scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Vicios e virtudes da regulación galega en materia de liquidación sucesoria e algunha proposta "de lege ferenda"

García Goldar, Mónica

Abstract

Neste traballo imos analizar sucintamente o réxime liquidatorio na sucesión mortis causa do Código Civil español, por aplicarse supletoriamente en Galicia, así como dúas figuras da regulación galega que teñen implicacións na liquidación da herdanza. Tamén se fará un estudo comparativo entre o resto de Comunidades Autónomas con competencias lexislativas en materia civil para chegar a unha conclusión: a necesidade de reformar a Lei de Dereito civil de Galicia

Full text

95 VICIOS E VIRTUDES DA REGULACIÓN GALEGA EN MATERIA DE LIQUIDACIÓN SUCESORIA E ALGUNHA PROPOSTA DE LEGE FERENDA Mónica García Goldar Investigadora Predoutoral de Dereito Civil Universidade de Santiago de Compostela TITLE: VICES AND VIRTUES OF THE GALICIAN REGULATION ABOUT INHERITANCE LIQUIDATION AND A PROPOSAL DE LEGE FERENDA. RESUMO: Neste traballo imos analizar sucintamente o réxime liquidatorio na sucesión mortis causa do Código Civil español, por aplicarse supletoriamente en Galicia, así como dúas figuras da regulación galega que teñen implicacións na liquidación da herdanza. Tamén se fará un estudo comparativo entre o resto de Comunidades Autónomas con competencias lexislativas en materia civil para chegar a unha conclusión: a necesidade de reformar a Lei de Dereito civil de Galicia. ABSTRACT: In this paper we will analyse the inheritance liquidation system of the Spanish Civil Code, which is applicable in Galicia, as well as two figures of Galician regulation that have implications in inheritance liquidation. A comparative study between the other Autonomous Communities with legislative powers in civil matters is also carried out. Our analysis suggests there is a need for the Galician Civil Law to be reformed. PALABRAS CLAVE: sucesión, liquidación, Galicia, proposta de lege ferenda. KEYWORDS: inheritance, liquidation, Galicia, proposal de lege ferenda. SUMARIO: 1. INTRODUCIÓN. 2. A HERDANZA XACENTE: FIGURA APLICABLE EN GALICIA ANTE A AUSENCIA DE REGULACIÓN PROPIA. 3. A RESPONSABILIDADE POR DÉBEDAS HEREDITARIAS NO TERRITORIO ESPAÑOL. 3.1. O caso de Cataluña. 3.2. O caso de Galicia e as Illas Baleares. 3.3. O caso de Navarra. 3.4. O caso de Aragón. 3.5. O caso do País Vasco. 4. VIRTUDES DA REGULACIÓN GALEGA EN MATERIA SUCESORIA COMO CONSTITUTIVAS DE VANTAXES PARA O ÚNICO CASO DE QUE O CAUSANTE ESTEA CASADO OU EN SITUACIÓN ANÁLOGA. 4.1. O testamento por comisario. 4.2. O usufruto universal a favor do cónxuxe supérstite ou persoa en quen concorra situación análoga. 5. VICIOS OU CARENCIAS DA REGULACIÓN GALEGA E ALGUNHA PROPOSTA DE LEGE FERENDA. 6. CONCLUSIÓNS. BIBLIOGRAFÍA. 1. INTRODUCIÓN A Lei 2/2006, de 14 de xuño, de Dereito Civil de Galicia (en adiante, LDCG) inclúe no seu Título décimo unha escasa pero curiosa regulación específica sobre a sucesión por causa de morte. Entre todas as peculiaridades que se recollen, cabería destacar a admisibilidade dos pactos sucesorios1; a prohibición de reversión legal ou da obriga de reservar2; ou o tratamento da lexítima, que non só se reduce cuantitativamente ata a 1 O artigo 209 LDCG declara admisibles os pactos de mellora e apartación. 2 Esta prohibición atópase recollida no artigo 181 LDCG. Segundo BUSTO LAGO (2015), pp. 366-376, non resultan aplicables a reversión legal de donacións do artigo 812 do Código Civil español (en adiante, 96 cuarta parte do haber hereditario líquido, senón que posúe unhas características e unha regulación que a alonxan definitivamente do concepto de lexítima que existe no dereito común español3. Tamén resultan especialmente interesantes todos os preceptos que se adican a regular a disposición de bens de natureza ganancial4, cuestión esta importante nun ordenamento que escolle o ganancial como réxime económico-matrimonial aplicable en defecto de capitulacións5, e que non está expresamente recollida no Código Civil español; así coma o outorgamento