scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Calar, cantar, escribir e ler linguas de longa vida. Versións de tres poéticas: Rosalía, Pessoa e Cernuda

Luaces, Emma

Full text

56 | EVOHÉ Calar, cantar, escribir e ler linguas de longa vida. Versións de tres poéticas: Rosalía, Pessoa e Cernuda por EMMA LUACES Acuarela de Sara Lamas Monográfico ANTONIO GAMONEDA | 57 Versión literal de Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837-Padrón, 1885): “Desde os catro puntos cardinais” Desde os catro puntos cardinais do noso bo planeta -novo, pese ás súas múltiples engurras-, miles de intelixencias poderosas e activas para ensanchar os campos da ciencia, tan vastos xa que a razón se perde nas súas frondes inmensas, acoden á cita que o progreso lles dá desde o seu templo de cen portas. Obreiros incansables, eu saúdovos, plena de asombro e de respecto plena, vendo como a Fe, que guiou un día cara ao deserto ao santo anacoreta, hoxe coa mesma venda transparente ata o limiar do imposible os leva. ¡Esperade e crede!, crea o que cre, e ama con dobre ardor aquel que espera. Pero eu no recanto máis oculto e tamén máis fermoso da terra, sen esperar a Ulises, que o noso naufragou na tormenta, semellante a Penélope tezo e destezo sen cesar a miña tea, pensando que esta é do destino humano a incansable tarefa, e que agora subindo, agora baixando, unhas veces con luz e outras a cegas, cumprimos nosos días e chegamos máis tarde ou máis pronto á ribeira. Versión galega de Rosalía de Castro, “Desde los cuatro puntos cardinales”, Extranjera en su patria. Cuatro poetas gallegos. Rosalía de Castro. Manuel Antonio. Luís Pimentel. Luz Pozo Garza, Galaxia Gutenberg-Círculo de Lectores, Barcelona, 2005. Edición bilingüe de Carmen Blanco, p. 101. 58 | EVOHÉ Acuarela da Sara Lamas Monográfico ANTONIO GAMONEDA | 59 Versión auto-poética con “amor” fronte a “dor” de Fernando Pessoa (Lisboa, 1888- 1935) : “Autopsicografía” (Poética) Autopsicografía (Poética) A poesía é unha finxidora Finxe tan completamente que chega a finxir que é amor o amor que de veras sente E quen le o que escrebe no amor lido sente ben non os dous que ela ten senón só o que non ten E así nas vías da roda xira entretendo a razón ese convoi de corda que se chama o corazón Autopsicografía (Poética) La poesía es una fingidora Finge tan completamente que llega a fingir que es amor el amor que de veras siente Y quien lee lo que escribe en el amor leído siente bien no los dos que ella tiene sino solo el que no tiene Y así en las vías de la rueda gira entreteniendo la razón ese convoy de cuerda que se llama el corazón Versións galega e española de Fernando Pessoa, “Autopsicografía”, Un corazón de nadie, Galaxia Gutenberg-Círculo de Lectores, Barcelona, 2001. Edición bilingüe de Ángel Campos Pámpano, pp. 544. 60 | EVOHÉ Versión literal de Luis Cernuda (Sevilla, 1902-México, 1963): “As sereas” As sereas Ninguén coñeceu a lingua na que cantan as sereas e poucos os que acaso, ao oír algún canto a medianoite (non no mar, terra dentro, entre as augas dun lago), creron ver unha friorenta e triste xurdir como fantasma e entoarlles aquela canción mesma que resistira Ulises. Cando a noite acaba e tempo xa non hai a canto se esperou nas horas de un día, volven os que as viron; mais a canción quedaba, filtro, poción de lágrimas, embebida no seu espírito, e sentían en si con resonancia fonda o encanto no canto da serea avellentada. Escoitado tan ben e con paixón tanta oído, xa non eran os mesmos e outro vivir buscaron, posesos polo filtro que enfebreceu seu sangue. ¿Unha soa canción pode cambiar así unha vida? O canto cesara, as sereas calaran, e os seus ecos. O que unha vez as oe viúvo e desolado queda para sempre. Versión galega de Luis Cernuda, “Las sirenas”, La Realidad y el deseo (1924-1962), Fondo de Cultura Económica, México, 1976, p. 331. Acuarela de Sara Lamas Monográfico ANTONIO GAMONEDA | 61