scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Empresa e páxinas web

Vidal Portabales, José Ignacio

Abstract

A Unidade Didáctica denominada Empresa e páxinas web desenvolve unha parte da materia Dereito da Empresa pertencente á titulación de Grado de Dirección e Administración de Empresas; corresponde basicamente ás leccións 13 e 17 do Programa da materia. No entanto, pola súa formulación, será de utilidade para preparar tamén temas correspondentes ás leccións 10 (Dereito da Competencia), 11 (Competencia desleal e publicidade comercial) e 12 (Dereito da Propiedade Industrial). Esta materia forma parte das chamadas materias de Formación Básica. Esta Unidade Didáctica localízase principalmente no bloque dedicado ao Réxime Xurídico da Actividade Empresarial. Ten por destinatarios os alumnos de primeiro curso.

Full text

Vicerreitoría de eStUdaNteS, cUltUra e ForMaciÓN coNtiNUa Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Administración e Dirección de Empresas Dereito da Empresa Ignacio Vidal Portabales 13 e 17 Empresa e páxinas web 9788498 879667 Departamento de Dereito Mercantil e do Traballo Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Empresa e páxinas web 13 e 17 Ignacio Vidal Portabales Departamento de Dereito Mercantil e do Traballo Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (elec-trónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. Dep. Legal: C 47 - 2013 ISBN 978-84-9887-966-7 © Universidade de Santiago de Compostela, 2013 Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/legalcode.gl Deseño Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostea Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital UNIDADE DIDÁCTICA XIII e XVII. Empresa e páxinas web - 3 MATERIA: Dereito da Empresa TITULACIÓN: Grao en Administración e Dirección de Empresas PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Lección 1. Dereito, economía e mercado Concepto, caracteres e fines do Dereito O Dereito e a súa clasificación Norma xurídica e outros conceptos básicos Lección 2. Os dereitos subxectivos Persoa física e persoa xurídica Feito, acto e negocio xurídico A obriga O contrato EMPRESARIO INDIVIDUAL E EMPRESARIO SOCIAL Lección 3. O empresario individual O Dereito Mercantil: concepto, caracteres e fontes O estatuto do empresario O Rexistro Mercantil A contabilidade do empresario Lección 4. A sociedade mercantil Determinación do concepto de sociedade mercantil A personalidade xurídica da sociedade mercantil. A sociedade irregular Tipos de sociedades mercantís As sociedades colectivas e comanditarias Lección 5. A sociedade anónima I Concepto e características Réxime xurídico das accións Órganos sociais Modificación de estatutos: aumento e redución do capital Lección 6. A sociedade anónima II Disolución e liquidación Emisión de obrigas A sociedade anónima cotizada Sociedade Anónima Europea Lección 7. A sociedade de responsabilidade limitada I Concepto e características Constitución As participacións Órganos sociais Lección 8. A sociedade de responsabilidade limitada II Modificación de estatutos Disolución e liquidación Sociedade unipersoal Sociedade Nova Empresa 4 - UNIDADE DIDÁCTICA XIII e XVII. Empresa e páxinas web Lección 9. Outras formas sociais Sociedades mutualísticas A sociedade cooperativa galega Unións e asociacións de empresas Sociedades de inversión mobiliaria RÉXIME XURÍDICO DA ACTIVIDADE EMPRESARIAL Lección 10. Dereito da competencia O principio de liberdade de empresa e a libre competencia Protección xurídica da libre competencia Concentración de empresas Órganos de Defensa da Competencia Lección 11. Competencia desleal e publicidade comercial A lei de competencia desleal Supostos legais de competencia desleal Accións nadas da competencia desleal A protección contra a publicidade ilícita Lección 12. Dereito da Propiedade Industrial Consideracións xerais Patentes de invención Modelos de utilidade O deseño industrial A marca Lección 13. Sociedade da Información e empresa A Lei de Servizos da Sociedade da Información Empresa e páxinas web Nomes de dominio e empresa A Lei Orgánica de Protección de Datos A CONTRATACIÓN MERCANTIL Lección 14. A contratación mercantil Especialidades das obrigas mercantís Os contratos mercantís A defensa do consumidor: a LGDC y U A contratación mercantil internacional Lección 15. Os contratos mercantís I A compravenda mercantil e afíns Transporte Depósito Seguro Lección 16. Os contratos mercantís II O contrato de comisión Contratos de colaboración e distribución Contratos