de testamento, xa que mentres no dereito común se prohíbe de maneira terminante o testamento mancomunado ou por comisario, ámbalas dúas figuras son plenamente admitidas nos artigos 187 e seguintes pola LDCG. Agora ben, todas estas peculiaridades que temos mencionado aseméllannos insuficientes polo menos se se analiza a cuestión dende a perspectiva de que o lexislador galego posúe competencias lexislativas en materia civil que non está aproveitando para CC), nin tampouco as normas reguladoras da reserva vidual, lineal ou troncal (dos artigos 968 a 980 e 811 CC), tanto nas sucesións testamentarias como nas abintestato, vindo esto a solventar o problema que se suscitara en relación ao dereito de reversión do atribuido en virtude de pacto de apartación en caso de premoriencia do descendente apartado. 3 GARCÍA RUBIO, NIETO ALONSO e HERRERO OVIEDO (2012), pp. 203 e ss., poñen esto de manifesto, ao dicir que “en 2006 se ha establecido un sistema legitimario gallego completo y autónomo, muy distinto del que mantiene todavía el CC el cual, no obstante, sigue proyectando su alargada sombra sobre aquél”. Ademais, sosteñen as autoras mencionadas que as características esenciais da lexítima galega poden resumirse nas seguintes notas: a lexítima confire aos lexitimarios o dereito a recibir do causante por calqueira título una atribución patrimonial, polo que non deben ser necesariamente instituidos como herdeiros nin teñen que recibir a lexítima a título de herencia, aínda que si deben recibila a título gratuito. Ademais, a lexítima galega redúcese á cuarta parte do valor hereditario líquido. Salvo que o testador asignase a lexítima en bens determinados, os herdeiros, de común acordo, poden optar por pagala en bens hereditarios ou en metálico, que pode ser extrahereditario; e se non hai acordo, deberá pagarse con bens hereditarios. A LDCG considera ao lexitimario un acredor a todos os efectos, negándolle a posibilidade de acción real para reclamar a lexítima. De ser precisa a redución de legados, donacións e outras atribucións, os afectados pola redución poderán evitala entregando en metálico o seu importe para o pago de lexítimas. Así mesmo, o lexitimario, como mero acredor, non é cotitular do patrimonio hereditario, de xeito que non soporta as vicisitudes derivadas do incremento ou diminución do valor da herdanza dende a apertura da sucesión até o momento do pago, pero tampouco pode instar a división da herdanza. 4 Os artigos 205 a 208 da LDCG regulan esta cuestión, de forma que en primeiro lugar, a disposición testamentaria dun ben ganancial poderá realizarse como de cousa ganancial ou como do dereito que ao testador lle corresponda no mesmo, e en caso de dúbida, entenderase que a disposición de ben ganancial foi realizada desta segunda forma, é dicir, como do dereito que ao testador lle correspondía. En segundo lugar, cando se dispoña dun ben por enteiro como cousa ganancial, deberá constar expresamente este carácter e a disposición producirá todos os efectos se o ben fose adxudicado á herdanza do testador na liquidación de gananciais. Se non fose así, entenderase legado o valor que tivese o ben no momento de falecer o testador. En terceiro lugar, cando se lega un dereito que corresponde ao testador sobre un ben ganancial, a disposición entenderase referida á metade do seu valor. Ora ben, a disposición entenderase referida á metade indivisa do ben cando o cónxuxe sobrevivente ou os seus herdeiros o acepten, ou se ambos cónxuxes realizasen a disposición de forma coincidente e ambas herdanzas fosen deferidas. Por último, e salvo que do testamento resulte outra cousa, as disposicións a favor do cónxuxe non producirán efecto se ao falecer o testador estivese declara xudicialmente a nulidade do matrimonio, decretado o divorcio ou separación, ou se atoparan en trámite os procedimentos dirixidos a tal fin. Tampouco producirán efecto nos casos de separación de feito entre os cónxuxes. 5 O artigo 171 LDCG así o establece. 