scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Proposta de modificación da normativa pola que se regula a selección do Persoal Docente e Investigador contratado da USC

Universidade de Santiago de Compostela. Consello de Goberno

Full text

1 PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DA NORMATIVA POLA QUE SE REGULA A SELECCIÓN DO PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR CONTRATADO DA USC. A Lei Orgánica 4/2007 de 12 de abril, pola que se modifica a Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades introduce modificacións sustanciais en moitos ámbitos da realidade universitaria. As modificacións afectan, entre outros, ao réxime do persoal docente e investigador para o que a propia lei establece que no prazo dun ano deberá ditarse polo Goberno un novo estatuto. Non parece oportuno, pois, abordar modificacións sustanciais nas normas que regulan o persoal docente e investigador, aínda que fanse precisas algunhas modificacións de adaptación á nova legalidade. En concreto, é urxente a adaptación da Normativa pola que se regula a selección do persoal docente e investigador contratado e interino da Universidade de Santiago de Compostela, aprobada por Acordo do Consello de Goberno do 17 de febreiro de 2005 de cara aos vindeiros procesos selectivos que se están a celebrar. A Disposición Adicional Oitava da dita Lei establece que “as universidades adaptarán os seus estatutos conforme ao disposto na Lei nun prazo máximo de tres anos. Ata que non se produza a adaptación dos estatutos, os Consellos de Goberno das universidades poderán aprobar a normativa de aplicación que sexa necesaria para o cumprimento do establecido na Lei”. Aproveitando a oportunidade considérase conveniente a introdución dalgunhas modificacións que, se ben non veñen obrigadas pola nova lei orgánica de universidades, si son oportunas pola experiencia acadada na aplicación do regulamento actual. Así: + recóllese expresamente que os membros do Consello de Dirección non pertenzan ás comisións de selección; + permítese a acreditación dos méritos alegados respecto a experiencia docente por calquera medio de proba admisible en dereito e que sexan suficientes a xuizo da Universidade; + adáptase o texto á Resolución do 15 de marzo de 2005, pola que se dispón a publicación do protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a valoración dos expedientes académicos + e finalmente, establécese a utilización da táboa de afinidades entre áreas de coñecemento que se establece no Anexo V do Real Decreto 774/2002 e, subsidiariamente, o que se recolle no propio regulamento. É por todo isto que, o Consello de Goberno, na súa sesión do 10 de maio de 2007, A C O R D A: ÚNICO.- A Normativa pola que se regula a selección do persoal docente e investigador contratado e interino da Universidade de Santiago de Compostela, aprobada por Acordo do Consello de Goberno do 17 de febreiro de 2005, modifícase do xeito que se expresa: 2 Un. O Artigo 1. Apartado 1, queda redactado da seguinte maneira: “1. Esta normativa ten por obxecto regular os concursos para a selección de profesores contratados doutores, profesores colaboradores, profesores axudantes doutores, profesores asociados e axudantes aos que alude a Sección Primeira do Capítulo I do Título IX da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades (LOU), modificada pola Lei 4/2007, de 12 de abril, así como de lectores de linguas modernas ou estranxeiras e de profesores interinos de substitución. Inclúese tamén na presente normativa a regulación do procedemento para a selección de funcionarios interinos dos corpos docentes universitarios.” Dous . O Artigo 2. Apartado 3, queda redactado da seguinte maneira: “A selección do persoal docente e investigador contratado levarase a cabo segundo o procedemento establecido neste regulamento.” Tres. O Artigo 7. Apartado 1, segundo o establecido no parágrafo terceiro do apartado 48 da Lei Orgánica 4/2007 queda redactado da seguinte maneira: “As convocatorias de concursos comunicaranse ao Consello de Universidades e ao Consello Galego de Universidades con suficiente antelación para a súa difusión.” Catro. O Artigo 11. Apartado 1, queda redactado da seguinte maneira: “1. Segundo o que dispón o apartado 23.3 dos Estatutos da USC, as comisións de selección estarán formadas por cinco profesores