scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Acordo do Consello de Goberno do 25-02-2021, polo que se aproba o Regulamento de Estudos Propios e Formación Permanente da Universidade de Santiago de Compostela

USC. Acordo Consello de Goberno

Full text

DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión ordinaria celebrada o 25 de febreiro de 2021, aprobou o Regulamento de Estudos Propios e Formación Permanente da Universidade de Santiago de Compostela, nos termos do documento adxunto. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3542-69F3-421D-947F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3542-69F3-421D-947F 1 / 25 1 REGULAMENTO DE ESTUDOS PROPIOS E FORMACIÓN PERMANENTE DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Exposición de motivos A Lei Orgánica de Universidades, no seu artigo 2 letra g, sinala que as universidades, no uso da súa autonomía, poderán expedir, ademais dos títulos oficiais con validez en todo o Estado, diplomas e títulos propios. Na mesma norma, no artigo 31.2.b), indícase a necesidade de establecer criterios comúns de garantía de calidade que faciliten a avaliación, a certificación e a acreditación das ensinanzas conducentes á obtención de diplomas e títulos propios das Universidades. A Universidade de Santiago de Compostela ten aprobado, en Consello de Goberno de 4 de febreiro de 2015, un Regulamento dos estudos propios de posgrao e cursos de formación continua da Universidade de Santiago de Compostela, puntualmente modificado en dúas ocasións, en 2017 e 2018. A aplicación nos últimos anos do citado Regulamento puxo de manifesto algunhas disfuncións e lagoas de regulación, razóns pola que parece conveniente aprobar un novo, que contemple algunhas modificacións para dar certa flexibilidade á organización e o funcionamento dos cursos propios, sen redución dos sistemas de control de calidade académica e xestión económica, e un pulo ao novo programa de formación específica e a demanda. Ademais, o novo Regulamento recolle as novidades derivadas da incorporación ao sistema Xescampus da oferta e xestión académica dos cursos propios, e coordínase co Regulamento de réxime interno do Centro de Estudos Propios, creado en 2016 ao separarse as competencias sobre doutoramento e estudos propios na Universidade de Santiago de Compostela. O Regulamento, denominado de estudos propios e formación permanente da Universidade de Santiago de Compostela, ten por obxecto cursos de posgrao propio, como os másteres, pero tamén cursos de especialización, que, aínda que case sempre precisan a previa titulación de grao, non a exixen en todo caso, cursos de formación continua, así como os organizados ao abeiro do programa de formación específica e a demanda ou calquera actividade de contido docente das características sinaladas no artigo 1.1º. A nova normativa pretende, por tanto, centralizar e unificar a revisión das actividades docentes non oficiais na Universidade de Santiago de Compostela abertas a terceiros alleos á comunidade universitaria, evitando a súa dispersión, e promover a apertura da oferta formativa ao tecido social e produtivo. O propósito indicado no parágrafo anterior respecta a diferenza existente entre tal actividade docente e a de investigación plasmada en congresos, coloquios, simposiums, xornadas e outros eventos similares, sexa cal sexa a súa Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3542-69F3-421D-947F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3542-69F3-421D-947F 2 / 25 2 denominación, de duración non superior a unha semana, que non quedan suxeitos a esta regulamentación. TITULO I.- DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1.- Ámbito de aplicación 1.- Este Regulamento ten por obxecto os estudos propios, entendéndose por tales másteres propios, cursos de especialización e cursos de formación continua, así como os cursos organizados a demanda de entidades ou organizacións interesadas en promover a formación permanente de calidade dos seus traballadores, socios ou partícipes, cursos de formación específica promovidos por grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela e calquera actividade docente de máis de dez horas de duración organizada pola Universidade de Santiago de Compostela con matrícula aberta a persoas alleas a ela. 2.- As ensinanzas propias de nivel de grao, as de máster oficial, así como os encargos docentes regulados polo artigo 83 da Lei Orgánica de Universidades, quedan excluídos do ámbito deste Regulamento. 3.- Quedan tamén ao marxe do Regulamento os cursos do programa IV Ciclo universitario, os cursos de verán, os de ensinanza de linguas, sexan o español, o galego ou linguas estranxeiras, os cursos do Programa de Formación e Innovación Docente e os organizados polo Espazo de Danza. O mesmo é aplicable a actividades de posta en común de resultados de investigación en eventos de duración non superior a unha semana, calquera que sexa a súa denominación. 4.- Non poderá existir coincidencia entre os estudos oficiais e os propios da Universidade de Santiago de Compostela, nin na denominación, nos contidos e obxectivos, nin en calquera outro elemento que puidera producir confusión. O mesmo será aplicable ao resto do cursos suxeitos a este Regulamento. O nome dos títulos propios da Universidade de Santiago de Compostela non poderá inducir a equívoco respecto a títulos oficiais de calquera Universidade española. 