Full text
Vicerreitoría de estudantes, cultura e formación continua Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Enxeñaría Química Economía da Empresa Pablo Durán Santomil Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais 4 Interpretación e análise da información financeira 9788498 878912 ISBN 978-84-9887-891-2
Interpretación e análise da información financeira 4 Pablo Durán Santomil Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. Copyright © Universidade de Santiago de Compostela, 2012 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 1137-2012 ISBN 978-84-9887-891-2
UNIDADE DIDÁCTICA IV. Interpretación e análise da información financeira - 3 MATERIA: Economía da Empresa TITULACIÓN: Grao en Enxeñaría Química PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Unidade I. Actividade económica e empresa: o papel da contabilidade e as finanzas. Unidade II. Fundamentos de cálculo financeiro e métodos de avaliación e selección de investimentos. Unidade III. Fundamentos de Contabilidade e os Estados contables Unidade didáctica IV. Interpretación e análise da información financeira Diferenzas en valores absolutos e porcentaxes Cocientes de liquidez e solvencia Cocientes de rendibilidade Análise do fondo de manobra Unidade didáctica V. Liñas básicas de elaboración e uso dos orzamentos e as fontes de financiamento na empresa. Unidade didáctica VI. Análise do risco económico e financeiro.
UNIDADE DIDÁCTICA IV. Interpretación e análise da información financeira - 5 ÍNDICE Presentación ................................................................................................. 7 Palabras chave ............................................................................................. 7 Os obxectivos ............................................................................................... 7 A metodoloxía ............................................................................................... 7 Os contidos ................................................................................................... 8 1. Diferenzas en valores absolutos e porcentaxes ............................ 9 2. Cocientes de liquidez e solvencia ............................................... 10 3. Cocientes de rendibilidade .......................................................... 12 4. Análise do fondo de manobra ...................................................... 13 Actividades propostas ............................................................................... 15 Avaliación .................................................................................................... 17 Bibliografía .................................................................................................. 18
UNIDADE DIDÁCTICA IV. Interpretación e análise da información financeira - 7 PRESENTACIÓN A contabilidade financeira é a encargada de elaborar as contas anuais dunha empresa, que é un documento que resume e presenta unha visión global dos seus investimentos e financiamentos. A análise de estados financeiros permite analizar económica e financeiramente unha empresa, de forma que podemos diagnosticar a situación actual, como se chegou a ela ou estimar o seu comportamento futuro. Esta unidade didáctica forma parte da materia de Economía da Empresa impartida no segundo curso do Grao en Enxeñaría Química. Destínase a conceptos básicos de análise e interpretación dos principais estados contables (conta de perdas e ganancias e balance). Unha vez abordada na unidade III os elementos e composición de ditos estados, nesta unidade móstranse as principais técnicas e métodos para a súa análise. En canto á duración, está deseñada para ser desenvolvida nunhas 5 ou 6 horas expositivas e interactivas. PALABRAS CHAVE Activo, pasivo, patrimonio neto, conta de perdas e ganancias, balance, contas anuais, cocientes de liquidez, cocientes de solvencia, cocientes de rendibilidade, fondo de manobra. OS OBXECTIVOS Esta unidade didáctica contribuiría á consecución dos seguintes obxectivos xerais: - Proporcionar os coñecementos necesarios para o uso da información contable como base para a planificación e o control. En canto aos obxectivos específicos, nesta unidade preténdese: - Comprender a importancia do balance e da conta de perdas e ganancias coma fonte de información. - Describir a composición principal do patrimonio e do resultado dunha empresa. - Elaborar unha opinión razoada sobre a situación económica e financeira dunha empresa. A METODOLOXÍA A metodoloxía empregada nesta unidade didáctica será semellante ás das outras unidades desta materia. En primeiro lugar, realizarase unha explicación dos contidos teóricos por parte do profesor mediante lección maxistral. Os principios teóricos e os conceptos fundamentais da unidade
14 - UNIDADE DIDÁCTICA IV. Interpretación e análise da información financeira é inferior ás necesidades de fondo de rotación. Para analizar as necesidades do fondo de manobra resulta útil analizar o concepto de período medio de maduración. O ciclo de explotación dunha empresa comercial comeza coa compra de mercadorías aos provedores e termina cando a empresa cobra as súas vendas. O período medio de maduración é a medida temporal do ciclo de explotación. Desde un punto de vista financeiro será o tempo que tarda a empresa en recuperar o diñeiro que investiu, é dicir, o número de días que transcorren desde que se compra a mercadoría ata que se cobra do cliente. O período medio de cobro (PC) indica o número de días que transcorren desde que se efectúa unha venda a crédito ata que esta se cobra. É dicir, o tempo que se necesita para converter a Clientela en Efectivo. O período medio de pago (PP) indica o tempo (número de días) que tardamos en pagar aos nosos provedores unha compra efectuada. O período de almacenaxe ou vendas (PA) indica os días que tarda unha mercadoría en ser vendida desde que se adquire aos provedores. No gráfico inferior móstrase como as necesidades hipotéticas de financiamento deberan cubrir o período de almacenamento e o de cobro. Con todo, debido aos créditos ofrecidos polos provedores o fondo de manobra necesario debe cubrir os días dados pola seguinte fórmula: PC + PA – PP. A rotación é o número de veces que se renova o saldo dunha partida ao longo dun exercicio económico. Relaciona o fluxo asociado a unha actividade do ciclo de explotación co fondo vinculado á devandita actividade. Nunha empresa comercial pódese distinguir a rotación de pagos a provedores, rotación de cobros a clientes e rotación de almacenaxe. Os períodos medios pódense calcular a partir do concepto de rotación. Desta forma o período medio é o tempo que dura cada rotación e pódese expresar en días a partir da seguinte fórmula: Período medio = 360 ou 365 / Rotación.
UNIDADE DIDÁCTICA IV. Interpretación e análise da información financeira - 15 As fórmulas para calcular a rotación e o período medio de pagos, cobros e almacenaxe ou existencias resúmese no cadro inferior. Rotación de pago Compras / Provedores Período medio de pago (PP) Provedores / (Compras /360) Rotación de cobros ou clientes Vendas / Clientes Período medio de cobro (PC) Clientes / (Vendas / 360) Rotación de almacenaxe ou existencias Consumo / Existencias Período medio de almacenaxe (PA) Existencias / (Consumo / 360) O fondo de rotación necesario para calquera empresa comercial calcularíase de forma simplificada como o saldo necesario en Clientes e Existencias menos o saldo medio dos Provedores: - Saldo necesario en Clientes: as vendas diarias (Vendas / 360) multiplicadas polos días a financiar (PC) con capitais permanentes ditas vendas. - Saldo necesario en Existencias: o consumo diario (Consumo mercadorías1 / 360) multiplicadas polos días por financiar (PA) con capitais permanentes dito consumo. - Saldo medio de Provedores: as compras diarias (Compras / 360) multiplicadas polos días que en media nos financian os nosos proveedores (PP). Os anteriores saldos tamén se poden calcular en función de rotacións, a partir da fórmula: Rotación = 360 / Período medio que resulta nas fórmulas que se amosan no cadro inferior. Saldo necesario en Clientes Vendas / Rotación de cobros Saldo necesario en Existencias Consumo / Rotación de almacenaxe Saldo medio de Provedores Compras / Rotación de pago ACTIVIDADES PROPOSTAS Dividimos as actividades que se van realizar naquelas que pretenden valorar os coñecementos previos do alumnado e motivar o interese por esta unidade didáctica de aqueloutras que pretenden desenvolver os seus contidos prácticos. 1 O consumo pódese calcular como as Compras + Existencias iniciais – Existencias finais de mercadorías.
16 - UNIDADE DIDÁCTICA IV. Interpretación e análise da información financeira Actividades de coñecementos previos e motivación: 1. Busca de información na Internet dos requisitos de capital a caixas e bancos que o Banco de España impuxo no ano 2011. Pode consultarse, por exemplo a nova publicada no diario El País o 10 de marzo do 20011 [http://economia.elpais.com/economia/2011/03/10/actualidad/1299745984_8 50215.html] 2. Os anteriores requisitos establecen que se lles aplica unha esixencia de capital principal do 8% ou 10% (core capital ou capital básico ás entidades), aproximadamente a relación entre capital máis reservas (fondos propios) e o total de pasivo do banco. Debater se a unha PEME afectara o anterior cociente cando acuda a un banco a solicitar financiamento. Actividades de desenvolvemento: 1. O Banco Santander, na súa presentación de resultados do cuarto trimestre do ano 2010, detallou que tiña uns fondos propios (e pasivos permanentes) de 107 miles de millóns de euros, e o total de pasivos ascendía a 1.218 miles de millóns de euros. Calcula a ratio de capital básico de dita entidade nesa data. 2. Unha empresa presenta a seguinte estructura económica en tres períodos analizados: 2008 2009 2010 Activo non corrente 100 105 110 Activo corrente 100 95 90 Calcula as diferenzas en valores absolutos, as porcentaxes verticais e horizontais de dita entidade. 3. Unha empresa presenta o seguinte balance para dous períodos consecutivos (N e N+1). Calcula o fondo de manobra e comenta se advirtes algunha diferenza entre a situación da empresa nos dous anos. ACTIVO N N+1 PASIVO N N+1 ANC 4.000 4.000 PN 5.000 5.000 AC 5.000 5.000 PNC 1.000 1.000 Mercadorías 2.000 2.500 PC 3.000 3.000 Clientes 2.000 2.400 Provedores 3.000 3.000 Tesouraría 1.000 100 TOTAL 9.000 9.000 TOTAL 9.000 9.000 4. Nunha empresa comercial as vendas no último ano ascenderon a 3.000 €. O saldo de clientes a inicio do exercicio era de 300 € e, a final, de 200 €. Calcular a rotación de cobro e o prazo de cobro.
UNIDADE DIDÁCTICA IV. Interpretación e análise da información financeira - 17 5. Unha empresa presenta os seguientes datos respecto o seu activo corrente o día anterior ao peche do exercicio (30/12) e ao día de peche do exercicio (31/12). Calcular o fondo de manobra (FM) e o cociente de liquidez. A que podería ser debido dito cambio? Razoa a resposta. AC PC FM Cociente de liquidez Empresa 30-12 10.000 5.000 Empresa 31-12 6.000 1.000 6. Unha empresa presenta o seguinte Balance no ano N: ACTIVO IN PASIVO N ANC 200.000 PN 700.000 AC 800.000 Capital social + Reservas 600.000 Resultado do exercicio 100.000 PNC 100.000 PC 200.000 TOTAL 1.000.000 TOTAL 1.000.000 E a seguinte Conta de Perdas e Ganancias: BAII (Beneficio antes de intereses e impostos) 150.000 menos Gastos financeiros -16.666,66 BAI (Beneficio antes de impostos) 133.333,33 menos Imposto sobre sociedades (IS t=25%) -33.333,33 BDI (Beneficio despois de impostos) 100.000 Calcular a ROA e ROE e razoar por que unha é superior a outra. 7. Acceder á aula virtual e en grupos reducidos (2 ou 3 persoas) analizar a información financeira da empresa proposta empregando a folla de Excel destinada a tal fin. En base os métodos analizados realizar un breve informe sobre a súa situación económica e financeira. 8. Analizar a información financeira da empresa proposta polo profesor a cada grupo de 3 a 4 persoas empregando unha folla de cálculo (Excel ou OpenOffice Calc). Realizar un breve informe sobre a súa situación económica e financeira e expolo mediante presentación (PowerPoint ou OpenOffice Impress). Pódese completar ou apoiar os cocientes calculados con gráficos, etc. AVALIACIÓN A avaliación desta unidade didáctica será realizada en tres etapas: - Na primeira etapa realízase a avaliación inicial que tratará sobre os coñecementos previos do alumnado. Para levar a cabo esta tarefa realizarase un debate aberto na clase o inicio do primeiro día de clase expositiva.
18 - UNIDADE DIDÁCTICA IV. Interpretación e análise da información financeira - A segunda etapa será a avaliación procesual. Esta será unha avaliación continua co fin de detectar as dificultades de aprendizaxe do alumnado. O profesor supervisará os exercicios feitos na clase ou propostos para facer na casa tanto de xeito presencial na aula como a través dos recursos informáticos (correo electrónico e Blackboard). - Por último, realizarase unha avaliación final para constatar os resultados obtidos polos alumnos nesta unidade didáctica. Os alumnos deberán expor nas titorías de grupos a análise da empresa efectuada na actividade 8. A nota alcanzada formará parte da súa cualificación final. BIBLIOGRAFÍA ARCHEL DOMENCH, P., F.E. LIZARRAGA DALLO e S. SÁNCHEZ ALEGRÍA (2008): Estados contables. Elaboración, análisis e interpretación. Ed. Pirámide, Madrid. GARRIDO MIRALLES, P. e R. ÍÑIGUEZ SÁNCHEZ, (2010): Análisis de estados contable. Elaboración e interpretacición de la información financiera, Ed. Pirámide, Madrid. REAL DECRETO 1514/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan xeral de contabilidade. Dispoñible en http://boe.es/boe_gallego/dias/2007/11/20/pdfs/A00003-00152.pdf [Consulta: 26/02/2012]. REAL DECRETO 1515/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan xeral de contabilidade de pequenas e medianas empresas e os criterios contables específicos para microempresas. Dispoñible en http://boe.es/boe_gallego/dias/2007/11/21/pdfs/A00003-00102.pdf [Consulta: 26/02/2012]
Vicerreitoría de estudantes, cultura e formación continua Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Enxeñaría Química Economía da Empresa Pablo Durán Santomil Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais 4 Interpretación e análise da información financeira 9788498 878912 ISBN 978-84-9887-891-2