scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Resolución da Vicerreitoría de Organización Académica e do Campus de Lugo, para regular a colaboración na docencia do persoal investigador contratado a través de programas de recursos humanos

Universidade de Santiago de Compostela. Vicerreitoría de Organización Académica do Campus de Lugo

Full text

1- 8 RESOLUCIÓN DA VICERREITORÍA DE ORGANIZACIÓN ACADÉMICA E DO CAMPUS DE LUGO, PARA REGULAR A COLABORACIÓN NA DOCENCIA DO PERSOAL INVESTIGADOR CONTRATADO A TRAVÉS DE PROGRAMAS DE RECURSOS HUMANOS As convocatorias de axudas de apoio á investigación, tanto na etapa predoutoral como na posdoutoral, poden establecer a colaboración complementaria en tarefas docentes nas titulacións oficiais do persoal contratado ao abeiro delas. A diversidade e número crecente de convocatorias de axudas deste tipo e a normativa específica da propia universidade para o seu persoal investigador fan necesaria a regulación desta colaboración docente aos efectos do seu coñecemento e xestión por parte dos departamentos, dos centros, e da Vicerreitoría de Organización Académica e Campus de Lugo Por iso, en virtude da disposición final primeira do Regulamento de Planificación Académica da USC, dítase a seguinte resolución: PRIMEIRO. Obxecto O obxecto desta resolución é regular a colaboración docente dos beneficiarios de axudas de apoio á investigación, nas etapas predoutoral e posdoutoral. SEGUNDO. Criterios xerais 1. As tarefas docentes nas que poderá colaborar o persoal investigador, o número total de horas, e outras condicións da colaboración, deberán axustarse ás convocatorias das axudas, aos convenios que estableza a universidade con entidades colaboradoras, así como aos contratos do persoal investigador. 2. O persoal investigador, predoutoral e posdoutoral, contratado a través de programas de recursos humanos poderá prestar colaboracións complementarias en tarefas docentes, cun número de horas que non exceda os límites establecidos na convocatoria da axuda, nin o previsto na normativa da universidade no caso de ser distinto. 3. A asignación de titorizacións de TFG/TFM ao persoal investigador contratado realizarase só entre aqueles que podan asistir aos estudantes na realización do traballo ata a defensa do mesmo. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/4299-2EBB-4281-A482 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 4299-2EBB-4281-A482 1 / 9 2- 8 4. No máximo de horas de colaboración docente deben entenderse incluídas a docencia de materias ordinarias de grao e máster, as Prácticas Externas, o Prácticum e a titorización/cotitorización de TFG/TFM. TERCEIRO. Condicións da colaboración en función dos tipos de axudas I. PERSOAL INVESTIGADOR PREDOUTORAL 1. Persoal investigador con contrato predoutoral formalizado coa USC A colaboración complementaria en tarefas docentes poderá desenvolverse unicamente na docencia interactiva en materias ordinarias de grao e na cotitorización de TFG. Excepción: Poderá colaborar en titulacións de máster (docencia interactiva e cotitorización de TFM) unicamente cando a convocatoria da axuda recolla expresamente a posibilidade de colaboración docente en máster, como por exemplo a convocatoria da Xunta de Galicia de axudas predoutorais 2021. O persoal contratado a través destas axudas figurará no POD do departamento vinculado á área na que se lle asigne a colaboración docente e non computará na capacidade dela. Período de estadía fóra da USC: no período de estadía no estranxeiro, en centro de investigación español, ou universidade pública distinta da USC, non poderá prestar colaboracións complementarias en tarefas docentes na USC. 2. Contrato Predoutoral para a formación de doutores e doutoras en empresas (Doutoramento Industrial) No caso de que a convocatoria da axuda e o convenio asinado entre a USC e a empresa recollan a posibilidade de colaboración en tarefas docentes, igualarase a dita colaboración á establecida para os contratos predoutorais formalizados coa USC (docencia interactiva en materias ordinarias de grao e cotitorización de TFG), co límite de horas establecido na convocatoria, agás que sexa superior ao establecido pola USC. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/4299-2EBB-4281-A482 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 4299-2EBB-4281-A482 2 / 9 3- 8 Excepción: Poderá colaborar en titulacións de máster (docencia interactiva e cotitorización de TFM) unicamente cando a convocatoria da axuda recolla expresamente a posibilidade de colaboración docente en máster, como por exemplo a convocatoria da Xunta de Galicia de axudas para doutoramentos industriais 2021. O persoal contratado a través destas axudas figurará no POD do departamento vinculado á área na que se lle asigne a colaboración docente e non computará na capacidade dela. 3. Persoal investigador alleo á USC con contrato predoutoral formalizado con outra universidade Non se autorizará a colaboración docente, xa que esta deberá realizarse na universidade de orixe, de ser o caso. 4. Persoal