Sobre linguas e fronteiras no noroeste da Península
Abstract
Reflexión sobre a posible segmentación do contínuum xeolectal do noroeste da Península
Full text
Lengua, ciencia y fronteras
UNIVERSIDÁ D’UVIÉU SEMINARIU DE FILOLOXÍA ASTURIANA ANEXOS DE Revista de Filoloxía Asturiana 1i
Lengua, ciencia y fronteras 2011 coordinador RAMÓN DE ANDRES DÍAz UVIÉU • TRABE
La publicación de este volumen contó con sendas ayudas económicas del FICYT-PCTI (Plan de Ciencia, Tecnología e Innovación) de la Consejería de Educación y Ciencia, y de la Caja de Ahorros de Asturias (CajAstur) a través de su Obra Social y Cultural. Seminariu de Filoloxía Asturiana Editado en noviembre de 2011 Ediciones Trabe c/ Foncalada, 10 - 2º A E-33002 Uviéu (España) Teléfono y fax: 985 208 206 www.trabe.org [email protected] Depósito legal: As-4.770-2011 ISBN: 978-84-8053-641-7 Impreso en Gráficas Rígel SA ���������� � �������
ÍNDICE Prólogo .................................................. 9 Áreas, fronteras, similitudes y distancias: lección breve de geolingüística cuantitativa, por Hans Goebl ....................................... 11 Fronteras romances en la Península Ibérica, por José Enrique Gargallo Gil . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 35 Sobre fronteras entre variedades castellanas y atlas lingüísticos, por Pilar García Mouton ............................. 69 La frontera entre el asturleonés y el castellano, por José Ramón Morala Rodríguez . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 89 Fronteras lingüísticas y geotipos, con atención a la zona Eo-Navia, por Ramón de Andrés Díaz . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 121 Una aproximación crítica a la delimitación nororiental del asturllionés por María Cueto Fernández . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 153 Alternancia y mestura de códigu asturianu / español. Problemes nel determín de les fronteres llingüístiques, por Taresa Fernández Lorences . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 191 Fronteras lingüísticas en el ciberespacio, por María Alba Niño .................................. 213
De la lengua al idioma: una frontera en la percepción colectiva de los hablantes, por Alfredo I. Álvarez Menéndez . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 245 La ilusión de las lenguas, por Antonio Fernández Fernández . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 271 El mito del lenguaje: sistematicidad, convenciones, idiolectos por Luis Manuel Valdés Villanueva . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 305 La importancia y el papel de las barreras y fronteras entre especies en Biología, por Gonzalo Nieto Feliner . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 335 CD-RoM1 Identidad lingüística: apuntes para su conceptualización y definición, por Xulio Viejo Fernández . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 349 As falas das Elhas, Valverde e S. Martinho (Cáceres): origem galega ou portuguesa?, por Eduardo Sanches Maragoto . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 385 Sobre linguas e fronteiras no noroeste da Península, por Francisco Dubert García . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 427 La frontera lingüística entre el gallego y el asturiano, por Ramiro Javier Barcia López . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 443 La difuminación de las fronteras dialectales o dialect levelling en los dialectos del euskera, por orreaga Ibarra Murillo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 459 1 En el CD-ROM se encuentran todos los artículos integrados en este libro más los que aparecen en su índice específico. 8 ÍNDICE
Sobre linguas e fronteiras no noroeste da Península por Francisco Dubert García Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela En Galicia é un feito sinalar que o galego vive unha situación particular, anormal, etc. Esta afirmación só ten sentido se se fai desde unha perspectiva comparativa: é particular con respecto a outra situación común; é anormal fronte a outra situación que é normal. Estou convencido de que cando se afirma algo semellante, é porque se compara o galego na Comunidade Autónoma de Galicia con, digamos, o castelán na Comunidade Autónoma da Rioja. Pero nun mundo en que existen arredor de 204 estados e 6000 linguas é posible que haxa moitas máis linguas na situación do galego en Galicia ca na situación do castelán na Rioja (se é que a Rioja segue a ser un paraíso monolingüe). quizais a situación anormal e peculiar sexa a do castelán na Rioja. Sen ir máis lonxe, o galego está nunha situación de contacto co castelán como o están o asturiano, o aragonés, o vasco e o catalán; o galego é cooficial coma o vasco e o catalán. Situacións máis ou menos similares hainas en Francia, Italia, Reino Unido e mesmo en Portugal.