97 sortear a deficiente técnica do lexislador estatal6. Sobra dicir o porqué desta conclusión negativa: as normas sucesorias do dereito común, en vigor a súa meirande parte dende a publicación do Código Civil español no ano 1889, tornáronse caducas e carecen do rigor e do tecnicismo desexado. E non hai que esquecer que, salvo en todo aquelo que estea expresamente regulado pola Lei de Dereito Civil de Galicia, as normas do Código Civil español resultarán supletoriamente aplicables7. Neste traballo imos pór o foco de atención unicamente na liquidación da herdanza, asunto que adquiriu renovada relevancia dende o comezo da crise económica alá polo ano 2006, pois o aumento de débedas a herdar, entre outros motivos como a cuestión tributaria8, fixo que incrementasen de maneira exponencial o número de repudiacións de herdanza en todo o territorio nacional, incluindo, como non, Galicia. Nos últimos anos, os medios de comunicación e prensa autonómicos adicaron, cando menos, unha nova ao ano a este tema, incrementando así a preocupación polo estado da cuestión9. Incluso agora, que comezan a verse indicios de recuperación económica, as novas que se publican sobre repudiacións de herdanzas seguen a ser certamente alarmantes10. 6 O asunto da competencia civil da Comunidade Autónoma de Galicia é un tema no que non podemos nin pretendemos entrar neste traballo, pois a expresión “conservación, modificación y desarrollo por las Comunidades Autónomas de los derechos civiles, forales o especiales”, recollida no artigo 149.1.8º da Constitución Española (en adiante, CE), pode considerarse en senso lato ou estrito, dando pé a unha multitude de interpretacións posibles. 7 Así se desprende dos artigos 149.3 CE e 1.3 LDCG. 8 Nalgunhas Comunidades Autónomas esto é especialmente preocupante, como Andalucía, que vén de chegar a un acordo a efectos de rebaixar os tipos tributarios. Consúltese, a estos efectos, e entre outros, o titular “Así quedará el Impuesto de Sucesiones en Andalucía tras el acuerdo entre PSOE y Cs. La Junta de Andalucía dejará exentas de tributación las herencias inferiores al millón de euros gracias a la presión de Ciudadanos” (do día 24 de setembro de 2017: www.libremercado.com/2017-09-24/asi-quedara-el- impuesto-de-sucesiones-en-andalucia-tras-el-acuerdo-entre-psoe-y-cs-1276606324). En Galicia, aínda que probablemente non tanto, os tributos e a tasación dos bens tamén redundaron no aumentos das repudiacións, como se le no titular “La renuncia de herencias crece un 15% pese a la rebaja en la tasación de los inmuebles. La Xunta redujo ya en julio un 15% la valoración de los bienes para calcular los tributos. Desde este año quedan exentos de pagar el Impuesto de Sucesiones el 99% de los gallegos” (do día 2 de febreiro de 2016: www.farodevigo.es/galicia/2016/01/02/renuncia-herencias-crece-15- pese/1378968.html). 9 Entre outros, poden consultarse os seguintes titulares: “La renuncia de herencias se triplicó en Galicia desde el inicio de la crisis. Siete mil gallegos lo hicieron desde el 2007, en su mayoría para no cargar con las deudas” (do día 27 de abril de 2014: www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2014/04/27/renunciaherencias-triplico-galicia-inicio-crisis/0003_201404G27P40991.htm); ou “La renuncia a herencias se multiplicó por cuatro desde el inicio de la crisis. Un total de 2.052 personas tomaron esa decisión en el 2014 en Galicia, la mayoría por no poder afrontar los gastos que les acarrearía el legado” (do día 6 de abril de 2015: www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/04/06/renuncia-herencias-multiplico-cuatro- inicio-crisis/0003_201504G6P4994.htm). No ano 2016 rexistrouse unha falsa sensación de melloría co titular “La rebaja fiscal en Galicia solo logra que las renuncias a herencias caigan un 3%” (do día 22 de decembro, www.farodevigo.es/galicia/2016/12/22/rebaja-fiscal-galicia-logra-renuncias/1592833.html). 