sabucedo e Alzate, 2005).
Estudo Empírico 116 Antes de rematar con este apartado sobre o contexto da mobilización é preciso matizar certa información para comprender mellor a idiosincrasia de dita mobilización. Aínda que a AVT está fortemente asociada ó PP, algunhas das vítimas que pertencen á asociación atópanse máis vinculadas a outros partidos. Entre eles o partido do goberno, o PSOE, o mesmo que estaba a tomar medidas que incomodaba ás vítimas, situando a esta xente nunha situación complicada. 2.2. CONTEXTO POLÍTICO Todo fenómeno social e político vese afectado, evidentemente, polo clima político que se está a dar nunha sociedade; de feito, el mesmo faise reflexo de dita situación. Os movementos sociais son parte destes fenómenos, infórmannos así das peculiaridades dunha determinada problemática social e tamén poden servir para medir os niveis de crispación sobre un tema concreto. Mais o que aquí nos interesa principalmente son os efectos que un determinado contexto político pode ter sobre os motivos de participación. Dependendo do contexto onde se dá a mobilización, os motivos para asistir poden variar. Estudos recentes amosan como dependendo dos impactos do contexto van mudar as motivacións individuais (Klandermans, 1993). A mobilización na que nos imos centrar neste traballo tivo lugar en circunstancias políticas especiais. As tensións entre os dous principais partidos foron crecendo xusto despois da volta electoral onde o PP perdeu o poder xusto tres días despois dos atentados do 11-M en Madrid. A autoría dos atentados foi un tema crucial antes das elección debido á gran confusión sobre este asunto. De maneira que, se ETA cometese os atentados, o PP sairía airoso, pois suporía xustificar a política de represión policial e acoso legal levada a cabo por tal partido. Isto levaría, xa que logo, a unha vitoria do partido popular, ó ser o
Estudo Empírico 117 terrorismo de ETA un tema que este partido sempre resaltou, pois dalgunha maneira consideran que son competentes neste asunto. De feito, sempre tratou de mantelo no seu discurso electoral (Bali, 2007). Pero, por outro lado se os membros de Al-Qaeda fosen os autores, isto tería unhas consecuencias negativas para o PP, pois a poboación asociaría os ataques co apoio impopular á guerra de Iraq (Michavilla, 2006; Sinkkonen, 2008). Nos últimos momentos antes das eleccións todo indicaba que Al- Qaeda e non ETA foran os autores. No entanto o PP seguiu dirixindo a súa atención a ETA. De tal modo que os partidos de esquerda na oposición comezaron a denunciar a manipulación informativa por parte do goberno. Contra as sondaxes previas ós ataques, o PSOE gañou as eleccións. E como consecuencia, o PP e medios de comunicación relacionados consideraron que os atentados influíron dunha maneira determinante nos resultados das eleccións. Coa chegada do partido socialista ó poder a política anti-terrorista sofre un xiro radical se a comparamos coa anterior auspiciada polo PP, que estaba baseada na represión policial e no acoso legal. As novas intencións do goberno residían en abrir unha vía de diálogo para a solución de tal problemática. En maio do 2005 o congreso dos deputados, coa oposición do PP autoriza ó goberno para emprender conversacións coa banda terrorista, sempre e cando abandone a violencia. O 22 de marzo do 2006 ETA declara unha tregua permanente co obxectivo de impulsar un proceso democrático en Euskal Herria, e unhas semanas máis tarde (29 de xuño) o presidente J.L. Rodríguez Zapatero anuncia o inicio do diálogo coa banda terrorista. Ó albiscar o comezo dun proceso de negociación certos sectores da poboación amosan o seu malestar e prodúcese unha forte contestación social. Pola relevancia do tema e a causa das reaccións dalgúns grupos sociais ante o mesmo, este asunto ocupou un lugar relevante na axenda política do momento.
