Instrución IX/2020 da xerencia para o acceso aos centros do Persoal Docente e Investigador e de Administración e Servizos, a reincorporación presencial á actividade laboral e o peche de instalacións da USC en período estival
Abstract
Instrución IX da xerencia para o acceso aos centros do Persoal Docente e Investigador e de Administración e Servizos, a reincorporación presencial á actividade laboral e o peche de instalacións da USC en período estival
Full text
Xerencia Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 15782, Santiago de Compostela Tel 881 81 10 10 Ext.11010 [email protected] INSTRUCIÓN IX/2020 DA XERENCIA PARA O ACCESO AOS CENTROS DO PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR E DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS, A REINCORPORACIÓN PRESENCIAL Á ACTIVIDADE LABORAL E O PECHE DE INSTALACIÓNS DA USC EN PERÍODO ESTIVAL A Resolución reitoral do 22 de maio, pola que se establece o protocolo de actuación para a aplicación do “Plan para la transición hacia una nueva normalidad”, aprobado polo Consello de Ministros o pasado 28 de abril de 2020 (Fase II) habilita á Xerencia para ditar as instrucións necesarias durante esta fase coa finalidade de preparar o acceso á seguinte fase. As circunstancias que de seguido se relatan fan preciso adoptar varias medidas que teñen por fin facilitar unha reincorporación gradual e con todas as garantías ás instalacións da USC e adecuala ás medidas de flexibilización da mobilidade que están ditando os gobernos estatal e autonómico. En primeiro lugar, o Real decreto 537/2020, do 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real decreto 463/2020 para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 establece na súa Disposición derrogatoria única, apartado 2 que, con efectos do 1 de xuño queda derrogada a suspensión de termos e a interrupción de prazos administrativos. Esta circunstancia ten unha clara incidencia na Universidade de Santiago de Compostela na súa condición de Administración Pública. Por maior abastanza, o levantamento dos prazos administrativos supón a súa reanudación polo que cómpre unha xestión áxil para dar resposta ás diferentes actividades afectadas por termos e prazos administrativos. En segundo lugar, cómpre facer referencia así mesmo á intensificación de certas actividades como xa recollía na exposición de motivos a Resolución reitoral do 22 de maio de 2020: “Neste sentido son especialmente importantes os procesos vinculados coas actividades de avaliación que comezan neste período, pero tamén a necesaria programación do seguinte curso académico, tanto a nivel administrativo como nos procesos de selección de persoal necesario para garantir a docencia.” En terceiro lugar, a progresiva reactivación da actividade das Administracións Públicas tamén deu lugar á publicación de diferentes resolucións con incidencia no ámbito da investigación o que implica a necesidade de intensificar esta actividade para cumprir cos requirimentos dos diferentes plans e programas de I+D. En cuarto lugar, o 8 de xuño previsiblemente Galicia entrará en Fase III na que de acordo co “Plan para la transición hacia unha nueva normalidad” se dispón a reincorporación presencial ás empresas para a actividade laboral con horario gradual e garantías de conciliación. Así, a progresiva recuperación da actividade debe facerse con respecto ao marco normativo vixente e ás medidas preventivas necesarias para que o proceso de saída da pandemia se realice en condicións de seguridade e con atención ás circunstancias persoais derivadas da crise sanitaria. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/79A9-CECA-47EE-8F09 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 79A9-CECA-47EE-8F09 1 / 8
Xerencia Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 15782, Santiago de Compostela Tel 881 81 10 10 Ext.11010 [email protected] O Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19, modificado polo Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo, polo Real decreto lei 15/2020, do 21 de abril e polo Real decreto lei 17/2020, do 5 de maio, dispón o carácter preferente do traballo non presencial no seu artigo 5, cunha vixencia nestes momentos de 2 meses desde que finalice o estado de alarma. Este carácter preferente debe modularse coas disposicións específicas para cada fase que se atopan no “Plan para la transición hacia unha nueva normalidad” e se concretan mediante ordes do Ministerio de