Full text
Rebeca Otero Vicente Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social Traballo de iniciación á investigación no ámbito do emprendemento feminino Facultade de Ciencias da Educación Xuño 2018 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Educación Social Traballo de fin de grao
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social Mujeres gallegas emprendedoras en el ámbito de la Educación Social Enterprising galician women in the field of Social Education
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social INDICE 1. Introdución ……………………………………………………………………………..……1 Referencial teórico 2. Educación social, igualdade de xénero e emprendemento ……………………………3 2.1. O emprendemento feminino na sociedade actual……………………..……..4 2.1.1. Muller e mercado laboral ...............................................................4 2.1.2. Marco normativo ..........................................................................10 2.1.3. Emprendemento feminino ...........................................................11 2.1.4. Programas e recursos para o emprendemento feminino ............12 2.2. Educación social e emprendemento feminino: realidades e desafíos ……15 Referencial metodolóxico e empírico 3. Metodoloxía de investigación ………………………………………………………...….19 3.1. Obxectivos ………………………………………………………………………19 3.2. Deseño da investigación ………………………………………………...…….19 3.3. Mostra ……………………………………………………………………………20 3.4. Instrumento de recollida de información: a entrevista ……………...………22 3.5. Análise de datos cualitativos ………………………………………………….23 4. Resultados …………………………………………………………...................….….….23 Conclusións e prospectiva …………………………………………………………….…….29 Referencias bibliográficas …………………………………………………………………..31 Anexos
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social INDICE DE FIGURAS E TÁBOAS Figura 1. Persoas paradas por sexo na comunidade galega. Ano 2018 …………….....…6 Figura 2. Ocupación por sexo e ramas de actividade no contexto galego. Ano 2017........7 Figura 3. Estudantado matriculado nas universidades galegas segundo rama de coñecemento e sexo. Ano 2016 …………………...………………………………………....8 Figura 4. Profesorado universitario por categoría e sexo. Ano 2016 …………………………………………………………………………………………….……..8 Figura 5. Persoas ocupadas por sector económico, sexo e situación profesional. Ano 2017 ………………………………………………………………………….………………....9 Táboa 1. Perfil profesional da poboación emprendedora en Galicia. Ano 2016 ….….....12 Táboa 2. Sistema de codificación segundo o ámbito profesional das mulleres entrevistadas. Ano 2018 ……………………………………………………………………..21 Táboa 3. Aspectos positivos e negativos que consideran as mulleres entrevistadas na súa etapa como emprendedoras sociais. Ano 2018 ……………………….……….……..28
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social Resumo A presente investigación pretende indagar acerca dunha realidade coa que se convive na actualidade, que é o traballo das mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social. Estas mulleres contan a súa experiencia, onde expoñen as dificultades que se atopan na integración ao mundo laboral por conta propia como educadoras sociais, así como a importancia dos aspectos positivos que pesan para poder seguir adiante cos seus proxectos de intervención socioeducativa. O obxectivo principal é coñecer a experiencia de mulleres emprendedoras na Educación Social na comunidade autónoma galega para analizar as dificultades e beneficios que lles achegou esta experiencia. Mediante o instrumento de natureza cualitativa (entrevista) realizamos unha análise descritiva da información recollida. Entre as conclusións obtidas salientamos a importancia da existencia de iniciativas como esta de cara ao desenvolvemento persoal e profesional destas mulleres, posto que permite dar visibilidade da súa realidade e servir de persoas referentes na comunidade. Palabras chave: mulleres, educadoras sociais, perspectiva de xénero, emprendemento, proxectos socioeducativos. Resumen La presente investigación pretende indagar acerca de una realidad con la que se convive en la actualidad, que es el trabajo de las mujeres gallegas emprendedoras en el ámbito de la Educación Social. Estas mujeres cuentan su experiencia, exponiendo las dificultades que se encuentran en la integración al mundo laboral por cuenta propia como educadoras sociales, así como la importancia de los aspectos positivos que pesan para poder seguir adelante con sus proyectos de intervención socioeducativa. El objetivo principal es conocer la experiencia de mujeres emprendedoras en la Educación Social en la comunidad autónoma gallega para analizar las dificultades y beneficios que les condujo esta experiencia. Mediante el instrumento de naturaleza cualitativa (entrevista) realizamos un análisis descriptivo de la información recogida. Entre las conclusiones obtenidas destacamos la importancia de la existencia de iniciativas como esta de cara a un desarrollo personal y profesional de estas mujeres, puesto que permite dar visibilidad de su realidad y servir de personas referentes en la comunidad. Palabras clave: mujeres, educadoras sociales, perspectiva de género, emprendimiento, proyectos socioeducativos.
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social Abstract The present investigation tries to inquire about a reality with which it coexists in the actuality, which is the work of the Galician women enterprising in the field of the Social Education. These women tell their experience, exposing the difficulties that are found in the integration into the labor world on their own as social educators, as well as the importance of the positive aspects that weigh to be able to continue with their projects of socio-educational intervention. The main objective is to know the experience of women entrepreneurs in Social Education in the Galician autonomous community to analyze the difficulties and benefits that this experience led them. Through the instrument of qualitative nature (interview) we perform a descriptive analysis of the information collected. Among the conclusions obtained, we highlight the importance of the existence of initiatives like this one in view of the personal and professional development of these women, since it allows to give visibility of their reality and to serve as reference persons in the community. Key words: women, social educators, gender perspective, entrepreneurship, socioeducational projects.
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social 1 1. Introdución A modalidade deste Traballo de Fin de Grao (TFG) é a iniciación á investigación de campo, que leva por nome “Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social”, orientada a poñer de releve e dar visibilidade da importancia do emprendemento laboral das educadoras sociais como traballadoras por conta propia. Ademais esta investigación está estreitamente vinculada con algunhas das materias cursadas na titulación do Grao de Educación Social, como son a Economía da Educación, na cal se puido reflexionar sobre a realidade social e económica da educación; Educación e Sociedade en Galicia, onde se abordou unha visión panorámica da historia da sociedade galega no marco político, social e cultural na época contemporánea; Políticas socioeducativas e Dereitos Humanos, na cal se coñeceu as políticas socioeducativas e os dereitos da práctica profesional como educadoras e educadores sociais; Historia da Educación Social, onde se realizou un recorrido histórico sobre a condición feminina no eido político, social, educativo e cultural; Formación e Profesionalización en Educación Social, na cal se analizou o perfil da educadora e educador social, as súas competencias e as súas funcións na práctica laboral, así como a construción da súa identidade; e Inserción Laboral e Formación Continua dos Profesionais da Educación Social, onde se explicou os ámbitos e recursos para a inserción laboral como profesionais da Educación Social. Un dos motivos da escolla desta modalidade é pola falta de referentes femininos que emprenden no eido da Educación Social e a necesidade de poñer en valor este aspecto como unha oportunidade laboral máis. Ademais, considero que a temática abordada posúe un carácter innovador na investigación no ámbito da Educación Social, xa que á hora de facer a revisión da literatura científica sobre a realidade socioeducativa obxecto de análise se detecta unha ausencia de bibliografía escrita sobre o tema. Así pois, asumindo este risco, decídese aproximarse a este tema-problema de investigación para poder ofrecer achegas a unha realidade concreta sobre a situación profesional das educadoras sociais emprendedoras, e observar o gran peso que ten a perspectiva de xénero no ámbito laboral das mulleres e na transformación actual do sistema económico e social. A elección desta modalidade para o TFG ten que ver coas miñas inquedanzas profesionais, pois a idea de emprendemento pasou pola miña mente no terceiro ano de carreira, grazas ás aprendizaxes acadadas durante a miña estadía na Universidade, e que se afianzou durante a realización do Prácticum II no servizo de orientación e asesoramento laboral Woman Emprende da Universidade de Santiago de Compostela, a partir da constatación da ausencia de proxectos asesorados de emprendemento feminino en Educación Social.
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social 2 Ademais, cabe destacar que a figura da muller é de presenza maioritaria na titulación e considero que este potencial debe orientarse no liderado de proxectos a longo prazo enriquecedores para a sociedade, e no pulo ao emprendemento feminino na Educación Social que provoque unha transformación da realidade da intervención socioeducativa en conxunto con outros e outras profesionais do gremio e incida positivamente no beneficio social. Tendo en conta tamén que é unha maneira de xerar futuros postos de emprego. Con estes antecedentes, o obxectivo que se pretende conseguir é coñecer algúns exemplos de mulleres emprendedoras na Educación Social na comunidade autónoma galega para analizar as dificultades e beneficios que lles achegou esta experiencia. Este obxectivo xeral concrétase nos seguintes obxectivos específicos: - Aproximarse aos ámbitos da Educación Social nos que se centra o emprendemento feminino galego. - Analizar os beneficios e as dificultades da posta en marcha dunha iniciativa emprendedora dende a Educación Social. - Coñecer o impacto da experiencia emprendedora no empoderamento e capacidade de liderado das mulleres educadoras sociais. A estrutura do presente traballo divídese en tres bloques fundamentais: o marco teórico, o marco metodolóxico e, por último, os resultados e conclusións. No referencial teórico, introdúcese a evolución histórica da situación laboral da muller no contexto galego ata hoxe en día e realízase unha aproximación á situación do emprendemento feminino no eido da Educación Social. No referencial metodolóxico e empírico, lévase a cabo a descrición da metodoloxía de investigación aplicada en base a un obxectivo xeral e obxectivos específicos, así como o deseño da investigación empregada, a mostra recollida, o instrumento utilizado e a análise dos resultados cualitativos. Finalmente, expóñense as conclusións e prospectiva, as referencias bibliográficas correspondentes e os anexos. Cabe destacar que todas as citas de referencias bibliográficas no TFG se traduciron ao galego coa fin de facilitar a comprensión e unificar o idioma do traballo. Por último, debe salientarse que a realización deste TFG contribuíu ao desenvolvemento das seguintes competencias xerais do Grao en Educación Social: - Ter a capacidade para analizar as realidades sociais, políticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores e educadoras sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos, xa que foi necesario revisar a documentación existente relacionada coa temática e a
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social 3 partir de aí comezar coa análise da realidade e poñer de relevo o traballo realizado por parte das educadoras sociais emprendedoras. - Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación da intervención educativa grazas aos coñecementos aprendidos a través das materias cursadas na titulación como: Economía da Educación, Educación e Sociedade en Galicia, Políticas socioeducativas e Dereitos Humanos, Historia da Educación Social, Formación e Profesionalización en Educación Social e Inserción Laboral e Formación Continua dos Profesionais da Educación Social, entre outras. - Promover e desenvolver accións educativas e socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios cun grupo de mulleres galegas que emprenden profesionalmente no eido da Educación Social. Referencial teórico 2. Educación social, igualdade de xénero e emprendemento Considérase necesario estudar e poñer de relevancia o traballo levado a cabo por mulleres emprendedoras no campo da Educación Social, pois, ten importancia o traballo cooperativo, asociativo ou autónomo entre as mulleres educadoras socias como referentes por crear redes sociais e laborais nos distintos ámbitos de traballo da profesión. Dar visibilidade a este aspecto é un obxectivo chave para a transformación da sociedade actual. Neste marco, cabe destacar os beneficios que contén o emprendemento dende a perspectiva de xénero, pois a igualdade real entre homes e mulleres transformaría os estereotipos e os prexuízos cara elas, demostrando unha capacidade de confianza nas súas propias habilidades e nos seus coñecementos, e favorecendo ao tempo o seu autoconcepto (crenza que unha ten de si mesma) e a súa autoestima (aprecio que unha ten de si mesma) á hora de tomar decisións tanto profesionais como persoais. Así, diríamos que emprender “é un instrumento económico de crecemento e polo tanto un medio de xerar benestar” (García- Negro, 2013, p.30). Débese subliñar que na literatura científica actual non se atopan estudos similares específicos que traten, dende unha perspectiva de xénero, o emprendemento social no eido da Educación Social polo que na construción dos fundamentos teóricos deste Traballo de Fin de Grao emerxen algúns interrogantes referidos a: as mulleres e os homes elixen os seus proxectos profesionais de emprendemento tendo os mesmos e as mesmas referentes?; teñen as mesmas oportunidades e opcións tanto homes como mulleres á hora de crear unha idea de negocio?; cal é a situación na que se encontran as educadoras sociais emprendedoras?
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social 10 As barreiras conductuais fan referencia a aspectos tales como a baixa autoconfianza, o temor ao fracaso ou a autoimaxe negativa. As barreiras socioculturais son os valores e actitudes hostís cara as mulleres nos negocios, a estrutura das familias ou as reducidas posibilidades de conciliación entre vida profesional e familiar. E, finalmente, as barreiras de infraestrutura fan referencia ao acceso a apoio, información e fundamentalmente, o financiamento. 2.1.2. Marco normativo No século XX, lógrase a nivel lexislativo a reforma do Código Civil de 1975 coa Lei 14/1975, 2 de maio, sobre reforma de determinados artigos do Código Civil e do Código de Comercio sobre a situación xurídica da muller casada e os dereitos e os deberes dos cónxuxes, pola cal desaparece a discriminación cara as mulleres casadas de estar en poder do seu marido. Así mesmo, a Constitución Española de 1978 tamén acolle o recoñecemento de igualdade entre homes e mulleres e o dereito ao traballo, como ben se explica no artigo 35 “todos os españois teñen o deber de traballar e o dereito ao traballo, á libre elección de profesión ou oficio, á promoción a través do traballo e a unha remuneración suficiente para satisfacer as súas necesidades e as da súa familia, sen que en ningún caso poida facerse discriminación por razón de sexo”. Ademais no artigo 9.2 aclara que “corresponde aos poderes públicos promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos nos que se integra sexan reais e efectivas; remover os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os cidadáns na vida política, económica, cultural e social”. A nivel estatal e dende a Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, establécese que “o principio de igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes informará, con carácter transversal, a actuación de todos os Poderes Públicos. As administracións públicas integrarano, de maneira activa, na adopción e execución das súas disposicións normativas, na definición e presupostación de políticas públicas en tódolos ámbitos e no desenvolvemento do conxunto de todas as súas actividades” Por unha banda, e xa en materia de estudo do presente traballo, dende o goberno galego aplícase unha Lei de emprendemento e da competitividade económica de Galicia: o artigo 1 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia explica o obxecto da mesma: “ constitúe o obxecto desta lei a definición dun marco normativo específico na Comunidade Autónoma de Galicia que incentive a creación e implantación de empresas e o seu posterior desenvolvemento, a través da xeración de cultura emprendedora, a formación, a flexibilización dos trámites administrativos, a
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social 11 ampliación dos prazos de validez dos permisos e a introdución de instrumentos financeiros, servizos específicos ás persoas emprendedoras e incentivos fiscais”. Todo isto no ámbito das competencias que o Estatuto de Autonomía lle atribúe á Comunidade Autónoma. Así mesmo, desenvolve, pon en valor e regula a actividade do investidor particular en proxectos de emprendemento. Tamén é obxecto desta lei a “regularización do réxime xurídico e dos instrumentos de intervención administrativa aplicables á instalación e apertura de establecementos e ao exercicio de actividades económicas e a regulación do réxime de comunicación previa administrativa para o exercicio de actividades e a realización de actos do solo e do subsolo”. Este marco normativo ampara o desenvolvemento das iniciativas emprendedoras en diferentes ámbitos, incluíndo a Educación Social. 2.1.3. Emprendemento feminino O emprendemento feminino non ten a mesma visión que o emprendemento masculino, xa que, debido á educación transmitida na sociedade, e dende a infancia, sempre estivo arraigada a idea de que a muller tiña que ocupar un papel secundario con respecto ao home. Ata os anos 80, considerábase que o xénero non constituía unha característica que afectara á actividade empresarial (Buxarrais, 2015, p.164). Segundo Fernández e Rodeiro (2011) esta invisibilidade do emprendemento feminino é derivada fundamentalmente de tres factores: - A menor presenza histórica feminina no campo da creación e dirección de empresas, reflexada tanto no número relativamente reducido de empresas creadas como no seu escaso peso económico. - A opinión de que as emprendedoras levaban a cabo unha actividade empresarial secundaria, considerada a miúdo unha extensión da actividade doméstica (Lamolla, 2007) - A tendencia a practicar o chamado “androcentrismo” nos estudos sobre as actividades empresariais, supoñendo que o modelo empresarial “normalizado” é unicamente o masculino (GEM, 2007) Hoxe en día, o emprendemento de mulleres encóntrase nunha situación de crecemento, pois a sociedade experimentou grandes avances socioculturais. Así como tamén o aumento, aínda escaso, da investigación sobre as diferenzas de xénero entre as persoas emprendedoras. Neste escenario, analizamos a continuación o perfil profesional da poboación emprendedora en Galicia:
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social 12 Táboa 1 Perfil profesional da poboación emprendedora en Galicia Potencial Incipiente Consolidación Abandono Sexo 50,21%(H) 49,14%(H) 55,82%(H) 53,20%(H) 49,79%(M) 50,86%(M) 44,18%(M) 46,80%(M) Idade 39 44 48 49 Nivel de estudos Obrigatorios Obrigatorios Obrigatorios Obrigatorios Rural/urbana U: 88,92% U: 84,96% U: 82,88% U: 66,82% R: 11,08% R: 15,04% R: 17,22% R: 33,18% Situación Activa Activa Activa Activa Nota. Fonte: Informe Executivo GEM Galicia (Global Entrepreneurship Monitor), 2016. Na táboa 1 obsérvase que no aspecto de emprendemento incipiente, o cal fai referencia ao traballo da persoa emprendedora que se empeza a coñecer, a porcentaxe de emprendemento feminino é un 1,72% superior ao masculino. A media de idade de emprendemento é dende os 39 aos 49 anos, en situación laboral activa e o nivel de estudos é o obrigatorio, é dicir, están en posesión do graduado escolar. A implantación do emprendemento é de carácter predominante na zona urbana en contraposición coa zona rural. Tamén debemos destacar como do estado potencial ao incipiente, o sector feminino consegue un pequeno ascenso, non sendo así do paso do estado incipiente á consolidación, e finalmente do estado da consolidación ao abandono a porcentaxe das mulleres ascende lixeiramente, e xustamente no sector masculino acontece o contrario. 2.1.4. Programas e recursos para o emprendemento feminino Son diversos os programas e recursos que na Comunidade Autónoma de Galicia se están poñendo en marcha para fomentar e apoiar o emprendemento feminino, tanto desde a Administración Pública como desde o marco universitario. En primeiro lugar, cabe destacar o programa Emega Fomento do Emprendemento Feminino en Galicia (2009) que pretende “potenciar o emprendemento feminino para que as mulleres se integren no sector produtivo galego poñendo en marcha, mellorando e consolidando as súas iniciativas empresariais a través de catro liñas de actuación” (Secretaría Xeral de Igualdade):
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social 13 - Emprende: a cal estimula a creación de empresas por parte de mulleres. - Innova: finanza iniciativas de innovación en proxectos empresariais. - Activa: trata de reactivar e consolidar os proxectos que debido á crise sofren dificultades de mantemento. - Concilia: promove programas de apoio á conciliación do exercicio profesional coa vida persoal e familiar. No ano 2017 o programa Emega conta con mais liñas de actuación: - Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica. - Axuda complementaria Dual: para incentivar a participación no programa de titorización que organiza a Secretaría Xeral da Igualdade co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais subvencionados ao abeiro da convocatoria. - Axuda complementaria Concilia: co obxecto de a promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, en dúas modalidades, concilia-promotoras e conciliapersoas traballadoras por conta allea. Dende o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) ponse en marcha a Unidade Galicia Emprende: “unha iniciativa da Xunta de Galicia establecida na Lei de Emprendemento e da competitividade económica de Galicia, que xunto con outros instrumentos, procura catalizar a iniciativa de persoas emprendedoras e empresas, para que en Galicia, a curto, medio e longo prazo se poidan acadar indicadores mais altos, mellores e mais eficientes de actividade emprendedora” (Consellería de Economía, Emprego e Industria). As liñas de actuación desta ferramenta constan de: - A idea de negocio: se coñeces a túa idea ou dubidas dela, dende o programa Unidade Galicia Emprende ofrecen información, orientación, sensibilización e motivación na pescuda da mesma. - Maduración da idea ou proxecto empresarial: dende a iniciativa da Xunta de Galicia ofrecen información, ver se é viable a idea e buscar as ferramentas axeitadas. - Plan de negocio: esta liña fai referencia á planificación da idea empresarial, ollar exemplos e obter consellos. - Avaliación do plan empresarial: onde se pescuda a financiación posible para poder levar a idea á realidade.
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social 14 - Posta en marcha do proxecto: nesta liña é importante ofrecer información de viveiros empresariais acordes ao proxecto e encontrar recursos inversores particulares, se fose o caso. - Consolidación e crecemento: dende este aspecto móstrase apoio financeiro, ofrécese unha consultaría, pescúdanse recursos inversores e infraestruturas, así como a posible internacionalización do proxecto emprendedor. Por outra banda, a nivel universitario, cabe destacar a existencia de iniciativas vinculadas ao emprendemento nas tres Universidades galegas: Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. Dende o servizo da Universidade de Santiago de Compostela Woman Emprende, ofrécese a oportunidade a que as persoas tituladas universitarias poidan asesorarse e sentirse acompañadas para poder levar da idea á acción os seus proxectos, tendo en conta a perspectiva de xénero nos procesos de creación de empresas. Dende a Área de Orientación Laboral da Universidade de Santiago de Compostela ofrécense os servizos de orientación laboral para a pescuda de emprego, información sobre recursos de interese profesional, actividades formativas en habilidades e técnicas para a pescuda de emprego, intermediación laboral entre as empresas e estudantado e persoas tituladas, e actividades como centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia. No referente ao emprendemento, a Área de Orientación da USC tamén serve como vínculo de contacto a outros servizos externos especializados como poden ser: ao servizo de emprendemento da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Rede de colaboración EUSUMO (impulsada pola Xunta de Galicia “para o fomento e o desenvolvemento da economía social”) ou a organización internacional non gobernamental Acción contra a Fame, a cal “facilita a inclusión sociolaboral mediante programas de emprego e emprendemento: Anima Galicia e Vives Emprende” (Fundación Cidade da Cultura de Galicia). Dende a Universidade de A Coruña (UDC), teñen a disposición un viveiro de empresas para alumnado da UDC, estudantado titulado pola mesma universidade, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos. Os obxectivos desta iniciativa pretenden fomentar e apoiar o desenvolvemento profesional das persoas pertencentes á comunidade universitaria, emprendedores e emprendedoras, e poñer a disposición un “espazo enfocado a estender a cultura emprendedora e consolidar iniciativas innovadoras”. Nas instalacións do viveiro de empresas tamén ofrecen un servizo de asesoramento empresarial. Por último, na Universidade de Vigo, a Área de Emprego e Emprendemento ten como obxectivo fundamental “facilitar, en colaboración con administracións, empresas e outras institucións, o acceso ao mercado laboral das persoas tituladas. O persoal técnico e
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social 15 administrativo propio desenvolve as súas funcións, en coordinación co persoal da Fundación Universidade de Vigo, nos seguintes ámbitos: - Prácticas externas dos estudantes da Universidade de Vigo. - Ofertas de emprego en empresas e institucións. - Orientación Laboral. - Formación e asesoramento para a inserción laboral e o exercicio profesional. - Apoio, formación e asesoramento a proxectos emprendedores.” 2.2. Educación social e emprendemento feminino: realidades e desafíos Emprender significa –segundo o dicionario da Real Academia Galega (RAG)– empezar a facer algo con decisión (unha cousa que pode presentar certas dificultades). Se extrapolamos este significado ao mundo laboral, vemos que da actividade emprendedora (emprendemento) dise que implica o descubrimento, avaliación e explotación de oportunidades para introducir novos produtos e servizos, formas de organización, mercados, procesos e materiais, a partir dunha organización inexistente previamente (Venkataraman, 1997; Shane y Venkataraman, 2000; Shane, 2003; Zapico et al., 2006) (citado en Fernández e Rodeiro, 2011, p.38). Así pois, enténdese que unha persoa emprendedora é aquela que funda unha empresa ou inicia unha actividade, frecuentemente con moita máis ilusión e ambición que recursos materiais. Seguindo ao Dicionario Empresarial (1987) enténdese ao emprendedor ou emprendedora como unha persoa animada que busca constantemente novos campos de actuación (Elosúa, 1987, p. 189). Outra definición de persoa emprendedora no eido empresarial é aquela persoa que, “tras identificar unha oportunidade no mercado, decide crear unha empresa co obxectivo de apropiarse das rendas que esta xera de forma creativa ou novidosa” (Shumpeter, 1934; Kirzner, 1973; Shane e Venkataraman, 2000) (citado en Nicolás e Rubio, 2011, p.6). Do mesmo modo, cabe destacar e non invisibilizar á persoa emprendedora interna que se define como “un emprendedor que traballa nunha grande empresa con moita autonomía. A empresa, para evitar que funde o seu propio negocio, concédelle maior capacidade de decisión, grandes dotacións de fondos e unha participación nos beneficios” (Diccionario Empresarial, 1987, p.190). Pero dende este traballo quérese poñer de manifesto o primeiro aspecto anteriormente mencionado, é dicir, poñer de relevo á/s persoa/s emprendedora/s que atopan o seu lugar no mercado laboral dunha maneira xurídica autónoma e, concretamente, no eido social.
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social 16 Por isto, é importante destacar o significado dun emprendedor ou emprendedora social, pois este tipo de persoas emprendedoras caracterízanse porque “deciden poñer en marcha as súas ideas innovadoras co obxectivo de dar solucións aos problemas máis urxentes da sociedade, conseguindo con isto crear valor social a través da mellora da calidade de vida de moitas persoas” (Murphy e Coombes, 2009) (citado en Nicolás e Rubio, 2011, p.6). Así mesmo, debe subliñarse que para acadar maiores beneficios nas actividades realizadas por un emprendemento social e económico é importante formar ás persoas nunha educación multidimensional onde a educación emprendedora estea presente. Consistindo, a educación emprendedora, nunha habilidade dun individuo para converter ideas en actos. Inclúe a creatividade, a innovación e a asunción de riscos, así como a habilidade para planificar e xestionar proxectos destinados a lograr obxectivos. É un apoio para todos na vida cotiá do fogar e na sociedade, fai que o empregado sexa máis consciente do contexto do seu traballo e capaz de aproveitar a súas oportunidades, é a base sobre a que os empresarios poidan establecer unha actividade social ou comercial (Comisión de las Comunidades Europeas, 2006, p.4) (citado en Cárdenas, Peña, Rodríguez e Sánchez, 2015, p.26) É dicir, a educación emprendedora é un vehículo polo cal as persoas desenvolven un estado de autonomía, confianza, autoestima ou empoderamento. Grazas a estas aprendizaxes pode desenvolverse unha cultura emprendedora, a cal é un conxunto de comportamentos, valores, crenzas, coñecementos, etc., en definitiva, pautas culturais, xeradas por medio de accións educativas para incitar á cidadanía a acometer prácticas innovadoras no plano laboral e social con obxecto de mellorar a realidade. Ditas accións deben ir orientadas a unha tripla perspectiva: promover o crecemento económico, a xustiza e a cohesión e o desenvolvemento sostible dende o punto de vista medioambiental. Configurándose de esta maneira, a cultura emprendedora, como proxecto social integrado (Martínez Rodríguez, 2008, p.115) (citado en Cárdenas, Peña, Rodríguez e Sánchez, 2015, p.26). Neste sentido, o ámbito universitario debe contribuír a formar emprendedores e emprendedoras sociais, é dicir, formar a persoas tituladas que contribúan ao cambio social capaces de crear valor social e que encontren novas oportunidades onde poidan cumprir os seus obxectivos desde o compromiso social. Así pois, dende a perspectiva do emprendemento sostible débese garantir de forma integrada o beneficio económico, a equidade, a cohesión social e a calidade ambiental. Este tipo de emprendemento é unha cuestión chave ante os desafíos económicos, sociais e ecolóxicos e mantén unha relación intrínseca coa Educación Social.
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social 17 Dende esta óptica, cabe subliñar que o emprendemento sostible presenta unha serie de características (Cohen y Winn 2007; Gutiérrez Montoya, 2011; Rieckmann, 2012) (citado en Aznar e Martínez, 2015, p.145): - Capacidade de crear valor económico a través da innovación, promovendo e maximizando o beneficio social e a calidade ambiental. - Capacidade de iniciativa, de empoderamento e de render contas dos procesos produtivos, co obxectivo de resolver problemas na pescuda da transformación social e a rexeneración ambiental - Capacidade de desenvolver procesos marcados pola innovación e por ideas creativas no plano económico e social, para conseguir mellores servizos/produtos ou novos métodos de produción mais acordes no campo sostible. - Capacidade organizativa e analítica, de asumir riscos calculados, aceptar a incerteza inherente ás novas oportunidades nun ambiente discordante, imprevisible e ambivalente que aporta ambigüidade en todos os aspectos da organización; e de persistir no esforzo para levar adiante un proxecto que xunto á pescuda de beneficio económico reduza as perdas netas de cohesión social e integridade social. - Capacidade de orientación cara as deficiencias do mercado para descubrir, avaliar e explotar as oportunidades que ofrecen, e reducir as discrepancias entre os custes privados, sociais e ambientais. - Capacidade de aplicar estratexias sostibles de maneira financeira, social e ambiental, mediante a diversificación e combinación de fontes de ingresos. - Capacidade de avaliar e difundir os resultados e os impactos financeiros, sociais, de xestión de recursos, e de transparencia. Así pois, o emprendemento sostible deriva a unha economía social que, segundo Alonso (2015, p.264), atende aos seguintes valores: - Priman as persoas e o obxecto social sobre o capital. - Existe unha organización e cultura empresarial con vocación de xestión participativa e democrática. - Conxúganse os intereses dos membros, usuarios e o interese xeral. - Deféndese e aplican os principios e solidariedade e responsabilidade entre os seus membros. - Existe autonomía de xestión e independencia respecto dos poderes públicos. - Aplícase a consecución de obxectivos a favor do interese xeral, dos servizos aos membros e o desenvolvemento sostible.
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social 18 - O resumo de valores expresados supón o fondo e a forma en que as organizacións da economía social materializan a responsabilidade social. - Existen os principios de solidariedade e o compromiso nas persoas no proceso de cidadanía activa e implicación no contexto que se desenvolva. - Xera emprego de calidade así como unha mellor calidade de vida, e propón un marco adaptado ás novas formas de empresa e de traballo. - Desempeña un papel importante no desenvolvemento local e a cohesión social. - É un factor de democracia e de xeración de capital social. - Contribúe á estabilidade e ao pluralismo dos mercados económicos. A Educación Social, vinculada ao emprendemento sostible, debe ir encamiñada en dous sentidos principais: unha lexitimación da igualdade, é dicir, a loita activa polos dereitos de equidade e igualdade, así como da previa denuncia de desigualdades xenéricas; e por outra parte, a intervención directa con aquelas persoas que se encontren nunha situación de desvantaxe; a fin de achegar unha actuación profesional dende a perspectiva de xénero, para romper co sistema androcéntrico vixente historicamente (Buedo, 2015, p.80). Dende os documentos profesionalizadores (2008) da Asociación Estatal De Educación Social (ASEDES) defínese a Educación Social como un dereito da cidadanía que se concreta no recoñecemento dunha profesión de carácter pedagóxico, xeradora de contextos educativos e accións mediadoras e formativas, que son ámbito de competencia profesional do educador social, posibilitando a incorporación do suxeito da educación á diversidade das redes sociais, entendida como o desenvolvemento de sociabilidade e a circulación social e a promoción cultural e social, así como a apertura a novas posibilidades da adquisición de bens culturais, que amplíen as perspectivas educativas, laborais, de ocio e participación social. Partindo desta definición xustifícase a vinculación desta profesión co emprendemento sostible en tanto que a persoa profesional da Educación Social non se pode desvincular do medio que a rodea senón que ten que ser consciente do beneficio común e colectivo que o seu labor ofrece. En concreto, a educadora social emprendedora ten un importante labor na sociedade actual pois racha coa posición de predominio do colectivo masculino, como máximos líderes nas situacións de poder. A non visibilidade da muller en postos de poder aínda segue sufrindo un gran estancamento, ocupando os homes, de maneira maioritaria, as situacións de privilexio e oportunidade. Neste marco de desigualdade, é necesario o aumento de emprendedoras socias, pois implica que existe un empoderamento das mesmas, así como unha grande autonomía do traballo, pretendendo tamén diminuír as desigualdades laborais e procurando o equilibrio do binomio muller-home, aportando así, outra perspectiva emocional, psicolóxica, laboral, educativa, familiar ou social no ámbito laboral.
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social 19 Sen dúbida, cabe mencionar a importancia do impacto positivo na sociedade, ademais de crear referentes femininas na nosa profesión. Así pois, como ben explica Mato (2009, p.9), a perspectiva de xénero implica visualizar, analizar e actuar sobre situacións onde se percibe inxustiza baseada en discriminación e intolerancia, xeradas a partir da diferenza sexual dos seres humanos. Se temos en conta este concepto e o aplicamos en todas as nosas actuacións estaremos contribuíndo a xerar un cambio social a nivel social, económico, político e cultural. Referencial metodolóxico e empírico 3. Metodoloxía de investigación 3.1. Obxectivos O obxectivo principal deste traballo céntrase en coñecer a experiencia de mulleres emprendedoras na Educación Social na comunidade autónoma galega para analizar as dificultades e beneficios que lles achegou esta experiencia. Este obxectivo xeral concrétase nos seguintes obxectivos específicos: - Aproximarse aos ámbitos da Educación Social nos que se centra o emprendemento feminino galego. - Analizar os beneficios e as dificultades da posta en marcha dunha iniciativa emprendedora desde a Educación Social. - Coñecer o impacto da experiencia emprendedora no empoderamento e capacidade de liderado das mulleres educadoras sociais 3.2. Deseño da investigación A investigación é de tipo exploratorio, pois “o obxectivo é examinar un tema ou problema de investigación pouco estudado” (Sabater, 2015, p.69). Seguindo a Hernández e outros (2008:101) (citado en Sabater, 2015, p.70), os estudos exploratorios serven para familiarizarnos con fenómenos relativamente descoñecidos, obter información sobre a posibilidade de levar a cabo unha investigación máis completa respecto dun contexto particular, investigar novos problemas, identificar conceptos e variables, establecer prioridades para investigacións futuras, ou suxerir afirmacións e postulados. No presente traballo a metodoloxía utilizada é de tipo cualitativo, pois preténdese interpretar as emocións e interpretacións que as persoas entrevistadas teñen sobre a temática abordada no obxecto do estudo, sendo elas mesmas as protagonistas que darán sentido a análise deste traballo. Dende esta perspectiva, trátase de indagar, investigar e analizar os problemas dende unha óptica socioeducativa poñendo en valor o carácter innovador que o traballo presenta e que pretende dar visibilidade á temática investigada.
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social 26 V. Perspectiva do traballo en rede con outros/as profesionais, función das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) no emprendemento e importancia da perspectiva de xénero. En canto á perspectiva que as mulleres entrevistadas teñen de cara o traballo en rede encontramos afirmacións que corresponden coa esencia da Educación Social como: “no social é crucial estar abertos ó traballo colaborativo, ó contacto coas entidades...”, “hai que ser curiosos, preguntar, ler, investigar...”, “considérome unha persoa proactiva e optimista”, “son realista” e “se o meu proxecto social non fose minimamente viable nin o intentaría” (E1). Polo tanto, o traballo en rede, xa sexan profesionais da educación social ou outros/as profesionais deben complementarse, xa que é unha ferramenta de unión e non de separación e diferenzas, pois como se indica “ se non tivese este contacto sería moito mais difícil poder ofrecer os meus servizos” (E7) e é por iso que esta situación converte aos proxectos con maior calidade como ben comenta E4 “fan que os proxectos teñan unha maior calidade e profesionalidade”. Na opinión cara o uso das TIC no desenvolvemento das súas actividades laborais todas as persoas entrevistadas contestaron con respostas moi similares dando a entender que o uso desta ferramenta axuda na difusión e información do seu traballo, incluso con redes básicas como o Facebook, Twitter, un blog, Instagram ou LinkedIn, pero tamén hai quen responde que o emprego das Novas Tecnoloxías non é o principal aspecto para o desenvolvemento da súa actividade laboral. En canto á relación da conciencia e necesidade da aplicación da perspectiva de xénero no traballo da Educación Social, de se este aspecto transforma os roles das mulleres na sociedade, as educadoras sociais mostran a súa experiencia persoal como mulleres traballadoras e conscientes de que o cambio ten que percorrer ese camiño, como unha vía de empoderamento, de romper cos roles establecidos, de eliminar etiquetas femininas e masculinas que discriminan ás mulleres e poñen barreiras para acadar obxectivos igualitarios. Neste aspecto cabe destacar o comentario “tes que facer mais esforzo para vender o teu produto/servizo” (E7) onde comenta o dobre sacrificio por ser muller, así como tamén E4 explica que “ser muller, fai que teñas que facer un esforzo a maiores para mover, vender e defender o traballo que realizas como profesional”. Como conclusión, debe salientarse a afirmación de E6, na cal resume o anteriormente comentado: “para liderar unha empresa social debemos ser grandes coñecedores do medio, ter visión de negocio, ver onde están as necesidades, e saber facer unha boa xestión empresarial”, dado que “coa presenza da muller...liderando empresas...contribúese a romper con ese rol doméstico e de coidados ao que tradicionalmente se asociaba o papel feminino”
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social 27 VI. Recomendacións para emprender: aspectos positivos e negativos Nas recomendacións que as educadoras sociais trasladan ao estudantado de Educación Social que pretenda emprender encóntranse unha serie de consellos motivadores, como por exemplo, que debemos “crer en nós mesmas” (E4) e facer unha “boa análise da realidade” (E7) para así apostar por un “proxecto algo novo ou de mellor calidade.. para sentirse satisfeito do que fai” (E1) a través dun bo “asesoramento” (E6) e rodearse de persoas que apoien a iniciativa e ver así o teu ”soño” (E2), realizado con “ánimo e ilusión” (E2) para sentirse libre traballando e loitando para acadar o “cambio social” (E3). En canto os aspectos positivos e negativos que as mulleres entrevistadas teñen na súa etapa como emprendedoras sociais caben destacar os elementos que figuran na táboa 3. Os aspectos positivos céntranse fundamentalmente en crer en si mesmas, poñer de relevo e valorar a súa profesión, e poder así realizar o seu traballo con total liberdade medrando persoal e profesionalmente. Ademais grazas á posta en marcha das súas actividades, como educadoras sociais, e observar a súa continuidade no tempo, séntense motivadas para seguir sempre dende unha perspectiva de aprendizaxe continuo. E tamén coinciden que a través do autoemprego poden ter mais flexibilidade para conciliar a súa vida persoal e laboral. Nos elementos negativos o mais destacado é a inestabilidade laboral en canto á parte económica, pois traballar por conta propia conduce a ter moitos gastos e non se ten un soldo ao mes de maneira fixa, o cal ocasiona dúbidas á hora de estimar os ingresos a fin de mes. Tamén coinciden na falta de coñecemento por parte das administracións públicas da figura do educador ou educadora social. E, por último, sinalan o elemento do risco ou os medos que se teñen de non saber como vai resultar a situación laboral e persoal dunha mesma á hora de tomar a iniciativa no emprendemento.
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social 28 Táboa 3 Aspectos positivos e negativos que consideran as mulleres entrevistadas na súa etapa como emprendedoras sociais. Aspectos positivos Aspectos negativos E1 “Realización persoal/profesional Mellora das competencias Mellora de habilidades e amplitude de miras.” “Soidade, roubo de ideas por parte de compañeiros Moitos impostos Descoñecemento por parte da administración o servizo de asistencia persoal” E2 “Crecemento persoal e profesional Gratitude Motivación en mellorar Dar o mellor de min Paixón polo que fago Renovación constante” “Falta de horarios fixos Carga de responsabilidades Inestabilidade económica” E3 “Motivación Crer en min mesma Facer desexo realidade” “Medos Inseguridade Incertidume” E4 “Traballo en equipo Traballo en rede Aprendizaxe colectiva Realización de proxectos que queremos Sen estar baixo o xugo de ninguén” “Precariedade laboral Respectar os tempos Coidar as condicións laborais” E5 “Encontrar unha boa xestora Crer no proxecto Valorar o teu traballo e ver resultados” “Falta de axudas por idade Falta de comunicación cos órganos públicos” E6 “Estabilidade Conciliación laboral, familiar e persoal Autonomía” “Incertidume Risco Etapa inicial con poucos ingresos” E7 “Podo elixir proxectos que me gustan Traballo no que estudei Vocación Aprendizaxe continuo” “Pouco tempo para a familia e unha mesma Moitos impostos e IVA elevado Son difíciles os proxectos de longa duración” E8 “Liberdade de facer Creatividade (educación social innovadora, reinventarse) Flexibilidade para poder conciliar ” “Inestabilidade económica Os papeleos Conciliación familiar e persoal” Nota. Fonte: elaboración propia a partir do análise de resultados na entrevista realizada, 2018.
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social 29 Conclusións e prospectiva O motivo que levou á formulación desta investigación foi o interese en recoller experiencias de educadoras sociais traballadoras por conta propia e contribuír á posta en valor e dar visibilidade a esta opción laboral no eido socioeducativo, sen esquecernos que debe existir un equilibrio entre o sector privado e o sector público para así desenvolver un sistema sostible e inclusivo. Esta proposta foi moi ben acollida polas propias persoas entrevistadas, xa que a valoraron de modo positivo ao poder mostrar a importancia do seu traballo en distintos ámbitos da Educación Social e poder así corroborar que é posible ser educadora social emprendedora tendo en conta as dificultades e os beneficios que iso implica. Determinar as funcións a desempeñar por unha ou un profesional da Educación Social é unha tarefa difícil debido a ampla diversidade de ámbitos que existen na titulación. Pero coa realización deste traballo, distínguense algunhas das funcións das educadoras sociais emprendedoras, como son: Xeración de redes sociais, contextos, procesos e recursos educativos e sociais como un aspecto importante para poder crear situacións favorecedoras de procesos individuais e grupais relacionados coas posibilidades dunha mellora persoal ou social nos diferentes contextos sociais; o Deseño, posta en marcha e avaliación de programas e proxectos educativos, xa que se debe adoptar a capacidade de dominar e coñecer técnicas de planificación e avaliación de proxectos socioeducativos e ver se son viables; e así tamén como a Xestión, dirección, coordinación e organización de institucións e recursos educativos, onde se desenvolve unha capacidade de poñer en marcha proxectos sociais e educativos viables seguindo unha orde de maneira harmónica a través de medios ou ferramentas educativas. A investigación naceu das inquedanzas profesionais e persoais afianzadas polos coñecementos adquiridos na Universidade e a realización do Practicum II no servizo de asesoramento universitario Woman Emprende USC, e que dende o Traballo de Fin de Grao se puido expresar. Con esta investigación de campo, preténdese dunha maneira creativa e innovadora mostrar as dificultades, os riscos, os logros e a experiencia que as educadoras sociais teñen para poder poñer en marcha un proxecto socioeducativo de maneira persoal e autónoma, xa ben sexa de maneira colectiva ou individual. Grazas a unha metodoloxía flexible e participativa, as persoas participantes son as protagonistas deste traballo de investigación. Os resultados obtidos foron satisfactorios para poder mostrar unha pincelada da realidade da situación de emprendemento feminino no eido da Educación Social por parte de oito profesionais. É curioso como só dúas persoas das entrevistadas tivera a idea de, ao rematar os estudos, emprender profesionalmente. Ademais, cabe destacar como todas loitan, cada día, por poñer de relevo e valorar a figura da educadora social como unha profesional
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social 30 fundamental no campo da educación e da intervención socioeducativa, xa que resaltan que para administración e outras entidades profesionais, é unha gran descoñecida. Tamén resulta significativo como, a pesar da inestabilidade laboral e da incerteza que xera ter afrontar asuntos burocráticos descoñecidos, consideran que traballar por conta propia lles permite ter liberdade para crear proxectos socioeducativos viables e con calidade. Mostran unha importancia fundamental no traballo en rede con outros e outras profesionais para o enriquecemento das súas actividades, e cren que as Novas Tecnoloxías xogan un papel importante para poder ofrecer información ou facer publicidade, pero teñen en conta que non é o único medio que empregan. E resaltan, por suposto e por experiencia, a súa condición de muller como un elemento esencial para poder transformar a sociedade e a vida profesional para poder rachar con etiquetas discriminatorias e inxustas. Neste marco, conséguese cumprir cos obxectivos do TFG, pois coñécese a enriquecedora experiencia das mulleres educadoras sociais como emprendedoras nun diverso abano de ámbitos da Educación Social, xa que co seu labor benefician a varios colectivos da sociedade. Destacar tamén a dificultade, que en moitas veces se asemellan entre as entrevistadas, que implica emprender na condición feminina e no eido do social, mais o que se resalta e o que alenta a continuar profesionalmente son os beneficios á comunidade e os resultados positivos do seu traballo como emprendedoras sociais. Ademais, co traballo e o esforzo realizado como traballadoras por conta propia, acádase un impacto e un recoñecemento do empoderamento e a capacidade de liderado, pois reforzan as súas capacidades e as súas estratexias para facerse ver e ter recoñecemento na sociedade coa súa proposta laboral conseguindo contactar con moitas persoas. Ademais, en chave prospectiva, búscase que este TFG acade unha certa repercusión no estudantado que estea interesado nesta maneira de traballar profesionalmente e apostar pola figura do educador e da educadora social e o seu labor profesional en calquera dos ámbitos de intervención, sempre tendo en conta a necesidade dun traballo multidisciplinar e en rede onde a aprendizaxe sexa o elemento primordial para conseguir beneficios sociais. Complementariamente, cómpre destacar a importancia que teñen as políticas públicas no apoio a este colectivo profesional, onde se encontren solucións e apoios para poder realizar os traballos de maneira óptima e satisfactoria e non engadir barreiras ou trabas, dificultando a posta en marcha de proxectos e ideas beneficiosas para a sociedade e para moitas persoas que necesitan servizos de calidade que garantan o benestar social. Por último, sendo consciente da transformación laboral actual, e como proposta de mellora, a Universidade e concretamente a Facultade de Ciencias da Educación na que se inscribe este traballo, debería fomentar e transmitir ao alumnado coñecementos referidos ao
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social 31 emprendemento social e sostible e á perspectiva de xénero, e todo o que estes conceptos significan. Ademais, considérase necesario que na titulación de Educación Social se faciliten referencias bibliográficas que se axeiten a esta temática e incluso ofrecer saídas e traballos prácticos de aula no coñecemento de exemplos de emprendemento feminino actual para poder achegarse a referentes á hora de buscar un espazo persoal e profesional na sociedade. Referencias bibliográficas Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Acción contra a Fame. Recuperado de http://www.cidadedacultura.gal/es/emprendemento/empresas-del-vivero/accioncontra-fame Alonso, L. (2015) Educación Social como promotora de emprendimiento social en la Universidad de Extremadura. En L. Núñez (coord.), Cultura emprendedora y educación (pp. 263-270) Sevilla, España: Editorial Universidade de Sevilla. Área de orientación laboral da Universidade de Santiago de Compostela. Recuperado de http://www.usc.es/es/servizos/saee/aol/ Aznar, P. Martínez, M.P. (2015). Emprendimiento y sostenibilidad: El emprendimiento sostenible. En L. Núñez (coord.), Cultura emprendedora y educación (pp. 143-150) Sevilla, España: Editorial Universidade de Sevilla. Boletín Oficial del Estado (BOE). Constitución Española. Recuperado de https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1978-31229 Boletín Oficial del Estado (BOE). Lei 14/1975, 2 de maio, sobre reforma de determinados artigos do Código Civil e do Código de Comercio sobre a situación xurídica da muller casada e os dereitos e os deberes dos cónxuxes. Recuperado de https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-1975-9245 Boletín Oficial del Estado (BOE). Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. Recuperado de https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2007-6115 Bruquetas, R. (2007). Los gremios, las ordenanzas, los obradores. Recuperado de https://www.ge-iic.com/wp-content/uploads/2007/01/R_Bruquetas.pdf Buedo, S. (2018). Mujeres y mercado laboral en la actualidad, un análisis desde la perspectiva de género: genéricamente empobrecidas, patriarcalmente desiguales. Revista de Educación Social, 21, 80. Recuperado de http://www.eduso.net/res/21/articulo/mujeres-y-mercado-laboral-en-la-actualidad-un- analisis-desde-la-perspectiva-de-genero-genericamente-empobrecidas- patriarcalmente-desiguales
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social 32 Buxarrais, R. (2015). La competencia emprendedora y la perspectiva de género. En L. Núñez (coord), Cultura emprendedora y educación (pp.161-169) Sevilla: Editorial Universidad de Sevilla. Cámara de Comercio de Santiago de Compostela. Recuperado de http://www.camaracompostela.com/index.asp?ind=4D0b0&p=24#.Wury6NSFOUk Caparrós, N. Carbonero, D. (2015) La entrevista como técnica de investigación. En N. Caparrós e E. Raya (coord), Métodos y técnicas de investigación en trabajo social (pp.155-174) Universidad de la Rioja: Editorial Grupo 5. Carbonero, D. Sabater, C. (2015) La encuesta estadística. En Caparrós, N. Raya, E. (coord) Métodos y técnicas de investigación en trabajo social (pp.123-154) Universidad de la Rioja, España: Editorial Grupo 5. Cárdenas, A.R. Peña, J.V. Rodríguez, A. Sánchez, E. (2015). La cultura emprendedora como objetivo educativo: marco general y estado de la cuestión. En L. Núñez (coord.), Cultura emprendedora y educación (pp.19-59) Sevilla, España: Editorial Universidade de Sevilla. Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (2008). Documentos profesionalizadores: Definición de Educación Social. Código deontolóxico do educador e a educadora social. Catálogo de funcións e competencias da educadora e o educador social. Santiago de Compostela. ASEDES, CEESG, CGCEES. Diario Oficial de Galicia (número 234). Resolución do 4 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, convocadas mediante a Resolución do 31 de xullo de 2017, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (SI429A). Recuperado de http://igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/resolucion_axudas_prog rama_emega_galego.pdf Diario Oficial de Galicia (número 247). Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia. Recuperado de https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20131227/AnuncioC3B0-201213- 0001_gl.html Elosúa, M. (1987). Diccionario Empresarial. León: Evergráficas. Fernández, S. e Rodeiro, D. (2011). El emprendimiento femenino en el sistema universitario español y gallego. Universidade de Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social 33 Fernández, S. e Vivel, M. (2010). O emprendemento feminino no sistema universitario galego. Análise empresarial: revista trimestral de información económica, 40, 105-121. Ferreyra, M. e Tortell, M.F. (2016). Educador y Educadora Social: acceso al mundo laboral. Revista de Educación Social, 23. Recuperado de http://www.eduso.net/res/23/articulo/educador-y-educadora-social-acceso-al-mundo- laboral- Fontela, I. López, E., e Matos, G. (2015-2016). Manual de procedimientos 3.0. Innovatia 8.3. Instituto da muller e para a igualdade de oportunidades. García-Negro, M.C. (2013). Iniciativas emprendedoras das mulleres galegas. Emprender: una perspectiva de género 148, 27-38. Recuperado de https://www.udc.es/export/sites/udc/oficinaigualdade/_galeria_down/documentos/EM PRENDER_UNA_PERSPECTIVA_DE_GENERO_reducido.pdf Informe ejecutivo, Galicia 2016. Recuperado de http://www.gem-spain.com/wpcontent/uploads/2018/04/InformeEjecutivoGEMGalicia2016_DEFINITIVO-1.pdf Instituto Galego de Estatística. Estudantes matriculados nas universidades galegas segundo rama de coñecemento e sexo. Recuperado de https://www.ige.eu/igebdt/selector.jsp?COD=2273&paxina=001&c=0203002 Instituto Galego de Promoción Económica. Unidade Galicia Emprende. Recuperado de http://www.igape.es/gl/crear-unha-empresa/unidade-galicia-emprende. Llinares, M. (2010). Prehistoria. En M. Llinares. (Ed.), Historia das mulleres en Galicia. Prehistoria. Historia antiga (pp. 39-58) Santiago de Compostela: Nigratrea. Mato, E. (2009). La perspectiva de género en la orientación académica y profesional. En M.J. Méndez e M.J. Payo (coords), Emprego e igualdade: propostas socioeducativas (pp.9- 23). Universidade de Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. Nicolás, C. e Rubio, A. (2011). El emprendedor social: concepto y afines. Gestión. Revista de economía, 53, 5-9. Pérez, G. (coord.) (2001). Modelos de investigación cualitativa en Educación Social y Animación Sociocultural. Aplicaciones prácticas. Madrid: Narcea. Pernas, H.(2011). O mundo do traballo. En H. Pernas (Ed), Historia das mulleres en Galicia. Época contemporánea (pp. 48-60) Santiago de Compostela: Nigratrea. Rede EUSUMO. Cooperativismo e economía social. Recuperado de http://www.eusumo.gal/ Rey, O. e Rial, S. (2010). As ocupacións femininas. En O. Rey e S. Rial (Eds.), Historia das mulleres en Galicia. Época moderna (pp. 77-134). Santiago de Compostela, España: Nigratrea
Mulleres galegas emprendedoras no eido da Educación Social 34 Sabater, C. (2015). La planificación de la investigación. En N. Caparrós e E. Raya (coords.), Métodos y técnicas de investigación en trabajo social (pp.49-75) Universidad de la Rioja: Editorial Grupo 5. Secretaría Xeral de Igualdade. Mulleres en Galicia. Recuperado de http://igualdade.xunta.gal/gl/actualidade/xunta-presenta-o-programa-emega-mulleres- emprendedoras Unidade de emprego e emprendemento de Universidade de Vigo. Recuperado de https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/organizacionadministrativa/unidade-emprego-emprendemento Viveiro de empresas de Universidade de A Coruña. Recuperado de http://otri.udc.es/creacionde-empresas/viveiro-de-empresas/
Anexos Anexo I: Guión da entrevista Entrevista de investigación para o Traballo Fin de Grao de Educación Social Esta entrevista está dirixida a persoas emprendedoras como educadoras sociais . A información que nos proporcione será empregada para realizar un Traballo de Fin do Grao de Educación Social na Universidade de Santiago de Compostela. Os resultados obtidos terán unha finalidade exclusivamente académica que servirá para coñecer algunhas das experiencias no emprendemento feminino do ámbito da Educación Social. Alumna: Rebeca Otero Vicente. Curso 2016/2017 Grazas pola súa colaboración Datos de identificación da entrevista : Entrevistadora: Persoa entrevistada: Data: Lugar: Duración: 1. Onde estudaches a carreira de Educación Social? En que ano comezaches e remataches? Cando estabas estudando, en que momentos pensaches que podías traballar por conta propia? 2. Que elementos destacarías da túa experiencia laboral antes de exercer profesionalmente de modo autónomo? 3. Se tiveras que enmarcar a túa actividade nun ámbito da Educación social, cal escollerías ( Animación sociocultural –Lecer e tempo libre, Educación Ambiental–, Educación especializada –Inclusión social, Infancia, Xuventude–, Educación Familiar, Educación de Adultos –Formación laboral, Terceira idade)? 4. Cal dirías que foi o principal elemento motivador polo que decidiches emprender unha actividade económica autónoma? 5. Que destacarías do comezo do proxecto, do sucedido entre ter unha idea e facela realidade? 6. Como dirías que foi esta experiencia, como un camiño transitalo de maneira individual ou pola contra como un proxecto creado por varias persoas?
chega. Este ano terei que facerme visible nalgunha destas redes para “publicitarme”, iso seguro. 10. Consideras que o feito de ter a iniciativa de emprender transforma ás persoas en autónomas, empoderadas e capaces de liderar unha empresa social? Para o caso da nosa sociedade, onde os roles de xénero están fortemente marcados, ter a iniciativa de emprender, transforma esta situación? O feito de emprender non me convirte nunha persoa capacitada porque sí, ou polo menos así o vexo. O primeiro paso é complicado, hai que tomar unha decisión e non todo o mundo vale. Pero a partir de aí, moita xente fracasa pola súa falta de constancia e dedicación ó seu negocio. Agardo que iso non sexa o meu caso, levo máis de 2 anos coa idea na cabeza e estou convencida que agora é o momento e por iso me lancei. En canto á idea de se o emprendemento transforma o ideal de feminismo, contarei unha anécdota ocorrida nestas semanas. En tódolos actos derivados dos premios INCUVI, as “autoridades” non facían máis ca alabarse porque os premios tiñan maioría de proxectos gañadores de mulleres... o traballo é noso mais o mérito parece ser deles, deses “homes de traxe”. Como muller e como persoa impórtame demostrar a miña valía e teño un ano para facelo, sen máis, neste caso as porcentaxes non me interesan. 11. Podes mencionar tres aspectos negativos na túa etapa de emprendedora social ? E cales serían os tres aspectos máis positivos? Os tres máis negativos: soidade, roubo de ideas e zancadillas de compañeiros/as no proceso, cantidade de impostos e o descoñecemento da administración en relación ó servizo de asistencia persoal. Os tres positivos: realización profesional e persoal, mellora das competencias e habilidades e amplitude de miras. 12. Para rematar, que recomendacións trasladarías ao estudantado de Educación Social para que se animen ao emprendemento social? Eu entendo que unha persoa que decide emprender, debe facelo para aportar algo novo ou de mellor calidade ó que xa existe. Para facer o mesmo, traballade por conta allea. Traballar por conta propia supón moitas horas invertidas, déixanse moitas neuronas polo camiño. Por iso insisto, que se un decide emprender, xa que lle vai dedicar tantas horas, polo menos debe ser para sentirse satisfeito do que fai.
Entrevista de investigación para o Traballo Fin de Grao de Educación Social Esta entrevista está dirixida a persoas emprendedoras como educadoras sociais . A información que nos proporcione será empregada para realizar un Traballo de Fin do Grao de Educación Social na Universidade de Santiago de Compostela. Os resultados obtidos terán unha finalidade exclusivamente académica que servirá para coñecer algunhas das experiencias no emprendemento feminino do ámbito da Educación Social. Alumna: Rebeca Otero Vicente. Curso 2016/2017 Grazas pola súa colaboración Datos de identificación da entr evista : Entrevistadora: Rebeca Persoa entrevistada: E2 Data de envío da entrevista por parte da entrevistadora a E2: 28/04/2017 Data de entrega da entrevista contestada por parte da entrevistada E2: 12/05/2017 NOELIA DARRIBA GARCÍA Educadora Social e Psicopedagoga. Socia fundadora de AtalaiA Social e Centro Medra Colexiada nº: 3879 1. Onde estudaches a carreira de Educación Social? En que ano comezaches e remataches? Estudei na UDC, A Coruña, durante os anos 2001-2004 Cando estabas estudando, en que momentos pensaches que podías traballar por conta propia? En ningún momento, daquela non me imaxinaba que acabaría montando unha empresa propia. 2. Que elementos destacarías da túa experiencia laboral antes de exercer profesionalmente de modo autónomo? Non teño ningún contrato de traballo anterior a formar a empresa, a miña experiencia laboral foi a través dun servizo de voluntariado, que como sabemos, non é 100% remunerado. Se tivera que destacar algo deses tempo previos diría a ilusión, a enerxía e un pouco de inconsciencia. 3. Se tiveras que enmarcar a túa actividade nun ámbito da Educación social, cal escollerías(Animación sociocultural –Lecer e tempo libre, Educación Ambiental–, Educación especializada –Inclusión social, Infancia, Xuventude–, Educación Familiar, Educación de Adultos –Formación laboral, Terceira idade)? Pois a verdade é que,
dentro da empresa, abordamos un pouco de todo. Hoxe en día xa podemos dicir que apostamos máis por un tipo de intervención (máis centrada nos centros educativos, no crecemento persoal, a formación e no traballo con familias) pero sempre me custou moito “encasillar” a miña praxe profesional nun so ámbito. 4. Cal dirías que foi o principal elemento motivador polo que decidiches emprender unha actividade económica autónoma? O elemento motivador foi atopar dúas compañeiras de carreira, hoxe en día de vida, que tiñan a mesma ilusión, ganas e inconsciencia ca min e, a parte, soñabamos con traballar xuntas no ámbito para o que nos estábamos formando. 5. Que destacarías do comezo do proxecto, do sucedido entre ter unha idea e facela realidade? Incomprensión. Realmente custábanos moito poñer en linguaxe empresarial a nosa idea de negocio, ese mundo (do que agora formamos parte) estaba moi lonxe do noso entendemento. 6. Como dirías que foi esta experiencia, como un camiño transitalo de maneira individual ou pola contra como un proxecto creado por varias persoas? Creado por varias persoas, por suposto. Nós somo tres pero a parte tivemos o apoio da familia e das amizades. 7. Para poñer en marcha o teu proxecto, solicitaches axuda e asesoramento a algún servizo especializado en emprego? En caso afirmativo, os/as profesionais que te atenderon tiñan relación con Ciencias da Educación? E coa Educación Social? Si, por suposto. Nós pedimos asesoramento dentro da universidade de Santiago de Compostela (daquela vivíamos alí) a Woman Emprende e dende alí deriváronnos ao Proxecto Equal que daba asesoramento para a creación de iniciativas de autoemprego. Dentro do Proxecto Equal si coñecimos a unha educadora social, a súa función era de orientadora laboral e aínda que non era un contacto directo, recordo perfectamente os ánimos que nos transmitía ante a nosa idea de negocio. 8. No ámbito social é importante traballar en rede con persoas, asociacións, entidades... Cres que esta afirmación é correcta? A túa iniciativa empresarial é un claro exemplo? Que pasaría se non o fose? Si, é moi importante o traballo en rede. Creo que as tres coincidimos na mesma forma de relacionarnos, intentando crear redes que nos unan con outras persoas e non rivalidades. Supoño que se non o fose así xa non sería igual. O feito de ser tres para tomar decisións, priorizar cousas, renovarse … despois de 10 anos de andaina empresarial creo que xa é un claro exemplo de rede 9. En canto á Tecnoloxía da Información e a Comunicación (Redes Sociais: Facebook, Twitter…), cres que é unha boa ferramenta para poder facer difusión do teu traballo?
Si, hoxe en día todo se move polas redes aínda que nós non somo un bo exemplo de marqueting. Para nós o que máis funcionou foi o boca a boca e o contacto directo coas persoas que nos contratan, manter unha boa relación, de confianza, a parte de realizar ben o traballo, para que volvan a contar con nós. 10. Consideras que o feito de ter a iniciativa de emprender transforma ás persoas en autónomas, empoderadas e capaces de liderar unha empresa social? Para o caso da nosa sociedade, onde os roles de xénero están fortemente marcados, ter a iniciativa de emprender, transforma esta situación? Uiiii, non sabería dicir ata que punto hai ou non unha relación. Entendo que estamos falando de mulleres autónomas. Supoño que este feito, emprender unha iniciativa laboral, suma para que as mulleres se sintan empoderadas pero, desde logo, ten que estar respaldado por máis aspectos. O “teito de cristal” é unha realidade e seguramente tamén se dá no mundo empresarial/autónomo se facemos un análise por sexos. Como educadora social creo o cambio, rachar cos estereotipos de xénero, chega coa suma de toda a sociedade, tomando consciencia e, por suposto, a través da coeducación. 11. Podes mencionar tres aspectos negativos na túa etapa de emprendedora social ? E cales seríanos tres aspectos máis positivos? Negativos: falta de horarios fixos, carga de responsabilidades (executar programas, administrar a empresa, planificar, etc), posibilidade de inestabilidade económica,.. Positivos: crecementos profesional e profesional, gratitude, motivación por mellorar e dar o mellor de min, paixón polo que fago, renovación constante… uiii eran so tres ;) 12. Para rematar, que recomendacións trasladarías ao estudantado de Educación Social para que se animen ao emprendemento social? Moito ánimo e ilusión! os inicios pode que non sexan tan gratificantes pero ver realizado un soño e apostar por el é moi motivador.
Entrevista de investigación para o Traballo Fin de Grao de Educación Social Esta entrevista está dirixida a persoas emprendedoras como educadoras sociais . A información que nos proporcione será empregada para realizar un Traballo de Fin do Grao de Educación Social na Universidade de Santiago de Compostela. Os resultados obtidos terán unha finalidade exclusivamente académica que servirá para coñecer algunhas das experiencias no emprendemento feminino do ámbito da Educación Social. Alumna: Rebeca Otero Vicente. Curso 2016/2017 Grazas pola súa colaboración Datos de identificación da entrevista : Entrevistadora: Rebeca Persoa entrevistada: E3 Data de envío da entrevista por parte da entrevistadora a E3: 28/04/2017 Data de entrega da entrevista contestada por parte da entrevistada E3: 08/05/2017 1. Onde estudaches a carreira de Educación Social? En que ano comezaches e remataches? Na Universidade de Vigo, Campus de Ourense. Ano 2007-2010. 2. Cando estabas estudando, en que momentos pensaches que podías traballar por conta propia? En ningún momento se me pasou pola miña cabeciña. 3. Que elementos destacarías da túa experiencia laboral antes de exercer profesionalmente de modo autónomo? -Pois a insatisfacción de non poder levar a cabo o meu traballo da maneira que eu creía, polo que me conlevaba a non creer en min mesma e non realizarme como profesional.- A propia rixidez dos sistemas. 4. Se tiveras que enmarcar a túa actividade nun ámbito da Educación social, cal escollerías ( Animación sociocultural –Lecer e tempo libre, Educación Ambiental–, Educación especializada –Inclusión social, Infancia, Xuventude–, Educación Familiar, Educación de Adultos –Formación laboral, Terceira idade)? -Educación especializada dirixida adultos especialmente. Pois no noso proxecto tratamos procesos de cambio persoal, tanto a nivel individual como grupal de forma
integral na persoa. Así como a xenerar espazos propiciatorios para que estes cambios se produzan e se consoliden no tempo. 5. Cal dirías que foi o principal elemento motivador polo que decidiches emprender unha actividade económica autónoma? A necesidade de traballar coas persoas dende un punto de vista diferente, respetando os cambios de cada persoa, sen necesidade de presión exercidas polos propios sistemas das empresas. E o encontrar compañeiros/as que compartan esta forma de traballo, máis flexible, para xenerar un espazo común. 6. Que destacarías do comezo do proxecto, do sucedido entre ter unha idea e facela realidade? Qué os procesos son máis lentos do esperado. O decidir emprender sempre hai trabas, trámites burocráticos. A posta en común dos propios compañeiros/as de traballo, o chegar a acordos. Definir a forma de traballar, o noso potencial, a maneira de facelo...cómo facelo....E conseguir plasmar a idea con palabras, con acción. 7. Como dirías que foi esta experiencia, como un camiño transitalo de maneira individual ou pola contra como un proxecto creado por varias persoas? Cómo un proxecto creado por varias persoas, o meu compañeiro Educador Pablo Veiga o voador incansable que foi o maior impulsor de TactoConTacto e a miña compañeira Nair psicóloga que se uniu o proxecto, pois pareceulle moi interesante. E bueno os tres imos pasiño a pasiño facendo o caminiño, con moita ilusión e pasión pola nosa profesión. 8. Para poñer en marcha o teu proxecto, solicitaches axuda e asesoramento a algún servizo especializado en emprego? En caso afirmativo, os/as profesionais que te atenderon tiñan relación con Ciencias da Educación? E coa Educación Social? Si, en C.I.M.O, pero a verdade non che podo responder se era educador ou non. Unha asesoría fiscal por temas burocráticos. Instituto Galego de desarrollo Técnolóxico da Xunta de Galicia-Na procura de subvencións e financiación. 9. No ámbito social é importante traballar en rede con persoas, asociacións, entidades... Cres que esta afirmación é correcta? A túa iniciativa empresarial é un claro exemplo? Que pasaría se non o fose?
Por suposto e imprescindible, pois no traballo con persoas e necesario colaborar para poder encontrar saidas, e recursos e iso sería imposible sen traballar con outros/as profesionais. Si, a nosa idea e traballar en rede tanto con outros recursos coma con outros/as profesionais. Que o final acabaríamos aillados, empobrecidos tanto a nivel profesional como humano. Tanto a nivel persoal para nós como para as persoas que requiren o noso servicio. Entendemos o noso traballo como transversal. 10. En canto á Tecnoloxía da Información e a Comunicación (Redes Sociais: Facebook, Twitter…), cres que é unha boa ferramenta para poder facer difusión do teu traballo? Por suposto e unha forma de visualización tremendamente eficaz. 11. Consideras que o feito de ter a iniciativa de emprender transforma ás persoas en autónomas, empoderadas e capaces de liderar unha empresa social? Para o caso da nosa sociedade, onde os roles de xénero están fortemente marcados, ter a iniciativa de emprender, transforma esta situación? Pos si...emprender sempre e unha maneira de empoderarse, de creer en unha mesma, e de intentar crecer como persoa e como profesional. 12. Podes mencionar tres aspectos negativos na túa etapa de emprendedora social ? E cales serían os tres aspectos máis positivos? -Negativos: Medos, inseguridades, a incertidumbre. -Positivos: Motivación, creer en min mesma, e facer un desexo realidade. 13. Para rematar, que recomendacións trasladarías ao estudantado de Educación Social para que se animen ao emprendemento social? A importancia de quitar o que esta dentro de un mesmo, de por en práctica con ilusión o que imos aprendendo na carreira. Supoño que as persoas que deciden optar por educación social son persoas loitadoras incansables, con unha gran afán de cambio social, ilusionistas, utópicos, idealistas. Quizáis grazas a emprender como educadores/as farémonos máis visibles e faremos visibles a necesidade da nosa profesión, plantando sementes e axudando as persoas a encontrar os seus camiños. Outras maneiras de facer. E unha forma de descubrir camiños, de facer e ver cousas que na carreira non aparecen, así como a libertade que implica ser a dona do teu propio destino profesional. Moitas grazas por porte en contacto con nosco.
