scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna : un estudo sobre o oficio de ama de cría

Freire Fontaíña, Alba

Abstract

No presente traballo abórdase a cuestión do aleitamento alleo -por mulleres diferentes das nais- dende unha perspectiva ampla na que se entrecruzan os aspectos sociais, económicos e culturais. Deste xeito, a través da consulta de bibliografía especializada, tratamos de comprender e explicar que a función desenvolta polas amas de cría na Idade Moderna no Reino de Galicia foi esencial para a supervivencia das crianzas e ao mesmo tempo, unha actividade pagada que abarcou os estratos máis baixos da sociedade. As amas de expósitos, controladas polas institucións asistenciais, eran a maioría e cumpriron un papel social chave e incluso cultural. Neste senso, aquí abordarase tamén os vínculos afectivos e o grao de aceptación ou rexeitamento desta función, así como a intervención das amas no amadriñamento dos nenos e nenas abandonados nos tornos e a onomástica que se lles aplicaba. Finalmente, os conflitos derivados da relación entre as amas de cría e os menores.

Full text

O ALEITAMENTO ALLEO NA GALICIA DA IDADE MODERNA. UN ESTUDO SOBRE O OFICIO DE AMA DE CRÍA. ALUMNA: Alba Freire Fontaíña TITORA: Ofelia Rey Castelao CURSO: 2023/2024 DEPARTAMENTO DE HISTORIA MODERNA Traballo de Fin de Grao presentado na Universidade de Santiago de Compostela na facultade de Xeografía e Historia para a obtención do título do Grao en Historia. Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 1 Resumo: No presente traballo abórdase a cuestión do aleitamento alleo -por mulleres diferentes das naisdende unha perspectiva ampla na que se entrecruzan os aspectos sociais, económicos e culturais. Deste xeito, a través da consulta de bibliografía especializada, tratamos de comprender e explicar que a función desenvolta polas amas de cría na Idade Moderna no Reino de Galicia foi esencial para a supervivencia das crianzas e ao mesmo tempo, unha actividade pagada que abarcou os estratos máis baixos da sociedade. As amas de expósitos, controladas polas institucións asistenciais, eran a maioría e cumpriron un papel social chave e incluso cultural. Neste senso, aquí abordarase tamén os vínculos afectivos e o grao de aceptación ou rexeitamento desta función, así como a intervención das amas no amadriñamento dos nenos e nenas abandonados nos tornos e a onomástica que se lles aplicaba. Finalmente, os conflitos derivados da relación entre as amas de cría e os menores. Palabras chave: Ama de cría, Galicia, Idade Moderna, aleitamento, crianza. Resumen: En el presente trabajo se aborda la cuestión del amamantamiento ajeno -por mujeres diferentes a las madresdesde una perspectiva amplia en la que se entrecruzan los aspectos sociales, económicas y culturales. De esta manera, a través de la consulta de bibliografía especializada, tratamos de comprender y explicar que la función desarrollada por las amas de cría en la Edad Moderna en el Reino de Galicia fue esencial para la supervivencia de los niños y al mismo tiempo, una actividad pagada que abarcó los estratos más bajos de la sociedad. Las amas de expósitos, controladas por las instituciones asistenciales, eran la mayoría y cumplieron un papel social clave e incluso cultural. En este sentido, aquí se abordarán también los vínculos afectivos y el grado de aceptación o rechazo de esta función, así como la intervención de las amas de cría en el amadrinamiento de los niños y niñas abandonados en los tornos y la onomástica que se les aplicaba. Finalmente, los conflictos derivados de la relación entre las amas de cría y los menores. Palabras clave: Ama de cría, Galicia, Edad Moderna, amamantamiento, crianza Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 2 Abstract: This paper addresses the question of breastfeeding of others -non biological mothersfrom a wide perspective in which social, economic and cultural aspects are interconnected. Thus, through the consultation of specialized bibliography, we attempt to understand and explain that the wet nurse function in the Modern Ages in the Galician Kingdom was essential for the child survival and, at the same time, it was a paid activity that involved the lower levels of society. The foundling wet nurses, controlled by care institutions, were the majority and they played a key social and even cultural role. In this sense, here we will also address the emotional bonds and the level of acceptance or rejection of this function as well as the intervention of the wet nurses in the intervention of the wet nurses in the sponsorship of the children abandoned in the baby hatch and the onomastics applied to them. Finally, conflicts arising from the relationship between wet nurses and minors. Key words: wet nurse, Galicia, Modern Ages, breastfeeding, raising. Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 3 TÁBOA DE CONTIDOS INTRODUCCIÓN .......................................................................................................... 4 1.Estado da cuestión ...................................................................................................................... 5 2. O número e a distribución social e territorial da práctica do aleitamento alleo ........................ 6 2.1. Os sectores ricos e acomodados ......................................................................................... 6 2.2. Os sectores pobres e necesitados de ingresos ..................................................................... 9 2.3. O sistema de aleitamento institucional ............................................................................. 10 3. Ser ama de cría era un traballo ................................................................................................ 15 3.1. Quen o facía e cales eran as razóns .................................................................................. 15 3.2. Os soldos .......................................................................................................................... 17 3.3. Obrigas e deberes ............................................................................................................. 22 4. O significado social e cultural ................................................................................................. 23 4.1. A aceptación ou rexeitamento do abandono de expósitos e o seu coidado ...................... 23 4.2. O bautismo: onomástica e implicación no corpo de amas de cría. ................................... 25 5. Os afectos ................................................................................................................................ 29 5.1. O fío que unía aos nenos e ás amas de cría ...................................................................... 30 5.2. O porfillamento ................................................................................................................ 32 5.3. O futuro dos nenos e nenas .............................................................................................. 33 6. Os conflictos derivados da relación entre os menores e as amas de cría ................................ 34 6.1. Abusos e fraudes .............................................................................................................. 34 6.2. Protestas e rexeitamentos ................................................................................................. 36 CONCLUSIÓN ........................................................................................................................... 37 BIBLIOGRAFÍA ......................................................................................................................... 40 ANEXOS..................................................................................................................................... 45 Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 4 INTRODUCCIÓN Ao longo do presente traballo vaise desenvolver un breve estudo ao redor da figura da ama de cría e o aleitamento alleo -por mulleres diferentes ás naisdentro das fronteiras do Reino de Galicia. Abordarase dende unha perspectiva ampla, na que se entrecrucen os aspectos sociais, económicos e culturais. Tendo en conta o anterior o obxectivo será, comprender e explicar que a función desenvolta polas amas de cría na Idade Moderna no Reino de Galicia foi esencial para a supervivencia das crianzas e ao mesmo tempo, unha actividade pagada que abarcou os estratos máis baixos da sociedade e tivo unhas fondas consecuencias sociais, culturais e tamén legais. Deste xeito, a metodoloxía empregada baseouse na consulta de bibliografía especializada a partir da cal se construiu o corpo do traballo. O arco temporal ao que se adscriben estas obras parte dos estudos máis clásicos referidos ao Reino de Galicia e ás institucións asistenciais con autores como Eiras Roel que se circunscriben á década de 1960. A partir de aquí, o percorrido abrangue historiografía relacionada coa historia social, demográfica e historia das mulleres, ata chegar aos estudos destes últimos anos. O aleitmento alleo configúrase como unha práctica frecuente en todo o Antigo Réxime fronte a inexistencia dun substitutivo á leite materna. Iniciouse como propia dos estratos máis elevados, conformándose así como símbolo de estatus, rematou por extenderse aos sectores máis baixos da sociedade durante o século XVIII. A figura das amas de cría, por definición feminina, aparece tamén vinculada ao sistema asistencial e ás institución de caridade encargados de abordar o problema da exposición infantil, sendo as amas de expósitos as máis frecuentes. Figura chave do sistema, este traballo sobrepasa o eido económico máis evidente para vincularse tamén cunha vertente social e cultural. As amas de cría conformaban as primeiras redes dos menores aínda cando estas eran desiguais, o que para unhas era unha actividade económica máis para os outros era a súa única posibilidade de supervivencia. Ademais o sistema de madriñazgo e o nomeamento destas crianzas outorgáballes unha primeira personalidade alonxada da súa condición de vida. Porén, o aleitamento alleo non estaba exento de protestas, conflictos, abusos e fraudes a consecuencia das míseras condicións nas que se vían obrigadas a desenvolver o seu traballo. Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 5 No caso do Reino de Galicia o Hospital Real de Santiago de Compostela era o centro da rede asistencial. Única institución ata o século XVIII, os datos remítennos á precariedade dun sistema que, atendendo as altas taxas de mortalidade, era, canto menos, insuficiente. 1.Estado da cuestión O aleitamento alleo é un tema de recente interese historiográfico, moi vinculado ao traballo da ama de cría, podemos relacionalo co social, o económico, o cultural e o demográfico e territorial. A diferenciación que podemos establecer a este respecto na bibliografía vinculada ao Reino de Galicia, bibliografía clásica e recente, marca tamén o propio enfoque dos estudos. Deste xeito, dentro da bibliografía clásica podemos atopar autores cuxa obra se vincula a Historia Social pero tamén á Demografía Histórica como é o caso de Eiras Roel ou Enrique Martínez Rodríguez. Por outra banda, dentro deste grupo cómpre mencionar as aportacións de toda aquela historiografía vinculada ás mulleres, representada por autores e autoras como Serrana Rial, Ofelia Rey, Rubén Castro ou Isidro Dubert. Nestas obras cuestiónase a relación entre “mulleres”, “traballo” e “familia” e búscase determinar a súa natureza. Así, a investigación oriéntase cara os factores explicativos das mesmas. Os empregos das mulleres, a importancia da economía familiar ou a organización do traballo serán temas chaves nestes estudos. (Rial García, 2005; 7) Os estudos sobre o fenómeno da exposición darán agora os primeiros pasos, centrándose en reconstruir a historia institucional das casas de expósitos -incluíndo os soldos, o volume de entradas, as funcións detalladas nas normativas, etc.- e en analizar o propio fenómeno da exposición. Aquí, a figura das amas de cría aparece como un axente máis dentro da cadea asistencial ou dentro de obras máis completas sobre o traballo de mulleres, sen ter, en moitos casos, un espazo diferenciado. A historiografía recente sobre as amas de cría e o fenómeno do aleitamento alleo reúne autoras como Carmen Sarasúa, Margarita Torremocha, Tamara González López, María del Prado Fuente Galán ou Mónica Bolufer Peruga. Estes estudos centran a súa atención no papel desenvolto polas amas de cría de maneira específica. Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 6 Alén desto, atopamos traballos que tratan aspectos. Será o caso do madriñazgo e onomástica de expósitos ou os relativos ao soldo. En relación a esto último, os estudos sobre os soldos históricos son obxecto de renovado interés nestes últimos anos. Agora abandónase a idea de que o xornal masculino é un indicador dos ingresos do fogar o que invisibilizaría a porcentaxe de fogares con xefatura de mulleres e a importancia das retribucións de mulleres e nenos. (Sarasúa García, Erdozáin Azpilicueta e Hernández García, 2023; 244) Búscase estudar a importancia e o impacto que a retribución polo traballo de ama de cría supuña tanto para o núcleo familiar como, nun contexto máis amplo, a zona na que se inxectaban estes cartos. Porén, a falta de documentación dificulta a realización doutro tipo de estudos como aqueles sobre as amas de cría das clases máis elevadas nas cidades galegas ou territorio circundante. Tampouco hai apenas obras que analicen o fenómeno da exposición galega no seu conxunto. 2. O número e a distribución social e territorial da práctica do aleitamento alleo A actividade desenvolta polas amas de cría traspasa na Europa da Idade Moderna as fronteiras dos grupos sociais acomodades. A partir do século XVIII tratábase xa dunha práctica frecuente en familias burguesas, artesás e comerciantes, quedando o aleitamento por parte da nai biolóxica como unha actividade propia das clases máis humildes. Deste xeito, créase todo un mercado laboral cunhas características definidas no século XVIII que se proxectará sobre a distribución territorial e social do Reino de Galicia. Será nisto último do que trate este terceiro punto, recollendo aquí tamén a tipoloxía das amas de cría que podemos establecer como aquelas que traballaban para familias adiñeiradas e as que eran pobres. Diferenciando, neste ultimo caso as empregadas na crianza dos expósitos. 2.1. Os sectores ricos e acomodados O emprego de amas de cría para a crianza dos fillos foi, ata o século XVII privativo da alta nobreza, estendéndose a medida que avanzaba a modernidade pola baixa nobreza e a burguesía como símbolo de distinción social. Será a realeza a encargada de marcar os patróns e preferencias que, máis adiante, se trasladarán ás clases sociais más adiñeiradas. A opción que estes acollían foi o aleitamento dos nenos e nenas na propia casa, atendendo a crítica médica que se facía o estado de salubridade das casas das amas de cría. Ademais Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 7 da posibilidade de empregarse todo o tempo nesta actividade e controlar a súa alimentación e, en consecuencia, a do menor. Os motivos esgrimidos polas clases altas recollen consideracións sociais que chocan coa concepción do aleitamento. A máis importante era manter a dispoñibilidade para realizar as súas actividades sociais diarias, principalmente, e sexuais no matrimonio, podendo ocorrer outros embarazos (Alcalá Galán, 2022; 239). Tendo isto en conta a busca da ama comezaba antes da propia data de parto da man da comadre da zona ou do médico da familia e cumpría toda unha serie de condicións. Facíase preferentemente entre zonas rurais pois considerábase que estas eran mas honestas, sans e traballadoras, características que ían ser transmitidas aos seus fillos a través do aleitamento 1 . Na mesma liña, buscouse tamén o cumprimento de toda unha serie de características físicas e morais. O primeiro foi mulleres casadas, de boas costumes e carácter. Isto era garantido polo párroco quen expedía un certificado de boa conducta (Alcalá Galán, 2022; 245). Ademais buscábase que estiveran aloxadas do leito para garantir o celibato 2 . Tamén o médico tiña que aportar un certificado garantindo o bo estado de saúde das candidatas. Para elo, facíase unha revisión pormenorizada das aspirantes: buscábase algunha afección ou comprobábase a calidade e cantidade do leite que producían. A preferencia das localizacións no conxunto da Península variou ao longo do tempo. Deste xeito, logo da expulsión dos xudeus no 1492 buscouse a limpeza de sangue e de leite, motivo polo que os lugares de provisión destas mulleres foron zonas cunha porcentaxe elevada de cristiáns vellos. Así, tanto os Austrias como os Borbóns buscaron as súas amas de cría nas dúas Castelas e no norte da península. Posteriormente, durante o reinado de Fernando VII elixíronse amas de cría pasiegas para a crianza de Isabel II (Rodríguez García 2017; 46). Estas demandas e preferencias migraron da Corte ao resto dos sectores privilexiados. Galicia configuraríase así como un dos lugares que nutren este mercado e, como tal, rexístrase o desprazamento de mulleres ata estas cidades - preferentemente Madridseguindo as rotas migratorias clásicas a Castela. 1 A tratadística científica do momento ten, a este respecto, dous principios base. O primeiro é que o leite é sangue branqueada e que, como tal, é a mesma substancia que forma o neno ou nena. O segundo dos principios é que a natureza moral da alma se recibe a través do leite. Deste xeito, rango social, virtudes e cualidades son transmitidos a través do “sangue” das amas de cría. (Alcalá Galán, 2022; 240-243) 2 Considerábase que as relacións sexuais puñan en perigo o menor que era envenenado polo semen (Alcalá Galán, 2022; 239). Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 8 Trataríase pois dunha migración temporal a cidades grandes que non implicaría romper cos lazos familiares ou coa comunidade. Seguían o modelo típico, estancia de dous ou tres anos e regreso para reverter as ganancias na explotación familiar, especialmente no caso das casadas. O destino máis importante foi Madrid pois era unha sociedade rica cunha gran oferta de traballo non cualificado. Para efectuar estes desprazamentos, como xa se sinalou, empregábanse as rotas migratorias típicas e creábanse continxentes de mulleres dunha mesma localidade que viaxaban xuntas. Así: “os desprazamentos estacionais das galegas constátanse dende fins do século XVI ían a Castela nas gavillas de segadores e en XVIII constituían un terzo deses continxentes; en 1747 a Real Audiencia de Galicia prohibiu a migración de solteiras, pero en 1762, dada a súa necesidade en Castela, permitíuselles ir, acreditando ser mulleres, fillas ou irmás de segadores” (Rei Castelao, 2007; 100) Para que isto se puidera dar, era necesario que existisen redes de comunicación que funcionasen coma un medio de captación e de información. Neste senso, podemos facer a distinción entre aqueles que teñen un carácter informal e as formais. As primeiras, as máis abundantes, son tamén as que non deixan rexistro pola súa condición de oralidade. Trátase daquelas cuxos axentes de enganche remiten a relacións de vecindade -tendeiras, criadas, costureiras, outras amas de cría, etc.