5.- Os estudos propios poderanse recoñecer academicamente nas ensinanzas de grao e posgrao oficiais da Universidade de Santiago de Compostela de acordo co disposto no artigo 6.3 do Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficias. Artigo 2.- Réxime xeral 1.- A estrutura administrativa encargada da oferta, tramitación, avaliación de calidade e seguimento dos estudos obxecto deste Regulamento será o Centro de Estudos Propios da Universidade de Santiago de Compostela, asistido por Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3542-69F3-421D-947F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3542-69F3-421D-947F 3 / 25 3 unha comisión competente en materia de Estudos Propios, en adiante a Comisión, ámbolos dous suxeitos no seu funcionamento ao seu propio regulamento interno. 2.- A xestión académica dos títulos propios correspóndelle ao Servizo de Xestión Académica, dependente da Secretaría Xeral da Universidade. 3.- Os estudos propios e os resto de cursos suxeitos a este Regulamento poderán ser impartidos en formato presencial, semipresencial ou non presencial. 4.- Os másteres propios e os cursos de especialización poderán organizarse cunha estrutura única ou cunha modular. Os módulos son agrupacións de distintas materias dun curso que poderán constituír por si mesmos cursos de especialización ou de formación continua, como derivados do matriz. 5.- Os estudos propios e o resto de cursos suxeitos a este Regulamento articularanse polo sistema de créditos ECTS, coas seguintes equivalencias: - Para o alumnado, 1 crédito equivale a 25 horas de traballo total. - Para os efectos de docencia, 1 crédito equivale a dez horas lectivas, teóricas ou prácticas, presenciais ou non presenciais. - Para os efectos de prácticas tuteladas en empresas, 1 crédito equivale a 25 horas de traballo. Artigo 3.- Modalidades de estudos propios e cursos de formación permanente 1.- Os estudos propios teñen as modalidades previstas no artigo 1.1º, segundo as condicións de acceso do alumnado e o número de créditos do curso, nos termos expresados nos artigos seguintes. 2.- A Universidade de Santiago de Compostela fomentará a formación permanente a través de cursos do programa de formación específica e a demanda e distintas actividades docentes non oficiais. 3.- A petición de entidades externas poderán articularse e impartirse cursos de formación dirixidos a profesionais dun colectivo determinado, integrados no “programa de formación a demanda”, que estarán suxeitos aos requisitos académicos e económicos que se establezan e serán obxecto de revisión, aprobación e seguimento pola Comisión de Estudos Propios. 4.- Os grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela poderán organizar cursos de formación específica, con recursos orzamentarios propios, destinados aos seus propios membros ou abertos a terceiros, que deberán ser obxecto da revisión, aprobación e seguimento á que fai referencia o parágrafo anterior. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3542-69F3-421D-947F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3542-69F3-421D-947F 4 / 25 4 5.- Quedará suxeita tamén á dita revisión calquera actividade docente non oficial con matrícula aberta a persoas alleas a Universidade de Santiago de Compostela de máis de 10 horas de duración. Artigo 4.- Dos másteres propios 1.- Os másteres propios: a) Esixirán os mesmos requisitos de acceso que os másteres oficiais. b) Contarán cun número de créditos ECTS entre 60 e 120, agás que algunha circunstancia excepcional, como o recoñecemento dos estudos por parte das institucións supranacionais competentes en cada materia, exixa para o máster un número de créditos superior, o que será valorado e, no seu caso, autorizado pola Comisión individualmente. c) Terán unha duración mínima dun curso académico e máxima de dous, agás que o recoñecemento dos estudos por parte das institucións mencionadas no apartado anterior deste artigo exixa un número de créditos superior e se articulen os estudos en tres cursos académicos. d) Non poderán superar os 60 ECTS por curso académico. e) Como mínimo, o 25% do persoal docente pertencerá á Universidade de Santiago de Compostela. f) Como mínimo, o 50% da súa docencia será impartida por persoas que posúan o grao de doutor/a. g) Como mínimo, o 25% dos créditos deberán ser impartidos por docentes da Universidade de Santiago de Compostela. 2.- No caso de non poder acadar os requisitos contidos nas letras e), f) e g) do apartado anterior, na proposta do curso achegarase un informe da dirección indicando as razóns extraordinarias que concorren e determinan esa imposibilidade, con fin de que a Comisión resolva. 3.- A superación do programa de estudos dará dereito a expedición do título de “Máster en ...”. 4.- Poderá ser admitido nun máster propio o alumnado ao que lle falte cursar un máximo de 30 créditos ECTS para obter a titulación de acceso requirida. Non obstante, o título de máster propio expedirase unicamente para aquel alumnado que o superara antes de acabar o ano académico no que se desenvolve o máster. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3542-69F3-421D-947F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3542-69F3-421D-947F 5 / 25 5 cakjafkljaklsjfdkañldddddddddlkasjfjascalquera os estudos requeridos para o acceso a universida Artigo 5.