Full text
º
2 A Alfonso, por adicarme tanto tempo e dedicación, por axudarme en todos os pasos deste traballo e sufrirme durante tantos meses.
3 1. Índice. 2. Resumo executivo. 3. Introdución. 3.1. O contexto político no que Vox conforma o seu discurso. 3.1.1. A crise económica de 2008 e a reorganización do sistema político. 3.1.2. Da crise económica á crise do sistema de partidos. 3.1.3. A reestruturación do sistema de partidos. 3.1.3.1. A aparición de Podemos como precedente da reestruturación do sistema de partidos. 3.1.3.2. O salto de Ciudadanos ó panorama político español como constatación da reestruturación do sistema de partidos. 3.1.4. Da recomposición do sistema de partidos á crise independentista. 3.1.5. O auxe do movemento feminista e a cristalización nun grande movemento de masas. 3.2. Comprender como se forma Vox. 3.2.1. A aparición de Vox. 3.2.2. A aparición de Vox como primeira forza de extrema dereita cunha elevada representación electoral en España. 3.2.3. A profesionalización no marketing e a comunicación. 3.2.4. A cuestión da Unión Europea. 3.2.5. A utilización de bots e fake news como estratexia política. 3.2.6. O discurso de odio. 4. Preguntas de investigación, hipóteses e operacionalización. 4.1. Autores e teorías de referencia para a elaboración do marco teórico. 4.1.1. A teoría da Agenda Setting. 4.1.2. A conformación das axendas e a intervención de actores políticos nas mesmas. 4.1.3. A teoría do framing. 4.1.4. A teoría política de Laclau. 4.1.5. A teoría nacionalista. 4.1.6. As estratexias de marketing aplicadas e o perfeccionamento da comunicación e o discurso. 4.2. Preguntas de investigación, hipóteses e operacionalización. 5. Metodoloxía. 5.1. A investigación cualitativa.
4 5.2. A investigación cuantitativa. 6. A análise de discurso de Vox. 6.1. O deseño de investigación. 6.2. Fase analítica. 6.2.1. Primeira e segunda fase de análise, desenvolvemento e resultados. 6.2.2. Terceira fase de investigación, desenvolvemento. 6.2.3. Terceira fase de investigación, resultados do estudo dos lemas. 6.2.4. Táboas de asociacións conceptuais. 6.2.4.1. Asociacións conceptuais para a construción nacional. 6.2.4.2. Asociacións conceptuais para a Unión Europea. 6.2.4.3. Asociacións conceptuais para o issue de inmigración. 6.2.4.4. Asociacións conceptuais para o issue de xénero. 6.2.4.5. Asociacións conceptuais para o issue independentista. 6.2.5. Inventario de ideas forza. 7. A análise do perfil sociodemográfico e opinístico, contrastar o éxito das estratexias de marketing político de Vox 7.1. Deseño de investigación. 7.2. Fase analítica e resultados. 7.2.1. Táboas de continxencia. 7.2.2. Regresión loxística binaria. 8. Conclusións. 9. Bibliografía.
5 Lista de figuras. Figura 1: Sobre a noción de cadea equivalencial en Laclau.
6 Lista de táboas. Táboa 1: Os 30 conceptos máis importantes en cada programa de Vox. Táboa 2: Asociacións conceptuais sobre a construción nacional no programa das últimas eleccións xerais de 2019. Táboa 3: Asociacións conceptuais sobre a Unión Europea no programa para as eleccións Europeas de 2019. Táboa 4: Asociacións conceptuais para o issue de inmigración nos tres programas electorais. Táboa 5: Asociacións conceptuais para o issue de xénero nos tres programas electorais. Táboa 6: Asociacións conceptuais para o issue independentista nos tres programas electorais. Táboa 7: Calidade de axuste do modelo da regresión loxística binaria. Táboa 8: Probas ómnibus de coeficientes do modelo. Táboa 9: Resumo do modelo. Táboa 10: Probas de Homer e Lemeshow. Táboa 11: Variábeis na ecuación: proba de Wald. Táboa 12: Variábeis na ecuación: resultados da regresión loxística binaria.
7 Lista de gráficas. Gráfica 1: Distribución de xénero entre os votantes de Vox e o resto do electorado. Gráfica 2: Distribución dos grupos de idade de 18 a 29 anos e de 30 a 49 anos entre votantes de Vox e o resto do electorado. Gráfica 3: Sobre a situación sentimental (ter parella ou non), distribución entre os votantes de Vox e o resto do electorado. Gráfica 4: Distribución de electores por ocupación laboral relacionada con postos militares e de defensa en función de se votaron a Vox ou non. Gráfica 5: Distribución dos electores en base a unha autodefinición ideolóxica en valores entre 7 e 10 en función de se votaron a Vox ou non. Gráfica 6: Influencia da situación de Cataluña na decisión de voto en función de se votaron a Vox ou non. Gráfica 7: Distribución dos electores en función de se votaron a Vox ou non para o tipo de réxime de goberno preferido. Gráfica 8: Definición de “inmigración” como un dos tres principais problemas de España nos electores de Vox. Gráfica 9: Definición de “políticos e partidos políticos” como o principal problema de España no electorado que votou a Vox e no que non votou a Vox. Gráfica 10: Distribución da definición da situación política de España como mala ou moi mala en función de se votaron a Vox ou non. Gráfica 11: Distribución da definición da situación económica de España como mala ou moi mala en función de se votaron a Vox ou non.
8 2. Resumo executivo. En 2015 preséntase un novo partido político en España, Vox. A pesares de ter uns resultados modestos nun principio, catro anos despois, en 2019, acada máis de tres millóns e medio de votos, sendo a terceira forza política en España. Este fenómeno social ten creado unha gran controversia xa que ademais do rápido crecemento, a forza política consolida por primeira vez en España desde a ditadura franquista unha estrema dereita forte, tanto a nivel electoral como a nivel mediático. Este traballo procura dar resposta a como, mediante mecanismos de marketing e comunicación política, consegue instaurar un discurso de tales características nun período tan curto de tempo e a unha poboación tan ampla. Para o mesmo, analízase primeiro o discurso e despois procúrase contrastar se o discurso e os esforzos de marketing se corresponden cun perfil de voto a nivel social e opinístico.
9 3. Introdución O presente traballo versa sobre a aparición de Vox no escenario político español,. Partimos da base de que existen tres elementos especialmente relevantes que fan deste suceso un fenómeno moi chamativo dentro do sistema político instaurado en España desde a transición en 1978. E, polo tanto, motivan a aparición dun amplo abano de preguntas na sociedade e no ámbito científico. Estes son: un rapidísimo crecemento na súa repercusión electoral como partido, pasando de ser unha forza que contaba cun 0.2% de votos a ser a terceira forza política con 3.656.979 votos en tan só 4 anos; a enorme influencia sobre a axenda mediática e repercusión social como fenómeno dentro do panorama político español; e, por último, a suma destes dous factores tendo en conta que vai supor a aparición electoral dunha extrema dereita forte en España. Existe xa literatura académica e artigos de opinión que tratan de dar unha explicación a algún destes factores desde diferentes perspectivas e plantexamentos políticos, e sen dúbida, a riqueza teórica acadada en relación a este fenómeno é indicativa da transcendencia de dito fenómeno. Abordarase polo tanto parte desta literatura existente para explicar o fenómeno, así como outra literatura que pode ser interesante á hora de abordar este obxecto de estudo. Neste senso, procurarase facer unha revisión de cada un dos factores que a priori resultan de relevancia para estudar por que e en que contexto se dan os elementos anteriormente ditos (rápido crecemento da influencia electoral de Vox; enorme influencia repentina na axenda mediática; e aparición dunha extrema dereita forte en España). Sendo así, pasamos a desenvolver introductoriamente cada un dos mesmos: 3.1. O contexto político no que Vox conforma o seu discurso. 3.1.1. A crise económica de 2008 e a reorganización do sistema político. A crise económica de 2008 vai supor un profundo cambio social e económico, pero tamén político. Á aparición da crise sucederanlle enormes niveis de desemprego, baixas na Seguridade Social, emigración, crecemento da desigualdade social e
16 Polo tanto, posicionarase principalmente no issue de corrupción para disputar electorado ó Partido Popular; así como acadando posicións do centro-dereita non só para disputar o electorado a PP e PSOE, senón que se posicionará directamente como árbitro entre o electorado de dereitas desgastado da corrupción do Partido Popular e incapaz de entenderse co PSOE e o electorado do PSOE que, non sendo capaz de entenderse co Partido Popular, tampouco con Podemos. Deste xeito, posicionarase como unha opción de consenso baixo o eixo programático de non pactar con Podemos. En contraposición a Podemos, a posición nos issues de monarquía e Unión Europea será claramente favorable para ámbalas dúas institucións. 3.1.4. Da recomposición do sistema de partidos á crise independentista. A crise independentista, iniciada polo nacionalismo catalá, será un elemento clave no emerxer de Vox como unha das principais forzas políticas en España. A crise independentista xermínase pouco a pouco a partires do Estatuto de Autonomía de Cataluña e a declaración do mesmo como inconstitucional. O 30 de Setembro de 2005 as principais forzas políticas no Parlamento de Cataluña aproban a reforma do Estatuto de Autonomía de Cataluña, saíndo aprobado en referéndum por un 74% dos votantes. Despois de aprobado, xa en 2006 o Partido Popular presentaría un recurso de inconstitucionalidade perante o Tribunal Constitucional, cuxo fallo coñeceríase catro anos despois, e resultaría na declaración de inconstitucionalidade dalgúns dos principais artigos reformados. A partires deste momento, que se da en paralelo ós sucesos anteriormente citados a raíz da crise económica, o nacionalismo en Cataluña, composto principalmente pola antiga CiU e ERC e no goberno, comeza a desenvolver unha estratexia máis forte en torno ó cleavage independentista. A estratexia desenvolta por estes actores corresponderíase cun aumento das mobilizacións sociais a favor, nun principio, dunha posición diferente de Cataluña dentro de España e en contra do fallo do Tribunal Constitucional. A elevada mobilización nomeada anteriormente no resto de España dáse en Cataluña baixo un paradigma diferente, xa que as loitas polas condicións de vida das
17 clases traballadoras e populares e a subxectividade de desconfianza e frustración serán pouco a pouco canalizadas baixo o paradigma da fractura independentismo-non independentismo. É dicir, a desconfianza no sistema político non será canalizada baixo os issues presentes no 15-M, senón que será paulatinamente dixerida baixo unha desconfianza cara o sistema político atendendo a razóns de territorialidade: o principal problema do sistema político en España non tería que ver coa representación do electorado ou a falla dos mecanismos democráticos, senón que viría dado pola configuración territorial, da que se derivan o resto de problemas. Neste contexto, o aumento de mobilizacións e o incremento da conflitividade das mesmas estaría transversalmente caracterizado pola incidencia clave deste cleavage. A importancia deste cleavage viría dado non só polo éxito do framework do nacionalismo no goberno, senón que viría acompañado por actores sociais de relevancia que apoiarían e acreditarían a validez do mesmo. Actores tales como diferentes medios de comunicación de gran relevancia en Cataluña, conformadores da axenda mediática, e outros actores sociais como asociacións civís que promoverían este discurso nas mobilizacións. Chegado o momento, este descontento, ratificado en diferentes eleccións ó Parlamento de Cataluña, cristalizará na convocatoria dun referéndum de autodeterminación. Este será deslexitimado pola gran parte dos partidos estatais ou desacreditado nas formas e termos en que este se convoca (Podemos), así como pola maioría dos grandes actores sociais non cataláns. Así, o independentismo, mobilizado coa axuda de actores sociais, económicos e políticos, celebrará o referéndum o 1 de Outubro de 2017 sendo incapaz de garantir a validez do mesmo polo clima de confrontación, conflitividade e disturbios propiciado pola acción das Forzas e Corpos de Seguridade despregado en Cataluña coa finalidade de impedir a celebración do mesmo. Non obstante, o independentismo no goberno procurará lexitimar o resultado votado no referéndum e declara a independencia de Cataluña. Dada esta circunstancia, o goberno central aplicará o artigo 155 da Constitución Española invalidando o goberno autonómico catalá e convocando inmediatamente a celebración dunhas novas eleccións.
