Full text
Traballo Fin de Grao (G3141424) A imaxe da conflitividade escolar en Educación Primaria na prensa galega _____________________________________________________________________ Autora: Mera Cao, Fátima Titor: Porto Ucha, Ángel Serafín Facultade de Ciencias da Educación Universidade de Santiago de Compostela Curso académico 2013/2014
A imaxe da conflitividade escolar en Educación Primaria na prensa galega La imagen de la conflictividad escolar en Educación Primaria en la prensa gallega The image of school conflictivity in Primary Education through Galician Press
1 Índice Resumo 2 Introdución 4 1. Marco teórico 7 1.1. A convivencia escolar 7 1.2. O conflito escolar 9 1.3. A convivencia e o conflito no ámbito lexislativo 11 1.3.1. Ámbito nacional 12 1.3.2. Ámbito autonómico 14 1.4. Os medios de comunicación 17 1.4.1. A prensa escrita 18 2. Estudo empírico 19 2.1. Proposta do problema a investigar 20 2.2. Obxectivos do estudo empírico 20 2.3. Deseño e procedemento da investigación 21 2.3.1. Selección e descrición da mostra 21 2.3.2. Instrumento de recollida de datos 22 2.3.2.1. Elaboración e validación do instrumento 23 2.3.2.2. Descrición do instrumento 24 2.4. Análise de datos e resultados 27 Conclusións 33 Recomendacións e posibles liñas de acción 35 Bibliografía 36
2 Resumo Este traballo recolle unha investigación na que se estuda a imaxe da conflitividade escolar de Educación Primaria na prensa escrita galega. Os medios de comunicación ao recoller noticias sobre o conflito escolar están proxectando unha visión sobre esta temática e á vez están configurando na mentalidade da sociedade unhas ideas que poden corresponderse en maior ou menor medida coa realidade. Estas influencias afectan á actividade educativa xa que todo se desenvolve nun mesmo contexto social no que as interaccións son múltiples. Así, preséntase primeiro un estudo teórico sobre a convivencia e o conflito escolar en relación cos medios de comunicación e coa prensa escrita. A continuación, descríbese un estudo empírico que inclúe o deseño e a aplicación dunha ficha de rexistro da prensa na consulta dos xornais seleccionados recollendo deles as noticias sobre o conflito escolar, seguido dunha análise dos datos obtidos, da elaboración das conclusións e das novas propostas de traballo. Palabras chave: conflitividade escolar, educación primaria, imaxe, prensa galega. Resumen Este trabajo recoge una investigación en la que se estudia la imagen de la conflictividad escolar de Educación Primaria en la prensa gallega. Los medios de comunicación al recoger noticias sobre el conflicto escolar están proyectando una visión sobre esta temática y a la vez están configurando en la mentalidad de la sociedad unas ideas que pueden corresponderse en mayor o menor medida con la realidad. Estas influencias afectan a la actividad educativa ya que todo se desarrolla en un mismo contexto social en el que las interacciones son múltiples. Así, se presenta primero un estudio teórico sobre la convivencia y el conflicto escolar en relación con los medios de comunicación y con la prensa escrita. A continuación se describe un estudio empírico que incluye el diseño y la aplicación de una ficha de registro de la prensa en la consulta de los periódicos seleccionados recogiendo de ellos las noticias sobre
3 el conflicto escolar, seguido de un análisis de los datos obtenidos, de la elaboración de las conclusiones y de las nuevas propuestas de trabajo. Palabras clave: conflictividad escolar, educación primaria, imagen, prensa gallega. Abstract This Final Degree Project contains a research that studies the image of the Primary Education school conflict in Galician Press. Mass media, when collecting news about school conflict, reflect a vision of the question and shape simultaneously the social mentality with ideas that square with reality to a certain degree. These influences affect the education activity because all the things are developed in the same social frame where there are numerous interactions. And so, first it is presented a theoretical study about coexistence and school conflict in connection with mass media and press. Secondly, it is described an empirical study including the design and implementation of a press registration form for consulting the selected newspapers, collecting from them news about school conflict, following with an analysis of the obtained data, the making of conclusions and new work suggestions. Keywords: School conflict, Primary Education, image, Galician press.
4 Introdución A crecente preocupación social nas últimas décadas polos problemas de convivencia nos centros educativos fixo que se incrementara o número de estudos e propostas de intervención relacionadas con esta área. Así, a convivencia e o conflito pasou a ser unha das principais inquietudes da comunidade educativa pero tamén das distintas administracións e da sociedade en xeral. Tal e como afirma García e Trianes (2002) “é a partir dos anos oitenta cando se produce unha énfase especial neste tema. Sobre todo na última metade dos anos noventa asistimos a unha gran preocupación que afecta á psicoloxía e á educación” (p. 177). De acordo co proceso de indagación persoal desenvolto sobre a bibliografía publicada e seguindo as referencias de Caballero (2010 p. 157), os estudos de investigación sobre convivencia e conflito escolar centráronse na súa gran maioría por un lado no obxectivo de obter datos sobre a violencia, acoso ou maltrato nos centros educativos e por outro lado no fin de estudar as relacións entre o alumnado, o profesorado e a familia xunto co análise do clima xeral do centro. Sen embargo, hai que ter en conta que a escola como institución educativa está formada por membros dunha sociedade e á vez é un reflexo do que acontece na mesma. Estas relacións e influencias de contextos fan que a problemática actual da convivencia e do conflito escolar teña que entenderse e estudarse tomando como referencia unha visión ampla do escenario. Polo tanto, cando estudamos o conflito escolar non o podemos reducir de forma exclusiva ao conflito entre o alumnado nin á presenza da violencia xa que como recolle Jares (2006) “a investigación sobre esta temática que se produciu no noso país soe centrarse unicamente, en xeral, na violencia entre iguais, que é un aspecto importante, pero dende o punto de vista educativo […] é unha visión claramente restritiva e incompleta” (p. 468). Poucos son os traballos publicados que investigan de forma conxunta os medios de comunicación e a educación, e dentro destes son escasos os que se centran na imaxe do conflito escolar na prensa escrita. Hai que recoñecer que a influencia dos mass media cada vez é maior en todos os ámbitos sociais entre os que se inclúen os espazos educativos polo que estes medios de información van construíndo unha visión da convivencia nos centros escolares que resulta relevante analizar (Mesa, 2002, p. 220). Esta situación anterior é parte da xustificación do tema tratado no meu TFG que parte da base de que “a influencia dos medios de comunicación nas mentalidades, opcións políticas e comportamentos sociais é un dos temas máis importantes do noso tempo que, de ningunha forma, pode desligarse da pedagoxía, psicoloxía ou socioloxía” (Roque e Rotger, 1982, p. 11).
5 Exemplo de traballos que relacionan convivencia e conflito escolar cos medios de comunicación son La imagen de la UNED en la prensa (Pérez, 1985), A convivencia nos centros escolares de Galicia (Consello Escolar de Galicia, 1999) e La imagen de la conflictividad en la prensa gallega (Porto, 2003). Nestes traballos ao igual que noutros, o estudo do conflito e da convivencia céntrase en xeral nos niveis educativos secundarios. É común relacionar conflito escolar con adolescentes obviando que nas escolas de Educación Infantil e nos colexios de Educación Primaria xa se establecen unhas relacións humanas complexas que deben estudarse e atenderse para que o alumnado dende idades prontas desenvolva actitudes de convivencia democráticas, o que repercutirá nun futuro. Derivado do contido anterior descrito, tendo en conta que o nivel educativo que me compete dende o punto de vista da miña formación como docente non está moi investigado e acorde cos meus intereses profesionais, elixín traballar no meu TFG a imaxe da conflitividade escolar na prensa galega en relación á etapa de Educación Primaria. Outra das razóns que xustifican a miña elección do TFG é que este responde a parte das competencias profesionais que se describen para o proceso de formación de docentes: -Comprender o proceso de aprendizaxe relativo ao período 6-12 anos nos contextos social, familiar e escolar. Estudar o conflito escolar tendo en conta o contexto social no que se inclúe o centro educativo e as interaccións e as influencias que se producen entre eles. -Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación educativa. Desenvólvese unha investigación educativa na que se aplica unha metodoloxía e unhas técnicas concretas para investigar sobre o conflito escolar. -Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes e os valores. Neste traballo desenvólvense habilidades e destrezas de traballo autónomo e unhas actitudes críticas respecto á información que se manexa. -Comprender a función e as posibilidades da educación na sociedade actual e as competencias que afectan ós colexios de Educación Primaria e ós seus profesionais. Comprender a función que na actualidade se deposita na escola para formar ao alumnado en valores de convivencia democrática dende niveis educativos iniciais como medida que posibilita a construción dunha sociedade baixo estes mesmos valores.