10 No presente ano 2017, publicáronse os seguintes titulares: “La renuncia a herencias alcanza un nuevo récord pese a la rebaja fiscal. El pasado año se cerró con 2.321 rechazos en Galicia, manteniendo la tendencia de incremento continuo que se inició con la crisis” (do día 15 de marzo: www.farodevigo.es/galicia/2017/03/15/renuncia-herencias-alcanza-nuevo-record/1641230.html); “La renuncia a herencias en Galicia bate un récord en el arranque del año. Entre enero y marzo se contabilizaron 594, lo que supone un incremento interanual del 3% en un contexto de recuperación 98 Mais imos pór o foco de atención na liquidación da herdanza non só pola súa recente envergadura social, senón tamén por tratarse dunha das cuestións que case non se regula na lexislación galega, salvo os escasos pero afortunados –dito sexa de pasopreceptos que sí entran na cuestión. E para acometer tal propósito, primeiro exporemos sucintamente a lexislación común en materia de liquidación sucesoria e faremos unha análise comparativa entre as normativas autonómicas sobre a materia, para xa despois entrar de cheo nos vicios e virtudes da regulación galega. 2. A HERDANZA XACENTE: FIGURA APLICABLE EN GALICIA ANTE A AUSENCIA DE REGULACIÓN PROPIA No Código civil español existe unha figura que presenta innumerables problemas: a herdanza xacente. Esta figura existe necesariamente en todos os sistemas de adquisición romano ou por aceptación11, o cal, segundo a doutrina maioritaria, é o réxime subxacente no Código Civil español12. Pero como ben acabamos de dicir, esta figura presenta moitos problemas. O primeiro deles é o da súa natureza xurídica, pois a doutrina non remata de poñerse dacordo neste punto, e, despois dunha grande evolución nas teorías desenroladas13, semella que a conclusión final é que se trata dun patrimonio autónomo en espera de suxeito titular14. Esta espera non supón un inconvinte pois coa ficción da retroactividade conséguese cubrir todo o período no que a herdanza permaneceu en xacencia dende o falecemento do causante; mais esta solución só ten sentido a partires do momento no que xa existe un herdeiro, e carece de utilidade durante todo o tempo que a herdanza permanece sen titular, como veremos. económica” (do día 15 de xuño www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2017/06/15/renuncia-herencias- galicia-bate-record-arranque-ano/00031497532540607727784.htm); “La renuncia a heredar sigue subiendo en Galicia, pero ahora menos que en el resto de España. La bajada fiscal no ha contrarrestado todo el efecto de la crisis” (do día 15 de setembro: www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2017/09/15/renuncia-heredar-sigue-subiendo-galicia-resto- espana/0003_201709G15P29991.htm). 11 Existe outra modalidade de adquisición cal é a adquisición automática, constitutiva do modelo xermánico. Con este tipo de sistema, os chamados a suceder por lei ou testamento adquiren a herdanza e o título de herdeiro de maneira automática ao momento da morte do causante, aínda que dispoñen dun breve prazo para repudiar. A repudiación ten efectos retroactivos até o momento da morte do causante, entendéndose así que o repudiante nunca foi herdeiro. 12 Existiu un debate doutrinal a mediados do século pasado entre dous grandes xuristas: GARCÍA VALDECASAS (1944) e ALBALADEJO (1955). O primeiro defendeu que o sistema que subxacía no Código Civil español era o sistema de adquisición xermánico, empregando diversos artigos do corpo legal para soster tal opinión. ALBALADEJO, pola contra, desbotou a maioría dos razonamentos expostos por GARCÍA VALDECASAS, pero non todos, pois polo menos no caso do artigo 661 CC, si afirmou que é de marcado carácter xermánico e que debe considerarse un lapsus do lexislador. 13 Os primeiros xuristas comezaron por entender que a herdanza xacente era un suposto de res nullius, despois considerouse a herdanza xacente persoa xurídica, ou persoa que representa a outra, ou ben ao difunto, ou ben ao herdeiro futuro. Finalmente, é a teoría da ficción a que se termina adoptando. 14 LACRUZ BERDEJO (1960), pp. 540 y ss.; DE LOS MOZOS (1991), p. 606. 