18 Por último, despois dos sucesos acaecidos durante o 1 de Outubro de 2017 e a aplicación do artigo 155 da Constitución Española abrirase un proceso contra algúns dos principais políticos independentistas que finalizará cunha sentencia do Tribunal Supremos inhabilitando a 12 políticos e actores sociais para o desempeño de cargos públicos e encarcerando á maioría con diferentes penas relacionadas coa sedición e a desobediencia. Disto destácase a fuxida de Carles Puigdemnot a Bruxelas coa fin de evadir as penas impostas polo Tribunal Supremo. 3.1.5. O auxe do movemento feminista e a cristalización nun grande movemento de masas. Para poder comprender a conformación dos postulados políticos de Vox, como comentabamos anteriormente, eran necesarias certas explicacións contextuais, elementos especialmente relevantes que conformaron un piar vertebrador do debate político. É dicir, issues na axenda pública capaces de modificar potencialmente o sentido do voto. Neste senso, falamos da crise económica, da crise política e da crise independentista. Mais non foron os únicos acontecementos de relevancia para a axenda pública, senón que tamén o foron o auxe do movemento feminista e o movemento ecoloxista. Non trataremos o auxe do movemento ecoloxista xa que partimos da base de que en España este non conseguiu instaurar un issue capaz de disputar voto. Cremos, polo tanto, que a gran maioría de partidos políticos asumiron as reivindicacións deste movemento sen crear un debate entre as propostas de un e outro partido realmente capaz de diferenciar a validez dun voto con respecto doutro. Tendo en conta isto, cómpre explicar a auxe do movemento feminista en tanto que si vai ser capaz de vertebrar algúns debates dentro do debate político. Primeiro debemos entender que este incremento da mobilización é posterior ó movemento 15-M e á recomposición do sistema de Partidos. Este incremento da mobilización será en torno á cuestión da muller e as desigualdades sociais e laborais que sofren as mulleres pola súa condición de xénero. En primeiro termo esta mobilización será espontánea (partindo da concepción marxista de mobilización espontánea) e conformará un amplo descontento social a raíz das denuncias por violencia machista e a repercusión mediática que van obter os crimes
19 por violencia machista. Tampouco se pode desdeñar o peso que este tipo de reivindicacións comezaba a ter a nivel internacional, e sobre todo en sociedades occidentais conectadas dixitalmente e a través dos contidos audiovisuais de diferentes países. Así, estas grandes mobilizacións van ser rapidamente asumidas, propiciadas e reivindicadas por parte dalgúns partidos políticos. Nomeadamente Podemos e o PSOE, pero aínda que en termos diferentes, tamén por parte de Ciudadanos e o PP. O parangón mediático e dentro do goberno de coalición entre PSOE e Unidas Podemos (formación electoral composta principalmente por Podemos e Esquerda Unida) vai posibilitar que as mobilizacións feministas cobren unha importancia institucional maior e abrir facilmente novos issues sobre a axenda pública. En concreto, as consecutivas mobilizacións no día 8 de Marzo, día internacional da muller traballadora, obrigando ós principais partidos a tomar posición. Algúns dos issues que van cobrar especial importancia son: a protección da muller en casos de violencia machista, a brecha salarial de xénero, a protección da muller en situacións nas que se poden dar agresións sexuais ou a consideración do aborto como dereito básico e gratuíto. Tendo desenvolto o escenario político que antecedeu á conformación do discurso de Vox en canto a aparición do mesmo como actor político relevante (Eleccións Europeas 2019), pasamos a tratar algúns factores a partires dos cales procuraremos facilitar a comprensión de por que e como se conforma Vox: 3.2. Comprender como se forma Vox. Neste apartado procuramos ofrecer unha visión xeral sobre como se forma Vox primeiro e as bases sobre as cales o fenómeno Vox acaba por cristalizar despois. Procuramos establecer cales son os piares constitutivos deste partido en relación ó anteriormente presentado no apartado de contextualización, conforme ós mesmos, e comprender cales son os puntos sobre os cales a literatura existente coincide en categorizar a existencia de Vox en termos de posición política e ideolóxica.
20 Desde a perspectiva metodolóxica, o tratado no punto de contexto permitiunos coñecer o contexto no cal e sobre o cal o noso obxecto de estudo aparece e incide, mentres que no seguinte apartado procuramos establecer as categorías elementais que nos acheguen ó coñecemento cristalizado sobre o obxecto de estudo. 3.2.1. A aparición de Vox. Vox como partido político nace en 2013 como escisión á dereita dentro do Partido Popular. Non obstante, non anuncia a súa presentación como partido político ata o 2014, onde o fará nunha rolda de prensa da man de coñecidas personalidades como Santiago Abascal, antigo membro do Partido Popular no País Vasco, e Ortega Lara, funcionario de prisións apresado por ETA de 1996 a 1997 e membro do Partido Popular. A partires deste momento, Vox presentaríase ás eleccións europeas de 2014, ás eleccións autonómicas de 2015 e ás eleccións xerais de 2015 e 2016, nas que non acadaría representación algunha, sendo tan só reseñeable o resultado nas eleccións autonómicas en Madrid en 2015 nas que acadaría un 1,17% de votos, pero sen chegar a obter representación. Non sería ata o 2019, nas diferentes eleccións ás que se presentan, que conseguirían representación. Así, serían as eleccións de Novembro de 2019, as segundas eleccións xerais do ano, nas que acadarían o mellor resultado cun 15% dos votos, chegando a ser a terceira forza política en representación con 52 deputados. No momento de presentación da formación, o partido fará fincapé xa nos issues de xénero, territorio e rexeneración política. Así reivindicarán a unidade de España, a eliminación das autonomías e a concepción tradicional católica da familia, en contraposición das concepcións feministas. Máis tarde intentarán introducir a inmigración dentro da axenda pública. Máis tarde procuraremos unha análise máis profunda destes aspectos na nosa investigación.
21 3.2.2. A aparición de Vox como primeira forza de extrema dereita cunha elevada representación electoral en España. Dentro da contextualización do noso obxecto de estudo debemos destacar a característica do mesmo que a fai especialmente salientable como fenómeno social, que é a consideración do mesmo, de Vox, como actor político situado á extrema dereita no espectro político. Neste senso, algúns autores incluso falaban da “excepción española” en relación ó auxe da extrema dereita en Europa, resultando sorprendente dados os efectos da crise 2008 (Rubio-Pueyo, íbid.), elementos algúns dos cales detallamos anteriormente. No mesmo senso, apuntaban algúns factores que impedían a entrada da extrema dereita no panorama político español, tales como a presencia do PP no goberno e a ampla base electoral agrupando os máis diversos sectores da dereita en España, así como a aparente barreira do sistema electoral (Ferreira, íbid). Como vemos, estes elementos foron difuminándose, abríndose a oportunidade trala reestruturación do sistema político electoral e a crise no Partido Popular a raíz da corrupción, anteriormente abordadas. Doutra banda, podemos dicir que a estratexia de agrupar ós máis diversos sectores dereitistas en torno o PP funcionara grazas á cultura política da democracia española, que funcionara a modo de polaridade controlada, capaz de estruturar e canalizar o conflito político (Rubio-Pueyo, íbid), situando determinados issues como a violencia de ETA como principal bastión da polarización política en torno ó caos e o terrorismo (Rubio- Pueyo, íbid). Estes e outros issues serán determinantes no desenvolvemento da estratexia de Vox como actor de extrema dereita. Neste senso, defínese a Vox baixo termos semellantes, pero con matices diferentes derivados da súa natureza idiosincrásica, mais agrúpase polo xeral dentro da familia de partidos da dereita radical (Ferreira, íbid.). Por non caer en disquisicións teóricas entre os diferentes termos, pola contra procuraremos situar cales son os principais preceptos ideolóxicos cos que definir a Vox como partido político. Para o mesmo usamos os destacados por Carles Ferreira (Ferreira, íbid.): 1- Nacionalismo. 2- Nativismo, unha posición etnonacionalista cunha mensaxe xenófoba.
22 3- Autoritarismo, unha sociedade baseada na lei, caracterizada polo punitivismo para os “inimigos de España”. 4- Valores tradicionais, como a concepción católica tradicional de familia. 5- Neoliberalismo, defendendo o libre mercado, a liberdade e a propiedade privada. 3.2.3. A profesionalización no marketing e a comunicación. Outro elemento clave para explicar a irrupción de Vox é a profesionalización que experimentará no ámbito do marketing e a comunicación política, para o cal contarán con asesores de renome, tales como Steve Bannon, asesor principal de Trump, e recoñecidos think thanks como a asociación FAES ou o grupo GEES (Rubio-Pueyo, íbid.). Consideramos necesario salientar este elemento á hora de abordar o noso obxecto de estudo, pois a profesionalización discursiva e a constitución dunha mensaxe capaz de gañar a amplos sectores sociais para a posición controvertida da dereita radical. 3.2.4. A cuestión da Unión Europea. Dentro das diferentes ramas da dereita radical en Europa atópanse posturas que van desde o euroescepticismo ata a permanencia escéptica na Unión Europea. De feito, no referéndum en Reino Unido a extrema dereita apoiará a opción gañadora de saída deste organismo. Polo tanto, a posición con respecto da Unión Europea é fundamental abordala con respecto do obxecto de estudo. En relación a isto atopamos que Vox posiciónase dentro do escepticismo con respecto da UE xunto cos países de Visegrado, caracterizados por unha posición escéptica conforme das institucións europeas e o seu papel en determinados issues como o reparto territorial, a xustiza ou a inmigración. 3.2.5. A utilización de bots e fake news como estratexia política. Outra das cuestións comunmente sinaladas para explicar a capacidade que Vox ten acadado para socializar o seu discurso ten que ver coa súa política encarada a redes sociais.
23 Neste senso, acudimos á literatura existente sobre as novas estratexias de redes sociais que parten do uso de bots e fake news coa finalidade de influír politicamente. Das cales destacamos que as redes sociais, tal e como funcionan na realidade, permiten que todas as novas, incluíndo as falsas, e as opinións disfrazadas de “novas”, alcancen unha gran penetración e unha presencia inusitada en determinados segmentos de público (Ponce, 2018). Isto posibilita que o suxeito de produce tal ou cual información pode saber que esa información é falsa con determinados obxectivos, chegando incluso a viralizarse grazas ás redes sociais (Ponce, íbid.) grazas ó uso de bots, contas automatizadas que promoven e propagan dito contido. Así, a intención de fondo é fixar temas e instalalas dentro da axenda pública (Ponce, íbid). En relación a isto, comunmente se ten relacionado a Vox (Calvo et all., 2020) con este tipo de prácticas e isto podería explicar parte da súa efervescencia e consolidación como fenómeno para a política española. 3.2.6. O discurso de odio. Un dos elementos característicos de Vox como fenómeno vén ser a consolidación dun partido político de gran relevancia estatal que desenvolve sen tapuxos un discurso xenófobo. Partimos da enunciación de Carles Ferreira para afirmar isto, quen afirma que a súa ideoloxía está baseada nunha combinación de nacionalismo e xenofobia (Ferreira, íbid.). Neste senso Francesc Tort i Chavarria destaca algúns conceptos que relacionan nacionalismo e xenofobia. Nomeadamente destacamos que para o autor abordar esta problemática debe facerse comprendendo de que xeito se crea un imaxinario colectivo unha produción negativa do outro, do estranxeiro como non pertencente ao propio grupo (Tort i Chavarria, 1994). O como ten que ver con determinadas relacións físicas ou rituais de adhesión, separación e distanciación nas cales se institúen xerarquizacións étnicas, culturais ou políticas cuxa función é asegurar aos individuos unha posición distintiva no xogo de representación (Tort i Chavarria, íbid.). Disto interesaranos posteriormente como se constrúe un discurso que permite desenvolver a través de que recursos retóricos e simbólicos esta xerarquización cultural, étnica e política. De feito o propio autor destaca
24 que nacionalismo e xenofobia son expresión comunicativas cara o distinto baixo unha lóxica social de diferenciación baseada na distancia autoafirmadora, a estigmatización e a creación de fronteiras simbólicas tendentes a preservar as propias marcas de identidade (Tort i Chavarria, íbid.).
25 4. Preguntas de investigación, hipóteses e operacionalización. Toda investigación social parte dunhas preguntas de investigación que se procuran resolver. Estas preguntas parten dun coñecemento que debe ser sistematizado e sólido, a partires do cal establecemos que queremos saber sobre o obxecto de estudo (Carlos Arturo Monje Álvarez, 2011). Sobre o desenvolvemento do método de investigación científica, e máis en concreto, sobre o método de investigación social, existe numerosa e rica literatura que busca clarificar como se debe realizar a mesma. A investigación debe construírse fase por fase, coa finalidade de dotar á investigación de rigor e solidez. Acudimos polo tanto ó escrito de Carlos Arturo Monje Álvarez, antes citado, para aportar á actual investigación da rigorosidade e solidez necesarias, ó igual que poderemos botar man doutros manuais, artigos e textos de autores como Anduiza, Crespo, Méndez (2020), Flick (2015) ou outros que resulten útiles para apoiar cada unha das fases de investigación. Neste punto do desenvolvemento do actual traballo de investigación, debemos destacar que dentro das fases de investigación os esforzos actuais consistiron en sistematizar e presentar o coñecemento existente sobre o noso obxecto de estudo. Así pois, xa analizamos a pertinencia de estudar o obxecto de estudo sobre o que estamos desenvolvendo a investigación (tendo en conta a relevancia do mesmo como actor orixinario dun fenómeno social). Tamén presentamos o coñecemento existente sobre os factores contextuais que comunmente son compartidos polos estudosos da materia á hora de explicar como se conforma o actual escenario político español no cal e sobre o cal o obxecto de estudo aparece e incide de forma determinante. Así pois, elaborado, sistematizado e presentado o coñecemento pre-existente sobre a materia, sendo este un bo punto de partida (Monje Álvarez, íbidem), podemos pasar a elaborar a investigación conforme das conseguintes fases de investigación social. Dentro destas fases, o primeiro paso ten que ver coa delimitación da finalidade da investigación, que se ben constituiremos posteriormente en preguntas de investigación, podemos delimitar como ámbito de estudo o seguinte: o estudo da forte e rápida incidencia de vox sobre o escenario político español. En tanto consideramos esta delimitación xeral do problema de estudo, consideramos facer unha revisión da literatura que cremos interesante para o abordaxe
32 4.1.5. A teoría nacionalista. Na elaboración do marco teórico resulta imperativo estudar non só o populismo, senón o nacionalismo. De feito comprendemos que abordar o estudo do nacionalismo permitiranos comprender tamén a forma concreta que adquire Vox, e como suma dos preceptos teóricos anteriormente citados constituirá unha base conxunta para a comprensión do obxecto de estudo na súa complexidade e plenitude. Neste senso, un dos principais autores ós que acudimos é Anthony Downs. Anteriormente xa acudimos a outros autores que nos brindaron coñecemento académico existente sobre o obxecto de estudo. Non obstante, no apartado do marco teórico sobre o nacionalismo acudimos a Anthony Downs como teórico político do nacionalismo en tanto que isto nos permitirá unha base de análise sobre a cal desenvolver a nosa investigación posteriormente. É dicir, que procuramos a comprensión totalizadora en suma co resto de aportes teóricos. Isto é, a diferencia radica en que mentres que uns aportes nos servirán como coñecemento cristalizado sobre o desenvolvemento da formación política, para presentar unha visión xeral sobre a mesma e situar algúns elementos clave; os aportes desde a teoría política serviranos como unha base analítica que facilitará a comprensión dos ques e por ques no desenvolvemento da investigación para un novo coñecemento. Atopamos varias cuestións que nos permiten definir o concepto de nacionalismo, pero tamén identificar algunhas das prácticas do nacionalismo como movemento político e ideolóxico. Anthony Downs defíneo así como un movemento ideolóxico que pretende conseguir ou manter a autonomía, unidade e identidade dun grupo social que se considera que constitúe unha nación (Downs, 1991). Sendo así, os rasgos definitorios de todo movemento ideolóxico nacionalista virá entroncado polas seguintes proposicións fundamentais (Downs, íbid): 1. O mundo está dividido en nacións, cada unha das cales ten a súa propia individualidade, a súa propia historia e o seu propio destino. 2. A nación é a fonte de todo poder político e social, e a lealdade á nación sobrepasa ás demais lealdades. 3. Os seres humanos deben identificarse cunha nación se queren ser libres e realizarse. 4. As nacións deben ser libres e seguras para que a paz e a xustiza prevalezan no mundo.
33 Como movemento ideolóxico, e correspondéndose co anteriormente tratado, necesita fundarse nunha identidade, a identidade nacional. Entendela implica entender o nacionalismo fundamentado baixo a exaltación, afirmación e promoción do que se entende como a cultura da nación. É así que a identidade nacional abarcará unha lingua, uns sentimentos e uns simbolismos específicos (Downs, íbid). Para seguir, enumeraremos algunhas das características definitorias da identidade nacional: 1. Parten dun territorio histórico ou patria; 2. Aluden a recordos históricos e mitos colectivos; 3. Promove unha cultura de masas que é pública e común para todos; 4. Constitúe dereitos e deberes legais iguais para todos os membros; 5. Constrúe unha noción de economía unificada que permite a mobilidade territorial dos membros. Destes preceptos presentes na identidade nacional o nacionalismo procura instituír unha voz, unha vontade colectiva. En palabras do Anthony Downs, o nacionalismo supón o despertar da nación o dos seus membros ó seu auténtico eu colectivo, para que ela e eles obedezan só á voz interior da comunidade purificada (Downs, íbid.). Isto constitúe un exercicio constitutivo nos termos abordados nos anteriores aportes teóricos: aglutina un conxunto de significados que performan política e socialmente ós integrantes da nación baixo a identidade nacional. Máis en concreto, baixo a noción de cadeas equivalenciais de Laclau podemos comprender que as diferentes concepcións políticas e sociais intégranse baixo un centro estrutural, un hourizonte totalizador, que é a nación. Así afirma Downs que a identidade nacional procurada por tal ou cal nacionalismo acude a outros elementos de identidade colectiva. Acudir a tales elementos non vai supor un problema, xa que se equivalen os uns aos outros e performan a identidade nacional sen que a nación deixe de ser o obxecto central das súas preocupacións. Deste xeito, a súa descrición do mundo e as receitas para a acción colectiva só se formulan en relación á nación e ós que a compoñen (Downs, íbid.).
34 4.1.6. As estratexias de marketing aplicadas e o perfeccionamento da comunicación e o discurso. O último aporte teórico ten que ver co desenvolvemento de estratexias de marketing e comunicación política. Neste senso acudimos a diferentes autores que trataran sobre esta cuestión e intentamos analizar cales son as súas principais ferramentas. En primeira instancia definimos o marketing político como unha forma de marketing social, orientada polo tanto á adhesión a determinadas prácticas e valores sociais de un ou máis grupos sociais, partindo de que esta adhesión non ten unha finalidade económica. Polo tanto, este marketing busca xerar determinado efecto ou reacción na poboación obxectivo. E faino de xeito estratéxico, porque parte dunha análise das necesidades da poboación á que se dirixe baixo unha planificación encarada a influir e modificar actitudes e percepcións dentro de calesquera sexa o campo de acción en tanto que este sexa político. En tanto que consideramos o concepto de marketing político consideramos a existencia do marketing político. Non obstante, a existencia do marketing político non é un mercado ó uso, nin polos seus consumidores (votantes), nin polos seus compoñentes. Neste senso, os compoñentes do mercado político son os votantes, os membros ou voluntarios, as figuras internas do partidos, os segmentos de votantes, competidores, donantes, sindicatos, profesionais, burocracia, think thanks e outros grupos de presión (Lees-Marshment, 2011). Estes compoñentes serán importantes á hora de elaborar as estratexias de marketing. O estudo do mercado será fundamental para chegar á atención do consumidor político. A procura desta atención virá demarcado por ferramentas tales como os focus groups e as enquisas, por nomear algún, cuxa finalidade elemental é atopar a emoción e os valores subxacentes no consumidor político (Lees-Marshment, íbid.) coa intención de modificar as actitudes do mesmo integrándoas no modelo de acción política do actor e na súa estrutura de valores. Isto farao incluso situando un eixo de oposición con determinadas elites, pois tal e como detalla a autora Jennifer Lees-Marshment, cada vez é máis común a produción de estratexias de marketing político contrapostas a determinadas elites coa fin de captar a atención dos consumidores políticos e integrar as súas emocións.
35 Seguidamente a autora detalla algunhas das ferramentas máis utilizadas dentro do marketing, utilizadas coa fin de achegar e consolidar o voto dos electores, tales como a segmentación, o targeting ou o microtargeting. Neste senso a práctica de marketing terá que ver coa perfilación e segmentación de votantes baixo diferentes categorías que poden ser sociodemográficas, xeográficas ou en función de categorías de opinión (Lees- Marshment, íbid.). Baixo a base analítica das ferramentas de marketing (coñecer cal é o electorado e como é), o seguinte paso ten que ver con constituír unha mensaxe baixo o criterio de procurar o mellor xeito de mover o electorado. Este proceso é un dos moitos criterios destacados pola autora na construcción do marketing do partido, asegurar unha correspondencia entre comunicación e marketing, pero dentro dunha amalgama de preceptos para consolidar as estratexias de marketing interésanos destacar para esta investigación as seguintes: Asegurarse de que a comunicación consiga unha conexión emocional coas persoas; utilizar a análise de mercado para deseñar unha comunicación capaz de facer cambiar ó público de opinión; integrar a comunicación na estratexia e na marca construíndoa solidamente e con mensaxes concisos, claros e sostidos no tempo; constituír unha marca-partido diferenciadora da súa competencia, cun posicionamento que eluda a símbolos que aglutinen e signifiquen valores; definir a posición previamente para que a competición se desenvolva como reacción ó previo xogo de posicionamento (Lees- Marshment, íbid.). Son moitos os outros aportes teóricos relativos ó marketing, pero consideramos estes os máis enriquecedores para o abordaxe do noso obxecto de estudo. Por outra banda, e no relativo ó comunicativo e a construción discursiva, xa abordamos anteriormente a importancia de certas figuras literarias como constitutivas de símbolos que significan e cohesionan a realidade percibida nos termos valorativos do actor político. Se ben Laclau nos brindou esta concepción, procuraremos o estudo doutras cuestións que facilitan e potencian o impacto do discurso grazas a un bo uso da retórica. E o autor que principalmente acudimos é a Frank Luntz, do cal destacamos as 10 regras para unha linguaxe efectiva (Luntz, 2008): Primeiro, a simplicidade, utilizar palabras curtas. Luntz así afirma que non debes utilizar unha oración se o podes dicir cunha frase. Canto máis clara se presenta unha idea,
36 máis comprensible é, e polo tanto máis crible. As mensaxes longas con moitos matices e palabras perden a atención do público e quitan forza á mensaxe. Segundo, ser breve. No mesmo senso que na anterior regra, utilizar lemas de dúas ou tres palabras que faciliten tamén a visualización das mesmas. Terceiro, ser cribles. A mensaxe debe establecer expectativas cribles que encaucen as aspiracións en relación ás posibilidades reais de acción. Cuarta, a consistencia. Establecer unha mensaxe clara non é o único, tamén debe corresponderse con solidez e persistencia. “Repetición. Repetición. Repetición.” Esta sentencia resume o aporte de credibilidade e confianza que o electorado e os diferentes actores que apoian á mensaxe procuran no actor e reafirma os principais postulados do exercicio hexemónico (baixo a perspectiva laclauliana). A coherencia fomenta a lealdade. Quinta, ofrecer algo novo. Se non se ofrece nada novo, deixa de impresionar, de sorprender. Perde o seu potencial impacto. A sorpresa e a intriga son positivas se isto non se contradí coa necesidade de que o contido da mensaxe, en termos xerais, se sosteña no tempo. Sexta, a sonoridade e a “textura” importan. O mesmo contido resumido en dúas frases diferentes pode ter un impacto moi diferente. Os sons e a textura da linguaxe facilitan a visualización, que sexa unha mensaxe que sexa fácil de lembrar Sétima, alude a aspiracións e motivos. As mensaxes deben dicir o que a xente quere escoitar. Así Luntz demarca a personalización e humanización da mensaxe como clave da linguaxe aspiracional. Procúrase desencadear lembranzas, espertar emocións sobre unha creación histórica aludindo a símbolos sociais performados, nos cales os recursos retóricos, como destacou Laclau, son fundamentais. Oitava, visualiza. Outro recurso da linguaxe ten que ver coa presentación de recursos visuais que evoquen ós significados e valores que parten do centro estrutural, do movemento hexemónico a través da historia e os símbolos enaltecidos. Novena, realiza preguntas. Considera así Luntz que este elemento permite interpelar ó electorado e incorporalo na mensaxe.
37 Décima, presenta un contexto e explica a súa relevancia. Esta vai directamente entroncada cos esforzos de framing para cada tema en concreto: explicar o contexto do que provén o tema concreto e dotalo de significado. Noutra orde de cousas, para rematar con este apartado, non queremos deixar de presentar a fórmula comunicativa esencial das 5W (what, why, who, when, where). Autores recoñecidos da comunicación como Laswell utilizaron esta fórmula e na actualidade segue imperando como unha das regras que facilitan unha mellor comunicación en calquera sector do marketing. 4.2. Preguntas de investigación, hipóteses e operacionalización Neste momento da investigación, no cal xa definimos o noso obxecto de estudo e explicamos a pertinencia de estudar o mesmo, buscamos delimitar o problema fundamental de investigación. Consideramos que o marco teórico permite encadrar analiticamente as cuestións fundamentais a estudar. Ó mesmo tempo, acudir á literatura existente permitiunos dilucidar o coñecemento cristalizado, coñecemento que nos permitirá delimitar o problema de estudo máis focalizadamente. Polo tanto, o obxecto principal de preocupación para este traballo de investigación ten que ver co ámbito do comunicación política (e discurso) e do marketing. Partimos do fenómeno Vox en canto á efervescencia electoral dunha opción electoral que non tivera representación en España (tanto como partido como opción ideolóxica) pasando en moi pouco tempo a ser a terceira forza política en votos en España. Nesta fase do proceso de investigación, polo tanto, debemos definir as preguntas de investigación (Monje Álvarez, íbid.), que plantexamos tal que: 1- Como é posible, e a través de que comunicación e que marketing, que Vox conseguise permear e consolidar un discurso que validase unha opción forte de extrema dereita en España? No mesmo senso, xorde a seguinte pregunta de investigación: 2- Estas estratexias de marketing e comunicación tiveron impacto sobre o electorado ó que se dirixían? Correspóndese a estratexia discursiva co perfil de votante de Vox?
