Full text
Silvia Rodríguez Mato Impostos Pigouvianos: cen anos dende o seu postulado Realidade actual, análise de converxencia e proposta impositiva Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Xullo 2020 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Economía Traballo de Fin de Grao
2 Resumo O principio de “quen contamina, paga”, naceu en 1920 da man de Arthur Cecil Pigou na súa obra Economics of Welfare. Contando con 100 anos de historia económica, este mecanismo impositivo non conta coa mesma vixencia temporal na práctica. Hogano podemos afirmar que a fiscalidade ambiental debe xogar un papel clave no proceso contra a destrución de ecosistemas, cambio climático e degradación medioambiental. Neste traballo mostramos empiricamente a existencia de converxencia a nivel europeo no eido da imposición ambiental a través da análise das converxencias beta, sigma e gamma. Destacamos o papel das Reformas Fiscais Verdes levadas a cabo por diversas economías da UE-26 que contribuíron aos resultados da análise empírica: as reformas fiscais realizadas a finais do século XX posibilitan unha converxencia máis intensa que nos anos recentes. Simulamos a aplicación dun imposto ás emisións de CO2 producidas polo transporte aéreo a través dun modelo de equilibrio parcial. Concluímos que cun imposto de 50€ á tonelada de carbono emitida se poden reducir nun 1,06% as emisóns da aviación doméstica e nun 4,55% as da aviación internacional. O resultado neto, tendo en conta o incremento da recadación polo imposto e a baixada da recadación por IVE (derivada da menor demanda) será positivo. Número de palabras: 9.964
3 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado Índice Resumo .................................................................................................................... 2 Índice ....................................................................................................................... 3 Índice de abreviaturas .............................................................................................. 5 Índice de figuras, táboas e gráficos ........................................................................... 6 Introdución .............................................................................................................. 8 Planificación ............................................................................................................. 9 Desenvolvemento do traballo ................................................................................. 11 1 Impostos Pigouvianos ........................................................................................... 11 2 Realidade actual en España .................................................................................. 13 3 Reforma Fiscal Verde ........................................................................................... 16 3.1 Comparación do sistema impositivo ambiental entre países da UE-26 ...... 17 3.2 Análise empírico: Converxencia no marco da UE-26 ................................... 23 3.2.1 Beta-converxencia ................................................................................................. 25 3.2.2 Sigma-converxencia ............................................................................................... 26 3.2.3 Gamma-converxencia ............................................................................................ 27 3.3 Interpretación de resultados: a RFV por países ........................................... 28 4 As emisións: un problema internacional .............................................................. 32 4.1 Diversos acordos internacionais .................................................................. 32 4.2 Un imposto ás emisións de CO2 producidas polo transporte aéreo ........... 33 4.2.1 Metodoloxía ........................................................................................................... 33 4.2.2 Resultados .............................................................................................................. 34
4 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado Conclusións e principais limitacións ........................................................................ 36 Bibliografía ............................................................................................................. 38 Anexo .................................................................................................................... 40
5 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado Índice de abreviaturas AEAT: Administración Estatal da Axencia Tributaria CCAA: Comunidades Autónomas CV: Coeficiente de Variación DE: Desviación Estándar INE: Instituto Nacional de Estatística IRPF: Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas IS: Imposto sobre Sociedades IVE: Imposto sobre o Valor Engadido OCDE: Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económicos pc: per-cápita PFM: Presión Fiscal Medioambiental PIB: Produto Interior Bruto RC: Índice de Concordancia de Rangos de Kendall GEI: Gases Efecto Invernadoiro RFV: Reforma Fiscal Verde Tt: Índice de Theil UE: Unión Europea Var: Variación
6 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado Índice de figuras, táboas e gráficos FIGURA 1: REPRESENTACIÓN GRÁFICA DO EFECTO SOBRE A DEMANDA DUN IMPOSTO PIGOUVIANO ................................. 11 TÁBOA 1: TIPOS DE IMPOSTOS AMBIENTAIS. CLASIFICACIÓN REALIZADA POLO EUROSTAT............................................... 12 TÁBOA 2: IMPOSTOS PROPIOS POR CCAA E RECADACIÓN. ANO 2018, DATOS EN MILES DE EUROS. ................................ 13 TÁBOA 3: RECADACIÓN PER CÁPITA DOS IMPOSTOS PROPIOS POR CCAA. ANO 2018, DATOS EN EUROS. ......................... 14 TÁBOA 4: RECADACIÓN PARA OS PAÍSES DA UE. ANO 2018, DATOS EN MILLÓNS DE EUROS .......................................... 19 TÁBOA 5: PRESIÓN FISCAL MEDIOAMBIENTAL E TAXAS DE VARIACIÓN RELATIVAS. ESPAÑA E MEDIA DA UE-26. ANOS 1995, 2008 E 2018. ....................................................................................................................................... 22 TÁBOA 6: BETA-CONVERXENCIA. TOTAL PFM....................................................................................................... 25 TÁBOA 7: XERACIÓNS DE REFORMAS FISCAIS VERDES ............................................................................................. 30 TÁBOA 8: RESULTADOS DA SIMULACIÓN .............................................................................................................. 34 TÁBOA 9: RESULTADOS DA Β-CONVERXENCIA PARA O PERÍODO 1995-2018............................................................... 40 TÁBOA 10: RESULTADOS DA SIMULACIÓN (FORMA EXTENSA) ................................................................................... 43 GRÁFICO 1: RECADACIÓN POR TRIBUTOS AMBIENTAIS EN PORCENTAXE DA RECADACIÓN TOTAL. ANOS 1995 E 2018. ........ 18 GRÁFICO 2: PFM PARA OS PAÍSES DA UE-26, ANO 2018 ....................................................................................... 20 GRÁFICO 3: PFM PARA A MEDIA DA UE-26, 1995-2018 ...................................................................................... 21 GRÁFICO 4: ÍNDICE DE THEIL. UE-26, PERÍODO 1995-2018................................................................................... 26 GRÁFICO 5: COEFICIENTE DE VARIACIÓN. UE-26, PERÍODO 1995-2018 ................................................................... 27 GRÁFICO 6: ÍNDICE DE CONCORDANCIA DE RANGOS DE KENDALL. UE-26, PERÍODO 1995-2018................................... 28 GRÁFICO 7: CURVA DE LORENZ E ÍNDICE DE GINI. UE-26, ANO 1995 ....................................................................... 40 GRÁFICO 8: CURVA DE LORENZ E ÍNDICE DE GINI. UE-26, ANO 2008 ....................................................................... 41 GRÁFICO 9: CURVA DE LORENZ E ÍNDICE DE GINI. UE-26, ANO 2018 ....................................................................... 41
7 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado GRÁFICO 10: ÍNDICE DE THEIL. UE-26, PERÍODO 1995-2018................................................................................. 42 GRÁFICO 11: DESVIACIÓN ESTÁNDAR DA PFM. UE-26, PERÍODO 1995-2018 .......................................................... 42 GRÁFICO 12: EMISIÓNS EFECTIVAS E LÍMITE DO PROTOCOLO DE KIOTO. ESPAÑA (ÍNDICE BASE=100) ............................. 43
8 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado Introdución O cambio climático e a degradación medioambiental son, sen dúbida, os dous principais problemas aos que se enfronta a nosa sociedade hoxe en día. A nosa labor é protexer o medio ambiente para asegurar xa non só o crecemento económico, senón o desenvolvemento económico sostible. Neste Traballo Fin de Grao preséntase unha análise dun dos instrumentos que podemos empregar para paliar estes problemas: os Impostos Pigouvianos. Concretamente, buscamos analizar que tan diversa é a imposición ambiental entre os países comunitarios. Ademais, parécenos relevante simular os efectos da aplicación dun imposto á aviación comercial. Comezaremos, pois, expoñendo que son os impostos Pigouvianos, como inflúen na oferta e na demanda do mercado e a súa diferente tipoloxía. Continuaremos analizando a situación actual da imposición ambiental en España, desagregando os datos por Comunidades Autónomas. Seguidamente, e antes de comezar co grosso do traballo, daremos unha visión xeral do panorama impositivo a nivel europeo, para poder contextualizar os datos empregados. Despois desta introdución, procedemos xa a realizar unha análise de converxencia da variable Presión Fiscal Medioambiental entre os países que conforman a UE-26, diferenciando entre a beta, a sigma e a gamma converxencia. Estudaremos a existencia de relacións entre os resultados obtidos e os avances cara as Reformas Fiscais Verdes. Por último, e derivado da consulta pública realizada polo Ministerio de Facenda do Goberno de España no pasado mes de febreiro, faremos unha simulación ante unha posible aplicación dun imposto Pigouviano ás emisións de CO2 producidas polo transporte aéreo. Remataremos, como non podía ser doutro xeito, cun apartado no que incluiremos as conclusións extraídas e as principais limitacións da análise realizada.
9 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado Planificación Neste apartado mostramos a planificación seguida para a elaboración do presente Traballo Fin de Grao. Febreiro Marzo 1 2 1 3 4 5 6 7 8 9 2 3 4 5 6 7 8 10 11 12 13 14 15 16 9 10 11 12 13 14 15 17 18 19 20 21 22 23 16 17 18 19 20 21 22 24 25 26 27 28 29 23 24 25 26 27 28 29 30 31 Abril Maio 1 2 3 4 5 1 2 3 6 7 8 9 10 11 12 4 5 6 7 8 9 10 13 14 15 16 17 18 19 11 12 13 14 15 16 17 20 21 22 23 24 25 26 18 19 20 21 22 23 24 27 28 29 30 25 26 27 28 29 30 31
16 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado 3 Reforma Fiscal Verde Despois de dar unha introdución xeral sobre o panorama impositivo ambiental español, centrarémonos agora en analizar se se produciu realmente unha verdadeira Reforma Fiscal Verde en España (tamén coñecida como “Green Tax Reform”, en diante, RFV). Pero, exactamente, que é unha Reforma Fiscal Verde? A imposición ambiental comezou a tomar forma a partires da década dos 80 do pasado século. A esta primeira fase, Gago et al. (2002) denomínana “Modelo Extensivo”. Os países precursores neste modelo foron os Estados Unidos e o Reino Unido, e moi cedo comezou a estenderse polos demais países pertencentes á OCDE. Esta primeira reforma fiscal tivo como eixo vertebrador o principio máximo de “neutralidade impositiva”, de tal maneira que a introdución de novos instrumentos fiscais en materia ambiental supuxo a eliminación ou redución doutros xa existentes (renda e traballo, xeralmente), tal e como indican Moreno et al. (2002). Por unha banda, redúcense os tipos marxinais máximos do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) e os estándar do Imposto sobre Sociedades (IS); para aumentar os ingresos, entre outras medidas, esténdense as bases impoñibles, redúcese o número de tramos da tarifa de IRPF e aumentan os tipos mínimos de IRPF e IVE. Pero o certo é que este sistema “esgotouse”, xa que medidas como a extensión de bases e a eliminación de excepcións son realmente limitadas. É por este motivo que se avanza cara outro modelo de reforma fiscal que pretende preservar a neutralidade impositiva: nace a “Segunda fase do Modelo Extensivo” ou modelo de “Reforma Fiscal Verde”. Este novo modelo segue a reducir os tipos marxinais máximos de IRPF e os aplicados nas Cotizacións Sociais, mentres que para aumentar os ingresos crea novos instrumentos en materia de fiscalidade ambiental. Deste xeito, a imposición ambiental pasa a converterse no actor principal dos cambios tributarios (Gago et al., 2002). Este modelo de fiscalidade foi implantado en Suecia (1990), Noruega (1992) ou Dinamarca (1993), e logo seguiron o seu exemplo outros países como Alemaña ou Reino Unido (1999). Tamén se deron pasos cara adiante nesta materia nos demais países, pero é o seu ámbito de aplicación homoxéneo? Existe converxencia nesta implantación? Estas serán cuestións que trataremos de responder nos próximos apartados. Outro concepto que non podemos ignorar é o coñecido como “dobre dividendo”. Como explicamos con anterioridade, unha RFV segue o principio máximo de neutralidade fiscal, creando uns impostos e reducindo ou eliminando outros, facendo que o orzamento público permaneza inalterado (Rodríguez, 2005). Podemos deducir que, a priori, teremos dous tipos de beneficios: ambiental e socioeconómico. Por unha banda, o obxectivo máis evidente dunha RFV é a redución do impacto negativo sobre o medio de determinadas actividades prexudiciais para a natureza; pero, por outro lado, tamén logramos un maior benestar da poboación ao reducir as cotizacións á Seguridade Social ou reducindo os tipos marxinais en IRPF.
