Full text
Clases de palabras Mª Victorina Crego García Departamento de Lingua Española Facultade de Humanidades Grao de Lingua e Literatura Española Servizo de Normalización Lingüística 3 titulación Lingua Española I materia Vicerreitoría de Cultura Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade
Clases de palabras Mª Victorina Crego García Departamento de Lingua Española Facultade de Humanidades UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 3
© Deseño Edita Imprime Universidade de Santiago de Compostela, 2010 Unidixital Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Unidixital Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela : C 1192-2010 978-84-9887-297-8 Dep. Legal ISBN ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicacion, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores.
UNIDADE DIDÁCTICA III. Clases de palabras- 3 MATERIA: LINGUA ESPAÑOLA I TITULACIÓN: GRAO DE LINGUA E LITERATURA ESPAÑOLA PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da unidade didáctica UNIDADE DIDÁCTICA I 1. O compoñente fónico do español 1.1. O estudo do son. Relacións entre fonética e fonoloxía 1.2. O son articulado 1.3. Clases xerais de sons 1.4. Fonemas e alófonos 1.5. Os alfabetos fonéticos 2. O sistema fonético español 2.1. Fonemas e alófonos do español 2.2. Neutralización e arquifonemas en español 2.3. Fonética, fonoloxía e sistemas de representación gráfica 3. As combinacións de sons: sílabas, grupos vocálicos, ditongos, hiatos… UNIDADE DIDÁCTICA 2 1. O compoñente gramatical: morfoloxía 2. O morfema e a palabra. Definición das unidades: palabra ortográfica, gramatical e léxica 3. Delimitación entre morfoloxía e sintaxe 4. A análise morfolóxica: raíz, afixo, tema e base 5. A formación de palabras: composición e derivación UNIDADE DIDÁCTICA 3 1. O compoñente gramatical: clases de palabras 2. Clases de palabras e categorías gramaticais 3. Cuestións xerais 4. Clases de palabras e categorías gramaticais vinculadas 4.1. O substantivo e as súas clases: xénero e número 4.2. O adxectivo e as súas clases. O grao 4.3. O verbo. Tempo, modo, voz, aspecto. Número e persoa 4.4. O pronome. Pronomes átonos e tónicos. Persoa e caso 4.5. O artigo e os determinantes 4.6. O adverbio e as súas clases 4.7. Preposicións e conxuncións. Natureza e clases 4.8. Interxeccións
UNIDADE DIDÁCTICA III. Clases de palabras- 5 ÍNDICE Presentación…………………..……….…………………………………………5 Contidos……………………………….……………….………………………….3 1. Contextualización…………...……………………………………..………….7 2. Obxectivos……………………………………………………….....................8 3. Metodoloxía de ensino.............…………………………….…..……………………….................9 4. Sistema de avaliación........…………………………………….……………………………..10 Anexo de exercicios….........….………………………….………...…………...………….12 Bibliografía……….........………………………………….……………………..16
UNIDADE DIDÁCTICA III. Clases de palabras- 7 PRESENTACIÓN Na presente UD búscase a delimitación e descrición das clases de palabras da lingua española, mediante unha serie de criterios máis ou menos eficaces, priorizados e interrelacionados de maneira razoada e obxectiva: lóxico-semánticos, morfolóxicos, sintáctico-distribucionais e pragmáticos. A través da presentación e ulterior desenvolvemento de tales criterios chégase a romper con visións reducionistas, monolíticas e erróneas presentes sobre todo nas diferentes gramáticas de corte tradicional, pese a que, por motivos eminentemente didácticos, seguimos a utilizar moitos dos seus conceptos e, ante todo, o modo da presentación dos contidos (vid. contidos). Practicamente toda a UD 3 amosa evidencias de base científica da difícil diferenciación entre a unidade morfema e a unidade palabra (vid. UD 2) coa conseguinte necesidade de establecer tricotomías pesadas e paralizantes do tipo de: palabra ortográfica, palabra gramatical e palabra léxica, amén da obrigatoriedade de recorrer á presentación de unidades máis ou menos prototípicas en virtude dunha serie de propiedades esencialmente formais (morfolóxicas e sintácticas). Poderase comprobar, no ámbito da Semántica, diferenciacións do tipo: contido gramatical, deíctico e léxico ou simbólico. No seo da Sintaxe distinguiremos: dimensión da frase e a dimensión oracional. No eixe distribucional non se deberán obviar conceptos coma: énclise, próclise, fusión substancial de unidades átonas ou inacentuadas con outras tónicas ou acentuadas… A Morfoloxía repartirá e visualizará as competencias de contido e metodolóxicas que distinguirán o estudo da estrutura interna da palabra (sufixos, afixos, prefixos, infixos…) e o estreito vínculo entre a Sintaxe ou os mecanismos sintácticos cos propiamente morfolóxicos. A Pragmática daranos a coñecer a intervención do contexto no seo dunha visión ampla da Gramática, na que se subliña a teoría da comunicación. A incursión en todas estas dimensións e/ou disciplinas permitiranos ver e entender diferentes correntes de investigación e docentes sobre as clases de palabras, sendo as centrais a estrutural e/ou a funcional. A tarefa de contraste, sempre construtiva, non destrutiva, o vínculo entre todas as disciplinas lingüísticas, incluso as de índole fónica, e distincións tan coñecidas coma básicas (substancia/forma, significante/significado, relacións sintagmáticas/paradigmáticas, conmutación/substitución) permitirán experimentar a importancia da UD 3 en convivencia coas UD 1 e UD 2, todas elas constituíndo a materia introdutoria Lingua Española I.