38 Despois de plantexadas as preguntas de investigación, consecuentemente debemos definir cales son as hipóteses baixo as que traballamos (Monje Álvarez, íbid.), que plantexamos do seguinte xeito: 1- As estratexias de marketing e comunicación plásmanse nas diferentes actividades comunicativas de Vox nunha determinada elaboración de discurso cohesionada e planificada baixo os principais paradigmas do marketing e a comunicación. 2- As estratexias de marketing e comunicación teñen impacto sobre o electorado resultando un perfil determinado de votante, baixo variables opinísticas e sociodemográficas, que se corresponde coa planificación de marketing do partido. E por último dentro desta fase, coa fin de consolidar unha base analítica sobre a cal sistematizar o proceso de recolección de información, debemos operacionalizar as variables (Monje Álvarez, íbid.) de xeito que podamos determinar se hai unha relación significativa entre as variábeis mediante a construción de indicadores que constitúan equivalencias entre as variábeis e os medidores das mesmas. Construímos deste xeito os seguintes indicadores en correspondencia coas variábeis de estudo: a) Existencia dunha estratexia de marketing e comunicación política: - Uso persistente de mecanismos retóricos e simbólicos (metáforas, metonimia, sinécdoque…) como semánticos e lingüísticos. - Consolidación de mecanismos de igualación, baixo o paradigma de constitución de cadeas equivalenciais, entre diferentes problemáticas sociais que se constrúen en función dunha lóxica subxacente. - Persistencia no posicionamento en determinados issues presentes na axenda pública. - Promoción de determinados issues na axenda pública, ben coa intención de facelos presentes ou ben de que adquiran unha dimensión maior (de minor issue a major issue). - Consistencia temporal na construción discursiva. - Fixación de determinados suxeitos sociais como resultante dun proceso de targeting e microtargeting.
39 - Presentación dunha estratexia de framing para determinados issues que resulte nunha posición diferente, pero presente en determinados grupos sociais, ó frame instaurado na axenda pública, resultante dunha estratexia de estudo de mercado e a apertura dunha ventá de oportunidade. - Desenvolver unha estratexia de framing que faga fincapé no “salience” de cada frame posibilitado pola posición radical de extrema dereita. Con respecto do desenvolvemento destas variábeis queremos resaltar que se configuran en estrita relación coa metodoloxía de análise á hora de observar a ocorrencia desta variable operacionalizada. Isto é, unha metodoloxía de análise cualitativa, como se detallará posteriormente, cunha finalidade maiormente exploratoria. É dicir, o que procuramos é coñecer como e en que aspectos se desenvolveron as estratexias de marketing e comunicación política en tanto conseguiron establecer un discurso acreditado por unha ampla masa electoral en pouco tempo e baixo un paradigma electoralmente inexistente previo ascenso de Vox. É por isto que establecemos un amplo número de indicadores que sistematicen o coñecemento que procuraremos acadar na nosa investigación. Estes indicadores daranos unha base sobre a cal explorar a concorrencia da variable, pero tamén exploraremos a existencia doutros elementos de marketing na construción do discurso en tanto que expliquen por que este conseguiu tal éxito. Así pois, analizamos algunhas das cuestión que serven para estudar algunhas das estratexias de marketing, entendendo que poden darse ou non, e entendendo que poden existir outras. Noutro senso, sobre a variable de estudo de perfil de votante, destacamos que coa fin de coñecer o perfil de votante estudaremos a existencia dos seguintes factores que afirmen que existe incidencia da estratexia de marketing sobre o votante de Vox: a) Diferencias substanciais a nivel opinístico en issues de relevancia para Vox entre o electorado de Vox e o resto do electorado. b) Diferencias sbustanciais en variables sociodemográficas froito das estratexias de targeting entre o electorado de Vox e o resto do electorado, tales como: - Idade.
40 - Sexo. - Salario. - Nivel educativo. - Relixiosidade. - Estado sentimental. - Escala de autoubicación ideolóxica.
41 5. Metodoloxía. No momento de acudir ó corpo metodolóxico da investigación comprendemos que existían dúas finalidades de estudo esencialmente diferentes no seu tratamento analítico, aínda que directamente entrelazadas. En palabras de Carlos Arturo Monje Álvarez, a formulación do problema de investigación evidencia diferencias de enfoque e metodolóxicas en tanto a pregunta se oriente ó establecemento de relacións causais e funcionais ou a relacións de sentido, como corresponde no último caso ó interese cualitativo (Monje Álvarez, íbid.) Referímonos así a unha primeira finalidade principalmente exploratoria e construtora dun novo coñecemento, isto é, como se constatan as estratexias de marketing e comunicación sobre o plano práctico da construción discursiva; e outra finalidade eminentemente explicativa, é dicir, busca contrastar se o coñecemento adquirido sobre o discurso de Vox adquire unha resolución práctica nun determinado perfil sociodemográfico e opinístico e examinar o grao de influencia do discurso sobre a constitución de tal ou cal perfil. Comprendemos así que a abordaxe do obxecto de estudo conforme das finalidades de estudo podería ser enriquecido se a cada finalidade desenvolvíamos unha metodoloxía correspondente. Partindo do comentado, desenvolvemos apartado por apartado que método, por que, e as peculiaridades do modelo, os preceptos básicos sobre os que resolvemos o marco analítico de cada unha das fases de investigación metódica, para situar no desenvolvemento metodolóxico os matices e pormenores de cada fase de investigación. 5.1. A investigación cualitativa. Como comentabamos, diferentes finalidades requiren diferentes recursos metodolóxicos. Sendo así, a primeira finalidade desta investigación é exploratoria, en tanto que busca investigar como se plasma na práctica a articulación discursiva de Vox. Neste senso, a metodoloxía cualitativa busca conceptualizar sobre a realidade en base ó comportamento, ós coñecementos, as actitudes e os valores que guían o comportamento dos individuos estudados (Monje Álvarez, íbid.) en contraste coa
48 Establecido o obxecto de estudo desenvolvemos o xeito en que imos abordar a análise do mesmo. Partindo da apertura técnica que posibilita a metodoloxía cualitativa e a técnica de análise do discurso, establecemos un primeiro paso eminentemente cuantitativo. Con isto nos referimos a que, considerando a extensión dos programas, podíamos consolidar un primeiro paso consistente na recolección sistemática de información sobre a mínima expresión semántica con significación, a palabra. Deste xeito, consideramos que aportamos para o deseño de investigación unha valiosa aportación en relación á solidez e coherencia estrutural do deseño de investigación, sendo unha primeira fase analítica sobre o obxecto de estudo. Pensamos tamén que a reiteración no uso de determinada semántica podía ser significativa en termos de construción discursiva, polo que a consecutiva interpretación podería indicar a existencia de incipientes relacións de significado que explorar en posteriores fases máis marcadamente cualitativas. Esta consideración vén precedida da enunciación de Lutz sobre a repetición como unha das claves para unha boa comunicación política. A repetición dunha soa palabra pode ser indicativa dunha intención retórica subxacente, precedente de estratexias de comunicación que buscan incidir e modificar a cognición do público ó que se dirixen. Conseguidamente, baixo o coñecemento adquirido na primeira fase analítica, desenvolvemos unha segunda fase de carácter cualitativo. Nesta segunda fase partiremos da información recopilada e interpretada na primeira fase. Como comentamos, a primeira fase de investigación consistiría nun traballo sistemático de recopilación de palabras baixo un criterio numérico. Este criterio numérico implica realizar un cribado, pero será un cribado “brando”, no senso de que o criterio polo cal destacamos tales palabras e deixamos de resaltar outras, sendo numérico, non buscará reducir a investigación a un número de palabras pequeno con alta significación en termos numéricos, senón que o ampliaremos a unha lista maior de palabras que teñan unha significación mínima en termos numéricos. A segunda fase de investigación consistirá, neste senso, en realizar unha segunda criba. Da primeira criba, onde desbotamos aquelas palabras de mínima significación numérica, resultará un número relativamente amplo de palabras. A criba cualitativa
49 consistirá polo tanto en facer un exercicio de interpretación sobre aqueles substantivos, adxectivos, verbos, etc. Deste xeito, en tanto unha palabra nos indique unha posibilidade aberta á existencia dunha relación de significado, resaltarémola para o estudo en posteriores fases de investigación. Comprendemos, pois, que en base ó coñecemento recopilado durante a contextualización e consolidación do marco teórico podemos interpretar e intuír que tal ou cal relación de significado -que pode estar ocultapode darse ou descubrirse a través da enunciación dun concepto, dun adxectivo, dun substantivo ou un verbo. Xa teremos polo tanto, das dúas fases, dúas cribas, cunha listaxe de palabras cuxa significativade en termos de repetición e en termos de posible significación semántica nos permite abordar ás seguintes fases cunha solidez estrutural que, estimamos, non deixe relacións de significado relevantes fóra da investigación, pero que tampouco a entorpeza en tempo e calidade da investigación buscando relacións de significado entre todas e cada unha das palabras enunciadas. Pasaremos á terceira fase de investigación para dar un salto, dunha unidade de análise á outra: da palabra á proposta. Nesta terceira fase de investigación consideraremos a palabra en tanto inserida dentro da proposta. Investigaremos a relación de significado entre a palabra e o resto de palabras dentro da proposta. Investigaremos o contexto de significación no cal se enuncia a palabra. Investigaremos relacións entre conceptos e a posible relevancia que adquire en termos de significado que tal concepto se relacione con tal outro concepto. Cada palabra resultante das anteriores cribas será examinada en todas e cada unha das súas repeticións proposta por proposta. A selección da proposta dentro do programa electoral supón unha unidade de análise de grandísima significación, pois toda proposta por separado supón unha enunciación ideolóxica sobre a realidade, enunciación que necesariamente cumpre os requisitos máis importantes para coñecer a construción ideolóxico-discursiva: 1) necesariamente selecciona e xerarquiza os temas pilares de constitución do actor político; 2) necesariamente proscribe/circunscribe a tales temas un relato de significación principal; 3) preferentemente, e partimos de que así é, tales relatos están mediados por unha construción retórica planificada en termos de marketing e comunicación política; 4)
50 preferentemente, e partimos de que así é, tal construción retórica procurará condensar na mínima expresión semántica o máximo contido discursivo. Por tanto, da terceira fase de investigación arroxaranse os principais resultados da nosa investigación. Construiremos as principais observacións e interpretacións emanadas deste exercicio de investigación e plasmaremos como cremos que a estratexia de marketing e comunicación política resulta en tal construción discursiva en estrita relación coas perspectivas teóricas que estudamos. Por último, non queríamos deixar de tratar algunhas cuestións que a ollos do lector serían perfectamente comprensibles como contrapunto ó desenvolvemento da investigación, e queremos aclarar. Primeiro, sobre a pertinencia deste metodoloxía de análise e non realizar unha interpretación sobre lectura, sen metodoloxía a maiores da interpretación, queremos situar o seguinte: a posibilidade de contrastar unha estratexia de marketing político debe considerarse desde a sistematicidade. Para afirmar a constatación dun feito semántico debemos asegurar a súa existencia baixo unha metodoloxía de análise sólida e coherente, a cuantificación permítenolo. A interpretación baixo lectura podería dar lugar a unha semántica que non se correspondese coa do actor, que non nos permite contrastar realmente hipóteses sobre como constrúen unha estratexia semántica baixo a profesionalización das ferramentas de marketing, senón só facer conxeturas. Tamén podería dar lugar a unha interpretación que sobredimensione ou subestime o valor dunha enunciación sobre outra. Queremos contrastar a semántica na súa exactitude, afirmar aue a relación de significado se da baixo os mellores niveis de confianza e significatividade. 6.2. Fase analítica. 6.2.1. Primeira e segunda fase de análise, desenvolvemento e resultados. O primeiro nivel de análise consiste na recolección de datos e a cuantificación. Con este cometido acudimos ó recoñecido programa Atlas-Ti. Este permítenos incorporar varios documentos simultaneamente e analizalos conxuntamente. Na primeira medición, o programa exporta unha folla de Excel que indica cales son todas e cada unha das palabras existentes no conxunto dos programas. O total de palabras e símbolos, incluíndo as palabras repetidas, é de 38381.
51 O primeiro traballo de exclusión foi de pronomes, preposicicións e símbolos, que tamén resultaban ser os que máis repeticións presentaban. Conseguidamente, fixemos o cribado cualitativo, para o cal resaltamos todas e cada unha das palabras que, cunha significatividade mínima e partindo do coñecemento sobre o actor pasamos a interpretar a semántica que pode dar lugar unha mínima relación de significado. Despois de realizado o cribado a nivel cuantitativo e a nivel cualitativo, atopamos que os 10 conceptos con maior número de repeticións e que dilucidan relacións importantes de significado son os seguintes: España (128 veces), Estado (110 veces), nacional (107 veces), educación (78), unión (75), vida (73), defensa (68), Estados (63), Europa (63) y derecho (61). Non obstante, facendo xustiza ó método denotamos dúas cuestións: Primeiro, que o último programa electoral (decembro de 2019), tan só contea 3212 repeticións (contando símbolos e palabras repetidas), o programa electoral para as eleccións europeas de 2019, 7573 repeticiones, e o programa de 2016 ata 27596. Isto supón que o programa de 2016 ten máis de oito veces máis que o último de 2019, é máis do triple. Segundo, o criterio de repetición de Lutz anteriormente nomeado, e a consistencia ou non do desenvolvemento dunha semántica ó longo dos tres programas electorais. E polo tanto desgranamos programa por programa cantas veces se repiten as palabras máis significativas para cada programa electoral. Así, desgranamos os 30 conceptos máis relevantes para cada programa e desenvolvimos unha gráfica que permitise comparar os pesos relativos de cada concepto. Cando desenvolvimos esta gráfica atopámonos que a gran diferencia a nivel numérico debía ser resolta, polo cal establecimos unha relación entre os pesos. Tal relación solucionase graficamente do seguinte xeito: Ó concepto con maior peso determínaselle un tamaño de 32 pt, a partir de aí, faise unha relación básica de regra de 3. Non obstante, os que ostentan pequenas diferencias tan só se estratifican cunha diferencia de +/- 2 pt ata que chega a un mínimo de 10 pts. A resolución gráfica é tal que:
52 Táboa 1: Elaboración propia a partires do estudo dos programas electorais. Como observamos, existen algúns conceptos cuxa importancia específica se sostén ó longo dos diferentes programas: España, nacional, derecho/s, seguridad, Estado/s, defensa, terrorismo, inmigrantes e seguridad. Por outra banda, hai conceptos que tamén son relevantes aínda que non aparecen nun programa si que o fan noutros: vida, público/s, libertad, familia/s, justicia, españoles, soberanía, protección, nacionales e empresa/s. Sobre o programa electoral para as europeas, destacamos que hai algúns conceptos numericamente significativos, mais tendo en conta a especifidade europea pode comprenderse non sexan especificamente os máis significativos para a formación se non é neste tipo de eleccións. Noutro senso, reseñamos a desaparición dalgúns termos que aparecían nas xerais de 2016, como son gestión, social, valores, recursos, trabajo ou servicios. Tamén reseñamos a aparición nas dúas eleccións de 2019 de termos como cultural, lengua, autonómicas, nacionalidad, impuesto, soberanía e todas as referencias á inmigración. Seguidamente desenvolvemos a terceira fase de investigación:
53 6.2.2. Terceira fase de investigación, desenvolvemento. No primeiro paso analizamos a posible significación das palabras listadas que, baixo o cribado de interpretación previo, consideramos que estaban minimamente abertas á posibilidade de que ser constitutivas dunha relación de significado. Logo deste proceso, fomos seleccionando aquelas que efectivamente participaban e eran relevantes dentro dunha relación de significado. Neste proceso, atestiguamos que o máis beneficioso para explorar as relacións de significado sería clasificalas por temas clave, en función das relacións de significado que comezabamos a constatar no transcurso da investigación. Non obstante, o feito de que unha palabra clasificada dentro dunha determinada temática non implica que desbotemos a posibilidade de que esta poda formar parte dunha relación de significado en máis dunha temática. Ó contrario, no caso de que atopemos a presencia de palabras que xogan un papel relevante en relacións de significado de diferentes temáticas resultará de especial interese. Os grandes campos temáticos que abordamos son os seguintes: familia, Europa, inmigración, e construción nacional. Resulta chamativo que non exista unha temática relacionada coa economía. Isto non se debe a que non existan propostas económicas dentro dos programas de Vox. O motivo está en que non atopamos unha especifidade discursiva, pero non porque a concepción económica e a ulterior construción discursiva non estean presentes, senón porque se presentan dentro das propias temáticas sinaladas de xeito subxacente, como intermediadora entre significados. Previa presentación dos principais resultados e conclusións deste exercicio analítico queremos precisar que para nomear a relación de significado entre unidades semánticas utilizaremos o termo “relación conceptual”, a partir do cal situaremos como sucede cada relación de significado. Por outra banda, as primeiras conclusións que puidemos resolver nesta fase analítica, antes mesmo de desenvolver o groso da técnica de investigación teñen que ver coa selección de lemas para cada un dos programas electorais. Reseñamos que o lema resulta crucial como aglutinador do conxunto de significados presentes no programa baixo unha idea principal que cohesiona e sintetiza o marco de interpretación primario.
54 Este marco de interpretación primario atopará unha simbiose co momento político máis alá do puramente inmediato. Buscará primeiro dar resposta ó momento político en termos dun momento temporal que se acota non só a uns días nin a uns meses, senón a un período de tempo maior. Como simbiose non responde só, senón que tamén busca performar. É dicir, que o marco primario de referencia buscará non só acotarse ó momento, senón incidir nel. Baixo a concepción de Goffman comprendemos que o lema condensa nun obxectivo abstracto vontade estratéxica: o conxunto de faceres, vontades e esforzos de control existentes no programa e que van na dirección de acadar que a realidade política se resolva conforme deste obxectivo xeral. Destacamos que os resultados e as diferentes conclusións desta fase de investigación estarán organizados primeiro por temas e despois por un inventario de ideas forza que procure condensar as ideas e semánticas que constitúen os máis significativos e contrastables esforzos retórico-discursivos de Vox. Procuraremos nesta organización realizar conclusións en base ós preceptos do noso marco teórico, non descoidar ningunha aportación que desde este mesmo poda ser relevante á hora de interpretar o estudado. 6.2.3. Terceira fase de investigación, resultados do estudo dos lemas. Comentabamos que entendemos os lemas como resultantes dun esforzo consciente por condensar o marco interpretativo primario nun obxectivo abstracto e xeral. As conclusións emanadas da interpretación dos lemas son as seguintes: 1- Sobre o programa electoral para as eleccións xerais de 2016, “Hacer España grande otra vez”: A primeira conclusión ten relación coa posible participación de Steve Bannon na elaboración do lema, posto que o lema “Make America great again”, da campaña de Trump, atribuido a Steve Bannon, resulta unha interpretación literal para España. Este lema alude claramente a construción nacional española como a gran preocupación, o marco primario sobre o cal se desenvolven as vontades de xeito estratéxico, e fano desde a alusión clara a un pasado, a unha historia e uns mitos nacionais que desde o nacionalismo resultan fundamentais na súa constitución ideolóxica, tal e como estudamos na teoría nacionalista de Anthony Downs, pero que tamén situaron outros autores ós que acudimos como Carles Ferreira.
55 Ó mesmo tempo alude a tempos pasados mellores, promocionan unha forma de entender España relacionada co pasado, en relación estreita cunha visión tradicionalista e que conforma o marco de tal xeito que España se configura actualmente como “pequena”. Xa Lakoff (Lakoff & Johnson, 2003) falaba de como a metáfora era usada con fines políticos, de tal xeito que falar metaforicamente de España como “pequena” é unha metáfora orientacional que atribúe unha propiedade negativa cuxa orientación implica que debe ser resolta, neste caso, acudindo ó pasado e a historia. Pensamos primeiro na extrapolación directa do “Make America great again” e entendémolo como un xogo de posicionamento en presente coa vertiente Trump en Estados Unidos. Desgranamos despois o significado como xa sinalamos en base á alusión ó pasado e ós valores tradicionais baixo a perspectiva da alusión nacionalista a tempos mellores como postulado constitutivo desta ideoloxía. Pero “Hacer España grande otra vez” ten outra lectura. Efectivamente, alude a un pasado, pero se temos coñecemento da historia recente de España e interpretamos as principais posturas que aparecen neste programa atopamos unha terceira lectura. O programa desgrana a postura nacionalista que cre nunha única nación que se contrapón a todo nacionalismo periférico, e tamén configura un liberalismo económico e, polo tanto unha concepción do que é ser “libre” en termos económicos pero tamén políticos. Cremos que non é descabellado interpretar que isto configura unha alegoría ó lema franquista de “España una, grande y libre”. E cremos que isto non implica definir categoricamente a Vox como franquista, pero cremos que como alegoría, como referencia “suave” si que procura incorporar a estes sectores, ben como electores, ben como aliados. (1, simplicidade; 2, brevidade; 3, credibilidade; 4, consistencia; 5 alude a motivos e aspiracións). 2- Sobre o programa para as eleccións europeas “En Europa, por España”: España segue sendo o obxecto principal das preocupacións, seguindo a retórica e posición ideolóxica do nacionalismo. Sobre a construción semántica non hai moito que destacar. O punto está na formulación discursiva. Destacamos que, aínda que se aposte pola permanencia en Europa, non se fai desde unha posición claramente europeísta. Isto examinarémolo máis
56 afondo cando tratemos o contido relacionado coa Unión Europea, pero a significación da frase evoca unha relación de causalidade ata certo punto negativa. Interpretamos que o que pretende significar esta construción discursiva é que apostar pola permanencia en Europa non é parte dun desexo nin unha crenza compartida forte no proxecto da Unión Europea, senón que se aposta polo proxecto da UE en base a un criterio polo cal a España benefícialle máis, en termos xerais, promover a súa posición dentro da Unión Europea que promover unha posición de saída. Non deixamos de resaltar os exercicios retóricos de sinécdoque e metonimia polos cales se fala de Europa (en vez de Unión Europea) e se omiten verbos (permanecer, promover, apoyar) tanto para acurtar ata a mínima expresión a construción semántica (remitímonos a Luntz) como para suxerir en vez de emitir unha posición clara. Reseñamos que cumpre algunhas de enunciacións de Luntz (1, simplicidade; 2, brevidade; 3, credibilidade; 4, consistencia; 5, ofrece algo novo) 3- Sobre o programa para as eleccións xerais de novembro de 2019 “100 medidas para la España viva”: Denotamos varias cuestións relevantes nesta enunciación. Primeiro, consideramos que a formulación de 100 medidas aporta seriedade, contundencia e claridade propositiva e enuncia a “existencia de programa”. Comunicativamente a precisión numérica, se se corresponde co formato comunicativo, enuncia estas propiedades. Declara un esforzo consciente para declarar un obxectivo e como existe unha planificación seria, consistente e ben traballada para acadar este obxectivo. O segundo que reseñamos é o uso metafórico de España como suxeito, como organismo vivo, seguindo a retórica nacionalista de construción da nación como suxeito. Se ben esta enunciación é moi significativa en si mesma, destacamos que consecuentemente debe existir a España “morta”. Non se di “España vive”, enúnciase “a España viva”, o que implica necesariamente a existencia dunha que está morta seguindo a construción metafórica. Interpretamos que a España morta é a dos inimigos -externos e internosde España. Por último, volvemos intuír que na enunciación existe unha retórica que elude a unha reclama popular entre o franquismo, pero en xeral entre todas as posicións de dereita
57 en España, que é o “viva España”, xa que se enuncia nos mesmos termos pero simplemente coa orde cambiada. Reseñamos que cumpre algunhas de enunciacións de Luntz (1, simplicidade; 2, brevidade; 3, credibilidade; 4, consistencia; 5, ofrece algo novo; 6, alude a aspiracións e motivos). 6.2.4. Táboas de asociacións conceptuais. Debemos precisar que á hora de examinar as asociacións conceptuais establecemos para cada temática unha táboa propia que sintetiza a información semántica baixo o seguinte esquema: Catro cadrantes que agrupan o significado que xoga cada palabra en relación á unidade semántica de máxima significación. O cadrante superior esquerdo aglutina significados negativos en clave de suxeito, son os “axentes do mal”, os inimigos e, en xeral, un “quen” contra o que se debe loitar. O cadrante inferior esquerdo aglutina significados negativos en clave de medios, aglutina o “como” dos “axentes do mal” e, en xeral, as actividades e os faceres dos mesmos. O cadrante superior dereito aglutina significados positivos en clave de suxeito, os “axentes do ben”, o que se debe protexer, dignificar, por en valor ou promover. O cadrante inferior dereito aglutina significados positivos en clave de medios, “o que hai que facer en virtude do ben”, as actividades, as políticas e os faceres en xeral para actuar contra o inimigo que ameaza. Precisaremos en todo caso no estudo de cada tema todos os matices e visicitudes que se dan neste aspecto. 6.2.4.1. Asociacións conceptuais para a construción nacional. Ó igual que nas restantes táboas construímola en relación ás unidades semánticas de máxima significación. Cabe aclarar antes de presentar a táboa que o procedemento técnico que seguimos para realizalas é en resumidas contas o comentado anteriormente: realizamos un listado
64 información sobre as relacións de significado estudamos o programa das eleccións europeas: Táboa 3: Elaboración propia a partir do estudo dos tres programas electorais. Sobre as asociacións conceptuais internas, atopamos como no cadrante superior esquerdo existe certa cohesión entre os significados ós que se alude en todo momento. Son xeitos de nomear unha mesma visión elite-pobo. “Maastritch” e “Bruselas” aparecen como operacións retóricas de sinécdoque en tanto que se configura o todo pola parte, por un momentum que aglutina significados negativos sobre o que é a Unión Europea, en equivalencia co resto de semánticas “socialdemócratas”, “federal”, “institución”, “comunitaria” e “burócratas”, que tratan sobre diferentes caras dunha mesma moeda. Son os mesmos inimigos, internos todos eles, en diferentes claves: territorial e económica. Este descontento co rumbo da Unión Europea adquire a dimensión elite-pobo na significación burocrática. Como destacabamos anteriormente existe unha diferencia esencial entre “Europa” e a Unión Europea. Se nos retrotraemos ó estudo sobre o desenvolvemento conceptual ó principio da fase analítica de investigación atoparemos que “Europa” aparece menos
65 veces que “Unión” pero máis veces que “Europea”. O salto cualitativo está nunha crenza forte en Europa como suxeito conglomerador de “espíritos” afins, pero nunha significación negativa do que é a Unión Europea referíndose á mesma como “la Unión”, inserida nun contexto propositivo que parte dunha significación negativa na maioría de casos. As consecuencias do “afincamento” deste inimigo interno nas institucións da Unión Europea é a permisión e apoio á “invasión”, o “terrorismo”, o “islam” e as “mafias”; a política do “gasto” na que as “regiones” socavan as soberanías nacionais e se beneficia a “identitarismos” e “separatistas”. A asociación conceptual interna relaciona principalmente “invasión”, “terrorismo”, “islam” e “mafias” como parte dun mesmo todo e da outra parte “separatistas”, “regiones” e “gasto”. Tales relacións entre as semánticas van encamiñandas en primeiro termo a denominar ó suxeito cunha significación negativa maior. As “regiones” denomínanse equivalencialmente con “gasto” e “separatistas”; mentres que o suxeito “islam” (que referencia alegoricamente á inmigración desde unha significación xa negativa), é denominado baixo “terrorismo”, “invasión” e “mafias”. Por outra banda, o cuadrante superior dereito presenta a mesma relación de significación que na temática de construción nacional, en tanto conformar un “espírito”, que é Europa como lugar común onde os diferentes espíritos-nación cooperan e comparten “identidad”, a preocupación das “naciones” pola “unidad” e a “soberanía”. Esta “identidad” compartida relaciónase coa aportación común á “civilización” e o acervo “cultural”, en promoción dun “mercado” común e a “libertad”. Noutro senso, o cuadrante inferior dereito indica os modos nos que Europa debe actuar coa fin de promover a construción común, cuxos elementos constitutivos son os detallados no cuadrante superior dereito. Estes modos tratan sobre como deben ser as relacións entre as “naciones” no exercicio da súa “soberanía”. Estas son unha conformación en positivo por unha banda, e unha conformación en negativo (sobre os inimigos) por outra. Os medios en positivo son “voluntaria”, “respeto”, “comunión”, “protección”, “producción” e “cooperación”. Resólvese en positivo pero como punta de lanza do que non é a Unión, en contraposición co que si é Europa (en termos semellantes, pero de menor intensidade, que a construción nacional de España) e o que debe ser, os medios q ue deben accionarse para chegar á construción común europea. Por outra banda, a semántica de “repatriación” e “defensa” ten que ver con accionar medios concretos contra os inimigos, en clave de inmigración.
66 O resto de conclusións extraídas sobre a temática de Europa son as seguintes: 1- Europa é entendida desde unha retórica nacionalista de alianzas entre Estadosnación que queren exercer a súa “soberanía”. As alianzas non son estratéxicas, senón espirituais, existe un ben común, un espírito compartido. Atestiguámolo na referencia a unha “civilización” conformada como suma dos Estados-nación, no que España é parte fundamental, compartindo un acervo “cultural” que permite compartir formas de ser e comprender. 2- Esta performación é política e ideolóxica nos termos do nacionalismo de Vox. Neste caso adquire esa vontade común no Grupo de Visegrado. A mesma comprensión de “libertad”, o desexo común de “unidad” do Estado-nación, a aportación común en termos de “civilización” e a loita contra uns mesmos inimigos define as relacións de “cooperación”, “respeto” e “defensa” dunha “produción” nacional que promove a participación “voluntaria” nun “mercado” común. 3- A configuración económica segue dándose en termos de intermediación valorativa. Interpreta e enmarca as relacións de significado validándoas ou demarcando unha significación negativa. A configuración institucional “federal”, que propón unha distribución que crea “gasto” por medio da “región”. “Gasto” é unha intermediación económica liberal que interpreta directamente a validez do reparto territorial como parte do relato do Estado-nación e a soberanía. 4- Non facemos máis alusión a termos directamente relacionados coa construción nacional, posto que xa foron analizados no apartado sobre a mesma. 5- Si destacamos a construción en termos de elite-pobo que, como xa comentabamos, adquiría a significación baixo a fórmula burocracia-institución comunitaria como capa social afianzada e parasitaria. Este inimigo é fundamental e debe superarse para realizar a vontade de España como pobo, como espírito común. A valoración fundamentalmente ten que ver con criterios de “unidad” e “soberanía” en termos de construción nacional e con criterios de valoración económica. 6- No mesmo senso a construción da elite procúrase crear un inimigo externo en concordancia cun interno, cuxa relación de significación é tal que: - A elite, institucións e axentes vivos –socialdemócratas, burócratas- - das institucións –comunitarias-
67 - que confabulan, plasmado en “momentums” ou lugares metafóricos - Bruxelas, Maastritch- - para que inimigos externos, axentes vivos -mafias, terroristas- - ademais de con inimigos internos -regiones, separatistas- - actuando contra os estados soberanos e o seu pobo –inmigración, islam, invasión, gasto- 7- Resulta máis clara a estratexia de asociación conceptual pola cal, ademais de significarse conceptos radicalmente diferentes e de temas/suxeitos diferentes baixo un mesmo hourizonte, unha operación equivalencial, tamén se enuncian categorías de significado a uns conceptos a través de operacións retóricas. Reseñamos: inmigración con terrorismo e mafia. Sobre esta operación retórica afondaremos máis no apartado temático sobre a inmigración. Por último, destacamos o traballo de enmarcado sobre o issue da Unión Europea, que pertinentemente se constrúe en clave de contestación, aínda que non de saída, en relación a un descontento social coa UE que nunca tivo representación no electorado da dereita. 6.2.4.3. Asociacións conceptuais para o issue de inmigración. Do mesmo xeito que na anterior táboa o esquema de cuadrantes nesta táboa queda intacto: “os axentes do mal” no cuadrante superior esquerdo, “o mal” e “os medios do mal” no cuadrante inferior esquerdo, “o ben” no cuadrante superior dereito e “os medios para lograr o ben” no cuadrante inferior dereito. Neste caso, como é lóxico, a unidade semántica de maior significación é inmigración, xunto con inmigrante e inmigrantes. O estudo é abordado desde os tres programas electorais. Como vemos na táboa, as relacións de significado internas son consistentes e apuntan todas nunha mesma dirección: O cuadrante superior esquerdo vai encarado a enunciar o significado da inmigración e o inmigrante e os axentes activos: “mafias”, “ongs”, “empresas” son os axentes activos, “origen”, “islámica”, “delincuentes”, “criminales”, “terrorismo”, “presos”, enuncian novos significados (despectivos) da inmigración.
68 Táboa 4: Elaboración propia a partires do estudo dos tres programas electorais. O cuadrante inferior esquerdo enuncia as consecuencias da inmigración “ayuda”, “incentivos”, “favorezcan”, “privilegios”, “gratuíto”, “subvenciones” son enunciacións sobre as consecuencias da inmigración en clave económica, enunciacións negativas que parten dun relato de favoritismo polo inimigo exterior, do cal España (o pobo, dentro dunha lóxica de elite-pobo) sae perxudicada; mentres que “delito” e “presión” enuncian a ofensiva do inimigo exterior sobre España baixo a retórica da criminalización. O cuadrante superior dereito enuncia o que é atacado, o que se debe preservar, sendo a “integración”, a “protección”, a “seguridad”, as “necesidades” “laborales” e da “economía” e a “sanidad” “española”. E o cuadrante inferior dereito os medios que se deben poñer para frear a inmigración “control”, “suprimir”, “acabar”, “prohibición”, “prevención”, “eliminación”, “deportación”, “repatriación”, “ordenar”, “penas” e “fronteras”. Esta configuración do significado de inmigración vai encarada a aumentar o “salience” do frame sobre este issue. Queremos dicir que a asociación de conceptos ten por fin maximizar impacto potencial do frame cunha semántica que pretende infundir emocións fortes de medo que crean a necesidade do Estado de dereito forte e punitivista
69 que sexa capaz de protexer España (dobre xogo de España como Estado e España como pobo). O resto de conclusións extraídas sobre o issue de inmigración son as seguintes: 1- Que a inmigración é relatada baixo o marco de referencia primario en dúas clave: o marco económico liberal e o marco de construción etno-nacional. 2- Sobre o primeiro, volve ser un marco de interpretación que enuncia a dirección dunha relación de significado. Por exemplo, entre “inmigrante” e “ayuda”, o marco liberal de interpretación significa a relación entre as dúas unidades semánticas a dirección claramente negativa en Vox: o inmigrante benefíciase de noso traballo (impostos) e quítanos a nós tales axudas á vez que deterioran a sanidade, a educación e a seguridade. 3- Sobre o segundo marco, a enunciación étnica vémola na semántica que apunta á orixe do inmigrante para alertar sobre unha “invasión” que traia o islamismo a España. É dicir, pon en perigo a unidade de valores de España, a súa forma de ser. Polo tanto, a “capacidade de integración”, é dicir, de asimilación político-cultural do que é España, debe ser o criterio para que podan entrar os inmigrantes. Este criterio etno-nacional non enuncia unha etnicidade de raza, senón sociopolítica. 4- Por outra banda, resaltamos que o marco punitivista (prohibición, repatriación, deportación...) segue plenamente presente como parte do “necesario” fortalecemento do Estado. Se o interpretamos desde unha perspectiva máis ampla, tendo en conta o que xa fomos investigando, podemos atopar a fortaleza da que gozan as cadeas equivalenciais: 1) A construción nacional fía valores, historia e símbolos, encarna un suxeito superior “España”, cunha poboación, un territorio. 2) España, encarnada como un suxeito superior, un espírito elevado, está á súa vez por suxeitos concretos: familias e empresas. Fía a concepción tradicional católica coa concepción liberal. 3) Unamos os postulados de construción nacional coa estratexia xeral de marketing (posición de polarización nos issues, carga emocional do discurso...). A punitivización como solución política contra o inimigo, que ataca a España (e polo tanto todo o que esta integra) está plenamente xustificada e é coherente co escenario emocional de polarización. O Estado,
70 cuxa unidade-centralidade é primordial, faise forte cun sistema xudicial forte e punitivista. As familias e as empresas fanse fortes. Os seus valores. A súa “vida”, a súa forma de ser. 5- Queremos reseñar tamén o uso retórico dun concepto concreto: “fronteras”. As fronteiras non son só enuncian o límite do territorio, como sabemos. A súa significación non versa unicamente sobre unha “solución”. Constitúen un símbolo, o lugar determinante dun relato no que os heroes loitan contra o inimigo decididamente, salvagardando España (o espírito que encarna esa conxunción de significados da que xa falamos) e sacrificándose por ela. 6- Queremos deixar claro que a asociación conceptual, por exemplo, de inmigración con mafia, ten un motivo e unha finalidade. Que aparezan repetidamente na mesma unidade semántica (proposta) vai encamiñado a relacionar tales semánticas. Lembremos o libro de Lakoff “non penses nun elefante”. Fainos pensar nun elefante. É a súa intención. Do mesmo xeito afirmamos que presentar na mesma unidade semántica de forma repetida e en diferentes termos, a semántica inmigración coa semántica mafia ten como finalidade, ademais de enunciar un significado negativo sobre a inmigración, facer que cada vez que pensemos en inmigración pensemos na mafia. É por isto que as asociacións conceptuais son clave. Partimos de que existe un motivo subxacente para que semánticas importantes se sitúen á par que outras semánticas importantes. Estas semánticas descobren o esforzo de marketing e comunicación por fixar que semánticas e sistematizar o estudo para afirmar a existencia de relacións de significado. 6.2.4.4. Asociacións conceptuais para o issue de xénero. Este issue entronca directamente coa posición de Vox sobre os valores tradicionais e a posición que representa a partires da gran importancia que adquire o mesmo coa representación mediática e a gran mobilización en torno a este issue, co 8 de Marzo como día simbólico deste issue. Sobre a construción da táboa de asociacións concepuais, resaltamos que a construción para este issue é principalmente en clave positiva. Os “axentes do mal” son
71 poucos e difusos. A semántica sobre os “axentes do ben” e sobre os “medios para protexer ó ben” é significativamente maior. A unidade de maior significación é “familia”, xunto con “vida” e “aborto” (ambas refírense a un mesmo feito social). Táboa 5: Elaboración propia a través do estudo dos tres programas electorais. O cuadrante superior esquerdo presenta tan só un claro suxeito, un só axente activo do “mal”. Son as “feministas”. É certo que o cuadrante superior esquerdo presenta catro palabras a maiores, pero configurámolas como suxeitos cunha razón clara: “Impuesto”, “fiscalidad”, “pago”, “costes” xogan o papel de suxeito nas diferentes propostas e fano alegorizando á socialdemocracia e os “modelos de gestión” dos que faláramos anteriormente. Polo tanto, o suxeito “feministas” está claro e definido coherentemente coas estratexias de polarización, de incisión nun issue desde unha posición “nova” e con impacto emocional e facilmente reseñable na axenda mediática, e coa reivindicación dos valores tradicionais.