Sanidade. A Orde SND/458/2020, do 30 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 3 do mencionado Plan dispón no artigo 3 a o fomento dos medios non presenciais de traballo nos seguintes termos: “Sempre que sexa posible, fomentarase a continuidade do teletraballo para aqueles traballadores que poidan realizar a súa actividade laboral a distancia”. Porén, introduce un segundo apartado por primeira vez sobre a actividade laboral: “No obstante lo anterior, las empresas podrán elaborar protocolos de reincorporación presencial a la actividad laboral, siempre de acuerdo con la normativa laboral y de prevención de riesgos laborales, que deberán incluir recomendaciones sobre el uso de los equipos de protección adecuados al nivel de riesgo, la descripción de las medidas de seguridad a aplicar, la regulación de la vuelta al trabajo con horario escalonado para el personal, siempre que esto sea posible, así como la conciliación de la vida laboral y familiar”. Por último, esta Xerencia é consciente do desconcerto que está xerando na comunidade universitaria o intenso grao de flexibilización das medidas de mobilidade social, mesmo no ámbito do ocio persoal, fronte ás limitacións que se manteñen no ámbito laboral. En relación con isto, todos debemos ser conscientes de que a prevención de riscos no ámbito laboral tivo sempre, e terá, unha intensidade moito maior que naqueles entornos onde a liberdade individual ou colectiva é o valor que prevalece. Á vista do exposto, DISPOÑO Primeiro. Disposicións xerais sobre as instalacións 1. Con carácter xeral, agás excepcións motivadas, as instalacións abrirán en horario de 9:00 a 14:00 e 16:00 e 21:00 horas, para facilitar a limpeza nas condicións establecidas na Guía de actuacións fronte ao coronavirus COVID-19 para centros e persoal da USC con traballo presencial. Non será posible o acceso fóra do horario establecido, agás para operacións de mantemento ou similares previamente autorizadas polas persoas responsables das instalacións. 2. O persoal responsable dos centros que permanecen pechados presentará un plan de reinicio nos termos establecidos na disposición Novena da Resolución reitoral do 22 de maio, pola que se establece o protocolo de actuación para a aplicación do “Plan para la transición hacia una nueva normalidad”, aprobado polo Consello de Ministros o pasado 28 de abril de 2020 (Fase II). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/79A9-CECA-47EE-8F09 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 79A9-CECA-47EE-8F09 2 / 8
Xerencia Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 15782, Santiago de Compostela Tel 881 81 10 10 Ext.11010 [email protected] 3. Xunto co plan de reinicio deberán solicitar o material de prevención necesario para poder iniciar a actividade tendo en conta o número de persoas que vaian acceder ás instalacións. 4. Durante a semana do 1 ao 7 de xuño incorporaranse os membros dos Equipos Directivos e das Unidades de Xestión de Centros e Departamentos necesarios para a preparación do centro de cara ao acceso do persoal a partir do 8 de xuño. A partir da publicación desta resolución corresponderá aos responsables das instalacións autorizar os accesos puntuais que deberán comunicar ao correo infraestruturas[email protected]. 5. Na configuración dos plans de reinicio e na autorización de accesos, co fin de minimizar o impacto económico que pode supor a apertura e garantir a protección da saúde do persoal, deberanse ter en conta especialmente as seguintes medidas: - sempre que sexa posible, establecerase unha única vía de acceso ao centro para facilitar o seu control para impedir o acceso a persoal alleo ao centro - a limitación do uso de espazos comúns (salas de reunións, zonas de descanso, sanitarios, etc.). - a preferencia polo incorporación de persoal que dispoña de despachos individuais, - a prohibición de acceso a aulas e outros espazos que non deban usarse, para o que se disporá a sinalética necesaria - a habilitación de espazos específicos para a celebración de reunións que cumpran as medidas de prevención nos casos en que non se poidan celebrar de xeito non presencial. Así mesmo, deberán acoutarse os espazos para que as condicións de intensificación da limpeza esixidas polos protocolos de prevención se poidan cumprir. Os plans que se presenten deberán ter os contidos mínimos establecidos no Anexo I. 6. No suposto de despachos de uso compartido deberán comprobarse que o espazo é suficiente para manter a distancia de 2 metros entre os postos de traballo. De non ser posible, as persoas ocupantes deberán establecer quendas de uso diferentes ou, se non fora posible, deberán usar máscara hixiénica ou cirúrxica durante todo o tempo no que compartan o espazo. 7. No suposto de que algún centro, por algunha causa xustificada, non estime necesario o reinicio da actividade deberá comunicalo á Xerencia a través do correo [email protected] 8. Todo o persoal que se reincorpore á actividade presencial deberá remitir unha declaración responsable de conformidade co Anexo II á persoa responsable das instalacións. Segundo. Xornada reducida no período estival. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/79A9-CECA-47EE-8F09 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 79A9-CECA-47EE-8F09 3 / 8
Xerencia Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 15782, Santiago de Compostela Tel 881 81 10 10 Ext.11010 [email protected] 1. A partir do 1 xuño e ata o 30 de agosto resulta de aplicación a redución da xornada de verán que pasa a ser de 6 horas. Tendo en conta as circunstancias actuais e os horarios establecidos para os centros na disposición Primeira, a xornada presencial será de 5 horas. 2. A partir do 7 de xuño reactivarase o rexistro horario a través da Plataforma Évalos. O cómputo será mensual debendo rexistrar as horas non presenciais ata completar a xornada. Terceiro. Conciliación familiar 1. O persoal que teña cargas familiares (menores de 14 anos ou persoas dependentes coas que conviva) e non lle resulte posible a incorporación presencial nas condicións establecidas nesta instrución, deberá presentar unha declaración responsable ao seu superior xerárquico, acreditando as circunstancias que lle impidan a súa reincorporación. 2. No suposto anterior poderase optar pola flexibilización da xornada da persoa con dificultades de conciliación, a alternancia entre presencialidade e non presencialidade ou, se non foran posibles as opcións anteriores, o desenvolvemento do traballo de xeito non presencial. Cuarto. Persoal especialmente sensible 1. De conformidade coa Guía de actuacións fronte ao coronavirus COVID-19 para centros e persoal da USC con traballo presencial, o persoal que pertenza a colectivos vulnerables de conformidade coa clasificación establecida polas autoridades sanitarias poderá incorporarse de xeito presencial se as súas condicións clínicas están controladas e coas debidas medidas de protección. 2. Corresponde ao Servizo de Vixilancia da Saúde establecer a natureza de especial sensibilidade e emitir informe sobre as medidas de prevención, adaptación e protección, tendo en conta a existencia ou inexistencia de condicións que permitan realizar o traballo sen elevar o risco propio da condición de saúde do traballador/a. 3. No suposto de que a súa condición non sexa compatible co traballo presencial e non lle corresponda unha situación de incapacidade temporal poderá continuar co traballo de xeito non presencial. Quinto. Peche das instalacións 1. Tendo en conta as circunstancias extraordinarias transcorridas desde o 14 de marzo e co obxecto de que o primeiro semestre do curso 2020-2021 se desenvolva coa maior normalidade posible, disponse o peche das instalacións con carácter xeral entre o 3 e o 16 de agosto. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/79A9-CECA-47EE-8F09 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 79A9-CECA-47EE-8F09 4 / 8
Xerencia Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 15782, Santiago de Compostela Tel 881 81 10 10 Ext.11010 [email protected] 2. Os días de peche computarán como vacacións para todo o persoal afectado. En todo caso, o persoal que traballe en centros que non poidan pechar nese período deberá gozar de 15 días no mes de agosto. 3. No caso de instalacións que pola súa actividade non poida pechar no período sinalado poderán propor un período alternativo á Xerencia ou comunicar que non é posible o seu peche en atención ás súas circunstancias. Disposición final. Vixencia Esta instrución terá vixencia desde a súa publicación no Taboleiro Electrónico da USC. Santiago de Compostela O xerente Antonio Javier Ferreira Fernández Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/79A9-CECA-47EE-8F09 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 79A9-CECA-47EE-8F09 5 / 8
Xerencia Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 15782, Santiago de Compostela Tel 881 81 10 10 Ext.11010 [email protected] ANEXO I CONTIDO MÍNIMO DO PLAN DE REINICIO a) Descrición das actividades que se pretenden reiniciar e xustificación da necesidade de presenza de persoal b) Aforo máximo de persoas que se incorporan ao traballo presencial e material necesario (xel sanitizante para os accesos e onde haxa dispositivos de uso compartido, máscaras cirúrxicas ou hixiénicas, luvas, pantallas de protección para o persoal de conserxería que deba atender a provedores, cartelería específica para ascensores, lavado de mans, uso de máscaras, etc.). c) Quendas e rotación do persoal que desenvolverá a actividade no caso de zonas de uso compartido. d) Medidas concretas de acceso ás instalacións e uso dos espazos adoptadas, entre as que deberá figurar o peche de zonas que non se usen (aulas, salas de reunións, etc.) e os aseos que quedarán habilitados para cada zona. e) Medidas de prevención de riscos laborais específicas derivadas dos protocolos e recomendacións a seguir fronte á COVID-19: en relación coas condicións de seguridade e saúde, o plan deberá contemplar a aplicación das medidas recollidas na Guía de actuación fronte ao coronavirus COVID-19 para centros e persoal da USC con traballo presencial e as súas actualizacións, e singularmente das medidas xenéricas de protección e as condicións de centros e lugares de traballo. f) Espazos que se empregarán e medidas de organización adoptadas: en relación coas medidas organizativas e de reordenación de espazos para cumprimento da distancia mínima de separación entre persoas, o plan deberá contemplar a aplicación das medidas concretas de entre as recollidas na Guía de actuación fronte ao coronavirus COVID-19 para centros e persoal da USC con traballo presencial. g) Servizos complementarios necesarios para a posta en marcha da actividade. En relación cos servizos complementarios deberanse especificar os axustes que, de ser o caso, se requiran na limpeza para a aplicación dos protocolos requiridos fronte á propagación do coronavirus COVID-19. h) Calquera outra información que se considere necesaria Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/79A9-CECA-47EE-8F09 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 79A9-CECA-47EE-8F09 6 / 8
Xerencia Casa da Balconada. Rúa Nova, 6 15782, Santiago de Compostela Tel 881 81 10 10 Ext.11010 [email protected] ANEXO II DECLARACIÓN RESPONSABLE <<Nome e apelidos da persoa traballadora>>, <<categoría>> do/da <<nome do centro de traballo”, En relación co reinicio da miña actividade laboral presencial, no marco da situación de pandemia global pola COVID-19, e tendo en conta as disposicións aplicables, DECLARO QUE Son responsable das seguintes cuestións: a) Non tiven síntomas identificables coa enfermidade COVID-19 durante os últimos 15 días. b) Non tiven contacto directo con conviventes, familiares ou calquera persoa que estivera a unha distancia menor de 2 metros durante un tempo de polo menos 15 minutos con diagnóstico confirmado ou probable de enfermidade COVID-19 nin teño coñecemento de ter compartido espazo sen gardar a distancia mínima interpersoal con ningunha persoa con diagnóstico confirmado ou probable de enfermidade COVID-19 durante os últimos 15 días. c) En caso de presentar algún síntoma compatible coa enfermidade COVID-19 seguirei as directrices das autoridades sanitarias, non acudindo ao centro de traballo e avisando ao meu superior xerárquico coa maior brevidade posible. d) Non pertenzo a ningún dos colectivos declarados especialmente sensibles/Pertenzo a un colectivo dos declarados especialmente sensibles pero o Servizo de Vixilancia da Saúde declarou, logo da avaliación pertinente, que podo incorporarme ao meu posto de traballo. c) Aplicarei e cumprirei en todo momento as normas, disposicións e recomendacións relativas a seguridade e saúde laboral incluíndo, se é o caso, o uso dos equipos de protección individual que deba empregar. <<Lugar>>, <<data>> (Sinatura) Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/79A9-CECA-47EE-8F09 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 79A9-CECA-47EE-8F09 7 / 8
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO JAVIER FERREIRA FERNANDEZ, XERENTE, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 01/06/2020 14:22:51. CSV: 79A9-CECA-47EE-8F09 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/79A9-CECA-47EE-8F09 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 79A9-CECA-47EE-8F09 8 / 8