Estudo Empírico 124 4.3. INSTRUMENTO: O instrumento utilizado para a recollida de datos foi un cuestionario que constaba de 33 ítems (Anexo II), os cales recollían información acerca dunha ampla variedade de cuestións. Entre elas incluíanse as dimensións obxecto de estudo: agravios, eficacia, emocións, obriga moral, interese pola política e motivación a participar. A operativización das variables ás que nos estamos a referir realizouse da seguinte maneira. Todas foron codificadas nunha escada de 5 puntos, onde 1 é igual a nada e 5 é igual a moito. Os agravios foron operativizados cunha soa pregunta formulada da seguinte maneira: “¿Como cidadán séntese afectado pola decisión do goberno de iniciar negociacións con ETA? Para avaliar o elemento de eficacia tomouse como medida as expectativas de cambio: “¿Cre que esa concentración á que acudiu servirá para que o goberno modifique a súa decisión de negociar con ETA? O elemento de identidade operativizouse con preguntas como, “¿síntese parte da AVT? ou ¿Séntese comprometido coas ideas da AVT? Para medir a emoción da ira fíxose un computo de tres emocións: “Como se sente vostede... ofendido/ asqueado/ enfadado”. Medidas en una escala de 5 puntos, desde nada ata moito. En canto á variable de obriga moral utilizáronse preguntas como a presentada a continuación: “¿Sentiuse moralmente obrigado a participar nesa concentración?”
Estudo Empírico 125 O interese polo política mediuse con preguntas como: “¿Interésalle a política?” En canto á motivación a participar, o item relacionado con este elemento foi expresado da seguinte maneira: “¿Con cantas ganas acudiu vostede a esa concentración?”. Para tomar en consideración as conexións dos participantes cos diferentes contextos, separouse a mostra en función de dous criterios. Para o contexto de mobilización dividiuse a mostra en función da alta ou baixa identificación coa AVT, tomando como punto de corte a mediana da variable de identidade. E para o contexto político tomouse como referencia á vinculación política ó PP, pois é o elemento que xoga un papel crucial no clima político. Neste caso a división da mostra realizouse a partires da identificación ou non co PP e tomouse como elemento para a partición a seguinte pregunta: Con que partido político se sente máis identificado? Presentándose diferentes opcións de resposta entre elas o partido do goberno: o PSOE, e o PP. Ademais destas variables recolleuse información sobre as características sociodemográficas da poboación, tales como a idade, o sexo e o nivel de estudos.
Estudo Empírico 126 5. ANÁLISE DE DATOS 5.1. ANÁLISE DESCRITIVO Imos levar a cabo unha análise descritiva para establecer unha primeira toma de contacto cos datos obtidos unha vez feitas as operacións necesarias de depuración dos mesmos. De tal maneira que exporemos inicialmente as medias e as desviacións típicas, e de seguido presentaremos un estudo das correlación entre as distintas variables. Na táboa I, xa que logo, incluiranse os estatísticos descritivos e as correlacións das principais variables: agravios, eficacia, identidade, ira, interese pola política, obriga moral e motivación. p** < .01; p* < .05 TÁBOA I: Estatísticos Descritivos (medias, desviacións típicas e correlacións) M DT 1 2 3 4 5 6 7 1. Agravios 4.6 .61 -- 2. Eficacia 1.7 .85 -.01 -- 3. Identidade 3.9 .90 .32** -.02 -- 4. Ira 4.5 .80 .34** -.03 .29** -- 5.Obriga Moral 4.7 .56 .27** .02 .31** .36** -- 6. Int. Política 4.2 .75 .16** -.11* .23** .12* .15** -- 7. Motivación 4.7 .59 .23** .06 .38** .27** .46** .19** --
Estudo Empírico 127 A continuación comentaremos os principais achados desta análise. As medias adiantan xa información moi interesante e innovadora sobre as características dos participantes e as variables obxecto de estudo. De maneira que neste primeiro achegamento, podemos observar que as medias máis altas son as da motivación (M = 4.7, DT = .58) e da obriga moral (M = 4.7, DT = .56). Isto indícanos que estas persoas están altamente motivadas e que ademais presentan fortes sentimentos de obrigación moral a participar. O primeiro dato é de esperar se temos en conta que a xente presente na concentración estase, de feito, a mobilizar e para que aconteza tal cousa é preciso