Cando queiras podes vir a coñecernos Tacto Con Tacto-Espazo psicosocial. Un saudiño. Entrevista de investigación para o Traballo Fin de Grao de Educación Social Esta entrevista está dirixida a persoas emprendedoras como educadoras sociais . A información que nos proporcione será empregada para realizar un Traballo de Fin do Grao de Educación Social na Universidade de Santiago de Compostela. Os resultados obtidos terán unha finalidade exclusivamente académica que servirá para coñecer algunhas das experiencias no emprendemento feminino do ámbito da Educación Social. Alumna: Rebeca Otero Vicente. Curso 2016/2017 Grazas pola súa colaboración Datos de identificación da entrevista : Entrevistadora: Rebeca Persoa entrevistada: E4 Data de envío da entrevista por parte da entrevistadora a E4: 28/04/2017 Data de entrega da entrevista contestada por parte da entrevistada E4: 13/06/2017 1. Onde estudaches a carreira de Educación Social? En que ano comezaches e remataches? Cando estabas estudando, en que momentos pensaches que podías traballar por conta propia? Estudei na Universidade de Vigo no campus de Ourense, do 2004 ao 2006(dous anos xa que me convalidaron moitas materias por ter estudado un ciclo anteriormente). Durante a carreira en ningún momento vin a opción de traballar por conta propia. 2. Que elementos destacarías da túa experiencia laboral antes de exercer profesionalmente de modo autónomo? Todas as experiencias laborais que tiven ata chegar a ser autónoma foron moi valiosas, de todas e cada unha aprendín moito a nivel profesional, unhas experiencias foron mellores que outras, destaco o traballo con mulleres vítimas de violencias machistas, e o traballo en habilidades socias e autoconcepto. Destacaría no traballo por conta allea, que en moitas organización sen ánimo de lucro, que realmente funciona coma empresas, non lles interesa moito o traballo
socioeducativo coas persoas, senón sacar tallada e polo tanto a intervención socioeducativa non se pode levar a cabo cun mínimo de profesionalidade. E tamén destacaría, que na nosa profesión calquera vale para desenvolver as competencias propias da Educación Social, vamos que hai moito intrusismo laboral 3. Se tiveras que enmarcar a túa actividade nun ámbito da Educación social, cal escollerías ( Animación sociocultural –Lecer e tempo libre, Educación Ambiental–, Educación especializada –Inclusión social, Infancia, Xuventude–, Educación Familiar, Educación de Adultos –Formación laboral, Terceira idade)? Pois a verdade é que é díficil enmarcarse nun só ámbito, xa que traballamos a través da animación sociocultural e dinamización sociocomunitaria na Educación Ambiental, na mocidade, Infancia, Inclusión Social,…. Vamos é un traballo que bebe de varios ámbitos para poder ser o mais completo posible. 4. Cal dirías que foi o principal elemento motivador polo que decidiches emprender unha actividade económica autónoma? Por un lado ter a liberdade de traballar como queres, cos teus principios e valores, por outro eu formo parte dunha cooperativa, polo que hai un compoñente moi importe no traballo en equipo e na cooperación e colaboración, e tamén traballamos en rede con outros profesionais o que enriquece os nosos proxecto e intervencións. Para min moi importante a cooperación, traballo en equipo, traballo asambleario e poder facer proxectos sociais necesarios e motivantes. 5. Que destacarías do comezo do proxecto, do sucedido entre ter unha idea e facela realidade? Pois que a realidade é mais complexa do que na túa cabeza parece, pero algo moi positivo e o proceso, a aprendizaxe no camiño, adaptarse aos cambios e ver como a idea se vai mellorando co tempo. 6. Como dirías que foi esta experiencia, como un camiño transitalo de maneira individual ou pola contra como un proxecto creado por varias persoas? Foi un proxecto creado por varias persoas, e que seguiran evolucionando coas persoas que estamos nel, pero tamén coas persoas que se vaian incorporando. 7. Para poñer en marcha o teu proxecto, solicitaches axuda e asesoramento a algún servizo especializado en emprego? En caso afirmativo, os/as profesionais que te atenderon tiñan relación con Ciencias da Educación? E coa Educación Social? Dalgún servizo especializado emprego, do INEM, pero por cuestións económicas e non me atendeu ningunha persoas que tivese que ver coas Ciencias Educación
8. No ámbito social é importante traballar en rede con persoas, asociacións, entidades... Cres que esta afirmación é correcta? A túa iniciativa empresarial é un claro exemplo? Que pasaría se non o fose? Como xa comentei mais arriba, para nos é fundamental o traballo é en rede, de feito temos distintos proxectos con distintas redes de profesionais que fan que os proxectos teñan unha maior calidade e profesionalidade. Para nos ten que ser así, de non ser así o noso proxecto non tería moito sentido. 9. En canto á Tecnoloxía da Información e a Comunicación (Redes Sociais: Facebook, Twitter…), cres que é unha boa ferramenta para poder facer difusión do teu traballo? Si é moi importante, pero non a mais importante, cremos que o mais importante son as experiencias profesionais e o desenvolvemento dos nosos proxectos . 10. Consideras que o feito de ter a iniciativa de emprender transforma ás persoas en autónomas, empoderadas e capaces de liderar unha empresa social? Para o caso da nosa sociedade, onde os roles de xénero están fortemente marcados, ter a iniciativa de emprender, transforma esta situación? Non queda mais remedio que ser mais autónomas e empoderadas, a demais como ven dis na sociedade heteropatriarcal na que vivimos, ser muller, fai que teñas que facer un esforzo a maiores para mover, vender e defender o traballo que realizas como profesional, temos que escoitar moitas veces, “viene las niñas de….” Esto esta claro que é unha discriminación de xénero, se fosemos homes, trataríannos con mais respeto e dende a profesionalidade. Este é un exemplo de moitos. 11. Podes mencionar tres aspectos negativos na túa etapa de emprendedora social ? E cales serían os tres aspectos máis positivos? Positivos: Traballo en equipo, traballo en rede, aprendizaxe colectiva, realización de proxectos como queremos, sen estar baixo o xugo de ninguén. Negativos: A precaridade laboral, aínda que ao ser varias, intentamos respetar moito os tempos e coidar moito as condicións laborais. Non sabería que dicir mais o certo que para min agora mesmo ten mais cousas positivas que negativas 12. Para rematar, que recomendacións trasladarías ao estudantado de Educación Social para que se animen ao emprendemento social? Que crean en sí mesmas, e que se animen a realizar proxectos propios é que o intente implementar é mais doado do que parece, ademais mover un proxecto que un realizou, que sinte e que lle gusta é relativamente fácil.
10. Podes mencionar tres aspectos negativos na túa etapa de emprendedora social ? E cales serían os tres aspectos máis positivos? Aspectos positivos: - Estabilidade - Conciliación da vida laboral, familiar e persoal. - Autonomía Aspectos negativos: - Incertidume - Risco - Etapa inicial con poucos ingresos. 11. Para rematar, que recomendacións trasladarías ao estudantado de Educación Social para que se animen ao emprendemento social? Formación – Experiencia – Asesoramento. Entrevista de investigación para o Traballo Fin de Grao de Educación Social Esta entrevist a está dirixida a persoas emprendedoras como educadoras sociais . A información que nos proporcione será empregada para realizar un Traballo de Fin do Grao de Educación Social na Universidade de Santiago de Compostela. Os resultados obtidos terán unha finalidade exclusivamente académica que servirá para coñecer algunhas das experiencias no emprendemento feminino do ámbito da Educación Social. Alumna: Rebeca Otero Vicente. Curso 2016/2017 Grazas pola súa colaboración Datos de identificación da entr evista : Entrevistadora: Rebeca Persoa entrevistada: E7 Data de envío da entrevista por parte da entrevistadora a E7: 13/06/2017 Data de entrega da entrevista contestada por parte da entrevistada E7: 14/05/2017 1. Onde estudaches a carreira de Educación Social? En que ano comezaches e remataches? Cando estabas estudando, en que momentos pensaches que podías traballar por conta propia? Estudei en Ourense, comecei no ano 2002 e rematei no 2005.
En moi poucas ocasións, sempre tiña en mente traballar para empresa privada ou pública, de feito tan pronto rematei prepare as oposicións da Xunta de Galicia para centros de menores. 2. Que elementos destacarías da túa experiencia laboral antes de exercer profesionalmente de modo autónomo? Que fun tocando ámbitos dentro da educación social que me serviron posteriormente para darme de alta nos epígrafes de autónoma. E a maiores, por regra xeral, a maioría dos postos de traballo aos que podemos optar son depender de subvencións, o que fai que a situación laboral roce a precariedade, sobre todo a inestabilidade. 3. Se tiveras que enmarcar a túa actividade nun ámbito da Educación social, cal escollerías ( Animación sociocultural –Lecer e tempo libre, Educación Ambiental–, Educación especializada –Inclusión social, Infancia, Xuventude–, Educación Familiar, Educación de Adultos –Formación laboral, Terceira idade)? Animación sociocultural, Educación de Adultos, e engadiría a formación non profesional. 4. Cal dirías que foi o principal elemento motivador polo que decidiches emprender unha actividade económica autónoma? Por razóns económicas cando tocaba facer a declaración da renta, para poder presentarme a concursos e porque ademáis nalgunhas ocasións os contratantes pedíanmo. 5. Que destacarías do comezo do proxecto, do sucedido entre ter unha idea e facela realidade? Foi todo moi rápido, pois nese momento estaba impartindo moita formación, tanto para desempregados como traballadores, e posteriormente fun asentando máis pilares; de feito a día de hoxe sígoo facendo para traballar a marca persoal. 6. Como dirías que foi esta experiencia, como un camiño transitado de maneira individual ou pola contra como un proxecto creado por varias persoas? Foi sempre de maneira individual, facendo colaboracións ou sendo subcontratada, pero sempre unipersoal. 7. Para poñer en marcha o teu proxecto, solicitaches axuda e asesoramento a algún servizo especializado en emprego? SI En caso afirmativo, os/as profesionais que te atenderon tiñan relación con Ciencias da Educación? E coa Educación Social? Algunhas delas sí, e do ámbito socioeducativo; pero tamén me asesorei económica cunha xestoría, persoas do ámbito económico e empresarial.
8. No ámbito social é importante traballar en rede con persoas, asociacións, entidades... Cres que esta afirmación é correcta? A túa iniciativa empresarial é un claro exemplo? Que pasaría se non o fose? Sí, é importante ter unha boa rede profesional para ter contactos que poidan facilitar unha oportunidade laboral. No meu caso é así, teño relación con persoas, entidades privadas, entidades públicas, asociacións, fundacións, etc., de donde poden xurdir sinerxias para haber unha relación laboral. Se non tivese este contacto sería moito máis difícil atopar entidades, institucións… donde poder ofrecer os meus servizos. 9. En canto á Tecnoloxía da Información e a Comunicación (Redes Sociais: Facebook, Twitter…), cres que é unha boa ferramenta para poder facer difusión do teu traballo? Sí, para min o mellor recurso é Linkedin. 10. Consideras que o feito de ter a iniciativa de emprender transforma ás persoas en autónomas, empoderadas e capaces de liderar unha empresa social? Para o caso da nosa sociedade, onde os roles de xénero están fortemente marcados, ter a iniciativa de emprender, transforma esta situación? Non, non toda persoa que emprende e decide ser autónoma ou montar o seu negocio soe ter “sorte” e o “don” de sacar un negocio adiante; no ámbito social é complexo emprender, pois traballamos para as persoas pero ao fin tamén somos empresa, e temos que gañar cartos para pagar impostos e en ocasións soldos. Hai que saber compaxinar ben estas dúas “facetas”. No caso de emprender, e ademáis ser muller, sí é certo que hai axudas, pero tamén en moitas ocasións tes que facer máis esforzo para vender o teu producto/servizo, e outras moitas veces intentan negociar á baixa. No meu caso, sí puiden percibir e vivir eu mesma discriminación laboral machista, e aínda encima por mulleres. 11. Podes mencionar tres aspectos negativos na túa etapa de emprendedora social ? E cales serían os tres aspectos máis positivos? Aspectos negativos: - pouco tempo para a familia, e incluso para unha mesma porque non hai un horario establecido e require moita dedicación - pagar moitos impostos, iva alto - é difícil que haiba proxectos de longa duración
Aspectos positivos: - poido elexir os proxectos que máis me gustan - estou traballando do que estudei e realmente é vocación - aprendizaxe continuo 12. Para rematar, que recomendacións trasladarías ao estudantado de Educación Social para que se animen ao emprendemento social? A pesar de que os tempos son complexos, a sociedade (a nivel mundial) faise eco do traballador autónomo. Fai pouco falouse nun congreso en Londres que a tendencia europea é o traballo autónomo (freelance), ofertando os mellore servizos baixo unha boa marca persoal e o networking, e traballando por proxectos. E ás persoas que vaian a emprender, recomendo que faigan un bo análise da realidade, que faigan unha boa planificación e teñan valor e moitas gañas… o bo traballo da os seus froitos. Entrevista de investigación para o Traballo Fin de Grao de Educación Social Esta entrevista está dirixida a persoas emprendedoras como educadoras sociais . A información que nos proporcione será empregada para realizar un Traballo de Fin do Grao de Educación Social na Universidade de Santiago de Compostela. Os resultados obtidos terán unha finalidade exclusivamente académica que servirá para coñecer algunhas das experiencias no emprendemento feminino do ámbito da Educación Social. Alumna: Rebeca Otero Vicente. Curso 2016/2017 Grazas pola súa colaboración Datos de identificación da entrevista : Entrevistadora: Rebeca Persoa entrevistada: E8 Data: 27/04/2017 Lugar: Santiago de Compostela Duración: 19 minutos e 39 segundos. (Entrevistadora) Onde estudaches a carreira de Educación Social? (entrevistada) En santiago de compostela son da segunda promoción da diplomatura
En que ano comezaches e remataches? No 95 e eran 3 anos , fixen un ano mais porque deixara o practicum e fun de eramus no terceiro ano. Fixestes algún máster ou outra formación? Fixen o postgrao de estudos de xénero na universidade de vigo, no 2007-2009 Non había aquí (en santiago) o postgrao de xénero, porque agora hai un máster en xénero e igualdade? Había máster pero non había postgrao e polos contidos me gustaba mais o outro. Cando estabas estudando, en que momentos pensaches que podías traballar por conta propia? Cando estaba estudando non o pensei en ningún momento, apareceu despois a posibilidade Que elementos destacarías da túa experiencia laboral antes de exercer profesionalmente de modo autónomo? Son autónoma e esto é unha SL. Eu previamente a entrar neste proxecto, eu entrei no ano 2000 e previamente non traballei en nada mais, xa empecei a traballar aquí. A lila leva aberta dende o 2011, pero previamente era outro proxecto, que empezou sendo unha asociación de mulleres, logo foi unha SL e traballabamos temas de educación en tema de igualdade sempre, pero entrei no 2000 nese proxecto. Se tiveras que enmarcar a túa actividade nun ámbito da Educación social, cal escollerías ( Animación sociocultural –Lecer e tempo libre, Educación Ambiental–, Educación especializada –Inclusión social, Infancia, Xuventude–, Educación Familiar, Educación de Adultos –Formación laboral, Terceira idade)? Xénero e igualdade. Cando lin a pregunta non sabía se querías enmarcalo en animación sociocultural. De feito cando fixen a carreira e como non había unha liña clara en temas de xénero en cada materia intentaba orientalo a temas de xénero, entón cada traballo que me mandaban facíao vinculado con xénero. Cal dirías que foi o principal elemento motivador polo que decidiches emprender unha actividade económica autónoma? No meu caso xa estaba creado o proxecto e chamáronme para formar parte del. A miña motivación foi que me gustaba o proxecto en sí. Non foi unha decisión de quero montarme por conta propia, senón que este proxecto que xa esta andando, gústame e quérome integrar nel. Que destacarías do comezo do proxecto, do sucedido entre ter unha idea e facela realidade? Ó principio éramos un colectivo de persoas de distintos ámbitos, eu era a única de educación social, había de pedagoxía, de filoloxía, bioloxía, psicoloxía... a xente foi marchando derivado da inestabilidade económica que ten este tipo de proxectos. Quedamos unha xente que si que fomos apostando por esto. Como traballabamos, fundamentalmente, para a administración pública (en concellos, centros de ensino, centros de información das mulleres, departamentos dos servizos sociais) durante eses anos, ata o 2011. Como se fixeron moitos recortes en temas de igualdade e educación e deixamos de ter traballo. E pola cuestión externa (situación de
recortes) e pola interna (orientar o meu traballo) e ó final fiquei eu soa co proxecto e como eu coñecía outras iniciativas de ideas de mulleres que hai no mundo e me parecía súper interesante o tema e me apetecía moito facelo aquí pois din eu o paso de dicir vouno intentar agora mesmo. Foi un pouco de cuestión interna, tanto positiva como negativa das situacións que me levan ata aquí e vou tomar unha decisión e vou intentar esto con todo o que traemos de traxectoria de este outro proxecto pero transformado noutra cousa. Como dirías que foi esta experiencia, como un camiño transitalo de maneira individual ou pola contra como un proxecto creado por varias persoas? Foi unha mestura, empezou sendo unha proxecto de varias persoas pero que se encamiñou de maneira individual ao que é hoxe en día. Para poñer en marcha o teu proxecto, solicitaches axuda e asesoramento a algún servizo especializado en emprego? Non, o que fixen foi falar con outros proxectos semellantes, eso fíxeno ó principio de entrar no proxecto inicial no ano 2000 e tamén cando iniciei a librería. Non falei con... a ver eu teño tamén unha asesoría desde hai muitos anos, entón calquera dúbida a cuestións mais técnicas, laborais, fiscais xa o soluciono a través diso. Pero o que si fixen para asesorarme foi entrevistas con xente que tiveses cousas parecidas. En caso afirmativo, os/as profesionais que te atenderon tiñan relación con Ciencias da Educación? E coa Educación Social? - No ámbito social é importante traballar en rede con persoas, asociacións, entidades... Cres que esta afirmación é correcta? Si. De feito si que moitas veces véñenche un pouco co discurso de que competencia tes, como son os teus competidores, as túas competidoras, non sei que, e eu corto un pouco eso, a ver non, a miña perspectiva de sempre, tamén por formación laboral e por ideoloxía política, por todo e o tema de cooperar, colaborar, o sea, de axudarnos mutuamente e tal, e eu lévoo ao plano laboral pero vamos totalmente, pois con outras librerías, con editoras, desde o sector do libro que de feito nos estamos asociando e tal ao sector social, por exemplo, a Lila é un proxecto no que hai moitísima xente que forma parte como da comunidade, pois por exemplo, eu teño moitísimo vínculo coas Fiadeiras, grupo de traballo de xénero dentro do colexio ou eu que sei con asociacións de mulleres, cun montón de entidades que están sempre por aí pululando e que botamos man mutuamente sempre unhas de outras, para min é básico. A túa iniciativa empresarial é un claro exemplo? Si Que pasaría se non o fose? Eu creo que un proxecto como este, como a libraría Lila non sobreviviría nada, eu creo que cero, claro porque é un proxecto que non é unha libraría ao uso, e entra xente, compra o libro e se vai, que creo que non funcionaría agora mesmo. Entón claro, tes que enriquecer por moitos sitios. Un dos obxectivos é un local de intercambio, de encontro, e de feito eso, as propostas
que hai de eventos, que hai eventos case todas as semanas, eu fago algunha proposta, pero normalmente véñenme de fora. Entón é eso, é un pouco esa dinámica de contar unhas con outras, a xente que ten tal pois veña vamos á lila a facer esta charla, esta presentación. En canto á Tecnoloxía da Información e a Comunicación (Redes Sociais: Facebook, Twitter…), cres que é unha boa ferramenta para poder facer difusión do teu traballo? Eu penso que si, eu uso moitísimo sobre todo Facebook que é o que mais manexo eu, moitas veces me plantexei outras cousas, unha páxina, non sei que pero vexo que non a dou manexado e téñoa aí e facela en algún momento pero no que eu manexo si que o manteño vivo, Facebook algo de Twitter e si que vexo que funciona, a min funcióname porque hai moita xente que xa che di que che vai seguindo polo Facebook ou xa vos coñezo das redes sociais, pois moitas veces colgo álbum de novidades e aparece alguén pola porta: Oye! acabo de ver que tes este, quero compralo!. A min funcióname o tema das redes sociais. Consideras que o feito de ter a iniciativa de emprender transforma ás persoas en autónomas, empoderadas e capaces de liderar unha empresa social? Para o caso da nosa sociedade, onde os roles de xénero están fortemente marcados, ter a iniciativa de emprender, transforma esta situación? Por suposto, creo que as mulleres xa, ademais, por como nos coloca a sociedade temos moitísimas habilidades que logo á hora de levar adiante unha empresa son súper útiles, porque tes moitos recursos para botar man e resolución de conflitos, de moitas cousas, véxoo transformado no sistema de vida e vexo que inflúe no resto, claro. Podes mencionar tres aspectos negativos na túa etapa de emprendedora social ? A inestabilidade económica, é duro ser autónoma, moitas veces mover cartos dun lado para outro e non os ves diante, eu pago unha cota de 340 euros/mes, mais gastos, mais impostos e realmente é duro. O tema da conciliación, é complicadísimo, eu teño 2 fillas e pola natureza do proxecto (comercio), entón tes que ter aberto moitas horas, de mañán de tarde, sábados, tes que ter moita dispoñibilidade, entón é moi difícil de conciliar, que se podería solvertar con axuda, con apoio pero non se fai. E o tema papeleos que é a parte mais fea entre aspas ou da que non te preparaches porque non é unha cousa que aprenderas na carreira e que é necesaria ademais, entón ou lla derivas a alguén pero sempre tes que a ter presente. Realmente a maior parte das horas que boto aquí é mirar todo iso. E cales serían os tres aspectos máis positivos? A liberdade que che da, poder decidir por onde queres plantexarte, por onde queres ir. A creatividade porque tamén creo que a educación social permite como que nos reinventemos constantemente, como que a educación social puro pois non existe, entonces sempre hai que ir facendo cruces con outras cousas que che gustan e entón
como que che permite ir reinventándote moitas veces, e eso, entón supoño que en outro tipo de traballo non o podería facer pero aquí si, entón é como unha motivación constante de dicir, pois vamos a inventar cousas. E a flexibilidade, cando eres autoempregada que tamén te podes adaptar, si que comentaba antes o tema da conciliación pero ao mesmo tempo eu podo poñer un día que pecho porque teño unha cuestión e non pasa nada, non lle teño que dar contas a ninguén ou podo poñerme eu as vacacións á miña maneira, dentro de todas as miñas limitacións teño toda a flexibilidade que quero, podo traer aquí ás miñas fillas e están aquí comigo. Para rematar, que recomendacións trasladarías ao estudantado de Educación Social para que se animen ao emprendemento social? Pois ao mellor o que dicía agora sobre os aspectos positivos, o tema de reinventarse, de orientarte a onde a ti che guste, si do que ves non che está gustando, pois non quero entrar a traballar nun centro penitenciario, ou nun cetro de menores pola filosofía que teñen. Eu falo con xente que traballa cara a administración pública, tamén lle xenera moitas contradicións persoais porque tamén tes uns limites moi marcados, entón se ti montas o que ti queres e mais ou menos che permite tirar para adiante, pois ti tes aí unha liberdade absoluta.