Regulamento de Réxime Interno do Centro Interdisciplinario de Estudos Americanos "Gumersindo Busto"
Full text
CENTRO INTERDISCIPLINARIO DE ESTUDOS AMERICANOS “GUMERSINDO BUSTO” REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO Aprobado polo Consello de Goberno o 17 de febreiro de 2005 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
CENTRO INTERDISCIPLINARIO DE ESTUDOS AMERICANOS “GUMERSINDO BUSTO” PROXECTO DE REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO – II – Índice Capítulo I. Disposicións Xerais...................................................................................... III Artigo 1º. Natureza e denominación........................................................................... III Artigo 2º. Ámbito de actuación e vixencia................................................................. III Artigo 3º. Fins............................................................................................................. III Artigo 4º. Sede............................................................................................................IV Artigo 5º. Réxime .......................................................................................................IV Capítulo II. Organización ................................................................................................ V Artigo 6º. Órganos de Goberno ................................................................................... V Artigo 7º. Composición do Consello do Centro .......................................................... V Artigo 8º. Funcións do Consello do Centro................................................................. V Artigo 9º. O Director do Centro..................................................................................VI Artigo 10º. O Vicedirector do Centro.........................................................................VI Artigo 11º. O Secretario do Centro............................................................................VII Capítulo III. Persoal Científico......................................................................................VII Artigo 12º. Membros do Centro pertencentes á Universidade de Santiago...............VII Artigo 13º. Outros Membros do Centro................................................................... VIII Artigo 14º. Colaboradores do Centro ...................................................................... VIII Artigo 15º. Membros Honorarios do Centro ........................................................... VIII Artigo 16º. Adición do persoal científico ao CIEAM ................................................IX Artigo 17º. Perda da condición de membro do CIEAM.............................................IX Capítulo IV. Réxime Económico do CIEAM.................................................................IX Artigo 18º. Presuposto................................................................................................IX Artigo 19º. Ingresos....................................................................................................IX Artigo 20º. Actuacións do CIEAM para terceiros ....................................................... X Artigo 21º. Bens inventariables ................................................................................... X Artigo 22º. Gastos........................................................................................................ X Disposicións Finais.........................................................................................................XI Primeira.......................................................................................................................XI Segunda.......................................................................................................................XI Anexo.............................................................................................................................XII Primeiro .....................................................................................................................XII
CENTRO INTERDISCIPLINARIO DE ESTUDOS AMERICANOS “GUMERSINDO BUSTO” PROXECTO DE REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO – III – CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1º. Natureza e denominación O Centro Interdisciplinario de Estudos Americanos “Gumersindo Busto” (CIEAM), constitúese pola Universidade de Santiago de Compostela como Centro Propio dedicado ao fomento da investigación, formación, estudo e difusión cultural e científica en torno a América Latina, Galicia e a súa historia común. Artigo 2º. Ámbito de actuación e vixencia O CIEAM é fundamentalmente un Centro de investigación dedicado á análise dos diversos aspectos históricos, científicos, educativos e culturais referidos a América Latina e ás súas relacións con Galicia, nos planos galego, estatal, europeo e internacional. O CIEAM terá un ámbito de vixencia indefinido. Artigo 3º. Fins No marco do seu ámbito de actuación, son fins do CIEAM: Crear un espazo de referencia dentro da Comunidade Autónoma de Galicia en xeral, e da Universidade de Santiago (USC) en particular, para o fomento da investigación científica e difusión cultural de todo o relacionado con Galicia, América Latina e os seus vencellos comúns. Pór en marcha os instrumentos e espazos necesarios para o desenvolvemento de actividades de investigación, análise, debate, divulgación e difusión cultural que acheguen as realidades latinoamericanas á sociedade galega e, de xeito especial, aos estudantes, empresarios e comunicadores, facendo partícipes a todos eles dos logros acadados. Fomentar a investigación básica e aplicada, a formación de recursos humanos cualificados e de equipos de investigación fortes dentro do marco dos estudos latinoamericanistas, en plena consonancia cos obxectivos que ao respecto establecen os
CENTRO INTERDISCIPLINARIO DE ESTUDOS AMERICANOS “GUMERSINDO BUSTO” PROXECTO DE REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO – IV – Plans Galego e Nacional de I+D, de forma que poidan levar a cabo os obxectivos concretos do Centro. Ser centro de referencia para o Sistema Empresarial Galego (no marco do Sistema Ciencia-Tecnoloxía-Empresa (SCTE) de Galicia) en canto á difusión do coñecemento básico necesario das realidades latinoamericanas de face á expansión da súa actividade nesa zona. Levar a cabo as tarefas de formación e ensino referidas ao ámbito latinoamericanista promovidas ou encomendadas pola USC, especialmente no marco dos programas de Terceiro Ciclo, de Posgrao, ou nas programacións de verán da USC. Fomentar as relacións académicas, profesionais e de investigación entre a USC e os centros académicos e de investigación de América Latina, Estados Unidos, Canadá, Europa o de calquera outro país, que compartan obxectivos converxentes cos do CIEAM. Ser centro de referencia dentro da USC para a canalización das propostas de colaboración relacionadas cos estudos americanistas que proceden de iniciativas exteriores, tanto públicas como privadas. Prestar asesoramento científico no marco de competencia do Centro a institucións públicas, empresas o particulares. Artigo 4º. Sede En tanto non dispoña doutra sede que lle poidan asignar as autoridades académicas da USC ou os recursos propios, o CIEAM terá a súa sede nos espazos que actualmente ocupa a Área de Historia de América no Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC, e nos que lle poidan asignar nas súas facultades e departamentos o resto dos grupos de investigación participantes. Artigo 5º. Réxime Sen prexuízo de aplicación das normas xerais de carácter administrativo, o CIEAM rexerase polo disposto na Lei Orgánica 6/2001 de Universidades, polos Estatutos da USC aprobados por Decreto 28/2004, do 22 de xaneiro, da Xunta de Galicia, polo Regulamento de creación e funcionamento dos Centros Propios da Universidade de Santiago de Compostela, de 20 de maio de 1999, e por este Regulamento.
CENTRO INTERDISCIPLINARIO DE ESTUDOS AMERICANOS “GUMERSINDO BUSTO” PROXECTO DE REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO – V – CAPÍTULO II. ORGANIZACIÓN Artigo 6º. Órganos de Goberno Os órganos de goberno do CIEAM son: - O Consello do Centro - O Director - O Vicedirector - O Secretario Artigo 7º. Composición do Consello do Centro O Consello do Centro estará composto por: - O Director do Centro, que o convocará e o presidirá - O Vicedirector do Centro - O Secretario do Centro, que o será tamén do Consello do Centro - Un representante do Consello de Goberno da USC nomeado polo Reitor - Tres representantes do persoal científico adscrito ao Centro, que deberán ter vinculación laboral coa USC. Artigo 8º. Funcións do Consello do Centro Son funcións do Consello do Centro: - Elixir ao Director do Centro e propoñer o seu nomeamento ao Reitor e, de ser o caso, a súa remoción mediante acordo adoptado polo voto favorable de dous tercios dos seus compoñentes - Elixir o Vicedirector do Centro - Aprobar o orzamento e a programación anual das actividades do CIEAM - Aprobar a memoria anual de actividades e a memoria económica - Aprobar o ingreso de novos membros do persoal científico de CIEAM e o seu cesamento
CENTRO INTERDISCIPLINARIO DE ESTUDOS AMERICANOS “GUMERSINDO BUSTO” PROXECTO DE REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO – VI – - Emitir informes sobre os contratos do CIEAM e dos seus membros aos que se refire o artigo 20 de este Regulamento - Propoñer ao Consello de Goberno da USC a aprobación ou modificación do Regulamento do CIEAM - Aqueloutras que se establezan en desenvolvemento de disposicións contidas nos instrumentos normativos polos que se rexe o CIEAM. Salvo que se esixan outras maiorías, o Consello adoptará acordos polo voto favorable da metade máis un dos seus membros. Artigo 9º. O Director do Centro O Director do Centro será un funcionario dos corpos docentes universitarios da USC, co título de doutor e dedicación a tempo completo e con vinculación ao Centro alomenos dende un ano antes da súa elección (agás no momento de creación do Centro). O Director do Centro será elixido polo Consello do Centro e nomeado polo Reitorda USC por un período de catro anos, non podendo desempeñar o cargo máis de dous mandatos consecutivos. Correspóndelle ao Director do Centro: - Convocar o Consello do Centro alomenos unha vez ao ano, presidir as reunións que celebre e executaros seus acordos - Representa-lo Centro no ámbito da súa competencia. - Elabora-las propostas anuais de programación e orzamento do CIEAM - Redacta-la memoria de actividades e a memoria económica. - Nomea-lo Secretario - Dirixir e coordina-las actividades do CIEAM - Autoriza-los gastos dentro do orzamento anual - Aqueloutras funcións que lle poidan corresponder en virtude de disposicións que lle sexan aplicables. Artigo 10º. O Vicedirector do Centro O Director do Centro será un funcionario dos corpos docentes universitarios da USC, co título de doutor e dedicación a tempo completo, con vinculación ao Centro
CENTRO INTERDISCIPLINARIO DE ESTUDOS AMERICANOS “GUMERSINDO BUSTO” PROXECTO DE REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO – VII – alomenos dende un ano antes da súa elección (excepto no momento de creación do Centro), e con obra publicada nalgunha das materias propias do ámbito do CIEAM. O Vicedirector do Centro será elixido e nomeado polo Consello do Centro. Correspóndelle ao Vicedirector do Centro: - Substituír-lo Director do Centro nas súas funcións cando por motivos xustificados (enfermidade ou ausencia) sexa necesario - Colaborar co Director do Centro nas propostas anuais de programación e orzamento do CIEAM, na redacción da memoria de actividades e da memoria económica - Desenvolve-las tarefas de coordinación do Centro que o Director determine - Aqueloutras funcións que lle poidan corresponder en virtude de disposicións que lle sexan aplicables. Artigo 11º. O Secretario do Centro O Secretario do Centro será nomeado polo director entre os membros do Consello de Centro ou entre o persoal contratado. Son funcións do secretario: - Redacta-las actas das sesións do Consello do Centro - Custodia-los arquivos e a documentación do Centro - Expedi-las certificacións no ámbito da súa competencia. CAPÍTULO III. PERSOAL CIENTÍFICO Artigo 12º. Membros do Centro pertencentes á Universidade de Santiago O persoal científico do Centro estará integrado por profesores, axudantes e investigadores da USC, que realicen ou tivesen realizado investigación no ámbito propio do Centro, e que pertenzan aos grupos integrantes do mesmo.
CENTRO INTERDISCIPLINARIO DE ESTUDOS AMERICANOS “GUMERSINDO BUSTO” PROXECTO DE REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO – VIII – De conformidade co establecido no apartado anterior, farían parte do persoal científico inicial do CIEAM os profesores, axudantes ou investigadores que se relacionan no Anexo desde Regulamento. Sen prexuízo do disposto nos apartados anteriores, e segundo o establecido no Capítulo II deste Regulamento, poderán incorporarse como membros do CIEAM profesores e investigadores da USC que realicen investigación no ámbito do Centro. Artigo 13º. Outros Membros do Centro Poderán ser membros do CIEAM, a título individual en calidade de colaboradores, as persoas integradas nalgún proxecto ou programa do Centro. Poderán tamén ser membros do CIEAM, a título individual en calidade de colaboradores e previo pedimento expreso dos interesados ao Consello do Centro, profesores e investigadores doutras Universidades galegas con obra publicada e especializada en materias do ámbito do Centro, ou que acrediten ter realizado traballos de investigación sobre temas pertencentes ao ámbito de actuación do Centro, e que cumpran os requisitos establecidos na normativa de creación e funcionamento de Centros Propios da USC. De conformidade co establecido nos dous apartados anteriores, farán parte tamén do persoal científico inicial do CIEAM os investigadores e persoas que se relacionan no Anexo deste Regulamento. Artigo 14º. Colaboradores do Centro Poderán colaborar no CIEAM, previo pedimento expreso dos interesados ao Consello do Centro, outros investigadores e profesores non universitarios. Todas aquelas persoas integradas nalgún proxecto ou programa do Centro serán consideradas automaticamente colaboradores do Centro. Artigo 15º. Membros Honorarios do Centro O Consello do Centro, por voto favorable de dous tercios dos seus membros, poderá nomear membros honorarios, con voz pero sen voto, entre as persoas que salienten ou tiveran salientado en calquera eido relacionado co ámbito de actuación do CIEAM.
CENTRO INTERDISCIPLINARIO DE ESTUDOS AMERICANOS “GUMERSINDO BUSTO” PROXECTO DE REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO – IX – Artigo 16º. Adición do persoal científico ao CIEAM O profesorado universitario integrado no Centro manterá as obrigas ás que estea suxeito en virtude do réxime que lle sexa de aplicación pola súa pertenza á USC ou a outras Universidades galegas. A súa dedicación ao centro afectará só á súa xornada investigadora, sen prexuízo da posibilidade de dispensar docencia de terceiro ciclo ou posgrao no centro. Os profesores, axudantes e bolseiros da USC que soliciten o seu ingreso ao Centro unha vez creado, deberán contar coa autorización previa do seu Consello de Departamento para desenvolver no Centro a totalidade ou parte da súa xornada investigadora. No caso de que o Departamento lle denegue a autorización, o interesado poderá recorrer este acordo perante o Consello de Goberno. Artigo 17º. Perda da condición de membro do CIEAM A condición de membro do CIEAM perderase por renuncia, que se fará chegar por escrito ao Director do Centro, e que este comunicará ao Consello do Centro. Tamén se perderá a dita condición por consecuencia de acordo adoptado polo voto favorable de dous tercios dos membros do Consello do Centro. CAPÍTULO IV. RÉXIME ECONÓMICO DO CIEAM Artigo 18º. Presuposto O CIEAM terá o seu propio presuposto de ingresos e gastos que deberá ser confeccionado anualmente polo Director e aprobado polo Consello do Centro. Artigo 19º. Ingresos Terán a consideración de ingresos do CIEAM: - As axudas e subvencións outorgadas ao CIEAM por organismos ou entidades públicas ou privadas, así como por persoas individuais
CENTRO INTERDISCIPLINARIO DE ESTUDOS AMERICANOS “GUMERSINDO BUSTO” PROXECTO DE REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO – XVI – FOLLA DE FIRMAS GRUPO DE INVESTIGACIÓN 2124-005 Nome do Grupo: 2124-005 Nome Curto: 2124-005 Departamento: Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral Director: MARTUL TOBÍO, LUÍS (DNI 33190815-K)
CENTRO INTERDISCIPLINARIO DE ESTUDOS AMERICANOS “GUMERSINDO BUSTO” PROXECTO DE REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO – XVII – FOLLA DE FIRMAS GRUPO DE INVESTIGACIÓN 2155-009 Nome do Grupo: 2155-009 Nome Curto: 2155-009 Departamento: Historia Contemporánea e de América Director: NÚÑEZ SEIXAS, XOSÉ MANOEL (DNI 56620407)
CENTRO INTERDISCIPLINARIO DE ESTUDOS AMERICANOS “GUMERSINDO BUSTO” PROXECTO DE REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO – XVIII – FOLLA DE FIRMAS GRUPO DE INVESTIGACIÓN 2131-001, 2131-002 Nome do Grupo: Educación intercultural e migracións, Educación - Emigración Nome Curto: 2131-001, 2131-002 Departamento: Teoría e Historia da Educación Director: PEÑA SAAVEDRA, VICENTE (DNI 32621275-F)
CENTRO INTERDISCIPLINARIO DE ESTUDOS AMERICANOS “GUMERSINDO BUSTO” PROXECTO DE REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO – XIX – FOLLA DE FIRMAS GRUPO DE INVESTIGACIÓN 2138-002 Nome do Grupo: 2138-002 Nome Curto: 2138-002 Departamento: Historia I Director: VÁZQUEZ VARELA, XOSÉ MANUEL (DNI 32355104-S)
CENTRO INTERDISCIPLINARIO DE ESTUDOS AMERICANOS “GUMERSINDO BUSTO” PROXECTO DE REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO – XX – FOLLA DE FIRMAS GRUPO DE INVESTIGACIÓN 2101-004 Nome do Grupo: 2101-004 Nome Curto: 2101-004 Departamento: Dereito Público e Teoría do Estado Director: MARTÍNEZ PUÑAL, ANTONIO (DNI 33184320) Miembro: GARCÍA PÉREZ, RAFAEL (DNI 5239769-R)
CENTRO INTERDISCIPLINARIO DE ESTUDOS AMERICANOS “GUMERSINDO BUSTO” PROXECTO DE REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO – XXI – FOLLA DE FIRMAS GRUPO DE INVESTIGACIÓN 2107-007 Nome do Grupo: Innovación, Cambio Estructural e Desenvolvemento Nome Curto: 2107-007 Departamento: Economía Aplicada Director: VENCE DEZA, XAVIER (DNI 36046993-J)
CENTRO INTERDISCIPLINARIO DE ESTUDOS AMERICANOS “GUMERSINDO BUSTO” PROXECTO DE REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO – XXII – FOLLA DE FIRMAS GRUPO DE INVESTIGACIÓN 2183-010 Nome do Grupo: 2183-010 Nome Curto: 2183-010 Departamento: Botánica Director: IZCO SEVILLANO, JESÚS (DNI 32344927-G) Membro: AMIGO VÁZQUEZ, FRANCISCO JAVIER (DNI 34908005-P)
CENTRO INTERDISCIPLINARIO DE ESTUDOS AMERICANOS “GUMERSINDO BUSTO” PROXECTO DE REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO – XXIII – FOLLA DE FIRMAS GRUPO DE INVESTIGACIÓN 2152-005 Nome do Grupo: 2152-005 Nome Curto: CPA.ODA Departamento: Ciencias da Comunicación Director: LEDO ANDIÓN, MARGARITA M. (DNI 33804628)
CENTRO INTERDISCIPLINARIO DE ESTUDOS AMERICANOS “GUMERSINDO BUSTO” PROXECTO DE REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO – XXIV – FOLLA DE FIRMAS GRUPO DE INVESTIGACIÓN 2152-005 Nome do Grupo: 2140-013 Nome Curto: 2140-013 Departamento: Xeografía Director: VILLARINO PÉREZ, MONTSERRAT (DNI37621332-W)
CENTRO INTERDISCIPLINARIO DE ESTUDOS AMERICANOS “GUMERSINDO BUSTO” PROXECTO DE REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO – XXV – FOLLA DE FIRMAS OUTROS MEMBROS DO CENTRO PRECEDO LEDO, ANDRÉS JOSÉ (DNI 32344927-G), Departamento de Xeografía GONZÁLEZ LOPO, DOMINGO (DNI 36022758), Departamento de Historia Medieval y Moderna REY TRISTÁN, EDUARDO (DNI 35316304), Investigador Contratado Área Historia de América, Dpto. Historia Contemporánea e de América