bancarios O mercado de valores UNIDADE DIDÁCTICA XIII e XVII. Empresa e páxinas web - 5 Lección 17. Contratación electrónica Os prestadores de servizos da sociedade da información Concepto e tipos de contratación electrónica Réxime xurídico da contratación electrónica Contratos informáticos A firma electrónica MEDIOS DE PAGO Lección 18. Medios de pago I Os medios de pago no moderno tráfico mercantil As tarxetas e os seus tipos O diñeiro electrónico O crédito documentario Lección 19. Medios de pago II Os títulos valores A letra de cambio: concepto e requisitos formais Aceptación, endoso e aval Pago e incumprimento das obrigas cambiarias O cheque e a obriga de pagamento Lección 20. Concurso de acredores A declaración do concurso Efectos da declaración do concurso Cualificación do concurso Terminación do concurso UNIDADE DIDÁCTICA XIII e XVII. Empresa e páxinas web - 7 ÍNDICE Contextualización………………………………………………….....................9 Xustificación .................................................................................................9 Os obxectivos………………………………………………………...……......... 9 A metodoloxía………………………………………………………...………....10 Os contidos ……………………………………………………………………12 1. OBTENCIÓN DE CONTIDOS DUNHA PÁXINA WEB .…...........12 2. NOMES DE DOMINIO……………………………………….…...…13 2.1. Clases ........................................................................ 13 2.2. Clasificación dos conflictos sobre nomes de dominio. 15 3. PROBLEMÁTICA DOS ENLACES………….………...............… 16 4. PRINCIPIOS BÁSICOS DA LOPD……………………….…....…..17 5. CONTRATACIÓN ELECTRÓNICA NA LSSI y CE .................... 20 5.1. Clases de contratos electrónicos ……...................... 20 5.2. Validez dos contratos electrónicos ..………………...…22 6. PROPIEDADE INTELECTUAL .................................................23 7. PROPIEDADE INDUSTRIAL.......................................................24 Avaliación…....…………………………………………………....................... 26 Anexos………..............……………………………………………….….......…27 Bibliografía……………………………………………………….………....….. 30 14 - UNIDADE DIDÁCTICA XIII e XVII. Empresa e páxinas web Así, conforme ao primeiro, pode distinguirse entre nomes de dominio de primeiro nivel, de segundo nivel, de terceiro nivel, etc. E, conforme ao criterio da súa natureza, distínguese entre nomes de dominio xenéricos e nomes de dominio de código país. Como vimos, os nombres de dominio de primeiro nivel, coñecidos polas siglas TLD áchanse no nivel máis alto da escala de xerarquía de Internet. E poden clasificarse en: a) nomes de dominio xenéricos, que se coñecen co nome de gTLD; e b) nomes de dominio de código país, coñecidos como ccTLD. Os nomes de dominio xenéricos internacionais poden solicitarse por calquera, sen máis requisitos que o de presentar a petición (no caso dos dominios de libre acceso, como .com e .net) ou acreditando, no seu caso, a concreta pertenencia ao grupo profesional ou social ao que o nome genérico está destinado (como sucede cos .mil ou .edu). Os nomes de dominio xenéricos que foron aprobados no 1980 son os denominados .com, .net, .org, .mil, .int, .edu e .gov. A estes, e debido á saturación do sistema, hanse ir engadindo outros: .biz, .info, .prol, .name, .coop, .aero, .museum, .jobs, .travel, .cat, .mobi, .tel, .asia,… Pola súa banda, os nomes de código de país ou ccTLD correspóndense coas siglas das normas ISO-3166, que, como é sabido, aluden ao territorio de cada país (.es para España, .uk para Reino Unido, .fr para Francia...). Neste punto, interesa destacar que a Unión Europea aprobou a creación do dominio de primeiro nivel .eu coa finalidade primordial de facilitar a execución do comercio electrónico no ámbito europeo e de promocionar a imaxe da Unión europea nas redes de información. En España, a Entidade pública Empresarial Rede.es constitúe a Autoridade encargada da asignación do nome de dominio baixo .es. Á vista do exposto, é claro que se unha empresa aspira a potenciar fundamentalmente a súa proxección internacional, deberá optar pola elección dun nome de dominio de primeiro nivel xenérico; e se se pretende, sobre todo, unha proxección nacional ou europea, deberá inclinarse polo correspondente código de país ou polo .eu. Pode afirmarse pois, a modo de resumo, que os nomes de dominio de primeiro nivel constitúen unha convención para agrupar aos solicitantes, sexan empresas ou particulares, por áreas de actividade ou de territorio dun xeito intuitivo. Os de segundo nivel son aqueles que é posible rexistrar baixo un nome de dominio de primeiro