scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Nas primeiras ringleiras do galeguismo: Florencio na guerra civil e no primeiro exilio en Francia

Pastoriza Rozas, Xosé Luís

Abstract

Tras o golpe de Estado de xullo de 1936, Florencio Delgado Gurriarán logrou salvar a vida e fuxir a Portugal. Tras residir en Francia, incorporouse ao Exército republicano en Cataluña e integrouse como secretario de propaganda do Partido Galeguista en Barcelona. Ao tempo, prestou servizo como tenente na intelixencia militar republicana até que a caída de Cataluña en febreiro de 1939 o sorprendeu en Francia en misión oficial. Xunto co galeguista Ramiro Illa Couto e en contacto coas institucións galegas de axuda á República en Arxentina, Uruguai e os Estados Unidos, asumiu a xestión da saída cara ao exilio dos galegos refuxiados en Francia. En xuño de 1939, embarcou no buque Ipanema con destino a México, onde residiu até o seu pasamento en 1987.

Full text

Boletín da Real Academia Galega Núm. 383, pp. 141-156 © 2022. Real Academia Galega https://doi.org/10.32766/brag.383.823 © 2022. REAL ACADEMIA GALEGA. Boletín da Real Academia Galega 383, 141-156 ISSN: 1576-8767 ISSN-e: 2605-1680 Enviado: 2/XII/2022 Aceptado: 21/III/2023 141 NAS PRIMEIRAS RINGLEIRAS DO GALEGUISMO: FLORENCIO NA GUERRA CIVIL E NO PRIMEIRO EXILIO EN FRANCIA AT THE FOREFRONT OF GALICIANISM. FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN DURING THE SPANISH CIVIL WAR AND EARLY EXILE IN FRANCE Xosé L. Pastoriza Rozas Universidade de Santiago de Compostela ORCiD: 0000-0002-4193-8375 Resumo: Tras o golpe de Estado de xullo de 1936, Florencio Delgado Gurriarán logrou salvar a vida e fuxir a Portugal. Tras residir en Francia, incorporouse ao Exército republicano en Cataluña e integrouse como secretario de propaganda do Partido Galeguista en Barcelona. Ao tempo, prestou servizo como tenente na intelixencia militar republicana até que a caída de Cataluña en febreiro de 1939 o sorprendeu en Francia en misión oficial. Xunto co galeguista Ramiro Illa Couto e en contacto coas institucións galegas de axuda á República en Arxentina, Uruguai e os Estados Unidos, asumiu a xestión da saída cara ao exilio dos galegos refuxiados en Francia. En xuño de 1939, embarcou no buque Ipanema con destino a México, onde residiu até o seu pasamento en 1987. Abstract: After the coup d’état in July 1936, Florencio Delgado Gurriarán managed to save his life and flee to Portugal. After residing in France, he joined the Republican Army in Catalonia and became propaganda secretary of the Galicianist Party in Barcelona. He was also a lieutenant in Republican Army military intelligence until the fall of Catalonia in February 1939. The military defeat surprised him when he was travelling to France on an official mission. In collaboration with Ramiro Illa Couto and in contact with the Galician institutions assisting the Spanish Republic in Argentina, Uruguay and the United States, he organised the departure into exile of the Galician refugees in France. In June 1939, he embarked on the Ipanema for Mexico, where he resided until his death in 1987. © 2022. REAL ACADEMIA GALEGA. Boletín da Real Academia Galega 383, 141-156 ISSN: 1576-8767 ISSN-e: 2605-1680 142 Xosé L. Pastoriza Rozas Palabras chave: Florencio Delgado Gurriarán, guerra civil, exilio, galeguismo, biografía. Key words: Florencio Delgado Gurriarán, Spanish Civil War, Exile, Galicianism, Biography. Galiza é infinda pero as vidas son finitas. Como a de Florencio Delgado Gurriarán que naceu en Córgomo de Valdeorras en 1903, militou no Partido Galeguista (PG) na II República, temeu pola súa vida durante o golpe de Estado de xullo de 1936, fuxiu a Portugal (outubro de 1936) e Francia (marzo de 1937) desde onde pasou á España republicana (xaneiro 1938), combateu no exército republicano, retornou legalmente a Francia en xaneiro de 1939 en misión oficial, embarcou no Ipanema en xullo, exiliándose en México onde namorou, casou con Celia Teijeiro e criou cinco fillos, e finou accidentalmente en Estados Unidos en 1987. Esta brevísima síntese biográfica traza unha vida finita, mais afastada do ordinario, porque á orixinal sensibilidade e creatividade poética de Florencio uniuse un compromiso político e humanitario exemplar. Feitas as partillas da súa biografía entre as persoas que colaboramos en compor o seu mosaico vital nesta súa homenaxe, esta achega reconstrúe a peripecia de Florencio durante a guerra civil e o seu primeiro exilio en Francia complementando a detallada biografía de Ricardo Gurriarán (1999). Porque como a tantos outros republicanos e galeguistas, a guerra civil e a derrota militar da República obrigárono a refacer no alén mar o seu destino e proxecto de vida sen renunciar á causa do galeguismo, como tamén lle aconteceu ao seu amigo e irmán galeguista Ramiro Illa Couto.1 O 18 de xaneiro de 1955, Florencio saudaba entusiasta desde Guadalaxara (México) a Ramiro Illa cun “alédame moito saber de ti e verte sempre nas primeiras ringleiras do galeguismo”. Unha descrición acaída tamén para o militante e poeta valdeorrés, que se identificaba como “galeguista desde que teño uso de razón”.2 Esta lealdade e firmeza no ideal galeguista motivou que Florencio e 1 Para unha versión máis ampla deste artigo, véxase Pastoriza, 2022. Nela trázanse de forma conxunta os itinerarios biográficos de Florencio e Ramiro Illa durante a guerra civil e o primeiro exilio, aínda que na actual versión se corrixen algúns erros e hipóteses e complétanse datos da biografía de Florencio. Unha biografía aínda incompleta de Ramiro Illa en Pastoriza, 2017. 2 Carta de Florencio Delgado Gurriarán a Ramiro Illa Couto, Guadalaxara (México), 18/I/1955. Fundación Penzol. A carta inclúe unha breve e orixinal autobiografía de Florencio e varios poemas para ser incluídos no proxecto editorial de Galiza infinda. Alén da amizade, o motivo para contactar con Ramiro foi o seu desempeño como delegado e enlace da Editorial Galaxia en Venezuela, onde se atopaba exiliado. O 17 de maio de 1963 Florencio envioulle a Ramiro os poemas para Galiza infinda, encargándose Francisco Fernández del Riego da xestión da publicación. Carta de Florencio Delgado Gurriarán a Ramiro Illa Nas primeiras ringleiras do galeguismo: Florencio na guerra civil e no primeiro exilio en Francia 143 © 2022. REAL ACADEMIA GALEGA. Boletín da Real Academia Galega 383, 141-156 ISSN: 1576-8767 ISSN-e: 2605-1680 Ramiro asumisen en man común a encomenda de xestionar a complexa e delicada operación de saída cara ao exilio das persoas galegas atrapadas en Francia tras a caída de Cataluña, o 9 de febreiro de 1939, e o posterior final da guerra civil, o 1 de abril. Unha misión executada en comunicación e conexión coas redes republicanas da diáspora galega en Arxentina, Uruguai e os Estados Unidos de América até que o comezo da segunda guerra mundial en setembro bloqueou as vías marítimas de saída cara ao exilio americano. Pero previamente a esta misión humanitaria, Florencio e Ramiro tiveron que fuxir de Galicia. SALVAR O PELELLO: A FUXIDA DE GALICIA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN A principios do mes de xullo de 1936 toda Galicia reloucaba coa confirmación oficial da aprobación en referendo do seu Estatuto de Autonomía. Mais o golpe de Estado do 18 de xullo e a posterior guerra civil representaron unha odisea longa para Florencio, cun itinerario prototípico do exilio da militancia galeguista sobrevivente da persecución e da represión tras o triunfo da sublevación militar en Galicia (Núñez Seixas 2006). A súa experiencia política e militar e a súa traxectoria vital durante a guerra civil exemplifican os riscos e penurias afrontados para “salvar o pelello”, colaborar no frustrado triunfo militar da República, gañar a vida tras a derrota republicana en Cataluña e asumir o forzoso refuxio en Francia previo ao exilio en México.3 Tras o golpe de Estado, Florencio tomou a decisión de agocharse no monte, en cas de familiares no Barco de Valdeorras, en Zamora e en Valladolid, até conseguir fuxir a Portugal pola “raia seca” en Tourém coa complicidade dun parente e dun sarxento dos gardas de fronteiras portugueses. Mentres caneaba o sadismo fascista, contou con diferentes protectores que impediron que a súa vida correse perigo: os seus irmáns e amizades familiares, o sarxento da Garda de Fronteiras portuguesa, o dono dunha ferraxería en Porto, e os mariñeiros portugueses do Alberto ou Douro, buque que o trasladou a Francia. Temos a hipótese de que, en Porto, Florencio puido entrar en contacto co médico galeguista Ramón Obella Vidal, membro do Consello Nacional do PG e promotor do Instituto Bioquímico Miguel Servet con sede en Vigo (Gurria- Couto, Guadalaxara (México), 17/V/1963. Fondo Ramiro Illa Couto-Arquivo da Fundación Illa Couto (FRIC-AFIC). 3 Para a peripecia vital de Florencio entre 1936 e 1939 e no primeiro exilio pódense consultar as entrevistas de Dolors Plá con Florencio e de Ricardo Gurriarrán con Celia Teijeiro (Gurriarán 2022). © 2022. REAL ACADEMIA GALEGA. Boletín da Real Academia Galega 383, 141-156 ISSN: 1576-8767 ISSN-e: 2605-1680 144 Xosé L. Pastoriza Rozas rán 2009),4 aínda que Florencio non o indica nas súas conversas con Dolors Pla (Gurriarán 2022, p. 48). Baixo a protección do significado “nacionalista” español Manuel Emilio Martínez-Baladrón y García,5 socio capitalista da empresa, a oficina do Miguel Servet en Porto compartía local co Comité Nacionalista de La Habana, dirixido de vez por Martínez-Baladrón e desde onde se canalizaban doazóns monetarias e de tabaco para o Cuartel Xeral do exército sublevado en Salamanca. Esta actividade “patriótica” ofrecía ante as autoridades portuguesas unha cobertura legal e pouco sospeitosa para as actividades clandestinas de Obella, ás que se incorporou en abril de 1937 como cómplice Ramiro Illa, compañeiro de Obella no Consello Nacional do PG.6 Desde esta oficina, en comunicación a través de Rodolfo Prada co Grupo Galeguista de Buenos Aires e co seu apoio económico,7 axudaron aos fuxidos desde Galicia, aos que denominaban “sumerxidos”.8 Unha vez localizados os fuxidos agochados, solicitábase a Prada o envío de determinados quilos de “carqueixa” como código para o envío de documentación e fondos para o pagamento das súas pasaxes.9 Os quilos de carqueixa demandados correspondíanse co número de fuxidos que precisaban axuda para saír de Portugal por vía marítima, ben cara a Francia, ben cara a Sudamérica, como foi o caso de Antón Alonso Ríos (1996). Grazas aos contactos do dono dunha importante ferraxería de Porto e aos cartos enviados pola súa familia, Florencio pagou o seu embarque e fuxiu cara a Francia, nos primeiros meses de 1937, agochado como polisón nun camarote do barco Douro ou Alberto.10 Florencio residiu en Bordeos até que se desprazou a París, con 4 O Miguel Servet, constituído en abril de 1936, tiña como socios fundadores aos dirixentes galeguistas Ramón Obella e Alexandre Bóveda e aos socios capitalistas Francisco Rubira e Emilio Martínez-Baladrón. 5 Martínez-Baladrón significouse no seu apoio á sublevación militar e foi nomeado fillo predilecto de Compostela pola súa doazón de 30 000 libras esterlinas ao chamado Movemento. Ferido na fronte de batalla en Madrid en decembro de 1936, foi trasladado por vía área a Alemaña para ser operado, sendo acompañado polo cirurxián compostelán Ramón Baltar. 6 Ramiro foi detido en decembro de 1936 cando tentaba pasar a Portugal a través de Verín xunto ao seu irmán Xaime Isla. Evitou ser paseado pola protección dun comandante militar destinado en Ourense. Estivo na cadea en Verín do 29 de decembro de 1936 ao 27 de marzo de 1937, cando foi trasladado a Vigo e posto en liberdade sen cargos o 2 de abril. 7 O Fondo Xavier Castro da Fundación Penzol (FP-FXC) conserva parte da correspondencia dos anos 1937- 1939 de Ramiro, Florencio e Xohán Xosé Plá con Rodolfo Prada e outras correspondencias enviadas por refuxiados a Arxentina. Miguel Anxo Seixas Seoane (2020) integrou esta documentación no segundo volume da súa monumental biografía de Castelao, o que permite reconstruír polo miúdo este proceso que sintetizamos nesta achega. 8 Carta de Ramiro Illa Couto a Rodolfo Prada. Porto, 20/XII/1937. FP-FXC. 9 Carta de Ramiro Illa Couto a Rodolfo Prada. Porto, 25/X/1937 e 30/XII/1937. FP-FXC. 10 Florencio falaba de “amigos que lo ayudaron durante su estancia en Portugal” (Gurriarán 1999, p. 130) e que describe polo miúdo na entrevista con Dolors Pla (Gurriarán 2022, pp. 47-48). A vía habitual de saída dos fuxidos era por barco desde Porto con destino a Francia. Nas súas entrevistas identificou o barco como Alberto e noutras ocasións como Douro. Nas primeiras ringleiras do galeguismo: Florencio na guerra civil e no primeiro exilio en Francia 145 © 2022. REAL ACADEMIA GALEGA. Boletín da Real Academia Galega 383, 141-156 ISSN: 1576-8767 ISSN-e: 2605-1680 probabilidade no mes de marzo, e en xaneiro de 1938 viaxou en tren a Barcelona xunto a Carlos Caridad Mateo, fillo do asasinado xeneral Rogelio Caridad Pita, gobernador militar da Coruña durante o golpe de Estado. Mobilizado como oficial do Exército republicano, tivo como primeiro destino a galeguizada Subsecretaría de Armamento.11 En setembro de 1938, o tenente Florencio integrouse na executiva do PG como secretario de propaganda a carón de Ramón de Valenzuela, secretario de organización, e Andrés Valín, secretario administrativo. E, co capitán Valenzuela e con Valín, pasou a servir na intelixencia militar republicana no Servicio de Información Especial Periférico (SIEP).12 O SIEP estaba integrado nos servizos de información do Estado Maior do Exército Popular baixo o mando do coronel Manuel Estrada Manchón, fillo dun militar ferrolán, tendo como misión a espionaxe na retagarda inimiga e a infiltración de axentes ben polo mar, ben a través da liña de fronte (Rodríguez Velasco 2012). De vez, Ramiro e a súa muller Chita Lamas tamén fuxiron a Francia en setembro do 38. As actividades clandestinas de Obella e Ramiro non pasaran desapercibidas e comezaron a ser obxecto de vixilancia pola Polícia de Vigilância e Defesa do Estado (PVDE) portuguesa.13 Debido á súa experiencia como viaxante de comercio, foi destinado polas autoridades republicanas en Francia á cidade de Tarbes, na fronteira pirenaica con Aragón, onde prestou servizos comerciais no consulado español e agardou a ser mobilizado militarmente pola República.14 Contra finais de 1938 trasladouse a Barcelona onde probablemente se atopou coa Xunta Executiva Xeral do PG e con Florencio.15 Por outra banda, o galego Ramón Mosteiro, secretario xeral do norteamericano Frente Popular Antifascista Gallego (FPAG),16 atopábase de viaxe en Cataluña en decembro de 1938, establecendo contacto con Florencio e Ramón de Valenzuela do PG e cos comunistas galegos como Santiago Álvarez.17 Fracasada a ofensiva republicana do Ebro e retiradas as 11 Dependente do Ministerio da Guerra, o nomeamento de Bibiano Fernández Osorio-Tafall como comisario xeral do Exército Popular por parte de Juan Negrín facilitou a integración de numerosos galegos na estrutura administrativa e militar desta subsecretaría, dirixida polo redondelán Alejandro Otero Fernández (Mera 2021, p. 28). 12 Dato confirmado por Ramón Esturao en entrevista con Ricardo Gurriarán (Gurriarán 2001, p. 133) e polo propio Florencio en conversa con Dolors Pla (Gurriarán 2022, p. 53). 13 Carta de Ramiro Illa Couto a Rodolfo Prada. París, s.d. (ca. maio de 1939). FP-FXC. 14 Entrevista de Ramiro Illa con Xan Carballa. 1986. 15 Este itinerario confirma o testemuño de Manuel Meilán, que localiza a Ramiro en Barcelona e despois en París. Grazas a Ramiro, Meilán puido recuperar a sobriña e a cuñada (Samuelle 1993, p. 73). 16 O FPAG constituíuse o 4 de decembro de 1937 integrándose nas Sociedades Hispanas Confederadas (SHC), creadas na primavera de 1937 en apoio da República e como federación integradora de máis de cen entidades e iniciativas prorrepublicanas e antifascistas (Rey 1997; Pérez 2006). 17 En Cataluña, Ramón Mosteiro tivo unha xuntanza con Florencio e Ramón de Valenzuela na sede da Xunta Executiva Xeral do PG. Carta de Florencio Delgado Gurriarán a Castelao, Barcelona, 24/XII/1938. FP-FXC. Tamén visitou na fronte o Vº Corpo do Exército, onde se atopou con Santiago Álvarez (Álvarez © 2022. REAL ACADEMIA GALEGA. Boletín da Real Academia Galega 383, 141-156 ISSN: 1576-8767 ISSN-e: 2605-1680 146 Xosé L. Pastoriza Rozas tropas ás liñas defensivas na beira esquerda do río, en novembro de 1938, a capacidade de resistencia do Exército Popular atopábase ao límite. A “RETIRADA”: A DERROTA EN CATALUÑA, O ÉXODO A FRANCIA E A AXUDA AOS REFUXIADOS A rápida e inesperada toma de Cataluña polo exército sublevado en menos de dous meses de campaña (decembro de 1938 - febreiro de 1939) provocou a fuxida cara a Francia de Manuel Azaña, presidente da República, o goberno de Juan Negrín, as reducidas Cortes e as autoridades e funcionarios republicanos. Durante as tres semanas da denominada “Retirada”, medio millón de persoas cruzaron a fronteira en condicións precarias, ben polos pasos oficiais, ben atravesando a pé os Pireneos, mentres eran acosadas polo exército e a aviación fascista no medio do duro inverno. A comunidade galega —arredor de 1 300 persoas— representaba unha parte pequena da masa humana atemorizada, esfameada e cansa que buscou amparo e protección en Francia.18 O goberno francés, superado por aquel masivo e inesperado éxodo, improvisou o internamento en miserables campos de concentración dos restos desarmados do Exército Popular e dos homes adultos e mozos en idade militar, mentres dispersaba polos diferentes departamentos o resto da poboación civil, prohibindo a súa entrada na rexión de Île-de-France e na capital, París.19 Tras a dramática “Retirada” e o fin da guerra civil, o 1 de abril de 1939, resultaba urxente atender a emerxencia humanitaria dos civís e militares galegos refuxiados en Francia ante o risco das repatriacións e deportacións forzosas a España e no medio da mobilización francesa para facer fronte ás ameazas agresivas da Alemaña do III Reich.20 Ademais, a situación nos campos de concentración resultaba dramática, cunha alta mortalidade a causa do frío, a fame, a sede, a miseria, a falta 1988, p. 23), e comezou a elaboración dunha lista de galegos na fronte do Ebro en previsión dunha posible evacuación. Carta de Florencio Delgado Gurriarán a Ramón Mosteiro. París, 18/II/1939 (Reproducida en Gurriarán 1999, pp. 410-412). 18 Segundo Núñez Seixas (2016), arredor de 1 320 galegos pasaron polos campos de concentración en Francia, dos cales case 400 saíron cara ao exilio en México, Santo Domingo, Chile ou Arxentina, como se pode consultar no Repertorio biobibliográfico do exilio galego (Consello da Cultura Galega 2001). 19 En total, preto de 700 000 españois atravesaron a fronteira con Francia durante a guerra civil dos cales uns 30 000 saíron cara ao exilio en América, maioritariamente a México (20 000 persoas) e 100 000 solicitaron o estatuto de refuxiado en Francia ao remate da segunda guerra mundial (Dreyfus-Armand 2000; Soldevilla Oria 2001). 20 Sobre a fuxida e o refuxio en Francia contamos, entre outros, cos testemuños de Ramón de Valenzuela (1997), Carmen Muñoz Manzano (2005), muller de Rafael Dieste, Elixio Rodríguez (2008), Manuel García Gerpe (2020) e Santiago Rodríguez Salinas (2021). Nas primeiras ringleiras do galeguismo: Florencio na guerra civil e no primeiro exilio en Francia 147 © 2022. REAL ACADEMIA GALEGA. Boletín da Real Academia Galega 383, 141-156 ISSN: 1576-8767 ISSN-e: 2605-1680 de hixiene, as enfermidades físicas e mentais, os suicidios, a violencia, as humillacións e a represión por parte dos gardas, as mortes por inanición e as numerosas doenzas como os andazos de disentería (Mirón 2019). Caída a II República, as iniciativas e institucións galegas no exterior de apoio á España republicana mudaron en comités de axuda ás persoas refuxiadas.21 No caso galego tiveron un protagonismo significativo as norteamericanas como o FPAG, sección das Sociedades Hispanas Confederadas (SHC); as arxentinas como a Central Gallega de Ayuda al Pueblo Español, sección da Federación de Sociedades Gallegas (FSG), o Comité Orensano Leal ou o Grupo Galeguista de Buenos Aires; e as uruguaias como a Organización Republicana Gallega de Ayuda al Pueblo Español (Núñez Seixas 2006; Gómez 2006; Pérez 2006). Desde Buenos Aires, Rodolfo Prada asumiu o labor de enlace cos galeguistas que gozaban de liberdade de movementos en Francia e residían en París, o seu vello amigo Ramiro Illa e Florencio. A comezos de 1939, Florencio pasou a Francia legalmente en misión oficial. O seu obxectivo era establecer unha ruta segura para a fuxida desde Galicia dos fuxidos e guerrilleiros a través de Portugal en colaboración cos mariñeiros portugueses que o sacaran desde Porto. En primeiro lugar pararía en París, logo en Bordeos e mesmo tiña o plan de instalarse en Portugal. Este proxecto contaría co financiamento das SHC. Mais, cando aínda se atopaba en Toulouse de camiño a París, coñeceu a nova da conquista de Tarragona o 14 de xaneiro. A caída de Cataluña obrigou a un cambio de plans. No medio do caos da “Retirada” e da reacción controladora e internadora das autoridades francesas, Florencio contaba coa vantaxe do permiso legal de residencia (récépissé), que lle permitiu vivir con tranquilidade, sen medo ás redadas da xendarmería e sen risco de ser internado nun dos miserables campos de concentración (Gurriarán 2022, pp. 49-50).22 O 9 de febreiro, Ramiro tamén estaba instalado en París aproveitando que se atopaba documentado como refuxiado polas autoridades francesas previamente á “Retirada”,23 compartindo oficina e domicilio con Florencio. Para poderen subsistir, recibiron axudas económicas desde Arxentina e Estados Unidos e 21 No caso da Central Gallega de Ayuda al Pueblo Español, sección da Federación de Sociedades Gallegas (FSG), mudou a súa denominación para Central Gallega de Ayuda a los Refugiados. Galicia, n. 628 (24/ VI/1939), p. 6. 22 O vinte de xaneiro de 1939, Florencio estaba instalado en París no Hotel de l’Independence (18, Rue des Dames, XVIIeme) desde onde lle escribiu a Ramón de Valenzuela pedíndolle o enderezo de Ramiro en París. Carta de Florencio Delgado Gurriarán a Ramón de Valenzuela. París, 20/I/1939 (reproducida en Gurriarán 1999, p. 409). 23 O carné de refuxiado español en Francia de Ramiro foi outorgado en París o 9 de febreiro de 1939, sendo autorizado a residir tras sucesivas renovacións até o 28 de setembro de 1939 no XVIIeme distrito, no 153 da Rue Legendre, preto dos consulados xerais de España e Portugal. Carné de refuxiado de Ramiro. FRIC-AFIC. © 2022. REAL ACADEMIA GALEGA. Boletín da Real Academia Galega 383, 141-156 ISSN: 1576-8767 ISSN-e: 2605-1680 148 Xosé L. Pastoriza Rozas Ramiro traballou de caixeiro na Cámara de Comercio da República española desa cidade,24 pero, ao cesar a súa actividade, viviu dos cartos enviados desde Arxentina pola familia da súa esposa Chita Lamas e dun cativo préstamo de Ramón Obella.25 Castelao, de viaxe de propaganda republicana en Estados Unidos convidado polo FPAG, recomendou a Ramiro como delegado en París da FPAG e das SHC.26 Desde o primeiro momento, Florencio e Ramiro asumiron a responsabilidade de localizar os espallados galeguistas e galegos que se refuxiaran en Francia. Con este fin, Florencio inseriu un anuncio no xornal La Dépeche de Toulose dando o seu enderezo e contacto (Delgado Gurriarán 2003, p. 65). E o seu domicilio no Hotel de l’Independence converteuse nunha referencia para os refuxiados que conseguían saír ou fuxir dos campos, como Elixio Rodríguez.27 Ao tempo, estableceron contacto con Rodolfo Prada en Buenos Aires, con Ramón Mosteiro e Ernesto Pérez Guerra da Cal en Estados Unidos, e con Castelao, que daquela se atopaba en Cuba e logo en Estados Unidos.28 O seu obxectivo era mobilizar a axuda das entidades de apoio á España republicana para facer fronte á crise humanitaria que estaban a vivir as persoas refuxiadas.29 O 22 de marzo, Prada comunicou o nomeamento dunha comisión en París integrada por Florencio, Ramiro e Germán Vidal, exalcalde de Noia, militante de Izquierda Republicana (IR) e vicesecretario de Solidariedade Galega Antifascista (SGA), para actuar de representantes da axuda arxentina da Central Gallega, do Comité Orensano Leal e do Grupo Galeguista de Buenos Aires.30 Pero o comité estivo 24 Por mor deste emprego, Ramiro foi nomeado oficial do Exército republicano e estivo brevemente baixo as ordes de Marcial Fernández, socialista coruñés e director xeral de Carabineiros, ao militarizarse a Cámara de Comercio a causa dos desvíos e subtraccións dos fondos e das doazóns. 25 Carta de Ramiro Illa Couto a Rodolfo Prada. París, 25/V/1939. FP-FXC. 26 “Conste que en Nova York traballei moito pol-a nosa xente. E contra vento e marea. Impuxen o teu nome para axente da F.P.A.G. e dexei moito alí feito que ao mellor xa se desfixo”. Carta de Castelao a Ramiro Illa Couto. Buenos Aires, 26/VI/1941. Castelao e Luís Soto partiron en xullo de 1938 cara aos Estados Unidos. Entre novembro de 1938 e febreiro de 1939 a xeira desenvolveuse en Cuba (Soto 1983). 27 “Cumprín ao pé da letra as súas instrucións. E aos poucos minutos xa me atopaba nun taxi ao que indiquei o enderezo de Ramiro Illa Couto. Este non se atopaba na casa, daquela. No seu lugar tiven a sorte de atopar a Florencio Delgado Gurriarán, tamén entrañable amigo e correlixionario, que me recibiu como un irmán e ofreceume un recanto do seu modesto cuarto para pasar a noite” (Rodríguez 2008, p. 291). 28 Carta de Castelao a Florencio Delgado Gurriarán. A Habana, 19/II/1939 (Castelao 2000, pp. 286-291). 29 Antes de Castelao e Luís Soto, visitara Estados Unidos en xeira propagandística Bibiano F. Osorio-Tafall. As SHC axiña ofreceron a Bibiano F. Osorio-Tafall, Ramón Suárez Picallo, Marcial Fernández, Enrique Líster e Santiago Álvarez a posibilidade de viaxar a Nova York. Segundo Santiago Álvarez, ao chegar o 12 de febreiro a Perpiñán —punto de concentración dos galegos con cargos militares e políticos e con pasaportes en regra— recibiu notificación desta oferta que foi aceptada por Suárez Picallo e Marcial Fernández, que partiron aos Estados Unidos unha semana máis tarde (Álvarez 1988, p. 24). 30 Carta de Rodolfo Prada a Florencio Delgado Gurriarán. Buenos Aires, 22/III/1939. FP-FXC. O 11 de abril, Ramiro e Florencio comunicaban o envío de dúas listas de refuxiados e que xa estableceran contacto con Germán Vidal, “antigo amigo noso” (na SGA). Nesta altura xa lograran localizar a todos Nas primeiras ringleiras do galeguismo: Florencio na guerra civil e no primeiro exilio en Francia 149 © 2022. REAL ACADEMIA GALEGA. Boletín da Real Academia Galega 383, 141-156 ISSN: 1576-8767 ISSN-e: 2605-1680 operativo unicamente con Ramiro e Florencio. Germán Vidal residía fóra de París, e os traballos administrativos recaeron fundamentalmente sobre Ramiro, coa axuda do galeguista Carlos Tomé até a súa detención e internamento nun campo de concentración.31 Daquela Ramiro e Florencio xa tiñan experiencia na xestión de redes de fuxida desde Porto, desde a fronteira francesa e desde a retagarda das liñas inimigas. De feito, malia a inferioridade numérica en militantes e a debilidade política e institucional do PG na España leal, os galeguistas amosaron eficacia na xestión das súas redes de prestixio e influencia mobilizando o apoio das redes de axuda, as capacidades e a experiencia adquiridas durante a guerra e os tecidos de relacións persoais e políticas con galegos con cargos de responsabilidade na Administración republicana pola súa común orixe galega ou pertenza á SGA (Díaz Fouces 2021). Ao tempo, nos primeiros meses do refuxio en Francia, aproveitaron a liberdade de movementos de Florencio e Ramiro, que contaban cun récépissé que lles permitía residir en París, zona de acceso prohibido para os refuxiados e sede das organizacións republicanas e internacionais de axuda aos refuxiados e das embaixadas e consulados dos países favorables á acollida. Ramiro e Florencio traballaron arreo, en primeiro lugar, para manter o contacto e canalizar as axudas das redes de apoio do alén mar. En segundo lugar, aproveitaron as súas conexións e experiencia de traballo como militares de intelixencia no SIEP onde estiveron destinados cargos orgánicos do PG como Valenzuela, Valín e Florencio. En terceiro lugar, mobilizaron as boas relacións previas cos integrantes da SGA que tiveron cargos de responsabilidade no Servicio Español de Evacuación de Refugiados Españoles (SERE) —creado o 1 de abril de 1939 por Juan Negrín—, como o seu director Bibiano Fernández Osorio-Tafall, exalcalde de Pontevedra e comisario xeral do Exército republicano, e Alejandro Viana Esperón, deputado por Izquierda Republicana e secretario de emigración do SERE (Mera 2021). En colaboración co SERE, o traballo de Florencio e Ramiro consistiu en localizar os refuxiados galegos nos campos de concentración e actuar de enlaces e representantes do FPAG, SHC e dos grupos de axuda na Arxentina. O proceso para a xestión da saída cara ao exilio resultaba complexo: localizar o paradoiro dos refuxiados galegos nos campos de concentración ou centros de acollida; actuar autonomamente por mor das dificultades de comunicación directa cos líderes galeguistas no estranxeiro como Castelao e Suárez Picallo, ambos os dous en Estados os galeguistas. Carta de Florencio Delgado Gurriarán e Ramiro Illa Couto a Rodolfo Prada. París, 11/ IV/1939. FP-FXC. 31 Carta de Ramiro Illa a Rodolfo Prada. París, 22/V/1939. FP-FXC. © 2022. REAL ACADEMIA GALEGA. Boletín da Real Academia Galega 383, 141-156 ISSN: 1576-8767 ISSN-e: 2605-1680 156 Xosé L. Pastoriza Rozas Rodríguez Velasco, Hernán (2012). Una derrota prevista. El espionaje militar republicano en la Guerra Civil española (1936-1939). Granada: Comares. Samuelle Lamela, Cristina (1993). Conversas con Manuel Meilán. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. Seixas Seoane, Miguel Anxo (2020). Castelao. Construtor da nación. Tomo II. (1931-1939). Vigo: Galaxia. Soldevilla Oria, Consuelo (2001). El exilio español (1808-1975). Madrid: Arco Libros. Soto, Luis (1983). Castelao, a U.P.G. e outras memorias. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. Tuñón de Pablos, Enriqueta (2006). El exilio gallego de 1939 en México. En: Xosé Manuel Núñez Seixas e Pilar Cagiao Vila, eds. O exilio galego de 1936: política, sociedade, itinerarios. Sada: Ediciós do Castro, 175-188. Valenzuela, Ramón de (1997). Era tempo de apandar. Vigo: A Nosa Terra.