scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Instrución IV/2020 da xerencia da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se modifica a Instrución IX/2018 do mesmo órgano, para regular a contratación administrativa no marco da Lei 9/2017, de contratod do sector público

Universidade de Santiago de Compostela. Xerencia

Full text

XERENCIA Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 15782 Santiago de Compostela Tel. 881 811010 Correo electrónico: xerent[email protected]s http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/ INSTRUCIÓN IV/2020 DA XERENCIA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC), POLA QUE SE MODIFICA A INSTRUCIÓN IX/2018 DO MESMO ÓRGANO, PARA REGULAR A CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA NO MARCO DA LEI 9/2017, DE CONTRATOS DO SECTOR PÚBLICO O Real Decreto-Lei 3/2020, de 4 de febreiro (RCL 2020\165), publicado no BOE núm. 31 do 5 de febreiro, incorpora ao ordenamento xurídico español diversas directivas da Unión Europea no ámbito da contratación pública en determinados sectores; de seguros privados; de plans e fondos de pensións; do ámbito tributario e de litixios fiscais. Este real decreto lei na súa disposición final primeira recolle unha modificación da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público (LCSP), que no seu apartado primeiro dá nova redacción ao artigo 118 da LCSP que regula o expediente de contratación en contratos menores. De acordo coa nova regulación do contrato menor: • Elimínase a necesidade contida no anterior parágrafo 3º do citado artigo de xustificar que o contratista non subscribiu máis contratos menores que, individual ou conxuntamente, superen a cifra que consta no punto primeiro do mesmo artigo (valor estimado inferior a 40.000 euros en contratos de obras e 15.000 euros en subministracións e servizos). • Exceptúase da previsión xeral de emitir un informe xustificando de maneira motivada a necesidade do contrato, e de que non se está alterando o seu obxecto co fin de evitar a aplicación dos limiares establecidos para os contratos menores, a aqueles contratos cuxo pagamento se realice a través da conta de anticipos a xustificar e o valor estimado do contrato non exceda de 5.000 euros. En consecuencia, co fin de actualizar a regulación das normas que se deben aplicar na celebración de contratos na USC, esta Xerencia RESOLVE: PRIMEIRO Modificar no apartado “3.2 Unidades funcionais” do punto terceiro (DEFINICIÓNS) da Instrución IX/2018 referida no encabezamento, a regulación relativa aos limiares cuantitativos dos contratos menores das seguintes unidades funcionais nestes termos: • FINANCIAMENTO NON AFECTADO: O último parágrafo desta epígrafe queda redactado do seguinte xeito: “O valor estimado dos contratos menores de subministracións e servizos que se celebren con cargo a financiamento non afectado destas unidades funcionais terá que ser inferior a 15.000 euros”. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/65A6-6A95-4578-9910 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 65A6-6A95-4578-9910 1 / 4 XERENCIA Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 15782 Santiago de Compostela Tel. 881 811010 Correo electrónico: x[email protected] http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/ • FINANCIAMENTO AFECTADO: O segundo parágrafo desta epígrafe queda redactado do seguinte xeito: “O valor estimado dos contratos menores de subministracións e servizos que se celebren para cada un destes centros de gasto con cargo a financiamento afectado terá que ser inferior ou igual a 50.000 euros”. SEGUNDO Modificar o Anexo I da Instrución IX/2018 da Xerencia da Universidade de Santiago de compostela, tal e como se recolle a continuación: ANEXO I PROCEDEMENTO PARA OS CONTRATOS MENORES DE OBRAS, SUBMINISTRACIÓNS E SERVIZOS Valor estimado dos contratos: debe ser inferior a 40.000 euros en obras, inferior a 15.000 euros en subministracións e servizos para as unidades funcionais dos puntos a) e b) do apartado 3.2 desta Instrución, ou inferior ou igual a 50.000 en subministracións e servizos para as unidades funcionais do punto c) do apartado 3.2. Para a contratación da subscrición a revistas e outras publicacións, calquera que sexa o seu soporte, así como a contratación do acceso á información contida en bases de datos especializadas, o valor estimado deberá ser inferior á contía que estea vixente para os contratos de subministración e servizos suxeitos a regulación harmonizada. Estas cantidades non inclúen o IVE. Adxudicación: poderán adxudicarse directamente a calquera empresario con capacidade de obrar e que conte coa habilitación profesional necesaria para realizar a prestación. Duración máxima dos contratos: 1 ano sen posibilidade de prórroga Obrigas da persoa responsable do contrato: - Aprobar o gasto mediante a correspondente folla de pedimento - No caso dos contratos de obra, achegar o seu orzamento e un proxecto cando as normas específicas así o requiran - Achegar ao Responsable de Asuntos Económicos a factura correspondente debidamente comprobada e conformada, para a súa tramitación Adicionalmente, a persoa responsable do contrato subministrará no modelo que determine a Xerencia, a información que segue: - A xustificación da necesidade da celebración do contrato - A declaración de que non se está alterando o obxecto do contrato para evitar a aplicación das regras xerais de contratación Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/65A6-6A95-4578-9910 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 65A6-6A95-4578-9910 2 / 4 XERENCIA Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 15782 Santiago de Compostela Tel. 881 811010 Correo electrónico: x[email protected] http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/ Porén, o informe de xustificación e a declaración indicada non será necesaria nos contratos cuxo pagamento se realice anticipadamente a través da conta de anticipos a xustificar, e o valor estimado do contrato non exceda de 5.000 euros. Salvo neste suposto que se acaba de indicar, a omisión desta información ou a imposibilidade da súa comprobación, implicará a suspensión do procedemento por parte do órgano de contratación. TERCEIRO Publicar no taboleiro electrónico da USC unha nova instrución da xerencia que recolla a versión consolidada da Instrución IX/2018 da Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela, para regular a contratación administrativa no marco da Lei 9/2017, de contratos do sector público, coa incorporación das modificacións indicadas no primeiro e segundo apartado desta resolución. Por delegación do Reitor (Resolución do 20/06/2018, DOG 29/06/2018) O Xerente Antonio Javier Ferreira Fernández Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/65A6-6A95-4578-9910 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 65A6-6A95-4578-9910 3 / 4 Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO JAVIER FERREIRA FERNANDEZ, XERENTE, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13/03/2020 14:19:02. CSV: 65A6-6A95-4578-9910 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/65A6-6A95-4578-9910 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 65A6-6A95-4578-9910 4 / 4