- ou familiares e de amizade (Rey Castelao, 2022; 155). Especialmente importante foi o caso dos párrocos, os mestres e os médicos que cumprían unha función bidireccional. Por un lado, informaban das mulleres que podían estar dispostas a exercer como amas de cría e, por outro, das que precisaban dunha. Porén, en moitas ocasións son redes precarias, que pola proximidade a marxinalidade dos seus axentes, levan os novos membros á mendicidade, á delincuencia e á prostitución. No caso das redes de carácter formal, aínda que non se rexistran para o caso galego, atopámonos os sistemas de anuncios dos xornais e gacetas locais. Aquí, dende finais do século XVIII ata mediados do XX, incluíase un apartado sobre a oferta e a demanda deste traballo con información de interese para as aspirantes o posto -idade, limpeza de sangue ou posibilidade de que fora un amamantamento a media teta-. Había tamén axencias especializadas no acomodo de damas e puntos de información e encontro para todos aqueles que puideran estar interesados: mesóns, prazas, tendas, etc. (Rodríguez García 2017; 46). Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 15 3. Ser ama de cría era un traballo Neste punto abordarase o aleitamento alleo como unha forma de profesionalización do traballo reprodutivo que permite ás mulleres obter un beneficio económico. Farase dentro do contexto socioeconómico do Reino de Galicia, prestando especial atención no quen, no por que e en cal era o soldo obtido a cambio. 3.1. Quen o facía e cales eran as razóns Como xa se sinalou no apartado anterior, o mercado de traballo de amas de cría era moi complexo e, como tal, comprendía mulleres de moi diversa procedencia e características. Neste senso, para poder respostar á pregunta contida neste punto cómpre atender a esta diferenciación establecida previamente. Deste xeito, a resposta obtida non será igual no caso das amas de cría adicadas o aleitamento das familias acomodadas que as traballadoras institucionais. Da mesma maneira, dentro deste último grupo, tamén hai unha diferencia notable nas características das amas de leite e as de destete. Comezaremos pola primeira das mencionadas, as amas de cría que se trasladaban ás casas dos pais. Era a opción máis privilexiada e onde remataban todas aquelas que cumprían as condicións físicas e morais establecidos polos médicos que as analizaban - calidade e cantidade de elite, forma do peito, cor de pelo e ton de pel ou boa saúdepero tamén as que contaban co beneplácito dos párrocos -conducta moral irreprochable, cristiá, etc.-. A entrada nestas casas permitíalles acadar unhas boas condicións de vida e de traballo, así como construír unha rede de contactos que lle permitisen manterse no tempo como ama destas características (Sarasúa García, 1994; 173). Tratábase de mulleres casadas que se trasladaban á cidade para poder exercer o seu traballo pero sen romper as relacións e mantendo a súa condición de membro da familia campesiña. Non é claro se levaban canda si o seu propio fillo, unha posibilidade que se abre se temos en conta os días de viaxe e a necesidade biolóxica de aleitar para seguir tendo leite. Era un tipo de mobilidade de retorno que lle permitía adquirir uns ingresos que serán destinados despois á propia facenda familiar -pago de débedas, merca de terras, etc.- (Rey Castelao, 2022; 160; Rey Castelao, 2007; 100). Atopamos aquí tamén outra motivación, as mulleres que atopaban nestes movementos unha maneira de abandonar o seu lugar de orixe. O patrón de emprego nestas casas podía ser de dous tipos. O primeiro, Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 16 correspondíase con aquelas familias que manteñen a amas de cría durante todo o período de lactancia, arredor de dous anos. O segundo, son familias que mantiñan a ama de 8 a 12 meses pola imposibilidade económica de mantela dentro do servizo doméstico ou porque optaban por destetar antes o fillo. Neste caso, a diferenza do anterior, a ama de cría tiña que buscar outra casa dentro do mesmo período de lactancia (Sarasúa García, 1994; 174). Por outro lado, dentro daquelas amas de cría encargadas dos expósitos, podemos diferenciar, entre internas ou externas. As internas residían dentro da institución e eran contratadas para amamantar os nenos que chegaban a inclusa. En moitas ocasións tratábanse de mulleres embarazadas que acudían buscando un sitio onde durmir ata dar a luz e, a cambio, comprometíanse a aleitar outros (González González, 2022; 5). Porén, non sempre era este o caso senón que tamén podían ser nais residentes e contratadas pola institución. Pertencían aos estratos máis baixos da sociedade e vían esta opción como a única dispoñible despois de ser rexeitadas nas casas (Fuente Galán, 1997; 208). No caso das amas de cría externas, a vontade das institucións foi compoñer un corpo de mulleres casadas de orixe rural. A verdadeira pregunta será pois se a vontade teórica tiña unha representación real. O resultado viuse condicionado polo tamaño e financiación da institución -chave para que non se comportasen como hijuelas do Hospital Real- (Dubert García, Muñoz Abeledo, 2023; 6). Así, entre 1787 e 1896, entre o 92% e o 98% das amas de cría externas de Santiago de Compostela eran mulleres casadas de orixe rural. Pola contra, os hospitais de expósitos abertos entre 1777 e 1816 tiñan unhas cifras menores a este respecto (Táboa 6), o que se explica pola precariedade económica e humana das mesmas (Dubert García, Muñoz Abeledo, 2023; 6). Deste xeito, nunha gran cantidade de casos atopamos traballando como amas de cría a mulleres cuxas economías estaban baseadas na subsistencia. No caso do Hospital Real de Santiago de Compostela existía, dende a Real Cédula de 1674 baixo o reinado de Carlos II, a obrigatoriedade das mulleres casadas a aceptar os expósitos nas familias que estaban dentro da súa xurisdicción (Eiras Roel, 2004; Sarasúa García, 2021; 52). Esta foi incluída nas Constitucións de 1697 e non podían negarse a facelo. A exención de recibir expósitos aplicábase a determinados estamentos e oficios (Dubert García 1988; 201) Entre o persoal de traballadoras aparecerán non só mulleres casadas, senón tamén solteiras ou viúvas (Táboa 6). Estas últimas serán principalmente amas de destete - Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 17 encargadas dos nenos de entre 18 meses e 7 anosque, a pesar de que o salario que perciben pola criatura é máis baixo, permítelles sacar da inclusa a máis dun menor (Sarasúa García, Erdozáin Azpilicueta, Hernández García, 2023; 244-247). As cifras das solteiras son, para o caso da incluso de Pontevedra, elevadas entre 1875 e 1879 a porcentaxe ascende ao 57%. En Ferrol, entre 1854 e 1893, a porcentaxe era do 28% (Dubert García, Muñoz Abeledo, 2023; 8). Polo tanto, o que se observa é unha preferencia por parte das institucións de sacar os nenos das inclusas canto antes, independentemente de se as amas de cría sobre as que recae o coidado dos mesmos cumpren todas as condicións físicas, morais e de conducta que se esperan delas. Os motivos que levaban a estas mulleres a exercer o aleitamento alleo quedan resumidos por Carmen Sarasúa en catro puntos chave. O primeiro, as precarias condicións de vida que levan a estas familias a realizar actividades complementarias as agrícolas para acadar o limiar da subsistencia. Por iso, as zonas de especialización desta actividade se corresponden coas máis pobres. En relación con isto, percibían salarios monetarios que supuñan unha gran axuda para o conxunto da familia. Ademais, era compatible coas actividades que tiñan que desenvolver ao longo do día e podían ter outras utilidades: pedir esmola, ser man de obra gratuíta para a familia, etc. (Sarasúa García, 2021; 25). 3.2. Os soldos Os estudos arredor da importancia no seo das familias dos soldos das amas de cría son recentes no conxunto da Península Ibérica. Non así aqueles que tratan sobre os propios soldos en si, especialmente aqueles referidos á cantidade percibida nas inclusas. O motivo é que son institucións públicas de longo percorrido. Estes datos permiten a conformación de series homoxéneas de longa duración ofrecendo a posibilidade de facer comparativas espaciais e temporais. O seu estudo ten unha gran relevancia para o eido económico pero non só, o tratamento dos soldos dende esta perspectiva entronca cunha vertente social que ten como centro a familia. No caso galego, a institución mellor estudada neste senso é o Hospital Real de Santiago de Compostela, centro do sistema asistencial galego. Deste xeito, ao longo deste apartado farase unha análise dos xornais percibidos polas amas de cría e a súa importancia dentro do contexto socioeconómico galego. Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 18 Porén, previamente cómpre sinalar que as amas de cría mellor pagadas eran aquelas que traballaban para a Corte e as familias máis adiñeiradas. Os seus soldos eran determinados pola familia contratante e a súa inserción no tecido económico dividíase entre o lugar no que se atopaban -criaban nas casas dos país do neno ou nena aleitado- e o de orixe. No referido a este último, cando voltaban invertíano na facenda familiar. Por outro lado, o corpo de traballadoras das inclusas eran, en liñas xerais, as que percibían o soldo máis baixo. Esta explicación atopámola nas bases económicas das propias institucións que determinan o funcionamento do sistema asistencial galego. Deste xeito, no caso do Hospital Real esta é firme. O seu elemento chave era a percepción da renda do Voto de Santiago no Reino de Granada 6 . Ademais deste o Hospital Real tamén se nutría de esmolas, renda patrimonial e censos e xuros. (Táboa 11 e 12) Polo tanto, a institución será fortemente dependente da conxuntura doutros territorios e dos gastos e problemas ocasionados no transporte das rendas. Deste xeito o Hospital Real atravesou varios períodos de crise como a que ten lugar dende finais do século XVI ata os anos trinta do XVII 7 ou a que se desenvolve entre 1683 e 1706 8 . (Barreiro Mallón e Rey Castelao, 1996; 575-576) Os xornais estaban recollidos nas Constitucións e cobrábanse por trimestres ou semestres ata o primeiro terzo do século XVIII que se introduce o “pago de tarjas” (Roel, 2004 :405). En xeral, foron soldos estables, con poucas subidas, provocando que non estiveran equiparados cos prezos. Isto supón que o aumento dos soldos 9 non supoña unha mellora real. A porcentaxe con respecto os gastos totais do Hospital Real de Santiago de 6 Ata entrado o século XVI, percibíase en especie, permitindo cubrir a alimentación dos enfermos, expósitos e empregados. 7 O motivo foi o encarecemento do transporte conxuntamente ao incremento dos gastos do Hospital pola vaga de peste de 1598 e aos conflictos xurisdiccionais e económicos. 8 As medidas deflaccionistas dos gobernos tardíos de Carlos II, sumado ao impago dos xuros por parte da Coroa e o descenso das rendas nos seus valores nominais e reais de Granada, son os motivos desta nova crise. 9 As subidas dos soldos que se rexistran para o caso do Hospital Real de Santiago de Compostela son varias: 1756, 1773, 1792, 1796, 1801… Porén, a verdadeiramente importante foi a actualización que supuxo o plan de soldos de 1756 que afectou a todo o persoal do Hospital. Así, suscitouse a instancias dunha petición elevada polo Administrador da Real Cámara en atención a que os soldos do persoal estaban moi desfasados tanto que non gardaban relación coa evolución do corto de vida. Tamén con esta subida o Hospital comeza a potenciar o segmento menetario dos soldos, unha tendencia que continúa co incremento salarial de 1792. Así, os empregados tiñan que soportar os efectos depreciadores da inflación.(Rial García 2003; 503-504) Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 19 Compostela era elevada -colocaríase entre os maiores gastos da institución- a pesar de non supor a maioría dos gastos da institución no seu conxunto. Porén, a súa importancia era maiúscula, especialmente na retribución feminina pola forma na que se pagaba, un soldo en metálico e unha ración en especie, o que supón para a institución “un gasto maior que o devengado polos soldos” e que permitía aos empregados percibir diariamente unha dieta alimenticia básica e axustarse a evolución da conxuntura agraria (Rial García 2003; 502). (Táboa 20) Nestes cálculos inclúense os soldos das traballadoras internas e externas e os gastos xerais da inclusa. (Eiras Roel, 1968;337-339) (Táboa 7) A variación dos soldos dependía ademais do posto que se desenvolvera: Ama Maior, ama de cría interna, condutora ou ama de cría externa; e de se a cantidade percibida se cobraba en especie e en cartos, ou unicamente en cartos. Esta é a clasificación que se vai seguir a continuación para abordar este punto. O cargo de máis importancia era o de Ama Maior de Expósitos pero o seu soldo non estaba en consonancia coas súas funcións. Foi o reaxuste de soldo de 1756 cando se aparella aos mellores empregos -capelán, enfermeira maior, despenseiro, oficial de cirurxía ou barbeiro sangrador-, demostrando así a súa importancia. Na nova subida dos soldos de 1792, superará ao doutros empregos xa mencionados como o de enfermeira maior, barbeiro sangrador ou despenseiro. (Táboa 15 e 21) (Eiras Roel, 1968; 312-313; Rey Castelao, 2010; 80) Deste xeito, a súa ración será valorada polos pagadores en “934 reais e 10 mrs, en 1757, e en 1461 reais e 26 mrs. e, 1792” 10 . Ademais entre principio e final de século o incremento do salario nominal é do 1.632% (Rial García 2003; 513). (Táboa 22) As amas de cría internas e as condutoras son cargos que non aparecen dende a apertura do Hospital. En 1736 incorpórase, ao corpo de traballadoras do Hospital Real de Santiago de Compostela, dúas amas de cría internas pola orde do Rei coa intención de que perciban o mesmo que as externas. A realidade foi que no ano 1737 as mulleres que desenvolven este posto cobraban “110rs 10mrs que se complementaba cunha ración de 3 ferrados de centeo o mes, unha libra de vaca e un cuartillo de viño o día”. En 1801 10 A ración da Ama Maior de expósitos compúñase de 50 ferraos de trigo o ano, 2 cuartillos de viño o día máis 10 extraordinarios o ano, unha libra de carne o día máis 160 extra o ano. Ademais de cada día de peixe, unha media de aceite de 6 cuartillos e cada sábado, media libra castelá de velas de sebo. (Rial García 2003; 513) Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 20 quedarán asimiladas a traballadoras a xornal cun soldo de 4 reais (Rial García, 1995; 140- 141). A finais do século XVIII contrátanse a dúas amas de cría que se encargarán de efectuar as conducións de expósitos. Estas percibirán “tres reais diarios e unha libra de pan cando saían levar aos nenos” (Rey Castelao, 2010; 81). Se nos centramos agora nas amas de cría externas os soldos no caso galego eran dos máis baixos de España a excepción, como xa se sinalou, dos de A Coruña. Eran comparativamente máis baixos que os das amas internas e variaban segundo a franxa de idade do menor -fixadas polas institucións-. Así, podemos diferenciar entre as amas de leite, encargadas de nenos de ata 2 ou 3 anos dependendo da institución, e as de destete. Este último interesaba especialmente a viúvas ou mulleres pobres que xa contaban cun expósito o que lle daban o peito (Sarasúa,2021; 22, 23, 56). Deste xeito, para Santiago de Compostela, o sostemento medio do ramo de expósitos de entre 0 e 2 anos no século XVIII -850 nenosdo Hospital Real de Santiago de Compostela traducíase no pago medio polas amas externas de 28560 reais de vellón. A única subida do soldo ten lugar en 1796. Trátase do aumento do 25% - de 6 marabedís a 8 por día- o que non supón unha mellora pois os prezos subiran nun 100% no transcurso do século. A segunda clase, nenos a partir de dous anos, manexábase un promedio anual de 200 nenos. Normalmente abonábanse tres pagas. O soldo ata 1773 era de 1 500mrs; neste ano prodúcese unha subida do 33% o que supón o cobro anual de 2 040 mrs. Porén, en 1790 hai un novo reaxuste á baixa impondo as pagas en orde decrecente: “63rs e 10mrs pola primeira, 57rs pola segunda e 33rs e 2mrs pola terceira”. (Eiras Roel, 1968;333- 337) Atendendo o recollido por Serrana Rial, a mediados do século XVIII cobraban 44 reais o ano e, a partir de 1792 7mrs polos soldos de lactancia e 5mrs polo de destete (Rial García, 1995; 142; Rial García 2003; 517). (Táboa 13 e 14 e Gráfico 4) No caso ourensán, mantívose a mesma división bipartita que en Santiago ata 1871, momento no que os administradores establecen unha diferencia salarial en cinco tramos de idade: menores de dous anos, entre dous e catro anos, de catro a sete anos, de sete a dez e un último de dez a catorce anos. Temos datos sobre os soldos para esta institución a partir de 1800. Estes serán de 15 reais ata mediados da década de 1860, momento no que iniciará unha subida ata equiparase con Santiago de Compostela -30 reais mensuais- en 1880. Este era similar aos soldos percibidos por mulleres noutros postos de traballo, Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 21 empacadoras de sardiñas nas conserveiras ou traballos nas fábricas de tecidos de A Coruña(Dubert García, Muñoz Abeledo, 2023; 15). (Gráfico 4) No hospital de A Coruña ata 1830 había un único cohorte de idade nos tres anos pero, en 1851, a división establécese entre menores dun ano e nenos de entre un e seis anos. Neste caso, dende a súa apertura en 1793 os soldos de lactancia correspondíanse con 30 reais de vellón ata finais da década de 1830. Por último, no caso de Mondoñedo e Ferrol, o bispo de Mondoñedo ofrecía as amas de cría externas un real diario ata 1808 cando, por mor da guerra contra os franceses, a situación económica das institucións empeora e vense obrigados a reducir os estipendios á metade. (Sarasúa,2021; 59) (Gráfico 4) Tendo todo isto en conta, a pregunta que deriva destes datos é como afectaba este traballo ás mulleres da Galicia rural? A realidade galega era eminentemente agraria, caracterizada por unha economía en moitos casos de autoconsumo, a posibilidade de conquerir ingresos monetarios era limitada. Do mesmo xeito, os soldos dos xornaleiros eran insuficientes para cubrir as necesidades económicas do conxunto da familia. Calcúlase que o soldo dos maridos cubría entre o 47% e o 57% dos gastos familiares a mediados do século XIX (Dubert García, Muñoz Abeledo, 2023; 13). Sumado a isto, os traballos os que podían acceder as mulleres do rural eran poucos. Os máis frecuentes eran o servizo doméstico e a industria téxtil que, a partir de 1820-30, ofrecía unhas posibilidades limitadas. O aporte que facía unha muller que traballaba para as inclusas de Lugo, Ourense e A Coruña como ama externa era do 42%, 35% e 56% respectivamente (Dubert García, Muñoz Abeledo, 2023; 13). (Táboas 8 e 9) Neste contexto, a remuneración en metálico das amas de cría supuxo a estimulación da circulación de cartos, a redución do endebedamento e a compensación dos baixos soldos agrícolas. Polo tanto, a profesionalización do traballo das amas de cría foi moi importante para o campesiñado galego, chegando a haber casos no que o aporte monetario maioritario