que estean motivados. Porén, o outro dato resulta algo máis sorprendente, pois o valor da obriga moral é o elemento psicosocial cunha puntuación máis elevada, indicando que efectivamente os suxeitos sentíanse moralmente obrigados a participar, cunha importante presenza deste imperativo. Pola contra, o valor máis baixo dentro das medias é o de eficacia (M = 1.6, DT = .85). Como podemos apreciar os participantes experimentan escasos sentimentos de eficacia percibida, dando a entender que os suxeitos se mobilizaron por outros motivos e non para producir cambios eficaces. Agora imos informar sobre as relacións que establecen as distintas variables entre si a través da análise de correlacións. Os valores coloreados son aqueles que presentan correlacións estatisticamente significativas. O máis interesante da táboa I, sen lugar a dúbidas, é que na matriz de correlacións o valor correspondente á relación entre a motivación e a eficacia non é significativo (r = -.06, p > .10). De feito, este dato revélanos que a correlación é próxima a cero, o que quere dicir que son variables practicamente independentes, pois non presentan ningún grao de relación entre si. Isto é aínda máis asombroso se reparamos en que a eficacia é a única variable de toda a matriz que non correlaciona coa motivación, mentres que o resto de variables si o fan e de maneira significativa. Polo anterior, concluímos que os participantes non se
Estudo Empírico 128 basean no motivo de eficacia percibida para acudir a dita mobilización, ó mostrarse esta independente da motivación. Isto concorda coa nosa primeira hipótese, pois era de esperar que a eficacia non emerxese como un motivo principal. É preciso mencionar ademais que non correlaciona de maneira significativa coas outras variables presentes na matriz de datos. Por outra banda, convén indicar que o índice de correlación máis significativo dáse entre a obriga moral e a motivación a participar (r = .46, p ≤ .01), indicando unha alta correlación entre as dúas variables. O seguinte valor máis alto recae entre a motivación e a identidade (r = .38, p ≤ .01). Estes datos apoian a segunda hipótese, que formula que estes dous motivos terán maior forza explicativa que a eficacia tendo en conta a idiosincrasia da mobilización. Así pois, as dúas variables que máis correlacionan coa motivación son a identidade e a obriga moral, sendo a terceira a variable emocional da ira (r = .27, p ≤ .01). Se exploramos as correlacións restantes, atopámonos con que aquela significativa máis alta dáse entre as variables de obriga moral e ira (r = .36, p ≤ .05 ), isto denota que hai unha estreita relación entre as dúas variables e así mesmo salienta o papel que xoga esta emoción na mobilización. Observando o resto das relacións coa ira, podemos comprobar que esta emoción amosa correlacións altas e significativas con todos os elementos, excepto co de eficacia. Obtendo tamén unha alta correlación coa motivación a participar, sendo a terceira puntuación máis significativa. Aquí comprobamos que esta emoción xoga un papel importante, en dirección o formulado na terceira hipótese. Resumindo, neste contacto preliminar cos datos obtemos información moi interesante e innovadora. Primeiramente, constatamos que a maioría das variables sometidas a
Estudo Empírico 129 análise correlacionan de forma significativa coa variable motivacional, excepto a variable de eficacia que non correlaciona significativamente. Iso pon de manifesto que non se establece ningunha relación entre a eficacia percibida das accións e a motivación a participar. Este dato ademais vese reforzado ó non advertir ningunha correlación significativa deste elemento cos demais motivos psicosocisais. Así, se esgrime que a instrumentalidade, referida á eficacia percibida, non se atopa dentro dos motivos que nesta ocasión levaron ós suxeitos a actuar. A forza motivadora que a eficacia amosou noutros estudos quedou anulada nesta ocasión. Por outra banda, podemos apreciar que as variables cunha correlación máis alta coa motivación son a obriga moral e a identidade, polo que van xogar un papel importante nesta mobilización. 