6 -Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma. Deseño e realización dun traballo persoal que implica o desenvolvemento dun proceso de aprendizaxe. Ademais do anterior, a liña que elixín para o meu traballo está baseada nos amplos coñecementos e na experiencia que ten neste campo o meu titor do TFG Ángel Serafín Porto Ucha. A súa extraordinaria e longa traxectoria profesional servíronme para guiarme e apoiarme durante a elaboración do meu traballo e iniciarme así na investigación educativa da man dun experto que participou e dirixiu numerosos traballos desta índole entre outros. O meu TFG inclúese na modalidade de “traballo de iniciación á investigación” e os pasos seguidos xustifícanse nas etapas descritas por Gil (2008, p.22) para todo proceso de elaboración do coñecemento científico: planificación, realización e conclusións da investigación. En canto á metodoloxía, realizouse unha primeira parte teórica na que se tratan os principais conceptos desta investigación e que serve para contextualizar o traballo de campo que se leva a cabo posteriormente. Este paso serviu á súa vez para crear unha base de coñecementos necesarios para deseñar o instrumento de recollida de datos e ademais ter así un maior criterio á hora de analizar os datos obtidos do proceso de indagación. Na segunda parte desenvolveuse un estudo empírico en relación coa parte teórica comezando por seleccionar os dous xornais que se empregaron no estudo de campo. Logo deseñouse unha ficha de rexistro da prensa como instrumento de recollida de datos e que se aplicou na consulta de dous xornais galegos seleccionados previamente. Con este instrumento recolléronse todas as noticias que ían aparecendo sobre o conflito escolar na etapa de Educación Primaria obtendo desta forma os datos cos que traballar no estudo. Logo pasáronse estes datos recollidos a unha base de datos informática para unha maior rigorosidade no tratamento dos mesmos e realizouse unha análise dos mesmos. Finalmente elaboráronse as conclusións de todo o traballo realizado e a descrición de posibles liñas de acción. Os obxectivos deste traballo en concordancia cos que se recollen na guía do TFG son: -Integrar e aplicar o coñecemento teórico e práctico sobre o conflito escolar para realizar un estudo sobre o mesmo. -Desenvolver unha investigación como parte das funcións dun docente de Educación Primaria que permite mellorar e renovar o coñecemento e a práctica educativa sobre o conflito escolar.
7 -Seguir os pasos da investigación para coñecer a imaxe do conflito escolar en Educación Primaria na prensa galega, deseñando o instrumento de recollida de datos e xerando novos contidos científicos sobre esta temática educativa á vez que abrindo novas liñas de traballo. 1. Marco teórico 1.1. A convivencia escolar “A palabra convivencia significa a acción de vivir comunmente xuntos. Pero o noso acervo cultural engádelle un conxunto de matices, máis ou menos pro - sociais, que a converten nunha expresión de complexa encrucillada social” (Ortega, 2006, p. 36). Este acervo cultural fai que o concepto de convivencia sexa definido dende múltiples perspectivas en función da visión e da posición do autor dando lugar á existencia de numerosas definicións do mesmo. Jares (2001), que define convivir como “vivir uns con outros en base a unhas determinadas relacións sociais e a uns códigos valorativos, forzosamente subxectivos, no marco dun contexto social determinado” (p. 9), recolle que esta parte social está inevitablemente ligada á concepción e interpretación que se pode facer de forma particular do concepto e que pode ser facilmente cuestionable. Independentemente das connotacións sociais que se lle dean ao concepto, falar de convivencia non fai referencia simplemente ao feito de que dúas ou máis persoas compartan un lugar físico, senón que isto tamén inclúe compartir normas e convencións que axuden a regular a vida en grupo. A convivencia pola que se avoga dende as sociedades actuais é unha convivencia que se fundamenta na aceptación da diversidade se queremos que esta sexa un medio posible, rico, interesante e beneficiosa para todos. Así, os acordos que os membros dos grupos tomen para facer posible esta convivencia, deben de respectar os dereitos de cada persoa, dereitos que van ligados a uns deberes que todo individuo debe cumprir. Pero estes dereitos e deberes non poden limitarse a recollerse de forma teórica, pois isto resulta banal se non se leva a cabo unha posta en práctica dos mesmos na actividade de convivir. O centro escolar é un lugar de convivencia formado por un grupo de persoas “de diferentes idades e procedencias, con diferentes roles e que se relacionan e se inflúen de forma intencionada nun marco legal que regula parte desas relacións” (Massager, 2000, p. 63). A escola, como espazo de convivencia, experimentou grandes cambios nas últimas
14 formación plantéxase incluír, entre outras medidas, cambios nos currículos e que as materias en xeral transmitan estes valores e incluso se creen materias especializadas nestas cuestións. No ano 2006 apróbase a Lei Orgánica de Educación, unha “lei que se desmarca a favor dunha educación integral da cidadanía, que vai máis aló da instrución nas materias académicas ordinarias e que permite a convivencia en democracia” (Bisquerra, 2008, p. 51). Esta, ademais de ter como un dos fins educativos a convivencia democrática, incorpora na educación Primaria a nova materia Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos, unha materia polémica e fortemente cuestionada por expertos de distintos sectores da sociedade. Pouco máis dunha década despois de que se promulgara o Real Decreto, do 5 de maio, no que se recollía a creación dunha Comisión de Convivencia en cada centro escolar, o Ministerio de Educación en conxunto con varias Organizacións Sindicais, o 26 de marzo de 2006 aproban o Plan para a Promoción e Mellora da Convivencia Escolar. Os sectores que participan na elaboración deste plan recoñecen que o clima de convivencia nos centros docentes non é bo e que nos últimos anos a violencia se produce con maior frecuencia e de formas moi diferentes chegando a un nivel de gravidade extremo, a pesar das actuacións xa postas en marcha. Desta forma, acordan establecer un Plan de Actuación para a Promoción e Mellora da Convivencia Escolar, que entre outras actuacións, recolle a creación do Observatorio Estatal de Convivencia Escolar e de Prevención de Conflitos Escolares. Este Observatorio preséntase de forma oficial no Real Decreto 275/2007, do 23 de febreiro e nace como un órgano colexiado interministerial da Administración xeral do Estado, adscrito ao MEC e con carácter consultivo, que ten como fin mellorar a convivencia nos centros escolares a través da investigación e do desenvolvemento de propostas de actuacións que favorezan a esta medida. 1.3.2. Ámbito autonómico De acordo con Rodríguez e Veiga (2008, p. 49), dada a magnitude e a complexidade de afrontar o tema da convivencia escolar, así como a importancia de acadar uns obxectivos baseados nos principios democráticos, faise imprescindible a participación activa e a colaboración de todos os suxeitos educativos e sociais que de forma máis ou menos directa están implicados no ámbito estatal, autonómico e no plano local.
15 No caso de Galicia, as leis educativas fóronse elaborando e aprobando a partir do disposto nas leis estatais de referencia, concretando así os distintos aspectos para tratar o tema da convivencia e levalo ata os verdadeiros escenarios de actuación, os centros educativos. No ano 2007 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria presenta o Plan Integral da Mellora da Convivencia Escolar en Galicia con dúas liñas de intervención: a prevención da violencia nos centros educativos e a intervención na resolución pacífica dos conflitos. Unha das actuacións para desenvolver este plan é a elaboración do Observatorio Galego de Convivencia Escolar que deriva do Real Decreto 275/2007 e que na lexislación galega queda recollido no Decreto 85/2007. Nace como un órgano colexiado de carácter consultivo no que participan distintas consellerías, preséntase como un instrumento cuxas accións están destinadas á investigación, prevención e intervención para mellorar a convivencia escolar. Estas iniciativas anteriores recollen a necesidade de concretar as distintas medidas en niveis inferiores de aplicación buscando esa labor imprescindible de colaboración entre todos os axentes educativos para acadar os fins propostos, como é o caso do Observatorio Galego de Convivencia que ten unha aplicación a nivel autonómico, provincial e de centro. Así, cada centro de forma contextualizada, debe elaborar o seu Plan de Convivencia de Centro acorde ás liñas de intervención descritas a nivel autonómico. Rodríguez e Veiga destacan a transcendencia de contextualizar este plan o máis acorde posible ao contexto de actuación: O Plan Integral de Mellora de Convivencia Escolar en Galicia quere axudar a propiciar cambios positivos nos centros educativos e no profesorado, nos modelos de organización escolar e na formación permanente. Neste contexto terá unha relevancia especial a elaboración e posta en marcha de plans de convivencia escolar en cada centro que se adapten ao seu respectivo ámbito os obxectivos, medidas e iniciativas que deseña e impulsa o Plan Integral de Mellora de Convivencia Escolar de Galicia (2008, p. 46). Por outro lado, e en relación estreita co Plan de Convivencia de Centro, recóllense as medidas para a elaboración do Observatorio de Convivencia en cada centro educativo de forma particular, organismo que inclúe entre as súas finalidades, a de avaliar ao final de cada curso escolar as distintas propostas que se levaron a cabo no centro para mellorar a convivencia no mesmo. A importancia de avaliar os plans de actuación, de acordo con Torrego e Moreno (2003, p. 41), leva a reflexionar sobre as prácticas que se fan no centro e a valoralas afondando na comprensión do problema. Estes plans deseñados acordes coas
16 características de cada centro, son imprescindibles porque axústanse a cada espazo en concreto e son os membros da propia comunidade educativa os maiores coñecedores para buscar solucións. As normas de convivencia do centro educativo deben recollerse no Regulamento de Réxime Interno que forma parte do Proxecto Educativo de Centro, sendo competencia do equipo directivo a súa elaboración e competencia do Consello Escolar a súa aprobación. Coa creación do Plan Integral de Convivencia Escolar en Galicia, acorde co que se describe neste plan, o RRI deixa de ser documento que inclúe soamente os códigos de sancións e pasa a entenderse como un documento no que se concretan e se aplican as normas que rexen as actuacións dos centros. É tamén neste plan onde se pide ós centros que revisen a estrutura e a forma de participación de todos os membros da comunidade educativa na vida de centro demandando unha corresponsabilidade en nas actividades educativas. Destácase a necesidade de participación do alumnado, imprescindible si se busca practicar unha convivencia democrática nos distintos ámbitos sociais, xa que é necesario que o neno se desenvolva baixo estes principios dende idades iniciais para continuar con estas accións nun futuro. No ano 2011 apróbase a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa. Nela descríbese a necesidade de que, todos os membros que participan de forma directa ou indirecta no centro educativo, deben camiñar na mesma dirección para poder chegar a desenvolver nestes espazos unha convivencia democrática. En relación ao anterior, esta lei engloba a un maior sector da comunidade educativa nesta tarefa e recolle os dereitos e deberes do alumnado, os das nais, pais e titores, os do profesorado e os do persoal de administración e de servizos. Galicia, seguindo a Gómez, ata este momento era a única Comunidade Autónoma que mantiña os Reais Decretos de 1995 de dereitos e deberes e os Regulamentos Orgánicos dos centros de 1996” (2011, p. 175). Así, na Lei 4/2011 renóvase o referente a dereitos e deberes ampliándoos a todos os membros da comunidade educativa, e ademais recóllense os distintos documentos de centro que deben de albergar todo o referente para practicar unha convivencia democrática no centro e a resolución pacífica dos problemas. No ámbito autonómico galego, tamén se considerou a necesidade de traballar de forma conxunta entre as distintas Consellerías para intentar camiñar cara a consecución duns obxectivos democráticos en referencia á convivencia. Así, apróbase a Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes que dedica un capítulo á actuación dende o ámbito educativo “A educación e a formación para a igualdade entre mulleres e homes”.
