scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Regulamento de Réxime Interno da Estación de Bioloxía Mariña da Graña

Universidade de Santiago de Compostela. Consello de Goberno

Full text

1 Regulamento de Réxime Interno da Estación de Bioloxía Mariña da Graña (Aprobado por Consello de Goberno do 12-V-2004) Casa do Hórreo Rúa da Ribeira 1 Casa da Estrela Rúa da Ribeira 4. A Graña 15590 Ferrol 2 Regulamento de Réxime Interno da Estación de Bioloxía Mariña da Graña TÍTULO 1: NATUREZA E FUNCIÓNS ARTIGO 1.- NATUREZA 1. A Estación de Bioloxía Mariña da Graña é un servizo científico que forma parte da Universidade de Santiago de Compostela e que se crea como un Servicio específico de apoio a docencia e a investigación coa fin de propiciar, fomentar e facilitar a investigación, a docencia e a divulgación de coñecemento en bioloxía mariña, e o asesoramento e difusión en temas relacionadas coa fauna e flora mariña. 2.- O seu funcionamento rexerase polo establecido na Lei Orgánica de Universidades e súas disposicións regulamentarias, os Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e seus decretos e normas de desenvolvemento, e polo presente regulamento. 3. O patrimonio que ten a Universidade de Santiago de Compostela na Estación de Bioloxía Mariña da Graña está constituído por dous edificios: a Casa do Hórreo e a Casa da Estrela (A Graña, Ferrol), con todo o seu equipamento interno e externo, coleccións científicas, de estudio e docentes e calquera outros obxectos de valor científico ou docente, procedentes de adquisicións realizadas pola Universidade de Santiago de Compostela. ARTIGO 2.- FUNCIÓNS Son funcións da Estación de Bioloxía Mariña da Graña: 1.- O fomento e a promoción da Investigación Científica no ámbito da Bioloxía Mariña de Galicia, facilitando aos investigadores tódalas súas instalacións e medios dispoñibles para o desenvolvemento de traballos científicos, proxectos de investigación, tese de doutoramento e reunións científicas, e estimular e favorecer estudios e investigacións sobre a fauna e flora de Galicia. 2.- A realización e coordinación de actividades docentes e formadoras para os alumnos nas súas instalacións: practicas, seminarios, conferencias, cursiños, cursos de doutoramento, cursos de especialización e mestrados, dentro do marco xeral dos programas de estudios da Universidade de Santiago de Compostela. 3.- O asesoramento e colaboración en materia de docencia e investigación con entidades publicas e privadas. 4.- O establecemento e coordinación de relacións de intercambio científico con outras Universidades e institucións científicas de España e doutros países. 3 TÍTULO II: ÓRGANOS DE GOBERNO ARTIGO 3.- A ESTACIÓN DE BIOLOXÍA MARIÑA DA GRAÑA ESTARÁ REXIDA POR: 1.- A Xunta de Goberno. 2.- O director. 3.- O subdirector, no caso de estar nomeado. 4.- O xefe da Estación. ARTIGO 4.- A XUNTA DE GOBERNO A Xunta de Goberno estará formado por: 1.- O reitor da Universidade, ou persoa na quen delegue, que presidirá e convocará. 2.- O director da Estación. 3.- O subdirector da Estación, no caso de estar nomeado. 4.- O xefe da Estación que actuará como Secretario da Xunta de Goberno. 5.- Un representante das áreas de coñecemento máis directamente implicadas nas actividades da Estación: Área de Zooloxía (Departamento de Bioloxía Animal), Área de Botánica (Departamento de Botánica) e Área de Ecoloxía (Departamento de Bioloxía Celular e Ecoloxía). 6.- Un representante do Instituto de Acuicultura. 7.- Os directores de outras Estacións de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. 8.- A Xunta de Goberno reunirase en sesión ordinaria alomenos unha vez ao ano, e en sesión extraordinaria por iniciativa do seu Presidente, do director da Estación ou dun tercio dos seus membros. ARTIGO 5.- FUNCIÓNS DA XUNTA DE GOBERNO 1.- Elaborar as directrices que orienten a programación anual de actividades científicas, docentes e asesoramento a desenvolver pola Estación e velar pola súa realización. 2.- Propoñer o proxecto de orzamento da Estación 3.- Aprobar a Memoria anual de Actividades da Estación. 4.- Aprobar a Memoria anual Económica da Estación. 4 5.- Propoñer as modificacións do Regulamento de Réxime Interno da Estación. 6.- Aprobar o Regulamento de Uso da Estación e, de se-lo caso, as modificacións posteriores para a súa aprobación definitiva polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela. 7.- Asesorar e elevar propostas en tódolos asuntos que pola súa importancia se considere necesario someter á súa consideración. ARTIGO 6.- O DIRECTOR 1.- O director da Estación será un membro do persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela, con coñecementos e formación en bioloxía mariña, en activo e con dedicación a tempo completo. 2.- O director da Estación será nomeado polo reitor, oída a Xunta de Goberno, por períodos de catro anos. ARTIGO 7.- FUNCIÓNS DO DIRECTOR Serán funcións do director da Estación de Bioloxía Mariña da Graña: 1.- Representar á Estación de Bioloxía Mariña da Graña no ámbito da súa competencia. 2.- Dirixir científica, técnica e administrativamente a Estación de Bioloxía Mariña da Graña. 3.- Elaborar e planificar a programación anual de actividades da Estación, de acordo coas directrices aprobadas pola Xunta de Goberno 4.- Coordinar, xestionar e controla-las actividades desenvolvidas pola Estación. 5.- Informar das necesidades de persoal, instalacións e equipamento da Estación. 6.- Elabora-las Memorias anuais de Actividades e Económica da Estación. 7.