scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

O Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa (1903-1935): un ensaio de resposta ás demandas educativas da burguesía local

Torres Velo, Kely

Abstract

[GL] Este Traballo de Fin de Grao (TFG) que expoñemos trátase dunha iniciación á investigación documental. O presente estudo pretende achegar unha interpretación e análise reflexiva acerca do que foi o Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa dende o 1900 ate o 1935. Imos abordar tanto aspectos que teñen que ver de maneira fundamental co colexio como a filosofía, a disciplina e a convivencia, a edificación e dotación de material, o profesorado e a mediación didáctica, como tamén outros aspectos que aínda que ocupan un segundo plano neste documento, son igualmente relevantes para entender a historia desta institución educativa, a saber: o contexto histórico-educativo e o escenario social da vila.

Full text

O Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa (1903-1935): un ensaio de resposta ás demandas educativas da burguesía local. Traballo de fin de grao Facultade de Ciencias da Educación Titor: Antón Costa Rico Alumna: Kely Torres Velo Grao en Pedagoxía Xuño 2014 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Pedagoxía TÍTULO O Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa (1903-1935): Un ensaio de resposta ás demandas educativas da burguesía local. TÍTULO El Colegio León XIII de Vilagarcía de Arousa (1903-1935): Un ensayo de respuesta a las demandas educativas de la burguesía local. TITLE The León XIII School from Vilagarcía de Arousa (1903-1935): A test response to the educational demands of the local bourgeoisie. CO VISTO E PRACE DO TITOR Santiago de Compostela, de Xuño de 2014 (sinatura do titor) COMPROMISO DE CUMPRIMENTO DA LEI DE PROPIEDADE INTELECTUAL E LEI DE PROTECCIÓN DE DATOS DA ALUMNA Santiago de Compostela, de Xuño de 2014 (sinatura da alumna) RESUMO Este Traballo de Fin de Grao (TFG) que expoñemos trátase dunha iniciación á investigación documental. O presente estudo pretende achegar unha interpretación e análise reflexiva acerca do que foi o Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa dende o 1900 ate o 1935. Imos abordar tanto aspectos que teñen que ver de maneira fundamental co colexio como a filosofía, a disciplina e a convivencia, a edificación e dotación de material, o profesorado e a mediación didáctica, como tamén outros aspectos que aínda que ocupan un segundo plano neste documento, son igualmente relevantes para entender a historia desta institución educativa, a saber: o contexto histórico-educativo e o escenario social da vila. RESUMEN Este Trabajo de Fin de Grado (TFG) que exponemos se trata de una iniciación a la investigación documental. El presente estudio pretende allegar una interpretación y análisis reflexiva acerca de lo que fue el Colegio León XIII de Vilagarcía de Arousa desde 1900 hasta 1935. Vamos a tratar tanto aspectos que tienen que ver de manera fundamental con el colegio como la filosofía, la disciplina y la convivencia, la edificación y la dotación de material, el profesorado y la mediación didáctica, como también otros aspectos que aun que ocupan un segundo plano en este documento, son igualmente relevantes para entender la historia de esta institución educativa, a saber: el contexto histórico-educativo y el escenario social del pueblo. ABSTRACT This final project dissertation which we expose it is an introduction to a documentary research. This study aims to bring you an interpretation and a reflective analysis about what was the León XIII School in Vilagarcía de Arousa from 1900 till 1935. We are going to treat aspects that deal fundamentally with the school like philosophy, the discipline and coexistence and the equipment, teachers and teaching mediation, as well as other aspects that still occupy a secondly place in this document, are equally relevant for understand the history of this educational institution, namely: the historical and educational context and social setting of the town. Palabras chave Historia da educación: a investigación estará ligada a este campo de estudo. Colonia escolar: este é unha das importantes funcións do colexio que consta nos documentos oficiais e que se pretende investigar. Colexio privado: centro de educación primaria e secundaria. Joaquín Núñez de Couto: persoa a quen se lle debe a creación dos Colexios León XIII de Vilagarcía de Arousa e Ourense. Vilagarcía de Arousa: localidade onde se centra o estudo. Palabras clave Historia de la educación: la investigación estará ligada a este campo de estudio. Colonia escolar: esta es una de las más importantes funciones del colegio que consta en los documentos oficiales y que se pretende investigar. Colegio privado: centro de educación primaria y secundaria. Joaquín Núñez de Couto: persona a quien se le debe la creacción de los Colegios León XIII de Vilagarcía de Arousa y Ourense. Vilagarcía de Arousa: localidad donde se centra el estudio. Key words History of education: the research will be linked to this field of knowledge. School colony: this was one of the most important functions of the school which is featured in the official documents and that we pretend to research. Private school: primary and secondary educative institution. Joaquín Núñez de Couto: person who has the responsible of the foundation of the León XIII Schools in Vilagarcía de Arousa and Ourense. Vilagarcía de Arousa: municipality where the research is focused. Índice 1. PRESENTACIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN ................................................................................... 1 1.1. Formulación xeral do problema ......................................................................................... 1 1.2. Criterios selectivos e delimitativos..................................................................................... 3 1.3. Obxecto e finalidade xeral.................................................................................................. 4 1.4. Enunciado das hipóteses .................................................................................................... 4 1.5. Estado da cuestión ............................................................................................................. 5 1.6. A perspectiva seleccionada no presente estudo ................................................................ 5 1.7. Plan de traballo .................................................................................................................. 7 1.8. Recoñecementos ................................................................................................................ 7 2. CONTEXTO HISTÓRICO-EDUCATIVO .......................................................................................... 7 2.1. A educación en Galicia de finais do século XIX e comezos do XX ...................................... 8 2.1.1. As escolas privadas ...................................................................................................... 9 3. O ESCENARIO SOCIAL: VILAGARCÍA DE AROUSA ..................................................................... 10 3.1. Demografía e hábitat ....................................................................................................... 10 3.2. Dinámica socio-económica............................................................................................... 11 3.3. Desenvolvemento sociocultural ....................................................................................... 13 3.4. Precedentes histórico-educativos na vila ......................................................................... 15 4. O COLEXIO E COLONIA ESCOLAR LEÓN XIII ............................................................................. 15 4.1. A Iniciativa de Joaquín Núñez de Couto: unha creación irregular? ................................. 15 4.2. Filosofía e presupostos formativos .................................................................................. 20 4.3. Amplitude de ensinos e programas escolares ................................................................. 21 4.4. Cuestións de disciplina e convivencia .............................................................................. 24 4.5. Edificación e dotación ...................................................................................................... 