Full text
Vicerreitoría de eStUdaNteS, cUltUra e ForMaciÓN coNtiNUa Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Administración e Dirección de Empresas Estados Contables Luís Ignacio Rodríguez Gil Óscar Suárez Fernández 3 O estado de perdas e ganancias 9788498 879766 Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Facultade Ciencias Económicas e Empresariais
O estado de perdas e ganancias 3 Luís Ignacio Rodríguez Gil Óscar Suárez Fernández Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Facultade Ciencias Económicas e Empresariais
ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (elec-trónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. Dep. Legal: C 38 - 2013 ISBN 978-84-9887-976-6 © Universidade de Santiago de Compostela, 2013 Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/legalcode.gl Deseño Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostea Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital
— Estados Contables — Terceiro curso. Primeiro semestre — Grao en Administración e Dirección de Empresas — Unidade Didáctica 3: O Estado de Perdas e Ganancias — Luís Ignacio Rodríguez Gil — Departamento de Economía Financeira e Contabilidade — Facultade Ciencias Económicas e Empresariais
UNIDADE DIDÁCTICA III. O estado de perdas e ganancias. - 3 MATERIA: Estados Contables TITULACIÓN: Grao en Administración e Dirección de Empresas PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Unidade I. A comunicación de información empresarial Unidade II. O balance Unidade III. O Estado de perdas e ganancias Obxectivos e características Compoñentes: Ingresos e Gastos Clasificación de Resultados: Actividades continuadas e actividades interrompidas Unidade IV. O Estado de cambios do patrimonio Unidade V. O Estado de fluxos de efectivo Unidade VI. A memoria e outros informes narrativos Unidade VII. Outras informacións Unidade VIII. A información consolidada
UNIDADE DIDÁCTICA III. O estado de perdas e ganancias. - 5 ÍNDICE PRESENTACIÓN ........................................................................................... 7 Os obxectivos ................................................................................................. 7 A metodoloxía ................................................................................................. 8 Os contidos básicos ....................................................................................... 9 1. Obxectivos e características ................................................................ 10 2. Compoñentes: ingresos e gastos ........................................................ 13 2.1. Os ingresos: definición ................................................................. 13 2.2. Os gastos:definición ..................................................................... 14 3. Clasificación de Resultados: Actividades continuadas e actividades interrompidas............................................................................................ 14 3.1. Actividades interrompidas ............................................................. 15 Actividades propostas .................................................................................. 16 Avaliación da unidade didáctica ................................................................... 17 Anexos .......................................................................................................... 18 Bibliografía .................................................................................................... 22
12 - UNIDADE DIDÁCTICA III. O estado de perdas e ganancias. o que o total das partidas de activo non supere os once millóns catrocentos mil euros; o que o importe limpo da súa cifra anual de negocios non supere os vinte e dous millóns oitocentos mil euros; o que o número medio de traballadores empregados durante o exercicio non sexa superior a douscentos cincuenta. Con respecto a este punto cómpre aclarar varias cuestións: as sociedades perderán esta posibilidade se deixan de reunir, durante dous exercicios consecutivos, dúas das circunstancias sinaladas anteriormente. Ademais, no primeiro exercicio social dende a súa constitución, transformación ou fusión, as sociedades poderán formular contas anuais abreviadas se reúnen, ao peche do devandito exercicio, polo menos dúas das tres circunstancias requiridas. As sociedades cuxos valores estean admitidos a negociación nun mercado regulado de calquera Estado membro da Unión Europea non poderán formular contas anuais abreviadas. O International Accounting Standards Board (IASB) non prescribe un modelo obrigatorio de estados financeiros, nin de cada un dos estados que compoñen estes. Non obstante, a Norma Internacional de Contabilidade (NIC) núm. 1 «Presentación de Estados Financeiros» e a (NIC) núm. 7 «Estado de Fluxos de Efectivo» establecen uns requisitos mínimos de desagregación e presentación, que deben completarse segundo as circunstancias, e nas que inclúen exemplos ilustrativos dos distintos compoñentes dos estados financeiros. contémplanse uns modelos reducidos