17 1.4. Os medios de comunicación O concepto de medio de comunicación é un termo amplo e global. Facendo fincapé de forma concreta na palabra medio, Balle (1991), defínea como “un equipo técnico que permite aos homes comunicar a expresión do seu pensamento, calquera que sexa a forma e a finalidade de esta expresión” (p. 50). Por outra banda, Boronat (1995, p. 27) presenta e analiza distintas definicións que varios autores formulan do termo de comunicación, do que a autora recolle e destaca de gran parte delas o seu carácter subxectivo. A liña de pensamento que se segue na concepción por separado destes dous termos anteriores, continúa presente no tratamento en conxunto do concepto de medio de comunicación, onde Berrocal e Rodríguez (1998) o definen como o “equipo técnico empregado para a difusión de informacións destinadas a un público masivo ou especializado, controlado por suxeitos que recollen, interpretan e valoran as noticias” (p.19). Estes dous autores expresan que a información coa que se traballa está en parte alterada e manipulada por quen a presenta debido aos seus intereses e a súa ideoloxía, polo que nunca podemos falar dunha obxectividade pura. Blanco (2008) fai referencia a esta influencia ao afirmar que “as informacións elabóranas persoas, e que a persoa […] reflexa o seu « eu » no produto que elabora. Vemos o mundo a través dos seus ollos” (p. 34). Así, conclúese que a información que se presenta nos medios non é fiel reflexo da realidade, alteración que pode acadar maior ou menor intensidade en función das intencións do emisor da mensaxe. Os mass media son considerados un importante instrumento para a socialización e para a transmisión de valores, xa que mostran pautas de comportamento de forma directa ou implícita que acaban por afectar á nosa visión do mundo. Nas sociedades democráticas, os medios de comunicación son o principal instrumento para expresar ideas e sensacións, e por tanto, para transmitir e crear unha imaxe. Desta forma, a información que se presenta nestes medios ten o poder de formar e modificar a imaxe social sobre un tema en concreto, en función do uso que se faga da mesma. O poder dos medios de comunicación é tan grande que, tal e como se recolle no traballo do Consello Escolar de Galicia (1999), “recoñécese a súa incidencia na formación de certas condutas e actitudes sobre a realidade –ás veces incluso, na propia configuración da realidade–” (p.615). A capacidade de manipulación dos medios de comunicación é tratada por Cabero e Loscertales (1998) que describen aos medios como parte da nosa sociedade e que configuran o espazo físico, psicolóxico e organizativo desta.
18 Estas indicacións anteriores sobre os medios de comunicación, tamén se estenden ao ámbito educativo e a información que se transmite sobre este tema non sempre é fiel á realidade, podendo chegar a estar moi lonxe dela. Esta imaxe afecta á opinión pública e provoca a creación de estereotipos que inflúen nas expectativas e na valoración que a propia sociedade pode ter sobre a educación. Esta influencia dos medios de comunicación provocou o desenvolvemento de mitos que chegaron a estar fortemente enquistados na mentalidade humana, e que en parte aínda perduran na actualidade. O informe do Defensor del Pueblo (2007, p. 34) recolle como profesionais do tema da convivencia e do conflito escolar derribaron distintos mitos, fortemente enraizados na mentalidade humana, a través da investigación. A pesares disto, autores como Del Barrio, Van der Meulen e Barrios (2002), Rigby (1996) ou Sullivan (2000), plasman nos seus traballos que estas falsas crenzas seguen presentes na sociedade en xeral, pois o peso dos medios de comunicación é moito maior. 1.4.1. A prensa escrita A continuación faise un tratamento máis específico da prensa escrita xa que o meu traballo de investigación analiza a imaxe do conflito escolar neste medio de comunicación en particular. Por iso, presento unha visión xeral sobre os aspectos necesarios para ter consciencia da importancia e da necesidade de desenvolver unha actitude crítica á hora de realizar unha lectura da información que se nos presenta dende este medio. Dende os seus inicios, seguindo a Boronat (1995, p. 55), a prensa foi utilizada por parte dos sectores do poder, como o político, controlando a información deste medio e incluso creando os seus propios aparatos de difusión. Esta realidade deixa de manifesto a posibilidade de que se dean numerosas situacións de manipulación informativa, polo que é importante que como consumidores desa información, coñezamos o que din os xornais e o que silencian, así como a linguaxe que empregan e adquirir a capacidade para descifrar a noticia. A pesar de caracterizar á sociedade actual como a sociedade da información, Blanco (2008, p. 28) recolle que estamos nun momento de desinformación provocada polo exceso de información á que estamos expostos. Apunta aos xornais de recoller unha información desorganizada e non acertada coa realidade que dá resposta ao que pasa, pero non ao como e ao por que pasa e cales serán as consecuencias.
19 A selección da información e a forma na que se nos presenta esta na prensa escrita, así como en calquera medio de comunicación, non é casual. Para a estruturación dun xornal e a elaboración das noticias, hai uns códigos que lle conceden unha maior ou menor relevancia á información e que presentan a mesma dende unha perspectiva concreta, provocando que os lectores recibamos e interpretemos este contido baixo eses códigos que empregaron intencionadamente os redactores. Así, Fontcuberta (2011) sinala que a información que se nos presenta ten dúas finalidades: “facilitar o acceso desa información ao público e valorar a información. O formato dun medio reflexa o valor que conceden ás informacións que presenta, e os receptores interpretan o medio en función das regras que el mesmo ensina” (p.65). Así, o tipo de información que se presenta nun xornal e a interpretación que poida facer cada un dos lectores da mesma, está influenciada dende unha dobre vertente: primeiro pola base ideolóxica na que se fundamenta un xornal en concreto e pola ideoloxía do profesional que redacta a noticia, que en certa medida coincidirá coa do xornal pero que lle engade os seus matices persoais. E segundo, pola información que se decidiu tratar e pola forma de presentala xa que lle da un significado seguindo o valor e o interese que se lle deu de forma consciente. Así, débese de ter en conta por un lado de que a información que se transmite na prensa sempre ten un carácter subxectivo. Por outro lado, hai que ser conscientes de que a estrutura dun xornal inflúe e altera a forma de afrontar a lectura do mesmo por parte dunha persoa. Estes códigos xornalísticos son tidos en conta na elaboración da ficha de rexistro de prensa que se describe máis adiante e que se deseñou, de forma expresa, para recoller as noticias relacionadas coa imaxe do conflito escolar na prensa galega. 2. Estudo empírico O estudo empírico que se presenta a continuación segue un método descritivo no que se combina unha parte cuantitativa con outra cualitativa. O procedemento seguido para alcanzar o coñecemento obxectivo sobre o tratamento que se fai do conflito escolar na prensa escrita e a imaxe que se transmite do mesmo está baseado nuns pasos concretos descritos por Buendía e Colás (1998, p. 69) que recollen as fases a desenvolver nunha investigación educativa.
20 2.1. Proposta do problema a investigar A formulación do problema deste estudo realizouse de forma conxunta co meu titor do TFG e está motivada polo coñecemento de investigacións previas con obxectos de estudo similares e á vez pola identificación da falta de coñecemento científico nesta temática no ámbito territorial e no nivel educativo que profesionalmente máis me compete. Esta investigación busca coñecer o tratamento que a prensa galega fai do conflito escolar e a imaxe que transmite do mesmo. O problema está en que nin o tipo de noticias que recolle un xornal nin os seus aspectos formais son algo casuais pois isto ten unha intencionalidade e un grao de subxectividade que afecta á forma en que os lectores len e interpretan as noticias á vez que permiten descifrar o grao de relevancia que lle concede este medio impreso a un determinado tema, neste caso ao conflito escolar de Educación Primaria, afectando ao ámbito educativo xa que este se inclúe e se desenvolve nun sistema social no que as interaccións son múltiples. 2.2. Obxectivos do estudo empírico O obxectivo xeral deste estudo empírico é coñecer a imaxe que proxecta a prensa escrita galega sobre o conflito escolar en Educación Primaria. Os obxectivos específicos son: -Producir novos datos e información actualizada que permita un maior coñecemento sobre o conflito escolar en relación coa prensa escrita. -Coñecer a importancia que se lle concede ao conflito escolar en Educación Primaria na prensa escrita galega a partir da análise dos aspectos formais cos que se presentan as noticias. -Diagnosticar o tipo de conflitos que se recollen na prensa e ver se hai diferenciación no tratamento deles segundo a tipoloxía. -Analizar se o conflito que se recolle na prensa está relacionado coa violencia e se o tratamento que se fai del tamén se relaciona con esta resposta aos conflitos. -Identificar se os conflitos que recolle a prensa escrita tenden a producirse en centros de determinadas características concretas. -Abrir novas liñas de investigación a partir deste estudo empírico para afondar no coñecemento da temática que se segue neste traballo.