8 - UNIDADE DIDÁCTICA III. Clases de palabras 1. CONTEXTUALIZACIÓN 1.1. Tema ou tópico: «Clases de palabras». 1.2. Xustificación do tema 1.2.1. Facer fincapé na importancia dunha parte da Gramática (entendida nun sentido amplo, incluíndo plano fónico, morfosintáctico e semántico), clases de palabras, na totalidade da disciplina, desde, esencialmente, dous prismas: conceptuais ou teóricos e metodolóxicos. 1.2.2. Aproveitar e adaptar os diferentes aspectos lingüísticos abordados nas UD 1 e 2 da materia Lingua Española I. 1.2.3. Integrar, por conseguinte, nunha visión ampla da Gramática a análise das dimensións teóricas, prácticas e metodolóxicas do tema abordado. 1.3. Temporalización Cadro de distribución de actividades Actividades Horas presenciais Horas non presenciais Total Sesións expositivas 14 24 (4 TD) 38 Sesións de seminario 3 8 (3 TD) 11 Sesións de titoría 1 2 3 Sesións de avaliación 1 2 3 Total 19 36 55 Cronograma Novembro-decembro Semana 9 Semana 10 Semana 11 Criterios na clasificación das palabras Cuestións xerais O substantivo e as súas clases O adxectivo e as súas clases
UNIDADE DIDÁCTICA III. Clases de palabras- 15 (c) Todos os cuantificadores (indica a súa función sintáctica). El día en que alguien logre la antología definitiva del cuento fantástico, se verá que muchos de los que pueblan para siempre la memoria medrosa de la especie se cumplen en torno a una casa, son una emanación de ella, contienen de alguna manera una invitación a franquear la entrada para que después el lector protagonista descubra por su cuenta otras puertas que no han sido fabricadas en las carpinterías de la ciudad diurna. No es casual que libros de cuentos como éste sean en sí mismos una de esas casas interiores, y que cada relato proponga un avance por habitaciones, galerías, patios y escaleras que absorben al lector y lo separan de su mundo previo. Se diría que escritores como Cristina Peri Rossi repiten sin saberlo (¿pero qué es saber en esta tierra de nadie donde pasean los dinosaurios y las abejas reinas?) el oscuro arquetipo del palacio de Barba Azul: habitaciones, corredores de espejos, puertas condenadas o prohibidas, siempre puertas para aquellos que prefieren el horror y la muerte a la renuncia de no abrirlas. Un cuento termina y ya otros empiezan en la habitación siguiente; con los dedos de la mirada, incapaces de resistir, buscaremos una vez más la cerradura, la falleba, empujaremos los batientes y veremos. 8. Que diferenzas gramaticais hai entre as expresións Agua bastante fresca e Bastante agua fresca? 9. Indica a función sintáctica que desenvolven os adverbios nas seguintes oracións. Menciona se hai algún caso de ambigüidade referencial. 9.1. Cantas o silbas a las altas estrellas también tuyas. 9.2. Todos estos problemas entre las familias vienen de antes de la guerra. 9.3. Lamentablemente, ingresó en el hospital. 9.4. El director llegó a la reunión diez minutos más tarde. 9.5. María llamó primero. 9.6. Ingresó en el hospital lamentablemente. 9.7. Quizá llueva mañana aquí. 10. Algunhas palabras poden pertencer a máis dunha clase. Indica con exemplos a que clases de palabras poden pertencer: demasiado, solo, mejor, mientras, luego, bajo, nada, medio. 10. Le este fragmento: Después de desahogarme de los excesos del champaña me sorprendí a mí mismo en el espejo, indigno y feo, y me asombré de que fueran tan terribles los estragos del amor. De pronto el avión se fue a pique, se enderezó como pudo, y prosiguió volando al galope. La orden de volver al asiento se encendió. Salí en estampida, con la ilusión de que sólo las turbulencias de Dios despertaran a la bella, y que tuviera que refugiarse en mis brazos huyendo del terror. En la prisa estuve a punto de pisar los lentes de la holandesa, y me hubiera alegrado. Pero volví sobre mis pasos, los recogí, y se los puse en el regazo, agradecido de pronto de que no hubiera escogido antes que yo el asiento número cuatro.
16 - UNIDADE DIDÁCTICA III. Clases de palabras El sueño de la bella era invencible. Cuando el avión se estabilizó, tuve que resistir la tentación de sacudirla con cualquier pretexto, porque lo único que deseaba en aquella última hora de vuelo era verla despierta, aunque fuera enfurecida, para que yo pudiera recobrar mi libertad, y tal vez mi juventud. (a) Identifica as construcións pronominais do texto anterior e indica a función do pronome. (b) Localiza as formas non persoais ou nominais do verbo, indica a súa función sintáctica e se conservan ou non a súa natureza verbal. (c) Aplicando algunha proba gramatical, identifica as perífrases verbais que aparecen no texto. 12. Constrúe oracións coas seguintes propiedades: 12.1. Un substantivo abstracto, continuo, determinado por un posesivo. 12.2. Un substantivo concreto, descontinuo, recategorizado como continuo. 12.3. Un substantivo concreto, continuo, recategorizado como descontinuo. 12.4. Un adxectivo clasificador e un adxectivo cualificativo. 12.5. Un adxectivo que poida recategorizarse como substantivo. 12.6. Un pronome persoal tónico de primeira persoa que funcione como complemento ou obxecto indirecto e un pronome átono de terceira persoa que funcione como complemento e obxecto directo. 12.7. Un cuantificador pronominal, invariable en xénero e número, que funcione como suxeito e outro que funcione como complemento ou obxecto directo. 12.8. Un determinante cuantificador que experimente flexión de número, pero non de xénero. 12.9. Un determinante cuantificador que experimente flexión de xénero, pero non de número. 12.10. Un pronome relativo que funcione como suxeito na oración subordinada que introduce e que só poida ter un antecedente co trazo [+humano]. 12.11. Un adxectivo relativo.
UNIDADE DIDÁCTICA III. Clases de palabras- 17 13. En que clase de palabras incluirías os elementos subliñados? Xustifica a túa resposta. 13.1. El buen vivir. 13.2. El vivir bien. 13.3. Un lejano tañer de campanas. 13.4. El continuo protestar. 13.5. El tañer lejos las campanas. 13.6. El amar es dulce tormento. 13.7. El amar la naturaleza es obligación del ser humano. 13.8. El hablarle de ese modo no soluciona nada. 13.9. El no saber qué contestarle me delató. 13.10. El protestar continuamente. 14. Le o seguinte fragmento: Uno de esos tantos agostos, mientras leía el periódico en la terraza, el presidente dio un salto de asombro. —¡Ah, caray! —dijo—¡He muerto en Estoril! Su esposa, levitando en el sopor, se espantó con la noticia. Eran seis líneas en la página quinta del periódico que se imprimía a la vuelta de la esquina, en el cual se publicaban sus traducciones ocasionales, y cuyo director pasaba a visitarlo de vez en cuando. Y ahora decía que había muerto en Estoril de Lisboa, balneario y guarida de la decadencia europea, donde nunca había estado, y tal vez el único lugar del mundo donde no hubiera querido morir. La esposa murió de veras un año después, atormentada por el único recuerdo que le quedaba para aquel instante: el único hijo, que había participado en el derrocamiento de su padre, y que fue fusilado más tarde por sus propios cómplices. (a) Localiza no texto anterior todos os relativos. Indica a súa función sintáctica e o seu antecedente. (b) Indica a que clase e subclase pertencen as palabras subliñadas no texto, a función sintáctica que desempeñan e, se son variables, as súas características morfolóxicas. (c) Localiza as formas verbais non persoais e indica se conservan ou non o seu carácter verbal. Xustifica a túa resposta. 15. Indica a clase de palabras a que pertencen as subliñadas nestas oracións: 15.1. Es mucho más trabajador que tú. 15.2. Comes mucho. 15.3. Es bastante alto. 15.4. Esta agua está bastante fresca. 15.5. Te quiero mucho. 15.6. ¿Queda bastante agua fresca? 15.7. Todos lo secundaron. 15.8. Nadie le ha dado la razón. 15.9. Estás todo mojado.
18 - UNIDADE DIDÁCTICA III. Clases de palabras 15.10. Estás poco mojado. 16. Tras ler o seguinte texto, indica: (a) A que clase de palabras pertencen as sinaladas en cursiva. Xustifica as túas respostas. (b) De que palabra deriva cada unha delas e a que clase pertence. Xustifica as túas respostas. (c) Localiza e clasifica todos os pronomes que hai no texto, describe as súas propiedades morfolóxicas e distribucionais e indica que función sintáctica desempeñan. (d) Localiza e clasifica todos os adverbios, describe as súas propiedades morfolóxicas e distribucionais e indica que función sintáctica desempeñan. (e) Ofrece exemplos de substantivos pluralia tantum (se non os atopas, recorre á túa competencia lingüística). Defíneos. (f) Ofrece exemplos de palabras que conteñan un sufixo e un prefixo. (g) Busca exemplos de substantivos epicenos. Defíneos. (h) Escolle algúns exemplos como ilustración das dicotomías concreto/abstracto e continuo/descontinuo. Explica tales dicotomías nocionais. Pero, aunque se ampliará ese extremo en su lugar oportuno, lo que quiero dejar insinuado, ahora, para enlazar con el tema de la educación, es que la excursión a los desmontes de una pareja de la clase media era propuesta y capitaneada por el novio, que ya tenía conocimiento de aquellos barrios, en algunos casos a causa de una relación íntima con alguna moradora de ellos. Lo contrario era impensable. Para una chica burguesa significaba el descubrimiento de «otro mundo», y no siempre se prestaba de buen grado a asomarse a él, de la misma manera que en la primera edad recelaba, aunque a veces con cierta envidia, de los juegos callejeros de sus hermanos, demasiado violentos, y de aquellas conversaciones sobre «cosas feas» que los aislaban en un mundo de difícil acceso y reglas excluyentes. 17. Tema: o artigo en español. 18. Diferenzas e concomitancias entre o substantivo e o pronome persoal na lingua española. 19. Pódese xustificar desde o punto de vista gramatical a inclusión do substantivo e o adxectivo na clase nome? Razoa a túa resposta.
UNIDADE DIDÁCTICA III. Clases de palabras- 19 20. Pódese xustificar desde o punto de vista gramatical a inclusión dos adxectivos determinativos e dos adxectivos cualificativos na mesma clase gramatical? Razoa a túa resposta. 21. Que entendes por contido deíctico? Que clases de palabras o conteñen? 22. Define e exemplifica os seguintes conceptos: 22.1. Adverbio nominal. 22.2. Substantivo propio. 22.3. Substantivo individual. 22.4. Substantivo colectivo continuo. 22.5. Adxectivo clasificador ou relacional. 22.6. Grao positivo / comparativo / superlativo. 22.7. Verbo auxiliar. 22.8. Verbo bipersoal. 22.9. Indicativo / subxuntivo / imperativo. 22.10. Unidades lingüísticas con autonomía sintáctico-semántica. 23. Que opinión che merece a afirmación: «el pronombre es aquella clase de palabra que va en lugar de un nombre». Razoa a túa resposta, utilizando os exemplos que consideres oportunos. 24. Que opinión che merece a afirmación: «el adverbio es aquella clase de palabra que no ofrece flexión pero que, en todos los casos, tolera sufijación que indica grado, carácter aumentativo o diminutivo». Xustifica a túa resposta, utilizando os exemplos que consideres oportunos. 25. Que opinión che merece a afirmación: «el género de los sustantivos indica el sexo al que pertenecen los seres que denotan». Xustifica a túa resposta, utilizando os exemplos que consideres oportunos.
20 - UNIDADE DIDÁCTICA III. Clases de palabras BIBLIOGRAFÍA Para superar a materia correspondente á UD 3, o alumno deberá realizar, ademais dos exames ou probas correspondentes, unha lectura de carácter obrigatorio: SECO, R. (1969): Manual de Gramática española, revisada por Manuel Seco, Madrid: Aguilar, caps. II-X. Bibliografía xeral Gramáticas do español e estudos xerais ACADEMIA, REAL __ ESPAÑOLA (1973): Esbozo de una nueva gramática de la lengua española, Madrid: Espasa-Calpe. ALARCOS LLORACH, E. (1994): Gramática de la lengua española, Madrid: Espasa- Calpe. ALCINA, J. e J. M. BLECUA (1975): Gramática española, Barcelona: Ariel. BOSQUE, I. (1989): Las categorías gramaticales, Madrid: Síntesis. BOSQUE, I. e V. DEMONTE (coords.) (1999): Gramática descriptiva del español, Madrid: Espasa-Calpe/Real Academia Española, 3 vols. BUTT, J. e C. BENJAMÍN (1988): A New Referente Grammar of Modern Spanish, London: Arnold. GILI GAYA, S. (1961): Curso superior de sintaxis española, Barcelona: Spes, 19618. GÓMEZ TORREGO, L. (1998): Gramática didáctica del español, Madrid: SM. SECO, R. (1967): Manual de gramática española, Madrid: Aguilar, 19679. Dicionarios da Lingua ACADEMIA REAL __ ESPAÑOLA (2002): Diccionario de la lengua española, Madrid: Espasa-Calpe. Consulta en línea: http://buscon.rae.es/draeI/ — (2006): Diccionario esencial de la lengua española, Madrid: Espasa-Calpe. GUTIÉRREZ CUADRADO, J. (coord.) (1996) : Diccionario Salamanca de la lengua española, Madrid: Santillana-Universidad de Salamanca. MALDONADO, C. (dir.) (1996): Clave. Diccionario de la lengua española, Madrid: SM. MOLINER, M. (1966): Diccionario de uso del español, Madrid: Gredos, 19982. SECO, M., A. Olimpia e G. Ramos (1999): Diccionario del español actual, Madrid: Santillana. Outros dicionarios ACADEMIA, REAL __ ESPAÑOLA (2005): Diccionario panhispánico de dudas, Madrid: Santillana, 20052. Consulta en línea: http://buscon.rae.es/dpdI/
UNIDADE DIDÁCTICA III. Clases de palabras- 21 BOSQUE, I. (2006): Diccionario combinatorio práctico del español contemporáneo, Madrid: SM. LÁZARO CARRETER, F (1968).: Diccionario de términos filológicos, Madrid: Gredos, 19683. MARTÍNEZ DE SOUSA, J. (1996): Diccionario de usos y dudas del español actual, Barcelona: Biblograf. SECO, M. (1987): Diccionario de dudas y dificultades de la lengua española, Madrid: Espasa-Calpe, 19879. Bibliografía específica ACADEMIA, REAL __ ESPAÑOLA (1973): Esbozo de una nueva gramática de la lengua española, Madrid: Espasa-Calpe. ALARCOS LLORACH, E. (1970), Estudios de gramática funcional del español, Madrid, Gredos. — (1994): Gramática de la lengua española, Madrid: Espasa-Calpe. BOSQUE, I (1989): Las categorías gramaticales, Madrid: Síntesis. COSERIU, E. (1978): «Sobre las categorías verbales (partes de la oración)», en Gramática, semántica, universales, Madrid, Gredos, pp. 50-79. GILI GAYA, S. (1961) : Curso superior de sintaxis española, Barcelona: Spes, 19618, cap. VII, §§ 78-84. GÓMEZ TORREGO, L. (1997), Gramática didáctica del español, Madrid, SM. — (2002), Nuevo Manual de español correcto, vol. II, Madrid, Arco/Libros. GONZÁLEZ CALVO, J. M. (1988), Estudios de morfología, Cáceres, Universidad de Extremadura. — (1998), Variaciones en torno a la Gramática Española, Cáceres, Universidad de Extremadura. HALLIDAY, M. A. K. (1972) : «Categories of the Theory of Grammar», Word 17 (1961), pp. 241-292. Reeditado en B. Malmberg (ed.), Readings in Modern Linguistics, Läromedelsforlagen/Mouton: Stockholm/The Hague, pp. 157-208. LENZ, R. (1920): La oración y sus partes, Madrid: Centro de Estudios Históricos. MARCOS MARÍN, F., F. J. SATORRE GRAU e Mª L. VIEJO SÁNCHEZ (1998), Gramática española, Madrid, Síntesis. SECO, R. (1967): Manual de gramática española, Madrid: Aguilar, 19679, 1ª parte. WIERZBICKA, A. (1986): «What is a Noun? (or How do Nouns Differ in Meaning from Adjectives)», Studies in Language 10, 2, pp. 352-389.
Clases de palabras Mª Victorina Crego García Departamento de Lingua Española Facultade de Humanidades Grao de Lingua e Literatura Española Servizo de Normalización Lingüística 3 titulación Lingua Española I materia Vicerreitoría de Cultura Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade