Algunhas notas sobre a Gramática elemental del gallego común
Abstract
Ricardo Carvalho Calero publicou a súa "Gramática elemental del gallego común" na editorial Galaxia no ano 1966. Esta obra, que constituíu un fito na historia da nosa lingüística, foi analizada xa desde diferentes perspectivas. Nesta contribución, eu voume centrar no contexto de creación da obra máis ca na análise da obra en si, pois xulgo que entender o contexto permitirá entender e valorar ponderadamente o traballo como gramático de don Ricardo.
Full text
Departamento de Filoloxía Galega Día das Letras Galegas 2020 Ricardo Carvalho Calero As formas do compromiso Edición ao coidado de Francisco cidrás 2020 UniversiDaDe De santiaGo De Compostela
Maqueta tania sanmartín almeida imprenta Universitaria Campus vida Edita servizo de publicacións Campus vida 15782 santiago de Compostela usc. es/publicacions Imprime imprenta Universitaria Campus vida Depósito legal: C 487-2020 ISBN 978-84-17595-86-9 impreso en papel reciclado, 100% libre de cloro, consonte esixencias medioambientais © desta edición, Universidade de santiago de Compostela, 2020 © das fotos de ricardo Carvalho Calero en cuberta, foto esquerda da cuarta de cuberta e interior, moncho rama, 2020 ricardo Carvalho Calero, as formas do compromiso: Día das letras Galegas 2020 / edición ao coidado de Francisco Cidrás. — santiago de Compostela : Universidade de santiago de Compostela, servizo de publicacións e intercambio Científico, 2020 395 p. ; 24 cm. D.l. C 487-2020. – isBn: 978-84-17595-86-9 1. Carvalho Calero, ricardo, 1910-1990 i. Cidrás, Francisco, ed. lit. ii. Universidade de santiago de Compostela. servizo de publicacións e intercambio Científico, ed. 821.134.4 Carvalho Calero, ricardo os editores agradecen a moncho rama a xenerosa cesión dos retratos fotográficos que se reproducen nesta edición
Índice Introdución. As formas do compromiso ..................... 9 Francisco Cidrás I. Aspectos dunhA vIdA Justo Beramendi ........................................................... 23 na esquerda do primeiro nacionalismo. 1926-1936 Araceli Herrero Figueroa ............................................. 45 anos lugueses e tempos de Fingoi. ricardo Carvalho Calero, profesor e filólogo, sobre fondo gris na cidade murada Aurora Marco ............................................................... 73 a pegada do professor Carvalho em diferentes geraçons escolares II. LIterAturA e estudos LIterIArIos Xosé Mª Dobarro Paz .................................................. 99 poemas dun estudante de Dereito Carlos Quiroga ............................................................. 117 verdadeiro poeta foi —ou a poesia é demasiado séria
8 Darío Villanueva .......................................................... 147 Scórpio, autoficción contra posliteratura Arturo Casas ................................................................. 167 Carvalho Calero e a historia literaria: idea, institucionalización e procedementos Manuel Ferreiro ............................................................ 207 E nos duros traballos escelente. Carvalho Calero e os estudos pondalianos José Luís Forneiro ........................................................ 235 ricardo Carvalho Calero e a literatura de tradiçom oral (com a língua galega ao fundo) III. LInguA: teoríA e prAxe Francisco Dubert-García .............................................. 255 algunhas notas sobre a Gramática elemental del gallego común José-Martinho Montero Santalha ............................... 283 o contributo lingüístico de Carvalho Calero María Pilar García Negro ............................................. 305 o pensamento de Carvalho Calero face ao control político-académico da lingua galega Henrique Monteagudo ................................................. 329 a individualidade do galego no pensamento lingüístico de ricardo Carvalho Calero José Luís Rodríguez ..................................................... 361 De A xente na Barreira para A gente na Barreira. trinta anos á procura de um padrom
255 Algunhas notas sobre a Gramática elemental del gallego común1 Francisco Dubert-García Instituto da Lingua Galega Universidade de Santiago de Compostela 1. Introdución Ricardo Carvalho Calero publicou a súa Gramática elemental del gallego común (doravante, GEGC) na editorial Galaxia no ano 1966. Esta obra, que constituíu un fito na historia da nosa lingüística, foi analizada xa desde diferentes perspectivas por Santamarina (1982), Regueira (1996), Henríquez Salido (1999), Alonso Pintos (2000), Dubert García (2000), Mariño Paz (2002), Álvarez (2003, 2011), Sánchez Rei (2005, 2008) e Freixeiro Mato (2018). Nesta contribución, eu voume centrar no contexto de creación da obra máis ca na análise da obra en si, pois xulgo que entender o contexto permitirá entender e valorar ponderadamente (i.e., con mente ponderada) o traballo como gramático de don Ricardo. Destarte, non serán obxecto de estudo nin o modelo gramatical da GEGC, nin as súas propostas normativas sobre o galego común, nin 1 Este traballo realizouse coa axuda da Xunta de Galicia e dos fondos FEDER por medio das Axudas do programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas (ED431C 2017134). Agradezo os comentarios con que Francisco Cidrás e Xulio Sousa axudaron a mellorar este artigo; os erros son só meus.
256 a evolución das diferentes posturas lingüísticas do autor, nin tan sequera unha análise crítica das súas fortalezas e fraquezas técnicas. En todo caso, o obxecto da análise será, unicamente, a primeira edición (Carballo Calero 1966): ó meu xuízo, o logro fundamental de Carvalho está na propia redacción e publicación deste volume. Ó escribir e publicar a súa obra en 1966, superando tódalas dificultades que a vida lle impuña e que as súas cartas mostran, don Ricardo cumpriu unha arela que moitos cobizaban ver realizada. A gramática orixinal obtivo críticas favorables e foi reeditada e modificada varias veces; co tempo, volveuse o manual de referencia sobre o galego durante anos. Con todo, as edicións posteriores só supoñen correccións, reelaboracións e ampliacións deste primeiro logro fundamental. 2. Os atrancos para a redacción dunha gramática galega en 1966 En 1962, Ramón Piñeiro somete á RAG un informe sobre a posibilidade de que esta institución redacte unha gramática da lingua galega. Piñeiro sinálalles ós académicos a importancia deste labor, pois a RAG non debe publicar: unha Gramática galega máis, un novo ensaio provisional de Gramática galega. A Academia ten que publicar a Gramática do galego, que é cousa abondo distinta. As Gramáticas provisionás son necesarias e compre que se publiquen, cantas máis mellor. Pro esa non debe de ser responsabilidade da Academia senón persoal dos seus autores. Poden e deben publicarse Gramáticas galegas, pro con caráiter individual, sin comprometer máis autoridade que a persoal do seu autor, que pode ser moita. A Academia non pode comprometer a súa autoridade máis que na Gramática normativa do galego (Piñeiro 2009: 14). Piñeiro nin sequera considera adecuado ou prudente redactar «un epítome ou resume», pois «mentres non eisista a Gramática académica non poderá facerse un resume académico desta Gramática», xa que «non se pode resumir algo que aínda non eisiste» (Piñeiro 2009:
257 14).2 ¿Cal é a razón? Segundo Piñeiro, a Academia non podía realizar esta gramática pois primeiro cumpría «partir do conocemento sólido e fondo da realidade lingüística de Galicia. Sin esta base, toda tentativa que se faga carecerá de responsabilidade» (Piñeiro 2009: 12). Ora ben, pregunta Piñeiro: «Dispoñemos de datos ouxetivos e seguros en que basar, coa necesaria responsabilidade os criterios dunha sistematización normativa?». El mesmo responde de forma taxativa: «Evidentemente, non». Antes de facer a Gramática normativa do galego, Piñeiro considera máis urxente «facer ise estudo, percurar ises datos, acadar ise conocemento» (Piñeiro 2009: 12-13). Resulta curioso que Piñeiro insista na ausencia de datos sobre a «realidade lingüística de Galicia» e non se deteña na escaseza de lingüistas preparados para redactar este traballo, coma se con ter os datos chegase. De feito, Piñeiro establece que nunha primeira fase de elaboración os lingüistas, fríos técnicos reducionistas incapacitados para unha visión holística da realidade galega, terían como misión única recoller e ordenar datos: «o estudo dos feitos lingüísticos que darán a imaxe real do noso idioma vivo» (Piñeiro 2009: 15). Isto é, os lingüistas deberían preparar meros catálogos organizados de variantes. Dunha idea similar é Manuel Rabanal, que nun artigo de 1962 tamén comenta: Se impone, pues, sentar las bases de una lengua común, de una «koiné» culta o literaria. Y ello obliga, como primer paso, a ordenar en catálogo todas y cada una de las vacilaciones, variantes o discrepancias fonéticas, morfológicas, sintácticas, etc., a que el uso, eminentemente popular, conversacional, de la lengua vernácula, ha llevado a este bello romance occidental hispánico (apud Freixeiro Mato 1994: 168). Nunhas segunda e terceira fases, a Academia tería a responsabilidade tanto da ponderación e selección das variantes coma da propia «elaboración da Gramática normativa do galego académico» (Piñeiro 2009: 15). Polo tanto, sería a Academia quen redactase a Gramá- 2 Sobre estoutra proposta do epítome, véxase Freixeiro Mato (2018). Por epítome entendían, seguramente, unhas recomendacións para a unificación ortográfica e morfolóxica.
258 tica. En todo caso, Rabanal ofrécese el mesmo no artigo a realizar este catálogo de variantes e espera que despois a Academia se decida «—con serenidad, con tacto cariñoso pero con pulso firme— por la más prestigiosa, o más eufónica, o más extendida, de las variantes en litigio» (apud Freixeiro Mato 1994: 168). Ora ben, como a Academia desde a súa fundación non dera feito o seu traballo, Piñeiro remata o seu informe confesando: Un deber de lealtade obrígame a confesar que no ánimo dos máis preocupados polos problemas do noso idioma —entre os que me conto— foi madurecendo dende hai tempo a idea de percurar a solución unificadora ó marxe da Academia, ou seña, de sustituir a autoridade académica pola autoridade científica. Un equipo de lingüistas galegos que está en formación, dentro de poucos anos poderá acometer e resolver científicamente o problema sin necesidade de contar coa autoridade da Academia (Piñeiro 2009: 16). Freixeiro Mato (1994, 2018), que describe polo miúdo todo o ambiente de discusión sobre a elaboración da gramática da Academia neses anos, recolle desde o ano 1966 a existencia de varias iniciativas debidas á «inoperancia, a falta de competencia ou atrancos topados pola academia neste tema» (1994: 174). Entre outras iniciativas figurará a propia GEGC. En todo caso, non sabemos se os lingüistas do equipo que segundo Piñeiro se estaba a conformar serían Moralejo, Rabanal, Pensado, Aníbal Otero ou Carvalho Calero (este informe é de 1962 e, como veremos, Carvalho menciona nunha carta dese ano algo sobre a realización da súa gramática), ou os que aparecen citados nos textos recollidos por Freixeiro Mato (1994, 2018), pero resulta rechamante que Piñeiro esqueza que os que realicen esa gramática extra-académica seguen a carecer dese «conocemento sólido e fondo da realidade lingüística de Galicia» (Piñeiro 2009: 12). Ora ben, como suxire Freixeiro Mato 2018, tamén podería ser que esta idea da falla de coñecemento «sólido e fondo» que impedía a redacción da gramática non fose máis ca unha boa escusa para bloquear a publicación dun simple epítome de gramática galega cunhas cantas normas básicas.
259 Como mostra Alonso Pintos (2006), o grupo Galaxia, do que Piñeiro formaba parte fundamental, considerou sempre como fonte básica de datos para a elaboración dunha gramática a lingua dos bos escritores, non a lingua popular. Polo tanto, recadar datos da lingua dos bos escritores na década de 60 do século xx non era un labor tan complicado coma realizar un completo estudo dos dialectos do galego. De feito, no artigo de Rabanal arriba mencionado, este sostén que unha gramática académica «tiene que aspirar a ser una especie de canon del mejor decir y no un inventario de peculiaridades coloquiales». Rabanal indica que, como mero lingüista catalogador de variantes, «mi labor va a ser muy sencilla. Mas no por eso fácil ni menguada»; a súa intención era publicar colaboracións no xornal La Noche ata xuntar «el inventario de las más importantes vacilaciones del gallego, sobre las que se tendrá que decidir». Se Rabanal fixese o seu labor, obtería os datos «de las gramáticas de Couceiro, de Saco Arce y de Lugrís Freire». Nada di das fontes do galego falado polo común da xente. De feito, aínda que en 1966 Carvalho tampouco tiña moitos datos do galego popular, puido redactar a súa celebrada gramática porque compartía ese modelo de lingua: Na súa elección da lingua literaria como modelo a imitar pesou máis a concepción da escrita literaria como arquetipo exemplar de boa linguaxe cá falta de coñecemento sistemático da realidade dialectal do idioma, pois cando este se produza, xa na década dos setenta, as súas preferencias continuarán da banda do canon literario (Alonso Pintos 2006: 149). 3. Unha gramática individual Se volvemos ó informe de Piñeiro (§ 2), vemos claramente que a GEGC de Carvalho que Galaxia promove e publica debe ser interpretada, en principio, como unha desas gramáticas provisionás, de caráiter individual... E parece que o autor efectivamente forma parte dese grupo de lingüistas que puido acometer e resolver científicamente o problema.
266 alleo ó seu marco de investigación.... Segundo María Dolores Villanueva Gesteira (apud Freixeiro Mato 2018: 64), Galaxia propuxéralles antes o labor da súa gramática a Aníbal Otero, Aquilino Iglesia Alvariño, Isidoro Millán González-Pardo e Ramón Lorenzo. Pola razón que fose, ningún deles aceptou, polo que Galaxia se dirixiu a Carvalho, que nese momento debía de estar escribindo a súa Historia da literatura; é no medio deste contexto que xorde a súa GEGC. De feito, xa nunha carta de 5 de marzo de 1962, ó describirlle a Fernández del Riego os traballos de edición do manuscrito da súa Historia da literatura, Carvalho anúncialle que vai «unificar un pouco máis a morfoloxía, pero dado o dialectalismo da nosa fala e as dimensións de obra, é ilusorio pensar nunha unificación ríxida. Tería que facer primeiro a miña Gramática Galega, e sería o conto de nunca acabar» (Carballo Calero 2006: 318-319, énfase engadida). Vemos que lle fala a Fernández del Riego da súa Gramática como algo coñecido por ámbolos dous; polo tanto, xa en 1962, se non antes, tiña o futuro catedrático da USC na cabeza redactar este texto. Noutra carta máis importante do 22 de decembro de 1963, Carvalho escríbelle a Fernández del Riego: Xa que anunciades a miña Gramática teréi que pensar en facela. Conviría que me mandaras todo o que teñas de antecedentes; pois eu carezo de libros de filoloxía galega. Xa lle dixen a Piñeiro que había que me fornecer dunha pequena biblioteca filolóxica (Carballo Calero 2006: 379). Carvalho afirma que carece de libros de filoloxía galega e acepta cargar coa responsabilidade deste traballo. Vemos tamén que o traballo é considerado por el como unha carga que se lle impón. Máis adiante, noutra carta fundamental do 31 de maio de 1965, Carvalho di percibir unha corrente de opinión desfavorable á empresa. Os seus representantes coidan que istas enerxías debínas consagrar ao segundo tomo da Literatura, porque a Gramática non pode sair tan ben que xustifique o tempo empregado en compoñela. En fin, eu estóu xa embarcado na empresa, que me resulta penosa, e que posiblemente non satisfaga a ninguén: pero se a considerades
267 necesaria ¿quén a ía facer? Os capacitados pra elo difícilmente quererían arriscar o seu prestixio nista tarefa, que considerarán política e non científica. Terán medo a Dámaso Alonso, que ten dito que por moito tempo non será posible unha Gramática galega como a catalana de Badía. Isto é certo, pero nós queremos facer outra cousa. Mais hai moitos que consideran que isa outra cousa non hai por qué a facer. É decir, que creen que o mellor é non facer nada (Carballo Calero 2006: 395-396) Son moitas as implicacións dun texto coma este en termos de socioloxía e historia da lingüística galega. As dificultades para lanzarse á confección dunha gramática galega naquela altura xa non son só técnicas e científicas (a falta de datos e a falta de lingüistas cualificados)6, senón tamén doutra índole sociopolítica: os «capacitados», i.e., os profesionais, non redactarían a gramática porque arriscarían o seu prestixio nunha tarefa que sería considerada «política e non científica». Evidentemente, a redacción dunha gramática é un labor de política lingüística que nace no seo de persoas fortemente comprometidas co galego. Por outra parte, como esta gramática non aspiraba a ser un traballo de grande fondura científica —a gramática de Badia á que se refire Carvalho ten mil páxinas (Badia Margarit 1962)—, senón «outra cousa», un manual, había quen dicía que esa cousa non a había que facer, que o mellor era «non facer nada». Polo tanto, parece que ninguén quería encargarse dun traballo que, ou ben marcaba politicamente a quen o fixese, ou ben non ía ser dunha grande relevancia científica. Ora ben, nas súas conversas con Carvalho, Carme Blanco (1986: 178) dille que «parece que a súa vocación lingüística é máis ben militante e serodia con respecto, por exemplo, á literaria»; a seguir pregúntalle: «¿Trátase máis ben dunha vocación galeguista que dunha vocación estritamente lingüística?». Carvalho contesta que, aínda 6 Efectivamente, Dámaso Alonso destaca a carencia de datos e o atraso da lingüística galega: «Es lamentable el contraste entre la escasez de estudios lingüísticos gallegos, hechos con criterio científico, y el enorme y fructífero esfuerzo de los especialistas catalanes» (apud Fernández Salgado 2018: 246).
268 que un lingüista pode achegarse á lingua que constitúe o seu obxec- to de estudo dun xeito neutro, distante, existe tamén o investigador que aplicando todo o rigurosamente que lle sexa posíbel os seus métodos científicos, está sen embargo interesado en dar a coñecer, en potenciar a actividade lingüística do seu pobo con esperanzas de que non se interrumpa a corrente de criación que esa actividade supón (Blanco 1989: 178). Carvalho indica que «eu pertenzo aos escritores que estudan un material ao que se sinten afectivamente ligados» (p. 178). Pouco despois sinala que para aqueles que coma el teñen traballado en problemas relativos á lingua galega, é «case inevitábel que ademais da nosa actividade investigadora despleguemos outra actividade paralela, que é unha actividade de política lingüística». Polo tanto, ó longo do seu labor profesional, e como resultado da súa «clara tendencia á defensa da lingua galega», tense visto «obrigado a levar a cabo, os dous problemas, as dúas caras da cuestión, o aspecto do estudo científico e o aspecto de promoción» (p. 179). Finalmente, conclúe que «non son os científicos, que estudan os feitos, senón os políticos, aínda que informados da realidade científica, os que teñen que poñer os medios para conseguir» normalizar e salvar galego (p. 192). Todo isto explica, polo tanto, por que Carvalho acepta o xugo da realización da súa gramática: é un labor militante de servizo a Galicia e ó galego. Efectivamente acerta Vázquez Cuesta cando conclúe que: Como la buena fe que se afana en servir a la comunidad por encima de intereses personales se ve siempre premiada, cuando, como en este caso, va unida a la honradez intelectual que no escatima esfuerzos en su ansia de autenticidad y de exactitud, el gran conocedor de la Literatura gallega que es Carballo Calero ha salido airoso de su empeño lingüístico hasta tal punto que difícilmente cabría ponerle reparos si se tienen en cuenta los materiales de que dispone un estudio del gallego en este año de gracia de 1967 (Vázquez Cuesta 1967: 194). Do mesmo xeito, di Viqueira que se se ten en conta a intención do autor (e o que del se esperaba), «no se pueden hacer reparos
269 significativos ni graves. Estimo, al contrario, que Carballo Calero ha hecho cuanto se podía hacer para darnos la fisonomía ideal de un gallego común actual» (Viqueira 1969-71: 286). Cumprido este labor, a GEGC é para Viqueira «un ejemplo bien estimulador para la muchas tareas que deben emprender los filólogos y lingüistas que saben y pueden hacerlo en el área de nuestra lengua gallega». 7. As «temáticas secundarias» No capítulo introdutorio da GEGC aparecen uns contidos (que foron aumentando e modificándose nas edicións posteriores) sobre a noción de galego común, a formación do galego, as súas relacións co castelán e co portugués etc. Como vemos, estes contidos non son estritamente gramaticais. Sánchez Rei (2008), que os denomina «temáticas secundarias», comenta a estrañeza que pode causar a presenza destas informacións nunha gramática e mesmo dedica algún espazo xustificala. Atribúeas, con razón, ás «circunstancias da xénese da obra, nuns momentos en que o galego comezaba a ser estudado con rigor e en que era preciso contar cunha obra actualizada que se non limitase unicamente a facer descrición do seu funcionamento» (Sánchez Rei 2008: 108). Tamén atribúe a presenza destes elementos a un costume que viña sendo común noutras gramáticas galegas, que incluían vocabularios, informacións lexicais, poemas etc.; chega a concluír Sánchez Rei que Carvalho «non puido librarse desta inercia» (2008: 109). Pola miña parte, creo que estas informacións non son necesariamente alleas ós libros chamados gramáticas (aínda que non aparezan nas gramáticas galegas actuais, quen sabe por que): capítulos similares aparecen, por exemplo, nas gramáticas de Vázquez Cuesta e Mendes da Luz (1971), Mateus et alii (2003) ou Raposo et alii (2013). Máis aínda, a presenza destas informacións era básica no esquema da obra tal e como a concibía Carvalho que, lembremos, pretendía elaborar asemade unha gramática e un manual de lingüística galega que servise de apoio ás súas aulas na vella Facultade de
270 Filosofía e Letras. Os membros do grupo Galaxia eran conscientes da importancia destas informacións no ambiente social que se vivía na altura. Como ben nos lembra Fernández del Riego: Os rapaces que facían os estudios de bacharelato e universitarios nada sabían da existencia dunha lingua galega culta nin dos escritores que a utilizaran nos seus libros na etapa prebélica. Mantíñase unha loita embirrada contra a fala do país, sen que existise posibilidade ningunha de a defender publicamente. [...] Privaba no ambiente a vella idea, mantida por moitos, de que o galego non pasaba de ser unha fala rústica, incapaz de se valer como instrumento comunicativo entre xentes cultas (Fernández del Riego 1996: 95-96, passim). Como indica Villares (2019: 114), «la herramienta que mejor construye la identidad es la espesura de la memoria que dota a un pueblo de la capacidad para poder debatir y asumir su pasado colectivo, como condición previa a la tarea de construir su futuro». Pois ben, estes contidos que Carvalho inclúe tratan de axudar a espesar a memoria. Na década dos 60 do século xx, eran maioría os que non comprendían que sentido tiña estudar este patois. Información seria e científica sobre o galego, a súa historia, a súa relación co castelán e co portugués, era algo que non estaba ó alcance de moita xente. Ese capítulo introdutorio de Carvalho mostraba o galego na súa historia, na súa variación, na súa relación coas outras linguas da Península: mostra que o galego é un obxecto de estudo digno dunha análise científica..., que é un obxecto digno en si mesmo, que merece ser coñecido e estudado. Desa maneira é posible rematar con ideas coma as de que o castelán «es una lengua culta que importa saber», mentres que o galego é unha «habla rústica que no importa olvidar» (GEGC, p. 30). Na miña opinión, lonxe de ser accesoria ou secundaria, esta introdución é un capítulo fundamental nesa gramática. Mesmo é aquí onde Carvalho mellor mostra o seu rigor e súa capacidade intelectual. De feito, xulgo que segue a ser o capítulo máis útil e actual desta obra. Como indica Regueira (1996: 55), «a inclusión de infor-
271 macións e estudios extragramaticais fai que esta obra estea a medio camiño entre unha gramática e un manual de introducción á lingua galega, o que, por outra parte, responde perfectamente á función a que ía destinada polo ano 1966». Non é preciso, polo tanto, nin xustificar nin desculpar a presenza destes contidos. 8. Unha gramática en castelán co castelán ó fondo Tódolos autores que se achegan á GEGC para describila indican como unha das súas eivas a «utilización do castelán como lingua de referencia (ademais de se-la lingua na que está escrito o texto)» (Regueira 1996: 55). Polo xeral, esta é unha crítica máis ideolóxica, política, ca científica.7 Canto ó castelán como lingua de referencia, Carvalho continuou unha vella tradición da gramaticografía galega (González Seoane e Rei-Doval 2019); ademais, creo que actuou dese xeito por puro pragmatismo: fíxoo simplemente para poder centrarse naqueles trazos que, segundo el, caracterizaban o galego común, fronte ós dialectos en particular e fronte ó castelán en xeral. É unha actitude contrastiva de raíz pedagóxica, pois como indica Mariño Paz (2002: 77), Carvalho non pretendía «facer unha gramática descritiva do galego que fose completa e non parcial». Nin Carvalho nin ninguén en Galicia en 1966 estaban en condicións de realizar tal traballo. Pero, ademais, ningunha gramática normativa pedagóxica explica toda a gramática dunha lingua, senón só aqueles puntos máis perceptibles, simbólicos, contrastivos, obxecto dun debate social, sistematizados mediante unha tradición que permitiu detectalos e organizalos. Tal e como indica Francisco Cidrás, esas gramáticas, a de Carvalho inclu- 7 Cousa distinta é a presenza de castelanismos estruturais, coma as contraccións de clíticos do tipo de *so, *sa, *sos, *sas (< se+o, se+a, s+os, s+as) e demais estruturas estrañas con pronomes clíticos (*o non sei, *bebeuse unha cervexa). Ora ben, como atinadamente recoñece Mariño Paz (2002: 78), algúns deses usos aparecían naquela altura da man de reputados autores na lingua literaria que Carvalho describía; a súa decisión de incluílos na gramática (non moi atinada, cómpre recoñecelo) posiblemente teña que ver cunha exploración para saber ata onde chega «la flexibilidad del idioma» á hora de fixar a súa variedade normativa (GEGC, p. 10).
272 ída, en tanto que obras intrinsecamente orientadas á conformación do estándar, tenden a ser moi selectivas na escolla dos puntos en que centran a súa prescrición: Os elementos con que se ceba o estándar forman sempre unha gramática reducida, integrada nuclearmente por unha sección de ítems cunha moi desigual presenza das distintas compoñentes da gramática. Como o estándar está asociado a fenómenos de visualización e a elementos simbólicos, pode afirmarse que a escolla está guiada por un principio xeral, susceptible de todos os matices propios das xeneralizacións, en virtude do cal a relevancia estrutural dos fenómenos lingüísticos con relación ao estándar é inversa á súa importancia estrutural con relación ao sistema: os elementos más floridos e epidérmicos son os más relevantes para o estándar precisamente por seren os máis vistosos (e, porque visten, identifican); os elementos máis internos, por seren menos visualizables son menos emblematizables, e daquela menos relevantes para a norma (Cidrás 2004: 337). Naquela altura, aínda non se creara unha tradición que agrupase elementos emblematizables para a norma. A descrición contrastiva galego/castelán era, polo tanto, un bo método para detectar ese reducido conxunto de trazos visualizables dos que paga a pena preocuparse. A tradición de usar o castelán como guía contrastiva está oculta detrás da selección dos temas de moitos dos traballos de gramática galega redactados ata o día de hoxe: máis do que o lector poida supor.8 De aí xorde o interese polos tempos compostos, os infinitivos conxugados, a colocación dos pronomes átonos, a altura das vogais medias... Cidrás ten analizado como as gramáticas tenden 8 Escribir unha gramática da lingua galega en galego tampouco presupón necesariamente que se deixe o castelán de lado. Segundo González Seoane (2006), Lugrís publicou en 1922 (cunha segunda edición corrixida e aumentada en 1931) a súa gramática en galego como manifestación da súa «vontade de superar a dependencia do español». Esta vontade exprésase tamén mediante unha perspectiva purista «que conduce a condenar todos aqueles elementos etiquetados, acertadamente ou non como castelanismo». Lugrís tamén evita as referencias ó castelán cando encontra estruturas lingüísticas similares e mesmo omite «calquera referencia a textos gramaticais españois». Ora ben, como acaba sinalando González Seoane, «cómpre recoñecer que esta independencia é máis aparente que real, pois é claro que Lugrís manexou obras como a gramática da Real Academia Española».
273 a nutrir a súa prescrición de «fenómenos incorporados en virtude da súa ‘peculiaridade’ nunha especie de variación externa -do galego fronte ao castelán» (2004: 340). E acrecenta: Esta vía identitaria pola que a gramática lle dá un tratamento privilexiado a algúns fenómenos non é en absoluto exclusiva do galego (...) pois ten que ver coa función simbólica das gramáticas en calquera lingua como instrumentos de recoñecemento inobxectable da entidade desa lingua. Pero nas linguas pequenas ou minorizadas ese recoñecemento é máis urxente, pois está máis cuestionado. Así en galego esta vía de acceso vese primada pola situación de contacto desigual co español, quen, ademais de arrebatarlle funcións sociais, pola súa propia proximidade pon en perigo a identidade do galego como lingua de seu, o que aumenta a importancia estratéxica destas pezas diferenciais. Non por casualidade, a presión do castelán incide particularmente nestes fenómenos, someténdoos a unha forte tensión asimilacionista (Cidrás 2004: 342). Polo tanto, visto o contexto social e cultural de creación da GEGC e, sobre todo, o seu obxectivo final de crear un galego común, a referencia ó castelán non me parece unha falta terrible, senón máis ben unha forma pragmática de detectar problemas. Realmente, o sistema de concordancia entre determinantes, nomes e adxectivos é case o mesmo no galego, castelán e portugués; ningunha diferenza simbólica nin emblematizable se ía tirar desa parte da gramática. Xa non sucede o mesmo co uso dos tempos verbais, en que se observan diferenzas perceptibles e emblematizables, como sabemos de toda a discusión que se pode levantar sobre as perífrases de ter + participio e o uso dos tempos compostos; ou o uso das formas do Pluscuamperfecto de Indicativo con algúns valores de Pretérito de Subxuntivo (se fose/fora eu...). Máis aínda, para detectar estes fenómenos e tornalos perceptibles, non facían falta lingüistas. Canto a que a GEGC estea redactada en castelán, cómpre pensar tamén no contexto sociocultural do autor e non en problemas coa ditadura ou coa censura. Por exemplo, no prólogo da súa Gramática gallega, que sendo de 1967 tamén está escrita en castelán, escribe Carré Alvarellos:
274 Había escrito esta gramática en gallego; pero algunos amigos, filólogos extranjeros y otras distinguidas personalidades, me pidieron y aconsejaron que la publicase en el idioma común español, con lo cual podría alcanzar mayor difusión y servir a cuantos, aún no siendo gallegos, se interesan en el conocimiento de nuestra lengua (Carré Alvarellos 1967: 7). A cita é importante: non parece que Carré percibise que ía ter problemas coa censura ou coa ditadura por editar en 1967 unha gramática galega escrita en galego; se non nos mente, na primeira versión, a súa gramática estaba en galego e así ía ser publicada; reescribiuna en castelán porque así llo recomendaron certas personalidades, para que obtivese «mayor difusión». Polo tanto, cómpre preguntarse se Carvalho e a Editorial Galaxia non se verían tamén aconsellados dun xeito similar. Dada a escaseza de información sobre o galego contemporáneo nas obras de lingüística románica da época, quizais se pensase que editando a obra en castelán, alén de chegar ó lector galego culto, esta puidese tamén «servir a cuantos, aún no siendo gallegos, se interesan en el conocimiento de nuestra lengua». Se así fose, quizais haxa que entender neste sentido as palabras de Carvalho cando di que a GEGC se escribiu en castelán porque «os plantexamentos que existían na época en que foi primeiramente concebida así o exixían» (Blanco 1989: 100) e non, como pensa Mariño Paz (2002: 75), por mor da falta de liberdade de expresión do momento. Efectivamente, a GEGC acabou sendo obra de referencia para moitos lingüistas e romanistas non galegos que buscaban información sobre o galego. Recordemos ademais que Carvalho publicara en galego a súa Historia da literatura galega contemporánea (1963), aparentemente sen problemas coa censura. 9. Sobre o modelo de lingua Como mostrei arriba, a GEGC é unha gramática normativa destinada ós estudantes de galego e ó publico culto. Desde este punto de vista, Carvalho comeza o seu traballo enfrontando unha das cuestións que, ó meu xuízo, sempre máis agoniou os lingüistas galegos: a
275 variación lingüística. Este feito aparece xa comentado en Saco Arce (1868). Os intelectuais galegos percibiron sempre a fragmentación dialectal do galego como algo negativo, como tamén percibiron negativamente a falta dunha variedade estándar. Para Carvalho, está claro que ese galego estándar aínda non está fixado, a pesar de que na altura xa van máis de 100 anos de cultivo literario do galego. Segundo o noso autor, a falta dunha tradición máis delongada de cultivo lingüístico fixo que o galego careza dunha modalidade lingüística que «haya sido generalmente aceptada». Como para moitos fenómenos existen varias formas en competición para seren aceptadas como canónicas, al escribir una gramática del gallego común, el autor de la misma se hallará en ocasiones en una situación tal, que habrá de decidirse por alguna de las formas en competencia, en virtud de razones que podrán ser discutidas, ya que no hay una práctica constante que las legitime incontestablemente (GEGC, p. 15-16). Polo tanto, o gramático normativo debe seleccionar unhas formas, e facelo en función duns criterios establecidos a priori. Así, nunha exposición que nos recorda os principios que case vinte anos despois aparecerán nas Normas (ILG/RAG 1982: 7), Carvalho expón as razóns da súa escolla: deben seleccionarse as formas que teñan a «mayor difusión en el ámbito geográfico» (GEGC, p. 12) e que sexan do galego actual, «de modo que, en principio, nuestro interés se aparta de las manifestaciones históricas del idioma que han pasado a ser arcaicas»; finalmente, non é «el gallego vulgar, profundamente alterado en su pureza por la erosión de la lengua oficial, y reducido en muchos casos a diferentes formas coloquiales empobrecidas», senón «el gallego culto, el gallego literario, que aspira a ser un instrumento cabal de cultura, el que nos interesa» (GEGC, p. 13). Carvalho é perfectamente consciente do desafío que enfronta, pois pode resultar complicado achar un balance entre tres criterios en que cada un deles «ha de compulsarse con los otros, y ha de entrar en un juego de concesiones y equilibrios que es indispensable, dada