scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Memoria das causas xustas para mellorar o presente. Anotacións con versións de Isaac Díaz Pardo

Blanco García, Carmen

Abstract

Fragmentos tomados, traducidos e anotados de Isaac Díaz Pardo, Galicia hoy y el resto del mundo, Ediciós do Castro, Sada, A Coruña, 1987)

Full text

14 MEMORIA DAS CAUSAS XUSTAS PARA MELLORAR O PRESENTE. ANOTACIÓNS CON VERSIÓNS DE ISAAC DÍAZ PARDO Por Carmen Blanco Ao alumnado da Facultade de Humanidades, estas anotacións feitas para elas e para eles. ARTE: SISTEMA DE COMUNICACIÓN MÁIS SENSIBLE (+) A arte e a poesía adiántanse e rexistran antes o que vai pasar. Pertencen a un sistema máis sensible. Son un sistema de comunicación que penetra as cousas e venta o horizonte. (p. 194) CAUSAS XUSTAS (+) / ESPECULACIÓN (-) Desgraciadamente o problema non se debate entre conservadores e progresistas senón entre os que queren liberdade para especular e os que se buscan nas causas xustas. (p. 205) O PROBLEMA DO PARO: SOLIDARIEDADE (+) / OLLOS CERRADOS ÁS CAUSAS, MANS ATADAS CON INSOLIDARIEDADE (-) O fantasma do paro tennos asustados. Os gobernos incentivan a inversión para tratar de solucionalo, mais o único que conseguen é trasladar o problema e acaso agravalo. Os ollos, en xeral, están cerrados ás causas, que o producen, que o configuran, porque o paro non é todo el unha realidade. Se houbese solidariedade bastaba con repartir o traballo (...) pero temos atadas as mans con insolidariedade. (p. 202) O BO DAS VANGARDAS HISTÓRICAS (+) / DESASTRE FASCISTA: DESORIENTACIÓN, INCOMUNICACIÓN, DESCOMPROMISO (-) Os problemas da arte en particular e da cultura en xeral creo que padecen, tamén en xeral, a orientación operada polos acontecementos que enfrontaron ao pobo español en 1936 e que seguiron coa segunda guerra mundial (...) O movemento cultural galego que se xerara nos vinte anos anteriores foi varrido materialmente polo franquismo no ano 36 en poucas horas, cunha impiedade como non o foi en ningunha parte de España. A afondar este desastre sumáronse os acontecementos provocados polo “avance” dos medios de comunicación que, en mans de quen estaba máis interesado en incomunicar que en comunicar, pasaron a incrementar a desorientación (...) Con maior ou menor intensidade toda Europa foi vítima dos fascismos e, practicamente, todo o mundo padece, en xeral con gusto, a sociedade de consumo, envolta en papel deseñado cos sistemas de comunicación desta cultura que se apropiou, descomprometéndoas, moitas formas que creara o compromiso das vangardas históricas. (p. 211) (Fragmentos tomados, traducidos e anotados de Isaac Díaz Pardo, Galicia hoy y el resto del mundo, Ediciós do Castro, Sada, A Coruña, 1987) SECCIÓN VARIA » »