para empresas pequenas e medianas empresas (PEMES) e microempresas, neste caso concreto. A aplicación do PXC de Pemes é voluntaria para as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, individual ou societaria, sempre que durante dous exercicios consecutivos reúnan, á data de peche de cada un deles, dúas das condicións seguintes: o que o total das partidas do activo non supere os dous millóns oitocentos cincuenta mil euros; o que o importe neto da súa cifra anual de negocios non supere os cinco millóns setecentos mil euros; o que o número medio de traballadores empregados durante o exercicio non sexa superior a cincuenta. Realizada a elección de aplicar un ou outro plan manterase esta decisión durante un prazo mínimo de tres anos, agás, no suposto de que aplicando o PXC de Pemes deixe de reunir os requisitos para poder seguir facéndoo, é dicir, que deixe de reunir durante dous exercicios dúas das circunstancias cuantitativas anteriormente expostas ou que entre nalgún dos seguintes supostos: a) Que emitisen valores admitidos a negociación en mercados regulados ou sistemas multilaterais de negociación de calquera Estado membro da Unión Europea. b) Que formen parte dun grupo de sociedades que formule ou debese formular contas anuais consolidadas. c) Que a súa moeda funcional sexa distinta do euro. d) Que se trate de
UNIDADE DIDÁCTICA III. O estado de perdas e ganancias. - 13 entidades financeiras que capten fondos do público asumindo obrigas respecto a estes e as entidades que asuman a xestión das anteriores. Á hora da súa elaboración, a conta de perdas e ganancias baséase nos principios da devindicación, de uniformidade, non compensación e importancia relativa. Como xa anticipamos á conta de perdas e ganancias atribúenselle unha serie de limitacións que pasamos a enumerar: non é unha magnitude exacta, xa que poden presentarse distintos resultados dunha mesma empresa en función de como os gastos e ingresos fosen considerados, valorados e imputados; carácter periódico do resultado. O feito de dividir o tempo de vida dunha empresa en períodos regulares vén imposto, tanto por imperativos de tipo legal (o Código de Comercio obriga a presentar contas anualmente) e de tipo económico (o beneficio é unha magnitude básica á hora de axuizar a eficacia da xestión empresarial, e o seu cálculo non pode realizarse por períodos demasiado amplos, xa que a información contable debe orientarse á toma de decisións, e para iso debe ser presentada a tempo); heteroxeneidade das magnitudes que o compoñen, así, mentres os ingresos se calcularon de acordo cos prezos de venda do momento, os consumos correspondentes están valorados en custos históricos; subxectividade, estimacións e hipóteses empresariais respecto de sucesos futuros (amortizacións, provisións, deterioración de valor, insolvencias, valoración de stocks, etc.). 2 Compoñentes: ingresos e gastos Dado que o resultado do exercicio incluído na conta de perdas e ganancias se determina como diferenza entre ingresos e gastos recoñecidos en dito estado contable, nesta epígrafe analizaranse as definicións e os criterios de recoñecemento de cada un deles. As definicións destas dúas categorías conceptuais veñen recollidas no marco conceptual do Plan Xeral de Contabilidade e no que se denomina elementos das contas anuais. En canto ao recoñecemento dos ingresos e gastos esixe a aplicación do principio da devindicación e outros principios contables, como os de uniformidade, non compensación e importancia relativa. 2.1 Os ingresos: definición Incrementos no patrimonio neto da empresa durante o exercicio, xa sexa en forma de entradas ou aumentos no valor dos activos ou de diminución dos pasivos, sempre que non teñan a súa orixe en achegas, monetarias ou non, dos socios ou propietarios. O recoñecemento dun ingreso ten lugar como consecuencia dun incremento dos recursos da empresa, e sempre que a súa contía se poida determinar con fiabilidade. Polo tanto, leva consigo o recoñecemento
14 - UNIDADE DIDÁCTICA III. O estado de perdas e ganancias. simultáneo ou o incremento dun activo, ou a desaparición ou diminución dun pasivo e, en ocasións, o recoñecemento dun gasto. 2.2 Os gastos: definición Diminucións no patrimonio neto da empresa durante o exercicio, xa sexa en forma de saídas ou diminucións no valor dos activos, ou de recoñecemento ou aumento do valor dos pasivos, sempre que non teñan a súa orixe en distribucións, monetarias ou non, aos socios ou propietarios na súa condición de tales. O recoñecemento dun gasto ten lugar como consecuencia dunha diminución dos recursos da empresa, sempre que a súa contía se poida valorar ou estimar con fiabilidade. Por tanto, comporta o recoñecemento simultáneo ou o incremento dun pasivo, ou a desaparición ou diminución dun activo e, en ocasións, o recoñecemento dun ingreso ou dunha partida de patrimonio neto. O rexistro dos elementos procederá cando, cumpríndose a definición destes incluída no punto anterior, se cumpran os criterios de probabilidade na obtención ou cesión de recursos que incorporen beneficios ou rendementos económicos e o seu valor se poida determinar cun adecuado grao de fiabilidade. Cando o valor se debe estimar, o uso de estimacións razoables non menoscaba a súa fiabilidade. Rexistraranse no período a que se refiran as contas anuais os ingresos e os gastos xerados nel; nos casos en que sexa pertinente establecerase unha correlación entre ambos, que en ningún caso pode levar ao rexistro de activos ou pasivos que non satisfagan a definición destes. 