25 4.6. O profesorado .................................................................................................................. 30 4.7. Mediación didáctica ......................................................................................................... 33 5. XOSÉ NÚÑEZ BÚA: A FORMACIÓN E ORGANIZACIÓN DOS PROFESORES ............................... 35 6. CONCLUSIÓNS ......................................................................................................................... 39 7. REFERENCIAS DOCUMENTAIS ................................................................................................. 39 ANEXOS 1 1. PRESENTACIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN 1.1. Formulación xeral do problema Con este proxecto, propoñémonos estudar a xénese e o desenvolvemento do Colexio de carácter privado e un algo singular León XIII de Vilagarcía de Arousa. Para iso será necesario retornar ao intenso rebulir que viviu a vila a nivel social e cultural durante a Belle Époque. Tempo no que se sentaron as bases da posterior evolución que teremos en conta na nosa ollada.Trátase dun momento de grandes cambios, a nivel local e global, nun espazo temporal entre o 1890 e o 1914 (comezo da Primeira Guerra Mundial). E non poderíamos falar deste Colexio sen nos referir ao espazo no que se inserta, preferentemente o galego, mais tamén o internacional. No 1889 e 1900 celébranse dúas exposicións universais en París, onde o Orfeón Galego, dirixido por Pascual Veiga, obtén a medalla de ouro baixo os ferros da Torre Eiffel. A antedita torre era o símbolo dos cambios que se estaban producindo en Europa e da vangarda que ía vir coa introdución do ferro na construción. Así, unha das cidades que máis se desenvolveu durante estes tempos foi Vigo. Conxuntamente con Vigo, outro dos territorios que se desenvolveu notablemente nestes tempos foi Vilagarcía de Arousa. De ser unha pequena vila mariñeira pasou a ser un punto industrial impulsado pola súa situación estratéxica, o mar e os intereses materiais dos estranxeiros neste pequeno recuncho do país. En ámbolos dous portos atracaban barcos que viñan de países como Suecia, Alemaña, Inglaterra e América. Comeza así un intercambio de tradicións e saberes coas xentes que viñan alén do mar. Créase o Liceo Marítimo, o Real Club de Regatas, o Cemiterio Británico e o Villagarcía Football Club. Foi tal o desenvolvemento, que nas primeiras décadas do século XX xa se contaba na cidade con doce consignatarios, varios consulados, aduana de primeira clase, casino, cinematógrafo, salón de teatro, campos de sport, servizo de telegrafía e balneario. Outro dos factores indispensables para o desenvolvemento arousán foi o tren. A primeira liña de ferrocarril en Galicia foi de Santiago a Vilagarcía de Arousa. As locomotoras facilitaron a chegada da flor y nata de Santiago de Compostela e a máis persoas de nacionalidade inglesa. Así, un dos alumnos do Colexio León XIII foi John Trulock, fillo do Director Xerente de The West Galicia Railway Company Limited. 2 Outro aspecto que non podemos esquecer, foi a chegada dos cataláns atraídos polo salgado da sardiña, o comercio de madeira para as minas de carbón dos ingleses, o dos lastros de pedra que hoxe podemos pisar na maioría das cidades europeas, e como non, o volframio necesario para a a contenda europea. De feito, un dos profesores do Colexio León XIII ademais de ensinar inglés era enxeñeiro e dedicábase á extracción deste mineral nunha mina de Silleda. Ao son desta industrialización da vila comezou o proceso de urbanización que implicou a seca das marismas, a construción de estradas, un ensanche deseñado polo afamado arquitecto Antonio Palacios, a construción da Praza, a Alameda e o edifico de Sanidade Exterior. O proceso urbanizador supuxo o cambio de nomes das rúas, a saber: o de rúa dos Ferreiros por Pai Feijóo, a do Río pasa a ser a do Calderón, a praza do Reloxo chamarase a do Sol, e o Barrio da Area denominaríase como Barrio da Prosperidade. De non terse producido esta apertura de Vilagarcía de Arousa cara o mar, a historia social, cultural e educativa da vila non tería sido a que foi, pois debido a iso fóronse configurando academias e escolas de acordo ás necesidades que tiñan as clases sociais acomodadas. Dende os máis tradicionais colexios femininos de monxas, coma o Colexio La Sagrada Familia e o Colexio de Santa Teresa de Jesús, ata unha academia fundada por un xibraltareño que revolucionou ao clero da comarca. Martín Walpole Escalante, natural de Xibraltar abre unha academia para ensinar Inglés e “Teneduría” de Libros. Este era luterano e o Cardeal Payá y Rico alarmado polas novas que lle chegaban de Vilagarcía acerca do número de matrículas neste establecemento dicide tomar cartas no asunto. Fíxolle fronte ameazando aos pais e nais con negarlles os santos sacramentos a todos aqueles que acudiran á academia e abrindo o Colexio San Acisclo. Este establecemento, tendo como director a Martín Gómez Abal convertiríase no Colegio San Agustín. Este presbítero e profesor enviaría varias cartas ao Reitor da Universidade de Santiago de Compostela e ao inspector da provincia de Pontevedra denunciando a suposta situación ilegal doutro novo establecemento educativo da vila: o Colexio León XIII. O seu primeiro regulamento data do 1903, onde figura como director e fundador Joaquín Núñez de Couto. Este tamén debeu estar moi ligado ao tren, pois ao mesmo tempo que era director en Vilagarcía tamén o era do Colegio San Luis Gonzaga de Ourense, que co 3 tempo tamén se pasaría a chamar León XIII. Chegaron a constituír unha colonia escolar con sede no Colexio León XIII de Vilagarcía. No 1923 pasaría a ser director deste centro o seu sobriño: Xosé Núñez Búa, a quen dedicaremos un apartado especial debido ao seu considerable labor intelectual e á súa vinculación sobresaínte co Galeguismo. Sabemos que nestes tempos estiveron como profesores no colexio: Manuel Rodríguez Castelao, Celestino Noya Rodríguez, Xosé María Díaz Castro e Charles Lessner. Non hai apenas documentos oficiais acerca desta época no colexio porque cando Núñez Búa tivo que escapar e exiliarse no 1936 na Arxentina por mor das represalias do franquismo, Aquilino Iglesia Alvariño, profesor tamén neste centro, encargouse de eliminar calquera documentación que puidese pór en perigo ao establecemento. El e máis Jesús Garrido collerían o relevo de Núñez Búa. A día de hoxe, segue sen haber ningunha publicación que dea conta en profundidade do acontecido nesta institución escolar, sendo esta a principal motivación deste estudo que se propón reconstruír e afondar na historia. 1.2. Criterios selectivos e delimitativos A relevancia e a orixinalidade deste estudo radica, como se indicou anteriormente, na ausencia de estudos en profundidade publicados sobre a historia do Colexio León XIII, polo que con esta investigación preténdese reconstruír unha parte da historia da vila de Vilagarcía de Arousa por unha banda, e por outra unha pequena parte da Historia da Educación en Galicia. O estudo resulta viable pola existencia de fontes documentais, probablemente insuficientes, tanto en arquivos históricos como en mans privadas. Este estudo relaciónase coa Historia da Educación, de modo específico coa Historia da Educación en Galicia e, máis concretamente, no concello de Vilagarcía de Arousa. Desde un punto de vista temporal e institucional, este estudo limitarase a “reconstruír” o pasado desta escola dende a súa inauguración ata os anos previos á Guerra Civil e a indagar na influencia que puido ter no desenvolvemento socio-cultural da vila. “Reconstruír”, é dicir, neste caso presentar os trazos maiores do que o colexio foi como realidade institucional; describir o seu pasado con algunha intención interpretativa. A pesar destas limitacións, procurarase relacionar a historia desta institución co contexto histórico educativo galego e español. 4 1.3. Obxecto e finalidade xeral Con este proxecto preténdese analizar, valorar e divulgar unha aparte da historia do Colexio León XIII. Non se estudará esta institución educativa de forma illada, senón en relación coa historia de Vilagarcía de Arousa e coa Historia da Educación e dando conta da súa influencia na sociedade vilagarciá. Os nosos obxectivos para acadar esta finalidade xeral son:  Esclarecer os sucesos que marcaron o devir do Colexio León XIII dende a súa constitución ata os anos previos á Guerra Civil. Para iso, teremos que analizar o proceso de constitución do colexio e os feitos que marcaron a historia deste centro educativo nesta etapa.  