Full text
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). Migratio (Revista do CEPAM) Migratio nº 1 Vicente Peña Saavedra. Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). A acción invididual dos indianos e o labor corporativo das sociedades de instrucción. Migratio Admin do 2000 Publicación en liña : martes 7 de xuño do 2005 Resumo : Os emigrantes transoceánicos do norte da península ibérica foron axentes fundamentais no proceso de institucionalización, difusión e modernización do ensino nas súas respectivas localidades de procedencia, actuando ademais como promotores de experiencias educativas específicas nos lugares de destino. Neste artigo realízase unha análise interpretativa das variantes que adopta, no espacio e no tempo, a intervención escolar dos ausentes; examínanse en clave comparativa as realizacións de carácter instructivo nas comunidades de orixe dos emigrados, e saliéntase a vertente innovadora das iniciativas emprendidas polas xentes do éxodo, principalmente na España atlántica e cántabra, nun ciclo de longa duración que abrangue dende o século XVI ata a hoxe. Migratio (Revista do CEPAM) Page 1/36
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). Os emigrantes transoceánicos do norte da península ibérica foron axentes fundamentais no proceso de institucionalización, difusión e modernización do ensino nas súas respectivas localidades de procedencia, actuando ademais como promotores de experiencias educativas específicas nos lugares de destino. Neste artigo realízase unha análise interpretativa das variantes que adopta, no espacio e no tempo, a intervención escolar dos ausentes; examínanse en clave comparativa as realizacións de carácter instructivo nas comunidades de orixe dos emigrados, e saliéntase a vertente innovadora das iniciativas emprendidas polas xentes do éxodo, principalmente na España atlántica e cántabra, nun ciclo de longa duración que abrangue dende o século XVI ata a hoxe. 1. Resumo. 2. Introducción. 3. A intervención escolar dos emigrantes: modalidades, espacios e tempos. 4. Iniciativas e realizacions educacionais nas terras de orixe. 5. Os emigrantes e a innovación educativa. 6. Epílogo. 7. Notas. 8. Referencias. 9. Curriculum vitae. 1. Resumo. Migratio (Revista do CEPAM) Page 2/36
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). Os emigrantes transoceánicos do norte da península ibérica foron axentes fundamentais no proceso de institucionalización, difusión e modernización do ensino nas súas respectivas localidades de procedencia, actuando ademais como promotores de experiencias educativas específicas nos lugares de destino. Neste artigo realízase unha análise interpretativa das variantes que adopta, no espacio e no tempo, a intervención escolar dos ausentes; examínanse en clave comparativa as realizacións de carácter instructivo nas comunidades de orixe dos emigrados, e saliéntase a vertente innovadora das iniciativas emprendidas polas xentes do éxodo, principalmente na España atlántica e cántabra, nun ciclo de longa duración que abrangue dende o século XVI ata a hoxe. 2. Introducción. Probablemente se admitirá sen reservas que poucos ou tal vez ningún fenómeno social dos ocorridos na contemporaneidade resultou tan definitorio para Europa como a emigración exterior. E non podería ser doutro xeito, habida conta do volume de efectivos humanos que a mesma mobilizou. Entre o ecuador do século XIX e as postrimerías do primeiro cuarto do século XX máis de cincuenta millóns de europeos, segundo as clásicas estatísticas compiladas por Ferenczi e Willcox (1929), participaron no trasfego migratorio intercontinental. a magnitude da cifra consignada polos citados autores adquire aínda maior relevo e significatividade ó constata-la contribución diferencial de cada un dos países, que foi sometida a revisión nos últimos anos e polo regular corrixida á alza (Eiras Roel, 1992, p. 198). Pois ben, á marxe das modificacións xa introducidas ou a outras que se poidan incorporar no sucesivo, chama a atención o feito de que o 84% dos emigrantes procedesen de cinco áreas territoriais que actuaron de auténticas reservas de capital humano para a exportación: as Illas Británicas, Italia, Austria-Hungría, Alemaña e España, así clasificadas en progresión decrecente (Eiras Roel, 1992, p. 199). Unha elevada proporción das xentes saídas destes territorios (en torno ó 86%) dirixíronse a América. Os datos anteriores poñen de manifesto, por un lado, a desigual incidencia do éxodo en cada país do Vello Continente, o que sen dúbida nos obriga a matiza-la afirmación con que iniciamos este traballo, e por outro a preferente vocación americana que denota a emigración europea. No concernente a España, as series estatísticas oficiais rexistran un total de 3.297.312 saídas de civís con destino a América entre 1882 e 1930, pero as correccións efectuadas e as sumas agregadas como producto da ampliación do intervalo cronolóxico considerado, sitúan en 4.599.356 o número de partidas estimadas na centuria comprendida entre 1836 e 1936 (Eiras Roel, 1992, p. 189), non faltando autores que apuntan cómputos sensiblemente máis avultados (Sánchez Alonso, 1995, pp. 129 e 288-289). Agora ben, a escala nacional, o mesmo que a continental, homoxeinizan espacialmente realidades que no tocante á emigración presentan acusadas diferencias entre si e, ademais, dilúen a entidade dun fenómeno que rexistra perfís e pautas netamente rexionais, sen que iso implique nega-la incidencia sobre el de "factores significativos" de alcance superior (Devoto, 1997, p. 13). Como Migratio (Revista do CEPAM) Page 3/36
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). precisaba fai xa unha década Nicolás Sánchez-Albornoz (1988) no pórtico a unha obra precursora sobre a materia, "la escala nacional resulta engañosa en más de una ocasión", e engadía: "la escala regional es casi preceptiva en el caso español" porque durante o período de emigración en masa -seguía escribindo- "quienes se ausentaron no fueron españoles cualesquiera, sino ante todo los gallegos, asturianos y canarios" (p.21). En efecto, tomando como exemplo ilustrativo pola súa relevante preponderancia o caso galego, comprobamos que soamente esta comunidade contribuíu cunha cota do 38% á corrente emigratoria española durante o século antes citado. e ademais, a extraordinaria torrencialidade dos seus fluxos demográficos a sitúan en termos relativos á cabeceira de tódolos países de Europa (Eiras Roel, 1992, pp. 200-201). Trala comunidade galega, a desigual distancia, pero ocupando posicións cimeiras figuran tamén Canarias, Asturias e Cantabria como rexións fortemente envorcadas cara a América (Sánchez Alonso, 1995, pp. 205 e ss.), rexistrando ó propio tempo cada unha delas pronunciadas oscilacións intraterritoriais. Un fenómeno deste calado que ten ademais carácter procesual, proxección diferida e sentido bidireccional, indefectiblemente deixa senti-la súa pegada sobre cada un dos filamentos que urden o tecido social das comunidades emisoras. e deste impacto non poderá subtraerse tampouco a esfera educativa. Aínda que a incidencia da emigración sobre a área educativa presenta múltiples vertentes susceptibles de análise, sen dúbida a que maior atención mereceu, se cadra por se-la máis ostensible, atinxe á intervención escolar dos ausentes nos seus lugares de procedencia. Este tipo de actuación ha de inscribirse dentro da dinámica transferencial de remesas e achegas que os emigrantes efectúan como consecuencia do mantemento dos vínculos de unión cos seus pagos de orixe. Noutras palabras, tales remesas e achegas evidencian que a emigración, malia a ruptura traumática que inicialmente supuxo co contorno convivencial primario, no decurso do tempo, para moitos, foi incapaz de consuma-lo desarraigo afectivo-emocional pleno da súa comunidade matriz. Antes ó contrario, afianzou os nexos simbólicos con ela, a solidariedade cos seus membros e o compromiso a prol do seu desenvolvemento e a súa prosperidade. De aí que aínda que ás remesas e ás doazóns se lles confiran destinos diversos, unha parte moi considerable delas se canalice cara a dotacións infraestructurais e servicios de uso comunitario, cunha marcada predilección polos equipamentos educativos que, ademais, vaise incrementando no devir dos anos como logo se comprobará. Complementariamente, este tipo de accións han de incardinarse tamén dentro das coordenadas do protectorado sobre institucións docentes exercido por particulares dende épocas remotas. Nas páxinas que seguen trataremos de coñecer de maneira sumaria as contribucións dirixidas cara o sector escolar polos ausentes, especialmente do norte peninsular, procurando enfatiza-la súa dimensión anovadora no contexto onde se fan efectivas e operando a escala rexional por estimar que esta demarcación resulta a máis idónea para o seu estudio, en analoxía co propio fenómeno migratorio do que en definitiva dependen1. Migratio (Revista do CEPAM) Page 4/36
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). 3. A intervención escolar dos emigrantes: modalidades, espacios e tempos. Anque é na contemporaneidade, e principalmente no último cuarto do século XIX e primeiro tercio do XX, cando a intervención escolar dos emigrantes transoceánicos na súas localidades de orixe acada as máximas cotas de profusión e intensidade, non resultaría correcto restrinxir a esa secuencia temporal as achegas dos transterrados á área educativa. a investigación recente confírmanos que este tipo de accións se encadran nunha singradura de longa duración, aínda vixente, que abrangue máis de catro séculos. No desenvolvemento deste dilatado periplo, as actuacións emprendidas adoptan dúas modalidades de aparición sucesiva e que andando o tempo terán coexistencia simultánea. a primeira e máis lonxeva de titularidade individual. a segunda e máis curta e serodia de titularidade colectiva. Aquela polarizada cara á metrópole e esta última bifurcada cara ós espacios receptores e emisores dos continxentes emigrantes (Peña Saavedra, 1991, 1995-96, 1997, 1998, 2000 e 2000a). Por un elemental criterio de economía de linguaxe e co propósito de obviar equívocos, no seu día optamos por identificar nominalmente ós axentes promotores da variante individual co apelativo xenérico dos "indianos". A súa acción benéfica na área docente, polo que ata hoxe sabemos, comeza a facerse perceptible nas décadas centrais do século XVI, aínda que con notables hiatos cronolóxicos interrexionais que se aproximan ós dous séculos, se ben cabe presumir que eses interludios de tempo poden acurtarse ou mesmo quedar neutralizados conforme se incremente o coñecemento sobre o tema. A modo de exemplo podemos indicar que no País Vasco e a Rioxa rexístranse contribucións -non sempre finalmente substanciadasdende 1540/1541 e ó longo de todo ese século para a creación de cátedras de latinidade, a provisión de conventos ou a dotación de bolsas de estudios (González Cembellín, 1993 e Zapater Cornejo, 1991). En Galicia, en cambio, as primeiras remesas das que temos coñecemento corresponden ó segundo lustro do século XVII e van destinadas á implantación dun convento de dominicos e ó financiamento de estudios universitarios (Peña Saavedra, 1993 e 1999). Durante este século tamén se reciben doazóns de brasileiros para o sostemento de institucións educativas na cidade portuguesa de Porto (Fernandes Alves, 1994, pp. 39-40 e 319). Pola súa parte, en Asturias e Cantabria, ó parecer, non se ten constancia ata o momento de remesas escolares de orixe indiano anteriores ó século XVIII (Castrillo Sagredo, 1926, pp. 4-94 e 160-172; Terrón e Mato, 1992, p. 41; Soldevilla, 1996, pp. 289 e 311-319; Soldevilla e Rueda, 1992, pp. 321-329), aínda que as investigacións actualmente en curso quizais nos deparen no futuro algunhas sorpresas. polo demais, resulta evidente que para chegar a completa-lo panorama peninsular será indispensable coñecer que ocorreu noutros ámbitos territoriais que tiveron unha presencia humana moi destacada ó outro lado do océano durante o período colonial. A acción filantrópico-docente dos indianos mantense de forma zigzagueante e descontinua dende a súa xénese ata ben avanzado o século XX e, alomenos en Galicia, prosegue a súa andadura ata a actualidade (Peña Saavedra, 1997, 1998, 2000 e 2000a), aínda que xa nos nosos días en manifesto declive por razóns coñecidas que resulta innecesario pormenorizar. A segunda variante de intervención, de carácter colectivo, requiriu de modo previo á súa Migratio (Revista do CEPAM) Page 5/36
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). concreción e desenvolvemento a emerxencia dun proceso de singular notoriedade na historia da emigración exterior e interior: a organización comunitaria dos ausentes en destino, que cristalizou nas denominadas asociacións étnicas. Este proceso secuencialízase en dúas fases. a primeira, que cabería denominar protohistórica, arranca das décadas centrais do século XVIII e toma corpo no seo da emigración intrapeninsular para máis tarde espallarse ós espacios de asentamento da transoceánica, cubrindo toda a etapa colonial e aínda en ocasións franqueando as súas fronteiras temporais. as entidades erixidas neste ciclo do Antigo Réxime, caracterízanse polo seu perfil patronal-relixioso e dentro da súa vertente caritativo-asistencial algunhas contemplan nas súas Constitucións a posibilidade de intervir na área educativa, mediante a implantación dun centro de acollida (hospicio) para darlles albergue e ensinanza e buscarlles colocación a nenos e mozos desamparados. Así o estipulaba na súa carta orgánica de 1768 a "Real Congregación de los Naturales y Originarios del Reino de Galicia", radicada en México (Soto Pérez, 1997, pp. 21-39), seguindo ó pé da letra o establecido nas Constitucións da súa homóloga e matriz madrileña fundada en 1740 (Fernández-Villamil, 1962, I, pp. 335-355). Non temos constancia de que tal propósito se fixese finalmente realidade, pero en calquera caso anticipaba xa programaticamente unha práctica interventora que ó cabo dun século ben cumprido se verá consumada, aínda que en base a un patrón educativo distinto. ademais da citada, os galegos impulsaron a creación de institucións deste xénero en Bos Aires, a Habana e probablemente outras capitais dos Virreinatos españois entón existentes (González López, 1978, p. 188; Peña Saavedra, 1998; Vilanova Rodríguez, 1966, I, pp. 360-361). Confrarías análogas ás de estirpe galega foron promovidas por manchegos, biscaíños, montañeses ou asturianos en Madrid ( P. G. de S., 1916, pp. 253-256), e algunhas delas recalaron tamén máis alá do Atlántico (Llordén, 1996, p. 39; Soldevilla, 1996, p. 194; Soldevilla e Rueda, 1992, p. 265). A segunda fase, xa propiamente histórica, do asociacionismo étnico español en América da comezo á altura de 1840-41 coa fundación case simultánea de dúas entidades benéficas, unha de alcance panhispánico, a "Sociedad de Beneficencia Española de Tampico", e outra de dominio rexional, a "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Cataluña" da Habana. Aquela axiña tivo as súas réplicas en diferentes localidades e países de Latinoamérica. e esta, algo máis tarde, as súas homólogas representativas das diferentes comunidades territoriais. Dende entón, ademais da variante asociativa panhispánica -na que aquí non nos deteremos, debido ó ámbito xeográfico que acotamos para este traballo-, a escala rexional tres van se-los niveis organizativos nos que se articularán os ausentes do norte peninsular, tratando de reproducir ou recrea-las unidades de asentamento e territorialidade existentes na terra de partida. o primeiro nivel corresponde ás Sociedades de cobertura macroterritorial, que agrupan ós emigrantes por comunidades rexionais. o segundo acolle ás entidades de alcance microterritorial ou local. e o terceiro, intermedio entre os outros dous, é o propio das corporacións de dominio mesoterritorial ou provincial (Peña Saavedra, 1991, I, pp. 355-412). Obviamente, estas últimas só tiñan razón de seren naqueles colectivos procedentes de rexións pluriprovinciais. Mentres as agrupacións macroterritoriais focalizaron a súa acción primordialmente cara ó grupo emigrado, especializando e diversificando as súas funcións no devir dos anos, as formacións micro e mesoterritoriais fixérono, nas súas primeiras singraduras, cara ás xentes das localidades emisoras de onde procedía o groso da súa masa social, aínda que tamén moitas delas procuraban atender de forma simultánea ás necesidades máis perentorias dos seus afiliados. Migratio (Revista do CEPAM) Page 6/36
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). Das Sociedades de superior alcance territorial, que comezan a proliferar a partir dos anos aurorais da década dos 70 do século XIX, os Centros rexionais foron os primeiros que asumiron entre os seus cometidos programático-estatutarios a función instructiva. o decanato deste tipo de institucións o ostentan o Laurak Bat de Montevideo (1876) e de Bos Aires (1877). O seu patrón organizativo e funcional serviu de modelo a outras colectividades peninsulares, se ben ambas asociacións vascas non chegaron a desenvolver accións na área educativa ou estas tiveron un escaso relevo (Cava, Contreras e Pérez, 1992). Maior proxección no campo instructivo -anque moi desigual entre elesrexistraron os Centros Galegos. os catro primeiros tomaron carta de natureza, curiosa pero non fortuíta nin accidentalmente, durante o ano 1879 en Bos Aires, Corrientes, Montevideo e a Habana. Destes pioneiros e dos seus continuadores de idéntica raíz étnica, o que máis despuntou polos seus proxectos e realizacións no ámbito formativo foi o Centro Galego da capital cubana, que constantemente rivalizou en iniciativas, prestacións e servicios co seu homólogo asturiano establecido na mesma cidade en 1886. Tamén na Habana se constituíron o Centro Catalán (1885), o Centro Canario (1886), a Asociación Canaria (1906), o Centro Balear (1902), o Centro Aragonés (1908), o Centro Castellano (1909), o Centro Montañés (1910), o Centro Euskaro (1911), o Centro Andaluz (1919), etc., todos eles de matriz organizativa e finalística análoga á dos seus predecesores. na República Arxentina, pola súa parte, fixeron a súa aparición, entre outros, os Centros Galegos de Córdoba (1889), Rosario de Santa Fe (1892), Barracas ó norte (1895) e Barracas ó sur de Avellaneda (1899); o Centre Catalá (1886), o Centro Aragonés (1895), o Centro Navarro (1895), o Euskal-Etxea (1900), o Centro Balear (1905), o Centro Asturiano (1913), etc. Dende os países do Río da Prata e do Caribe a acción fundacional de asociacións rexionais rapidamente se propagou a outros territorios de temperán aluvión inmigratorio peninsular como Brasil, Chile, México ou Estados Unidos. Algúns destes Centros non lograron materializa-la súa intervención na área educativa. Aqueles que o conseguiron, orientaron o labor docente de forma prioritaria -sequera nun primeiro momentocara o colectivo adulto a fin de alfabetizalo, provelo de certos rudimentos culturais e, de ordinario, subministrarlle algunhas destrezas técnico-profesionais para a súa inserción exitosa no mercado de traballo. Con este perfil académico abriron as súas portas as aulas destas entidades que, non obstante, só en contadas ocasións chegaron a desenvolver de forma plena a súa oferta primitiva. Houbo, sen embargo, notables excepcións, entre as que sobresaíron as experiencias promovidas polo Centro Galego da Habana dende o seu plantel de ensinanza "Concepción Arenal" ou polo Centro Asturiano da propia capital antillana dende o seu colexio "Jovellanos". un e outro aínda están pendentes de cadansúa investigación monográfica que permita coñecer con certo detalle a acción educacional desenvolvida. do primeiro, así en todo, dispomos xa dalgunhas referencias sumarias e fragmentarias que patentizan o apreciable umbral de logro que na súa traxectoria octoxenaria acadou. A modo de indicador podemos sinalar que nos seus primeiros trinta anos prestou servicios docentes a un total de 28.920 alumnos, a razón dun termo medio de 964 estudiantes por curso académico (Centro Galego, 1909, p. 114). A súa oferta educativa inicial, restrinxida ás disciplinas propedéuticas e instrumentais con algún leve aditamento da esfera mercantil, foise ampliando e diversificando no transcurso dos anos ata chegar a soster simultaneamente clases de parvulario e instrucción primaria graduada para alumnos de ambos sexos, clases especiais de inglés, caligrafía, corte e confección, bordado, labores, mecanografía e taquigrafía; clases nocturnas de adultos, dándolle continuidade ó modelo curricular xerminal e imprimíndolle progresivamente unha máis marcada orientación comercial; cursos preparatorios para o ingreso nos institutos de bacharelato e nas escolas superiores, e ensinanzas artísticas sectorializadas en tres ramas: plástica, declamación e música; esta última, á súa vez, desagregada en distintas especialidades interpretativas e co rango de Conservatorio Nacional outorgado polo Ministerio de Educación cubano (Peña Saavedra, 1991, I, pp. 420-434; Ídem, 1996, pp. 473-482; Migratio (Revista do CEPAM) Page 7/36
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). Ídem, 1998, passim, Ídem, 1999a, pp. 139-161, e Ídem, 2000a). Ademais dos planteis "Concepción Arenal" e "Jovellanos", na propia cidade da Habana outras colectividades étnicas instalaron os seus colexios. Entre eles atopábanse as escolas do Centro Canario (ca. 1889) (Cabrera Déniz, 1996, p. 196) e da Asociación Canaria (1910) (Ferraz Lorenzo, 1993, pp. 113-148), o plantel "Cervantes" do Centro Castellano (1923) e o plantel "Gabriel y Galán" do Club Villarino (1936). Ningún destes establecementos atinxiu o nivel de desenvolvemento dos dous primeiros, como tampouco as súas institucións promotoras. Iniciativas da mesma índole, con resultados e realizacións moi dispares, acometéronse en Bos Aires, onde destacaron os colexios da agrupación vasca Euskal-Etxea (Azcona, García-Albi e Muru, 1992, p. 234) e as aulas da Casa de Galicia e da Federación de Sociedades Galegas (Peña Saavedra, 1991, I, pp. 435-438). e tamén en Montevideo, a instancias do Centro Galego e da Casa de Galicia, a cal creou unha academia, aínda hoxe en activo, baixo o nome de "Instituto Manuel Curros Enríquez" (Peña Saavedra, I, pp. 419-420 e 438-439). Estas e outras experiencias, que aínda non foron exhumadas, constitúen unha mostra da capacidade emprendedora dos ausentes para articularse comunitariamente e idear estratexias orientadas a incrementa-lo seu nivel formativo, nun contexto onde a cultura escolar non só posuía funcionalidade e aplicabilidade senón que ademais se estimaba indispensable para a promoción sociolaboral do individuo e para a dignificación ante os outros da súa comunidade étnica. O comportamento dos emigrantes españois nesta materia, e en particular o dos procedentes das rexións atlántica e cántabras, resultou coincidente co dos desprazados doutros países europeos e orientais que tamén fundaron os seus propios centros de ensinanza nos lugares de asentamento (Barrios, Mazzolini e Orlando, 1994; Bjerg, 1991 e 1997; Favero, 1985; Frid de Silberstein, 1985, 1988 e 1992; Zadoff, 1994), aínda que tal vez estes cunha intencionalidade máis decantada por preservar e potencia-los referentes esenciais da súa identidade como pobo (lingua e cultura autóctonas), nun medio onde dende as institucións públicas -incluída a escolase procuraba a homoxeneización e se intentaban diluí-las diferencialidades que orixinaba o pluralismo cultural, todo iso en favor dun emerxente nacionalismo de novo cuño (Carli, 1991; Cagliano, 1991). Pero a actuación colectiva dos emigrantes transoceánicos na área educacional no quedou circunscrita exclusivamente ós espacios de acollida, senón que -como xa se sabese estendeu tamén ás localidades emisoras. e a responsabilidade de vehiculala cara elas recaeu nas Sociedades de cobertura micro e mesoterritorial. a xénese das primeiras remóntase ós anos finais da década de 1880, fraguándose a súa constitución de forma case simultánea en Cuba e Arxentina (Núñez Seixas, 1998, p. 90; Peña Saavedra, 1991, I, 382-383; Ídem, 1995, p. 12). Non obstante, ata os anos de cambio de século non temos constancia de que estas entidades incorporen a instrucción entre os seus fins. os datos actualmente dispoñibles indican que a primeira en facelo foi a Sociedade asturiana "Progreso de Libardón" (Colunga), fundada en Chile por José da Presa a finais de 1899 co propósito de establecer e soster unha escola no seu pobo de procedencia, centro que abriu as súas portas en 1903 (Morales Saro, 1992, p. 71). Un ano despois de inaugurado este colexio tomou carta de natureza na Habana a "Alianza Aresana" (1904), primeira Sociedade Galega de Instrucción de Migratio (Revista do CEPAM) Page 8/36
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). ámbito microterritorial creada en América, localizándose os seus antecedentes xa no ano 1892, e dispoñendo axiña de delegacións en Veracruz (México), Tampa (EE. UU.) e Sagua a Grande (Cuba), ademais da correspondente Comisión representativa en Ares (A Coruña), localidade na que puxo en funcionamento unha escola xa o mesmo ano da súa constitución2. Tamén por esas datas inicia a súa andadura en Bos Aires "La Concordia", asociación formada polos emigrados de Fornelos da Ribeira (Salvaterra de Miño - Pontevedra) e que á altura de 1906 contribuía ó mantemento da escola pública daquela poboación (Núñez Seixas, 1998, pp. 90-91). Con maior solidez, estabilidade e poderío toma corpo na propia capital porteña en 1905 a "Unión Hispano-Americana Pro Valle Miñor", que tradicionalmente veu sendo considerada pioneira entre as do seu xénero nas terras do Prata e que estaría chamada a promover unha morea de realizacións educativas altamente anovadoras no Sudoeste de Galicia (Pereira Domínguez, 1988). Dende o primeiro lustro do novo século e, sobre todo, durante a segunda e terceira décadas do mesmo, o asociacionismo microterritorial con finalidade instructiva propagouse a un ritmo crecente e febril no mundo da emigración. Tanto é así que resulta extremadamente difícil hoxe coñece-lo número exacto de institucións que apareceron e desapareceron -algunhas de maneira fugazdurante os trinta e cinco anos que preceden ó estalido da Guerra Civil española ou, no seu caso, ós preto de tres decenios anteriores á contracción da corrente migratoria que se inicia a partir do ano 1929. De todos modos, os rexistros aínda provisionais e abertos cos que contamos ofrecen xa cifras sorprendentes, alomenos no que afecta ás comunidades galega e asturiana3. Respecto á primeira, en 1991 dabamos conta de 395 entidades, ás que agregabamos case medio cento máis das cales non podiamos acredita-la súa finalidade instructiva (Peña Saavedra, 1991, I, pp. 463-465 e II, pp. 397-428). Estes cómputos superaban con creces naquel momento as estimacións e os recontos efectuados por outros autores que previamente se ocuparan do tema, entre os cales cabe citar como clásico e precursor ó inspector asturiano Benito Castrillo Sagredo, quen en 1926 calculaba nunhas 400 o número de Sociedades de instrucción que os españois fundaran ata entón nas Repúblicas de Hispanoamérica, cifra que segundo o anotado anteriormente totalizan xa só as galegas e que, en consecuencia, debe desbotarse para o conxunto de España. En datas recentes, Núñez Seixas (1998, p. 92) presentou un novo rexistro que eleva a 484 a nómina de entidades instructivas en América de estirpe galega. Pola nosa parte, tras ter procedido á revisión e ampliación do censo publicado en 1991, estamos en condicións de corrixir á alza os cómputos que antes ofrecemos, fixando o reconto -aínda provisionalnunhas 525 asociacións, das cales algo máis do 90% tiñan a súa se central en Arxentina ou Cuba, países preferentes de destino da emigración ultramarina de orixe galaico. o reparto provincial destas institucións sitúa á Coruña (187) e Pontevedra (147) ostentando os primeiros postos, ós que se abeira tamén Lugo (139) e dos que aparece moi distanciada Ourense (52), provincia esta última de máis tardeira incorporación á corrente transoceánica e cunha elevada dotación inicial de escolas públicas (Eiras Roel, 1992, pp. 193-194; De Gabriel, 1990, pp. 122-139; Costa Rico, 1989, pp. 85-124). No que concirne a Asturias, os rexistros dispoñibles conteñen valores moito máis modestos, en termos absolutos, pero de todos modos elevados, a pesar das súas notorias disparidades. Benito Castrillo, a mediados da terceira década do século indicaba que os 79 concellos asturianos contaban con Sociedades de Instrucción que os representaran en América (Mato Díaz, 1992, p. 109). Estudios máis recentes rectifican esa cifra, rebaixándoa sensiblemente ou incrementándoa de forma moi apreciable. Ángel Mato (1992, pp. 110-111) presenta unha relación de 44 entidades , mentres Moisés Llordén (1996, pp. 70-72) ofrece un censo dunhas 80 con sede en Cuba -cantidade que non difire significativamente da que obtén Consuelo Naranjo (1996, pp. 178-180), pero si da que Migratio (Revista do CEPAM) Page 9/36
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). de forma precisarexístranse dende moi humildes donativos para a adquisición de material escolar ou para a adxudicación de premios, ata pingües fortunas para a implantación e o sostemento de varios centros académicos. o paradigma da prodigalidade munificiente dalgúns atopámolo en casos como o de Fernando Blanco de Lema. O seu legado estimouse nuns 350.000 pesos ouro (1875) que se investiron na construcción, dotación e mantemento dun modélico colexio de ensinanza primaria, secundaria e técnico-profesional, e unha escola de nenas na vila de Cee (A Coruña) (Barreda, 1886, p. 9; Fundación Fernando Blanco de Lema, 1996; Rey e Castro, 1974). Ou tamén nos irmáns Juan María e Jesús García Naveira que realizaron obra individual e conxunta en Betanzos (A Coruña) valorada en varios millóns de pesetas e substanciada en produccións como un padroado benéfico-docente, un refuxio para nenas fisicamente discapacitadas, un grupo escolar de titularidade municipal e o memorable parque enciclopédico e xardín "El Pasatiempo"-hoxe, por fortuna, en parte recuperado, aínda que ferido pola fenda do asfalto e ostensiblemente esquilmadotodo iso no solpor do século XIX e no abrente do XX (Rodríguez Crespo, 1983; Cabano, Pato, Sousa, 1991). Filántropo dos nosos días cunha obra xa moi considerable no seu haber é Belarmino Fernández Iglesias, quen recentemente (1997) puxo en funcionamento en Sober (Lugo) unha escola de formación profesional, especializada nas ramas de hostalería e turismo, ó tempo que por medio da fundación instituída co seu nome patrocina a celebración de cursos de verán na súa parroquia de orixe, tendo inaugurado tamén unha biblioteca de fondo galaico-luso-brasileiro. Mención á parte pola súa singularidade merece Gumersindo Busto, promotor, fundador e principal dinamizador da biblioteca-museo América da Universidade de Santiago de Compostela, aberta ó público en 1926 cun depósito inicial dunhas 9.000 obras e numerosas pezas museísticas como medallas, bandeiras, moedas, bustos de próceres, utensilios etnográficos, etc., e que conta actualmente cun patrimonio impreso integrado por arredor de 22.000 monografías e máis de 2 milleiros de títulos de publicacións periódicas (Pardo Gómez, 1995, pp. 482-484). En canto ó pormenor e destino das achegas indianas cómpre subliñar que as 84 iniciativas antes consignadas materializáronse en 129 realizacións, a maioría delas circunscritas ó nivel primario de ensinanza, cara á onde se canalizaron as preferencias inversoras destes filántropos en materia docente, pola pobreza e o estancamento consubstanciais a dito nivel e pola súa necesaria presencia e funcionalidade, percibidas dende o exterior, nas comunidades rurais de onde proviñan os donantes, entre outras razóns xa expostas con máis detemento en traballos previos (Peña Saavedra, 1991, I, pp. 322-323; Ídem, 1993; Ídem, 1995-96, p. 316, e Ídem, 1999). Ademais da escola primaria, outros sectores académicos recibiron o apoio financeiro destes benefactores, aínda que en moi inferior contía a aquel. A súa importancia relativa experimenta variacións no decurso dos séculos, en sintonía coas mentalidades dominantes en cada momento e de acordo cos perfís socio-profesionais dos donantes. De todos modos, en conxunto apréciase unha discreta predilección polos centros de ensino técnico-artístico nas datas máis inmediatas a nós e pola dotación de cátedras diversas nas máis remotas. Como queira que sexa, non cabe dúbida de que en liñas xerais as achegas financeiras dos indianos constituíron un factor de estímulo para a implantación, extensión e diversificación da ensinanza, así como para a súa optimización cualitativa nas localidades receptoras. Tamén serviron para fornecer de soporte infraestructural decoroso e digno á escola pública, nun contexto onde a penuria de instalacións e medios era portentosa e ben evidente. Para os seus destinatarios directos, a medio prazo, supuxeron un incremento das oportunidades de promoción sociolaboral. Migratio (Revista do CEPAM) Page 16/36
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). Para os docentes, unha revalorización do seu oficio e un ennobrecemento da tarefa educativa. Todo iso ademais dos beneficios pecuniarios para a Administración, en termos de aforro inversor, xa referidos en parágrafos anteriores. Pero en Galicia, a diferencia doutras rexións, a variante de intervención colectiva superou en volume de realizacións á individual, como imos comprobar. polo regular, as contribucións societarias son á súa vez menos fastosas que as individuais; sen embargo, o número de beneficiarios daquelas con toda seguridade foi maior que o destas. Os recontos efectuados ata o momento, como resultado da revisión e ampliación dos datos que ofrecemos en 1991, permiten afirmar que as Sociedades galegas de instrucción radicadas en América implantaron ou promoveron a creación dun total de 235 colexios nas súas localidades de referencia. Tales centros escolares estaban provistos de 336 aulas que se instalaron nuns 184 edificios de nova construcción ou remozados expresamente para desenvolver nas súas dependencias actividades académicas. A estas cifras habería que engadi-las correspondentes ó cómputo -por agora indeterminadode accións emprendidas polos ausentes, organizados de maneira estable, informal ou ocasional, a prol das escolas públicas das súas parroquias, municipios ou comarcas de procedencia. As ditas accións concretáronse na realización de numerosas colectas nos países de asentamento, das que o importe recadado e logo transferido en metálico ou xa en especies a multitude de aldeas se investiu na compra de menaxe escolar, dotación de premios para alumnos, gratificación por servicios docentes, financiamento de edificios, subvención de actividades circunescolares e institucións complementarias, etc.(Peña Saavedra, 1991, II, pp. 51-53 e 253-257), non sendo allea incluso ás remesas enviadas polos emigrantes a propia Universidade compostelá, a cal contou co apoio corporativo das xentes do éxodo para levanta-la súa Residencia de Estudiantes (Porto Ucha, 1988, pp. 432-440; Varela, 1989, pp. 59 e ss.), como continuación dun labor de mecenado individual de tradición plurisecular. Aténdonos ás cifras antes consignadas9, podemos indicar que como máximas beneficiarias desta acción corporativa figuran as provincias da Coruña e Lugo por número de centros e aulas, respectivamente, mentres que a de Ourense ocupa a última posición por ambos conceptos. A outra escala, as zonas que rexistran maior densidade escolar sitúanse na extensa franxa costeira da Galicia de entremares, que comprende as Mariñas coruñesa e lucense con prolongación cara á comarca interior da Terra Cha e o seu epicentro no municipio de Vilalba, as áreas territoriais da Estrada e O Deza no corazón xeográfico do país e os contornos suroccidentais da provincia de Pontevedra. En xeral, espacios todos eles de intensa e continuda emigración transoceánica. Do elenco de entidades instructivas que interviñeron nalgunha destas demarcacións merece un comentario particular a Sociedade con sede na Habana "Vivero y su Comarca", constituída en 1910 con ocasión da viaxe de Rafael Altamira e Francisco Alvarado á capital antillana. Esta asociación, ademais de erixir 15 edificios de nova planta para albergar 22 clases, promoveu e cofinanciou a creación doutros 25 colexios no Partido Xudicial de Viveiro (Lugo), o seu ámbito espacial de influencia. Non faltan autores e propagandistas coetáneos, nin tampouco directivos da corporación, que elevan sensiblemente as cifras aquí anotadas, como xa sinalamos noutro lugar (Peña Saavedra, 1991, pp. 52-53). Con independencia das discrepancias cuantitativas, a extraordinaria magnitude da obra docente de "Vivero y su Comarca" resulta dende todo punto de vista innegable, e tamén digno Migratio (Revista do CEPAM) Page 17/36