434 FRANCISCO DUBERT GARCÍA que pertencen á teoría da lingüística e non á teoría da linguaxe. Son nocións creadas polos lingüistas para facer descricións lingüísticas; créanse por abstracción, deixando de lado elementos da realidade, como a variación e o cambio, que introducen ruído. Aquí é onde entra a noción de dominio que os membros do proxecto ETLEN buscan. Pero non podo evitar crer con Coseriu que a nocións etic que acabamos de ver pertencen á teoría da lingüística, non pertencen á esencia da linguaxe, que para min é un obxecto individual, autoorganizado, constrinxido por factores cognitivos universais, almacenado na mente individual dun falante. E cando comparamos estes obxectos lingüísticos, encontramos tanto continuidades coma diferenzas; e no caso que nos ocupa, as falas do noroeste da Península Ibérica, o que encontramos é unha gradual modificación. Nocións coma as variedades sintópicas ou sincrónicas foron creadas para facer lingüística estrutural, con sistemas où tout se tient, pero son entidades epistemicamente obxectivas da comunidade dos lingüistas. No mundo real non existen estes sistemas. A final, dáse unha confusión que mestura as descricións estruturalistas coa realidade. De feito, eu, que non creo no estruturalismo (nin pertenzo a esta comunidade), creo que estas ferramentas son só útiles metodolóxicos e nada máis. Apliquemos agora a abstracción que leva ós dominios. Desde un punto de vista dialectolóxico, podemos afirmar que o galego de Muros (A Coruña) é seseante. Se imos a Muros cunha gravadora e localizamos aleatoriamente un falante muradán, é moi posible que nos fale galego con seseo; ora ben, tamén é un feito que hai muradáns que falan sen seseo ou que só falan con seseo nalgunhas ocasións e cun tipo determinado de persoas, pero que non sesean cando falan con outro tipo de persoas (ese é o meu caso). Cando dicimos que en Muros se sesea, facemos abstracción dos falantes que non sesean ou que só sesean ás veces. Polo tanto, a variedade sintópica muradá, que se define fronte á de Bóveda (Lugo), entre outros riscos polo seseo,
SOBRE LINGUAS E FRONTEIRAS NO NOROESTE DA PENÍNSULA 435 existente por abstracción e deixando de lado ós non seseantes: pero a realidade é que en Muros tamén hai non seseantes. De feito, cando imos facer un estudo dialectal (non un estudo sociolingüístico, que ninguén o fixo) do galego de Muros, buscamos un determinado tipo de falantes. Polo menos, iso é o que fixeron os investigadores do ALGa, unha das fontes do proxecto ETLEN, que buscaban o que Chambers e Trudgill chaman NORMS; e supoño que iso sería o que fixeron os investigadores de ETLEN se queren obter datos válidos para a comparación. Esta abstracción constitúe xa unha das primeiras dificultades obxectivas: os datos de C.43 no ALGa só representan unha abstracción sobre toda a variedade e deixan fóra individuos que non falan coma os entrevistados (de feito, C.43 é Louro, unha parroquia de Muros, non a vila de Muros; as diferenzas entre Louro e Muros son suficientes para que os falantes sexan conscientes delas e mesmo as comenten: «é de Louro, ¿non ves que di nuite?»). Con todo, estamos dispostos a crer que C.43 representa o galego de Louro, e mesmo o de Muros; pero sempre debemos ter presente que é unha ficción conveniente. Se imos aumentando o nivel de abstracción, i. e., eliminando trazos, podemos agrupar o galego de Louro co de Noia (C.41) nunha variedade con seseo e gheada, fronte ó galego de Bóveda (L.34), que non ten seseo nin gheada. Se ademais incluímos o sufixo da 2.sg.ind.pret.perf /stes/ en formas coma ti cantastes, podemos seguir agrupando o galego de Louro e Noia fronte ó de Ames (C.39), que ten gheada, seseo e sufixo da 2.sg.ind.pret.perf /tʃes/ en formas coma cantaches. Aínda así, o galego de Louro (C.43) e Noia (C.41) é distinto porque en Noia usan formas coma moito, noite, el foi, en canto en Louro usan formas coma muito, nuite, el fui. Polo tanto, para agruparmos Louro, Noia e Ames temos que esquecer variables tipo muito ~ moito e cantaches ~ cantastes, a pesar de que sabemos que cantaches 2.sg.ind.pret.perf. é común a Ames e a Bóveda (L.34).