17 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado Estes son os dous dividendos que crea unha verdadeira RFV. Máis concretamente, o imposto que sinala Rodríguez (2005) no seu estudo “El doble dividendo de la imposición ambiental. Una puesta al día” que mellor recolle este concepto é o gravame ás emisións de CO2. Este gas supón o 80% das emisións de gases efecto invernadoiro (en diante, GEI). Tendo isto en conta, un imposto destas dimensións podería chegar a reducir as emisións contaminantes, ao igual que o seu potencial recadador sería indubidable. Este imposto estudarémolo a través dunha simulación en apartados seguintes. 3.1 Comparación do sistema impositivo ambiental entre países da UE-26 Para poder chegar a afirmar que o sistema impositivo ambiental español está nunha boa ou nunha mala situación en canto a recadación, é necesario comparalo con outros países. Máis concretamente, compararémolo, como non podía ser doutro xeito, cos países pertencentes á Unión Europea. Facemos unhas puntualizacións antes de mostrar os datos empregados: por unha banda, faremos dita comparación en termos de recadación impositiva ambiental en porcentaxe do PIB (a partires deste momento, referirémonos a esta porcentaxe como “Presión Fiscal Medioambiental”, en diante, PFM); por outro lado, empregamos os datos da base oficial do Eurostat para o período 1995-2018. A elección deste período non é por outro motivo que a dispoñibilidade de datos, xa que non temos información para o conxunto da UE-27 antes do ano 1995 e, xeralmente, os datos do Eurostat teñen un desfase temporal de 2 anos, polo que o último ano do que dispoñemos de información é o 2018. Por último, e respecto da área xeográfica escollida, debemos mencionar que na análise non incluímos a Reino Unido (xa que o país está en trámites dunha saída formal da Unión Europea) e, para non desvirtuar as contas por falta de datos, tampouco incluímos a Croacia, admitida na UE no ano 2013. É por este motivo que nos referiremos ao grupo de países analizados como “UE-26”. Comezamos, pois, mostrando unha comparación en canto aos sistemas impositivos dos países membros a través da recadación por tributos ambientais en porcentaxe da recadación total. Mostramos os anos 1995 e 2018 para a comparación entre o inicio e a fin do período.
18 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado Os datos móstranse en orde decrecente en función da porcentaxe que supoñen os impostos ambientais en función da recadación total en cada país para o ano 2018. Atopámonos con dous tipos de casuísticas: por unha banda, existen países que ven incrementada a participación da tributación ambiental na súa recadación total; destacamos os casos de Letonia, Bulgaria, Estonia ou Polonia, xa que tiveron unha variabilidade moito maior en relación aos demais países. Por outro lado, temos os países nos que a súa participación no cociente mingua: Chipre, Malta, Portugal, Irlanda e Luxemburgo. Debemos sinalar que España viu reducido o seu cociente entre 1995 e 2018 nun 22%, pasando dunha porcentaxe do 6,78 a un 5,28 no período indicado. En 2018, España sitúase entre os países onde a recadación por tributos ambientais é das menores de entre os países analizados tendo en conta a súa recadación total. Por último, indicar que o noso país posiciónase lixeiramente por debaixo da media a nivel comunitario, como cabería esperar á vista do gráfico, xa que esta se sitúa no 6,12%. A continuación, pasamos a mostrar dunha maneira máis detallada a situación da recadación por tributos ambientais na porcentaxe que esta supón respecto do PIB, diferenciando entre os tres tipos de impostos que mencionamos na introdución: á enerxía, ao transporte e á polución. Fonte: Eurostat Gráfico 1: Recadación por tributos ambientais en porcentaxe da recadación total. Anos 1995 e 2018.
19 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado Táboa 4: Recadación para os países da UE. Ano 2018, datos en millóns de euros Países Enerxía Transporte Polución Total Alemaña 49.479 10.249 9 59.737 Italia 46.303 10.853 619 57.775 Francia 46.708 6.317 2.924 55.949 Países Baixos 14.486 8.062 3.284 25.832 España 18.252 2.859 955 22.066 Polonia 11.788,81 1.147,01 564,59 13.500,41 Bélxica 8.807,5 3.015,8 583,9 12.407,20 Dinamarca 5.885,47 4.513,99 525,37 10.924,83 Suecia 7.509,43 2.057,16 248,38 9.814,97 Austria 5.457,08 3.294,73 104,03 8.855,84 Finlandia 4.565 2.218 65 6.848 Grecia 5.350 1.455 18 6.823 Portugal 3.800,02 1.435,03 35,47 5.270,52 Irlanda 3.137,87 1.902,11 26,8 5.066,78 Chequia 4.220,14 262,76 25,03 4.507,93 Rumanía 3.949,48 280,9 9,45 4.239,83 Hungría 2.370,02 441,66 330,93 3.142,61 Eslovaquia 1.971,54 232,57 28,59 2.232,70 Bulgaria 1.441,97 174,18 31,94 1.648,09 Eslovenia 1.355,11 199,04 55,52 1.609,67 Luxemburgo 952,19 67,93 9,24 1.029,36 Letonia 835,53 115,8 31,4 982,73 Lituania 809,33 38,51 51,94 899,78 Estonia 623,73 13,24 71,98 708,95 Chipre 462,5 125,6 1,3 589,40 Malta 161,74 130,73 29,28 321,75 Fonte: Eurostat Botando unha ollada polos datos mostrados, podemos ver que son os impostos enerxéticos os que teñen un maior poder recadatorio. Neste caso, destacamos a Alemaña como principal recadadora; nos impostos sobre o transporte, o país que ten unha maior recadación é Italia, o segundo da lista; e no caso dos impostos sobre a contaminación, o país que destaca sobre os demais é Países Baixos. Neste ámbito, e tendo en conta que estamos a analizar datos absolutos, España atópase nun quinto posto de 26, o que podemos interpretalo de dous xeitos distintos: por unha banda, podemos pensar que o seu sistema fiscal é estrito á hora de deseñar os impostos ambientais, xa que ten un elevado volume recadatorio. Isto, de ser certo, é, sen dúbida, un aspecto positivo. Ora ben, podemos darlle o enfoque inverso: o sistema fiscal español non é todo o eficiente que podería (e debería). Como xa comentamos no apartado introdutorio do presente Traballo, un imposto Pigouviano
20 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado ten como obxectivo último a redución do impacto medio ambiental das actividades realizadas polas persoas. Partindo desta afirmación, e á vista da elevada recadación do noso país, os datos móstrannos, aínda que de xeito indirecto, o elevado impacto que teñen as actividades gravadas polos impostos analizados sobre o ambiente. Como mencionamos anteriormente, a presión fiscal medioambiental é unha das variables que mellor nos axudan a comprender esta realidade. É a que mostramos no seguinte gráfico, de novo, para o ano 2018. Liderado por Grecia e Dinamarca, o conxunto dos países analizados presenta a mesma distribución en canto a tipoloxía impositiva, que xa fumos capaces de visualizar na Táboa 4: é o imposto sobre a enerxía o que máis recada en termos de PIB, seguido do imposto sobre o transporte e, por último, sobre a contaminación. Entre os países que menos recadan en relación ao seu PIB, atopamos a Irlanda, Luxemburgo e Alemaña. É importante sinalar a posición de España respecto dos demais países. Se ben é certo que a recadación media da UE se sitúa no 2,4% do PIB, España conta cun 1,84% e, con máis de medio punto de diferenza, faino quedar na posición 24 de 26. Isto contrasta cos datos absolutos de recadación que, como vimos de analizar, España situábase entre os primeiros postos. Fonte: Eurostat Gráfico 2: PFM para os países da UE-26, ano 2018
21 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado É evidente que ao analizar os datos en relación co PIB, é importante ter en conta esta última variable. Canto máis elevado sexa o PIB, menor será a PFM e viceversa. Porén, é Alemaña, un dos países cun maior PIB de Europa, o país situado na cola da PFM (precisamente porque o seu elevado denominador fai baixar o cociente recadación-PIB); e xustamente por ter este volume de produción anual, sitúase no número 1 do ránking de datos absolutos (maior PIB, maiores externalidades negativas no ambiente, ergo maior recadación). O mesmo razoamento, pero á inversa, podemos aplicalo para Letonia, por exemplo: a súa baixa produción anual faille gañar postos na PFM, a pesares de ter unha baixa recadación relativa. Pero non só debemos ter en conta a situación actual da variable que estamos a tratar: é necesario ver unha evolución temporal para chegar a comprender o punto no que nos situamos hoxe en día. A continuación mostramos a evolución media da PFM para os países da UE-26 desagregando, de novo, os datos entre os tres impostos descritos. Nesta última gráfica queda patente, dunha maneira máis explícita, a importancia dos impostos enerxéticos respecto dos demais. A evolución apenas sufriu variacións ao longo do período analizado. Se nos fixamos na presión total, entre 1995 e 2008 parece haber unha tendencia á baixa, para logo incrementarse moi levemente, de tal xeito que o punto de partida e o punto de chegada son practicamente o mesmo (un 2.54% en 1995 e un 2.60% en 2018). Os impostos enerxéticos seguen a tendencia da presión total, mentres que os impostos sobre o transporte semellan ter unha redución ata 2009, para chegar a un estancamento arredor do 0.5%. Por outra banda, os impostos sobre a contaminación parecen non ter unha variabilidade significativa. Gráfico 3: PFM para a media da UE-26, 1995-2018 Fonte: Eurostat
22 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado Para unha análise máis precisa, na táboa seguinte mostramos os datos da PFM para os anos 1995, 2008 e 2018, coas súas correspondentes taxas de variación relativas (Var) entre ditos anos. Incluímos a desviación típica para o conxunto de países analizados. Táboa 5: Presión Fiscal Medioambiental e taxas de variación relativas. España e media da UE-26. Anos 1995, 2008 e 2018. 1995 2008 2018 Var95-18 Var95-08 Var08-18 España 2.12% 1.63% 1.84% -13.2% -23.1% 12.9% Enerxía 1.73% 1.30% 1.52% -12.1% -24.9% 16.9% Transporte 0.38% 0.31% 0.24% -36.8% -18.4% -22.6% Polución 0.01% 0.02% 0.08% 700% 100% 300% UE-26 2.54% 2.50% 2.60% 2.3% -1.5% 3.8% Enerxía 1.76% 1.80% 2.00% 14.0% 2.3% 11.4% Transporte 0.69% 0.60% 0.50% -26.6% -12.3% -16.4% Polución 0.10% 0.11% 0.09% -3.9% 6.6% -9.9% Desv.Típica 0.82 0.59 0.60 Fonte: Elaboración propia a partires de datos do Eurostat Como o total do período analizado inclúe máis de vinte anos, decidimos calcular as taxas de variación para o estudo global (de 1995 a 2018), e incluímos dous subperíodos: de 1995 a 2008 e de 2008 a 2018, para analizar a variación máis polo miúdo. Comezando pola UE-26, o total da recadación non presenta variacións significativas, como comentamos anteriormente: comeza o período cun 2,54% de recadación impositiva ambiental sobre o PIB e remata cun 2,6%. Desglosando a PFM por tipoloxía impositiva, os impostos sobre o transporte son os que presentan unha maior variación ao longo de todo o período, cun dato negativo do 26,6% (ambos subperíodos presentan taxas de variación negativas); seguidos da enerxía (cun dato positivo do 14% derivado do incremento producido entre 2008 e 2018, principalmente) e pola contaminación (onde o dato positivo do primeiro subperíodo non é suficiente para cubrir a minoración producida entre 2008 e 2018, facendo que a variación global sexa dun -3,9%). A desviación entre países semella que se reduciu entre 1995 e 2008, pero segue a ser preocupante que as disparidades cheguen a 0,6 puntos porcentuais. Como vimos no Gráfico 2, o certo é que a recadación non é homoxénea para todos os países, habendo unha diferenza entre Alemaña e Malta de máis de 59 mil millóns de euros. Isto débese, en esencia, á falta dunha regularización a
23 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado nivel comunitario en materia de imposición ambiental, algo que abordaremos nos seguintes apartados. España, pola contra, presenta unhas taxas de variación máis acentuadas, desviándose do patrón de comportamento marcado pola media dos países da UE-26: son os impostos á contaminación os que presentan unha maior variabilidade (dun 700% en todo o período), seguidos, xa con datos negativos, dos impostos sobre o transporte (cunha redución media do 36,8%) e dos enerxéticos (nos que o incremento producido no segundo subperíodo non é suficiente para compensar a redución de case o 25% anterior). 3.2 Análise empírico: Converxencia no marco da UE-26 Neste apartado trataremos de responder a pregunta feita anteriormente: existe converxencia da imposición ambiental nos países estudados? Para isto, empregamos distintas análises que tratan de mostrar a existencia de converxencia ou diverxencia de maneiras distintas, aínda que complementarias. Estamos a falar das converxencias beta, sigma e gamma. A primeira análise de converxencia que presentamos é a beta-converxencia. Este estudo permítenos, segundo Villar et al. (2012), contrastar se o retraso relativo dunha variable nun momento dado tende a reducirse co paso do tempo. Desta maneira, existe β-converxencia naqueles casos nos que exista unha relación inversa entre a taxa de crecemento da renda per cápita e o seu nivel inicial. Esta análise pode ser extrapolada ao ámbito da imposición ambiental, de tal maneira que estudaremos a evolución da PFM ao longo do período 1995-2018. A regresión que nos permite estudar a β-converxencia vén dada pola seguinte expresión: onde Yi,0 fai referencia ao valor da PFM do país i no momento t=0 (no noso caso, 1995) e Yi,T ao último ano do período. Para poder afirmar a existencia de converxencia beta, é necesario que o parámetro que acompaña á variable explicada sexa negativo e estatísticamente significativo. Esta regresión tamén nos permite analizar a velocidade de converxencia entre países, que pode ser estimada pola ecuación [2]: Máis concretamente, e como indica Villar (2015) no seu estudo “La reforma fiscal verde: un análisis de convergencia a nivel europeo”, algúns autores denominan esta regresión como “media vida”, xa que nos permite estimar o número de anos que as economías cun nivel baixo da variable analizada precisan para superar a metade da [1] [2]
24 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado distancia que as separa do seu “estado estacionario”. Para iso, adáptase a fórmula orixinal da estimación para obter a ecuación: Por outra banda, a sigma-converxencia analiza a evolución da dispersión da PFM ao longo do tempo. As ferramentas estatísticas que poderiamos empregar son indicadores de desigualdade, como os índices de Theil ou o de Gini. Neste traballo presentamos unha análise máis pormenorizada do Coeficiente de Variación [4] e do índice de Theil [5]: onde Non podemos deixar de lado a relación existente entre a β e a σ converxencia: a existencia de beta converxencia é condición necesaria pero non suficiente para a existencia de σ converxencia, de igual modo que a existencia de converxencia sigma é condición suficiente, pero non necesaria, para a β converxencia. Por último, presentamos a gamma converxencia. Esta pode considerarse, segundo autores como Delgado (2006) ou Villar (2015), un complemento á converxencia σ para “comprobar” a existencia de converxencia β. Delgado (2008) indica que esta converxencia é un concepto máis amplo que o da beta (que estuda o crecemento das observacións cuns menores valores) e o da sigma (referido a unha redución da dispersión): é necesario que se produzan “movementos na dispersión que alteren o ránking ao longo do tempo”, é necesaria unha converxencia gamma. Así, emprégase o índice de concordancia de rangos de Kendall (en diante, RC), plasmado na ecuación: na que R(y)it fai referencia ao rango das observacións no ano t. Así, saberemos que existe converxencia cando o estatístico RC tome valores afastados a 1, indicando unha maior movilidade das observación dentro da distribución. Pola contra, valores próximos a 0 indican elevada movilidade, alta variabilidade, ergo converxencia γ. [3] [4] [5] [5]
25 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado 3.2.1 Beta-converxencia Para realizar a regresión descrita en [1], axudámonos do programa econométrico Econometric-Views e analizamos a variable PFM. Como este tipo de converxencia trata de analizar o crecemento da variable entre o inicio e a fin do período, realizamos a estimación para o conxunto do período 1995-2018, diferenciando dous subperíodos: 1995-2008 e 2008-2018. A decisión desta subdivisión temporal reside nun feito que afectou a todos os países a escala global: a crise económica iniciada no 2008. Así, analizaremos a converxencia antes e despois da Gran Recesión. Os resultados do modelo econométrico para a PFM total amósanse na Táboa 6. Táboa 6: Beta-converxencia. Total PFM Período β Probabilidade R2 Velocidade 1995-2008 -0.77 0.00 0.6622 5.65% 2008-2018 -0.48 0.01 0.2242 2.52% 1995-2018 -0.92 0.00 0.6917 9.71% Fonte: Elaboración propia Antes de analizar a existencia de converxencia ou diverxencia, é preciso estudar se se trata dun bo modelo. Para isto, debemos interpretar os resultados da significatividade dos regresores e da bondade do axuste. Por unha banda, podemos confirmar que os regresores son estatísticamente significativos (para un nivel de significación de α=0.05 2 ); ademais, o modelo conta cun coeficiente de determinación relativamente elevado xa que, para o conxunto do período, case o 70% das variacións producidas na variable endóxena veñen explicadas polas variables predeterminadas. Fixándonos agora nos resultados obtidos para o parámetro β, vemos que para os tres períodos seleccionados o seu signo é negativo, o que confirma a relación inversa entre a taxa de crecemento da PFM e o seu nivel inicial. Por outra banda, resulta tamén interesante o significado da Velocidade de Converxencia [2]. Para o conxunto do período, temos unha velocidade de converxencia dun 9.71% o que, trala análise da “media vida” (ecuación[3]), podemos dicir que aquelas economías cunha PFM menor superarían a metade da distancia que os separa daqueles países con maiores valores da variable en, aproximadamente, 7 anos. O resultado para os subperíodos non mostra unhas velocidades tan elevadas: presentan unha velocidade de converxencia do 5.65% (1995-2008) e do 2.52% (2008-2018). Isto supón unha redución das disparidades nos termos que comentamos anteriormente para a “media vida”, de 12 e máis de 27 anos, respectivamente. Isto indica que o proceso de converxencia produciuse dunha maneira máis intensa entre 1995 e 2008. 2 Contan cunha probabilidade asociada menor ao nivel de significación, o que nos permite rexeitar a Hipótese Nula: β=0.
32 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado 4 As emisións: un problema internacional Ante un problema mundial, necesitamos solucións globais. Isto significa, irremediablemente, un proceso longo de negociacións para a aprobación de obxectivos e medidas. 4.1 Diversos acordos internacionais O gran pacto que podemos considerar como o inicio dunha serie de negociacións internacionais no eido do cambio climático, é a Convención Marco das Nacións Unidas sobre Cambio Climático (CMNUCC). Esta Convención foi adoptada no ano 1992 e ratificada por 195 países. Co obxectivo principal da estabilización das concentracións de GEI, búscase que a consecución do mesmo sexa nun prazo suficiente como para que os ecosistemas se adapten ao cambio climático, asegurando a produción de alimentos e permitindo a continuación do desenvolvemento económico sostible. Para lograr os seus fins, débense tomar as decisións de maneira conxunta e marcar a folla de ruta a seguir por cada país participante. Estas negociacións lévanse a cabo unha vez ao ano, dende 1995, nas Conferencias das Partes (COP, polas súas siglas en inglés). Nestas conferencias tamén se ten en conta o Protocolo de Kioto, cuxa entrada en vigor se fixo efectiva en 2005. Con este novo acordo, instáuranse por vez primeira obxectivos de redución de emisións netas de GEI para os países desenvolvidos e en transición. Máis concretamente, o primeiro período de compromiso establece como obxectivo a redución de, polo menos, un 5% das emisións de GEI no período 2008-2012 respecto de 1990 5 . A UE comprometeuse a dito obxectivo de maneira conxunta entre todos os países membros, polo que os obxectivos de cada un varían en función dunha serie de parámetros de referencia. España non pode superar en máis dun 15% das emisións de 1990 no período citado. En 2006 proseguen as negociacións para darlle continuidade ao Protocolo, aprobándose a Enmenda de Doha: o compromiso da UE consiste na redución das emisións nun 20% respecto ao ano de referencia, no período 2013-2020. Dende a entrada en vigor do Protocolo de Kioto, en 2005, as sesións da COP e do Protocolo celébranse simultaneamente para reducir custos e mellorar a comunicación entre os axentes. Unha das conferencias que supuxo un fito na loita contra o cambio climático (e así a define o Ministerio para a Transición Ecolóxica do Goberno de España), foi a Conferencia de París, na COP21. Dun xeito moito máis ambicioso que as COP anteriores, a COP21 compromete a todos os países asinantes a evitar que o incremento da temperatura do planeta supere os 2ºC respecto de niveis preindustriais, e incluso establece unha barreira de 1,5ºC ao incremento do quecemento global. Todos os países deben pór en marcha políticas nacionais para a redución das súas 5 No anexo mostramos a Gráfica 12, na que se pode observar a evolución das emisións de GEI en España e o límite establecido polo Protocolo de Kioto.
33 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado emisións e, cada 5 anos (comezando en 2023), os compromisos dos países serán cada vez maiores, máis ambiciosos e, polo tanto, máis estritos. 4.2 Un imposto ás emisións de CO2 producidas polo transporte aéreo A continuación mostramos a simulación da aplicación dun imposto ás emisións de CO2 producidas polo transporte aéreo. Principalmente, decidimos facer a simulación neste sector por dous motivos. Por unha banda, polas emisións que xera: o transporte, que está dentro dos considerados sectores difusos (todas aquelas actividades non suxeitas ao comercio de dereitos de emisión), é o sector que máis emisións rexistra (máis dun 40% do total de emisións dos sectores difusos); máis concretamente para o transporte aéreo, as emisións incrementáronse preto dun 50% entre 1990 e 2014. Por outra banda, a finais de febreiro deste ano, o Ministerio de Facenda someteu a consulta pública a implantación dun imposto ao transporte aéreo, polo que nos pareceu de interese e de actualidade realizar no Traballo Fin de Grao unha simulación do que podería ocorrer se dito trámite sae adiante. 4.2.1 Metodoloxía Neste apartado metodolóxico, debemos dilucidar dous elementos primordiais para a elaboración da simulación: os datos e os cálculos. En canto aos datos, foron necesarios aqueles referidos a emisións de CO2, diferenciando sempre entre os voos nacionais e internacionais. Esta información foi obtida da base de datos do European Environment System. Só recollemos os datos referidos a emisións de CO2, aínda que tamén podería ser de interese ter en conta todas as emisións de gases efecto invernadoio medidas en toneladas de CO2 equivalente. Por outra banda, empregamos o número de persoas que embarcaron nun voo con saída dende España. A tal efecto, consultamos a base de datos oficial do Eurostat diferenciando, de novo, entre voos domésticos e estranxeiros. Por último, trala consulta da Enquisa de Turismo de Residentes realizada polo INE, extraemos o prezo medio en euros dos voos nacionais e internacionais. Con estes tres datos, temos o suficiente como para elaborar un modelo de equilibrio parcial simple, partindo das Elasticidades–Prezo da demanda. Para este último dato, consultamos o informe “Impuestos sobre el Transporte, Descarbonización y Equidad. Propuestas y Evaluación para España”, no que se fai unha análise do aquí presentado, aínda que en máis profundidade. Para as elasticidades, os autores indican, segundo a literatura consultada, unha estimación de -1.4 para os voos nacionais e de - 0.93 para os estranxeiros. Estes datos poden ser interpretados de tal xeito que unha subida dun 1% no prezo do billete de avión suporá, por termo medio, unha redución dun 1.4% da demanda dos voos nacionais e dun 0.93% na demanda de voos estranxeiros.
34 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado Procedemos, pois, á explicación do proceso seguido para plasmar unha simulación para a aplicación dun imposto ás emisións de dióxido de carbono emitidas polo transporte aéreo. Concretamente, o imposto será aplicado á tonelada de CO2 emitida. Para isto, é necesario saber cal é o importe, antes da aplicación do imposto, que estamos a pagar cando compramos un billete de avión en termos de emisións. É dicir, trátase de darlle un valor en unidades monetarias á tonelada emitida do gas en cuestión. Unha vez calculado o custo para as viaxeiras e viaxeiros, aplicamos o imposto pero, cal tería que ser a cuantía do mesmo? Para dar resposta a esta pregunta, consultamos, de novo, o documento anterior que tomamos como referencia, no que se indica un imposto de 50€ por tonelada emitida. O motivo non é outro que aproximar a fiscalidade do transporte aéreo á de outro tipo de transportes (para un maior detalle, véxase Gago el al., 2020). Pero, como reflectimos o imposto no prezo do billete? Unha vez que lle asignamos a unha tonelada de emisións un valor monetario, aplicamos o tributo (como se trata dun imposto específico, non sería máis que sumarlle 50€ ao valor de cada tonelada emitida); tras isto, calculamos cal sería o gasto resultante tendo en conta todas as toneladas emitidas e o gasto per cápita correspondente (é dicir, o novo prezo do billete). Finalmente, e para ver os impactos do imposto sobre a demanda de billetes de avión, empregamos as Elasticidades-Prezo da Demanda que comentamos con anterioridade. Sabendo que, por exemplo, no caso dos voos nacionais, un incremento dun 1% do prezo do billete suporía unha baixada dun 1,4% na demanda, analizamos os prezos antes e despois do imposto, chegando ao resultado das reducións da demanda a través da súa elasticidade-prezo. 4.2.2 Resultados Debido á dispoñibilidade de datos, facemos a simulación para o ano 2017, xa que é o último ano do que temos cifras para todas as variables empregadas. Os resultados móstranse na táboa seguinte a modo de resumo, aínda que na táboa 10 do anexo mostramos os resultados dunha maneira máis minuciosa: Táboa 8: Resultados da Simulación Imposto (€ por billete) Variación das emisións (%) Recadación Imposto CO2 (€) IVE (€) Doméstica 3,88 -1,06 138.758.334 -19.633.666 Internacional 9,74 -4,55 807.794.001 - Fonte: Elaboración propia
35 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado Como paso previo á explicación dos resultados, cremos pertinente a especificación, aínda que resumida, dos cálculos realizados previos á simulación para a valoración en unidades monetarias das emisións de CO2. A tal efecto, empregamos o prezo medio do billete de avión. No caso da aviación doméstica e sabendo que no ano 2017 España contou con máis de 36 millóns de pasaxeiras a un prezo medio do billete de avión duns 514€, valoramos unha tonelada de CO2 en 6.623€, aproximadamente. De igual modo e para o mesmo ano, pero no ámbito internacional, España conta con case 87 millóns de pasaxeiras a un prezo medio do billete de 1.071€; computamos a tonelada de emisións a 5.498€. En definitiva, e tal e como mostra a táboa, aplicando un imposto que grave unicamente as emisións de CO2 do transporte, obtemos dous resultados en distintos campos de estudo: nacional e internacional. A nivel doméstico (voos con saída de España e chegada a outro aeroporto español), a aplicación do imposto de 50€ á tonelada de CO2 emitida traduciríase nun incremento de case 4€ en cada billete de avión. Por conseguinte, as cantidades demandadas deste transporte reduciríanse, logrando unha variación das emisións respecto da situación “antes do imposto” de máis dun 1%. A recadación ascendería a preto de 139 millóns de euros. Tendo en conta que a demanda baixa, tamén o fará a recadación por IVE (recordemos que os voos nacionais están gravados cun tipo do 10%). Esta redución dos voos traduciríase nunha redución de máis de 19 millóns por IVE, facendo que a compensación tributaria sexa de máis de 119 millóns de euros positivos. Por outra banda, en canto aos voos internacionais (voos con saída de España e chegada a outro país, ben sexa da UE ou do estranxeiro), o imposto de 50€ á tonelada traduciríase nun incremento do prezo do billete de avión de case 10€. Como supoñemos, de novo, que un incremento dos prezos leva a unha redución da demanda, empregando as elasticidades-prezo estimamos unha redución de emisións do 4,55%. A recadación total ascendería a 807,7 millóns de euros. Na súa totalidade, o imposto sería capaz de recadar 946,5 millóns de euros e unha redución das emisións de CO2 de 799.912 toneladas, o que implica unha variación do -4,05%.
36 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado Conclusións e principais limitacións As conclusións que podemos extraer da análise presentada poden ser divididas en dous bloques: homoxeneidade e simulación impositiva. Primeiramente, debemos denotar o elevado grao de heteroxeneidade que existe nas principais divisións administrativas do territorio español. A práctica totalidade dos impostos ambientais son a nivel autonómico, e, dentro deles, sen homoxeneización. Recordemos, por exemplo, os casos opostos entre Catalunya, con trece impostos ambientais, e Comunidad de Madrid, con tan só un imposto deste tipo. Para contar cun sistema fiscal eficaz neste eido, é necesario instaurar unhas regras de xogo comúns para todas as CCAA. Isto podería ser positivo para lograr certo grao de consolidación fiscal e resolver determinadas dificultades e barreiras existentes cunha variedade tan ampla de impostos entre as CCAA. Por outra banda, e dentro do mesmo bloque, debemos resaltar a existencia de converxencia en todos os ámbitos que analizamos. Tomando como referencia a variable Presión Fiscal Medioambiental, a converxencia beta indica un crecemento das observacións cuns menores valores dun xeito máis intenso entre 1995 e 2008. Neste proceso, os impostos enerxéticos son os que xogan un papel máis relevante. Constatamos unha redución da dispersión a través da converxencia sigma, analizada a través do Coeficiente de Variación e dos índices de desigualdade de Gini e Theil. Por último, a converxencia gamma indica certos movementos na dispersión que alteraron o ránking ao longo do tempo. Como indicamos, esta é unha converxencia moito máis lenta, con apenas 0,2 puntos de variación entre o inicio e a fin do período analizado. Sen dúbida, as Reformas Fiscais Verdes e as modificacións dos sistemas tributarios dos países da UE-26 posibilitaron obter estes resultados. A pesares disto, non podemos dicir que España estea aproveitando todos os recursos dos que dispón para facer fronte ás distintas externalidades negativas derivadas do seu modelo produtivo. É necesario facer unha aposta forte polos modelos de imposición ambiental.
37 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado Por último, en canto á simulación impositiva, observamos que é posible aplicar un imposto ao transporte aéreo. Na simulación aplicamos un imposto de 50€ á tonelada de carbono e con el conseguimos reducir nun 1,06% as emisións producidas pola aviación doméstica e nun 4,55% as emisións da aviación internacional. Pese á redución da demanda, o incremento da recadación por este novo imposto é suficiente como para compensar a redución da recadación por IVE. Logramos un resultado neto positivo de 927 millóns de euros, aproximadamente. En canto ás limitacións do modelo, debemos centrarnos na última análise empírica realizada. Destacar, en esencia, dous elementos: supoñemos que a redución das emisións é exactamente a mesma que a redución na demanda en termos porcentuais. Esta situación pode non ser de todo certa na realidade, xa que un voo emitirá practicamente a mesma cantidade de carbono se viaxan 50 persoas que 48 (tendo en conta a variable “quilogramos transportados”). Aínda que os quilogramos transportados muden, non se pode pasar por alto este feito: é posible que o carbono emitido diminúa, mais non poderiamos afirmar que dita minoración fose na mesma proporción que a redución da demanda. Por outra banda, estamos a establecer un incremento dos prezos para todos os avións, independentemente do seu destino; sería máis xusto e equitativo o establecemento dun imposto variable, en función dos quilómetros entre a orixe e o destino do transporte. Aínda así, un modelo non deixa de ser unha simplificación da realidade, polo que esta simulación pode axudarnos a facernos unha idea do que suporía a aplicación dun imposto deste tipo. A pesares das limitacións, sería interesante realizar, como ampliación, un estudo para analizar se o imposto é progresivo ou regresivo. En caso de ser regresivo, deberíamos avaliar as diferentes alternativas para tratar de compensar o problema.
38 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado Bibliografía Delgado, F. J. (2006). Are the tax mix and the fiscal pressure converging in the European Union? Instituto de Estudios Fiscales. Recuperado de https://www.ief.es/docs/destacados/publicaciones/papeles_trabajo/2006_11.pdf Delgado, F. J. (2008). Presión Fiscal en la Unión Europea: Un análisis beta, sigma y gamma convergencia. Revista de economía mundial, 22, 141-166. Recuperado de http://rabida.uhu.es/dspace/bitstream/handle/10272/3295/b15499443.pdf?sequ ence=1 European Environment Agency (Varios Anos). Data viewer on greenhouse gas emissions and removals, sent by countries to UNFCCC and the EU Greenhouse Gas Monitoring Mechanism (EU Member States). Recuperado de https://www.eea.europa.eu/data-and-maps/data/data-viewers/greenhousegases-viewer Eurostat (Varios Anos). Estadísticas de transporte de viajeros. Recuperado de https://appsso.eurostat.ec.europa.eu/nui/submitViewTableAction.do Gago, A., Labandeira, X. (2013). El informe Mirrlees y la Imposición Ambiental en España. WP 13/2013, Economics for Energy. Recuperado de https://eforenergy.org/docpublicaciones/documentos-de-trabajo/WP13-2013.pdf Gago, A., Labandeira, X., Rodríguez, M. (2002). Imposición ambiental y Reforma Fiscal Verde: Tendencias recientes y análisis de propuestas. Recuperado de https://labandeira.eu/publicacions/gago-labandeira-y-rodriguez-2002- ecofiscalidad.pdf Gago, A., Labandeira, X, Labeaga, J., López-Otero, X. (2020). Impuestos sobre el Transporte, Descarbonización y Equidad. Propuestas y Evaluación para España. WP 02a/2020, Economics for Energy. Recuperado de https://eforenergy.org/docpublicaciones/documentos-de-trabajo/wp02a2020.pdf
39 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado Instituto Nacional de Estadística (Varios Anos). Encuesta de Turismo de Residentes (ETR). Recuperado de https://www.ine.es/dynt3/inebase/es/index.htm?padre=2784&dh=2 López-Guzmán, T. J. (2002). Fiscalidad ambiental: Análisis y efectos distributivos. Granada, España: Editorial Comares, S. L. Ministerio de Hacienda (2014). Comisión de Expertos para la Reforma del Sistema Tributario Español. Informe. Recuperado de https://www.hacienda.gob.es/es- ES/Prensa/En%20Portada/2014/Documents/Informe%20expertos.pdf Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico (s.d.). La Convención Marco de Naciones Unidas sobre el Cambio Climático (CMNUCC). Recuperado de https://www.miteco.gob.es/es/cambio-climatico/temas/el-proceso-internacional- de-lucha-contra-el-cambio-climatico/naciones-unidas/CMNUCC.aspx Moreno, G., Mendoza, P., Ávila, S. (Ed.). (2002). Impuestos ambientales. Lecciones en países de la OCDE y experiencias en México. México D. F., México: Jiménez Editores e Impresores. Recuperado de http://cambioclimatico.gob.mx:8080/xmlui/bitstream/handle/publicaciones/134/ 373_2002_Impuestos_ambientales.pdf?sequence=1&isAllowed=y Organización de las Naciones Unidas (2005). Protocolo de Kyoto de la convención marco de las Naciones Unidas sobre el cambio climático. Recuperado de https://unfccc.int/resource/docs/convkp/kpspan.pdf Rodríguez, M. E. (2005). El doble dividendo de la imposición ambiental. Una puesta al día. Instituto de Estudios Fiscales. Recuperado de https://www.researchgate.net/profile/Miguel_Rodriguez26/publication/28105995 _El_doble_dividendo_de_la_imposicion_ambiental_una_puesta_al_dia/links/00b7 d5277a99609db0000000.pdf Villar, E. (2015). La reforma fiscal verde: Un análisis de convergencia a nivel europeo. Estudios de progreso, 85. Recuperado de http://www.fundacionalternativas.org/public/storage/estudios_documentos_arch ivos/3f164c4fa6f196e3a0c17e3b4835dacf.pdf Villar, E., Quesada, J. M., Molina, V. (2016). Economía Ecológica. La imposición energética como variable condicional en el proceso de convergencia europeo. Revista Iberoamericana de Economía Ecológica, 26, 167-175. Recuperado de http://redibec.org/wp-content/uploads/2017/03/rev26_12.pdf Villar, E., Quesada, J.M., Barrilao, P.E. (Maio de 2012). ¿Existe convergencia en fiscalidad medioambiental en la UE-15? En Jiménez, F. (Presidencia). XIV Reunión de Economía Mundial. Conferencia levada a cabo na Universidad de Jaén, España. Recuperado de http://xivrem.ujaen.es/wp-content/uploads/2011/11/107-R- 158M809.pdf
40 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado Anexo Táboa 9: Resultados da β-converxencia para o período 1995-2018 Imposto β Probabilidade R2 Velocidade Enerxía -1 0.00 0.7668 19.68% Transporte -0.30 0.04 0.1517 1.37% Polución -0.25 0.02 0.1901 1.11% Fonte: Elaboración propia Gini=0.307 Gráfico 7: Curva de Lorenz e Índice de Gini. UE-26, ano 1995 Fonte: Elaboración propia
41 Impostos Pigouvianos: 100 anos dende o seu postulado Gini: 0.206 Fonte: Elaboración propia Gráfico 8: Curva de Lorenz e Índice de Gini. UE-26, ano 2008 Gini: 0.198 Gráfico 9: Curva de Lorenz e Índice de Gini. UE-26, ano 2018 Fonte: Elaboración propia