nivel. E son elixibles polos usuarios, circunstancia que motiva a posible existencia de controversias derivadas da infracción de Dereitos de Propiedade Industrial, Dereitos da Competencia, Dereitos da Personalidade, e Dereitos da Propiedade Intelectual, como veremos máis adiante. Respecto dos nomes de terceiro nivel, e polo que concirne a España, é obrigado citar o Plan Nacional 2005, cuxa disposición oitava enumera os nomes asignables de terceiro nivel. Concretamente, permítese a asignación baixo os seguintes indicativos: com.es, nom.es, org.es, gob.es e edu.es. UNIDADE DIDÁCTICA XIII e XVII. Empresa e páxinas web - 15 2.2. Clasificación dos conflitos sobre nomes de dominio Cinguíndonos ao ámbito do Dereito español, os conflitos sobre nomes de dominio poden catalogarse partindo da normativa coa que poden friccionar. Como punto de partida, cabería citar os posibles conflitos por infracción da normativa de Dereito da Competencia, dos denominados Dereitos da Personalidade, de Propiedade Intelectual e de Propiedade Industrial. Respecto da Lei de Competencia Desleal do 10 de xaneiro de 1991, haberá que ter en conta de modo particular os artigos 6 e 12. O primeiro ocúpase dos actos susceptibles de xerar confusión ou asociación no mercado. E o artículo 12 refírese á explotación da reputación allea, considerándose desleal o emprego de signos distintivos alleos. Neste grupo tamén deben terse en conta os posibles conflitos coas denominacións sociais e as denominacións de orixe (vid., a título de exemplo, o 406 RRM, conforme ao cal non poderá incluírse na denominación ningún termo ou expresión que induza a erro ou confusión no tráfico mercantil sobre a propia identidade da sociedade ou entidade). Con relación aos dereitos da personalidade, haberá que estar ao disposto no artigo 7-6 da Lei Orgánica 1/1982, de 5 de maio, cando afirma que son intromisións ilexítimas a utilización do nome, da voz ou da imaxe dunha persoa para fins publicitarios, comerciais ou de natureza análoga (pensemos na utilización de nomes alleos ou pseudónimos como nomes de dominio). Cabería citar tamén os posibles conflitos derivados da protección que outorga a LPI de 12 de abril de 1996 aos autores de creacións intelectuais (imaxinemos a elección de nomes de dominio coincidentes con títulos de libros ou de obras plásticas, con títulos de películas ou personaxes, etc.). Para rematar, debe sinalarse que os nomes de dominio, ademais da súa función de localización dos equipos conectados á Rede, teñen tamén unha función distintiva da actividade empresarial e dos produtos ou servizos. Así, na súa función de identificadores comerciais, poden entrar en conflito con outros signos distintivos como os dereitos de propiedade industrial. No entanto, existen algunhas diferenzas entre uns e outros, que sintetizamos a continuación: en primeiro lugar, mentres os nomes de dominio se desenvolven na contorna on line , os dereitos de propiedade industrial actúan no tráfico ordinario (circunstancia que non impide que os seus titulares poidan rexistralos como nomes de dominio); e, en segundo lugar, mentres Internet é unha rede global á que se pode acceder desde calquera parte do mundo, os signos distintivos tradicionais, como as marcas, teñen un carácter territorial. Á vista do artigo 34.3 LM, o titular dun dereito de marca poderá acudir aos tribunais solicitando a anulación dun nome de dominio igual, que cause confusión ou que concorra coa marca rexistrada. Agora ben, a resolución xudicial de conflitos ten importantes limitacións derivadas da súa internacionalización (en especial polos problemas de determinación do xuíz competente), do custo do proceso e da súa duración. Por iso é polo que a ICANN aprobou unha Política Uniforme de Resolución de controversias en materia de nomes de dominio, na que se inspira o Reglamento de 16 - UNIDADE DIDÁCTICA XIII e XVII. Empresa e páxinas web Procedemento de Resolución extrajudicial de conflitos (Reglamento Rede.es). 