3 Clasificación de Resultados: Actividades continuadas e actividades interrompidas Sinalouse anteriormente que a conta de resultados é un estado contable onde se recollen, debidamente clasificados, os ingresos e gastos dunha empresa ao longo de un exercicio económico. Ademais, para que a información que se comunica a través deste estado contable poida ser comprendida, interpretada e utilizada polos distintos usuarios no seu proceso de toma de decisións, faise necesario proceder á ordenación dos seus diferentes compoñentes. Entón, sendo o resultado unha cifra global indicativa da xestión da empresa, os diferentes niveis que se poden establecer en dita xestión dan lugar á aparición de varios resultados parciais ou intermedios até chegar á cifra final. Así, o Código de Comercio no seu artigo 35 indica que a conta de perdas e ganancias deberá distinguir os resultados de explotación dos que non o sexan. Nesta liña, o plan xeral contable desenvolve o contido no Código de Comercio presentando un modelo de conta de perdas e ganancias onde se distinguen os seguintes resultados: 1) resultado da explotación; 2) resultado financeiro; 3) resultado antes de impostos; 4) resultado do exercicio procedente de operación continuadas;
UNIDADE DIDÁCTICA III. O estado de perdas e ganancias. - 15 5) resultado do exercicio procedente de operacións interrompidas neto de impostos. 6) resultado do exercicio. O resultado da explotación obtense por diferenza entre os ingresos e gastos orixinados pola actividade comercial da entidade, incluíndo tamén o resultado de actividades complementarias (para maior detalle véxase o anexo 2). O resultado financeiro refírese aos ingresos e gastos que corresponden propiamente a actividades financeiras, cun obxectivo básico que é que o usuario deste estado contable poida coñecer por unha parte o resultado da empresa independentemente da forma na que a mesma financia as inversións e por outra banda o resultado das actividades financeiras (para maior detalle véxase o anexo 2). A suma destes dous resultados dá lugar ao resultado antes de impostos. Tendo en contas as actividades que deron lugar a estes dous resultados e a lexislación vixente referida ao imposto sobre beneficios calcúlase dito imposto. Tendo en conta estas tres magnitudes pódese calcular o resultado do exercicio procedente de operación continuadas. Obsérvase cómo a través dun proceso en cascada se van calculando os diferentes resultados parciais ata chegar á cifra final representativa do resultado do exercicio. 3.1 Actividades interrompidas Na partida 18. “Resultado do exercicio procedente de operacións interrompidas neto de xuros” do modelo normal de conta de perdas e ganancias, a empresa incluirá un importe único que comprenda: o resultado despois de xuros das actividades interrompidas; e o resultado despois de xuros recoñecido pola valoración a valor razoable menos os custos de venda, ou ben polo alleamento ou disposición por outros medios dos activos ou grupos alleables de elementos que constitúan a actividade interrompida. A empresa presentará nesta partida 18 o importe do exercicio anterior correspondente ás actividades que teñan o carácter de interrompidas na data de peche do exercicio ao que corresponden as contas anuais. Unha actividade interrompida é todo compoñente dunha empresa que foi alleado ou do que se dispuxo por outra vía, ou ben foi clasificado como mantido para a venda, e que: represente unha liña de negocio ou unha área xeográfica da explotación que sexa significativa e poida considerarse separada do resto; forme parte dun plan individual e coordinado para allear ou dispor por outra vía dunha liña de negocio ou dunha área xeográfica da explotación que sexa significativa e poida considerarse separada do resto; ou sexa unha empresa dependente adquirida exclusivamente coa finalidade de vendela. Para estes efectos, enténdese por compoñente dunha empresa as actividades ou fluxo de efectivo que, por estaren separados e seren