5.2. ANÁLISE DE REGRESIÓN XERÁRQUICA DA MOSTRA TOTAL Para facer unha análise más profunda e elaborada dos datos levouse a cabo unha regresión xerárquica coa totalidade da mostra. Este método estatístico permítenos observar que variables exercen unha maior influencia sobre a motivación a participar, e ó mesmo tempo determinar o modelo que posúe unha maior capacidade explicativa para comprender os motivos que levaron á xente a saír á rúa. Deste xeito, coa análise de regresión de tipo xerárquico incorporáronse primeiramente as variables socio-demográficas (nivel educativo, idade e xénero) para controlar se producen algún tipo de incidencia que é preciso coñecer, e no seguinte paso incluíronse todas aquelas variables que na matriz de correlacións amosaron valores significativos coa motivación. De tal maneira que no segundo nivel da regresión aparecen as seguintes variables independentes: agravios, identidade, ira, interese pola política e obriga moral; e como variable dependente utilizouse a motivación a
Estudo Empírico 130 participar. Na táboa que se presenta a continuación podemos comprobar a influencia das distintas variables sobre a motivación. VD: Motivación de participar p*** <.001; p**<.01, p*<.05, pº <.10 TABOA II: Análise de regresión xerárquica coas variables control no primeiro paso (nivel educativo, idade e xénero) e as variables psicosociais no segundo. Os resultados, que a táboa II desprende, esclarecen as relacións entre os distintos elementos psicosociais e a variable dependente, a motivación a participar. Se ben non albergan grandes sorpresas ó ir en dirección do escrutado nos análises preliminares, atopámonos con datos dunha utilidade substancial para o estudo da mobilización social, como veremos a continuación. Pero antes de mergullarnos de cheo neste tema, convén analizar primeiro a influencia das variables socio-demográficas. Modelo 1 Modelo 2 N = 432 N = 432 β β 1. Nivel educativo .00 -.04 2. Idade .14** .06 3. Xénero .09º .01 4. Agravios .04 5. Ira .06 6. Identidade .22*** 7. Obriga Moral .34*** 8. Interese na política .08* F 3.82* 20.8*** Df (3, 428) (8,423) R2 Corrixida .02 .27 R2 Change .03* .26***
Estudo Empírico 131 No primeiro modelo, tal como se pode observar na táboa, introdúcense as variables socio-demográficas: o nivel educativo, a idade e o xénero, este modelo revélase como significativo e acada explicar preto dun 2% da varianza total. Dentro das variables control a única que é claramente significativa é a idade cunha β = .14**, o que parece indicar que a maior idade maior motivación presentan os suxeitos a participar en dita mobilización. A variable de xénero só é marxinalmente significativa, e presenta unha β = .08, polo tanto bastante baixa. O máis interesante aparece no segundo modelo onde se introducen as variables psicosociais, de tal xeito que podemos detectar cales son as que exercen un maior peso sobre a variable motivacional. Coa incorporación destas variables na ecuación apreciamos, tal e como amosan os resultados, que a varianza explicada incrementa de forma significativa R2 corrixida = .27, R2 change = .26. Este dato manifesta que o segundo modelo consegue explicar un 27% da motivación e que os cambios que achegan as variables son significativos. Dentro deste modelo constatamos que as variables psicosociais que se revelan como máis significativas son a identidade (β = .22***) e a obriga moral (β = .34***). En menor medida tamén aparece como valor significativo o interese pola política (β = .08*), o que nos indica que este elemento exerce tamén incidencia sobre a motivación. Estas son, polo tanto, as variables que explican preto dun 30% da varianza. Mais como ben nos ilustra a táboa II a obriga moral é a que exerce unha maior carga sobre a variable dependente de motivación. Este dato acapara a nosa atención pois, aínda que era de esperar que se amosase como significativo, a obriga moral é a variable máis influinte de todo o modelo, tornándose así o principal motivo. O que máis nos atrae destes resultados é que o peso da obriga moral aparece nunha mobilización onde a compoñente de eficacia non exerce ningún tipo de influencia. Isto bríndannos
