Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Full text
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA FACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS (Aprobado pola Xunta de Facultade o 9 de febreiro de 2006) (Ratificado polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela o 10 de novembro de 2006) A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, para o desempeño das funcións e competencias que legal e estatutariamente se lle encomenden rexerase polo presente REGULAMENTO DE REXIME INTERNO TÍTULO PRELIMINAR Artigo 1 Ao abeiro das previsións legais contempladas na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e en calquera outra norma que lle sexa de aplicación, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, rexerase polo presente Regulamento de réxime interno. Artigo 2 A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela é o centro académico de ensino superior que ten encomendada a definición planeamento, organización, xestión e impartición da docencia universitaria en materias de Ciencia Económica, Administración e Dirección de Empresas e calquera outra que acorde encomendarlle a Universidade de Santiago de Compostela, conducentes á obtención de títulos académicos oficiais, así como outros diplomas e títulos. Tamén poderá informar a creación de centros que poidan afectar ás devanditas materias ou a titulacións relacionadas. Artigo 3 Consonte o artigo 3 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, a lingua galega é a lingua propia da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
TÍTULO PRIMEIRO Das funcións Artigo 4 De acordo co previsto nos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais correspóndenlle as seguintes funcións: a) A elaboración dos plans de estudos das titulacións impartidas no centro e a participación na elaboración daqueloutras cuxa docencia comparta con outros centros da Universidade de Santiago de Compostela. b) A organización e xestión dos servizos docentes que lle correspondan. c) A coordinación, supervisión e control da actividade docente desenvolvida no centro e a participación nos procedementos que estableza a Universidade de Santiago de Compostela para a avaliación da calidade docente. d) A elaboración do calendario de actividades lectivas para cada curso, que deberá facerse público con anterioridade á apertura do prazo de matrícula. e) A promoción de programas de intercambio académico. f) A promoción de iniciativas para a realización de prácticas externas. g) A realización das actividades de xestión académica que Ile encomende a Universidade de Santiago de Compostela. h) A administración dos servizos, equipamentos e recursos do centro e o control da súa calidade. i) O coñecemento da actividade investigadora que se desenvolva no centro. j) A realización de actividades de formación permanente ou de extensión universitaria no seu ámbito de competencia.
k) A promoción de estudos de posgrao. 1) A promoción de convenios ou colaboracións con entidades de calquera ámbito para o desenvolvemento de actividades das que puidera derivarse algún proveito científico, académico, cultural ou profesional para os profesores e para os alumnos. m) Calquera outra que, de acordo con este Regulamento, lle encomende a Xunta de Facultade. TÍTULO SEGUNDO Dos órganos de goberno Artigo 5 O centro terá os seguintes órganos de goberno: a) A Xunta de Facultade. b) O/a decano/na. c) Os/as vicedecanos/nas. d) O/a secretario/ria. Capítulo primeiro Da Xunta de Facultade Artigo 6 A Xunta de Facultade, como órgano colexiado de goberno do centro, aproba as liñas xerais de actuación no ámbito da Facultade e supervisa o labor dos seus órganos de dirección e xestión. Artigo 7 A Xunta de Facultade está composta por: a) O/a decano/a b) Os/as vicedecanos/nas c) O secretario/ria, que tamén o será da Xunta d) O persoal docente e investigador en formación e perfeccionamento con docencia no centro e censados nel, ou non censado, que teña neste un encargo docente igual ou superior a 9 créditos:
e) Unha representación dos estudantes censados no centro f) Unha representación do persoal de administración e servizos censados no centro. A condición de membro da Xunta de Facultade perderase ao cesar a vinculación co centro ou cando se deixe de pertencer ao sector polo que foi elixido ou deixar de cumprir os requisitos requiridos para formar parte dela. Poderá asistir á Xunta de Facultade quen, aínda que non posúa a condición de membro, poida verse afectado polos acordos que se adopten, sempre e cando o solicite expresamente cunha antelación mínima de 72 horas ou por invitación expresa do presidente. Nestes casos, permitiráselle a asistencia con voz pero sen voto. Artigo 8 Calquera que sexa o número de membros da Xunta de Facultade, corresponderalle a cada sector do persoal adscrito ao centro que se indica, a seguinte porcentaxe de representatividade nela: Persoal funcionario docente e/ou investigador 51% Persoal non funcionario docente e/ou investigador a tempo completo Até o 12% Persoal non funcionario docente e/ou investigador a tempo parcial Até o 2% Estudantado de primeiro e segundo ciclo 25% Estudantado de terceiro ciclo 5% Persoal de administración e servizos (mínimo 2 representantes) Até o 5% Artigo 9 A Xunta de Facultade aproba as liñas xerais de actuación no ámbito da Facultade e supervisa o labor dos seus órganos de dirección e xestión, sobre a base do exercicio das seguintes competencias: a) A elección e remoción do/a decano/na b) A elaboración, reforma e aprobación do Regulamento de Réxime Interno c) A aprobación dos orzamentos do centro e o control da súa execución d) A supervisión da xestión de todos os demais órganos de goberno e administración do centro e) A adopción das liñas xerais da política académica do centro e, en particular, a elaboración e aprobación dos proxectos de plans de estudos para as titulacións adscritas a el. f) Propoñer ou informar sobre as propostas de implantación de novas titulacións, de creación de escolas de especialización profesional no ámbito das disciplinas que lle son propias e da organización de cursos ou estudos de posgrao.