- Elabora-lo proxecto de orzamento da Estación 8.- Elaborar o Regulamento de Uso da Estación e velar polo seu cumprimento. 9.- O director, durante a súa ausencia da Estación, delegará a representación e aquelas funcións que considere necesarias no subdirector, no caso de estar nomeado, e no xefe da Estación. 5 ARTIGO 8.- O SUBDIRECTOR 1.- O subdirector da Estación será un membro do persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela, con coñecementos e formación en Bioloxía Mariña, en activo e con dedicación a tempo completo, 2.- O subdirector poderá ser facultativamente proposto polo director, sen que o cargo supoña remuneración, nin reducción da dedicación docente. 3.- O subdirector da Estación será nomeado polo reitor a proposta do director. ARTIGO 9.- FUNCIÓNS DO SUBDIRECTOR Serán funcións do subdirector da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, auxiliar ao director nas súas funcións e substituílo na súa ausencia. TÍTULO III: DO PERSOAL ARTIGO 10.- O XEFE DA ESTACIÓN 1.- O xefe da Estación deberá ter coñecementos e formación en bioloxía mariña, e auxiliará ao director e ao subdirector, no caso de estar nomeado, nas súas funcións e substituílos nas súas ausencias. 2.- Por delegación do director, asumirá as funcións de xestión, coordinación e control das actividades docentes e investigadoras desenvolvidas pola Estación. 3.- Custodiará o equipamento científico, bibliográfico e material, a documentación e as coleccións de estudio e de referencia depositadas na Estación. 4.- Supervisará a labor do persoal de administración e servicios. 5.- Redactará as actas das sesións da Xunta de Goberno. ARTIGO 11.- PERSOAL CIENTÍFICO 1.- O persoal científico da Estación estará integrado polos profesores e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela que desenvolvan parte do seu labor investigador ou docente nas instalacións da Estación. Así como os investigadores en período de formación. 2.- Persoal investigador contratado especificamente para as actividades de investigación ou docentes desenvolvidas na Estación, no marco de proxectos, convenios e contratos de investigación. 6 ARTIGO 12.- OUTRO PERSOAL A Estación poderá contar con persoal técnico e de administración e servicios. TÍTULO IV: DO RÉXIME ECONÓMICO ARTIGO 13.- ORZAMENTO 1.- A Estación terá o seu propio orzamento de ingresos e gastos, que será elaborado, aprobado e executado de acordo co establecido neste regulamento. 2.- O orzamento da Estación formará parte dos orzamentos xerais da Universidade e xestionarase de acordo coas normas xerais presupostarías que lle sexan aplicables. ARTIGO 14.- RECURSOS ECONÓMICOS Os recursos económicos da Estación serán: 1.- As cantidades que se adscriban á Estación nos orzamentos xerais da Universidade de Santiago de Compostela. 2.- As cantidades que se xeren en virtude de proxectos, convenios e contratos de investigación desenvolvidos nas instalacións da Estación. 3.- As cantidades que se xeren pola realización de mestrados, cursos de especialización e calquera outra actividade docente desenvolvida na Estación. 4.- Os fondos provenientes pola prestación de servicios, da elaboración de asesoramentos e dictames e da venda das súas publicacións e outros artigos comerciais. 5.- Os fondos provenientes da súa oferta de instalacións docentes e investigadoras a outras Universidades ou Centros públicos e privados de investigación nacionais ou estranxeiros. 6.- Os fondos provenientes de doazóns, subvencións e mecenados cos que a Estación vexase favorecida, concedidas por entidades públicas ou privadas 7.- Calquera outro recurso económico que puidera recibir. ARTIGO 15.- A Estación, e os membros do seu persoal científico a través dela, poderán contratar con entidades públicas ou privadas e con persoas físicas a realización de traballos de carácter científico, técnico ou de asesoramento, así como o desenvolvemento de cursos de especialización, nas condicións establecidas na Lei Orgánica de Universidades e nos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela. 7 ARTIGO 16.- Os bens inventariables que adquira ou reciba por doazón a Estación, ou os seus investigadores para o cumprimento dos contratos sinalados no apartado anterior, serán propiedade da Universidade de Santiago de Compostela e estarán adscritos totalmente ao cumprimento dos fins da Estación. ARTIGO 17.- O reitor, en nome da Estación e a proposta da súa Xunta de Goberno, poderá subscribir convenios con entidades públicas ou privadas, tanto españolas como estranxeiras. TÍTULO V: DO RÉXIME ACADÉMICO ARTIGO 18.- A Estación poderá organizar, con cargo a seu orzamento ou con financiamento externo, calquera actividade científica ou docente no ámbito da Bioloxía Mariña, sempre de acordo cos fins recollidos no presente Regulamento. ARTIGO 19.- A Estación poderá tramita-la xestión de diplomas acreditativos dos estudios realizados na mesma, correspondendo o seu outorgamento ao reitor e a súa expedición á Universidade de Santiago de Compostela. DISPOSICIÓNS FINAIS: PRIMEIRA.- Corresponde ao reitor da Universidade de Santiago de Compostela a facultade de interpretar o presente Regulamento e dictar as normas aclaratorias que sexan pertinentes. SEGUNDA.- O presente Regulamento poderá ser modificado a iniciativa da Xunta de Goberno da Estación, mediante acordo do Consello de Goberno da Universidade de Compostela. TERCEIRA.- O presente Regulamento entrará en vigor ao día seguinte da súa aprobación polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela