Full text
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA FACULTADE DE XEOGRAFÍA E HISTORIA A literatura revolucionaria en Latinoamérica na década dos anos sesenta. Autora: Carmen Rodríguez González Titor: Eduardo Rey Tristán Grao en Historia Xullo 2022 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela para a obtención do título de Grao en Historia
1 ÍNDICE Introdución.....................................................................................................4 Contexto político...........................................................................................6 A figura do intelectual..................................................................................9 Os xéneros literarios vinculados aos procesos revolucionarios...............15 A novela e o realismo máxico...........................................................15 O testimonialismo..............................................................................23 Conclusións...................................................................................................29 Bibliografía....................................................................................................31
2 RESUMO A literatura revolucionaria en Latinoamérica na década dos anos sesenta. O presente Traballo de Fin de Grado procura mostrar unha análise da relación entre as Revolucións dos anos 60 en Latinoamérica co chamado “boom” cultural, do cal destacaremos principalmente o ámbito literario. Deste xeito, poderemos entender a forte influencia da literatura na conformación dunha identidade política e cultural propia. Os principais obxectivos serán, en primeiro lugar, dilucidar a evolución do artista literario cara a súa configuración como intelectual e consecuente actor da difusión dos cambios políticos promovidos polos partidos. En segundo lugar, relatar as diversas posturas adoptadas polos principais expoñentes da literatura entorno aos procesos revolucionarios e o nacemento do antiintelectualismo. Por último, falar das implicacións dos diversos xéneros literarios (a novelística e o testimonialismo principalmente) nun contexto de cambios, non só políticos, co xurdimento da Nova Esquerda, senón culturais, ideolóxicos e de produción, que se experimentarán na década dos anos 60. No que respecta ás fontes empregadas para afondar nesta temática, utilizaremos, entre outras, ás principais expoñentes no estudo da vinculación entre ideoloxías e literaturas, isto é: Jean Franco e Claudia Gilman. As súas investigacións permitirannos configurar un marco explicativo que axude a entender a relevancia desta relación no transcurso dos procesos revolucionarios latinoamericanos. Palabras clave: literatura, revolución, Latinoamérica, intelectualismo, boom cultural. La literatura revolucionaria en Latinoamérica en la década de los años sesenta. Este Trabajo de Fin de Grado muestra un análisis de la relación entre las Revoluciones de los años 60 en América Latina y el denominado “boom” cultural, del que destacaremos principalmente el ámbito literario. De esta manera, podemos comprender la fuerte influencia de la literatura en la configuración de una identidad política y cultural propia. Los principales objetivos serán, en primer lugar, dilucidar la evolución del artista literario hacia su configuración como actor intelectual y consecuente actor en la difusión de los cambios políticos promovidos por los partidos. En segundo lugar, hacer un recuento de las diversas posiciones adoptadas por los principales exponentes de la literatura sobre los procesos
3 revolucionarios y el nacimiento del antiintelectualismo. Finalmente, hablar de las implicaciones de los diferentes géneros literarios (principalmente novelas y testimonios) en un contexto de cambios, no solo políticos, con el surgimiento de la Nueva Izquierda, sino culturales, ideológicos y productivos, que se vivirán en la década de los 60. En cuanto a las fuentes utilizadas para ahondar en este tema, utilizaremos, entre otros, las principales exponentes en el estudio del vínculo entre ideologías y literaturas, esto es: Jean Franco y Claudia Gilman. Sus investigaciones nos permitirán establecer un marco explicativo que ayude a comprender la relevancia de esta relación, en el transcurso de los procesos revolucionarios latinoamericanos. Palabras clave: literatura, revolución, Latinoamérica, intelectualismo, boom cultural. Revolutionary literature in Latin America in the 1960s. This Final Degree Project shows an analysis of the relationship between the Revolutions of the 1960s in Latin America with the so-called cultural "Boom", of which we will mainly highlight the literary field. In this way, we will be able to understand the strong influence of literature in the formation of a political and cultural identity of its own. The main objectives will be, in the first place, to elucidate the evolution of the literary artist towards his configuration as an intellectual and consequent actor in the diffusion of the political changes promoted by the parties. Second, to relate the different positions adopted by the main exponents of literature around the revolutionary processes and the birth of antiintellectualism. Lastly, to talk about the implications of the different literary genres (novels and testimonials mainly) in a context of changes, not only political with the emergence of the New Left, but cultural, ideological and production, which are experienced in the The 60s. Regarding to the sources used to delve into this subject, we will use, among others, the main figures in the study of the link between ideologies and literature: Jean Franco and Claudia Gilman. His research will allow us to set up an explanatory framework that helps understand the relevance of this relationship in the course of Latin American revolutionary processes. Keywords: literature, revolution, Latin America, intellectualism, cultural boom
4 INTRODUCIÓN A convulsión e renovación política, característica da Latinoamérica de mediados do século vinte, será un dos fitos máis relevantes na evolución do devir histórico global, así como da estruturación dos estados e das sociedades a nivel internacional. Deste xeito, debemos ser conscientes de que todos os procesos de cambio que xordan no eido político, suporán unha forte influencia noutros ámbitos e contextos, como poden ser o cultural ou o social. Mais, en que grado poden afectar as tendencias ideolóxicas dos grupos intelectuais, no que respecta á lexitimidade e mantemento dun goberno? Como veremos ao longo do desenvolvemento deste traballo, o éxito, predominio ou incluso a continuidade destes procesos políticos, dependerán en gran medida das posturas adoptadas por parte da sociedade e daquelas figuras encargadas de manter a cultura. As fontes que nos permitiron entender esta vinculación, son de carácter secundario, é dicir, empregáronse principalmente as investigacións realizadas polas grandes expoñentes no estudo da relación entre a literatura e a política; serán polo tanto capitais, autoras como Jean Franco 1 , Claudia Gilman 2 ou Victoria García 3 . Nos seus escritos, procuran expoñer a relación entre a historia e a literatura, a través non só da análise das obras, senón dos propios autores e autoras, da súa participación e mencións en congresos, reunións e incluso xuntanzas extraoficiais, desligadas a calquera tipo de institución. En canto ao resto de obras empregadas, destacaremos os escritos de Mayra Herro, nos que dilucida as causas e consecuencias presentes no fenómeno do boom cultural e as aportacións de Claudio Maíz e Valeria Caruso para levar a cabo unha mellor relación entre o contexto da época e os círculos intelectuais. 1 Jean Franco, Decadencia y caída de la Ciudad Letrada. La literatura latinoamericana durante la Guerra Fría. (Barcelona: DEBATE, 2003). 2 Claudia Gilman, “Casa de las Américas. Un esplendor en dos tiempos (1960-1971)”, en: Historia de los intelectuales en América Latina, ed.Carlos Altamirano, (Buenos Aires: Katz Editores, 2010), vol. 2. Claudia Gilman, Entre la pluma y el fusil: debates y dilemas del escritor revolucionario en América Latina. (Argentina: Siglo Veintiuno, 2012). 3 Victoria García, “Testimonio literario latinoamericano: prefiguraciones históricas del género en el discurso revolucionario de los años sesenta”, Acta Poética, Vol.35, nº 1, (2014), 68. Victoria García, “Diez problemas para el testimonialista latinoamericano: Los años ‘60-’70 y los géneros de una literatura propia del continente”, Castilla. Estudios de Literatura, Vol. 4 (2003). Victoria García, “Testimonio literario latinoamericano: una reconsideración histórica del género”, EXLIBRIS, nº. 1, (2012). Victoria García, “Testimonio y literatura. Algunas reflexiones y tres realizaciones en la narrativa argentina: Walsh, Urondo, Cortázar (1957-1974)”, Kamchatka. Revista de análisis cultural, nº6 (2015).
5 Porén, a intención deste traballo será tan só a de simplificar e expoñer a grandes rasgos o que as autoras estudadas procuran difundir, e poder así entender a complexidade do entramado histórico, político e literario da época dos anos sesenta en Latinoamérica, e máis concretamente na Cuba revolucionaria. Consideramos que a exposición destes procesos serán máis sinxelos de entender a través da exemplificación a través de dúas das novelas que consideramos máis representativas de cada xénero. Así, empregaremos a obra Cien Años de Soledad de Gabriel García Márquez para falar das tendencias narrativas do realismo máxico e a novela de Miguel Barnet, Autobiografía de un Cimarrón para expoñer as diferenzas e continuidades presentes entre o testimonialismo e o realismo máxico. Abordaremos a época dende diversos eidos ou perspectivas; en primeiro lugar, trataremos os contextos sociais e políticos máis relevantes da época, centrándonos principalmente na Revolución Cubana, a cal impulsará a creación de novas correntes artísticas e en concreto, literarias, así como a conformación dun campo intelectual propiamente latinoamericano. Ademais, veremos como as influencias externas a nivel político e cultural influenciaron ás metodoloxías e ideoloxías destas figuras intelectuais do territorio. O análise da evolución da figura do intelectual latinoamericano será reflexado no segundo apartado. Nel, buscaremos definir a figura do intelectual mediante o emprego das teorías máis relevantes deste campo de investigación. Estas teorías serán as desenvoltas por Sartre e Pierre Bourdieu. Ademais, intentaremos dilucidar a evolución de pensamento do propio intelectual, así como os debates que xorden entorno á súa figura, e a súa consideración por parte do estado cubano. No terceiro e último apartado, adentrarémonos na análise das correntes literarias e a relación que estas teñen co contexto no que se inscriben. Para comezar, iniciaremos o noso percorrido coa evolución da literatura latinoamericana dende os inicios do século XX, para poder avanzar cara a creación ou o nacemento da corrente do realismo máxico, principal protagonista do fenómeno do boom da literatura latinoamericana. Esta contextualización abriranos o camiño cara a conceptualización, definición e exposición do propio boom literario, así como da súa decadencia, impulsada polo propio goberno cubano. Por último, falaremos do xénero do testimonialismo, de todos os debates e cuestións xurdidos ao seu redor, en relación ao seu nacemento, definición e función na lexitimación do goberno cubano. Como remate desta parte introdutoria, consideramos relevante puntualizar o feito que fixo posible a creación deste traballo; isto é, o interese por aprender sobre as causas, os motivos e as consecuencias das novelas inscritas no realismo máxico. Por un lado, unha das principais
6 cuestións será o motivo da inserción das historias relatadas nas grandes obras do realismo máxico, nun contexto de revolución, de ditaduras autoritarias e crises sociais. Por outra banda, as implicacións sociais e políticas que puideron suscitar na historia o éxito e difusión destas obras. CONTEXTO POLÍTICO E SOCIAL Para poder estudar e comprender a relación entre a literatura latinoamericana e os procesos revolucionarios xurdidos durante a década dos 60, consideramos capital a contextualización dos cambios experimentados no territorio, dende unha perspectiva política, cultural, económica e produtiva, pois como veremos ao longo deste traballo, ambos conceptos irán da man, no desenvolvemento deste relevante período histórico. Así, poremos o foco principalmente na revolución cubana do 1959; este acontecemento supuxo un forte impacto a nivel mundial, que consecuentemente derivou nunha importante producción literaria, que non só se caracterizou por contar cunha ampla variedade, tanto ideolóxica como crítica, senon que a súa contextualización na Guerra Fría 4 implicará o nacemento de múltiples debates ideolóxico-políticos nos cículos de goberno e intelectuais. Segundo Gilman, non se poden dividir os acontecementos da época en anos 60 ou 70, senon que ambas décadas estarán intrínsecamente unidas e o que sucederá a partir da caída de Allende será consecuencia directa dos cambios e sucesos ocorridos durante a década dos 60. Así, considera preciso falar dunha “época”, xa que isto se refire, en palabras literais, a un “campo do que é publicamente decible e aceptable” 5 . Este período presenta un importante peso histórico, con límites máis ou menos precisos, e atópase rodeado ao mesmo tempo de principios que brindan certas características propias que levarán á súa consideración como un período conceptual individual e relevante de por si. Os cambios mencionados con anterioridade, virán dados polo contexto global no que estarán inscritos estes acontecementos. Políticamente, o xérmolo da busca dun cambio será a Guerra Fría e os axentes que participaron nela. Isto é, o choque entre as dúas potencias con ansias colonizadoras levará aos países do terceiro mundo a desbotar calquer tipo de apoio ás políticas neocoloniais da Unión Soviética e mais dos Estados Unidos 6 . Isto verase reflexado a 4 Kepa Artraz, Cuba y la Nueva Izquierda: una relación que marcó los años 60. (Buenos Aires: Capital Intelectual, 2011), 21. 5 Gilman, “Entre la pluma y el fusil”, 36. 6 Kepa Artraz, “Cuba y la Nueva Izquierda”, 39.
7 través da creación de alianzas que promoverán o impulso de políticas e medidas de rexeitamento cara toda intención colonizadora 7 . En relación a este choque entre potencias, darase unha reestructuración global 8 , a consecuencia do nacemento de novos estados, da adhesión dos mesmos ás políticas dunha potencias protagonistas, ou ben ao raíz do xurdimento de novas forzas ideolóxicas e políticas, como pode ser o caso de Cuba 9 . Todos estes feitos propiciaron o nacemento da esperanza no cambio, no cal terá un papel fundamental a figura do intelectual. Dentro desta reestructuración, consideramos relevante falar da Nova Esquerda, e en concreto, da importante función que esta terá, non só na conformación dun ideario político inicial, senón na creación da identidade común latinoamericana. Neste sentido, veremos como a Nova Esquerda, nada en Europa como consecuencia da procura de certos grupos intelectuais por alonxarse das políticas capitalistas e de consumo, promovidas dende os Estados Unidos, ou ben das políticas de control soviéticas 10 , se establece en Latinoamérica e crea un ideario político intelectual cuxas implicacións serán moi relevantes, na conformación dos grupos intelectuais do territorio e na interacción destes grupos coas correntes teóricas e ideolóxicas dos grupos intelectuais europeos. Podemos afirmar que tanto a Nova Esquerda europea como os novos grupos intelectuais latinoamericanos vían na sociedade e nos territorios do terceiro mundo a posibilidade do cambio e da implantación de novas políticas que vincularan o intelectualismo e a política en prol da mellora social. Nesta liña, veremos á Cuba revolucionaria dos primeiros anos como a suposta encarnación destas ideas, promovendo esta relación entre o intelectual e as políticas gubernamentais que tanto chamarán a atención nos círculos intelectuais europeos. Un exemplo serán as constantes visitas á illa de relevantes figuras académicas como Simone de Beauvoir ou Sarte 11 . 7 Gilman, “Entre la pluma y el fusil”, 45-46. Tratase do Movemento de Países Non Alineados, nado en Belgrado no 1961, e a Organización de Solidariedade dos Pobos de África e América Latina, nada en La Habana en 1966. 8 Revolución Cubana, a pseudo descolonización africana, a guerra de Vietnam, a rebelión antiracista de EEUU, os brotes de rebeldía xuvenil e o nacemento da Nova Esquerda entre outras. 9 Gilman, “Entre la pluma y el fusil”, 37. 10 Alberto Martín Álvarez, “Building counter-hegemonic thinking: Critical Communities and the rise of the New Left”, en Rey Tristán, Eduardo and Martín Álvarez, Alberto (eds.), Building the Radical Identity. the Diffusion of the Ideological Framework of the New Left, (en prensa), 3. 11 Kepa Artaraz, “Cuba y la nueva izquierda.”, 58-59.
8 No que respeta ao ámbito económico e social, existen diversas melloras que posibilitan o achegamento entre intelectuais das diversas rexións do continente. Entre elas atopámonos cun aumento demográfico, derivado non só dunha alta natalidade, senon do fluxo migratorio iniciado trala Segunda Guerra Mundial e a Guerra Civil española. O aumento demográfico pode ser consecuencia directa das melloras económicas experimentadas, en parte dos territorios latinoamericanos. Estas melloras traerán á súa vez un impulso nos medios de comunicación e dos transportes, que implicarán unha maior e máis rápida difusión dos idearios políticos e das medidas adoptadas polos gobernos, promovendo así un maior contacto entre os círculos intelectuais 12 . Centrándonos no réxime establecido en Cuba a partir de 1959, veremos como os inicios esperanzadores dos primeiros anos post revolución, deron paso a un endurecemento das políticas de estado e a un maior control e rixidez en canto ás liberdades de expresión e de creación literaria. Paralelamente a este endurecemento, experimentarase unha decadencia da Nova Esquerda, non só a nivel latinoamericano, senón a nivel europeo 13 . Esta viraxe en canto ás formas de actuación por parte do goberno fidelista virán dadas pola necesidade de anexión e de apoios do goberno soviético; o bloqueo cara a illa por parte dos EE.UU dificultaba ou imposibilitaba os contactos, non só económicos, senón intelectuais e culturais, entre a sociedade cubana e o resto de territorios americanos 14 . Unha das estratexias tomadas por parte do goberno cubano para solventar este bloqueo cultural será a creación de revistas políticas e culturais, mais a pesar do seu éxito inicial, moitas das figuras afíns á revolución nos seus inicios, iranse desvinculando do réxime a medida que ven aumentar a rixidez e o debate entorno á función da súa figura na sociedade. Nos vindeiros apartados veremos como os feitos aquí expostos, serán de vital importancia na produción escrita, e na conformación e evolución dos círculos intelectuais da época. 12 Martín Álvarez, “Building counter-hegemonic thinking”, 2. 13 Artaraz, “Cuba y la nueva izquierda.”, 25. 14 Gilman, “Casa de las Américas”, 2.
15 independente e emancipador, así como a súa forma de intervir na sociedade. No que respecta á forma de intervención, reclamábase un maior nivel de actuación por parte dos intelectuais 40 , que se dirixira a campos distintos que o cultural. Será neste contexto no que se inician os escritos testimoniais, derivados das diversas prohibicións e restricións estipuladas polo goberno cubano no que concirne ao campo literario 41 . No ano 1969 esixíase un certo sacrificio social e económico, relacionado coa aceptación das políticas do goberno relacionado coas doutrinas soviéticas, sacrificio que non todos os escritores e intelectuais aceptarían, o que suporía o xurdimento de conflitos e disidencias, como pode ser o xa comentado Caso Padilla. A disputa entre Heberto Padilla e o goberno cubano iniciarase tralo nomeamento do autor ao premio na Unión Nacional de Escritores y Artistas de Cuba, por un poemario abertamente crítico co réxime revolucionario, escollido por un xurado internacional. Tras unha lectura en 1971 dos seus poemas máis controvertidos sobre o goberno cubano o artista foi encarcerado no polas forzas de seguridade, que consecuentemente iniciou o levantamento dunha gran parte dos grupos intelectuais para loitar (non literalmente) en prol pola súa liberación. Este feito abriu un gran campo de debate e supuxo a desvinculación directa daqueles intelectuais disidentes da política de control artística por parte do réxime 42 . OS XÉNEROS LITERARIOS VINCULADOS AOS PROCESOS REVOLUCIONARIOS A novela e o Realismo Máxico A literatura latinoamericana caracterizarase, segundo diversos autores, pola súa modernización recorrente. É dicir, os procesos de renovación literaria e ruptura coas modas vixentes serán unha constante nos xéneros literarios do continente 43 . Neste apartado, centrarémonos principalmente na narrativa e no xénero xurdido a finais dos anos sesenta e inicios dos setenta: o testimonialismo. 40 Gilman, “Entre la pluma y el fusil”, 106. 41 Caruso, “Política, mercado y literatura”, 278. 42 Caruso, “Política, mercado y literatura”, 215-217. 43 Claudio Maíz, “La modernización literaria hispanoamericana y las fronteras transnacionales durante el modernismo y el boom literario”, Anales de Literatura Hispanoamericana, Vol. 35, (2006): 234.
16 Comezaremos por expoñer a evolución da narrativa, dende finais dos anos 50 ata o nacemento do testimonialismo a finais da década dos 60 e inicios dos 70. O nacemento desta nova forma de creación artística, segundo o Doutor en Literatura Latinoamericana, Claudio Maíz, estará relacionada coa renovación ou modernización xurdida a inicios do século XX 44 . O autor falará desta vinculación como a consecuencia da procura da internacionalización literaria do escritor e intelectual latinoamericano. Referímonos á internacionalización, entre outros aspectos, á busca dos autores hispanoamericanos de ambos períodos, de saír da invisibilidade, e para isto interesaranse nun campo de promoción literaria, que facilitara a apertura a difusión literaria en Europa e que á súa vez buscaba unha renovación, isto é, o territorio español 45 . O nexo de unión entre ambos períodos por parte da metrópole, terá que ver coas crises sociais, económicas e culturais que caracterizan a ambos períodos; por un lado, o desastre do 1898 supuxera para España un importante período de retroceso económico, social e cultural. Por outra banda, nos anos 50 e 60, a ditadura franquista e a falta de conexión con outros estados xeraría a necesidade de contacto con outros círculos intelectuais fóra de Europa 46 . Ademais, a censura dos autores do territorio propiciaría a busca de novas narrativas, que se saíran do marco establecido polo réxime 47 ; narrativas que á súa vez abrirán unha ventá de esperanza na intelectualidade esquerdista. Antes de adentrarnos no xurdimento e promoción do boom da literatura durante os anos 60, consideramos preciso contextualizar a situación literaria previa, é dicir, expoñer os antecedentes literarios da narrativa do boom que propiciaron o nacemento do característico realismo máxico da época. Como xa vimos, o ámbito literario latinoamericano caracterízase pola evolución constante; se nas xeracións de finais do século XIX e inicios do XX se inicia unha corrente de realismo que procura a difusión e ensino moral e social, como pode ser a literatura indixenista ou a propia da revolución mexicana 48 , a finais dos anos vinte e comezos dos trinta, Jean Franco sostén o nacemento do xérmolo que máis adiante coñeceremos como o realismo máxico. Neste 44 Maíz, “La modernización literaria”, 239. 45 Maíz, “La modernización literaria”, 239. 46 Maíz, “La modernización literaria”, 239. 47 Maíz, “La modernización literaria”, 238. 48 Mayra Herro, (1990) El "BOOM" de la literatura Latinoamericana: Causas, contextos y consecuencias. (Costa Rica: Serie Pensamiento Actual, 1990), 14-15.
17 momento, iniciase a ruptura con este realismo, buscando o máxico e o irracional, liberando a literatura contemporánea do xugo do positivismo, característico do realismo 49 . Esta liberación levarase a cabo, en parte, a través da creación de personaxes máis complexos, propiciados polas correntes da psicoloxía moderna 50 . Porén, a pesar de que se inicia esta ruptura, podemos observar como paralelamente se retomarán as correntes realistas a partir dos anos 40, a través do denominado como “neorealismo”. Esta convulsión entre os xéneros levará a unha discusión recorrente entre os estudosos, pois resulta unha tarefa complicada o feito de situar os inicios dos diversos xéneros literarios, maioritariamente, daqueles xéneros que máis caracterizaron a literatura latinoamericana; isto é, o realismo máxico 51 . A literatura realista, na que se prioriza a conciencia de clase, e as políticas antiimperialistas contra as potencias neocolonizadoras e as antigas metrópoles, e cuxos obxectivos serán a orientación do público lector cara unha concienciación política, a través do emprego de protagonistas de a pé, como poden ser traballadores das empresas bananeiras, das minas ou das explotacións tipicamente latinoamericanas, axudará a un sentimento de conexión entre o público lector e o que se intenta transmitir a través da obra. Esta, dará paso segundo autores como Carpentier, ao que o que hoxe en día coñecemos como realismo máxico latinoamericano 52 . Este xénero devolveu as lendas e prácticas populares ao ámbito literario, empregándoas como nexo entre as diversas culturas do continente, e iniciando así a concepción do realismo máxico como xénero orixinal e predominante en América Latina 53 . As características que mellor definen e diferencian este xénero co anterior, será, como xa mencionamos, o alonxamento do racionalismo e da cronoloxía lineal, distribuíndo os acontecementos de xeito que encaixen sen seguir unha orde tradicional. Ademais, xunto co abandono destes aspectos, darase comezo a unha narración intrapersoal e informal , na que non se destacan os acontecementos externos, senón que se procura afondar na conciencia individual da persoa narradora 54 (maioritariamente masculina) 55 . No que respecta ao obxectivo principal do xénero, podemos falar da priorización da arte por diante dos valores morais. 49 Jean Franco, Decadencia y caída de la Ciudad Letrada. La literatura latinoamericana durante la Guerra Fría. (Barcelona: DEBATE, 2003), 216. 50 Teodosio Fernández, Literatura Hispanoamericana: sociedad y cultura. (Madrid: AKAL, 1998), 55-56. 51 Maíz, “La modernización literaria”, 236-237. 52 Fernández, “Literatura Hispanoamericana”, 104. 53 Franco, “Decadencia y caída de la Ciudad Letrada”, 209. 54 Herro, “El "BOOM" de la literatura Latinoamericana”, 20-21. 55 Franco, “Decadencia y caída de la Ciudad Letrada”, 18.
18 Porén, a pesar deste cambio, a partir dos anos 60, o realismo máxico converterase no xénero capaz de brindar unha alternativa á realidade vixente 56 . Será a partir deste momento, cando debemos situar o coñecido boom da narrativa latinoamericana. Este fenómeno, coñecido mundialmente e promocionado dende diversos ámbitos políticos, culturais e gobernamentais, nacerá a raíz de unha serie de acontecementos que procuraremos dilucidar nas vindeiras páxinas. Antes de comezar, consideramos necesario precisar que as hipóteses sobre a creación e promoción dunha literatura e ideario tipicamente latinoamericano, veñen dadas a partir dos múltiples debates que este campo xenera entre os intelectuais e estudosos da materia. É por iso que aclaramos que a intencionalidade deste apartado será a de brindar as ferramentas, contextos e teorías que nos axuden a entender a complexidade desta análise histórico-literaria. En primeiro lugar, falaremos da definición do propio concepto de boom, para poder entender así o que esta nomenclatura supuxo no que respecta á consideración dos autores que se enmarcan neste movemento literario. Segundo o dicionario da Universidade de Oxford, entendemos o boom como o lanzamento efectivo de algo no mercado ou a atención pública 57 . Porén, a meirande parte dos autores estudados non consideran o fenómeno do boom como unha circunstancia meramente comercial, senón que abarcará unhas dimensións máis amplas, que como vimos no apartado sobre o intelectualismo, implicarán un cambio na concepción da figura do intelectual na sociedade e na difusión do ideario político. A continuación, falaremos dunha das teorías que pretende explicar o xurdimento desta nova ola de popularidade da narrativa latinoamericana, a través das circunstancias contextuais da época. Dita teoría foi desenvolta por Emir Rodríguez Monegal, gran figura da crítica literaria, e establece cinco causas principais que explican o impulso da novela na década dos anos 60. Algunha das causas que expón o autor, foron desenvoltas ao longo do traballo, o que redunda na importancia destes feitos na conformación dun ideario literario propio. Esta exposición é apoiada en maior ou menor medida polos grandes críticos e estudosos da época, como poden ser Carlos Fuentes, Vargas Llosa, Gabriel García Márquez e Ángel Rama. Este último, distará en parte das ideas de Monegal, no que concirne á natureza do boom, aspecto no que afondaremos máis adiante 58 . 56 Franco, “Decadencia y caída de la Ciudad Letrada”, 17. 57 Herro, “El "BOOM" de la literatura Latinoamericana”, 26-27. 58 Herro, “El "BOOM" de la literatura Latinoamericana”, 34-35.
19 Agora ben, no que respecta ás casuísticas do boom, en primeiro lugar, atopámonos coa concepción de que unha nova xeración de lectores, e o consecuente aumento dos mesmos, propiciou unha maior creación artístico-literaria. Este aumento na poboación alfabetizada pode vir dada polo aumento demográfico experimentado en Latinoamérica logo da Segunda Guerra Mundial, non só debido ao aumento da natalidade, senón á presenza de intelectuais refuxiados, maioritariamente provintes da Península Ibérica 59 . En segundo lugar, falaremos da revolución cultural no continente, alimentada polo novo réxime establecido en Cuba no ano 1959. Como puidemos observar en apartados anteriores, o illamento político experimentado por Cuba durante os inicios da súa etapa revolucionaria, levará á necesidade de atopar novos camiños de interacción entre a intelectualidade da illa e a do continente, a través de revistas, congresos e debates. Porén, todas estas vías de comunicación non poderían ser posibles se non fora polas melloras e a modernización do campo da tecnoloxía 60 . Os procesos comunicativos entre os territorios do cono sur do continente americano e Europa e Estados Unidos, carecían de barreiras. A maiores, dende o ano 1964, coa instalación do chamado Pájaro Madrugador, iniciouse unha maior circulación de escritos a nivel internacional 61 . Entendemos entón que a problemática en canto á comunicación e circulación de escritos, non xiraba entorno ao intercambio entre as potencias e o territorio latinoamericano, senón que se daba na relación entre os propios países. Tanto é así, que no ano 1962, autores integrantes do Congreso de Intelectuais e Escritores Latinoamericanos, puntualizaron a necesidade de mellorar as conexións co resto de territorios do cono sur, pois chegaban ás súas mans con maior velocidade escritos europeos que escritos de intelectuais do territorio veciño 62 . En terceiro lugar, situamos a difusión dende España, por parte de importantes editoriais. Centrarémonos principalmente na promoción levada a cabo a través da editorial barcelonesa Seix Barral. Esta editorial atopábase baixo o mando de Carlos Barral, quen aproveitando a situación política do continente, promoveu a unificación literaria baixo o paraugas dunha literatura hispánica intercontinental 63 . O aspecto que facilitará a promoción e incluso, segundo sosteñen algúns autores, o nacemento do boom da literatura latinoamericana 59 Herro, “El "BOOM" de la literatura Latinoamericana”, 36. 60 Herro, “El "BOOM" de la literatura Latinoamericana”, 31. 61 Herro, “El "BOOM" de la literatura Latinoamericana”, 30. 62 Herro, “El "BOOM" de la literatura Latinoamericana”, 31. 63 Herro, “El "BOOM" de la literatura Latinoamericana”, 40.
20 da década dos sesenta nesta cidade, será a tradición vangardista e chea de influencias literarias de Francia. Por último, aunaremos as dúas últimas causas expostas por Monegal, pois consideramos que ambas presentan unha gran relación en canto ás súas aportacións na conformación do boom literario; estas serán, a maior produción e divulgación de revistas literarias e políticas e o aumento da presenza de concursos e premios literarios. A celebración destes certames literarios e mais posibilidade de levar a cabo xuntanzas dos grupos intelectuais poderá vir dado da mellora significativa, non só dos medios de comunicación mencionados con anterioridade, senón dos avances no campo dos transportes, facilitando a conexión entre os territorios a nivel xeográfico. No que respecta ás revistas, puidemos observar no apartado referente ao intelectualismo, a importante función que estas levaron a cabo na difusión dun ideario político, así como das diversas obras e correntes literarias, presentes na época. Por outra banda, os concursos e premios literarios, segundo Monegal, dilucidan o protagonismo da literatura latinoamericana no contexto internacional, pois non estamos tan só a falar de concursos organizados dende as diversas sedes e organizacións como Casa de las Américas ou Pasado y Presente, senón que estamos a falar de galardóns como o Premio Nobel de Literatura, outorgado no ano 1967 a Miguel Ángel Asturias, o premio Biblioteca Breve, organizado pola editorial anteriormente mencionada Seix Barral e que repartiu, durante a década, múltiples premios a novelistas latinoamericanos 64 O concepto co que hoxe en día entendemos e clasificamos a época dourada da literatura latinoamericana, isto é, o xa mencionado boom, empregarase de forma oficial no ano 1962, da man do semanario arxentino Primera Plana 65 . A controversia mencionada en páxinas anteriores, en relación á natureza do movemento, virá dada polas implicacións industriais ou capitalistas que arrastra o termo. Deste xeito, autores como Ángel Rama consideran o fenómeno como unha consecuencia directa da sociedade capitalista de consumo, que promocionaba as súas obras a través de propaganda e dunha unión estratéxica entre as revistas e as editoriais 66 . Porén, consideramos que o feito de que as editoriais e as revistas axudaran a impulsar a narrativa, non será excluínte co que respecta á calidade dos escritos. Esta 64 Herro, “El "BOOM" de la literatura Latinoamericana”, 29. 65 Herro, “El "BOOM" de la literatura Latinoamericana”, 24-25. 66 Herro, “El "BOOM" de la literatura Latinoamericana”, 31.
21 consideración é sustentada polo feito de que as editoriais locais que nun primeiro momento promoven a narrativa latinoamericana, como poden ser La Flor ou Galerna (ambas arxentinas), a pesar de inverter en obras arriscadas en canto á aceptación por parte do público pero cunha importante calidade artística, e a pesar de ter gañado importantes sumas de diñeiro, gran parte das mesmas optaron pola venda dos seus dereitos e accións ás multinacionais con máis predominio no sector, demostrando así que, pese a que o motivo económico era un factor importante, o entramado estratéxico non sería unha opción viable 67 . Segundo Ángel Rama, o feito de que este fenómeno albergara tantas discusións sobre os seus inicios e os motivos do éxito, vén dado polo sobreemprego do termo sen ningún tipo de marco explicativo ou xustificación. Así, ademais de suscitar unha certa curiosidade intelectual (e consecuentemente, un aumento nos estudos relacionados en torno ao mesmo) tamén suscitou unha ampla crítica, non só dende os centros intelectuais propios do territorio, senón dende as diversas metrópoles 68 . Por outra banda, consideramos preciso mencionar un dos autores protagonistas deste período, que á súa vez nos permitirá exemplificar, a través do que consideramos a súa obra estrela, as características abordadas anteriormente, referentes ao xénero do realismo máxico. Estamos a falar de Gabriel García Márquez e a súa novela, Cien años de soledad. Este autor adoita empregar unha metodoloxía premoderna no que concirne ao tratamento dos gobernos que aparecen nas súas obras, ademais, procura mostrar a cultura popular, as lendas de fantasía e os relatos de tradición oral nunha literatura que mestura o cotiá co irreal. Jean Fraco, apunta nas obras de García Márquez a reiteración do emprego dos estados primitivos ao inicio das súas novelas. Outros dos tópicos recorrentes nas súas novelas, serán a morriña e a penuria, frecuentemente asociados ás fábulas tradicionais 69 . Todas estas características verémolas representadas na mencionada novela. Esta saíu á luz no 1967, vendendo máis de 25.000 exemplares. Nela, podemos observar a estruturación dun relato cunha cronoloxía non lineal, e que comeza coa exposición dun territorio primitivo, chamado Macondo, auto gobernado por parte da familia Buendía. Este pobo primitivo, terá unha evolución moi medida por parte do autor, coa intención de reflexar a sociedade 67 Herro, “El "BOOM" de la literatura Latinoamericana”, .40-42. 68 Herro, “El "BOOM" de la literatura Latinoamericana”, 26-27. 69 Franco, “Decadencia y caída de la Ciudad Letrada”, 166-170.
22 colombiana e a evolución histórica que caracteriza a este pobo, ata o 1928, ano no que se sitúa o colapso de Macondo 70 . Durante o desenvolvemento desta novela, o autor expón os tres tipos de maxia presentes no xénero do realismo máxico; isto é, a maxia relixiosa, a maxia pagana e a maxia da natureza 71 . A xustificación destas fantasías durante a novela virá dada por parte da mitoloxía e da esaxeración, aspectos recorrentes nas obras do autor 72 . O emprego de fontes de carácter tradicional ou cercanos ás orixes precoloniais, é observada, segundo algúns autores, como a forma máis imaxinativa de creación artística e literaria. Esta busca de referencias na cultura popular xa quedara obsoleta en Europa, mentres que no continente latinoamericano se empregaba no seu máximo esplendor, aunandoo cun alto grado de creatividade literaria. Así, o realismo máxico sería a consecuencia directa da necesidade de crear unha utopía na que a liña entre o real e o mito se desvanecía e dominaba o antiracionalismo 73 . Para finalizar procuraremos levar a cabo unha síntese do proceso de disolución da idea do escritor do boom como lexitimador do cambio, para dar paso a unha nova xeración de escritores, máis comprometidos coas políticas máis heterodoxas do réxime cubano. Como xa vimos en apartados anteriores, a presencia dun mercado literario en auxe facilitou a divulgación das aportacións ideolóxicas dos autores, que en gran medida colaboraban na conformación dun ideario ou imaxe unificada de Hispanoamérica. Deste xeito, moitos autores, como Vargas Llosa ou Octavio Paz, iniciaron unha campaña de críticas cara todo tipo de autoridade política, o que levaba a unha ocupación da literatura nos temas a tratar por ámbitos como a filosofía ou a ciencia. Porén, os autores, a través destas novelas baseadas no mito e no primitivo da cultura latinoamericana, tan só pretendían dar un certo sentido e nexo de unión aos pobos, alonxándose cada vez máis do compromiso activo referente á revolución 74 . Esta desvinculación da necesidade de contar o que estaba a ocorrer politicamente, xunto coa busca da irracionalidade e do misticismo, xenerou paralelamente unha nova xeración de escritores, que se adheriron a unha nova forma de representar o realismo, a través do emprego de 70 Glenda Cameron, “El realismo mágico en Cien Años de Soledad” (tesis doctoral, Texas Tech University, 1975), 4. 71 Cameron, “El realismo mágico en Cien Años de Soledad”, 49. 72 Para unha maior información, consultar a Tese de Glenda Cameron: “el realismo mágico en Cien Años de Soledad”. 73 Fernández, “Literatura Hispanoamericana”, 105-106. 74 Fernández, “Literatura Hispanoamericana”,107-108
23 documentos que distaban do que hoxe en día coñecemos como literatura, isto é, o testimonialismo 75 . O Testimonialismo A continuación, procederemos a expoñer o nacemento e a evolución dun novo xénero literario, no contexto de endurecemento das políticas gobernamentais cubanas, que á súa vez confirmará a evolución continua da literatura do continente, nun período histórico tan convulso. O testimonialismo, segundo autoras como Victoria García ou Begoña Huertas, despertou un gran número de estudos e debates entorno ás súas semellanzas coa nova novela latinoamericana e entorno aos motivos da súa creación. Algunhas autoras, sitúan o nacemento deste xénero a mediados dos anos sesenta, paralelamente ao auxe das novelas máis relevantes do Boom. O xérmolo do testimonialismo podería situarse coa novela escrita por Miguel Barnet no ano 1966, Biografía de un Cimarrón, na cal afondaremos máis adiante para exemplificar as características que diferencian as novelas testimoniais das novelas do boom, así como as proximidades ou semellanzas presentes nas mesmas. Neste sentido, a Licenciada en Letras pola universidade de Bos Aires e especialista no xénero testimonial, Victoria García, considera as novelas deste xénero como unha consecuencia directa do boom da narrativa, destacando as similitudes presentes entre ambos xéneros, a pesar de que os autores testimoniais buscaran unha ruptura e unha diferenciación coa narrativa do realismo máxico. Será neste apartado donde procuremos dilucidar os motivos desta busca por desenmarcarse da narrativa do realismo máxico, e os motivos políticos e ideolóxicos que sustentan a creación e sostemento desta nova forma de representar a realidade. Para comezar, retomaremos unha das características que representan as obras dos autores dos 60. Isto é, a procura dunha latinoamericaniedade unificada a ollos do resto dos territorios, que non contara necesariamente cunha base histórica ríxida e realista. 76 Por outro lado, destaca o acomodamento na práctica literaria, que pode vir dado pola asunción do artista, escritor e intelectual como a principal figura lexitimadora das políticas revolucionarias de esquerda, e cuxas funcións non serían só a da creación literaria, senón a da participación 75 Fernández, “Literatura Hispanoamericana”, 109. 76 Begoña Huertas Uaghón, “El postboom y el género testimonio”, Cauce: Revista Internacional de Filología, Comunicación y sus Didácticas, nº 17, (1994), 166.
24 integral na conformación e difusión do ideario do goberno. Estas tarefas irían dende a ocupación en cometidos colectivos, a colaboración na procura dunha maior alfabetización, a integración no funcionariado gubernamental (principalmente no eido cultural) e a participación nas labores administrativas que requiriran unha certa capacidade de análise político 77 . Esta demanda de compromiso por parte do goberno cubano, como xa vimos en apartados anteriores, suscitou o descontento dentro de certos grupos do campo intelectual; grupos que consideraban que a súa función dentro do marco social era a da crítica e o cuestionamento do papel dos gobernos, independentemente da súa tendencia política. Deste xeito, iniciouse unha disidencia entre os escritores que avogaban por unhas tendencias estéticas e comerciais fóra do rigorismo político revolucionario, e aqueles que apoiaban a consideración do intelectual como figura comprometida coa revolución, e que para demostrar dito compromiso debían levar a cabo accións (políticas, sociais e revolucionarias) que así o confirmaran. Os inicios do testimonialismo parten, non só do quebre dentro dos grupos intelectuais, a partir do xurdimento deste debate, senón da proposta sobre a releitura de textos considerados extraliterarios 78 e a integración dos mesmos nos escritos, para levar a cabo un retrato máis acertado dos procesos históricos, non só a escala continental, senón a unha escala máis cotiá e puntual 79 . Un modo de explicar esta ruptura e a decantación do goberno cubano polo xénero testimonial, será a propia institucionalización do mesmo, promovida pola importante revista Casa de las Américas, a cal xa se atopaba baixo o xugo da heterodoxia soviética auspiciada polo goberno cubano 80 . Esta revista estableceu unhas pautas para a posterior identificación das obras de carácter testimonial. Unha destas pautas sería, por exemplo, o requerimento de que os acontecementos mencionados nas obras foran vividos en primeira persoa polo autor ou autora, ou ben foran demostrados a través dunha fonte directa e veraz 81 . Porén, unha das problemáticas 77 Claudia Gilman, Entre la pluma y el fusil: debates y dilemas del escritor revolucionario en América Latina. (Argentina: Siglo Veintiuno, 2012), 356. 78 Entendemos como textos “extraliterarios” aqueles que non adoitan ser enmarcados dentro da literatura, como poden ser artigos periodísticos vinculados á política, actas e documentos históricos, entre outros. 79 Victoria García, “Testimonio literario latinoamericano: prefiguraciones históricas del género en el discurso revolucionario de los años sesenta”, Acta Poética, Vol.35, nº 1, (2014), 68. 80 Victoria García, “Diez problemas para el testimonialista latinoamericano: Los años ‘60-’70 y los géneros de una literatura propia del continente”, Castilla. Estudios de Literatura, Vol. 4, (2003), 370. 81 García, “Testimonio literario latinoamericano”, 89.
31 BIBLIOGRAFÍA Artraz, Kepa. Cuba y la Nueva Izquierda: una relación que marcó los años 60. (Buenos Aires: Capital Intelectual, 2011). Cameron, Glenda. “El realismo mágico en Cien Años de Soledad” (tesis doctoral, Texas Tech University, 1975). Caruso, Valeria A. “Política, mercado y literatura. Revisitando el Boom de la narrativa latinoamericana de la década del ‘60”, Tenso Diagonal, Nº01, (Abril, 2016), pp. 203- 220. Fernández, Teodosio. Literatura Hispanoamericana: sociedad y cultura. (Madrid: AKAL, 1998). Franco, Jean, Decadencia y caída de la Ciudad Letrada. La literatura latinoamericana durante la Guerra Fría. (Barcelona: DEBATE,2003). Gallegos de Dios, Osbaldo Amauri. “Compromiso intelectual, de Sartre a Chomsky, y su influencia en América Latina”, Espiral: estudios sobre Estado y Sociedad. Vol. XXVIII, nº81, (Maio-agosto, 2021), pp.43-76. García, Victoria. “Testimonio literario latinoamericano: prefiguraciones históricas del género en el discurso revolucionario de los años sesenta”, Acta Poética, Vol.35, nº 1, (2014), pp. 63-92. García, Victoria. “Diez problemas para el testimonialista latinoamericano: Los años ‘60-’70 y los géneros de una literatura propia del continente”, Castilla. Estudios de Literatura, Vol. 4, (2003), pp. 368-405. García, Victoria. “Testimonio literario latinoamericano: una reconsideración histórica del género”, EXLIBRIS, nº. 1, (2012), pp. 371-389. García, Victoria. “Testimonio y literatura. Algunas reflexiones y tres realizaciones en la narrativa argentina: Walsh, Urondo, Cortázar (1957-1974)”, Kamchatka. Revista de análisis cultural, nº6 (2015), pp. 11-38. Gilman, Claudia. “Casa de las Américas. Un esplendor en dos tiempos (1960-1971)”, en: Historia de los intelectuales en América Latina, ed. Carlos Altamirano (Buenos Aires: Katz Editores, 2010), vol. 2, pp. 1-20. Gilman, Claudia, Entre la pluma y el fusil: debates y dilemas del escritor revolucionario en América Latina. (Argentina: Siglo Veintiuno, 2012). Gonzales Alvarado, Osmar . “El intelectual latinoamericano: ¿continentalismo con sociedades fragmentadas?”, Nueva Sociedad, Nº 245, (maio-xuño 2013), pp. 87-98. Herro, Mayra. El "BOOM" de la literatura Latinoamericana: Causas, contextos y consecuencias (Costa Rica: Serie Pensamiento Actual, 1990). Maíz, Claudio. “La modernización literaria hispanoamericana y las fronteras transnacionales durante el modernismo y el boom literario”, Anales de Literatura Hispanoamericana, Vol. 35, (2006), pp. 221-242. Martín Álvarez, Alberto, “Building counter-hegemonic thinking: Critical Communities and the rise of the New Left”, en Rey Tristán, Eduardo and Martín Álvarez, Alberto (eds.),
32 Building the Radical Identity. the Diffusion of the Ideological Framework of the New Left, en (en prensa). Naidorf, Judith; Armella, Julieta; Martinetto, Alejandra B., y Sturniolo, Silvina A., “Reflexiones acerca del rol de los intelectuales en América Latina”. Education Policy Analysis Archives/Archivos Analíticos de Políticas Educativas Vol.18, (2010). pp. 1-45. Palma Mora, Mónica . “Destierro y Encuentro. Aproximaciones al exilio latinoamericano en México 1954-1980”, Amérique Latine Histoire et Mémoire. Vol. 7, (febreiro 2005), pp. 1-21. Peris Blanes, Jaume . “Cuando digo Futuro. Imaginario del Desarrollo, Cultura y Antiintelectualismo en Cuba”. Quaderns de Filologia (2011) Nº78, pp.249-283.