investigador con contrato predoutoral formalizado con outro organismo con convenio coa USC No caso de contratos formalizados con organismos que asinan convenio coa USC, poderá autorizarse a colaboración en tarefas docentes, sempre que o beneficiario da axuda predoutoral dunha convocatoria pública estea matriculado nun programa de doutoramento na USC e exista convenio entre a USC e o organismo no que estea contratado. Os termos da colaboración docente na USC serán os establecidos na convocatoria da axuda e no convenio asinado coa USC. En todo caso, será docencia interactiva en materias ordinarias de grao e cotitorización de TFG. No caso de que existan discrepancias entre as condicións da colaboración recollidas na súa convocatoria e as establecidas pola USC para o seu persoal, a vicerreitoría con competencias en organización académica poderá igualar as condicións de colaboración docente ao establecido pola USC. O persoal contratado a través destas axudas figurará no POD do departamento vinculado á área na que se lle asigne a colaboración docente e non computará na capacidade dela. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/4299-2EBB-4281-A482 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 4299-2EBB-4281-A482 3 / 9 4- 8 II. PERSOAL INVESTIGADOR POSDOUTORAL 1. Persoal investigador con contrato posdoutoral formalizado coa USC a) Período de estadía na USC Poderá autorizarse a impartición de docencia en materias de grao e máster e titorizar/cotitorizar TFG e TFM. O persoal contratado a través destas axudas figurará no POD do departamento vinculado á área na que se lle asigne a colaboración docente e computará na capacidade dela. b) Período de estadía fóra da USC Durante o período de estadía no estranxeiro, en centro de investigación español, ou universidade pública distinta da USC, a colaboración docente limitarase á cotitorización de TFG e TFM na USC. O persoal contratado a través destas axudas figurará no POD do departamento vinculado á área na que se lle asigne a colaboración docente e computará na capacidade dela. Excepcións: no caso de que as convocatorias das axudas recollan condicións específicas distintas das anteriores respecto da colaboración docente estarase ao que establezan as ditas convocatorias. A día de hoxe, están nesta situación: • As convocatorias posdoutorais 2021 e 2022 da Xunta de Galicia que establecen que a persoa contratada non poderá ser responsable ou coordinadora da materia, e que a colaboración non poderá supor a substitución da docencia do profesorado responsable da materia. • A convocatoria de contratos posdoutorais do campus de especialización Campus Terra 2022 que establece que a persoa contratada non poderá supor a substitución da docencia do profesorado responsable da materia. Este persoal deberá estar acompañado nos grupos que teña asignados dun PDI. A colaboración docente será en materias ordinarias de grao e máster e na cotitorización de TFG e TFM. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/4299-2EBB-4281-A482 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 4299-2EBB-4281-A482 4 / 9 5- 8 O persoal contratado a través destas axudas figurará no POD do departamento vinculado á área na que se lle asigne a colaboración docente e non computará na capacidade dela. 2. Persoal investigador con contrato posdoutoral formalizado con outra universidade/organismo e con estadía na USC Durante o tempo de estadía na USC, este persoal poderá impartir docencia en materias de grao e máster, e cotitorizar TFG e TFM. De existir discrepancias entre as condicións da colaboración recollidas na correspondente convocatoria e as establecidas pola USC para o seu persoal, a vicerreitoría con competencias en organización académica poderá igualar as condicións de colaboración docente ao establecido pola USC. O persoal contratado a través destas axudas figurará no POD do departamento vinculado á área na que se lle asigne a colaboración docente e computará na capacidade dela. 3. Persoal investigador con contrato posdoutoral formalizado con outra universidade/organismo e sen estadía na USC a) Cando exista convenio coa USC Poderá autorizarse a colaboración en tarefas docentes na USC sempre que exista convenio entre a USC e a universidade ou organismo que convoque a axuda. O convenio deberá recoller os termos da devandita colaboración. No caso de que existan discrepancias entre as condicións da colaboración recollidas na súa convocatoria e as establecidas pola USC para o seu persoal, a vicerreitoría con competencias en organización académica poderá igualar as condicións de colaboración docente ao establecido pola USC, agás para os TFG e TFM nos que se autorizará unicamente a cotitorización. O persoal contratado a través destas axudas figurará no POD, vinculado á Área Externa da titulación. O centro reservará no PDA as horas correspondentes á colaboración autorizada (área externa da titulación). b) Cando non exista convenio coa USC A posibilidade de colaboración limitarase á cotitorización de TFG e TFM. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/4299-2EBB-4281-A482 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 4299-2EBB-4281-A482 5 / 9 6- 8 O persoal contratado a través destas axudas non figurará no POD. O centro rexistrará a cotitorización no módulo de asignación de TFG/TFM, e reservará no PDA as horas correspondentes (área externa da titulación). III. PERSOAL INVESTIGADOR DISTINGUIDO 1. Persoal investigador distinguido da USC O persoal investigador distinguido da USC das modalidades Manuela Barreiro, Sergio Vidal e Jimena Fernández de la Vega poderá impartir docencia en grao e máster, e titorizar/cotitorizar TFG/TFM, polo máximo de horas que recolla a convocatoria/contrato correspondente. O persoal contratado a través destas axudas figurará no POD do departamento vinculado á área na que se lle asigne a colaboración docente e computará na capacidade dela. 2. Persoal investigador distinguido doutra universidade ou organismo Estarase ao que dispoña a convocatoria da universidade ou organismo correspondente, e aos compromisos adquiridos pola USC mediante os oportunos convenios e/ou contratos. No caso de que existan discrepancias entre as condicións da colaboración recollidas na súa convocatoria e as establecidas pola USC para o seu persoal, a vicerreitoría con competencias en organización académica poderá igualar as condicións de colaboración docente ao establecido pola USC IV. PERSONAL CONTRATADO CON CARGO A CONVOCATORIAS DE RECUALIFICACIÓN DO PROFESORADO UNIVERSITARIO FUNCIONARIO OU CONTRATADO Para a colaboración docente do persoal contratado con cargo a estas convocatorias estarase ao que dispoña a convocatoria da axuda da universidade ou organismo correspondente. No caso de que existan discrepancias entre as condicións da colaboración recollidas na súa convocatoria e as establecidas pola USC para o seu persoal, a vicerreitoría con competencias en organización académica poderá igualar as condicións de colaboración docente ao establecido pola USC. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/4299-2EBB-4281-A482 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 4299-2EBB-4281-A482 6 / 9 7- 8 CUARTO. Solicitudes de alta para a colaboración docente Para asignar encargo docente aos beneficiarios das axudas os departamentos deberán enviar un correo electrónico ao Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica (sxopr[email protected]s), indicando a área á que se vincularán e achegando copia do contrato ou da prórroga do mesmo e, de ser o caso, o convenio correspondente. No caso de que, unha vez iniciada a colaboración docente, o investigador/a renuncie ao contrato polo que se lle asignou encargo docente, o departamento revisará o seu POD e, de ser o caso, solicitará unha modificación para retirar o encargo docente non realizado. De producirse un cambio de contrato no mesmo curso, o departamento achegará o novo contrato, con indicación da área á que deberá quedar vinculado, revisará o seu POD e, de ser o caso, solicitará a súa modificación para asociar o encargo docente ao contrato correspondente. QUINTO. Disposicións finais 1. Procedemento para o cómputo da colaboración docente por curso académico Dado que a colaboración docente non se recolle do mesmo xeito nas distintas convocatorias (horas anuais, horas por curso académico), a USC computaraa sempre por curso, en concordancia co período temporal do calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. A colaboración docente non superará os límites establecidos na convocatoria da axuda. 2. Concentración da colaboración docente nun semestre do curso académico Autorízase a concentrar a colaboración docente para o curso nun único período académico, a criterio do departamento e sempre que as sesións programadas para as materias estean comprendidas dentro das datas nas que o contrato estea vixente, e se respecten os límites establecidos na convocatoria da axuda. SEXTO. Aplicación Esta resolución entrará en vigor coa súa publicación no taboleiro electrónico da USC e será de aplicación desde o curso 2022-2023. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/4299-2EBB-4281-A482 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 4299-2EBB-4281-A482 7 / 9 8- 8 Santiago de Compostela, Por delegación do Reitor (RR do 21.04.2022 – DOG do 26.04.2022) O Vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo Francisco Fraga López Documento asinado dixitalmente conforme á Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. BOE nº 236, do 2 de outubro de 2015. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/4299-2EBB-4281-A482 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 4299-2EBB-4281-A482 8 / 9 Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: FRANCISCO JOSE FRAGA LOPEZ, VICERREITOR DE ORGANIZACION ACADEMICA E DO CAMPUS DE LUGO, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16/09/2022 14:11:55. CSV: 4299-2EBB-4281-A482 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/4299-2EBB-4281-A482 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 4299-2EBB-4281-A482 9 / 9