Analizar nos termos básicos as características dos procesos de ensino e aprendizaxe que tiveron lugar nesta institución. Para elo, achegarémonos á organización curricular e estudaranse os materiais didácticos, o mobiliario e a distribución de espazos no edificio, así como calquera outra información relevante neste sentido que se poda obter durante o transcurso da investigación.  Valorar a influencia na vila de Vilagarcía do legado educativo do Colexio León XIII. Este é o obxectivo máis complexo debido á cantidade de factores que puideron favorecer o desenvolvemento cultural da vila ademais das escolas. Nesta liña analizaranse todo tipo de datos relacionados co colexio e o contexto local.  Vincular a historia do Colexio León XIII co seu contexto histórico e educativo. Para esta tarefa tomaranse en consideración a lexislación vixente e as investigacións realizadas en torno a Historia da Educación en Galicia nesta época. 1.4. Enunciado das hipóteses No estado actual de elaboración do proxecto resulta complexo poder esclarecer unha hipótese de partida dada a ausencia inicial de información, polo que a investigación guiarase polos obxectivos da mesma. A pesares do sinalado, propóñense de forma orientadora e provisional as seguintes propostas: 11 69,47% para toda España. Anota ademais que había unha maior taxa para as escolas privadas en comparanza coas públicas. Ao respeto da matrícula escolar atendendo ao sexo, Costa (1989) amosa que o alumnado feminino tivo unha participación sempre menor ao masculino nas escolas públicas. No 1885 un 89,48% da poboación masculina estaba matriculada en escolas de titularidade pública fronte ao 42,66% da poboación feminina. Con todo, entre este ano e o 1915 experiméntase unha notable mellora, cun rexistro dun 74,34% da poboación feminina escolarizada, aínda que sempre son as porcentaxes menores se comparamos coa poboación masculina. O mesmo acontece coas escolas privadas, cun 40% e o 41% da matrícula en 1908 e en 1926 respectivamente (Costa, 1989) 6 . Finalmente, os datos que elabora Costa (1989) 7 no referido á evolución do analfabetismo en Galicia e no conxunto español sinalan que no 1900 en Galicia había un 69,75% da poboación que era analfabeta, da cal un 81,35% eran mulleres, mentres que no conxunto español un 63,78% da poboación era analfabeta, da cal un 71,42% eran mulleres. Un 63,62% da poboación galega de máis de 10 anos de idade era analfabeta (dos cales un 39,30% eran varóns e un 78,80% eran mulleres). As porcentaxes para a poboación de máis de sete anos de idade arroxan que un 63,80% eran analfabetos (45,21% varóns e 78,23% mulleres). 3.2. Dinámica socio-económica Segundo os Cuadernos de Población da Fundación BBVA (2007) o que máis distanciaba ás provincias galegas do conxunto do país era o alto nivel de actividade que se presentaba a comezos do século XX, o que porén non quere dicir valor de produtividade. Cando en España a taxa de actividade era do 40,0% en Galicia era do 51,5% e en Pontevedra do 67,0%. A taxa de actividade das mulleres, 68,5%, era maior ca a dos homes, 65%. Villaronga (2005) 8 afirma que na conversión de Vilagarcía de Arousa de vila mariñeira a cidade portuaria e comercial tivo moito que ver a construción das estradas, o porto e o tren. A este respecto é oportuno sinalar que a primeira liña de ferrocarril que se inaugurou en Galicia foi a de Santiago de Compostela á Carril en 6 Ib. A matrícula escolar segundo sexos, op. Cit. (p. 114). 7 Ib. O analfabetismo en Galicia, op. Cit. (pp. 158-162). 8 Villaronga, M. (2005). O renacer dunha vila. A Vilagarcía das vellas postais: un paseo crítico pola vila que quería ser cidade (1900-1936) (pp. 95-150). Vigo: Artes Gráficas Vicus. 12 1873. Os terreos situados á beira da estación comezaron a estar moi solicitados, e entre o 1890 e o 1900 foron construídas as casas do que logo se chamaría o barrio da Prosperidade, por ser onde residía a burguesía. Comezou así o proceso urbanizador de Vilagarcía. No 1888 ponse en funcionamento o peirao de ferro, ao que ó pouco tempo se lle instalaría unha agulla para crear un ramal que unise a estación co peirao. Esta fora idea de Laureano Salgado, un empresario caldense que tiña unha azucreira en Portas e pretendía abrir unha fábrica de fiados e tecidos no barrio da Prosperidade. Foi él tamén quen ideou o Balneario La Concha de Arosa, un dos principais atractivos para os turistas que chegaban á vila. Ao balneario acudían xentes de toda Galicia. Eran persoas adiñeiradas, a maioría deles empresarios, comerciantes e profesores da universidade compostelá. En resumidas contas, a economía de Vilagarcía estaba asentada no comercio, a hostalería, e sobre todo no porto, tanto de maneira directa (consignatarios, armadores, almacenistas) como indirecta (fábricas de serrar madeira, fundicións, elaboración de sebo e transformación de pedra e doutros materiais). Sen esquecernos de Vilaxoán, que por aquel entón era un dos principais portos pesqueiros. A pesares de ser un concello que contaba con moitos adiantos, a realidade é que había unha gran diferenza entre o medio rural e o urbano, que os adiantos non eran tales se os comparamos co resto do estado español e con Europa, que a riqueza estaba en mans duns poucos e que moitas persoas vivían en situacións de desvantaxe social. Aínda que a chegada do tren supuxo un adianto importante para Galicia fíxoo de maneira tardía, cun retraso de vinte e cinco anos con respecto da liña de Barcelona á Mataró. No tocante ás comunicacións, un fragmento de texto escrito por Núñez Búa 9 (1999, p.60) déixanos claro cal era o seu estado: Dámaso Carrasco (...) de Vilagarcía de Arousa, por mor dos seus negocios, tivo un día que falar por teléfono con Santa Uxía de Ribeira, na outra banda da Ría (...). Entrou na central de teléfonos e solicitou comunicación (...). Hai tres horas de demora (...)-informoulle a empregada. –Nin que fora Bos Aires!. –Non, con Bos Aires, pódese falar de contado. (...). Faga o favor de pedir que me poñan co 71-8401 de Bos Aires. (...). Teño que dar un recado moi urxente a Santa Uxía de Ribeira e seica está estragado o arame dende Vilagarcía. Pide co teléfono 23 e dille que procuren axiña ó 9 Núñez Búa, X. (1999). Revoeira. Vigo: Ir Indo Edicións. 13 patrón do Josefa e que vaia esta tarde a cargar Ó Chazo e zarpe para Vigo. (Núñez Búa, 1999, p.60). Non todo era tan idílico como viñemos comentando, non podemos esquecer a realidade da Galicia asoballada que plasmaron Rosalía e Castelao entre tantos outros. Así acontecía no caso do comercio da salgadura. Os cataláns controlaban os medios de produción e pagábanlle aos mariñeiros con produtos de primeira necesidade ou facíanlle préstamos para que comprasen embarcacións que logo eran incapaces de pagar. Non menos importante, é o feito de que unha relevante parte do sector da burguesía galega se enriquecese transportando galegos cara as Américas. Estes burgueses tiñan embarcacións propias e acabarían sendo os consignatarios de compañías inglesas e alemás. Tamén temos evidencias de que había traballo infantil xa que Villaronga (2005) 10 documenta que no 1924, durante a ditadura de Primo de Rivera, o concelleiro e profesor Núñez Búa presentaba unha moción ao Pleno municipal de Vilagarcía lembrando a necesidade de cumprir a Lei do 1909 de Xullo 11 pola cal se establecía o ensino obrigatorio. Núñez Búa pedía que os nenos do concello que traballasen habían de asistir obrigatoriamente ás escolas públicas e pedíalle aos donos e directivos das fábricas unha lista dos rapaces en idade escolar que estivesen traballando. 3.3. Desenvolvemento sociocultural O feito de transformarse a cidade de Vilagarcía de Arousa en destino turístico e como punto chave de comercio da zona fixo que agromasen toda unha serie de clubs socioculturais como o Recreo Liceo, o Salón García, o Salón Varietés, o Círculo Artístico Mercantil e o Club de Mar ónde os seus socios podían escoitar operetas, sinfonías e asistir a representacións teatrais en castelán e aínda en galego 12 . Tamén contaba a cidade con cinematógrafo e salón de teatro. A chegada dos ingleses supuxo, por outra parte, a creación dos campos de sport e o club de fútbol. Daquela, a vila que fora mariñeira comezou a ser o lugar por excelencia onde se reunían os intelectuais da comarca: 10 Villaronga, M. (2005). Os traballos e os días. Op. Cit. (p. 224). 