Estudo Empírico 132 información nova e de grande interese, apuntando na dirección das formulacións teóricas previas e da nosa primeira hipótese. Como vimos, esta acción colectiva foi posible sen a necesidade dunha expectativa de cambio nos actores da protesta grazas a fortes sentimentos de obrigación moral. A segunda hipótese vese tamén confirmada ó presentárense os niveis de obriga moral e identidade como os máis relevantes para explicar a conduta dos participantes. En canto a terceira hipótese resulta algo sorprendente que non emerxa a ira como variable significativa, pois era de esperar que isto así acontecese. Nesta ocasión a xente mobilizouse por unha obriga moral e por sentimentos de identificación coas vítimas, e non por se sentiren eficaces. Posuír altos sentimentos de identificación coa AVT, a necesidade de actuar conforme a uns principios morais, e albergar un alto interese pola política foron os elementos fundamentais polos que a xente saíu á rúa a protestar. 5.3. OS EFECTOS DO CONTEXTO SOBRE OS MOTIVOS DE PARTICIPACIÓN MANOVA En relación á cuarta hipótese formulada, para comprobar os efectos do contexto e as súas diferenzas entre as variables levouse a cabo unha proba estatística denominada MANOVA. Como comentamos no seu momento diferenciamos dous contextos: o de mobilización e o político. No caso do contexto de mobilización tomamos o grao de identificación coa AVT (↑AVT/ ↓AVT) para facer a diferenciación entre os que posúen unha alta ou baixa identidade co organismo convocante (AVT); e para o contexto político tomamos como referencia a vinculación co PP (PP/ Non_PP), utilizouse a información recollida no cuestionario onde se pedía ós suxeitos que indicasen con que partido político se sentían máis identificados. Neste caso analizaremos como cada un
Estudo Empírico 133 dos niveis contextuais inciden nas distintas variables psicosociais. Na táboa que presentamos a continuación preséntanse os resultados da MANOVA. TABOA III: Medias e desviacións típicas para as diferenzas entre os dous contextos. Atopáronse efectos significativos para a división da AVT, Wilk’s Λ é significativa: F (7, 419) = 72.87, p < .001, en agravios p < .001, identidade p< .001, ira p < .01, obriga moral p < .01, interese pola política p < .10, e motivación, p < .05. Tamén se atoparon efectos significativos para a división en función da vinculación co partido PP/Non_PP, a Wilk’s Λ é significativa: F (7, 419) = 2.13, p < .05 nas seguintes variables: identidade p < .05, obriga moral p < .01, interese pola política, p<.10 e motivación p < .05. ↓AVT /↑AVT Non_PP/ PP ↓AVT ↑AVT NonPP PP 1. Agravios 4.52 (.65) 4.83 (.52) 4.55 (.80) 4.69 (.55) 2. Identidade 3.36 (.72) 4.76 (.27) 3.72 (1.11) 4.07 (.82) 3. Ira 4.41 (.82) 4.68 (.75) 4.39 (.97) 4.57 (.75) 4. Obriga Moral 4.60 (.64) 4.82 (.43) 4.51 (.74) 4.75 (.49) 5. Interese pola política 4.82 (.76) 4.32 (.70) 4.04 (.86) 4.22 (.71) 6. Motivación 4.90 (.70) 4.90 (.32) 4.54 (.82) 4.75 (.50)
Estudo Empírico 140 cuestións, como por exemplo, por que aqueles que non se vinculan con ningún dos dous organismos mobilizadores asistiron á protesta? Porque a xente que se sente identificada co partido do goberno participou en dita mobilización, tomando parte dunha acción que prexudicaba ó seu partido e beneficiaba ó adversario? Este tipo de persoas atopándose nunha situación complicada acudiron igualmente á protesta. Debido a este novo plano de análise imos formular novas hipóteses para cada grupo que van ser acordes tanto coas formuladas previamente, como cos resultados obtidos: Grupo 1 (PP/↑AVT): este grupo identifícase cos dous contextos, co de mobilización e co político. Deste xeito este grupo deberá presentar motivos relacionados con tales conexións. A parte da obriga moral esperamos que o motivo de identidade, pola súa conexión coa AVT e o interese pola política dada a conexión co PP, van producir influencias significativas sobre a motivación de participar. Grupo 2 (Non_PP/↑AVT): o grupo 2 está conformado por participantes que se senten altamente vinculados á AVT pero que non pertencen ó PP, polo tanto o motivo de identidade suscitado pola conexión coa AVT vai ser o motor principal para a acción. Mais, por outra banda, dentro deste grupo dáse unha situación controvertida digna de mencionar, pois atópase xente que se identifica co PSOE e á AVT á vez. Isto é, algúns dos membros identifícanse co goberno, o mesmo que está a tomar medidas que irritan fortemente ás víctimas. Este pequeno grupo atópase baixo unha presión cruzada, ó posuír dúas identidades enfrontadas. Unha persoa sente esta presión cruzada cando está baixo a influencia de dúas identidades grupais opostas ou baixo a influencia de diferentes presión políticas (Lazarsfeld, Berelson e Gaudet, 1948; Oegema e Klandermans, 1994; Mutz, 2002; Klandermans, Van der Toorn e Van Stekelenburg, 2008). Deste xeito, as negociacións representaban un duro golpe, xa que o seu propio goberno estaba a tomar non só decisións en contra dos seus principios, senón que
Estudo Empírico 141 tamén sen a súa opinión. Non obstante, e a pesares desta controversia, xente que se sentía vinculada ó PSOE e á AVT estaba a protestar nas rúas, aínda que en conduta de voto esta situación adoita levar á inacción (Mutz, 2002). Nós esperamos que estes suxeitos máis alá do motivo de identidade alberguen razóns que teñen que ver cos sentimentos de traizón auspiciados por unha das súas identidades, isto é, sentíronse traizoados polo seu propio goberno. Grupo 3 (PP/↓AVT): estas persoas séntense só identificadas co organismo político, o PP, e debilmente coa AVT. Esperamos que este grupo ademais da obriga moral, posúa outros motivos, principalmente o de interese pola política, pois como vimos na análise anterior conformaba un elemento importante para os do PP. Grupo 4 (Non_PP /↓AVT): En canto ó grupo 4, a súa presenza nesta mobilización é inesperada, pois non só non se senten identificados con ningún dos organismos que apoiaban á convocatoria senón que ademais están a favorecer ó seu inimigo ideolóxico, o PP, ó se atoparen dentro da esquerda política. Este grupo está baixo unha aparente disonancia cognitiva (Festinger, 1957) dado que se sitúan ideoloxicamente baixo parámetros da esquerda e están a protestar nunha concentración dominada polo partido da dereita. Isto implica que as persoas presentes na concentración que pertencían a este grupo posuían un forte motivo que os impulsaba a saír ás rúas. Esperamos que este motivo sexa a obriga moral a participar, o que lles permitirá superar a disonancia para acudir á protesta. Na figura que se presenta a continuación podemos observar de forma gráfica e ilustrativa a interacción dos dous contextos.
Estudo Empírico 142 INTERACCIÓN DOS DOUS CONTEXTOS FIGURA II: División da mostra en función das características do contexto Contexto Político: PP Non PP Contexto de Mobilización: ↑AVT /↓AVT GROUP 1 PP/ ↑AVT GROUP 3 PP/ ↓AVT GROUP 2 Non-PP/ ↑AVT GROUP 4 Non-PP/ ↓AVT
Estudo Empírico 143 Para someter a análise as nosas hipóteses levouse a cabo unha análise de regresión xerárquica para cada grupo nas que se viron incluídas aquelas variables de interese. Na táboa que se amosa a continuación emerxen as variables de peso significativo de cor vermella, onde se inclúen tanto as variables socio-demográficas como as psicosociais. VD: Motivación de participar p*** <.001; p**<.01, p*<.05, pº <.10 TÁBOA VI: Análise de regresión xerárquica para os grupos froito da interacción. GROUP 1 PP/↑AVT GROUP 2 Non-PP/↑AVT GROUP 3 PP/↓AVT GROUP 4 Non-PP/↓AVT N= 163 N=34 N=180 N=44 1. Nivel educativo .12 .10 -.11 -.38 -.10 -.10 .20 -.01 2. Idade .27*** .29*** .07 -.04 .05 -.01 .15 -.07 3. Xénero .07 .05 -.05 -.03 .07 .04 -.00 .00 3. Agravios -.06 -.04 -.02 -.00 4. Identidade .07 .36º .04 .02 5. Ira -.02 .23 .20** -.16 6. Obriga moral .16º .38 .30*** .79*** 7. Interese pola política .18* .10 .07 .02 F 3.66* 2.98** .22 1.08 1.43 5.34*** .86 5.28*** Df (3;159) (8;154) (3;30) (8;25) (3;177) (8;172) (3;50) (8;45) R2 corrixida .05 .09 -.08 .02 .00 .16 -.00 .39
Estudo Empírico 144 GRUPO 1: PP/↑AVT Debido á conexión cos dous organismos, a AVT e o PP, esperamos que a identificación coa AVT e o interese pola política, ademais da obriga moral, levase ós suxeitos a actuar. Como podemos comprobar na regresión o segundo modelo para este grupo é significativo, F (8;154) = 2.98, p < .01, explicando o 9% da motivación a participar. As seguintes variables exercen carga estatisticamente significativa sobre a motivación: idade (β = .29, p < .01), obriga moral (β = .16, p < .10) e interese pola política (β = .18, p < .05). Deste xeito constatamos que a maior idade maior motivación, e que os principais motivos psicosociais son a obriga moral e o interese pola política, exercendo este último un peso máis significativo. Estes resultados están en liña co esperado, sen embargo hai que mencionar que nas nosas hipóteses formulamos que a identidade exercería un peso importante neste grupo, cousa que non acontece. O interese pola política na interacción despraza ó poder da identidade, pois como vimos nas análises precedentes, no grupo de alta identificación coa AVT emerxía tamén o interese pola política como elemento significativo. Polo tanto neste grupo vai ser o interese pola política, o principal motivo psicosocial de participación. GRUPO 2: Non_PP/↑AVT Na análise que reflexa a táboa VI para este grupo comprobamos que os modelos presentados non son significativos, mais en concordancia cas nosas expectativas é soamente o motivo de identidade o que presenta unha significación estatística (β = .36, p < .10). O que nos interesa deste grupo é coñecer como os suxeitos baixo a identidade cruzada acadaron verse motivados a participar. Como se lembrará, dentro deste grupo había suxeitos que se identificaban co PSOE, e ó mesmo tempo coa AVT, polo que decidimos seleccionar deste grupo só aqueles suxeitos baixo esta condición.
Estudo Empírico 145 Antes de executar a presente análise de regresión xerárquica levouse a cabo unha análise coa opción de introducir onde a única variable que se revelou con carga significación foi a identificación co PSOE. Na seguinte táboa aparecen os resultados da regresión xerárquica coas variables socio-demográficas e a identificación co partido (PSOE) para o grupo 2. MODEL 1 MODEL 2 N = 14 N= 14 1. Nivel educativo -.02 .57 2. Idade -.14 .06 3. Xénero .17 .04 4. Identificación co partido (PSOE) .86* F .15 2.22 Df (3,11) (4;10) R2 Corrixida -.22 .26 VD: Motivación de participar p*** <.001; p**<.01, p*<.05, pº <.10 TÁBOA VII: Análise de regresión xerárquica coas variables sociodemográficas e o grao de identificación co partido (PSOE) Tal e como podemos ver na táboa VII a variable que exerce peso significativo sobre a motivación é a identificación co partido (PSOE) que foi medida da seguinte maneira: “ata que punto se identifica vostede con ese partido?” nunha escala de 5 puntos, de nada a moito. Nesta táboa podemos observar como o nivel de identificación co PSOE (β = .86, p < .05) exerceu unha forte influencia sobre a forza motivacional. Este grupo séntese vinculado ó goberno, sen embargo os suxeitos como membros da AVT sentíronse traizoados. Nós esperamos que estes sentimentos de traizón son os que levaron ós suxeitos a participar; isto vese constatado cando apreciamos que as dúas
Estudo Empírico 146 emocións asociadas á traizón como os sentimentos de ofensa (r = .464, p <.10) e de ira (r = .66, p < .05) correlacionan significativamente coa identificación co PSOE. GRUPO 3: PP/↓AVT Este grupo está influenciado principalmente polo contexto político, pois só se identifica co PP e debilmente coa AVT. De tal xeito esperamos que posúa ademais de sentimentos de obriga moral, certas intencións políticas produto dun alto interese pola política. Mais como podemos comprobar na táboa VI o interese pola política non aparece como elemento significativo no segundo modelo F (8;172) = 5.34, p < .001. Este modelo ilústrase como significativo, cos seguintes motivos: obriga moral (β = .30, p < .001) e ira (β = .20, p < .01) acadando o 16% da varianza explicada. Aínda que o interese pola política non emerxe como un elemento significativo na regresión, hai que ter en conta que nas correlacións, o interese pola política neste grupo correlaciona de maneira significativa coa ira, r =.18, p < .05. De xeito que a maior interese pola política maior sentimentos de ira experimentan os suxeitos, a influencia deste motivo é polo tanto máis indirecta. Os dous motivos principais tamén correlacionan significativamente entre si, r = .23, p < .01; feito que pon de manifesto a importancia da ira en relación ós sentimentos de obriga moral. En definitiva, este grupo acudiu ás rúas motivados principalmente por razóns morais e emocionais, e o interese pola política exerce unha influencia de maneira indirecta.