- Dos cursos de especialización 1.- Os cursos de especialización: a) Poderán esixir os mesmos requisitos de acceso que os dos másteres oficiais, ou eximir destes requisitos de acceso, se o título vai dirixido a profesionais e na proposta do curso se indican as competencias profesionais que habiliten para o acceso. Neste caso débense cumprir as condicións ou requisitos para o acceso á universidade por calquera dos procedementos legais establecidos ou acreditar experiencia profesional relacionada coa temática do curso. b) Deberán ter entre 20 e 60 créditos ECTS e unha duración máxima dun curso académico. c) Como mínimo, o 50% da súa docencia será impartida por persoas que posúan o grao de doutor/a. d) Como mínimo, o 25% do seu persoal docente pertencerá á Universidade de Santiago de Compostela. e) Como mínimo, o 25% dos créditos serán impartidos por docentes da Universidade de Santiago de Compostela. 2.- No caso de non poder acadar os requisitos contidos nas letras c), d) e e) do apartado anterior, na proposta do curso achegarase un informe da dirección indicando as razóns extraordinarias que concorren e determinan esa imposibilidade, co fin de que a Comisión resolva. 3.- En todo caso, poden ser esixidos outros requisitos adicionais de admisión, se son adecuados ao ámbito do curso. 4.- A superación do curso dará dereito á expedición do título propio de “Curso de Especialización en...”. Artigo 6.- Dos cursos de formación continua 1.- Os cursos de formación continua contarán cun número de créditos ECTS comprendido entre 1 e 30. 2.- A superación dun curso de formación continua dará dereito á expedición dun Diploma de Aproveitamento coa denominación do curso realizado. 3.- Distínguense tres modalidades de cursos de formación continua: a) Cursos de Actualización: dende 1 ata 5 créditos ECTS. b) Cursos de Perfeccionamento: dende 6 ata 19 créditos ECTS. c) Cursos de Experto/a: dende 20 ata 30 créditos ECTS. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3542-69F3-421D-947F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3542-69F3-421D-947F 6 / 25 6 4.- Para o acceso aos cursos de formación continua precísase a acreditación dun nivel de formación académico que figurará na proposta do curso e, se fose o caso, o cumprimento doutros requisitos de admisión específicos e axustados ao ámbito do título. Artigo 7. Cursos do programa de formación específica e a demanda 1.- Poderán organizarse, ao abeiro do presente Regulamento e baixo a coordinación do Centro de Estudos Propios, cursos de formación dirixidos a colectivos determinados, a demanda de entidades externas ou por iniciativa directa de docentes, servizos, centros, departamentos ou grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela. 2.- O alumnado seleccionado pola dirección do curso, directamente ou por indicación da entidade solicitante de formación, deberá formalizar matrícula segundo o procedemento ordinario, sen que a dita matrícula estea necesariamente aberta para terceiros interesados. 3.- A entidade solicitante de formación aboaralle á Universidade a cantidade que corresponda pola matrícula do alumnado. 4.- Cando se trate dunha actividade docente promovida por un servizo, centro, departamento ou grupo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela, os gastos que xere poderán estar cubertos, na súa totalidade, a través de ingresos derivados de contratos ou convenios asinados con terceiros. 5.- A dirección dos cursos de formación específica ou a demanda deberá recaer en persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela, agás cando a natureza da formación ofrecida aconselle que se trate doutro persoal da Universidade. Poderá haber dous directores ou directoras dun curso; nese caso un, polo menos, deberá ser da Universidade de Santiago de Compostela. 6.- As propostas de cursos do programa de formación específica e a demanda virán acompañadas dun orzamento de ingresos e gastos, e será aplicable o previsto no artigo 21.1º deste Regulamento. 7.- Nos cursos de formación a demanda de entidades externas aplicarase a retención de custos indirectos establecida con carácter xeral. 8.- A dirección do curso poderá establecer, na correspondente proposta, os criterios de avaliación do alumnado que se consideren pertinentes. 9.- Superado o curso, expediráselle ao alumnado un diploma acreditativo da formación recibida, previo aboamento da taxa que se estableza, no que constarán a denominación do curso, o número de créditos e as materias cursadas. O modelo de diploma será establecido pola Secretaría Xeral. 10.- No non previsto expresamente neste artigo, seranlles de aplicación aos cursos do programa de formación específica e a demanda as normas dos Títulos II, III e VI deste Regulamento para os cursos de formación continua. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3542-69F3-421D-947F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3542-69F3-421D-947F 7 / 25 7 TITULO II.- ÓRGANOS DE XESTIÓN E PERSOAL DOS CURSOS Artigo 8.- Órganos 1.- Os estudos propios e o resto de cursos suxeitos e este Regulamento contarán para a súa posta en marcha e desenvolvemento cunha persoa encargada da dirección, que será a máxima responsable do curso. Os másteres propios e os cursos de especialización terán, ademais, unha comisión académica. 2.- Os estudos propios da Universidade de Santiago de Compostela poderán contar opcionalmente con: a) Unha persoa que asuma a codirección, apoiando á dirección na posta en marcha e desenvolvemento do curso. O resto de cursos suxeitos a este Regulamento tamén poderán contar con esta figura na súa xestión. b) Unha persoa coordinadora das prácticas, se o curso contempla o seu desenvolvemento. No caso de non ter sido designado unha persoa coordinadora das prácticas, esta función será asumida pola dirección do curso. c) Unha persoa que realice tarefas de coordinación académica, no caso de que nas actividades propias do curso participen outras universidades ou entidades externas á Universidade de Santiago de Compostela e sexa necesario un traballo específico de coordinación. Artigo 9.- Da dirección e codirección do curso 1.-A persoa que asuma a dirección do curso deberá pertencer á Universidade de Santiago de Compostela e, no caso dos másteres e cursos de especialización, deberá ser persoal docente e investigador con vinculación permanente ou con contrato vixente por toda a duración do curso e o prazo para a obrigatoria presentación da memoria. No caso dos másteres propios, deberá posuír o título de doutoramento. 2.- Se o curso contemplase a codirección, a persoa que a asuma poderá ser externa á Universidade de Santiago de Compostela, sempre que a entidade á que pertenza colaborara na proposta e organización do curso e se trate dunha persoa con titulación universitaria oficial. A persoa que asuma a codirección poderá colaborar coa dirección no deseño do curso, apoiar con publicidade a través de canles externos á Universidade de Santiago de Compostela na captación de alumnado e na selección como docentes de profesionais alleos á Universidade vinculados ao seu ámbito de actividade, así como actuar na xestión ordinaria dos labores docentes. 3.- Son funcións da dirección do curso: Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3542-69F3-421D-947F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3542-69F3-421D-947F 8 / 25 8 a) Tramitar a solicitude ou renovación do curso, supervisar e controlar o seu desenvolvemento, así como pedir dos órganos competentes autorización para calquera cambio sobre a proposta aprobada. b) Responder da solvencia académica e profesional do profesorado proposto para impartir docencia no curso. c) Solicitar o pagamento do persoal con cargo ao curso que dirixe, en consonancia coa proposta aprobada. d) Presentar a memoria académica e económica unha vez rematado o curso. e) Asinar as actas globais do curso, agás nos másteres propios, nos que cada docente debe asinar a da súa materia, sen prexuízo do disposto no artigo 27.5º. f) Ordenar o arquivo e conservación dos traballos e probas de avaliación realizados polo alumnado como parte do contido académico do curso e telos ao dispor da Comisión, que poderá exixir a súa presentación en calquera momento, dentro dos prazos previstos na normativa académica xeral. g) Calquera outra función que estableza este Regulamento. 4.- No caso de centros adscritos ou vinculados á Universidade de Compostela nos que o convenio marco contemple a posibilidade de organizar títulos propios, estarase ó disposto nel ou nos convenios específicos asinados sobre o particular. Artigo 10.- Da comisión académica dos másteres propios e dos cursos de especialización 1.- Os másteres propios e os cursos de especialización terán necesariamente unha comisión académica consonte o artigo 8.1º deste Regulamento. 2.- A comisión académica estará formada pola persoa que asuma a dirección do curso, que a presidirá, a que realice labores de secretaría e, polo menos, outras tres persoas pertencentes ao seu cadro de persoal docente. Ao menos a metade dos seus membros será profesorado da Universidade de Santiago de Compostela. Asemade, finalizado o proceso de matrícula deberá incorporarse a ela un alumno o alumna do curso. 3.- Serán funcións da comisión académica: a) A proposta de admisión do alumnado no curso en concordancia cos criterios de acceso e os criterios específicos de admisión do curso. b) A emisión dun informe sobre as solicitudes de recoñecemento de estudos cursados. c) A resolución ou informe sobre cuestións académicas que non estean atribuídas a outros órganos da Universidade de Santiago de Compostela. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3542-69F3-421D-947F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3542-69F3-421D-947F 9 / 25 15 cales se aplicará a retención de custos indirectos establecida con carácter xeral, agás no caso de cursos de formación específica promovidos por grupos de investigación que acheguen recursos orzamentarios propios. 2.- Os custos indirectos calcúlanse sobre o importe da matrícula, sen ter en conta o seguro escolar e o custo de expedición de diplomas e títulos que puidese contemplar o curso. 3.- No orzamento do curso deberá consignarse tamén unha retención equivalente ao 2% do total dos ingresos da matrícula que será destinada ao departamento, centro ou instituto universitario responsable. Dita retención non será aplicada no caso de propostas institucionais de cursos. 4.