g) Sinalar criterios para a organización dos servizos docentes vinculados á obtención de títulos académicos no seu ámbito de docencia, así como a coordinación e a supervisión da actividade docente do profesorado con docencia no centro, no que se refire á súa organización e cumprimento.. h) Informar sobre a creación, modificación ou supresión de departamentos relacionados co centro por razóns de docencia ou de investigación. i) Pronunciarse sobre calquera outro asunto relacionado coas actividades do centro coa organización dos seus servizos, coa aplicación dos recursos dispoñibles ou con calquera outra que considere do seu interese. j) Calquera outra competencia que lle encomende estatutariamente a Universidade de Santiago de Compostela. Artigo 10 A Xunta de Facultade reunirase, por convocatoria do/a decano/na, con carácter ordinario polo menos unha vez por trimestre en período lectivo e con carácter extraordinario cantas veces se acorde segundo os procedementos que se establecen neste Regulamento. Cando se trate dunha convocatoria de carácter ordinario realizarase cunha antelación mínima de corenta e oito horas, en período lectivo e horario laboral ordinario, nos locais do propio centro. Cando a convocatoria teña carácter extraordinario, a súa iniciativa poderá xurdir do/a decano/na, da Comisión Permanente ou mediante a petición escrita e asinada por un grupo de membros da Xunta de Facultade equivalente cando menos a un quinto do número total dos seus membros. Cando a iniciativa da convocatoria non xurda do/da decano/na, este debera realizar a convocatoria extraordinaria nun prazo non superior a quince días hábiles desde a formulación da súa solicitude. Nas reunións extraordinarias da Xunta de Facultade poderá recollerse máis dunha cuestión na orde do día se está debidamente xustificada pola súa urxencia, pero non procede o debate nin o acordo sobre actas de reunións anteriores nin tampouco rogos e preguntas. As reunións da Xunta de Facultade serán convocadas en primeira e segunda convocatoria, fixada esta para media hora despois da primeira. A Xunta poderá celebrarse en primeira convocatoria cando na hora e lugar sinalados estean presentes o/a decano/na e o/a secretario/ría e a metade máis un do número total dos seus membros; de non ser así, celebrarase en segunda convocatoria e estará validamente constituída se están presentes o/a decano/na e o/a secretario/ría ou quen legalmente os substitúa, e un número non inferior a un quinto do numero total dos seus membros. Correspóndelle ao/a decano/na presidir as reunións da Xunta de Facultade, moderar o desenvolvemento dos debates e suspendelos por causa xustificada; neste caso poderá continuar a reunión en sesión de tarde na mesma xornada ou como moito, ao día seguinte.
A documentación sobre os temas que se van debater na Xunta de Facultade estará dispoñible na Secretaría do centro cunha antelación mínima de 48 horas para que calquera membro a poida consultar ou solicitar unha copia. As decisións da Xunta de Facultade adoptaranse mediante a emisión de voto dos seus membros titulares presentes. Ordinariamente votarase a man alzada, a non ser que un número non inferior a un terzo dos asistentes solicite que se faga mediante voto secreto. O voto secreto aplicarase sempre que se trate da elección ou da remoción de cargos ou de calquera outra cuestión que teña efectos persoais individualizables. En cada caso demandarase a emisión de votos a favor, en contra, e as abstencións que houbera sobre a proposición correspondente, resultando esta aprobada ou rexeitada segundo recibira, respectivamente, máis votos a favor ou en contra. Se a opción abstencionista resultase maioritaria entre os presentes, o/a decano/na poderá propoñer que a Xunta de Facultade acorde que o asunto se volva tratar nunha reunión posterior do mesmo carácter que esta en que se acorda adialo. Se se tratase de escoller entre propostas alternativas sobre unha mesma cuestión, demandarase a emisión de votos a favor de cada unha delas, resultando aprobada aquela que recibira un maior número de votos. En calquera caso, o voto do/da decano/na abondará para desfacer un empate. Non se admite a delegación de voto nin o voto anticipado. Artigo 12 Redactarase unha acta de canto se trate nas reunións da Xunta de Facultade, con resumo da expresión literal dos acordos e referencias dos debates, a non ser que se faga solicitude expresa de que tamén estes sexan recollidos na súa integridade. Cada acta deberá ser aprobada nunha reunión ordinaria da Xunta de Facultade posterior a aquela en que se redacta. A convocatoria dunha reunión ordinaria da Xunta de Facultade incluirá o texto das actas das reunións anteriores sobre as que se teña que pronuncia r. As actas non teñen por que recollerse nun libro de actas manuscrito, senón que poden redactarse en soporte electrónico e reproducirse coas sinaturas, dilixencias e contidos legais precisos. Encadernaranse para a súa conservación e arquivo coa periodicidade que se determine. O devandito libro, que será elaborado e custodiado polo/la secretario/ria, poderá ser consultado por calquera membro da Xunta de Facultade. No caso de que se demande unha certificación do seu contido, esta deberá ser solicitada polo interesado por escrito, especificando o asunto sobre o que verse a consulta. Artigo 13
As convocatorias das reunións da Xunta de Facultade e do resto das comisións do centro, realizaranse a través do correo electrónico ou por calquera outro medio que os membros soliciten expresamente. Artigo 11 As decisións da Xunta de Facultade adoptaranse mediante a emisión de voto dos seus membros titulares presentes. Ordinariamente votarase a man alzada, a non ser que un número non inferior a un terzo dos asistentes solicite que se faga mediante voto secreto. O voto secreto aplicarase sempre que se trate da elección ou da remoción de cargos ou de calquera outra cuestión que teña efectos persoais ¡ndividualizables. En cada caso demandarase a emisión de votos a favor, en contra, e as abstencións que houbera sobre a proposición correspondente, resultando esta aprobada ou rexeitada segundo recibira, respectivamente, máis votos a favor ou en contra. Se a opción abstencionista resultase maioritaria entre os presentes, o/a decano/na poderá propoñer que a Xunta de Facultade acorde que o asunto se volva tratar nunha reunión posterior do mesmo carácter que esta en que se acorda adialo. Se se tratase de escoller entre propostas alternativas sobre unha mesma cuestión demandarase a emisión de votos a favor de cada unha delas, resultando aprobada aquela que recibira un maior número de votos. En calquera caso, o voto do/da decano/na abondará para desfacer un empate. Non se admite a delegación de voto nin o voto anticipado. Artigo 12 Redactarase unha acta de canto se trate nas reunións da Xunta de Facultade, con resumo da expresión literal dos acordos e referencias dos debates, a non ser que se faga solicitude expresa de que tamén estes sexan recollidos na súa integridade. Cada acta deberá ser aprobada nunha reunión ordinaria da Xunta de Facultade posterior a aquela en que se redacta. A convocatoria dunha reunión ordinaria da Xunta de Facultade incluirá o texto das actas das reunións anteriores sobre as que se teña que pronunciar. As actas non teñen por que recollerse nun libro de actas manuscrito, senón que poden redactarse en soporte electrónico e reproducirse coas sinaturas, dilixencias e contidos legais precisos. Encadernaranse para a súa conservación e arquivo coa periodicidade que se determine. O devandito libro, que será elaborado e custodiado polo/la secretario/ria, poderá ser consultado por calquera membro da Xunta de Facultade. No caso de que se demande unha certificación do seu contido, esta deberá ser solicitada polo interesado por escrito especificando o asunto sobre o que verse a consulta. Artigo 13