proviña destas actividades. Por último, a importancia dos soldos non recae unicamente na posibilidade das familias de acadar o nivel de subsistencia senón que suporá tamén toda unha inxección de cartos para a localidade das contratadas, especialmente naquelas áreas especializadas nesta labor - a Serra do Faro e a área sueste de A Coruña no s. XIX (Mapa 3) e as comarcas arredor de Santiago de Compostela (Mapa 2)- . Deste xeito, segundo datos aportados por Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 22 Isidro Dubert e Luísa María Muñoz Abeledo para 1860, o Hospital Real de Santiago inxecta no rural 205 440 reais 11 . Isto tradúcese en 2 054 000 reais nesta mesma década. (Dubert García, Muñoz Abeledo, 2023; 157) 3.3. Obrigas e deberes A crianza asalariada implica toda unha serie de obrigas para as amas de cría que teñen como dobre obxectivo, garantir a boa saúde da criatura que teñen o seu cargo e evitar as prácticas abusivas (Sarasúa García, 2021; 313). Deste xeito, pese a que todas cumprían a mesma función, o aleitamento do fillo doutra persoa, as súas obrigas e deberes variaban dependendo do posto que desenvolveran. No caso daquelas que eran contratadas por familias as condicións dos postos serían fixadas por estas. Non se atopou información que defina as obrigas das mulleres galegas que criaban na casa dos pais. Pola contra, todas aquelas que formaban parte do corpo de traballadoras das inclusas tiñan unhas obrigas e deberes fortemente definidas baixo os seus cargos. Así, a Ama Maior de expósitos era o cargo de maior rango e simultaneamente, era a Peregrina de mulleres e Ministra Maior sen voto (Rial García 2003; 512). Nela, conxuntamente co médico, recaía a decisión de decidir que mulleres podían sacar a un neno da inclusa para a súa crianza previo exame do seu estado físico. Ademais o corpo de amas de cría internas estaba o seu cargo, encargábase da distribución dos expósitos entre as amas de cría externas e de levar o libro de rexistro de expósitos (Fuente Galán, 2001; 154; Eiras Roel, 2004; 399). Tamén se encargaba do coidado xeral da Inclusa e de facer bautizar o neno ou nena que entraba novo (Rial García 2003; 512). As amas internas encargábanse do aleitamento e hixiene dos expósitos a súa chegada á inclusa -xa fose a través do torno da institución ou transportado dende outra localidadeata que eran distribuídos e entregados. Da condución encargábanse, como indica o seu nome, as amas condutoras. Elas terán que asegurar a chegada dos expósitos ao seu destino, sendo este un percorrido onde se rexistran altas taxas de mortalidade. A súa obriga é pois garantir o bo coidado dos expósitos, encargándose non só da alimentación, senón tamén do abrigo ou a limpeza. Deste xeito obrígaselles a: 11 O cálculo deste dato faise sumando os soldos individuais que os administradores pagaba trimestralmente ás amas de cría externas. Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 23 “ir provistas de leite, manteca, pan de trigo e sucre para o alimento dos nenos que o precisen, así como unha botella de auga que teñen que repoñer onde haxa proporción do mellor, máis limpa e san, sendo preferible a do río para evitar cólicos e outros males. Durante o traxecto, as amas de cría deberán observar con certa periodicidade a situación dos nenos, se van limpos ou sucios, en cuxo caso deberán mudarlles os pañais, e se notan que teñen frío os frotarán coa man ou cun pano quente” (Sobrado Correa, 2001; 229-230) Se se produce a morte do menor, será obrigado que presenten o corpo ao párroco máis próximo para que sexa enterrado e que se lle expida un certificado de defunción. Se coincide coa chegada a Santiago o neno ou nena terá que ser presentado no Hospital Real para que se certifique se a morte foi causal ou por abandono. De ser o caso, non poderán recibir ningunha compensación económica. (Sobrado Correa, 2001; 229-230). Por último as amas de cría externas parten xa de que, a partir de 1674, no caso santiagués implantouse a obrigatoriedade das mulleres casadas de aceptar a crianza dos nenos expósitos. Estas coidaban dos expósitos na súa propia vivenda o baixo a obriga de presentarse para pasar controis anuais na inclusa. Nelas comprobábase o estado do menor e tiñan que presentar un certificado do párroco asegurando que ese era o mesmo neno ou nena que se sacara da institución. Tiñan prohibido sacar a máis dun menor de leite, non así os destetados dos que se atopan casos de mulleres con varios. (Táboa 5). 4. O significado social e cultural A labor das amas de cría non quedaba reducida unicamente ao plano económico senon que o seu traballo, especialmente aquelas que criaban na casa, conlevaban unha forte pegada no eido sociocultural. Así, dende as propias influencias lingüísticas sobre os nenos ata a condición social dos mesmos, pasando polo nome que se lle puña, as amas de cría - especialmente no caso dos expósitos por ser a súa única “figura materna”- xogaban un papel chave na conformación da súa personalidade, condición social e nivel cultural. Isto non só influía ao menor senon que tiña o seu reflexo no conxunto da comunidade. 4.1. A aceptación ou rexeitamento do abandono de expósitos e o seu coidado O fenómeno da exposición na Idade Moderna era unha práctica estendida no conxunto da sociedade -non só entre os máis pobrespolo que a actitude que se tiña fronte Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 24 a esta podemos cualificalo como de laxo. Isto, non impide que dende a tratadística, a normativa ou a propia sociedade haxa un rexeitamento xeral a el. Deste xeito, o longo deste punto estudaremos este tema centrándonos primeiro na postura das amas de cría que se pode albiscar nas fontes e despois nos textos contemporáneos. Porén, primeiro, cómpre facer alusión aos números que se manexan en relación a este fenómeno no Reino de Galicia. No caso do Hospital Real de Santiago por exemplo, Eiras Roel recolle no momento de implantación das dúas amas de cría internas (1736) unha media de 5 nenos ingresados por semana o que fai dun total anual que roldaría os 300 nenos e nenas. En 1768, a media ascendería xa a 600 e, en 1773 cando se aumentan as amas de cría a catro atopariamos unha media de 14 ingresos á semana (Eiras Roel, 2004; 402). Estas son as cifras de ingresados, que se diferencian do ramo total de expósitos que atendía o Hospital. A este respecto, Carlos II en 1674 fala dun total de 800 neno e nenas que cría o Hospital anualmente, mentres que Felipe V en 1703 fala de máis de 800 (Eiras Roel, 1968; ). (Táboa 2) Para poder tratar a actitude das amas de cría externas en relación ao fenómeno da exposición non hai que perder de vista os motivos e a condición socioeconómica das mesmas. Deste xeito, para poder facer fronte ao número de entradas de expósitos facía falla un corpo de traballadoras de gran tamaño que, polas condicións económicas das inclusas, unicamente podía ser cuberto de maneira precaria -independentemente de que o presuposto destinado a esta función fora alto comparativamente a percepción total da institución (Táboa 7). O corpo de traballadoras internas, pola contra, era moi reducido, impedindo unhas condicións axeitadas para o coidado e supervivencia dos menores. A situación dos coidados non era só alarmante neste senso. A baixa retribución que cobraban por este traballo fixo que moitas mulleres se negaran a traballar para elas e que o groso do coidado dos expósitos recaera nas zonas máis pobres do Reino de Galicia. Ante a carencia de amas provocada por este rexeitamento, en hospitais como o de Santiago implántase, como xa se mencionou noutros apartados, a obrigatoriedade das mulleres casadas das comarcas do arredor da cidade de aceptar a estes nenos e nenas. Foi esta unha medida sumamente impopular que xerou tensións, resentimentos sociais e conflitos que se tratarán de maneira máis extensa no sétimo apartado deste traballo. (Eiras Roel, 2004; 402-404; Fuente Galán, 1997; 76-77; Sarasúa García, 2021; 52-53) Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 31 o desprazamento do seu lugar de orixe deixando o seu fillo ou filla o cargo doutra persoa ou o trastocamento da vida o ter que facerse cargo doutro menor. Ademais de que, o feito de compartir leite, supuña un menor aporte nutricional para o propio fillo, podendo ter graves consecuencias. Deste xeito, tratábase dunha relación contractual que buscaba un aporte monetario a cambio. Era de gran importancia, especialmente, como xa vimos, para aquelas familias que rozaban o limiar de subsistencia. A maiores, o menor pode ser partícipe ou aportar outro tipo de ingresos -axudar nas labores da casa, ser mandado a servir a outra casa, etc.- Todo elo, como xa se sinalou o inicio deste punto, non impide que se poidan establecer outro tipo de relacións persoais que son difíciles de rastrexar. Quedarán constancia de maneira indirecta coas accións que as amas de cría e as familias dos aleitados fagan logo de rematado o período de lactancia. No caso das amas de cría internas dos expósitos, o tempo que pasan cos menores é tan curto que non permitiría crear relacións afectivas de ningún tipo. As únicas que se rexistran é a designación destas como madriñas dos expósitos de maneira recorrente, algo que, como xa vimos, supón máis un trámite que unha acción de corte caritativo ou de creación dunha rede social de apoio que os sustente. Pola contra, as amas de cría externas si que pasan períodos de tempo grandes co neno ou nena, pudendo acollelos ata os 7 anos. A partir de aquí, o menor podía ser devolto á inclusa -a maior parte dos casos- ou ser porfillado pola familia. Isto indica por parte dela unha despreocupación de cara o menor que podería contrastar co establecemento dunha serie de relacións afectivas. Na mesma liña, o porfillamento non indica a existencia deste tipo de fíos pois pode ser porfillado como forza de traballo gratuíta. Ámbalas dúas serán posturas que se tratarán nos vindeiros apartados. Por último, as amas de cría que crían na casa dos pais son das que menos documentación temos e as que teñen unha relación máis complexa co menor -especialmente porque non están obrigadas como si pode ser o caso das amas de cría externas dos hospitais de expósitos-. Neste senso, documéntanse casos de amas que logo de rematado a súa función como ama de cría quedan dentro do servizo doméstico da familia, o que indica unha certa preocupación cara elas. Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 32 5.2. O porfillamento O porfillamento é unha práctica fortemente vinculada ao ámbito asistencial que se define como unha “forma de filiación establecida polas leis entre unha persoa e outra que non é o seu fillo natural” (Núñez Roldán, 2011; 113). O seu estudo está condicionado polas fontes cuxa existencia e abundancia a determina o tipo de porfillamento que se desenvolva. Deste xeito, o rastro dos mesmos redúcese ás levadas a cabo formalmente, é dicir, aqueles que se realizan por vía notarial -os que menos- ou administrativa, que rematarán por absorber aos primeiros. Porén, a maioría de entregas, atendendo a Raquel Medina Plana eran informais e, como tal, non deixaban apenas rastro documental (Medina Plana, 2014; 198). No caso galego, as fontes son escasas. En relación o porfillamento de expósitos no que se centra este traballo, o neno ou nena podía, unha vez rematado o período de crianza aos sete anos, ser porfillado por una familia ou pola ama de cría. Para elo, ten que seguir un procedemento establecido pola inclusa, no caso de Granada por exemplo, o reitor tiña que facer un informe sobre as circunstancias e as posibilidades dos adoptantes que aprobará o xuíz superintendente do Real Hospicio. Ademais dunha revisión anual do estado do neno ou nena. Porén, na práctica, como xa se sinalou con anterioridade, moitas fanse sen cumprir esta normativa (Fuente Galán, 2001; 226-227). A pregunta que cómpre facerse é, en consonancia cos afectos, se este proceso de porfillamento supuña máis un compromiso de corte benéficoasistencial ou un aproveitamento da situación, que a existencia dun fío ou emoción paternal. A realidade que nos atopamos é que o expósito, na ampla maioría dos casos, non chega a integrarse como membro de pleno dereito dentro da familia senón que se atoparía na súa periferia, o igual que os criados (Fuente Galán, 2001; 228). A maioría eran porfillados coa finalidade de que traballaran para eles -criados, aprendiz ou axudantepero sen ter que facerse cargo dos gastos que supuña a crianza. Atopamos datos que ratifican esta postura como é o caso sevillano: 63% de adoptantes con profesión coñecida eran artesáns, 21% sectores sociais medios como funcionarios ou profesións liberais, 7% clero e achegados e 9% nobreza (Núñez Roldán, 2011; 121). As nenas ocuparíanse do servizo doméstico. Isto apoiaría a tese de que o porfillamento se faría coa vontade de conquerir man de obra barata e obediente. Porén, en contraposición, Juan José Iglesias Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 33 Rodríguez sinala a este respecto que a crianza dun neno ata que está en idade de desenvolver un oficio era cara e que este podería ser unha condición imposta polos administradores das inclusas para garantirlle un futuro ao expósito. Do mesmo xeito, cómpre non menosprezar o porfillamento por parte das amas de cría que terían como base outros motivos de carácter máis persoal e afectivo. Sería o caso por exemplo da substitución dun fillo falecido ou a ausencia dun natural. (Núñez Roldán, 2011; 122) 5.3. O futuro dos nenos e nenas Para poder ter unha visión completa do papel tan importante que xogaban as amas de cría, xa non só dentro do propio eido familiar ou na supervivencia dos expósitos, senón tamén na distribución social e territorial da sociedade galega, cómpre falar tamén do futuro dos nenos aleitados. Saber a distribución territorial remítenos ás propias áreas de influencia das institucións encargadas destes nenos e nenas, así como dos fíos que se constrúen dentro do proceso de crianza. Falamos pois dun futuro no que se mesturan as consecuencias sociais, culturais e económicas do traballo das amas de cría, aquí radica a súa importancia. O futuro máis habitual de todos aqueles nenos expósitos era a morte. Os datos son verdadeiramente alarmantes, a mediados do século XVIII a porcentaxe de menores de dous anos falecidos no Hospital dos Reis Católicos en Santiago de Compostela era do 77%. A finais deste mesmo século a taxa de supervivencia dos 7 anos de idade era dun 11-12% dos ingresados (Sobrado Correa, 2001; 225). (Gráfico 2, Táboa 10) Os motivos era a falta de coidado e hixiene, deficiencias alimentarias, os duros traslados e o seu carácter de non desexados (Sobrado Correa, 2001; 226). Porén, todos aqueles que sobreviven a idade de 7 anos poden seguir dous camiños, a adopción por parte das amas de cría -xa tratado no punto anterior- ou que fosen devoltos á institución. Este segundo caso era o máis común. As fontes o respecto son parcas pero sábese que son enviados aos hospicios onde se lles aprenderá un oficio como criado, costureira, artesán ou soldado entre outros (Sarasúa García, 2021; 15; Sarasúa García, Erdozáin Azpilicueta, Hernández García, 2023; 249). A maior parte dos expósitos vivirán nas zonas onde foran criados. Deste xeito, atopamos unha gran concentración nas zonas especializadas. Podemos destacar O Saviñao onde o 10% dos fogares do libro de empadroamento municipal en Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 34 1900 teñen á cabeza do fogar ou entre os seus membros a persoas que teñen o nome ou apelido “Expósito” (Dubert García, Muñoz Abeledo, 2023; 16). É importante tratar a parte o caso das nenas cuxa posibilidade de acabar no camiño da beneficencia era maior pola vinculación clásica co núcleo social básico da familia. As institucións encargadas destas nenas eran escasas, podemos destacar o caso santiagués de Maria de Cores. Tratábase da iniciativa particular dunha veciña que, á altura de 1641 abre un hospicio para orfas desamparadas (Rial García 2003; 520). 6. Os conflictos derivados da relación entre os menores e as amas de cría As relacións que aquí se analizan non están, como é doado de entender, libres de toda unha serie de artellamentos e fraudes, así como protestas e rexeitamentos, especialmente da man de todas estas mulleres que se vían obrigadas a exercer como amas de cría simplemente polo seu lugar de residencia. Do mesmo xeito, especialmente estas protestas abarcaron tamén outros estratos sociais -o caso de clérigos que se negaron o reparto de expósitos- e formas -rexeitamento o aleitamento alleo de bebés de nais sans dende a tratadística-. Os fraudes e abusos eran tamén de distinta magnitude e alcance xogando, como veremos, moi especialmente coa sobresaturación das institucións e as longas distancias que separaban o lugar de residencia dos menores das institucións que os acolleran. As fontes empregadas son variadas, por un lado as de carácter xudicial, aínda que, polo propio funcionamento do sistema a maioría dos conflitos non rematan asumindo esta magnitude. Por outro, atopámonos con documentación administrativa coma libros de rexistro das institucións encargadas dos expósitos e as normativas. 6.1. Abusos e fraudes Os abusos e fraudes eran estrataxemas que desenvolvían as amas de cría coa finalidade de continuar percibindo o soldo polo aleitamento do menor ou aumentar os seus ingresos a costa do mesmo -obrigar ao expósito a mendigar-. Eran conductas e movementos frecuentes nun corpo de traballadoras composto por mulleres pobres e de cuxos ingresos por esta labor podían supor acadar o limiar de subsistencia de toda a familia. Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 35 Deste xeito, os hospitais de expósitos rexistraban regularmente probas de fraude de moi distinto tipo e magnitude. Entre elas podemos destacar o abandono do propio fillo no torno da inclusa para despois sacalo recibindo o soldo correspondente por ama de cría. (Hernández García, 2022; 105). Ademais era frecuente que as amas de cría externas presentaran nenos diferentes aos que sacaban da inclusa nas revisións e controis, que intentasen exercer como amas de cría mulleres que non tiñan leite ou que nestes controis mencionados, os nenos pasaran dunha ama de cría a outra (Sarasúa García, Erdozáin Azpilicueta, Hernández García, 2023; 264-265). Os encargados de evitalo eran os propios administradores da inclusa que tendían a apoiarse na información que tiña o párroco. Tamén, na normativa deste tipo de institucións, aparecen certas prohibicións que buscan a protección do menor fronte á morte 16 e un posible abuso da ama de cría. Un exemplo é a de non deixar sacar a máis dun neno da inclusa por ama de leite, así asegurábase que todos os menores puideran recibir leite suficiente. No referido ao control dos abusos sobre os nenos e nenas que se podían ocasionar no fogar -maltrato físico de diverso tipo, abandono, desatención, etc.- o seu control era máis complicado. O axente encargado desta actividade serían os párrocos. O seu coñecemento do lugar e dos habitantes, permitíalles exercer todas estas tarefas de supervisión ás que a propia institución encargada dos nenos e nenas non chegaba (Sarasúa García, Erdozáin Azpilicueta, Hernández García, 2023; 264-265). O motivo disto estaba relacionado, fundamentalmente, coas vías de comunicación, as distancias e os medios humanos dispoñibles. As localidades ás que se levaban os menores non se reducían, como xa vimos, unicamente aos arredores da institución (Mapas 1, 2, 3, 4), dificultando moito os controis nelas. Ademais tampouco había unha persoa encargada especificamente desta tarefa que puidera facer viable estes traxectos. Deste xeito, os sistemas de control e vixilancia establecidos por parte das inclusas e dos párrocos eran precarios e insuficientes. Así o evidencian as altas cifras de mortalidade e as causas das mesmas -desatención, maltrato, etc.- 16 Serrana Rial recolle o caso da querella criminal promovida no ano 1704 polo Administrador D. Fray Juan de Córdoba contra dúas mulleres da feligresía de San Andrés de Vea que deixan morrer catro nenos recibidos para criar. (Rial García 2003; 517) Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 36 6.2. Protestas e rexeitamentos As protestas e rexeitamentos a esta actividade son complicadas de estudar porque non quedan rexistradas nunha gran cantidade de fontes. Cómpre ter en conta para falar desta cuestión o punto no que se aborda a aceptación ou o rexeitamento dos expósitos - apartado 5.1- deste mesmo traballo. Aquí, o igual que fixemos neste, podemos facer unha distinción entre o rexeitamento máis formal -a tratadística médica- e os textos contemporáneos e a posición das propias amas de cría. Con respecto ao primeiro, os autores céntranse en sinalar a incapacidade da ama de cría. O motivo é a imposibilidade de educar a estas mulleres para que exerzan o seu traballo mellor (Sarasúa García, 1992; 18). Ademais construíron relatos nos que se defenden unhas supostas “obrigacións domésticas” das mulleres, entre as que se incluiría o aleitamento dos fillos. O eixe da crítica recae no feito de que o aleitamento alleo non debería partir dunha motivación monetaria. Pola contra, tiña que ser unha actividade desinteresada e altruísta, non pode asumir funcións de nai. As súas condicións sociais e económicas fan que a súa forma de vida non sexa recomendable (Bolufer Peruga, 1992; 17). Neste senso, Jaime Bonells escribe Perjuicios que acarrean al género humano y al Estado las madres que rehúsan criar aa sus hijos define a lactancia asalariada como un “transtorno de orden natural y civil” e propón xulgar e condenar a todas aquelas nais que contraten a outras mulleres para o aleitamento dos seus fillos sen ter causas médicas que o xustifiquen (Sarasúa García, 1994; 187-190). Nesta mesma liña tamen atopamos o tratado médico de José Iberti, Método artificial de criar a los niños recién nacidos (1795); Reglas para escoger amas y leche de Carlos Toquero Sandoval (1617) ou Tres discursos para provar que todas las madres están obligadas a criar a sus hijos a sus pechos, cuando tiene buena salud de Juan Gutiérrez de Godoy de 1629. Tamén os moralistas abordarán o tema do aleitamento alleo. Atopamos obras como De institutione Feminae Christianae de Luis Vives, 1523; fray Antonio de Guevara, Relox de príncipes, 1529; Pedro Luján, Diálogos matrimoniales, 1550; fray Luís de León, La perfecta casada, 1584; Juan de la Cerda, Vida política de todos los estados de mujeres, 1599. No segundo dos casos, os rexeitamentos xorden maioritariamente a consecuencia dos soldos tan baixos e dos continuos retrasos por parte das institucións para pagalos. As mulleres decidían, en consecuencia, non sacar máis nenos ou devolver os que tiñan o seu Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 37 cargo, correndo o perigo de que as inclusas se atopen cun insuficiente subministro de amas de cría. O caso do Hospital Real de Santiago de Compostela é, a este respecto, destacado pois estableceuse en 1674 o reparto forzoso de expósitos entre as mulleres casadas das parroquias próximas a Santiago ante un forte episodio de resistencia 17 . Porén, esta medida non implica a desaparición dos rexeitamentos, e moito menos, das resistencias. Así, atopamos distintos preitos que nos falan das mesmas. Estes “sustanciábanse na audiencia do propio administrador do Hospital -na súa calidade de xuíz conservador da real casa, non en van o Hospital desfrutaba de xurisdición exenta civil e criminal-, polo que a sentencia non podía ser dubidosa”. (Eiras Roel, 2004; 404). CONCLUSIÓN Recollendo todo o aquí exposto, o aleitamento alleo, imposto polo modelo de vida e de sociabilidade das clases acomodadas, transpasa as súas fronteiras no século XVIII, dando lugar a un mercado laboral cunhas características definidas. A duplicidade de modelos establecidos: aleitamento na casa dos pais do menor ou na da ama de cría, vese, así mesmo, determinado pola capacidade económica dos contratantes. No caso galego, a maior parte do corpo de traballadoras confórmanos as amas de cria insitucionais, aquelas que dan cobertura ao sistema asistencial de expósitos, con centro no Hospital Real de Santiago de Compostela. O fenómeno da exposición, práctica extendida no conxunto da sociedade da Idade Moderna, é considerado un mal menor fronte o infanticidio. Deste xeito, o modelo asistencial coas súas correspondentes estratexias de contratación proxectarase sobre a distribución social e territorial do espazo galego pois definirá os lindes do mercado de traballo e creará áreas especializadas. O resultado é un entramado de relacións bidireccionais e de dependencia entre o mundo urbano (emisor) e o rural (destinatario) sostido e marcado polas redes de comunicación previas -camiños e carreteiras-. Este terá o seu reflexo nas dúas áreas de maior concentración de amas de cría, os municipios do sueste da cidade de A Coruña e as estribacións da Serra do Faro. 17 Esta medida ten unha orixe xurisdiccional cando se produce un enfrontamento entre as autoridades do Hospital Real de Santiago de Compostela co mordomo pedáneo da parroquia de San Xoan de Ordoño. Este último négase a repartir os expósitos entre as mulleres o que derivou nun conflicto que rematou nun pleito na Real Audiencia de Galicia que gaña o Hospital. (Sarasúa García, 2021; 52) Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 38 O corpo de amas de cría galegas estaba conformado por mulleres rurais -entre o 86% e o 98% entre 1787 e 1800- maioritariamente pertencentes aos sectores máis baixos da sociedade. Estas mulleres atoparon aqui unha forma de ingreso que lles permitia acadar o limiar de subsistencia a vez que non interfería no resto de actividades a realizar. Os seus soldos variaban segundo o contratante, atopando así todo un abano de posibilidades que ten, nun extremo, aquelas que conformaban o corpo do servizo das familias adiñeiradas e, no outro, as amas de cría institucionais. Da mesma meneira, dentro deste último os xornais variaban en consonancia co posto e as bases económicas da institución. Trátase de xornais estables, compostos por unha porcentaxe en metálico e outra en especie que permitía aos empregados percibir diariamente unha dieta alimenticia básica e axustarse a evolución da conxuntura agraria. Eran de importancia maiúscula tamén para a propia localidade de residencia destas mulleres pois a inxección de cartos permitía a estimulación da circulación de diñeiro, a redución do endebedamento e a compensación dos baixos soldos agrícolas. A importancia do traballo de ama de expósitos non se reduce unicamente a unha cuestión económica senon que estará fortemente vinculado co social e o cultural. Deste xeito, o sacramento bautismal conxuntamente co sistema onomástico que del resulta, supón o primeiro enlace coa vertente social do traballo de ama de cría. Así, o amadriñamento -a maioría das que exercían este papel eran mulleresdestes nenos permite outorgarlle unha personalidade a través do nome, podendo alonxalos da súa condición de “abandonados”. Ademais, nalgúns casos, permite a creación dunha primeira rede social e de apoios. Neste senso, o bautismo sucedíase na propia inclusa, durante o translado a mesma ou na parroquia na que era atopado o expósito. A partir do século XVIII había unha primacía do modelo individual. A maioría das madriñas eran traballadoras de inclusa de baixo grao en consonancia coa concepción do bautismo como un mero trámite. Esto fixo que fixo que fallara na súa definición máis básica tanto no plano relixioso como no social. Así, garantía a salvación da alma pero o parentesco espiritual non era efectivo. A onomástica fálanos das tendencias da sociedade galega pero tamén da vontade de integración e de protección dos expósitos -exemplo da implantación do apelido Rey en toda Galicia-. Predominaba un único nome sen relación aparente. Abundaban tamén os Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 39 do santo do día no que foran bautizados. Rexístranse ademais máis nomes de madriña que de padriño en consonancia co funcionamento do bautismo, e, se participa un membro da comunidade, é común que aparezan referencias simbólicas. Por outra banda, os relacións entre a ama de cría e o menor eran, de base, desiguais. Para a primeira supuña un aporte monetario mentres que a supervivencia do segundo dependía directamente dela. Porén, esto non impide que entre eles se puideran desenvolver outro tipo de relacións, especialmente aquelas que acollen aos menores ata os sete anos. A partir de aquí podía ser devolto a inclusa -maioría dos casos- ou porfillado. Para Galicia, os casos atopados son moi poucos o que non significa que, fora da vía notarial, non se rexistraran máis. Normalmente, o expósito era empregado como man de obra dócil e gratuíta. Estas relacións das que vimos falando xeran tamén conflictos. Atopamos protestas e rexeitamentos así como abusos e fraudes con dobre finalidade. Por un lado buscábase librarse deste traballo que se convertira en obriga para moitas coa promulgación das Constitucións de 1697. Polo outro, tiñan a finalidade de continuar percibindo o soldo polo aleitamento do menor ou aumentar os seus ingresos a costa do mesmo. Fronte a eles, establecéronse sistemas de control e vixiancia por parte das inclusas e dos párrocos que foron precarios e insuficientes. Así o evidencian as altas cifras de mortalidade e as causas das mesmas. Finalmente podemos determinar que as amas de cría conforman todo un corpo de traballadoras heteroxéneo e con fondas consecuencias no eido familiar. Especialmente o traballo desenvolto polas amas de expósitos, erixíase como indispensable nun sistema asistencial precario e insuficiente. Neste senso, o estudo ao redor desta figura enténdese como chave para comprender non só o ámbito asistencial do Antigo Réxime e o fenómeno da exposición senon tamén o conxunto da economía familiar campesiña galega, moi especialmente naquelas casas pobres e de xefatura feminina. Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 40 BIBLIOGRAFÍA Alcalá Galán, M. (2022). “Con esta carga nacemos las mujeres”. Discursos sobre el cuerpo femenino en la España de Cervantes. Iberoamericana Editorial Vervuert. Barreiro Mallón, O. e Rey Castelao, O., (1996). Pobreza, enfermedad y asistencia en Santiago a fines del Antiguo Régimen. En Rodríguez Casal A., Humanitas. Estudios en homenaxe ó Prof. Dr. Carlos Alonso del Real (pp. 559-613). Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Publicaciones Intercambio Científico. Bolufer Peruga, M., (1992). Actitudes y discursos sobre la maternidad en la España del siglo XVIII. La cuestión de la lactancia. Historia social, (14), 3-24. Dubert García, I., (1988). Mecanismos asistenciales y mortalidad infantil en la Galicia del interior: el Hospital de S. Pablo de Mondoñedo de 1780 a 1850. SEMATA, Ciencias Sociais e Humanidades, (1), 199-223. Dubert García, I., (2013) L'abandon d'enfants dans l'Espagne de l'Ancien Régime : réévaluer l'ampleur et les causes du phénomène. Annales de démographie historique. 1(125), 141-164. Dubert García, I., Muñoz Abeledo L. M., (2021). Salarios femeninos y economías familiares: las amas de cría de los hospicios de Galicia (1700-1900). En Sarasúa C. (ed.), Salarios que la ciudad paga al campo. Las nodrizas de las inclusas en los siglos XVIII y XIX (pp. 44-67), Publicacions de la Universitat d’Alacant. Dubert García, I., Muñoz Abeledo, M. L. (2023). Gender, Work, and Family Economies. Wet Nurses in Rural Galicia, 1850-1900. Rural History, 34, 147-164. Eiras Roel, A. (1968). La casa de expósitos del Real Hospital de Santiago en el s. XVIII. Separata. Extra comercial del Boletín de la Universidad Compostelana, (75-76). Eiras Roel, A. (2004). La Casa de Expósitos. En García Iglesias, J. M. (dir.), El Hospital Real de Santiago de Compostela y la hospitalidad en el Camino de peregrinación. Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 47 Táboa 5: Número de expósitos sacados das inclusas polas amas de cría (%) (1858-1893) Fonte: Dubert García, I., Muñoz Abeledo, M. L. (2023). Gender, Work, and Family Economies. Wet Nurses in Rural Galicia, 1850-1900. Rural History, 34, p.6. Táboa 6: Estado civil das amas de cria externas das inclusas galegas (%) Fonte: Dubert García, I., Muñoz Abeledo, M. L. (2023). Gender, Work, and Family Economies. Wet Nurses in Rural Galicia, 1850-1900. Rural History, 34,p. 12. Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 48 Táboa 7: Porcentaxe de gastos do ramo de expósitos con respecto do total no Hospital Real de Santiago de Compostela Fonte: Eiras Roel, A. (1968). La casa de expósitos del Real Hospital de Santiago en el s. XVIII. Separata. Extra comercial del Boletín de la Universidad Compostelana, (75-76), p.339. Táboa 8: Ingresos e gastos dunha familia composta por un xornaleiro agrario e unha ama bde cría con tres fillos en 1850 (reais por día) Fonte: Dubert García, I., Muñoz Abeledo L. M., (2021). Salarios femeninos y economías familiares: las amas de cría de los hospicios de Galicia (1700-1900). En Sarasúa C. (ed.), Salarios que la ciudad paga al campo. Las nodrizas de las inclusas en los siglos XVIII y XIX (pp. 44-67), Publicacions de la Universitat d’Alacant, p.66. Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 49 Táboa 9: Ingresos e gastos dunha familia formada por unha ama de cría e un peón-canteiro con tres fillos pequenos (reais/día) Fonte: Dubert García, I., Muñoz Abeledo L. M., (2021). Salarios femeninos y economías familiares: las amas de cría de los hospicios de Galicia (1700-1900). En Sarasúa C. (ed.), Salarios que la ciudad paga al campo. Las nodrizas de las inclusas en los siglos XVIII y XIX (pp. 44-67), Publicacions de la Universitat d’Alacant, p.63. Táboa 10: Promedio anual de amas de cría que concurren ao Hospital Real de Santiago de Compostela cun neno vivo. Fonte: Eiras Roel, A. (1968). La casa de expósitos del Real Hospital de Santiago en el s. XVIII. Separata. Extra comercial del Boletín de la Universidad Compostelana, (75-76), p. 336. Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 50 Táboa 11:Porcentaxe de ingresos do Hospital Real de Santiago de Compostela según procedencia. Fonte: Barreiro Mallón, O. e Rey Castelao, O., (1996). Pobreza, enfermedad y asistencia en Santiago a fines del Antiguo Régimen. En Rodríguez Casal A., Humanitas. Estudios en homenaxe ó Prof. Dr. Carlos Alonso del Real (pp. 559-613). Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Publicaciones Intercambio Científico, p.575. Táboa 12: Evolución de ingresos do Hospital Real de Santiago de Compostela, 1606- 1828. Fonte: Barreiro Mallón, O. e Rey Castelao, O., (1996). Pobreza, enfermedad y asistencia en Santiago a fines del Antiguo Régimen. En Rodríguez Casal A., Humanitas. Estudios en homenaxe ó Prof. Dr. Carlos Alonso del Real (pp. 559-613). Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Publicaciones Intercambio Científico, p.602. Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 51 Táboa 13: Importe da paga anual das amas de leite do Hospital Real de Santiago de Compostela, 1746-1802. Fonte: Eiras Roel, A. (1968). La casa de expósitos del Real Hospital de Santiago en el s. XVIII. Separata. Extra comercial del Boletín de la Universidad Compostelana, (75-76), p. 333. Táboa 14: Importe da paga anual das amas de destete do Hospital Real de Santiago de Compostela, 1746-1802. Fonte: Eiras Roel, A. (1968). La casa de expósitos del Real Hospital de Santiago en el s. XVIII. Separata. Extra comercial del Boletín de la Universidad Compostelana, (75-76), p. 335. Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 52 Táboa 15: Composición dos soldos das empregadas do Hospital Real de Santiago de Compostela Fonte: Rey Castelao, O., (2010). Trabajando a cubierto. Las empleadas institucionales a fines del Antiguo Régimen. Mélanges de la Casa de Velázquez, 40(2), p.82. Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 53 Táboa 16: Número de padriños e madriñas e porcentaxe do número de nomes no Hospital Real de Santiago de Compostela. Fonte: Rey Castelao, O., Barreiro Mallón, B. (2014). Apadrinar a un pobre en la diócesis de Santiago de Compostela, siglos XVII-XIX. En Pérez Álvarez M. J., Lobo de Araújo, M. M. (coords.). La respuesta social a la pobreza en la Península Ibérica durante la Edad Moderna (pp. 209-238). Universidad de León, Servicio de Publicaciones, p.224. Táboa 17: Repertorio onomástico dos expósitos do Hospital Real de Santiago de Compostela Fonte: González López, T. (2018). Prácticas colectivas en las comunidades parroquiales de la Galicia interior, siglos XVI-XIX. [Tese doutoral, Universidade de Santiago de Compostela], p.356. Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 54 Táboa 18: Orixe dos nomes asignados aos expósitos na diócese de Lugo Nº % Sin relación 105 39,47 Santoral 5T7 21,43 Madrina 50 18,80 Padrino 28 10,53 Cura 15 5,64 Familiares 7 2,63 Patrón paroquia 4 1,50 Total 266 Fonte: González López, T. (2018). Prácticas colectivas en las comunidades parroquiales de la Galicia interior, siglos XVI-XIX. [Tese doutoral, Universidade de Santiago de Compostela], p. 356. Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 55 Táboa 19: Número de nomes asignados aos expósitos Fonte: González López, T. (2018). Prácticas colectivas en las comunidades parroquiales de la Galicia interior, siglos XVI-XIX. [Tese doutoral, Universidade de Santiago de Compostela], p. 354. Táboa 20: Soldo da Ama Maior de Expósitos no Hospital Real de Santiago Año Salario en metálico En especie: 50f.trigo Salario especie/S. Metálico 1700 58,28 rs. 213 rs. 3,7 1701 58,28 rs. ? - 1702 58,28 rs. 237 rs. 4,1 1703 58,28 rs. 350 rs. 6,0 1756 608,28 rs. 479 rs. 0,8 1757 608,28 rs. 550 rs. 0,9 1758 608,28 rs. 423 rs. 0,7 1759 608,28 rs. 423 rs. 0,7 1792 1010,0 rs. 600 rs. 0,6 Alba Freire Fontaíña O aleitamento alleo na Galicia da Idade Moderna. Un estudo sobre o oficio de ama de cría 56 1793 1010,0 rs. 825 rs. 0,8 1794 1010,0 rs. 773 rs. 0,7 1795 1010,0 rs. 725 rs. 0,7 Fonte: Rial García, S.M., (2003). Mujer y actividad económica en la Galicia moderna. La inserción de las mujeres en la producción económica rural y urbana. Universidade de Santiago de Compostela, p.506. Táboa 22: Incremento do soldo nominal no Hospital Real de Santiado durante o século XVIII Fonte: Rial García, S.M., (2003). Mujer y actividad económica en la Galicia moderna. La inserción de las mujeres en la producción económica rural y urbana. Universidade de Santiago de Compostela, p. 514.