Full text
Análise do rol da enfermaría de Atención Primaria en materia de prevención e diagnóstico precoz do VIH na comarca de Santiago de Compostela. Autor: Javier Viaño Rial Titora: Ainara Díaz Geada Cotitora: Eugenia Sampedro Pérez Xuño 2022
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Grao en Enfermaria O Proxecto de Fin de Grao titulado: Análise do rol da enfermaría de Atención Primaria en materia de prevención e diagnóstico precoz do VIH na comarca de Santiago de Compostela, foi realizado por o/a abaixo asinante. Santiago de Compostela, 30 de maio de 2022 O/a alumno/a, Fdo.: Javier Viaño Rial Vº Bº A titora: A cotitora: Fdo: Ainara Díaz Geada Fdo: Eugenia Sampedro Pérez
AGRADECEMENTOS Á miña titora, Ainara Díaz Geada, pola implicación, a axuda constante, a paciencia e o tempo adicado. Á miña cotitora, Eugenia Sampedro Pérez por aceptar a cotitorización deste traballo e pola súa colaboración indispensábel. Ás enfermeiras da comarca de Santiago de Compostela polo tempo invertido en protagonizar esta análise e pola sinceridade das súas respostas. Aos meus, que me acompañaron ao longo desta etapa e nunca deixaron de apoiarme. Grazas por confiar sempre en min.
ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN ................................................................................................................... 1 2. XUSTIFICACIÓN ................................................................................................................ 3 3. OBXECTIVOS ...................................................................................................................... 3 4. METODOLOXÍA ................................................................................................................. 4 4.1. Deseño e poboación do estudo. ............................................................................................ 4 4.2 Instrumento ............................................................................................................................ 4 4.3 Recollida de datos. ................................................................................................................. 5 4.4 Variábeis. ............................................................................................................................... 6 4.5 Análise estatística. ................................................................................................................. 6 5. RESULTADOS ..................................................................................................................... 7 6. DISCUSIÓN ........................................................................................................................ 15 7. LIMITACIÓNS E FORTALEZAS ..................................................................................... 17 8. CONCLUSIÓNS ................................................................................................................. 18 BIBLIOGRAFÍA. .................................................................................................................... 19 ANEXO I: CUESTIONARIO EMPREGADO NA RECOLLIDA DE DATOS DA MOSTRA ESTUDADA. .......................................................................................................................... 22 ANEXO II: INFORME FAVORABLE DO COMITÉ DE BIOÉTICA DA USC ................. 27 ANEXO III: INFORME FAVORABLE DA XERENCIA DA ÁREA SANITARIA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E BARBANZA ................................................................ 28 ÍNDICE DE TÁBOAS Táboa 1. Sexo, idade, contrato e centro de traballo do persoal de enfermaría da comarca de Santiago de Compostela. ................................................................................................................. 7
Táboa 2. Consideracións xerais sobre o rol da enfermaría na educación sexual. ........................... 8 Táboa 3. Percepción do rol enfermeiro na prevención e diagnóstico precoz do VIH. .................... 9 Táboa 4. Consideracións osbre a PrEP. ......................................................................................... 10 Táboa 5. Consideracións sobre PEP. ............................................................................................ 11 Táboa 6. Implicacións da enfermaría na oferta de pprovas de diagnóstico de VIH...................... 12 Táboa 7. Autopercepción do nivel de coñecementos e da necesidade de formación na materia. . 13 Táboa 8. Oferta de probas diagnósticas do VIH de acordo ao coñecemento das guías e protocolos de referencia. ................................................................................................................................. 14 Táboa 9. Coñecemento das guías e protocolos de referencia segundo o tipo de contratación. ..... 14 ÍNDICE DE GRÁFICOS Gráfico 1. En cal dos seguintes supostos lle indicaría a un paciente o uso da PrEP? ................... 11 Gráfico 2. En cal dos seguintes casos indicaría o uso da PEP?..................................................... 12 Gráfico 3. En cal dos seguintes casos lle indicaría a un paciente realizar unha seroloxía para detectar o VIH? ............................................................................................................................. 13
RESUMO Introdución: o VIH/SIDA é un problema de saúde pública cuxa prevención é posíbel mediante métodos sinxelos e que sendo diagnosticado de xeito precoz mellora substancialmente as condicións do paciente. A enfermaría de Atención Primaria desenvolve un rol fundamental neses dous eidos: a prevención e o diagnóstico precoz. Existen numerosas aptitudes coas que a enfermaría de Atención Primaria debe contar para poder desenvolver con éxito este rol. Obxectivos: coñecer as aptitudes e actitudes da enfermaría de atención primaria da comarca de Santiago de Compostela en materia de prevención e diagnóstico precoz do VIH. Así como tamén estimar o grao de coñecementos das guías e protocolos vixentes e analizar a necesidade de formación. Métodos: deseñouse un estudo observacional descritivo de corte transversal. A mostraxe foi aleatoria simple. Confeccionouse un cuestionario anónimo. Responderon un total de 47 enfermeiras (n= 47). Medíronse variábeis sociodemográficas, variabéis relacionadas co rol da enfermeira na educación sexual, coa percepción do papel no diagnóstico precoz do VIH, cos coñecementos sobre medidas farmacolóxicas, coa oferta de probas diagnósticas e coa autopercepción do nivel de coñecementos e necesidade de formación. Resultados: poucas enfermeiras adoitan falar cos pacientes sobre os seus hábitos sexuais nas consultas (19,1%) e o 48,9% descoñece en que consiste a prevención combinada do VIH. En canto ao diagnóstico, o 83% nunca ofertou unha proba para a detección do virus. O 70,2% descoñece os documentos de referencia na materia e o 87,2% considera insuficientes os seus coñecementos. Ao 95,7% gustaríalle recibir máis formación. Conclusións: existe unha ampla falta de coñecementos das guías de actuación que se reflicte na práctica clínica. As profesionais participantes neste estudo non adoitan facer uso das ferramentas existentes para poder levar a cabo un correcto diagnóstico precoz e prevención do VIH. Porén, o estudo revela unha alta necesidade e aceptabilidade de formación neste ámbito.
RESUMEN Introducción: el VIH/SIDA es un problema de salud pública cuya prevención es posible mediante métodos sencillos y que siendo diagnosticado precozmente mejora sustancialmente las condiciones del paciente. La enfermería de Atención Primaria desarrolla un rol fundamental en ambos campos: la prevención y el diagnóstico precoz. Existen numerosas aptitudes que la enfermería de Atención Primaria debe poseer para desarrollar exitosamente este rol. Objetivos: conocer las aptitudes y actitudes de la enfermería de Atención Primaria de la comarca de Santiago de Compostela en materia de prevención y diagnóstico precoz del VIH. También estimar el grado de conocimientos de las guías y protocolos vigentes y analizar la necesidad de formación. Métodos: se diseñó un estudio observacional descriptivo de corte transversal. El muestreo fue aleatorio simple. Se confeccionó un cuestionario anónimo. Respondieron un total de 47 enfermeras (n = 47). Se midieron variables sociodemográficas, variables relacionadas con el rol de la enfermera en la educación sexual, con la percepción del papel en el diagnóstico precoz del VIH, con los conocimientos sobre medidas farmacológicas, con la oferta de pruebas diagnósticas y con la autopercepción del nivel de conocimientos y necesidad de formación. Resultados: pocas enfermeras acostumbran hablar con los pacientes sobre hábitos sexuales (19,1%) y el 48,9% desconoce la prevención combinada del VIH. Referente al diagnóstico, el 83% nunca ofertó una prueba para la detección del virus. El 70,2% desconoce los documentos referentes en la materia y el 87,2% considera insuficientes sus conocimientos. Al 95,7% le gustaría recibir formación. Conclusiones: existe falta de conocimientos de las guías de actuación reflejándose en la práctica clínica. Las profesionales participantes en este estudio no hacen uso de las herramientas que permiten llevar a cabo un correcto diagnóstico precoz y prevención del VIH. Sin embargo, el estudio revela una alta necesidad y aceptabilidad de formación en este ámbito.
ABSTRACT Introduction: HIV/AIDS is a public health problem whose prevention is possible by means of simple methods and when diagnosed early, it substantially improves the patient's conditions. Primary care nurses play a fundamental role in both fields: prevention and early diagnosis. There are numerous skills that Primary Care nurses must have in order to successfully develop this role. Objectives: to know the skills of Primary Care nurses in the district of Santiago de Compostela in the prevention and early diagnosis of HIV. Also to estimate the degree of knowledge of current guidelines and protocols and to analyze the need for training. Methods: a cross-sectional descriptive observational study was designed. Sampling was random and simple. An anonymous questionnaire was used. A total of 47 nurses responded (n = 47). Sociodemographic variables, variables related to the nurse's role in sex education, perceived role in the early diagnosis of HIV, knowledge of pharmacological measures, offer of diagnostic tests and self-perceived level of knowledge and need for training were measured. Results: few nurses are in the habit of talking to patients about their sexual habits during consultations (19.1%) and 48.9% are unaware of the combined prevention of HIV. Regarding diagnosis, 83% never offered a test for the detection of the virus. 70.2% were unaware of the reference documents on the subject and 87.2% considered their knowledge to be insufficient. 95.7% would like to receive more training. Conclusions: there is a widespread lack of knowledge of the guidelines, which is reflected in clinical practice. The professionals participating in this study do not usually make use of the existing tools to carry out a correct early diagnosis and prevention of HIV. However, the study reveals a high need and acceptability of training in this area.
1 1. INTRODUCIÓN O 5 de xuño de 1981 o Centro para o Control e Prevención de Enfermidades dos Estados UNIDOS (CDC) notificaba cinco casos de pneumonía estraña. Os afectados eran homes previamente sans, homosexuais e sexualmente activos. Eses cinco casos estendéronse de xeito descontrolado, falándose por aquel entón dun “cáncer gay”. Tratábase do inicio dunha pandemia que perdura ata o día e hoxe: a causada polo virus da inmunodeficiencia humana (VIH). Este virus actúa infectando, destruíndo ou alterando o funcionamento das células inmunitarias (2). A multiplicación descontrolada do virus no organismo provoca un debilitamento das defensas e un conseguinte estado de inmunodeficiencia. O virus destrúe os glóbulos brancos (CD4) o que supón a aparición de numerosas infeccións oportunistas (1) e pode implicar a presentación dos signos e síntomas que definen a enfermidade da síndrome de imunodeficiencia huma (SIDA) (2,3). O VIH pódese transmitir mediante tres vías diferentes: sexual, sanguínea e nai-fillo. A transmisión sexual ten lugar durante as relacións sexuais sen preservativo. A penetración anal, seguida da vaxinal, son as que máis risco entrañan. A transmisión sanguínea dáse ao expoñerse a materiais cortantes ou de inxección en contacto con sangue infectada. O grupo máis vulnerable a contaxiarse por esta vía son as persoas que se inxectan drogas (PID). Finalmente, a transmisión nai-fillo ten lugar cando una nai VIH positiva transmite o virus ás crianzas durante o embarazo, parto ou lactación. Das tres vías a máis frecuente na nosa contorna é a sexual (3,4). A nivel mundial, con datos do 2020, preto de 80.000.000 de persoas contraeran o virus dende o comezo da pandemia, 36.000.000 faleceron e 37.000.000 están a vivir con el nos nosos días (5). En España dende o 2003 ata o 2020 contabilizáronse 59.585 novos casos de VIH. No 2020 notificáronse 1925 casos, o que supón unha taxa de 4,07 casos por cada 100.000 habitantes. A maioría dos novos diagnósticos danse en homes e o medio de transmisión más frecuente son os homes que teñen sexo con homes (HSH) (4). En canto a Galicia, no período 2004-2020 rexistráronse 3.030 casos de VIH, o que supón unha media de 178 infeccións anuais e unha incidencia anual de 6,47 casos por 100.000 habitantes. O máximo de casos rexistrados nun ano (225) , así como de incidencia (8,1 por cada 100.000 habitantes) tiveron lugar no 2012. Dende esa data os datos foron descendendo ata acadar un mínimo no 2017 con 120 diagnósticos novos e unha incidencia anual de 4,4 por cada 100.000 habitantes. Dende ese ano, as estatísticas amosan unha repunta progresiva acadando no 2019 153 diagnósticos anuais e unha incidencia de 5,7 por cada 100.000 habitantes. O último ano con datos
8 Folgueiras-Calo Cacheiras Pontevea Vedra Boqueixón Bembibre 3 2 - 1 1 3 6,4 4,3 - 2,1 2,1 6,4 En canto ás preguntas referidas ao segundo bloque do cuestionario: Consideracións xerais sobre o rol da enfermaría na educación sexual, o 68,1% das persoas que participaron no estudo manifestaron estar total ou parcialmente de acordo con que como enfermeiro/a de atención primaria desenvolve un papel fundamental na educación en hábitos sexuais saudábeis. Ademais o 65,9% tamén considera que a enfermaría de atención primaria debe interesarse e preguntar polos hábitos sexuais dos seus pacientes. O 63,8% afirmou sentirse cómodo falando cos pacientes sobre a súa maneira de vivir a sexualidade (Táboa 2). Táboa 2. Consideracións xerais sobre o rol da enfermaría na educación sexual. Total (n=47) Pregunta Resposta N % A enfermería de atención primaria desenvolve un papel fundamental na educación en hábitos sexuais saudábeis. Totalmente en desacordo Parcialmente en desacordo Nin en desacordo nin de acordo Parcialmente de acordo Totalmente d e acordo - 9 6 11 21 - 19,1 12,8 23,4 44,7 Os enfermeiros/as de atención primaria deben interesarse, preguntar e coñecer como son as prácticas sexuais dos seus pacientes. Totalmente en desacordo Parcialmente en desacordo Nin en desacordo nin de acordo Parcialmente de acordo Totalmente de acordo 5 5 6 16 15 10,6 10,6 12,8 34 31,9 Síntome cómodo/cómoda falando cos meus pacientes sobre a súa maneira de vivir a sexualidade Totalmente en desacordo Parcialmente en desacordo Nin en desacordo nin de acordo Parcialmente de acordo Totalmente de acordo 2 5 10 15 15 4,3 10,6 21,3 31,9 31,9
9 No referente ás preguntas do terceiro bloque: Percepción do rol enfermeiro na prevención e diagnóstico precoz do VIH, o porcentaxe de acordo con que a enfermaría de primaria ten un papel chave na prevención e diagnóstico precoz do VIH é do 68,1%. Ademais, ao 93,6% dos enquisados parécelles importante falar cos pacientes sobre os seus hábitos sexuais para así poder levar a cabo a devandita prevención e diagnóstico precoz. Por outra banda, unicamente o 8,5% considera que non existen prexuízos no eido sanitario que dificulten a actividade de prevención e diagnóstico precoz do VIH. Porén, só o 19,1% das enfermeiras adoita falar cos seus pacientes sobre as prácticas sexuais (Táboa 3). Táboa 3. Percepción do rol enfermeiro na prevención e diagnóstico precoz do VIH. Total (n=47) Pregunta Re sposta N % A enfermería de atención primaria desenvolve un papel clave na prevención e o diagnóstico precoz do VIH. Totalmente en desacordo Parcialmente en desacordo Nin en desacordo nin de acordo Parcialmente de acordo Totalmente d e acordo 2 10 3 13 1 9 4,3 21,3 6,4 27,7 40,4 É importante para a prevención e diagnóstico precoz do VIH falar coas persoas sobre os seus hábitos sexuais. Totalmente en desacordo Parcialmente en desacordo Nin en desacordo nin de acordo Parcialmente de acordo Totalmente de acordo 2 - 1 11 33 4,3 - 2,1 23,4 70,2 Considero que no eido sanitario siguen existindo barreiras (como prexuízos en canto aos mecanismos de transmisión do virus, a sexualidade como un tabú, a falta de empatía cos po... Totalmente en desacordo Parcialmente en desacordo Nin en desacordo nin de acordo Parcialmente de acordo Totalmente te acordo 1 3 2 19 22 2,1 6,4 4,3 40,4 46,8 Adoita falar cos/as pacientes sobre os seus hábitos sexuais e así poder previr ou diagnosticar precozmente o VIH? Sí Non 9 38 19,1 80,9 En canto ás preguntas comprendidas no cuarto bloque: Coñecementos sobre as medidas farmacolóxicas para previr o VIH, %, o 48,9% do persoal de enfermaría dixo saber en que
10 consistía a prevención combinada do VIH. Deste 48,9% que respondeu de xeito afirmativo coñecía a PrEP o 46,8% e a PEP o 31,9%. En relación á PrEP, o 77,3% considérana unha forma axeitada de previr o VIH, en cambio o 59,1% non se senten capaces de dar consello sobre este método aos pacientes e só un de cada nove enquisados (86,4%) falou deste método na súa consulta (Táboa 4). Táboa 4. Consideracións osbre a PrEP. Total (n=22) Pregunta Resposta N % Considero que a PrEP é unha forma axeitada de previr o VIH. Totalmente en desacordo Parcialmente en desacordo Nin en desacordo nin de acordo Parcialmente de acordo Totalmente de acordo 1 - 4 9 8 4,5 - 18,2 40,9 36,4 Son capaz de dar consello ao inicio e durante o seguimento do/a paciente mentres faga uso da PrEP (informar sobre efectos adversos ou sobre as probas necesarias antes de comezar a pauta). Totalmente en desacordo Parcialmente en desacordo Nin en desacordo nin de acordo Parcialmente de acordo Totalmente de acordo 3 4 2 9 4 13,6 18,2 9,1 40,9 18,2 Faloulle algunha vez aos seus pacientes sobre a PrEP? Sí Non 3 19 13,6 84,4 Tamén se lle mostrou aos participantes unha lista de casos nos que debían sinalar a cal deles lle indicarían o uso da PrEP, onde o 4,5% respondeu de xeito correcto: “HSH maior de 18 anos que padeceu polo menos unha ITS bacteriana no último ano e usou drogas durante relacións sexuais sen preservativo no último ano” (Gráfico 1).
11 Gráfico 1. En cal dos seguintes supostos lle indicaría a un paciente o uso da PrEP? Con respecto á PEP o 80% dos participantes no estudo afirmou considerar a PEP unha medida puntual axeitada de prevención da infección, e un 99,3% confirmou que nunca falou da PEP cos seus pacientes (Táboa 5). Táboa 5. Consideracións sobre PEP. Total (n=15) Pregunta Resposta N % Considera que a PEP é unha forma axeitada de previr o VIH de maneira puntual? Sí Non 12 3 80 20 Faloulle algunha vez aos seus pacientes sobre a PEP? Sí Non 1 14 6,7 93,3 Sobre a PEP tamén se presentaron unha serie de casos nos que os participantes debían indicar cales eran candidatos a este tipo de prevención e o 33,33% dos enquisados sinalou a opción correcta: “nunha muller que acude porque foi vítima dunha agresión sexual nas últimas 48 horas” (Gráfico 2).
12 Gráfico 2. En cal dos seguintes casos indicaría o uso da PEP? En canto ás preguntas contempladas no quinto bloque do cuestionario: Implicacións da enfermaría na oferta de probas de diagnóstico do VIH, o 97,9% dos enquisados mostrou considerar importante que un paciente coñeza o seu estado serolóxico con respecto ao VIH e un 91,5% considera que como persoal de enfermaría de atención primaria forma parte do persoal axeitado para falar cos pacientes sobre as probas diagnósticas. Porén, só o 17% respondeu de forma afirmativa a ter ofertado algunha vez unha proba deste tipo (Táboa 6). Táboa 6. Implicacións da enfermaría na oferta de probas de diagnóstico de VIH. Total (n=47) Pregunta Resposta N % É importante para min que un paciente saiba que está infectado polo VIH. Totalmente en desacordo Parcialmente en desacordo Nin en desacordo nin de acordo Parcialmente de acordo Totalmente de acordo - 1 - - 46 - 2,1 - - 97,9 A enfermería de atención primaria forma parte do persoal axeitado para falarlle e ofrecerlle aos/as pacientes probas de detección do VIH. Totalmente en desacordo Parcialmente en desacordo Nin en desacordo nin de acord o - 1 3 - 2,1 6,4
13 Parcialmente de acordo Totalmente de acordo 18 25 38,3 53,2 Ofreceulle algunha vez aos seus pacientes algunha proba para a detección do VIH? Sí Non 8 39 17 83 Tamén se recolleu unha pregunta na que os participantes debían escoller de entre un grupo de casos a cal lle ofertaría unha proba diagnóstica. O 80,9% sinalou a resposta correcta: “en todos os anteriores”. Gráfico 3. En cal dos seguintes casos lle indicaría a un paciente realizar unha seroloxía para detectar o VIH? Por outra parte, as respostas obtidas para as preguntas pertencentes ao quinto bloque: Autopercepción do nivel de coñecementos e da necesidade de formación na materia, puxeron de manifesto que o 70,2% dos participantes no estudo non coñecen as guías e protocolos de referencia na materia e o 78,2% non consideran suficientes os seus coñecementos sobre a mesma. Ao 95,7% gustaríalles recibir máis formación neste ámbito (Táboa 7). Táboa 7. Autopercepción do nivel de coñecementos e da necesidade de formación na materia. Total (n=47) Pregunta Resposta N % Coñece as guías e protocolos de actuación para a prevención e diagnóstico precoz do VIH (como por exemplo o Plan galego anti-VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual ou a Guía de Recomendacións para o diagnóstico Precoz do VIH no ámbito sanitario do Ministerio de Sanidade)? Sí Non 14 33 29,8 70,2
14 Considera que os seus coñecementos para levar a cabo o papel de prevención e diagnóstico precoz do VIH son suficientes? Sí Non 6 41 12,8 87,2 Gustaríalle recibir máis formación e recursos para así mellorar a súa actuación na prevención e diagnóstico precoz do VIH? Sí Non 45 2 95,7 4,3 Finalmente, no espazo aberto que os participantes tiñan para facer calquera consideración sobre o tema, os comentarios achegados foron os seguintes: “Traballo en pediatría, necesitamos formación para tratar este tema cos adolescentes.”, “Se debe profundizar en la información y formación enfermero@a en toda prevencion y formación de ETS”, “Dado a actual situación de temporalidade da enfermaría no Sergas é bastante difícil acadar o grao de complicidade precisa para tratar cos pacientes estes e outros moitos temas.”, “Formación por parte da administración sanitaria.”, “Pocas consultas que traten sobre esto en primaria”. Os profesionais que coñecían as guías e protocolos amosaron ter unha maior probabilidade de ter ofrecido aos pacientes unha proba de detección do VIH (35,7%) que os que non tiñan ter tales coñecementos (9,1%) (p=0,026) (Táboa 8). O persoal interino ou fixo manifestou un maior coñecemento das guías e protocolos que o persoal eventual (36% fronte o 22,7%), malia que estes resultados non acadaron significación estatística (Táboa 9). Táboa 8. Oferta de probas diagnósticas do VIH de acordo ao coñecemento das guías e protocolos de referencia. Pregunta Resposta Coñecemento das guías e protocolos Descoñecemento das guías e protocolos Chi-cadrado de Pearson Ofreceulle algunha vez aos seus pacientes realizar algunha proba para a detección do VIH? Sí Non 5 (35,7%) 9 (64,3%) 3 (9,1%) 30 (90,9%) 0,026 Táboa 9. Coñecemento das guías e protocolos de referencia segundo o tipo de contratación. Pregunta Resposta Eventual Interina/Fixa Chi-cadrado de Pearson
15 Coñece as guías e protocolos de actuación para a prevención e diagnóstico precoz do VIH (como por exemplo o Plan galego anti- VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual ou a Guía de Recomendacións para o diagnóstico Precoz do VIH no ámbito sanitario do Ministerio de Sanidade)? Sí Non 5 (22,7%) 17 (77,3%) 9 (36%) 16 (64%) 0,321 6. DISCUSIÓN Os estudos existentes sobre a prevención e diagnóstico precoz do VIH son poucos e adoitan centrarse máis na figura doutros profesionais da saúde, como o persoal médico de Atención Primaria. No presente estudo ponse de manifesto unha falta de coñecementos dos instrumentos necesarios, por parte das enfermeiras de Atención Primaria da comarca de Santiago de Compostela, para levar a cabo unha correcta actuación no que á prevención e diagnóstico precoz do VIH se refire. Este descoñecemento tradúcese na ausencia da devandita actuación por parte das profesionais. As enfermeiras de atención primaria da comarca de Santiago de Compostela que participaron no presente estudo, malia considerar relevante o seu papel na prevención e diagnóstico precoz do VIH e a abordaxe dos hábitos sexuais dos pacientes, non acostuman tratar nas consultas os comportamentos en materia de sexualidade dos mesmos. Isto ocorre a pesares de que a sexualidade forma parte da saúde, e por ende, non debe ser obviada nas consultas. De feito, para acadar o título de enfermeira ou enfermeiro especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria é necesario ter levado a cabo durante a residencia promoción da saúde sexual, así como consello sobre ITS (14). A falta de realización da anamnese sexual por parte da Atención Primaria tamén se reflicte no estudo realizado por David Fernández de Velasco Pérez et. al en Alcorcón no ano 2019 (15), mais aínda así no devandito estudo era máis frecuente a anamnese sexual que no presente estudo(un terzo fronte a un quinto dos enquisados empregan esta ferramenta para a prevención e diagnóstico precoz do VIH). En canto á prevención combinada, a metade dos participantes afirmou saber en que consistía. Malia isto, podemos sospeitar que esa porcentaxe é menor, xa que as preguntas sobre os coñecementos da PrEP (dende a pregunta 13 á 16) e a PEP (dende a pregunta 18 á 20), amosan falta de saber sobre estas medidas que forman parte da prevención combinada. Pódese extraer que
16 existe unha idea difusa de en que consiste este tipo de prevención, mais non un coñecemento claro. Esta carencia de competencias tamén é indicadora dunha aptitude a mellorar por parte dos profesionais, xa que é numerosa a literatura que recolle a importancia de dominar este tipo de medidas por parte do persoal de Atención Primaria, como é o caso do artigo de J. Mascort et al. (11). Mais os profesionais manifestaron ter ansia de mellora, polo que dende as institucións deberían de promoverse actividades formativas accesíbes para así poder paliar esta situación. No referido ao diagnóstico precoz, e en concreto á oferta de probas de detección do VIH, podemos afirmar que a oferta deste tipo de probas por parte dos participantes na investigación é baixa. No estudo de Javier Martínez Sanz et al. levado a cabo entre 2016 e 2017 nos centros de atención primaria do Hospital Universitario Ramón y Cajal (16) o persoal de enfermaría tamén acada unha porcentaxe baixa de oferta, mais aínda así, non tan baixa como a acadada neste estudo (39,5% fronte a 17%). Esta escasa oferta ponse de manifesto no estudo de Rafael Carlos Puentes Torres et al. realizado entre 2013 e 2014 no que se pretendía valorar a aceptabilidade da proba mediante a busca oportunista na Atención Primaria (17). Neste estudo captouse a 3.314 pacientes, dos cales o 93,1% aceptaron facer unha proba diagnóstica de VIH. Destes, o 34,8% afirmou non tela feito antes porque nin o seu referente de medicina nin de enfermaría de Atención Primaria lla tiña ofertado. As propias enfermeiras consideran que no eido sanitario seguen habendo prexuízos arredor dos mecanismos de transmisión do virus ou dos portadores do mesmo. Estas prexuízos actúan como barreiras que impiden levar a cabo unha adecuada prevención e diagnóstico precoz do VIH. Os participantes no estudo non só son conscientes da existencia desas barreiras, se non tamén da súa falta de formación. No estudo de Javier Martínez Sanz et al. (16) analízanse as actitudes, barreiras e coñecementos sobre o VIH de médicos e enfermeiras de Atención Primaria antes e despois dunha intervención formativa. O estudo revela que os coñecementos melloraron, así como as actitudes, xa que, por exemplo aumentou o número de probas ofertadas. Este estudo pon de manifesto que a formación é crucial para poder mellorar, e as enfermeiras da comarca de Santiago de Compostela demandan este tipo de aprendizaxe. Por outra banda, o estudo revela que a falta de coñecementos de guías e protocolos afecta de forma xeneralizada aos tres tipos de contrato e non aparecen diferenzas en canto á estabilidade laboral —xa que non se atoparon diferencias estatísticamente significativas entre a variábel tipo de contrato e as referidas aos coñecementos—. Existen revisións como a de Luis Miguel Arroyo Ruiz
17 (18) na que esta falta de coñecementos aparece tamén en estudantes. Isto fainos pensar que se necesita unha formación transversal a todos os niveis, incluíndo a formación de Grao. Pola contra, si existe diferencia estatísticamente significativa entre os profesionais que din coñecer as guías e protocolos vixentes e os que algunha vez ofertaron unha proba de detección do VIH. Este achado aparece tamén recollido en estudos como o de Javier Martínez Sanz et al. (16), onde se confirma que existe asociación entre o coñecemento e as barreiras para ofertar unha proba. Con isto, podemos afirmar que os coñecementos por parte dos profesionais tradúcense en mellores prácticas e unha atención de maior calidade aos pacientes. 7. LIMITACIÓNS E FORTALEZAS A principal limitación coa que contou o estudo foi o índice de participación. En todo momento se intentou que a participación fose máis ampla. Para tratar de paliar a situación fixéronse repetidas visitas aos diferentes centros, sempre tratando de alentar aos profesionais a participar no estudo e explicándolle a importancia da súa resposta. Esta falta de participación pode ser indicativa precisamente dun dos puntos chave do traballo: en xeral, a sexualidade, e en concreto, o VIH, seguen a ser temas delicados de abordar. Ambos, adoitan pasar de longo para as profesionais e ser considerablemente obviados. Por outra banda, existe unha lixeira descompensación entre o número de respostas recibidas dos centros rurais sobre os centros urbanos. Esta oscilación pode provocar un tenue nesgo sobre o conxunto dos datos obtidos, xa que está máis representada a mostra rural que a urbana. De feito, os centros máis visitados foron os do ámbito urbano. Ademais, a natureza do estudo imposibilita extraer conclusións de causalidade, xa que se trata dun estudo transversal. A maior fortaleza coa que conta este estudo é que non existen estudos previos sobre esta temática na enfermaría galega. Nunca antes se analizaran os coñecementos nin o xeito de desempeñar as funcións de prevención e diagnóstico precoz do VIH no noso país. Por primeira vez recóllense nun estudo as debilidades e fortalezas coas que conta a enfermaría, neste caso da comarca de Santiago de Compostela, así como tamén a demanda de formación existente. A detección de necesidades pode servir como apertura dun novo horizonte: que as institucións fagan todo o posíbel para poñer en marcha os recursos necesarios para loitar contra o VIH.
24 1 2 3 4 5 6. A enfermaría de atención primaria debe escoitar activamente e integrar os aspectos das prácticas sexuais dos seus pacientes que poidan ser obxecto de interese da prevención de o fomento de hábitos saudábeis 1 2 3 4 5 7. Síntome cómodo/cómoda falando cos meus pacientes sobre a súa maneira de vivir a sexualidade. 1 2 3 4 5 PERCEPCIÓN DO ROL ENFERMEIRO NA PREVENCIÓN E DIAGNÓSTICO PRECOZ DO VIH 8. A enfermaría de atención primaria desenvolve un papel clave na prevención e o diagnóstico precoz do VIH. 1 2 3 4 5 9. É importante para a prevención e diagnóstico precoz do VIH falar coas persoas sobre os seus hábitos sexuais. 1 2 3 4 5 10. Considero que no eido sanitario siguen existindo barreiras (como prexuízos en canto aos mecanismos de transmisión do virus, a sexualidade como un tabú dentro da sanidade, a falta de empatía cos posibles portadores ou estigma que existe en torno ás persoas que viven coa infección) por parte dos profesionais que dificultan a prevención e diagnóstico precoz do VIH. 1 2 3 4 5 11.Adoita falar cos/as pacientes sobre os seus hábitos sexuais e así poder previr ou diagnosticar precozmente o VIH? •Sí. •Non. COÑECEMENTOS SOBRE AS MEDIDAS FARMACOLÓXICAS PARA PREVIR O VIH 12.Sabe en que consiste a prevención combinada do VIH? •Sí. •Non. 13.Coñece a profilaxe preexposición (PrEP)? (en caso de non coñecela pase directamente á pregunta 17) •Sí. •Non. 14.Considero que a PrEP é unha forma axeitada de previr o VIH. 1 2 3 4 5 15.Son capaz de dar consello ao inicio e durante o seguimento do/a paciente mentres faga uso da PrEP (informar sobre efectos adversos ou sobre as probas necesarias antes de comezar a pauta). 1 2 3 4 5 16.En cal dos seguintes supostos lle indicaría a un paciente o uso da PrEP?
25 •Varón homosexual VIH negativo maior de 16 anos que practicou sexo anal sen preservativo no último ano. •Muller heterosexual, que non se atopa en situación de prostitución, VIH negativa e maior de 18 anos que practicou relacións sexuais sen protección con máis de 10 parellas diferentes no último ano sen coñecer o seu estado serolóxico. •Varón homosexual maior de 18 anos que practicou relacións sexuais con 8 parellas diferentes no último ano e sexo anal sen protección algunha vez no último ano. •Varón homosexual maior de 18 anos que padeceu polo menos unha ITS bacteriana no último ano e usou drogas durante relacións sexuais sen preservativo no último ano. •Ningún dos anteriores. •Todos os anteriores. 17.Faloulle algunha vez aos seus pacientes sobre a PrEP? •Sí. •Non. 18.Coñece a profilaxe posexposición (PEP)? (en caso de non coñecela pase directamente á pregunta 21) •Sí. •Non 19.Considera que a PEP é unha forma axeitada de previr o VIH de maneira puntual? •Sí. •Non. 20.En cal dos seguintes casos indicaría o uso da PEP? •Nun varón que comenta que fai 5 días mantivo relacións sexuais sen preservativo. •Nunha muller que acude porque foi víctima dunha agresión sexual nas últimas 48 horas. •Nun varón que refire estar continuamente exposto a situacións de alto risco de contrar o VIH. •Nunha muller que conta que tivo relacións sexuais cun home que ten sexo con homes fai 2 semanas. •En todos os anteriores. •En ningún dos anteriores. 21.Faloulle algunha vez aos seus pacientes sobre a PEP? •Sí. •Non. IMPLICACIÓNS DA ENFERMARÍA NA OFERTA DE PROBAS DE DIAGNÓSTICO DO VIH
26 22.É importante para min que un paciente saiba que está infectado polo VIH. 1 2 3 4 5 23.A enfermería de atención primaria forma parte do persoal axeitado para falarlle aos/as pacientes probas de detección do VIH. 1 2 3 4 5 24.En cal dos seguintes casos lle indicaría a un paciente realizar unha seroloxía para detectar o VIH? •Se nos di que vai deixar de empregar preservativo coa súa parella estable. •Se se trata dunha persoa menor de 59 anos, sexualmente activa e que nunca realizou ningunha proba do VIH que vai facer unha analítica por outro motivo. •Se se trata dunha muller que ten sexo con homes que teñen sexo con homes. •Nun caso de agresión sexual. •Ningún dos anteriores. •Todos os anteriores 25.Ofreceulle algunha vez aos seus pacientes realizar algunha proba para a detección do VIH? •Sí. •Non. AUTOPERCEPCIÓN DO NIVEL DE COÑECEMENTOS E DA NECESIDADE DE FORMACIÓN NA MATERIA 26.Coñezce as guías e protocolos de actuación para a prevención e diagnóstico precoz do VIH (como por exemplo o Plan galego anti-VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual ou a Guía de Recomendacións para o diagnóstico Precoz do VIH no ámbito sanitario do Minsiterio de Sanidade)? •Sí. •Non. 27.Considera que os seus coñecementos para levar a cabo o meu papel de prevención e diagnóstico precoz do VIH son suficientes? •Sí. •Non. 28.Gustaríalle recibir máis formación e recursos para así mellorar a miña actuación na prevención e diagnóstico precoz do VIH? •Sí. •Non. 29.Neste espazo pode deixar calquer consideración, opinión ou comentario con respecto ao tema abordado.
27 ANEXO II: INFORME FAVORABLE DO COMITÉ DE BIOÉTICA DA USC
28 ANEXO III: INFORME FAVORABLE DA XERENCIA DA ÁREA SANITARIA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E BARBANZA