Instrución III/2020 da xerencia pola que se regula a dotación de vestiario profesional para o persoal condutor e para o persoal de actos oficiais durante o 2020
Abstract
Instrución III/2020 da xerencia pola que se regula a dotación de vestiario profesional para o persoal condutor e para o persoal de actos oficiais durante o 2020
Full text
Casa da Balconada. Rúa Nova, 6. 15782 Santiago de Compostela Tel 881811010- Fax:881 811210 Correo electrónico: [email protected] XERENCIA INSTRUCIÓN III/2020 DA XERENCIA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA POLA QUE SE REGULA A DOTACIÓN DE VESTIARIO PROFESIONAL AO PERSOAL LABORAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS QUE TEN A CATEGORÍA DE CONDUTOR E PARA O PERSOAL DE ACTOS OFICIAIS A disposición adicional quinta do vixente Convenio Colectivo para o persoal laboral da USC establece que en materia de roupa de traballo e vestiario, a Universidade proporcionaralles anualmente aos/ás traballadores/as as pezas de roupa necesarias para o desenvolvemento das súas funcións. A subministración de vestiario implica o seu uso obrigatorio durante a xornada de traballo. Co fin de que a dotación e recollida das prendas se leve a cabo coa debida coordinación e puntualidade, e unha vez negociado co Comité Intercentros, o xerente, en uso das competencias atribuídas pola resolución reitoral do 20 de xuño de 2018 (DOG do 29 de xuño de 2018, dispón: 1. SOLICITUDE DE PRENDAS DE TRABALLO O impreso de solicitude de prendas de traballo correspondentes ao ano 2020, cubrirase e presentarase persoalmente no Servizo de Xestión de Persoal (Casa da Balconada, Rúa Nova 6, Santiago de Compostela) e na Vicexerencia do Campus de Lugo (Servizos Centrais, Campus Universitario, 27002-Lugo). Os traballadores con dereito ao vestiario que se relaciona no anexo a esta instrución son os que prestan servizos en actos oficiais e os que teñen a categoría de condutor. 2. PRAZO DE SOLICITUDE O prazo de solicitude será dende o 13 de abril ata o 17 de xullo do ano 2020 en horario de 9 a 14. 3. PROCEDEMENTO 3.1 Ao/Á traballador/a entregaráselle un resgardo selado polo Servizo de Xestión de Persoal ou pola Vicexerencia do Campus de Lugo no momento en que presente a solicitude. 3.2 Os/As traballadores/as deberán acudir co resgardo á empresa Mª de las Mercedes Buján Liñares, Fonte de Santo Antonio, nº 6. 15702 - Santiago de Compostela, para que esta anote o vestiario solicitado e tome as medidas para a tallaxe das prendas e do calzado. 3.3 O/A traballador/a entregaralle o resgardo asinado á empresa concesionaria única e exclusivamente no momento de recibir as prendas solicitadas. A perda ou entrega indebida do resgardo, quedará baixo a responsabilidade total do/da traballador/a solicitante. 3.4 No caso das gravatas seguirase o mesmo procedemento, pero o/a traballador/ a terá que ir a UNITENDA para recoller as prendas e entregar o resgardo. 4. OBRIGA DE USO DA ROUPA DE TRABALLO Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/8DEF-12B9-4233-9533 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 8DEF-12B9-4233-9533 1 / 4
Casa da Balconada. Rúa Nova, 6. 15782 Santiago de Compostela Tel 881811010- Fax:881 811210 Correo electrónico: [email protected] XERENCIA A subministración de vestiario de traballo implica o seu uso obrigatorio durante a xornada de traballo. 5. FACTURACION DA EMPRESA CONCESIONARIA A empresa concesionaria facturará á Universidade os importes correspondentes, acompañando os resgardos que deben estar debidamente asinados polos/as traballadores/as e co selo do Servizo de Xestión de Persoal ou da Vicexerencia. En todo o non regulado nesta instrución estarase ao disposto na xa mencionada disposición adicional quinta do Convenio Colectivo. Santiago de Compostela, O xerente Antonio Javier Ferreira Fernández Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/8DEF-12B9-4233-9533 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 8DEF-12B9-4233-9533 2 / 4
XERENCIA Casa da Balconada. Rúa Nova, 6. 15782 Santiago de Compostela Tel 881811010- Fax:881 811210 Correo electrónico: [email protected] ANEXO Á INSTRUCIÓN DE ROUPA DE TRABALLO ROUPA TRABALLO 2020 CONDUTORES E PERSOAL DE ACTOS OFICIAIS CATEGORÍA Nº prendas ROUPA DE TRABALLO Condutores 1 funda 1 gabardina ou abrigo 2 traxes 4 camisas 2 pares de carpíns 2 pares de zapatos Persoal actos oficiais (Cada 2 anos) traxe 1 2 camisas 1 gravata Ás persoas xubiladas parcialmente de forma anticipada daráselles a roupa de traballo cada 3 anos. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/8DEF-12B9-4233-9533 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 8DEF-12B9-4233-9533 3 / 4
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO JAVIER FERREIRA FERNANDEZ, XERENTE, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14/02/2020 12:54:04. CSV: 8DEF-12B9-4233-9533 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/8DEF-12B9-4233-9533 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 8DEF-12B9-4233-9533 4 / 4