Resolución do 26 de xaneiro de 2005 pola que se regulan os ficheiros de persoas interesadas en recibir información sobre a USC, de usuarios de servizos da USC e de xestión de pacientes ICA, e se modifican ficheiros de datos de carácter persoal da Universidade de Santiago de Compostela
Full text
N o 33 LXoves, 17 de febreiro de 2005 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 2.739 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Resolucióndo26dexaneirode2005pola queseregulanosficheirosdepersoasinteresadas en recibir información sobre a USC, de usuarios de servizos da USC e de xestión de pacientes ICA, e se modifican ficheiros de datos de carácter persoal da Universidade de Santiago de Compostela. A disposición adicional segunda, 2, da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación ou modificación dos ficheiros das administracións públicas só poderán facerse mediante a disposición xeral correspondente. A Universidade de Santiago de Compostela aprobou a regulación dos seus ficheiros para a súa adecuaciónáLOPDmedianteResolucióndo24dexuño do 2002 (DOG do 9 de agosto), pero a reflexión producida na elaboración do Plan Estratéxico das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións, a implantación efectiva de medidas de seguridade e a realización de novos servizos ou actividades por conta da USC, fixeron aconsellable a creación de novos ficheiros de protección de datos que se engaden aos xa existentes, así como a modificación dos existentes por reorganizacións administrativas producidasnaUniversidadedeSantiagodeCompostela, que foron aprobados por Resolución do 1 de xuño de2004 (DOGnº 123,do 28de xuño). Como consecuencia da posta en marcha de novas accións, faise necesaria a creación dun ficheiro de potenciais estudantes da universidade como unha das accións destinadas a facilitarlles información sobre a oferta da USC, así como de usuarios de servizos da universidade que non se atopen noutros ficheiros universitarios xa declarados como os de persoal ou de xestión académica, polo que deben de crearse novos ficheiros de datos de carácter persoal. Así mesmo, créase un ficheiro de datos que se vai utilizar no Instituto de Ortopedia e Banco de Tecidos Musculoesqueléticos para o tratamento mediantea técnicadenominada ICA. Por outra banda, os cambios na organización universitaria producida recentemente coa desaparición dalgunhas vicerreitorías fai necesario cambiar a dependencia dalgún dos ficheiros aprobado no seu día. Na súa virtude, e co fin de lle dar cumprimento ao mandato legal do artigo 20 da LOPD, sobre creaciónoumodificacióndeficheirosqueconteñandatos de carácter persoal xestionados pola Universidade de Santiago de Compostela, e de lles asegurar aos administrados o exercicio dos seus lexítimos dereitos, DISPOÑO: Primeiro.-Créanse os ficheiros de persoas interesadas en recibir información sobre a USC, xestión de pacientes ICA e de usuarios de servizos da USC. Asúadescricióncontensenoanexodestaresolución, indicando o nivel de medidas de seguridade básico, mediooualtocorrespondenteacadaundestesficheiros, en aplicación do Real decreto 994/1999, do 25 de xuño, regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácterpersoal. Segundo.-Modifícaseoficheiro8:xestióndeintercambio aprobado por Resolución do 24 de xuño de 2002(DOGdo9deagosto),nasúaletraf)noseguintesentido: f) Órgano da Administración responsable dos ficheiros: Vicerreitor/a de Estudantes e Relacións Institucionais. Terceiro.-Os ficheiros que se indican no anexo rexeransepolasdisposiciónsxeraiseinstruciónsque se detallen, e estarán sometidos, en todo caso, ás normas legais e aos regulamentos de superior rango quelles sexanaplicables. Cuarto.-A aprobación desta resolución non supón a supresión de ningún ficheiro de datos de carácter persoal, polo que non é necesaria a aplicación do dispostono artigo20.3º daLOPD. Quinto.-Ademais das cesións previstas para cada un dos ficheiros, poderanse realizar cesións sempre que así se recolla nunha norma ou para os efectos de lles remitir datos aos servizos estatísticos, tanto estatais como da comunidade autónoma, para o desenvolvemento das funcións propias destes servizos ou entidades, e cos límites establecidos na lei. Sexto.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial deGalicia. Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2005. SenénBarro Ameneiro ReitordaUniversidadedeSantiagodeCompostela ANEXO Ficheiro 12: persoas interesadas en recibir informaciónsobre aUSC. a) Finalidade do ficheiro e usos previstos para este: Ficheiro para a xestión de persoas físicas e xurídicasinteresadasen queaUniversidadedeSantiago de Compostela lles oferte os seus servizos acadé-
2.740 DIARIO OFICIAL DE GALICIA N o 33 LXoves, 17 de febreiro de 2005 micos e outra información institucional relativa á universidade. Os usos previstos son facilitarlle información en soporte papel ou por calquera medio electrónico, incluíndoasmensaxes amóbilapersoasinteresadas en recibir información da USC e potenciais estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, ea incorporaciónautomatizada dosdatos noficheiro de xestión académica e alumnado para o caso de que formalicen a súa matrícula na Universidade de Santiagode Compostela. b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obterdatosdecarácterpersoalouresultenobrigados asubministralos: Posibles futuros estudantes de 1º, 2º e 3º ciclo, de títulos propios, do CAP, de posgrao e formación continua e de todo tipo de cursos, seminarios e análogos ofertados pola USC, posibles futuros alumnos visitantes e participantes nos programas de intercambio e mobilidade e colectivos profesionais. c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: Declaracións, formularios e transferencia de datos por medios electrónicos, magnéticos ou telemáticos. d) Estrutura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel: -Estruturade basede datosrelacional. -Tiposde datos: *Identificativos epersoais. * De circunstancias familiares, sociais e académicas. e) Cesións de datos de carácter persoal e, de ser o caso, transferencias de datos que se prevexan a paísesterceiros: Non se prevén cesións a terceiros. Os datos do ficheiro poden incorporarse a outros ficheiros de datosde carácterpersoal daUSC. f)ÓrganodaAdministraciónresponsabledoficheiro: Secretarioxeral. g)Servizosou unidadesanteosque sepodenexercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ouoposición: Secretarioxeral. h) Medidas de seguridade con indicación do nivel exixible: Nivelbásico. Ficheiro13: usuariosde servizosda USC. a) Finalidade do ficheiro e usos previstos para este: Ficheiro para a xestión de persoas físicas ás que aUniversidadedeSantiagodeCompostelallesoferte osseus servizosnon académicos. Os usos previstos son xestionar as actividades que oferta a estes usuarios e, se é o caso, facilitarlle información sobre servizos e actividades universitarias. b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obterdatosdecarácterpersoalouresultenobrigados asubministralos: Usuarios de todo tipo de servizos e actividades, xasexanculturais,deportivas,etc.queoferteaUSC. c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: Declaracións, formularios e transferencia de datos por medios electrónicos, magnéticos ou telemáticos. d) Estrutura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel: -Estruturade basede datosrelacional. -Tiposde datos: *Identificativos epersoais. * De circunstancias familiares, sociais e académicas. e) Cesións de datos de carácter persoal e, de ser o caso, transferencias de datos que se prevexan a paísesterceiros: A entidades colaboradoras da Universidade de Santiago:Club DeportivoUniversitario, etc. f)ÓrganodaAdministraciónresponsabledoficheiro: Vicerreitor/a de Extensión Cultural e Servizos á ComunidadeUniversitaria. g)Servizosou unidadesanteosque sepodenexercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ouoposición: Vicerreitor/a de Extensión Cultural e Servizos á ComunidadeUniversitaria. h) Medidas de seguridade con indicación do nivel exixible: Nivelbásico. Ficheiro14: xestiónde pacientesICA. a) Finalidade do ficheiro e usos previstos para este: FicheiroparaaxestióndasactividadesdoInstituto deOrtopediadeBancoeTecidosMuscoesqueléticos, en concreto para o illamento e multiplicación de condrocitos humanos en cultivo. No ficheiro recóllese a información dos pacientes que acompaña ás biopsias en que se inclúe o nome dos pacientes, exames serolóxicos, alerxias, así como o diagnóstico indicativodo tratamentocon estatécnica. Os usos previstos son para o illamento e multiplicación de condrocitos humanos mediante a técnicaICA.
N o 33 LXoves, 17 de febreiro de 2005 DIARIO OFICIAL DE GALICIA 2.741 b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obterdatosdecarácterpersoalouresultenobrigados asubministralos: Pacientes dos que os hospitais envían biopsias de cartilaxes para o seu posterior implante unha vez que o Instituto de Ortopedia illa e multiplica os seuscondrocitos encultivo. c) Procedemento de recollida de datos de carácter persoal: Declaracións, formularios e transferencia de datos por medios electrónicos, magnéticos ou telemáticos. d) Estrutura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel: -Estruturade basede datosrelacional. -Tiposde datos: *Identificativos epersoais. * De resultados de exames serolóxicos, alerxias, etc. *Diagnóstico indicativodo tratamento. * De comportamento e calidade dos condrocitos decada cultivo. e) Cesións de datos de carácter persoal e, de ser o caso, transferencias de datos que se prevexan a paísesterceiros: Só se prevé a cesión destes datos aos médicos, hospitais e centros de saúde onde o paciente estea alevar acabo otratamento. f)ÓrganodaAdministraciónresponsabledoficheiro: Vicerreitor/ade Investigacióne Innovación. g)Servizosou unidadesanteosque sepodenexercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ouoposición: Instituto de Ortopedia e Banco de Tecidos Muscoesqueléticos. h) Medidas de seguridade con indicación do nivel exixible: Nivelalto. IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO Orde do 9 de febreiro de 2005 pola que se resolve a convocatoria pública, para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantesnesta consellería. Convocada por Orde do 27 de outubro de 2004 (DOG nº 217, do 8 de novembro) a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Innovación, Industria e Comercio, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referidalei, DISPÓN: Primeiro.-Resolver a convocatoria para a provisión,polosistemadelibredesignación,dedouspostos de traballo vacantes na Consellería de Innovación, Industria e Comercio, anunciada pola Orde do 27 de outubro de 2004 (DOG nº 217, do 8 de novembro). Segundo.-Adxudicarllesdestino,nospostosdetraballo que se indican, aos funcionarios que se relacionanno anexoá presenteorde. Terceiro.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servizos o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20de marzo. Cuarto.-Ocentroondecausealtaofuncionariorea- lizará a dilixencia de toma de posesión dentro dos prazosreflectidos nopunto anterior. Quinto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa,osinteresadospoderáninterpoñerrecurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-adminis- trativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competentenoprazodedousmesescontadosapartir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2005. JuanRodríguez Yuste Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio ANEXO NRP:3492924146 A1135. Grupo:C. Apelidos e nome: Diéguez Alonso, Rosa María.