99 O segundo problema que plantexa esta figura é a cantidade de situacións que dan lugar a ela, a saber: cando o chamado a suceder aínda non aceptou nin repudiou, ben porque non quere, ben porque non pode (como ocorre se o chamado é un nasciturus, se a institución estaba sometida a condición suspensiva ou se se da a favor dun ente fundacional aínda non constituído); cando o chamado se reservou o dereito a deliberar; cando existe concurso de herdanza; e nos supostos de institución de herdeiro descoñecido ou indeterminado, pero que pode chegar a determinarse de conformidade co artigo 750 CC. O realmente preocupante desta inxente cantidade de supostos que dan lugar a herdanza xacente é que o lexislador de dereito común previu a administración da herdanza xacente en todos e cada un dos supostos que dan lugar a ela15, a excepción do máis común: a simple falta de aceptación por parte do chamado. Este constitúe, por tanto, o terceiro problema da herdanza xacente: a ausencia de administración preceptiva cando a herdanza se atopa carente de titular pola mera ausencia de aceptación-adquisición. O certo é que, aínda e cando a doutrina maioritaria entende que a administración se debe extender tamén a este suposto16, na práctica xurídica esto non está a ocorrer. Esta falta de administración preceptiva non sería tan perniciosa de non ser polo resto de previsións lexislativas en torno ao tempo en que a herdanza está xacente. E así, seméllanos problemático o artigo 1934 CC, segundo o cal, a prescrición produce os seus efectos xurídicos a favor e en contra da herdanza antes de ter sido aceptada e durante o tempo concedido para facer inventario e para deliberar. Non hai dúbida, pois, de que o que este artigo establece é a admisibilidade da prescrición a favor e en contra da herdanza xacente. De todas as situacións que admite o artigo 1934 CC, a única que non nos parece problemática é a admisibilidade da prescrición adquisitiva a favor da herdanza. Pero parémonos a analizar os restantes supostos. No caso da prescrición adquisitiva en contra da herdanza, cómpre sinalar que se admite tamén incluso a favor do chamado a suceder, se posuía os bens no seu nome propio e proveito17. No caso da prescrición extintiva a favor da herdanza, ¿quen se vai encargar de facer fronte a unha reclamación xa extinta, se non hai administrador da herdanza nin titular que se ocupe dela? E por último, no caso da prescrición extintiva en contra da herdanza, ¿quen a vai evitar, se non hai titular nin administrador legal? A segunda previsión problemática contémplase no artigo 6.4 da Lei de axuizamento civil (en adiante, LEC, das siglas en castelán), polo que se confire capacidade para ser 15 O lexislador do Código Civil español previu administración da herdanza cando o chamado é un nasciturus (artigo 965 CC); cando a institución de herdeiro está sometida a condición suspensiva (artigos 801 e ss. do CC); ou durante o período para deliberar (artigo 1026 CC). No caso de concurso de herdanza, a Lei Concursal 22/2003, de 9 de xullo, tamén prevé a administración concursal da herdanza. 16 Por todos, GITRAMA (1950), pp. 24-26. 17 MONJE BALSAMEDA (2001), pp. 296-297. 100 parte nun proceso xudicial ás masas patrimoniais ou aos patrimonios separados que carezan transitoriamente de titular ou cuxo titular fose privado das súas facultades de disposición e administración. De acordo co artigo 7.5 do mesmo texto legal, estas masas patrimoniais comparecerán no xuízo por medio de quen, conforme á lei, as administren, polo que ben se pode pensar que existe a obrigatoriedade de que as herdanzas xacentes comparezan por medio de administrador legal18, pero nada máis lonxe da realidade xudicial. O certo é que na praxis, os acredores soen demandar a quen consideran herdeiro do defunto, mesmo antes de que existise aceptación, e os tribunais, en lugar de nomear administrador xudicial da herdanza xacente, optan por tres tipos de pronunciamentos: os que declaran que non hai lugar a condena por parte dos chamados antes da aceptación19, os que condenan ao chamado non aceptante pero posuidor20, e os que condenan aos chamados para o caso de que acepten a herdanza21. De todos estos pronunciamentos, os únicos que consideramos acertados son aqueles nos que se condena ao chamado posuidor-non aceptante, pois dalgunha maneira, é como se se lles considerase administradores da herdanza que posúen e aínda non aceptaron. O pronunciamento xudicial de simple rexeitamento das pretensións exercitadas fronte aos chamados a suceder parécenos estéril, pois incrementa os custos xudiciais e prolonga a espera do acredor para resarcirse. E dende logo, a mera condena dos chamados para o caso de que acepten é a menos axeitada de todas, pois constitúe unha sentenza que non é executable mentres perdure a xacencia da herdanza. Parece, en conclusión, que a herdanza xacente é unha figura sucesoria realmente problemática, e que non existe, en dereito común, unha solución que atalle todos os problemas que trae aparellados; pois mesmo a interrogatio in iure, establecida no artigo 1005 CC, carece de utilidade se os chamados a suceder repudian o chamamento. 3. A RESPONSABILIDADE POR DÉBEDAS HEREDITARIAS NO TERRITORIO ESPAÑOL O artigo 1003 do CC establece que “por la aceptación pura y simple, o sin beneficio de inventario, quedará el heredero responsable de todas las cargas de la herencia, no sólo con los bienes de ésta, sino también con los suyos propios”. É dicir, que salvo que se solicite o beneficio de inventario, a responsabilidade do herdeiro por débedas será ultra vires. 18 Mesmo a Sentenza do Tribunal Supremo de 12 de marzo de 1987 indicaba que a herdanza xacente carece de personalidade xurídica aínda que, “para determinados fines, se le otorga transitoriamente una consideración y tratamientos unitarios, siendo su destino el ser adquirida por los herederos voluntarios o legales, admitiendo el que, bien por medio de albaceas o administradores testamentarios o judiciales pueda ser demandada y esté habilitada para excepcionar y ahora para recurrir”. 19 Entre outras, Sentenza do Xulgado de Primeira Instancia de Santander, de 27 de xaneiro de 2003 (JUR/2003/38062). 20 Entre outras, Sentenza da Audiencia Provincial de Tarragona, de 21 de marzo de 2000 (JUR/2000/139470). 21 Entre outras, Sentenza da Audiencia Provincial de Málaga, de 20 de xullo de 2015 (JUR/2015/291145). 101 Mais o beneficio de inventario está configurado no Código Civil como un recurso excepcional, sometido a estrictos requisitos. En primeiro lugar, e trala reforma do ano 2015, o beneficio de inventario deberá pedirse no notario e non no xulgado, cuestión esta que incrementa notablemente os custos. En segundo lugar, o prazo para poder pedilo é moi reducido: de trinta días, a contar dende aquel día en que o chamado posuidor dos bens hereditarios coñece o chamamento (artigo 1014 CC), ou a contar dende o día seguinte a aquel en que expirase o prazo para aceptar ou repudiar a herencia (interrogatio in iure), ou dende o día en que aceptase ou xestionase a herdanza como herdeiro, para o caso de que non posúa os bens hereditarios (artigo 1015 CC). A configuración do beneficio de inventario como recurso excepcional tal vez tiña sentido nos pasados anos de bonanza económica, pois a presenza de herdanzas pasivas era bastante reducida. Pero como dixemos ao principio deste traballo, a maior presenza de débedas hereditarias conduciu indubidablemente ao incremento das repudiacións da herdanza, polo que parece que esta natureza excepcional do beneficio de inventario xa non ten sentido, e que tal vez, o lexislador de dereito común debería reflexionar sobre unha futura reforma de cara a establecer o beneficio de inventario como regla xeral, tal e como xa acontece en certos sistemas latinoamericanos22, ou, cunha regulación diferente, no sistema anglosaxón. Unha vez exposto sucintamente o panorama de dereito común, cómpre preguntarse qué acontece nas lexislacións das Comunidades Autónomas (CCAA) con competencias en materia civil. Neste sentido, son sete as CCAA que dispoñen de leis civís autonómicas, a saber, País Vasco, Navarra, Cataluña, Illas Baleares, Aragón, Comunidade Valenciana e Galicia. De entre elas, descartaremos á Comunidade Valenciana do estudio comparativo, pois non lexislou sobre dereito sucesorio. 