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). de mención o seu atinado criterio distributivo dos centros de ensino patrocinados por todo o distrito, facendo partícipes dos seus beneficios ó conxunto das parroquias. do primeiro facíase eco Benito Castrillo Sagredo (1926) cando escribía: "Difícilmente se hallará otra sociedad de instrucción más importante, la cual, en dieciséis años que lleva funcionando, ha construido de nueva planta once edificios, adaptó otro, inició la creación de 45 escuelas públicas, girando para ello la considerable cantidad [de] 51.146 pesos cubanos que se han invertido en dichas obras, sin contar con la aportación de las parroquias" (pp. 132 y 134). Pouco despois de publicada a obra do inspector asturiano, a prensa lucense rendía conta ós seus lectores dos eficaces resultados que producira o labor despregado por esta institución, ó comprobarse que no sorteo de quintas de 1927 "de los seis Ayuntamientos del distrito de Vivero con sus 49 parroquias, no se había presentado ni un solo mozo analfabeto" (Docal, 1954, s. p.). Como "Vivero y su Comarca", case tódalas Sociedades galegas de instrucción concederon preeminencia, ó operativiza-lo seu proxecto interventor, á fundación de establecementos de ensinanza primaria para satisface-las necesidades formativas máis elementais da poboación infantil que as redes pública e privada non conseguían atender ou facíano de forma precaria, defectiva e insuficiente. Agora ben, a implantación das denominadas Escolas de Americanos non se acomodou a un patrón unitario, senón que adoptou tres variantes alternativas. De acordo coa primeira, a respectiva Sociedade asumía integramente as funcións de instalación, equipamento, provisión de profesorado, mantemento e supervisión dos centros escolares que, por conseguinte, adquirían a condición de colexios privados. a segunda concretábase en achegar as Sociedades o capital necesario para custea-las infraestructuras dos establecementos docentes, sendo competencia da Administración educativa do Estado a designación e remuneración do profesorado. e a terceira, que era tamén a menos onerosa para os emigrantes, consistía en contribuír cunha partida monetaria variable á creación e sostemento dun novo plantel académico. nas dúas últimas variantes a escola fundada pasaba a ser un centro docente oficial sobre o que a entidade protectora non tiña atribución competencial ningunha. Calquera que fose a modalidade adoptada e o caudal investido, o certo é que as distintas accións corporativamente emprendidas serviron, en maior ou menor grao, de soporte fundamental para a expansión da rede educativa pola Galicia rural do primeiro tercio do pasado século e tamén, como intentaremos mostrar no próximo epígrafe, de factor modernizador da escola naquel contexto. a institucionalización e ramificación do sistema educativo contemporáneo na comunidade galega ten, pois, nas asociacións de emigrantes un dos seus principais axentes de dinamización, estímulo e desenvolvemento. o recoñecemento deste feito, correlativamente, conduciranos a relativiza-lo esforzo inversor do Estado en materia de ensinanza a curto, medio e mesmo longo prazo naquelas áreas territoriais onde callou a intervención dos ausentes. Migratio (Revista do CEPAM) Page 18/36
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). 5. Os emigrantes e a innovación educativa. Non cabe dúbida de que a decisión de intervir no dominio escolar pola que optan de forma preferente moitos emigrantes norteños, canalizando cara a el parte dos seus recursos, supón xa un compromiso tanxible e expreso a prol da modernización e a prosperidade das localidades beneficiarias, que habitualmente coinciden cos seus respectivos pobos de orixe. Se ademais esa intervención se obxectiva en realizacións inusuais naquel contexto e máis propias doutros espacios con superiores índices de desenvolvemento, facilmente se pode inferir que unha inequívoca vontade renovadora anima ós seus promotores e impregna as súas obras. Isto parece suceder coas iniciativas educacionais que emprenden as xentes do éxodo transoceánico. No caso dos indianos, os propios centros docentes que patrocinan algúns deles con cargo ó seu peculio particular, constitúen a proba máis contundente e irrefutable do propósito de modernidade que subxacía nas súas mentalidades e que encontra evidencia empírica nas innovacións pedagóxicas incorporadas ós colexios, polo regular co oportuno asesoramento dos expertos. Ese ronsel renovador, por outra parte, en poucas ocasións se fai perceptible con anterioridade á execución dos seus proxectos, debido ó sobrio formalismo e á parquedade dos documentos fundacionais. Consumada a producción filantrópica aprécianse, en cambio, con nitidez os seus perfís novidosos. Chaman a atención en primeiro termo, por razóns obvias, os inmobles que acollen estes establecementos académicos. Trátase adoito de construccións nobres, de sólida factura e non poucas veces manifesta monumentalidade, acordes coa relevante función social que a criterio dos seus promotores están destinados a desempeñar. Aínda que non se amoldan a un único estilo arquitectónico, pois no seu trazado transitan dende postulados historicistas ata directrices modernistas, pasando por tendencias rexionalistas, racionalistas, eclécticas ou academicistas, entre todas elas existe un común denominador que denota o signo de distinción do emigrante adiñeirado. o emblemático edificio rodease ademais de superficies axardinadas e campos de recreo, non faltando en ocasións parcelas no seu contorno para prácticas de experimentación agrícola. As súas dependencias internas, mesmo nas realizacións máis modestas, contrastan abertamente cos lúgubres e sinistros habitáculos que dan acubillo ás escolas públicas das proximidades. Cunha distribución en varias plantas, ademais das aulas necesarias en harmonía coa tipoloxía académica do establecemento, acostumaban posuír patios cubertos para exercicios ximnásticos ou xogos, dependencias específicas para biblioteca, gabinetes, laboratorios, obradoiros e museo, despacho de dirección e sala de profesores, vestíbulos, servicios hixiénicos completos con inodoros, lavabos e duchas, e vivenda para os docentes. as variacións intercentros, de calquera xeito, eran considerables, non só en canto ás súas dotacións e equipamentos, senón tamén respecto a tódolos seus compoñentes, polo que sería erróneo formular xeneralizacións verbo de realidades moi diversas que só a través dos correspondentes estudios monográficos estaremos en condicións de desvelar para poder logo cotexar (Álvarez Quintana, 1991, I, pp. 313passim; II, pp. 248passim). Noutra orde de cousas, sorprende pola súa novidade o enriquecemento e a actualización do programa escolar que se detecta nalgúns establecementos promovidos polos indianos, onde ademais dos estudios primarios, os alumnos tiñan oportunidade de cursar materias de carácter preprofesional especializadas principalmente nas ramas mercantil, náutica e agraria. e máis asombroso aínda resulta constata-la ampliación da oferta educativa que propician algúns destes Migratio (Revista do CEPAM) Page 19/36
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). centros en lugares onde, ás veces, a escola elemental a penas fixera acto de presencia ou a súa implantación era moi débil. Un exemplo entre varios atópase no colexio, xa antes aludido, fundado por Fernando Blanco de Lema en Cee (A Coruña), que abriu as súas portas en 1886 e no cal se impartían ensinanzas para párvulos, estudios primarios graduados e de bacharelato superior, clases preparatorias de comercio10, maxisterio e náutica; debuxo11, pintura, música, idiomas, ximnasia, caligrafía, mecanografía, taquigrafía e instrucción nocturna e dominical para obreiros e adultos de ambos sexos. o centro dispuña de 4 magníficos gabinetes como resortes de apoio para favorece-la ensinanza intuitiva e práctico-experimental. o de Física contaba inicialmente con 277 aparatos, o de Química con máis de 600 instrumentos e 400 productos orgánicos e inorgánicos, o de Agricultura con 92 prototipos de apeiros e maquinaria agrícola, así como mostras de terras, fertilizantes e sementes, e máis de 2.000 insectos útiles e prexudiciais; e o de Historia Natural aproximábase ós 4.000 exemplares do reino animal, o milleiro de especies vexetais, máis de 2.000 conchas mariñas e fluviais, 500 minerais e outros tantos fósiles, e diversos modelos cristalográficos. Tamén posuía unha espléndida biblioteca, accesible para todo o vecindario, que chegou a supera-los 2.000 volumes e unha nutrida relación de revistas científicas. e finalmente albergaba unha valiosa pinacoteca que ademais de servir de compoñente ornamental das dependencias do establecemento, contribuía a fomenta-la educación estética do seu alumnado. A institución, en paralelo coa súa tarefa educativa, despregou un intenso labor de proxección social e de servicio á comunidade por medio das súas prestacións nas áreas farmacéutico-sanitaria, benéfica e cultural. Así mesmo, puxo a disposición das xentes do lugar a súa estación de telefonía, instalada en 1887, revertindo ademais os seus ingresos novamente sobre o pobo en forma de investimentos (Fundación Fernando Blanco de Lema, 1996). En suma, o colexio fundacional constituíu non só un auténtico espacio de renovación educativa e de diversificación da oferta escolar na vila de Cee, senón tamén un efectivo axente de dinamización e desenvolvemento a escala local. A súa excepcionalidade, sen embargo, non permite extrapolar idénticas consideracións estimativas ó conxunto dos centros instructivos de iniciativa indiana, aínda que cada un deles en grao desigual propiciou a extensión e afianzou a presencia da institución educativa en ámbitos territoriais carenciados. Isto, sen dúbida, posibilitou a apertura de novas perspectivas de promoción individual para os seus beneficiarios e de prosperidade social para os enclaves de referencia, ó tempo que axudou a fraguar unhas mentalidades máis permeables e receptivas cara á ensinanza como necesidade e oportunidade. En canto ás Sociedades de instrucción, a orientación innovadora que moitas delas aspiran a imprimirlles ás súas realizacións escolares queda xa patente nas declaracións de intencionalidades que fan públicas e nas propostas de intervención que enuncian, motivadas ambas pola súa propia condición corporativa. Aínda que as entidades instructivas de América non compartiron un ideario pedagóxico común nin asumiron un proxecto de acción educativa unitario, gran parte das mesmas concordaban en certas ideas matrices, susceptibles de ser vertebradas para configurar un sistema coherente dotado de homoxeneidade dende unha perspectiva externa, se ben examinado internamente presentaba unha notable heteroxeneidade. Migratio (Revista do CEPAM) Page 20/36
