Normas de xestión para aloxamento de visitantes no servizo universitario de residencias
Full text
NORMAS DE XESTIÓN PARA ALOXAMENTO DE VISITANTES NO SERVIZO UNIVERSITARIO DE RESIDENCIAS Aprobadas polo Consello de Goberno o 30 de marzo de 2005 O Servizo Universitario de Residencias (SUR) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) é un Servizo cunha acreditación avalada pola confianza e satisfacción que amosan os seus usuarios. A situación xeográfica, as instalacións de que dispón e os servizos adicionais que se ofrecen (cafeterías, comedores, bibliotecas, salas de informática con internet, etc...) son boa mostra da vontade institucional de consolidar, aínda máis, o SUR como un servizo de calidade para beneficio dos individuos e de toda a colectividade universitaria. Malia a todo, queremos avanzar na mellora da eficacia cunha xestión responsable da ocupabilidade dos Centros. É por iso que pedimos a todos os sectores implicados neste proceso a súa colaboración no cumprimento das presentes normas: Aos efectos desta normativa, Visitante é toda persoa que, non sendo membro da nosa Comunidade Universitaria, ven realizar alguna actividade docente, investigadora ou cultural na USC. Queda excluído o estudantado matriculado en estudos conducentes á obtención de titulacións de grado ou de posgrado e CAP ou equivalente. 1. As solicitudes de reserva realizaranse mediante o modelo que aprobe a Vicerreitoría de Extensión Cultural e Servizos á Comunidade Universitaria, cumprimentado que deberá cumprimentar en todos os seus apartados –nome do visitante, tipo de cuarto, data de entrada e saída, etc.- e enviarase por correo electrónico á dirección que nel figure. 2. Poderán facerse a través de calquera das estruturas orgánicas da Universidade (Facultades, Escolas Universitarias, Departamentos, Institutos,...). 3. A Sección de Servizos á Comunidade Universitaria do Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado, poñerase en contacto co solicitante, tamén a través do correo electrónico, para comunicarlle en que colexio maior ou residencia se lle concede a reserva ou a imposibilidade da concesión, ben por non dispor de prazas vacantes ben por non axeitarse a petición a estas normas. 4. O importe do aloxamento será aboado polo Departamento, Instituto, Facultade ou Escola que realizou a reserva, ou polo propio interesado. A) No primeiro caso, o responsable económico do centro de gasto deberá enviar, coa maior brevidade posible, a folla de pedimento debidamente cumprimentada coa autorización da retención do gasto, á administración do colexio maior ou residencia asignado. Contra esta folla expedirase o correspondente cargo interno. B) Se o importe do aloxamento corre a cargo do interesado este deberá aboalo o primeiro día da súa estancia, segundo se indica de seguido: 1. Na administración do centro onde lle foi concedida a praza, por medio de tarxeta de crédito. 2. Co impreso de pago normalizado que se lle facilitará no propio centro. 3. No caso de que a entrada no Centro se realice en sábado, domingo ou festivo, o visitante, previamente á súa chegada, deberá aboar o custo do aloxamento mediante: 4. Transferencia bancaria á conta desta Universidade nº 2091 0388 98 3110001172 de Caixa Galicia, Oficina Principal, Santiago de Compostela.
O xustificante da transferencia entregarao ao persoal de servizo ese día no Centro. 5. No caso de anulación da reserva, que se fará por correo electrónico, non se efectuará ningún cargo se se comunica cunha antelación mínima de 7 días. De non mediar dita comunicación que xustifique a anulación, o custo completo do aloxamento será aboado por quen efectuou a reserva quen, á súa vez, farase responsable dos problemas que poidan xurdir. 