3.1. O caso de Cataluña Cataluña é probablemente o paradigma de CA cunha máis que prolífica lexislación civil propia, e xa non só polo detallado da regulación existente en practicamente todos os ámbitos civís, senón tamén porque en caso de lagoa haberá de integrarse unha solución conforme aos principios do propio sistema catalán, é dicir: que non se aplicará subsidiariamente a normativa común en ningún caso23. 22 Existe limitación legal da responsabilidade do herdeiro por débedas en Nicaragua, Perú, México, Guatemala, Cuba, Honduras, Costa Rica, Panamá, Arxentina e Brasil. 23 Esto é o que se extrae dos artigos 111.-1 do Código Civil de Cataluña, segundo o cal “1. El derecho civil de Cataluña está constituido por las disposiciones del presente Código, las demás leyes del Parlamento en materia de derecho civil, las costumbres y los principios generales del derecho propio. 2. La costumbre solo rige en defecto de ley aplicable”, e o 111-2, que determina que “1. En su aplicación, el derecho civil de Cataluña debe interpretarse y debe integrarse de acuerdo con los principios generales que lo informan, tomando en consideración la tradición jurídica catalana. 2. En especial, al interpretar y aplicar el derecho civil de Cataluña deben tenerse en cuenta la jurisprudencia civil del Tribunal de Casación de Cataluña y la del Tribunal Superior de Justicia de Cataluña no modificadas por el presente 102 Concretamente, no ámbito sucesorio, o Libro Cuarto do Código Civil de Cataluña24 está adicado exclusivamente ás sucesións. O artigo 461-18 deste corpo legal preceptúa o mesmo que o Código Civil español, a saber: “por la aceptación de la herencia pura y simple, el heredero responde de las obligaciones del causante y de las cargas hereditarias, no solo con los bienes relictos, sino también con los bienes propios, indistintamente”. É dicir, no caso de Cataluña tamén se da esa disxuntiva entre responsabilidade ultra vires, no caso de aceptar pura e simplemente, e responsabilidade intra vires, no caso de aceptar mediando beneficio de inventario. O que si ten de especial a lexislación catalana é que a regulación do beneficio de inventario se flexibilizou considerablemente. Así, e de acordo co artigo 461-15, o inventario pode tomarse no prazo de seis meses a contar dende o momento en que o herdeiro coñece a delación ao seu favor. O inventario deberá formalizarse ante notario, coma no caso do CC español, ou tamén se entenderá formalizado o inventario en documento privado cando o herdeiro o presente á Administración pública para liquidación dos impostos relativos á sucesión. Así mesmo, o artigo 461-16 determina que disfrutarán do beneficio legal de inventario, aínda e cando non o tivesen tomado, os herdeiros menores de edad, tanto emancipados coma non, as personas postas en tutela ou curadoría, os herdeiros de confianza, as persoas xurídicas de dereito público, e as fundacións e asociacións declaradas de utilidade pública ou interés social. Por último, a flexibilización do beneficio de inventario tamén se aprecia no artigo 461-17, segundo o cal, a mera manifestación do herdeiro de aceptar de forma pura e simple non lle priva de aproveitarse dos efectos do beneficio de inventario, se o toma no tempo e prazos establecidos e cumpre as regras de administración da herdanza inherentes a este beneficio. Polo tanto, e aínda e cando se conserva a dualidade aceptación pura e simple e beneficio de inventario, a flexibilización deste último, e a impresión de que este recurso é a regla xeral e non á inversa25 xa nos parece un avance considerable. Pero é que ademais, o Código Civil de Cataluña tamén recolle o chamado beneficio de separación de patrimonios no seu artigo 461-23, segundo o cal “1. Los acreedores por deudas del causante y los legatarios pueden solicitar al juez competente, en procedimiento de jurisdicción voluntaria, que el patrimonio hereditario sea considerado separado del privativo del heredero, para salvaguardar su derecho ante los acreedores particulares del heredero. También pueden solicitarlo los acreedores del heredero, para salvaguardar su derecho ante los acreedores por deudas del causante. 