436 FRANCISCO DUBERT GARCÍA Louro (C.43) Noia (C.41) Ames (C.39) Bóveda (L.34) seseo faser faser faser facer gheada ghalo ghalo ghalo galo resultado de ŭlT e ŭcT muito, nuite moito, noite moito, noite moito, noite sufixo 2.sg.ind.PreT.Perf cantastes cantastes cantaches cantaches Podemos agrupar o galego de Louro, Noia, Ames e Bóveda porque teñen sete vogais en posición tónica (recordando que algúns falantes xa só teñen cinco), fronte ó asturiano de Cuideiru porque só ten cinco; con todo, poderiamos aínda agrupar o galego de Louro, Noia, Ames e Bóveda e o asturiano Cuideiru fronte ó asturiano de Gozón porque conservan os ditongos ei e ou, como nos mostran os mapas publicados por Xosé Lluís García Arias. E tamén podemos agrupar o galego de Bóveda e os asturianos de Cuideiru e Gozón porque presentan un segmento fricativo dental xordo en palabras coma caza ou un pronome tónico de 2.sg tu, en canto en Louro, Noia e Ames non temos este segmento dental e o pronome tónico da 2.sg é ti. E tamén podemos agrupar o galego de Louro, Noia, Ames e Bóveda xunto co asturiano de Tinéu fronte ó asturiano de Cuideiru (que conserva ei e ou) e Gozón (que monotongou ei e ou) porque os primeiros manteñen [jt] < ŭlt e ŏct en canto Cudieiru e Gonzón xa mudaron [jt] para [tʃ]. Como observaba Amado Alonso, ademais, non só cómpre ter en conta os cambios desde o latín, senón tamén as conservacións. Louro, Noia, Mazaricos, Carnota, Fisterra conservan o sufixo da 2.sg.ind.pret.perf /stes/ sen palatalizar, separado do /sti/ asturiano tamén sen palatalizar por unha área de palatalización /tʃes/ no galego central e oriental. Este feito conta como similitude entre galego occidental e segrega estas variedades do resto do galego para unilas ó asturiano ou ó castelán. Isto é, claro, unha
SOBRE LINGUAS E FRONTEIRAS NO NOROESTE DA PENÍNSULA 437 ilustración do contínuum, que non nace no río Eo nin morre no Navia, senón que nace en Fisterra (ou en Louro) e morre Deus sabe onde. E o contínuum é contínuum sempre. Canto máis aumentamos a abstracción eliminando trazos, máis falas entran no saco... Pero ademais, ¿que trazos suspendemos?, ¿que trazos mantemos?: ¿a palatalización [jt] > [tʃ] ou a conservación dos ditongos ei e ou? Potenciar un trazo sería cometer o mesmo erro (si, creo que foi un erro) de Menéndez Pidal de sobrevalorar a ditongación de ŏ, que ademais ditonga en condicións diversas se vai trabada por nasal ou non, de modo que a área de aditongación de ŏ nasalizado (ponte, fonte) é maior cá área de ditongación de ŏ oral (suerte). Por esta vía de abstracción chegamos ó elemento dominio: o dominio galego-portugués, o dominio asturleonés, o dominio castelán, etc., que, como xa vimos, non é outra cousa ca unha ferramenta da lingüística, da teoría da lingüística, non unha particularidade da linguaxe, porque o que comprobamos ó analizar a linguaxe é continuidade. O dominio é un elemento etic, detectado / creado polo investigador e que superpón sobre a variedade real da linguaxe, como xa dixen, outro elemento epistemicamente obxectivo. Ora ben, ó meu xuízo, as fronteiras que trazan os dominios son ilusións creadas polo propio método de agrupamento. Precisamente porque son ferramentas creadas para dar conta da realidade e non realidades é relativamente fácil que existan desacordos entre os lingüistas á hora de aplicar estes conceptos a realidades como a aquilo que se fala entre o río Navia e o río Eo. Todos sabemos o que é un diasistema e como se constrúe..., pero, ¿a que diasistema (se é que iso existe) se debe axuntar o que se fala en Boal? Se sae como lingua independente, con fronteiras claras e prístinas co galego polo occidente e co asturiano polo oriente... ¿conforma un novo dominio? Creo que no fondo os lingüistas queren traducir a súa visión emic (a que teñen como cidadáns galegos ou asturianos) aplicando ferramentas etic (que
438 FRANCISCO DUBERT GARCÍA manexan como lingüistas galegos ou lingüistas asturianos); queren dar carta de natureza científica a crenzas previas que non nacen do mundo da ciencia, senón do mundo da cultura folk. O bo do proxecto ETLEN é que se basea na cuantificación; con este método pretende superar os problemas que presentei arriba de seleccionar uns trazos e deixar outros de lado. Todos entran en pé de igualdade; acadado un certo número límite, estariamos nun dominio ou noutro. A pesar disto, sigo sendo pesimista. ¿Como medir efectivamente a diferenza entre dúas variedades lingüísticas?, ¿cantos elementos cómpre sinalar?, ¿son suficientes 532 fenómenos lingüísticos? Segundo nos explican hai 150 preguntas de fonética, 241 de morfoloxía nominal e 141 de morfoloxía verbal. ¿que pasaría se aumentamos as preguntas de fonética a 160? ¿supoñamos que se preguntan 27 palabras con ŏ? ¿E si se preguntasen 30? No meu traballo en dialectometría puiden comprobar que introducir un mapa nunha base de datos de arredor de 230 producía agrupamentos distintos en puntos concretos, porque os resultados de aplicar os algoritmos matemáticos variaban. Como cada palabra ten a súa historia, podería ser que aumentasen as diferenzas. Por exemplo, en galego a distribución de [ɛ] / [ẽ] en palabras coma dente, xente, tempo, testamento, sempre non é a mesma. Hai diferentes tipos de falas mistas: d[ɛ]nte, t[ɛ]mpo, pero testam[ẽ]nto. Do mesmo xeito, no sudoeste de Pontevedra hai unha tendencia á metafonía de /e/ átono final sobre /ɛ/ tónico, o que dá resultados coma dez, sempre, sete, neve, muller con /e/ tónico, fronte ó resto do galego, en que teñen /ɛ/. O fenómeno é un, pero está ben documentado no ALGa, fronte a outros fenómenos que contan con menos preguntas (como a devandita influencia dunha nasal trabante sobre unha vogal media). Cantas máis palabras introduces na base de datos sobre esta metafonía, máis caracterizada queda esta zona, de modo que a abundancia de datos sobre un fenómeno aumenta a súa importancia cuantitativa, facendo máis e máis independente esta área do resto dos dialectos galegos só en virtude da boa documentación dun
SOBRE LINGUAS E FRONTEIRAS NO NOROESTE DA PENÍNSULA 439 fenómeno: ¿cantos datos debo meter para non desequilibrar a mostra de modo o perfil cuantitativo do sudoeste de Pontevedra non quede escorado por mor desta metafonía? Polo tanto, o resultado final de cómputo de similitudes e diferenzas pode depender do número e tipo de mapas que se introduzan. ¿que facer con todas aquelas diferenzas das que non temos noticia porque non foron preguntadas no ALGa, por exemplo? E, máis interesante aínda, ¿como computan as similitudes? Nese sentido das diferenzas ocultas, hai outros elementos difíciles de cuantificar que non asoman facilmente á superficie. Menéndez Pidal falaba da ditongación de ŏ e da influencia do iode para distinguir galego, asturleonés e castelán; pero a falta de ditongación pode ocultar a acción do iode. Non teño información sobre o cuestionario, pero, neste sentido, pregúntome como son tratados algúns fenómenos. O occidente de Galicia inflexionou ŏ en palabras coma fŏliam ou ŏculum, de modo que hoxe presentan unha forma con /o/ e non con /ɔ/, coma no resto do galego. Este fenómeno ten que ser máis antigo cá ditongación de ŏ e parece común á inflexión de iode do castelán en hoja e ojo. Polo tanto, o latín vulgar da metade oriental de Galicia e de Asturias presentaba nesta palabra unha vogal media aberta que se mantivo en galego e que ditongou en asturiano. Esta forma do latín vulgar está na base dunha diverxencia que agrupa en certa maneira o galego centrooriental e asturiano (f[ɔ]lla e fuella) fronte ó galego occidental e o castelán (f[o]lla e hoja). Outro fenómeno que debemos considerar é a metafonía de /u/ final átono sobre unha vogal media pechada tónica. Este proceso produciuse de xeito desigual no noroeste da Península. No occidente de Galicia, actuou palabra por palabra, de xeito que formas coma novo, posto, morto, corpo, medo, cadelo, presentan o resultado da acción metafonética, con [o] ou [e] tónicos, tanto no singular coma no plural, en canto palabras coma porco, ovo, cego ou ferro presentan [ ɔ ] e [ɛ] tónicos, tanto no singular coma no
440 FRANCISCO DUBERT GARCÍA plural. que en galego non se producira ditongación das vogais medias breves latinas non é óbice para non pór esta metafonía de curto alcance coa metafonía do asturiano central nin coa metafonía, máis xeneralizada, que produciu no portugués ó sur do Douro e que hoxe caracteriza o portugués estándar. ¿Debe esta metafonía occidental, sen relación de continuidade xeográfica coa asturiana nin a portuguesa contar como similitude? E así con outros fenómenos que o lector poida ir encontrando conforme compare a gramática de galego, asturiano e portugués. Por outro lado, os datos finais dependen da cantidade de puntos que incluamos. Imaxinemos que no mapa horiométrico introducimos os datos do galego, do resto das falas asturianas e do castelán. Isto tería consecuencias nos índices finais relativos de similitudes e diferenzas. Cos datos que temos no ALGa e con 230 mapas de fonética, eu obtiven: a) en Le.5, un punto de fala leonesa do ALGa, índices de similitude do 71,3% con Le.4, L.21, L.22, L.25 e O.14; b) Le.5 garda un 62,61% con L.23; c) 123 puntos de fala galega con índices de similitude con Le.4 máis baixos có 71,3%; d) entre Le.4 e C.29 hai un 51,74% de similitude... ¿Estes índices do 71,3% fan leonesas as falas de Le.4, L.21, L.22, L.25 e O.14? ¿Ou fan galega a fala de Le.5? ¿que pasaría se houbese outros cinco puntos indubidablemente leoneses? Sabemos que baixarían tódolos índices de similitude e que se producirían novos reagrupamentos. Pero, ¿como se verían afectados Le.4, L.21, L.22, etc.? Porque non debemos esquecer que todos estes valores de similitude ou de diferenza non son absolutos, senón relativos ós valores doutros puntos e ós datos que se introduzan. Polo tanto, existen dificultades na propia cuantificación, que non é tan obxectiva como parece, pois depende de que ítems lingüísticos se
SOBRE LINGUAS E FRONTEIRAS NO NOROESTE DA PENÍNSULA 441 escolle ou se pode cuantificar. Estamos cuantificando aquilo que nós decidimos ou outros decidiron tomar en consideración (e non o resto); aquilo do que temos datos en virtude dunha tradición de investigación... ¿que pasa co resto? Por todas estas razóns creo, a priori, pero con certo fundamento, que lograremos obter unha envexable base de datos, poderemos ver fronteiras de fenómenos, algún que outro feixe de isoglosas... pero non fronteiras entre dominios, pois estes son, ó meu xuízo, construcións con que os lingüistas pretenden casar dous tipos de entidades epistemicamente obxectivas elaboradas con diferentes perspectivas: as linguas e dialectos históricos, dun lado, e os sistemas, diasistemas e dominios do outro.