As convocatorias das reunións da Xunta de Facultade e do resto das comisións do centro realizaranse a través do correo electrónico ou por calquera outro medio que os membros soliciten expresamente. Capítulo segundo Do/a decano/na Artigo 14 O/a decano/na representa á Facultade, exerce a súa dirección e a xestión ordinaria e convoca, preside e coordina a actuación dos órganos colexiados de goberno do centro, executando os seus acordos, sobre a base do exercicio das seguintes competencias: a) Representar á Facultade. b) Presidir as reunións da Xunta de Facultade e dos seus órganos delegados, así como executar os seus acordos. c) Vixiar o cumprimento da legalidade en todas as actuacións da Facultade. d) Dirixir a política académica. e) Propoñerlle ao reitor o nomeamento e cesamento do/da secretario/ria da Facultade e dos/das seus/súas vicedecanos/nas f) Vixiar o respecto dos dereitos e do cumprimento dos deberes de todos os membros da comunidade universitaria que desenvolven o seu labor no centro. g) Controlar o cumprimento das obrigas docentes e discentes. h) Controlar o axeitado mantemento do patrimonio do centro. i) Exercer as restantes funcións que se deriven do seu cargo, así como aqueloutras que sinalen os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela ou a lexislación universitaria en xeral. As competencias do/a decano/na estenderanse a todos os asuntos relativos ao goberno e administración da Facultade, de non estaren atribuídos expresamente a outros órganos. Artigo 15 A Xunta de Facultade elixirá ao/a decano/na entre os profesores doutores pertencentes aos carpos docentes universitarios censados no centro, que se atopen en servizo activo e con dedicación a tempo completo e segundo os procedementos que se estipulen no Regulamento electoral xeral da Universidade de Santiago de Compostela.
Artigo 16 O mandato do/a decano/na será de catro anos e non poderá desempeñar este cargo máis de dous mandatos consecutivos Artigo 17 O/a decano/na cesará por esgotamento do seu mandato, por dimisión, pola disolución do órgano colexiado que o elixiu ou pola súa remoción a través dunha moción de censura. Agás neste último caso, que seguirá o procedemento que se indica no artigo 18, o/a decano/na que cesa promoverá nun prazo máximo de un mes o inicio das actuacións que conclúan coa elección do/da novo/va decano/na. Artigo 18 Poderán promover unha moción de censura ao/á decano/na os membros da Xunta de Facultade que representen un número non inferior ao vinte por cento do seu total mediante proposta escrita formulada en período lectivo, asinada por todos eles e sinalando quen será o voceiro ou o representante do colectivo, no que recaerá tamén a condición de aspirante alternativo ao decanato. Unha vez recibida a proposta, o/a decano/na, nun prazo non superior a quince días, convocará unha reunión da Xunta de Facultade de carácter extraordinario para debater a proposta. O debate dunha moción de censura o/a decano/na abrirase cunha rolda de trinta minutos a cargo do candidato alternativo ao decanato, seguida doutra igual para o/a decano/na. Logo abriranse até seis roldas a favor da iniciativa e outras tantas na súa contra cunha duración máxima de dez minutos cada una delas. Finalmente, tanto o candidato alternativo como o/a decano/na poderán dispar dunha rolda adicional de quince minutos cada un para responder e concluír. Rematado o debate procederase á votación, e é preciso o voto favorable da metade máis un do censo para que a moción prospere. De non prosperar a moción de censura, os seus promotores non poderán promover outra no mesmo curso académico. Capítulo terceiro Do/da secretario/ria Artigo 19 O/a secretario/ria dá fe dos actos e dos acordos dos órganos de goberno, representación e administración do centro e, como tal, ten encomendada a custodia das libros de actas e a expedición das certificacións dos acordos e de todos os actos e feitos que consten nos documentos oficiais do centro. Tamén desempeñará aqueloutras funcións que o/a decano/na, os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e a lexislación vixente le encomenden.