72 Con respecto de “fiscalidad”, “pago”, “costes”, “impuesto”, a posición económica liberal segue xogando o papel de marco de interpretación como intermediario entre as relacións de significado. Por outra banda, a nivel retórico é interesante que xoguen o papel de suxeito sen ser suxeitos como tal, pero alegorizando un suxeito difuso que opera deste xeito para o mal. Sobre o cuadrante inferior esquerdo as semánticas reseñadas son as seguintes: “divorcio”, “problema”, “denuncias”, “falsas”, “intervenciones”, “ajenas”, “abortorios”, “ruptura”, “drama”. A semántica “divorcio”, “drama”, “ruptura”, “problema” fai referencia a un relato desde os valores tradicionais polo cal o divorcio ten unha carga especialmente negativa, relacionada co papel central da familia tradicional como constitutiva da idea de España. Asóciase coa idea de “ruptura”, cuxa significado é bastante semellante ó de “divorcio”, pero que incide na carga emocional negativa, e máis no caso de “drama”, cuxa finalidade é cargar de negatividade o concepto de divorcio. En cambio a semántica “denuncias” e “falsas” vai encamiñada a sustentar un marco polo cal as mulleres obran maliciosamente contra os homes para sacar beneficios asegurados pola discriminación das feministas sobre os homes. A semántica “abortorios” procura significar de xeito especificamente pexorativo o aborto partindo dos valores tradicionais, denominando así ás clínicas abortivas. A semántica “intervenciones” e “ajenas”, ademais de referirse ó aborto, refírese ós cambios de sexo, anclados nesa visión do xénero que parte dos valores tradicionais. Con respecto do cuadrante superior dereito, “o ben”, está formado pola semántica “mayores”, “niños”, “dependientes”, “matrimonio”, “nacionales”, “embarazo”, “mujer”, “natural”, “hombre” e “numerosas”. A maioría “mayores”, “niños”, “dependientes”, “numerosas” é unha construción semántica positiva e pertencente a un relato no cal o suxeito ten un valor capital que debe ser protexido, coidado. Son vulnerables. A semántica “matrimonio”, “natural”, “hombre” e “mujer” é unha construción positiva, pero que apela a valores tradicionais que reafirman a concepción aludindo ó inimigo (neste caso a concepción feminista de matrimonio e ós LGTB), significando ós matrimonios que non consta dun só home e unha soa muller como non naturais. O mesmo
73 pasa con “embarazo”, referíndose ó feito do aborto. Por último, “nacionales” incide na construción étnico-política de España, na que a “familia” é un pilar constitutivo. En relación ó cuadrante inferior dereito, desenvólvese dentro do relato da vulnerabilidade e á vez resolve o xeito de loitar contra o inimigo e os seus medios: “fomentar”, “protección”, “derecho”, “exención”, “cheque”, “facilitar”, “incentivar” e “subvencionar” son semánticas que dentro do relato xogan o papel de salvaguardar a familia como pilar constitutivo de España; “concienciación”, “prevención” e “defensa” relaciónanse coa loita contra a “ruptura” e o “divorcio”, entendendo o matrimonio como fundamental para que os membros vulnerables da familia reciban o coidado que precisa de pai e nai. Neste apartado temático só queremos reseñar que dentro do relato das denuncias falsas entra a semántica de “violencia intrafamiliar”. Subxace a idea de que non existen relacións desiguais entre home e muller no seo da familia. A familia “é como é”. A violencia que se dá dentro dela non ten que ver cunha falsa dominación do home sobre a muller, senón que é un drama que afecta do mesmo xeito a homes e mulleres, pero no que as feministas perxuran por acadar unha situación de dominación da muller sobre o home. 6.2.4.5. Asociacións conceptuais para o issue independentista. Sobre o issue independentista o primeiro que reseñamos é que a centralidade do issue non a atopamos na denuncia dos independistas (e outras denominacións). A centralidade do issue está na configuración autonómica. É dicir, a forma que toma o relato é que se ben os “axentes activos do mal” (independentistas, secesionistas, separatistas, etc.), son os inimigos con nome e apelidos, ós que se debe repudiar e encarcerar, a central atención é para o réxime autonómico como centro estrutural dos problemas. É debido a isto que a unidade de maior significación é “autonomías”, á que se lle suma “autonómico” e “separatismo” (como concepto nuclear de significación para denominar ós independentistas). Sobre o primeiro cuadrante, en estricta relación cos conceptos nucleares, desenvolve “suxeitos de segunda categoría”. É dicir, ou non son suxeitos propiamente ditos “normas”, “schenguen”, ou son suxeitos que son á súa vez produto do réxime autonómico “vasco”, “catalán”, “secesionismo”, “policías”, “televisiones”,
80 28 – Debe potenciarse la innovación en el rural, así como ayudar y promover la agricultura española, agraviada por las instituciones españolas y de la Unión. 29 – Los burócratas y socialdemócratas que viven de las instituciones y promueven la inmigración desatienden y ponen en peligro a las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado en la frontera, así como fomentan la desigualdad a través de las policías autonómicas. 30 – Debe rendirse homenaje y asegurar buenos salarios y respeto a estos agentes, que son héroes de España.
81 7. A análise do perfil sociodemográfico e opinístico, contrastar o éxito das estratexias de marketing político de Vox. Xa se comentou anteriormente que para esta segunda parte da investigación buscaríamos contrastar a segunda hipótese de estudo mediante a técnica e o método cuantitativo. Temos como obxecto de estudo a existencia de relacións significativas a nivel sociodemográfico e opinístico a través do estudo de enquisas dunha fonte de información secundaria como é a enquisa post-electoral de decembro de 2019 por parte do CIS, Centro de Investigaciones Sociológicas. Neste senso, o estudo das relacións de significado, resultantes de tal estratexia de marketing, cuxos resultados xa foron expostos, estará restrinxido á medición desenvolta polo CIS na súa enquisa. Como detallabamos no desenvolvemento da segunda hipótese, a realización da investigación nos termos cuantitativos ten por obxecto contrastar mediante a medición obxectiva a concorrencia das estratexias de marketing e comunicación política por parte de Vox. Isto a través da técnica estatística, outorgando a feitos e opinións sociais. Buscaremos atestiguar a existencia de relacións entre determinados feitos e opinións sociais en termos probabilísticos mediante o uso da técnica estatística. A partires da concorrencia ou non de tales relacións procuraremos establecer as pontes coas relacións de significado extraídas do estudo previo de marketing e comunicación. 7.1. Deseño de investigación. Como comentamos, a fonte de información á que acudimos é a enquisa postelectoral de decembro 2019 elaborada polo CIS. O motivo de que escolleramos esta enquisa en concreto parte de que 1) son os datos máis actualizados; 2) foron as eleccións nas que sacaron mellores resultados; 3) os esforzos discursivos ó longo dos tres anos que estudamos na anterior fase de investigación dilucidan gran homoxeneidade, polo que podemos supor os resultados como resultantes dunha estratexia homoxénea e coherente temporalmente, seguindo un proceso ascendente na súa profesionalización.
82 O procedemento técnico consiste na análise estatística mediante o programa IBMSPSS Stadistics. Comprendemos que as técnicas para a medición das relacións entre feitos e opinións sociais máis certeiros para os nosos obxectivos de investigación son dous: táboas de continxencia e regresión loxística binaria. Detallaremos posteriormente cales son os variables en concreto e o que se mide con tales variables. O motivo da escolla de táboas de continxencia ten que ver con que nos vai permitir diferenciar a concorrencia dos feitos e opinións sociais en relación ó voto, establecendo unha diferenciación concreta entre o electorado de Vox e o resto do electorado. Con esta diferenciación procuraremos observar e constatar as diferencias entre un e outro electorado en relación ó estudado na fase cualitativa de investigación. Por outra banda, coa regresión loxística binaria procuramos establecer se tales feitos e opinións sociais son significativos á hora de explicar o voto de Vox a través dos propios procedementos probabilísticos. Os medidores que establecemos a partires dos datos e variables do CIS son os seguintes: 7.2. Fase analítica e resultados. 7.2.1. Táboas de continxencia. Antes de desenvolver as táboas de continxencia especificamos como as desenvolvemos. Neste senso destacamos que con esta fin desenvolvimos unha variable dicotómica recodificando o recordo de voto, dividindo a variable entre “votou a Vox” e “non votou a Vox”. O primeiro factor sociodemográfico de estudo é o sexo. Descubrimos que a diferencia entre o votante de Vox e o electorado que non vota a Vox está en que o 60.7% do electorado Gráfica 1 Elaboración propia a partires dos datos do CIS Distribución de voto por xénero
83 de Vox son homes, sendo o 39.3% mulleres. Significativamente diferente ó resto do electorado: o 52.7% (+13.5% con respecto a Vox) son mulleres; e o 47.3% son homes (- 13.5%). Sobre a diferente composición en canto a xénero do electorado de Vox, nós comprendémolo como resultante da fixación de Vox no issue do feminismo. Como partido anti-feminista e anclado en valores tradicionais, facendo fincapé nun relato de discriminación do home, entendemos que os valores son os esperados. Por outra banda, sobre os grupos de idade, observamos que a maior proporción de votantes son xóvenes, significativamente maior en relación ó resto do electorado. De 18 a 29 anos o voto de Vox é ata un 9% máis en proporción con respecto do resto do electorado (21.9% sobre 12.9%) e de 30 a 49 é ata un 8.5% (41.8% sobre 34.3%). No grupo de idade de 50 a 64 anos a diferencia é leve (24.0% sobre 26.8%, un 2.8% menos), mentres que é moi grande a diferencia cos maiores de 65 anos (12.3% sobre o 25.9%, un 13.6% menos). Por outra banda, seguindo con criterios sociodemográficos, resaltamos que a maioría dos votantes de Vox teñen como etapa de finalización de estudos os estudos de secundaria, un 14.6% maior en proporción sobre o resto do electorado (53.1% sobre o 36.5%), seguido por Formación Profesional cun 24.0% e sendo un 5% maior en proporción sobre o resto do electorado (19%). A terceira rama en proporción son os estudos superiores. Son un 15.5%, o que supón en relación ó restante electorado un 8.1% menos en proporción (o restante electorado está composto por un 23.6% con estudos superiores). Para finalizar, sobre o electorado que non ten estudos ou ten estudos de primaria representa un 7.1% para Vox, mentres que para o restante electorado é dun 20.9%, un 13.8% máis. Gráfica 2Elaboración propia a partires dos datos do CIS Distribución de voto por grupos de idade de 18- 29 e 30-49
84 Por outra banda, sobre a situación sentimental, destacamos que o electorado de Vox está constituida nun 6.9% máis por xente con parella que no resto do electorado. Destacamos a situación sentimental sobre a situación civil porque a situación civil reflexaba poucas diferencias. Entendendo os grupos de idade de Vox pareceunos lóxico que o nivel de casamentos fora semellantes a pesares de ser un partido “pro-matrimonio”. Seguindo coas variábeis sociodemográficas, no relativo á ocupación laboral interésanos atopar se o traballo de microtargeting cara as forzas armadas e policiais e cara ós agricultores. Sobre as primeiras, destacamos que o sector da Administración e defensa (que engloba ós diferentes corpos de seguridade e militares) si ten unha composición diferencial en relación ó resto do electorado: a porcentaxe que representa dentro do voto a Vox este sector é dun 9.4%, mentres que no resto do electorado é dun 4.6%. Isto partindo da clasificación por rama laboral (CNAE09). Se imos á outra variable sobre a ocupación laboral, observamos que os pertencentes a corpos policiais e forzas de seguridade, proporcionalmente son un 4.1% para Vox e un 1.2% para o resto do electorado. Consideramos que o traballo de microtargeting funciona, non obstante, tamén é unha peza fundamental dentro do discurso. En cambio, no sector da agricultura, a porcentaxe é practicamente a mesma: baixo a clasificación por rama laboral (CNAE09) atopamos que o sector que engloba a agricultura engloba o 8% do voto de Vox, mentres que no resto do electorado é dun 8.4%. Se contamos a variable de ocupación, o sector no que se engloba a agricultura representa un 6.5% o voto a Vox, mentres que no resto de electorado o seu peso é dun 7.1%. Gráfica 3 Elaboración propia a partires dos datos do CIS Gráfica 4 Elaboración propia a partires dos datos do CIS Distribución de voto por situación sentimental: con parella Distribución de voto por ocupación laboral: militares e outras forzas de seguridade
85 Sobre a relixiosidade, destacamos que a proporción de católicos e católicas practicantes é proporcionalmente un pouco maior en Vox que no resto do electorado (24.6% sobre un 21.1%). Non obstante, no caso dos católicos e católicas non practicantes a cifra dispárase, un 57.1% sobre un 45.8%. No caso de creintes doutras relixións, o electorado de Vox é tan só dun 1.5%, mentres que no resto tamén é baixo con 2.8%. No caso do agnosticismo, ata un 8.1% do electorado que non vota a vox se declaran agnósticos, mentres que en Vox esta cifra é dun 3%. No caso do ateísmo, o 12.4% declárase ateo e non vota a vox, mentres que un 6.5% é o que vota a Vox e se declara ateo. Con respecto dos indiferentes ou non creíntes, son un 9.8% os que non votan a Vox e un 7.4% os que si votan a Vox, en proporción. No relativo á relixiosidade, correspóndese coa configuración ideolóxica subxacente, reivindicativa do pasado e os valores tradicionais, e bebedora das tradicións máis católicas do franquismo -nomeadamente o nacional-catolicismo-. En canto ó ámbito opinístico, comezamos coa escala de autoubicación ideolóxica. O primeiro que destacamos é que o electorado de Vox que se sitúa entre o 7 e o 10, onde o 10 é o valor máximo á dereita e o 1 o valor máximo á esquerda, é dun 64.6%. É dicir, que se ben do restante electorado tan só nun 14.3% se autoubica en valores entre o 7 e o 10, no caso de Vox estes son 50.3% máis en proporción. Nos valores 5 e 6, a proporción é de 32.6%. Os valores do 5 ó 10 ocupan un 97.2%, o 2.8% restante son electores de Vox que se autoubican do 1 ó 4. Cabe resaltar a gran cantidade de votantes que se sitúan nas esferas máis radicais da dereita. Nós comprendemos, que ademais de corresponderse coas estratexias de posicionamento radical e polarizador nos issues que xa comentamos anteriormente, correspóndese coa estratexia de incorporar tales sectores ó seu electorado (elementos simbólicos, retóricos, as distintas referencias ó pasado franquista…). Gráfica 5 Elaboración propia a partires dos datos do CIS Distribución de voto por autodefinición ideolóxica do 7 ao 10
86 Seguindo co ámbito opinístico, sobre a autodefinición ideolóxica do electorado de Vox resaltamos que na maior proporción se consideran conservadores/as, nun 46.1%. O resto do electorado tan só o fai nun 15.9%. Seguidamente considéranse liberais, nun 18.5%, máis equilibrado co resto do electorado, que se considera liberal nunha proporción dun 13.5%. No ámbito da construción nacional e o independentismo exploramos a valoración da influencia da situación de Cataluña na decisión de voto, resultando en que dos que votaron a Vox un 56% considerou que a situación de Cataluña influíu moito na súa decisión de voto, mentres que no restante electorado esta porcentaxe é de tan só un 21.9%. É claro que en termos de construción nacional estes resultados sobre a influencia da situación de Cataluña na decisión de voto se corresponden coa extrema preocupación desta configuración ideolóxica por manter unido ó Estado-Nación e a retórica nacionalista. Do mesmo xeito, Cataluña é un dos tres issues piares (xunto con inmigración e familia-valores tradicionais) sobre os que incide na axenda pública e constitúen o principal motivo de existencia e éxito electoral de Vox. De xeito similar pasa coa influencia sobre a exhumación de franco na decisión de voto. É do mesmo xeito un factor relevante para o electorado de Vox. O 18.1% dos que votaron a Vox afirman que este foi un factor relevante á hora de votalo, mentres que para o resto do electorado, este issue só foi relevante para un 4.7% á hora de decidir o seu voto. Unha vez máis, os esforzos por integrar ós sectores máis radicais e anclados nas diferentes ramas do franquismo da froito, sendo un dos principais símbolos destes sectores e, polo tanto, un mobilizador de voto. Gráfica 6 Elaboración propia a partires dos datos do CIS Distribución de voto en función da influencia da situación en Cataluña sobre a decisión de voto
87 Outra variable que foi interesante analizar foi a variable sobre a preferencia sobre o tipo de goberno. Neste caso, entre as respostas de interese, aquela que di “la democracia es siempre el tipo de gobierno preferible” é a que escollemos para facer este gráfico. Un 90% do electorado que non votou a Vox respondeu deste xeito á pregunta, mentres que no electorado de Vox é tan só un 72%. O resto de respostas (“a veces es preferible un gobierno autoritario” ou “para personas como usted da igual un gobierno que otro”) constitúe o 28% restante. Outra das variábeis opinísticas ten que ver coa consideración dos principais problemas de España. O primeiro resultado desta investigación é o relacionado coa inmigración. Atopamos que o 39,9% do electorado de Vox considera que a inmigración é un dos tres principais problemas de España. Polo outra banda, é un 8.3% o electorado que non vota a Vox e considera a inmigración como un dos tres principais problemas de España. Dimensionando a relevancia dos datos acadados extrapolamos que: Vox ten conseguido instaurar no 39.9% do seu electorado un dos tres issues de maior relevancia para o partido como un dos tres principais obxectos da súa preocupación política. Outro dos principais problemas relevantes no noso estudo e sobre o que atopamos unha variación significativa ten que ver coa consideración de que “políticos e partidos políticos” son o primeiro problema de España. Entendémolo en clave elite-pobo. Gráfica 7 Elaboración propia a partires dos datos do CIS Gráfica 8 Elaboración propia a partires dos datos do CIS Distribución de voto en función da definición de democracia como mellor sistema de goberno Definición de “inmigración” como un dos principais problemas de España no electorado de Vox
88 Atopamos así que tal preocupación é a principal para o 30.2% do electorado de Vox, mentres que para o resto do electorado é dun 25.9%. A suma dos tres principais problemas é, no caso de Vox, dun 52.2%; no caso do electorado que non votou a Vox é dun 49.3%. Non obstante, entendemos que esta configuración elite-pobo, dáse nos termos que tratamos no apartado temático da Unión Europea e non no issue de corrupción. Á hora de definir o issue de corrupción como principal problema non existen diferencias significativas. Dentro desta configuración polarizadora de elite-pobo consideramos que a perspectiva sobre a situación económica e política de España é indicativa: A gráfica da esquerda indica o porcentaxe de electorado que (votou ou non a Vox) considera a situación política como mala ou moi mala (51.3% electorado de Vox sobre o 35.5% de quen non votou a Vox); mentres que a gráfica da dereita representa un 64.1% de votantes de Vox que consideran a situación económica de España como mala ou moi mala sobre o 50.1% que non votan a Vox. Entendémolo como resultante da performación interpretativa do marco de referencia primario: unha polarización que se corresponde coa Gráfica 9 Elaboración propia a partires de datos do CIS Gráfica 11 Elaboración propia a partires dos datos do CIS Gráfica 10 Elaboración propia a partires dos datos do CIS Distribución de voto en función da definición de “políticos y partidos políticos” como principal problema de España Distribución de voto en función da valoración como mala ou moi mala da situación política de España Distribución de voto en función da valoración como mala ou moi mala da situación económica de España
89 finalidade do marketing de infundir no seu electorado unhas emocións coherentes co discurso de extrema dereita, intrinsecamente polarizante. 7.2.2. Regresión loxística binaria. A regresión loxística binaria é unha técnica estatística que nos permite correlacionar múltiples variábeis independentes cunha variable dependente (ou de resposta) para observar a incidencia das primeiras sobre a variable de resposta. Estas variábeis deben ser cuantitativas, ou no seu defecto, convertidas a variable cuantitativa a través da recodificación das mesmas en variábeis dummy. Permítenos comprobar en termos probabilísticos a concorrencia da variable dependente en función da acción das variábeis independentes. Existen certas probas estatísticas para comprobar que as relacións de correlación extraídas da regresión se axustan a un modelo significativamente válido en termos de distribución normal, homocestadicidade e homoxeneidade das varianzas. O suposto de non linealidade cúmprese ó estar traballando con regresións loxísticas. Usando as ferramentas a disposición, nas probas paramétricas e nas opcións sobre probas de supostos na análise da regresión loxística binaria, resultou o seguinte: Táboa 7: Elaboración propia a partires dos datos extraídos do estudo post-electoral de Decembro de 2019 do CIS O primeiro paso é observar a calidade do axuste do modelo. Esta é do 92.3%. Isto significa que o noso modelo de regresión loxística binaria clasifica correctamente o 92.3% dos casos.
96 Seleccionouse xustificadamente o programa electoral, e sen saber como se tería resolto o estudo se a fonte fora outra, si podemos afirmar que estudar o programa electoral cubriu as necesidades e aspiracións conforme do esperado. 9- Conseguidamente, os dous primeiros cribados (cuantitativo e cualitativo) permitiron establecer uns primeiros resultados que, efectivamente foron relevantes e consistentes estruturalmente. Posteriormente, o cambio de unidade semántica (á proposta) permitiu resolver o groso da investigación cualitativa e arroxar resultados fiables sustentados en dúas técnicas sistemáticas e sólidas (o primeiro cribado cuantiativo, e a técnica pola cal para cada temática establecemos semánticas recoñecidamente significativas para posteriormente estudar como se relaciona coas restantes semánticas). 10- Estes resultados déronse en estreita relación co marco teórico, pois respondían ós aportes teóricos principais. 11- Ademais, a flexibilidade e apertura da metodoloxía cualitativa permitiu coñecer como se dan en concreto as relacións de significado, aportando un novo coñecemento que, sen coñecer se está tipificado teoricamente, resultou de utilidade e que din en denominar “asociación conceptual”. A partir desta concepción explorei como se relacionan conceptos e semánticas radicalmente diferentes cunha intención implícita. Esta formulación retórica que descubrimos permite unir fenómenos sociais diferentes baixo unha mesma temática (frame), para despois relacionar as diferentes temáticas baixo unha mesma lóxica (cadea equivalencial) dando lugar á construción nacionalista. 12- Con respecto da metodoloxía cuantitativa, podemos dicir que as modestas aspiracións para a aplicación desta metodoloxía foron resoltas. Permitiunos corroborar que os diferentes esforzos de marketing e comunicación resultaran en gran medida nun impacto a nivel opinístico e sociodemográfico sobre o electorado de Vox. O único que non puidemos explicar baixo a investigación cualitativa nin baixo un coñecemento teórico ten que ver coas diferencias a nivel idade e estudos. A pesares de que poderíamos ofrecer posíbeis explicacións, a efectos de non trabucar a investigación cunha conxeturas en termos de posibilidade, déixase a interpretación do lector.
97 Os outros criterios que considero que facilitaron que o traballo de investigación resultase satisfactorio son: 1- O esforzo a nivel de deseño por que o traballo presentara unha estética, dentro da formalidade do documento, que facilitase a comprensión dos contidos. 2- O esforzo a nivel de forma para que o traballo, dentro dos estándares académicos, presentara o contido de tal xeito que facilitase a comprensión eliminando os posíbeis “ruídos” dunha mala gramática ou dun mal formato. Por último, a nivel persoal considero que a investigación foi satisfactoria e enriquecedora, e que quizais poda selo para outros investigadores que se interesen por esta temática.
98 9. Bibliografía. Laclau, E. (2005). La razón Populista. Buenos Aires. Fondo de Cultura Económica. Calvo, D., Cano-Orón, L. y E. Abengozar, A. (2020). Materiales y evaluación del nivel de alfabetización para el reconocimiento de bots sociales en contextos de desinformación política, Icono 14, 18 (2), 111-137. doi: 10.7195/ri14.v18i1.1515 Rubio-Pueyo, V. (2019). Vox ¿una nueva extrema derecha en España? Rosa Luxemburg Stiftung. http://www.rosalux-nyc.org/wpcontent/files_mf/rubiovox_esp_final_web.pdf Ferreira, C. (2019). Vox como representante de la derecha radical en España: un estudio sobre su ideología. Revista Española de Ciencia Política, 51, 73-98. Doi: Disponible en: https://doi.org/10.21308/recp.51.03 Tort i Chavarría, F. (1994). Sociopatología de la xenofobia y de los nacionalismos. Revista de sociología, 139-147. Ponce, M. F. (2018, 7 noviembre). Noticias falsas, hechos alternativos y democracia en la sociedad posfactual (Fake News, Alternative Facts, and Democracy in the Post- Factual Society) by Marcelo F. Ponce :: SSRN. SSRN. https://papers.ssrn.com/sol3/papers.cfm?abstract_id=3280432 Monje Álvarez, C. A. (2011). Metodología de la investigación cuantitativa y cualitativa. Universidad Surcolombiana. McCombs, M. (2014). Setting the Agenda: Mass Media and Public Opinion (English Edition) (2.a ed.). Polity.
99 Ramírez Brouchoud, María Fernanda (2007). El diseño de la agenda política y la construcción de alternativas de solución en la política de inmigración española. Civilizar. Ciencias Sociales y Humanas, 7(13),249-264 ISSN: 1657-8953. Disponible en: https://www.redalyc.org/articulo.oa?id=1002/100221524014 Goffman, E., & Berger, B. (1986). Frame Analysis: An Essay on the Organization of Experience (Reprint ed.). Northeastern University Press. Downs, A. (1991). La identidad nacional. Trama Editorial S.L. Lees-Marshment, J. (2011). The Political Marketing Game (2011 ed. ed.). Palgrave MacMillan. Luntz, F. (2008). Words That Work: It’s Not What You Say, It’s What People Hear (Reprint ed.). Hachette Books. Lakoff, G., & Johnson, M. (2003). Metaphors We Live by (Revised ed. ed.). University of Chicago Press. Flick, U., Martín, D. T. A., & Castellano, B. C. (2015). El diseño de la Investigación Cualitativa (1.a ed.). INVESTIGACIÓN. Sartori, G. (2003) Partidos y sistemas de partidos. Marco para un análisis. Madrid. Alianza Editorial. Redondo, M. (2018). Desinformación, pulsa aquí y te sorprenderá. Cuadernos de Periodistas. http://www.cuadernosdeperiodistas.com/media/2018/08/40-56- Myriam-Redondo.pdf Perea, A. E. M. (2020). Metodología de la ciencia política, 2a ed (Spanish Edition). Centro De Investigaciones Sociológicas, CIS.
100 Nohlen, D. (2015). Gramática de los sistemas electorales (1.a ed.). Tecnos. Universitario. Programa electoral VOX 2016 - Hacer España grande otra vez. (2016). https://www.voxespana.es/wp-content/uploads/2015/12/Programa-electoral- VOX-26-J.pdf Programa electoral VOX elecciones europeas 2019. (2019). https://www.voxespana.es/wp-content/uploads/2019/05/Programa-Europeas- 2019_web.pdf. Programa electoral VOX elecciones generales Noviembre 2019 - 100 medidas para la España viva. (2019). https://www.voxespana.es/espana/programa-electoral-vox. Centro de Investigaciones Sociológicas - CIS. (2019, diciembre). Encuesta postelectoral Diciembre 2019 [Conjunto de datos]. http://www.cis.es/cis/opencm/ES/2_bancodatos/estudios/ver.jsp?estudio=14479