21 2.3. Deseño e procedemento da investigación A consideración que se lle dá ao concepto de conflito neste estudo é no seu sentido máis amplo e o ámbito ao que se fai referencia é o de todo aquel que implica á escola, dende a Administración educativa ata a aula. O método descritivo inclúe o deseño de instrumentos para levar a cabo a técnica de recollida de datos dunha forma obxectiva a partir da observación, polo que comezouse a desenvolver o estudo empírico co deseño da ficha de rexistro da prensa para obter contido co que posteriormente traballar. De forma paralela levouse a cabo a selección dos xornais a usar nesta investigación xa que os aspectos formais destes medios tivéronse en conta á hora de deseñar o instrumento de recollida de datos. Partindo da documentación bibliográfica deseñei a primeira versión do instrumento e posteriormente paseilla a varios profesionais para que ma validasen e me desen as súas críticas co obxectivo de mellorar a ficha. Tras as respostas realicei a versión final do instrumento e apliqueino á consulta dos xornais seleccionados para a investigación. Para acceder á edición impresa dos xornais de La Voz de Galicia e de Sermos Galiza fun á Biblioteca Xeral da USC e á Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal e consultei na sala da hemeroteca durante varios días cada un dos exemplares publicados dende o 01/01/2013 ata o 31/12/2013. Ao longo do desenvolvemento desta consulta ía cubrindo manualmente unha ficha de rexistro da prensa por cada unha das noticias que aparecían nestes xornais e ao finalizar este proceso pasei os datos recollidos a unha base de datos informática para facer un tratamento da información máis rigoroso. A continuación desenvolveuse a técnica de análise de datos na que se combinou a parte cuantitativa coa cualitativa e se comparou os resultados obtidos con outros estudos desenvoltos anteriormente. 2.3.1. Selección e descrición da mostra A selección dos xornais que se empregaron nesta investigación foi seguindo o criterio de difusión xeográfica buscando que foran medios que recollesen noticias de toda a Galicia e que tivesen unha proxección estendida a todo este territorio. Así, decidiuse centrar o traballo de campo no xornal de La voz de Galicia por ser representativo de toda a Comunidade Autónoma e por ser un dos xornais con maior audiencia. Segundo os datos ofrecidos pola Oficina de Justificación de la Difusión (2013) sobre a tirada, a difusión e o número de lectores estimados dos xornais españois, La Voz de Galicia sitúase entre os dez primeiros de
22 toda España e encabeza a lista no ámbito galego. Na investigación este xornal complementouse coa consulta de Sermos Galiza que edita de forma semanal o seu formato impreso e que abarca tamén todo o territorio galego. Outra das razóns polas que se decidiu entre estes dous xornais foi pola súa base ideolóxica xa que considerouse interesante elixir entre xornais diferentes neste aspecto pois de acordo con Roque e Rotger (1982) “a información pode ser distinta segundo a ideoloxía de cada periódico” (p. 74). Os exemplares de prensa consultados son aqueles que ambos xornais publicaron dende o período 01/01/2013 ata o 31/12/2013 en edición impresa recollendo todas aquelas noticias de ámbito galego que facían referencia ao conflito escolar da etapa de Educación Primaria. O período temporal seleccionado para a investigación foi o ano 2013 debido a que é o máis recente e así pódese obter unha información máis actualizada. Ademais ten a peculiaridade de ser un ano especialmente significativo no sistema educativo español xa que nel transcorren os momentos previos á aprobación da nova lei de educación, a LOMCE, situación que xerou grande expectación e diversas críticas de todos os sectores da sociedade. Dicir que nun primeiro momento a consulta ía ser máis extensa tanto en tempo como en número de xornais distintos pero que esta quedou reducida a dous exemplares durante o período dun ano por razóns de tempo. A pesares disto, podemos identificar este traballo como unha investigación exploratoria de acordo con Arnal, Del Rincón e Latorre (1992, p. 44) pois ofrécese un primeiro coñecemento sobre a situación do conflito escolar de Educación Primaria na prensa galega a partir do cal se poden partir outros estudos máis completos. O proceso a seguir para a elaboración da mostra foi a revisión dos xornais por orde de data comezando polos de La Voz de Galicia e seguindo cos de Sermos Galiza. Deste proceso foise recollendo todas as noticias que aparecían e estaban relacionadas co conflito escolar na etapa de Educación Primaria ocorridos no ámbito galego e cubrindo unha ficha de rexistro por cada unha das noticias. A mostra do estudo está formada polo total das noticias recollidas que foron de 186 na Voz de Galicia e de 19 en Sermos Galiza, un total de 205 noticias. 2.3.2. Instrumento de recollida de datos O instrumento empregado para a recollida de datos nesta investigación é a ficha de rexistro da prensa (pode verse en anexos). É un instrumento elaborado pola autora deste
23 estudo e deseñado para este caso en concreto atendendo ós distintos ámbitos que se tratan nesta investigación e adaptándoa o máximo posible á mesma. Á hora de deseñar a ficha buscouse que esta respondese á problemática da imaxe do conflito escolar de Educación Primaria na prensa galega escrita, polo que tamén se tivo en conta as características deste medio de comunicación e máis en concreto as dos dous exemplares seleccionados para esta investigación. 2.3.2.1. Elaboración e validación do instrumento Para a elaboración da ficha de rexistro da prensa dedicouse un período de tempo longo e de moito traballo e esforzo, pois de acordo con Boronat (1995) “si ben, é importante precisar as variables e categorías, non o é menos elaborar uns bos instrumentos de recollida de datos” (p. 187). Comezouse con unha documentación bibliográfica acerca desta técnica de recollida de datos e de forma paralela desenvolveuse un proceso de alfabetización profundo sobre a prensa escrita acerca da súa estrutura, dos seus elementos constitutivos (portada, seccións, título,…) e sobre a forma intencionada na que se presenta a información neste medio e as súas consecuencias (a relevancia tipográfica, a situación da noticia na páxina, o espazo destinado á mesma,…) incluíndo a potencialidade que teñen os medios de comunicación dende o punto de vista psicolóxico e social e as críticas que todo isto implica. Ademais do anterior, considerouse imprescindible realizar unha primeira toma de contacto cos xornais seleccionados para este proceso de indagación, La Voz de Galicia e Sermos Galiza, para coñecer a súa estrutura e ver de forma xeral o tipo de noticias que recollen sobre conflito escolar. Este paso foi fundamental xa que deu a oportunidade de ter unha idea global do material empregado na mostra da investigación e así poder elaborar unha ficha de rexistro que respondese da forma máis eficiente ao estudo. Tras esta primeira parte de coñecemento teórico, iniciouse a elaboración da ficha de rexistro de forma especializada e adaptada para aplicar neste traballo concreto. Realizouse unha primeira versión do instrumento de recollida de datos (dispoñible na parte de anexos), e coa intención de que o deseño desta ficha alcanzase un grao satisfactorio de profesionalidade e de confianza, foi sometida a un proceso de validación a través do exame da mesma por parte
30 relevancia tipográfica alta están relacionadas coa nova lei educativa, co novo decreto do comedor e cun caso dun neno dun colexio de Vigo que derivou en tres batallas xudiciais. Dos datos anteriores conclúese que o espazo que se reserva ás noticias sobre o conflito escolar non é moi relevante xa que ocupan maiormente zonas das páxinas de pouca atracción visual e de non prioridade para o lector. Esta conclusión coincide ca da investigación realizada polo Consello Escolar de Galicia na consulta da prensa do curso escolar 1997-98 na que se indicaba que as noticias sobre o conflito escolar ocupan unha posición secundaria. Os números obtidos neste estudo sitúan ao conflito escolar fóra das estruturas do centro. As causas do 63% das noticias recollidas responden a elementos que non se producen no interior das aulas nin que se xeran directamente a partir da actividade de ensino - aprendizaxe. Son na gran parte dos casos as ANPAS, os pais e nais, os sindicatos e os partidos políticos opositores os que participan nos conflitos contra a Administración e as causas máis comúns son a nova lei educativa, o decreto do galego, o novo decreto de comedor escolar e as deficiencias relacionadas coa rede de centros que se detallan en parágrafos seguintes. A causa pola que se recolleron maior número de conflitos escolares foi a de leis educativas. Dentro da causa de leis educativas as noticias recollidas facían referencia ás problemáticas creadas polo decreto do comedor escolar, pola lei dos deberes de 1997 referente á Educación Primaria e pola nova lei de educación LOMCE sendo esta última a de maior protagonismo. A intención de levar a cabo un cambio no sistema educativo aprobando unha nova lei educativa volve a acaparar un alto porcentaxe das noticias que se recollen nos xornais repetindo os resultados do estudo do Consello Escolar de Galicia derivados dos diversos problemas, críticas e protestas xerados no curso 1997-98 pola implantación da Educación Secundaria Obrigatoria en aplicación da LOXSE. Salientan as protestas polo decreto do comedor escolar que recolle novas medidas para intentar manter economicamente este servizo facendo que as familias paguen unha cuantía máis elevada. Fronte a isto, varias noticias recollen reaccións nas que se determinan que as familias non poden afrontar ese gasto e polo tanto o alumnado quedará sen ese servizo. Un dos conflitos seguidos pola prensa durante días foi a decisión dun colexio de aplicar a lei de 1997 e non mandar deberes ó alumnado de Educación Primaria que rematou derivando nunha batalla que se estendeu ata a Administración con opinións moi diversas.
31 Destacan as 25 noticias sobre conflito lingüístico derivado do decreto do galego. Recóllense distintas opinións sobre o decreto e na gran maioría destacan o ataque ao idioma chegando a dicir que con estas medidas o que se está facendo é converter ao galego nun idioma estranxeiro. É curioso que nesta loita lingüística se denuncia que o partido do poder non escoita a opinión da Mesa de Normalización Lingüística e de Galicia Bilingüe entre outras polo que acaba tomando parte do conflito o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Outros dos aspectos a ter en conta son os resultados obtidos na causa designada como outros. Dicir que a cifra elevada de noticias recollidas nesta categoría débese a que no xornal seguiuse durante meses o caso dun neno que foi acosado de absentismo escolar mentres os pais destes denunciaban acoso escolar ao fillo, loita que se foi estendendo a outros moitos sectores da sociedade e acabou derivando en tres batallas xudiciais. É de destacar que neste estudo se identificaron catro casos distintos de absentismo escolar, dato que aínda que é unha cifra menor, é necesario consideralo de preocupante pois comprendendo o actual sistema social español onde a escolarización do alumnado xa é total e que se vela pola seguridade e os dereitos do menor, sería necesario activar un plan de acción para intervir dende as mínimas ausencias sen permitir que o caso acabe derivando en meses de non asistencia ás aulas. As noticias que recollen como causa de conflito a falta de recursos materiais e humanos, as denuncias polo mal estado da estrutura do centro, a demanda de centros ou prazas e a oposición ó peche de centros tamén son das máis abundantes. Estas noticias denuncian, basicamente, os recortes na cantidade de diñeiro público destinado a manter o servizo de educación pública mentres se financia con este mesmo diñeiro centros privados concertados que segregan ó alumnado por sexo.
32 A pesar de que son numerosas as noticias nas que se recollen os conflitos recreados en insistentes protestas cara a Administración por cuestións diversas sobre o sistema educativo, estas non fan supoñer a existencia de violencia. Tan só 6 das noticias totais recollidas son con violencia e delas 3 fan referencia a dous casos distintos na que docentes abusan sexualmente do alumnado, outra correspóndese coa violencia física exercida polo director do centro sobre un discente, outra alude á violencia física dun pai a un inspector por non poñer unha parada de autobús preto da casa para o seu fillo e outra refírese ao acoso escolar que sofre unha nena. Así, a presenza noticias sobre conflito escolar con violencia na prensa segue a ser escasa coincidindo cos resultados obtidos no estudo do Consello Escolar realizado hai máis dunha década. O 97% das noticias que se recollen non están relacionadas coa violencia pero sen embargo hai unha contraposición a isto no tratamento que fai a prensa das noticias e as palabras que emprega pois estas provocan que a imaxe que se dá sobre o conflito non coincida coa realidade. É de destacar o caso do neno dun colexio de Vigo que foi noticia durante varios meses derivando a mesma en outros conflitos posteriores. A primeira noticia que se recolle sobre este caso redáctase baixo o título de “Un neno de Vigo leva un mes sen ir á clase por temor ao acoso”. O xornalista que escribiu esta noticia inclúe no titular a palabra “acoso” e séguese usando reiteradamente noutras noticias cando na realidade non se diagnosticara se este neno sufría ou non acoso, e de feito preséntase a resolución do estudo realizado pola Fiscalía de Menores no que se constata que non houbo acoso. Como este caso son outros nos que se empregan de forma “errada”, e á vez intencionada, distintas palabras que provocan que a imaxe que se proxecta na prensa sobre o conflito escolar estea relacionada coa violencia e non correspondida coa realidade do sucedido. No relativo á situación xeográfica do centro soamente se detecta predominio dunha zona sobre outra ao considerar por separado as noticias sobre conflito escolar provocadas pola falta de recursos humanos e materiais, polas deficiencias na estrutura de centro, de demanda de prazas e polo peche de escolas. Destas causas recolléronse 36 noticias onde o maior número delas sucederon en escolas do rural, 15 en escolas rurbanas e tan só 5 en urbanas. Se seguimos analizando polo miúdo estes datos, as noticias publicadas sobre as escolas do rurbano manifestan a saturación dos centros educativos en canto a prazas no centro e no comedor, a falta de recursos materiais e a mellora das infraestruturas. No caso das noticias do rural resaltan as que recollen as denuncias dos pais e nais ante o abandono por parte da Administración dos centros educativos en xeral e o temor a que pechasen as escolas para o
33 curso 2013/2014. Buscouse na páxina web da Xunta de Galicia estes centros que no xornal ameazaban con desaparecer e constatouse que dous de ditos centros xa non aparecen na actual rede de centros educativos de Galicia, polo que se pode confirmar a súa desaparición. A maioría das noticias refírense a centros públicos onde destaca a problemática xerada pola falta de recursos materiais e a falta de prazas en comedores e no centro escolar. Logo sobresaen as noticias nas que se apunta o centro privado concertado porque esta titularidade correspóndese coa do centro no que estaba escolarizado o neno de Vigo, e como xa se apuntou, foi un caso seguido pola prensa durante un tempo. Nesta ocasión non se recolleu na prensa ningunha noticia sobre conflito escolar ocorrida nun centro privado sen concertar, datos que levan a redactar a que a imaxe que se proxecta do conflito escolar nos xornais galegos non se modificou neste aspecto dende hai máis dunha década, pois este resultado coincide co descrito no estudo realizado polo Consello Escolar de Galicia no ano 1999. Conclusións Primeiro dicir que hai que ser modestos á hora de interpretar estas conclusións porque, adaptándose ás características do TFG, o traballo realizado é unha investigación de carácter exploratorio na que se traballa con unha mostra pequena a partir da cal non podemos extraer unhas liñas que se aproximen fielmente á realidade, neste caso a da imaxe do conflito escolar en Educación Primaria na prensa galega. O poder da prensa de modificar e transmitir unha imaxe alterada da realidade é unha característica dos medios impresos que recollen expertos do tema nas súas bibliografías tal e como se redacta no estudo teórico do traballo. No estudo empírico desenvolto compróbase esta característica da prensa, pois a pesar da existencia de numerosas noticias sobre os conflitos escolares onde o nivel de violencia é baixo, a linguaxe que empregan os xornais e o tratamento que fan das noticias leva a estes medios impresos a proxectar unha imaxe do conflito negativa e que se relaciona coa violencia cando isto non se corresponde en gran número de ocasións coa realidade. Desta forma, séguese mantendo o papel da prensa como medio amplificador e difuminador da realidade da convivencia nos centros escolares, papel que coincide co concluído no estudo do Consello Escolar de 1999. Este tratamento na prensa escrita fai que se siga transmitindo a imaxe negativa do conflito escolar contribuíndo a desenvolver a concepción máis xeneralizada que existe na sociedade sobre o mesmo.
34 Como xa se recollía en liñas anteriores deste traballo, a escola non pode entenderse nin explicarse á marxe da sociedade na que se inclúe. O momento no que se desenvolve este estudo está caracterizado polos “problemas económicos” que está a atravesar o país e estes tamén afectan ao ámbito educativo. Esta influencia queda reflexada no tipo de conflitos escolares que se recollen na prensa pois estes derivan nun número elevado de ocasións dos recortes de diñeiro público que se destinan para manter o servizo público de educación o que trae como consecuencia carencias en estruturas e servizos fundamentalmente, polo que as reclamacións van dirixidas maiormente á Administración Educativa. Estes recortes en educación afectan principalmente aos centros situados en espazos rurais. Sobresae o titular da noticia “A presidenta do Consultivo sostén que o comedor escolar debe ser gratis en zonas rurais” que, ao meu entender ven a concluír os numerosos ataques que sufriu e sofre a escola do rural por parte da Administración. Ó longo da recente historia da educación obrigatoria e gratuíta en España, e en concreto en Galicia, fóronse pechando cada vez maior número de escolas do rural e construíndo centros máis grandes para unificar ao alumnado de varias destas escolas, normalmente en espazos rurbanos. A Administración obrigaba desta forma ó alumnado do rural a saír do seu entorno para recibir unha educación, e para compensar a este alumnado, estes tiñan dereito a transporte e comedor escolar gratis. Dende entón, continuáronse os desprezos á escola do rural ata chegar a este punto actual no que, despois de negarlle a posibilidade de educarse nos espazos máis próximos de residencia, fóronselle retirando os servizos gratuítos que nun primeiro momento se lle concederan. As distintas leis educativas que se veñen aprobando para lograr unha convivencia democrática e unha xestión educativa dos conflitos, partindo da visión do concepto de conflito escolar na súa versión máis ampla, é tamén necesario ter en consideración as zonas do rural de forma especial para atender as súas necesidades apoiando estes espazos dende a Administración e facendo un tratamento dos conflitos adecuado evitando que estes poidan repercutir na actividade educativa tal e como se constatou neste estudo. Que neste estudo non se recollesen apenas noticias sobre conflitos ocorridos dentro do centro ou da aula entre o alumnado e o profesorado, non pode levar a afirmar que non existan estes. Esta mesma situación xa ocorreu na consulta de xornais levada a cabo polo Consello Escolar de Galicia no ano 1999 na que fixeron a reflexión sobre a mesma chegando á conclusión de que parecía que non estaba ben dar a coñecer estes conflitos escolares en
35 concreto, pois eran coñecedores de que estes conflitos si tiñan lugar nos centros pero chocáballes que practicamente non aparecesen na prensa. Sen embargo, é importante atender ós conflitos que se sitúan fóra do centro educativo porque as actuacións que se desenvolvan fóra das aulas sempre afectan á actividade de ensinanza – aprendizaxe, por iso é necesario estudar e reflexionar sobre as medidas que se toman seguindo uns criterios. Estas medidas son maiores no caso de Galicia xa que no mesmo territorio conviven dúas linguas, convivencia que como se demostra neste estudo, tamén é orixinaria de numerosos conflitos que afectan a nivel educativo. Unha vez realizado o traballo, un dos aspectos que modificaría del sería a organización e a distribución das variables de “causas do conflito escolar” e “quen participa no conflito” recollidas na ficha de rexistro da prensa. Levaría a cabo esta modificación porque como se pode ver nas gráficas e no resumo das noticias, os membros que participan en cada caso dan lugar a combinacións múltiples e as causas tamén adoitan a ser máis dunha. Isto provoca que posteriormente o tratamento dos datos se complique porque fai que teñas que mirar campos diferentes e agrupalos en caso de querer obter resultados concretos. Recomendacións e posibles liñas de acción Sería interesante levar a cabo unha investigación, ou ben ampliar e completar esta iniciada sobre a imaxe do conflito escolar na prensa, desenvolvendo a técnica de análise do contido e analizando as unidades de base gramatical por exemplo dos titulares, pois como se puido apreciar de forma superficial neste estudo, a linguaxe que se emprega nos xornais ten un poder que inflúe na interpretación que o lector pode facer sobre o conflito escolar e que non sempre se corresponde coa realidade. Outra posible actuación sería ampliar este traballo e realizar a consulta de máis xornais galegos de edición impresa para así traballar con unha maior mostra e poder obter datos e información máis completa que permitan aproximarse máis á verdadeira imaxe que se transmite do conflito escolar na prensa escrita de Galicia. Da mesma forma que se estuda a imaxe da conflitividade escolar en Educación Primaria na prensa galega, outra das posibles liñas de acción a levar a cabo podería ser o estudo da imaxe do conflito centrándoo noutras
36 comunidades autónomas, o que permitiría desenvolver posteriormente un estudo comparativo entre as distintas comunidades. Sinalar que o estudo realizouse consultado os xornais do ano 2013, un ano problemático no sistema educativo en xeral polos recortes económicos e pola aprobación dunha nova lei de educación da que se derivaron varios conflitos. Sería relevante repetir este estudo para analizar a imaxe do conflito escolar noutras datas onde estes dous factores non acaparasen gran parte da atención e comparar así resultados. Bibliografía Arnal, J., Del Rincón, D. e Latorre, A. (1992). Investigación educativa: Fundamentos y metodología. Barcelona: Labor. Balle, F. (1991). Comunicación y sociedad: Evolución y análisis comparativo de los medios. Bogotá: Tercer mundo. Berrocal Gonzalo, S. e Rodríguez - Maribona Dávila, C. (1998). Análisis básico de la prensa diaria: Manual para aprender a leer periódicos. Madrid: Editorial Universitas. Bisquerra Alzina, R. (2008). Educación para la ciudadanía y convivencia: El enfoque de la Educación Emocional. Madrid: Wolters Kluwer. Blanco Leal, M. M. (2008). Modelos de análisis para el estudio crítico de la prensa. Madrid: Ediciones Internacionales Universitarias. Boronat Mundina, J. (1995). Medios de comunicación y educación: Análisis de contenido de la prensa educativa. Palencia: UNED. Brajnovic, L. (1974). Tecnología de la información (2da ed.). Pamplona: Universidad de Navarra.
37 Buendía Eisman, L. e Colás Bravo M.P. (1998). Investigación educativa (3ra ed.). Sevilla: Ediciones Alfar. Caballero Grande, M. J. (2010). Convivencia Escolar. Un estudio sobre buenas prácticas. Revista de Paz y Conflictos, 3, p. 154-169. Recuperado o 21/03/2014, de http://www.ugr.es/~revpaz/numeros/numeros.html#numero3 Cabero Almenara, J. e Loscertales Abril F. (1998). ¿Cómo nos ven los demás?: La imagen del profesor y la enseñanza en los medios de comunicación social. Sevilla: Universidad de Sevilla, Secretariado de Publicaciones. Casamayor, G. (2000). Reivindicación del pacto y otras componendas. En Parcerisa Aran, A. (Dir.), Disciplina y convivencia en la institución escolar, p. 17-24. Barcelona: Editorial Graó. Consejo Escolar del Estado (2011). Informe sobre o estado e situación do sistema educativo: Curso 2009/2010. Recuperado o 08/04/2013, de https://sede.educacion.gob.es/publiventa/descargas.action?f_codigo=14567&codigoOp cion=3 Consello Escolar de Galicia (1999). A convivencia nos centros escolares de Galicia: Informe sobre a situación do sistema escolar de Galicia correspondente os cursos 1996-97 e 1997-98. Santiago de Compostela. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Defensor del Pueblo (2007). Violencia Escolar: El maltrato entre iguales en la Educación Secundaria Obligatoria 1999-2006. Recuperado o 04/04/2013, de http://www.defensordelpueblo.es/es/Documentacion/Publicaciones/monografico/conte nido_1261583505460.html Fontcuberta Balaguer, M. (2011). La noticia: Pistas para percibir el mundo. Madrid: Paidós. Freund, J. (1995). Sociología del conflicto. Madrid: Ministerio de Defensa. García Correa, A. e Trianes Torres, M. V. (2002). Educación socio – afectiva y prevención de conflictos interpersonales en los centros escolares. Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 44, 175-189.
38 Gil Pascual, J. A. (2008). Bases metodológicas de la investigación educativa: Análisis de datos (2da ed.). Madrid: UNED. Gómez Rivas, F. A. (xaneiro-xuño 2011). La normativa sobre convivencia escolar en España. Revista AMAzônica, 6 (1), 149-185. Recuperado o 02/05/2014, de http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3915955 Massager, M. (2000). La escuela es nuestra. El diálogo y la confianza mutua, instrumentos para la convivencia y la disciplina en la escuela primaria. En Parcerisa Aran, A. (Dir.). Disciplina y convivencia en la institución escolar, p. 61-67. Barcelona: Editorial Graó. Melero Martín, J. (2009). Conflictividad escolar y la nueva profesión docente: Diez estrategias para mejorar la convivencia en los centros educativos. Málaga: Ediciones Aljibe. Mesa Sánchez, R. (2002). Medios de comunicación, violencia y escuela. Revista Interuniversitaria de Formación do Profesorado, 44, 209-222. Narejo Alcázar, N. e Salazar Rodríguez, M. (2002). Vías para abordar los conflictos en el aula. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 5 (4). Recuperado o 15/04/2014, de http://www.aufop.com/aufop/revistas/arta/digital/109/833 Núñez Ladevéze, L. (1991). Manual para periodismo: Veinte lecciones sobre el contexto, el lenguaje y el texto de la información. Barcelona: Ariel. Oficina de Justificación y Difusión (2013). Recuperado o día 19/05/2014 de http://www.introl.es/medios-controlados/ Ortega Ruiz, R. (2006). La convivencia: Un modelo de prevención de la violencia. En Soler Villalobos, M.P. (Coord.). La convivencia en las aulas: Problemas y soluciones. Madrid: Secretaría General Técnica, Subdirección General de Información y Publicaciones Pereiro, X. (maio 2007). Antropoloxía e modelos de relación entre o rural e o urbano. Revista Galega de Educación, 38, 112-119. Pérez Serrano, G. (1985). La imagen de la UNED en la prensa. Revista a Distancia, 9, 12-14.