11 Lei de 1909 de Xuño pola cal se modificaba o artigo 7º e 8º da Lei de Instrucción Pública de 1857. 12 Programas culturais recuperados por Patrimonio de Villagarcía: file:///C:/Users/usuario/Downloads/programas_culturais_da_nosa_historia.pdf 14 Entre Rianxo e Vilagarcía facía de xeito cotiá a travesía (...), a motora Carqueixa.Viaxaban nela os que ían tomalo tren para Santiago ou para Vigo (...). Nesa motora viaxaban seguido estudiantes, artistas e escritores rianxeiros: Arcos, Manoel Antonio, Dieste, Roxerius, Manolo Castelao, Sixto e, ás veces Alfonso Castelao...Estes falaban, claro está, das cousas da vila e tamén, naturalmente, das cousas propias das súas inquedanzas intelectuais. Os mariñeiros e os pasaxeiros cotiáns, de tanto oílos falar deron en “profundar” ó xeito culto. (Núñez Búa, 1999, p.33). E nun territorio onde vivían xentes con inquedanzas culturais: Lisardo Barreiro, ademais do fundamental –poetaera médico e boticario. (...) Dos dous títulos universitarios, o poeta aproveitou máis o segundo, aínda que por tempadas; a pesar das incompatibilidades regulamentarias, exerceu legalmente as dúas profesións á vez. Na botica de Don Lisardo, en Vilagarcía, foron aprendices de mancebo moitos rapaces da Ría de Arousa. Algúns chegaron despois a boticarios, incluso na Pampa. A outros, (...) o escritor, inzounos de inquedanzas literarias. Ei-los casos de Julio Camba, de Manuel Lustres Rivas e de Domingo Rial Seixo, os tres fracasados aprendices de mancebo na botica de Don Lisardo. Polo verán, a botica de Barreiro convertíase en xuntoiro literario ó que acudían indíxenas afeccionados ás letras e tódolos literatos veraneantes, algúns de tanta sona como Alfredo Vicenti, Enrique Gómez Carrillo e Don Ramón del Valle Inclán. (Núñez Búa, 1999, p.84). Tampouco podemos esquecer o importante grupo de profesores que formaron parte do Colexio León XIII. Todos eles con inquedanzas políticas, sociais e culturais, que dan boa mostra do ambiente que había naquela pequena vila, tales como: Aquilino Iglesia Alvariño, Xosé María Díaz Castro, Xosé Núñez Búa, Joaquín Núñez de Couto, Celestino Noya, Roque Carús Falcón e Charles Lessner. A pesares de haber un ambiente cultural moi rico, isto non era garantía de alfabetización. Segundo a Estatística Escolar de España de 1908 13 , en Vilagarcía había 1128 persoas en idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Non obstante, este documento non contabiliza a poboación doutras cohortes: por debaixo dos 6 anos e por riba dos 12 anos. Mais, para amosar o total de alumnado matriculado ben en escolas privadas ben en públicas, si que contan as tres cohortes, sendo un total de 754 alumnos/as. Pero, desta cifra soamente había 515 nenos/as de entre 6 a 12 anos matriculados, concretamente 405 en escolas públicas e 110 en privadas. Por outra parte, constan un total de 137 rapaces/as maiores de doce anos matriculados, dos 13 Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. Estadísitca Escolar de España en 1908, (vol. II) (pp. 638-639) e (vol. III) (pp. 250-251). Madrid: Dirección General del Instituto Geográfico y Estadístico. 15 cales 73 estaban en escolas públicas e 64 en privadas. Con respeto aos menores de 6 anos, había 102 nenos/as en escolas públicas. 3.4. Precedentes histórico-educativos na vila Na vila tradicionalmente houbera distintas institucións escolares tanto públicas, como privadas ou semipúblicas ás que neste traballo non nos imos referir. Queremos, en troques, referirnos a algún dos antecedentes próximos do Colexio León XIII en tanto que iniciativa escolar privada. Estes precedentes histórico-educativos atopámolos no 1880 coa Academia de Martín Walpole Escalante (natural de Xibraltar). Como era luterano, houbo todo un movemento por parte da Igrexa Católica para que os pais e nais deixaran de mandar aos seus fillos alí. Isto reflíctese nun artigo publicado no Diario de Santiago 14 ónde acusaban ao profesor de facer propaganda da súa relixión. O Cardeal Payá y Rico ordenou que se enviaran instrucións aos párrocos da zona para que ameazaran aos pais e nais que mandaban alí aos fillos con denegarlle os Santos Sacramentos. Outra idea do cardeal foi abrir o Colexio San Acisclo na vila no 1879. No 1886 este mesmo colexio pasou a denominarse San Agustín tendo como director a Martín Gómez Abal. Este mandaría toda unha colección de misivas ante a apertura presuntamente ilegal do Colexio León XIII no 1908, a onde tamén podía acudir nenas. Outros colexios femininos en Vilagarcía segundo os fondos do AHUS 15 , foron La Sagrada Familia e o Santa Teresa de Jesús, ámbolos dous rexentados por monxas. Nestes os contidos das materias (tales como Geometría aplicada a las labores) estaban orientados a perpetuar o rol estereotipado de muller. 4. O COLEXIO E COLONIA ESCOLAR LEÓN XIII 4.1. A Iniciativa de Joaquín Núñez de Couto: unha creación irregular? Non sabemos exactamente en qué ano abriu o colexio. Segundo a documentación á que puidemos ter acceso, Joaquín Núñez de Couto asina como 14 Anónimo. (20 de Maio do 1878). En dos palabras: sobre el conflicto religioso de Villagarcía. Diario de Santiago, p.1. Recuperado de: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/publicaciones/numeros_por_mes.cmd?idPublicaci on=93&anyo=1878 15 AHUS, Fondo Universitario Colexios Privados S. XIX-XX, cartafol 470, expediente 7 e 6. 16 director por vez primeira nun escrito que dirixe ao Reitor da Universidade de Santiago de Compostela (a partires de agora USC) con data do 30 de setembro de 1902. Se ben na carta firma como director, no posterior regulamento 16 de Vilagarcía non aparece como tal. Esta primeira incoherencia observada ímola apreciar noutros documentos posteriores dos que procuraremos dar conta. Aínda así, o regulamento ao que nos referimos dános información valiosa sobre o seu fundador. Atendendo ao mesmo, Núñez de Couto era licenciado en filosofía e letras, fora profesor no Colexio do ex Convento de Benedictinos de Tenorio, director da Academia Figueroa e dos Colexios San Luis Gonzaga de Pontevedra e Lugo, ademais de director da revista Ecos de la Enseñanza e profesor numerario do Instituto de Ourense. Grazas á colaboración do persoal do Arquivo da Deputación de Ourense temos constancia de que tamén publicaba e dirixía o Boletín de la Asociación Provincial de Primera Enseñanza 17 á altura de 1899 e o Boletín del Magisterio varios anos máis tarde. A través destes tres artigos xornalísticos que chegamos a examinar, parece mostrársenos un Joaquín Núñez de Couto cunha ideoloxía radical-lerousista, rexeneracionista, burguesa, positivista e pragmática. No primeiro boletín publica un artigo de especial interese para nós xa que arroxa información acerca do estado no que se atopaba a educación por aquel entonces. Destacamos as seguintes notas: a educación como inversión e non como gasto: [“(...) no debe economizarse lo que es una aspiración del país y contribuye al sostenimiento de organismos sin los cuales el Estado no puede funcionar ni cumplir sus fines, ni la patria aspirar a su anhelada regeneración”], os recortes na educación: [“Ciento veinticuatro mil pesetas suprimidas en el presupuesto de Instrucción primaria es el mayor desatino que podía cometer un ministro de Fomento español (...)], e o interese político versus educación pública ou privada: [“Y con esto y dejar a los peones camioneros sin hogaza de pan a tanta costa ganada, se queda satisfecho el ministro 16 Colegio León XIII Orense: Primera y Segunda Enseñanza y Carreras Especiales. Orense: 1903. Recuperado do AHUS, Fondo Universitario de Colexios Privados S. XIX-XX, cartafol 232, expediente 14. O regulamento de Vilagarcía é o mesmo ca o de Ourense. Porén, o fundador de ámbolos dous colexios, tacha o nome de Ourense e pon Vilagarcía e tamén tacha o seu nome como director e pon o de Bonifacio Fariña. 17 Núñez, J. (15 de novembro do 1899). Para el Sr. Ministro de Fomento. Boletín de la Asociación Provincial de Primera Enseñanza (p.1). Arquivo da Deputación de Ourense: Fondo Ben Cho Sey. 17 católico. Y por este camino consigue, si le dejamos tiempo, su constante aspiración: Cerrar los establecimientos públicos de enseñanza y abrir conventos”]. No artigo publicado no Boletín del Magisterio 18 , comenta a importancia da escola non só como lugar de aprendizaxe de contidos senón tamén de valores: El maestro (...) tiene que educar y como factor importante de la educación entra la urbanidad (...). La lectura y explicación de obras, máximas y fábulas morales, de vidas de santos y hombres célebres, como base (...) son preciosos materiales que el educador tiene a su disposición y que con arte manejados dan un resultado excelente. (...) Y la escuela y el colegio deben ser templos no solo de la ciencia y del arte, sino de la vida social, de buenas formas, de orden y de virtud. No todos los niños que a estos centros concurren reciben en el hogar doméstico lecciones de urbanidad. (...) Dedicar unos cuantos minutos diarios a la explicación y preguntas de urbanidad, ni entorpece la marcha de las clases, ni rompe el tiempo a otras enseñanzas que nunca tendrán más importancia que la de enseñar el arte de ser fino y de buenas maneras. Cumplamos pues, nuestra alta misión educadora y así regeneraremos la sociedad (Núñez, 1907, p.1). Noutro artigo titulado X y Z no Boletín del Magisterio 19 aborda cun estilo anecdótico un tema que xa se viña discutindo dende o século XVIII: metodoloxía escolástica (representada polo suxeito X) versus metodoloxía empirista baseada na observación e experimentación (representada polo suxeito Z). Núñez de Couto inclínase a favor desta última: X era un niño (...) descendiente de noble (...) Z era hijo de un prolífero matrimonio burgués. (...) X (...) tenía un profesor encargado de su educación (...) que le enseñaba el trivium y el quatrivium. Z (...) asistía a un colegio de la población en el que cursaba las asignaturas de bachillerato y lenguas vivas. X, era de ánimo apocado y pusilánime (...). Z, por el contrario, era un niño de carácter alegre y valeroso, debido a su trato con los compañeros de colegio, a sus frecuentes excursiones por el campo y a los ejercicios físicos que infunden arrogancia y presencia de ánimo. Estos dos niños (...) sufrieron (...) la misma desgracia con la muerte irreparable de sus adorados padres. (...) Los dos desgraciados niños quedaron huérfanos y pobres. (...). X, leía y traducía a Cicerón y a Virgilio y sabía de memoria la vida y milagros de estos y otros inmortales sabios de la antigüedad. Z, sabía poco de estas utilísimas y entretenidas enseñanzas pero conocía las ciencias físicas y matemáticas, leía y traducía y aun chapurreaba la lengua de Shakespeare y la de Fenelon. (Núñez, 1907, p.1). 18 Ib. (15 de novembro de 1907). La Urbanidad. Boletín del Magisterio: Órgano defensor de los intereses morales y materiales de los maestros de la provincia (p. 1.). Arquivo da Deputación de Ourense: Fondo Ben Cho Sey. 19 Ib. (25 de outubro de 1907). X y Z. Boletín del Magisterio: Órgano defensor de los intereses morales y materiales de los maestros de la provincia, (p.1). Arquivo da Deputación de Ourense: Fondo Ben Cho Sey. 18 Pese, a que Joaquín Núñez de Couto figura como quen merca o colexio de Vilagarcía, en ningún dos cadros de profesores que hai no AHUS figura como director ou profesor. Temos constancia documental, porén, de que ata o 1904 Bonifacio Fariña foi o director. A posteriori ocupou este cargo Alejandro Cerecedo Millán e só no curso de 1907 ao 1908 ocupa este cargo Rogelio Núñez de Couto, un irmán de Joaquín 20 . Isto contradise coas noticias que aparecían naquelas datas na cabeceira Galicia Nueva. A continuación mostramos un dos artigos 21 que se prestaba á propaganda e ao enxalzamento do fundador e do seu centro: (...) al que siendo mi profesor desde las primeras letras hasta la terminación de mis estudios (...) no ha dejado ni un momento de ser amigo cariñoso y consejero desinteresado. Refiérome al director nato de la Colonia Escolar y Colegio León XIII de Villagarcía y Orense. ¿Quién no lo conoce en este negocio? Veintidos años largos dedicado a la enseñanza sin interrupción, con basta cultura y una modestia sin ejemplo (...). Es un verdadero pedagogo. Su vida es la vida de la clase. En ella practica constantemente lo que en los libros aprende en materias de enseñanza,en métodos y en procedimientos educativos. No olvida jamás el principio de que primero es hacer hombres y despues sabios (...). No sale ningún alumno de su clase sin saber la lección, sin penetrarse del sentido de los libros (...) (González, 1907, pará. 1). A suposta “perfección” no quefacer de Joaquín Núñez de Couto choca coa súa ausencia nos cadros de profesores e coa gran cantidade de cartas 22 da inspección que atopamos no AHUS dirixidas ao reitor Cleto Troncoso da USC para denunciar a situación do colexio. Estes son algúns dos contidos das enviadas polo inspector Ernesto Caballero: nunha carta do 30 de setembro de 1904 pon en dúbida se realmente é un colexio: [“(...) aunque se anuncian como colegios de enseñanza secundaria son solo verdaderas casas de pensión (...). Sin matricularlos en la enseñanza obligatoria”], noutra do 19 de maio de 1905 apela a dubidosa labor do director: [“(...) aunque en el recorte de periódico del mes de marzo y mayo aparece como director Joaquín Núñez de Couto del Colegio León XIII, no comunicó al Instituto de Orense su traspaso (...). Es necesario llamar la atención del empresario (...)”], na do 23 de xuño de 1905 informa de máis incumprimentos da lei por parte dos responsables da institución educativa 20 Moi probablemente esta discrepancia administrativa estaría ocasionada polo feito de ser nestes momentos Joaquín Núñez de Couto funcionario público como profesor numerario do Instituto de Bacharelato de Ourense. 21 González, J.M. (4 de outubro de 1907). La Enseñanza en Villagarcía, op. Cit., (párr. 1). Recuperado do Fondo Local de Vilagarcía de Arousa. 22 Caballero, E. (1904 -1906). [Cartas ao Reitor Cleto Troncoso]. AHUS (S.H. 232, Exp. 14). 19 [“(...) el director no es Bonifacio Fariña sino Joaquín Núñez de Couto y como no informaron de esto han violado el reglamento (...) Sospecho de que los alumnos de segunda enseñanza no fueron examinados en este mismo colegio, burlando otro decreto”], o 19 de setembro de 1905 informa de que realmente é unha colonia escolar: [“Que el principal objeto del centro docente es una colonia escolar, a la cual puedan acudir temporalmente sus alumnos (...) entran cuando les conviene y se marchan cuando les antoja (...) en la época de los exámenes ni uno solo de los inscritos figura como alumno del colegio”] e na do 16 de agosto de 1906 volve a pór en dúbida a oficialidade deste centro: [“No tiene cuadro de profesores impuesto por el art. 24 del RD 20/07/1900 y R. Orden del 08/11/1904 (...) son verdaderas casas de pensión con alumnos libres, oficiales o de ambas clases”]. Martín Gómez Abal, director do Colegio San Acisclo tamén envíou cartas ao reitor para denunciar certas irregularidades. Concretamente, interésanos citar aquí a que escribiu o 11 de agosto de 1908 e na que acusa ao colexio de examinar aos seus alumnos no Instituto de Ourense: “(...) no han echo matrícula y examen de sus alumno en el Instituto de Pontevedra y faltaron al R.D. 26/08/1903 matriculando e examinando a ocho o nueve de sus alumnos en el Instituto de Orense (...). El Sr. Núñez de Couto ha formado parte del tribunal examinador de sus propios alumnos (...)”. Non era só o Inspector o que poñía de manifesto as irregularidades apreciadas. Na carta do 6 de febreiro de 1909 dirixida ao Reitor por parte de Antonio Ferrín, profesor particular dunha academia de Vilagarcía de Arousa dise: (....) todo sigue en el mismo y deplorable estado que antes, es decir, continuan colegios particulares dirigidos por profesores numerarios del Instituto y regentadas sus clases por auxiliares del propio centro, anunciándose como tales en periódicos y en todas las formas posibles y que, como es lógico, ejercen una coacción moral y material sobres los padres y alumnos, dentro y fuera del establecimiento oficial de enseñanza, haciendo una propaganda indigna de sus colegios y abandonando la enseñanza oficial que les está encomendada, y así se da el caso vergonzoso de que una clase como de Gimnasia, no se haya dado más que tres veces en el mes de Enero próximo pasado (Ferrín, A., 1909). A pesar do anteriormente dito, o Colexio anunciábase como innovador. Iso chamounos a atención: Era tal a innovación da que facía propaganda Núñez de Couto no colexio ou o que realmente acontecía e que utilizaba termos adecuados á época dourada e de moda da Pedagoxía para atraer a certos sectores da burguesía? 20 4.2. Filosofía e presupostos formativos O regulamento do Colexio León XIII do que dispoñemos 23 é o mesmo que o de Ourense. Sabemos isto, porque na portada aparece tachado Orense e no seu lugar alguén escribe Villagarcía. O mesmo fai co nome do director, primeiro figura Joaquín Núñez de Couto e logo o tachan e escriben Bonifacio Fariña. Polo tanto, non teremos en conta as fotografías e datos relativos ao extracto de matrícula e lista de alumnado preparado do colexio porque non fan referencia ao Colexio León XIII de Vilagarcía. Non obstante, si que podemos ter en conta para o colexio de Vilagarcía o resto de apartados do antedito documento. Para determinar a filosofía e presupostos dos colexios analizaremos o apartado Nuestros propósitos do regulamento. Nas primeira páxinas informan de que non se esperaban tanto éxito entre a sociedade porque: (...) la práctica nos ha enseñado que para esta profesión, más que para otra alguna, hecha en su desenvolvimiento con miles de dificultades, ya por el poco interés y abominable abandono en el que desgraciadamente se tiene en nuestra patria la educación de la juventud, ya también, y esto es lo más lamentable, porque no faltan mercaderes que toman como oficio lucrativo este nobilísimo sacerdocio, en el cual no caben términos medios, son necesarias muy especiales condiciones de capacidad y vocación. (Colexio León XIII, 1903, p.2). De este parágrafo extraemos tres ideas fundamentais:  Ser profesor era unha tarefa difícil para a cal era necesario ter vocación e capacidade.  A educación non era debidamente atendida polos mandatarios.  Había persoas que se lucraban coa educación. Chama a atención sobre todo esta última idea, porque eles mesmos son un colexio privado que saca beneficios tendo unha escola. Máis adiante xustifican a razón do seu éxito: “(...) convencidos de que sólo del trabajo honrado y del estudio y conocimiento de las necesidades de la enseñanza y de los métodos educativos, y no de propagandas extemporáneas y vanos ofrecimientos, ha de depender el porvenir (...)” (Colexio León XIII, 1903, p. 4). Segundo o texto, a clave dos seus bos resultados está no traballo honesto, o coñecemento das necesidades de ensinanzas e os métodos educativos. Poñemos en 23 Colegio León XIII Orense: Primera y Segunda Enseñanza y Carreras Especiales. Orense: 1903. Recuperado do AHUS, Fondo Universitario de Colexios Privados S. XIX-XX, cartafol 232, expediente 14. 27 Táboa 3: Relación de espazos, metros cúbicos e número de luces na terceira planta Espazos e metros cúbicos Luces Habitación para a criada con 12m3 1 Oito habitacións para internos con 12m3 cada unha Unha luz cada unha Fonte: Ib. Como poderá observar o lector nos planos, tódolos espazos estaban situados de maneira que recibiran o máximo de luz natural. Temos claro que a planta baixa era luminosa, porén no caso do segundo e o terceiro piso non. O debuxo do plano cambia a denominación ventana por luz, representándoa graficamente da mesma maneira. Outro aspecto a destacar é que contaban con aseo tanto na primeira e a segunda planta e soamente cun roupeiro na segunda. Atendendo ás táboas elaboradas, no colexio habería un total de 451m3 dedicados á ensinanza (aulas), sen contar a secretaría (porque descoñecemos se alí se impartían clases) e tamén o salón da segunda planta que consideramos que sería para o lecer do alumnado. Se estes dous espazos foran utilizados para a ensinanza os metros cúbicos aumentarían considerablemente a 600,3m3. No tocante ao espazo destinados aos dormitorios dos alumnos constan un total de 275 m3 e un total de 445m3 se contamos os dormitorios do persoal do centro (camareiro, criada e a familia do director). Ademais destas fontes documentais contamos con fotografías da colección privada de Daniel Garrido Castroman 30 (ver anexo 2). Non podemos comparar os planos coas fotografías, porque estas últimas son posiblemente dunha época posterior do colexio. Con todo, estes documentos son de especial interese para analizar a arquitectura e os materiais didácticos. No tocante á primeira, aínda que probablemente non sexa o mesmo edificio que o representado por Bonifacio Fariña nos planos, achega información sobre o concepto de ensinanza que tiña, polos menos o seu fundador. No referido ao segundo, interésanos ter en conta os materiais didácticos que aparecen nas fotografías, pois poida que estes xa estivesen no primeiro edificio do colexio. Atendendo ás fotografías do exterior (ver anexo 2: fotografías da 4-8), o edificio ten unha arquitectura que non semella dun colexio senón dunha vivenda. Grazas a un 30 Daniel Garrido Castroman é o fillo do último director que tuvo o Colexio León XIII: Jesús Garrido. 28 cartel que ten na fachada (no que aparece escrito Colegio León XIII) o identificamos como tal. Conta con varias fiestras e portas, polo tanto podemos supoñer que os espazos contarían con abonda luz. A pesares de que non sabemos se segue a ser o edifico onde se fundou a institución educativa, tanto as fotografías como os planos coinciden nesta luminosidade. No que atinxe á dotación de material, temos dúas follas de rexistro 31 elaboradas por Bonifacio Fariña que datan do 21 de novembro do 1904. Recollen toda unha serie de materiais que tiñan para a materia de Historia Natural e tamén para a ensinanza en xeral. No tocante á primeira constan un total de 111 obxectos. Unha gran cantidade destes pertencen ao mundo animal, tales como: unha coralina da Ría de Arousa, un arao papagaio, unha marta, unha sapoconcho mariño, unha donicela, unha sardiña, unha troita, unha camisa de cobra, un neuroesqueleto de peixe e outro de rá e un corzo. Tamén figuran dentro desta colección ferramentas empregadas para a experimentación, a saber: picos e coitelos. Así mesmo, rexistra tres coleccións de crustáceos, insectos, minerais, cunchas de mar, corais e fungos. No que atinxe ao material propio de ensinanza, elaboramos catro táboas onde se mostran todos os materiais rexistrados, diferenciando entre mobiliario e outros materiais, mapas, láminas e materiais de Xeometría. Táboa 4: Mobiliario do Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa Mobiliario Outros 10 pupitres Unha esfera terrestre 6 taboleiros de madeira Un sol celeste 2 taboleiros de hule Atlas de ferramentas, indumentaria, construcións 4 mesas para o profesorado Dous métodos de solfeo 2 mesas para debuxo Piano Fonte: Elaboración propia a partir da documentación do AHUS, Fondo Universitario de Colexios Privados S. XIX-XX, cartafol 232, expediente 14. 31 Fariña, B. (1904). Follas de rexistro. Recuperado do AHUS, Fondo Universitario de Colexios Privados S. XIX-XX, cartafol 232, expediente 14. 29 Táboa 5: Mapas do Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa Mapas Dúas coleccións de mapas xeográficos Mapa de España Mapa da Historia de España Mapa do Imperio Romano Unha colección de mapas da Historia Sagrada Mapa de pesas e medidas do sistema métrico decimal Mapa celeste Mapa físico de España Mapa de vías de comunicación de España (ferro e 0telegrafía) Mapa de Galicia Dous mapas de Pontevedra e Ourense de Coello Un mapa do Arcebispado de Santiago Fonte: Ib. Táboa 6: Láminas e materiais de Xeometría do Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa Láminas Materiais de Xeometría Unha colección de Historia Natural iluminados Caixa de sólidos xeométricos Unha colección de carteis de 1ª Ensinanza Un compás 25 láminas de debuxo lineal Tres cartabóns 25 láminas de debuxo de figura Cinco láminas de debuxo topográfico Fonte: Ib. En canto á colección de fotografías de Daniel Garrido Castroman, como dixemos antes, pensamos que estas pertencen a unha etapa posterior do colexio. Aínda así, é de interese para a nosa pequena indagación facer unha breve análise, pois como dixemos anteriormente, tanto a arquitectura como os materiais poden darnos importantes informacións. Ademais, nalgunhas das imaxes apreciamos certas diferenzas que poidan deberse ás diferentes épocas nas que foron tomadas. Así, na aula de Xeografía e Historia (ver anexo 2, fotografías 9-11) podemos observar dous momentos históricos. Nun primeiro momento (ver fotografía 9 e 10), a aula dispón de mesas planas con cadeiras con respaldo ao redor, non hai ningún obxecto con 30 simboloxía relixiosa e nunha das esquinas hai un pequeno moble cunha esfera armilar. Nun segundo momento (ver fotografía 11) as mesas son máis estreitas e inclinadas e a súa disposición é en ringleira. En vez de cadeiras con respaldo hai bancos e en troques do pequeno moble ca esfera hai unha vara. Na parede frontal hai unha cruz de simboloxía católica. Destaca tamén un mapa en relevo, tal e como os elaborados por Vicente Fraiz Andón no 1909 32 . Ao igual que no anterior caso, na aula de Física e Química percibimos dúas diferentes configuracións (ver anexo 2, fotografías 12-14). Unha primeira na que non hai mesas en ringleira senón mesas de laboratorio con moito material de experimentación exposto en estantes, nas propias mesas e nunha libraría; e unha segunda onde a disposición é en ringleira e a mesma libraría conta con moitos menos materiais que na anterior fotografía. Nesta última imaxe aparece un crucifixo. En vez das mesas de laboratorio poñen no seu lugar a mesa do profesor. 