- Non terán a consideración de ingresos do curso, os derivados de prestacións de servizos a terceiros pola Universidade de Santiago de Compostela, aínda que sexan desenvolvidas mediante a realización de prácticas do alumnado. Para estes efectos, a dirección do curso deberá determinar: a) A unidade ou servizo da Universidade responsable de obter eses ingresos, que se computarán como ingresos de dita unidade ou servizo. b) De ser o caso, os acordos organizativos e económicos entre o curso e a unidade ou servizo no que o alumnado desenvolva as súas prácticas. Artigo 21.- Das modificacións do orzamento 1.- Calquera modificación no orzamento dun curso deberá ser autorizada pola Comisión, ou, no seu caso, pola dirección do Centro de Estudos Propios, nos supostos previstos no artigo 15.3º, e comunicada á persoa responsable de asuntos económicos do centro, departamento o instituto que corresponda. 2.- En ningún caso se autorizarán modificacións do orzamentos consistentes en incrementos das retribucións por hora do profesorado ou dos directores, codirectores e coordinadores que superen o límite máximo aprobado polo Consello de Goberno. 3.- Unha vez finalizado o prazo de matrícula e coñecido o seu montante e, no seu caso, o das subvencións e axudas acadadas, a dirección deberá reelaborar o orzamento no caso de obter ingresos por un importe inferior ao fixado na proposta, e acadar así un axuste exacto entre os gastos e os ingresos efectivos. 4.- Así mesmo, a dirección do título deberá reelaborar o orzamento cando os ingresos sexan maiores que os contemplados na proposta. Nese suposto, poderá propoñer un aumento razoado do gasto que incida na mellora da docencia ao alumnado, que deberá ser aprobado pola Comisión. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3542-69F3-421D-947F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3542-69F3-421D-947F 16 / 25 16 Artigo 22.- Das retribucións e contratacións 1.- Todas as retribucións de persoal con cargo a un curso propio da Universidade de Santiago de Compostela, agás as de docencia, remitiranse ao Centro de Estudos Propios no momento de execución das actividades encomendadas e cumprimentando os formularios establecidos ao efecto. 2.- As propostas de contratación de persoal tramitaranse a través do Centro de Estudos Propios, utilizando os modelos normalizados, e remitiranse ao Servizo de Xestión de Persoal. 3.- Ditas contratacións deberán ser motivadas e o procedemento de selección responderá aos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade. 4.- As contratacións serán autorizadas pola Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela, salvo que contraveñan o disposto neste Regulamento, nas normas internas ou instrucións da propia Universidade e na lexislación vixente. Artigo 23.- Dos gastos e dos límites de gasto 1.- Son gastos que poden ser imputados nas partidas orzamentarias dos cursos propios os seguintes: a) Retribucións de docencia de persoal propio da Universidade de Santiago de Compostela. b) Retribucións de docencia de persoal externo á Universidade de Santiago de Compostela. c) Axudas de custo e locomoción do persoal docente do curso por desprazamentos necesarios para impartir a súa docencia. d) Material inventariable necesario para a impartir o curso. e) Bens correntes e servizos relacionados directamente coa docencia. f) Gastos en atencións protocolarias, que en ningún caso poderán exceder do 8% do orzamento total do curso. 2.- A retribución en concepto de dirección, sumada, no seu caso, ás de codirección e coordinación, non poderá superar o 20% do orzamento total do curso. 3.- O gasto en docencia comprenderá polo menos o 40% do gasto total do título, agás nos casos debidamente autorizados pola Comisión, previa petición razoada pola dirección do título. Baixo dito concepto de gasto inclúense, aos efectos deste Regulamento, as retribucións do profesorado, o pago dos seus desprazamentos imprescindibles para impartir docencia presencial e o custo das plataformas informáticas necesarias para a docencia virtual. En ningún caso se Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3542-69F3-421D-947F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3542-69F3-421D-947F 17 / 25 17 poderán utilizar como forma de pago dos servizos prestados polo persoal docente as axudas de custo nin agasallos que excedan dunha atención protocolaria ordinaria no contexto universitario. 4.- Non terán a consideración de gastos do curso propio os seguintes: a) Axudas de custo e locomoción do alumnado para a realización, individualmente, das prácticas asignadas ou doutras actividades académicas noutra localidade. b) O importe de inscricións e gastos asociados a asistencia á congresos do profesorado ou do alumnado, agás que na proposta do título figure como actividade a realizar e estea previsto no orzamento, no concepto de “outros gastos”. Neste caso, o Centro de Estudos Propios autorizará cada asistencia, previa petición da dirección do curso. 5.- De ser necesario o traslado do alumnado, en grupo, a outra localidade para a realización colectiva de prácticas ou doutras actividades académicas previstas na proposta do título, poderase cubrir o gasto, debidamente incluído no orzamento do curso, mediante a presentación de factura onde figuren os custos de desprazamento e, de ser o caso, aloxamento e manutención. TÍTULO V.- ADMISIÓN E MATRÍCULA Artigo 24.- Da admisión 1.