scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Resolución reitoral do 22-09-2015 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios (DOG nº 190 do 05-10-2015)

Universidade de Santiago de Compostela. Reitoría

Full text

DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38774 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia III. OUTRAS DISPOSICIÓNS UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2015 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios. I. O artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) determina as competencias do reitor, quen como máxima autoridade académica e de representación daquela exerce a súa dirección, goberno e xestión, así como o desenvolvemento das liñas de actuación aprobadas polos órganos colexiados. Esa amplitude de atribucións ao reitor fai necesario que sexan delegadas estas funcións noutros órganos universitarios, principalmente nos vicerreitores e vicerreitoras, que deben asumir en primeira instancia as decisións e asinar os actos administrativos nas materias da súa competencia, coas excepcións pertinentes e sen prexuízo do dereito do titular das competencias de revogalas en calquera momento. II. A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, regula a delegación de competencias no seu artigo 13 e establece que os órganos das distintas administracións públicas poderán delegar o exercicio das competencias que teñan atribuídas noutros órganos da mesma Administración. Paralelamente, o seu ordinal segundo determina as prohibicións de delegación, así como a imposibilidade de delegar competencias que xa se posúan por delegación. III. Logo da elección do reitor e do seu nomeamento polo Decreto 62/2014, do 28 de maio, establécese por resolución a estrutura de goberno da Universidade coa denominación das vicerreitorías e coa relación das competencias delegadas que van asumir. IV. Transcorrido un ano desde o inicio do mandato e da publicación da anterior resolución de delegación, faise necesario facer algúns axustes para mellorar a súa efectividade, polo que procede aprobar unha nova resolución de delegación na cal tamén se inclúan as competencias da Xerencia que non figuraban na resolución precedente. Por todo o anterior, esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polos artigos 20 da Lei orgánica de universidades e 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, RESOLVE: I. Delegación de competencias en favor dos/as vicerreitores/as. Primeiro. Queda delegada nos/nas vicerreitores/as da Universidade, dentro do ámbito da actividade que a cada un deles se lle encomende, a facultade de resolveren os expe- CVE-DOG: nzuyzao4-x2g9-zdm1-lav1-inekahdvwws3 DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38775 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia dientes e asuntos con competencia atribuída ao reitor, a de asinaren os documentos necesarios para o efecto, así como a coordinación e dirección dos servizos da súa competencia. Segundo. Esta delegación abrangue tanto os actos administrativos de simple xestión ou trámite como os definitivos que poñan fin aos procedementos administrativos. Terceiro. Os/as vicerreitores/as poderán realizar todo tipo de actos de xestión, de comunicación e de trámite en materias propias da súa vicerreitoría. Cuarto. Así mesmo, delégase nos vicerreitores e vicerreitoras a competencia dos seguintes actos: A) Vicerreitoría de Investigación e Innovación. 1. A promoción, a dirección e a avaliación da produción científica e das actividades de I+D+i da Universidade de Santiago de Compostela, impulsando a excelencia e a mellora da calidade da investigación. 2. A promoción e a dirección de iniciativas e programas de seguimento da produción científica, ademais da dirección dos procesos de valorización dos resultados de investigación e de transferencia de coñecemento. 3. A planificación, a coordinación e o desenvolvemento das infraestruturas e servizos científico-técnicos de apoio á produción científica e á investigación. 4. O apoio e a promoción dunha organización eficiente, competitiva e sustentable de grupos de investigación, unidades científico-tecnolóxicas ou redes de investigadores. 5. A colaboración na supervisión dos institutos, centros propios de investigación, estacións científicas, plataformas tecnolóxicas, bibliotecas universitarias ou calquera outra estrutura de investigación xestionada desde o Campus de Lugo. 6. A definición, a dirección e o seguimento dos procesos de rexistro, protección, promoción e comercialización de resultados I+D+i, así como no impulso e apoio á creación de empresas con base en resultados de investigación. 7. A proposta e a formalización de actividades realizadas ao abeiro do artigo 83 da LOU por importe inferior a 80.000 euros, aprobadas pola Comisión de Actividades e Servizos CVE-DOG: nzuyzao4-x2g9-zdm1-lav1-inekahdvwws3 DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38776 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia de I+D segundo o seu regulamento, así como a resolución das reclamacións relativas ás devanditas actividades que non superen o dito importe. 8. A proposta de contratación de persoal investigador ou de apoio á investigación contratado con cargo ás actividades de I+D+i. 9. A concesión de permisos e licenzas, con motivo de estadías de investigación, ao persoal contratado con recursos captados por I+D+i. 10. A proposta de autorización dos contratos do persoal de administración e servizos colaborador nos proxectos I+D+i. 11. A autorización de pagamentos dos complementos retributivos establecidos na normativa vixente ao persoal docente e investigador, pola súa participación en actividades e proxectos de I+D+i. 12. A representación legal da Universidade nas solicitudes e xestión de proxectos e outras axudas de investigación, calquera que sexa a institución convocante, sen prexuízo da información periódica á Reitoría das devanditas solicitudes e a súa resolución. 13. A elaboración dos informes necesarios para concorrer a convocatorias de axudas doutros organismos, así como a conformidade nos informes de seguimento e informes finais dos proxectos e accións de investigación con cargo a financiamento externo. 14. A autorización da participación de investigadores da USC en concursos públicos ou licitación de entidades públicas. B) Vicerreitoría de Organización Académica e Persoal Docente e Investigador. 1. A convocatoria de prazas de persoal docente e investigador contratado. 2. O nomeamento dos tribunais de persoal docente e investigador contratado así como a apreciación de causas que impidan a actuación dos membros, coa excepción dos supostos de abstención e recusación. 3. A aprobación de listas definitivas e provisorias de persoal docente e investigador funcionario e contratado. 4. A presidencia da Comisión de Revisión. CVE-DOG: nzuyzao4-x2g9-zdm1-lav1-inekahdvwws3 DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38777 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia 5. O nomeamento de persoal docente e investigador interino e contratado, así como o asinamento dos seus contratos. 6. A concesión de permisos e licenzas do persoal docente e investigador non delegadas aos/ás decanos/as, directores/as de centros ou directores/as de departamentos. 7. A concesión de permisos e licenzas dos/das decanos/as e directores/as de centros, con independencia da súa duración. 8. Todos os actos previos derivados da xestión e tramitación dos procedementos de xubilación do persoal docente e investigador, agás a autorización dos cesamentos e das citadas xubilacións. 9. A proposta e informe sobre autorización ou recoñecemento de compatibilidade do persoal docente e investigador cando lle corresponda a súa resolución ao reitor. 10. A comunicación de resolucións reitorais en materia de persoal docente e investigador. 11. A comunicación do recoñecemento do complemento específico singular por méritos docentes e dos complementos autonómicos. 12. Todos aqueles actos relativos a situacións administrativas do persoal docente e investigador que non figuren atribuídos a outros órganos universitarios, así como a reorganización docente que implique cambio de campus (Compostela-Lugo) do persoal docente e investigador universitario. 13. A xestión e aprobación do plan docente anual (PDA) dos centros e do plan de ordenación docente (POD) dos departamentos. 14. A resolución de reclamacións en materia de confección do POD e PDA. 15. A coordinación e dirección da avaliación docente do persoal docente e investigador. 16. A dirección da negociación en convenios colectivos e outros pactos legalmente formalizados que afectan o persoal docente e investigador. CVE-DOG: nzuyzao4-x2g9-zdm1-lav1-inekahdvwws3 DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38778 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia C) Vicerreitoría de Oferta Docente e Innovación Educativa. 1. A coordinación dos procesos de elaboración, modificación e implantación dos plans de estudos oficiais de grao e posgrado, e de oferta de estudos propios. 2. A sinatura de convenios para a realización de prácticas en empresas ou institucións das/dos alumnas/os, tramitados pola Universidade de Santiago de Compostela ou a través do seu Consello Social. 3. A dirección e coordinación dos procesos para a elaboración das guías docentes no marco do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). 4. As propostas de elaboración das normas ou documentos sobre adaptacións e recoñecementos, e a aprobación das táboas de recoñecementos. 5. A coordinación do Centro de Linguas Modernas, do Centro de Posgrao, do Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe e das escolas de doutoramento. 6. A dirección e xestión do cuarto ciclo universitario, sen prexuízo da colaboración do/a vicerreitor/a de coordinación do Campus de Lugo. 7. As resolucións relativas ao apoio titorial extraordinario. 8. A sinatura dos diplomas e acreditacións dos estudos propios. 9. A representación da Universidade nos procesos selectivos de bolsas doutros organismos destinados a estudantes de posgrao. 10. A convocatoria dos cursos de verán, así como a súa acreditación. D) Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social. 1. A presidencia do xurado nas bolsas da convocatoria anticipada, xeral e de mobilidade do MEC. 2. A representación da Universidade nos procesos selectivos de bolsas compensatorias da Xunta de Galicia e doutras bolsas de similares características destinadas a estudantes, agás terceiro ciclo e posgrao. CVE-DOG: nzuyzao4-x2g9-zdm1-lav1-inekahdvwws3 DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38779 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia 3. A representación da Universidade nos procesos selectivos das bolsas destinadas á comunidade universitaria non atribuídos especificamente a outras vicerreitorías. 4. A convocatoria e resolución doutras bolsas convocadas por esta vicerreitoría. 5. A convocatoria e resolución das axudas e subvencións de prezos públicos da Universidade de Santiago de Compostela para todos os seus estudantes de títulos oficiais. 6. A coordinación do Servizo Universitario de Residencias (SUR), así como as convocatorias e resolucións relativas ao proceso de selección para aloxamento no SUR e a resolucións de reclamacións. 7. A convocatoria e resolucións de bolsas de colaboración do SUR. 8. A dirección das accións do patrimonio histórico e cultural. 9. A dirección dos servizos de apoio ao emprendemento e o emprego para estudantes. 10. A coordinación e a dirección do Servizo de Participación e Integración Universitaria. 11. A coordinación e a dirección da Área de Cultura. 12. A coordinación e a dirección da Oficina de Igualdade de Xénero. 13. A coordinación e a dirección da Oficina de Desenvolvemento Sostible. 14. A coordinación e a dirección do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. 15. A coordinación da Escola Infantil Breogán, así como a resolución das reclamacións en materia de admisión. 16. A coordinación das cafetarías e comedores universitarios. 17. A coordinación e a dirección da Área de Deportes e as relacións coa Fundación USC Deportiva. 18. A coordinación das accións relacionadas co asociacionismo estudantil. 19. A dirección da memoria de responsabilidade social. CVE-DOG: nzuyzao4-x2g9-zdm1-lav1-inekahdvwws3 DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38780 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia 20. O seguro escolar. E) Vicerreitoría de Comunicación e Coordinación. 1. A coordinación dos servizos de comunicación e información da Universidade. 2. A coordinación das accións de márketing. 3. A dirección da organización dos datos e estatísticas. 4. A organización e dirección da divulgación científica. 5. A dirección dos programas de coordinación entre os distintos servizos da Universidade. 6. A dirección dos plans estratéxicos. 7. O desenvolvemento dos programas de calidade. 8. A dirección dos servizos informáticos da USC en coordinación coa Xerencia. 9. A presidencia da mesa de contratación. F) Vicerreitoría de Internacionalización. 1. A planificación e coordinación da internacionalización docente, investigadora e de reputación na Universidade de Santiago de Compostela. 2. A coordinación das relacións internacionais, así como a xestión de convenios con outras administracións, universidades ou institucións estranxeiras, sexan públicas ou privadas. 3. A planificación e promoción das estruturas da Universidade orientadas a mellorar a proxección internacional dos grupos de investigación e oferta docente. 4. A planificación e promoción nas convocatorias internacionais de investigación. 5. A planificación e promoción de programas de intercambio. 6. A convocatoria de axudas para mobilidade de estudantes, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos. CVE-DOG: nzuyzao4-x2g9-zdm1-lav1-inekahdvwws3 DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38781 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia 7. A convocatoria de axudas pre e posdoutorais para estudantes estranxeiros e as que correspondan para docentes estranxeiros invitados en programas de doutoramento. 8. A representación da Universidade de Santiago de Compostela nos procesos selectivos das bolsas relacionadas coa mobilidade de estudantes, docentes e investigadores. 9. A coordinación de programas que impulsen a impartición de docencia en inglés nos estudos oficiais de grao, máster e doutoramento. 10. A coordinación das cátedras institucionais. G) Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo. 1. A representación ordinaria da Universidade no Campus de Lugo en ausencia do reitor. 2. A coordinación do Campus de Lugo en materia de promoción, dinamización, infraestruturas, titulacións, investigación, docencia, tecnoloxías da información e comunicación e xestión administrativa, en colaboración cos órganos unipersoais de goberno con competencia en cada materia. 3. A coordinación e o desenvolvemento do plan estratéxico do Campus de Lugo (Campus Terra). 4. A coordinación dos procedementos respecto do profesorado que, segundo o POD anual, teña a totalidade ou a maioría da súa docencia no Campus de Lugo, en colaboración co/coa vicerreitor/a de organización académica e persoal docente e investigador. 5. A concesión de permisos e licenzas do persoal docente e investigador con docencia no Campus de Lugo non delegada aos/ás decanos/as e directores/as de centro, en coordinación co/coa o vicerreitor/a de Organización Académica e Persoal Docente e Investigador. 6. A dirección da proposta anual do plan docente anual (PDA) dos centros e do plan de ordenación docente (POD) dos departamentos con relación ás titulacións que se imparten no Campus de Lugo, así como do plan de traballo anual (PTA) para o persoal docente e investigador que imparte docencia no dito campus, en coordinación co/coa vicerreitor/a de organización académica e persoal docente e investigador. CVE-DOG: nzuyzao4-x2g9-zdm1-lav1-inekahdvwws3 DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38782 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia 7. Así mesmo, son competencias do/a vicerreitor/a de coordinación do Campus de Lugo, no marco dos orzamentos descentralizados e dos procedementos de contratación xeral establecidos pola Universidade de Santiago de Compostela: a) A sinatura, logo do procedemento que cumpra aplicar en cada caso, dos contratos administrativos, calquera que sexa o seu obxecto, que afecten exclusivamente o Campus de Lugo e non sexan xestionados de xeito centralizado para toda a Universidade, se se trata de: – Contratos menores. – Contratos que se adxudiquen por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía, que non requiren proposta de adxudicación efectuada pola mesa de contratación da Universidade de Santiago de Compostela. b) A sinatura dos contratos privados ata un importe máximo de 30.000 euros, nos mesmos termos que os contratos administrativos citados no punto anterior. 8. A coordinación, o impulso e o desenvolvemento do Campus de Lugo en materia de infraestruturas, sen prexuízo de que os actos executivos derivados da súa actuación correspondan ao reitor ou á Xerencia. 9. A coordinación dos procesos de elaboración, modificación e implantación dos plans de estudos de grao e posgrao, así como da oferta de formación continua no Campus de Lugo co/a vicerreitor/a de oferta docente e innovación educativa. 10. A colaboración na xestión dos estudos de cuarto ciclo no Campus de Lugo, sen prexuízo das competencias do/a vicerreitor/a de Oferta Docente e Innovación Educativa. H) Vicerreitoría de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do Campus de Lugo. 1. A coordinación dos servizos e as infraestruturas para o desenvolvemento científico e tecnolóxico do Campus de Lugo. 2. A representación legal da Universidade nas solicitudes e xestión de proxectos e outras axudas de investigación, calquera que sexa a institución convocante, sempre que os soliciten profesores, estudantes, bolseiros ou calquera outro persoal que desenvolva a súa actividade no Campus de Lugo e o importe total da actividade non supere os 250.000 euros. CVE-DOG: nzuyzao4-x2g9-zdm1-lav1-inekahdvwws3 DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38789 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia 3. Para realizar funcións sindicais, de formación sindical ou representación do persoal e deberes inescusables de carácter público ou persoal, polo tempo indispensable. 4. Para concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude e avaliación en centros oficiais. 5. Permisos por asuntos particulares, atendendo sempre ás necesidades do servizo. Segundo. Os/as xefes/as de unidades terán a obriga de informar sobre os permisos concedidos sempre que así o requira a Xerencia. Terceiro. As restantes solicitudes de obtención de permisos ou licenzas, retribuídas ou non, deberán formularse ante a Xerencia, cunha antelación mínima de quince (15) días á da data do seu comezo, co obxecto de que poidan ser resoltas en tempo e forma. Exceptúanse aquelas que se poidan producir por circunstancias imprevisibles que se acrediten, que se tramitarán por un procedemento de urxencia. En todo caso, a concesión do permiso será requisito necesario para que o solicitante poida ausentarse do seu posto de traballo. A concesión de permisos debe solicitarse mediante os modelos oficiais establecidos para o efecto. V. Delegación en favor dos/as decanos/as directores/as de centros en materia de permisos do persoal docente e investigador. Os/as decanos/as e directores/as de centros poderán concederlle ao persoal docente e investigador licenzas por estudos ou investigación de ata sete (7) días hábiles, conforme o procedemento establecido. VI. Delegación en favor do/da xefe/a do Servizo de Xestión Académica e dos/das xefes/as de unidades de Xestión Académica. Delégase no/na xefe/a do Servizo de Xestión Académica as seguintes competencias: A sinatura das resolucións definitivas dos seguintes asuntos: – As solicitudes, en materia de xestión académica, non delegadas nos xefes das unidades de Xestión Académica. CVE-DOG: nzuyzao4-x2g9-zdm1-lav1-inekahdvwws3 DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38790 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia – As solicitudes, en materia de xestión académica, presentadas fóra dos prazos establecidos na normativa. – A resolución das anulacións de matrícula, que non estea delegada nos xefes das unidades. – A resolución das admisións para continuar estudos en titulacións con límite de prazas. – As resolucións de validacións parciais de estudos estranxeiros. - Calquera outro acto de trámite ou instrución dos procedementos que sexan competencia do Servizo, así como as resolucións de inadmisión a trámite ou declarativas de desistencias ou renuncias. VII. Delegación en favor dos/as xefes/as de unidades de Xestión Académica. Delégase nos/nas xefes/as de unidades de Xestión Académica a sinatura das resolucións definitivas dos seguintes asuntos: – A admisión de alumnos e alumnas en titulacións sen límite de prazas. – As anulacións de matrícula por falta de pagamento. – As validacións e adaptacións, agás as validacións de estudos estranxeiros. – As autorizacións de simultaneidade de estudos. – O pedimento de informes preceptivos e os facultativos cando os requira unha disposición administrativa de carácter xeral ou se xulguen necesarios para a resolución do procedemento; os escritos a que fai referencia o artigo 71 da LRXAP-PAC; calquera acto de trámite ou instrución dos procedementos que sexan competencia da respectiva unidade, así como as resolucións de inadmisión a trámite ou declarativas de desistencias ou renuncias. VIII. Exceptúanse da delegación outorgada nos puntos anteriores e, por tanto, continúan a ser competencias do reitor: 1. Os asuntos que se refiren ás relacións cos órganos e institucións da Administración do Estado e da Administración autonómica galega, agás os de simple trámite. CVE-DOG: nzuyzao4-x2g9-zdm1-lav1-inekahdvwws3 DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38791 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia 2. Os que teñen relación co Consello Social, Claustro Universitario e Consello de Goberno. 3. Os actos que supoñan o exercicio da excepcionalidade da súa eficacia retroactiva, establecida no artigo 57.3 da LRXAP-PAC. 4. Os actos sancionadores e os referidos ao exercicio da potestade disciplinaria. 5. Os que dean lugar á adopción de resolucións reitorais de carácter xeral. 6. A resolución dos incidentes de abstención e recusación. 7. A supervisión da aplicación da imaxe corporativa da Universidade de Santiago de Compostela. 8. A proposta e formalización de actividades realizadas ao abeiro do artigo 83 da LOU por importe igual ou superior a 80.000 euros, aprobadas pola Comisión de Actividades e Servizos de I+D segundo o seu regulamento, así como a resolución das reclamacións. 9. En materia de PDI funcionario e contratado con vinculación permanente: a) O seu nomeamento ou sinatura do contrato. b) A autorización dos cesamentos e xubilacións. 10. En materia de persoal de administración e servizos: a) O nomeamento de persoal funcionario de carreira. b) O asinamento dos contratos do persoal laboral fixo. c) As adscricións provisorias, as comisións de servizos e a atribución temporal de funcións ao persoal. d) A autorización dos cesamentos e xubilacións. e) A convocatoria de probas selectivas para persoal laboral fixo. f) A declaración das situacións administrativas. CVE-DOG: nzuyzao4-x2g9-zdm1-lav1-inekahdvwws3 DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38792 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia g) O recoñecemento, adquisición e cambio de grao. h) A presentación dos recursos que esgoten a vía administrativa. i) A interposición de demandas ou iniciación de procedementos xudiciais. j) O encargo de funcións de categoría superior. 11. En materia de contratación pública: a) Os actos de autorización dos expedientes, adxudicación e a sinatura de contratos relativos a contratos administrativos suxeitos a regulación harmonizada e aos contratos de xestión de servizos públicos con orzamento de gasto superior a 500.000 euros, segundo o disposto no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público. b) A resolución das impugnacións que se presenten contra os procedementos de adxudicación. c) O acto definitivo de revogación ou de resolución dos contratos administrativos tras o procedemento instruído para o efecto. 12. En materia económico-financeira e patrimonial: a) As resolucións de carácter xeral. b) A interposición de recursos ou iniciación de procedementos xudiciais. c) Aquelas competencias que non son propias do Consello Social ou doutros órganos universitarios. Disposición adicional primeira Os actos ditados en virtude desta delegación non poderán exceder os límites desta delegación, e declararanse, en caso contrario, nulos de pleno dereito. Cando se diten actos e resolucións en uso da delegación de atribucións contidas nesta resolución, farase constar así expresamente e consideraranse como ditadas pola autoridade reitoral. CVE-DOG: nzuyzao4-x2g9-zdm1-lav1-inekahdvwws3 DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38793 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia Disposición adicional segunda En ningún caso poderán delegarse as competencias delegadas nesta resolución, sen prexuízo da posibilidade de delegación expresa de sinatura ou de realización das encomendas de xestión que se consideren pertinentes. Disposición adicional terceira En calquera momento o reitor pode avocar para si o coñecemento e resolución de cantos asuntos considere oportunos en relación coas atribucións delegadas. Disposición adicional cuarta En caso de ausencia ou enfermidade, o reitor será substituído polo/a vicerreitor/a que designe mediante resolución ditada para o efecto. Ante a imposibilidade de ditar a resolución reitoral, substituirao o/a vicerreitor/a que figure no primeiro posto da resolución reitoral pola que se nomean os/as vicerreitores/as e, ante a imposibilidade deste/a, o seguinte e así sucesivamente. Disposición derrogatoria Esta resolución derroga a Resolución do 19 de xuño de 2014 e a do 1 de agosto de 2011 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios. Disposición derradeira Esta resolución entrará en vigor na data de publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2015 Juan Manuel Viaño Rey Reitor da Universidade de Santiago de Compostela CVE-DOG: nzuyzao4-x2g9-zdm1-lav1-inekahdvwws3