4.6. O profesorado No tocante ao profesorado contamos con rexistros de dous cursos: o de 1904- 1905 e o de 1907-1908 33 . No primeiro non fan constar o número de alumnos mentres que no segundo si o fan. Atendendo ao cadro de profesores elaborado por Bonifacio Fariña o 21 de setembro de 1904 podemos saber quen eran os mestres e que materias impartían: Táboa 8: Cadro de profesores para o curso 1904-1905 Nome Estudos Materia que impartía Bonifacio Fariña Presbítero Lingua Castelá, Latín e Relixión Ernesto Ortiz Licenciado en Filosofía e Letras Xeografía e Historia, Perceptiva e Historia da Literatura Juan Gándara Avogado Aritmética e Xeometría, Álxebra e Trigonometría Hermenegildo Carrete Non consta Profesor de Lingua Francesa Charles Lessner Enxeñeiro químico Lingua Inglesa e Química Miguel Abalo Avogado Psicoloxía e Lóxica, e Fisioloxía e Hixiene Física 32 Mapa orográfico e hidrográfico de Galicia elaborado por Vicente Fraiz Andón, director da Escola Normal de Mestras de Santiago de Compostela. Recuperado de: http://jaeinnova.wordpress.com/tag/vicente-fraiz-andon/ 33 Cadros de profesores. Curso 1904-1905 e 1907-1908. Recuperado do AHUS, Fondo Universitario de Colexios Privados S. XIX-XX, cartafol 232, expediente 14. 31 Juan Lledó Non consta Música Daniel Porto Rial Non consta Debuxo Santiago Amigo Mestre normal e bacharel Ximnástica Hixiénica, Caligrafía e mestre de Primeira Ensinanza Fonte: Elaboración propia a partires da documentación do AHUS Ao contrario que no cadro de profesores anterior, o do curso 1907-1908 feito por Alejandro Cerecedo Millán (director durante este curso) non especifica qué materias imparte o profesorado e soamente nos proporciona o nome do profesor, procedencia e profesión: Táboa 9: Cadro de profesores para o curso 1907-1908 Nome Procedencia Profesión Alejandro Cerecedo Millán Ourense Mestre Bonifacio Fariña Moraña Presbítero Santiago Amigo Garán Santiago Mestre normal Juan Gándara Rivas Vilagarcía Licenciado en Leises Miguel Abalo García Vilagarcía Ídem Roque Carús Falcón Vilagarcía Licenciado en Medicina César Moreno García Madrid Licenciado en Filosofía e Letras José María Abalo Abad Vilagarcía Profesor Mercantil Leandro Saralegui Amado Ferrol Licenciado en Ciencias Manuel Pérez Diéguez Verín Mestre superior Fonte: Ib. Comparando as dúas anteriores táboas podemos observar que non se manteñen os mesmos profesores no centro escolar, non sendo: Bonifacio Fariña, Juan Gándara, Miguel Abalo e Santiago Amigo. No último cadro de profesores, Alejandro Cerecedo Millán fai constar tamén o número de alumnos para cada ensinanza e os seus datos persoais (nome, apelidos e procedencia). Así, habería dez profesores para un total de noventa alumnos: sesenta e catro alumnos de Primeira Ensinanza (dos cales catro eran mulleres), un alumno de Francés e Literatura, dezanove alumnos en 2ª ensinanza, tres en carreira especial, un en preparatorio, un preparándose para mestre superior e outro para comercio. Isto é, haberá que pensar que a maior parte do profesorado tiña distintas dedicacións horarias, que poderían combinar con outros traballos fóra do colexio. 32 Estes datos témolos que cotexar co rexistro de profesores que ten elaborado Daniel Garrido Castroman 34 , comprendendo un período temporal máis acó do ano 1936. A continuación elaboramos unha táboa baseándonos naqueles que chamaron máis a nosa atención: Táboa 10: Cadro de profesores Nome Profesión ou Estudos Materia Hermenegildo Carrete General carlista Profesor de Francés Leandro Saralegui Licenciado en Ciencias Exactas e en Dereito Profesor de Matemáticas para carreiras militares e civís Comandante de Infantaría da Mariña Jesús Frútos Diéguez Tenente Coronel retirado Non consta Julio de la Peña y García Corpo Pericial de Aduanas Profesor de Matemáticas Darío G. Varela Oficial do Exército Non consta Gerardo Bernández Non consta Profesor do Batallón León XIII Sopkowky Non consta Profesor de Alemán Ramón Otero Torres Boticario Profesor de Física e Química de de Historia Natural Manuel Rodríguez Castelao35 Non consta Profesor de Xeometría José Vallo Salgado Médico da Armada Profesor de Fisioloxía e Hixiene e Anatomía Valentín Viqueira Barrio Militar retirado Profesor de Física Celestino Noya Rodríguez Licenciado en Letras Profesor de Xeografía Aquilino Iglesias Alvariño Non consta Profesor de Latín e Lingua Castelá Fonte: Elaboración propia a partir da colección privada de Daniel Garrido Castroman. 34 Daniel Garrido Castroman ten elaborada toda unha serie de documentación basándose nas súas experiencias, nas lembranzas de seu pai, cabeceiras de xornais da vila e outros documentos). 34 Manuel Rodríguez Castelao era curmán do famoso escritor rianxeiro. Faleceu o 23 de abril de 1937 tralo asalto fascista ao bou “Eva” no que pretendían fuxir dende o peirao do Berbés. Foi o maior suicidio colectivo da Guerra Civil, foi silenciado polo franquismo e escasamente difundido. Recuperado de: http://www.farodevigo.es/opinion/2012/04/30/bou-eva/644708.html 33 Grazas a este rexistro podemos completar informacións que faltaban nos cadros elaborados por Bonifacio Fariña e Alejandro Cerecedo. En xeral, podemos ver novos nomes que non estaban nas outras táboas, debido a que posiblemente Daniel Garrido rexistrou profesores de diferentes etapas do colexio. Así mesmo, parece ser que a maioría das persoas que impartían clase non tiñan unha formación específica para iso. Tamén é necesario destacar as informacións complementarias que nos achega acerca de Hermenegildo Carrete e Leandro Saralegui. Acerca destes, nos rexistros oficiais non constaban con precisión as súas profesións ou estudos, que son respectivamente: xeneral carlista o primeiro e comandante da Infantería da Mariña o segundo. Isto chamou a nosa atención: Por qué os directores de comezos do século XX do Colexio León XIII non fixeron constar estes datos? Esperta en nós unha inquedanza o feito de que houbese un número importante de profesores que estivesen ligados ao mundo militar e a importante carga de materias relacionadas coas ciencias e as linguas modernas: inglés, francés e alemán. 4.7. Mediación didáctica Segundo Rosales (2009)35, a Didáctica ocúpase da ensinanza e engloba múltiples dimensións: a material, a organizativa, a funcional ou a social, con atención a múltiples cuestións como as características dos seus órganos de goberno, dos documentos de planificación da actividade, do clima interno, das relacións cos pais/nais e a súa entorna, ademais dos centrais procesos de ensino-aprendizaxe. Por elo para abordar este apartado, faremos unha hipótese de cómo sería a ensinanza no Colexio León XIII de Vilagarcía baseándonos nos apartados que antes explicamos. Nun primeiro momento imos abordar a dimensión material, logo a relacional, e finalmente a social interna. En primeiro lugar, observando os planos do colexio (ver anexo 1) podemos concibir a dimensión material. Así pois, a arquitectura do colexio caracterízase por ter corredores, aulas e habitacións. Soamente hai un espazo dedicado á reunión grupal informal, pero aínda así parécenos que é moi importante a súa existencia, xa que sería un lugar onde como diría Rosales (2009) se favorecería a comunicación formal, 35 Rosales, C. (1999). Introdución (p. 9) y La enseñanza escolar (pp. 81-99). Didáctica: innovación en la enseñanza. Santiago de Compostela: Tórculo Artes Gráficas. 