16 - UNIDADE DIDÁCTICA III. O estado de perdas e ganancias. independentes no seu funcionamento ou para os efectos de información financeira, se distinguen claramente do resto da empresa, tal como unha empresa dependente ou un segmento de negocio ou xeográfico. Os ingresos e gastos xerados polos activos non correntes e grupos alleables de elementos, mantidos para a venda, que non cumpran os requisitos para cualificalos como operacións interrompidas, recoñeceranse na partida da conta de perdas e ganancias que corresponda segundo a súa natureza. O plan xeral contable non define o que se entende como actividade continuada, polo que temos que entender que todo o que non sexa actividade interrompida é continuada. ACTIVIDADES PROPOSTAS Para impartir esta unidade didáctica vanse levar a cabo unha serie de actividades que pasamos a explicar. Previamente, para que vexan o interese, a aplicación práctica e para motivar, imos formular na aula unha serie de cuestións sobre a información achegada por unha conta de perdas e ganancias (o profesor levará una conta de perdas e ganancias dunha empresa real), e un pequeno cuestionario que se resolverá a través da análise e comprensión da conta de perdas e ganancias. Unha vez feito o cuestionario, entre todos na clase comentarase a información que pode aparecer e a que non pode aparecer neste documento e tratarase de identificar onde aparece reflectida. Nese mesmo cuestionario pediráselle ao alumnado que a corrixa se é o caso cando a súa primeira resposta fose incorrecta, sempre deixando a resposta orixinal dada nun primeiro momento. O cuestionario será entregado ao profesor e serviralle tamén a este para valorar e comprobar os coñecementos previos cos que conta o alumnado. Como xa se indicou o profesor procederá a explicar as cuestións máis teóricas nas clases expositivas, utilizarase como material básico fundamentalmente o PXC en todo o relacionado coa conta de perdas e ganancias e tamén determinados aspectos relativos a este estado contable da norma internacional de contabilidade (NIC) núm. 1 «Presentación de Estados Financeiros». Acto seguido, nas sesións interactivas tentarase que o alumnado aplique e poña en práctica os conceptos teóricos. Para desenvolver estes contidos comentaranse unha serie de exemplos e resolveranse unha serie de exercicios prácticos, tanto nas horas de clase como por conta do alumnado. Nos distintos exemplos que se utilizarán para ilustrar o tema, de forma deliberada, aparecerán as partidas máis conflitivas a hora de formular unha conta de perdas e ganancias, co obxectivo de poder xerar debate na aula e opinións encontradas que incitarán unha maior reflexión por parte do alumno. Os exercicios van consistir en que a partir das contas dunha empresa determinen que modelo é obrigatorio confeccionar e formulen de forma correcta unha conta de perdas e ganancias tendo en conta a correcta situación nos distintos apartados cos que conta a conta de perdas e ganancias. Para unha mesma empresa e cos mesmos datos faranse dous modelos (normal e abreviado) para que desta forma identifiquen as diferenzas e por último, identificarán e comprenderán
UNIDADE DIDÁCTICA III. O estado de perdas e ganancias. - 17 a información subministrada por este estado contable, vendo tamén as diferenzas que hai entre os distintos modelos. Ademais do material básico proporcionaráselle ao alumnado un cadro resumo dos distintos tipos de modelos de contas anuais cos que se pode atopar (anexo 1) e o modelo normal e abreviado da conta de perdas e ganancias (anexo 2 e anexo 3 respectivamente), para un mellor seguimento da materia nas clases. Xa por último, os alumnos e alumnas en grupo e fóra das horas de clase, deben analizar, tratar e revisar a conta de perdas e ganancias da empresa (os distintos grupos formados elixen ao principio do curso unha empresa para traballar con ela á hora de facer os distintos traballos que se lle van pedindo o longo do curso) para responder a unha serie de cuestións formuladas. Estas cuestións tratarán sobre determinada información que pode proporcionar unha conta de perdas e ganancias e a misión do alumno é a súa localización e interpretación para poder responder ás cuestións. AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA En xeral a avaliación da materia levarase a cabo (como se indica no programa) a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teóricopráctica final. A avaliación continua terá un peso do 40% na cualificación. Levarase a cabo ao comezo da unidade didáctica (inicial), ao longo do seu desenvolvemento (procesual) e ao seu remate (final). A avaliación inicial terá lugar na primeira sesión e consistirá na formulación de cuestións e identificación de determinados datos que aparecen e tamén sobre outros que non aparecen nunha conta de perdas e ganancias, ademais de como xa se apuntou antes, a realización por parte do alumno dun pequeno cuestionario, utilizando unhas contas anuais dunha empresa real. Isto permitiranos facernos unha idea dos coñecementos previos. A medida que se van impartindo as distintas sesións levaremos a cabo a avaliación procesual. O obxectivo é detectar as dificultades de aprendizaxe do alumnado, e se fose o caso, introducir os axustes necesarios. Supervisaranse os exercicios feitos na clase, os propostos para facer na casa e as dúbidas que lles poden ir xurdindo no traballo en grupo que deben entregar ao finalizar o tema. A avaliación final levarase a cabo como se determina no programa da materia, que consistirá nunha proba teórica-práctica final, na que se avaliará o dominio dos conceptos teóricos adquiridos así como a súa aplicación a casos prácticos, terá un peso de ata 6 puntos na nota final.