6. Os prezos, que como norma xeral serán revisados anualmente, son os que figuran como Anexo I a estas normas. ANEXO I PREZOS DE ALOXAMENTO NO SUR PARA VISITANTES ANO 2005 1. PREZOS DE CUARTOS INDIVIDUAIS E DOBRES Atendendo á duración da estadía considéranse tres tramos económicos que supoñen unha redución que vai desde un 50 ata un 80 por 100 do custo inicial. Nos seguintes cadros calcúlase o prezo por día e tramo: PREZOS DE CUARTOS INDIVIDUAIS Primeiro Tramo Segundo Tramo Terceiro Tramo 1 DIA 24 € 11 DIAS 247,20 € 21 DIAS 316,80 € 2 DIAS 48 € 12 DIAS 254,40 € 22 DIAS 321,60 € 3 DIAS 72 € 13 DIAS 261,60 € 23 DIAS 326,40 € 4 DIAS 96 € 14 DIAS 268,80 € 24 DIAS 331,20 € 5 DIAS 120 € 15 DIAS 276,00 € 25 DIAS 336,00 € 6 DIAS 144 € 16 DIAS 283,20 € 26 DIAS 340,80 € 7 DIAS 168 € 17 DIAS 290,40 € 27 DIAS 345,60 € 8 DIAS 192 € 18 DIAS 297,60 € 28 DIAS 350,40 € 9 DIAS 216 € 19 DIAS 304,80 € 29 DIAS 355,20 € 10 DIAS 240 € 20 DIAS 312,00 € 30 DIAS 360,00 € PREZOS DE CUARTOS DOBRES 1 DIA 40 € 11 DIAS 412 € 21 DIAS 528 € 2 DIAS 80 € 12 DIAS 424 € 22 DIAS 536 € 3 DIAS 120 € 13 DIAS 436 € 23 DIAS 544 € 4 DIAS 160 € 14 DIAS 448 € 24 DIAS 552 € 5 DIAS 200 € 15 DIAS 460 € 25 DIAS 560 € 6 DIAS 240 € 16 DIAS 472 € 26 DIAS 568 € 7 DIAS 280 € 17 DIAS 484 € 27 DIAS 576 € 8 DIAS 320 € 18 DIAS 496 € 28 DIAS 584 € 9 DIAS 360 € 19 DIAS 508 € 29 DIAS 592 € 10 DIAS 400 € 20 DIAS 520 € 30 DIAS 600 € A estes prezos hai que engadirlle o 7% de IVE
Se a estadía é superior a un mes, o prezo de cada día que exceda do dito mes será de 12€ en habitación individual e de 20€ en habitación dobre. Cando estean ocupados todos os cuartos individuais, a Vicerreitoría poderá autorizar a utilización de cuartos dobres para uso individual, tendo sempre como horizonte a optimización dos recursos existentes 2. PREZOS DE APARTAMENTOS Os apartamentos están ubicados na Residencia Universitaria Burgo das Nacións Ao igual que nos prezos dos cuartos individuais e dobres, considéranse tres tramos económicos. Características: Todos constan de: cuarto de baño, salón con cama supletoria, cociña, TV, microondas, neveira e menaxe. Dous apartamentos pequenos: un cuarto con dúas camas individuais, Catro apartamentos medianos: un cuarto cunha cama de matrimonio e outro cunha cama individual e, Tres apartamentos grandes: un cuarto cunha cama de matrimoio e outro con dúas camas individuais. Nos seguintes cadros calcúlase os prezos por día e tramo PREZOS PARA OS APARTAMENTOS PEQUENOS PREZOS PARA OS APARTAMENTOS MEDIANOS Primeiro Tramo Segundo Tramo Terceiro Tramo Primeiro Tramo Segundo Tramo Terceiro Tramo 1 DIA 44 € 11 DIAS 453,20 € 21 DIAS 580,80 € 1 DIA 50 € 11 DIAS 515 € 21 DIAS 660 € 2 DIAS 88 € 12 DIAS 466,40 € 22 DIAS 589,60 € 2 DIAS 100 € 12 DIAS 530 € 22 DIAS 670 € 3 DIAS 132 € 13 DIAS 479,60 € 23 DIAS 598,40 € 3 DIAS 150 € 13 DIAS 545 € 23 DIAS 680 € 4 DIAS 176 € 14 DIAS 492,80 € 24 DIAS 607,20 € 4 DIAS 200 € 14 DIAS 560 € 24 DIAS 690 € 5 DIAS 220 € 15 DIAS 506,00 € 25 DIAS 616,00 € 5 DIAS 250 € 15 DIAS 575 € 25 DIAS 700 € 6 DIAS 264 € 16 DIAS 519,20 € 26 DIAS 624,80 € 6 DIAS 300 € 16 DIAS 590 € 26 DIAS 710 € 7 DIAS 308 € 17 DIAS 532,40 € 27 DIAS 633,60 € 7 DIAS 350 € 17 DIAS 605 € 27 DIAS 720 € 8 DIAS 352 € 18 DIAS 545,60 € 28 DIAS 642,40 € 8 DIAS 400 € 18 DIAS 620 € 28 DIAS 730 € 9 DIAS 396 € 19 DIAS 558,80 € 29 DIAS 651,20 € 9 DIAS 450 € 19 DIAS 635 € 29 DIAS 740 € 10 DIAS 440 € 20 DIAS 572,00 € 30 DIAS 660,00 10 DIAS 500 € 20 DIAS 650 € 30 DIAS 750 €
A estes prezos hai que engadirlle o 7% do IVE Se a estadía é superior a un mes, o prezo de cada día que exceda do dito mes será de: 22€ o apartamento pequeño 25€ o apartamento mediano 30,50€ o apartamento grande PREZOS PARA OS APARTAMENTOS GRANDES Primeiro Tramo Segundo Tramo Terceiro Tramo 1 DIA 61 € 11 DIAS 628,30 € 21 DIAS 805,20 € 2 DIAS 122 € 12 DIAS 646,60 € 22 DIAS 817,40 € 3 DIAS 183 € 13 DIAS 664,90 € 23 DIAS 829,60 € 4 DIAS 244 € 14 DIAS 683,20 € 24 DIAS 841,80 € 5 DIAS 305 € 15 DIAS 701,50 € 25 DIAS 854,00 € 6 DIAS 366 € 16 DIAS 719,80 € 26 DIAS 866,20 € 7 DIAS 427 € 17 DIAS 738,10 € 27 DIAS 878,40 € 8 DIAS 488 € 18 DIAS 756,40 € 28 DIAS 890,60 € 9 DIAS 549 € 19 DIAS 774,70 € 29 DIAS 902,80 € 10 DIAS 610 € 20 DIAS 793,00 € 30 DIAS 915,00 €