3. PROBLEMÁTICA DOS ENLACES A problemática xurídica dos enlaces na web esixe distinguir entre enlaces de superficie e enlaces profundos. Respecto dos primeiros (aqueles que nos envían á paxina inicial doutra web), pode defenderse que, no marco da Propiedade Intelectual, o autor dun enlace deste tipo a unha páxina inicial dunha website non vulnera dereitos de Propiedade Intelectual en tanto que o creador dun enlace de superficie simplemente sinala o website no que se atopa o lugar no que se produce a comunicación e a reprodución. E a mesma regra cabe aplicar ata no suposto estraño de establecemento de medidas tecnolóxicas que impidan o acceso á home page (normalmente, as prohibicións establécense para as páxinas web interiores, que é onde se acha a información susceptible de ser protexida pola súa relevancia económica). En canto a aquelas situacións –no marco da Propiedade Industrial– nas que se utiliza unha marca allea como enlace, unha vez feita a advertencia de que nos movemos nun terreo moi casuístico, pode sosterse con carácter xeral que, se a marca allea se usa por un terceiro como enlace cun fin distintivo dos propios produtos ou servizos (e non meramente descritivo, como o que se fai para indicar que en tal ou cal páxina se venden recambios dos produtos distinguidos coa marca), o titular da marca normalmente poderá acollerse á protección da normativa de Dereito de Marcas; en particular, ao disposto no artigo 34.3 letra e) LM, que, como se sabe, establece que, cando se dean as condicións legais (as do artigo 34.2 LM) poderá prohibir o uso do seu signo en redes de comunicación telemáticas e como signo de dominio. E, no plano do Dereito da Competencia, poderá ampararse na protección que brinda o artigo 6 LCD, que se refire aos actos de confusión, ou ben na do artigo 12 LCD, que se refire á explotación da reputación allea. Polo que se refire aos enlaces profundos (aqueles que nos remiten a un contido específico dun sitio de Internet, eludindo a páxina de inicio), con carácter xeral, o seu emprego pode inducir a engano ao usuario, que pode crer que está aínda na páxina de quen realiza o enlace; por outra banda, tamén pode prexudicar economicamente ao autor da páxina enlazada, pois é na páxina principal onde se acha contida normalmente a publicidade. No plano da Propiedade Intelectual, non é tan seguro que poida defenderse que exista unha licenza implícita baseada na propia filosofía de Internet (o intercambio de información), de modo que se autorice sempre o libre enlace. Concretamente, nos supostos nos que o autor da páxina enlazada prohiba a reprodución de páxinas interiores, por exemplo, establecendo medidas tecnolóxicas dirixidas a evitar o enlace, a diferenza do sinalado para os enlaces de superficie, o razoable será respectar a UNIDADE DIDÁCTICA XIII e XVII. Empresa e páxinas web - 17 vontade da web enlazada, e en consecuencia, o creador dun enlace profundo que vulnere as citadas medidas incurrirá en responsabilidade. No plano da Propiedade Industrial, admitido que sexa posible prexudicar ao titular dun dereito de marca a través dun enlace de superficie, con maior razón acaecerá este prexuízo cando se utilice un enlace profundo. Así, por exemplo, se se evita o paso pola páxina de inicio, será fácil que se incurra en actos de vulneración do dereito exclusivo do signo por confusión por asociación (vide 34-2 b) LM). Tampouco se descarta que, desde o punto de vista do Dereito de Marcas, poida resultar aplicable, cando se utiliza un enlace profundo, o 34- 4 LM, precepto que prohibe a supresión dunha marca por parte de comerciantes e distribuidores sen o consentimento do titular do signo; deste xeito, o creador do enlace, coa súa actuación, estará impedindo que o usuario visualice a marca que distingue aos produtos. Un caso especial constitúeno os enlaces ás redes P2P. Unha cuestión polémica e discutida, desde o punto de vista civil, é a da legalidade do acto de ofrecer enlaces desde unha páxina web a unha rede P2P. A problemática fundamental que suscitan ten a súa raíz na circunstancia obvia de que a gran maioría dos arquivos intercambiables a través destes enlaces están protexidos por dereitos de autor. Polo novidoso da resolución, procede citar aquí a recente sentenza do Xulgado do Mercantil de Barcelona nº 7, de 9 de marzo de 2010 (JUR 2010/ 90760); o demandante (unha entidade de xestión colectiva) alegaba que ditos enlaces supoñen a infracción dos artigos 17 (explotación), 18 (reprodución) e 20.2 (posta a disposición e comunicación) da LPI. Con todo, o xuíz desestimou a demanda sinalando que enlazar desde unha páxina web a redes P2P non constitúe nin reprodución nin comunicación pública, en atención, entre outras, ás seguintes consideracións: 1) que a conduta desenvolvida polo demandado é a de crear un índice que favorece e orienta os usuarios para acceder ás redes de intercambio de arquivos P2P mediante o sistema de menús, carteis ou portadas con títulos de películas ou obras musicais; 2) que os comportamentos e actividades que se desenvolven nestas redes non encontran un acomodo claro e específico nos comportamentos que prohibe a lei (e xa que logo, estes índices non están prohibidos pola LPI) e 3) que no noso Dereito non existe ningún deber legal de colaboración imposto ás entidades subministradoras de acceso a Internet para fornecer a información solicitada pola actora para xustificar unha reclamación civil. Vide. tamén Sentencia do Xulgado Mercantil de Barcelona nº 6 de 22 de abril de 2010 (JUR 2011/85080) e Sentenza da AP de Barcelona (sección 15ª) de 7 de xullo (AC 2011/1505) 4. PRINCIPIOS BÁSICOS DA LOPD Principio de calidade dos datos Finalidade Alúdese con iso á necesidade de que a información sobre as persoas teña que ser utilizada do modo expresamente previsto. En particular, no artigo 4 18 - UNIDADE DIDÁCTICA XIII e XVII. Empresa e páxinas web da LOPD recóllense tres aspectos fundamentais, que expoñemos a continuación: 1) Pertinencia dos datos. Só será posible recoller os datos de carácter persoal para o seu tratamento (así como o propio tratamento), cando aqueles sexan adecuados, pertinentes e non excesivos en relación co ámbito e as finalidades determinadas, explícitas e lexítimas para as que se obtiveron. 2) Utilización non abusiva. Non será posible utilizar os datos de carácter persoal con obxecto de tratamento para finalidades incompatibles con aquelas para as que os datos fosen recollidos. 3) Dereito ao esquecemento. Os datos persoais deberán ser cancelados cando deixen de ser necesarios ou pertinentes para a finalidade para a que fosen recolleitos ou rexistrados. Exactitude Os datos han de ser certos non soamente durante o momento inicial da recolleita, senón tamén durante todo o período de tempo da vixencia do ficheiro. Así, recóllese no artigo 4.3 LOPD que os datos de carácter persoal deberán ser exactos e estaren postos ao día de tal modo que respondan con veracidade á situación presente do afectado. Principio de información aos afectados Recóllese no artículo 5.1 da LOPD a obrigación de informar previamente ás persoas interesadas a quen se soliciten datos persoais de modo expreso, preciso e inequívoco. A citada información previa ha de referirse aos seguintes extremos: a) á existencia dun ficheiro ou tratamento de datos de carácter persoal, á finalidade da recolleita destes e aos destinatarios da información; b) ao carácter obrigatorio ou facultativo da súa resposta ás preguntas que lles sexan suscitadas; c) ás consecuencias da obtención dos datos ou da negativa a fornecelos; d) á posibilidade de exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; e e) á identidade e dirección da persoa responsable do tratamento, ou, no seu caso, do seu representante. Principio de consentimento A lexislación sobre protección de datos nas súas diversas manifestacións pivota en torno ao fundamental consentimento do afectado. Así se recolle de modo específico no artigo 6 da LOPD, cando se declara que o tratamento dos datos de carácter persoal requirirá o consentimento inequívoco do afectado, salvo que a Lei dispoña outra cousa. Este consentimento poderá ser revogado cando exista causa xustificada para iso e non se lle atribúan efectos retroactivos. Malia este principio xeral, contémplanse unha serie de excepcións a este previo consentimento. Así, non será preciso nos seguintes supostos: UNIDADE DIDÁCTICA XIII e XVII. Empresa e páxinas web - 19 1) cando os datos de carácter persoal se recollan para o exercicio das funcións propias das Administracións públicas no ámbito das súas competencias. 2) cando se refiran ás partes dun contrato ou precontrato dunha relación negocial, laboral ou administrativa e sexan necesarios para o seu mantemento ou cumprimento. 3) cando o tratamento dos datos teña por finalidade a protección dun interese vital do interesado (por exemplo, cando se trate dun tratamento de datos para a prevención ou o diagnóstico médico, para a prestación de asistencia sanitaria, etc.). 4) cando os datos figuren en fontes accesibles ao público e o seu tratamento sexa necesario para a satisfacción do interese lexítimo perseguido polo responsable do ficheiro ou polo do terceiro a quen se comuniquen os datos, sempre que non se lesionen os dereitos e liberdades fundamentais do interesado. Principio de defensa de datos sensibles Baixo o rótulo “datos especialmente protexidos”, considéranse tales os referentes á ideoloxía, afiliación sindical, relixión, crenzas, orixe racial, saúde, vida sexual e infraccións penais e administrativas. Así, no artigo 7 da LOPD contémplanse unhas regras específicas para este datos. Principio de seguridade O responsable do ficheiro e, no seu caso, o encargado do tratamento, han de adoptar as medidas necesarias para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal, de modo que se evite a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. Ademais, non poderán rexistrarse datos de carácter persoal en ficheiros que non reúnan as condicións que se determinen por vía regulamentaria no que afecta á súa integridade e seguridade. Principio de publicidade Unha peza fundamental para o correcto funcionamento da lexislación sobre protección de datos constitúea o Rexistro Xeral de Protección de Datos, en tanto órgano integrado na AEPD. En canto á mecánica de inscrición, ofrecémola resumidamente: a empresa ou entidade, sexa pública ou privada, que teña interese na creación dun ficheiro de datos de carácter persoal deberá notificalo previamente á AEPD; da mesma forma, deberán notificarse as modificacións e supresións dos ficheiros xa inscritos. O Rexistro Xeral de Protección de Datos procederá á inscrición do ficheiro se a notificación se atén aos requisitos exixibles. De non ser así, poderá solicitarse que se completen aqueles datos que falten ou que se proceda á emenda adecuada. Unha vez que transcorra un mes desde a presentación da solicitude de inscrición sen que a AEPD ditase resolución sobre a mesma, entenderase inscrito o ficheiro para todos os efectos. A citada inscrición, 20 - UNIDADE DIDÁCTICA XIII e XVII. Empresa e páxinas web que é obrigatoria, poderá realizarse a través do envío postal ou telemático de determinados formularios que poden descargarse desde a páxina web da AEPD. En todo caso, debe terse en conta que cando se fala de inscrición de ficheiros, non nos referimos á inscrición de ficheiros informáticos, senón á notificación da creación dun ficheiro de datos (a inscrición ten, pois, un sentido xurídico), sen que, por outra banda, o feito da inscrición garanta o cumprimento da LOPD. En canto á materia obxecto de inscrición, vide art. 39.2 LOPD. 5. CONTRATACIÓN ELECTRÓNICA NA LSSI e CE Nas páxinas web, a empresa provedora non só exhibe e fai publicidade dos seus produtos senón que tamén promociona a contratación dos mesmos. Por iso é polo que é necesario referirse ao que dispón a LSSI e CE sobre a contratación electrónica. Nela defínese o contrato electrónico como aquel no que a oferta e a aceptación transmítense por medio de equipos electrónicos de tratamento e almacenamento de datos, conectados a unha rede de telecomunicacións (vide Anexo h). Desta definición legal poden extraerse as dúas notas características dos contratos electrónicos: 1) son contratos a distancia, caracterizados polo feito de que non hai presenza física simultánea das partes contratantes; e 2) son contratos concluídos a través de redes telemáticas. Da segunda nota apuntada despréndese que é esencial para a cualificación dun contrato como electrónico que tanto a oferta como a aceptación se realicen por medios electrónicos. En consecuencia, se nunha páxina web se ofrece unha determinada prestación (por exemplo, unha lámina litográfica) e o destinatario realiza o pedido a través da páxina (on line) estaremos ante un contrato electrónico. Pero se a páxina nos fornece un formulario que ha de enviarse por fax ou correo ordinario, non estaremos ante un contrato electrónico, por faltar a aceptación electrónica. De forma similar, se lemos un anuncio nun xornal no que se publicitan bens que han de solicitarse ao enderezo de correo electrónico facilitado pola empresa anunciante, haberá aceptación electrónica, pero non oferta electrónica. Por outra banda, cabe distinguir os contratos electrónicos dos contratos informáticos. Estes últimos caracterízanse polo obxecto sobre o que versan (bens ou servizos informáticos), importando pouco o medio polo que se desenvolven; no entanto, ambas as clasificacións poden solaparse. Isto é, un contrato informático pode merecer a cualificación de electrónico se a oferta e a aceptación se desenvolven por medios electrónicos (pensemos na compra de equipos informáticos, como un escáner, a través de oferta e aceptación electrónicas, ou na compra de software de descarga inmediata, on line). 5.1.Clases de contratos electrónicos Son posibles diversas clasificacións, como veremos: UNIDADE DIDÁCTICA XIII e XVII. Empresa e páxinas web - 21 En función do disposto pola LSSI e CE a) Contratos suxeitos á LSSI e CE e contratos excluídos da LSSI e CE. Quedan suxeitos á mesma os servizos da sociedade da información e determinados aspectos da contratación por vía electrónica. Agora ben, determinados contratos de servizos da sociedade da información quedan excluídos, tales como os mencionados no artigo 5.1 e 23.4 LSSI e CE; por exemplo: servizos prestados por notarios, rexistradores, avogados e procuradores, e contratos relativos ao dereito de Familia e Sucesións; ou os contratos, negocios ou actos xurídicos nos que a lei esixa para a súa validez, ou para a produción de determinados efectos, a forma documental pública, etc. b) Contratos mercantís, civís ou doutra natureza substantiva. Aínda que a expresión comercio electrónico nos remite de forma natural á actividade mercantil, debe terse presente que do Título IV da Lei e, en particular, do artigo 23, despréndese que poden existir contratos electrónicos de todo tipo, sempre que medie o consentimento e os demais requisitos para a súa validez. c) Contratos empresa-empresa, empresa-consumidor e empresaadministración pública. Esta subclasificación fíxase nos suxeitos intervenientes e adóitase expresar abreviadamente mediante as siglas correspondentes aos términos orixinais ingleses: B2B (Business to Business); B2C (Business to consumer); e B2A (Business to Administrations). Obviamente, tamén son posibles contratos consumidor-consumidor (C2C) e consumidoradministración (C2A). d) Contratos mediante Condicións Xerais da Contratación e sen elas. Se nos centramos na lei 7/1998, de Condicións Xerais da Contratación de 13 de abril e no artigo 27.4 LSSI e CE, pode distinguirse entre contratos concluídos a través de condicións xerais da contratación e contratos sen elas. Os primeiros identifícanse cos contratos de adhesión, debendo suxeitarse á normativa sobre esta materia, en particular á LCGC de 1998 e ás súas disposicións complementarias; e os segundos cos contratos formados individualmente. e) Contratos mediante e-mail ou outro tipo de comunicación electrónica equivalente (por exemplo, mediante mensaxes SMS ou mensaxes multimedia) e demais contratos electrónicos. Esta distinción aparece recollida nos artigos 27.2 b) e 28.3 b) da LSSI e CE, e coincide, basicamente, coa distinción entre contratos electrónicos individuais (por email e SMS) e contratos celebrados mediante tecnoloxía web. Atendendo á forma de prestación dos servizos a) contratos de comercio electrónico directo (on line) e b) contratos de comercio electrónico indirecto (off line). Os primeiros son aqueles nos que a execución de todas as fases do contrato ten lugar na rede. Pensemos en contratos referidos a servizos que poden ser prestados por medios electrónicos (venda de software, visionado 22 - UNIDADE DIDÁCTICA XIII e XVII. Empresa e páxinas web de películas ou cancións, servizos financeiros, traducións, etc.). Réxense de forma principal pola LSSI e CE. Pola contra, os contratos de comercio electrónico indirecto (off line) son aqueles nos que coexisten fases virtuais e fases presenciais. Nestes contratos, determinados actos –como a entrega, por exemplo– esixen que se recorra a servizos complementarios alleos ao comercio electrónico (compra dun ben de consumo que ha de ser transportado polo servizo de Correos). Nesta modalidade, aplicaranse ademais outras normativas, tales como a LGDC e U 1/2007, LOCM, e as relativas ao transporte, seguros, servizo de Correos, etc. Pola contorna tecnolóxica Se tomamos como referencia a contorna tecnolóxica, cabe distinguir entre contratos celebrados en contornas abertas ou pechadas. Nos primeiros, os contratos perfecciónanse (e execútanse, se se trata de contratos on-line) en redes abertas, como Internet. Nos segundos, a contratación electrónica desenvólvese en redes pechadas, nas que unicamente poden actuar as persoas habilitadas (por exemplo, a rede EDI). 5.2.Validez do contrato electrónico (artigo 23 LSSI e CE) O número 1 declara que os contratos electrónicos han de producir todos os efectos previstos polo ordenamento xurídico, sempre que concorran o consentimento e os demais requisitos para a súa validez, o que nos remite aos requisitos do obxecto e da causa do coñecido artigo 1261 Cc. Pola súa banda, o parágrafo 2 dispón que os contratos electrónicos se rexerán polo disposto na LSSI e CE, polos Códigos Civil e de Comercio e polas demais normas civís ou mercantís sobre contratación, mencionándose expresamente as normas de protección dos consumidores e a normativa de ordenación da actividade comercial. Xa que logo, deberán terse presentes o RD 1/2007, de 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral de Defensa de Consumidores e Usuarios de 16 de novembro e a LOCM 7/1996, de 15 de xaneiro. Pode dicirse neste punto que a LSSI e CE é de prioritaria aplicación aos contratos electrónicos, tal como confirma o 94.2 LGDC e U 1/2007. Agora ben, isto non significa que a LSSI e CE sexa unha lei vertical e completa no sentido de regular integramente o sector económico do comercio electrónico, pois, como vimos, hai servizos excluídos da mesma, e ademais, a lei remite a outras normas do ordenamento xurídico en determinados puntos. O número 2 do artigo 23 consagra a idea de expansión do consentimento electrónico cando afirma que para a validez da celebración do contratos por vía electrónica non será necesario o previo acordo das partes sobre a utilización de medios electrónicos, en consonancia co principio espiritualista do art. 1258 Cc e co principio de liberdade de forma do 1278 Cc.e 51 Cco. UNIDADE DIDÁCTICA XIII e XVII. Empresa e páxinas web - 23 6. PROPIEDADE INTELECTUAL O seu réxime xurídico contémplao o RD Legislativo 1/1996 de 12 de abril. Pode definirse a Propiedade Intelectual como o conxunto de dereitos que a Lei confire ao autor sobre a obra produto da súa intelixencia. A súa finalidade pode sintetizarse nestes dous puntos: 1. Garantir aos autores os dereitos recoñecidos na LPI e 2. Asegurar aos autores as percepcións económicas derivadas da autoría. En canto ás teorías sobre a lexitimidade da PI pódense resumir nas tres que sinalamos seguidamente: a) A negativa, que defende que a PI é innecesaria en tanto que a creación individual se acha condicionada polo substrato cultural de cada sociedade. Para esta postura extrema, que encaixa ben co mundo globalizado de Internet, debe prevalecer o interese público e social fronte ao interese individual do autor. b) A positiva, que defende a necesidade de remunerar ao autor en tanto a creación individual é unha prolongación da personalidade. c) A intermedia, que trata de conxugar as dúas posicións antes mencionadas. Así, para esta posición é lexítima a existencia dos dereitos de autor, pero establécense limitacións e prazos. É a posición adoptada polo Dereito español, onde o artigo 26 LPI dispón que os dereitos duran toda a vida da autora ou autor e setenta anos logo da súa morte ou declaración de falecemento. En canto á súa natureza xurídica, a PI recoñece dúas categorías diferentes de dereitos: a) Os dereitos morais. Protéxese con eles o valor afectivo que a obra ten para o seu autor. A eles refírese o artigo 14 e ss. LPI. Son, en esencia, os seguintes: o dereito a decidir a divulgación da obra ou a que permaneza como inédita, o de esixir o recoñecemento da súa condición de autor, o de esixir o respecto á integridade da obra, o de modificala respectando os dereitos adquiridos por terceiros, o de retirar a obra do mercado por cambio das súas conviccións intelectuais ou morais e o de acceder ao exemplar raro ou único da obra cando se ache en poder doutro. b) Os dereitos económicos. Aseguran ao autor o goce exclusivo dos beneficios económicos da súa obra durante un período determinado. Denomínanse de explotación e comprenden os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública, transformación e colección. Contémplanse estes dereitos nos artigos 17 e ss. LPI. A modo de resumo, os dereitos da propiedade intelectual presentan as seguintes características: 1. Son dereitos subxectivos. Quere dicirse con iso que o titular ten unha serie de facultades ás que xa nos referimos. 2. Son absolutos. En principio, este dereito debe ser respectado por todos, en contraposición aos dereitos relativos que só afectan a determinadas persoas (ex. unha débeda). 30 - UNIDADE DIDÁCTICA XIII e XVII. Empresa e páxinas web BIBLIOGRAFÍA JIMÉNEZ SÁNCHEZ, Guillermo (2010): Lecciones de Derecho Mercanti, 14ª ed., Madrid: Tecnos. MENÉNDEZ, Aurelio e ROJO, Angel (Dir.) e APARICIO, Mª Luisa (Coord.) (2012): Lecciones de Derecho Mercantil, Vol 1º, 10ª ed., Cizur Menor: Civitas Thomsom Reuters SÁNCHEZ CALERO, Fernando e SÁNCHEZ-CALERO GUILARTE, Juan (2012): Instituciones de Derecho Mercantil, Vol 1º, 35 ed., Cizur Menor: Aranzadi Thomsom-Reuters VIDAL PORTABALES, José Ignacio (2010): Sociedad de la Información y Empresa, Granada: Comares. Vicerreitoría de eStUdaNteS, cUltUra e ForMaciÓN coNtiNUa Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Administración e Dirección de Empresas Dereito da Empresa Ignacio Vidal Portabales 13 e 17 Empresa e páxinas web 9788498 879667 Departamento de Dereito Mercantil e do Traballo Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais