Full text
Lois Pimentel Iglesias O salario mínimo Situación na UE, comparativa nos mercados de traballo español e francés e efectos sobre o emprego Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Grao en Economía Xullo 2020 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Economía Traballo de fin de grao
Lois Pimentel Iglesias 2 Resumo O presente traballo céntrase no estudo do salario mínimo, un tema en torno ao cal os debates no noso país volveron rexurdir con forza nos últimos tempos. A súa análise, ademais, cobra especial interese no caso español por tratarse dun país cuxos niveis de desemprego adoitan atoparse de xeito sistemático por enriba da media da UE. O obxectivo deste traballo consiste en examinar en que posición se atopa España dentro do contexto da UE no referido ao salario mínimo e, máis concretamente, realizar unha análise comparativa entre España e Francia con respecto do tema en cuestión. A idoneidade da observación e comparación entre estes dous países reside en que son aqueles territorios que, con data de 2018, contaban co menor e maior índice de Kaitz (IK), respectivamente, de toda a UE. Ademais, tamén realizamos unha aproximación á relación existente entre os IK e as taxas de desemprego dunha economía. Para levar a cabo estas análises, abarcamos un horizonte temporal de catro décadas e centrámonos nas orixes e evolución dos principais indicadores referidos ao salario mínimo. Observamos como a fórmula legal de revalorización dos salarios mínimos existente en cada país determinou, por un lado, un aumento case ininterrompido do poder adquisitivo do salario mínimo francés dende 1980, mentres que, para o caso español, o corrente foron as perdas no seu poder de compra. Isto supuxo, ademais, que mentres que o IK en Francia se mantivo estable e sen grandes alteracións dende 1980 ata a actualidade, en España esta variable retrocedeu fortemente dende os inicios da democracia ata 2003. Por outra banda, mediante unha análise desagregada a nivel territorial, concluímos a existencia dunha certa correlación lineal positiva entre o IK de cada Comunidade Autónoma e a súa respectiva taxa de desemprego. Pola contra, no caso francés, esta correlación parece inexistente. En cumprimento coa normativa, este traballo conta con 9.997 palabras.
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 3 Índice Resumo ........................................................................................................................ 2 Índice ............................................................................................................................ 3 Índice de siglas e abreviaturas ..................................................................................... 5 Índice de gráficos e táboas ........................................................................................... 7 Introdución ................................................................................................................... 9 Desenvolvemento do traballo .................................................................................... 10 1 Efectos sobre o emprego dos salarios mínimos ................................................. 10 1.1 Principais modelos teóricos ....................................................................... 10 1.1.1 Modelo competitivo ............................................................................................. 10 1.1.2 Modelo monopsónico .......................................................................................... 11 1.1.3 Modelo con traballadores heteroxéneos .............................................................. 11 1.1.4 Modelos baseados na Teoría dos Salarios de Eficiencia ......................................... 11 1.2 Principais resultados empíricos na literatura económica ........................... 12 1.2.1 O Índice de Kaitz: definición e formas de medición ............................................... 12 1.2.2 Resultados de estudos previos.............................................................................. 13 2 Salarios mínimos dentro da Unión Europea ....................................................... 15 2.1 Sistemas de fixación do salario mínimo na UE-27 ...................................... 15 2.2 Diversos indicadores sobre o salario mínimo na UE-21 .............................. 16 3 Caracterización do mercado de traballo español con respecto ao SMI .............. 22 3.1 Orixes e regras de fixación do SMI ............................................................. 22 3.2 Evolución do SMI ....................................................................................... 22
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 4 3.3 Estudo desagregado por CCAA .................................................................. 26 4 Caracterización do mercado de traballo francés con respecto ao SMIC ............. 29 4.1 Orixes e regras de fixación do SMIC ........................................................... 29 4.2 Evolución do SMIC ..................................................................................... 30 4.3 Estudo desagregado por rexións................................................................ 33 5 Comparación entre os mercados de traballo español e francés respecto ao salario mínimo ......................................................................................................... 36 Conclusións, limitacións e ampliacións ...................................................................... 38 Referencias citadas..................................................................................................... 40
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 5 Índice de siglas e abreviaturas BE: Banco de España. CCAA: Comunidades Autónomas. CNNCEFP: Comission Nationale de la Négociation Collective, de l’Emploi et de la Formation Professionnelle. CCOO: Comisións Obreiras. CSE: Carta Social Europea. DARES: Direction de l’Animation de la Recherche, des Études et des Statistiques. Desv.: desviación. EPA: Estándares de Poder Adquisitivo. EPA: Enquisa de Poboación Activa. EEUU: Estados Unidos. GMR: Garantie Mensuelle de Rémunération. IK: Índice de Kaitz. INE: Instituto Nacional de Estatística. INSEE: Institut National de la Statistique et des Études Économiques. IPC1: Índice de Prezos ao Consumo. IPC2: Indice des Prix à la Consommation. MCVL: Mostra Continua de Vidas Laborais. OCDE: Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos. OIT: Organización Internacional do Traballo.
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 6 PPA: Paridade de Poder Adquisitivo. PSOE: Partido Socialista Obreiro Español. SHBOE: Salaire Horaire de Base des Ouvriers et Employés. SMI: Salario Mínimo Interprofesional. SMIC: Salaire Minimum Interprofessionnel de Croissance. SME: Salario Medio. SMe: Salario Mediano. Rep.: república. UE: Unión Europea. UP: Unidas Podemos.
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 7 Índice de gráficos e táboas GRÁFICO 1: EFECTO DO SALARIO MÍNIMO NUN MERCADO DE TRABALLO COMPETITIVO ................................................ 11 GRÁFICO 2: EFECTO DO SALARIO MÍNIMO NUN MERCADO DE TRABALLO MONOPSÓNICO ............................................. 11 GRÁFICO 3: EFECTO DO SALARIO MÍNIMO NA DISTRIBUCIÓN SALARIAL NUN MODELO CON TRABALLADORES HETEROXÉNEOS . 12 GRÁFICO 4: MEDIA E DESVIACIÓN ESTÁNDAR DOS SALARIOS MÍNIMOS MENSUAIS BRUTOS DOS PAÍSES DA UE DE RÉXIME XERAL (EN EPA , 1999-2020) ..................................................................................................................... 18 GRÁFICO 5: TAXAS DE VARIACIÓN INTERANUAIS DO SMI E DO IPC (ESPAÑA, 1980-2020, EN %)................................. 23 GRÁFICO 6: ÍNDICES DE KAITZ E TAXA DE PARO (ESPAÑA, 1980-2018) .................................................................. 26 GRÁFICO 7: CORRELACIÓN ENTRE O ÍNDICE DE KAITZ E A TAXA DE PARO DAS CCAA (2017) ......................................... 28 GRÁFICO 8: TAXAS DE VARIACIÓN INTERANUAIS DO SMIC E DO IPC (FRANCIA, 1981-2019, EN %) .............................. 30 GRÁFICO 9: GRAO DE COBERTURA DO SMIC (FRANCIA, 1991-2019, EN %) ........................................................... 31 GRÁFICO 10: ÍNDICES DE KAITZ E TAXA DE PARO (FRANCIA, 1980-2018) ............................................................... 33 TÁBOA 1: MODELOS DE FIXACIÓN DO SALARIO MÍNIMO NA UE ............................................................................. 15 TÁBOA 2: SALARIOS MÍNIMOS MENSUAIS BRUTOS NOS PAÍSES DA UE DE RÉXIME UNIVERSAL MÁIS EEUU (EN € NOMINAIS) . 16 TÁBOA 3: SALARIOS MÍNIMOS MENSUAIS BRUTOS NOS PAÍSES DA UE DE RÉXIME UNIVERSAL MÁIS EEUU (EN EPA)........... 17 TÁBOA 4: ÍNDICE DE KAITZ NOS PAÍSES DA UE DE RÉXIME UNIVERSAL MÁIS EEUU (SALARIO MÍNIMO ENTRE SALARIO MEDIO) 19 TÁBOA 5: ÍNDICE DE KAITZ NOS PAÍSES DA UE DE RÉXIME UNIVERSAL MÁIS EEUU (SALARIO MÍNIMO ENTRE SALARIO MEDIANO) ...................................................................................................................................... 20 TÁBOA 6: GRAO DE COBERTURA ESTIMADO PARA 2019 DO SMI SEGUNDO SEXO, IDADE, TIPO DE CONTRATO, TAMAÑO DE ESTABLECEMENTO E SECTOR DE ACTIVIDADE (ESPAÑA, EN %) ....................................................................... 25 TÁBOA 7: GRAO DE COBERTURA ESTIMADO PARA 2019 DO SMIC SEGUNDO SEXO, IDADE, TIPO DE CONTRATO, TAMAÑO DE EMPRESA E SECTOR DE ACTIVIDADE (FRANCIA, EN %) ................................................................................. 32 TÁBOA 8: SALARIOS MEDIOS BRUTOS ANUAIS, ÍNDICES DE KAITZ E TAXAS MEDIAS ANUAIS DE PARO POR REXIÓNS (FRANCIA, 2016) ........................................................................................................................................... 34
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 8 TÁBOA 9: RESUMO DAS PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS DO SALARIO MÍNIMO EN ESPAÑA E FRANCIA ................................ 36
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 9 Introdución A OIT define o salario mínimo como aquela “cuantía mínima de la remuneración que un empleador deberá abonar a sus asalariados por las prestaciones que éstos hayan efectuado durante un determinado período, sin que dicha cuantía pueda ser rebajada mediante convenio colectivo ni acuerdo individual” (Organización Internacional do Traballo [OIT], 2014). As consecuencias que variacións no seu nivel orixinan tanto no plano económico, coma no social ou no laboral non son de todo claras. Precisamente o seu estudo revélase como un tema fundamental nun momento no que a subida do SMI levada a cabo en España en 2019 resulta non contar con precedentes en máis de corenta anos. O obxectivo do noso traballo consiste, por un lado, en estudar en que punto se atopa España no referido ao salario mínimo con respecto aos países do seu entorno, así como en realizar unha aproximación á relación existente entre o índice de Kaitz e as taxas de desemprego dunha economía. Con este fin, o traballo estrutúrase como segue. Por unha banda, e para ter unha visión global do tema en cuestión, procederemos no epígrafe 2 a estudar a situación dos salarios mínimos dentro dos países da UE, tanto dende un punto de vista legal, coma dende un punto de vista puramente económico, para o cal nos apoiaremos fundamentalmente no índice Kaitz. Tras isto, nos epígrafes 3 e 4, e estudados os resultados desta primeira análise, centraremos a nosa atención naqueles dous países que se revelaron coma antagónicos no referido ao peso que nos seus mercados de traballo posúe o cociente entre salario mínimo e mediano: Francia e España. Ademais, como paso previo, comezaremos no epígrafe 1 por achegarnos á relación existente entre o índice de Kaitz e as taxas de desemprego dunha economía, tanto dende un punto de vista teórico coma empírico. A información recompilada nesta sección constituirá o noso punto de referencia á hora de incluír ao longo do traballo as nosas propias análises de correlación entre ambas variables para os países estudados.
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 16 2.2 Diversos indicadores sobre o salario mínimo na UE-21 Nas diversas estatísticas que imos analizar nesta sección do traballo incluiremos a aqueles países da UE que contan co réxime universal en canto á fixación de salarios mínimos (en adiante, UE-21). Nótese, ademais, que tamén engadiremos datos referidos aos EEUU dada a gran importancia que o seu mercado de traballo posúe a nivel mundial. Táboa 2: Salarios mínimos mensuais brutos nos países da UE de réxime universal máis EEUU (en € nominais). Fonte: Eurostat. Para comezar a aproximarnos á realidade sobre salarios mínimos na UE-21 presentamos na táboa 2 os niveis de salario mínimo mensuais brutos vixentes entre os anos 2016 a 2020 expresados en euros nominais para este grupo de países. Téñase en conta que, se ben é certo que en determinados países, como é o caso de España, a
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 17 cifra do SMI “mensual” adoita expresarse dividida entre un total de catorce pagas, os datos aquí presentados son datos estritamente mensuais, polo que a cifra anual de salario mínimo atópase dividida entre os doce meses naturais (o cal, por outra banda, non deixa de ser a maneira habitual na que a maioría dos executivos expresan os seus niveis de salario mínimo). Analizando moi sucintamente a información contida na táboa en cuestión, é doado observar que a dispersión dos datos é elevada, ao oscilar o salario mínimo entre os 311,89€ de Bulgaria ata os 2.141,99€ de Luxemburgo para o presente ano. Dito doutro modo, o maior dos salarios mínimos equivale a case sete veces o menor dos mesmos. Non obstante, para poder realizar comparacións a nivel internacional resulta imprescindible ter en conta as diferenzas nos niveis de prezos existentes entre os diferentes países ou, dito doutro xeito, as diferenzas en termos de poder adquisitivo. Táboa 3: Salarios mínimos mensuais brutos nos países da UE de réxime universal máis EEUU (en EPA). 1 Cifra calculada co SMI vixente en 2019 Fonte: Eurostat.
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 18 Os datos contidos na táboa 3 están expresados en Estándares de Poder Adquisitivo (EPA), unha unidade monetaria artificial que permite, na teoría, mercar a mesma cantidade de bens e servizos en calquera país. Os EPA son o termo técnico empregado por Eurostat para designar a moeda común na que se expresan os agregados das contas nacionais despois de axustar as diferenzas nos niveis de prezos a través das taxas de Paridade de Poder Adquisitivo (PPA). En certo modo, as PPA equivalen ao tipo de cambio dos EPA fronte ao euro (Eurostat, 2014). Como vemos, as diferenzas entre salarios mínimos diminúen se estes son expresados en termos de EPA. Esta menor dispersión dos datos débese a que os países con maiores niveis salariais en termos nominais adoitan ter tamén maiores niveis de prezos e viceversa. No ano 2020 o salario medio mínimo sitúase nun valor de 1.034,70 EPA, sendo a súa desviación estándar de 319,74€. Con respecto a estes datos, no gráfico 4 pode observarse a súa tendencia dende 1999 ata 2020. Unha das principais conclusións que podemos extraer é que dende 2013 vénse dando un proceso continuo de converxencia nos niveis salariais mínimos, alcanzando o punto de menor dispersión precisamente no ano 2020. Gráfico 4: Media e desviación estándar dos salarios mínimos mensuais brutos dos países da UE de réxime universal (en EPA, 1999-2020). Fonte: elaboración propia a partir de Eurostat. Pasamos, a continuación, a estudar os valores nos que se atopa o IK no grupo de países que estamos analizando. Como comentamos anteriormente, a importancia do seu estudo vén motivada polo feito de que é un indicador empregado “en numerosos estudios para conocer el impacto que tienen los salarios mínimos en la distribución salarial, el mercado de trabajo o los niveles de desigualdad y pobreza” (Vellvé, 2017). Ademais, debemos ter en conta que o seu cálculo non é sinxelo, posto que existen varias opcións “dependiendo del concepto de salario medio utilizado, de si se toman salarios por hora, mes o año, y de si se emplean magnitudes brutas o netas 0 200 400 600 800 1.000 1.200 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 Media Desv. estándar
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 19 (después de descontar impuestos y cotizaciones sociales)” (Cebrián et al., 2010). Na táboa 4 aparece a evolución do IK entre os anos 2016 a 2018 para o mesmo grupo de países e tomando como referencia o salario medio dos traballadores a tempo completo. Táboa 4: Índice de Kaitz nos países da UE de réxime universal máis EEUU (salario mínimo entre salario medio). 1 n.d.: non dispoñible Fonte: OCDE. Nunha primeira observación podemos detectar facilmente como ningún dos 21 estados membro da UE analizados cumpría coa recomendación marcada pola CSE (0,6) en ningún dos tres últimos exercicios. Non obstante, e como xa sinalabamos na introdución deste informe, Francia é o país que máis se achega a esta cifra, ao ter un IK de 0,5. Isto significa que un empregado francés que sexa perceptor do Salaire Minimum Interprofessionnel de Croissance (SMIC) percibe exactamente a metade do salario medio dese país. No lado oposto desta clasificación atopariamos aos Estados Unidos, onde ese mesmo traballador tan só cobraría, aproximadamente, un cuarto do salario medio norteamericano. Aínda que en apartados posteriores profundaremos no
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 20 caso español (e no francés), cómpre destacar que o noso país ocupa a parte baixa da táboa, sendo superado tan só polos EEUU e por Grecia no ano 2018. Non obstante, e a pesar de que o IK é tomado coma unha variable fundamental cando se analiza o impacto sobre a economía das variacións nos niveis salariais mínimos, á hora de realizar comparacións internacionais pode resultarnos máis transparente observar o cociente do salario mínimo entre o salario mediano (o cal ás veces tamén é denominado IK). Deste xeito, e especialmente se nos atopamos ante poboacións, estatisticamente falando, moi heteroxéneas, sabemos que a media aritmética dos salarios pode presentar certos problemas de perda de representatividade ao verse altamente afectada por eventuais valores extremos que poida presentar dita distribución. Pola contra, empregar os salarios medianos constitúe un mellor punto de referencia, especialmente nos países onde predomina unha alta desigualdade salarial, pois estes non se verán tan afectados pola dispersión (Organización Internacional do Traballo, s.d.). Táboa 5: Índice de Kaitz nos países da UE de réxime universal máis EEUU (salario mínimo entre salario mediano). Fonte: OCDE.
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 21 Empregando este novo cociente os valores resultantes son significativamente superiores aos obtidos polo IK na súa versión orixinal, salario mínimo entre salario medio, en todos os países (isto débese a que os salarios medianos son inferiores aos medios). Con esta versión do IK xa atopariamos a catro países que se aproximan ao nivel do 60%: Eslovenia, Francia, Portugal e Romanía. Observamos como agora España é a economía que posúe, nos tres períodos estudados, o IK máis baixo de toda a UE-21 (só EEUU alcanza niveis menores).
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 22 3 Caracterización do mercado de traballo español con respecto ao SMI 3.1 Orixes e regras de fixación do SMI Tradicionalmente adoita sinalarse o ano 1963 como a data de implantación do SMI en España. Efectivamente, será o 19 de xaneiro de 1963 cando saia publicado no Boletín Oficial del Estado o Decreto 55/1963, de 17 de xaneiro, sobre o establecemento de salarios mínimos e a súa conexión cos establecidos por convenios colectivos sindicais ou melloras voluntarias. Non obstante, convén sinalar que, con anterioridade ao citado Decreto, xa existía en España unha regulación sobre salarios mínimos, mais que presentaba un elevado grao de heteroxeneidade ao depender o salario mínimo de tres criterios: idade do traballador, ocupación exacta do mesmo e provincia na que realizase a citada actividade. Dende 1963, o sistema estará dotado dunha maior homoxeneidade principalmente a nivel xeográfico, aínda que tamén sectorial, pois pasará a existir un único nivel de salario mínimo en todas as provincias españolas. Xa en democracia, a través do Real Decreto 1257/1980, de 6 de xuño, polo que se fixa o salario mínimo interprofesional, serán establecidos tres tramos de idade con diferentes niveis de salario mínimo, os cales quedarán reducidos unha década máis tarde a unicamente dous: maiores e menores de 18 anos. Finalmente, dende 1995 iníciase un proceso de converxencia entre ambos niveis salariais, os cales confluirán a partir de 1998 nun único nivel de salario mínimo para todos os traballadores, sen ningún tipo de distinción. Con respecto ao proceso de fixación do nivel de SMI, atoparemos na Lei 8/1980, de 10 de marzo, do Estatuto dos Traballadores, a pedra angular que define como, en función de que e con que periodicidade debe o goberno elaborar e actualizar o salario mínimo. Concretamente, o artigo 27.1 sinala, en primeiro lugar, que “el Gobierno fijará, previa consulta con las organizaciones sindicales y asociaciones empresariales […], anualmente, el salario mínimo interprofesional”. Prosegue o citado artigo indicando as variables que debe considerar o executivo á hora de actualizar o salario mínimo: IPC, produtividade media nacional, incremento da participación do traballo na renda nacional e conxuntura económica xeral. 3.2 Evolución do SMI Na páxina seguinte preséntase un gráfico no que pode observarse a evolución en España do SMI bruto e do IPC, ambas variables expresadas a través das súas taxas interanuais de variación, para o período 1980-2020. Así mesmo, a diferenza entre ambas taxas, isto é, o incremento en termos reais do SMI, queda tamén representada mediante barras no mesmo eixo espazo-temporal. A evolución do poder de compra do SMI no noso país pode dividirse en dúas grandes etapas. A primeira delas abarca dende 1980 ata 2003 e caracterízase por
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 23 subidas nominais no SMI que case nunca chegan a compensar a inflación. A segunda, que comprende dende 2004 ata a actualidade, está marcada por aumentos reais do SMI. Unicamente entre os anos 2010 a 2013 se producen certas baixadas (época na que se levou a cabo un proceso de contención salarial). Deste modo, pode concluírse que “las subidas del SMI realizadas entre 2005 y 2009 y entre 2017 y 2018 han permitido que el SMI no haya perdido poder adquisitivo en términos de IPC entre 1980 y 2018” (Lacuesta, Izquierdo, & Puente, 2019). Convén destacar, ademais, que os distintos Executivos que tivo España dende 1980 coincidiron en aumentar nominalmente o SMI. Unicamente nos anos 2012 e 2014 este nivel de salario se mantivo conxelado. No lado oposto, podemos observar como nos últimos catro anos as subas experimentadas polo SMI foron realmente elevadas (sobre todo, en termos reais). Moi especialmente destaca a subida observada en 2019, cun aumento real do 21,6%, cifra que non ten precedentes ao distar en máis de 15 puntos porcentuais do seguinte máximo relativo (6% en 2017). Gráfico 5: Taxas de variación interanuais do SMI e do IPC (España, 1980-2020, en %).1,2 Fonte: Elaboración propia a partir da base de datos do INE, do Banco Mundial e do Ministerio de Trabajo y Economía Social. -10% -5% 0% 5% 10% 15% 20% 25% 1980 1982 1984 1986 1988 1990 1992 1994 1996 1998 2000 2002 2004 2006 2008 2010 2012 2014 2016 2018 2020 Var. real SMI Var. nominal SMI Variación IPC
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 24 Por último, resulta curioso destacar o feito de que, entre os anos 2000 a 2003, o Executivo español parecía seguir unha especie de regra ao revalorizar o SMI anualmente un 2%, “cifra que coincidía con el objetivo de inflación del BCE” (Galán & Puente, 2012b). Por outra banda, un dato moi interesante a analizar é o grao de cobertura do SMI, isto é, o número de traballadores que perciben dita remuneración mínima con respecto ao total dos asalariados. En relación con isto, cabe destacar as grandes dificultades presentes á hora atopar a información pertinente debido, en gran medida, á carencia dunha definición homoxénea sobre a que traballadores se deben englobar nesta estatística. Deste xeito, ao non existir un rexistro oficial destes datos, debemos recorrer a estimacións que se poden realizar a través de dúas vías principais: empregando os datos elaborados polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións a través da Mostra Continua de Vidas Laborais (MCVL), ou usando aqueles facilitados polo INE a través das súas EPA. O primeiro organismo ofrecerá datos sobre o salario por día de traballo para os asalariados a tempo completo, mentres que o segundo considerará o salario por hora pactada. Polo tanto, co primeiro poderemos estimar a incidencia do SMI sobre os asalariados a xornada completa, mentres que co segundo estimarase con respecto ao total de asalariados. (Gabinete Económico de CCOO, 2019). Un dos organismos que ten realizado estimacións sobre o grao de cobertura do SMI é o Banco de España (BE). Deste xeito, empregando os datos da MCVL, esta institución calculaba que entre os anos 2004 a 2008 a porcentaxe de persoas remuneradas ao SMI era de menos do 1%. Xa máis recentemente calculou que este grao de cobertura se situaría no 2,4% para 2017 e ascendería ao 6,2% para 2019 (porcentaxes similares de empregarse os datos da EPA: 1,6% en 2017 fronte a 7,6% en 2019). Constatamos, polo tanto, que nos últimos anos produciuse un aumento significativo do número de persoas remuneradas ao SMI o cal se debe, fundamentalmente, ao apreciable incremento sufrido polo salario mínimo dende 2017. Debemos ter en conta que estas porcentaxes non teñen por que corresponderse nun sentido estrito co número de persoas remuneradas ao SMI, senón que debe entenderse, máis ben, como aqueles traballadores que potencialmente se verían afectados polas revalorizacións do mesmo. Isto é, aqueles traballadores que percibían un salario comprendido entre o SMI do ano 𝑡−1 e a revalorización do SMI prevista para o ano 𝑡. Por outro lado, seguindo o mesmo informe do BE e empregando de novo a información procedente da MCVL, podemos reafirmar cos datos contidos na táboa 6 como as persoas que se ven máis atinxidas polo SMI son as mulleres, os mozos de 16 a 24 anos, os traballadores con contratos temporais, os empregados de establecementos pequenos e, moi especialmente, o sector da agricultura.
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 25 Fonte: Lacuesta, A., Izquierdo, M., & Puente, S. (2019). Un análisis del impacto de la subida del salario mínimo interprofesional en 2017 sobre la probabilidad de perder el empleo. Documentos Ocasionales, n.º 1902, Banco de España. Para finalizar, non podemos deixar de estudar o acontecido co IK en España nas últimas décadas. Para isto, no gráfico 6 móstrase a evolución do mesmo entre os anos 1980 a 2018 nas súas dúas principais versións: salario mínimo entre salario medio e entre salario mediano. Neste sentido, convén lembrar que o actual Executivo español manifestou en numerosas ocasións a súa intención de elevar o SMI ao longo da actual XIV Lexislatura. Este compromiso queda reflectido e cuantificado no acordo de goberno de coalición firmado entre o PSOE e UP en decembro de 2019. Concretamente, no apartado 1.4 do citado documento asegúrase que o SMI subirá “hasta alcanzar progresivamente el 60% del salario medio en España tal y como recomienda la Carta Social Europea” (PSOE & UP, 2019). Estase a indicar, polo tanto, a intención de situar o índice de Kaitz nun valor de 0,6. Observamos como dende 1980 ata 2003 se da unha baixada continua do IK, chegando a alcanzar nese ano un mínimo de 0,35 (SMI/SMe) ou 0,28 (SMI/SME). Isto débese a que o ritmo de crecemento do salario mínimo foi máis reducido que a taxa de aumento dos salarios medios e medianos do país. Dende 2004 obsérvase unha subida do IK, motivada polos aumentos que, durante ese período e os inmediatamente posteriores, experimentou o SMI no noso país. Tras un período bastante estable, dende 2016 o IK volveu subir con forza nos anos 2017 e 2018. Aínda que non temos datos máis actualizados deste indicador por parte da OCDE, nin información sobre salarios medios ou medianos máis alá de 2018 por parte do INE para poder realizar as Táboa 6: Grao de cobertura estimado para 2019 do SMI segundo sexo, idade, tipo de contrato, tamaño de establecemento e sector de actividade (España, en %).
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 32 nesta análise é definido como o conxunto de todos os sectores de actividade excluídos a agricultura, a administración pública, as tarefas domésticas e as actividades extraterritoriais (DARES, 2019). Así mesmo, tamén queda excluída a rexión de La Mayotte, así como aqueles traballadores que son aprendices, bolseiros ou interinos. En xeral, podemos apreciar como dende os inicios da década de 1990 e ata 2005 a porcentaxe de traballadores beneficiarios do salario mínimo foi en aumento, chegando a un máximo do 16,3%. Nun segundo momento, entre os anos 2005 a 2010, produciuse unha acusada baixada da porcentaxe analizada e, dende este último ata a practicamente a actualidade deuse unha progresiva estabilización en torno ao 11% (DARES, 2019). Para o ano 2019 esta porcentaxe ascendeu ata situarse no 13,4%. Se profundamos nos datos proporcionados pola DARES para 2019, reparamos como aqueles traballadores que adoitan ser remunerados co salario mínimo pertencen, de novo maioritariamente, aos seguinte colectivos: empregados de pequenas empresas (28,3%), mulleres (58,5%), traballadores mozos (25,6%) e contratados a tempo parcial (29,8%). Fonte: DARES (2019). La revalorisation du SMIC au 1er janvier 2019 [A revalorización do SMIC do 1 de xaneiro de 2019]. DARES Résultats, 61, pp. 3, 5. DARES (2016). Les emplois du privé rémunérés sur la base du SMIC [Os empregos do sector privado remunerados sobre a base do SMIC]. DARES Analyses, 14, p 3. Para finalizar este subapartado pasamos a presentar a evolución do índice de Kaitz entre 1980 e 2018 nas súas dúas versións principais: salario mínimo entre salario medio e entre salario mediano. Como vemos, este indicador caracterízase, no caso Táboa 7: Grao de cobertura estimado para 2019 do SMIC segundo sexo, idade, tipo de contrato, tamaño de empresa e sector de actividade (Francia, en %).
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 33 concreto que estamos a estudar, pola súa estabilidade. Dende 1981 ata 1997 os valores sitúanse moi próximos a 0,60 (SMIC/SMe) ou 0,50 (SMIC/SME). Dende ese momento comeza unha subida progresiva ata alcanzar un máximo no ano 2005 (de 0,67 e 0,54 seguindo a mesma orde que anteriormente). Tras unha forte baixada en 2006, este indicador volve a estabilizarse en torno aos valores dados na primeira das etapas (1981-1997). Isto permítenos afirmar que o ritmo de crecemento do salario mínimo e dos salarios medios e medianos franceses transcorreu de xeito case paralelo, se ben o maior crecemento experimentado polo IK especialmente entre 2003 a 2005 débese ao forte aumento que nese mesmo lapso temporal sufriu o SMIC e cuxa causa reside, precisamente, no proceso de harmonización salarial derivado do paso de 39 a 35 horas semanais de traballo (neses anos existiu a GMR, unha axuda que permitía que os asalariados pagados ao SMIC, cuxo horario de traballo fora reducido, puideran beneficiarse do mantemento da súa remuneración anterior) (INSEE, 2016). Gráfico 10: Índices de Kaitz e taxa de paro (Francia, 1980-2018). Fonte: Elaboración propia a partir de OCDE e INSEE. 4.3 Estudo desagregado por rexións A continuación procederemos a replicar a análise realizada para o caso español sobre o tipo de relación existente entre o IK e a taxa de desemprego, mais neste caso para o Estado francés. Nesta ocasión, os datos máis recentes que podemos obter a través da base de datos do INSEE datan de 2016. Así mesmo, convén lembrar que Francia conta cun total de 18 régions (entidades territoriais básicas equivalentes ás CCAA españolas), das cales 13 atópanse na coñecida como Francia metropolitana e as restantes 5 na Francia de ultramar. Por indispoñibilidade de datos, excluímos da nosa análise á rexión ultramarina de La Mayotte. Os datos referidos a salarios medios 0,00% 2,00% 4,00% 6,00% 8,00% 10,00% 12,00% 0,00 0,10 0,20 0,30 0,40 0,50 0,60 0,70 0,80 SMIC/SME SMIC/SMe Taxa de paro
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 34 brutos anuais, índices de Kaitz na súa versión simplificada (isto é, SMI/SME) e taxas de paro medias anuais poden verse na táboa 8. Táboa 8: Salarios medios brutos anuais, índices de Kaitz e taxas medias anuais de paro por rexións (Francia, 2016). Fonte: INSEE. O salario medio anual bruto para toda Francia foi de 35.865€ para o ano 2016. Por rexións, destaca moi especialmente o caso de Île-de-France, posto que ocupa o primeiro lugar na táboa moi afastada das restantes colectividades, ao contar cun salario medio de 46.062€. Nos derradeiros postos atopamos a Bretagne (30.994€), seguida de dous territorios de ultramar, La Réunion (30.185€) e Corse (29.514€). Por outra banda, o SMIC no ano 2016 era de 1.466,62 euros mensuais, o que equivale a 17.599,44€ anuais. Observando os valores que toman aquí os índice de Kaitz, vemos como varían entre un mínimo de 0,38 para o caso de Île-de-France ata o máximo de Corse de case o 0,60 recomendado pola CSE (0,5963 para ser precisos). A inmensa maioría dos valores deste índice móvense nun abano de entre 0,51 a 0,60. Con respecto ás taxas de paro medias de 2016 todas as rexións da Francia metropolitana oscilan entre un mínimo de 8,5% (Pays de la Loire) e un máximo de 12,15% (Hauts de France). Pola contra, rompen con este norma as 4 rexións ultramarinas incluídas no noso estudo: Martinique (18%), La Réunion (22,4%), Guyane (23%) e Guadeloupe (24%).
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 35 Se tentamos buscar a recta mínimo cadrática que mellor aproxima a nube de puntos, desta volta observamos que non é posible establecer ningún tipo de correlación entre as variables, posto que os niveis de bondade do axuste son moi febles. Incluso excluíndo aos territorios de ultramar do modelo, cuxa realidade socioeconómica é moi distinta á da Francia metropolitana, non é posible elaborar unha regresión lineal que reflicta con precisión a realidade. Polo tanto, vemos como esa correlación que parece existir no caso de España non se pode extrapolar ao caso francés. Este resultado vai encamiñado na mesma liña do exposto no apartado 1.2.2. do presente traballo, ao dar conta da feble relación existente entre o nivel de salario mínimo e as taxas de desemprego. Neste mesmo sentido tamén apunta o feito de que, se ben Francia conta cun maior IK durante todo o período estudado, as súas taxas de desemprego atópanse sistematicamente por debaixo das españolas.
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 36 5 Comparación entre os mercados de traballo español e francés respecto ao salario mínimo Unha vez estudados polo miúdo os mercados laborais español e francés no referente ao salario mínimo, procedemos nesta derradeira sección do traballo a sintetizar e subliñar as principais diferenzas e semellanzas atopadas entre ambos países. Para facelo dun xeito sintético á vez que ilustrativo, optamos por presentar a seguinte táboa. Táboa 9: Resumo das principais características do salario mínimo en España e Francia. España Francia Modo de fixación do SMI Decisión discrecional do goberno, tendo en conta 4 indicadores económicos Aplicación automática de regras, máis posible aumento discrecional do goberno Órganos e/ou documentos consultivos Patronal e sindicatos CNNCEFP máis informe anual elaborado por un grupo de expertos Único nivel de SMI para todas as idades e rexións Si: único tramo de idade sen distincións provinciais Non: perduran tres tramos de idade e un SMIC específico en La Mayotte Nivel de SMI en EPA (2019) 1.130,82 1.380,28 Grao de cobertura estimado (2019) 7,6% respecto ao total de asalariados 13,4% respecto ao total de asalariados das empresas do sector privado Índice de Kaitz: SMI/SME e SMI/SMe (2018) 0,35 e 0,41 (cifra máis baixa de toda a UE-21) 0,50 e 0,62 (cifra máis elevada de toda a UE-21) Correlación lineal positiva entre IK e taxas de desemprego rexionais Existente (para 2017) (𝑅2=0,54) Inexistente (para 2016) Variación media anual do poder adquisitivo do SMI e desv. estándar (1981-2018) 0,1% e 2,04% 1,43% e 1,36%
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 37 Variación media anual do poder adquisitivo do SMI e desv. estándar (1981-2020) 0,8% e 4,01% 1,40% e 1,34% Colectivos maioritariamente remunerados en torno ao SMI Mozos e mulleres Mozos e mulleres Taxa de desemprego media (1980-2018) 17,42% 8,88% Fonte: Elaboración propia.
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 38 Conclusións, limitacións e ampliacións Tras a lectura do presente traballo son varios os puntos que merecen ser destacados. En primeiro lugar, e con respecto aos efectos que cambios no salario mínimo producen nos niveis de emprego, cabe subliñar a disparidade de resultados atopados, tanto a nivel teórico coma empírico. Se ben os efectos non son concluíntes, parece que existe certo consenso en afirmar a existencia dunha elasticidade negativa, mais reducida, entre o salario mínimo e as taxas de emprego. En segundo lugar, e con respecto á comparativa a nivel UE, resulta significativo observar como España contaba en 2018 co índice de Kaitz máis baixo de entre todos os países comunitarios, entendido este coma o cociente entre salario mínimo e salario mediano. Se consideramos este coma a división do salario mínimo entre o salario medio, só Grecia contaría cun cociente menor nese mesmo período. En terceiro lugar, a comparación co caso francés resulta especialmente interesante. Por unha banda, o feito de que en Francia o salario mínimo se determine en gran medida vía regras e en España se faga de xeito plenamente discrecional, provoca que no país galo o poder adquisitivo dos perceptores do salario mínimo leve a incrementarse de xeito practicamente ininterrompido dende 1980 ata a actualidade, así como asegura unha certa estabilidade no IK. Pola contra, en España a tónica habitual foi a perda de poder adquisitivo dende 1980, acompañada dun descenso importante do IK, salvo dous, relativamente breves, períodos (2004-2010 e 2015- 2020). Por outra banda, mentres que para o caso español si demos atopado unha certa correlación lineal positiva entre as taxas de desemprego e os índices de Kaitz de cada Comunidade Autónoma, no caso francés esta tendencia parece non existir. Isto vén a reforzar a idea da feble relación existente entre ambas variables. En último lugar, mención especial merece a subida real do SMI dada en 2019 no noso país, pois non ten parangón na historia recente española. Os seus efectos máis inmediatos suporán unha revisión á alza do IK español, o cal podería situarse nunha
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 39 posición máis próxima aos restantes países da UE que contan co réxime universal de salario mínimo. En canto ás limitacións e posibles ampliacións do presente traballo, son varias as ideas que nos gustaría sinalar. Por un lado, en ningún momento deste informe se procedeu a estudar nin a intentar cuantificar os posibles efectos redistributivos e de redución da pobreza que poderían implicar subas no salario mínimo, un aspecto que xulgamos esencial. Así mesmo, tampouco se chegou a poñer en cuestión se aquel nivel que recomenda a CSE para o IK é o óptimo ou se caberían outros valores. Por último, con respecto á relación existente entre as taxas de desemprego e o IK, debemos remarcar unha vez máis que as nosas análises foron exclusivamente orientadas na procura de correlación lineal entre as variables. Para profundar neste aspecto sería necesario a elaboración de modelos econométricos máis sofisticados que puxesen o foco en determinar a posible existencia de causalidade entre ambas variables, así como a dirección e magnitude da mesma. Ademais, en canto á dimensión dos estudos realizados neste traballo, cremos que estes poderían ampliarse dende dúas direccións. Esta dobre ampliación consistiría, por unha banda, e seguindo unha forza centrípeta, en engadir á desagregación por rexións outra por sectores ou ramas de actividade. Do mesmo xeito, mais en sentido inverso, un estudo detallado dos restantes dezanove países europeos que contan cun salario mínimo de réxime universal podería ser altamente apreciable.
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 40 Referencias citadas Amer Garau, G. (2014). Salario mínimo y desempleo. Análisis y propuestas para el caso español (Traballo de fin de grao, Universitat de les Illes Balears, España). Recuperado de https://dspace.uib.es/xmlui/handle/11201/3285?show=full Artículo L3231-2 do Code du Travail. Banco de España (2017). Informe trimestral de la economía española. Boletín Económico, 1, pp. 3-53 Brown, C., Gilroy, C., & Kohen, A. (1982). The Effect of the Minimum Wage on Employment and Unemployment: A Survey [O efecto do salario mínimo sobre o emprego e o desemprego]. Journal of Economic Literature/Revista de literatura económica, 20, (2), pp. 487-528. Card, D., & Krueger, A. B. (1995). Myth and Measurement: The New Economics of the Minimum Wage [Mito e medición: a nova economía do salario mínimo]. Princeton: Princeton University Press. Cebrián, I., Pitarch, J., Rodríguez, C., & Toharia, L. (2010). Análisis de los efectos del aumento del salario mínimo sobre el empleo de la economía española. Revista de Economía Laboral, 7, pp. 1-37. DARES (2019). La revalorisation du SMIC au 1er janvier 2019 [A revalorización do SMIC do 1 de xaneiro de 2019]. DARES Résultats, 61, pp. 1-9. DARES (2016). Les emplois du privé rémunérés sur la base du SMIC [Os empregos do sector privado remunerados sobre a base do SMIC]. DARES Analyses, 14, pp. 1-9. Decreto 55/1963, de 17 de enero, sobre establecimiento de salarios mínimos y su conexión con los establecidos por convenios colectivos sindicales o mejoras voluntarias (BOE núm. 17, de 19 de enero de 1963).
O salario mínimo Lois Pimentel Iglesias 41 Eldring, L., & Alsos, K. (2012). European Minimum Wage: A Nordic Outlook [Salario mínimo europeo: unha perspectiva nórdica]. Oslo: Fafo. Eurostat (2014). Glossary: Purchasing Power Standard (PPS) [Glosario: estándar de poder adquisitivo (EPA)]. Recuperado de https://ec.europa.eu/eurostat/statisticsexplained/index.php/Glossary:Purchasing_power_standard_(PPS) Gabinete Económico de CCOO. (2019). La subida del salario mínimo en 2019. Recuperado de https://www.ccoo.es/ec4e2899c88ac9384a08bb3d6f9a1d4c000001.pdf Galán, S., & Puente, S. (2012). Minimum Wages: Do they really hurt young people? [Salarios mínimos: prexudican realmente a xuventude?], Documentos de Trabajo, n.º 1237, Banco de España. Galán, S., & Puente, S. (2012). Una estimación del impacto de las variaciones del salario mínimo sobre el empleo. Boletín Económico, pp. 19-25. González Güemes, I., Jiménez Martín, S., & Pérez Domínguez, C. (2003). Los efectos del salario mínimo sobre el empleo juvenil en España: nueva evidencia con datos de panel. Revista asturiana de economía, 27, pp. 147-168. Güemes, M. I. (1999). Perspectivas teóricas sobre los salarios mínimos. Anales de estudios económicos y empresariales, 14, pp. 149-167. INSEE (2016). Garantie mensuelle de rémunération [Garantía mensual de remuneración]. Recuperado de https://www.insee.fr/fr/metadonnees/definition/c1099 Lacuesta, A., Izquierdo, M., & Puente, S. (2019). Un análisis del impacto de la subida del salario mínimo interprofesional en 2017 sobre la probabilidad de perder el empleo. Documentos Ocasionales, n.º 1902, Banco de España. Legge, S. (2009). Effects of Minimum Wage Policy on Poverty in Argentina [Efectos da política de salario mínimo sobre a pobreza en Arxentina]. Hamburg: Diplomica Verlag GmbH. Ley 8/1980, de 10 de marzo, del Estatuto de los Trabajadores (BOE, núm. 64, de 14 de marzo de 1980). Orden, de 26 de octubre de 1956, por la que se modifican los Reglamentos y Tablas de salarios para el Campo (BOE, núm. 346, de 11 de diciembre de 1956). Organización Internacional do Traballo. (2014). Sistemas de salarios mínimos. Ginebra: Oficina Internacional do Traballo. Organización Internacional do Traballo (s.d.). Salario mínimo. Recuperado de https://www.ilo.org/global/topics/wages/minimum-wages/lang--es/index.htm Pin, J. R., & Barceló, D. (2009). Incidencia del incremento del salario mínimo en la tasa de desempleo. Navarra: IRCO.