Plan director da Biblioteca da Facultade de Medicina e Odontoloxía. Informe.
Abstract
Misión, visión e situación da biblioteca no momento da redacción do informe. Obxectivos e propostas de mellora do servizo.
Full text
PLAN DIRECTOR – FACULTADE DE MEDICINA E ODONTOLOXÍA. INFORME DA BIBLIOTECA. 1. INTRODUCCIÓN MISIÓN: De acordo coa definición que os Estatutos da USC, a Biblioteca da Facultade de Medicina e Odontoloxía é un centro de recursos de información que ten como misión dar apoio á aprendizaxe, á docencia, á investigación e á xestión na área das Ciencias da Saúde, facilitando o acceso e a difusión dos recursos de información e colaborando nos procesos de creación de coñecemento. VISIÓN: a) Ser un centro activo de recursos para a docencia, investigación, estudo e aprendizaxe que sexa referente para a creación, preservación e transferencia de coñecemento na área das Ciencias da Saúde. b) Consolidarse como un servizo estratéxico de calidade, plenamente integrado e comprometido coas actividades da Facultade de Medicina e Odontoloxía e da comunidade universitaria en xeral. USUARIOS E TITULACIÓNS1 Titulación Alumnado Totais Grao en Medicina 2211 Grao en Odontoloxía 218 Mestrados Universitarios 81 Programas de Doutoramento 581 Total alumnado 3091 Centro Profesorado Fac. de Medicina e Odontoloxía 365 365 TOTAL USUARIOS 3456 UBICACIÓN DOS USUARIOS2 Ubicación Usuarios Facultade de Medicina e Odontoloxía (Rúa San Francisco) 1º, 2º, 3º Med., Máster, PDI Edificio de Odontoloxía (Rúa Entrerríos) Odontoloxía, Máster, PDI Edificio Docente Roberto Novoa Santos (Choupana) 4º- 6º Med. Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) Prácticas Outros Centros Asistenciais Sergas Prácticas Cimus, Cebega, outros Centros investigación PDI 1 Fonte: Área de Calidade sobre base de datos proporcionada pola ATIC. Datos actualizados a data fin de entrega de actas do primeiro semestre do curso 2018-2019 (Alumnado). Datos actualizados a data 01/07/2019 (Profesorado). 2 Fonte: Elaboración propia en base á web da USC
2. OBXECTIVOS Obxectivos vinculados á seguridade: facer da biblioteca un espazo seguro Organizar os itinerarios de evacuación das instalacións: saídas de emerxencia Obxectivos vinculados aos servizos aos usuarios: mellorar os servizos prestados aos usuarios Ofertar un número de postos de lectura en sala e estudo acorde co número de usuarios potenciais Ofertar un número de postos de traballo en grupo acorde co número de usuarios potenciais Prover de conexión eléctrica e boa cobertura wifi todos os postos para usuarios Reducir a superficie dedicada a depósitos Ordenar e colocar as coleccións físicas para facilitar o seu acceso Obxectivos vinculados coa área de traballos técnicos: adaptar os espazos á biblioteca híbrida. Procurar despachos accesibles aos usuarios Dispoñer de espazos ben dotados técnicamente (rede wifi, instalacións eléctricas…) Contar con espazos que permitan realizar todas as tareas relacionadas cos servizos prestados aos usuarios 3. SITUACIÓN ACTUAL DISTRIBUCIÓNS DOS ESPAZOS3 NOME USO SUPERFICIE M2 ACCESO DIRECTO USUARIOS = 370 SALA LECTURA GRANDE ESTUDO/ ACCESO DIRECTO 220 ENTRADA RECECIÓN/ESTUDO/ ACCESO DIRECTO 90 HEMEROTECA ESTUDO/ ACCESO DIRECTO 60 DEPÓSITOS = 500 DEPÓSITO CATALOGACIÓN DEPÓSITO 40 ZONA C DEPÓSITO 45 DEPÓSITO HEMEROTECA DEPÓSITO 90 DEPÓSITO GRANDE ARRIBA DEPÓSITO 200 DEPÓSITO PEQUEÑO ARRIBA DEPÓSITO 85 DEPÓSITO DOAZÓN PENA DEPÓSITO 40 MIXTO = 130 PASILLO HEMEROTECA ZONA B ESTUDO / ORDENADORES / DEPÓSITO 130 ADMINISTRACIÓN = 60 DESPACHO CATALOGACIÓN ADMINISTRACIÓN 40 3 Fonte: elaboración propia.
DESPACHO DIRECCIÓN ADMINISTRACIÓN 20 SERVIZOS. ALMACÉN = 10 ALMACÉN E BAÑO ALMACÉN E BAÑO 10 TOTAL 1070 PERSOAL, POSTOS DE LECTURA, FONDOS FÍSICOS4 PERSOAL Axudantes Biblioteca 3 Auxiliares Biblioteca 6 Total 9 INSTALACIÓNS Superficie total (m2) 1070 Postos de lectura 132 Postos para traballo en grupo 24 Estanterías (Total m lineais) 3291 Libre acceso ocupadas 1340 Libre acceso baleiras 220 Depósito ocupadas 1470 Depósito baleiras 261 FONDOS FÍSICOS Monografías impresas (exemplares) 43033 Títulos revistas impresas 2589 4.PROPOSTA Redución dos espazos de depósito - Xustificación: Debido á dispersión dos usuarios da biblioteca, as adquisicións bibliográficas oriéntanse hacia os recursos electrónicos accesibles dende calquera lugar en calquera momento. Por esta razón non é preciso un aumento dos espazos de depósito de material impreso cuxa adquisición tende a estancarse. Incluso se se realizan obras de consolidación da estrutura do edificio, se podería habilitar depósitos dotados de estanterías compactas que ocuparían menos superficie. Aumento do número de postos de lectura/consulta/traballo en grupo - Xustificación: como consecuencia das novas formas de docencia e aprendizaxe, é preciso aumentar o espazo dedicado aos usuarios, tanto postos de lectura individuais como zonas de traballo en grupo. Poderíase utilizar o espazo que xa non se utiliza como depósito para este fin. 4 Fonte: Estatísticas BUSC 2020
Reforzo da rede de telecomunicacións e das instalación eléctricas -Xutificación: a mellora da rede WIFI e das instalación eléctricas permitirá reforzar a proposta de incremento de recursos e servizos electrónicos para chegar aos usuarios dispersos nos distintos centros e avanzar cara unha biblioteca dixital. PROPOSTA DE DISTRIBUCIÓN DE ESPAZOS Condicións xerais: Todos os espazos deben respectar a lexislación vixente sobre seguridade, adaptarse á diversidade funcional de usuarios e traballadores e ter un acceso á rede wifi óptimo. ESPAZOS ESPECÍFICOS CONDICIÓNS Área de atención ao usuario xestión de carnés, préstamo, información e referencia. Salas de lectura Postos individuais dotados de enchufes e luz. Nº mínimo de 300 postos (10% dos usuarios alumnado) Sala traballo en grupo Separada e aíslada acústicamente. Nº mínimo 30 postos (1% dos usuarios alumnado) Depósito documentos físicos Totalidade da colección en acceso directo. Necesidade de redistribución dos espazos. Previsión de crecemento cero. Despachos de traballo interno Área de recepción/información, Área de proceso técnico, Despacho Dirección. (10 m2 por traballador) Almacén material de oficina, utensilios e aparatos de limpeza, etc. Aseos Aseos de uso para o persoal. Aseos para usuarios. Biblioteca de Medicina e Odontoloxía da USC 18 de marzo de 2021