34 informal, xerárquica e horizontal. Porén, non podemos facer hipóteses concluíntes acerca das aulas e mobiliario que observamos nas fotos de Daniel Garrido (ver anexo 2), xa que posiblemente sexan dunha época posterior do colexio que aquí non estamos abordando, pero que sería interesante tratar nun futuro, xa que podemos ver aulas destinadas a determinadas materias como son a física, a química ou a xeografía. Seguundo o inventario realizado por Bonifacio Fariña no 1904, podemos imaxinarnos que o mobiliario non sería suficiente para tódolos alumnos. Podería ser que tamén parte do mobiliario que aparece nas fotografías de Daniel Garrido fose do antigo Colexio León XIII, sería necesario seguir indagando acerca disto, pois vendo a disposición das mesas e cómo aparecen sentados os alumnos (ver no anexo 2 a fotografía 10), parece que os profesores buscaban unha metodoloxía de traballo grupal. En segundo lugar, podemos supor que o colexio buscaba unha relación co contorno, ou polo menos así o tratan de reflectir no xornal Galicia Nueva e nas Bases da Colonia Escolar que xa citamos nestes traballo. As que mostramos a continuación fan referencia á relixiosidade, á recadación de diñeiro para a bandeira do batallón, á unha excursión ao pobo veciño de Rianxo e á cooperación da familia na participación do alumnado nas actividades extraescolares: La festividad del Sacramento. A este acto concurrirán unos cuarenta niños con trajes de angelotes y de primera comunión. Asistirán también, si las necesidades del servicio no lo impiden, las fuerzas francas de marinería del guardapesca “Dorado” y el Batallón infantil “León XIII”. (Galicia Nueva, 15 de xuño de 1915). Se comenzará una suscripción popular con objeto de recaudar fondos para confeccionar una bandera para el Batallón. (Galicia Nueva, agosto de 1915). Habiendo sido invitados por el alcalde de Rianjo, don manuel Pérez, el Batallón Infantil León XIII, para la fiesta de los Dolores, este se puso en marcha (...) embarcando en la lancha-motora que los condujo a Rianxo con un feliz éxito, debido al estado bonancible de la mar. Tan luego estos llegaron a Rianxo fueron recibidos por las autoridades del pueblo, música y disparo de bombas. (...)Fueron obsequiados en la Casa Consistorial con pastas y licores. (Galicia Nueva, 1915). Los organizadores de este batallón encarecen muy sinceramente a todos los padres de los niños que les obliguen a no dejar de asistir los martes y sábados a las cuatro y media a practicar los 35 ejercicios de instrución y gimnasia con objeto de que revistan toda su perfección el día del festival. (Galicia Nueva, 30 novembro de 1915). Finalmente en relación á dimensión social interna valoraremos o tamaño do centro en relación ao número de alumnado e a natureza das relacións entre alumnos e profesores. En canto ao primeiro, soamente temos datos da matrícula escolar do curso 1907-1908, no cal se matricularon 90 alumnos en total, dos cales a maioría cursaban primeira ensinanza. Tendo en conta o número de alumnos e os planos do colexio, podemos supor que o colexio estaría bastante masificado. Como sabemos, en institucións educativas con moito alumnado as relacións tenden a ser frías e de carácter formal. Dan conta da relación entre alumnos-profesor os seguintes testemuños: Manuel Lustres Rivas escribe un artigo36 en Galicia Nueva recordando ao seu amigo da adolescencia John Trulock: John era un rapaz todo candor. Lloró cuando don Roque, el arisco y sabio profesor de Física le reñía porque se le atascaba una ley de óptica. Se afligía cuando la lección de psicología le complicaba su simplísimo concepto de la vida y de las gentes. Un gesto fosco de don Joaquín, una sonrisa irónica de don Alejandro, el sonido bronco y metálico de la voz de don Gerardo...hasta las reprensiones melífluas del capellán atormentaban al escolar. (Lustres, 1999) Carlos Comendador lembrando ao profesor Núñez Búa: Don José tenía fama de duro en el Colegio, y yo que fui uno de sus muchos alumnos, tengo que reconocer que era la única manera que tenía para aplacar la barbarie que reinaba en sus aulas. Como ejemplo, cuando hacía calor y se abrían las ventanas del edificio que daban al patio interior, la tranquilidad era frecuentemente interrumpida por petardos lanzados por los gamberros hacia dentro del edificio. (Viana, 2013, pará. 10) 5. XOSÉ NÚÑEZ BÚA: A FORMACIÓN E ORGANIZACIÓN DOS PROFESORES Xosé Núñez Búa, sobriño de Joaquín Núñez de Couto, naceu no 1897 en Tenorio (Pontevedra). Adicámoslle este epígrafe porque conxuga todos os elementos chave para representar a todos aqueles profesores que non só se dedicaron á ensinanza senón tamén a outras labores como poden ser: o xornalismo, a investigación, a política e a pedagoxía. 36 Lustres, M. (24 de febreiro de 1908). Los pájaros de la guerra: El aviador inglés de Juan Trulock. Galicia Nueva (sen páxina). 36 Núñez Búa transladouse ao León XIII no 1923 para dirixir o colexio de seu tío: Joaquín Núñez de Couto. Alí, combinou o seu traballo como director e profesor coa actividade xornalística, publicando artigos en xornais como “A Nosa Terra”, “Céltiga”, “Roteiro”, “Nós”, “Galicia Nueva”, etc. Incluso chegou a ser correspondente na comarca do importante xornal “El Sol”37. No exilio en Bos Aires continuou coa súa prolífica actividade, cooperando nas emisións radiofónicas da BBC inglesa no “Galicia Programa” e nas publicacións de “Galeuzka”, “A Nosa Terra”, “Galicia Libre” e “Galicia Emigrante”. É de especial interese para nós un valioso artigo publicado en Vieiros38. No mesmo liga a ensinanza na aula como ferramenta para espertar a sensibilidade da realidade política dos alumnos: [“En canto aos feitos sociais, soamente é posible chegar ao seu miolo, ao seu coñecemento certo, intrínseco, vendo, escoitando, ulindo, apalpando. Hai que meterse no medio das realidades concretas para aprehender intelectualmente mediante os sentidos. Convén non esquecer o aforismo aristotélico-escolástico difundido por Locke (nihil est in intelectu quod prius non fuerit in sensu) e reinvindica unha educación ampla de miras que podemos ligar coa Pedagoxía Social, xa que fala do papel educador da comunidade. Ademais tamén fai referencia a algúns dos métodos de ensinanza: Non abonda para poder apreciar os elementos en calquera cuestión política (...) co que ensina o mestre e o alumno aprende na aula, empregando, claro está os termos mestre e aula nun sentido amplísimo: a sabia docencia, a biblioteca silandeira, o laboratorio experimental, a aprendizaxe de técnicas, o seminario experimental...Compre completar e ás veces cambiar a información da aula ca que se adquire por si mesmo no camiño dinámico e popular, coa que ao pleno aire entra polos ollos, oídos, por tódolos sensos do corpo e que, despois o intelecto examina, estima, compara, avalía...(Núñez Búa, 1968, pará. 3). En apoio das ideas anteriores cita exemplos concretos de escola onde se levan a cabo esas andainas: [“Tres meses do ano adicaban os discípulos da Satavagraha (...) creada polo xenio místico de Gandhi, (...). E os alumnos das escolas danesas para adultos, as folkehöjskoler39, creadas pola fe luminosa do poeta e historiador Grundtvig 37 Viana, V. (14 de Xullo do 2013). Núñez Búa, un galeguista comprometido en Vilagarcía. Faro de Vigo. Recuperado de: http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2013/07/14/nunez-bua-galeguista-comprometido- vilagarcia/845306.html 38 Núñez Búa, X. (1968). Aula e camiño. Vieiros. Vigo: A Nosa Terra Edicións. 39 Sobre as folkehöjskoler Núñez Búa falou sobre elas nos Cursos de Extensión Escolar celebrados o 29 de xullo e o 24 de agosto de 1935, recuperado de: Costa, A. (1983). Aproximación a la historia de la ANEXOS Anexo 1: Planos do Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa Fotografía 1: Planta baixa Fonte: AHUS. Fondo Universitario de Colexios Privados S. XIX-XX, cartafol 232, expediente 14. Fotografía 2: Segundo piso Fonte: Ib. Fotografía 3: Terceiro piso Fonte: Ib. Anexo 2: Fotografías da colección privada de Daniel Garrido Castroman Fotografía 4: Fachada do Colexio León XIII Fonte: Colección privada de Daniel Garrido Castroman Fotografía 5: Lateral do Colexio León XIII Fonte: Colección privada de Daniel Garrido Castroman Fotografía 6: Lateral do Colexio León XIII Fonte: Colección privada de Daniel Garrido Castroman Fotografía 7: Patio visto dende a entrada Fonte: Colección privada de Daniel Garrido Castroman Fotografía 8: Patio visto dende o fondo Fonte: Colección privada de Daniel Garrido Castroman Fotografía 9: Aula de Xeografía Fonte: Colección privada de Daniel Garrido Castroman Fotografía 10: Aula Xeografía Fonte: Colección privada de Daniel Garrido Castroman Fotografía 11: Aula Xeografía Fonte: Colección privada de Daniel Garrido Castroman Fotografía 12: Aula de Física e Química Fonte: Colección privada de Daniel Garrido Castroman Fotografía 13: Aula de Física e Química Fonte: Colección privada de Daniel Garrido Castroman Fotografía 14: Aula de Física e Química Fonte: Colección privada de Daniel Garrido Castroman