- A xestión do proceso de selección para a admisión do alumnado dun curso corresponde á dirección, aplicando os criterios que fosen aprobados polos órganos competentes e debidamente publicados na oferta. No caso de másteres propios e cursos de especialización deberá ser oída a Comisión académica. 2.- A admisión nun curso propio implica a autorización da matrícula dos interesados no prazo que corresponda. 3.- Se a dirección denegase a admisión nun curso dunha persoa interesada, esta poderá aportar, no prazo de 5 días hábiles, documentación acreditativa de que cumpría os requisitos pertinentes antes da finalización do período de admisión ou alegar que foron aplicados incorrectamente os criterios de selección. A dirección do curso deberá resolver o que proceda no prazo de 3 días hábiles. 4.- Poderá establecerse un pago a conta por preinscrición, se así se propón e aproba o curso. Este pago considerarase abonado a conta do prezo total de matrícula, se fose finalmente realizada. O importe de dito pago a conta non poderá superar o 3% do prezo de matrícula do curso. Este pago pola preinscrición será devolto cando a dirección decida non realizar o curso por non acadar o número mínimo de alumnos previsto e tal información fose publicada na oferta. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3542-69F3-421D-947F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3542-69F3-421D-947F 18 / 25 18 Artigo 25.- Da matrícula 1.- A matrícula e a xestión de expedientes corresponderán ao Servizo de Xestión Académica. 2.- O procedemento de matrícula axustarase no posible ao establecido con carácter xeral para as titulacións oficiais e concretarase na convocatoria xeral de matrícula da Universidade de Santiago de Compostela para cada curso académico. 3.- O alumnado deberá matricularse da totalidade dos créditos que figuren na programación do curso, sen prexuízo da posibilidade de recoñecemento de créditos, cando proceda. 4.- No caso de prácticas, optativas ou obrigatorias, o alumnado poderá matricularse delas nun curso académico diferente de aquel no que sexan ofertadas, se a dirección do curso informa favorablemente e a Comisión de Estudos Propios o autoriza, sempre que o total de créditos matriculados por curso académico non supere os 60 ECTS e se realice despois de cursar, polo menos, a metade da actividade formativa teórica programada no título. 5.- O pago da matrícula, ou do primeiro prazo, cando houbese varios, realizarase antes do comezo do curso, debendo mediar un mínimo de 5 días hábiles entre a finalización do prazo de matrícula e o de inicio da docencia. 6.- O alumnado de cursos propios estará obrigado ao pago do seguro escolar ou seguro obrigatorio, agás no caso de cursos non presenciais nos que non existan prácticas ou probas de avaliación presenciais. Do custo do seguro poderá facerse cargo a entidade demandante de formación ou o servizo, centro ou grupo de investigación organizador dun curso. 7.- O prezo da matrícula dun curso propio inclúe os gastos de xestión de apertura de expediente, expedición e mantemento da TUI. 8.- Admitirase o pago da matrícula por unha entidade externa, sempre que cada estudante achegue unha autorización individual na que se reflictan os seus datos persoais e o importe da matrícula do curso. Cando dita entidade non realice o ingreso no prazo que se determine, a persoa responsable do pago será o estudante matriculado e poderá iniciarse contra el o procedemento de impago de matrícula por constrinximento. 9.- Será posible a renuncia á matrícula, se se efectúa nos 5 días hábiles posteriores á data do fin do prazo daquela. A renuncia dará dereito a devolución do seu importe, agás os gastos de xestión de apertura de expediente e expedición da TUI. 10.- Poderán asinarse convenios con institucións externas para a dotación de bolsas de matrícula, totais ou parciais, en másteres propios e cursos de especialización. As bolsas serán adxudicadas aos solicitantes pola Comisión Académica do curso, segundo os criterios establecidos en cada convenio, publicados no taboleiro electrónico da USC ao tempo da convocatoria, sen Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3542-69F3-421D-947F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3542-69F3-421D-947F 19 / 25 19 prexuízo doutro tipo de publicidade. Artigo 26. - Títulos interuniversitarios e de centros adscritos e vinculados A admisión, matrícula e xestión de expedientes dos cursos propios interuniversitarios e dos ofertados por centros adscritos ou vinculados á Universidade de Santiago de Compostela rexiranse polo que estableza o respectivo convenio e subsidiariamente por este Regulamento, no que poda ser aplicable. TÍTULO VI.- RÉXIME DE AVALIACIÓN, ACTAS, RECOÑECEMENTO E EXPEDICIÓN DE TÍTULOS Artigo 27 .- Da avaliación do alumnado, revisión de cualificacións e actas 1.- Para a obtención dun título propio ou diploma de aproveitamento, esixirase a superación, a través do proceso de avaliación previsto, dos estudos e das actividades académicas que o integren. A simple asistencia non dará lugar á súa obtención, agás en cursos de formación continua, do programa de formación específica e a demanda ou outras actividades docentes suxeitas ao presente Regulamento así aprobados. 2.- A cualificación ordinaria dos estudos propios será “apto” ou “non apto”, agás en másteres propios, nos que se cualificará ao alumnado, en cada materia, de acordo co sistema xeral de graos e másteres oficiais. As matrículas de honra terán unicamente efectos académicos. 3.- A cualificación de cada alumno no curso ou, de ser o caso, en cada unha das materias, será comunicada individualmente, polos procedementos ordinarios da Universidade de Santiago de Compostela, fixando dúas datas alternativas para a súa revisión pola dirección ou, no seu caso, polo profesor que a impartira, nos 5 días naturais seguintes á notificación. Mentres non finalice dito prazo, as cualificacións teranse por provisorias. Se un alumno ou alumna non está conforme coa cualificación final, poderá solicitar a súa revisión ante a Comisión académica do curso, se a tivera, ou perante unha comisión constituída expresamente por tres docentes do curso, en caso contrario. 4.- Nos estudos propios haberá, de ordinario, unha única acta, que será cualificada e asinada pola dirección do curso no prazo de 15 días naturais desde o remate da actividade. 5.- Nos másteres propios haberá actas individuais para as diferentes materias, que serán cubertas e asinadas polo profesorado da Universidade de Santiago de Compostela que as impartiran. Cando os/as docentes dunha determinada materia sexan dous o máis, a dirección do curso nomeará un/unha coordinador/a, que cubrirá e asinará a acta. No caso de materias que só conten con profesorado alleo Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3542-69F3-421D-947F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3542-69F3-421D-947F 20 / 25 20 á Universidade de Santiago de Compostela, a acta será cuberta e asinada pola persoa que asumise a dirección do curso. 6.- Cando un curso teña derivados, xeraranse actas de cada un deles ao finalizar o período de docencia e unha acta global do curso matriz cando remate. Artigo 28. Da expedición de títulos e diplomas de aproveitamento 1.- O alumno que obteña a cualificación global de “apto” terá dereito á expedición do correspondente título ou diploma de aproveitamento outorgado pola Universidade de Santiago de Compostela, previo pagamento do prezo público, agás que xa se incluíra no prezo total do curso. 2.- Os títulos e os diplomas de aproveitamento da Universidade de Santiago de Compostela cumprirán as garantías formais seguintes: a) Formalización en modelo normalizado. b) Sinaturas do reitor, do xefe da dependencia administrativa responsable da tramitación e expedición do título e da persoa interesada. c) Constancia no Rexistro Universitario de Títulos Propios, con análogas condicións de identificación, custodia, certificación e carácter público dos títulos oficiais. d) Inclusión dun descritor no reverso onde figuran as materias cursadas. 3.- Os procedementos de expedición, duplicados, entrega e remisión dos títulos serán os establecidos pola Secretaria Xeral da Universidade de Santiago de Compostela. 4.- A expedición de títulos interuniversitarios ou en colaboración con entidades ou organizacións farase de conformidade co que estableza o respectivo convenio. Artigo 29. - Do recoñecemento e validación de estudos 1.- O alumnado que teña superado un curso propio ou varios que constitúan, á súa vez, un módulo ou varios módulos dun curso superior, poderá solicitar o recoñecemento da totalidade deses estudos para matricularse no superior dos créditos restantes. 2.- O alumnado que non teña superado totalmente un curso propio, poderá solicitar que lle sexan recoñecidas as materias cursadas, aos efectos de matricularse na seguinte edición de dito curso, no caso de que se ofertara, e poder obter a titulación. 3.- Tamén será posible solicitar o recoñecemento de materias cursadas noutros estudos, oficiais ou propios, da Universidade de Santiago ou doutras Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3542-69F3-421D-947F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3542-69F3-421D-947F 21 / 25 21 Universidades, sempre que se trate de titulacións diferentes da que fose, no seu caso, requisito de acceso ao curso, conforme ao procedemento establecido no seguinte apartado deste artigo. 4.- Para o recoñecemento de estudos será preciso que: a) O alumno envíe solicitude ao Reitor a través do Servizo de Xestión Académica. b) A Comisión Académica do curso emita informe no que se acredite que os módulos ou materias superadas, os contidos ou as competencias adquiridas se corresponden coas que se van recoñecer. Nos cursos de formación continua o informe será emitido pola persoa que asumise a dirección. c) A Comisión de Estudos Propios emita informe sobre a conveniencia do recoñecemento. d) O alumno pague o 25% do custo dos créditos recoñecidos, agás no caso de que a única materia que deba superar na seguinte edición sexa o traballo final do curso (TFM, no caso dos másteres propios). 5.- Na proposta dos estudos propios pode establecerse a posibilidade de recoñecemento da experiencia profesional do alumnado como prácticas académicas externas incluídas na programación do curso como obrigatorias. Neste caso, a persoa interesada solicitará o recoñecemento ao Servizo de Xestión Académica, que resolverá o que proceda, á vista dos informes da Comisión Académica do curso (da dirección, no caso dos cursos de formación continua) e da Comisión de Estudos Propios. Ditos informes serán emitidos atendendo á descrición das actividades profesionais do/a solicitante feita pola entidade na que prestou servizos. 