2. Una vez tomado el inventario de la herencia, el juez, con la motivación adecuada, concede el beneficio de separación de Código u otras leyes. Una y otra pueden ser invocadas como doctrina jurisprudencial a los efectos del recurso de casación”. 24 Lei 10/2008, de 10 de xullo, do libro cuarto do Código Civil de Cataluña, relativo ás sucesións. 25 O artigo 461-17 di que se o herdeiro non toma o inventario no tempo e na forma establecidos, entenderase que acepta a herdanza de forma pura e simple, invertindo dalgunha maneira a supletoriedade recollida no artigo 1003 CC. 103 patrimonios y adopta, si procede, las medidas necesarias para hacerlo efectivo. 3. Los acreedores del causante y los legatarios que obtengan el beneficio de separación de patrimonios tienen derecho preferente para cobrar los créditos y percibir los legados respecto a los acreedores particulares del heredero, pero, mientras no se haya pagado a estos acreedores particulares, dichos acreedores del causante y los legatarios no pueden perseguir los bienes privativos del heredero. Este último efecto también se produce si el beneficio se concede a instancia de algún acreedor del heredero”. 3.2. O caso de Galicia e as Illas Baleares Nestes dous casos, e a pesar de que ámbalas dúas Comunidades Autónomas si lexislaron sobre dereito de sucesións, ningunha das normativas recolle unha mención especial sobre aceptación, repudiación ou a posibilidade do beneficio de inventario. Tampouco se recolle precepto algún que defina a responsabilidade do herdeiro por débedas do defunto, de xeito que se entenderá aplicable subsidiariamente o artigo 1003 e seguintes do CC, é dicir: o herdeiro será responsable mesmo co seu patrimonio propio, salvo que solicite o beneficio de inventario nos termos indicados (artigos 1010 e seguintes do CC). 3.3. O caso de Navarra A Lei 1/1973 pola que se aproba a Compilación de Dereito Civil Foral de Navarra inclúe a lei 318, titulada “responsabilidad intra vires”, que sinala que “el heredero responderá frente a los acreedores hereditarios y legatarios con el valor de los bienes de la herencia exclusivamente; pero si se excediere en el pago a los acreedores, éstos no estarán obligados a restituir. Se considerarán también acreedores de la herencia los que lo sean por gastos de última enfermedad, entierro y funerales”. É dicir, este artigo rompe coa regra xeral de responsabilidade ultra vires do CC español e vén a establecer a limitación legal da responsabilidade do herdeiro por débedas en todos os casos e sen necesidade de solicitar o beneficio de inventario. A lei 319, titulada “beneficio de separación”, tamén establece que “los acreedores hereditarios, dentro del plazo de seis meses, a contar de la fecha del fallecimiento del causante, podrán solicitar del Juez la formación de inventario y la separación de los bienes de la herencia, con el fin de satisfacer con los mismos sus propios créditos, según su respectivo rango, excluyendo a los acreedores particulares del heredero hasta la total satisfacción de aquellos créditos. Hasta tal momento no se confundirán las deudas y créditos existentes entre el heredero y el causante, ni se extinguirán las correspondientes garantías. Los legatarios tendrán ese mismo derecho para asegurar el cumplimiento de los legados con el remanente de la herencia después de quedar satisfechos aquellos acreedores”. 110 MASIDE MIRANDA, J.E., “O usufructo voluntario de viuvez”, Estudos sobre a Lei de Dereito civil de Galicia, Lei 2/2006, de 14 de xuño, Fundación Registral, Santiago de Compostela, 2009, pp. 549-594. MONJE BALSAMEDA, O., La herencia yacente, Dykinson, Madrid, 2001. PÉREZ ÁLVAREZ, M.A., “La sucesión testada”, Manual de Derecho civil gallego, Cólex, Madrid, 1999, pp. 223-232. REBOLLEDO VARELA, A.L. (Coord.), Comentarios a la Ley de Derecho civil de Galicia, Ley 2/2006, de 14 de junio, Cizur Menor, Navarra, 2008.