scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Instrución 3/2023 da Secretaría Xeral do 16-06-2023 relativa á xestión documental de títulos propios

Universidade de Santiago de Compostela. Secretaría Xeral

Full text

1 INSTRUCIÓN 3/2023 DA SECRETARÍA XERAL RELATIVA Á XESTIÓN DOCUMENTAL DOS TÍTULOS PROPIOS A documentación xerada na Universidade de Santiago de Compostela debe ser correctamente conservada e preservada polos efectos que produce ao longo do tempo. A organización dos títulos propios corresponde aos Centros/Departamentos responsables da súa docencia. Porén, téñense detectado casos nos que, unha vez designado un director ou directora do título propio, o centro organizador delega nesta figura a xestión documental da titulación. Así, ocorre en ocasións que documentación importante en formato papel que posibilita a posterior certificación de actos académicos atópase en despachos persoais en lugar de figurar nas unidades administrativas responsables. Por todo isto, dítase a seguinte Instrución: Artigo 1. Obxecto O obxecto desta Instrución é a documentación en formato papel derivada da xestión dos títulos propios, en especial, aquela da que non quedou ou queda constancia nas ferramentas informáticas do Centro de Estudos Propios e do Servizo de Xestión Académica. O alcance desta documentación corresponde tanto aos títulos propios que se imparten na actualidade como a aqueles impartidos en cursos anteriores. Artigo 2. Localización da documentación derivada da xestión dos títulos propios A totalidade da documentación derivada da xestión dos títulos propios localizarase nas unidades administrativas do centro organizador do devandito título, sen prexuízo do seu traslado cando corresponda ao Arquivo Histórico Universitario. Artigo 3. Procedemento de traslado da documentación ás unidades administrativas Unha vez finalizado o título propio, coa aprobación da memoria final, o director ou directora do curso fará entrega na unidade administrativa do centro organizador da totalidade da documentación xerada durante a súa xestión. Finalizado o curso académico, o centro organizador comprobará que na súa unidade administrativa estea arquivada a documentación xerada durante a xestión dos títulos propios da súa competencia finalizados no devandito curso. De ser o caso, o centro organizador solicitará ao director ou directora do título propio que faga entrega da documentación. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/01A4-A8A6-438F-B036 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 01A4-A8A6-438F-B036 1 / 3 2 Artigo 4. Titulacións propias impartidas en cursos anteriores O decano ou decana, ou director ou directora do centro organizador, solicitará aos directores e directoras dos títulos propios aos que se lles encomendou esta tarefa en cursos académicos anteriores, que entreguen na unidade administrativa a documentación que conserven respecto aos títulos propios finalizados. A documentación á que se fai referencia neste artigo deberá figurar arquivada na unidade administrativa do centro organizador a máis tardar o 31 de decembro de 2023. Entrada en vigor Esta Instrución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Taboleiro de Anuncios Electrónico. A Secretaria Xeral Dulce Mª García Mella Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/01A4-A8A6-438F-B036 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 01A4-A8A6-438F-B036 2 / 3 Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16/06/2023 17:42:35. CSV: 01A4-A8A6-438F-B036 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/01A4-A8A6-438F-B036 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 01A4-A8A6-438F-B036 3 / 3