6.- Para o recoñecemento de estudos propios como estudos oficiais estarase ao disposto na normativa estatal e da Universidade de Santiago de Compostela sobre recoñecemento de créditos en estudos oficiais. TÍTULO VII.- PRÁCTICAS Artigo 30.- Das prácticas en empresas 1.- Os cursos propios poderán prever a realización de prácticas en empresas, obrigatorias ou optativas, que deberán estar detalladas na proposta. 2.- Para a formalización destas prácticas será necesario: a) A aprobación e sinatura de convenios de cooperación educativa coas entidades de acollida. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3542-69F3-421D-947F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3542-69F3-421D-947F 22 / 25 22 b) A aprobación das condicións e o procedemento de realización pola Comisión. 3.- Para a adxudicación das prácticas, estableceranse na proposta do curso os criterios aplicables que terán como base os principios de transparencia, obxectividade e equidade. 4.- Consonte o artigo 8.2º deste Regulamento, poderá nomearse unha persoa que asuma a tarefa de coordinación das prácticas, que será a encargada de xestionar a oferta e a adxudicación das prazas. No caso de non existir unha persoa coordinadora das prácticas, esta función será asumida pola dirección do curso. 5.- A Universidade e a empresa ou institución receptora do alumnado deberán nomear, cada unha, á persoa responsable de titorizar as prácticas, que se encargará de realizar o seguimento da aprendizaxe do alumnado. 6.- No caso de prácticas optativas, expedirase, a petición da persoa interesada, certificación específica onde conste a duración das mesmas, as entidades onde se realizaron e as funcións desempeñadas ou actividades realizadas. 7.- A regulación das prácticas será a que estableza a Universidade de Santiago de Compostela para todas as titulacións. TÍTULO VIII.- CALIDADE Artigo 31.- Sistema de garantía da calidade A xestión académica dos cursos propios da Universidade de Santiago de Compostela integraranse no sistema de garantía de calidade da área académica. Poderán establecerse, pola Comisión, mecanismos de control da calidade da docencia que serán tidos en conta para a renovación dos cursos ou a aprobación de novas propostas. Disposición adicional primeira. Linguaxe non sexista Todas as referencias deste Regulamento a persoas que interveñan na proposta, organización, docencia dos cursos ou a destinatarios dos mesmos, entenderanse como xenéricas sen identificación de sexo, polo que abranguen tanto o xénero feminino como o masculino. Disposición adicional segunda. Competencia administrativa As situacións non contempladas neste Regulamento serán resoltas pola Comisión ou pola Secretaría Xeral no ámbito das súas competencias. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3542-69F3-421D-947F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3542-69F3-421D-947F 23 / 25 23 Disposicións transitorias Primeira. Os cursos xa aprobados polos órganos competentes na data de entrada en vigor do presente Regulamento rexiranse pola normativa anterior (Regulamento de estudos propios de posgrao e cursos de formación continua da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado polo Consello de Goberno o 4 de febreiro de 2015) ata a súa finalización, sen prexuízo do previsto nas seguintes disposicións transitorias. Segunda. As normas de avaliación do alumnado, actas, expedición de títulos e certificados e recoñecemento de estudos e de prácticas externas deste Regulamento serán aplicables a todos os cursos propios e de formación permanente, incluso aos xa aprobados antes da súa entrada en vigor. Terceira. Asemade, serán aplicables a todos os cursos que impartan docencia a partir da data de entrada en vigor deste Regulamento as obrigas da dirección establecidas no artigo 9, as normas sobre a memoria final contempladas no artigo 17, as previsións do artigo 21 sobre modificacións orzamentarias e as normas sobre gastos imputables do artigo 23. Cuarta. Os cursos de dous anos de duración xa aprobados na data de entrada en vigor desde Regulamento poderán solicitar a adaptación ao previsto nel sobre a duración máxima, presentando unha proposta de modificación, que será tramitada nos órganos competentes. Quinta. O previsto no artigo 24.4º sobre o pago a conta por preinscrición non será de aplicación ata a adaptación do sistema de xestión informática de admisión e matrícula do alumnado. Disposición derrogatoria Queda derrogado o Regulamento de estudos propios de posgrao e cursos de formación continua da Universidade de Santiago de Compostela aprobado o 4 de febreiro de 2015. Disposición final. Entrada en vigor O presente Regulamento entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Taboleiro de Anuncios Electrónico da Sede Electrónica tras a súa aprobación polo Consello de Goberno. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3542-69F3-421D-947F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3542-69F3-421D-947F 24 / 25 Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 09/03/2021 14:22:39. Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 09/03/2021 14:11:26. CSV: 3542-69F3-421D-947F Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/3542-69F3-421D-947F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 3542-69F3-421D-947F 25 / 25