18 - UNIDADE DIDÁCTICA III. O estado de perdas e ganancias. ANEXOS Anexo 1. Modelos de contas anuais MODELO PEMES MODELO ABREVIADO MODELO NORMAL MICROEMPRESA RESTO PEMES Balance, perdas e ganancias, estado cambios patrimonio neto, memoria Balance, estado cambios patrimonio neto, memoria Perdas e ganancias Balance, estado de cambios patrimonio neto, estado de fluxos de efectivo, memoria Perdas e ganancias Condicións Durante dous exercicios consecutivos reúnan, á data de peche de cada un deles, polo menos, dúas das circunstancias seguintes (1): Durante dous exercicios consecutivos reúnan, á data de peche de cada un deles, polo menos, dúas das circunstancias seguintes (1): Total activo (€) ≤ 1.000.000 ≤ 2.850.000 ≤ 2.850.000 ≤ 11.400.000 Resto Resto Importe neto cifra negocios (€) ≤ 2.000.000 ≤ 5.700.000 ≤ 5.700.000 ≤ 22.800.000 Resto Resto N.º medio traballadores ≤ 10 ≤ 50 ≤ 50 ≤ 250 Resto Resto (1) No exercicio social da súa constitución, transformación ou fusión, as sociedades poderán formular contas anuais segundo o modelo de PEMES ou o Modelo Abreviado se reúnen, ao peche do exercicio, cando menos dúas das tres circunstancias expresadas no cadro anterior.
UNIDADE DIDÁCTICA III. O estado de perdas e ganancias. - 19 Anexo 2. Modelo de conta de perdas e ganancias normal CONTA DE PERDIDAS Y GANANCIAS CORRESPONDENTE AO EJERCICIO TERMINADO EL .... DE 200X Nº DE CUENTAS Nota de la memoria 200X 200X-1 A) OPERACIONES CONTINUADAS 1. Importe neto de la cifra de negocios 700, 701, 702, 703, 704, (706), (708), (709) a) Ventas 705 b) Prestaciones de servicios (6930), 71*, 7930 2. Variación de existencias de productos terminados y en curso de fabricación 73 3. Trabajos realizados por la empresa para su activo 4. Aprovisionamientos (600), 6060, 6080, 6090, 610* a) Consumo de mercaderías (601), (602), 6061, 6062, 6081, 6082, 6091, 6092, 611*, 612* b) Consumo de materias primas y otras materias consumibles (607) c) Trabajos realizados por otras empresas (6931), (6932), (6933), 7931, 7932, 7933 d) Deterioro de mercaderías, materias primas y otros aprovisionamientos 5. Otros ingresos de explotación 75 a) Ingresos accesorios y otros de gestión corriente 740,747 b) Subvenciones de explotación incorporadas al resultado del ejercicio 6. Gastos de personal (640), (641), (6450) a) Sueldos, salarios y asimilados (642), (643), (649) b) Cargas sociales (644), (6457), 7950, 7957 c) Provisiones. 7. Otros gastos de explotación. (62) a) Servicios exteriores (631), (634), 636, 639 b) Tributos (650), (694), (695), 794, 7954 c) Pérdidas, deterioro y variación de provisiones por operaciones comerciales (651), (659) d) Otros gastos de gestión corriente (68) 8. Amortización del inmovilizado 746 9. Imputación de subvenciones de inmovilizado no financiero y otras. 7951, 7952, 7955, 7956 10. Excesos de provisiones. 11. Deterioro y resultado por enajenaciones del inmovilizado (690), (691), (692), 790, 791, 792 a) Deterioros y pérdidas (670), (671), (672), 770, 771, 772 b) Resultados por enajenaciones y otras A-1) RESULTADO DE EXPLOTACIÓN (1+2+3+4+5+6+7+8+9+10+11)
20 - UNIDADE DIDÁCTICA III. O estado de perdas e ganancias. Nº DE CUENTAS Nota de la memoria 200X 200X-1 12. Ingresos financieros a) De participaciones en instrumentos de patrimonio 7600,7601 a1) En empresas del grupo y asociadas 7602,7603 a2) En terceros b) De valores negociables y de créditos del activo inmovilizado 7610, 7611, 76200, 76210, 76211 b1) De empresas del grupo y asociadas 7612, 7613, 76202, 76203, 76212, 76213, 767, 769 b2) De terceros 13. Gastos financieros (6610), (6611), (6615), (6616), (6620), (6621), (6640), (6641), (6650), (6651), (6654), (6655) a) Por deudas con empresas del grupo y asociadas (6612), (6613), (6617), (6618), (6622), (6623), (6624), (6642), (6643), (6652), (6653), (6656), (6657), (669) b) Por deudas con terceros (660) c) Por actualización de provisiones 14. Variación de valor razonable en instrumentos financieros (6630), (6631), (6633), 7630, 7631, 7633 a) Cartera de negociación y otros (6632), 7632 b) Imputación al resultado del ejercicio por activos financieros disponibles para la venta (668), 768 15. Diferencias de cambio 16. Deterioro y resultado por enajenaciones de instrumentos financieros (696), (697), (698), (699), 796, 797, 798, 799 a) Deterioros y pérdidas (666), (667), (673), (675), 766, 773, 775 b) Resultados por enajenaciones y otras A.2) RESULTADO FINANCIERO (12+13+14+15+16) A.3) RESULTADO ANTES DE IMPUESTOS (A.1+A.2) (6300)*, 6301, (633), 638 17. Impuestos sobre beneficios A.4) RESULTADO DEL EJERCICIO PROCEDENTE DE OPERACIONES CONTINUADAS (A.3+18) B) OPERACIONES INTERRUMPIDAS 18. Resultado del ejercicio procedente de operaciones interrumpidas neto de impuestos A.5) RESULTADO DEL EJERCICIO (A.4+18)
UNIDADE DIDÁCTICA III. O estado de perdas e ganancias. - 21 Anexo 3. Modelo de conta de perdas e ganancias abreviada CUENTA DE PERDIDAS Y GANANCIAS DE PYMES CORRESPONDIENTE AL EJERCICIO TERMINADO EL ..... DE 200X Nº DE CUENTAS Nota de la memoria 200X 200X-1 700, 701, 702, 703, 704, 705, (706), (708), (709) 1. Importe neto de la cifra de negocios (6930), 71*, 7930 2. Variación de existencias de productos terminados y en curso de fabricación 73 3. Trabajos realizados por la empresa para su activo (600), (601), (602), 606, (607), 608, 609, 61*, (6931), (6932), (6933), 7931, 7932, 7933 4. Aprovisionamientos 740, 747, 75 5. Otros ingresos de explotación (64) 6. Gastos de personal (62), (631), (634), 636, 639, (65), (694), (695), 794, 7954 7. Otros gastos de explotación (68) 8. Amortización del inmovilizado 746 9. Imputación de subvenciones de inmovilizado no financiero y otras 7951, 7952, 7955 10. Excesos de provisiones (670), (671), (672), (690), (691), (692), 770, 771, 772, 790, 791, 792 11. Deterioro y resultado por enajenaciones del inmovilizado A) RESULTADO DE EXPLOTACIÓN (1+2+3+4+5+6+7+8+9+10+11) 760, 761, 762, 769 12. Ingresos financieros (660), (661), (662), (664), (665), (669) 13. Gastos financieros (663), 763 14. Variación de valor razonable en instrumentos financieros (668), 768 15. Diferencias de cambio (666), (667), (673), (675), (696), (697), (698), (699), 766, 773, 775, 796, 797, 798, 799 16. Deterioro y resultado por enajenaciones de instrumentos financieros B) RESULTADO FINANCIERO (12+13+14+15+16) C) RESULTADO ANTES DE IMPUESTOS (A+B) (6300)*, 6301*, (633), 638 17. Impuestos sobre beneficios D) RESULTADO DEL EJERCICIO (C+17)