Normativa de concesión do premio extraordinario de doutoramento da USC
Full text
NORMATIVA DE CONCESIÓN DO PREMIO EXTRAORDINARIO DE DOUTORAMENTO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PREÁMBULO No artigo 47 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela (USC), aprobado polo Consello de Goberno de 8 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro de 2020) establécese que, entre as funcións da Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS), está a de regular o procedemento de concesión dos premios extraordinarios de doutoramento, así como a de efectuar a súa convocatoria anual. Deste xeito, co fin de harmonizar a valoración e recoñecemento das teses doutorais en termos da súa calidade científica, e tendo en consideración o disposto no Regulamento de Estudos de Doutoramento e nos seus procedementos derivados, o Comité de Dirección da EDIUS aproba, con data de 05/07/2022, a seguinte Normativa de Concesión do Premio Extraordinario de Doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela. Artigo 1. Obxecto. A presente normativa ten por obxecto determinar o procedemento e os criterios que rexan a concesión de premios extraordinarios ás teses de doutoramento máis sobresaíntes que se defendan na USC cada curso académico. Artigo 2. Requisitos. 1.– A USC poderá outorgar cada curso académico, a instancia dos seus autores, premios extraordinarios de doutoramento ás teses de maior calidade científica entre as defendidas no curso académico anterior ao da convocatoria. 2.- A EDIUS convocará cada curso académico a concesión destes premios extraordinarios de doutoramento. 3.– Para que unha tese poida optar ao premio extraordinario será necesario que se cumpran os seguintes requisitos: a) Que se defendera na USC dentro dos prazos establecidos en cada convocatoria. b) Que na defensa obtivese a mención cum laude. c) A suma das puntuacións emitidas polos membros do tribunal na súa valoración da tese de doutoramento para os premios extraordinarios sexa igual ou superior a 12 puntos. Artigo 3. Organización dos programas de doutoramento. 1.– Para a avaliación competitiva das teses a efectos da obtención dos premios extraordinarios, os programas de doutoramento clasificaranse en catro grandes áreas de coñecemento: Ciencias Experimentais e Enxeñarías, Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas e Ciencias da Saúde, coa subdivisión destas áreas en subáreas temáticas. Unha tese quedará adscrita de xeito automático á grande área e subárea temática á que pertenza o programa de doutoramento no que se defendeu. 2.– Os programas de doutoramento adscribiranse ás grandes áreas de coñecemento e conseguintes subáreas temáticas por razóns de afinidade, xa que presentan mecanismos homoxéneos de avaliación da calidade das teses de doutoramento e dos seus resultados de investigación en termos de indexación de publicacións e de baremación doutros méritos. 3.– A adscrición dos programas de doutoramento en cada unha das grandes áreas nas que se clasifican os estudos de doutoramento na USC será a establecida no Anexo I desta normativa. 4.– A división das grandes áreas de coñecemento en subáreas e a adscrición dos programas de doutoramento e, polo tanto, das teses defendidas en cada unha delas será a establecida nos Anexos II e Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/6443-B98C-4C76-A284 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 6443-B98C-4C76-A284 1 / 16
III desta normativa, respectivamente. Cando a USC aprobe novos programas de doutoramento, a súa adscrición á grande área e subárea correspondente será aprobada polo Comité de Dirección da EDIUS, e anexada a esta normativa con vistas á súa consolidación. 5.- Excepcionalmente, o/a candidato/a ao premio extraordinario poderá solicitar á EDIUS adscribir a súa tese de doutoramento a unha grande área e/ou subárea distinta, para o que deberá presentar un escrito razoado co visto bó do/s/ director/es da tese no momento da solicitude de depósito da súa tese. Esta solicitude deberá contar coa aprobación da Comisión Executiva da EDIUS. Artigo 4. Número de premios extraordinarios. 1.– O número de premios extraordinarios e a súa distribución por grandes áreas e correspondentes subáreas de coñecemento publicarase no prazo previsto na correspondente convocatoria de premios. 2.– Poderase inicialmente conceder cada curso académico un premio extraordinario por cada dez teses ou fracción defendidas en cada subárea de coñecemento. 3.– Será necesario que nunha subárea se defendan un mínimo de cinco teses de doutoramento para poder conceder un premio. En caso de que algunha subárea tivera menos de 5 teses, a EDIUS, a través da súa Comisión Executiva, agruparáa con outra segundo a súa afinidade. Neste caso, sumaranse as teses defendidas na agrupación de subáreas para a determinación do número de premios extraordinarios que lle correspondan. 4.- O número de premios global poderase incrementar nun número non superior ao 15% respecto dos iniciais, de xeito que cada premio adicional sexa asignado sucesivamente á subárea (ou agrupación de subáreas) que teña o menor cociente de candidaturas posibles. No caso de igualdade deste cociente darase preferencia á subárea con maior número de teses lidas. De persistir o empate na última asignación, poderá superarse o 15% indicado para incrementar por igual as subáreas con igual cociente e número de teses. 6.- Non se poderán acumular os premios que queden desertos en convocatorias anteriores. Artigo 5. Comisións de Valoración. 1.– Nomearanse catro comisións de valoración para a concesión dos premios extraordinarios, unha por cada grande área de coñecemento mencionada no Anexo I. 2.– A Comisión de Valoración de cada grande área de coñecemento será a encargada de valorar os premios extraordinarios das diferentes subáreas temáticas encadradas nela. 3.– Cada comisión estará composta, como mínimo, por cinco membros titulares e cinco suplentes, e na que haberá polo menos un membro de cada unha das subáreas temáticas pertencentes á grande área de coñecemento entre as que se distribúan as teses candidatas. Os membros da comisión deberán elixirse por sorteo entre os profesores da USC que participen nun Programa de Doutoramento do Real Decreto 99/2011 encadrado na grande área de coñecemento que presenten candidatos na convocatoria correspondente, e que teñan os requisitos necesarios para estar incluídos no Rexistro de Direccións de Tese da USC. Esta designación como membro do tribunal considérase obriga profesional nos termos referidos no artigo 8 dos Estatutos da USC. 4.– O profesor/a con maior categoría e antigüidade na USC de cada Comisión de Valoración actuará como presidente, e o de menor categoría e antigüidade como secretario/a. 5.- Non poderán formar parte das Comisións de Valoración: a. Os titores e os directores das teses que concorran ao premio extraordinario na convocatoria correspondente. b. Aqueles profesores/as que incorran nas causas de abstención e recusación establecidas na lei 40/2015 de 1 de outubro de réxime xurídico do sector público. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/6443-B98C-4C76-A284 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 6443-B98C-4C76-A284 2 / 16
6.- As Comisións de Valoración serán propostas do seguinte xeito: a. A Comisión Sectorial en Artes e Humanidades proporá á EDIUS os membros da Comisión correspondente na grande área de Artes e Humanidades. b. A Comisión Sectorial en Ciencias e Enxeñarías proporá á EDIUS os membros da Comisión correspondente na grande área de Ciencias e Enxeñaría. c. A Comisión Sectorial en Ciencias da Saúde proporá á EDIUS a Comisión correspondente á grande área en Ciencias da Saúde. d. A Comisión Sectorial en Ciencias Sociais e Xurídicas proporá á EDIUS a Comisión correspondente á grande área de Ciencias Sociais e Xurídicas. 7. A EDIUS, a proposta da Comisión Sectorial correspondente, nomeará as comisións de avaliación encargadas de realizar a valoración e proposta de concesión dos premios extraordinarios de doutoramento. O nomeamento publicarase no Taboleiro Electrónico de Anuncios da USC, e na páxina web da EDIUS estará dispoñible a ligazón ao devandito anuncio. 8. Os membros das comisións nomeados deberán asinar unha declaración de que cumpren cos requisitos para formar parte destas. Artigo 6. Convocatoria. A EDIUS, a través da Comisión Executiva, aprobará e publicará antes do 1 de decembro de cada ano a Convocatoria de Premio Extraordinario de Doutoramento, na que se incluirá: a) O curso académico ao que se refire a convocatoria a efectos de presentación de solicitudes, a listaxe de teses candidatas a premio extraordinario e o número destes premios que se poden conceder por cada unha das subáreas . b) O modelo de solicitude e a relación de documentos que deben achegarse. c) O lugar e o prazo de presentación das solicitudes. d) A asignación das teses de doutoramento ás subáreas temáticas. e) Os criterios xerais e específicos de valoración para cada grande área de coñecemento, e que son de aplicación a cada subárea segundo corresponda, publicados no Anexo IV desta Normativa. f) A composición das comisións de valoración para cada grande área de coñecemento. g) No caso de que nalgunha subárea temática o número de teses defendidas sexa inferior a cinco, indicación da subárea máis afín onde se integrarán estas teses para a súa valoración. Artigo 7. Presentación de solicitudes e publicación das listaxes provisoria e definitiva 1.– Unha vez publicada a convocatoria, abrirase un prazo de dez días hábiles para a presentación de solicitudes. Estas deberán acompañarse da documentación xustificativa dos méritos alegados e dunha declaración responsable da veracidade destes. Só se terán en conta os méritos relacionados coa tese de doutoramento obtidos desde o inicio dos estudos de doutoramento ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes da convocatoria correspondente. Non será posible a variación ou actualización posterior dos méritos contidos na solicitude. 2.– A presentación de solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario pola Sede electrónica da USC dirixida á Escola de Doutoramento Internacional. 3.– Para a presentación das solicitudes empregaranse os mecanismos de identificación e sinatura electrónica admitidos na citada sede, nos termos previstos no Regulamento de transformación dixital, administración electrónica e desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación da USC (DOG núm. 167, do 31 de agosto de 2021). 4.– As consultas sobre a convocatoria ou a presentación de solicitudes dirixiranse á Escola de Doutoramento Internacional da Universidade de Santiago de Compostela por correo electrónico ([email protected]) 5.– Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, a EDIUS publicará a relación provisoria de candidatos/as presentados/as, xunto coa asignación de grande área e subárea correspondentes no Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/6443-B98C-4C76-A284 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 6443-B98C-4C76-A284 3 / 16
Taboleiro Electrónico de Anuncios da USC, e na páxina web da EDIUS estará dispoñible a ligazón ao devandito anuncio. 3.- Os solicitantes disporán dun prazo de dez días hábiles para presentar alegacións. Tras a consideración das posibles alegacións, a EDIUS publicará a relación definitiva de candidatos/as presentados/as. Fronte a publicación da relación definitiva de candidatos/as non caberá recurso. Artigo 8. Avaliación das solicitudes 1.– O/a presidente/a de cada Comisión de Avaliación, no prazo de 15 días naturais desde o día seguinte ao fin do prazo de presentación de solicitudes, realizará a convocatoria da sesión do tribunal. As Comisións de Valoración realizarán unha puntuación provisional das teses admitidas en cada subárea temática que lles compete segundo os criterios recollidos na convocatoria anual, considerando exclusivamente os méritos alegados segundo o establecido no artigo 7.1, e elaborarán unha relación provisoria de de concesión. Esta proposta axustarase ao número máximo de premios establecido por cada subárea. A Comisión de Valoración poderá propor que as mencións do premio queden desertas, total ou parcialmente. 2.- As puntuacións provisorias obtidas polos solicitantes e a proposta provisoria de concesión dos premios extraordinarios publicaranse no Taboleiro Electrónico de Anuncios da USC, e na páxina web da EDIUS estará dispoñible a ligazón ao devandito anuncio. Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles para efectuar alegacións as súas puntuacións provisorias fronte ás Comisións de Valoración. 3.- As comisións de valoración, no prazo de 15 días naturais desde a data de fin do prazo de presentación das alegacións, reuniranse para valorar as alegacións recibidas, e elaborarán un informe onde recollan o acordado en relación a estas. Valoradas as alegacións, as comisións de valoración realizarán unha proposta definitiva de concesión dos premios extraordinarios. 4.- Os acordos das comisións de valoración, incluído o informe ás alegacións recibidas, xunto coa proposta definitiva de concesión de premios extraordinarios, publicaranse no Taboleiro Electrónico de Anuncios da USC, e na páxina web da EDIUS estará dispoñible a ligazón ao devandito anuncio. Os interesados/as entenderán contestadas as súas alegacións con esta publicación. Artigo 9. Resolución 1.- A EDIUS, a través da Comisión Executiva, e unha vez revisada toda a documentación, elevará a proposta definitiva á Secretaría Xeral, para a súa tramitación perante o Consello de Goberno, que resolverá a convocatoria. O acordo de resolución do Consello de Goberno de concesión destes premios publicarase no Taboleiro de Anuncios Electrónico da USC e tamén na páxina web da EDIUS. 2.- Contra este acordo de resolución do Consello de Goberno, os interesados poderán presentar recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano no prazo dun mes desde a súa publicación. Non poderá presentar recurso ningunha persoa interesada que non presentara alegacións proposta provisoria de concesión dos premios extraordinarios. 3.- O Servizo de Xestión Académica, unha vez notificado o acordo de resolución pola Secretaría Xeral da USC, será o encargado de notificar ao interesado/a a concesión definitiva do premio e de incorporalo no seu expediente, así como de tramitar, a petición do interesado/a, a devolución dos prezos públicos pagados para a expedición do título de doutor/a. 4.- A efectos de constancia e publicidade, a EDIUS disporá dun rexistro de concesión de premios extraordinarios de doutoramento. Disposición derogatoria Quedan derogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido nesta normativa. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/6443-B98C-4C76-A284 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 6443-B98C-4C76-A284 4 / 16
Disposición transitoria Para aqueles candidatos/as que depositaran a tese nos cursos 2020/21 e 2021/22, a solicitude de cambio de subárea referida no artigo 3.5 realizarase no momento de solicitude de Premio Extraordinario de xeito motivado, e será resolta pola Comisión Executiva da EDIUS. Disposición adicional O disposto no Artigo 6 da presente normativa será de aplicación a partir das convocatorias efectuadas para as teses defendidas no curso académico 2022/23. Disposición final Esta normativa entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación oficial no Taboleiro Electrónico da Universidade de Santiago de Compostela. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/6443-B98C-4C76-A284 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 6443-B98C-4C76-A284 5 / 16
ANEXO I Grande Área de Coñecemento Programa de Doutoramento Ciencias Experimentais e Enxeñarías 1. Agricultura e Medio Ambiente para o Desenvolvemento 2. Biodiversidade e Conservación do Medio Natural 3. Ciencia de Materiais 4. Ciencia e Tecnoloxía Química 5. Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión 6. Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética 7. Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural e Civil 8. Enxeñaría Química e Ambiental 9. Enxeñaría Termodinámica de Fluidos 10. Estatística e Investigación Operativa 11. Física Nuclear e de Partículas 12. Investigación Agraria e Forestal 13. Investigación en Tecnoloxías da Información 14. Láser Fotónica e Visión 15. Matemáticas 16. Medio Ambiente e Recursos Naturais 17. Métodos Matemáticos en Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas 18. Xestión Sustentable da Terra e do Territorio Ciencias da Saúde 1.Avances e Novas Estratexias en Ciencias Forenses 2. Avances en Microbioloxía Microbiana e Parasitaria 3. Ciencias da Visión 4. Ciencias Odontolóxicas 5. Endocrinoloxía 6. Epidemioloxía e Saúde Pública 7. Innovación en Seguridade e Tecnoloxías Alimentarias 8. Investigación Básica e Aplicada en Ciencias Veterinarias 9. Investigación Clínica en Medicina 10. Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos 11. Medicina e Sanidade Veterinaria 12. Medicina Molecular 13. Nanomedicina (extinguido) 14. Neurociencia e Psicoloxía Clínica 15. Erasmus Mundus en Nanomedicina e Innovación Farmacéutica (extinguido) 16. Marie Sklodowska-Curie en Inhibición de Receptores de Adhesión Plaquetaria en Trombose (extinguido) Ciencias Sociais e Xurídicas 1.Análise Económica e Extratexia Empresarial 2. Comunicación e Información Contemporánea 3. Dereito Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/6443-B98C-4C76-A284 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 6443-B98C-4C76-A284 6 / 16
4. Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde 5. Desenvolvemento Rexional e Integración Económica 6. Economía e Empresa 7. Educación 8. Equidade e Innovación en Educación 9. Marketing Político, Actores e Institucións nas Sociedades Contemporáneas 10. Procesos Psicolóxicos e Comportamento Social 11. Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, Xurídica-Forense, e do Consumidor e Usuario 12. Turismo Artes e Humanidades 1.Estudos Culturais: Memoria, Indentidade, Territorio e Linguaxe 2. Estudos da Literatura e da Cultura 3. Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura 4. Estudos Medievais 5. Filosofía 6. Historia Contemporánea 7. Historia, Xeografía e Historia da Arte 8. Lingüística 9. Lóxica e Filosofía da Ciencia 10. Protección do Patrimonio Cultural 11. Textos da Antigüidade Clásica e a súa Pervivencia Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/6443-B98C-4C76-A284 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 6443-B98C-4C76-A284 7 / 16
ANEXO II Subáreas de coñecemento Ámbito Científico Subárea Ciencias Experimentais e Enxeñarías 1. Matemáticas 2. Física 3. Química e Tecnoloxía Química 4. Bioloxía e Ciencias da Natureza 5. Enxeñarías Ciencias da Saúde 6. Ciencias da Saúde Ciencias Sociais e Xurídicas 7. Dereito e Ciencias Políticas 8. Ciencias da Educación e da Comunicación 9. Economía 10. Psicoloxía Artes e Humanidades 11. Historia, Xeografía e Artes 12. Filosofía, Filoloxía e Lingüística Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/6443-B98C-4C76-A284 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 6443-B98C-4C76-A284 8 / 16
ANEXO III Asignación de Programas de Doutoramento a Subáreas Subárea temática Programa de Doutoramento 1. Matemáticas Estatística e Investigación Operativa Matemáticas Métodos Matemáticos en Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas 2. Física Ciencia de Materiais Enerxías Renovables e Sustentabilidade Enerxética Física Nuclear e de Partículas Láser Fotónica e Visión 3. Química e Tecnoloxía Química Ciencia e Tecnoloxía Química Enxeñaría Química e Ambiental 4. Bioloxía e Ciencias da Natureza Agricultura e Medio Ambiente para o Desenvolvemento Biodiversidade e Conservación do Medio Natural Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión Investigación Agraria e Forestal Medio Ambiente e Recursos Naturais Xestión Sustentable da Terra e o Territorio 5. Enxeñarías Investigación en Tecnoloxías da Información Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural e Civil Enxeñaría Termodinámica de Fluídos 6. Ciencias da Saúde Avances en Microbioloxía Microbiana e Parasitaria Innovación en Seguridade e Tecnoloxías Alimentarias Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos Nanomedicina (extinguido) Erasmus Mundus en Nanomedicina e Innovación Farmacéutica (extinguido) Avances e Novas Estratexias en Ciencias Forenses Ciencias da Visión Ciencias Odontolóxicas Endocrinoloxía Epidemioloxía e Saúde Pública Investigación Básica e Aplicada en Ciencias Veterinarias Investigación Clínica en Medicina Medicina Molecular Medicina e Sanidade Veterinaria Neurociencia e Psicoloxía Clínica Marie Sklodowska-Curie en Inhibición de Receptores de Adhesión Plaquetaria en Trombose (extinguido) 7. Dereito e Ciencias Políticas Dereito Marketing Político, Actores e Institucións nas Sociedades Contemporáneas 8. Ciencias da Educación e a Comunicación Comunicación e Información Contemporánea Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/6443-B98C-4C76-A284 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 6443-B98C-4C76-A284 9 / 16
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: PABLO TABOADA ANTELO, DIRECTOR DA ESCOLA DE DOUTORAMENTO INTERNACIONAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14/10/2022 13:12:39. CSV: 6443-B98C-4C76-A284 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/6443-B98C-4C76-A284 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 6443-B98C-4C76-A284 16 / 16