scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Transformacións e permanencia do municipium na Gallaecia baixo-romana (séculos III-V)

Fernández Calo, Martín

Abstract

Examínase a evolución do entramado organizativo local da Gallaecia entre os séculos III e V, determinando as trasformacións experimentadas polo municipium asentado nos séculos anteriores e incardinándoas na análoga evolución do Occidente coetáneo. Saliéntase finalmente a aparente permanencia post-romana da estrutura básica deste réxime organizativo

Full text

Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIV, núm. 130 (2017), págs. 15-48. ISSN: 0210-847X. DOI: 10.3989/ceg.2017.130.01 15 TRANSFORMACIÓNS E PERMANENCIA DO MUNICIPIUM NA GALLAECIA BAIXO-ROMANA (SÉCULOS III-V) Copyright: © 2017 CSIC. Este es un artículo de acceso abierto distribuido bajo los términos de una licencia de uso y distribución Creative Commons Attribution (CC-by) España 3.0. Cómo citar/Citation: Martín Fernández Calo, “Transformacións e permanencia do municipium na Gallaecia baixo-romana (séculos III-V)”, Cuadernos de Estudios Gallegos, 64, núm. 130 (2017), págs. 15-48, DOI: http://dx.doi.org/10.3989/ceg.2017.130.01 CUADERNOS DE ESTUDIOS GALLEGOS, LXIV Núm. 130 (enero-diciembre 2017), págs. 15-48 ISSN: 0210-847X DOI: 10.3989/ceg.2017.130.01 TRANSFORMACIÓNS E PERMANENCIA DO MUNICIPIUM NA GALLAECIA BAIXO-ROMANA (SÉCULOS III-V) Martín Fernández Calo Universidade de Santiago de Compostela ORCID iD: http://orcid.org/0000-0002-9769-3047 Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIV, núm. 130 (2017), págs. 15-48. ISSN: 0210-847X. DOI: 10.3989/ceg.2017.130.01 16 MARTÍN FERNÁNDEZ CALO TRANSFORMACIÓNS E PERMANENCIA DO MUNICIPIUM NA GALLAECIA BAIXO-ROMANA (SÉCULOS III-V) resuMo Examínase a evolución do entramado organizativo local da Gallaecia entre os séculos III e V, determinando as trasformacións experimentadas polo municipium asentado nos séculos anteriores e incardinándoas na análoga evolución do Occidente coetáneo. Saliéntase finalmente a aparente permanencia post-romana da estrutura básica deste réxime organizativo. Palabras Clave: Gallaecia romana, sueva e tardo-antiga, municipium romano, curator rei publicae, principales curiae, plebs Christiana. TRANSFORMACIONES Y PERMANENCIA DEL MUNICIPIUM EN LA GALLAECIA BAJORROMANA (SIGLOS III-V) resuMen Se examina la evolución del entramado organizativo local de la Gallaecia entre los siglos III y V, determinando las transformaciones experimentadas por el municipium asentado en los siglos anteriores e incardinándolas en la análoga evolución del Occidente coetáneo. Se destaca finalmente la aparente permanencia posromana de la estructura básica de este régimen organizativo. Palabras Clave: Gallaecia romana, sueva y tardoantigua, municipium romano, curator rei publicae, principales curiae, plebs Christiana. CHANGES AND CONTINUITY OF THE MUNICIPIUM IN LATE ROMAN GALLAECIA (3rd-5th CENTURIES) abstraCt This paper examines the evolution of local organizative framework of Gallaecia between the 3rd and 5th centuries, determining certain transformations of the municipium settled since the previous centuries and contextualizing them in the analogous evolution of the contemporary West. Finally it is stressed the apparent post-Roman permanence of the basic structure of this organizative regime. Key words: Roman, Suevic and late antique Gallaecia, Roman municipium, curator rei publicae, principales curiae, plebs Christiana. Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIV, núm. 130 (2017), págs. 15-48. ISSN: 0210-847X. DOI: 10.3989/ceg.2017.130.01 17 TRANSFORMACIÓNS E PERMANENCIA DO MUNICIPIUM NA GALLAECIA BAIXO-ROMANA (SÉCULOS III-V) Recibido/Received: 10/03/2017 Aceptado/Accepted: 02/05/2017 IntroduCIón O interese historiográfico polas institucións locais da Gallaecia centrouse xeralmente na identificación do entramado socio-político pre-romano e a incidencia da romanización sobre o mesmo. As investigacións, enmarcadas na Arqueoloxía e a Historia de Roma, amais dos estudos comparativos celtas, teñen producido a cotío resultados tan dispares como as súas propias premisas disciplinares e metodolóxicas; embora tamén notábeis achegas positivas1. De calquera xeito, case toda a atención historiográfica se reduce a un intervalo de tempo extremadamente breve, case asimilábel por enteiro ao século I d.C. Este sesgo cronolóxico débese principalmente a un severo imperativo documental: a epigrafía galaico-romana, fonte esencial para a historia das institucións, emerxe e achega moitas das súas mellores aportacións neste tempo. Porén, subxace asemade unha razón máis puramente historiográfica: a inercia dun paradigma dialéctico básico na interpretación da Antigüidade galaica, no que a romanización tería sintetizado o entramado socio-político pre-romano nunha nova realidade provincial romana. Neste senso, atopa un meirande interese o procedemento desta transformación do que a súa ulterior evolución, relegándose así, de feito, a atención á meirande parte do dominio romano da Gallaecia. A investigación da Tardoantigüidade galaica, malia conformar de lonxe un eido menos explotado, ten producido tamén achegas notábeis, e dende logo por uns vieiros máis firmes ou canda menos máis consensuados. Moderadas as visións catastrofistas das migracións bárbaras, comezouse xa hai décadas a defender amplamente a noción da forte continuidade das estruturas socio-económicas entre o período baixo-romano e o suevo e visigodo subseguintes2. Porén, as contribu- 1 É salientábel a determinación da dimensión institucional do castellum galaico; ou a da latinización xurídica como xénese da romanización institucional da Gallaecia. Véxase especialmente, arredor do primeiro, Gerardo PereIra Menaut, “Los castella y las comunidades de Gallaecia”, Zephyrus, 34-35 (1982). A segunda cuestión será tratada expresamente noutro apartado deste estudo. 2 Carlos Alberto Ferreira de alMeIda, “Arqueoloxía tardorromana e xermánica do NW peninsular”, en Galicia da romanidade á xermanización: problemas históricos e culturais, Santiago de Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIV, núm. 130 (2017), págs. 15-48. ISSN: 0210-847X. DOI: 10.3989/ceg.2017.130.01 18 MARTÍN FERNÁNDEZ CALO cións recentes verbo a este período –como efectivamente acontece co castrexo e o romano– son fundamentalmente arqueolóxicas, eludindo sempre amplamente o tema das institucións locais3. Mesmo nas moi significativas achegas vencelladas á historia política, esta cuestión se ve relegada ou simplemente abordada dende unha perspectiva descritiva, obviando todo afondamento na relación xenealóxica entre a organización local de época suevo-visigoda e romana4. A organización local tardo-antiga, por último, vese ineludibelmente vencellada a unha controversia, de andado percorrido no institucionalismo hispano-portugués, arredor da relación ou independencia xenealóxica entre os órganos deliberativos medievais e romanos5. Esta cuestión, que excede a limitada incardinación cronolóxica do presente estudo, será con todo atendida no que respecta á súa plasmación histórica ata o século V. Logo deste sumario balance historiográfico, evidénciase un significativo hiato na investigación das institucións locais da Gallaecia tardo-antiga. Porque, que sabemos do poder local galaico no Baixo Imperio? Que o distingue do período alto-imperial? Que analoxías e disparidades presenta coa evolución xeral romana? Estas soas preguntas supoñen un problema esencial para o coñecemento da Gallaecia antiga. Porén, o período baixo-imperial non representa só a evolución da anterior etapa alto-imperial, senón, se cadra máis significativamente, o nexo Compostela, Museo do Pobo Galego, 1993, páxs. 198-199; Felipe arIas vIlas, “A transición do mundo galaico-romano ó reino dos suevos”, en Galicia Castrexa e Romana, Lugo, Xunta de Galicia, 1997, páx. 289. 3 Cómpre salientar, como principais sínteses de carácter global, Jorge lóPez QuIroga, El final de la Antigüedad en la Gallaecia: la transformación de las estructuras de poblamiento entre Miño y Duero (siglos V al X), A Coruña, Pedro Barrié de la Maza, 2004; Álvaro rodríguez resIno, Do Imperio Romano á Alta Idade Media: arqueoloxía da Tardoantigüidade en Galicia (séculos V-VIII), Noia, Toxosoutos, 2005; José Carlos sánChez Pardo, Territorio y poblamiento en Galicia entre la Antigüedad y la Plena Edad Media, tese de doutoramento inédita, Universidade de Santiago de Compostela, 2008. 4 Asúmese, neste senso, que moitas das entidades nomeadas no Parochiale Suevum terían unha orixe anterior, romana ou pre-romana, como por exemplo valora arredor dos topónimos “étnicos” deste documento Pablo C. díaz Martínez, “El Parrochiale Suevum: organización eclesiástica, poder político y poblamiento en la Gallaecia Tardoantigua”, en Jaime Alvar, Homenaje a José María Blázquez, VI, Sevilla, Ediciones Clásicas, 1998. Á relación estrutural entre a organización local de época sueva e a romana adiqueille recentemente un traballo específico no que coido ter determinado as liñas xerais da súa evolución: véxase Martín Fernández Calo, “Plinio, o Parroquial Suevo, e a evolución estrutural do poder local galaico na Antigüidade”, Gallaecia, 34 (2015), páxs. 175-207. 5 Evitarei desenvolver aquí un status quaestionis desta controversia, que só afecta colateralmente –e a un nivel excesivamente teórico– á temática do presente estudo. Poden citarse, como achega principal a prol da continuidade, Eduardo Pérez Pujol, Historia de las instituciones sociales de la España Goda, II, Madrid, Fernando Fe, 1896; e, a prol da ruptura, Claudio sánChez-albornoz, Ruina y extinción del municipio romano en España e instituciones que le reemplazan, Buenos Aires, Universidad Nacional de Buenos Aires, 1943. Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIV, núm. 130 (2017), págs. 15-48. ISSN: 0210-847X. DOI: 10.3989/ceg.2017.130.01 19 TRANSFORMACIÓNS E PERMANENCIA DO MUNICIPIUM NA GALLAECIA BAIXO-ROMANA (SÉCULOS III-V) entre esta e o réxime organizativo dos reinos bárbaros. No que ao obxecto do presente estudo respecta –o poder local– as diferenzas son enormes, mesmo antitéticas: a sociedade estruturada por vencellos civís fronte aos persoais; o carácter republicano das curias e maxistraturas romanas fronte o dinástico ou delegado dos possessores e comites xermánicos; o réxime constitucional do municipium fronte a plena dimensión política dos dominios señoriais... O período baixo-imperial, reitero, é o nexo histórico, por imperativo cronolóxico, entrambos os ordenamentos socio-políticos. Mais, representa tamén unha transición estrutural entre eles? Esta cuestión, certamente, atinxe xa non só ao período baixo-imperial, senón á propia coherencia da moderna lectura histórica da Gallaecia tardo-antiga. O presente estudo pretende dar un paso nesta lectura. Xunguiranse así os séculos III, considerado convencionalmente o punto de ruptura entre os períodos alto- e baixo-imperial, e o V, marcado na Gallaecia polo colapso das estruturas estatais romanas e a consecuente aparición dun novo marco de desenvolvemento para o poder local galaico. Atenderase fundamentalmente á definición xeográfica estrita da Gallaecia, isto é, os antigos conuentus iuridici de Braga e Lugo, embora incrementando esta atención aos ámbitos veciños cando se poidan extraer deles analoxías relevantes. A confrontación xeral dos procesos advertidos nestes ámbitos, pola súa banda, atenderá á xeneralidade do Occidente coetáneo. Partirase dunha valoración da evidencia arredor da vixencia tardo-antiga do municipium galaico-romano. A partires disto, os contidos abordaranse dun xeito discursivamente continuo pero dividíndoos, a prol da claridade expositiva, en varios apartados centrados na orixe do réxime municipal galaico-romano, as posturas historiográficas xerais arredor do municipium baixo-imperial, os condicionantes estruturais específicos da Gallaecia e o correspondente rexistro institucional galaico, e a multifacética influencia do colapso das estruturas imperiais coa implantación sueva no século VI. Finalmente, nas conclusións, sintetizaranse as achegas do estudo. PersIstenCIa do municipium na Gallaecia baIxo-IMPerIal Cal era a forma de organización local na Gallaecia baixo-imperial? Xeralmente, no Occidente coetáneo cumpriría identificar aquí o municipium, a través do que o Estado interactuaba coas comunidades locais e do que estas se organizaban a si mesmas. Non semella moi aventurado supor, por simple inferencia, que esta fose tamén a forma organizativa básica na Gallaecia. Pero tal premisa non se limita a unha suposición, senón que pode verse apoiada polo propio rexistro histórico galaico. Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIV, núm. 130 (2017), págs. 15-48. ISSN: 0210-847X. DOI: 10.3989/ceg.2017.130.01 20 MARTÍN FERNÁNDEZ CALO O primeiro testemuño procede das actas do concilio romano de Toledo, do ano 400, onde é mencionado expresamente un municipium galaico como patria dun dos bispos asistentes6: Reunidos na igrexa de Toledo os bispos Patruino, Marcelo, Afrodisio, Alaciano, Xocundo, Severo, Leonas, Hilario, Olimpio, Floro, Ortixio, Asturio, Lampio, Sereno, Leporio, Eustoquio, Aureliano, Lampadio e Exuperancio da “Gallaecia”, do “municipium Celenis” do “conuentus” lucense, en total dezanove: os que noutras actas promulgaron sentenza contra a herexía de Prisciliano e os seus acólitos... Dende logo, resulta estraña a concreción de origo para o bispo Exuperancio, toda vez que é a única de entre todos os demais asistentes; mais cómpre sinalar que se cadra estea vencellada á polémica, tratada no mesmo concilio, arredor da súa ordenación en Celenis, logo da deposición de Ortixio7. Esta igrexa correspóndese sen dúbida ao pobo galaico dos Cileni, no recuncho sudoccidental do conuentus iuridicus lucense8, que experimentaría un tímido desenvolvemento urbano nas localidades de Aquae Celenae e Calidae, indistintamente dotadas dunha significativa función termal e viaria9. No que aquí importa, a expresa designación da Celenis baixo-imperial como municipium constitúe un precioso testemuño da nomenclatura empregada no seu tempo para designar ás comunidades locais galaicas, precisamente na última década do dominio romano. Mais, é esta designación oficial ou oficiosa? Como se desenvolverá, o termo municipium houbo de acadar na Gallaecia un sentido xenérico e mutuamente intercambiábel por outras denominacións dende o Alto Imperio. Porén, semella 6 Concilium Toletanum I, praefatio: Conuenientibus episcopis in ecclesia Toleto, id est Patruinus, Marcellus, Aphrodisius, Alacianus, Iucundus, Seuerus, Leonas, Hilarius, Olympius, Florus, Orticius, Asturius, Lampius, Serenus, Leporius, Eustochius, Aurelianus, Lampadius, Exuperantius de Gallaecia, Lucensis conuentus, municipii Celenis, omnes decem et nouem: isti sunt, qui et in aliis gestis aduersus Priscilliani sectatores et haeresem, quam adstruxerat, libellarem direxere sententiam. Adaptado de Juan tejada y raMIro, Colección de cánones y de todos los concilios de la Iglesia de España y de América, II, Madrid, Imprenta Real, 1810, páx. 474. 7 Conc. Tol. I, exemplar definitivae... Este episodio atópase colateralmente consignado tamén en Hidacio de Chaves, Chronicon, 31 [25]. Cfr. Carmen Cardelle de hartMann, “El priscilianismo tras Prisciliano: ¿un movimiento galaico?”, Habis, 29, páx. 276; Óscar núñez garCía, “Cristianismo, sociedad y poder: origen y evolución de la jerarquía eclesiástica en la Gallaecia antigua”, Hispania Sacra, LXV, extra 2 (2013). 8 Plinio o Vello, Naturalis Historia, IV, 111. 9 Fermín Pérez losada, “Entre a cidade e a aldea: estudio arqueohistórico dos aglomerados secundarios romanos en Galicia”, Brigantium, 13 (2002), páxs. 147 e seguintes. Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIV, núm. 130 (2017), págs. 15-48. ISSN: 0210-847X. DOI: 10.3989/ceg.2017.130.01 21 TRANSFORMACIÓNS E PERMANENCIA DO MUNICIPIUM NA GALLAECIA BAIXO-ROMANA (SÉCULOS III-V) atopar aquí un sentido sensibelmente xurídico ao concretar a patria local, origo, dun particular. O segundo testemuño, pola súa banda, procede dunha noticia cronística; significativamente a que, no ano 468 –medio século despois de asentados os bárbaros e esmorecidas as estruturas imperiais da Gallaecia–, dá peche ao Chronicon de Hidacio de Chaves10: Vense tamén varios signos e prodixios en lugares da “Gallaecia”. No río Miño, arredor de cinco millas do “municipium Lais”, péscanse, segundo relataron aqueles, cristiáns e piadosos, que os capturaran, catro peixes nunca vistos, dunha nova especie, marcados con letras hebreas e gregas; mais cos números das eras en latín: 365, que pechan o ano; apenas uns meses despois, preto do citado “municipium”, caeu do ceo unha especie de grans tan verdes coma a herba, con forma de lentella e amargos... E outros moitos portentos que serían moi longos de contar. Temos aquí noticia de dous prodixios que o bispo cronista, propenso ás concepcións “apocalipticistas”, semella interpretar en clave numerolóxica11. Independentemente da pertinencia desta interpretación e da propia veracidade da noticia, nada se opón á historicidade do municipium Lais, onde Hidacio ubica os feitos. Lais redúcese sen dúbida á contorna das veciñas localidades actuais de Laias e Las, e do antigo grande castro de San Cibrao de Las (Lansbrica)12, que por certo experimentou unha tímida reocupación baixo-romana13. O termo municipium 10 Hyd., Chron., 253 [247]: Signa etiam aliquanta et prodigia in locis Gallaeciae peruidentur: in flumine Minio de municipio Lais miliario ferme quinto capiuntur pisces IIII noui uisu et specie, sicut retulere qui ceperant Christiani et religiosi, Hebraeis et Graecis litteris, Latinis autem aerarum numeris insigniti, ita CCCLXV anni circulum continentes; paruo mensum interuallo: haud procul de supra dicto municipio in speciem lenticulae uiridissimorum, ut herba quaedam, forma granorum plena amaritudine defluxit e caelo; et multa alia ostenta, quae memorare prolixum est. Adaptado de Theodor MoMMsen, Scriptores antiquissimi, XI/2, Berlin, Monumenta Germaniae Historica, 1894, páx. 35. 11 César Candelas Colodrón, Análisis de la figura de Hidacio de Chaves a través de los condicionantes socioeconómicos, políticos y culturales de la Gallaecia del siglo V: el Cronicón, tese de doutoramento inédita, Universidade da Coruña, 2004, páxs. 306 e seguintes; Pablo C. díaz Martínez, El reino suevo (411-585), Madrid, Akal, 2011, páx. 100. 12 Cfr. C. Candelas Colodrón, Análisis..., páx. 256, nota 575. 13 José Carlos sánChez Pardo, “Castros, castillos y otras fortificaciones en el paisaje sociopolítico de Galicia (siglos IV-XI)”, en Juan Antonio Quirós Castillo e José María Tejado Sebastián, Los castillos altomedievales en el noroeste de la Península Ibérica, Bilbao, Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibersitatea, 2012, páxs. 35-38. Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIV, núm. 130 (2017), págs. 15-48. ISSN: 0210-847X. DOI: 10.3989/ceg.2017.130.01 22 MARTÍN FERNÁNDEZ CALO amosa aquí un valor estritamente habitacional, pola mención dunha distancia (miliario ferme quinto; haud procul) verbo a outras localizacións. Estas mencións tardo-antigas do municipium galaico, en ambos os casos referentes a comunidades secundarias, de ineludíbel orixe indíxena, acreditan a universalidade e longa pervivencia que acadara este título constitucional14. As mencións do municipium Lais, sensibelmente post-romano, e Celenis, indubidosamente baixo-romano, están a reproduciren un contexto terminolóxico análogo. Tanto ten que sexan cregos taquígrafos nas actas do concilio romano de Toledo, ou un bispo-cronista no Chronicon de Hidacio: en ambos os casos a autoría resposta a persoas de formación romano-cristiá, cunhas convencións terminolóxicas potencialmente idénticas. Incorrería probabelmente nun erro a consideración de que o título municipium tivese algún contido rigorosamente oficial –isto é, a denominación expresa dunha dignidade constitucional diferenciada– en tales mencións tardo-antigas: estamos, máis ben, perante a acepción xenérica que este acadara no Baixo Imperio, ao abeiro da igualación xurídica e estatutiva materializada a remates do século I d.C. o réxIMe MunICIPal galaICo-roMano A devandita uniformización, orixe do réxime municipal galaico-romano, remóntase ao Edicto de Latinidade de Vespasiano, base legal para o recoñecemento dos iura e instituta de todas as comunidades locais hispanas15; e a súa ulterior constitución en municipia conforme ás leis municipais pertinentes. Na Península Ibérica, este proceso houbo de fundamentarse presumibelmente nunha lex Flauia municipalis promulgada, canda a Latinidade, na década do 70 d.C. Estas leis constitutivas regulamentaban a organización institucional do municipium, que presentaba a seguinte estrutura básica: 1º.– un corpo civil xuridicamente privilexiado, na Gallaecia coa cidadanía latina; 14 Martín Fernández Calo, A organización político-administrativa de Galicia na Antigüidade (séculos II a.C.-VIII d.C.), tese de licenciatura inédita, Universidade de Santiago de Compostela, 2015, páx. 56. O mesmo sinalaba, concretamente para o municipium Lais, Florentino lóPez CuevIllas, “El municipio de Lais”, Boletín de la Comisión de Monumentos de Orense, XVIII, 2 (1955). Pola súa banda, E. Pérez Pujol, Historia de las instituciones sociales..., páx. 260, cita este mesmo entre os exemplos de supervivencia serodia do municipium hispano-romano. 15 Javier andreu PIntado, “Latinización y municipalización en el Alto Imperio: nuevas perspectivas para el estudio de la Hispania de los flavios”, en Francisco Beltrán Lloris, Antiqua Iuniora: en torno al Mediterráneo en la Antigüedad, Zaragoza, 2004; María José bravo bosCh, “Latium maius versus Latium minus en la Hispania flavia”, Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, 13 (2009). Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIV, núm. 130 (2017), págs. 15-48. ISSN: 0210-847X. DOI: 10.3989/ceg.2017.130.01 23 TRANSFORMACIÓNS E PERMANENCIA DO MUNICIPIUM NA GALLAECIA BAIXO-ROMANA (SÉCULOS III-V) 2º.– un órgano deliberativo local, denominado xeralmente ordo decurionum ou curia; 3º.– maxistraturas executivas temporais, coma os quaestores, aediles e duumuiri. Na práctica, tales institucións eran moi diversas16, pero atopan indistintamente unha tímida plasmación directa no rexistro epigráfico da Gallaecia17. Porén, a adopción deste réxime organizativo foi só unha potencialidade xurídica aberta polo ius Latii, que houbo de verse materializada dun xeito gradual e progresivo, e probabelmente diverso en cada comunidade. Tradicionalmente prevaleceu unha certa tendencia deica a interpretación restritiva ou “pesimista” da incidencia do municipium romano na Gallaecia, dentro da que diferentes achegas historiográficas o reducirían a unhas poucas comunidades locais, e nomeadamente ás principais cidades18. De calquera xeito, mesmo se esta percepción fose completamente atinada, o réxime municipal houbo de condicionar todo o entramado socio-político da Gallaecia alto-imperial: en efecto, aínda no caso de que moitas comunidades desbotasen, por desinterese ou incapacidade, a súa constitución en municipia, os seus notábeis puideron participar neste sistema por medio da cooptación (adlectio) nos órganos deliberativos de municipia pre-existentes. Dentro da hipótese dunha municipalización limitada, admítese que esta tendencia xerase relacións estruturais de adtributio institucional entre municipia e comunidades non municipais subordinadas a eles19. En troques, a análise pormenorizada da municipalización galaica debuxa un panorama complexo, no que a municipalización houbo de ser directa nuns casos e “adtributa” noutros, sen discriminar o carácter rural ou urbano das comunidades implicadas20. Sexa como for, conclúese que o réxime municipal, directo ou “adtributo”, uniformou a organización local das comunidades da Gallaecia romana dende a latinización xurídica en adiante. 16 Véxanse John nICols, “On the Standard Size of the Ordo Decurionum”, Zeitschrift der Savigny- Stiftung für Rechtsgeschichte, 105 (1988), para os ordines; Leonard A. CurChIn: “The end of local magistrates in the Roman Empire”, Gerión, 32 (2014), para as maxistraturas. 17 En Martín Fernández Calo, “Municipium e municipalización na Asturia et Callaecia romanas”, [no prelo], computo, entroutras referencias documentais menos significativas, 7 cursus honorum municipais, 4 duumuiri e ata 6 ordines decurionum no ámbito ástur-galaico. 18 Véxanse Alain tranoy, La Galice Romaine: recherches sur le nord-ouest de la péninsule ibérique dans l’Antiquité, Paris, Diffusion de Boccard, 1981, páx. 205; G. PereIra Menaut, “Los castella...”, páxs. 263-265; Patrick le roux, “Las ciudades de la Callaecia romana durante el Alto Imperio”, Gerión, 14 (1996), páx. 368; Ana María suárez PIñeIro, A romanización de Galicia, Noia, Toxosoutos, 2009, páx. 64. 19 Julián gonzález Fernández, “Ius Latii y Lex Flavia municipalis”, Mainaké, 23 (2001), páxs. 122-123, suxire unha incidencia xeneralizada desta municipalización “adtributa” na Gallaecia, para a que, con todo, non existen unhas probas concluíntes. 20 M. Fernández Calo, “Municipium...”. Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIV, núm. 130 (2017), págs. 15-48. ISSN: 0210-847X. DOI: 10.3989/ceg.2017.130.01 30 MARTÍN FERNÁNDEZ CALO A extensión do patrocinium baixo-romano conforma un factor básico no que ineludibelmente cómpre incardinar a outra grande transformación rural deste período: a revitalización castrexa45. Abofé, se en esencia a partires da latinización xurídica o poboamento castrexo experimentara un devalo continuado, dende o século III a tendencia invírtese, conducindo outra volta ao desenvolvemento dos lugares de habitación en altura. A poboación que ocupou os “castros serodios” da Gallaecia tivo probabelmente unha caracterización diversa, como diversas son as tipoloxías daqueles e as funcións que se lles infiren46. Con todo, presumibelmente boa parte dos efectivos demográficos responsábeis deste renacemento castrexo procedeu da propia poboación que nunca os abandonara; cuxa cultura e organización social se cadra diferise substancialmente dos uicani e dos traballadores das uillae. Ao contrario deles, o modo de vida da poboación dos castros ficara en grande medida alleo á latinización xurídica e ao consecuente reforzamento dos vencellos civís que caracterizaran a Alta Romanidade da Gallaecia: sendo menor a influencia da civilización romana entre eles, semella previsíbel que tamén fosen meirandes as remanencias culturais pre-romanas. Isto significa que estamos probabelmente perante comunidades moi independentes, subdesenvolvidas, entre as que os “primitivos” vencellos de parentesco pesaban máis na súa adscrición socio-política do que na xeneralidade das comunidades labregas e urbanas do seu tempo47. Porén, o proceso baixo-romano de revitalización dos castros incardínase indefectibelmente no mesmo contexto histórico cás restantes transformacións deste período; ou sexa, na influencia da aristocracia fundiaria48. En efecto, a estrutura do latifundio romano era compatíbel con relacións de produción moi diversas, e a inclusión nel de grupos xentilicios escasamente asimilados á cultura romana, 45 A. tranoy, La Galice..., páxs. 419-422; C. A. F. alMeIda, “Arqueoloxía...”, páxs. 192-193. 46 Distinguen emprazamentos e funcións diferentes, presumindo que os viarios, fronte aos agrícolas, se vencellarían ao control militar do territorio, Álvaro rodríguez resIno, “Ciudades, vicus, castra y villae en el NW durante la tardoantigüedad: ensayo de un modelo arqueohistórico para el período”, Gallaecia, 26 (2007), páxs. 137-138; J. C. sánChez Pardo, “Castros...”, páxs. 34-38. 47 Certamente, o desenvolvemento destas comunidades podería asimilarse ao aparente rexurdimento das culturas autóctonas na xeneralidade do Occidente baixo-romano. Dos factores aludidos como parte deste proceso –concretamente a recuperación do gusto artístico propio da cultura arqueolóxica de La Tène– por Ramsay MaCMullen, “The Celtic Renaissance”, en Ramsay MacMullen, Changes in the Roman Empire: Essays in the Ordinary, Princeton, Princeton University Press, 1990, se cadra só poderiamos atopar na Gallaecia o economic decline; ou máis ben –feitas xa arriba as debidas valoracións historiográficas arredor da Baixa Romanidade– a expansión destes grupos sociais, relativamente subdesenvolvidos e refractarios á influencia cultural romana. 48 Felipe arIas vIlas, “Apuntes sobre a ocupación do territorio na Galicia Baixorromana: castros e vilas”, en Galicia da romanidade á xermanización: problemas históricos e culturais, Santiago de Compostela, Museo do Pobo Galego, 1993, páx. 204; P. C. díaz Martínez, “La Hispania...”, páx. 324; Anselmo lóPez CarreIra, O reino medieval de Galicia: contribución a unha historia política, Vigo, A Nosa Terra, 2008, páx. 42; J. C. sánChez Pardo, “Castros...”, páxs. 33-34. Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIV, núm. 130 (2017), págs. 15-48. ISSN: 0210-847X. DOI: 10.3989/ceg.2017.130.01 31 TRANSFORMACIÓNS E PERMANENCIA DO MUNICIPIUM NA GALLAECIA BAIXO-ROMANA (SÉCULOS III-V) con ampla independencia socio-política pero con obrigas económicas verbo aos possessores, vese amplamente constatada no marco circunmediterráneo romano49. As transformacións rurais do Baixo Imperio na Gallaecia veñen confirmar o forte desenvolvemento das bases socio-económicas da aristocracia fundiaria deste período, en consonancia coas tendencias xerais do Occidente. O poder “civil” ou “constitucional” do municipium perde parte da súa influencia social fronte ao patrocinium aristocrático. E o fundus, pola súa banda, convértese de facto nunha realidade socio-política autónoma fronte ao municipium. Cargos IMPerIaIs no municipium: un curator en asadur? Fronte a estas decisivas transformacións, incidentes na xeneralidade do Imperio –e nomeadamente a súa metade occidental– pero materializadas no seo de cada municipium e cada fundus, a autoridade imperial ficaría ancorada nunha lóxica administrativa esencialmente alto-romana. Procurouse, así, favorecer o control estatal do municipium, nun tempo no que esta entidade estaba a ver reducida a súa influencia socio-política. Na Gallaecia, o exemplo máis evidente deste incremento do control imperial confórmao, a remates do século III, a súa propia constitución como provincia coa tripartición da vella Citerior, innovación que houbo de reformular a relación bilateral entre os municipia galaicos e o Estado50. Porén, cómpre centrarmos aquí o exame histórico na influencia que estas innovacións tiveron sobre o poder local. En efecto, a mediatización baixo-imperial do municipium manifestouse, dun xeito directo, no nomeamento de cargos co cometido expreso de asistir aos gobernos locais. Malia que o defensor ciuitatis conforma sen dúbida a figura paradigmática desta praxe política, tan vencellada á inoperancia baixo-romana das institucións municipais tradicionais, tales nomeamentos foron moi diversos e abranguiron un amplo desenvolvemento histórico. En certa medida, esta praxe política é tan vella coma o propio municipium, réxime constitucional local que conviviu sempre co poder supra-local –republicano ou imperial– romano; pero a súa recorrencia emerxería especialmente a partires do século II, ata adquirir no Baixo Imperio un rol estrutural. 49 Abilio barbero e Marcelo vIgIl, “Sobre los orígenes sociales de la Reconquista: cántabros y vascones desde fines del Imperio Romano hasta la invasión musulmana”, en Abilio Barbero e Marcelo Vigil, Sobre los orígenes sociales de la Reconquista, Barcelona, Ariel, 1984, páxs. 91-92. Véxase tamén Julio Caro baroja, Los pueblos de España, I, Madrid, Istmo, 1976, páxs. 213-217. 50 Verbo á provincia baixo-imperial galaica, véxanse Casimiro torres rodríguez, “Límites geográficos de Galicia en los siglos IV y V”, Cuadernos de Estudios Gallegos, 14 (1949), páx. 383; A. tranoy, La Galice..., páxs. 402-403; P. C. díaz Martínez, “La Hispania...”, páxs. 280 e 442; J. lóPez QuIroga, El final..., páx. 30; C. wItsChel, “Hispania...”, páx. 486; M. Fernández Calo 2015, A organización..., páxs. 82-83. Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIV, núm. 130 (2017), págs. 15-48. ISSN: 0210-847X. DOI: 10.3989/ceg.2017.130.01 32 MARTÍN FERNÁNDEZ CALO Consérvase na Gallaecia un interesante testemuño potencialmente asimilábel a un destes nomeamentos imperiais: a estela de Asadur (Maceda), exemplo excepcional de epigrafía honorífica galaico-romana51: A república dos Interámicos (?) a Quinto Licinio Vexeto: alén doutros moitos servizos, co seu infatigábel coidado e habilidade foron conseguidas unhas contas equitativas co Fisco. Como se observa, estamos perante a homenaxe dunha comunidade local, presumibelmente a res publica Interamicorum, a un particular, Quinto Licinio Vexeto, polo seu coidado e habilidade (cura et industria) nunha favorábel negociación co Fisco romano. Esta función, canda as propias solucións léxicas do texto, que xunguen elocuentemente as voces latinas cura e res publica, suxiren a asimilación deste Licinio Vexeto a un curator rei publicae. Os curatores conforman un dos cargos de nomeamento ou sanción imperial máis recorrentes da praxe gobernativa romana52. Inicialmente reducíronse a delegados, de rango senatorial ou ecuestre, expresamente nomeados polo emperador para a asistencia de gobernos locais afectados por diversas necesidades específicas53; embora sobre todo financieiras, actuando as interlocutor between the curia and the imperial government to which the revenue of taxation belonged 54. Abofé, esta é a función exacta que se advirte en Asadur. Vai ser no período baixo-romano cando estes cargos adquiran un rol máis sistemático e estrutural, chegando a suplantaren as funcións das tradicionais maxistraturas municipais55. Con todo, isto acontece canda unha transformación decisiva desta institución: o seu vencellamento non a senatoriais ou ecuestres nomeados expresamente dende Roma, senón ás propias elites locais, que conciben a sanción imperial como un elemento para prestixiaren o seu desempeño público. Os curatores disócianse, pois, na Baixa Romanidade da mediatización imperial dos gobernos locais, asimilándose en troques ao propio cursus honorum municipal e desprazando así ás institucións tradicionais56. 51 Texto latino (AE 1973, 317): Q(uinto) Licinio Ueget[o] | res p(ublica) Int(eramicorum?) | super alia con|plura merita | pares cum Fisco | rationes infati|gabili cura et | industria eius | consecuta. 52 L. A. CurChIn, “The end...”, páxs. 280 e seguintes. 53 Cfr. Laurent laMoIne, Le pouvoir locale en Gaule Romaine, Paris, Blaise-Pascal, 2009, páx. 51; L. A. CurChIn, “The end...”, páx. 280. 54 Michael KulIKowsKI, Late Roman Spain and its Cities, Baltimore, Johns Hopkins University Press, 2010, páx. 44. 55 L. A. CurChIn, “The end...”, páxs. 180 e seguintes. 56 Jean-Michel CarrIé, “Developments in provincial and local administration”, en Alan K. Bowman, Peter Garnsey e Averil Cameron, The Cambridge Ancient History, XII, Cambridge, Cambridge University Press, 2005, páxs. 295-296; M. KulIKowsKI, The Cities..., páx. 44; L. A. CurChIn, “The end...”, páxs. 276 e seguintes. Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIV, núm. 130 (2017), págs. 15-48. ISSN: 0210-847X. DOI: 10.3989/ceg.2017.130.01 33 TRANSFORMACIÓNS E PERMANENCIA DO MUNICIPIUM NA GALLAECIA BAIXO-ROMANA (SÉCULOS III-V) Dada a hipotética datación severiana da estela de Asadur57, Licinio Vexeto situaríase na caracterización temperá da institución; comportando, en calquera caso, a inhibición das maxistraturas municipais tradicionais da res publica Interamicorum na súa negociación bilateral coas autoridades fiscais romanas. Isto asimila intimamente o ritmo de evolución política da Gallaecia ao da xeneralidade do Imperio, no que as maxistraturas comezaban a ver solapadas as súas funcións con estas figuras de designación ou confirmación imperial, tendencia que non se limita á mediatización do municipium por parte do poder central; senón tamén, como vimos, á valoración, por parte das elites locais, deste prestixiamento externo para as súas estratexias sociais particulares. IMPlICaCIón FIsCal das CurIas: o MoIo de Ponte PuñIde Unha das innovacións máis transcedentais da Tetrarquía, base material dunha nova dimensión do Estado pero dentro dunha lóxica administrativa conservadora, foi a reforma da fiscalidade. En efecto, a tributación romana post-dioclecianea fundamentouse na avaliación e recadación do principal imposto, a iugatio-capitatio, polos propios municipia, e non se dirixiu só á satisfación dos gastos do Estado senón tamén ás propias necesidades municipais58. Con este fin, as curias nomeaban os exactores e, en caso de resultar inferior o recadado cás expectativas, habían de cadralo cos seus patrimonios. A comprometida responsabilidade fiscal situou ao ordo curialis nunha situación ambivalente59: se uns viron unha oportunidade para medraren a través da corrupción, isto xeralmente se concibiu como un labor indesexábel que ademais reduciu o vello prestixio público deste corpo social; o que, en fin, motivou comunmente a deserción das responsabilidades curiais e a autoritaria pero infructuosa lexislación imperial ao respecto. Nesta situación, as autoridades provinciais víronse na obriga de mediatizaren a recadación tributaria, que pasou a depender progresivamente de numerarii, funcionarios dependentes directamente do gobernador provincial ou do Prefecto do Pretorio60. Coa constitución da provincia e os propios condicionantes estruturais da Gallaecia, onde a meirande parte das comunidades locais eran fortemente rurais, 57 P. le roux, “Las ciudades...”, cit., páx. 375. 58 Luis A. garCía Moreno, Estudios sobre la organización administrativa del reino visigodo de Toledo, Madrid, Instituto Nacional de Estudios Jurídicos, 1974, páx. 50; Mireille CorbIer, “Coinage and taxation: the state’s point of view, A.D. 193-337”, en Alan K. Bowman, Peter Garnsey e Averil Cameron, The Cambridge Ancient History, XII, Cambridge, Cambridge University Press, 2005, páxs. 371-372. 59 Véxase C. wICKhaM, Framing the Early Middle Ages..., páx. 68. 60 L. A. garCía Moreno, Estudios..., páxs. 43 e 49-51; G. bravo Castañeda, Diocleciano..., páx. 44; P. ubrIC rabaneda, La Iglesia..., páxs. 78-79. Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIV, núm. 130 (2017), págs. 15-48. ISSN: 0210-847X. DOI: 10.3989/ceg.2017.130.01 34 MARTÍN FERNÁNDEZ CALO puidera inferirse a recorrencia aquí da solución “externa” dos numerarii. Con todo, malia a pobreza da documentación dispoñíbel, un documento excepcional vén constatar expresamente que, nas derradeiras décadas do dominio romano da Gallaecia, as curias mantiñan un papel relevante na recadación fiscal. Refírome, por suposto, ao moio de Ponte Puñide (Gonzar, O Pino), modius de bronce cun substancioso campo epigráfico61: Lei de moio conforme ao sacro mandato dos nosos señores Valentiniano, Valente e Graciano; por orde do vicario Mario Artemio, varón clarísimo, e coidado dos “principales” Potamio e Quenciano. O modius, empregado deica o 364/375 para a exacción fiscal en especie, contén xa que logo –e embora probabelmente fose fraudulento62– a certificación da legalidade dos seus pesos e medidas: a lei dos emperadores Valentiniano, Valente e Graciano, a orde do uicarius Mario Artemio, e finalmente o coidado (cura) dos principales Potamio e Quenciano na súa elaboración. O papel destes últimos en relación ao moio non é máis ca especulativo, ao figurar no texto orixinal unha simple abreviatura, CVR63, da que se pode inferir tanto un participio latino (curantibus, encargándose); ou ben un substantivo (curatoribus, encargados). Neste segundo caso obteríase a designación de Potamio e Quenciano como curatores, asimilándoos, dada a natureza fiscal do documento, á figura do curator ou exactor ciuitatis: o encargado, por designación da curia, das exaccións fiscais no seu municipium64. Porén, se cadra sexa preferíbel a lectura do participio, toda vez que a redacción do texto o separa do título principales, e en caso de seren ambos substantivos cumpriría pensar nunha secuencia copulativa: curatores et principales. Este non conforma, obviamente, un argumento decisivo; mais de calquera xeito tal indefinición non afecta excesivamente ao sentido do texto, cuxo interese para o presente estudo é outro: o título principalis, compartido por Potamio e Quenciano. No contexto cronolóxico do documento, este non se reduce a un calificativo xenérico senón que impón a dignidade de principales curiae para 61 Texto latino (CIRG I, 87): Modii l(ex) iuxta sacram iussio[n]em ddd(ominorum) nnn(ostrorum) Ualentiniani Ualent(i)s et Gratiani inuictissimorum | principum iubente Mario Artemio u(iro) c(larissimo) ag(ente) uic(ariam) p(raefecturam) cur(antibus?) Potamio et Quentiano principalibus. 62 L. A. CurChIn, “The role...”, páx. 291, suxire expresamente que as súas medidas inexactas se deberían á corrupción propia da cultura política da época. 63 Cfr. Andrés Martínez salazar, “El modio de Ponte Puñide”, Boletín de la Real Academia Gallega, 79 (1913), páx. 182. 64 Véxase, arredor deste cargo e a sinonimia das citadas denominacións, L. A. garCía Moreno, Estudios..., páx. 50. Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIV, núm. 130 (2017), págs. 15-48. ISSN: 0210-847X. DOI: 10.3989/ceg.2017.130.01 35 TRANSFORMACIÓNS E PERMANENCIA DO MUNICIPIUM NA GALLAECIA BAIXO-ROMANA (SÉCULOS III-V) os devanditos persoeiros65. Este título, como indica a súa propia nomenclatura, referíase ao núcleo de primeira dignidade, ou executive committee66, das curias; que no Baixo Imperio tendeu a acumular as funcións deste órgano. A que curia pertencían os principales Potamio e Quenciano? Sen entrarmos no terreo das especulacións e asumindo como premisa razoábel que o moio se atopou en Ponte Puñide porque se empregou como medida dos cobros tributarios dos possessores galaico-romanos da contorna desta localidade67, emerxen varios elementos de xuízo: 1º.– O organigrama administrativo. O campo epigráfico do moio situaría, ordeando a atención dos cobros tributarios á lei imperial en curso, ao uicarius Hispaniarum. Neste senso, o suxeito executor da orde podería asimilarse ao seguinte nivel no organigrama administrativo baixo-im- perial: a provincia; o que levaría aos principales en cuestión á curia da capital provincial68. Con todo, segundo xa se avanzou, os suxeitos encargados da recadación tributaria procedían dos municipia ou, no seu defecto, de axentes provinciais, os numerarii. Isto dificulta a implicación da curia da capital provincial nunha función estraña a ela, cuxa relación estrutural coa vicaría hispana se desenvolvía, coma a de todos os demais municipia, a través do goberno provincial. 2º.– O lugar de achado. Fronte ao dito, a orde do uicarius ben puido estar dirixida a todos os municipia sen necesidade dunha insólita intermediación da curia da capital provincial. Dado que o moio foi achado en Ponte Puñide, cuxa contorna probabelmente se adscribise á xurisdición local da ciuitas Copororum69, cumpriría reducir a ela a curia en cuestión. 3º.– Unha hipotética adtributio fiscal. Se a devandita ciuitas dependía doutra para sufragar as súas obrigas fiscais, a curia en cuestión desprazaríase 65 A. Martínez salazar, “El modio...”, páx. 183; Rafael de ureña, “El modius de Ponte Puñide”, Boletín de la Real Academia de la Historia, 66 (1915), páx. 502; L. A. CurChIn, “The role...”, páx. 289. 66 L. A. CurChIn, “The end...”, páx. 277. 67 En efecto, o moio, sendo un instrumento móbel, puido chegar a Ponte Puñide por outras moitas razóns: unha reutilización ou tesaurización posterior, unha enchente fluvial, un asalto aos exactores encargados, etcétera. Con todo, os datos positivos dos que se dispón –o lugar do achado e a data contida– cominan ineludibelmente a centrar neles a valoración do documento. 68 Cómpre xustificar esta expresión, no canto da referencia explícita a unha localidade. Como é ben sabido, Braga foi tradicionalmente considerada a capital da Gallaecia romana, noción que con todo pode vir motivada polo seu protagonismo eclesiástico tardo-antigo, pero non se atopa en absoluto verificada por documentación específica da época. Cfr. Géza alFöldy, Provincia Hispania Superior, A Coruña, Universidade da Coruña, 2002, páx. 62. 69 Cfr. Manuel Carlos garCía Martínez, “Datos para la reducción geográfica de los capori”, Compostellanum, 17 (1972), páxs. 23-35. Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIV, núm. 130 (2017), págs. 15-48. ISSN: 0210-847X. DOI: 10.3989/ceg.2017.130.01 36 MARTÍN FERNÁNDEZ CALO a outra hipotética comunidade. Neste caso cumpriría pensar en Lugo, a cidade máis próxima e sé do conuentus iuridicus alto-romano, ou ben, outra volta, na propia capital provincial. O lugar de achado conforma, pois, o principal elemento de xuízo, tanto para valorar a relación da comunidade local que ocupaba ese espazo en época romana, como para calibrar a implicación de cidades externas, nomeadamente Lugo e a capital provincial. Semella, en calquera caso, que algunha curia da Gallaecia se viu implicada na facturación do recipiente e no labor fiscal ao que serviu; o que canda menos acredita a plena operatividade destes órganos municipais. Certamente, a posibilidade de que esta curia se adscribise directamente á ciuitas Copororum, comunidade secundaria e rural, enfatiza a excepcionalidade do testemuño. E coido que tal opción ten grandes visos de verosimilitude: non só o lugar de achado, senón a propia elusión da origo dos principales nomeados no campo epigráfico, apoia a súa relación coa ciuitas na que se empregase o moio. Se Potamio e Quenciano certificaron a legalidade do mesmo, é que a súa identidade resultaba significativa para os contribuíntes. o municipium sen o estado: a IrruPCIón bárbara Segundo se amosou ata aquí a través da análise pormenorizada do rexistro histórico dispoñíbel, o municipium galaico ficou plenamente operativo, dentro dos estándares da época, durante todo o Baixo Imperio. Porén, a irrupción bárbara na Península Ibérica do 409 situouno perante un contexto absolutamente inédito e sen dúbida adverso: o colapso do Estado. Os poderes bárbaros, dende o 420 exclusivamente o suevo, implantáronse conforme a eventualidades político-militares, máis do que a unha suplantación ordenada da “auctoritas” imperial previa ou a unha planificación a longo prazo70. Inicialmente, dirixiron os seus esforzos á apropiación de recursos manu militari71, e sen dúbida ao recoñecemento de garantías fiscais e xeo-estratéxicas ás comunidades vencidas. A mediados de século, asistiríase ao auxe da monarquía sueva, cando, alén de efectuar unha notábel expansión militar na Lusitania e Baetica, protagonizaría unha significativa integración socio-política coa conversión de Requiario e a emisión de moedas de tipo imperial. Pero isto sería só un desenvolvemento embrionario, interrumpido pola intervención militar visigoda do 456-457 e a 70 Martín Fernández Calo, “Os synodi suevo-católicos: implicacións político-administrativas dunha bipartición metropolitana”, Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIII, 129 (2016), páx. 141. 71 Jorge lóPez QuIroga e Mónica rodríguez lovelle, “De los Vándalos a los Suevos en Galicia: una visión crítica sobre su instalación y organización territorial en el noroeste de la Península Ibérica en el siglo V”, Studia historica-Historia antigua, 13-14 (1995-1996), páx. 430; P. C. díaz Martínez, El reino..., páx. 78; M. Fernández Calo, A organización..., páx. 102. Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIV, núm. 130 (2017), págs. 15-48. ISSN: 0210-847X. DOI: 10.3989/ceg.2017.130.01 37 TRANSFORMACIÓNS E PERMANENCIA DO MUNICIPIUM NA GALLAECIA BAIXO-ROMANA (SÉCULOS III-V) destrución da primeira dinastía sueva, que arrecantaría a este pobo, novamente, na Gallaecia. Segue a isto unha guerra civil sueva ata a imposición de Remismundo como novo rei no 464. Só catro anos despois, remata o Chronicon de Hidacio e dá inicio o chamado “século escuro suevo”, do que é característica a ausencia de noticias literarias ata a consolidación suevo-católica de mediados do século seguinte. Certamente, só a “inestabilidade” permite caracterizar globalmente o dominio suevo deste período72. Entrementres, o poder local galaico desenvolvería activamente a súa nova e fluctuante relación co embrionario Estado suevo: a confrontación armada, a negociación bilateral e a conformación paulatina de novos consensos xurídico-po- líticos... Nunha palabra: a interacción co novo hēgemōn xermánico. En efecto, coa retracción romana dos asuntos da Gallaecia, as propias comunidades locais veranse obrigadas a defenderen activamente os seus intereses73. lIderados e rePresentaCIóns CIrCunstanCIaIs A excepcionalidade da irrupción bárbara e dos conflitos armados a ela asociados vai condicionar, neste período, a emerxencia de diversas figuras vencelladas á dirección circunstancial das súas comunidades74. Obviamente, son as grandes familias aristocráticas, reforzadas ininterrumpidamente no período baixo-romano, as que aportarán estas personalidades. Curiosamente Hidacio, fonte case exclusiva, non consigna ningunha información verbo á identificación destes líderes na Gallaecia, pero si o fai con dous líderes lusitanos, Cántabro de Coimbra e Lusidio de Lisboa75. Do primeiro non se limita á mención descontextualizada da súa dirección política local, senón que sinala o apreixamento da súa familia polos suevos. Tal circunstancia pode entenderse tanto dentro da toma de botín de guerra como, máis probabelmente dado o papel político deste persoeiro, un mecanismo de presión por medio da posesión de reféns76. Coñecemos este mesmo recurso, embora non as personalidades implicadas, noutros episodios galaicos77; polo que se debuxan uns condicionantes socio-politicos virtualmente análogos entre os líderes populares da Lusitania e os da Gallaecia. 72 P. ubrIC rabaneda, La Iglesia..., páxs. 108 e seguintes; M. Fernández Calo, A organización..., páx. 97; ídem, “Os synodi...”, páx. 156. 73 F. arIas vIlas 1997: “A transición...”, páx. 292; P. C. díaz Martínez, El reino..., páx. 166; M. Fernández Calo, A organización..., páx. 103. 74 César Candelas Colodrón, “Plebs y aristocracia en el cronicón de Hidacio: la organización política hispanorromana en el siglo V”, Polis, 13 (2001), páx. 130. 75 Hyd., Chron., 229 [225]; 246 [240]. 76 Benito MárQuez Castro, “Rehenes y cautivos como garantía de adhesión de los poderes locales hispanos a la autoridad sueva en la Crónica de Hidacio”, Brathair, XIV, 1 (2014). 77 Hyd., Chron., 91 [81]; 100 [91]. Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIV, núm. 130 (2017), págs. 15-48. ISSN: 0210-847X. DOI: 10.3989/ceg.2017.130.01 38 MARTÍN FERNÁNDEZ CALO Outra substanciosa referencia explícita dun liderado popular, desta volta xa na Gallaecia, emerxe da noticia hidaciana do ataque suevo a Lugo do 46078: En Lugo, o día de Pascua, varios romanos co seu “rector”, de nobre berce, despreocupados por mor da reverencia ao calendario, son asasinados polos suevos nunha repentina incursión. Neste caso non contamos cunha identificación onomástica, senón, se cadra máis significativamente, coa dun cargo político: “reitor” (rector) de Lugo; ou, máis conforme á definición hidaciana, dos romanos desta cidade. O anónimo rector lucense constitúe unha figura indudablemente problemática79; mais dende logo semella adscribíbel a unha maxistratura, se cadra circunstancial, vencellada á dirección política da súa comunidade80. Porén, o papel circunstancial dos representantes das comunidades locais non se limitou á dirección política, senón que incluíu tamén a negociación e mediación diplomática. Aparecen nesta función claramente representados os bispos da Gallaecia. En primeiro lugar, Simposio, posibelmente un dos bispos filo-prisci- lianistas que se retractaran no concilio romano de Toledo81, tería xa mediado entre o poder imperial e o suevo en tempo de Hermerico82. O propio Hidacio dirixiría embaixadas á Galia para recabar o apoio de Aecio e sufriría as represalias suevas cando Frumario tomou Chaves no 460 e o apreixou temporalmente83. Pero estas accións non foron necesariamente isoladas: varios bispos da Gallaecia, Hidacio incluído, negociarían conxuntamente a paz con Hermerico no 43384. Non existen referencias unívocas da implicación de figuras leigas nesta actividade diplomática, embora hipoteticamente se podería fornecer, como presunto embaixador da comunidade dos Aunonenses, a un certo Opilio mencionado para o 46785. 78 Ibíd., 199 [194]: Per Sueuos Luco habitantes in diebus paschae Romani aliquanti cum rectore suo honesto natu repentino, securi de reuerentia dierum, occiduntur incursu. Adaptado de T. MoMMsen, Scriptores..., páx. 31. 79 P. C. díaz Martínez, El reino..., páx. 90. 80 A. tranoy, La Galice..., páxs. 440-441; F. arIas vIlas, “A transición...”, páx. 291; C. Candelas Colodrón, “Plebs...”, páxs. 130 e 136-137; P. ubrIC rabaneda, La Iglesia..., páxs. 74-76; P. C. díaz Martínez, “La Hispania...”, páx. 441; ídem, El reino..., páx. 90; M. Fernández Calo, A organización..., páx. 107. 81 Cfr. P. ubrIC rabaneda, La Iglesia..., páx. 204. 82 Hyd., Chron., 101 [92]. 83 Ibíd., 96 [86]; 196 [191]. 84 Ibíd., 100 [91]. 85 Ibíd., 239 [235]: De Aunonensi plebe... Opilio cum uiris secum rege profectis et cum aliquantis, qui cum ipso missi fuerant, reuertitur. Adaptado de T. MoMMsen, Scriptores..., páx. 34. A ambigüidade desta expresión, que gramaticalmente pode entenderse en termos de orixe tanto natural coma Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIV, núm. 130 (2017), págs. 15-48. ISSN: 0210-847X. DOI: 10.3989/ceg.2017.130.01 39 TRANSFORMACIÓNS E PERMANENCIA DO MUNICIPIUM NA GALLAECIA BAIXO-ROMANA (SÉCULOS III-V) O decisivo rol social dos bispos da Gallaecia nesta conxuntura correspóndese ao que aconteceu na xeneralidade das cidades do Occidente romano coa implantación dos poderes bárbaros86. O episcopado, en efecto, asimilárase á elite socio-política das súas comunidades, conectando coas súas estratexias e nomeadamente as redes de patrocinium que protagonizaron a dinámica social baixo-romana87, ás que se adicou un apartado específico neste artigo. Os bispos asimílanse, pois, á representación circunstancial das súas comunidades, baseada fundamentalmente na súa posición social previa. Con todo, condicionaron tamén este papel outras vantaxes, máis espirituais, que caracterizaron esta figura eclesiástica: a súa superior instrución e autoridade socio-relixiosa88, das que se deriva a relevante actuación diplomática que se lles documenta, na que obviamente importaba o exercicio da elocuencia. as plebes galaICas na terMInoloxía hIdaCIana Vense de atender a determinadas funcións públicas testemuñadas nas comunidades galaicas desta época: cómpre caracterizarmos do mesmo xeito, pois, tales comunidades; cuestión na que a terminoloxía hidaciana resulta determinante. Para Hidacio, a voz gens semella reducida á mención dos pobos bárbaros, se cadra por se asimilar á acepción relixiosa da gentilitas, o paganismo89. O título ciuitas, que viramos antes en Plinio designando a xeneralidade das comunidades políticas locais da Gallaecia alto-romana, ten xa un senso físico achegado ao actual romance, empregándose fundamentalmente para designar importantes núcleos urbanos90. Populus perde o seu afamado sentido organizativo circunstancial –embora o verbo reuertitur apoiaría a segunda opción–, dificulta a súa interpretación. Neste senso, Opilio sería embaixador dos Aunonenses perante o visigodo Eurico para John Robert MartIndale, The Prosopography of the Later Roman Empire, II, Cambridge, Cambridge University Press, 1980, páx. 807; ou un terratente involucrado neste mesmo contexto e representando a súa comunidade para A. lóPez CarreIra, O reino..., páx. 57. Pola contra, M. C. díaz Martínez, El reino..., páx. 188, faino o embaixador suevo, que volta da súa misión diplomática cos Aunonenses. 86 P. ubrIC rabaneda, La Iglesia..., páxs. 43, 80 e 194 e seguintes; J. H. W. G. lIebesChuetz, “Administration...”, páxs. 209-210; P. heather, “State...”, páxs. 456-457; Rita lIzzI, “The Late Antique Bishop: Image and Reality”, en Philip Rousseau, A Companion to Late Antiquity, Chichester, Blackwell, 2009, páx. 536. 87 Véxase a este respecto Claude lePPeley, “Le patronat épiscopal aux IVe et Ve siècles: continuitès et ruptures avec le patronat classique”, en Éric Rebillard e Claire Sotinel, L’évêque dans la cité du IV e aux V e: image et autorité, Paris-Roma, École Française de Rome, 1998. 88 Cfr. R. lIzzI, “The Late Antique Bishop...”, páx. 537. 89 Cfr. Hyd., Chron., 12; 137 [129]; 150; [142]; 161; [153]; 171 [164]; 208 [203]. 90 Canda menos nos casos nos que as ciuitates citadas son identificadas: Hyd., Chron., 31 [25]; 49 [41]; 73 [65]; 89 [79]; 174 [167]; 186 [179]; 188 [181]; 206 [201]; 215 [210]; 241 [237]; 244 [238]. Finalmente, tamén a súa patria, a Lemica ciuitas (ibíd., 1); se cadra xa, neste caso, un núcleo secundario. Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIV, núm. 130 (2017), págs. 15-48. ISSN: 0210-847X. DOI: 10.3989/ceg.2017.130.01 46 MARTÍN FERNÁNDEZ CALO Hahn, István, “Das bäuerliche Patrocinium in Ost und West”, Klio, 50 (1968), páxs. 261-276. Hartel, Wilhelm von, Corpus Scriptorum Ecclesiasticorum Latinorum, III/2, Wien, Kaiserliche Akademie der Wissenschaften in Wien, 1871. Heather, Peter, “State, Lordship and Community in the West (c. A.D. 400-600)”, en Averil Cameron, Bryan Ward-Perkins e Michael Whitby, The Cambridge Ancient History, XIV, Cambridge, Cambridge University Press, 2007, páxs. 437-468. Kulikowski, Michael, Late Roman Spain and its Cities, Baltimore, Johns Hopkins University Press, 2010. Lamoine, Laurent, Le pouvoir locale en Gaule Romaine, Paris, Blaise-Pascal, 2009. Le Roux, Patrick, “Las ciudades de la Callaecia romana durante el Alto Imperio”, Gerión, 14 (1996), páxs. 363-380. Leppeley, Claude, “Le patronat épiscopal aux IV e et V e siècles: continuitès et ruptures avec le patronat classique”, en Éric Rebillard e Claire Sotinel, L’évêque dans la cité du IV e aux V e: image et autorité, Paris-Roma, École Française de Rome, 1998, páxs. 17-33. Liebeschuetz, John Hugo Wolfgang Gideon, “Administration and Politics in the Cities of the Fifth to the mid Seventh Century”, en Averil Cameron, Bryan Ward-Perkins e Michael Whitby, The Cambridge Ancient History, XIV, Cambridge, Cambridge University Press, 2007, páxs. 207-237. Lizzi, Rita, “The Late Antique Bishop: Image and Reality”, en Philip Rousseau, A Companion to Late Antiquity, Chichester, Blackwell, 2009, páxs. 525-537. Lo Cascio, Elio, “The New State of Diocletian and Constantine: from the Tetrarchy to the Reunification of the Empire”, en Alan K. Bowman, Peter Garnsey e Averil Cameron, The Cambridge Ancient History, XII, Cambridge, Cambridge University Press, 2005, páxs. 170-183. López Carreira, Anselmo, O reino medieval de Galicia: contribución a unha historia política, Vigo, A Nosa Terra, 2008. López Cuevillas, Florentino, “El municipio de Lais”, Boletín de la Comisión de Monumentos de Orense, XVIII, 2 (1955), páxs. 190-193. López Quiroga, Jorge, El final de la Antigüedad en la Gallaecia: la transformación de las estructuras de poblamiento entre Miño y Duero (siglos V al X), A Coruña, Pedro Barrié de la Maza, 2004. López Quiroga, Jorge e Rodríguez Lovelle, Mónica, “De los Vándalos a los Suevos en Galicia: una visión crítica sobre su instalación y organización territorial en el noroeste de la Península Ibérica en el siglo V”, Studia historica-Historia antigua, 13-14 (1995-1996), páxs. 421-436. MacMullen, Ramsay, “The Celtic Renaissance”, en Ramsay MacMullen, Changes in the Roman Empire: Essays in the Ordinary, Princeton, Princeton University Press, 1990, páxs. 41-48. Mangas Manjarrés, Julio, Aldea y ciudad en la antigüedad hispana, Madrid, Arco Libros, 1996. Márquez Castro, Benito, “Rehenes y cautivos como garantía de adhesión de los poderes locales hispanos a la autoridad sueva en la Crónica de Hidacio”, Brathair, XIV, 1 (2014), páxs. 82-100. Martindale, John Robert, The Prosopography of the Later Roman Empire, II, Cambridge, Cambridge University Press, 1980. Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIV, núm. 130 (2017), págs. 15-48. ISSN: 0210-847X. DOI: 10.3989/ceg.2017.130.01 47 TRANSFORMACIÓNS E PERMANENCIA DO MUNICIPIUM NA GALLAECIA BAIXO-ROMANA (SÉCULOS III-V) Martínez Salazar, Andrés, “El modio de Ponte Puñide”, Boletín de la Real Academia Gallega, 79 (1913), páxs. 169-184. Martins, Manuela e Fontes, Luís, “Bracara Augusta: balanço de 30 anos de investigação arqueológica na capital da Galécia Romana”, en Ricardo González Villaescusa e Joaquín Ruíz de Arbulo, Simulacra Romae II: Rome, les capitales de province (capita provinciarum) et la création d’un espace commun européen, Reims, Société archéologique champenoise, 2010, páxs. 111-124. Mommsen, Theodor, Scriptores antiquissimi, XI/2, Berlin, Monumenta Germaniae Historica, 1894. Naveiro López, Juan L., El comercio antiguo en el NW peninsular: lectura histórica del registro arqueológico, A Coruña, Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón, 1991. Nicols, John, “On the Standard Size of the Ordo Decurionum”, Zeitschrift der Savigny-Stiftung für Rechtsgeschichte, 105 (1988), páxs. 712-719. Novo Güisán, José Miguel, De Hidacio a Sampiro: los castros durante la época visigoda y la primera reconquista, Lugo, Deputación Provincial de Lugo, 2000. Núñez García, Óscar, “Cristianismo, sociedad y poder: origen y evolución de la jerarquía eclesiástica en la Gallaecia antigua”, Hispania Sacra, LXV, extra 2 (2013), páxs. 7-31. Pereira Menaut, Gerardo, “Los castella y las comunidades de Gallaecia”, Zephyrus, 34-35 (1982), páxs. 245-268. Pérez Losada, Fermín, “Entre a cidade e a aldea: estudio arqueohistórico dos aglomerados secundarios romanos en Galicia”, Brigantium, 13 (2002). Pérez Pujol, Eduardo, Historia de las instituciones sociales de la España Goda, II, Madrid, Fernando Fe, 1896. Rodríguez Resino, Álvaro, Do Imperio Romano á Alta Idade Media: arqueoloxía da Tardoantigüidade en Galicia (séculos V-VIII), Noia, Toxosoutos, 2005. Rodríguez Resino, Álvaro, “Ciudades, vicus, castra y villae en el NW durante la tardoantigüedad: ensayo de un modelo arqueohistórico para el período”, Gallaecia, 26 (2007), páxs. 133-161. Sánchez-Albornoz, Claudio, Ruina y extinción del municipio romano en España e instituciones que le reemplazan, Buenos Aires, Universidad Nacional de Buenos Aires, 1943. Sánchez Pardo, José Carlos, Territorio y poblamiento en Galicia entre la Antigüedad y la Plena Edad Media, tese de doutoramento inédita, Universidade de Santiago de Compostela, 2008. Sánchez Pardo, José Carlos, “Castros, castillos y otras fortificaciones en el paisaje sociopolítico de Galicia (siglos IV-XI)”, en Juan Antonio Quirós Castillo e José María Tejado Sebastián, Los castillos altomedievales en el noroeste de la Península Ibérica, Bilbao, Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibersitatea, 2012, páxs. 29-56. Suárez Piñeiro, Ana María, “O desenvolvemento territorial dunha cidade con 2000 anos de historia: Lucus Augusti”, Boletín do Museo Provincial de Lugo, 13 (2006-2008), páxs. 311-323. Suárez Piñeiro, Ana María, A romanización de Galicia, Noia, Toxosoutos, 2009. Tejada y Ramiro, Juan, Colección de cánones y de todos los concilios de la Iglesia de España y de América, II, Madrid, Imprenta Real, 1810. Torres Rodríguez, Casimiro, “Límites geográficos de Galicia en los siglos IV y V”, Cuadernos de Estudios Gallegos, 14 (1949), páxs. 367-383. Cuadernos de Estudios Gallegos, LXIV, núm. 130 (2017), págs. 15-48. ISSN: 0210-847X. DOI: 10.3989/ceg.2017.130.01 48 MARTÍN FERNÁNDEZ CALO Tranoy, Alain, La Galice Romaine: recherches sur le nord-ouest de la péninsule ibérique dans l’Antiquité, Paris, Diffusion de Boccard, 1981. Ubric Rabaneda, Purificación, La Iglesia y los Estados bárbaros en la Hispania del siglo V (509-507), tese de doutoramento inédita, Universidad de Granada, 2003. Ureña, Rafael de, “El modius de Ponte Puñide”, Boletín de la Real Academia de la Historia, 66 (1915), páxs. 485-507. Ward-Perkins, Bryan, “The Cities”, en Averil Cameron e Peter Garnsey (eds), The Cambridge Ancient History, XIII, Cambridge, Cambridge University Press, 1998, páxs. 371-410. Wickham, Chris, Framing the Early Middle Ages: Europe and the Mediterranean (400-800), Oxford, Oxford University Press, 2005. Witschel, Christian, “Hispania en el siglo III”, en Javier Andreu Pintado, Javier Cabrero Piquero e Isabel Rodá de Llanza, Hispaniae: las provincias hispanas en el mundo romano, Tarragona, Institut Català d’Arqueologia Clàssica, 2009, páxs. 473-503.