con titulación, categoría e dedicación igual ou superior á establecida para ocupar a praza convocada. Punto 2. “Os membros do Consello de Dirección non formarán parte das comisións de selección.” Cinco. O Artigo 21. Apartado 1, segundo o establecido no apartado 52 da Lei Orgánica 4/2007, queda redactado da seguinte maneira: “1.Prazas de profesor contratado doutor - Posuír o título de doutor - Ter recibido a avaliación positiva desta actividade por parte da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación ou de calquera outro órgano de avaliación que determinen as leis doutras Comunidades Autónomas, sempre que exista un convenio ou concerto previo coa Comunidade 3 Autónoma de Galicia (en diante, o órgano de avaliación externa correspondente).” Seis. Artigo 21. Apartado 3, segundo o establecido no apartado 50 da Lei Orgánica 4/2007, queda redactado da seguinte maneira: “ 3. Prazas de profesor axudante doutor - Posuír o título de doutor - Ter acreditada a avaliación positiva da súa actividade docente e investigadora por parte do órgano de avaliación externa correspondente. Será mérito preferente a estadía do candidato en universidades ou centros de investigación de recoñecido prestixio, españois ou estranxeiros, distintos da USC.” Sete. Artigo 21. Apartado 6, segundo o establecido no apartado 49 da Lei Orgánica 4/2007, queda redactado da seguinte maneira: “6. Prazas de axudante - Ter obtido o título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto dentro dos cinco anos anteriores ao remate do prazo de presentación de solicitudes. - Estar admitido ou en condicións de ser admitido nos estudos de doutoramento. - Non ter sido axudante ao abeiro da Lei Orgánica 11/1983, de 25 de agosto, de Reforma Universitaria, extremo que deberá acreditarse mediante declaración.” Oito. O Artigo 23, punto A, segundo o establecido no apartado 50 da Lei Orgánica 4/2007, queda redactado da seguinte maneira: “A. Os documentos acreditativos do currículo estruturaranse consonte ao seguinte: I. RENDEMENTO ACADÉMICO 1. Expediente académico 2. Grao de licenciatura 3. Diploma de estudos avanzados ou suficiencia investigadora 4. Título de doutor 5. Título de especialista II. EXPERIENCIA DOCENTE 1. Docencia universitaria 2. Docencia non universitaria 3. Colaboración na actividade docente-asistencial en Hospitais Clínicos Universitarios (só para prazas de PACS) III. HABILITACIÓN 4 III.BIS. ESTADIA EN UNIVERSIDADES OU CENTROS DE RECOÑECIDO PRESTIXIO (Apartado de aplicación só para a provisión das prazas de profesores axudantes doutores) IV. EXPERIENCIA INVESTIGADORA 1. Publicacións: – Libros – Artigos científicos – Capítulos de libros – Outras publicacións – Patentes 2. Relatorios e comunicacións en congresos 3. Participación en proxectos de investigación e actividades desenvolvidas ao abeiro do artigo 83 da LOU 4. Estadías noutros centros de investigación 5. Bolsas ou contratos de investigación 6. Outros méritos de investigación V. EXPERIENCIA PROFESIONAL VI. EXPERIENCIA ASISTENCIAL VII. OUTROS MÉRITOS RELEVANTES PARA A PRAZA 1. Experiencia de xestión universitaria 2. Coñecemento da lingua propia da USC 3. Participación en actividades de formación e innovación docente 4. Colaboración na actividade docente-asistencial en Hospitais Clínicos Universitarios (excepto en prazas de PACS) 5. Outros VIII. PERÍODO DE ACTIVIDADE DOCENTE, INVESTIGADORA E DE XESTIÓN DESENVOLVIDA NA USC (Apartado de aplicación só para a provisión das prazas a que fai referencia a Disposición adicional primeira) Para que proceda a valoración dos méritos do currículo, estes deberán posuírse na data de finalización do prazo de presentación que se indique na convocatoria. Nove. Artigo 35. Punto 1, segundo o establecido no apartado 52 da Lei Orgánica 4/2007, queda redactado da seguinte maneira: “1. Profesor contratado doutor Os profesores contratados doutores serán contratados, en réxime laboral, para o desenvolvemento, con plena capacidade docente e investigadora, de tarefas de docencia e de investigación, ou prioritariamente de investigación, con dedicación a tempo completo e o contrato será de carácter indefinido.” Dez. Artigo 35. Punto 3, segundo o establecido no apartado 50 da Lei Orgánica 4/2007 queda redactado da seguinte maneira: “3. Profesor axudante doutor Os profesores axudantes doutores serán contratados en réxime laboral, a tempo completo e por un período non inferior a un ano nin superior a cinco anos, podendo prorrogarse ou renovarse si se concertase por duración inferior a 5 máxima, sempre que a duración total non exceda dos indicados cinco anos, para desenvolver tarefas docentes e de investigación. En calquera caso, o tempo total da duración conxunta entre esta figura contractual e a figura de axudante, nesta Universidade ou noutra distinta, non poderá exceder de oito anos. As situacións de incapacidade temporal, maternidade e adopción ou acollemento durante o período de duración do contrato, interromperán o seu cómputo.” Once. Artigo 35. Punto 4, segundo o establecido no apartado 53 da Lei Orgánica 4/2007 queda redactado da seguinte maneira: “4. Profesor asociado Os profesores asociados serán contratados en réxime laboral para o desenvolvemento de tarefas docentes directamente vinculadas coa súa actividade profesional principal. Os contratos terán carácter temporal e dedicación a tempo parcial, sendo a súa duración trimestral, semestral o anual e poderá ser renovado por períodos de igual duración sempre que se siga acreditando o exercicio da actividade profesional fóra do ámbito académico universitario, logo do informe do Consello de Departamento. Nas áreas relacionadas con ciencias da saúde e ciencias clínicas veterinarias, a duración dos contratos de profesor asociado de ciencias da saúde será a prevista nos correspondentes concertos entre a Universidade e as institucións sanitarias.” Doce. Artigo 35. Punto 6, segundo o establecido no apartado 49 da Lei Orgánica 4/2007 queda redactado da seguinte maneira “5. Axudante Os axudantes serán contratados en réxime laboral con dedicación a tempo completo e por un período non inferior a un ano nin superior a cinco anos, podendo prorrogarse ou renovarse si se concertase por duración inferior a máxima, sempre que a duración total non exceda dos indicados cinco anos. En calquera caso, o tempo total da duración conxunta entre esta figura contractual e a figura de axudante doutor, nesta Universidade ou noutra distinta, non poderá exceder de oito anos. As situacións de incapacidade temporal, maternidade e adopción ou acollemento durante o período de duración do contrato, interromperán o seu cómputo. A finalidade principal da contratación de axudantes é a de completar a súa formación docente e investigadora. Non obstante, poderán colaborar en tarefas docentes de índole práctica ata un máximo de 60 horas anuais.” Trece. No Anexo I, segundo o establecido no apartado 50 da Lei Orgánica 4/2007, modificase o apartado de Profesor Axudante Doutor e Profesor Interino de Substitución nos puntos 3 e 4, da seguinte maneira: 6 “3. Habilitación para participar en concursos de acceso aos corpos de Catedrático de Universidade, Profesor Titular de Universidade, Catedrático de Escola Universitaria ou Titular de Escola Universitaria, ou pertenza a un destes corpos: 10 puntos. 3.bis* Estadías en universidades ou centros de investigación de recoñecido prestixio, españois ou estranxeiros distintos da USC: puntuación máxima 8 puntos. Os méritos valorados neste apartado non poderán ser obxecto de valoración no apartado 4.4. * Apartado específico de aplicación só para provisión de prazas de profesores axudantes doutores. 4. Experiencia investigadora: puntuación máxima 25 puntos. 4.1. Publicacións: libros, artigos científicos, capítulos de libros, patentes, etc. ata un máximo de 14 puntos. 4.2. Relatorios e comunicacións en congresos: máximo 3 puntos. 4.3. Participación en proxectos de investigación e actividades do artigo 83 da LOU: máximo 2 puntos. 4.4. Estadías noutros centros de investigación (non incluídas no apartado 3. bis): máximo 2 puntos. 4.5. Bolsas ou contratos de investigación: máximo 2 puntos (0,50 puntos por ano). Os tempos inferiores a 1 ano ratearanse por meses. 4.6. Outros méritos de investigación: máximo 2 puntos.” Catorce. O Anexo II. Primeira.1.1, segundo o establecido na Resolución do 15 de marzo de 2005, pola que se dispón a publicación do protocolo de colaboración subscrito entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a valoración dos expedientes académicos, queda redactado da seguinte maneira 1.1. Os expedientes académicos valóranse consonte á seguinte táboa de equivalencias e sistema de cálculo: Táboa de equivalencias: Matrícula de honra 4 Sobresaliente 3 Notable 2 Aprobado 1 Validado 1* *No caso de que a validación sexa con cualificación ou se coñeza a cualificación de orixe aplicarase a puntuación que lle corresponda. Cálculo da puntuación do expediente académico: Plans renovados (por créditos): 7 ∑ (nº. créd. materia X cualif. Materia) /(nº. convocatorias usadas na materia X nº créd. materia) Titulacións non renovadas: ∑ (cualificación da materia X 2, en materias anuais ou X 1, en materias cuadrimestrais) / (nº. convocatorias usadas na materia X 2. en materias anuais, ou X 1 en materias cuadrimestrais ) Nas titulacións de 2º ciclo nas que se esixa proxecto de fin de carreira, este non se terá en conta para os efectos de valoración do expediente. A puntuación obtida do expediente académico deberase multiplicar por un factor K nos seguintes casos: Valores de K: Profesor colaborador 2.00 Profesor axudante doutor 2.25 Profesor interino de substitución 2.25 Axudante 9.00 Quince. O Anexo II. Segunda engádese o apartado 4. 4. Os documentos acreditativos que se relacionan aos efectos de acreditación dos méritos docentes alegados, consideraranse como medios preferentes de proba sendo posible acreditalos por calquera medio de proba admisible en dereito e que sexa suficiente a xuizo desta universidade. Dezaseis. Anexo II. Décima, segundo o establecido no apartado 50 da Lei Orgánica 4/2007 para os efectos da valoración como mérito preferente da estadía noutras universidades ou centros de investigación de recoñecido prestixio, queda redactado da seguinte maneira: “Décima. Normas para a determinación das puntuacións parciais e final 1. Puntuacións parciais Rendemento académico (RA) RA =[expediente X afin. da titulación) + (grao X afin. do grao) + (DEA X afin. do DEA) + (tese X afin. da tese) + (título especialista X afin. da especialidade)] / 3 Experiencia docente (ED) ED = [(mérito1 X afin. do mérito1) + (mérito2 X afin. do mérito2)+ (mérito3 X afin. do mérito3)+ ...] / 3 Experiencia investigadora (EI) EI = [(mérito1 X afin. do mérito1) + (mérito2 X afin. do mérito2)+ (mérito3 X afin. do mérito3)+ ...] / 3 8 Habilitación (H) Estadía en universidades ou centros de investigación de recoñecido prestixio, españois ou estranxeiros distintos da USC (ES) Experiencia profesional (EP) EP = mérito1 + mérito2 + mérito3 + ... Experiencia asistencial (EA) EA = mérito1 + mérito2 + mérito3 + ... Outros méritos (OM) OM = mérito1 + mérito2 + mérito3+ ... Actividade docente, investigadora e de xestión desenvolvida na USC (ADIXUSC) Proxecto de actividades docentes (PAD) PAD = Contido + Adecuación do proxecto ás características da praza + Metodoloxía docente 2. Puntuación final (PF) Profesor contratado doutor PF = RA + ED + EI + H + OM + puntuación da primeira proba + puntuación da segunda proba Profesor colaborador PF = RA + ED + EI + H + OM + puntuación da primeira proba + puntuación da segunda proba Profesor axudante doutor e profesor interino de substitución PF= RA + ED + ES + EI + H + OM + puntuación da 2ª fase Profesor Asociado PF= RA + ED + EI + EP + OM + PAD Profesor Asociado de Ciencias da Saúde PF= RA + ED + EI + EA + OM + PAD Axudante PF= RA + ED + EI + OM Profesorado Funcionario Interino PF= RA + ED + EI + OM *Nas prazas convocadas ao abeiro da Disposición adicional primeira a puntuación final calcularase do seguinte xeito: 9 Profesor contratado doutor PF = RA + ED + EI + H + OM + ADIXUSC Profesor colaborador PF = RA + ED + EI + H + OM + ADIXUSC Profesor axudante doutor PF= RA + ED + ES + EI + H + OM + ADIXUSC” Dezasete. O Anexo IV, para adaptarse a táboa de afinidades do Real Decreto 774/2002, de 26 de xullo, polo que se regula o sistema de habilitación, queda redactado da seguinte maneira: “Anexo IV. As táboas de afinidade aplicaranse coa seguinte orde de prelación: A) En primeiro lugar, aplicarase a TÁBOA DE AFINIDADES ENTRE ÁREAS DE COÑECEMENTO que se establece no Anexo V do Real Decreto 774/2002, de 26 de xullo, polo que se regula o sistema de habilitación para o acceso a Corpos de Funcionarios Docentes Universitarios e o réxime de acceso dos concursos de acceso respectivo, e a súas actualizacións. B) En segundo lugar, aplícase a TÁBOA DE AFINIDADES ENTRE ÁREAS DE COÑECEMENTO recollidas nesta Normativa como complemento e só para as áreas que non están comprendidas no apartado A deste Anexo IV.”