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). Na esfera programática, frecuentemente as Sociedades de instrucción coinciden en proclamar como tarefa propia difundi-la ensinanza no ámbito territorial-comunitario ó que cada unha representa. A tal efecto propóñense fundar e soster centros gratuítos de instrucción primaria para xeneraliza-la escolarización da infancia naqueles lugares onde a oferta pública non atendía convenientemente as necesidades e demandas educativas da poboación. Así o consignaba no seu Regulamento Xeral a "Alianza Aresana de Instrucción" (1905): "Tendrá por objeto exclusivo [...] el fomentar y propagar la enseñanza gratuita entre las clases pobres y menos acomodadas de la villa de Ares -Coruñay en todo el territorio de su término municipal, por medio del establecimiento de escuelas de instrucción elemental, sostenidas mediante cuotas voluntarias, mensuales y permanentes, fijadas y satisfechas por los socios" (Art. 1, p. 11). Certamente, non tódalas Sociedades eran partidarias de cinguir en exclusiva a súa acción ó nivel educativo primario, senón que algunhas pretendían facer extensivos os seus servicios académicos a párvulos e adultos; outras facilita-la capacitación técnico-profesional dos mozos por medio da creación de escolas prácticas de agricultura, artes e oficios, comercio e industria, e non faltan tampouco as que, con miras máis elevadas, propuxéronse implantar colexios de ensinanza secundaria e custear estudios superiores ós alumnos máis avantaxados que frecuentasen os seus centros. Con todo, como xa sabemos, os máximos esforzos das asociacións do éxodo vehiculáronse cara o nivel elemental, co fin de mitiga-los déficits que rexistraba a escola pública. En consecuencia, os ausentes de forma corporativa tratarán de actuar desempeñando unha función subsidiaria, complementaria ou de reforzo da acción executada polo Estado. Con estas palabras o expoñían os iniciadores da Sociedade "Unión Barcalesa" (1938) na súa acta fundacional [1907]: "La educación e instrucción que actualmente se le[s] proporciona por el Estado, en aquellos lugares, después de ser escasa es por demás defectuosa y teniendo este mal en cuenta, los reunidos declaran: considerar un deber dictado por la conciencia, dedicar sus esfuerzos y cooperar a la aminoración de este mal que obstruye el engrandecimiento de aquellas parroquias y lugares y al par el de sus hijos"( p 5). Emporiso, ese labor supletorio ou completivo non se limitaba a promove-la creación de establecementos de instrucción primaria a imaxe e semellanza das escolas públicas entón existentes, xa que nelas os emigrantes percibían multitude de lacras e de rémoras que era mester erradicar (Peña Saavedra, 1991, I, pp. 494-501). En consonancia con este enfoque, o tipo de escola polo que maioritariamente optan diferirá do modelo hexemónico naquel contexto, fronte ó cal se presenta como alternativa renovadora e superadora. a idea aparecía formulada con claridade meridiana e suma concisión pola Sociedade "Ferrol y su Comarca" (1911) cando proclamaba: "Necesitamos de la escuela, pero de la escuela antípoda a la que conocemos; nuestra escuela será la escuela moderna científica, basada en los profundos estudios del día" (p. 13). A mesma Sociedade, por medio dun cualificado portavoz, reiteraba publicamente a súa convicción e precisaba un pouco máis o contido da súa lacónica proposta anterior ó proclamar noutro lugar: Migratio (Revista do CEPAM) Page 21/36
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). "Aspiramos a establecer y sostener una escuela modelo en cada municipio de la comarca ferrolana: escuelas dignas de nuestra tierra y de nuestro siglo; modeladoras de hombres fuertes, cultos, libres y bondadosos. Queremos que en ellas entren a raudales la luz y la alegría, y con la alegría y la luz, cuanto de arte, ciencia, salud y amor, podamos llevar a esos pequeñuelos, que deben ser los precursores de una nueva Era, de una Humanidad" (Neira, 1911, pp. 3-4). A pegada renovadora que os emigrantes pretenden imprimirlles ós seus colexios queda patente nestes dous anacos programáticos que acabamos de reproducir. A súa aspiración de preparar convenientemente ós cidadáns do porvir para procurar achaiarlle-lo camiño pola vida e, ó mesmo tempo, asegurar que actuasen como axentes catalizadores da rexeneración social no seu propio contorno, requiría a implantación dunha escola de enfoque máis realista, na que se impartise unha ensinanza eminentemente utilitaria e funcional, debendo acomodarse ademais a práctica docente ás directrices preconizadas polas modernas correntes pedagóxicas. Esta modernidade invocada, cuns referentes teóricos e ideolóxicos, polo xeral, sustentados en ou tributarios dos postulados, sincreticamente incardinados e cribados, do Rexeneracionismo, a Escola Nova, a Institución Libre de Ensinanza e os movementos anarco-racionalistas, concretarase nunha profunda remodelación dos centros educativos (Peña Saavedra, 1991, I, pp. 538-548). Na súa vertente externa, e como solución de contraste perante a penuria infraestructural que rexistraba a escola pública, as Sociedades de Instrucción priorizan a optimización das instalacións nas que se asentarán os seus colexios, tratando de que reúnan as condicións hixiénicas, pedagóxicas e arquitectónicas máis idóneas. Certamente, como denunciaba Rafael Altamira (1923) -personalidade moi achegada a algunhas destas entidades e referente intelectual para elas na súa acción interventora-, o edificio era "la parte más abandonada de nuestra administración docente" (p. 195). e ese abandono, do que os emigrantes tiñan un coñecemento directo, vivenciado e actualizado, con toda probabilidade adquiría maior relevo e contornos máis matizados ó ser percibido a distancia e en perspectiva dende a atalaia do éxodo. Pero ademais, para os ausentes, os edificios posuían un valor simbólico engadido, xa que a través deles non só tiñan oportunidade de testemuñarlles ós seus conveciños a importancia que lle concedían á ensinanza na súa escala de prioridades, senón que ademais referendaban de forma visible e duradeira a súa vinculación solidaria e o seu compromiso perenne co grupo humano e o pobo de procedencia. Ou o que é o mesmo, facíanse material e simbolicamente presentes na comunidade orixinaria, dende a ausencia, por medio dos seus inmobles. A importancia preferencial que as Sociedades de Instrucción lle confiren á optimización do espacio físico da escola queda patente, polo que a Galicia se refire, nos 184 edificios que erixiron de nova planta ou acondicionaron para fins docentes, contando habitualmente co oportuno asesoramento técnico -directo ou indirectodos expertos. Un comportamento similar parecen exhibi-las Sociedades asturianas, segundo se desprende dos datos expostos no epígrafe anterior e doutras informacións recadadas de estudios monográficos especializados na arquitectura indiana do Principado (Álvarez Quintana, 1991). A pluralidade de modelos arquitectónicos ós que obedecen estas construccións, da como resultado un variopinto mosaico inmobiliario no que, sen embargo, facilmente se recoñece a marca do emigrante transoceánico. o panel comprende dende o prototipo de edificación máis sinxela de nave Migratio (Revista do CEPAM) Page 22/36
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). de corpo único ou pavillón de planta baixa, de traza sobria e severa, exenta de motivos ornamentais, ata a máis complexa e monumental de varios módulos superpostos e contiguos, cun deseño que se axusta estilisticamente a cánones moi diversos, dende o academicismo ata o modernismo, pasando polo rexionalismo ou a máis socorrida opción ecléctica, aderezada con distintos accesorios que realzan a súa beleza e, de ordinario, deliñada por un especialista de renome. a relativa suntuosidade e, sobre todo, a rechamante aparencia dalgunhas destas construccións, dificilmente podían pasar desapercibidas nun hábitat onde as infraestructuras autóctonas participaban da súa propia pobreza e arcaísmo (Álvarez Quintana, 1991, II, pp. 256-274; Peña Saavedra, 1991, II, pp. 60-78). As dependencias interiores e exteriores de cada plantel diferían en concordancia co seu volume e configuración arquitectónica. De todos modos, obviando casos extremos, resulta oportuno reseña-la presencia non infrecuente nestes establecementos dunha serie de espacios anexos ou complementarios, inusuais na escola pública do momento. Entre eles cabe cita-la biblioteca e o museo escolares, as aulas de labores e traballos manuais, os gardarroupas, os gabinetes para material didáctico e os servicios hixiénico-sanitarios, con urinarios, retretes e lavabos e mesmo excepcionalmente con duchas e baños, pezas estas últimas insólitas no medio rural e ata para moitos completamente descoñecidas antes da súa introducción por parte dos emigrantes. Algúns edificios dispoñían tamén de pórticos e alpendres unidos ás súas fachadas, reloxo de torre como novidosa prestación comunitaria, artísticas escalinatas, balaustradas e peches de enreixado que lle conferían prestancia e realzaban a beleza da edificación. Arredor dos colexios non adoitaban falta-los patios de recreo, abertos ou pechados, e en ocasións xardíns e parcelas acoutadas para prácticas de experimentación agrícola. Tamén era relativamente frecuente reservar habitáculos específicos, de localización variable, ou inmobles singulares e independentes para casas-vivendas dos mestres (Álvarez Quintana, 1991, I, pp.318-333, e II, pp.260 e ss.). Polo demais, moitas destas instalacións adquiriron a condición de espacios polivalentes ou de usos múltiples, servindo de núcleos vertebradores para afianza-las relacións de sociabilidade entre o vecindario e actuando como centros dinamizadores na área sociocultural dos seus respectivos enclaves de asentamento, o que supoñía unha iniciativa flamante naquela época (Peña Saavedra, 1991, II, pp. 60-78, Ídem, 1998a). No propio plano infraestructural, pero noutra das súas dimensións, a vontade modernizadora das Sociedades farase notar tamén no equipamento dos colexios. Aínda que as disparidades intercentros son moi acusadas, os rexistros documentais e os inventarios etnográficos revelan a frecuente presencia nas súas dependencias de utensilios e aparellos moi pouco comúns aínda nas escolas coetáneas. Respecto ó mobiliario sobresaen os pupitres bipersonais que substitúen ás antigas mesas-bancos corridas ou corpos de carpintería, proporcionándolle maior comodidade, ergonomía e hixiene ó traballo dos alumnos. e en canto a material didáctico, sen prexuízo das notables variacións que existen entre uns e outros colexios, han de citarse máis ben pola súa novidade que tal vez pola súa xeneralidade, as máquinas de escribir e de coser, os museos escolares con pezas exóticas procedentes de América, os aparatos de proxeccións, os gabinetes de física, química e ciencias naturais; apeiros agrícolas, estacións meteorolóxicas, coleccións de láminas para a ensinanza intuitiva das distintas materias e, por suposto, os libros e demais menaxe de uso diario nas aulas, que de ordinario cedía de forma gratuíta a Sociedade de Instrucción promotora do colexio. Algúns centros estaban dotados tamén de bibliotecas anexas e no seu depósito figuraban non só obras de consulta e lectura exclusivamente para o profesorado e o Migratio (Revista do CEPAM) Page 23/36
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). alumnado, senón tamén fondos bibliográficos de temática moi variada, prensa e publicacións periódicas que estaban a disposición de toda a comunidade veciñal, podendo incluso ser retiradas en calidade de préstamo domiciliario. a iniciativa de abri-las bibliotecas ó vecindario para "ilustralo" resultaba novidosa naqueles núcleos rurais onde a oralidade aínda dominaba manifestamente sobre a escritura na vida cotiá. a firme convicción verbo da potencialidade rexeneradora da escola que os emigrantes compartían, requiría a súa apertura a toda a poboación próxima a fin de que irradiase sobre ela a súa influencia e desta maneira poder rendibilizar de forma plena os seus efectos beneficiosos a escala comunitaria. Na orde organizativa, aínda que moitas das Sociedades de Instrucción programaticamente propugnaban gradua-los seus centros académicos, en realidade parece que o groso das Escolas de Americanos -con absoluta certeza en territorio galego e con toda probabilidade no asturianoacomodouse ó patrón dos centros unitarios. Ante a imposibilidade de consuma-la graduación plena por motivos materiais e financeiros, non poucas entidades optaron por unha fórmula mixta que consistía en graduar internamente a ensinanza, clasificando ós alumnos concorrentes á aula en grupos homoxéneos e deseñando un programa de contidos específico para cada grao. a excepción, pois, veu representada polos colexios estructurados en varias seccións, cada unha delas co seu profesor respectivo. As variantes alternativas de implantación dos colexios americanos e a incapacidade de consensuar un proxecto de intervención unificado por parte das súas corporacións promotoras, fixeron inviable a elaboración dun plan de estudios común e universal para estes centros, se ben son abundantes as coincidencias entre as ofertas curriculares de todos eles. Aténdonos ós establecementos sostidos directamente polas Sociedades, podemos afirmar que no seu programa académico ademais das materias ordinarias que se impartían na escola nacional agás a Doutrina cristiá, de presencia restrinxida habitualmente ós colexios confesionaisfiguraban con relativa e desigual frecuencia disciplinas como Contabilidade aplicada ó Comercio, Cálculos Mercantís ou Teneduría de Libros, Nocións de Agricultura, Instrucción Cívica ou Educación Social, Mecanografía, Idioma estranxeiro, Música, Solfexo e Canto. a proposta formativa de determinados colexios enriquecíase episodicamente con outras materias de aparición pouco común pero de incuestionable novidade na escola rural do primeiro tercio do século XX. Velaquí unha mostra das súas denominacións: Correspondencia comercial e privada, Redacción de cartas familiares e comerciais, Coñecementos reais, Xeografía e Historia de Arxentina e Uruguai, Xeografía e Historia de Galicia, Gramática Galega, Lexislación Mercantil, Nocións e Exercicios de Técnica industrial, Botánica, Arboricultura, Metalurxia, Zooloxía, Meteoroloxía, Coñecementos do ser humano, Conferencia sobre a ciencia, Economía doméstica, etc. Certamente, nin cada unha das materias do elenco reseñado gozaba de idéntico rango, nin todas elas eran consideradas sequera como "verdadeiras disciplinas", nin tampouco algunhas coñeceron máis desenvolvemento que a súa formulación nominal, pois do contrario atopariámonos ante uns enciclopédicos plans de estudios que na aula resultarían impracticables. Á vista das sondaxes efectuadas nunha serie aínda reducida de cadros distributivos do tempo dun grupo de escolas, parece tomar corpo a hipótese dunha sensible priorización nelas das materias instrumentais pertencentes ás áreas lingüística e matemática en detrimento das demais. Para a ensinanza "obxectiva" e "racional" destas disciplinas académicas, as Sociedades preconizaban a utilización dunha metodoloxía cíclica, con apoiatura en procedementos Migratio (Revista do CEPAM) Page 24/36
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). práctico-intuitivos que favorecesen a participación activa e directa do alumno na construcción tutelada das súas aprendizaxes. Habitualmente desdeñaban, como contrapunto ás deficiencias percibidas na escola tradicional, o memorismo, a abusiva teorización e abstracción, a instrucción libresca e verbalista e a ausencia de estímulos motivacionais no proceso educativo. moi poucas ían máis alá destas xeneralidades na explicitación das estratexias didácticas. Non obstante, a revisión dos Regulamentos e da publicística societarios que tivemos oportunidade de realizar, permiten avanzar como conxectura a idea dunha maior sensibilización pedagóxica e dunha superior concreción de criterios reguladores da ensinanza nas Sociedades con sede en Arxentina que nas radicadas en Cuba, quizabes debido á atmosfera diferencial en materia de renovación educativa que se respiraba en cada un destes dous países. Ademais das tarefas docentes ordinarias, as Escolas de Americanos acolleron e desenvolveron unha serie de actividades paralelas que arrequentaron o seu labor académico e que, ocasionalmente, cristalizaron en organismos de carácter circun e postescolar, novidosos en moitas das localidades onde tomaron corpo e de manifesta utilidade pública algúns deles. Entre esas actividades e organismos encóntranse: os paseos e as excursións, que algunhas Sociedades prescribían ou recomendaban regulamentariamente; as festas da árbore; as prácticas de agricultura e xardinería; as conferencias de extensión educativa; as veladas teatrais, etc., non faltando tampouco en determinados establecementos as caixas de aforros e mutualidades escolares, as cooperativas infantís, os batallóns escolares -logo reconvertidos en corpos de exploradores-, as cantinas e roupeiros, e as comisións de exalumnos. unha mención singular reclaman outras experiencias pioneiras que con éxito moi desigual se ensaiaron nos centros máis prósperos e vangardistas, como a prensa e a imprenta escolares, os obradoiros preparatorios de oficios varios ou o transporte en automóbil do alumnado. Todo iso sen esquece-la introducción e difusión da práctica do fútbol e os exercicios de ximnasia sueca xa dende datas temperás. En canto ó profesorado, as Sociedades de Instrucción eran relativamente coincidentes ó recoñecer que configuraba a pedra angular do seu proxecto educativo. De aí a preocupación que revelan pola competencia e cualificación dos mestres que fosen rexenta-los seus colexios. A estes, ademais de esixirlles a titulación oficial requirida para o exercicio da ensino -o que supuña un avance moi notable respecto á lasitude legal da épocae o cumprimento dos seus deberes académico-lectivos, exhortábaselles para que actuasen como asesores pedagóxicos, promotores de novas iniciativas na área educacional e dinamizadores socioculturais da comunidade onde se atopaba enclavada a escola. Esta superior dedicación, polo regular era recompensada cun salario maior ó que, por termo medio, recibían polos seus servicios os mestres das escolas públicas, quen así e todo posuían unha estabilidade laboral á que aqueles non podían aspirar. No tocante ó alumnado, malia que programaticamente moitas Sociedades propugnaban atender á poboación en idade escolar do seu ámbito de referencia sen distinción de sexos, na práctica concedéronlle prioridade real e preferente atención á escolarización dos varóns, sen dúbida porque eran eles quen engrosaban de forma maioritaria as filas do éxodo. De feito, conforme se vai incrementando a participación da muller na corrente emigratoria, tamén parece aumenta-la inquietude societaria pola educación feminina. Como queira que fose, a imposibilidade de acoller a tódolos candidatos que cada curso solicitaban ingresar nos colexios, obrigou ás corporacións instructivas a establecer unha orde de admisión en base a criterios como a vinculación dos familiares dos aspirantes á entidade respectiva, a escaseza de recursos económicos ou a condición Migratio (Revista do CEPAM) Page 25/36
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). López Álvarez, J. (1993). Emigración y localismo. Sociedades asturianas en La Habana. Astura, 9, 53-59. López Álvarez, J. (1996). Emigración y localismo: el Club Allandés de La Habana. En Gómez, P. (coord.), De Asturias a América. Cuba (1850-1930). La comunidad asturiana de Cuba (pp. 311-335). Principado de Asturias: Archivo de Indianos-Ayuntamiento de Allande. Mato Díaz, A. (1992). La escuela primaria en Asturias (1923-1937). Los procesos de alfabetización y escolarización. Oviedo: Dirección Provincial de Asturias del Ministerio de Educación y Ciencia. Morales Saro, Mª C. (1988). Las fundaciones de los indianos en Asturias. En SánchezAlbornoz, N. (comp.), Españoles hacia América. La emigración en masa, 1880-1930 (pp. 66-79). Madrid: Alianza Editorial. Morales Saro, Mª C. (1992). La emigración asturiana a América. En Historia general de la emigración española a Iberoamérica. Vol. 2 (pp. 51-85). Madrid, Historia 16. Naranjo Orovio, C. (1996). Presencia asturiana en Cuba, siglo XX. En Gómez, P. (coord.), De Asturias a América. Cuba (1850-1930). La comunidad asturiana de Cuba (pp.153-182). Asturias: Archivo de IndianosAyuntamiento de Allande. Neira, R. (1911). Lección de patriotismo. Boletín de Ferrol y su Comarca, 5, 3-4. Núñez Seixas,, X. M. (1998). Emigrantes, caciques e indianos. O influxo sociopolítico da emigración transoceánica en Galicia (1900-1930). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. P.G. de S. (1916). San Felipe el Real. Archivo Histórico Hispano-Agustiniano y Boletín Oficial de la provincia del Ssmo. Nombre de Jesús de Filipinas, V, 2, 249-256. Pardo Gómez, Mª V. (1995). Un tempo para as coleccións. A biblioteca universitaria. En Gallaecia Fulget (1495-1995): cinco séculos de historia universitaria (pp. 480-484). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Peña Saavedra, V. (1991). Éxodo, organización comunitaria e intervención escolar. La impronta educativa de la emigración transoceánica en Galicia. Santiago de Compostela: Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, 2 vols. Migratio (Revista do CEPAM) Page 32/36
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). Peña Saavedra, V. (1993). Siglo XVII: génesis de las Fundaciones docentes de los indianos gallegos. En Educación y Europeísmo. De Vives a Comenio (pp. 297-309). Málaga: S.E.D.H.E.-Universidad de Málaga. Peña Saavedra, V. (1995). As Sociedades galegas de instrucción: proxecto educativo e realizacións escolares. Estudios Migratorios, 1, 8-83. Peña Saavedra, V. (1995-96). Cuatro siglos de intervención escolar de los gallegos de América en la Galicia escindida. Historia de la Educación, 14-15, 301-332. Peña Saavedra, V. (1996). Plata, cultura y etnicidad. Funciones sociales y referentes curriculares de una experiencia educativa para emigrantes en el Caribe: el Centro Gallego de La Habana (1879-1900). En El currículum: historia de una mediación social y cultural (pp. 473-482). Granada: Ediciones Osuna. Peña Saavedra, V. (1997). A intervención dos emigrantes galegos no campo educativo. Ponencia presentada al Simposio A emigración galega a Brasil. Rosende-Sober: Fundación Belarmino Fernández, (ms.). Peña Saavedra, V. (1998). Asociacionismo e acción educativa dos galegos de Cuba. Ponencia presentada al Congreso Internacional O significado do 98 na historia cubana e española. A súa transcendencia nas relacións Galicia-Cuba. Vigo, Consello da Cultura Galega - Universidade de Vigo, (en prensa). Peña Saavedra, V. (1998a). Os centros educativos dos cubanos. Memoria gráfica. Vigo: Consello da Cultura Galega - Universidade de Vigo. Peña Saavedra, V. (1999). Indianos precursores de la filantropía docente en Galicia (1607-1699). Revista de Indias, LIX:216, 375-389. Peña Saavedra, V. (1999a). Alfabetización, etnicidade e capacitación laboral. Configuración e desenvolvemento da oferta curricular do plantel de ensinanza do Centro Galego da Habana (1879-1900) En Cagiao Vila, P. (comp.), Galegos en América e americanos en Galicia: as colectividades inmigrantes en América e a súa impronta na sociedade galega, séculos XIX-XX (pp. 139-161). Santiago de Compostela: Secretaría Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas da Xunta de Galicia. Peña Saavedra, V. (2000). As Escolas de Americanos en Galicia: proxectos e realizacións na comarca de Ferrolterra. Cátedra: revista eumesa de estudios, 7 (en prensa). Migratio (Revista do CEPAM) Page 33/36
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). Peña Saavedra, V. (2000a). A intervención escolar dos emigrantes galegos: testemuños coetáneos, historiografía recente e axenda de investigación. 6º Congreso Internacional de Estudios Galegos. La Habana (en prensa). Pereda de la Reguera, M. (1968). Indianos de Cantabria. Santander: Publicaciones de la Excma. Diputación Provincial. Pereira Domínguez, Mª C. (1988). La labor educativaiberoamericanaylacreacióndelasescuelas Pro-Valle Miñor a principios del siglo XX. Madrid: Editorial de la Universidad Complutense. Pérez, D. (1922). Los fundadores de escuelas. ABC (Madrid), 1 de abril, s.p. Porto Ucha, A. S. (1988). Contribución de las Sociedades Gallegas de Instrucción en América a la creación de la Residencia de Estudiantes de la Universidad de Santiago de Compostela, (1926-1936). En V Coloquio nacional de Historia de la Educación. Historia de las relaciones educativas entre España y América (pp. 432-440). Sevilla: Publicaciones del Departamento de Teoría e Historia de la Educación. Rey, E.; Castro, A. (1974). Historia de la Fundación ‘Fernando Blanco'. Compostellanum, 11 (1-4), 239-300. Rodríguez Crespo, M. (1983). Lucha y generosidad de los hermanos García Naveira. Betanzos: Excelentísimo Ayuntamiento de Betanzos-Comisión Pro-homenaje a los hermanos García Naveira. Rodríguez Galdo, Mª X. (1993). Galicia, país de emigración. La emigración gallega a América hasta 1930. Colombres: Archivo de Indianos. Sánchez Alonso, B. (1995). Las causas de la emigración española, 1880-1930. Madrid: Alianza Editorial. Sánchez-Albornoz, N. (1988). Medio siglo de emigración masiva de España hacia América. En SánchezAlbornoz, N. (comp.), Españoles hacia América. La emigración en masa, 1880-1930 (pp. 13-29). Madrid: Alianza Editorial. Soldevilla Oria, C. (1996). La emigración de Cantabria a América. Hombres, mercaderías y capitales. Santander: Concejalía de Cultura del Ayuntamiento de Santander - Ediciones de Librería Estvdio. Migratio (Revista do CEPAM) Page 34/36
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). Soldevilla Oria, C.; Rueda, G. (1992). Cantabria y América. Madrid: Editorial Mapfre. Soto Pérez, J. L. (1997). A Real Congregación dos Naturais e Orixinarios do Reino de Galicia en México. Noticia histórica e breve escolma documental (1768-1842). Santiago de Compostela: Ponencia de Cultura Galega no Exterior do Consello da Cultura Galega. Terrón Bañuelos, A.; Mato Díaz, A. (cords.) (1992). Un modelo escolar integrador y reformista: la fundación Escuelas Selgas. Oviedo: KRK ediciones-Departamento de Ciencias de la Educación de la Universidad de Oviedo. Unión Barcalesa (1938). Reunión inicial de "Unión Barcalesa" (3-XI-1907). En Reglamento General de la Sociedad Cultural y Benéfica _____ (pp. 5-8). Habana: Cultural, S. A. Uría, J. (1984). Los indianos y la instrucción pública en Asturias. En Indianos. Monografías de Los Cuadernos del Norte, 2, 102-119. Varela, I. (1989). La Universidad de Santiago, 1900-1936. Reforma universitaria y conflicto estudiantil. Sada: Ediciós do Castro. Vilanova Rodríguez, A. (1966). Los gallegos en la Argentina. Buenos Aires: Ediciones Galicia, 2 vols. Viñao Frago, A. (1986). Filantropía y educación. Fundaciones docentes y enseñanza elemental (siglos XVIII-XIX). En L'enseignement primaire en Espagne et en Amerique Latine du XVIIIe siècle a nos jours -Politiques éducatives et Réalités scolaires- (pp. 151-189). Tours: Publications de L'Université de Tours. Zadoff, H. (1994). Historia de la educación judía en Buenos Aires (1935-1957). Buenos Aires: Editorial Milá. Zapater Cornejo, M. (1991). Contribución de los emigrantes a la educación en La Rioja. Las fundaciones escolares riojanas decimonónicas. Logroño: Consejería de Educación, Cultura y Deportes del Gobierno de La Rioja-Instituto de Estudios Riojanos. 9. Curriculum vitae. Migratio (Revista do CEPAM) Page 35/36
Emigración transoceánica, difusión da oferta escolar e modernización educativa no norte da península ibérica (ss.XVI-XX). Vicente Peña Saavedra é profesor titular de Historia da Educación na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Unha das liñas de traballo que máis desenvolveu na súa traxectoria investigadora é a tocante á dimensión educativa e cultural da emigración transoceánica, tema ó que lle dedicou varios libros, relatorios e artigos en revistas especializadas, sendo responsable ademais de diversos proxectos sobre esta materia patrocionados institucionalmente. Do conxunto da súa producción científica cabe cita-la obra en dous volumes Éxodo, organización comunitaria e intervención escolar. La impronta educativa de la emigración transoceánica en Galicia. Migratio (Revista do CEPAM) Page 36/36