39 Pérez Serrano, G. e Pérez de Guzmán, M.V. (2011). Aprender a convivir. El conflicto como oportunidad de crecimiento. Madrid: Narcea. Porto Ucha, A. S. (2003). La imagen de la conflictividad en la prensa gallega. En López- Barajas Zayas, E. e Bouché Peris J.H. (Coords). La Educación para una cultura de paz: Problemas y perspectivas, p. 257-262. Madrid: UNED. Rodríguez Jares, X. (2001). Educación y conflicto: guía de educación para la convivencia. Madrid: Editorial Popular. Rodríguez Jares, X. (2006). Conflicto y convivencia en los centros educativos de secundaria. Revista de educación, 39, p. 467-491. Recuperado o 27/04/2014, de http://www.mecd.gob.es/revista-de-educacion/numeros-revista-educacion/numerosanteriores/2006/re339/re339_20.html Rodríguez Jares, X. (2006). Pedagogía de la convivencia (3ra ed.). Barcelona: Editorial Graó. Rodríguez Machado, E. R. e Veiga Río, E. (2008). Desarrollo integral de la convivencia en el marco educativo. Una nueva perspectiva: del observatorio autonómico al observatorio escolar. Revista galego – portuguesa de psicoloxía e educación, 16 (1), p. 45-64. Recuperado o 03/05/2014 de http://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/7610 Roque Company, J. M. e Rotger Amengual, B. (1982). Cómo leer la prensa escrita: didáctica y fichas prácticas para E.G.B., Bachillerato y F.P. Madrid: Escuela Española. Torrego Seijo, J. C. e Moreno Olmedilla, J.M. (2003). Convivencia y disciplina en la escuela: El aprendizaje de la democracia. Madrid: Alianza Editorial. Torres Falcón, M. (2004). Familia. En Sanmartín J. (coord.). El laberinto de la violencia: Causas tipos y efectos (1ra ed.). Barcelona: Ariel. Trianes Torres, M. V. (2000). La violencia en contextos escolares. Málaga: Ediciones Aljibe. Veiga Río, E. J. (2010). Planes para la mejora de la convivencia Escolar en la Comunidad Autónoma de Galicia: el estado de la cuestión. En Gázquez Linares J.J. e Pérez Fuentes, M.C. (Coords.) Actas del II Congreso Internacional de Convivencia Escolar: Variables psicológicas y educativas implicadas, [CD-ROM]. Granada: GEU
9 16/01/2013 Voz Ad.educativa, sindicato Leis educativas Protestas contra a LOMCE 10 28/01/2013 Voz Ad.educativa, grupo político, sindicato, outros Conflito lingüístico Piden a retirada do decreto do galego 11 30/01/2013 Voz Ad.educativa, grupo político, sindicato Conflito lingüístico A xunta recorre o fallo do TSXG do decreto do galego 12 01/02/2013 Voz Ad.educativa, sindicato Conflito lingüístico Recorre a sentenza desfavorable ao galego 13 07/02/2013 Voz Ad.educativa, alumnado, docentes, sindicato Leis educativas Folga contra a LOMCE 14 09/02/2013 Voz Ad.educativa, concello, PAS, sindicato Falta de recursos materiais Reclamo do pago de salarios 15 16/02/2013 Voz Ad.educativa, nais/pais Demanda de centros ou prazas/peche de centros Non están de acordo en cambiar ós nenos de colexio por non lles dar praza no que están 16 16/02/2013 Voz Ad.educativa, outros Conflito lingüístico Desaproban o decreto do galego 17 19/02/2013 Voz Ad.educativa, docentes, sindicato Leis educativas Non apoio á LOMCE 18 26/02/2013 Voz Alumnado, docentes, nais/pais Infracción das normas de convivencia do centro Docente pide aos nenos darlle masaxes 19 27/02/2013 Voz Alumnado, ANPA,docentes, nais/pais Infracción das normas de convivencia do centro Docente pide aos nenos darlle masaxes 20 28/02/2013 Voz Alumnado, ANPA, docentes, nais/pais Infracción das normas de convivencia do Expedientado o mestre por pedir masaxes aos nenos
centro 21 01/03/2013 Voz Ad.educativa, nais/pais, titular do centro Outros Denuncia por absentismo escolar 22 01/03/2013 Voz Ad.educativa, alumnado, docentes, nais/pais Infracción das normas de convivencia do centro O mestre dos masaxes nega os feitos 23 02/03/2013 Voz Ad.educativa, docentes, nais/pais Infracción das normas de convivencia do centro Psicólogos falan cos nenos que masaxearon ao mestre 24 06/03/2013 Voz Ad.educativa, grupo político Conflito lingüístico A Xunta non aporta información sobre o decreto 25 12/03/2013 Voz Ad.educativa, outros Conflito lingüístico RAG pide anular o decreto do galego 26 13/03/2013 Voz Ad.educativa, nais/pais, Demanda de centros ou prazas/peche de centros Nenos non teñen praza para E.P. no centro ao que están adscritos 27 14/03/2013 Voz Grupo político, outros Conflito lingüístico A Xunta non acepta opinións para o decreto do galego 28 15/03/2013 Voz Ad.educativa, docentes Falta de recursos materiais Mestres protestan polos recortes salariais 29 15/03/2013 Voz Ad.educativa, grupo político, sindicato Conflito lingüístico Xunta non recorrerá o decreto do galego 30 15/03/2013 Voz Ad.educativa, sindicato Demanda de centros ou prazas/peche de centros Piden solucións para as prazas do centro adscrito 31 16/03/2013 Voz Ad.educativa, grupo político Falta de recursos materiais Protestas polo diñeiro destinado aos centros que segregan por sexo
32 16/03/2013 Voz Ad.educativa, outros Conflito lingüístico Acusan que este decreto do galego fai desaparecer o idioma 33 21/03/2013 Voz Ad.educativa, ANPA leis educativas As ANPAS tachan de insolidario o novo decreto de comedor 34 23/03/2013 Voz Ad.educativa, nais/pais Tolerancia Acoso a unha nena e piden cambiala de colexio 35 24/03/2013 Voz Ad.educativa, ANPA Leis educativas Piden comedor escolar gratuíto xa que se paga con diñeiro público, en contra do novo decreto de comedor escolar 36 27/03/2013 Voz Ad.educativa, ANPA leis educativas O novo decreto do comedor deixa sen este servizo a moitos nenos 37 05/04/2013 Voz Ad.educativa, outros Leis educativas Oposición á LOMCE 38 10/04/2013 Voz ANPA, concello, grupo político Falta de recursos materiais Protestas polo servizo de comedor 39 11/04/2013 Voz Ad.educativa, grupo político Demanda de centros ou prazas/peche de centros Piden retirar o requisito do empadroamento para as prazas 40 12/04/2013 Voz Ad.educativa, alumnado, concello, titular do centro Estrutura do centro, falta de recursos materiais Queixas por falta de espazo recreativo e que non lle destinan diñeiro para cubrir esta carencia 41 12/04/2013 Voz Ad.educativa, ANPA Estrutura do centro Piden amañar as goteiras e o ascensor do colexio 42 13/04/2013 Voz Ad.educativa, sindicato Leis educativas Protestas polo comedor escolar 43 13/04/2013 Voz Ad.educativa, alumnado, concello, titular do centro Falta de recursos materiais A Xunta di que non recibiu solicitude para as obras
44 17/04/2013 Voz Ad.educativa, grupo político leis educativas O novo decreto do comedor provoca que os nenos paguen ou abandonen 45 17/04/2013 Voz Ad.educativa, grupo político Leis educativas PSdG critica o réxime aprobado para o pago do comedor 46 18/04/2013 Voz Ad.educativa, consello escolar Leis educativas O C.E. non aproba o decreto do comedor 47 19/04/2013 Voz Ad.educativa, sindicato, outros Leis educativas Convocada folga contra a LOMCE 48 23/04/2013 Voz Ad.educativa, alumnado, docentes, nais/pais Outros Un neno de Vigo non acode á clase por supostas agresións físicas de compañeiros 49 24/04/2013 Voz Ad.educativa, alumnado, nais/pais Outros Sacan do colexio ao irmán do neno supostamente agredido 50 25/04/2013 Voz Ad.educativa, alumnado, nais/pais Outros O impacto mediático da noticia mételle máis medo ao neno 51 26/04/2013 Voz Ad.educativa, alumnado, nais/pais, docentes Outros O pai do neno agredido responde á Administración e ao concello 52 27/04/2013 Voz Ad.educativa, alumnado, docentes, nais/pais Outros Ex – alumnos do colexio de Vigo din haber sufrido acoso 53 30/04/2013 Voz Ad.educativa, alumnado,docentes, nais/pais Outros Investigan ao pai do menor de Vigo por se cometeu absentismo escolar 54 01/05/2013 Voz Ad.educativa, alumnado, docentes, nais/pais Outros O fiscal cita ao pai do neno de Vigo 55 03/05/2013 Voz Ad.educativa, alumnado, docentes, nais/pais Outros Un psicólogo avalía ao neno de Vigo
56 04/05/2013 Voz Ad.educativa, alumnado, docentes, nais/pais Outros Os pais do neno de Vigo non levan ao neno á cita co psicólogo 57 08/05/2013 Voz Nais/pais, outros Tolerancia Xulgado por pegarlle a un inspector no 2010 58 09/05/2013 Voz Ad.educativa, outros Leis educativas Folga contra a LOMCE 59 09/05/2013 Voz Nais/pais, outros Outros Responsables os pais do absentismo escolar por non mandar á escola a unha nena 60 10/05/2013 Voz Ad.educativa, outros Leis educativas Folga contra a LOMCE (Galicia) 61 10/05/213 Voz Ad.educativa, outros Leis educativas Folga contra a LOMCE (Santiago) 62 11/05/2013 Voz Ad.educativa, alumnado, docentes, nais/pais Outros O colexio de Vigo nega os feitos de acoso 63 13/05/2013 Voz Ad.educativa, nais/pais Outros Estudan o caso dun neno xitano por absentismo escolar 64 14/05/2013 Voz Ad.educativa, alumnado, docentes, nais/pais Outros A Consellería lamenta que os pais do neno de Vigo non o leven ás citas con orientación 65 18/05/2013 Voz Ad.educativa, alumnado, docentes, nais/pais Outros Queixas do pais do neno de Vigo ante a Xunta 66 21/05/2013 Voz Ad.educativa, grupo político, outros Leis educativas A situación do sistema educativo coa LOMCE 67 22/05/2013 Voz Ad.educativa, equipo directivo Outros Queixas polo mal funcionamento do XADE 68 24/05/2013 Voz Ad.educativa, nais/pais Outros Condenados a cadea acusados do absentismo escolar da filla
69 29/05/2013 Voz Ad.educativa, grupo político, sindicato, outros Leis educativas Oposición á LOMCE 70 30/05/2013 Voz Ad.educativa, nais/pais, outros Leis educativas Oposición ante a situación de se mandar ou non deberes 71 31/05/2013 Voz Ad.educativa, grupo político, nais/pais Leis educativas A Xunta di que a lei dos deberes se podería modificar en calquera momento 72 31/05/2013 Voz Ad.educativa, alumnado, docentes, nais/pais Outros O pai do neno de Vigo denuncia outras supostas vexacións ao fillo 73 01/06/2013 Voz Alumnado,ANPA, docentes, nais/pais Outros A Xunta non ve culpable ao colexio de Vigo 74 02/06/2013 Voz ANPA, nais/pais Leis educativas Piden información sobre a lei dos deberes de 1997 75 03/06/2013 Voz Ad.educativa, outros Leis educativas Denuncian as materias que fan media no expediente coa LOMCE 76 03/06/2013 Voz ANPA, equipo directivo, outros Leis educativas Opinións a favor e en contra da LOMCE 77 04/06/2013 Voz Ad.educativa, nais/pais Leis educativas Administración pide chegar a un acordo cos deberes 78 08/06/2013 Voz Ad.educativa, equipo directivo Demanda de centros ou prazas/peche de centros Reclaman aumento de prazas por aumentar a demanda 79 11/06/2013 Voz Ad.educativa, alumnado, docentes, nais/pais, outros Outros Estudo do caso para determinar se os pais do neno de Vigo son aptos para coidalos 80 13/06/2013 Voz Ad.educativa, nais/pais, outros Leis educativas Queixas de pais por non mandar deberes aos fillos 81 13/06/2013 Voz Ad.educativa, Horario lectivo Protestar por retrasar o inicio
nais/pais da xornada escolar 82 19/06/2013 Voz Ad.educativa,equip o directivo Leis educativas Protestas por aínda non publicar a norma de comedor no DOG 83 19/06/2013 Voz Ad.educativa, grupo político, outros Leis educativas Multa por repartir folletos contra a LOMCE 84 22/06/2013 Voz Ad.educativa, ANPA, nais/pais Demanda de centros ou prazas/peche de centros Piden manter abertas as escolas unitarias 85 25/06/2013 Voz Ad.educativa, ANPA, nais/pais Leis educativas Piden manter a beca para o comedor escolar 86 28/06/2013 Voz Ad.educativa, nais/pais Falta de recursos materiais Usan o transporte escolar e vense obrigados a pagar o comedor 87 03/07/2013 Voz Ad.educativa, alumnado, docentes, equipo directivo, nais/pais Falta de recursos humanos Denuncian a retirada doutra mestra dunha escola do rural 88 07/07/2013 Voz Ad.educativa, nais/pais Estrutura do centro Protestas pola necesidade de iniciar as obras no centro de Ventín 89 09/07/2013 Voz Ad.educativa,grupo político, nais/pais Estrutura do centro Reclaman que o colexio de Ventín sexa atendido 90 11/07/2013 Voz Ad.educativa, concello, nais/pais Estrutura do centro Reclaman o permiso da Xunta para comezar as obras 91 11/07/2013 Voz Ad.educativa, sindicato Demanda de centros ou prazas/peche de centros Denuncian a posibilidade de que o CEIP e a EEI cerren as súas portas 92 12/07/2013 Voz Ad.educativa, concello, grupo político, nais/pais Estrutura do centro Permisos para iniciar as obras en Ventín
93 17/07/2013 Voz Concello, consello escolar, grupo político Outros Denuncian a inactividade do C.E. e a non constitución da nova corporación 94 18/07/2013 Voz Ad.educativa, grupo político Leis educativas Partidos políticos non apoian a LOMCE 95 08/08/2013 Voz Ad.educativa, outros órganos Conflito lingüístico Ataques ao galego coas continuas leis lingüísticas 96 09/08/2013 Voz Ad.educativa, nais/pais, outros Demanda de centros ou prazas/peche de centros Anuncio de peche de unitarias a pesar das protestas 97 15/08/2013 Voz Ad.educativa, sindicato Falta de recursos materiais Lamentan que os cartos se destinen a centros que segregan por sexo 98 16/08/2013 Voz Ad.educativa, grupo político, titular do centro Falta de recursos materiais Partidos políticos denuncian o diñeiro público destinado aos centros que segregan 99 18/08/2013 Voz Outros Outros Opinións a favor e en contra do uso do IPAD na clase 100 21/08/2013 Voz Ad.educativa, grupo político Falta de recursos materiais Partidos políticos denuncian o diñeiro destinado aos centros que segregan por sexo 101 23/08/2013 Voz Ad.educativa, concello, grupo político Estrutura do centro As obras no colexio realizaranse durante parte da xornada lectiva 102 23/08/2013 Voz Ad.educativa, grupo político Leis educativas Piden a Igualdade que actúe ante o caso dos colexios que segregan 103 01/09/2013 Voz Ad.educativa, nais/pais Estrutura do centro Reclaman melloras nas estruturas de escolas unitarias 104 02/09/2013 Voz Ad.educativa, grupo político, sindicato Conflito lingüístico Queixas polo decreto do galego
105 03/09/2013 Voz Ad.educativa, outros Leis educativas Piden comedor gratis para os nenos do rural obrigados a desprazarse 106 03/09/2013 Voz Ad.educativa, outros Falta de recursos materiais Denuncian a falta de prazas no comedor escolar 107 05/09/2013 Voz Ad.educativa, docentes, grupo político, sindicato Estructura do centro; falta de recursos humanos, falta de recursos materiais Queixas polo pago do comedor, pola falta de persoal docente e por desperfetos nos centros 108 06/09/2013 Voz Ad.educativa, alumnado, docentes, nais/pais Outros O caso do neno de Vigo deriva en tres batallas xudiciais 109 07/09/2013 Voz Ad.educativa, alumnado, docentes, equipo directivo, nais/pais Outros O colexio de Vigo denuncia ao pai por inxurias 110 10/09/2013 Voz Ad.educativa, ANPA Estrutura do centro, falta de recursos humanos, falta de recursos materias Ante o aumento de prazas nos centros, piden que se adapten os recursos 111 12/09/2013 Voz Concello, nais/pais Falta de recursos materiais Denuncia pola non funcionamento do servizo de madrugadores 112 12/09/2013 Voz Ad.educativa, grupo político, outros Leis educativas Conflito no parlamento polo decreto do comedor e protestas na rúa 113 12/09/2013 Voz Ad.educativa, outros Demanda de centros ou prazas/peche de centros Protestas pola desaparición de 15 centros públicos mentres aumentan as unidades nos privados 114 13/09/2013 Voz Ad.educativa, nais/pais, titular do centro Demanda de centros ou prazas/peche de centros Falta de prazas a pesar das denuncias realizadas no curso pasado 115 14/09/2013 Voz Ad.educativa, outros Leis educativas Convocada folga contra a LOMCE
116 19/09/2013 Voz Ad.educativa, ANPA, nais/pais Leis educativas Protestas polo copago do comedor 117 19/09/2013 Voz Ad.educativa, ANPA leis educativas Denuncian que en Galicia foi onde máis subiu o pago do comedor 118 20/09/2013 Voz Ad.educativa, grupo político, outros Conflito lingüístico O TSXG estuda sancionar á Administración por non cumprir as ordes polo decreto do galego 119 21/09/2013 Voz Ad.educativa, outros Conflito lingüístico O TSXG pide á Xunta que demostre que cumpre o decreto do galego 120 22/09/2013 Voz Ad.educativa, outros Conflito lingüístico A Xunta di que cumprirá a sentenza imposta polo decreto do galego 121 24/09/2013 Voz Ad.educativa, outros Conflito lingüístico Denuncian que non se imparten en galego as materias que se corresponden 122 24/09/2013 Voz Ad.educativa, nais/pais, outros Leis educativas Queixas por seguir sen deberes 123 25/09/2013 Voz Ad.educativa, grupo político Conflito lingüístico Denuncian que están a converter o galego nun idioma estranxeiro 124 26/09/2013 Voz Ad.educativa, outros Outros Obrigan a que se lle faga o recoñecemento médico anual aos mestres 125 26/09/2013 Voz Ad.educativa, grupo político Conflito lingüístico apoio e queixas para que cada centro decida as materias que se impartan en galego 126 27/09/2013 Voz Ad.educativa, nais/pais Leis educativas Protestas dos pais polo decreto do comedor 127 27/09/2013 Voz Ad.educativa, equipo directivo Outros Denuncian o mal funcionamento da aplicación informática para o pago do comedor
198 12/09/2013 Sermos Ad.educativa, docentes Conflito lingüístico Unha mestra critica o decreto do galego e o diñeiro público que se destina para aprender inglés desfavorecendo ao galego 199 12/09/2013 Sermos Ad.educativa, ANPA Falta de recursos materiais, Leis educativas Denuncian a actitude do goberno coa nova lei educativa e co decreto do comedor 200 12/09/2013 Sermos Ad.educativa, outros Falta de recursos materiais Denuncian o financiamento con cartos públicos aos centros que segregan por sexo mentres non hai diñeiro para o comedor escolar 201 12/09/2013 Sermos Ad.educativa, outros Conflito lingüístico Denuncian a decadencia na fala de galego nos centros escolares 202 12/09/2013 Sermos Ad.educativa, sindicato Demanda de centros ou prazas/peche de centros Denuncian a privatización da escola pública pechando centros públicos mentres se financian centros privados concertados que segregan por sexo 203 26/09/2013 Sermos Ad.educativa, grupo político, sindicato, outros Conflito lingüístico O TSXG advirte á Xunta que cumpra as normas ditadas sobre o decreto do galego ou que haberá sancións 204 03/10/2013 Sermos Ad.educativa, sindicato, outros Conflito lingüístico Critican a mala situación das linguas cooficiais coa LOMCE 205 24/10/2013 Sermos Ad.educativa, ANPA, alumnado Leis educativas Críticas de varias persoas contra a LOMCE