Estudo Empírico 147 GRUPO 4: Non-PP/↓AVT Como se esperaba nos supostos e como reflicte o modelo II da táboa VI, F (8; 45) = 5.28, p < .001, este grupo está principalmente motivado por unha obriga moral a participar (β = .79, p < .001). Esta é a única variable que presenta unha carga explicativa significativa pois posúe unha β moi alta, indicando que exerce un peso importante sobre a motivación, logrando explicar o 39% da varianza. Este dato é revelador ó indicarnos que xente con afiliacións de esquerda é capaz de acudir a unha mobilización a pesares de favorecer ó seu inimigo político. Resumindo, e tomando en conta a información aportada polos diferentes análises imos perfilar as cuestión máis importantes e reveladoras achegadas polos datos en relación ó contexto. Primeiramente abrangueremos os resultados a partires da partición do contexto de mobilización e o contexto político por separado, e posteriormente pasaremos a facer referencia ós resultados froito da interacción entre ambos. - Aquelas persoas que se senten vinculadas ó PP, máis alá de acudir polo obxectivo inmediato da manifestación, protestar en contra do proceso de paz; céntranse noutras metas máis distantes e difusas, como pode ser estender sentimentos de oposición ó goberno. Os datos amosan que a parte da obriga moral, que actúa como principal fonte motivadora, un incipiente interese pola política acompaña ó motivo anterior; cousa que non acontece no grupo que non se sente vinculado a tal partido. De tal xeito podemos concluír que este interese por parte do partido da oposición facilitou que a xente saíse á rúa, isto lémbranos á meta distante proposta por Klandermans, relacionada coa amplificación de intencións a causa da desafección co goberno.
Estudo Empírico 148 - Tal e como era previsto nas hipóteses formuladas os participantes que se identifican altamente coa AVT van estar motivados polo motivo de identidade, tal que os sentimentos de cohesión grupal coa AVT incitou a estas persoas a saír á rúa, sentimentos que estaban acompañados dunha obriga moral a participar. Curiosamente este grupo tamén presenta niveis significativos de interese pola política, o que non é de estrañar pois pertencen a unha asociación que se ocupa de defender os intereses das víctimas do terrorismo e isto lévaos a estar atentos ó que acontece a nivel político. - Por outra banda, centrándonos nos resultados froito da interacción constatamos o seguinte: aqueles que se identifican cos dous órganos mobilizadores, que conforman o grupo 1 (PP/AVT), van estar motivados principalmente por un interese pola política, deixando en segundo lugar á obriga moral. No grupo 2, o cal se identifican coa AVT (Non_PP/AVT) o motivo de identidade é o único en revelarse como significativo; mais neste grupo interésanos tamén aqueles suxeitos que actuaban baixo presión cruzada, pois vense afectados por outros factores. Como vimos os que se identifican coa AVT e co goberno van sentirse reforzados debido ós sentimentos de traizón. O grupo 3 (PP/↓AVT) non se axusta totalmente ás nosas expectativas pois é a obriga moral o principal motivo seguido da ira, mentres que o interese pola política non aparece como revelador, asemella que estes suxeitos están principalmente motivados pola obriga moral e sentimentos de ira, aínda que o efecto do interese pola política pode darse de xeito indirecto ó estar relacionado coa ira. Para rematar, os que non teñen vinculación con ningún dos órganos convocantes, os compoñentes do grupo 4 (Non_PP/↓AVT), como están a actuar en favor do seu inimigo ideolóxico superarán tal controversia grazas á obrigación moral de actuar conforme os seus principios. De feito, este é o único motivo que cunha forte carga estatística exerce a súa influencia sobre a motivación.
IV. CONCLUSIÓN E DISCUSIÓN DE RESTULTADOS